sábado, abril 14, 2012

Chapuza, mentira e traizón, ... Por Juan Torres López

Por Juan Torres López [*]
14.04.2012


A ninguén lle pode estrañar que o Presidente do Goberno, Mariano Rajoy, saíse pola porta do garaxe do Senado para non ter que dar contas aos medios de comunicación das últimas medidas económicas que adoptou e concretamente do recorte adicional de 10.000 millóns de euros en educación e sanidade. Non estraña porque até o truán máis descarado sentiría vergonza si tivese que xustificar unha chapuza tan grande, unha mentira tan evidente e unha traizón aos intereses do Estado tan covarde.

É unha chapuza monumental que unha semana logo de presentar os Orzamentos Xerais do Estado, e logo de negar pola mañá que se iría nesa dirección (por non falar das promesas que se lanzaban cando se trataba de criticar ao anterior goberno) anúnciese un xigantesco recorte presupostario adicional en sanidade e educación.

Si transcorresen uns meses quizá se podería argumentar que se trata dun cambio de conxuntura, dunha necesidade adicional, MAIS

Como xustificar unha rectificación tan grande cando case se pode contar en horas o tempo transcorrido desde a presentación das contas do Estado?

Como pode seguir no seu posto sen morrerse da vergonza e dimitir un Ministro de Facenda que preparou nin máis nin menos que os Orzamentos Xerais do Estado con semellante falta de perspectiva e de rigor?

Que se pode esperar dun Executivo que actúa cunha estratexia tan errada, cunha percepción tan alicorta das necesidades da economía e a sociedade española?

Como se pode soster un Goberno que dunha semana a outra considera que a educación e a sanidade española necesitan 10.000 millóns de euros menos?

Salvo, está claro, que ese Goberno non se estexa pensando no que necesita o Estado e a poboación á que serve, senón o que lle esixen intereses estranxeiros ou particulares que actúan á sombra até dos propios axentes que, polo que se ve, manteñen nese Consello de Ministros.

O anuncio do recorte responde tamén a unha mentira que é bastante fácil descubrir.

Reducir os orzamentos de educación e sanidade nesa cifra tan extraordinaria non vai contribuír decisivamente a reducir o déficit público.

Ducias de estudos empíricos demostraron que unha diminución do gasto público supón unha caída practicamente inmediata e moi importante do Produto Interior Bruto, cuxa magnitude depende do tipo de economía e das partidas concretas en que se materialice pero que no caso español e dándose en materia de educación e saúde podería ser de entre o 60 e o 75 ou 80%. Tamén sabemos que ao caer o PIB diminúe loxicamente a recadación impositiva porque hai menos actividade económica, menos beneficios, menos soldos e menos transaccións que gravar. A magnitude final desta diminución tamén depende de diversas circunstancias (da estrutura impositiva, do peso dos impostos no PIB) pero non sería esaxerado dicir que nun país como España a disminución do PIB producida por un recorte de 10.000 millóns de euros no gasto en sanidade e educación podería supoñer unha diminución de máis de 4.000 millóns nos ingresos fiscais do Estado. E non só iso, senón que ao aumentar o desemprego, aumentarán os subsidios do paro e posiblemente outras transferencias ás familias, nunha cantidade máis difícil de estimar pero que seguramente non fose inferior a 1.000 ou 1.500 millóns de euros.

É verdade que, ao diminuír a provisión pública de servizos de educación e saúde que conleva ese recorte, unha determinada porcentaxe da poboación optaría por adquirilos no sector privado, de modo que o efecto que acabo de sinalar, vería-se compensado, aínda que é evidente que non sería realista pensar que o fixese na mesma magnitude. En definitiva, e deixando separadamente o efecto distributivo e a connotación ética que sen dúbida tería o recorte, o certo é que o seu efecto final sobre o déficit é bastante máis reducido do que pretende alcanzar o goberno. Digamos que aínda que é boa noticia para os provedores privados de servizos educativos e sanitarios, é unha medida que seguirá sendo insuficiente para os especuladores que o que están facendo é apostar con vantaxe e a tiro fixo sobre o feito evidente de que con estas políticas de austeridade (e con formas de actuar como as do Partido Popular na oposición e no goberno) non se vai a poder reducir decisivamente o déficit público español.

E é precisamente esta última circunstancia a que me leva a unha consideración final, pero que non é a menos importante. A actuación do goberno paréceme que supón unha auténtica traizón ao Estado ao que debería defender. Para que diaños serve que nos gastemos miles de millóns de euros no Ministerio de Defensa si resulta que os verdadeiros ataques que sofre a nosa poboación non veñen de forzas militares senón dos mercados, e os nosos gobernos, en lugar de facerlles fronte para defendela, se pregan ante eles de xeito tan covarde?

Poderíase argumentar con razón que recorremos aos mercados para financiar os nosos gastos (e até que algúns destes foron innecesarios e inxustificables e que a nosa economía necesita reformas profundas para evitar que se repitan no futuro) e que é lóxico que os mercados sexan os que impoñan entón as súas condicións MAIS
Aceptaremos sen máis que os grupos financeiros que dominan os mercados nos manipulen para alzar artificialmente o prezo da débeda ou que impoñan os dereitos que poidan ou non gozar os nosos cidadáns e as medidas de política económica que adoptará o noso goberno?

Non xeraron así unha débeda odiosa e ilexítima á que temos o dereito de repudiar?

Non teñen os nosos gobernos o deber moral e político de denunciar o que está ocorrendo, de reclamar ás autoridades europeas que igualmente a condenen e a repudien, en lugar de limitarse a aceptar os ditados dos terroristas financeiros?

Debemos limitarnos sen máis a pertencer a un club que permite que iso suceda, que nos arruína e que institucionaliza o saqueo das arcas públicas polos bancos e os especuladores privados, como sucede cando se permite que o Banco Central Europeo practicamente regale aos bancos todo o diñeiro que queiran para que resolvan os seus quebrantos patrimoniais especulando e comprando débeda dos gobernos deixando sen financiamento ás economía, en lugar de que o proporcionen aos Estados e estes garantan o funcionamento normal das empresas e da economía no seu conxunto? As enciclopedias e dicionarios din que traizoar á Patria é colaborar ou asociarse con elementos non gratos ou inimigos defraudando así aos nacionais e prexudicando os seus intereses, non é evidente entón que a traizoa o Goberno que renuncia a defender a soberanía nacional e que dana aos seus cidadáns con tal de contentar a quen dominan os mercados?

Publicado en Sistema Digital o 12 de abril de 2012

[*] Juan Torres López, Granada -1954, Doutor en CC. Económicas e Empresariais, exerce na Universidade de Sevilla como catedrático de Economía Aplicada do Departamento de Teoría Económica e Economía Política. Escritor, investigador, analista de política económica e activista social. Manten unha páxina web "Ganas de Escribir" -www.juantorreslopez.com- e coordena a páxina web dedicada a información económica -www.altereconomia.org-

Enviado por:
juantorres@us.es
-juantorres@us.es-
1 de abril de 2012 10:01
_________________

venres, abril 13, 2012

O Encontro Irmandiño fai un chamamento a sociedade galega, e de Ferrolterra en especial, para que acuda a concentración que o domingo 15 de abril, ás 12 da mañá ten convocada a Plataforma para a defensa das Fragas do Eume

O Encontro Irmandiño fai un chamamento a sociedade galega, e de Ferrolterra en especial, para que acuda a concentración que o domingo 15 de abril, ás 12 da mañá ten convocada a Plataforma para a defensa das Fragas do Eume, fronte ao concello da Capela.

Queremos manifestar a nosa INDIGNACION, contra os lumes, e contra as políticas levadas a cabo dentro das Fragas, dende a creación mesma do Parque Natural.

Queremos polo tanto acompañar aos propietarios das Fragas, donos de mais do 90% das mesmas, para que se lles escoite nas súas demandas que teñen plantexadas dende a creación do Parque.

