venres, marzo 26, 2010

Sábado 27 de Marzo de 2010: Apaga a luz, encende o Planeta

A Hora do Planeta 2010 será a maior chamada á acción organizada nunca para demostrar que, actuando xuntos/as, somos parte da solución á mudanza climática, apesar do insuficiente e frustrante acordo de Copenhague.

Esta iniciativa de WWF, na que colabora ADEGA, pretende implicar a máis de mil millóns de persoas e mobilizar a 6.000 cidades do mundo para amosar o apoio global á acción contra a mudanza climática.

Este 27 de marzo de 2010, de 20:30 a 21:30, apaga as luces do teu domicilio/lugar de traballo.

UN XESTO, UN SÍMBOLO. MIL MILLÓNS DE XESTOS, UNHA ACCIÓN GLOBAL POLO CLIMA !

Máis información: Local nacional (981 570099) ou na nosa web:
www.adega.info
_________________

Máis de 50.000 persoas enchen as rúas de Vigo co berro unánime de "non á privatización" e na defensa da sanidade pública

Grande expresión de rexeitamento á política privatizadora do goberno de Feijoo
Milleiros e milleiros de persoas encheron as principais rúas do centro da cidade de Vigo para manifestar con forza o rexeitamento a vontade privatizadora da Consellaría de Sanidade e do goberno do PP da Xunta de Galiza de privatizar a sanidade galega, e concretamente no caso de Vigo, no caso da construción do novo hospital de Vigo. Convocadas e convocados pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública esta mobilizaciónn recebeu moitos apoios, e non só de distintas forzas sindicais, sociais e políticas desta comarca, senón que tamén sumou apoios e solidariedades desde moitos outros recunchos do noso país: Pontevedra, Monforte, A Coruña, e Ferrol, entre outras plataformas que tamén están a mobilizarse na defensa da sanidade pública galega.





Desde antes das oito da tarde xa eran moitas as persoas que se xuntaban no cruce de Vía Norte, diante do chamamento desta manifestación en defensa da sanidade pública. Se en outubro eran 15.000 persoas, desta volta todas as previsións ian quedar curtas nunha noite de reivindicación e demostración de forza dunha cidade e dunha comarca que non se rende diante da teimuda política privatizadora do goberno do PP na Xunta.

"Non á privatización"

Estaba marcha ía encabezada por unha pancarta c lema 'A privatización prexudica a túa saúde: hospital público xa', e ao longo desta manifestación houbo canticos, berros e consignas como 'Non, non, non á privatización', 'Xerente dimite, o Chuvi non te admite', 'Conselleira dimisión' ou 'Feijóo, atende, Vigo non se vende'.





Solidariedade das plataformas

Foron moitos os colectivos, e moitas tamén as plataformas sindicias, de traballadoras e traballadores da sanidade pública, mesmo doutras zonas do país como Pontevedra, A Coruña, Ferrol, Monforte, O Barco de Valdeorras ou Compostela que participaron desta mobilización, que colapsou o centro de Vigo durante perto de dúas horas.

Valoración moi positiva

Manuel G.Moreira, presidente da Xunta de Persoal da área sanitaria de Vigo, declaraba diante dos medios de comunicación, ao remate desta mobilización na Praza da Estrela en Vigo, valorou moi positivamente a resposta da cidadania a esta convocatoria, e "pensamos que a Conselleira de Sanidade e o presidente da Xunta teñen que facer unha lectura de que a maioría da cidadanía de Vigo está amosando que non quere esa política para a sanidade de Vigo, e estamos dicindo que non pode privatizar, e que se privatiza é por unha decisión política, e non é unha cuestión de xestión, nin de organización nin económica. A cidadania de Vigo está a dicir que non pode privatizar, que esta non é a política que queremos e este non é o hospital que precisamos".

Acto final

Manuel Martín, portavoz da Plataforma en defensa da Sanidade Pública, tomou a palabra, e agradeceu a presenza de todas as persoas e especialmente doutras plataformas en defensa da sanidade pública porque "é preciso poñerlle freno a esta situación para que non se estenda".

"Tamén saudamos ás traballadoras do Hospital da Cruz Vermella de Vigo que está en proceso de desmantelamento porque entendemos a súa situación e porque Vigo como toda Galiza, precisa camas de longa estancia. A vosa presenza é unha demostración de que hoxe estamos aqui porque coa saúde non se xoga", engadiu.

Por último, lembrou que "é un asunto da maior importancia para toda a cidadanía: a atención futura da nosa saúde. A nosa, que pronto precisará coidados, mais aínda a das nosas fillas e fillos. A elas e eles debemos deixarlle unha Sanidade Pública mellor que a que recibimos das nosas nais e pais. E porque o futuro da sanidade galega ficará en máns da mocidade e ao seu servizo, vaivos ler este manifesto Uxia, unha estudante dun instituto de Vigo, que está nerviosa por ver tanta xente, mais convencida do que este escrito defende".






Manifesto lido ao remate por Uxía, unha rapaza dun instituto de Vigo

O pasado 29 de outubro, viámonos 15 mil persoas neste mesmo lugar, e hoxe somos moitas mais, demostrando coa nosa presenza que a preocupación pola privatización da Sanidade Pública é xa unha sólida oposición.

Tan estendida esta a idea de que a Xunta pretende privatizar a nosa sanidade, convertendo o que é un dereito, a atención á saúde, nunha mercadoría que se merca e se vende, no que a construción, financiamento e propiedade privada do Novo Hospital de Vigo é un claro exemplo, que este manifesto é practicamente innecesario.

Bastaría case con agardar a que a conselleira remate de contar cantos somos, para marchar para casa contentos cos deberes feitos!

Pero lemos este manifesto porque ha de quedar nos anais da historia que hoxe escribimos, a dous días da celebración dun novo cabodano da Reconquista de Vigo, para que no futuro se saiba que novamente o pobo da comarca viguesa, dos concellos da ría, saíu á rúa noutro momento decisivo, para defender o que lle pertence.

Onte para recuperar a liberdade, e hoxe para defender a fortaleza cívica da nosa Sanidade Pública e do noso Novo Hospital.

Dicíamos hai cinco meses que Vigo só pide o que lle corresponde tras facer unha contribución solidaria co resto de Galiza, porque sabe que a riqueza dunha parte é a riqueza de todo o pais. Nunca Vigo nin a comarca teñen pedido privilexios.

E dicíamos que estamos fartas e fartos.

O tempo apremia e corre, Sr. presidente da Xunta; Sras. conselleiras de Sanidade e de Economía e Facenda:

Non admitimos máis demoras.

Non é xa tempo de autoconvencernos de que pretenden privatizar a nosa Sanidade Pública. Tampouco o de polemizar con unha conselleira que o nega. A discusión xa non é se a Xunta privatiza ou non!

Xa a propia Xerente do SERGAS, dona Rocío Mosquera, ven de confirmar na prensa que a privatización é o que pretenden!

Por fin confesan o que vimos afirmando, o que todo o mundo sabe e o que elas con contumacia seguían negando!

E a conselleira debe saber que mentir é pecado! Un pecado inútil!

Así que grazas dona Rocío, pola súa sinceridade!

Agora as cartas están enriba da mesa e non perderemos tempo en aburridas discusións:

Vostedes queren privatizar e nós imos impedilo.

Outro dia falaremos, dona Rocio, dos intereses que representa como recente alto cargo da empresa propietaria do gran hospital privado da nosa cidade; dos intereses económicos que hai detrás de que o seu cargo non sexa o de Secretaria Xeral do SERGAS senón a de Xerente do mesmo...

Pode que para que os seus mais elevados ingresos non pasen polo filtro do Parlamento de Galiza?

Tempo haberá para ir falando diso...

E tamén as razóns dunha conselleira que pon unha raposa a coidar das galiñas do Sergas.

Xa o iremos vendo señoras. Vostedes saberán en que lío se meten, pero a cabeza pensante é o presidente da Xunta.

