domingo, febreiro 07, 2010

Emoción e compromiso na homenaxe a Carmelo


Hoxe, sábado 6 de Febreiro, en Caranza, xunto aos tres carballos plantados no seu recordo, no parque que leva o seu nome, celebrouse un acto sinxelo e entrañable dedicado a Carmelo Teixeiro, cando se cumpre o segundo aniversario do seu falecemento.

A emoción coa que case un centenar de persoas depositaron un caravel no mar onde Carmelo descansa, ademáis dun acto de recordo e de solidariedade coa súa familia, é un sinal inequívoco de que as súas compañeiras e compañeiros seguimos na loita e non abandonaremos ata conseguir que
algún día, Carmelo poida ver cos nosos ollos o final destaameaza contra a que tanto loitou.

Do compromiso, da tenacidade e da entrega xenerosa de Carmelo, así como do seu esforzo de toda unha vida por facer un mundo mellor, falaron na súa intervención Luz Mariña Torrente, Presidenta dá A. VV. “O Cruceiro” de Mehá e Eliseo Zaera, Presidente do Ateneo Ferrolán,  membros do Comité Cidadán de Emerxencia.

Lalán, como coordinador do CCE, estableceu unha conversa con Carmelo na que lle dicía:

Saberás Carmelo que a ameaza segue en pé. A morea de postos de traballo que ian crear, esfumáronse, é mais, vivimos unha profunda crise económica, consecuencia da rapiña e da especulación levada adiante por unha minoría que cementou unha gran parte do solo do estado español, do que Reganosa é un exemplo.

A destrución da Ría avanza. A produción de gas disminúe, os ciclos funcionan ao ralentí. Esta realidade amosa a falsedade dos datos aportados polos promotores para obter a autorización da Planta.


Para nos, a seguridade, a defensa da vida, da legalidade e da Ría, son fundamentais. Pero agora sabemos tamén que é unha instalación innecesaria.

Carmelo, tamén saberás que seguimos aquí contra esta ameaza, con todos os frentes de loita abertos: xurídico, administrativo, mediático e de movilización, que ao longo deste anoDécimo Aniversariodesenvolveremos”.

E así seguiremos, porque nós non nos resinamos, Queremos deixar ás novas xeracións un entorno habitable, sin ameazas. Conseguiremos que o espírito de rebeldía que tiña Carmelo


cristalice nesta sociedade e impediremos que estes sectores económicos e financieiros, cuio obxetivo non é máis que obter beneficios sen ningunha outra consideración, a base de explotar aos seres humanos e a propia natureza, sigan dominando o presente e o futuro.

Tras das intervencións citadas, a música e a poesía selaron este compromiso de solidariedade.

Na voz de Pim Patinho, unha versión especial para Carmelo, de Xan Tavía, do poema NALGURES de Marica Campo. A música de Bach desde o violín de Estrela Gómez, e o son dás

gaitas de André e Agulló (A Revolta) encheron o parque e os corazóns presentes de saudade e determinación.

Compañeiro Carmelo : ¡ A loita continúa ¡
¡ PLANTA DE GAS FORA DÁ RÍA ¡


NALGURES

Nalgures andarás, nalgunha guerra,
quizais nunha cidade destruída
osmando entre os cadáveres a vida,
que o oficio de vivir nunca te aterra.

Sempre a loitar coa xente que se aferra
aos soños e que aposta na partida
non dando nunca a causa por perdida

loitando sempre polo mar e a terra

Pintando arcos da vella na tormenta,
liñas pintadas coma pontes,
cousas de non matar e bolboretas,

así te podo ver, sempre á mantenta
onde se movan máis os horizontes,
que as ondas do teu mar nunca están quietas.

Marica Campo

[poema versionado por Xan Tavía, especialmente para Carmelo]


Album fotográfico (fotos de Suso Pazos):

http://picasaweb.google.com/fucobuxan2/IIHomenaxeACarmeloTeixeiro#

--
Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org



Enviado por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
7 de fevereiro de 2010 00:41

______________________

Lembrando a Carmelo Teixeiro no segundo aniversario da súa morte

Por José Torregrosa [*]
06.02.2010


Desde a Asociación "Fuco Buxán", onde tanto tivo que facer ese home enteiro, quero expresar -está soando Bach- a súa vívida nostalxia e o seu presente. Pois a loita pola Razón aínda segue en pé, desde esa ría que mece a súa brillante cinza, continúa chegando a esixencia do seu alento, un máis entre todos, arrimando ombreiros e argumentos.

Que levou a morte de Carmelo? Non a súa enerxía e a súa fe esperanzada no futuro; non a súa bondade, que nos serve de exemplo. Se seica, afastou a súa cabal proximidade; pero non máis aló do horizonte dunha empresa en común e salvadora: "Planta de Gas Fóra da Ría". El foi o seu impulsor e baluarte; a súa vangarda e a súa forza integradora. Nin a Comadre Seca foi quen para esgotar a súa forza convencida. Non se cansou Carmelo nin na Hora: caeu, non o calaron nunca, rodeado de muíños de furacán corrupto, de plantas venenosas, de cámaras de gas onde debía perecer Natureza e Vida ...

[Lembrandoa Carmelo Teixeiro no segundo aniversario da súa morte.]

Foi un privilexio convivilo, compartir a súa mensaxe xenerosa, unha consigna chea de sentido: "Todos xuntos; pero ti, o primeiro". Non era incansable; sacaba forzas da súa crenza no próximo alcanzable e un sentido emocionante do deber, do compromiso, da acción, que non coñeceu máis límite que o espazo dedicado á reflexión e ao sentimento.

Ai, Carmelo, loitador, e home de familia, e compañeiro, que roubaches o tempo aos reloxos para poder cumprir coa túa tarefa; que aprendiches, como pedía Machado, a distinguir as voces dos ecos ... Hoxe sabémosche perto, respirando unha espera: o converter os muros de silencio no berro cidadán colectivo, portador da rabia e da idea.

Nese día descansarás tranquilo, peixe de luz nesa ría que hoxe acolle a túa historia e o teu traxecto: permanecer, xa sempre, na memoria da masa fecunda do teu Pobo. Mentres tanto, temos moitas cousas que encargarche; sobre todo, o que non nos esquezas: oxalá acertemos a encher o teu repouso de recordos, os novos pasos, tantos novos camiños que estamos percorrendo co teu nome nos beizos e a túa hombría xusta e sabia no corazón e a cabeza.

Non digamos "parece que foi onte", pois non o foi. Carmelo é o reto dun mañá nunha Galicia a salvo de ameazas e de atrasos. Se vin chorar aos teus amigos aquel día, foi por agrandar o mar que ti defendes desde o máis profundo da súa alma, o asuco azul que labra o po e a semente da túa, tan branca e tan fermosa.
Na mañá do sábado, che ofrendaremos flores. Non será suficiente: debemos achegarche a vitoria contra o despropósito e a avaricia.

Só entón poderemos darche grazas e ser dignos de estar na túa memoria eterna, ao teu lado, nun milagre laico, cando na ría de Ferrol estea fóra de perigo e dentro do Progreso, e vexamos como se multiplican, outra vez, Carmelo, na ría de Ferrol, os pans e os peixes.


[*] José Torregrosa comezou a traballar na prensa galega a mediados dos anos sesenta. No ano 1972, foi encausado no proceso dos 23, un xuízo aos traballadores dos estaleiros de Bazán en Ferrol aos que a ditadura franquista represaliou polos seus actos de protesta.

Un feito que o marcou e que fixo tamén que marchara a Madrid en 1974 para intentar a aventura teatral. Logo, regresa en Ferrol, onde casa en 1976 e ten dúas fillas.

Colaborador na prensa e en diversas entidades culturais, gusta de escribir sobre cine e literatura que cre que "unha novela ten tantas historias como lectores ten".

Comezou adicandose á poesía dende o mesmo cárcere da Coruña. "Era a única forma de saír do meu interior a través das palabras". Ademais, tamén ingresou no Grupo Chorima co que publicou antoloxías e recitais poéticos. "Todo o que escribín ten que ver coa poesía existencial, experimental, en palabra e forma, sempre cunha búsqueda do interior", asegura Torregrosa.

Unha vida moi intensa a deste xornalista e escritor ferrolán que, dende o 2000, dirixe a revista Razón Socialista da Asociación Fuco Buxán e tamén colabora co suplemento "Nordesía" do xornal Diario de Ferrol. [Galicia -Hoxe]


Bolgue Persoal:
http://josetorregrosa.wordpress.com/______________________________

xoves, febreiro 04, 2010

Presentación no Ateneo Ferrolán do libro "55 mentiras sobre a lingua galega": Este Venres 5 de Febreiro de 2010


Venres día 5 Febreiro de 2010, ás 20,:0 horas, no Ateneo Ferrolán.

