mércores, xuño 06, 2012

Ante a dramática situación" económica e laboral que padece a Comarca e a falta de respostas dos gobernos dereitistas do PP, a CIG-Ferrol convoca unha 'Xornada de Loita Comarcal' para o Xoves 28 de Xuño - Volve reiterar a CCOO e UGT que se sumen á mobilización Comarcal


Convocan unha 'Xornada de Loita Comarcal' "
en resposta á dramática situación sociolaboral que vive a bisbarra, cunha taxa de desemprego das máis altas do estado, un tecido industrial cada vez máis feble, unha ría sen sanear e unha sector naval –principal motor económico da zona- en situación agónica, di a central sindical nacionalista e de clase".

Pasadas as 12 do mediodía de onte, 5 de Xuño de 2012, nos locais da CIG de Ferrol, tiña lugar unha rolda de prensa dos dous cosecretarios comarcais da CIG-Ferrol (Xesús Anxo López Pintos e Manel Grandal). O obxectivo era dar a coñecer, á opinión publicada a decisión da Dirección Comarcal da CIG, de convocar unha Xornada de Loita, para o vindeiro 28 de Xuño. Un "Día de Loita", foi como lle chamou Pintos. "Nós non somos un sindicato institucional, somos un sindicato de confrontación". "Nada de diálogo, este xa se acabou, ... estamos fartos de que nos enganen, con promesas que nunca se cumpren, ...", "... non queremos facer unha procesión", "... estamos nunha loita de clases".

Pintos fixo mención á situación da Comarca, o naval de fondo, EREs semanais, a loita dos traballadores e traballadoras de Einsa polos postos de traballo. E os 75 de Privilege de Narón que están agardando unha resposta da Xunta. E dedicou-lle especial atención ao desmantelamento do sector pesqueiro, lembrou que el foi mariñeiro, "as cofradias de Cariño e Cedeira son submisas ante o desmantelamento da frota pesqueira das vilas mariñeiras" dixo o sindicalista.

Cualificou, Pintos de "dramática" a situación que vive a Comarca, polo que hai que dar-lle unha resposta. O vindeiro 10 de maio, este domingo "estaremos cos compañeiros e compañeiras do naval" referindo-se á Manifestación Comarcal convocada polo Comités de Empresa de Navantia (Fene e Ferrol) e os delegados e membros dos comités de empresa das compañías auxiliares. O sindicalista da CIG definiu ao sector naval como "estratéxico para esta Comarca", engadiu. "se desaparece o sector naval, afundimo-nos todos".

Pintos, comentou que a intención da CIG era lograr a unidade de acción con CCOO e UGT e que, por este motivo, mantiveron xuntanzas, por dúas veces, con representantes das dúas centrais sindicais, propoñendo-lles a convocatoria conxunta dunha Folga Comarcal. A resposta das outras dúas centrais foi declinar sumarse á mesma, "manifestando que non o vían", comentou Pintos. Tanto Pintos como Grandal,  reiteraron o seu chamamento á unidade e tamén ás bases destes sindicatos para que participen nos actos previstos. Mais Pintos foi máis alá, facendo un chamamento ás bases de CCOO e UGT, para que obriguen ás "cupulas das súas centrais a secundar o día de loita comarcal". Os sindicalistas manifestan que a CIG estaría disposta a cambiar a data se fora necesario, máis como máis tardar antes do 7 de Xullo, non deixa-lo para despois do verán como propoñen as centrais de ámbito estatal.

Grandal, sinalou a grave situación que se vai criar logo da botadura do buque australiano 'ALHD Adelaide', o vindeiro 4 de Xullo, falta menos dun mes. Vai ser un día significativo para esta Comarca, "... non nos queda mais remedio que nos mobilizar",  "... nesta Comarca son necesarias políticas activas de emprego". Pola contra o que nos dan, "parecese a como facían cos enfermos na idade media", "... sacaban-lle o sangue", ... esta comarca xa non pode máis, languidece, "mais seguen a sacar-nos o sangue" o pouco que nos queda para seguir vivindo, o que necesitamos son "políticas activas de emprego", dixo o sindicalista.

Antes da celebración da rolda de prensa no salón de actos da CIG, realizaban unha asemblea un cento de delegados do metal que debatían sobre a situación nos estaleiros e as vindeiras mobilizacións. Quentaban os motores para os vindeiros días.

A Xornada de Loita Comarcal

Na súa intervención, Manel Grandal manifestou que a CIG solicitou formalmente a convocatoria de 5 horas de folga, para o citado 28 de Xuño, entre as 9 da mañá e as 2 da tarde. O día da Xornada de Loita Comarcal, a CIG  promoverá un paro parcial de varias horas, para posibilitar varias marchas desde os polígonos industriais e comerciais, de Vilar do Colo en Fene, pasando por Navantia; e desde Río do Pozo, en Narón, pasando por Catabois e A Gándara, para rematar nunha grande Manifestación ás 12:30 horas. "queremos ocupar as rúas o maior tempo posible, ... non podemos permitir máis sangrías laborais" Grandal, lamentou non poder ofrecer aínda os cartaces e octavillas da convocatoria.

Valoración dos últimos datos do desemprego na Comarca

Unha xornalista pediu-lle aos dous sindicalistas que valorasen os últimos datos feitos públicos sobre o desemprego e máis concretamente sobre os datos referidos á Comarca que en concreto baixou o índice en 0,45 décimas, a media do Estado baixou en 0,63.

Os sindicalistas manifestaron que a baixada en varias décimas do índice de desemprego, non era significativo. É máis, consideraron que o mes de maio é un mes que normalmente o desemprego baixa. Mais debería ser, por norma, como pasa noutros lugares que a baixada fose no sector servizos, non sendo así na zona. Sendo no sector industria no que baixa, polo que o motivo pode ser que paradoxicamente sexa o naval quen provoca esta situación dun pouco máis de emprego, pois están contratando persoas para a construción da 'cama' sobre o que van trasladar o 'ALHD Adelaide' -referindo-se ao buque construído en Navantia que vai ser trasladado a Australia nun megabuque, (pois este buque vai-se rematar de construír nas antípodas de Ferrol) traballo para un par de meses.
______________

Reganosa outra vez , ... Por Perfecto Conde Muruais

Por Perfecto Conde Muruais [*]
06.06.2012


Lendo hoxe praza.com entérome de que o Tribunal Supremo desestimou a apelación que Reganosa presentou contra a sentencia do tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 22 de abril de 2008, que anulaba a modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Mugardos que serviu de base para licenciar as obras da pranta de gas de Roberto Tojeiro.

Sen dúbida o de Reganosa é un dos episodios industriais máis controvertidos e significativos da Galicia das últimas décadas. A planta regasificadora foi construída en plena ría de Ferrol e a menos de 1.000 metros de importantes núcleos de poboación, contra a opinión do Concello de Ferrol, daquela gobernado polo alcalde nacionalista Xaime Bello, e coa oposición de numerosos veciños da comarca, asociacións ecoloxistas e veciñais, etc.

O caso constituíu, ademais, un rechamante exemplo de como se moven ás veces intereses moi contraditorios no colo dos partidos políticos de Galicia. Así, mentres que o equipo municipal que gobernaba daquela en Ferrol (unha coalición de nacionalistas e socialistas) loitou contra a implantación da regasificadora no lugar que ocupa actualmente (propoñían que se instalase no que agora é o porto exterior de Ferrol), dirixentes do BNG, como o que despois foi conselleiro de Industria, Fernando Blancohoxe imputado xudicialmente por asuntos que non teñen que ver coa planta de gas–, ou o mesmo máximo dirixente da UPG, Fancisco Rodríguez, favoreceron todo o que puideron os intereses do promotor da mesma, Roberto Tojeiro, e dos seus socios, entre os que estaba a daquela chamada Caixa Galicia.