Foi, o señor Núñez Feijoo quen tendo a maior responsabilidade do SERGAS montou MEDTEC e as Fundacións Hospitalarias, hoxe disoltas polo anterior goberno por ineficaces, privatizadoras e caras.

E non privatiza por eficacia, nin por dificuldades económicas que certamente existen.

Privatiza porque é a política que o Partido Popular aplica onde goberna sexa cal sexa, boa ou mala a situación económica. Velaí a privatización brutal da sanidade madrileña que Esperanza Aguirre iniciou en pleno período de bonanza!

Escusas, mentiras, pretextos!

A verdadeira razón é que non cren na Sanidade Pública. Non cren no dereito á atención da saúde.

Só ven a atención sanitaria como un negocio. Un negocio para entregar aos seus cómplices e amigos: as grandes construtoras, as aseguradoras sanitarias de capital internacional, as empresas de tecnoloxía médica e as grandes farmacéuticas internacionais...

Vexan senón os millóns entregados por vacinas de gripe A e polo pouco útil Tamiflú.

Así pretenden estrangular economicamente a Atención Primaria de Vigo negándolle a creación de prazas que o Plan de Mellora nos concedía.

Non hai mellor maneira de desprestixiar a Sanidade Pública empuxándonos cara a medicina privada, que recortar os fondos, aumentar as demoras, empeorar a calidade e destruír a súa imaxe publica.

Negocio privado con fondos públicos, porque no caso de Vigo preparan un suculento negocio para a sanidade privada ao pretender que o hospital sexa construído por unha asociación de empresas constituída por un banco, unha gran construtora e unha empresa sanitaria da comarca, ás cales o SERGAS pagaría unha elevada cantidade ao longo dos trinta anos seguintes á súa inauguración.

Esta fórmula multiplica o custo estimado de 360 millóns de euros por unhas seis ou sete veces.

Un negocio para poucos do que se ven excluídos os propietarios dos terreos: pois non é o mesmo ceder a túa casa, finca ou negocio familiar en aras de un hospital público, que dun privatizado que entregará enormes beneficios privados a quen se faga coa concesión.

Un escándalo, señor alcalde de Vigo!!

É un escándalo pero vai estando claro

Nesta comarca de Vigo sabemos como facerlles fronte e defender o que é lóxico, o que é xusto, económico, e probadamente eficiente. O que interesa á maioría.

Temos dereito, queremos e esiximos un hospital publico, ben dimensionado, coas camas e servizos que estaban programados. Nin un menos. Un hospital suficiente, que non peche a súa porta á xente do Morrazo, do Val Miñor e de barrios de Vigo.

E querémolo tal como foi deseñado polos nosos profesionais.

Non toleraremos que se abandonen os obxectivos estratéxicos respecto do tratamento avanzado do cancro (do que Vigo sería referencia do sur de Galiza) nin que se abandone o módulo de investigación ou docencia.

Non toleraremos un hospital mais pequeno, máis caro e que non será noso durante trinta anos, nos que gran parte dos fondos sanitarios destinados á atención, serán desviados para pagar aos propietarios privados do hospital, uns enormes canons ou intereses.

Non permitiremos, en consecuencia, que haxa menos diñeiro para persoal sanitario e non sanitario, para os servizos de apoio ou para renovar o equipamento.

Non permitiremos a privatización das cociñas, da lavandería -nin das modernas e capaces instalacións situadas no Meixoeiro- do mantenemento, da informática, dos arquivos de historias clínicas, dos servizos administrativos, dos celadores, das auxiliares de enfermaría... nin toleraremos o despido dos contratados destes servizos.

Outro motivo máis para opoñerse a privatización. A elas e a eles a Plataforma agradécelles a defensa do seu posto de traballo pero tamén da sanidade publica no seu conxunto.

E animamos como usuarios e usuarias, a todos os colectivos profesionais que traballan nos nosos hospitais e centros de saúde, nun esforzo para mellorar a calidade da atención é o bó trato, a calidade percibida polos pacientes, para aumentar o prestixio da nosa sanidade pública, demostrando que compite en calidade, eficiencia, e prestixio vantaxosamente coa privada.

As ideas xustas, as aspiracións lexítimas, os cambios beneficiosos e necesarios para as amplas maiorías, acaban facéndose camiño e finalmente triunfando. Con esforzo, con constancia, con intelixencia e coa xenerosidade de sumar forzas.

Non podemos terminar sen unha felicitación ao pobo americano e ao presidente Obama por este primeiro paso na consecución do que aquí xa disfrutamos e hoxe defendemos.

E xa que ao principio falabamos da Reconquista, remataremos con algo dese tempo:

Dicía o Artigo 13. da Constitución das Cortes de Cádiz de 1812:

O obxecto do Goberno é a felicidade da Nación, xa que a fin de toda sociedade política non é outro que o benestar dos individuos que a compoñen.

Hoxe, case 200 anos máis tarde, o goberno da Xunta incumpre ese fermoso precepto: non é o noso benestar o seu obxetivo, a súa tarefa, senón lisa e escandalosamente, o negocio!

O negocio da saúde.

Porque a privatización da sanidade prexudica gravemente a túa saúde Moitas grazas, outra vez mais! 2010


Fonte: Avante


________________

Manifestación Comarcal, en Ferrol, o Domingo 11 de Abril de 2010

A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol, diante do grave deterioro ó que se está sometendo á Sanidade Pública, á falla de compromiso que con esta Área que ten a Xunta de Galicia e ante as medidas privatizadoras do Partido Popular respecto da Sanidade Pública, convoca para o Domingo 11 de abril unha Manifestación Comarcal, a cal agardamos que reflexe na rúa o descontento e o rexeitamento destas medidas por parte do conxunto da cidadanía da comarca. A manifestación partirá ás 12 do mediodía do Ambulatorio Fontenla Maristany.





Blogue oficial da Plataforma:
http://plataformadspferrol.blogspot.com/
__________________________

Porqué a CNT vai participar na mobilización convocada pola plataforma Rumbo 21 o vindeiro sábado 27 de Marzo

A Federación Local da CNT de Ferrol vai participar na mobilización convocada pola plataforma Rumbo 21 o vindeiro sábado 27 de marzo. E vaino facer para amosar a súa indignación polos continuos atropelos que padece a clase traballadora nesta bisbarra.

Nos anos 80 houbo unha reconversión “salvaxe” que causou fortísimas reduccións do cadro persoal dos estaleiros de Fene e Ferrol. Despois fíxose unha reconversión “suave” con prexubilacións que aínda botaron máis xente fora nas factorías de ASTANO e BAZAN. Os sindicatos maioritarios opuxéronse á reconversión “salvaxe”, mais aceptaron a reconversión “suave” porque as prexubilacións beneficiaban aos traballadores fixos. Nin individual nin colectivamente, a clase traballadora que combatera no 72, foi quen de impedir a reconversión, nin tivo a dignidade abondo para rexeitar unhas prexubilacións que destruíron centenares de postos de traballo na bisbarra. Marcharon para a casa traizoando todo o que dicían defender.

Outras forzas sindicais, como a propia CNT, pagaron un prezo moi caro pola súa oposición frontal á reconversión e a todos os amaños do sindicalismo oficial. O noso sindicato practicamente desapareceu porque se enfrontou ao goberno socialista que fixo a reconversión e porque rexeitou tamén o “alpiste” que outras centrais si aceptaron como pago polos seus servicios: as subvencións directas, as subvencións proporcionais á representatividade, e esa financiación escandalosamente fraudulenta que son os cursos de formación, moitos deles organizados “a distancia”, sen persoal nin medios, mais xenerosamente pagados polo Estado. Cremos que non debemos esquecer que na bisbarra de Ferrol, o Estado que financia directamente aos sindicatos é, ao tempo, a patronal.

