mércores, outubro 07, 2009

Concerto de Victor Aneiros, o Xoves 8 de Outubro no Centro Cultural "Torrente Ballester"

Concerto VICTOR ANEIROS: CC.Torrente Ballester- Ferrol o 8/10/09



O próximo 8 de outubro chegará ao Centro Cultural Torrente Ballester o blues de alma galega co guitarrista VICTOR ANEIROS. Interpretará temas do seu último traballo "Heroe Secreto", no que se inclúe o tema "Miña bala perdida", nomeado aos Premios da Música 2009 como mellor tema en galego.

No concerto fará un repaso dos seus anteriores traballos, e contará coa voz de Julie Guravich como invitada.

Concerto VICTOR ANEIROS o 8 Outubro 2009 ás 22:00 h CC. Torrente Ballester.

Logo deste concerto o grupo meterase de cheo na gravación do que será o seu quinto traballo, que verá a luz na primavera do 2010.

Nel contará coas colaboracións, entre outros de, Javier Vargas ou Mauri Sanchis; virtuoso do órgano hammond, que tocou ou gravado con estrelas da talla do propio Vargas, Kepa Junkera, Raimundo Amador, Bill Evans, Dean Brown, J. DeFrancesco e Popa Chubby, entre outros.
MP3 - Miña bala perdida

MP3 - Na barra

Web de Babel de Sons:
http://www.babeldesons.com/

Enviado por:
BABELdeSONS
-babeldesons@babeldesons.com-
6 de outubro de 2009 16:09
___________________________

O mal estado de conservación do edifio, a tardanza do Concello en executar as obras de reforma e o temporal, puideron co Ateneo Ferrolán: a auga inunda todo o Edificio

VOLVE A INUNDARSE O EDIFICIO DO ATENEO FERROLAN

www.ateneoferrolan.org


VOLVE A INUNDARSE O EDIFICIO DO ATENEO FERROLAN, DENDE A SÚA BIBLIOTECA ATE O AUDITORIO ONDE SE ESTABA PROXECTANDO UNHA PELÍCULA E INUNDOUSE ENTEIRO.

REHABILITACIÓN DO EDIFICIO DO ATENEO FERROLAN XA!

POR RESPECTO AO NOSO PATRIMONIO!



Ateneo Ferrolán
Fundado en 1879 “Un Lugar de Encontro para a Cultura”
http:// www.ateneoferrolan.org
e-mail:
a_ferrol@teleline.es Telf.: +34 981 357 970 Fax: 981 354 098
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204, 1º.CP.15402 - FERROL (A Coruña)
Apdo. Correos: 303

Enviado por:
ATENEO FERROLAN
-administrador@ateneoferrolan.e.telefonica.net-
6 de outubro de 2009 21:17

___________________________

martes, outubro 06, 2009

Esquerda Unida sobre decisión Audiencia no caso Prestige


  • ESQUERDA UNIDA FELICÍTASE POLA DECISIÓN DA AUDIENCIA PROVINCIAL DA CORUÑA QUE DA A RAZÓN A EU AO  IMPUTAR DE NOVO A LÓPEZ – SORS NO CASO PRESTIGE 
  • YOLANDA DÍAZ, COORDINADORA NACIONAL DE EU, ANUNCIA UNHA BATERÍA DE INICIATIVAS PARLAMENTARIAS NO CONGRESO DOS DEPUTADOS
Esquerda Unida quere manifestar a súa satisfacción pola decisión da Audiencia Provincial da Coruña, que da a razón ao recurso de apelación presentado,  entre outras, pola nosa organización en relación co que fora director xeral da mariña mercante, José Luís López – Sors

Esquerda Unida vén mantendo ao longo destes anos a relevancia das decisións de López – sors en orden a alonxar ao buque da costa e, xa que logo, o posterior naufraxio do navío. No auto ditado pola Audiencia Provincial da Coruña apóntanse que coexisten cumulativamente todas as condicións para depurar en xuízo oral a presunta responsabilidade criminal ... a título de imprudencia grave.

Tiñamos razón en perseverar como acusación porque non pode ser que a desgraza do Prestige reste impune. Esquerda Unida está a estudar coa nosa representación legal as implicacións e pasos a seguir de agora en diante.

Yolanda Díaz, Coordinadora Nacional de Esquerda Unida, adianta que vaise levar ao Congreso dos Deputados un conxunto de iniciativas en relación co Prestige. Sendo a primeira delas unha pregunta parlamentar ao Goberno en relación coa responsabilidade dun cargo público agora de novo imputado.

Esquerda Unida agarda que o auto da Audiencia abra o camiño para a depuración plena das responsabilidades pola catástrofe do Prestige. Depuracións que ten que servir como exemplo do que nunca máis  teñen que facer as autoridades públicas nun caso semellante: antepor  criterios de oportunismo no canto de adoptar as medidas  de protección máis garantistas e racionais.

Compostela, 6 de outubro  de 2009

Enviado por:
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
6 de outubro de 2009 18:08


Prezad@s compañeir@s: achegamos nota de prensa en relación co auto ditado pola Audiencia Provincial da Coruña imputando de novo - dándolle a razón a Esquerda Unida - a López - Sors e as inicitivas a seguir no Parlamento.

Gabinete de prensa de EU

___________________________

Comezan en Ferrol os peches nas Escolas Oficiais de Idiomas para exixir a retira da circular 5/2009

Noticias desde a Cig-Saúde
06.10.2009


As protestas prolongaranse até o 22 de outubro de xeito ininterrumpido en seis centros Profesores/as e delegados/as sindicais iniciaban por volta das 7:00 horas do luns 5 de outubro un peche na Escola Oficial de Idiomas de Ferrol para exixir a retirada da circular 5/2009 emitida pola Consellaría de Educación o pasado mes de xullo. A medida de protesta estenderase a outros centros do País até o vindeiro 22 de outubro e vai acompañada dunha serie de accións a prol da retirada da circular, que pasan pola recollida de sinaturas entre profesores/as e alumnos/as, resolucións dos claustros e Consellos Escolares ou a declaración de persoas non gratas ao Conselleiro de Educación e ao Director Xeral de Educación.


[Foto peche do 05.10.2009]

Arredor dunhas 50 persoas iniciaban este luns 5 de outubro un peche na Escola Oficial de Idiomas de Ferrol para exixir a retirada das instrucións remitidas pola Consellaría o pasado verán a respecto do funcionamento destes centros. A medida, que forma parte do conxunto de accións que as organizacións sindicais e o profesorado están levando a cabo en contra da circular, dá continuidade á folga convocada o pasado 9 e 10 de setembro nas EEOOII, secundada pola maioría dos docentes.

Dende a CIG-Ensino critican a teima de Educación por aplicar unha circular que vai supor unha modificación á baixa das condicións laborais do profesorado, unha redución importante do persoal (xa se teñen eliminado máis de 30 postos) e traerá un empeoramento da calidade das ensinanzas de idiomas.

Con estas medidas, a Consellaría busca pór en tela de xuízo o ensino público, xa que en vez de estender o ensino dos idiomas en centros públicos, recorta e diminúe a súa calidade anulando mesmo as aulas complementarias de reforzo”, lamenta o Secretario Nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao.


Falta de negociación


Para a CIG tamén resulta inadmisíbel a actitude da Consellaría de Educación que, ante a petición unánime dos/as profesores/as e organizacións sindicais para a retirada da circular e o inicio de negociacións na Mesa Sectorial, até “hoxe non achegou ningunha resposta”. “O conselleiro está amosando o seu talante arbitrario e ditatorial, xa que non foi capaz de abrir o diálogo a respecto desta cuestión. Pero non dubidou, a través do Director Xeral de Educación e Formación Profesional, en difamar o traballo do profesorado con afirmacións e mentiras para poñer en cuestión o traballado dos docentes diante da opinión pública”, afirma Louzao.

Dende a CIG-Ensino agárdase que os peches, que se prolongarán até finais de mes e afectarán a seis escolas (Ferrol, A Coruña, Pontevedra, Vigo, Ourense e Santiago), leven a Consellaría a recapacitar sobre os seus posicionamentos.


Medidas complementarias


Os peches nas Escolas Oficiais de Idiomas completan toda unha serie de accións a prol da retirada da circular, que pasan pola recollida de sinaturas entre profesores/as e alumnos/as, resolucións dos claustros e Consellos Escolares ou a declaración de persoas non gratas ao Conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, e ao Director Xeral de Educación, José Luís Mira Lema.