[*] Perfecto Conde Muruais, xornalista galego.

Fonte: Croques
perfectoconde@gmail.com
______________

A loita do sector naval ferrolán polo seu futuro - Manifestación Comarcal o Domingo 10 de Xuño



Este Domingo 10 de Xuño de 2012, ás 12 do mediodía desde o Inferniño, vai ter lugar unha grande Manifestación Comarcal en apoio á loita das traballadoras e traballadores do sector naval ferrolán polo seu futuro.

Os sindicatos con representación no sector naval de Ferrol, tanto das empresas auxiliares como da principal (CCOO, UGT, CIG e USTG) convocaron unha mobilización cidadá na que se esixirá aos gobernos dereitistas do PP, tanto ao do, polo de agora, Reino de España e o da Xunta de Galicia que cumpran os seus compromisos de carga de traballo.

As traballadoras e traballadores do naval están fartos de promesas e acordos incumpridos un tras outro. Foron moitas as veces que se alertaron do previsíbel descenso de carga de traballo nos Estaleiros da Ría. Desde Abril do pasado ano, as advertencias foron reiteradas. Pasou un ano sen resultados, nin respostas. Os concellos da comarca e mesmo o Parlamento Galego ten varios pronunciamentos e declaración en defensa do sector naval galego, máis o PP apoiaba unha cousa aquí e outra en Madrid, mesmo o deputados galegos dese partido dereitista. Outra das esixencias é o da construción do dique flotante para reparacións que suporía unha importante carga de traballo para os próximos meses.

Unha nova mobilización terá lugar, antes, está previsto que sexa o vindeiro xoves 7 de Xuño.

O día 20 de xuño, CCOO e UGT, convocarán unha manifestación en Ferrol, coincidindo con outras moitas a nivel estatal.

O día 28 de Xuño, a CIG convocou unha Xornada de Loita que consistirá nun paro parcial de varias horas, marchas desde os polígonos industriais e comerciais, de Vilar do Colo en Fene, pasando por Navantia, desde Río do Pozo, en Narón, pasando por Catabois e A Gándara, para rematar nunha grande Manifestación ás 12:30 horas.

Centrais Sindicais:

_______________

luns, xuño 04, 2012

Listado da Selección do XXII Certame Fotográfico sobre Medio Ambiente 2012 - Inauguración o martes 5 de xuño de 2012, no Sala de Exposicións da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao


Listado da Selección do XXII Certame Fotografía Medio Ambiente 2012.

Noraboa a tod@s!

INAUGURACIÓN: martes día 5 de xuño de 2012
HORA: 20 horas.
LUGAR: Sala de Exposicións da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao.

O Xurado cualificador do XXII CERTAME FOTOGRAFÍA DE MEDIO AMBIENTE 2012, organizado polo Ateneo Ferrolán, integrado por RODRIGO RAMOS ARDA (Fotógrafo), OVIDIO ALDEGUNDE ÁLVAREZ (Fotógrafo) e XOAN PORTO (Fotógrafo) e actuando como secretaria sen voto, CRISTINA MEIZOSO ALONSO, reunido o día 31 de maio de 2012, toma os seguintes acordos:

Seleccionar un total de 50 fotografías para a exposición fotográfica e entrega de Premios.
  • ALBERTO PORRES VIÑES – TARRAGONA
    MAR EN CALMA
    INMENSIDAD
  • ANA ISABEL PERNAS TARACIDO, CARIÑO (A CORUÑA)
    CATIVEIRO
  • CARLOS CRUZ LOPEZ, FERROL
    PAISAJE ARTIFICIAL
  • EDUARDO PEREIRA GORGOZO, NARÓN
    XIRASOLES E FABRICAS
    OLLADA DE NAI
  • FERNANDO ROMÁN AREÁN, MILLADOIRO - AMES (A CORUÑA)
    BOLBORETA
    CASTIÑEIRO
  • GUILLERMO LLORCA FREIRE, FERROL
    INVERNÍA
  • IVÁN FERNÁNDEZ TABOADA, FERROL
    CONSTRUCCIONES QUE TOCAN EL CIELO
  • JESÚS PAZOS LAVANDEIRA,  FERROL
    PASTOREO
    ENFERMA TERMINAL
  • JORDI REIG PURGIMON, SOLSONA (LLEIDA)
    ROELLA
    OCELL
  • JORGE MEIS DÍAZ, FERROL
    NUBES
    AGUA DE LLUVIA
  • JOSÉ ARDÁ BLANCO, LIMODRE - FENE
    (DE)LIRIOS
  • JOSE FRANCISCO RODRIGUEZ NIETO, NARON
    EL ULTIMO ARBOL
  • JOSE JUAN BUJONES COUCE, O BURGO - CULLEREDO (A CORUÑA)
    EL GUARDIÁN DEL MAR
  • JOSE LUIS GARCÍA GARCÍA, MÁLAGA
    AMANECER
    SEGOU
  • JOSE MEIS MEAÑO, MABEGONDO - (A CORUÑA)
    PAISAJE PRIMITIVO (FERROLTERRA)
    DIALOGOS ARBOREOS
  • JOSÉ ROMERO PARADELA, A CORUÑA
    GOLPE DE MAR
  • JUAN ANTONIO PALACIOS GARCÍA, EIBAR (GUIPÚZCOA)
    OTZARRETA
    AMANECER EN DEBA
    SAKONETE
  • JUAN MANUEL HERNÁNDEZ LÓPEZ, COLLADO - VILLALBA (MADRID)
    BOSQUE ANIMADO
    PAPAMOSCAS CERROJILLO
    BUITRES NEGROS
  • LUIS BOTANA PÉREZ, FERROL
    ESTRELLAS DE MAR
  • MANUEL LÓPEZ FRANCÉS, VILLENA - ALICANTE
    PESCA EN CIUDAD DE ÁGILAS
    4 CAMINO A LA PLANTACIÓN
    MANOS QUE TRABAJAN, NO SON MANOS, SINO ALHAJAS
  • MARIO LLORCA LOUREIRO, SANTIAGO DE COMPOSTELA
    EL MUNDO DIMINUTO
  • MARIO PEREDA BERGA, MADRID
    IN.S.O.S.TIBLE
  • MIGUEL ALEJANDRO AGREDA ROJAS, QUÉBEC - CANADA
    A LA INTEMPERIE
  • MIGUEL ANGEL FERNÁNDEZ PÉREZ, FERROL
    CABALIÑO DE DEUS
  • PABLO COVELO FIGUEIREDO, VIGO
    SÓLTATE
  • PABLO GUTIERREZ VARGA, FERROL
    ACORRALADOS
  • RAFAEL FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, MÁLAGA
    TRIUNFO DE LA NATURALEZA
  • RAMÓN SEQUEIRO FERREÑO, FERROL
    ENRREDO
  • ROBERTO MARÍN RICO, FERROL
    ABERRACIÓN
  • ROBERTO ZALDÍVAR EZQUERRO, LOGROÑO
    PAISAJE CONTAMINADO
    HERIDA ABIERTA
  • VICTOR RAMOS CANCELA, FERROL
    ANGRY BIRD
  • VICTOR RIVERA JOVE, FERROL
    INDECISIÓN
    MI RINCÓN
  • XAN XE CORRAL PAZ,  FENE
    PAISAXE DUNHA CADEIRA ESPIDA
    A FRAGA QUEIMADA
Un lugar de encontro para a cultura
Ateneo Ferrolán, fundado en 1879
http://www.ateneoferrolan.org
http://www.ateneo-ferrolan.blogspot.com/
e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 | Fax: 981 354 098 | Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204, 1º. CP.15402 | FERROL (A Coruña)

Enviado por:
Ateneo Ferrolán
4 de junho de 2012 14:00
_____________________

Manifestación na Defensa da Sanidade Pública - Santiago de Compostela, Domingo 3 de Xuño de 2012 - Fotos



Fotos: Susete'70.