Con mentiras e barullos, sen que ninguén dera a cara e contara a verdade, sacouse a ASTANO da construcción naval civil. Un escandaloso pacto “secreto” entre a Unión Europea e o goberno do Estado botaron fora do mercado ao estaleiro de Fene. O que seguiu a ese pacto foi un clamoroso silencio por parte dalgúns, promesas descaradas de revisión do pacto por parte de outros, e unha vontade deliberada de enredar e enganar á cidadanía sobre o motivo polo que ASTANO non podía facer barcos. Aínda a día de hoxe ningún responsable político nin sindical tivo a dignidade de explicar á cidadanía os detalles dese acordo. Significativamente, os principais protagonistas deste enredo son os que xa anunciaron que o sábado non van ir á manifestación, feito que de por si aclara bastantes cousas.

Os opositores da manifestación din que esta mobilización vai dirixida á privatización do estaleiro de Fene. Pode ser que haxa forzas políticas ou sindicais que teñan esa pretensión, mais a CNT de Ferrol vai a manifestarse o vindeiro sábado para protestar polas limitacións que ten o estaleiro de Fene de facer construcción naval civil. Entendemos que mais valía que estes partidos e sindicatos que agora falan, defenderan o sector naval ferrolán cando se fixo a auténtica privatización: a transformación do emprego estable no sector naval público por emprego precario nas compañías auxiliares. Mais valía que animaran ao persoal fixo do estaleiro a deixar de facer horas extras cando existe un escandaloso desemprego na bisbarra. E mais valía que exerceran algún tipo de actividade na defensa dos traballadores das auxiliares do naval.

A CNT de Ferrol quere participar na mobilización do sábado 27 para esixir a volta de Navantia Fene á construcción naval civil, para protestar pola transformación de emprego de calidade en Navantia por emprego basura nas compañías auxiliares, para animar á clase traballadora a loitar en tódolas frontes contra o desemprego e para esixir ás burocracias sindicais e políticas que deixen de tomar o pelo á clase traballadora.

Ferrol, 25 de marzo de 2010.
Federación Local da CNT de Ferrol

Enviado por:
Unión Libertaria
-unionlibertaria@gmail.com-
25 de março de 2010 23:41
_____________

Enlaces relacionados:
___________________

xoves, marzo 25, 2010

"O actual sistema não pode continuar", diz o sociólogo e cientista social Immanuel Wallerstein

Cientista social afirma que o sistema-mundo está diante de uma encruzilhada que pode evoluir em direcções contraditórias. Ouça a aula magistral pronunciada em Lisboa esta quarta (em inglês).

Numa aula magistral para cerca de cem pessoas que acorreram à Faculdade de Ciências Sociais e Humanas da Universidade Nova de Lisboa, o sociólogo e cientista social Immanuel Wallerstein [*] afirmou, referindo-se à "crise estrutural do sistema capitalista", que "o actual sistema não pode continuar - isso é certo. Mas há duas saídas alternativas. E desencadeia-se uma luta entre as duas alternativas para ver qual prevalece".

Para Wallerstein, uma alternativa "é um sistema que reproduz mais ou menos as piores características do sistema existente, explorador, polarizador. Não é capitalismo, é outra coisa", mas pode ser em muitas formas "muito pior que o capitalismo, muito mais opressivo".

A outra alternativa é "um sistema que nunca existiu até hoje, mas pode existir, hipoteticamente, que é um sistema relativamente democrático e relativamente igualitário". O sociólogo norte-americano considera que estamos e estaremos no meio deste dilema nos próximos 30 ou 40 anos. "Qual vai ser o resultado é impossível prever".

Durante a conferência, Wallerstein abordou a crise do sistema-mundo -o tema escolhido- de vários pontos de vista. Do ponto de vista económico, como uma fase B de uma onda de Kondratieff, Wallerstein contextualizou-a na história desde o fim da Segunda Guerra, quando os EUA surgiram como a potência hegemónica. Abordou o período de expansão económica até aos anos 70, substituído por um período de estagnação.

Falou também dos ciclos de hegemonia, que tiveram como potências dominantes as Províncias Unidas (Holanda), o Reino Unido e os EUA, para abordar um dos seus temas recorrentes: a decadência do império americano, e as sucessivas tentativas de minimizar essa decadência, que tiveram um sucesso relativo até o grande desastre que foi a administração de George W. Bush e o fiasco da guerra do Iraque.

Abordou também a revolução mundial de 1968, as suas causas e efeitos, e o período em que dominou o mundo o "espírito de Ialta", entre EUA e a União Soviética.

25.03.2010

Leia o último comentário de Wallerstein publicado no Esquerda.net:


[*] Immanuel Wallerstein, sociólogo e cientista social

Fonte: esquerda.net
_____________________

NÓS-Unidade Popular nom vai participar na manifestaçom convocada pola Plataforma Rumbo-21

Perante a manifestaçom convocada para o próximo sábado, 27 de Março, pola Plataforma Rumbo-21 em defesa do sector naval e apoiada polo BNG, PP, Independientes por Ferrol, Terra Galega, CIG, Associaçom de Empresários de Hotelaria e os Concelhos de Narom, Sam Sadurinho, Ares e Mugardos entre outras, a nossa organizaçom quer fazer pública a sua posiçom:

1.- A nossa organizaçom tem manifestado mais dumha vez a sua posiçom contrária a qualquer mobilizaçom de maos dadas entre todos os agentes políticos, sociais e sindicais, por supor umha desnaturalizaçom das reivindicaçons que pudessem ter. Quem executa as políticas anti-obreiras e o desmantelamento dos estaleiros públicos galegos nom pode manifestar-se junto a quem padece essas políticas.

2.- A Plataforma Rumbo 21, auspiciada polo BNG, surge com clara vocaçom eleitoralista, numha nova tentativa de acumulaçom de forças que sirva para levar a nau regionalista do dique seco em que se encontra desde há anos na nossa Comarca. Nom podemos esquecer que os promotores desta iniciativa, que até há nada ainda pisavam a moqueta de Sam Caetano, nom figérom desta questom um tema central na negociaçom e constituiçom do governo da Junta na etapa do bipartido ou nos apoios ao governo “socialista” de Zapatero em Madrid.

3.- NÓS-Unidade Popular defende o direito a produzir na nossa comarca, com destaque a construçom naval civil de titularidade pública, proibida por motivos políticos polas elites económicas espanhola e europeia, contrários aos interesses da classe trabalhadora galega.

Porém, a Plataforma Rumbo 21 só se pronuncia sobre o levantamento do veto mas mantém umha posiçom ambígua sobre a necessidade dum sector integral, público e galego, mais bem todo o contrário, apostando, ainda que nom se diga, pola privatizaçom da antiga ASTANO.

4.- A CIG nom deve dar um aval a quem pretende privatizar os nossos sectores produtivos. As posiçons que deve defender o sindicalismo nacional e de classe som antagónicas com as que defende a patronal. É necessário que a CIG abandone esta plataforma, assim como qualquer outra que aposte pola conciliaçom de classes, como é o caso da Associaçom Impulsionadora do Plano Ferrol.

5.- NÓS-UP nom apoia as políticas pactistas. O único caminho para evitar a destruiçom do sector naval, de frear mais agressons, é a auto-organizaçom e a luita obreira.

Cumpre orientar, liderar e dirigir a luita no sindicalismo nacional e de classe, impulsionar todo o tipo de instrumentos para acumular forças caminho da Greve Geral e impedir assim a perda das conquistas sócio-laborais atingidas durante anos de sacrifício e luita da classe trabalhadora.

Por um sector integral, público e galego!

A luita é o único caminho!