O peche na Escola de Ferrol continuará até ás 7:00 horas do mércores 7 de outubro, momento no que collerá a quenda o profesorado do centro de Pontevedra (7 e 8 de outubro), para continuar os encerros en A Coruña (13 e 14 de outubro), Vigo (15 e 16 de outubro), Ourense (19 e 20 outubro) e finalmente Compostela (21 e 22 outubro).
  • ADIANTE OS PECHES NO ENSINO!!!
  • EN DEFENSA DUN ENSINO PÚBLICO E DE CALIDADE!!!
  • A CRISE DO CAPITAL, QUE A PAGUE O CAPITAL...NON OS TRABALLADORES E TRABALLADORAS!!!
Enviado por:
Saúde Ferrol
-cigsaudeferrol@gmail.com-
6 de outubro de 2009 19:27

_______________

O TSXG anula a declaración de impacto ambiental da piscifatoría de Rinlo - Ribadeo



O TSXG ven de emitir Sentenza  no contencioso administrativo interposto por ADEGA contra a resolución da Xunta do último goberno Fraga, que aprobaba a piscifatoría de Foxo Longo en Rinlo (Ribadeo) promovida por ACUINOR S. L. Deste xeito, quedan invalidadas tanto a DIA (Declaración de Impacto Ambiental) feita pola Xunta como as licenzas de obra e actividade concedidas a ACUINOR polo concello de Ribadeo. Nos seus fundamentos, o tribunal estima unha “infracción relevante que vicia a DIA” por inobservancia da lexislación ambiental de protección da Rede Natura 2000. Trátase pois, dunha sentenza histórica para o ecoloxismo e a sociedade galega: é a primeira vez que a Rede Natura ve recoñecida a súa protección polo alto tribunal galego fronte ao proceder dalgunhas administracións e empresas para as que as leis ambientais son só papel mollado, e as avaliacións ambientais un incómodo trámite que completar con estudos de impacto e declaracións a medida.





[Obras de ACUINOR na Rede Natura. Amplía!]

No caso a piscifatoría de Rinlo, o tribunal recoñece afeccións ao LIC das Catedrais, por fragmentación e degradación dos hábitats protexidos alí presentes, mesmo hábitats prioritarios que por ameazados requiren medidas de especial conservación.

Na súa sentenza, o TSXG indícalle á Xunta que, na DIA non observou o establecido nos apartados 3 e 4 do artigo 6 da Directiva de Hábitats e do Real Decreto 1997/1995, no que coincide coa interpretación que sempre fixo ADEGA:

Art. 6. Medidas de conservación […]
  • 3. Calquera plano o proxecto que, sen tener relación directa coa xestión do lugar o sen ser necesario para esta, poida afectar de xeito apreciable aos citados lugares, xa sexa individualmente ou en combinación con outros planos ou proxectos, someterase a unha axeitada avaliación das súas repercusións no lugar, que se realizará de acordo coas normas que sexan de aplicación, de acordo co establecido na lexislación básica estatal e nas normas adicionais de protección ditadas po as Comunidades Autónomas, tendo en conta os obxectivos de conservación de dito lugar. Á vista das conclusións da avaliación das repercusións no lugar e supeditado ao disposto no apartado 4 deste artigo, as Comunidades Autónomas correspondentes só manifestarán a súa conformidade con dito plano ou proxecto tras asegurarse que non causará perxuizo á integridade do lugar en cuestión e, de proceder, tras sometelo a información pública.
  • 4. Si, apesar das conclusións negativas da avaliación das repercusións sobre o lugar e a falla de solucións alternativas, debera realizarse un plano ou proxecto por razóns imperiosas de interese público de primeira orde, incluidas razóns de índole social ou económica, as Administracións públicas competentes tomarán cantas medidas compensatorias sexan necesarias para garantir que a coherencia global de Natura 2000 quede protexida. No seu caso, as Comunidades Autónomas comunicarán ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación as medidas compensatorias que teñan adoptado e este, através da canle correspondente, informará á Comisión Europea.

No caso de que o lugar considerado albergue un tipo de hábitat natural e/ou unha especie prioritarios, unicamente poderanse alegar consideracións relacionadas coa saúde humana e a seguridade pública, ou relativas a consecuencias positivas de primordial importancia para o medio ambiente, ou ben, outras razóns imperiosas de interese público de primeira orde. Neste último caso, através da canle correspondente, haberá que consultar, previamente, á Comisión Europea.




[Defendendo a legalidade. Amplía!]

O TSXG considera que, como amosan os informes do IBADER, do SEPRONA, e mesmo da propia D. X. de Conservación da Natureza da Xunta, “a execución do proxecto construtivo conleva unha afección significativa sobre o estado de conservación dos hábitats 1230 e 4040* [prioritario], con perxuizo para a integridade do lugar” polo que a DIA non resulta conforme a dereito por non observar os trámites previstos nos artigos 6, tanto da Directiva 92/43/CEE como Real Decreto 1997/1995 para un espazo da Rede Natura no que quedou abondosamente probado a presenza de hábitats prioritarios.




[Imaxes do xuizo civil. Amplía!]

Esta sentenza culmina un longo proceso xudicial iniciado trala denuncia de ADEGA contra as actuacións da Xunta e ACUINOR no caso da piscifatoría de Rinlo. Até hoxe, os tribunais viñeron dando sistemáticamente a razón a ADEGA: primeiro, absolvendo aos nosos activistas dunha denuncia penal por coaccións tras paralizar as obras ilegais da piscifatoría; a continuación, acordando unha decisiva -pois do contrario quedaría desvirtuada a anulación do DIA- paralización cautelar das obras; logo, desestimando a demanda civil interposta por ACUINOR reclamando a ADEGA unha indemnización de 30.000 € e, finalmente, anulando a DIA e as licenzas de obra e actividade do proxecto.

O caso da piscifatoría de Rinlo exemplifica o desprezo pola legalidade, polo noso patrimonio natural e pola cidadanía que practican algunhas empresas coa colaboración necesaria das administracións: declaracións ambientais á medida e fraudulentas; licenzas ilegais; sospeitas de corrupción por manexo de información privilexiada, deixación de funcións administrativas, modificacións lexislativas á medida e tramitacións “exprés”; inxustiza social e desprezo pola cidadanía ao permitir a algúns facer o que non poden os veciños…



[Afeccións de Touriñán á RN. Amplía!]

No entanto, as repercusións do fallo do TSXG van máis aló do caso concreto de Rinlo. A sentenza sinala na súa fundamentación, argumentos extrapolábeis a moitos outros proxectos e actividades que non foron obxecto dunha tramitación ambiental axustada ás leis que protexen a Rede Natura (como o escandaloso caso das turbeiras do Xistral, entre outros). O TSXG portanto, traslada a proba á administración, que debe demostrar de xeito obxectivo que non existe impacto negativo nin se perxudicará á integridade do LIC ou ZEPA. E de haber hábitats prioritarios, só poderá alegar consideracións relacionadas coa saúde e a seguridade pública ou relativas a consecuencias positivas no ambiente ou, previa consulta á Comisión, razóns imperiosas de interese público de primeira orde.

Tal podería ser tamén o caso da planta de acuicultura de Cabo Touriñán. Malia a estar incluida en Rede Natura e afectar a hábitats prioritarios (véxase o propio Plano Acuícola coa cartografía do Inventario Nacional de Hábitats, na que 1/3 da superficie da planta, 120.000 m2, sitúase sobre hábitats prioritarios), o último governo Fraga aprobou o proxecto sectorial de Touriñán cunha DIA favorábel. Apesar das afeccións críticas sinaladas no Estudo de Impacto e ao informe contrario da COTOP, a administración Fraga deciudíu saltarse os trámites que o TSXG sinala como preceitivos, a respeito da protección da Rede Natura, na súa fundamentación da sentenza de ACUINOR. Como se pode querer recuperar agora un proxecto cuxa tramitación foi tan fraudulenta como a de Rinlo? A que intereses serve o goberno Feijóo coa súa fixación con Touriñán?

Por último, ADEGA quere dar as grazas a todas as persoas e colectivos que apoiaron este proceso, mesmo arriscando a súa integridade e patrimonio. Primeiro e fundamentalmente, aos veciños e veciñas, compañeiros e compañeiras ecoloxistas que parando as obras iniciaron o camiño do éxito. Non esquecemos tampouco ás institucións e investigadores que amosaron a súa dilixencia, coherencia e compromiso ambiental malia ás presións. E, finalmente á equipa legal que, acreditando na causa ecoloxista, soubo defender brillantemente os intereses que non son só os de ADEGA, senón os de toda a cidadanía galega.

Compostela, 6 de outubro de 2009.