---

Para contactar coa Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Área Sanitaria de Ferrol:

plataformadspferrol@gmail.com
http://plataformadspferrol.blogspot.com/

No local social da Asociación Veciñal de Esteiro
Rúa Fernando VI, Bloque I baixo.
Ferrol 15403 - Telef. 981933223.

PARÉMOSLLES OS PES XA, AGORA !!
NON ESPEREMOS A QUE DESMONTEN A SANIDADE PÚBLICA !!
NON AO PECHE DO CONSULTORIO !!
POR UNHA SANIDADE PÚBLICA, UNIVERSAL E GRATUITA !!

Sos Sanidade Pública

Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol
____________________

Andaravía achega información de próximos obradoiros que se van realizar a partir de mediamos de Xuño e en Xullo


A
NDARAVIA

COLECTIVO SOCIOCULTURAL


Amig@s de Andaravía achegamos-vos información de próximos obradoiros que se vai realizar a partir de mediamos de Xuño e en Xullo, aberta Xa! A matrícula.

INSCRIPCIÓN NOS TEF: 649283976 ou 636759976 ou NO LOCAL DE ANDARAVÍA. Ata constituir grupo. Monotorizados por Mar Sánchez. Psicóloga-sexóloga, formada en teatro e danza.


OBRADOIRO DE ERÓTICA
.
10H.

A realizar en fin de semana ou en dous días a semana.

Nel traballaremos os nosos desexos, a nosa sensualidade, os sentidos, os condicionantes sociais a hora de vivir a nosa sexualidade e erótica,os diferentes maneiras de expresala e vivila, mais gratificante.Con diferentes técnicas sexolóxicas ,psicolóxicas, corporais ,teatrais, xogos ; iremos constituíndo e traballando, as diferentes facetas que compoñen a nosa maneira de sentirnos e sentir o noso corpo,os afectos, a sensualidade, a sedución,as nosas fantasías, buscando potenciar a nosa sensibilidade e capacidade de vivir a sexualidade.


OBRADOIRO DE SEXUALIDADE E EMOCIÓNS
.

10H. A realizar en fin de semáns ou dous días a semana.

Traballaremos a sexualidade e as súas diferenzas o longo da vida,os roles e os condicionantes sociais e culturais a hora de vivir a nosa sexualidade,os arquetipos masculinos e femininos e como condicionan a nosa maneira de sentir e vivir, as nosas emocións e indagaremos sobre os nosos reais personaxes e as potencialidades de vivir de unha maneira mais axustada os nosos desexos e emocións, mais aló dos tabuts e os medos e condicionantes culturais,as nosas emocións e elaboraremos un mapa destas, profundando nos nosos posíbeis atrancos cara a sexualidade, as relacións de parella e afectivas,os afectos e a maneira de resolvelos. Traballaremos con diferentes técnicas sexolóxicas, psicolóxicas, corporais, teatrais, xogos.


OBRADOIRO DE EXPRESIÓN CORPORAL,RELAXACIÓN E RISOTERAPIA
.

10H. A realizar en fin de semana ou en dous días a semana.

APRENDEREMOS TÉCNICAS DE RELAXACIÓNS E RISOTERAPIA E TRABALLO CORPORAL, CREAREMOS UN ESPACIO, ONDE APRENDER DIFERENTES TÉCNICAS E EXERCICIOS, PARA DESBOTAR O NOSO ESTRES E POTENCIAR O NOSO HUMOR.


OBRADOIRO DE ELABORACIÓN DE VELAS XABRÓNS E ART NATURE.

Duración: 8 horas dous días a  semana.

Aprenderemos a elaborar os noso xabróns sales de baño..,popurris a facer velas de olores e cores e formas diferentes e realizar cadros con elementos da natureza(arenas, follas, plantas, algas..)


ANDARAVÍA


É un colectivo sociocultural creado no 2011 co obxectivo de ofrecer á nosa cidade un ESPAZO de encontro para persoas inquedas, coma ti, que teñen algo que CONTAR, algo que APRENDER, algo que FACER.

Rúa do Sol 111 - Baixo
Ferrol, 15403
Telefone654 01 98 58
E-mailandaravia@gmail.com
Websitehttp://andaravia.blogspot.com


Enviado por:
mar sanchezfraga
-marsanchezfraga@hotmail.com-
4 de junho de 2012 12:38
Información duns cursos que vamos a impartir en Ferrol,  no local da asociación Andaravía, animádevos e difundilo. Un saúdo. Mar Sánchez.
_______________

SOS Sanidade Pública, 'Rumba das Apertas' na Quintana - Vídeo


Cantiga "RUMBA DAS APERTAS" na manifestación en defensa da sanidade e educación publicas do domingo 3 de xuño en Santiago de Compostela. Nos movemos contra os ataques das mafias politico-financeiras para desfacerse do estado social o converter os dereitos fundamentais no seu negocio privado.


http://youtu.be/H9SXKV4N2JA

Publicado en 03.06.2012 por carlosvidalojea

Licenza Creative Commons (reutilización permitida)

Enviado por:
Carlos Vidal
-carlosvidalojea@gmail.com-
3 de junho de 2012 21:16
______________

Syriza apresenta programa económico - O que é a Syriza? - As proposta da esquerda em Grécia - Este 17 de Junho, em Grécia pode-se proroduzir a primeira derrota eleitoral da dereita e do social-liberalismo


Syriza apresenta programa económico

Embalado pela sondagem de quinta-feira, que deu 31.5% de intenções de voto à coligação de esquerda grega, Alexis Tsipras voltou a prometer rejeitar o memorando da troika e reverter o corte salarial e o plano de privatizações.


"Ou se implementa o memorando, ou se cancela", afirmou o líder da Syriza, citado pelo diário Ekathimerini, criticando as promessas da Nova Democracia e do PASOK de renegociar o memorando caso alcancem a maioria nas eleições de 17 de junho. Tsipras condenou ainda a campanha de medo e chantagem aos eleitores, destinada a transformar as eleições num referendo à permanência da Grécia na zona euro.

"O falso dilema euro-dracma revelou-se um favor dos responsáveis da União Europeia aos seus amigos necessitados que lhes pediram ajuda", afirmou Tsipras, referindo-se à notícia da Reuters acerca do pedido do ex-primeiro ministro Lucas Papademos a Durão Barroso para que este fizesse uma declaração forte sobre a possibilidade da Grécia sair do euro.

Tsipras apresentou um "plano de reconstrução nacional" com o objectivo de "reduzir a nossa dívida ou uma moratória e suspensão do pagamento dos juros até que a economia estabilize ou mostre sinais de recuperação". "O serviço da dívida deve estar ligado á taxa de crescimento da Grécia", acrescentou Alexis Tsipras.