Assembleia Comarcal de NÓS-Unidade Popular em Trasancos

Ferrol, 24 de Março de 2010

Enviado por:
nosup-trasancos@nosgaliza.org
-nosup-trasancos@nosgaliza.org-
25 de março de 2010 22:41
_________________

Enlace relacionado:

Web oficial de Nós-UP:
http://www.nosgaliza.org
_____________________

Hai que intervir o Banco de España

Por Clodomiro Montero M.  [*]
25.03.2010

O gobernador ameazou con intervir caixas de aforros que non se sometan aos plans do ente supervisor. Despois da crise provocada pola incompetente supervisión bancaria e dos multimillonarios plans de rescate bancarios os cidadans deberíamos intervir o Banco de España e reclamar unha Banca Pública.

O Banco de España formaba parte do organismo de supervisores de Basilea, encargado de elaborar a regulación Europea, que posteriormente acadaban o rango legal a traves de Directivas Europeas. A confianza cega na autoregulación dos mercados e das propias entidades, nas que avanzaban esas normas, levaron o sistema ao colapso. E os rescates multimillonarios dos sistemas bancarios provocaron un deficit público que agora pretenden solventar con recortes sociais.

Agora ameaza con intervir Caixas de Aforros para que acaten o seu deseño dun novo mapa financeiro, defende a súa desterritorialización con fusións intercomunitarias aloxándoas da poboación que as fixo medrar, como paso previo a seren privatizadas.

Un comportamento que raia o matonismo ao servizo dos intereses económicos do gran capital que leva anos pulando pola privatización total e absoluta do sistema financeiro e no caso do estado español das caixas de aforros.A que intereses serven hoxe o PSOE e o PP cando falan de privatizar as Caixas: aos da maltreita gran banca.

O gobernador ameazou onte con intervir caixas de aforros ao abeiro do establecido no FROB, que dota a esta institución neoliberal e incompetende das máximas competencias en detrimento das competencias das Comunidades Autónomas.

Non hai unha sola entidade (bancos e caixas) que non teña recorrido a algunhas das liñas de axudas estatais ou europeas, sen as inxeccións de liquidez todo o sistema financeiro europeo houbera caído como un castelo de naipes. Xa postos que interveña todo o sistema financeiro e que o nacionalicen.

Chegou o momento de que os cidadáns propoñamos intervir o Banco de España, que botemos a patadas ao gobernador e reclamemos que si hai que intervir entidades que se faga, si hai que poñer mais diñeiro público para sanear banco se caixas que se faga, pero para constituír a base dunha Banca Pública ao servizo da economía e das persoas.

Fonte: Avantar

[*] Secretario nacional da Federación da Banca.
_____________

Homenagem Nacional a Carvalho Calero o próximo sábado 27 de Março

No próximo dia 25 de Março, cumprem-se 20 anos da morte do intelectual Ricardo Carvalho Calero, um dos principais representantes do reintegracionismo lingüístico, além de prolífico autor literário e científico e representante do nacionalismo histórico galego.

Como entidade radicada na cidade natal de Carvalho, a Fundaçom Artábria sempre deu a essa data a importáncia que merece, aproveitando para lembrar a sua obra e reivindicar as suas ideias, através de actos diversos, como a publicaçom de materiais divulgativos, iniciativas municipais e concentraçons ao pé casa em que nasceu, no Ferrol Velho, em 1910.

Este ano, no que se cumpre o centenário do seu nascimento nom vai ser umha excepçom. Junto a outras entidades do nosso País vimos trabalhando num calendário de actividades durante todo o ano 2010, ano de Carvalho Calero. O próximo sábado 27 de Março, dentro destas actividades, realizaremos umha homenagem em frente da sua casa natal que contará com umha oferta floral, diversas intervençons e um recital poético.

Posteriormente celebraremos um jantar de confraternizaçom pola língua no nosso local social.

Para estes actos, gostávamos de poder contar contigo, e é por isso que te transmitimos este convite. Confirmar cantes da quinta-feira 25 a vossa assistência no caso de ficar ao jantar. (O preço do prato será de 18€)

Podedes contactar-nos telefonicamente no número: 669 778 474

ou por correio electrónico escrevendo para: correiodeartabria@gmail.com

No Centenário do nascimento de Carvalho Calero, um ferrolano galego e universal

Decorridos 20 anos da morte e 100 do nascimento, a figura de Carvalho nom deixa de crescer e botar raízes na história da Galiza como intelectual integral, cultivador de todos os géneros literários, estudioso da história literária galega e defensor da dignidade lingüística do nosso povo.

Desde o seu compromisso de juventude com o galeguismo de esquerda, a sua participaçom na luita antifascista no Exército republicano, a prisom, a docência nos anos de pedra da ditadura, e o labor de investigaçom lingüistica e literária na etapa posterior, Carvalho Calero caracterizou-se sempre pola independência em relaçom ao poder.

Como estudioso do ámbito filológico e sociolingüístico, autor teatral, poético, romancista... Carvalho representa a geraçom que, antes do golpe fascista de 36, tentou dotar a Galiza de todo o que caracteriza os países normalizados e independentes. É um elo que une a geraçom de Castelao com a do novo nacionalismo do pós-franquismo. De facto, aginha que o abrandamento da ditadura o permitiu, já na madurez vital, o autor ferrolano voltou a esse mesmo compromisso teórico e prático com o País. Fijo-o com afám construtivo, mas sem vender as suas convicçons ao aparelho institucional que começou a fraguar-se a finais da década de 70, quando ele já era o primeiro catedrático de Língua e Literatura Galega.

Apesar de que ninguém pode negar o valor da sua obra, as instituiçons autonómicas condenárom-no ao ostracismo na última etapa da sua vida, por negar-se a abençoar o caminho que se dispunham a seguir em matéria de política lingüística. Por defender, frente às teses que queriam isolar o galego, a unidade lingüística galego-portuguesa e por defender, frente às teses bilingüistas, umha Galiza em galego.

Foi, o daqueles anos 70 e 80, o esforço mais produtivo de Carvalho Calero para o País, como o passar do tempo se tem encarregado de demonstrar. Se há trinta anos era difícil defender a aposta reintegracionista quando Portugal e o Brasil eram realidades tam afastadas, hoje vemos que, sem dúvida, o velho professor estava no certo quando afirmava que o galego seria galego-português ou nom passaria de ser um galego-castelhano.

Já quase ninguém elabora discursos, como daquela se faziam, a defender o isolacionismo galego contra o seu ámbito de relaçom natural. Hoje discutem-se os ritmos ou, em muitos casos, fica-se na desídia e na passividade que mantém o galego em posiçom totalmente deficitária em termos funcionais. Contodo, inclusive a norma escrita utilizada polos poderes públicos tem experimentado algumhas aproximaçons tímidas ao português, como Carvalho defendeu.

As teses reintegracionistas que liderou com firmeza nos anos 70 e 80 estám hoje mais estendidas que nunca apesar da falta de compromisso das instituiçons. Quase ninguém duvida de que esse é o caminho, e incluso há iniciativas diversificadas para avançar nesssa direcçom, ainda que sejam quase sempre sem nengum apoio institucional.

É esse o aspecto que hoje queremos salientar da imensa figura de poeta, dramaturgo, romancista e investigador do ferrolano universal. O seu inquebrantável compromisso com o idioma e com o país, tam necessário naqueles anos e, se calhar, ainda mais necessário no tempo que nos toca viver a nós. Um compromisso que o levou a defender sem ambigüidades que o caminho era, que o caminho é o reencontro com os países que nom mundo falam, como nós, galego.

Hoje enfrentamos umha estratégia legal e institucional de grandes dimensons contra a normalizaçom do nosso idioma. Neste momento, devemos alçar a voz e a acçom colectiva em defesa de umha Galiza em galego, seguindo também aí as teses do velho professor. Hoje, mais do que nunca, reivindicar um Dia das Letras para Carvalho é reivindicar um reconhecimento colectivo nom só da sua pessoa e de toda umha vida dedicada ao galego e à Galiza; é também reivindicar o idioma e o país como o compromisso colectivo de um povo que se nega a deixar morrer a sua identidade.