Ao mesmo tempo facemos nosa a táboa reivindicativa da Plataforma para a defensa das Fragas do Eume, salientado o escandaloso feito de que durante 3 kms, o río estea seco, e as distintas administracións dende hai 30 anos, miren para outro lado.

Xuntos todos queremos pedir a retirada da Lei de Montes en tramitación parlamentaria, por ser un arma en beneficio dos monopolios e primar o monocultivo do eucalipto na Galiza.

O Encontro Irmandiño acudirá a esta concentración, na defensa das Fragas do Eume, e levando no ánimo o anceio dos vellos galeguistas cal era a defensa da TERRA.

Galiza 12 de abril de 2012

Mario López Rico
Comisionado para a Comunicación
Encontro Irmandiño






Enviado por:
Xosé Manuel Pazo Blanco
-manolopazo@gmail.com-
13 de abril de 2012 03:49

_________________

Iniciativa parlamentar para tentar que o Goberno nomee a dirección de Navantia

INFORMACIÓNS  DO GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA

Ferrol,  venres 13 de abril  de 2012

ESQUERDA UNIDA LEVA UNHA INICIATIVA AO PARLAMENTO PARA  QUE O GOBERNO NOMEE AOS NOVOS RESPONSABLES PÚBLICOS DE NAVANTIA
A QUE AGARDAN, PREGUNTA JAVIER GALÁN, LOGO DE INCUMPRIR EN DÚAS OCASIÓNS O NOMEAMENTO E CANDO VAN  PRETO DUN MILLAR DE DESPEDIMENTOS EN FERROLTERRA

O Grupo Municipal de Esquerda Unida presenta unha iniciativa no Congreso dos Deputados para arrancar do Ministerio os novos nomeamos da direccións dos estaleiros públicos, en particular do Presidente do grupo Navantia.

Semella razoable que diante dunha situación laboral e social explosiva, o Goberno de Rajoy saia da parálise interesada e nomee aos interlocutores públicos  para dirixir Navantia. De non facelo e co saco dos orzamentos baleiros, Rajoy pode tentar pasar a historia da infamia tentando estrangular económicamente a Navantia.

A que agardan?, se pregunta Javier Galánque necesitan máis para nomear aos responsables públicos de Navantia, logo de incumprir en dúas ocasións o compromiso de designalos e cando van preto dun milleiro de despediementos en Ferrolterra das auxiliares de Bazán? “, sinala o edil de EU.

Esquerda Unida con esta iniciativa tenta axudar a clarexar os interlocutores inmediatos do grupo empresarial público que atravesa unha conxuntura decisiva. Os danos que xa se están a causar ás traballadoras e traballadores e ás súas familias cae no  ámbito das responsabilidades dun PP insensible ao drama social que se produce de cote.

Esquerda Unida - Ferrol
Rúa do Sol 124 entrechán esquerda, Ferrol

eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
eu-ferrolcomarca@esquerdaunida.org

facebook
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html
http://www.esquerdaunida.org/


Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
13 de abril de 2012 14:59
Prezadas/os amigas/os: achegamos un INFORMACIÓNS do Grupo sobre unha iniciativa parlamentar para tentar que o Goberno nomee a dirección de Navantia, en particular ao seu presidente. Saúdos, Ramiro Marier

___________________

Carlos Casanueva: A Revoluçom Bolivariana e a Luita Revolucionária em América Latina - Em Ferrol na Fundaçom Artábria o 25 de Abril

A próxima quarta-feira, 25 de abril, decorrerá na Fundaçom Artábria umha palestra ministrada por Carlos Casanueva, secretário-geral do Movimento Continental Bolivariano, e que levará por legenda "A revoluçom bolivariana e a luita revolucionária na América Latina".

A Fundaçom Artábria, como entidade internacionalista, quer dar a conhecer com esta palestra informaçom de primeira mao dos atuais processos revolucionários na Pátria Grande de Bolivar. O ato começará às 20.30hs.

Quem é Carlos Casanueva?

Nasceu em 1966 em Talca, no Chile.

Internacionalista, professor de História. Militante do Partido Comunista do Chile, fai parte na clandestinidade da resistência à ditadura de Pinochet entre 1984 e 1990.

Membro do Comité Central do PCCH durante o período 2006-2010 como parte da Comissom de Relaçons Internacionais. Foi secretário político do Comité Regional do PCCH na cidade de Arica, Chile, de 2006 a 2008 onde presidiu a Federaçom de Estudantes da Universidade de Tarapacá (FEUT).

Assesor da concelharia municipal de Arica entre 2006 e 2007 e diretor de meio ambiente em 2007.

Assessor da Presidência Alterna do Parlamento Latino Americano (PARLATINO), Caracas, Venezuela entre 2008 e 2010.

Professor de Geopolítica na Universidade Bolivariana da Venezuela em 2009 e 2010.

Coordenador Internacional dos Guardians Latino-americanos pola Defesa do meio ambiente do PARLATINO entre 2007 e 2010.

Atualmente é assessor no Municipio Girardot, Maracay, Estado de Aragua, Venezuela.

Tem participado em diversos foros, seminários e congressos na América Latina.

Forma parte da equipa de redaçom da revista Tiro al Blanco da República Dominicana e da Rosa blindada na Argentina.

Membro fundador em 2003 do Movimento Continental Bolivariano (MCB), atualmente exerce as funçons de secretário-geral.

--
A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia | Código de Identificaçom Fiscal (CIF):  G15645518 | Morada:  Travessa de Batalhons nº7   Esteiro | 15403 Ferrol - GALIZA | Telefone do Centro Social:  +34 981 35 29 86.
Sítio webda Fundaçom Artábria
http://www.artabria.net
Sítio web do festival da Terra e da Língua
http://www.artabria.net/festival


Enviado por:
Fundaçom Artábria
-artabria@artabria.net-
13 de abril de 2012 15:17

Juan Carlos Monedero fala sobre a Revolución Bolivariana - Vídeo


Juan Carlos Monedero, Doutor en Ciencias Políticas e Sociología, analiza a Revolución Bolivariana no marco do décimo aniversario do errado Golpe de Estado contra o Presidente de Venezuela, Hugo Chávez, en 2002.



http://youtu.be/SAeNcK7syIE
_______________

Miles de Traballadores e traballadoras do Naval saen á rúa para denunciar a situación dos estaleiros e esixir solucións - A CIG mobiliza-se unha vez máis contra a Reforma Laboral


Onte foi un día cargado de mobilizacións, a situación dos estaleiros de Navantia da Ría de Ferrol, foi a protagonista xunta as mobilizacións de miles de traballadores e traballadoras das factorías, tanto da empresa principal como de auxiliares. A falta de carga de traballo que se leva denunciando perante varios anos, agora xa é unha realidade a moi curto prazo, onte mesmo nas faixas que hai penduradas nas portas dos estaleiros contabilizaban-se máis de 800 despidos nos últimos meses - 220 no último mes. Estamos falando dunha Comarca onde o desemprego supera as 20.000 persoas, de cada cinco persoas que están capacitas e teñen actitude para traballar, unha figura no rexistro do servizo público de emprego como demandante.

Miles de persoas ocuparon a Praza do Concello, diante do Pazo Municipal que pechou as súas portas antes de que chegara a marea humana. Como a través da historia, as autoridades consideraron que tanto obreiro xunto e unido era un perigo. Un perigo para quen? Este día José Manuel Rey Varela e os seus do PP, consideraron que a Casa do Pobo, non era do Pobo, senón deles, por iso pecharon as portas e reforzaron a defensa das súas poltronas con considerábel forza policial.

Na Praza Pública, celebrouse a Asemblea Cidadá que estaba convocada polo Comité de Empresa, para explicar á cidadanía o que está pasando cos estaleiros. Tantos acordos parlamentares en Compostela e dos diferentes plenos dos concellos das comarcas, son papel mollado, a implicación institucional e política case nula. Os políticos do dereitista Partido Popular (PP), din unha cousa aquí e cando chegan a Madrid votan todo o contrario, mais que un compromiso, é unha traizón, unha venda. Tanta hipocrisía política tería-lles que pasar factura xa: Dimisión!, Dimisión!, debería figurar nas proclamas obreiras.