Uma das medidas propostas é a rejeição do corte de 22% no salário mínimo, fazendo-o regressar aos 751 euros e alargar o subsídio de desemprego a um período de dois anos em vez de um. Para estabilizar a economia, a Syriza defende uma despesa pública entre 43% e 46% do PIB, em vez dos 36% previstos no memorando da troika. Para aumentar as receitas de 41% para 45% do PIB, a média comunitária, Alexis Tsipras propõe taxar a riqueza e os rendimentos milionários. E para implementar estas reformas, a Syriza quer criar um registo de bens detidos por cidadãos gregos no país e no estrangeiro, com a sua apreensão em caso de declarações falsas. A redução do IVA nos produtos alimentares essenciais, uma reforma fiscal menos penalizadora dos baixos rendimentos, o fim das isenções fiscais aos armadores, o investimento em tecnologia e meios humanos para combater a evasão fiscal e a nacionalização dos bancos recapitalizados pelo Estado são outras das propostas da Syriza para inverter o caminho da economia grega para a ruína.

Para viabilizar o sistema de segurança social, Tsipras quer usar as receitas da exploração de petróleo e gás para criar um fundo que garanta o futuro das pensões gregas. "O povo grego não está a pedir dinheiro. Não são pedintes. Querem trabalhar e poder suportar o seu custo de vida", afirmou o líder da Syriza, garantindo que "isto pode ser atingido sem os duros cortes impostos pelo memorando".

2 de Junho de 2012


O que é a Syriza?

A derrota dos partidos da troika nas eleições de 6 de maio é fruto da resistência social que nos últimos anos tem marcado a vida política na Grécia. Nas urnas, o eleitorado recompensou as propostas socialistas da coligação Syriza e deram-lhe a responsabilidade de liderar a oposição à austeridade e à ruína do país. Dossier organizado por Luís Branco.

Dossier: O que é a Syriza?

Neste dossier, explicamos a história da Syriza e do seu líder Alexis Tsipras, que vê hoje a Grécia na linha da frente duma batalha decisiva entre os povos e o capitalismo. Publicamos o resumo dos 10 Compromissos da última campanha, a carta de Tsipras a Barroso e a mensagem de solidariedade do Bloco. O futuro do euro é o tema forte das entrevistas com Yiannis Bournous e Nasos Illopoulos - responsáveis pela política internacional e pela juventude do maior partido da coligação, o Synaspismos - e a Sofia Sakorafa, a antiga atleta olímpica que rompeu com o PASOK e foi a candidata mais votada da Syriza nas eleições de maio.

Publicado o 19 de Maio de 2012 en esquerda.net.
______________

"A periferia da Europa é o laboratório da troika", ... Este fim de semana foi o III Congresso do Die Linke, em Frankfurt, na Alemanha - Francisco Louçã


Este fim de semana foi o III Congresso do Die Linke, em Frankfurt, na Alemanha, num momento chave da política alemã e do debate do cenário político pós Angela Merkel.

O Die Linke realizou neste fim de semana o seu III Congresso, em Frankfurt. O Congresso de “Die Linke” (“A Esquerda”), "acontece num momento chave da política alemã, quando se multiplicam as eleições regionais que têm sistematicamente penalizado Merkel (da CDU), e se avizinham as eleições legislativas onde o partido pode desempenhar um papel central na definição de um cenário político pós-Merkel".

O "Die Linke" é, atualmente, o quarto maior partido alemão, tem 76 deputados no Parlamento (Bundestag), e teve um resultado de 11,9% nas últimas eleições legislativas. Em 2009, elegeu 8 eurodeputados.

O “Die Linke” integra o Partido da Esquerda Europeia e, no Parlamento Europeu, o GUE/NGL (Grupo da Esquerda Unitária).


"A periferia da Europa é o laboratório da troika"

A periferia da Europa é hoje o laboratório da expressão mais cruel do liberalismo e, para derrotar a política da troika, a esquerda europeia tem que ser capaz de atacar o coração da ofensiva liberal na Europa, derrotando Merkel e vencendo na Grécia, defendeu o coordenador bloquista.

Para Francisco Louçã, que discursou este domingo no último dia do 3º congresso do Die Linke, não é por acaso que foi nestes países que a esquerda europeia viveu os momentos mais marcantes nos últimos  anos. A constituição da Frente de Esquerda, em França, e o impressionante resultado da sua candidatura presidencial, a convergência de diversas gerações de activistas no Die Linke, na Alemanha, e a possibilidade da vitória da Syriza na Grécia.

"Portugal, Grécia, Irlanda e, dentro de pouco tempo, Espanha, são o laboratório da expressão mais cruel do liberalismo. Se o desemprego aumenta, a troika diz-nos que a solução é diminuir ainda mais um salário mínimo que está nos 485 euros e facilitar os despedimentos", disse o coordenador da comissão política do Bloco de Esquerda.

Durante dois dias, os 570 delegados reunidos em Göttingen, elegeram a nova direção de um movimento que teve 11,9% nas últimas eleições legislativas na Alemanha. Katja Kipping e Bernd Riexinger são os dois novos co-presidentes, assumindo a lideranca depois de um ciclo de eleições regionais aonde o partido de Merkel foi coleccionando derrotas históricas. A um ano das eleições legislativas, e quando são já visíveis os sinais de precariedade laboral e o crescimento da contestação social, o Die Linke ("a esquerda") pretende reforçar o seu peso na sociedade alemã para derrotar Merkel.

Em declarações à Lusa, no fim do Congresso, Louçã disse que na Alemanha "sente-se pela primeira vez o medo de um abalo financeiro, principalmente pelas situações da Grécia e da Espanha e pela perceção de como Angela Merkel é intransigente e trata até o novo presidente francês, François Hollande, como se fosse um criado de quarto". Para além da quebra das exportações que resulta da crise noutros países europeus, Louçã entende que a economia alemã  "começa a sofrer por estar a substituir milhões de empregos fixos por trabalhos muito precários, temporários e mal remunerados".

Publicado em esquerda.net 04.06.2012

Páxina oficial:

http://www.die-linke.de/

Relacionada unha noticia de moito interese:

O líder do Bloco de Esquerda (BE), Francisco Louça afirma que uma vitória da Esquerda nas próximas eleições na Grécia, no próximo dia 17, "será o primeiro contra-ataque da democracia contra a tirania de especulação".
[Ir á web da RTP]
______________

"Lembranzas dun pobo" - Curta Documental


"Lembranzas dun pobo" é unha curta documental de TeinocoFilms sobre o barrio ferrolán de San Felipe e a súa tradición mariñeira.

TeinocoFilms é unha productora audiovisual dedicada á creación de publicidade, televisión e cine, que opta con esta curtametraxe ao premio do público Olloboi 2012 na categoría de "Premio do público", categoría aberta à participación d@s internautas. Se queres votar ou ver os 87 trabalhos presentados, pincha no enlace Olloboi 2012.


O Concello de Compostela contra a liberdade de expresión: Enlace para asinar en contra de que o Concello de Compostela ilegalice as actividades na vía pública - Non deixemos que se estenda a represión da liberdade de expresión, mañá pode-nos tocar a nós

Na foto: o defraudador fiscal co amigo do alma

O Concello de Santiago de Compostela, gobernado até hai pouco tempo polo hipócrita e defraudador fiscal, Gerardo Conde Roa, do dereitista Partido Popular e agora polo seu amigo en políticas dereitistas, Ángel Currás Fernández, impoñen taxas á liberdade de expresión. Denunciemos tamén desde Ferrol esta práctica antidemocrática, non deixemos que se estenda a represión da liberdade de expresión, mañá pode-nos tocar a nós.