Documento de interese:
Fonte: adega.info
_________

Convocado, en Ferrol pola plataforma cidadá "Queremos Galego", un pasa-rúas en defensa da lingua, este Xoves 8 de Outubro

No mes de Setembro constituia-se en Ferrol a Plataforma Cidadá Queremos Galego, como resposta social á situación de emerxencia que vive a nosa lingua e ás agresións que mesmo parten desde as institucións autonómicas. Queremos Galego nace como o espazo de encontro de diferentes sensibilidades, para traballar polo galego en positivo, as mobilizacións e as iniciativas a prol do galego vai ser o seu traballo social nesta comarca, ademais de servir para concretizar o traballo que se decida a nivel nacional.

O Domingo 18 de Outubro, convocaron unha Manifestación Nacional en Compostela, mais antes en Ferrol realizarán un acto reivindicativo, consistente nun Pasa-Rúas na defensa da lingua, este será o Xoves 8 de Outubro, ás 7 da Tarde desde a Praza de Armas.



[Para ampliar clicar acima do cartaz]


Web da Plataforma Cidadá:
http://www.queremosgalego.org
_______________________________

luns, outubro 05, 2009

Igualdade na diferenza


Por Decresita
5 de Outubro de 2009


Vivimos nunha sociedade estruturada pola dominación. O dominio dunhas persoas sobre outras, que permite transformar a diferenzas en desigualdades.

Exemplos para reflexionar: Por que na nosa sociedade esta mal visto a murmuración, con todo falar de fútbol está considerado unha asunto serio?. Por que está máis penalizado socialmente comprar nun mercadillo que nun gran centro comercial?. Por que ter vehículo privado dá máis prestixio que utilizar transporte público?

O poder permite poder mandar, poder facer, poder ser, dominar e administrar os recursos, permite elixir o modo de estar no mundo.

Se todos temos que ser iguais, a que suxeito témonos que igualar; no mundo que nos tocou vivir está claro todas deberiamos ser: home / branco / rico / heterosexual / urbano / mozo / san / cidadán / universitario / propietario / con patria?

Que ocorre entón co modo de ser muller, ser negra, ser xitana, ser pobre, ser campesiña, ser vella, ser nena, ser enferma, ser sen papeis, ser apratida, ser precaria, ?

O xenérico procrea identidades que é o oposto ás diferenzas.

Se a aspiración é que as persoas cheguemos a ser suxeitos con todas as prerrogativas do "suxeito universal", estaremos lexitimando as leis que fan invisible o dominio social.

Penso que hai que construír o "suxeito diferencial" capaz de pactos e transaccións, reclamamos a diferenza porque somos diferentes fronte ao modelo hegemónico.

Soñamos voluptuosamente con "un paraíso perdido" no que comernos todas as mazás prohibidas. A vida non é negociable. A nosa liberdade nace da nosa natureza, que a dota tanto de posibilidades como de límites. utilizaron as nosas diferenzas para someternos. As diferenzas de idade, de raza, de relixión, de lingua, de etnia, de clase e de sexo deron lugar a múltiples desigualdades. Pero a diferenza nada ten que ver conceptualmente coa desigualdade. Esta foi unha consecuencia perversa.

Na nosa civilización xerarquizada, os que están arriba son os que foron construíndo un modelo no que o significante, o valioso, é aquilo que se axusta máis facilmente aos esquema á clases hegemónicas. A valoración que se fai de determinadas funcións, roles, actitudes ou aptitudes é o que define que o fútbol é un asunto serio, que os centros comerciais son os novos templos sacros e o vehículo privado é un novo deus. O esquema do triunfador está moi preto do financeiro, do político con éxito, do presentador mediático, do futbolista goleador.

Existe, non só unha dominación real, senón tamén unha dominación simbólica que nin sequera a vemos porque aniña no noso inconsciente. Vemos, pois, que existen explotacións visibles e materiais que son posibles porque previamente existe unha dominación tácita e simbólica que consegue facer pasar por normal o que é aberrante.

O imponderable polo que se decide o que existe e o que non, o que é valioso e o devaluado, o éxito e o fracaso non é outro que o código implícito nas sociedades de dominación.

Por isto reclamamos a igualdade na diferenza.

Fonte: decrecimiento.info
____________________________

Presentou-se Prolingua: a plataforma a prol da defensa e promoción da lingua galega


  • Prolingua nace “para defender o galego como se fose a propia vida

  • 250 persoas participaron na asemblea fundacional “dos que teñen a razón porque non menten
Galicia conta dende onte cunha nova asociación en defensa da súa lingua, un grupo que se define “irmán de calquera outro que persiga os mesmos fins” pero cun funcionamento e unhas bases organizativas sensiblemente distintas. Na facultade de Filoloxía de Compostela e ante unhas 250 persoas, botou a andar Prolingua, organización “plural, apartidaria, autoxestionada no económico e non xerárquica” e que considera o idioma propio “o patrimonio máis prezado do pobo galego”.

Escritores como Xosé Luís Méndez Ferrin, Miguel Anxo Fernán Vello, Agustín Fernández Paz ou Xavier P. Docampo, editores como Manuel Bragado ou profesores como Francisco Fernández Rei participaron –entre moitos outros– nun acto no que tamén estivo presente Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística e no que se puido ver representación das tres forzas parlamentarias, malia que non precisamente das súas liñas oficiais. Rafael Cuíña, do PP e un dos máis aplaudidos, os referentes do BNG durante moitos anos Camilo Nogueira, Xosé Manuel Beiras ... e Xosé Luís Rodríguez Pardo, histórico do PSOE galego, acudiron á asemblea. Precisamente, este último tomou a palabra para lembrar os tempos da transición, cando tamén foi “necesaria” a reivindicación do uso e promoción da lingua e entón afirmou dende a emotividade: “Pensar no galego e pensar na miña vida, por iso pido que o defendamos como se fose a nosa propia vida”.

Posteriormente falou Rafael, o fillo do falecido Xosé Cuíña, que declarou o seu “firme compromiso contra as teses obscenas de Galicia Bilingüe e contra toda esa obsesión contra o galego dos que teñen un forte complexo de inferioridade”. “Xente do meu entorno díxome que facía aquí rodeado de roxos perigosos. Eu díxenlles que roxos haberá, pero os perigosos son outros”, engadiu nunha clara referencia á súa militancia popular. De feito nin o PP nin ningunha outra forza política foi nomeada durante a xuntanza, nun xesto que forma parte do ideario da asociación. Pero loxicamente houbo referencias críticas. As máis correron a cargo de Agustín Fernández Paz. El explicou unha marca fundamental para entender Prolingua: “Somos apartidistas, pero fondamente políticos”.

Si se escoitaron mensaxes para Galicia Bilingüe e todos os seus “respaldos económicos, mediáticos e políticos”. “Nós temos a razón porque non mentimos, como fan eles”, comparou Xavier P. Docampo, que puxo como exemplo da marxinación do galego unha lembranza da súa mocidade que considerou completamente actual: “Hai anos, vin como La Voz de Galicia publicaba en castelán a noticia da morte de Cabanillas. Aí decateime de moitas cousas, todas en clave de inxustizas coa nosa lingua”.

Pero foi Fernández Paz o que enviou as maiores cargas de profundidade no seu discurso. Denunciou os ataques ao galego “do Goberno saído das últimas eleccións” e tamén protestou pola “pobre política de comunicación da anterior Xunta á hora de explicar o decreto do galego no ensino”. Dende ese punto solicitou “rebeldía” e tamén a firmeza de Rosa Parks, a estadounidense de raza negra que se plantou ante a segregación negándose a ceder a súa praza no autobús a un branco e cuxa frase adoptou aos galegofalantes: “Estamos fartos de ceder e ceder”. Porén, a súa chamada combinouse tamén cun fundamental apunte táctico: “Debemos actuar en positivo”. Esa luva recolleuna ao rematar o acto Manuel Bragado: “A sociedade admira aos que aman e nós temos esa forza”.