Pola tarde, estaba planificada unha reunión ampla con representantes políticos e alcaldes e concelleiros dos diferentes concellos das Comarcas que aínda que o Concello prevía realiza-la no Torrente Ballestes, os representantes sindicais acordaron que a xuntanza fora Tamén na Praza Pública deixando patente que as portas do pazo Municipal, a Casa do Pobo, estaba pechada para as traballadoras e traballadores do naval.

Os representantes sindicais de Navantia conseguiron arrincar aos alcaldes das comarcas o seu compromiso, para que en poucos días, se despracen, até Madrid, onde estarán eles, para esixir solucións á SEPI.

Enlace, para máis información nun moi interesante reportaxe de Montse Mayoral no Diario de Ferrol.

Fotos de Susete'70


Por outra banda milleiros de galegos e galegas volveron manifestar nas rúas do país a súa oposición á reforma laboral do Partido Popular. Coincidindo co debate das emendas á totalidade no Congreso dos Deputados, a CIG celebrou concentracións nas sete cidades de Galiza para esixir a súa retirada. A central denuncia que se trata dunha reforma pensada para facilitar o despedimento e favorecer a competitividade, pola vía de reducir salarios e rebaixar as condicións laborais substituíndo emprego fixo por precario, e considera que só coa mobilización se poden frear as políticas de recortes de dereitos laborais e sociais do PP. En Ferrol foron varios centos de traballadores e traballadoras que se concentraron na Praza do Concello, para rexeitar a Reforma Laboral do Capital Financeiro e Transnacional |Máis Info|.
______________

O IGE publica hoxe na súa páxina web os datos do Índice de prezos ao consumo (IPC) do mes de Marzo de 2012

O índice xeral de Galiza correspondente ao mes de marzo de 2012 creceu un 0,7% con respecto ao mes anterior, o mesmo que no conxunto do Estado. A suba dos prezos con respecto a marzo de 2011 foi do 2,0%, unha décima máis que no conxunto do Estado.

A variación interanual da inflación subxacente (índice xeral sen alimentos non elaborados nin produtos enerxéticos) foi dun 1,2%, unha décima menos que a rexistrada en febreiro e a mesma que a rexistrada a nivel estatal.

En termos de taxa interanual, son os grupos de “Transporte” (4,9%), “Alimentos e bebidas non alcohólicas” (2,4%) e “Vivenda” (3,8%), cunha achega de 1,7 puntos, os que repercuten máis positivamente na subida do 2,0% do índice xeral.

Cadro 1.- VARIACIÓNS PORCENTUAIS DO IPC XERAL

Sobre mes anteriorSobre mes anterior Acumulado no anoSobre ano anterior
IPC xeral Galiza0,7-0,72,0
IPC xeral España0,7-0,31,9
Fonte: INE. Índices de Precios de Consumo

Con respecto ao crecemento interanual do mes anterior (2,1%), o índice xeral diminuíu 0,17 puntos. O grupo de “Alimentos e bebidas non alcohólicas” foi o que máis contribuíu a este descenso.

Imforme completo en formato pdf

Servizo de Difusión e Información Estatística
Complexo Administrativo San Lázaro s/n
Instituto Galego de Estatística
15703 Santiago de Compostela
Telf: 981 541589 de 9 a 14 horas, Fax: 981 541323
contacto: http://www.ige.eu/web/peticioninfo.jsp?paxina=005006001&idioma=gl
web: http://www.ige.eu


Enviado polo:
IGE
-ige.novidades@ige.eu-
13 de abril de 2012 11:42
_

domingo, abril 08, 2012

Julio Anguita: 'Combates deste Tempo' - Vídeo


"A isto chamámolo democracia por unha convención lingüista pero é simplemente unha burla". Nesta entrevista, Julio Anguita fálanos da incompatibilidade do sistema actual coa idea verdadeira de democracia e fálanos de conceptos como a política, a corrupción, o decrecimento e as utopías.

Julio Anguita - Combates de este tiempo from ATTAC.TV on Vimeo.



Enviado por:
ATTAC.TV
-attactv@gmail.com-
8 de abril de 2012 20:18
____________________

Concentración en protesta pola entrada na Ría do LNG 'STX Frontier' para Reganosa - Fotos e Vídeo


Ante a entrada do buque gaseiro "LNG STX Frontier" na Ría, este Domingo 8 de Abril de 2012, cargado con miles de toneladas de gas natural licuado, para a ilegal e perigosa Planta de Gas de Reganosa, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol realizou unha acción de protesta e denuncia, cunha Concentración sonora, ás 7 da Tarde, en Ferrol, na Praza de Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.


http://youtu.be/LjH7AxOFIY8


Galería de Fotos de Susete'70

Información baseada na enviada por:

suso
-susopazos@yahoo.es-
8 de abril de 2012 21:02
_________________

Semana da República 2012, organizada pola asociación 'Memoria Histórica Democrática'



Memoria Histórica Democrática
Semana da República 2012

Actividades organizadas en colaboración co Concello de Narón

Cea da República, o 14 de abril no restaurante Giusseppe (A Gándara, Narón).

Como ven sendo habitual, a Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática promove a cea conmemorativa polo aniversario da proclamación da II República en Ferrolterra, motivo polo cal convidamos a todas as persoas, asociacións e colectivos que queiran participar na cea de fraternidade que terá lugar no restaurante Giusseppe na Gándara (Narón) - (Antiga “Casa Juanito”), celebraremos con tod@s @s que decidades acompañarnos ese día a CEA DA REPÚBLICA.

Este ano a cea de celebración inclúe unha actuación do actor Cándido Pazó que nos amenizará a velada cun monólogo humorístico.

Os vales para asistir á cea-actuación están á venda a través da A.C. Memoria Histórica Democrática (Bea ou Suso) ou no Pazo da Cultura de Narón.

Prezo: 25 euros, confirmación de asistencia antes do 12 de abril.

Para facer reservas poñerse en contacto no correo
memoriahistoricademocratica@gmail.com
Ou no telf 637 567 497

Avance de outras actividades

Mércores 18 de abril - Emisión do documental de Xosé Abad «O segredo da Frouxeira». Coloquio con Xosé Abad e Enrique Barrera.

Xoves 19 de abril - Homenaxe no cemiterio de San Mateo aos mariñeiros do vapor «Mar Cantábrico» enterrados na foxa común do camposanto.

Mércores, 25 de abril - Conferencia de Enrique Barrera no café-teatro sobre os veciños de Ferrolterra, Eume e Ortegal que estiveron nos campos nazis de exterminio.

Xoves 26 de abril - Conferencia no café-teatro (por determinar).

Organiza a Asociación Memoria Histórica Democrática


___________________

Accións de Esquerda Unida para evitar o peche do estabelecemento comercial chamado café-bar 'O Carballo' - Por outra banda, está formación política, informa que está elaborando as emendas para Ferrol aos orzamentos xerais do Estado, diante do 'orzamento provocación de Rajoy'

O Grupo Municipal de EU Ferrol, piden a reunión da comisión municipal para evitar desafiuzamentos e a intervención do Alcalde para evitar o desafiuzamento do pequeno estabelecemento comercial chamado café-bar 'O Carballo', apoiando as mobilizacións que se convocan pola plataforma para este vindeiro martes; doutra banda, informan que EU está a elaborar as emendas para Ferrol aos orzamentos xerais do Estado, diante do orzamento provocación de Rajoy.