Sítio webda Fundaçom Artábria
http://www.artabria.net
Sítio web do festival da Terra e da Língua
http://www.artabria.net/festival
Enviado por:
Fundaçom Artábria
-artabria@artabria.net-
18 de março de 2010 17:01
_____________

Acto en lembranza de Ricardo Carvalho Calero en Ferrol: Xoves 24 de Marzo de 2010


Acto do BNG en lembranza de Carvalho Calero

O Bloque Nacionalista Galego lembra que mañá, xoves 25 de marzo às 18 horas, desenvolverá un acto homenaxe ao profesor Carvalho Calero consistente nunha ofrenda floral diante da súa casa natal na data na que se cumpren 20 anos do seu pasamento.

Con este acto o BNG pretende lembrar a Carvalho Calero e a súa obra. Precisamente este ano 2010 no que se cumpren 100 anos do seu nascimento e 20 da súa morte e no que o concello de Ferrol pese a ter declarado o “Ano Carvalho Calero” centra os seus esforzos en priorizar e promocionar outras figuras literarias alleas a nosa cultura.

Ferrol 24 de marzo de 2010
Bloque Nacionalista Galego Ferrol

Enviado por:
BNG COMARCA
-ferrol@bng-galiza.org-
24 de março de 2010 19:26
______________

A Comisión Provisional de Control do Regulamento de Participación Cidadá analizaron onte a situación do proceso de orzamentos participativos para 2010 e deu o seu respaldo á selección de barrios

A COMISIÓN RESPECTA TODOS OS ACORDOS DE ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS E PIDE MELLORAR AS CONVOCATORIAS

Ferrol Xoves 25 de Marzo de 2010

Respaldo á selección de barrios para os orzamentos participativos


Un momento da reunión que se celebrou onte nas dependencias municipais
Foto: Luís Polo

REDACCIÓN > FERROL.

Os veciños que forman parte da Comisión Provisional de Control do Regulamento de Participación Cidadá analizaron onte a situación do proceso de orzamentos participativos para 2010, despois de que a AVV de Esteiro puxese en cuestión a selección das novas zonas da cidade que se incorporan este exercicio á experiencia: Esmelle, Covas, Ferrol Vello e Canido.

A comisión deu o seu respaldo á selección, que tivo lugar o pasado 3 de marzo nunha reunión no Concello á que asistiron unha vintena de entidades, fronte ás críticas da AVV de Esteiro nas que consideraba que os barrios e parroquias beneficiadas deberían saír dun foro cívico, do mesmo xeito que sucedeu cos orzamentos participativos de 2009.

Con todo, a comisión de control si que tivo en conta a demanda da agrupación de veciños de Esteiro sobre a necesidade de mellorar a forma en que se realizan estas convocatorias, de tal forma que estas non só se fagan mediante o teléfono senón tamén por escrito.

Nesta liña, no encontro celebrado onte no palacio municipal e ao que asistiu o edil Manuel Santiago tamén se abordou a necesidade de ampliar o persoal da área de Participación Cidadá.

Regulamento -

Os membros da comisión de control demandaron, por outra banda, un maior impulso do novo regulamento de participación. Respecto diso, acordouse que tras as festas de Semana Santa intentarase pechar un borrador de funcionamento interno da comisión.

Este texto fixará a forma en que se realizarán as convocatorias de reunións e a orde do día das mesmas, así como as maiorías que serán necesarias á hora da adopción de acordos.

O regulamento de Participación Cidadá que se presentou nun acto cidadán de carácter festivo o pasado mes de xaneiro no teatro Jofre establece a creación de novos órganos, como o Valedor do Cidadán, a Comisión de Suxestións ou as asembleas de barrio, entre outros.

Desde a comisión provisional insistiuse en que pór en marcha estas entidades é un proceso longo que levará o seu tempo.

Publicado no xornal comarcal "Diario de Ferrol"

Enviado por:
Comision veciñal
-comision.gap@gmail.com-
25 de março de 2010 12:49
www.participacion-ferrol.blogspot.com
_____________________

O Movemento polos Dereitos Civís denuncia e condena a desproporcionada e intolerábel intervención por parte dos antidisturbios na facultade de xeografía e historia de Santiago: quixeron impedir que os alumnos se manifestasen contra o máster de profesorado xurdido da reforma do CAP co Plan Boloña



FACULTADE DE XEOGRAFÍA E HISTORIA

O MpDC denuncia que as forzas e corpos de seguridade pisen, unha vez
máis, o dereito de manifestación


O Movemento polos Dereitos Civís denuncia e condena a desproporcionada e intolerábel intervención por parte dos antidisturbios na facultade de xeografía e historia de Santiago onte á tarde. Coa súa desautorizada actuación os axentes quixeron impedir que os alumnos se manifestasen contra o máster de profesorado xurdido da reforma do CAP co Plan Boloña.

O MpDC expresa a súa solidariedade cos estudantes da USC por mor da desproporcionada actuación da Policía no interior da facultade, que se dedicou a identificar os alumnos polo simple feito de se concentraren de xeito pacífico, dereito recollido na Constitución e polo tanto de libre exercicio pola cidadanía. Todo isto produciuse sen a petición por parte das autoridades da universidade compostelá.

A manifestación estudantil atopábase ao abeiro do paro convocado en Xeografía e Historia para protestar polos cambios xurdidos co novo plan de estudios, coñecido como Plan Boloña. Os gravísimos feitos de onte encádranse dentro da acción represiva desenvolvida polas forzas de seguridade con motivo da visita do profesorado participante na conferencia “Universidades emprendedoras: nuevos modelos”, organizada no marco da Presidencia española da UE.

É sorprendente ver como os antidisturbios irrompen impunemente nunha facultade, onde existe a liberdade de expresión, e comezan a identificar as persoas que soamente están exercendo o seu dereito á manifestación. Este feito lembra ás actuacións policiais acontecidas na ditadura franquista e non a un país que viva en democracia. Desde o MpDC critícase enerxicamente este despregue de forzas e corpos de seguridade co fin de controlar aos participantes na concentración, non se sabe moi ben para que, mais sospéitase que para intimidar e, de novo, “meter medo” para que se desista na acción.

O MpDC tamén alerta que este feito atenta contra a liberdade de expresión, xa que unha parte do estudantado veu coartado ese Dereito ao impediren a súa posibilidade de manifestar publicamente unha opinión. A todas luces, unha actuación policial deste calado merece ser explicada pola Policia, xa que estamos asistindo a un abuso da autoridade e a unha privación das liberdades e dos dereitos das persoas intolerábel en calquera sociedade.

Cantas veces máis imos ter que asistir a este tipo de violacións dos dereitos civís sen que as institucións e autoridades pertinentes poñan, dunha vez, a lei por diante e se respecte as persoas?

En movemento
www.movemento.org


Enviada por:
Prensa MpDC
-prensa1@movemento.org-
25 de março de 2010 12:11
____________________

O Martes 30 de Marzo no Ateneo Ferrolán: Especial Curtas >> "Tres Mundos"

O martes día 30 de marzo ás 19 horas, proxectarase no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán tres curtametraxes baixi o título "Tres Mundos".

“YANINDARA” de LLUIS QUÍLEZ (2009) – 20’


  • Dirección: Lluis Quílez (Cun amplo recoñecemento internacional no terreo das curtas dirixe este traballo, unha traxedia romántica con pinceladas de cine fantástico, rodada cun elenco de non actores de etnia xitana).
  • Intérpretes: Camelia Paun, Bulgar Turcanu, Tinica Chixcaru, Gilbert Bosch, Alba Ferrara.
  • Sipnose: Un poblado xitano. Inmigrantes rumanos que acamparon as súas caravanas e tendas nas aforas dunha cidade calquera. Cheira a sudor, animais e polvo. Chega un coche. Do seu interior baixa un estrano, vai en busca do milagre, vai en busca de Yanindara.

ext yanindara
Cargado por Festival-Mecal. - Mira más videos de TV y películas.