Fonte: xornal.com

Se queres asinar o manifesto, escríbe un correo-e indicando o teu nome, apelidos e profesión ao enderezo de contacto:

prolinguagalega@gmail.com

Prolingua: Plataforma a prol da defensa e promoción da lingua galega

Web oficial da Plataforma:

http://prolinguagalega.org/
_____________________

Noticia relacionada:

No xornal Galicia Hoxe



[FOTO: ramón escuredo]

Nace outra plataforma a prol do galego
Referendada con preto de mil sinaturas, onte presentouse en Compostela ProLingua, unha plataforma de carácter social en defensa do galego e contra os ataques da Xunta ó idioma propio. O escritor Xabier P. Docampo acompañado, entre outros, dos tamén escritores Agustín Fernández Paz e Mercedes Queixas, do profesor Quique Costas, do académico Francisco Fernández Rei ou mesmo do empresario Rafael Cuíña, militante do PP, sinalou como unha das súas prioridades “que non se tome ningunha decisión contra a lexislación lingüística actual” que o propio presidente do Goberno galego, Núñez Feijóo está a poñer en cuestión [+info]
V. OLIVEIRA
___________________

domingo, outubro 04, 2009

A prensa diaria morre


Por Ignacio Ramonet
04.10.2009


Decenas de diarios están en quebra. En Estados Unidos xa pecharon non menos de cento vinte. E o tsunami golpea agora a Europa. Nin sequera se salvan os outrora "rotativos de referencia": El País en España, Le Monde en Francia, The Estafes e The Independent no Reino Unido, Correr della Sera e A Repubblica en Italia, etc. Todos eles acumulan fortes perdas económicas, derrube da difusión e afundimento da publicidade (1).

O prestixioso New York Times tivo que solicitar a axuda do millonario mexicano Carlos Slim; a empresa editora de The Chicago Tribune e Los Angeles Times, así como a Hearst Corporation, dona do San Francisco Chronicle, caeron en bancarrota; News Corp, o poderoso grupo multimedia de Rupert Murdoch que publica Wall Street Journal , presentou perdas anuais de 2.500 millóns de euros...

Para recortar gastos, moitas publicacións están reducindo o seu número de páxinas; o Wáshington Post pechou o seu prestixioso suplemento literario Bookworld ; o Christian Science Monitor decidiu suprimir a súa edición de papel e existir só en Internet; o Financial Times propón semanas de tres días aos seus redactores e reduciu drasticamente o seu persoal.

Os despedimentos son masivos. Desde xaneiro de 2008 suprimíronse 21.000 empregos nos xornais estadounidenses. En España, "entre xuño de 2008 e abril de 2009, 2.221 xornalistas perderon o seu posto de traballo" (2).

A prensa escrita diaria de pago áchase ao bordo do precipicio e busca desesperadamente fórmulas para sobrevivir. Algúns analistas estiman obsoleto ese modo de información. Michael Wolf, de Newser , vaticina que o 80% dos rotativos norteamericanos desaparecerán (3). Máis pesimista, Rupert Murdoch prognostica que, no próximo decenio, todos os diarios deixarán de existir...

Que é o que agrava tan letalmente a vella delicuescencia da prensa escrita cotiá? Un factor conxuntural: a crise económica global que provoca unha mingua da publicidade e unha restrición do crédito. E que, no momento máis inoportuno, veu a acrecentar os males estruturais do sector: mercantilización da información, adicción á publicidade, perda de credibilidade, bajón de subscritores, competencia da prensa gratuíta, envellecemento dos lectores...

En América Latina engádense a isto as necesarias reformas democráticas emprendidas por algúns Gobernos (Arxentina, Ecuador, Bolivia, Venezuela) contra os "latifundios mediáticos" de grupos privados en situación de monopolio. O cal desencadea, contra eses Gobernos e os seus Presidentes, unha sarta de calumnias difundidas polos despechados medios de comunicación dominantes e os seus cómplices habituais (en España: o diario El País , que de paso carga contra o Presidente José Luís Rodríguez Zapatero) (4).

A prensa diaria segue practicando un modelo económico e industrial que non funciona. O recurso de construír grandes grupos multimedia internacionais, como se fixo nos anos 1980 e 1990, xa non serve fronte á proliferación dos novos modos de difusión da información e do lecer, vía Internet ou os teléfonos móbiles (5).

Paradoxalmente, nunca tiveron os diarios tanta audiencia como hoxe. Con Internet, o número de lectores creceu de xeito exponencial (6). Pero a articulación coa Rede segue sendo desdichada. Porque establece unha inxustiza ao obrigar ao lector de quiosco, o que compra o diario, a subvencionar ao lector de pantalla que le gratuitamente a edición dixital (máis extensa e amena). E porque a publicidade na versión da web non rende, ao ser moito máis barata que na versión de papel (7). Perdas e ganancias non se equilibran.

Dando paus de cego, os rotativos buscan desesperadamente fórmulas para afrontar o hipercambio, e sobrevivir. Seguindo o exemplo de iTunes, algúns piden micropagos aos seus lectores para deixarlles acceder en exclusiva ás informacións en liña (8). Rupert Murdoch decidiu que, a partir de xaneiro de 2010, esixirá pago por toda consulta do Wall Street Journal mediante calquera tecnoloxía, xa sexan os teléfonos Blackberry ou iPhone, Twitter ou o lector electrónico Kindle. O buscador Google está pensando nunha receita que lle permita cobrar por toda lectura de calquera diario dixital, e reverter unha fracción á empresa editora.

Bastarán eses parches para salvar ao enfermo terminal? Poucos creno ( léase artigo de Serge Halimi "O combate de Le Monde diplomatique" ). Porque a todo o anterior sumar o máis preocupante: o esborralle da credibilidade. A obsesión actual dos diarios pola inmediatez lévalles a multiplicar os erros. A demagóxica solicitude ao "lector xornalista" para que colgue na web do xornal o seu blog , as súas fotos ou os seus vídeos, incrementa o risco de difundir enganos. E adoptar a defensa da estratexia da empresa como liña editorial (cousa que fan hoxe os diarios dominantes) conduce a impor unha lectura subxectiva, arbitraria e partidaria da información.

Fronte aos novos "pecados capitais" do xornalismo, os cidadáns senten vulnerados nos seus dereitos. Saben que dispor de información fiable e de calidade é máis importante que nunca. Para eles e para a democracia. E pregúntanse: onde buscar a verdade? Os nosos asiduos lectores coñecen (unha parte de) a resposta: na prensa realmente independente e crítica; e, obviamente, nas páxinas de Le Monde diplomatique en español .

Notas:
  1. Inés Hayes, "En quebra os principais diarios do mundo", América XXI, Caracas, abril de 2009.
  2. Segundo a Federación de Asociacións de Xornalistas de España, Madrid, 13 de abril de 2009.
  3. The Wáshington Post, 21 de abril de 2009.
  4. Sobre os ataques do País contra Zapatero, léase Doreen Carvajal, "O País in Rare Break With Socialist Leader", The New York Estafes, 13 de setembro de 2009. Versión en español: www.internautas.org/ html/5722.html
  5. Luís Hernández Navarro, "A crise da prensa escrita", A Xornada, México, 3 de marzo de 2009.
  6. Léase o informe: "Newspapers in Crise": www.emarketer.com/Reports/All/Emarketer_2000552.aspx
  7. En 2008, a audiencia do New York Estafes en Internet foi dez veces superior á da súa edición impresa, pero as súas ganancias por publicidade na Rede foron dez veces inferiores ás da edición de papel.
  8. Léase: Gordon Crovitz, "O futuro dos diarios en Internet", A Nación, Bos Aires, 15 de agosto de 2009, e O País, Madrid, 11 de setembro de 2009.
Publicado no Numero 168 -  Outubro 2009, de monde-diplomatique.es .
___________________________

Daqueles pos viñeron estes lodos: as crises do noso tempo


Da redacción de Crise Económica, presentación dun documento do profesor Enric Tello
Sábado, 26 de setembro de 2009


Presentamos aos nosos lectores un extenso ensaio do Doutor en Historia Contemporánea e catedrático do Departamento de Historia e Institucións Económicas da Universidade de Barcelona, Enric Tello. O texto, titulado "Apuntes sobre a crise, ou as crises do noso tempo" (ficheiro PDF, 384KB), é o desenvolvemento dun guión preparado para unha charla durante unhas xornadas sobre a crise do petróleo barato, celebradas na comarca do Vallès Oriental (Barcelona), a finais de 2008. O texto publicouse tamén no Anuario dos Movementos Sociais 2009.

Este ensaio de Enric Tello aborda as crises do noso tempo, "financeira, económica, enerxética, alimentaria, climática, ecolóxica e do coidado da vida humana", desde varias perspectivas. En primeiro lugar realiza unha análise do papel das teorías económicas dominantes no último século, repasando as diversas críticas, desde Keynes a Krugman, e mostrando como estas acabaron configurando o "capitalismo de casino" ao que se permitiu operar nas últimas décadas con tan desastrosos resultados.

A cobiza amparada na desregulación, o papel fundamental da moderna enxeñería financeira e a globalización dos capitais son os protagonistas deste convulso último tramo na crónica económica mundial, que Tello disecciona en profundidade.