INFORMACIÓNS DO GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA

Ferrol, sábado 7 de abril de 2011

O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA RECLAMA A MEDIACIÓN DO ALCALDE NO CASO DO DESAFIUZAMENTO DO PEQUENO NEGOCIO SITO NO  BARRIO DE  CARANZA
YOLANDA DÍAZ PIDE A REUNIÓN DA COMISIÓN PARA EVITAR DESAFIUZAMENTOS

O  Grupo Municipal de EU   quere manifestar de xeito público a necesidade de que o concello, pola mediación do propio alcalde, se involucre na resolución do caso de desafiuzamento que afecta a un pequeno negocio ( bar Carballo ) e a varios traballadores no barrio de Caranza. Semella necesario que alcaldía deixe de ser un espectador pasivo e se comprometa a actuar como noutras vilas e cidades do país se ten feito, caso de Cangas, e desta maneira contribúa a defender á veciñanza no mantemento dunha pequena actividade económica.

Hai un ano, o concello pronunciábase cunha moción plenaria a prol de aprobar un mecanismo que evitase a situación de desafiuzamentos que se estende como un regueiro de pólvora social na nosa comarca e cidade. O PP pronunciárase a favor de deter ese regueiro de desafiuzamentos: hoxe toca demostralo cunha actuación de mediación e mediante a convocatoria da comisión de seguimento destas situacións, que pode arbitrar unha solución de compromiso que garanta o non peche do estabelecemento sito no barrio de Caranza. Hoxe toca defender na práctica ese  apoio dado á moción presentada por EU entón.

Yolanda Díaz pide a reunión do instrumento municipal para mediar e evitar situacións dramáticas no eido social, caso deste desafiuzamento que a maiores se quere levar adiante contra un acordo verbal que a parte vén cumprindo con rigurosidade.

Esquerda Unida quere chamar a atención que hoxe temos a posibilidade de evitar un novo peche dun pequeno negocio, que suporá máis paro e depresión da actividade na nosa cidade, outrosí do peche doutro baixo comercial diante da inacción do Goberno Municipal.

Esquerda Unida apoia as primeiras mobilizacións da plataforma en defensa  dos traballadores do bar Carballo, que o martes concentrarase diante das oficinas do BBVA no Callao, na defensa dunha causa xusta, que EU non pode deixar de apoiar.

O inxusto comportamento da entidade bancaria BBVA semella non ter en conta os esforzos desenvolvidos para manter aberto un pequeno negocio que ten supón o posto de traballo de 4 persoas. Para Esquerda Unida o mantemento do emprego e o respecto a un acordo verbal coa entidade bancaria vale máis que tentar facer caixa contra varias persoas traballadoras, veciñas da nosa cidade.

* * *

EU TRABALLA NA PRESENTACIÓN DUN CONXUNTO DE EMENDAS QUE GARANTAN RECURSOS SUFICIENTES PARA ATENDER AS NECESIDADES PERENTORIAS DE FERROL
SANEAMENTO, SECTOR NAVAL, FERROCARRIL, PORTO EXTERIOR E VIVENDA CENTRAN A DEMANDA DE RECURSOS PÚBLICOS ESTATAIS PARA A NOSA CIDADANÍA

O Grupo Municipal de Esquerda Unida  está a traballar na elaboración dun completo programa de emendas que permitan acadar novos recursos públicos estatais para atender as necesidades perentorias que ten Ferrol, e que o actual proxecto orzamentario defrauda con rotundidade.

Aspectos centrais do traballo da formación política de esquerdas e ecoloxista son o saneamento, o sector naval, o ferrocarril e a conexión co porto exterior, asemade da vivenda e a rehabilitación, ámbitos nodais do desenvolvemento de Ferrol e que o proxecto gubernamental deixa sen consignacións orzamentarias ou con partidas testemuñais,  que non serven para atender ás necesidades reais da nosa cidade.
EU vai desenvolver  o traballo parlamentar de emenda e fará da consecución destas axudas públicas un elemento definitorio do noso apoio á proposta  de orzamentos xerais do Estado.

As emendas do Grupo Parlamentar de EU supoñen tanto un elemento necesario para o futuro da nosa cidade canto un estímulo económico necesario para producir a dinamización económica sustentable e xa que logo un reforzo nas políticas sustentables  de creación de emprego.

Neste proceso de elaboración de propostas para Ferrol, EU acentuará o traballo de relación co tecido asociativo da cidade encol de completar o abano de propostas para Ferrol e a súa cidadanía.


Esquerda Unida - Ferrol
Rúa do Sol 124 entrechán esquerda, Ferrol

eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
eu-ferrolcomarca@esquerdaunida.org

facebook
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html
http://www.esquerdaunida.org/


Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
7 de abril de 2012 21:00

Prezadas/os amigas/os: achegamos dúas INFORMACIÓNS do Grupo Municipal de EU Ferrol, nas que pedimos a reunión da comisión municipal para evitar desafiuzamentos e a intervención do alcalde para evitar o desafiuzamento do pequeno estabelecemento comercial chamado café-bar 'O Carballo', apoiando as mobilizacións que se convocan pola plataforma para este vindeiro martes; doutra banda, informamos que EU está a elaborar as emendas para Ferrol aos orzamentos xerais do Estado, diante do orzamento provocación de Rajoy. Saúdos, Ramiro Marier

___________

Teresa Salgueiro em "Senhora do Almurtão" - Vídeo

A sua carreira iniciou-se inesperadamente, em 1986, quando dois dos fundadores do grupo (Rodrigo Leão e Gabriel Gomes) a descobriram quando cantava com um grupo de amigos numa mesa ao lado da deles, numa tasca do Bairro Alto, em Lisboa. Depois da sua primeira audição com Pedro Ayres Magalhães, outro dos fundadores dos Madredeus, Teresa Salgueiro passou a ser a voz e, nas palavras de Magalhães, "a maior inspiração da música do grupo".

Teresa Salgueiro é uma soprano de vasta extensão vocal, tendo um talento inato para a música. Pode dizer-se que sua voz apesar de ter amadurecido continua a ter características típicas de uma soprano. Sua formação musical deu-se ao longo dos primeiros anos de vida do Madredeus, quando cursou por dois anos aulas de canto, mas os compromissos internacionais do grupo acabaram por impedir que a cantora prosseguisse com uma educação musical formal.|+ Info na Wikipedia|.


http://youtu.be/pXq_8tjl_Zs



Enviado por:
Juan Fernández Sixto
7 de abril de 2012 22:32
_______________

'Cando as barbas do teu veciño vexas cortar, pon as túas a remollar' - O maior sindicato de docentes de Inglaterra, Irlanda do Norte, Escocia e País de Gales rexeitan o plano gubernamental conservador-liberal do Reino Unido para privatizar a educación pública



Os plans do goberno liberal-conservador do Reino Unido para privatizar a educación pública atopan o rexeitamento do sindicato de docentes Nasuwt, un dos maiores de Inglaterra, Escocia, Irlanda do Norte e País de Gales que este sábado celebrou o seu congreso en Birmingham.

Nese encontro, os participantes adoptaron unha moción que prevé o incremento das medidas de forza, incluídas as folgas, contra os programas de recortes sociais e privatizaciones impulsados polo gabinete do primeiro ministro David Cameron.

Segundo medios de prensa, o outro gran sindicato de profesores británicos, NUT, podería votar un recurso similar durante o seu congreso anual en Torquay, con data aínda sen precisar.

O documento aprobado este sábado polo gremio Nasuwt cualifica as medidas en contra do sector como un “feroz ataque en detrimento dos docentes”.

Como parte dos recortes, o executivo do Reino Unido prevé modificar o sistema de pensións no ámbito educacional.

A proxectada reforma contempla maiores contribucións á seguridade social e un aumento da idade de xubilación, nun momento no que os salarios permanecen estáticos, e ata, vulnerables á disminución.

O sindicato tamén rexeita a iniciativa de converter institutos de secundaria e algunhas escolas de ensino primario en academias patrocinadas polo sector privado.

A fins do pasado ano, case un millón de traballadores públicos, incluídos os profesores, saíron ás rúas nunha folga de 24 horas para denunciar as medidas impostas polo Goberno.