PRESENTACIÓN DO LIBRO:

"55 mentiras sobre a lingua galega"

ProLingua, plataforma civil comprometida coa defensa da lingua galega, presentará o próximo venres día 5 de febreiro a súa primeira publicación: "55 mentiras sobre a lingua galega", compendio de textos coordinado por Xosé Henrique Costas, profesor da Universidade de Vigo.

O libro ofrece unha análise dos prexuízos máis comúns que difunden "os negocionistas do idioma". Trátase segundo os seus promotores, dunha "reacción organizada, limpa e contundente contra as difamacións dos que buscan o esmorecemento da lingua propia de Galiza".

O libro é un argumentario sinxelo, ao tempo que sólido e rigoroso, que axuda a superar as valoracións e interpretacións subxectivas e ideoloxizadas que se teñen feito sobre a lingua desde ópticas partidistas que nalgúns casos só teñen por obxectivo frear a normalización de usos da lingua no propio país galego.


Na cidade de Ferrol o libro será presentado por Xosé Manuel Sardiña, Xosé Lastra Murais e Xosé Manuel López.

A presentación será simultánea en outras 63 localidades.
Edita LAIOVENTO
LIGAZÓN ao blogue de ProLingua.


Ateneo Ferrolán, fundado en 1879.
www.ateneoferrolan.org
http://www.ateneo-ferrolan.blogspot.com
_______________________

Sábado 6 de Febreiro de 2010: Homenaxe a Carmelo Teixeiro no II Aniversario do seu pasamento

Organizado polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, este Sábado, 6 de febreiro 2010, ás 12 do mediodía en Caranza (Parque Carmelo Teixeiro), celebrarase unha homenaxe a quen foi o seu primeiro Coordinador:  Carmelo Teixeiro Menéndez, ao celebrarse o segundo aniversario do seu pasamento.

Alí, no parque que leva o seu Nome, ao pé dos tres carballos plantados na súa memoria, lembraremos a Carmelo, a súa labor ao fronte deste Comité Cidadán e a súa semente de loita e compromiso contra o maior perigo a que se enfronta a nosa comarca, a Planta de Gas localizada no interior da Ría de Ferrol.

Será un acto sinxelo, coa intervención de membros do Comité e a música de Estrela e o seu violín e do grupo A Revolta.

Farase unha ofrenda floral na que tod@s estamos convidados.








Carmelo Teixeiro, Coordinador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, dedicou os dez últimos anos da súa vida a dirixir con eficacia, enerxía e constancia todas as actividades desenvolvidas en contra da localización da Planta de Gas, da defensa medioambiental da Ría e da vida dos seus habitantes.

Ademais, Carmelo Teixeiro desempeñou un importante papel na Transición política do noso país. Procedente das JOC, participou activamente no movemento sindical de Bazán dos anos sesenta ( foi xurado nas eleccións de 1963) e na reconstrución do movemento socialista na comarca, pois foi fundador da USO, posteriormente dirixente da UXT e formou parte da dirección do PS de G-PSOE, desde 1978.

Fundador e primeiro presidente da Asociación Cultural Fuco Buxán e da Revista “Razón Socialista”, o seu traballo sempre intenso, desinteresado e discreto, ao longo de toda a súa vida, polas causas sindicais, políticas e sociais, é un exemplo de entrega e compromiso para as compañeiras e compañeiros que se esforzan cada día por acadar un mundo máis xusto e solidario.

¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡

Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org


______________________

O insustentable


Unha das cousas que máis me cabrean -e coidado que hai cousas que me cabrean- é a pretensión dalgúns economistas de que os seus diagnósticos son obxectivos, meramente técnicos, imparciais. Falan coma se a Economía fose unha ciencia exacta.

Tocoume nas últimas semanas discutir con algúns deles sobre os problemas que afronta en Europa o chamado Estado de benestar. En canto déixaslles, sóltanche, adoptando un aire moi académico, que ese modelo de Estado entrou en crise e resulta insustentable, porque o erario xa non dá para cubrir as súas esixencias. A partir do cal se lanzan a especular cos recortes de gasto que, segundo eles, será necesario emprender: rebaixas das pensións de vellez, limitación do xa de seu moi limitado seguro de paro, redución do gasto sanitario, etc.

Parten de orzamentos tramposos.

En primeiro lugar, non teñen en conta que en España as arcas da Seguridade Social apechugan con gastos alleos ao seu labor. Para avaliar en que medida a nosa Seguridade Social está ou pode entrar en crise, habería que considerar as partidas de gasto que o Estado lle obriga a asumir e liberarlle daquelas que non teñen relación directa co seu labor.

En segundo lugar, fan trampa ao dar por suposto que a Seguridade Social debe ter obrigatoriamente "ela soa, pola súa conta" unha economía saneada, non deficitaria. Si admiten que algúns capítulos orzamentarios son deficitarios por definición, por que se mostran tan implacables precisamente coa Seguridade Social? Non lle piden á Casa Real que ingrese máis do que gasta. Tampouco llo esixen ás Forzas Armadas. Nin sequera á Igrexa católica. Por que ha de facelo a Seguridade Social?

A Facenda pública non está compartimentada. Funciona como unha caixa única. Si hai que aforrar, deberá examinarse o conxunto do gasto do Estado para decidir que asignacións son máis superfluas e recortables.

O cal será, en último termo, unha opción ideolóxica. Nada técnica.

En terceiro termo, convirá exporse sen ambaxes que factor resulta máis insustentable e inaceptable desde o punto de vista do interese colectivo, si o gasto público ou os beneficios privados. Porque en España hai xente que está amasando fortunas de quitar o hipo á conta do traballo alleo. Xente cuxa contribución ao benestar colectivo, vía impostos, é sinxelamente ridícula.

Se cadra o que non podemos permitirnos non é a Seguridade Social que temos, senón o capitalismo que temos.

Nota de Ártabra 21.-
Este texto, tan actual, foi escrito por Javier Ortiz en "Apuntes do natural" o 4 de abril de 2006. Hai unha serie de amig@s do finado Javier, que siguen a súa obra publicando no seu Blogue os seus textos de tan grande lucidez e valor. Este é unha proba, de que o compañeiro Javier segue apoiando-nos, colaborando e contribuindo á loita da Clase Traballadora pola súa emancipación. Nunha nota aparecida no blogue dixe: "Este apunte de hoxe recuperamo-lo porque o tuiteou o noso compadre "El Picapiedra". Eskerrik asko, José Manuel".

Fonte: http://www.javierortiz.net/jor/jamaica/lo-insostenible
____________________

mércores, febreiro 03, 2010

Informe sobre afiliacións á seguridade social, a finais de Xaneiro de 2010

O número medio de afiliacións ao Sistema da Seguridade Social en Galicia durante o mes de xaneiro de 2010 acadou a cifra de 1.004.494 para o total do sistema o que supón un descenso respecto ao mes de decembro de 2009 de 16.631 afiliacións (un -1,63%). Para o conxunto estatal a cifra de afiliacións sitúase en 17.546.011, rexistrando un descenso do 1,45% con respecto ao mes anterior.

Na comparativa interanual (xaneiro de 2009 con xaneiro de 2010) obsérvase un descenso de 30.713 afiliacións no total do sistema en Galicia (un -2,97%), inferior á diminución do 3,50% (-635.732) no conxunto estatal.
[Máis Información no Documento anexo en formato -pdf-]

Un saúdo

Servizo de Difusión e Información Estatística
Instituto Galego de Estatística

Complexo Administrativo San Lázaro s/n
15703 Santiago de Compostela
Telf: 981 541589 de 9 a 14 horas, Fax: 981 541323
contacto: http://www.ige.eu/catalogo/peticioninfo.jsp
web: http://www.ige.eu


Enviado por:
Servizo de Difusión e Información Estatística
Instituto Galego de Estatística
ige.novidades@ige.eu
2 de fevereiro de 2010 10:58

___________________

Nota.-

O Instituto Galego de Estatística (IGE) é un organismo autónomo da Xunta de Galicia creado no ano 1988 e que se rexe basicamente pola Lei 9/1988 de Estatística de Galicia. Na súa misión de promover o desenvolvemento do sistema estatístico da Comunidade Autónoma debe prestar servizos de recompilación e difusión da documentación estatística dispoñible, desenvolver bases de datos de interese público, analizar as necesidades e a evolución da demanda de estatísticas e asegurar a súa difusión.