Nese contexto, o dun establishment político-económico que busca desesperadamente novos camiños para continuar pola senda do crecemento económico, xa sexa este verdadeiro ou en forma de fráxil pompa de xabón que estala ao menor contratempo, Tello introduce entón os diversos esforzos por entender cales e onde están os límites ecolóxicos ao crecemento, desde os informes do Club de Roma nos anos 70 ás teorías complementarias sobre a exergía (o traballo útil que obtemos da enerxía primaria consumida).

O pico do petróleo tamén merece a atención do autor, e como se ignorou este fenómeno, ao ser menosprezado pola sabedoría convencional do momento, legado das teorías acientíficas que conforman o corpo da teoría macroeconómica moderna, a saber, "a fe cega na racionalidade dos axentes que interveñen no mercado para percibir o grao de escaseza presente e futura dun estoc non renovable".

Cambio climático e crise alimentaria pechan unha primeira parte dedicada a expor a situación actual e como se chegou a ela. Na segunda parte, Enric Tello exponse aquilo que todos aqueles conscientes da natureza do problema expuxémonos nalgún momento: que facer?

Tello propón que a divisa central da tarefa transformadora necesaria é a "transición cara a unha economía sostible", identificando correctamente as esixencias do sistema económico como a fonte das tensións que se ciernen sobre os menguantes recursos naturais, aínda que non vai máis aló, como fixeron outros autores, e non entra en consideracións sobre os condicionantes da natureza humana nun contexto evolutivo.

A necesidade do crecemento no uso material do capitalismo e a posibilidade da súa redención a través dalgunhas das fórmula apenas esbozadas dun novo "capitalismo verde" permite a Tello botar unha mirada cara a algunhas das propostas, de carácter local e marcadamente orgánicas, que se empezaron a pór en marcha, como as distintas propostas decrecentistas ou o movemento de cidades en transición.

O documento de Tello é un valioso estudo dos motivos desta crise e as saídas que aparecen ante nós, incluíndo as oportunidades que poida presentar os intentos de salvar ao capitalismo a través dun teórico "capitalismo verde":

Podería o capitalismo actual reformarse profundamente ata o punto de resolver a súa 'segunda contradición' coa natureza? Podería ser esta unha vía neo-keynesiana de saída ás crises do o noso tempo? (...)

O núcleo desas propostas consiste en desenvolver unha nova onda de innovacións tecnolóxicas orientadas á eco-eficiencia, mediante unha reforma do marco institucional onde funcionan os mercados que permita internalizar as externalidades ambientais mediante unha reforma fiscal verde, novas regulacións públicas, e outras políticas económicas ambientais que conduzan os prezos a 'dicir a verdade ecolóxica', de forma que os investidores, as empresas e os consumidores estean incentivados a tomar decisións favorables ao mantemento das condicións básicas de produción que proporcionan os sistemas naturais. (...)

Podería chegar a funcionar? A miña opinión é que o conxunto de propostas formuladas por estes e outros autores parecidos tanto poderían servir para unha profunda reforma neokeynesiana cara a un 'capitalismo verde', como para abrir o camiño cara a un novo socialismo ecolóxico que comece a deixar atrás definitivamente aquel 'socialismo irreal' estalinista que confundiu a revolución socialista con impulsar unha revolución industrial desde unha tiránica maquinaria económica estatalizada.
Fonte: Redacción de Crise Económica
____________________

Dossier de prensa: Os novos conquistadores




Os novos conquistadores

Documento editado pola organización Greenpeace
1 de Outubro de 2009



1. MULTINACIONAIS: O CONTEXTO

As empresas multinacionais son as grandes beneficiarias da globalización. Se se compara o PIB dos países do mundo e o volume económico das multinacionais en termos equivalentes, sae unha conta sorprendente: das 100 primeiras entidades económicas do mundo, 51 son multinacionais e 49 son países.

Aínda que as multinacionais de países emerxentes están gañando en importancia nos mercados globais, este segue sendo un fenómeno esencialmente do Norte: das 100 corporacións con maiores activos no estranxeiro, 85 teñen a súa casa matriz en EE UU, a UE e Xapón. As estadounidenses controlan a metade da riqueza.

As multinacionais son os principais gañadores no xogo da globalización porque teñen a vantaxe de operar de forma global. Poden deslocalizar a súa produción, é dicir, levala alí onde as condicións son máis favorables. Isto permítelles presionar aos gobernos, sobre todo os do Sur, e esixir vantaxes e exencións fiscais, menos requisitos e esixencias en materia de medio ambiente, e man de obra barata. Se non o conseguen, trasladan a súa produción a outro lugar.

Algúns datos:
  • Hai actualmente 79.000 multinacionais, con máis de 790.000 filiais.

  • Controlan o 85% do investimento estranxeiro directa mundial, e máis do 60% do comercio.

  • As 500 multinacionais maiores do mundo suman o 25% da produción e un 52% do PIB mundial.

  • A facturación de Shell en 2007 equivalía ao PIB de Venezuela.


2. MULTINACIONAIS ESPAÑOLAS EN AMÉRICA LATINA: DATOS BÁSICOS

As empresas españolas comezaron a internacionalizarse nos anos oitenta e noventa. Once empresas españolas están na lista Fortune Global 500, que inclúe ás máis grandes. Son: Santander Central Hispano; Telefónica; Repsol YPF; BBVA; Endesa; ACS; Cepsa; Iberdrola; Ferrovial; FCC e MAPFRE.

España é actualmente o oitavo provedor de Investimento Estranxeiro Directa (IED) do mundo. En 2008, só a metade dos ingresos das empresas que cotizan no Ibex-35 xeráronse en España. En América Latina situáronse entre as maiores en sectores como os hidrocarburos, a enerxía, as telecomunicacións, a banca ou a pesca.

En América Latina a súa chegada produciuse nun curto espazo de tempo, de forma masiva e entrando en sectores estratéxicos. Isto fixo que llas vexa como "novos colonizadores". intentaron e logrado en moitos casos obter condicións vantaxosas, en detrimento dos gobernos e poboacións locais. En moitos casos aplicaron dobres estándares, actuando nesta rexión con prácticas que non serían tolerables e en ocasións tampouco legais en España. Ao mesmo tempo, cando se dirixen ao público español mediante a publicidade ou a información, "venden" unha imaxe responsable e sostible e ocultan os verdadeiros impactos da súa actividade no exterior.

En 2007 a IED global cara a América Latina aumentou un 36% ata alcanzar os 126.000 millóns de dólares. Todas as institucións internacionais sinalan que nos últimos anos esta rexión alcanzou éxitos macroeconómicos, mellorado os niveis de crecemento. A chegada masiva das multinacionais españolas permitiulles mellorar as súas contas de resultados e obter maiores beneficios.

Con todo, non parece ter os mesmos efectos positivos sobre a poboación latinoamericana. Ao redor de 184 millóns de persoas seguen vivindo na pobreza naquela rexión, dos que uns 68 millóns viven na extrema pobreza. Estes datos son só lixeiramente inferiores aos dos anos noventa. En México, país onde se produciu un desembarco masivo de empresas españolas, crece o número de habitantes que vive na pobreza extrema.


3. ALGÚNS CASOS DESTACADOS NO INFORME

Hidrocarburos

América Latina ten importantes recursos enerxéticos: o 10% das reservas mundiais de petróleo e o 4% das de gas. Ademais é importante porque permite un abastecemento estable, lonxe da conflitiva rexión de Oriente medio.

Repsol YPF ten en América Latina máis de 90% dos seus reservas de hidrocarburos e obtén nesta rexión máis do 80% dos seus resultados de explotación. En Ecuador opera no Parque Nacional Yasuní, onde se produciron derrames de cru e contaminación dos ríos nunha zona de altísimo valor natural. Tamén participa cun 25% do Oleoduto de Crudos Pesados (OCP), que atravesa parte da selva amazónica e a cordilleira andina e afectou a once áreas protexidas con derrames e contaminación. No ano 2009, máis de 70 organizacións pediron que esta empresa fose expulsada da Amazonia por neglixencias que conduciron a unha nova vertedura, equivalente a 14.000 barrís de cru.

Tamén causou contaminación, destrución do medio ambiente e abusos contra os dereitos humanos en Bolivia, Colombia e Arxentina, entre outros países. En Loma da Lata (Arxentina) hacontaminado con metais pesados a auga e o territorio de poboacións indíxenas mapuches. No Chaco boliviano, as comunidades indíxenas denuncian que non cumpriu o requisito da consulta previa, libre e informada ás comunidades.