Esa foi a mobilización con máis respaldo rexistrada nos últimos anos na nación europea desde a época da exprimeira ministra Margaret Thatcher (1979-1990), de acordo con fontes sindicais.

O sector estatal de Reino Unido perdeu nos últimos tres anos uns 45.000 postos de traballo, incluídos 32.000 empregos en escolas, pese á promesa oficialista de protexer a educación.

Ideoloxicamente os recortes impulsados ​​para o financiamento da educación están poñendo a supervivencia de moitas institucións en perigo e danar as oportunidades de vida dos nenos e novos.

Os participantes na Conferencia Anual da NASUWT, o maior sindicato de profesores, que se celebra en Birmingham, aprobaron unha moción de relevo o impacto dos ataques do goberno de coalición de financiamiento da educación.

Chris Keates, Secretario Xeral de NASUWT , dixo:

"Entre 1997 e 2010, os niveis de gasto en educación aumentou en máis do 5% ano tras ano".

"Agora os analistas independentes predixeron que durante a vixencia deste goberno, o gasto en educación reducirase nun 3,5% por ano".

"O impacto adverso destes cortes estase facendo sentir en cada instituto, colexio e escola no Reino Unido".

"Os servizos especializados de apoio están desaparecendo. Mestras e mestres talentosos e persoal de apoio enfróntanse á redundancia".

"Recursos didácticos estanse convertendo en actividades de enriquecimento de estira e restrínxense están".

"A povisión nos próximos anos, para moitos centros de educación, é enfrontar-se ao se peche".

"Estes recortes non son unha clase de medicina desagradable, pero necesaria para curar o Reino Unido dos seus males económicos, mais ben son un intento impulsada pola ideoloxía dos provedores privados para facer-se coa educación pública. Trátase de  que en última instancia, as crianzas e a mocidade pagan o prezo".

Enlaces de interese:
http://www.nasuwt.org.uk/

Fonte: propia e de librered.net
_____________________

sábado, abril 07, 2012

1ª Andaina Polo Río Baa - 14 de Abril de 2012


Exibir mapa ampliado

1ª Andaina Polo Río Baa
14 de Abril de 2012 -Sábado.

O roteiro transcorre polos montes de Prismos, un lugar dunha grande riqueza medioambiental e etnográfica onde se conxuga a beleza das súas paisaxes coa existencia de vestixios ancestrais nos que se conservan tradicións milenarias.

Hai anos, antes da chegada do Polígono Industrial, era doado facer rotas a pé polas beiras do río Baa seguindo os múltiples carreiros que a veciñanza utilizaba para transitar entre as distintas parroquias da zona ou para achegarse ás súas terras.

Naqueles tempos, cando aínda non había tres coches por cada casa, a xente usaba estas vías de comunicación para poderse achegar ao médico, para ir ás feiras ou para axudar á familia ou veciñanza nas labores agrarias que eran a base fundamental da economía familiar.

Esta andaina pretende ser o inicio da recuperación deses camiños case esquecidos que só as do lugar temos na nosas memoria


ITINERARIO

O roteiro discorrerá polos concellos de Fene e Cabanas, cunha lonxitude aproximada duns 3,5 Km.

Comezaremos na pista que transcorre paralela á autoestrada, e que une o Polígono Industrial de Vilar do Colo coa estrada que une Limodre e Laraxe.

Dende aquí partiremos cara a Marco de San Lourenzo, onde faremos un pequeno alto para comentar a historia deste pedrón así como as tradicións que o rodean.

Logo continuaremos o percorrido cara o Castro de Prismos, un dos castros mellor conservados de Galicia, onde faremos unha segunda parada para falar sobre esta construción pre-romana.

Unha vez rematada a charla, partiremos cara o río Baa ata chegar ao Muíño de Petra onde faremos unha última parada para comer e falar do alto valor ecolóxico e paisaxístico que, inexplicablemente, aínda non goza de ningunha figura de protección.

Para rematar coa andaina, voltaremos cara o punto de partida.

Distancia: 3,5 Km
Data: 14 de Abril de 2012
Hora de Saída: 11:00 da mañá
Hora Prevista Chegada: 16:30
Lugar de Encontro: Na pista que transcorre paralela á autoestrada, e que une o Polígono Industrial de Vilar do Colo coa estrada que une Limodre e Laraxe.

Lugares de Interese (onde se fará unha parada para comentar as peculiaridades da zona):
  • -Marco de San Lourenzo.
  • -Castro de Prismos
  • -Muíño de Petra
  • -Humidais do Río Baa

Prevese facer unha parada no muíño

Teléfonos de Contacto:
Xavi: 651884692
César: 649243611
Antonio: 608247955
Alexandre: 690612737
Serxio: 662428976

Plataforma de Afectados polo Polígono Industrial de Vilar do Colo.

|ADEGA - Plataforma en Defensa dos Camiños - SGHN - Verdegaia|

Achegamos díptico e cartaz para quen quixer copiar e difundir:

Cartaz en formato pdf

Díptico en formato pdf

Información baseada na enviada por:
Carlos Vidal Ojea
___________________

venres, abril 06, 2012

O goberno do, polo de agora, Reino de España elimina dos orzamentos a partida destinada ao Plan Nacional sobre a Sida

Nos orzamentos xerais do Estado, para este exercicio 2012, eliminouse a partida destinada ao Plan Nacional sobre a Sida. Deste departamento dependen a maior parte dos programas de prevención do VIH que realizamos as organizacións da sociedade civil. Todo fai prever que a decenas de miles de persoas, sobre todo a aquelas máis vulnerables, se lles privará dun dereito. O dereito a preservar a súa saúde. O dereito a non infectarse de VIH

Carlos Varela
Presidente de Lazos Pro Solidariedade Comité antisida de Ferrol


LAZOS pro Solidariedade-Comité antisida de Ferrol Asociación de afectados/as polo VIH e as drogas Vogal territorial de Galicia en CESIDA.
Dirección web: http://comitelazos.blogspot.com
Dirección sede: Avda. Dr Fleming 8-10 Baixo
15401 Ferrol ( A Coruña )
Tfno./Fax 981350777
Tfno. Móvil :698147975


Enviado por:
Elena Casal Mera (Google+)
-elenacasalmera@gmail.com-
5 de abril de 2012 23:34
_____________

Unha mina en Pico Vello - TVE-La 2 recupera “Unha mina en Pico Vello”: domingo 8 de abril ás 13:45 horas


A raíz do incendio sufrido nas Fragas do Eume os pasados días, o programa de La 2 El Escarabajo Verde recupera o próximo domingo 8 de abril ás 13:45 horas a reportaxe “Unha mina en Pico Vello” no que se aborda o proxecto da creación dunha mina a poucos metros do Parque Natural Fragas do Eume.

A emisión da reportaxe é un bo momento para lembrar que as Fragas do Eume non só sofren as consecuencias dunha mala xestión forestal,  que favorece a proliferación de eucaliptais e a incidencia dos lumes.  Vénse tamén ameazadas pola autorización da Xunta de Galiza a proxectos como o enchido do oca da mina de As Pontes (detraendo auga do Eume e convertendo a mina nun lago con acusados problemas de acidez e presenza de metais pesados); o encoro no Eume, xestionado por ENDESA, que a día de hoxe non está a respetar o caudal ecolóxico no referido ás cantidades da agua que turbina, así como a acumulación de lodos tóxicos no seu fondo.  Por último, salientamos a aposta da Xunta de Galiza por proxectos inviables e dañinos dende o punto de vista ambiental, social e económico no entorno das Fragas do Eume como a mina de andalucita no Lugar de Pico Vello.