Sitio web: www.ige.eu

_______________________

O "Plan de Ordenación do Litoral de Galicia" colgado na rede no servidor da Xunta de Galicia



Hoxe foi colgado na rede, no servidor da Xunta de Galicia, o "Plan de Ordenación do Litoral de Galicia" que foi presdentado en Compostela o pasado 25 de Xaneiro de 2010. O vindeiro 12 de Febreiro está convocada pola administración autonómica unha xunta en Compostela con varias organizacións ecoloxistas onde se lles vai presentar o mencionado Plano de Ordenación.

Supon-se  que comeza o período de exposición pública, para poder prersentar alegacións ao mesmo. a Xunta quere te-lo listo antes de finalizar o ano 2010.

Sendo o que publica o xornal vigués  Atlántico Diario os plazos resumense:

"Deste xeito, ábrense os trámites de exposición pública do documento e establécense os prazos, co fin de que a aprobación definitiva prodúzase a finais de ano. Entre xaneiro e marzo fíxase o período de audiencia a corporacións e organismos competentes; entre marzo e abril montarase o documento para a aprobación inicial e en maio está previsto que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas emita unha orde neste sentido.

Entre xuño e xullo someterase a información pública e a partir de agosto de estudarán as alegacións que se presenten. Tras este trámite producirase a aprobación provisional, que o Consello da Xunta encargarase de facer definitiva. A data prevista para a publicación do decreto no Diario Oficial de Galicia (DOG) sitúase, xa que logo, no último mes do ano
".

A presentación do Plano no servidor da Xunta:

Plan de Ordenación do Litoral de Galicia
  • Índice e Presentación
  • TITULO I Metodoloxía de elaboración do Plan de Ordenación do Litoral
  • TITULO II Síntese Territorial
  • TITULO III Paisaxe
  • TITULO IV Modelo de xestión
  • TITULO V Normativa
  • TITULO VI Programa de actuación
  • TITULO VII Anexos
  • TÍTULO VIII Documentación gráfica

Enlace co sitio na rede:


Documento
[10 páxinas en formato -pdf-]:

Documento elaborado polo anterior goberno do PSOE-BNG
Avaliación Ambiental Extratéxica
[Decembro 2008]:
________________________

martes, febreiro 02, 2010

A Segunda caravana Reivindicativa de Galiza Non Se Vende chega a Pontedeume que será a súa terceira parada: Sábado 6 de Febreiro de 2010


PONTEDEUME: 3º parada da II Caravana reivindicativa de GNSV

PONTEDEUME 3º CONCERTO DA II CARAVANA REIVINDICATIVA DE GALIZA NON SE VENDE

    Sábado 6 de Febreiro ás 21:00 no Centro Social Ocupado "A Casa da Estación"

    Actuarán:

    * Inllorfeis - HardCore/ Punk desde Corrubedo
    * Los Krasta - Punk desde Ribeira

    Colaboración : 2 euros

    Esta Caravana, que percorrerá as principias vilas e cidades de Galicia, rematará o 21 de Marzo, cunha grande manifestación en Compostela en defensa do territorio.

    A clase política é culpabel da catástrofe ambiental que sofre a nosa terra. Uns e outros, todos eles, préganse como nunca á avaricia dos grandes intereses económicos que subvencionan aos seus partidos. Por iso, coa voz dos seus amos, pretenden enganarnos con palabras como progreso, desenvolvemento, crecemento… engadindo sempre, como unha xaculatoria hipócrita, a palabra “sostibel”. En realidade o crecemento é só para aqueles que lles pagan. Os recursos de Galiza (e os do planeta) son limitados, e esta carreira de depredación e espolio é un camiño que non leva a ningures. Ou que leva só a hipotecar o futuro dos nosos fillos e a deixar miseria como herdanza ás próximas xeracións.

    É hora de pararlles os pés a esta panda de corruptos

    Goberne quen goberne Galiza Non Se Vende

    Terra viva e vida digna para tod@s

    http://www.myspace.com/caravanagalizanonsevende
    http://galizanonsevende.org/

    Enviado por:
    Edi -duarteferrin@gmail.com-
    2 de fevereiro de 2010 21:12
    ________________________

    Boletín Informativo "Democracy Now!" - 2 de Febreiro de 2010


    Os titulares do Boletín Informativo.
    • Gasto bélico aumenta en solicitude de orzamento sen precedentes de 3,8 billóns de dólares
    • Estados Unidos renova evacuacións médicas en Haití logo de controversia por custos
    • Cidadáns estadounidenses presos afirman ser torturados en Paquistán
    • Informe: en xaneiro morreron 123 civís en ataques con avións non tripulados estadounidenses
    • Grupo de defensa de dereitos humanos rexeita ?encubrimento? israelí de ataque contra Gaza
    • Informe: Atopouse bomba israelí en ruínas de fábrica de fariña de Gaza
    • Informe: Axentes da CIA poden traballar para empresas privadas
    • Estados Unidos propón acordo armamentista de seis mil millóns de dólares con Taiwan
    • Autopsia: Axentes do FBI disparáronlle 21 veces a imán de Detroit
    • Xigante de minería de carbón obtén mandato xudicial contra protestas pacíficas
    • Empresa de Tennessee expuxo a traballadores negros a maior radiación que aos brancos
    • Arar solicita á Corte Suprema que anule desestimación de demanda

    Clicar para escoitar os titulares de hoxe en español: Escoitar
     
    Democracy Now!
    http://www.democracynow.org
    Democracia Xa!
    Difundindo Democracy Now! desde Galiza
    http://democracia-xa.blogspot.com


    _________________

    Intervención de Goretti Sanmartín na Rolda da Rebeldía celebrada este Sábado 31 de Xaneiro em Compostela

    Por Goretti Sanmartín [*]
    31.01.2010

    Celebro a realización deste encontro, desta Rolda de Rebeldía interesada en transformar a realidade, en derrubar o existente e en crear algo novo, e agradezo a posibilidade de intervir para acrecentar, se o así xulgardes, algunha idea para o debate colectivo.

    Supoño que o título que orixina esta mesa, fundamentalmente o primeiro interrogante (Como crear as canles de comunicación, participación e irmandade entre a esquerda social e a esquerda política?) parte do desencanto compartido pola actuación das formacións políticas clásicas, polos partidos, entendidos como organizacións que teñen como obxectivo quer entrar no goberno quer situarse nunha posición estratéxica a respecto del. Desde esta perspectiva é doado facérmonos eco das múltiplas feridas, dos inmensos danos absolutamente nada colaterais, en que se constatou a desconsideración, mesmo ás veces a traizón, ás reivindicacións que honestamente defenderon os movementos sociais e as persoas que apoiaban as súas demandas.

    Porén, nese sentido cumpriría falar (e agardo non ser repetitiva con outras mesas de traballo) da representación institucional, ou do funcionamento dos partidos como aparatos reprodutores do sistema, monopolizadores de ideas e acumuladores de poder. Mais non podemos afastar, como se se tratase de dous elementos totalmente independentes, como se non fosen realmente o mesmo, a esquerda social e a esquerda política. De feito, os mellores partidos políticos, as máis rupturistas formacións políticas, naceron de movementos sociais e deberon –e débenlle- a eles as bases que os sustentan.

    O primeiro que quero facer, pois, é cuestionar publicamente a existencia dunha esquerda social que non sexa política e, ao mesmo tempo, a existencia dunha esquerda política que non sexa social. Imposíbel restaurarmos o uso positivo da palabra política doutra maneira. Imposíbel non acreditarmos na verdadeira revolución doutra maneira.

    Este acto que facemos hoxe aquí, e toda a actividade previa que supuxo, é un puro acto político. Nada máis político, mesmo que non se identifique cunha formación política, mesmo que se identifique con varias, mesmo que renegue delas.

    A política non é a xestión nin é a estratexia. Non son as conxunturas. A verdadeira política está no debate e na toma de consciencia do que queremos ser e de como nos queremos construír.

    Por tanto, a propia pregunta inicial desta xeira dá conta dunha perigosa escisión que levamos arrastrando desde hai anos: ou traballamos na política ou dedicamos os nosos esforzos á loita desde os movementos sociais. Mesmo rematamos por situar todo desde esa perspectiva e realizamos análises en que entendemos as posicións diferentes (de persoas pretendidamente da mesma ideoloxía) dependendo de cal sexa o lugar desde onde partiren. Tamén é verdade que existiu unha forte reivindicación do traballo nas dúas frontes, e que esta cuestión forma parte da experiencia compartida por todas nós. Este feito, inicialmente positivo, pois é unha fonte necesaria de traballo a prol da concienciación da poboación, remata en frustración cando resta viaxe está cargada de intereses, de intereses e de utilidades que, como veremos, sempre teñen data de caducidade. De aí que practiquemos tan frecuentemente a creación e a destrución de ferramentas que... non se sabe como... deixan de ser útiles.