“SI SABES DECIR HELLO” de SERGI GONZÁLEZ (2009) – 16’



  • Dirección: Sergi González (Logo de varias curtas, dende 2006 e variospremios e recoñecementos, preséntanos esta curta documental).
  • Intérpretes: Juan Miguel Meseguer e Anabel Martínez.
  • Sipnose: Juan Miguel ten sonos, como todos, incluso ten noiva .... bo aí xa non é como todos, pero el a ten. E a quere. E querese casar e ter un fillo, ou dous ... ou dezaseis. Juan Miguel ten 18 anos e síndrome de down.



“QUIERO SER UNA GACELA” de ANA RODRÍGUEZ ROSELL (2009) – 29’




  • Dirección: Ana Rodríguez Rosell (Diversos premios e recoñecementos en Festivais avalan a esta nova cineasta).
  • Sipnose: Adentrámonos na escola Mariama Ba, na illa de Gorée, onde estudan as nenas máis intelixentes de Senegal, e coñecemos ás que nun futuro serán as líderes do seu país.
Ateneo Ferrolán, fundado en 1879.
www.ateneoferrolan.org

http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/

Enviado por:

Ateneo Ferrolán
-webmaster@ateneoferrolan.org-
25 de março de 2010 11:09
________________________

mércores, marzo 24, 2010

Manifestación para o vindeiro sábado 27 de marzo, ás 12 horas, no Peirao de Curuxeiras, en Ferrol: obxectivo reactivar ASTANO e reactivar o futuro do sector naval galego

O sector naval ten determinado historicamente a evolución da economía galega. É un dos focos máis importantes da nosa actividade industrial e peza clave no mantemento das poboacións costeiras e no desenvolvemento das áreas urbanas. Desde que a UE ten pechado as portas á construción civil no estaleiro de ASTANO, esta sempre foi unha das demandas históricas do nacionalismo galego cuestión esta que sempre está na axenda institucional do BNG. Mais isto non é suficiente, cómpre implicar á sociedade nesta demanda a todos os galegos e galegas.

Neste sentido, a Comisión Promotora da Iniciativa Lexislativa Popular para reactivar a industria naval galega, Rumbo21, ven de convocar unha manifestación para o vindeiro sábado 27 de marzo, ás 12 horas, no Peirao de Curuxeiras, en Ferrol. Cómpre pois unha resposta masiva a esta convocatoria para conseguírmonos o obxectivo reactivar ASTANO e reactivar o futuro do sector naval galego.

  • Porque cada persoa en paro na comarca é unha razón para non quedarnos de brazos cruzados diante deste problema social e humano.
  • Porque traballo en ASTANO significa traballo no resto das empresas, na industria auxiliar, no comercio, na hostalería...
  • Porque non hai maior diversificación que a industria naval, porque un buque non é só o casco, é todo o que vai dentro do barco.
  • Porque sabemos que non temos futuro sen unha industria naval civil forte.
  • Porque máis de 18.000 persoas que asinaron a Iniciativa Lexislativa Popular demandan que os gobernos galego e español traballen para levantar un veto que pesa como unha lousa sobre a economía da comarca.
  • Porque se nós non nos movemos, ninguén o vai facer por nós, nin en Madrid nin en Europa.
  • Porque queremos que Zapatero cumpra o seu compromiso de negociar o fin do veto ao estaleiro de Fene.

Enviado por:
BNG-Ferrol
-bng@ferrol.es-
24 de março de 2010 10:29
________________

Enlace relacionado:

http://www.rumbo21.org/
____________________

Vídeo resumo do lanzamento na Galiza da Terceira Acción Internacional da Marcha Mundial das Mulleres

Acto realizado pola Marcha Mundial das Mulheres na Galiza, o pasado 13 de Marzo en Compostela, para iniciar a IIIª Acción Internacional que culminará o 17 de Outubro deste ano 2010 na República Democrática do Congo.

Baixo o slogan "Mulleres en Marcha até que todas sexamos libres!", xa estam nas rúas por todo o planeta -África, Américas, Asia/Oceanía, Europa- na primeira etapa da Terceira Acción Internacional. Máis de 50 países informaron que están realizando accións entre o 8 e o 18 de Marzo. Nalgúns países, realizaron-se accións desde o sábado 6 de Marzo. E en Nova Caledonia realizouse o 27 de Febreiro [+ info].



Que é a Marcha ?

A Marcha Mundial das Mulleres é un movimento mundial de accións feministas que reúne grupos de mulleres e organizacións que actúan para eliminar as causas que orixinan a pobreza e a violencia contra as mulleres. Loitamos contra todas as formas de desigualdade e de discriminación sufridas polas mulleres. Os nosos valores e as nosas accións orientanse cara un cambio político, económico e social. Os mesmos que se articulan aoredor da mundialización das solidaridades, a igualdade entre mulleres, entre mulleres e homes, e entre os pobos, o respecto e a valoración do liderazgo das mulleres e o fortalecimento das alianzas entre mulleres e cos outros movimentos sociais progresistas.

Enlaces de interese:


Enviado por:
lupe ces
-lupeces@gmail.com-
24 de março de 2010 08:00
http://lupeces.blogspot.com/
___________

Enlace relacionado:

Ártabra 21: Botan a andar as "marchantas" que participarán nas IIIª Acción Internacional da rede feminista Marcha Mundial das Mulleres
________________________________

O grupo municipal do BNG no concello de Ferrol criticou esta mañá ao goberno local por patrocinar e impulsar unha exposición que mantén as formas deturpadas da nosa toponimia


  • O Concello de Ferrol promove unha expsoición que deturpa os nosos toponimos
  • O BNG critica o uso deturpado da toponimia local na exposición homenaxe a Juan Farías
  • Elia Rico, se pregunta se tan difícil lle resulta a concelleira de Educación e Cultura facer respectar os nosos nomes tradicionais

O grupo municipal do BNG no concello de Ferrol criticou esta mañá ao goberno local por patrocinar e impulsar unha exposición que mantén as formas deturpadas da nosa toponimia (El Ferrol, La Coruña, San Jorge, San Juan de Esmelle etc...) e instou ao goberno local a ter un maior compromiso coa normalización lingüística.

A concelleira nacionalista, Elia Rico, afirmou que a concelleira de educación está a vulnerar a lexislación en materia lingüística e se pregunta se tan difícil lle resulta a concelleira de Educación e Cultura facer respectar os nomes tradicionais das nosas vilas e parroquias e o que é máis grave o da propia cidade.

O BNG considera que nunha exposición que homenaxea a un escritor local e que pretende facer pedagoxía coa súa figura, xa que a mesma vai dirixida a escolares, o goberno local debería ser máis escrupuloso cos contidos da mesma. Nada costaba financiar a edición desta exposición en galego ou no seu defecto imprimir novamente os carteis cos nomes propios das nosas vilas e parroquias na súa forma orixinal e legal.

Elia Rico non comprende a falla de rigurosidade e compromiso coa língua propia do país que amosa o goberno municipal cunha actuación meramente propagandística que fica en evidencia día a día. “Só desde a desídia e a falla de interese se comprende esta forma de actuar” afirmou Rico.

Grupo Municipal do BNG no Concello de Ferrol.
Ferrol, 23 de Marzo de 2010

Enviado por:
BNG - Ferrol
-bng@ferrol.es-
23 de março de 2010 13:52
_______________________

Un ano de Goberno e tempo dabondo para comprobar que a Xunta do PP está a desenvolver en Galicia un modelo económico xerador de inxustizas ...