Eléctricas

As maiores operadoras españolas do negocio da electricidade (Endesa, Unión Fenosa e Iberdrola) están presentes en diversos países de América Latina. Todas elas esfórzanse en España por proxectar unha imaxe "verde" e sostible, por resaltar os seus investimentos e esforzos en enerxías limpas e renovables e por asociar a súa imaxe ao coidado do medio ambiente. Pero en América Latina, ata en moita maior medida que en España, a súa actividade de xeración de electricidade está asociada ás centrais térmicas, especialmente de fuel/gas; e aos ciclos combinados de gas natural. Unión Fenosa e Iberdrola encabezan un proxecto para a construción de cinco centrais de carbón en Guatemala.

En América Latina non realizan nin sequera o limitado esforzo que fan en España en investimento en enerxías renovables. Só Iberdrola teñen un 5% de potencia instalada en renovables en América Latina, e Unión Fenosa un 0,12%. No caso de Endesa, a porcentaxe é 0.

Outra fonte importante son as centrais hidroeléctricas. Endesa quere construír cinco grandes presas na Patagonia chilena, e xerou un importante conflito neste país. Estas infraestruturas alagarían miles de hectáreas nun territorio completamente virxe, e suporían a extinción de especies e afectar á terceira reserva de auga doce do mundo, destruíndo un ecosistema completamente virxe. Endesa tratou de intimidar a quen se opón aos seus proxectos. Recentemente pediu máis de oito anos de cárcere e multas millonarias para os activistas de Greenpeace que despregaron unha pancarta pedindo que puxese fin a este proxecto.

Turismo

Hai once empresas hostaleiras españolas entre as cen primeiras do mundo. En América Latina, especialmente en México e o Caribe, están reproducindo o modelo que lles fixo gañar moito diñeiro en España e que hoxe está esgotándose: turismo masivo, de sol e praia, en moitos casos de modalidade "todo incluído". Este modelo esquilma os recursos naturais e ofrece moi poucos beneficios á poboación local.

En México, varios grupos hostaleiros españois están involucrados en proxectos de construción de complexos turísticos en zonas de manglares. Actualmente Sol Meliá proxecta construír un complexo de 950 habitacións nos arredores de Costa Turquesa, en Quintana Roo. Practicamente todas as zonas de manglar nos arredores foron devastadas. México perdeu xa o 65% dos seus bosques costeiros de manglar e segue perdendo un 2,5% anual.

En Brasil, empresas españolas están involucradas en proxectos de construción de mega complexos turísticos, que arrasarán zonas de gran valor natural. Afirma participa no proxecto Nova Atlantida, para construír un complexo en Praia dá Baleia nunha extensión superior a 3.000 hectáreas. Grupo Sánchez planea construír 40.000 vivendas en Natal, nunha zona de dunas actualmente virxe.

Auga e saneamentos

Varias empresas españolas fixéronse con servizos de abastecemento de auga e saneamentos en América Latina, no marco dos procesos de privatización. Augas de Barcelona (Agbar), que opera en varios países, recibiu numerosas denuncias especialmente en Colombia. En Cartaxena, na rexión do Caribe, buscou maximizar os seus beneficios mentres un terzo da poboación da cidade, aquela de os barrios máis pobres e excluídos, quedaba sen acceso a servizos de auga potable e saneamento.

Pesca

Pescanova ten a maior flota pesqueira comercial do mundo, logo das empresas chinesas. En Chile practicou a sobre-explotación de especies como a pescada branca e o congrio dourado, dos que ten o 50% e o 53% da cota pesqueira industrial, respectivamente. Na zona sur do país, enfrontouse ás comunidades e autoridades locais porque as súas plantas de tratamento xeran miles de quilos de lixo que son almacenados en lugares que non cumpren a máis mínima condición ambiental nin sanitaria.

O grupo Calvo está entre as cinco maiores conserveiras do mundo e é líder en España. Ademais de aquí, opera en Brasil e El Salvador. Neste país actuou en situación de oligopolio, co que numerosos pescadores artesanais tiveron que abandonar a pesca. Nas súas plantas conserveiras violáronse os dereitos laborais, expulsouse a traballadores que protestaban por iso, e verteu de forma descontrolada refugallos de peixe e produtos químicos.

Banca

O BBVA e o Grupo Santander situáronse entre as maiores entidades bancarias de América Latina, e obteñen nesta rexión unha parte considerable dos seus beneficios. Ambos cultivan unha imaxe responsable, pero están involucrados en proxectos controvertidos.

O BBVA financiou o proxecto papelero da empresa española ENCE en Uruguai, que causou un importante conflito político con Arxentina (aínda que recentemente vendeu a súa participación, e ENCE retirouse do proxecto). Tamén financiou a xestión da mina Yanacocha, en Perú, a segunda mina de ouro do mundo, que contaminou os territorios e fontes de auga con mercurio e sustancias tóxicas, e empobrecido á poboación.

O Santander, xunto a outras institucións, financiou a primeira fase do Complexo Río Madeira, para construír catro grandes represas hidroeléctricas (dúas en Brasil, unha en Bolivia e outra en augas binacionales). Grupos locais e internacionais denunciaron que se destruirán territorios indíxenas de gran biodiversidade e que miles de persoas serán desprazadas por estes proxectos.

Santander renunciou a participar na segunda fase.


4. RECOMENDACIÓNS DE GREENPEACE (RESUMO)

Ás empresas españolas:

Acabar con toda práctica de dobres estándares nas súas actividades en América Latina, e cumprir a normativa máis estrita en materia social ou ambiental, xa sexa esta a española ou a do país onde operan.

A análise dos impactos sociais, de dereitos humanos ou medio ambiente debe integrarse nos resultados. A información social e ambiental debe recibir nas memorias anuais a mesma atención que a económica ou financeira.

Nas actividades extractivas ou vinculadas aos recursos naturais, deben internalizarse os custos dos impactos sociais e ambientais. Debe cumprirse a esixencia de consultar ás comunidades locais, especialmente indíxenas.

As empresas que operan no exterior deben mellorar en transparencia, e facer pública información sobre os impostos que pagan naqueles países, as subvencións que reciben ou os tratos con administracións públicas na obtención de contratos ou licenzas.

Ao Goberno español:

Deben establecerse mecanismos para esixir responsabilidades legais en caso de actuacións ilícitas, e para que as empresas españolas que operan en países en vías de desenvolvemento cumpran os estándares e principios internacionais sobre dereitos humanos, medio ambiente e bo goberno.

Á hora de establecer apoios a procesos de internacionalización, deben incorporarse esixencias de responsabilidade e mecanismos para verificala. A concesión de axudas públicas e o apoio político deben condicionarse ao seu cumprimento.

Nos futuros acordos de cooperación con países en desenvolvemento, especialmente en América Latina, deben incluírse mecanismos para a investigación e o monitoreo dos impactos das empresas españolas, e mecanismos de axuda para superar posibles problemas sociais, humanos e ambientais.

Impulsar sistemas que promovan máis transparencia en todos os ámbitos da empresa: pagos de impostos nos países onde operan, subvencións recibidas, actividades en paraísos fiscais, etc.

Procedementos sistemáticos e homogéneos para verificar e comparar a información. En certos países como os nórdicos, Francia e Holanda, a información sobre aspectos sociais / ambientais é obrigatoria e non voluntaria; deben seguirse os seus pasos.

Na UE, España debe cooperar con aqueles países e institucións que queren impulsar marcos reguladores máis adecuados para estas empresas, por exemplo para a esixencia de responsabilidades legais, mecanismos de rendición de contas e compensación, ou o acceso das vítimas á xustiza.

Fonte: http://www.greenpeace.es

Enviado por:
Fernández Sixto, Juan - Monturas (FE)
-jefernandez@navantia.es-
2 de outubro de 2009 13:53

______________________________________

Hoxe deixou-nos Mercedes Sosa


No día de hoxe, na cidade de Buenos Aires, Arxentina, temos que informar que nos deixou Mercedes Sosa, a máis grande Artista da Música Popular Latinoamericana.

Haydé Mercedes Sosa, naceu o día 9 de Xullo de 1935 na cidade de San Miguel de Tucumán. Con 74 anos de idade e unha traxectoria de 60 anos, Ela transitou diversos países do mundo, compartiu escenarios con innumerables e prestixiosos artistas, e deixou ademais, un enorme legado de gravacións discográficas.

A súa voz levou sempre unha profunda mensaxe de compromiso social a través da música de raíz folklórica, sen prexuízos de sumar outras vertentes e expresións de calidade musical.

Video de Mercedes Sosa cantando "Gracias a la vida"






O seu talento indiscutíbel, a súa honestidade e as súas profundas conviccións deixan unha enorme herdanza para as xeracións futuras. Admirada e respectada en todo o mundo, Mercedes constitúe-se como un símbolo do noso acervo cultural que nos representará por sempre e para sempre.