    E a utilidade é a antítese da utopía, a antítese da verdadeira transformación. Utilidade é un concepto capitalista e un símbolo de dominación. A utilidade enfróntase radicalmente a ética que tanto precisamos.

    Non debemos esquecer, na liña do que veño de defender, que nós temos que traballar polo prestixio da política, pola politización da vida cotiá, pola politización das relacións sociais, das formas de traballo, ..., para combater a confusión entre política, entre esquerda política e partidos políticos e/ou institucións. Porque queremos e podemos facer política fóra destas canles. Porque hai moitos anos que a levamos facendo e porque reivindicamos o nome de política para todo o construído polo movemento ecoloxista, polo movemento feminista, polos movementos antiglobalización, polo movemento estudantil...

    Talvez a pregunta está mellor formulada na segunda parte (Cales son as esixencias da cidadanía e dos movementos sociais no eido da súa relación coas organizacións políticas?), que fai fincapé nas esixencias dos movementos sociais ás organizacións políticas. Poderiamos enumerar aquí as eivas principais con que nos enfrontamos neste relacionamento mutuo -eivas, por outra parte, tamén presentes, aínda que en menor medida, nos movementos sociais-, como a simplificación dos problemas, a súa redución a intereses puntuais, as loitas polo protagonismo, por citarmos exemplos ben coñecidos cuxa superación faría máis doado –e máis feliz- o traballo colectivo.

    Porén, eu coido que a reflexión principal que debemos trasladar hoxe vai por outro camiño. O desencanto, o escepticismo e as confrontacións, sexan polas cuestións finais que foren, sempre teñen un mesmo fío condutor, a falta de consideración do individuo (e das minorías que conforman os individuos) dentro do grupo. De termos que subliñar un elemento especificamente traumático das organizacións políticas, de todas as organizacións políticas (e non de todas as sociais, nin doutro tipo de agrupacións, mesmo institucionais), é a tentación de elaborar un corpo homoxéneo coas persoas que militan nel.

    A principal derivación deste feito reside na facilidade con que se mudan as persoas e na rapidez con que discursos que son centrais e nucleares, mais tamén pertencen á categoría do individiual, rematan no esquecemento.

    Outra derivación é a substitución automática dunhas persoas por outras, sobre todo de estas seren mulleres, pois no universo masculino aínda está permitida unha certa dose de creatividade ou de idiosincrasia particular (que cando interesa poder ser valorada) mais no universo feminino cada muller é idéntica á outra. Haberá quen negue esta cuestión, sobre todo de reparar na traxectoria das poucas mulleres relevantes das formacións políticas con que convivimos. Porén, as diferenzas na fortuna posterior dependen moito máis das amizades e dos núcleos de relación que do papel político que xogaron.

    E aproveito esta pequena detención na reivindicación feminista para introducir un aspecto que hoxe quero que sexa marxinal, mais que é un principio básico para construírmos algo realmente novo. Non haberá ningún cambio radical posíbel sen unha profunda mudanza persoal. Máis unha vez temos que proclamar que o persoal é político. E existen numerosas cuestións de fondo nunca abordadas, nunca modificadas, nunca corrixidas. Existe moito aproveitamento superfluo de presupostos centrais de movementos transformadores. Eu incluía na miña reflexión inicial para a Rolda o parece que ridículo tema da continuidade dos horarios das reunións e a tradución dese feito na recoñecida exclusión que practicamos a través da negativa a modificalos.

    Mais volvamos ao fío principal, á idea de termos en conta as outras e os outros, de empregarmos tamén un enfoque persoal. Poderiades argumentar contra esta formulación, excesivamente individualista, excesivamente reivindicadora das bondades do individuo cando pelexamos por un mundo máis xusto para todos os seres humanos. Porén, pretendo demostrar que este feito ten importantes repercusións colectivas.

    En primeiro lugar, cómpre termos en conta que a tradición dominante no mundo dos partidos políticos primou a organización e a loita a prol dunha única Verdade que situaban por riba da persoa. E iso supuxo a entrada en xogo das decisións por maiorías. Fronte a unha política participativa, fronte a unha política do convencemento, do consenso, optouse polo sistema da imposición da maioría como criterio indiscutíbel, un acto que só podemos definir como de dominación ou, cando menos, como potencialmente de dominación. Ás veces, só ás veces cando este criterio se quere lexitimar acaba por realizarse a través do que se chama un consenso previo, que non vén a ser máis que un proceso de negociación de compromisos.

    Por outra parte, fronte á presentación dos temas como complexos, como de difícil resolución, cono necesitados de matices, (algo que nos caracteriza como seres humanos e que logo levamos á práctica na nosa vida cotiá), os partidos políticos tenden ás presentacións simples, pois unha vez tomada unha decisión é case imposíbel dar marcha atrás. Corrixir erros, non presentarse como maquinarias de poder, sempre vitoriosos, sempre seguros, sempre fachendosos..., parece un imposíbel. Por iso só aquilo que nós non nos atrevemos a dicir en privado (que non lemos os informes existentes ao respecto de determinada cuestión sobre a que estamos a opinar) pódeno dicir dirixentes que sitúan nuns parámetros moi baixos as argumentacións e os contidos para deixar paso á repetición sistemática das consignas que previamente se xulgaron como útiles, fáciles de entender ou, moitas veces, interesantes para atacar o inimigo (que non é o problema que temos que resolver, senón a(s) outra(s) formación(s) política(s)).

    Asumirmos estas actuacións é o principal perigo político, é a antítese da participación. Porque con elas ocultamos unha parte da realidade (aos “pobriños”, e “ás pobriñas”, que non entenden) e deixamos o camiño libre para furar nas contradicións e nos problemas e, sobre todo, perdemos credibilidade e posibilidade de un achegamento ético.

    A política transformadora debe estar firmemente arraigada na ética, e iso é que temos que esixir. Gran parte da esquerda política ignorou a importancia da ética.

    E, nesta liña, cumpriría máis vez botar man dos referentes intelectuais de prestixio. Non coa intención de os elevarmos á categoría de dirixentes, senón coa pretensión de modificar as palabras baleiras de contido por argumentos e presupostos rigorosos. E tamén para relanzar a necesidade da formación e da educación. Existe unha gran responsabilidade das persoas que podemos considerar intelectuais críticas co sistema, cuxo discurso, e a posibilidade de influenciar as persoas que quixeren aprender delas, temos a obriga de escoitar, de recoller, de difundir. Achegar ás aulas e ás publicacións especializadas os obxectivos sociais debe ser un traballo preferente.

    Porque tampouco hai transformación posíbel sen acreditar na educación e na posibilidade de mudar o mundo coas lecturas. E temos de compartir lecturas e referentes a esquerda social, isto é a esquerda política, ou non?

    [*] Goretti Sanmartín, é profesora na Universidade da Coruña, escritora, activista feminista, ...

    Rolda da Rebeldia:

    http://www.roldaderebeldia.org/

    O evento nos medios de comunicación:

    ______________________

    A galorpa social

    Por Luís Álvarez Pousa [*]
    31.01.2010

    A crise, que experimenta en España o poder destrutivo dos elementos que identifican a treboada perfecta, ten entre outras consecuencias a de poñer patas arriba todo canto veu garantindo as bases sobre as que se conforma o sistema de benestar. A estas alturas, todos temos claro onde está localizado o seu volcánico epicentro, a acumulación de forza bruta que tivo na especulación e na codicia dos poderosos o seu principal alimento. Pero, aínda que desconfiados, nunca imaxinamos ata onde podería ser posible que os que a provocaron condicionen agora tódalas saídas e poñan en perigo as conquistas sociais. E aínda menos que sexan gobernos socialdemócratas os seus máis acaídos cómplices. Porque non doutra maneira hai que definir a quen vén de poñer en marcha un proceso de reformas que unicamente sintonizan con Díaz Ferrán e os seus teloneiros da CEOE.

    As demandas da patronal, que teñen no gobernador do Banco de España ao seu máis potente alabardeiro, coinciden co que Zapatero e Salgado se propoñen defender no Parlamento español. Sen que nada que non sexa o medo escénico -perto xa dos catro millóns e medio de parados póñenlle a calquera a pel de galiña- poida explicar como é posible que a crise tamén contribúa a facer estraños compañeiros de cama. Ninguén máis está pola vía dos recortes sociais, como o é retrasar a idade de xubilación, ou flexibilizar o mercado de traballo, como se España non fose xa niso a campeona entre os demais países da UE. Acaso non existen outras alternativas menos traumáticas e inxustas, capaces de afrontar un problema real que ninguén nega: que a metade da poboación vai estar fóra da idade laboral en 2049?