  • ESQUERDA UNIDA DENUNCIA QUE O GOBERNO DO PP ESTÁ A DESENVOLVER UN MODELO ECONÓMICO INSUSTENTABLE SOCIAL E MEDIOAMBIENTALMENTE QUE PROFUNDIZA NO PRODUTIVISMO
  • O CONSELLO COMARCAL DE EU PULA POLA CONSECUCIÓN DUN SISTEMA ECONÓMICO BASEADO NO DECRECEMENTO SOSTIBLE QUE PONGA AS PERSOAS E O MEDIOAMBIENTE POR ENRIBA DOS INTERESES DO CAPITAL
  • ESQUERDA UNIDA PARTICIPOU ACTIVAMENTE NA MANIFESTACIÓN CONVOCADA POR GALIZA NON SE VENDE

Un ano de Goberno e tempo dabondo para comprobar que a Xunta do PP está a desenvolver en Galicia un modelo económico xerador de inxustizas asemade depredador do territorio, un modelo ao cabo insustentable social e medioambientalmente.

Esquerda Unida, que participou activamente na manifestación do pasado domingo, saúda a iniciativa desenvolvida por Galiza Non Se Vende, pois compartimos a importancia que ten que a sociedade responda na rúa ás políticas depredadoras do medio natural que o Goberno do PP está a desenvolver.

A Xunta do PP empéñase en manter un modelo económico caduco e ineficaz que profundiza no produtivismo, algo que Esquerda Unida rexeita radicalmente pois, non cabe dúbida, que resulta imposible manter un crecemento constante cando os recursos son limitados. E por iso que Esquerda Unida pula pola consecución dun sistema económico baseado no decrecemento sostible.

O actual sistema económico e insustentable medioambientalmente, xa que logo, estamos a saturar a capacidade do noso planeta. Segundo datos da pegada ecolóxica necesitaríamos 3 planetas para manter no tempo o noso nivel de produción, nembargantes o sistema obriga a manter o crecemento continuo e aínda así atopámonos nunha crise sen precedentes. Ademais o sistema e insustentable socialmente pois é xerador de inxustizas como demostra o dato que un 20% da poboación consume o 80% dos recursos.

Semella inaceptable que o Goberno do PP pretenda manter un modelo económico que pon os intereses económicos privados duns poucos por enriba da cidadanía e do medio natural, un modelo que como a actual crise ten demostrado amósase incapaz pois non é quen de distribuír o producido para cubrir as necesidades básicas da poboación, a pesares de producir moito máis do necesario.

A Xunta do PP aposta por poñer os recursos naturais ao servizo dos intereses económicos, entregando o litoral á especulación inmobilizaría, mostrando permisividade coas empresas contaminantes que verten nos nosos acuíferos, favorecendo a construción de recheos mentres as nosas rías acreditan niveis de contaminación escandalosos, perpetuando agresións sobre espazos senlleiros integrados na Rede Natura como a Serra do Courel ou os Canóns do Sil, mantendo o urbanismo caótico e especulativo, ou mesmo entregando zonas costeiras as multinacionais piscícolas como se desprende do plan acuícola, no cal ábrese máis a man do que xa a tiña o bipartito.

Por outra banda a inexistente ordenación do territorio está a producir enormes diferenzas entre a costa e o interior, asemade do despoboamento do rural debido a unha errática política forestal onde se promove a reforestación con especies alóctonas, e unha nula planificación agraria-gandeira que deixa o noso agro nas mans dos intermediarios que están a actuar como auténticos usureiros provocando o abandono masivo do agro. Esquerda Unida considera o sector agro-gandeiro como un sector primario estratéxico para o noso pais xa que cobre a necesidade básica e fundamental da poboación, a alimentación, polo que pula pola súa posta en valor, dignificando o traballo de gandeiros e agricultores, asemade da planificación da explotación agraria mediante a creación de empresas públicas de distribución e asistencia técnica que impidan a actual ditadura dos intermediarios, facilitando así a soberanía alimentaria, a redución da pegada ecolóxica, a creación de emprego de calidade e, por conseguinte, a repoboación do rural e o fortalecemento da nosa economía.

O Goberno do PP amosa unha política de infraestruturas irracional que acumula dous portos exteriores e tres aeroportos, pon a énfase no trasporte individual fronte o colectivo e nas infraestruturas viarias e da alta velocidade en prexuízo do ferrocarril de proximidade, o que só contribúe a facer o noso modo de vida máis insustentable, e a desartellar o territorio e afondar nas desigualdades rural-urbanas, desmantelando estacións intermedias que fixaban hábitos de mobilidades tradicionais e asemade sustentables.

A reviravolta eólica supón empeorar a proposta do bipartito e, xa que logo, a posición de Esquerda Unida está marcada pola consideración da enerxía como un sector estratéxico da nosa economía que ten que estar baixo a dirección pública na procura da soberanía enerxética e que ten que empregarse como ferramenta para crear emprego estable e con dereitos.

Por último, e non por elo menos importante, a Xunta do PP está a entregar os Servizos públicos ao capital privado, Sanidade, Servizos Sociais, Educación, Servizos de Emerxencias ou a mesma externalización masiva dos Servizos Administrativos son un bo exemplo do dano que o Goberno do PP está a facer no noso país, baixo a falaz premisa de que a xestión privada é menos custosa, cando a realidade se empeña en demostrar que a privatización a longo prazo non só e máis custosa senón que ademais reduce a calidade do servizo. Esquerda Unida rexeita con rotundidade a privatización e aposta por relanzar o público desenvolvendo políticas que permitan mellorar os servizos públicos e a súa eficacia, xusto o contrario que está a desenvolver o PP para dar crédito a súa política privatizadora baseada tan só en intereses espurios.

Consello Comarcal de EU
Ferrol, 23 Marzo 2010

Enviado por:
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
23 de março de 2010 14:36
Estimad@s amig@s: trasladamos un comunicado do Consello comarcal coa valoración do ano de goberno do PP na Xunta de Galicia. Recibide un saúdo. Consello comarcal EU Ferrolterra
_______________________

Manifesto Galego do Día Internacional do Teatro


Por María Xosé Queizán
Moitas persoas non poderíamos vivir sen a cultura, sen o coñecemento e o pracer que nos facilita a lectura, o teatro, a música, o cine... Pero, ademais sabemos por fiables e recentes estudos que a cultura en Galiza xera un PIB de case un 2%, está por riba do sector téxtil, do naval e do químico. É, daquela, tamén un ben económico, un sector produtivo. As Institucións e as Autoridades, pois, ademais de estaren interesadas polo fomento da cultura no país, saben que é un sector estratéxico que crea riqueza. Son conscientes de este importante e amplo valor.

Entre as que máis progresaron ultimamente están as artes escénicas. O público asiste cada vez máis ao teatro confirmando as ansias de participación cívica. O teatro é un xénero político por excelencia, e leva a cabo unha actividade pública que mantén o compromiso coa realidade. Unha arte na que o proxecto é imprescindible. Para facer teatro é preciso ter unha historia, un conflito, uns personaxes e un método sistemático para desenvolver a trama. Achegase máis que outros xéneros a un traballo científico.

Na comunicación directa co público é necesaria a comprensión. O teatro é a escola do mundo moral, ten unha gran responsabilidade ética. No escenario créase tensión, hai conflitos como na vida mesma. Ten carácter dialéctico, orixina unha oposición discrepante, un debate de ideas e de comportamentos.

Na acción escénica hai necesariamente movemento. O escenario é o espazo de aparición. Os personaxes son axentes transformadores que fan pensar en común ao público asistente, unido polos mesmos criterios e acontecementos. O teatro é público e move a conciencia colectiva, ten un carácter interactivo. Non é unha arte que se goce individualmente. É unha vibración común e pública. No teatro únese pensamento e acción; política e liberdade.

Velaí, clan do teatro, amigas e amigos do teatro, o gran papel que tendes nas vosas mans, nesta sociedade que tanta necesidade ten de acción, de progreso e de transgresión.