As compañeiras e compañeiros do Movemento polos Dereitos Civís -MpDC, envían-nos a seguinte nota co prego de difusión:

As organizacións culturais, sindicais, xuvenís... veñen realizando actividades na vía pública como concertos, manifestacións, concentracións, recollida de sinaturas.... Actividades que entran dentro de dereitos fundamentais como o dereito á reunión, liberdade de expresión, cultura, etc... e polo tanto gozan de protección constitucional e non poden ser prohibidos.

O Concello [en mans] do Partido Popular ven de aprobar unha ordenanza que conseguirá, na práctica, impedir estes dereitos á maior parte da cidadanía do Concello de Compostela. Por medio de taxas para REALIZA A SOLICITUDE, taxas para COLOCAR UNHA MESA NA VÍA PÚBLICA coa que recoller sinaturas, taxas para PODER INSTALAR UNHA MEGAFONÍA coa que ler un comunicado as organizacións non poderán exercer ese dereitos fundamentais ao non dispoñer de capacidade económica para facer fronte ás mencionadas taxas. Ademais o Concello pedirá fianzas (algo que xa ven facendo de forma ilegal) que poden chegar a ser desorbitadas como as de responsabilidade civil. Neste momento o Concello xa pide, de forma ilegal, fianzas de 600€ para a colocación dunha pancarta e 400€ para exhibir unha película ao ar libre. Por último, e se os medios económicos non foran suficientes para disuadir a calquera organización de realizar algunha actividade na vía pública de Compostela, os permisos outorgaran-se en precario, podendo o Concello anulalo en calquera momento.

En resumo, si unha organización xuvenil quere organizar unha concentración con recollida de sinaturas na vía pública terá que pagar unha taxa por solicitar o permiso no concello, outra taxa para a colocación da mesa ou calquera soporte divulgativo, outra taxas por enchufar o equipo de son co que ler o manifesto na concentración; ademais deberá aboar unha fianza discrecional por parte do Concello. Si consegue facerse cos medios económicos necesarios para cumprir con todos os requisitos descritos, ademais de realizar todas os trámites formais de forma correcta e que o Concello conteste (sendo habitual que non conteste) conseguirá unha autorización EN PRECARIO que poderá ser anulada en calquera momento polo Concello.

É evidente que a ordenanza ten obxectivo de fondo de limitar os dereitos fundamentais antes mencionados e polo tanto non pode ser aplicada.

Asina en: http://www.change.org/petitions/alcalde-de-compostela-non-ilegalices-as-actividades-sociais-na-v%C3%ADa-p%C3%BAblica
Colabora co MpDC:
Envía este mail aos teus contactos e anímaos a cubrir a ficha para recibir información do MpDC

Enviado por:
Movemento polos Dereitos Civís
-mpdc@movemento.org-
4 de junho de 2012 08:53
_____________

Programa 99 d'O Recuncho en Rádio Filispim, no 93.9 da FM e a través de internet, este Martes 5 de Xuño


SÓ QUEDA UNHA SEMANA PARA CUMPRIR OS 100 PROGRAMAS, PARABÉNS PARA AS COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS QUE REALIZAN 'O RECUNCHO' E A FUCO BUXÁN A.C. POLA SÚA CONTRIBUCIÓN COAS ONDAS LIBRES E COMUNITARIAS DE FERROL TERRA DE TRASANCOS E BEZOUCOS


Este Martes 5 de Xuño de 2012, de 18:30 a 19:30 horas, no 93.9 da FM: "O Recuncho" nº 99, o programa semanal da A. C. Fuco Buxán en Rádio Filispim.

No 93.9 da FM Ràdio FilispiM, ou en internet no Blogue do Colectivo Opaii!  [ou neste mesmo sitio de Ártabra 21].

Cos seguintes contidos:
  • Convidados: Lucía Vizoso, directiva de Fuco Buxán, para falar do Día Mundial do Medio Ambiente, e Carlos Varela, presidente de Lazos pro solidariedade, que comentará os problemas que está a pasar esta Asociación.
  •  O “Espertar da Razón” de José Torregrosa: “Miel de naranjas”.
  •  “Os libros recomendados” de Víctor G. Novás.
  • Na “Sección Poética”: Antón Avilés de Taramancos.
  • Novas e comunicados, por Fernando Ocampo.
  • Música: Luar na Lubre.
Todos os programas en : http://recunchofuco.blogspot.com

Teléfono para participar en directo: 981371040

E-mail: opafuco@gmail.com
--
"O recuncho", o programa da asociación cultural Fuco Buxán
en Radio FilispiM, 93.9 FM

fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es


Enviado por:
O Recuncho
-opafuco@gmail.com-
4 de junho de 2012 00:25
__________________

Enlace co Colectivo Opaii promotor de Rádio Filispim:
http://opaii.blogspot.com/
_______________________________

sábado, xuño 02, 2012

A Delegada do Goberno en Madrid entrevistada en TV1 - Comisión Legal Sol Desmontando Mentiras - Vídeo


Comisión Legal Sol Desmontando Mentiras

A Delegada do Goberno en Madrid, Cristina Cifuentes, entrevistada en TV1 por Ana Pastor, non tivo reparos en dicir mentira tras mentira ante a evidencia dos feitos que desmontaban as súas falsas e manipuladoras afirmacións.

Estamos pagados por alguén? | Os antidisturbios comportáronse exemplarmente? | As acampadas son ilegais?


http://youtu.be/jGZ5VE3zbMM

Publicado en 01.06.2012 por spanishrevolutionsol

Enviado por:spanishrevolutionsol

2 de junho de 2012 01:45
______________

#iaioflautasPaRato. Os Iaioflautas ocupan Bankia (Barcelona) - Vídeo



O movimento #iaioflauta en acción

Os activistas máis veteranos do 15-M, ocuparon de forma sincronizada cinco sedes de Bankia . Con esta acción simbólica e pacífica esixiron unha banca "ao servizo do 99%", que se xulgue a Rodrigo Rato e apostaron polo 'Plan de Rescate Cidadán'
.

1 de xuño de 2012, 11 da mañá. En 5 cidades do Reino de España, o movemento iaioflautas ocupa, de forma simultánea, diversas oficinas de Bankia, co fin de chamar a atención da sociedade sobre a estafa dun banco creado polo estallido da burbulla inmobiliaria e levado a creba polo exministro e expresidente do FMI, Rodrigo Rato. Os iaioflautas rexeitan o rescate de Bankia con diñeiro público mentres se recorta en educación e sanidade e piden que Rato sexa xulgado, ademais da creación dunha banca pública para o 99%.


http://youtu.be/cusUzXSPQZY

Unha reportaxe de Oscar Martínez (twitter: @racos1871). Licenza Creative Commons (reutilización permitida) .