    O desplome da afiliación á seguridade social, e a suba dos gastos sanitarios que en boa medida se debe ao número cada vez máis grande de persoas maiores, poñen en dúbida a resistencia do sistema de pensións. Certo. Porén, se o desplome deriva da destrución de emprego -curiosamente a pesar de que a caída do PIB español é menor que naqueles países da eurozona coas cifras de paro máis baixas-, e do conseguinte aumento do paro, o que a un goberno socialdemócrata se lle esixe é que explore con novas e máis eficaces fórmulas ese problema de base, no que ten moito que ver tamén a ausencia de políticas de natalidade, sen as que dificilmente se poden atallar as sombras que se reflectan sobre o escenario laboral de mediados de século.

    Todo menos aplicar a garlopa social. Que ao mesmo tempo culpabiliza inxustamente aos nosos maiores. O incremento das espectativas de vida non debera beneficiar, como queren facer o goberno de ZP e a CEOE, a quen xa gozou da súa aportación produtiva durante moitos anos, senón a eles mesmos. A obriga dun goberno socialdemócrata é, pola contra, facer posible un envellecemento socialmente activo. Asegurar a súa calidade de vida e a súa participación social tras a xubilación. Sen impoñerlles máis anos laborais que non sexan os que voluntaria e libremente, en función das circunstancias de cada quen, queiran asumir.

    lapousa@temposnovos.net

    Publicado no xornal comarcal Diario de Ferrol

    [*] O Autor na Galipedia - O Autor na web do Colexio profesional de Xornalistas - O Autor é xornalista, profesor de universidade, escritor, ... e director da Revista Tempos Novos.
    ______________________

    Este Martes 2 de Febreiro Gaspar Llamazares presenta o libro " Al rojo vivo"


    Organizado pola A.C. Fuco Buxán, este Martes, 2 de febreiro, ás 20,00 h, na Fundación Caixa Galicia -Praza da Constitución – Ferrol - Presentación de: “AL ROJO VIVO”. Un diálogo sobre a esquerda de hoxe, de Almudena Grandes e Gaspar Llamazares. Prólogo de José Luis Sampedro. No Acto intervén o propio Gaspar Llamazares, presentado por Manuel Rodríguez Carballeira -Presidente de Fuco Buxán-

    Almudena Grandes e Gaspar Llamazares debullan algúns dos temas de maior actualidade na esquerda: políticos, sociais, económicos, inmigración, republicanismo, ambigüidades do sistema electoral e contradicións dos partidos. "AL ROJO VIVO" reivindica o papel activo da esquerda, fronte ao lugar meramente testemuñal ao que pretende relegala a ditadura do mercado

    Visita os nosos espazos:
    http://www.fucobuxan.com
    http://recunchofuco.blogspot.com
    http://picasaweb.google.com/fucobuxan

    --
    fuco buxán, a.c.
    Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
    Telef. 981325492
    www.fucobuxan.com
    fucobuxan@yahoo.es


    Enviado por:
    Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
    -fucobuxan@gmail.com-
    29 de janeiro de 2010 15:41
    ____________________

    Preguntan ao Goberno Central polas medidas que adoptou o SEPRONA contra a empresa de Ferrol denunciada por utilizar áridos contaminados procedentes de Holanda



    O BNG DEMANDA UNHA REGULACIÓN LEGAL DA REUTILIZACIÓN DE ASFASTOS PARA EVITAR DENUNCIAS POR CONTAMINACIÓN

    Olaia Fernández Davila e Francisco Jorquera pregunta polas medidas que adoptou o SEPRONA contra a empresa de Ferrol denunciada por utilizar áridos contaminados procedentes de Holanda

    Madrid, 1 febreiro 2010.- Os parlamentarios do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera e Olaia Fernández Davila, veñen de presentar unha iniciativa pola que esixen unha regulación do uso de reciclados de asfalto no Estado Español.

    Os deputados do BNG advirten de que a falta de regulación no Estado español deste tipo de materiais “fai que se utilicen en obras sen ser descontaminados previamente ou que directamente se enterren ou se depositen en vertedoiros incontrolados, o que supón un dano paro o medio ambiente e un risco para a saúde humana”.

    Exemplo de Holanda

    Francisco Jorquera e Olaia Fernández Davila, onde dende 1990 está prohibido a utilización de alquitrán no asfaltado das estradas, e onde os restos asfálticos sométense a un proceso de descontaminación e posteriormente reutilízanse. Así, cando se fresa ou repara o pavimentado dunha vía, o asfalto que se retira móese e analízanse os niveis de metais pesados e Hidrocarburos Aromáticos Policíclicos; se superan un limite descontamínanse nun forno a 800 graos para eliminar o betún; finalmente o árido extraído pódese reutilizar nas obras.

    Sen embargo –advirten- a lei española soamente obriga a triturar os restos de asfalto, pero non a descontaminalos, e ao non ser habitual a súa utilización no Estado español, tampouco existe unha regulación do seu uso”.

    Explicacións ao SEPRONA pola empresa de Ferrol denunciada

    Neste sentido, os deputados do BNG poñen como exemplo a empresa denunciada recentemente por importar restos asfálticos supostamente contaminados paro o seu emprego en obras en Galiza.

    A este respeito, preguntan ao Goberno polas medidas que adoptou o SEPRONA ante a denuncia presentada contra esta empresa, e se confirmou a presenza neste material de metais pesados e hidrocarburos aromáticos policíclicos en niveis superiores aos permitidos.

    Saúdos: Gabinete de Prensa do BNG

    Enviado por:
    Xosé Manuel Pazo Blanco
    -manolopazo@gmail.com-
    1 de fevereiro de 2010 20:20
    __________________________

    luns, febreiro 01, 2010

    Constitúen unha Plataforma a Prol da Universidade para demandar a desafectación das propiedades e instalación que o Ministerio de Defensa ten en Esteiro


    A Asociación Veciñal de Esteiro queremos promover a creación dunha Plataforma a Prol da Universidade para demandar a desafectación das propiedades e instalación que o Ministerio de Defensa ten en Esteiro: Cuartel de Dolores, a Residencia de Oficiais, a Residencia do Coronel do Tercio e a parcela do antigo INVIFAS, para dedicalas a usos universitarios.

    E a nosa intención convocar ó longo do mes de febreiro a tódalas entidades de calquera tipo que queiran posibilitar o que a Universidade en Ferrol poida cumprir coas demandas do Plan Bolonia e mesmo conseguir máis titulacións, a unha xuntanza, en réxime de autoconvocatoria, para constituir unha Plataforma a prol da Universidade



    Campaña a prol da Universidade

    A Asociación Veciñal de Esteiro, imos iniciar unha campaña a prol da Universidade e na defensa das necesidades de crecemento que o Campus de Esteiro necesita para adaptarse ó Plan Bolonia.

    O Plan Bolonia, esixe de espazos conxuntos para aulas, laboratorios, talleres, departamentos. En xeral unha Universidade unitaria e unificada.

    Hai unha marxe de catro anos, como máximo para que Ferrol se adapte ó Plan Bolonia.

    Mesmo o Vicerrector de Infraestructuras manifesta a necesidade de máis espazo no entorno de Esteiro.

    A nosa entidade, desde sempre, ven defendendo á Universidade e mesmo fixemos unha campaña a prol da Residencia Universitaria Pública, que finalmente se fará en Sánchez Aguilera.

    Sempre defendemos que era preciso desafectar o Cuartel de Dolores a Residencia do Coronel do Tercio e a Residencia de Oficiais de diante da Casa do Patín para destinala a usos universitarios. Tamén a parcela do antigo Invifas na Avenida de Esteiro

    Agora, e o momento de posibilitar que a segunda empresa da cidade, a Universidade, poida seguir medrando, adaptándose ó Plan Bolonia e mesmo creando novas titulacións relacionadas coas enxeñerías.

    Queremos promover a creación dunha plataforma con tódalas entidades do Barrio de Esteiro e con todo o tecido asociativo da cidade, sindicatos, partidos, colexios profesionais etc, que teña como obxectivo as desafectación desas instalacións: Cuartel de Dolores, Residencia de Oficiais, Residencia do Coronel do Tercio e parcela do Invifas, para crear novos espazos da Universidade, máis zonas verdes, de ocio e deportivas o que permitiría integrar no barrio o Conxunto Monumental de Fontelonga e facer unha importante actuación sobre todo o Cadro de Esteiro.