Aproveitamos para pedir a todas aquelas persoas que visitan o Parque Natural das Fragas do Eume durante estes días que sexan moi coidadosas e que eviten en todo momento sairse dos camiños habilitados para non contribuir ao deterioro ou erosión daqueles lugares afectados polo incendio.

http://www.verdegaia.org/

ferrol@verdegaia.org

Enviado por:
ferrol@verdegaia.org
-ferrol@verdegaia.org-
6 de abril de 2012 12:42
______________

Enlace relacionado:
http://picovello.blogspot.com.es/
__________________

Campana, ... Por Amadeo Varela



Por Amadeo Varela [*]
06.04.2012


Unha das cousas que máis me impresionaron de neno, cando estudaba a Historia de España, foi o episodio da “Campana de Huesca”, segundo o que, o Rei de Aragón, Ramiro II “El Monje”, para reprimir unha revolta dalgúns dos seus nobres, ameazou con facer unha campá que se oíse en todos os recunchos do reino. A sonora campá foi feita coas cabezas dos revoltosos dispostas en círculo coa do máis destacado no centro, a xeito de badalo. Parece que isto sucedeu aló polo século XI, pero o sistema está aínda hoxe totalmente vixente. É dicir, cando xurde unha protesta contra o poder establecido, sexa cal sexa a súa entidade ou categoría, a solución normalmente empregada é sempre a mesma: “cortar” unhas poucas cabezas, entre elas a do “reivindicador” máis destacado. Así se fixo e se fai en procesos anti-dictatoriales e anti-caciquiles, ou en conflitos nas empresas, utilizando o despido de traballadores como medio disuasorio, sen que o método varíe moito dun a outro país, dunha a outra empresa ou dunha a outra situación política, aínda que pode ser distinta a intensidade da represión.

Algo disto é o que está a ocorrer cos mariscadores da ría de Ferrol, cos que se quere facer unha campá, cuxo badalo non sería outro que o expatrón da confraría Bernardo Bastida. Non sei cal será o desenlace deste “folletón” barato que se pretende montar, dicindo que uns pequenos barquiños marisqueiros impediron a entrada na ría dun monstruoso gaseiro. ¿É posible que alguén poda crer que ao gaseiro lle foi impedida a entrada? É como se dixéramos que unhas poucas pulgas impediron a entrada do raposo no galiñeiro. Outra cousa é desobedecer as ordes das autoridades, ordes que puideran non ser ben escoitadas ou ben interpretadas nun momento de grande confusión e excitación xeral. E todo iso sen entrar a discutir (porque non o permiten) a lexitimidade dunhas ordes que naquelas circunstancias poderían ser cualificadas como absurdas e sen sentido, xa que as forzas da orden público deben estar para defender aos cidadáns e non aos intereses privados de empresarios ou políticos. Porque non se trataba de terroristas, senón de cidadáns aterrorizados, ante a ameaza de perder o seu medio de vida e, se cadra, a vida mesma, pois non hai que esquecer a ameaza latente que representa a planta de gas de Mugardos.

A non entrada do gaseiro sirve agora para tentar de escarmentar a toda a cidadanía cunha especie de “campana de Huesca”, xa que co castigo a Bastida e a uns poucos mariscadores castigaríase tamén a todos aqueles opositores a esa decisión tan inxusta como ilegal de situar a nefasta planta gasística no lugar que agora ocupa.

A pesar de todo, pase o que pase, eu seguirei berrando: “Planta de Gas -  Fora da Ría”.

[*] Amadeo Varela Rodríguez -Ferrol 1936, foi traballador de BAZAN, é o autor de "Recordos do vello Racing" publicado no 2000, "Bazan e Ferrol - Unha simbioses perfecta?" (a historia dunha época, "... detrás de cada barco que nace, hai moitas horas de esforzo. Nesa tarefa, miles de traballadores foron gastando a súa saúde e a súa vida".) publicado no 2003 e coautor de "Retallos da Memoria II" ("Memorias de neno" sobre a súa vida de pequeno nunha familia republicana perseguida), publicado no 2009. Autor de numerosas cartas e artigos na prensa local. Autor de sitios na rede sobre Ferrol. Cofundador da Asociación San Fernando para defender o Patrimonio Histórico do barrio ferrolán de Recimil contra a súa pretendida demolición, membro do Colectivo Recimil co que promoveu a Plataforma Ártabra 21 e a Plataforma en Defensa dos Espazos Públicos. Na actualidade forma parte do Colectivo Ártabra 21.
_______________

O 'STX Frontier', un enorme buque gaseiro cargado con miles de toneladas de GNL/LNG anuncia a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Domingo 8 de Abril - O Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha acción de protesta e denuncia, desta vez na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia


CONCENTRACIÓN EN FERROL,
NA PRAZA AMADA GARCIA
DIANTE DO EDIFICIO ADMINISTRATIVO DA XUNTA DE GALICIA
ÁS 7 DA TARDE, DO DOMINGO 8 DE ABRIL

O LNG 'STX Frontier', un buque gaseiro de grande porte, pois ten 288,90 metros de eslora por 44,03 de manga e un calado de 11,50 m, cargado con miles de toneladas de GNL/LNG para a ilegal e perigosa Reganosa, ten anunciado a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Domingo 8 de Abril de 2012. Esta entrada dun buque cargado con gas natural licuado para Reganosa, supon xa a 116, desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha acción de protesta e denuncia, consitente nunha Concentración Sonora, o mesmo Domingo, ás 7 da Tarde, mais desta volta a Concentración terá lugar na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia. Nunha nova forma de acción, rotando as mobilizacións por diferentes lugares e barrios, dun xeito itinerante, co obxectivo de chegar coa protesta a un número maior de persoas. Ademais de difundir entre a poboación, en sintese, 10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas ?.


Características do buque.-
Nome: STX Frontier, bandeira: Singapore,  eslora: 288,60 m, manga: 44,03 m, puntal: 26,2 m, calado: 11,50 m, capacidade: 153.600 m3.
  •  POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  •  CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  •  PLANTA DE GAS FORA DA RÍA   !!

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org

Información baseada na enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
5 de abril de 2012 23:20
---

Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:

APOIO ECONÓMICO

O Comité Cidadán de Emerxencia, necesita apoio económico, para que poida desenvolver a súa actividade

CONTA DO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA

Para axudas económicas pode-se ingresar na conta corrente aberta no Banco Santander ao nome de:
Luz Marina Torrente e outros

Para ingresar desde unha oficina bancaria desde dentro do Estado:
00493315772894017995

Para ingresar desde unha oficina bancaria desde fóra do Estado:
ES 71 00493315772894017995

Blog solidario coa veciñanza de Meá
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org

Adega denuncia as cargas “innecesarias e perigosas” de gas natural licuado na planta regasificadora de mugardos -Reganosa, no corazón da Ría de Ferrol

|O 'Catalunya Spirit" cargando no peirao de Punta Promontorio, o 5 de Abril de 2012|

ADEGA-Ferrolterra denuncia

Este pasado martes |2012-04-03 ás 14:10|, atracou na planta de gas REGANOSA o buque gaseiro "Catalunya Spirit" con 135.000 m3 de gas natural licuado. Este gas procedente de Trinidade e Tobago, descargouse na planta este mércores para ser de novo a cargar de novamente hoxe no mesmo barco e con destino descoñecido.

A carga e descarga do gas natural son manobras que entrañan un alto risco.

No caso da planta de REGANOSA, situada no interior da Ría de Ferrol, os riscos son aínda maiores debido a dificultade que supón a navegación de estes grandes buques por unha estreita canle de entrada de 5km de lonxitude. Para estas operacións de entrada e atraque dos gaseiros precísase da axuda de 4 remolcadores e só se poden realizar en condicións óptimas de visibilidade, que non sopren ventos de mais de 15 nos e coincidindo coa preamar.

Resulta inexplicable que as autoridades permitan estas cargas e descargas que non aportan outra cosa que un risco gratuíto para a veciñanza e un alto custo en cartos para o sistema gasista, que pagamos todos e todas, e por riba repercutirá no encarecemento do gas.