Quizais, as palabras da súa entrañábel amiga, Teresa Parodi, resuman o sentimento de moitos:

... Mercedes, salmo nos beizos
amorosa nai amada
muller de América ferida
a túa canción pon-nos ás e fai que a patria toda
menudita e abatida non se morra aínda,
non se morra porque sempre cantarás nas nosas almas
...

Os seus restos serán velados no Salón dos Pasos Perdidos, no Honorábel Congreso da Nación, Avda. Rivadavia 1864 a partir do mediodía de hoxe.

A súa Familia, achegados e amigos, agradecen profundamente o acompañamento e o apoio expresado nestes días.

Fonte:  mercedessosa.com.ar
_________________________

Vídeo da concentración en Ferrol, deste 3 de Outubro, para protestar pola ameaza que representa Reganosa e os gaseiros cargados que entran na Ría



Unha nova concentración, na Praza Amada García, convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, pois un gaseiro cargado con GNL-LNG, entraba na Ría a primeira hora da tarde, aumentando exponencialmente o perigo que de por si mesma representa a planta regasificadora de REGANOSA, instalada no corazón da Ría, no concello de Mugardos.

Este buque o LNG Bayelsa, fai o número 53 dos que irresponsabelmente entran, periodicamente, na Ría desde Maio de 2007.

O vídeo amosa un detalle da concentración, desta tarde 3 de Outubro de 2009, onde unha integrante do Comité Cidadán, Luz Mariña Torrente, toma a palabra para protestar e denunciar este feito.





Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org





Enlaces relacionados:
__________________

sábado, outubro 03, 2009

Deu comezo a Marcha Mundial Pola Paz e a Non-violencia


Este Venres 2 de Outubro de 2009, comezou en Nova Zelanda, a "Marcha Mundial pola Paz e a Non-violencia", no aniversário do nascimento de Gandhi e declarado polas Nacións Unidas como “Dia Internacional da Non-violencia”. terminará na serra dos Andes, en Punta de Vacas, aos pés do monte Aconcágua o 2 de Xaneiro de 2010. Durante estes 90 días, pasará por mais de 90 países e 100 cidades, nos cinco continentes. cobrirá unha distancia de 160.000 km por terra. Na nosa comarca ten o apoio da Concellería de Benestar Social, ..., o Clube de Montaña e de diversas entidades e organizacións, entre elas a do noso Colectivo Ártabra 21.


Xa en Marcha:

1 de Outubro de 2009





2 de Outubro de 2009


9.30 Inicio da Marcha ante a estatua de Gandhi en Wellington, en conmemoración do nacemento de Mahatma Ghandi.
10.30 A Marcha Mundial comeza camiñando no Wellington Peace
Heritage Walk
Na tarde (19-30/21.30) encontro publico para discutir as iniciativas de paz e non violencia coa xente en Tapu che Ranga Marae.


3 de Outubro de 2009


Os camiñantes continuan a marcha pasando por diversos fitos representativos da loita pola paz, ata terminar no monumento á Antártida no Monte Vitoria. Seguindo a marcha, o equipo internacional viaxará cara ao aeroporto para viaxar cara a Sidney, Australia.


O Luns 26 de Outubro, está previsto que pase por Ferrol a Ruta Galego-Portuguesa da Marcha Mundial pola Paz e a Non-violencia



As Propostas da Marcha

O obxectivo da Marcha Mundial pola Paz e a Non-violencia é o de percorrer todo o planeta pedindo o fin das guerras, as armas nucleares e a eliminación de todo tipo de violencia.

Unha acción dirixida a:
  • Lograr a desaparición das armas nucleares; a redución progresiva e proporcional do armamento; a firma de tratados de non agresión entre países; a renuncia dos gobernos a utilizar a guerra como medio para resolver conflitos.

  • Rescatar o mellor das diversas culturas e pobos da Terra.

  • Facer confluír as vontades de toda a sociedade civil para eliminar definitivamente a secuela social das guerras.

  • Xerar unha conciencia social mundial en contra de toda forma de violencia (física, económica, racial, relixiosa, cultural, sexual, psicolóxica) tan establecida e aceptada como inevitable pola sociedade.

  • Unha conciencia global que actúe como repulsa xeral cara a toda forma de violencia.

Enlaces de interese:
_______________________

Correo-e desde Ferrol:

Hoxe, 2 de Outubro de 2009, ás 18:30 horas parte de correos [Praza de Galiza] un autobus para levarnos a Monte Ventoso, desde alí baixaremos ao Faro Prioriño, onde se leera un manifesto pola paz e non violencia, e o Clube de Montaña tirará unha garrafa virtual cunha mensaxe de paz. Debemos ir con lanternas é importante participar na busqueda dun mundo mellor, de Paz e de Non-violencia. Hoxe 2 de Outubro no mundo enteiro comenzo a marcha,cunha mensaxe de paz para todos os habitantes do mundo. Agardamo-los, a marcha é de tod@s e para tod@s,por un mundo sen violencia.

Ferrol Pola Paz e a Non-violencia

Enviado por:
porlapazferrol@hotmail.com
2 de outubro de 2009 15:21

__________________________

venres, outubro 02, 2009

Acción Salva a Selva: Goberno holandés financia soia (ir)responsable


Estimadas amigas e amigos de Salva a Selva:

Esta semana, reportáronse desde Paraguai as mortes de seis indíxenas Mbya Guaraní debido a intoxicacións con agrotóxicos que se utilizan na produción da soia, e a dun campesiño nun conflito de terras cun latifundista soxaeiro.

Mentres, o goberno holandés presta apoio financeiro e político a unha iniciativa da industria para "maquillar de verde" o redondo negocio da soia. Este é o momento para enviarlle unha mensaxe clara ao goberno holandés e dicirlle que a Mesa Redonda de Soia Responsable RTRS non é o camiño para solucionar o problema. O problema da social e ambiental da soia aféctanos a todos. Firme unha carta hoxe mesmo entrando a:

http://www.salvalaselva.org

Axúdenos a difundir esta mensaxe entre todos os seus compañeiros e amigos.

Moitas grazas e un afectuoso saúdo.

Guadalupe Rodríguez
Salva a Selva /Rettet den Regenwald
www.salvalaselva.org

www.stop-agrocombustibles.nireblog.com
www.lasojamata.org
www.toxicsoy.org
www.grr.org.ar

Berlin, Alemania
Tel.: +49 (0)30- 51736879

Enviado por:
Rettet dean Regenwald e V.
info@regenwald.org
2 de outubro de 2009 18:52

________________

Un novo buque gaseiro ameaza a nosa seguridade: o “LNG Bayelsa”, que procede de Nixeria, ten anunciada a súa chegada a Reganosa, este Sábado 3 de Outubro, o Comité Cidadán de Emerxencia, convoca unha concentración ás 8 da tarde, para denunciar e protestar ante este feito



De novo un gaseiro cargado con GNL-LNG, ten prevista a súa entrada na Ría de Ferrol, aumentando exponencialmente o perigo que de por si mesma representa REGANOSA, instalada no corazón da Ría, no concello de Mugardos. Este buque o “LNG Bayelsa”, que procede de Nixeria [país onde a extracción de gas e petróleo só produce corrupción, miseria e xenocidio contra a poboación, onde, só uns poucos e as transnacionais petroleiras, se enriquecen a consta dos recursos enerxéticos do país africano], faría o número 53 que irresponsabelmente entran, periodicamente, na Ría desde Maio de 2007.

O buque gaseiro é un buque de grande porte de case 300 metros de eslora por 50 de manga, imposibilitado de dar marcha atrás unha vez que poña proa na boca da Ría. Máis o peor é o seu calado con 12,32 m, conven precisar este dato, pois a canle de entrada na Ría ademais de ser sinuosa, estreita e longa, ten moi pouco calado e os fondos son rochosos, o que provoca que os buques só podan pasar por esa canle condicionados a que se cumpran, segundo a normativa vixente, unha serie de requisitos de seguridade, é dicir: sen vento, con marea alta e por suposto coa luz do día e sen néboa ou chuvia que impida a visibilidade.