Publicado en 01/06/2012 por

Enlace de interese:

http://www.iaioflautas.org/

Enviado por:
Oscar Martínez
1 de junho de 2012 23:03

___________________

A cuarta Acción Obreira "Pola readmisión de Alberto, en defensa do Dereito a Folga e da Liberdade Sindical", tivo lugar en Mercadona de San Valentín, no concello de Fene - Fotos e enlaces


As mobilizacións contra a represión antisindical en Mercadona, pola readmisión de Alberto e polo dereito á Folga, seguen tendo forza e conciencia. Foron moitas as traballadoras e traballadores que secundaron a acción obreira deste xoves día 31 de Maio, no Hiper de San Valentín (Antiga barriada de vivendas de ASTANO), no concello de Fene. Antes das 7 da Tarde comezaron-se a concentrar diante do Hiper de San Valentín, moitas persoas. Bandeiras, petos, octavillas, volantinas, berros, proclamas, "A Solución, Alberto Readmisión". Desta vez custodiando o Hiper estaba a Guardia Civil, sen intervir en ningún momento, máis tamén efectivos de vixilancia privada e o seu "Jefe" tomando fotos e vídeos. Varios responsábeis de zona de Mercadona tamén estiveron presentes, pasando información telefónica a outros responsábeis de maior rango na xerarquía institucional da súa corporación empresarial. Para nós é moi importante que se enteren en Valencia e Madrid do que aquí pasa. Despois das mobilizacións no Hiper de Mercadona d'A Gándara os pasados 4, 12 e 15 de Maio, para esixir a readmisión de Alberto, esta foi a cuarta, nunha nova táctica de levar a protesta a todos os hipers que ten Mercadona na Comarca (Canido, Freixeiro, A Gándara e San Valentín). Foi a Unión Comarcal de CCOO, co apoio doutros colectivos sociais e un timorato apoio do resto das centrais sindicais, as que convocaron a acción obreira. Aínda que as mobilizacións son moi importantes e amosan unha grande conciencia obreira e solidaria, combativas e decididas, para conseguir os obxectivos necesitamos vencer á burocracia sindical nas respectivas centrais. A unidade sindical é moi necesaria, non podemos perder esta oportunidade. Son moitas as cousas que están en xogo nesta loita, é por iso de moita importancia a mobilización e a resposta unitaria, non permitamos que Mercadona impoña a súa política antisindical, respostesmos con unidade e loita.

A loita continua: Pola readmisión de Alberto, en defensa do Dereito a Folga, en Defensa da Liberdade Sindical, pola Unidade Sindical contra o Capital !


Para quen chegue de novo a esta noticia, lembrar que tras a Folga Xeral do 29M, foi represaliado o compañeiro Alberto que se atreveu a exercer o dereito á folga. A empresa nunha actitude represora despediu ao compañeiro, conculcando deste xeito un dereito fundamental á liberdade sindical. Para máis información ver os enlaces relacionados.
Fotos: Susete'70 e Ártabra 21.

Enlaces relacionados
:

Ártabra 21: Nova concentración en Mercadona, desta vez en San Valentín-Fene, pola readmisión de Alberto, pola liberdade sindical - Hoxe Xoves 31 de Maio

Ártabra 21: Terceira Acción Obreira "Pola readmisión de Alberto, en defensa do Dereito a Folga e da Liberdade Sindical", tivo lugar en Mercadona d'A Gándara, en Narón - Vídeos e Fotos

Ártabra 21: Nova acción obreira contra Mercadona "pola liberdade sindical - non aos despidos" - 12 de Maio de 2012

Ártabra 21: A #PrimaveraGlobal en Ferrol e a Loita polos Dereitos Fundamentais en Mercadona

Ártabra 21: O Colectivo Ártabra 21 denuncia represalias laborais en Mercadona contra traballadores e traballadoras que exerceron o dereito a Folga o pasado 29M - Solidariedade coas traballadoras e traballadores despedidos
_____________

Fene: Un acordo tácito entre PP e PSOE permite a aprobación do orzamento - BNG: "O PP de Fene prioriza o pago aos bancos fronte á creación de emprego coa axuda do PSOE"

O PP de Fene prioriza o pago aos bancos fronte á creación de emprego coa axuda do PSOE
Un acordo tácito entre PP e PSOE permite a aprobación do orzamento

O goberno local de Fene, dirixido polo popular Gumersindo Galego, aprobou o orzamento para 2012 no pleno do pasado xoves 31. O BNG e IU, con seis votos en contra, fixaron a súa posición como moi crítica coas contas peresentadas polo PP, que avanzaron grazas á abstención do PSOE, quen unha vez máis, lle permite sacar adiante o segundo orzamento municipal ao PP.

O orzamento de Fene, igual que o do resto dos concellos, está moi afectado polas imposicións e improvisacións do goberno do estado en materia económica. As normas impostas polo PP a nivel estatal dificultan moito facer cousas, pero o PP de Fene, vai máis alá do imposto. Por exemplo, pediu obrigado polo estado un crédito ao ICO a un 6,5% en novembro, para pagar facturas da  época de goberno socialista de plena precampaña de 2011. Pois no orzamento de 2012, o PP inclúe unha amortización adicional de 124.000 que non tiñan por que pagar ata 2013. Con esta partida poderíanse ter creado 4 przas de peón so servizo de recollida do lixo durante un ano.

Canto á estructura do orzamento, vense reducidos os investimentos, a pesar de que se incrementan os ingresos en 450.000 pola subida do IBI nun 6%, e  polo incremento das Participacions do estado. Prevese investir uns 500.000 euros, case todo comprometido de Plans de Obras de anos anteriores, que supoñen o orzamento máis baixo para obras dos últimos 15 anos.

En canto aos  gastos, redúcese o gasto de persoal, amortizanse 5 postos  de traballo e incrementan o gasto corrente no Cap. II, que son empresas e servizos subcontratados. Existe un incremento moi importante do gasto financieiro para o pago de intereses e capital dos prestamos que ten pedido o concello.

O orzamento non foi contrastado co movemento asociativo, e consigna subvencions nominativas para actos concretos sen falar coas entidades subvencionadas.

Recortes en servizos sociais

Ademais, o Concelleiro de Facenda minte cando di que amplía a partida de dependencia, cando na realidade, a Xunta de Galiza ten bloqueadas as altas no servizo atención á dependencia e o único que fan e recoller o que se fixo en 2011, que é o que subvenciona a Xunta neste programa.

A posicion do BNG é  en contra porque apostamos pola creacion de emprego, a formacion, a promoción económica e o reforzo dos servizos sociais, moi lonxe do proxecto popular.

Acordo tácito PP-PSOE

Ao igual que sucedera no exercicio anterior, o PP e o PSOE teñen un acordo tácito. O PSOE permite a aprobación do orzamento do PP e este soluciona varios problemas herdados do PSOE, como por exemplo, o Concurso de tapas do ano pasado ou o proxecto da rede WIFI, que están sen pagar  e figuran neste orzamento.

Fene, 1 de xuño de 2012

Web BNG Ferrolterra:

http://www.bng-galiza.org/opencms/opencms/BNG/ferrolterra/seccions/portada






Enviado por:
Novas BNG Comarca Ferrolterra
-sedenacional@bng-galiza.org-
2 de junho de 2012 03:03

______________

venres, xuño 01, 2012

O movimento social e veciñal opositor a dilapidar centos de miles de euros na Praza de España reúnese hoxe en Esteiro



En réxime de autoconvocatoria un sector importante do movimento veciñal e social da cidade, reúnese hoxe, 1 de xuño, ás 7 da tarde, nos locais da Asociación Veciñal de Esteiro, para preparar a vindeira xuntanza que vai ter lugar co Alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, o vindeiro venres 8 de Xuño, para manifestar-lle os porqués do non ao proxecto do "Pumon Park" na Praza de España -Antiga Praza da Porta Nova.

As organizacións sociais e veciñais opoñen-mo-nos a que o goberno dereitista do PP que goberna o concello de Ferrol, continúe lapidando máis diñeiro na Praza de España, logo de que se levan gastado máis de 17 millóns de euros, dos que corresponde máis de 7 en indenizacións á empresa ABECONSA, tristemente celebre pola desfeita de tunel que fixo por debaixo da Praza. Unha cousa é que se fagan os traballos pendentes de acondicionamento da Praza e remate da fonte e outra gastar a maiores máis de 700.000 euros en volver a levantar o solo da Praza.

Na foto un detalle da Asemblea Cidadá que se realizou o 27 de Marzo.