Non sería máis doado, máis barato e máis seguro que o "Catalunya Spirit" continuase rumbo a o porto destino sen ter que descargar e volta a cargar os 130.000 m3 de gas.

Que se esconde detrás destes ilóxicos, caros e perigosos trafegos de gas?

Ferrol Terra, 5 de abril de 2012

Humberto Fidalgo, Directiva de ADEGA-Ferrolterra e representante no Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.

|O cruceiro'MS Saga Sapphire',con máis de 1000 persoas a bordo saíndo do Porto Interior de Ferrol, mentres se produce a irresponsábel carga e descarga do 'Catalunya Spirit' en Reganosa|

Interesantes preguntas fai Suste'70 no seu Blogue:
http://ferrolsuso.blogspot.com.es/2012/04/o-que-esconde-xunta-de-feijoo-s-galegs.html

Fotos de Susete'70.

Información baseada na enviada por:
suso
-susopazos@yahoo.es
5 de abril de 2012 18:40
http://ferrolsuso.blogspot.com/
___________

Máis Fotos da Folga Xeral do 29 en Ferrol - Por Fuco Buxán AC


A Asociación 'Fuco Buxán' remite-nos un lote de fotos da pasada Folga Xeral do 29M. Ese día de Loita foi un dos máis importantes na historia recente do movimento obreiro. É por iso polo que publicamos o documento gráfico que ven completar o xa existente na rede. A magnitude da folga tamén está reflexada nesta galería que achegan as compañeiras e compañeiros de 'Fuco'. Saúde e Liberdade! a Loita Continua!

--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es


Enviado por:
Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
6 de abril de 2012 01:57
___________

Enlace relacionado:
http://29demarzode2012folgaxeral.blogspot.com.es/
__________________

Fidel Castro Ruz: "USAmérica impón ao mundo a máis brutal tiranía que coñeceu nosa fráxil especie"

Unha moi actual e interesante reflexión de Fidel sobre o mundo onde o Imperio, o Capital e o seu 'Deus' o 'Mercado', condenan ao sufrimento e á miseria a millóns de persoas, ditando leis e políticas que só benefician aos seus cobizosos intereses.



Hoxe máis que nunca estamos en mellor posición para acelerar o cambio de rumbo face un novo modelo social xusto, fraternal, solidario, diferente, diverso mais igual en dereitos,  un cambio de sistema, un outro mundo onde caiban outros mundos.

Nunha nova Reflexión o comandante da Revolución Cubana, Fidel Castro, pon ao descuberto as actuacións do capitalismo, o cal véndese como un mundo marabilloso, cando en realidade, lonxe da democracia, revélase como unha brutal e perigosa tiranía.

Fidel detense en datos históricos e actuais para referise a este tema, ao consumismo e á banalidade imperialistas, igualmente perigosos.

A procura da verdade política sempre será unha tarefa dura, aínda nos nosos tempos cando a ciencia puxo nas nosas mans un gran número de coñecementos. Un dos máis importantes foi coñecer e estudar o fabuloso poder da enerxía contida na materia.

O descubridor desa enerxía e o seu posible emprego era un home pacífico e bon que, malia o seu repudio á violencia e á guerra, solicitou o seu desenvolvemento a Estados Unidos, presidido entón por Franklin D. Roosevelt, de coñecida posición antifascista, líder dun país capitalista en profunda crise, que contribuíra a salvar con fortes medidas que lle gañaron o odio da extrema dereita da súa propia clase. Hoxe ese Estado impón ao mundo a máis brutal e perigosa tiranía que coñeceu nosa fráxil especie.

Os despachos procedentes de Estados Unidos e os seus aliados da OTAN refírense ás falcatruadas cometidas por eles e os seus cómplices. As cidades máis importantes de Estados Unidos e de Europa reflicten constantes batallas campais entre os manifestantes e a policía ben adestrada e alimentada, con carros blindados e escafandros, repartindo golpes, patadas e gases contra mulleres e homes, torcendo mans e pescozos de mozos e vellos, mostrando ao mundo as cobardes accións que se cometen contra os dereitos e a vida dos cidadáns dos seus propios países.

Até cando poden durar semellantes barbaries?

Para non ser extenso, xa que estas traxedias iranse presentando cada vez máis pola televisión e a prensa en xeral, e serán como o pan que cada día se nega aos que menos teñen, citarei o despacho cablegráfico, recibido hoxe, dunha importante axencia de noticias occidental:

Boa parte das costas xaponesas do Pacífico poderían quedar inundadas por unha ola xigantesca superior aos 34 metros (112 pés) si producísese un sismo poderoso, segundo os cálculos revisados dun panel do goberno".

Calquera tsunami desencadeado por un terremoto de magnitude 9 na depresión de Nankai, que vai desde a principal illa nipona de Honshu até a illa sureña de Kyushu, podería alcanzar os 34 metros de altura", sinalou o comité.

Un cálculo anterior no 2003 estimaba que a altura máxima de devandita ola sería inferior aos 20 metros (66 pés)”.

A planta de Fukushima fora deseñada para resistir un tsunami de 6 metros (20 pés), menos da metade de altura da ola que a impactou o 11 de marzo do 2011”.

Pero non hai razóns para preocuparse. Outro despacho fechado fai dous días, o 30 de marzo, pódenos tranquilizar. Procede dun medio realmente ben informado. En breves palabras sintetizaré: “Si vostede fose futbolista, jeque árabe ou directivo dunha gran multinacional Que tipo de tecnoloxía faríalle suspirar?"

Recientemente, uns coñecidos almacéns de luxo en Londres inauguraron unha sección enteira dedicada a amantes da tecnoloxía con abultadas billeteras".

Televisores dun millón de dólares, cámaras de video Ferrari e submarinos individuais son algúns dos fetiches para facer as delicias do millonario”.

O televisor do millón de dólares é a xoia da coroa”.

No caso de Apple, a empresa comprométese a entregar os seus novos produtos o mesmo día de lanzamento no mercado”.

Poñamos que saímos da nosa mansión e xa estamos cansados de roldar por aí co noso yate, limousine, helicóptero ou jet. Aínda nos queda a opción de comprar un submarino individual ou para dúas persoas”.

A oferta prosegue con celulares con carcasa de aceiro inoxidable, procesador de 1,2 GHz e 8 G de memoria, e tecnoloxía NFC para realizar pagos a través do celular. Videocámara con selo Ferrari.

¡Verdade compatriotas que o capitalismo é cousa marabillosa! Quizais nós sexamos culpables de que cada cidadán non teña un submarino particular na praia.

Son eles e non eu quen mesturou en leste mesmo saco aos jeques árabes e os directivos das grandes transnacionais cos futbolistas. Polo menos estes últimos entreteñen a millóns de persoas e non son inimigos de Cuba. Debo aclaralo.

Fidel Castro Ruz

Abril 1 de 2012

8 e 35 p.m.

Fonte:  CUBADEBATE vía contrainjerencia.com
____________________

xoves, abril 05, 2012

Festa de instalacion de linux en Ferrol - 13 de Abril

Desde a Xuventude Comunista cremos na importancia da cultura libre en xeral e do sofware libre en particular. A diferencia co software propietario estriba na mentalidade que hai detrás del. Mentres que co software libre cada quen é libre de modificalo, redistribuilo e aprender del, o software propietario elabórase como un produto de mercado, ca finalidade exclusiva de obter beneficios. Co software libre, o usuario é quen controla o sistema e non ó revés. Rebelámonos contra a ditadura de Windows en concreto, por extender un software mediocre e proclive á inseguridade informática e ós virus.

Por iso pretendemos facilitar o tránsito con esta festa de instalación de Ubuntu. Trae o ordenador e axudámosche a montar o sistema operativo LINUX-GNU na súa distribución máis popular Ubuntu. Ou ven sen pc e coñece alternativas a Windows e OS X.