Sobre este último punto, no mes de Xullo deste ano 2009, o Comité Cidadán enviaba unha carta tanto ao Presidente da Xunta como ao do Goberno Central que nun dos seu apartados di: "Reganosa atópa-se enclavada no interior de Ría de Ferrol. Unha Ría que se comunica co mar aberto a través dun estreito e sinuoso canle, os buques gaseiros deben atravesar unha canle de 5 Km de longo e tan só 150 m de ancho navegábeis, sendo necesarios 6 cambios de rumbo, cando no resto das plantas un só cambio é suficiente para abandonar o porto. Para esta operación deben estar apoiados por dous prácticos do porto, catro remolcadores de alta capacidade de tiro, deben dar-se unhas boas condicións de vento (menos de 15 nós) e visibilidade (máis de 1000m) e só poderá realizarse durante unha hora ao redor da preamar diúrna. Todas estas circunstancias imposibilitan que no caso dun accidente, ben sexa na planta ou no propio buque durante as operacións de descarga, o gaseiro puide-se abandonar rapidamente o interior da Ría e poder saír a mar aberto polos seus propios medios, tal como esixe a normativa aplicábel para diminuír os efectos dun posíbel accidente".

Nun dos últimos boletíns editados polo Comité Cidadán de Emerxencia, dicíamos isto que conven lembra-lo cada vez que se poida, e este é un bon momento, pois un novo buque ameaza as nosas vidas, a nosa seguridade e á propia Ría, ferida xa de morte polos verquidos que a ela van parar sen depurar: "Reganosa é un dos maiores escándalos de corrupción política, económica e mediática da democracia e tamén pode chegar a converter-se nunha enorme traxedia no caso de que siga con actividade. Non existen medios materiais, nin técnicos capaces de evita-la diante os elevados riscos de accidentes. Que Enagas, trala súa privatización, renunciara á Planta de Gas, non é xustificación para que a Xunta de Galicia apostara, a costa das nosas vidas e patrimonios, pola localización dentro da Ría de Ferrol, polo feito de que os seus promotores decidisen, por razóns de beneficio propio, a localización en Mugardos. Lugar que xa fora descartado, no ano 1994 por un rigoroso estudio técnico de riscos realizado por MW Kellog".



Diante da anunciada chegada do xa citado buque, “LNG Bayelsa”, cargado con LNG-GNL, o vindeiro Sábado 3 de Outubro de 2009, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convoca unha nova concentración, ás 8 da tarde, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, na Praza Amada García de Ferrol.
  • Pola paralización da actividade e o desmantelamento de Reganosa xa !
  • A Ría é nosa e non de Reganosa !!
  • Planta de Gas Fora da Ría !

Características do buque “LNG Bayelsa: Bandeira .- Bermudas,  Eslora.- 288,75 m,  Manga.- 48 m., Calado Máximo.- 12,32 m

Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:



Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org




Información baseada na enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
1 de outubro de 2009 23:03

__________________

xoves, outubro 01, 2009

Martes de Cine: Imaxes contra o esquecimento




Todas as proxeccións serán os martes às 19hs
.


6 OUTUBRO

ESPAÑA ÚLTIMA ESPERANZA
  • Director : Karin Helml, Hermann Pesecks
  • Duración : 83 minutos

13 OUTUBRO

MUERTE EN EL VALLE
  • Director : Christina Hardt.
  • Duración : 50 minutos
LOS ALZADOS DE LA PALMA
  • Director : David Baute y Cirilo Leal
  • Duración : 40 minutos

20 OUTUBRO

LA MALA MUERTE

Director : José Manuel Martín y Fidel Cordero
Duración : 100 minutos

27 OUTUBRO

LA COLUMNA DE LOS OCHO
  • Director : Ángel Hernández García, Fernando Ramos, Francisco Freire
  • Duración : 66 minutos
LA MEMORIA ES VAGA
  • Director : Katie Halper
  • Duración : 58 minutos

3 NOVEMBRO

PRESOS DEL SILENCIO
  • Director : Mariano Agudo y Eduardo Montero
  • Duración : 58 minutos
UNA INMENSA PRISIÓN
  • España. 2005. 47 min. Color.
  • Director : Carlos Ceacero y Guillermo Carnero Rosell
  • Duración : 47 minutos

10 NOVEMBRO

SANTA CRUZ ... POR EJEMPLO
  • Director : Günter Schwaiger y Hermann Peseckas
  • Duración : 65 minutos

17 NOVEMBRO

LOS HEROES NUNCA MUEREN
  • Director : Jan Arnold
  • Duración : 87 minutos

19 NOVEMBRO [Xoves]

AS MISIÓNS PEDAGÓXICAS (1931 – 1936)





Ateneo Ferrolán
Fundado en 1879 “Un Lugar de Encontro para a Cultura”
http:// www.ateneoferrolan.org
e-mail:
a_ferrol@teleline.es Telf.: +34 981 357 970 Fax: 981 354 098
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204, 1º.CP.15402 - FERROL (A Coruña)
Apdo. Correos: 303



Enviado por:
Ateneo Ferrolán
-bettinakorten@freenet.de-
1 de outubro de 2009 09:48

_________________

Consumo Responsable: debates, mercado transparente e mercadiño de troco na festa de Amarante, en Pontevedra o 3 de Outubro de 2009



Como non podía ser doutro xeito a festa da Soligariedade vai ter unha programación ampla adicada ao consumo responsable.

Para abrir boca ás 12,00 horas mesa redonda sobre o consumo responsable coa participación de:
  • Víctor Barro. Responsable de consumo de Amarante.
  • Diego Alonso. Xerente da Coop. Consumo Arbore.
  • Un/ha representante de Verdegaia.
  • Lidia Senra. Membro de Vía Campesiña polo SLG.
Mercado Transparente

Produtoras do País e Comercio Xusto do Sur atoparanse no mercado transparente que se organizará de 12,00 a 14,00 horas no espazo da festa.

O mercado transparente é un xeito de achegar ao consumidor/a unha realidade moi diferente entre o prezo que reciben os e as labregas e o prezo final que pagan os e as consumidoras.

Estarán no mercado produtoras de fresco da comarca de Pontevedra, Ramón, Edgar e Xacobe, a productora ecolóxica de cosméticos Fica Ria, ...,  e coma non o comercio xusto importado por Amarante ( Panela, Marmeladas, Cacao e agora as novas limas de café etiquetadas en galego e distribuídas por Amarante).

Mercadiño de Troco

O mellor xeito de consumir responsablemente é reducir o consumo. Trocar é unha boa forma de facelo ademais de servir para crear espazos de encontro de consumidoras responsable. Así de 12,00 a 14,00 horas organizaremos entre todas un mercadiño de troco. Para poder levar a cabo o mercadiño só hai que pensar, buscar, falar e sobre todo trocar.

Como organizar o mercadiño de troco?
  • Paso 1.- Durante esta semana cada unha de  nós rebuscará nos armarios, trasteiros ou faiados, caixas e altos de toda a casa. No proceso de buscar atoparemos case con toda seguridade dúas ou tres cousas que xamais utilizamos e que seguen a estar en bo estado. Exemplo: unha lámpada de mesa ou un abrigo para nos protexer do frío.

  • Paso 2.- Unha vez que teñamos identificadas esas cousas sen uso porémolas nun lugar á vista á espera de ser levadas á festa de Amarante o sábado día 3 de Outubro.

  • Paso 3.-  Para que todo o mundo se faga unha idea do que poderemos atopar no mercadiño iremos subindo en comentarios na nova do blog (www.amaranteong.org/soligariedade ) que obxectos estamos atopando nas nosas casas.

  • Paso 4.- O sábado antes da saír, recolleremos os obxectos con potencialidade de seren trocados e encamiñámonos cara a Praza do Teucro.

  • Paso 5.- No espazo habilitado para o Troco colocaremos os nosos obxectos e a partir de aí xa só nos queda falar coas demais, buscar entre os obxectos, trocar se queremos, ceder se queremos e sobre todo establecer novas e diferentes relacións e darlle unha nova vida a aquelo que pensabamos que estaba morto.
Anímate a trocar na festa de Amarante! Dálle as costas ó consumismo e reutiliza o que outras non queren!


MEDOMEDÁ NA FESTA DE AMARANTE

Rock bravú para sustituir a rock bravú. Medomedá é unha banda que esta pegando forte cun tono “retranqueiro” coma é o país.

Podedes escoitar o seu tema “Quero ver como te ris” en http://www.youtube.com/watch?v=7g9PFZc8WOU

Agradecer a Ruxe Ruxe que ata o último momento intentaron estar na festa de Amarante, pero que un impedimento técnico non o permitiu finalmente. segue a festa en www.amaranteong.org/soligariedade.

Fernada Couñago Otero
Directora
Asociación Galega AMARANTE Setem para o Ecodesenvolvemento
soliGariedade
Avenida Romero Donallo, 19
15706 COMPOSTELA
www.amaranteong.org
www.comercioxusto.com


Enviado por:
Amarante Central
-amarante@amaranteong.org-
30 de setembro de 2009 19:22

__________________________