    Ferrol a 30 de xaneiro de 2010

    Enviado por:
    Asociacion Veciñal de Esteiro
    -avvfontelonga@mundo-r.com-
    30 de janeiro de 2010 12:31
    ______________________

    ADEGA-Trasancos e o Dia Mundial dos Humidáis


    DÍA MUNDIAL DOS HUMIDAIS
    2 de Febreiro de 2010

    A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia -ADEGA- quere instar neste día á Xunta de Galicia, como responsable da planificación e xestión dos humidais galegos, a cumprir coas súas obrigas de respecto á lei no referente á súa conservación e uso racional, promocionando e executando políticas de conservación efectiva e non destructivas como as que tiveron lugar nos últimos tempos no espazo protexido da Lagoa da Frouxeira, sometido a continuos e irresponsables sangrados e valeirados de auga, que é o recurso básico dun humidal.

    No Ano Internacional da Biodiversidade a xestión da Frouxeira, un dos humidais máis senlleiros de Galicia, é un exemplo de mala xestión. Cando os embalses en Galicia están ao 85% da súa capacidade, o humidal protexido da Frouxeira está sen auga desde hai máis de 2 meses e medio cando a lagoa debería estar ao 100%.

    ADEGA recorda que a zona de Ferrolterra-Ortegal conta cunha gran variedade de zonas húmidas, albergando dous dos cinco Humidais de Importancia Internacional do Convenio de Ramsar presentes en Galicia, o humidal da Frouxeira e a ría de Ortigueira-Ladrido, ademais dun gran número e variedade destes ecosistemas; sistemas lacustres, humidais fluviais, turbeiras, humidais higrófilos, etc. que posúen unha importante riqueza de hábitats e especies, proporcionan unha grande variedade de recursos, constitúen un valioso patrimonio natural e cultural, e á vez, soportan todo tipo de actividades humanas.

    O nefasto manexo destes medios levaron en moitos casos ao sangrado, entullado, desecamento e destrucción de numerosos humidais galegos como o caso da desaparecida lagoa de Pantín no mesmo concello de Valdoviño.

    Para que non se repitan situacións como a que está a acontecer na lagoa da Frouxeira, onde de seguir este ritmo acabará desaparecendo, é preciso o cumprimento da lexislación ambiental vixente que protexe estes humidais (Directiva Hábitat 92/43/CEE, Lei 42/2007 do Patrimonio Natural e da Biodiversidade, Decreto 127/2008 dos Humidais protexidos de Galicia...). Esta obriga ten que empezar pola propia Xunta de Galicia que a debe cumprir e facela cumprir. Nesta lexislación demándase das administracións responsables non só a conservación e mantemento destes ecosistemas, senón tamén, de ser o caso, a súa restauración. 

    A alteración progresiva do humidal da Frouxeira provocaría a desaparición dunha importante fonte de recursos que, ben xestionados, representan unha riqueza para a contorna, polo que calquera degradación desta zona vai en contra dos intereses das veciñas e veciños de Valdoviño.

    Iste tamén  é un bó momento para que o Estado, a través da Demarcación de Costas, incorpore ao patrimonio público as zonas de inundación natural da lagoa comprando estas fincas que xa de por sí non son urbanizables. Asímesmo, ADEGA propón que se acondicione un vial que transcurra pola parte de arriba das casas situadas nas inmediacións da lagoa e que de acceso rodado aos veciños, transformándose o actual en senda peonil como continuidade da que xa existe.

    Ferrol, 1 de febreiro de 2010

    ADEGA, delegación de Trasancos
    Ferrol


    Nés Lopez, secretario de ADEGA-Trasancos: 649779774lodergz@gmail.com
    Antón Muñiz, directivo de ADEGA-Trasancos: 663304110 - xamute@gmail.com

    Enviada por:
    Antonio Gª -angaji@yahoo.com-
    1 de fevereiro de 2010 12:19
    Antonio Gª Jiménez
    ADEGA-Trasancos
    Ferrol

    _____________________________

    domingo, xaneiro 31, 2010

    Cuba, para a reflexión


    Por Santiago Alba Rico, Carlos Fernández Liria, Belén Gopegui e Pascual Serrano [*]
    30.01.2010

    Estamos en tempos para a reflexión en economía. Tras algunhas décadas de predominio neoliberal patrocinado pola escola de Chicago, a economía mundial atópase fronte a unha crise de consecuencias imprevisibles, pero en calquera caso gravísimas. O mínimo que se podería pedir ao espírito científico é cambiar os paradigmas, investir as evidencias, reaccionar, en suma, ante esta bancarrota intelectual que impediu diagnosticar e prever a catástrofe que se aveciñaba. É iso o que se está facendo?

    Coñecemos distintas versións máis ou menos destrutivas do capitalismo, o mesmo que do socialismo. Mais, respecto da lóxica interna que distingue a un do outro, hai algo que debería hoxe interesarnos vivamente. O socialismo pode deixar de crecer, o capitalismo non. O socialismo pode retardar a marcha, o capitalismo non.

    Pensemos no exemplo de Cuba. Ao afundirse a URSS, Cuba perdeu repentinamente o 85% do seu comercio exterior. O seu produto interior bruto decreceu nada menos que un 33% en termos absolutos. Un pode facerse unha idea da catástrofe se se pensa que en Europa nos botamos a tremer ante a perspectiva de perder un punto no crecemento previsto. E a iso uniuse un endurecemento do bloqueo estadounidense. Con todo, a xente non morreu de fame en Cuba, non perdeu os seus zapatos, nin a súa educación, nin a súa seguridade social, nin tampouco a súa dignidade. Pasárono moi mal, pero non se enfrontaron ao cabo do mundo como ocorrería con semellantes indicadores nos países capitalistas.

    No medio da actual sacudida, cando o capitalismo destrúe corpos en África e postos de traballo en España, cando erosiona sen remedio as condicións de habitabilidade do fogar humano, cando para iso ten ao mesmo tempo que recorrer ao lubricante das mafias, ao estímulo dos integrismos relixiosos, á restrición dos dereitos laborais e ao recorte das liberdades, nese momento, todas as miradas diríxense, en efecto, cara a Cuba? pero para condenala e hostigarla.

    Por que
    ?

    Que pasa alí
    ?
    • A marca de mortos nun só día? En México.
    • O de sindicalistas e xornalistas asasinados? En Colombia.
    • O de pogromos racistas contra inmigrantes? En Italia.
    • Homofobia? En Polonia.
    • Xenofobia institucionalizada e leis raciais? En Israel.
    • Fanatismo relixioso e machismo criminal? En Arabia Saudita.
    • Control das comunicacións, suspensión do habeas corpus, tortura, secuestros, asasinatos de civís? En EEUU.
    • Malos tratos a detidos, xornalistas e intelectuais procesados, xornais pechados, corrupción galopante, inmigrantes en centros de internamento? En España.
    Ben, aceptemos que, neste cadro dantesco, Cuba é apenas un "mal menor".

    O que desde Europa e desde España se preste tanta atención negativa ao país con menos problemas do planeta -como fixo o deputado Luís Yáñez (Público,
    9-1-10)- demostra dabondo, en todo caso, que non é o malo de Cuba o que se censura, senón o que en Cuba se opón a esta lóxica dantesca e aos seus efectos; é dicir, o que ten precisamente de bo.

    Os economistas Jacques Bidet e Gérard Duménil recordan que o que salvou ao capitalismo nas primeiras décadas do século pasado foi a organización; é dicir, a mesma planificación que os liberais identifican arrepiados co socialismo. Gobernos e institucións planificaron sen parar, como seguen planificando agora, aínda que o fixeron para conservar e aumentar os beneficios e non para conservar a vida e aumentar o benestar humano. Pero a planificación é xa, como quería Marx, un feito. Basta só cambiala de signo. Nos últimos 60 anos, a minoría organizada que xestiona o capitalismo global viuse apoiada, a unha escala sen precedentes, por toda unha serie de institucións internacionais (o FMI, o Banco Mundial, a OMC, o G-8, o G-20 etc.) que concibiron en liberdade, e aplicado contra todos os obstáculos, políticas de liberalización e privatización da economía mundial. O resultado salta á vista.

    E se planificásemos ao revés?

    E se prestásemos un pouco de atención positiva a Cuba?

    Isto non o probamos aínda, pero o que intuímos na actualidade é máis ben esperanzador: a partir dunha historia semellante de colonialismo e subdesarrollo, o socialismo fixo moito máis por Cuba que o capitalismo por Haití ou o Congo
    • Que pasaría se a ONU decidise aplicar a súa carta de DDHH e de Dereitos Sociais?
    • Se a FAO a dirixira un socialista cubano?
    • Se o modelo de intercambio comercial fose o ALBA e non a OMC?
    • Se o Banco do Sur fose tan potente como o FMI?
    • Se todas as institucións internacionais impuxesen aos díscolos capitalistas programas de axuste estrutural orientados a aumentar o gasto público, nacionalizar os recursos básicos e protexer os dereitos sociais e laborais?
    • Se seis bancos centrais de Estados poderosos interviñesen masivamente para garantir as vantaxes do socialismo, ameazadas por un furacán?
    Podemos dicir que a minoría organizada que xestiona o capitalismo non o permitirá, pero non podemos dicir que non funcionaría. Segundo unha recente enquisa de GlobeSpan, a maioría que o padece (ata un 74%) aposta xa por outra cousa.