Enlaces relacionados:

Ártabra 21: A Asemblea da Cidadanía opon-se a que se dilapiden case 800.000 euros máis no "Pulmón Park" de José Manuel Rey - A "Praza de España" nestes case 10 anos de obras interminabeis xa leva consumido máis de 17 millóns de euros

Ártabra 21: Hoxe martes 27 de Marzo, está convocada unha Asemblea Cidadá para debater e decicir sobre un novo proxecto do goberno municipal para a Praza de España

Ártabra 21: Queren privatizar organismos públicos e enterrar 800.000 euros na Praza de España - Comunicado da Asociación Veciñal de Esteiro

Ártabra 21: Posicionamento da Asociación Veciñal de Esteiro sobre o Proxecto municipal para a Praza de España -antiga Praza da Porta Nova

Ártabra 21: EU sobre a Praza de España e negociaicón orzamentaria
________________

Reflexións, ... Por Carlos Taibo - Vídeo

Carlos Taibo, profesor de Ciencia Política e Administración da Universidade Autónoma de Madrid, reflexiona sobre o engano en canto ás saídas da crise, o medo como ferramenta de manipulación, a complicidade dos medios de comunicación, o decrecimento e a única alternativa posible; a toma de conciencia e o cambio de valores.

Máis información en:


Enviado por:
ATTAC.TV
-attactv@gmail.com
29 de maio de 2012 20:19
________________

Asemblea Sen Papeis Ferrol - Hoxe venres 1 de Xuño


Nova Asamblea do Colectivo Sen Papeis - Ferrol, hoxe venres 1 de Xuño, ás 5 da tarde no local da Asociación Lazos Pro Solidariedade.

Rúa Dr. Fleming 8-10 Bajo
15401 Ferrol

Teléfonos: 981350777 - 698147975

Proposta dos temas a tratar:
  • Mellora na comunicación e elaboración dun documento cos nosos obxectivos para a súa posterior difusión
  • Actuacións a curto-medio prazo dirixidas ao emprego de poboación inmigrante
  • Festa Intercultural para a autogestión do colectivo
  • Outros puntos

A Asamblea é aberta a todo/a aquel/a que desexe participar e comprometerse
_________________

O Xestor Técnico do Sistema Gasístico formula a necesidade de apagar a Planta de Gas de Reganosa entre 8 e 12 horas diarias durante este mes de Xuño de 2012

Apagón parcial en Reganosa

Dado que o promedio das programacións dos usuarios de Reganosa non alcanzan o mínimo técnico da Planta, o Xestor Técnico do Sistema Gasístico plantexa a necesidade de apagar a Planta entre 8 e 12 horas diarias durante o mes de xuño.

Outra confirmación máis do que o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol mantén desde sempre: Que Reganosa ademais de perigosa, é innecesaria, non ten demanda pese a manter pechado –no seu beneficio– o gasoducto de Tui, e responde tan só aos intereses especulativos dos seus promotores.

Estase a manter, esta Planta, a costa das subvencións estatais pagadas por toda a cidadanía en beneficio duns poucos.

--

Blog solidario coa veciñanza de Meá
Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org


Enviado por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
1 de junho de 2012 11:32

_______________

xoves, maio 31, 2012

Este sábado 2 de Xuño, Festa do PCG en Caranza - Programa - Mesa Redonda: Sari Alabau, Waldino Varela e Rafael Pillado a 40 anos das folgas do 72


Este sábado 2 de Xuño, Festa do PCG en Caranza.

O paseo marítimo de Caranza de Festa Vermella.

Haberá diversas mesas redondas, sobre o futuro do sindicalismo de clase, os retos da esquerda alternativa, xantar popular, exposición sobre Mercedes Nuñez, mitín, ... e un festival onde entre outros grupos actuará o popular grupo de Ferrol "La sentina".

Dentro desta Festa teremos un moi interesante acto ás 12 do mediodía, onde interviran os dirixentes históricos daquel 72 Obreiro.

MESA REDONDA: 40 ANOS DAS FOLGAS DO 72


Para esta mesa contaremos coa participación de dous figuras esenciais para entender o sindicalismo de clase deste país e os propios sucesos do 72, o camarada Waldino Varela, fundador das CCOO en Vulcano en Vigo e primeiro secretario provincial deste sindicato en Pontevedra.




Igualmente estará Rafael Pillado, ex-secretario xeral do PCG, detido no proceso coñecido como o dos "23 de Ferrol" e figura esencial do desenvolvemento folguistico nesta cidade.


Presentará o acto Sari Alabau Albors, ex-concelleira do PCG e EU en Ferrol e procesada tamén no PROCESO DOS 23 en 1972.

http://www.pcgalicia.org/imaxes/PROGRAMA%20FESTA%20PCG%20TRAZADO.pdf

Máis información en:

http://www.afestadopcg.blogspot.com.es/

Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
29 de maio de 2012 23:36

____________

Moi interesante entrevista en "Voces de Ferrol" - A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública en rolda de prensa - Audio - Chamamento á participación na Manifestación do Domingo 3 de Xuño en Compostela - Autobuses

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol celebraou unha Rolda de Prensa o pasado martes día 29 de Maio pasadas as once e media da mañá na Galería Sargadelos de Ferrol onde unha amplia representación, no nome de 46 entidades que a conforma, fixo un balance da Campaña de recollida de Sinaturas a prol da Iniciativa Lexislativa Popular na comarca de Ferrol, onde se recollerom máis de 8.300 asinaturas; falou-se da situación da Área Sanitaria e se presentou a Manifestación convocada por SOS Sanidade Pública, da que esta plataforma de Ferrol formamos parte, que se vai celebrar o domingo día 3 de xuño ás 12 horas desde a Alameda de Santiago de Compostela.


Para desplazar-se a Compostela haberá servizo de autobuses con saída do Monumento ao 10 de Marzo no Pilar ás 10 da mañá, parando en Caranza e Fene . O prezo son 7 euros e cada entidade debe anotar ás persoas que van a ir e trasladarllo a Luís: 654782028 ou Ana: 647938026 antes do venres ás 12 do mediodía.

A rolda de prensa no Diario de Ferrol:

A Plataforma da sanidade denuncia o peche de dúas plantas hospitalarias de xuño a outubro.

***

Entrevista moi interesante e un bon argumentario para concienciar e mobilizar.

O xoves, 31 de Maio, unha moi boa entrevista de 26 minutos no programa "Voces de Ferrol", presentado por Maria Meizoso Dopico, estiveron presentes Ana Arto e Elena Casal en representación da Plataforma:

Ir a descargar

______________

Yolanda Díaz reclama outra actitude do Alcalde que, co seu comportamento de hoxe, non semella crible á hora de apoiar as demandas da plantilla de Navantia.

A presidencia da SEPI ten hoxe outra oportunidade, na comparecencia forzada por EU no congreso, para rectificar e anunciar que sí se vai contruúr o dique flotante.

O Grupo Municipal de Esquerda Unida  denuncia o comportamento da alcaldía de Ferrol, que coa súa intransixencia e desdén pola masiva mobilización das traballadoras e traballadores de Navantia  acaecida no trancurso da mañán de hoxe, fura aínda máis na feble credibilidade da alcaldía desta cidade para defender os intereses xerais de Ferrol, que son coincidentes cos das reivindicacións da plantilla dos estaleiros públicos de Ferrolterra.   Tan unánime é o apoio ao naval público na nosa cidade que na pasada Folga Xeral, o pequeno comercio sumouse diante da situación excepcionalmente grave que atravesa o sector, sen que haxa resolución efectiva algunha dos gobernos do PP en Madrid e Compostela.