Garda os teus datos e acude disposto a cambiar o teu sistema operativo privativo por un libre. A festa é para facilitar a instalación, cada un faise responsable do seu ordenador e dos seus datos. Trae un dvd ou pendrive se queres levar a imaxe de instalación.

Terá lugar o 13 de abril ás 16:00 en Ferrol no campus de Esteiro, na Aulanet da Escola Politécnica Superior (Rúa Mendizábal s/n,mapa>>> http://www.udc.es/eps/A_Escola/Localizacion/) Apúntate/ponte en contacto>>> ferrol@xcgalega.org
|Clica na Imaxe para ampliar e ver noutra xanela|


Enviado por:
Paula
-pmeizoso@gmail.com-
4 de abril de 2012 18:58
http://trasancos.blogspot.com.es/
__________

Procesión do Santo Enterrro do Naval


A CIG-Metal escenificou onte a 'Procesión do Santo Enterro do Naval', no medio da das marchas do integrismo relixioso da chamada 'Semana Santa Ferrolán', a CIG na rúa denunciou a preocupante situación que viven os dous estaleiros da Ría. Delegados sindicais das empresas principais e compañías , xunto a "Asemblea de Desempregad@s - Non me chames parad@" e persoas doutros sectores, percorreron as rúas María e Real da cidade coa “Confraría dos desempregad@s”, levando 'o paso' dun buque que simbolizou o “Santo Enterro do Sector Naval”.

"Segundo comentou un dos responsables comarcais da CIG, Xesús Anxo López Pintos, a protesta pretendía “denunciar a situación que estamos a vivir nesta comarca, con tódolos nosos sectores produtivos baixo mínimos”. O responsable sindical referiuse en particular ao naval, o ámbito máis importante na economía da zona, e ao feito de que o dique flotante non reciba ningunha consignación nos Orzamentos Xerais do Estado. 'É a confesión do PP de que non estase a apostar por esa infraestrutura', sinalou" |Diario de Ferrol|.

Despois de percorrer as principais vías do casco histórico da Madalena a 'Procesión' rematou diante do Pazo Municipal, na Praza do Concello.
_________________

No Blogue do autor das fotos Susete'70:
Santo Enterro do Naval, Semana Santa de Ferrol
_______________

O Colectivo OPAII-Radio FilispiM argallan unha Sesión Vermú Churrascada para este xoves 5 de abril


Cuaresma? Unha merda!!! VÉN TOMAR UNHA BOA CHURRASCADA!!!
Este xoves "santo" a partir das 12.30 h, na traseira do mercado de Caranza [Ferrol].

Música en vivo, radio en directo e CHURRASCO a discreción!!!
Prezos populares.

Argalla: Colectivo Opaií! - Radio FilispiM, 93.9 FM

Colabora na autoxestíon e nutrición da radio libre e comunitaria que emite dende Ferrol!

+ info en http://opaii.blogspot.com/

Cunha anuncio da Sesión Vermú Churrascada:

O BBVA Destrúe Postos de Traballo - Solidariedade cos traballadores do "Café-Bar O Carballo" de Caranza



O BBVA DESTRÚE POSTOS DE TRABALLO


NOVO DESAFIUZAMENTO, NOVO ABUSO, NOVA REPRESALIA

O BBVA decidiu  desafiuzar aos  traballadores do Café Bar O CARBALLO, pese a establecer  un acordo verbal con eles, polo que se lles adxudicaba o local  por un importe establecido. Agora vólvense atrás e pretenden quedarse co  establecemento, no que traballan catro persoas.

Tras manter conversacións con directivos da entidade  bancaria (BBVA), estes indícanlle a un dos empregados, Pedro Bastida,  que solicite un crédito.  Despois de hipotecar a súa vivenda consegue os recursos necesarios para liberar o local. En lugar de recibir a adxudicación, recibe a notificación do xulgado onde lle anuncian que o Café Bar O CARBALLO, ten que ser desaloxado antes do  mércores, 11 de abril.

Por qué actua así a entidade bancaria?, Por qué se ignora o anuncio do goberno no  que se plantexa a necesidade dun código de boas prácticas bancarias?, Qué prácticas?

O anterior propietario era Bernardo Bastida Sixto, o expatrón maior da confraría de pescadores de Ferrol. Moitas son as persoas que, especialmente o colectivo de  mariscadores,  saben do seu esforzo por defender, recupera-la ría e  por integrar a un gran número de mozos e mozas á vida social, en Ferrol Terra. Contra Bastida, desenvolveuse unha campaña de desprestixio co obxectivo de decapitar  a Confraría e aos traballadores do mar. Incluso se lle  someteu  a xuízo xunto a  outros compañeiros.

A  persecución á que foi sometido Bastida,  queda de manifesto cando, tras varios anos acusado de apropiación  de fondos,  agora  sabemos, por decisión do fiscal  e do xuíz, que se arquivan aquelas actuacións ¡É inocente daquela acusación!
Unha decisión política na que participaron a Xunta de Galicia e Reganosa, para perseguir a Bastida ate a  extenuación. A eles  se lles suma agora o BBVA, pretendendo que caia sobre a súa familia o peso da súa revancha. Non lles importa que se destrúan catro postos de traballo e catro familias queden sen o seu sustento de vida, nunha Comarca onde 1 de cada 5 persoas en condicións de traballar non teñen onde facelo. É difícil de entender que non se admita pagar a quen o desexe, tendo medios para facelo.
  
Coa situación actual da Comarca,  que posúe un nivel tan alto de desemprego, non nos podemos permitir a desaparición de catro postos de traballo. Máis, tendo en conta que hai vontade de negociación e de pagamento da débeda.

 Por esa razón, decidimos emprender unha campaña de solidariedade con Bastida e os catro traballadores do  Café Bar O Carballo e  denunciar esta represalia contra eles.
 
MARTES, 10 DE ABRIL, ÁS 12 Hrs.
Concentración diante da oficina central do BBVA
Praza do Callao (Ferrol)
¡¡ ACODE!!

Convoca: Comisión de apoio aos traballadores do Café-Bar “O Carballo”

Enviado por:
Lazos Pro Solidariedade
-comiteantisidaferrol@gmail.com-
4 de abril de 2012 19:03
http://comitelazos.blogspot.com_________________

martes, abril 03, 2012

Martes 3 de Abril: Asemblea Plenaria do proceso de construción do Encontro Social de Ferrol Terra e da Rede de Apoio Mutuo

(Achégase xunto a esta convocatoria un documento en pdf informativo do desenvolvemento do Encontro Social de Ferrol Terra actualizado a 1 de abril de 2012, tanto para organizacións e persoas que participamos no proceso, como para quen queira sumarse ao mesmo.)

Proposta de obxectivos e orde do día para a VI Asemblea Plenaria do proceso de construción do Encontro Social de Ferrol Terra e da Rede de Apoio Mutuo.

Día: Martes 3 de abril.

Lugar: Local Asociación Veciñal de Esteiro.

Horario: de 19 a 21 horas.

Obxectivo da reunión:
  • Coñecer e avaliar o traballo desenvolvido polas Comisións entre plenario.
  • Analizar e debater a proposta de presentación pública do Encontro.
  • Aprobación, se procede, das propostas presentadas.
Temas a tratar:

1-Informe da Comisión de Economía Social e Calidade de Vida.
  • Valoración das Xornadas de Economía Social
  • Proposta para a asemblea constituínte da Cooperativa Armeria
  • Información dos avances nos proxectos de Banco de Tempo, Mercado de Roupa e Grupo impulsor de Finanzas Éticas.
2- Informe da Comisión de Diagnose e Comunicación. 
  • Proposta de Manifesto de Adhesión e Ficha.
  • Local para o Centro Comarcal de Comunicación.
  • Achegas ao Informe da situación Socioeconómica e de Diagnose.

3- Propostas e novas comisións.

Ferrol Terra, 1 de abril de 2012

Anexo.-

Documento informativo do desenvolvemento do Encontro Social de Ferrol Terra
______________