    No seu artigo, o deputado Yáñez dicía amar a Cuba. Por iso, desexáballe o mellor: incorporarse ao capitalismo, xusto cando este demostrou o seu fracaso e a súa incompatibilidade, ao mesmo tempo, co benestar humano e coa democracia, coa dignidade material e co dereito. Nós non amamos a Cuba: respectamos aos seus homes e mulleres polo que fixeron e polo que seguen facendo. Quizais a Yáñez lle tranquilice pensar en Colombia ou en Arabia Saudita. A nós tranquilízanos pensar en Cuba, esa illa onde ata os límites, os problemas, os erros da revolución sinalan inflexiblemente, desde fai 51 anos, a posibilidade histórica dunha superación do capitalismo e dunha alternativa á barbarie.

    [*] Santiago Alba Rico é escritor, Carlos Fernández Liria é profesor de Filosofía (UCM), Belén Gopegui é escritora, Pascual Serrano é xornalista - Ilustración de Mikel Casal

    Fonte: xornal estatal Público

    Desde Ártabra 21 recomendamos a entrada no xornal Publico, onde está a noticia orixinal, pois hai máis de 90 interesantes comentarios.

    __________________

    Incomprensíbel que o Ministerio de Defensa que é propietario do 20% de solo urbano na cidade pida a cesión dunha parcela municipal para edificar unha residencia


    O BNG mantén na Xunta de Portavoces a súa negativa a ceder unha parcela municipal ao ISFAS


    Para o BNG resulta incomprensíbel e, dunha caradura tremenda, que o Ministerio de Defensa que é propietario do 20% de solo urbano na cidade (163,63 hectáreas) pida a cesión dunha parcela municipal para edificar esta residencia. Hai que ter en conta que os beneficios dos que goza Defensa, como o estar exento de pagar tributos locais, unido a negativa a ceder gratuitamente á cidade ningunha das súas instalacións desafectadas provocan que esta decisión sexa de dificil entendemento para un sector importante da nosa sociedade.

    Cremos totalmente xustificado o noso posicionamento se temos en conta que Defensa, ademais das parcelas que se nega a ceder ao concello, e que non figuran incluidas no futuro Convenio de cesión, se reserva para si mesmo: 2.466 m2 no ámbito do cuartelillo de Mariñeiría da rúa María, máis de 55.500 m2, de terreos edificábeis no Sánchez Aguilera, a demais dispón de 17.191m2 no Monton para levantar un novo edificio de usos culturais e deportivos, para uso exclusivo do persoal militar. Polo tanto fica demostrado as innumerábeis opcións que ten Defensa para acoller esta residencia sen ter que recorrer a unha parcela municipal.

    O acordo tomado esta mañá na reunión da Xunta de Portavoces basea a decisión nos dous acordos plenarios que, a proposta de IF, pedían a maior colaboración municipal para traer esta infraestructura a Ferrol e que como se lembrará foran aprobados cos únicos votos en contra do BNG.

    BNG-Ferrol


    Enviado por:
    BNG Comarca Ferrolterra
    -sedenacional@bng-galiza.org-
    31 de janeiro de 2010 03:42

    ___________________

    Concerto acústico de Fito Mansilla e Marcos Mella, no Ateneo Ferrolán o vindeiro Sábado 6 de Febreiro


    Concerto acústico de Fito Mansilla e Marcos Mella o sábado 6 de Febreiro às 20hs. no salón de actos do Ateneo Ferrolán.

    Ateneo Ferrolán, fundado en 1879.

    ____________________________________

    Instan á Xunta de Galicia a informar publicamente sobre o estado do expediente "Declaración do Barrio de Ferrol Vello como Ben de Interese Cultural"

    O BNG presenta unha iniciativa de control sobre a Declaración do Barrio de Ferrol Vello como Ben de Interese Cultural

    As deputadas do BNG, Ana luisa Bouza e Ana Ponton, lembran que “o pasado 27 de febreiro de 2009 a conselleriaa de Cultura asinaba unha resolución mediante a que se incoaba o expediente de declaración do Barrio de Ferrol Vello, en Ferrol, como Ben de Interese Cultural na categoría de casco histórico

    O ámbito proposto para a declaración inclúe o propio barrio, xa catalogado polo Plan Xeral da cidade, a fronte do porto (avenida da Mariña) e o barrio de Argüelles. O ámbito de respecto proposto inclúe a Fábrica de Lapis Hispania, o Baluarte de San Xoán, e a Dársena de Curuxeiras.

    Tras a publicación no DOG, abríase un paréntese de 20 meses de traballo que debía concluir coa declaración definitiva de BIC para o barrio de Ferrol Vello. Polo que o BNG insta ao Goberno Galego a dar conta do estado do expediente e se pensa esgotar o prazo máximo, fixado na lei, para resolver definitivamente a declaración do barrio como BIC.

    BNG-Ferrol


    Enviado por:
    BNG Comarca Ferrolterra
    -sedenacional@bng-galiza.org-
    31 de janeiro de 2010 03:42

    ___________________

    Documento de Interese:

    Baixar dos Arquivos Ártabros a Resolución da Direción Xeral do Patrimonio Cultural - en formato pdf- facilitada pola asociación veciñal

    ____________________________

    É un erro atrasar obrigatoriamente a idade de xubilación


    Por Vicenç Navarro [*]
    31.01.2010


    A proposta que fixo o Goberno Zapatero de atrasar a idade de xubilación xerou gran debate na vida política e mediática de España. Debido ao gran número de peticións de escritos polo profesor Navarro sobre este tema volvemos publicar os seguintes artigos:
    • A Seguridade Social en España é inviable? Este artigo critica as propostas que no seu día fixo David Taguas, membro do equipo do Centro de Estudos do Banco BBVA e máis tarde Director da Oficina Económica da Moncloa e asesor do Presidente Zapatero, a favor do atraso da idade de xubilación.

    • O falso problema das pensións. Este artigo critica as propostas feitas polo Gobernador do Banco de España e o Partido Popular de atrasar obrigatoriamente a idade de xubilación.

    • Os erros de Almunia, Fernández Ordóñez e o PPE. Este artigo critica, ademais da Fernández Ordóñez Director do Banco de España e o PPE, a Joaquín Almunia e á Comisión Europea polas súas propostas de atrasar a idade de xubilación.

    • A avalancha mediática liberal. Este artigo critica a falta de equilibrio nos medios de maior difusión do país na súa cobertura da suposta inviabilidad do sistema de pensións.

    Para ler os artigos só hai que facer un click no título -ficheiros en formato pdf-

    [*] Vicenç Navarro López (Barcelona, 1937), politólogo e economista español. É Catedrático de Políticas Públicas e de Economía Aplicada na Universidade Pompeu Fabra e actualmente profesor na Johns Hopkins University de Baltimore.
    [Máis Información]


    Sítio persoal de Viçent Navarro López:
    http://www.vnavarro.org/

    Sitio do Observatorio Social:
    http://www.observatoriosocial.org/
    ______________

    venres, xaneiro 29, 2010

    Concello e veciños avanzan na aplicación do Regulamento de Participación Cidadá coa próxima creación da Comisión de Suxestións e do Defensor do Cidadán


    REGULAMENTO DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ

    Venres, 29 de xaneiro de 2010

    O edil Manuel Santiago destaca as súas funcións: defender os dereitos dos cidadáns e ser o cauce de diálogo coa Administración. Presentaron a publicación do Regulamento de Participación, do que se editaron 2.000 exemplares para distribuír entre a cidadanía

    O concelleiro de Participación Cidadá, Manuel Santiago, compareceu ante os medios xunto con Xosé Manuel Sanxoán e Arcadio Ares, membros da Comisión Provisional de Control de Participación Cidadá, para informar dos seguintes pasos a dar de cara á implantación do Regulamento, así como do resultado das accións de difusión feitas a semana pasada. Neste senso, Manuel Santiago lembraba que o Concello editou 2.000 exemplares do regulamento, que se distribuirán nas vindeiras semanas entre o movemento asociativo, entidades e institucións. Así, o edil avanzou que entre as prioridades máis inmediatas figura a constitución da Comisión Especial de Suxestións e Reclamacións e a designación do Defensor do Cidadán.