Ateneo Ferrolán, fundado en 1879.
www.ateneoferrolan.org

http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/

Enviado por:
Ateneo Ferrolán
-webmaster@ateneoferrolan.org-
23 de março de 2010 18:26
__________________

martes, marzo 23, 2010

Vídeo da manifestación de "Galiza Non Se Vende", celebrada este Domingo 21 de Marzo de 2010

Este Domingo 21 de Marzo de 2010, máis de mil persoas secundaron a convocatoria da Rede Galiza Non Se Vende, na defensa do territorio por un outro modelo económico non productivista, pola defensa do litoral, por unha ordenación racional do territorio, pola nosa soberanía alimentaria e enerxética, por outro modelo de transporte, ... Máis unha vez berrou-se: GOBERNE QUEN GOBERNE, GALIZA NON SE VENDE !!!


___________

Enlace relacionado:

http://galizanonsevende.org/
____________________

sábado, marzo 20, 2010

Presentación de “Naturaleza, ruralidad, civilización”, de Félix Rodrigo Mora no Espazo Libertario de Ferrol, o luns 22 de marzo

Presentación de “Naturaleza, ruralidad, civilización”, a cargo do seu autor Félix Rodrigo Mora.

O luns 22 de marzo de 2010, ás 8 da Tarde terá lugar, no Espazo Libertario de Ferrol (Avenida de Esteiro, 10, baixo) a presentación do libro “Naturaleza, ruralidad, civilización”, polo seu autor, Félix Rodrigo Mora.

http://sites.google.com/site/naturalezaruralidadcivilizacio/

Félix Rodrigo Mora é un estudioso do mundo rural que desenvolveu a súa actividade por moito tempo no colectivo “Los amigos de Ludd”. A súa obra, sólidamente fundada na investigación da historia do mundo agrario e da súa aniquilación polo capitalismo, contén estimulantes reflexións sobre o a necesidade de retomar valores fundamentais da vida tradicional e mesmo de retornar ao mundo rural, nun proceso de desmontaxe do suicida sistema tecno-industrial en que vivimos.

As súas reflexións son certamente oportunas na Galiza, onde aínda estamos vendo agonizar os restos do vizoso mundo agrario dos nosos antergos. As estimulantes reflexións de Félix Rodrigo Mora constitúen unha ferramenta extremadamente útil para tódalas persoas preocupadas pola desaparición do mundo rural e polo desenvolvimentismo reinante.

Félix Rodrigo Mora é autor dos libros “Naturaleza, ruralidad, civilización” e “La democracia y el triunfo del Estado: Esbozo de una revolución democrática, axiológica y civilizadora”.

Enviado por:
Unión Libertaria
-unionlibertaria@gmail.com-
20 de março de 2010 12:56
http://unionlibertaria.org/
____________________________

ADEGA e a veciñanza plantarán ábores en protesta pola tala de piñeiros en Cabanas, Manifestación en Compostela e fotos da retirada de antena de telefonía móvel en Canido

ADEGA, platación en Cabanas, fotos de antena por Serxio, manifa Compostela, ...
Antonio

Costas autoriza a plantación de árbores prevista para o domingo As árbores marcadas son os que desaparecerán da contorna da Magdalena
Foto de J. Meis

P.C.C. > FERROL - Cabanas - 19.03.2010

A Demarcación de Costas habilitou unha zona no piñeiral de Cabanas de face á concentración que veciños e Adega convocaron para o domingo coa intención de protestar pola tala de piñeiros.

A hora da convocatoria está fixada para as once da mañá e no transcurso da mesma, segundo os seus organizadores, chegaranse a plantar polo menos cinco exemplares en compensación dos que desapareceron en base ao proxecto financiado polo Ministerio de Medio Ambiente. A zona acoutada localízase nas inmediacións do lugar que tempo atrás estivo ocupado polas bancadas e o campo de fútbol que non fai tantos anos formaban parte da paisaxe da Magdalena.

O desmantelamento de ambas as estruturas foi unha intervención acometida polo Ministerio, desde onde agora se subliñan outras actuacións realizadas na zona para pedir unha marxe de confianza a aqueles que protestan pola rexeneración do piñeiral. A construción do paseo, a creación do parque do areal e a posta en funcionamento dun moderno e funcional posto de vixilancia e socorrismo -este último con menos dun ano de antigüidade- son algunhas das obras apuntadas. Por outra banda, reitérase que o proxecto que agora se acomete realízase en base a un rigoroso estudo sobre o piñeiral e que do mesmo derivarase a talla duns 500 exemplares dos 2.293 árbores que actualmente existen. Pero á marxe desta actuación tan impopular, como se tratará de demostrar o vindeiro domingo, tamén se informa doutras intervencións recollidas no informe. Así, recórdase que o Ministerio ten previsto plantar este mesmo ano un total de 750 unidades -entre bidueiros, carballos, alcornoques, salgueiros e piñeiros -pinaster-, ademais de acometer traballos silvícolas, mellorar a accesibilidade da praia e recuperar a duna que serve de perfil a unha das praias máis visitada da comarca durante os meses de verán. A obra no seu día contratada a Tragsa supera os 450.000 euros de investimento.

Publicada en Diario de Ferrol


Fotos da retirada da antena de telefonía móvel de Canido, demanda veciñal desde hai anos.







Convocatoria manifa en Compostela o 21 de Marzo da Rede Galiza Non se Vende


Manifestación Nacional en Compostela "Contra a destrución do territorio" Domingo 21 de Marzo 12 do mediodía na Alameda [+ info]

Informción baseada na enviada por:
Antonio Gª
-angaji@yahoo.com-
ADEGA-TRASANCOS
-adegatrasancos@adega.info-
serxio perille
-serxiocanido@yahoo.es-
20 de março de 2010 15:21

Unhas cousas breves:
  • Vai noticia no xornal, sobre a plantación de arbores mañá en Cabanas, coa participacion de ADEGA e celebración do Día Forestal Mundial
  • Fotos de Serxio có asunto da retirada da antena "ilegal"
  • Convocatoria manifa en Compostela o 21 de Marzo da Rede Galiza Non se Vende. Ainda que Adega non estamos agora nos colectivos de RGNS , por se alguen quere asistir.
Unha aperta e boa fin de semana e semana
Antonio García
_______________

venres, marzo 19, 2010

Recordatorio de que o próximo Domingo 21 de Marzo temos unha cita importante ás 12 do mediodía na Alameda de Santiago de Compostela


Querid@s tod@s,
este é un recordatorio de que o próximo domingo 21 de Marzo temos unha cita importante ás 12:00 do mediodía na Alameda de Santiago de Compostela, a onde nos convoca a Rede-GNSV, á que nós pertencemos, e coa que vimos reclamando o noso dereito a outro modelo de sociedade máis xusto e solidario baseado no respecto ás persoas e ao noso medio natural.

Ademais, e organizada por unha comisión de compañeir@s da Rede, estes últimos meses hai unha Caravana Festivo-reivindicativa que vén percorrendo distintos puntos de Galicia a fin de informar das distintas problemáticas que procuramos abordar e de animar ao maior número posible de cidadáns a que se unan a esta gran mobilización e a que acudan ao último concerto desta Caravana que se celebrará na mesma tarde da manifestación na Sala Nasa de Santiago de Compostela coas actuacións de:
  • O Sonoro Maxín
  • Pallas@s en Rebeldía
  • Pandeireteiras de Bouba
  • Sacha na Horta

Acudide e difundide esta convocatoria

  • Pola defensa do litoral
  • Por unha ordenación racional do territorio
  • Pola nosa soberanía alimentaria e enerxética
  • Por outro modelo de transporte
  • GOBERNE QUEN GOBERNE, GALIZA NON SE VENDE !!!

Terra viva e vida digna para tod@s !!!

Apertas,
Mabel&Enrique.

Enviado por:
Mabel
-mriver@fundaciongaliciaverde.org-
19 de março de 2010 00:38
___________________

Enlace relacionado
:

Ártabra 21: Manifestación Nacional en Compostela "Contra a destrución do territorio": Domingo 21 de Marzo de 2010, ás 12 do mediodía na Alameda




[Foto da Primeira manifestación da Rede Galicia Non Se Vende en Febreiro de 2008]
__________________________