Yolanda Díaz reclámalle outra actitude ao alcalde, quen de dicirlle e reclamarlle aos seus correlixionarios de Madrid que basta xa de palabras baleiras  e que adiante cos compromisos e a carga de traballo que reclama con firmeza a plantilla e toda a cidade.  “Con palabras baleiras non comen os máis de mil despedidos na industria auxiliar nestes meses; con elas non ten arranxo a explosión de paro que previsiblemente se producirá en agosto”, sinala a Voceira do Grupo Municipal de EU. O alcalde ten que deixar de agocharse e encabezar unha reivindicación tan firme que vencelle o seu mantemento na alcaldía a resolución positiva das demandas formuladas polas traballadoras e traballadores. O que nos xogamos semella dunha magnitude tal (un sector naval público estratéxico para a vida de Ferrolterra) que autoriza esa relación.

Esquerda Unida lémbralle ao PP e a opinión pública, que a SEPI ten hoxe unha magnífica oportunidade para rectificar a súa culpable inacción: na comparecencia  do seu presidente, hoxe pola tarde no Congreso, comparecencia forzada por EU,  ten a potestade de RECTIFICAR e anunciar a construción do dique flotante.

O Grupo Municipal quere amosar a súa solidariedade e apoio á nova mobilización convocada polos sindicatos de clase para o domingo, 10 de xuño, coa tripla demanda de :
  • Carga de traballo xa.
  • Construción do dique flotante.
  • Eliminación de todas as limitacións á construción naval pública nos estaleiros da nosa ría.
A loita unitaria das traballadoras e traballadores en unión a unha cidadanía que sabe o moito que se xoga Ferrol nesta reivindicación pode gañar a batalla ao PP e preservar e ampliar a importancia que o sector naval público ten para a nosa terra. EU vai sumar os seus humildes esforzos nesa tarefa.

Ferrol,  mércores 30 de maio  de 2012

INFORMACIÓNS do Grupo Municipal de EU Ferrol

Esquerda Unida - Ferrol
Rúa do Sol 124 entrechán esquerda, Ferrol

eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
eu-ferrolcomarca@esquerdaunida.org

facebook
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html
http://www.esquerdaunida.org/


Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
30 de maio de 2012 15:28

Prezadas/os amigas/os: envimaos un INFORMACIÓNS do Grupo na defensa das reivindicacións das traballadoras e tralladores de Navantia, que son coincidentes co interese xeral desta comarca e do noso país. Saúdos, amiro Marier

_______________

Xosé Manuel Beiras hoxe en Ferrol, para presentar unha nova proposta política da esquerda nacionalista - Mesa redonda organizada pola Asemblea Nacionalista de Ferrolterra no Centro Cívico e Cultural Carvalho Calero do Inferniño

Dentro dun marco máis amplo, onde participarán tamén o ex-Alcade de Fene, Xosé María Rivera Arnoso e o representante de Máis Galiza, Xoán Bascuas, na presentación da Asemblea Nacionalista de Ferrol, participará hoxe en Ferrol, o dirixente histórico do nacionalismo de esquerdas Xosé Manuel Beiras Torrado, economista, analista político e escritor, cofundador e membro destacado do Encontro Irmandiño. Onde presentara a proposta política política que defende logo de saír do BNG.

Xosé Manuel Beiras, co Encontro Irmandiño, propón un proceso incluínte, en relación co debate que se está desenvolvendo no chamado novo proceso común, onde pouco a pouco van-se tomando posición ideolóxicas e organizativas, non exentas de tensións.

 Uns (Acción Galega, +Galiza e Ecogaleguistas) formulan un acordo polas cúpulas (CompromisoXGalicia) e a constitución xa dunha marca eleitoral.

O Encontro Irmandiño propón un proceso de construción que debe ser de abaixo cara arriba para facer algo novo, participado e útil. Fala de que "Non podemos caer en vellos modos substituíndo a participación directa da cidadanía".

"Neste sentido o Encontro Irmandiño propuxo aos outros grupos a implicación de todos eles nun esforzo de participación coas militancias respectivas na construción deste novo referente político pola base, integrándose a título individual nas asembleas que en número de máis de 25 xa están constituídas ao longo e ancho do País".

Din que están convencidos de que nin eles mesmos, xunto aos grupos antes mencionados -que xa chegaron a un acordo de bases políticas e programáticas, nin con todos os outros grupos que se teñen manifestado a prol do NPC, representan "a toda a cidadanía disposta a participar na súa construción" e porque non poden aceptar "acordos excluíntes" é polo que afirman que deben ser "as asembleas, onde cada persoa ten un voto, o mellor espazo para dialogar e acordar, aínda desde puntos de partida diferentes", o que lles une "que non é outra cousa que a defensa da nosa nación e dos dereitos e benestar da súa cidadanía".

O Encontro Irmandiño, cando falou co resto das organizacións interesadas no proceso aberto, convidou a "agardar que se formulen dende as asembleas propostas de definición e de programas para que o proceso sexa de baixo cara arriba e a iniciativa sexa dos cidadáns e non dunha cúpula excluínte de partidos". O Encontro Irmandiño parte de que o novo referente para a sociedade galega, sexa nacionalista e co centro de gravedade na esquerda.

Hoxe Xoves 31 de Maio, ás 19:30 horas no Centro Cultural Carvalho Calero na Praza de Inferniño - Acto público e aberto a toda a Cidadanía, convocado pola ANF - Asemblea Nacionalista de Ferrolterra -anferrolterrra@gmail.com- tamén no twiter e no facebook.



Enviado por:
inaciogz
inaciogz@gmail.com

31 de maio de 2012 12:25
_________

Nova concentración en Mercadona, desta vez en San Valentín-Fene, pola readmisión de Alberto, pola liberdade sindical - Hoxe Xoves 31 de Maio


Seguen as mobilizacións contra a represión antisindical en Mercadona, pola readmisión de Alberto, polo dereito á Folga.

Tras a Folga Xeral do 29M, foi represaliado o compañeiro Alberto que se atreveu a exercer o dereito á folga. A empresa nunha actitude represora despediu ao compañeiro, conculcando deste xeito un dereito fundamental á liberdade sindical. A loita pola readmisión de Alberto tamén é unha loita contra a burocracia sindical, contra o pactismo, contra o sectarismo, contra as actitudes que poñen por diante o burocratismo sindical, antes que a unidade de clase contra o Capital.

Son moitas as cousas que están en xogo nesta loita, é por iso de moita importancia a mobilización e a resposta unitaria, non permitamos que Mercadona impoña a súa política antisindical, respostemos como unha piña.

Despois das mobilizacións no Hiper de Mercadona d'A Gándara os pasados 4, 12 e 15 de Maio para esixir a readmisión de Alberto, as centrais sindicais, co apoio doutros colectivos sociais, convocan unha nova concentración para este xoves día 31 de Maio, mais desta vez a Concentración terá lugar no Hiper de San Valentín (Antiga barriada de vivendas de ASTANO), no concello de Fene. A cita ás 7 da Tarde.

A loita continua: Pola readmisión de Alberto, en defensa do Dereito a Folga, en Defensa da da Liberdade Sindical, pola Unidade Sindical contra o Capital !

Enlace relacionado:

Ártabra 21: Terceira Acción Obreira "Pola readmisión de Alberto, en defensa do Dereito a Folga e da Liberdade Sindical", tivo lugar en Mercadona d'A Gándara, en Narón - Vídeos e Fotos: Unidade Sindical contra o Capital !
________________