    A primeira será creada polo Pleno e estará integrada polos concelleiros de todos os grupos políticos, de xeito proporcional, correspondendo a súa presidencia á Alcaldía, que poderá delegar nunha concellería. A súa misión, tal e como subliñou o edil, será defender os dereitos dos cidadáns e cidadás nas súas relacións coa Administración local, supervisar a súa actuación, propoñer accións de mellora e informar das queixas de conformidade co disposto no Regulamento. Así mesmo, poderá levar a cabo investigacións sobre o funcionamento dos servizos, inspeccións nas dependencias administrativas sen prexuízo das competencias atribuídas aos órganos de control do Concello. Todos os órganos de goberno e da administración municipal estarán obrigados a colaborar coa dita Comisión. Esta poderá tamén aprobar as recomendacións e suxestións pertinentes, se ben nunca poderá modificar nen anular resolucións ou actos administrativos e estas poderán ser presentadas por toda persoa física ou xurídica, con independencia da súa residencia ou nacionalidade.

    Todas as suxestións e reclamacións serán rexistradas nunha Oficina que se integrará na Concellería de Participación Cidadá e examinará cada unha delas nun prazo de 10 días desde a súa presentación. As que resulten admitidas serán remitidas ao servizo municipal correspondente que, previo estudo, emitirá un informe preceptivo á Oficina de Suxestións e Reclamacións.

    Pero esta non será a única ferramenta que se porá en marcha ao abeiro do Regulamento de Participación Cidadá. Así, tal e como anunciou o concelleiro Manuel Santiago, comenzarase a traballar tamén na definición da figura do Defensor do Cidadán, que terá como obxectivo ser o cauce de diálogo, estudo e seguimento dos problemas que viven os cidadáns e cidadás ante a Administración local. Este deberá cumprir as súas funcións con independencia e obxectividade, investigando e resolvendo os expedentes iniciados de oficio e aquelas queixas formuladas a petición da cidadanía. Será elixido polo Pleno do Concello e o seu mandato terá unha vixencia de cinco anos, prorrogables por outros cinco. Tal e como se recolle no Regulamento de Participación Cidadá, deberá reunir como condicións figurar no padrón municipal e ser maior de idade.

    Por outra banda, Manuel Santiago avanzou a celebración dunhas xornadas de formación e intercambio de boas prácticas en experiencias de orzamentos participativos antes do verán, así como a continuidade do traballo do proceso dos orzamentos participativos relativo non só á elección dos novos barrios que serán obxecto de intervención desta experiencia pioneira en Galicia, senón tamén ás asembleas de barrio e sesións de traballo como a prevista en datas próximas co Grupo Motor, a Comisión Provisional de Control e as Mesas de Traballo. Neste encontro avaliarase o proceso levado a cabo no ano 2009 e idearanse as pautas a seguir no 2010, un reto para o que o edil de Participación Cidadá pediu a colaboración de toda a cidadanía.

    A ela referiuse tamén Xosé Manuel Sanxoán, membro da Comisión Provisional de Control de Participación Cidadá, quen animou ás entidades e colectivos, así como aos cidadáns a título individual, a participar neste proceso e facer realidade o contido do Regulamento de Participación Cidadá, así como a posta en marcha dos organismos contemplados nel. Respecto a este, o concelleiro informou esta mañá de que se editaron 2.000 exemplares para difundir o seu contido entre a cidadanía. Os primeiros deles repartíronse no acto cidadán da súa presentación celebrado o pasado 23 de xaneiro e o resto distribuiranse nas asociacións inscritas no Rexistro Municipal, en todos os centros educativos, sindicatos, entidades culturais, etc.

    O edil de Participación cidadá agradeceu a colaboración prestada polo Colexio Profesional de Politólogos e Sociólogos de Galicia na elaboración do glosario de termos sobre democracia que se incorpora na publicación do Regulamento, desde a óptica da Administración local e especialmente ligados á Área de Participación Cidadá. O seu coordinador e membro do dito Colexio Xaime Subiela Pérez, explicou esta mañá o traballo realizado no marco do convenio asinado co Concello de Ferrol e trasnsmitiu as súas felicitacións polo desenvolvemento desta “experiencia de innovación democrática” que está a ser observada moi de preto por cidadáns e cidadás de toda Galicia.

    En canto á publicación, Subiela explicou que á elaboración deste glosario de termos se incorporou o saber de expertos coñecedores dos procesos de participación cidadá e das relacións entre as Administracións públicas e a cidadanía, así como en dinámica de grupos. Todo o vocabulario está moi vinculado ao proceso da participación cidadá e moitos dos termos se están incorporando pouco a pouco no noso vocabulario, como é o caso de “empoderamento” ou “tranversalidade”, entre outros, que se están empezando a empregar e dos que se explica o seu signficado. En total, 162 termos.

    enderezo-e: comision.gap@gmail.com

    www.participacion-ferrol.blogspot.com

    Enviado por:
    Comision veciñal
    -comision.gap@gmail.com-
    29 de janeiro de 2010 12:24
    _____________________

    Mil razóns contra o muro


    • O BNG presenta a campaña "Mil razóns contra o muro"
    • O BNG INICIA UNHA CAMPAÑA PARA ABRIR FERROL AO MAR
    • A CAMPAÑA LEVA POR LEMA “MIL RAZÓNS CONTRA O MURO”


    O BNG de Ferrol vai desenvolver unha campaña social para que non se demore máis a decisión de proceder a derrubar o Muro que Defensa mantén en pé desde a Praza Vella até a Porta de Navantia e que segue a dividir a nosa cidade, privándonos do mar e privando ao conxunto da sociedade dunha riqueza arquitectónica integrada na proposta local ao Patrimonio da Humanidade.

    O BNG considera que tres son os argumentos que sosteñen esta iniciativa: poñer fin a división urbana da cidade rematando cos privilexios estamentais que representa o muro, abrir Ferrol ao mar e integrar e recuperar para os ferroláns e ferrolás a riqueza patrimonial do arsenal militar.

    Pretendemos iniciar unha campaña de recollida de sinaturas nas que cada persoa poida expresar libremente as razóns polas que lle gustaría que se tirara o muro, tratase de artellar canles de comunicación para que a cidadanía se exprese libremente.

    Pretendemos Pulsar o estado de opinión dos ferroláns e ferrolás sobre un tema que sempre preocupou e que nunca se abordou con suficiente seriedade e determinación e Promover a participación activa da cidadanía nas decisións que afectan ao deseño da súa cidade. Así mesmo queremos Contribuír á transformación de Ferrol para convertela nunha cidade máis habitable, humana e atractiva.

    En pleno ano 2010 é hora de integrar no entorno urbano da cidade esta zona amurallada e que se garantan os orzamentos precisos para acometer esta intervención xa que os argumentos contrarios a súa desaparición como o da seguridade garantense perfectamente con outro tipo de peche máis diáfano.

    Enviado por:
    BNG
    -bng@ferrol.es-
    29 de janeiro de 2010 12:50

    __________________

    Web do BNG en Ferrol Terra:
    http://www.bng-galiza.org/opencms/opencms/BNG/ferrolterra/seccions/portada/
    ______________________________________

    Onte, 27 de Xaneiro de 2010, foi homenaxeada Amada García en San Felipe


    Celebrada a Homenaxe a Amada García en San Felipe

    Nun emocionado e sinxelo acto, celebrado onte 27 de xaneiro no Castelo de San Felipe, rendíuse homenaxe a Amada García Rodríguez, cando se cumplen 72 anos do seu fusilamento, xunto con outros sete veciños de Mugardos, tras unha farsa de Consello de Guerra, que os condenou a morte aceptando as falsas testemuñas e os tortos intereses dos seus acusadores.

    Organizado pola Asociación Memoria Histórica Democrática, reuníu a representantes de diversas Entidades, Asociacións, Partidos Políticos e persoas identificadas coa recuperación da Memoria, que arroparon con agarimo ao seu fillo Gabriel Toimil e a súa neta Amada.

    Foi tamén unha homenaxe para todas aquelas persoas, mulleres e homes, vítimas da represión fascista pola súa defensa da legalidade republicana e dos seus ideais de liberdade e de progreso.

    Album fotográfico do evento en :

    http://picasaweb.google.com/fucobuxan

    --
    fuco buxán, a.c.
    Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
    Telef. 981325492
    www.fucobuxan.com
    fucobuxan@yahoo.es


    Enviado por:
    Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
    -fucobuxan@gmail.com-
    28 de janeiro de 2010 12:54
    _______________

    Web da Asociación Cultural Memoria Historica Democrática :

    http://www.memoriahistoricademocratica.org/
    ______________________