martes, decembro 15, 2009

Preguntan no Parlamento Español sobre os problemas que teñen algúns buques gaseiros para entrar na Ría e instan a revogar a autorización de posta en funcionamento de Reganosa


  • ESQUERDA UNIDA REXISTRA NO CONGRESO UNHA BATERÍA DE PREGUNTAS PARLAMENTARIAS EN RELACIÓN COS PROBLEMAS QUE ESTÁN A TER OS GASEIROS PARA ENTRAR NA RÍA
  • EU RECLAMA DO GOBERNO MEDIDAS PARA EVITAR OS CONTINUOS ATRANCOS NA ENTRADA DE GASEIROS
  • O GRUPO PARLAMENTAR NO CONGRESO AVOGA POLA RETIRADA DA AUTORIZACIÓN DE FUNCIONAMENTO DA PLANTA

O Grupo Parlamentar de EU no Congreso rexistrou unha batería de preguntas parlamentarias en relación coa sucesión de atrancos que están a ter os gaseiros na entrada da ría de Ferrol, consecuencia do inaxeitado do emprazamento no interior da ría da planta de gas de Reganosa, localización que a fai ilegal e perigosa.

A iniciativa parlamentar inscríbese na ofensiva política que Esquerda Unida está a desenvolver tanto no Congreso dos Deputados canto no Parlamento Europeo  para desmantelar unha instalación ilegal e perigosa, que non cesa de ameazar de xeito cotián á poboación de Ferrolterra.

As preguntas interésanse pola continua sucesión de incidentes  que estánse a producir como resultado da entrada de gaseiros na ría de Ferrol e require do Goberno resposta acerca das medidas a adoptar para evitar este risco continuo sobre a cidadanía de Ferrolterra.

Doutra banda, interrógase ao Goberno acerca da conveniencia e necesidade de revogar a autorización de funcionamento da planta de gas diante da nova planificación enerxética que fai totalmente prescindible a actual planta de gas e toda vez que hai tres sentenzas xudiciais – certo que recorridas – contrarias a actual planta de gas.

A nosa organización está certa do valor primordial da seguridade e, xa que logo, insta ao Goberno do Estado a fuxir da súa condición de refén de intereses económicos que antepoñen o lucro privado á vida e seguridade da nosa cidadanía. Ínstao a revogar a devandita autorización de posta en funcionamento.

Ferrol, 15 de decembro  de 2009
GRUPO MUNICIPAL DE DE ESQUERDA UNIDA

Enviado por:
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
15 de dezembro de 2009 15:17


Prezad@s amig@s: achegamos un segundo Informacións en relación coa iniciativa parlamentar de EU no Congreso diante dos continuos atrancos dos gaseiros na entrada da ría. As preguntas demandan medidas de resposta para enfrontar este risco e achegan a demanda de revogar a autorización de posta en funcionamento da planta, xa que non resulta necesaria coa nova planificación enerxética e ten 3 sentenzas xudiciais en contra, aínda que recorridas. Grazas polo voso interese. Un saúdo, Ramiro Marier (Grupo Municipal de EU).

____________________

Web de Esquerda Unida:
http://www.esquerdaunida.org/
___________________________

Mercadiño de Troco en Ferrol na Praza Vella, este Domingo 20 de Decembro pola mañá, mentres transcurre a Feira do Terceiro Domingo do Mes

[Mercadiño de Troco en Ferrol - Foto Kiko Delgado]

Este domingo día 20 de Decembro de 2009 hai Mercadiño de Troco en Ferrol, tal e como se vén celebrando cada dous Domingos, na Praza Vella no barrio de Ferrol Vello.

O Mercadiño de Troco pretende ser unha alternativa ao consumismo actual e sobre todo nestas datas de consumismo desbocado convidan a todas as persoas que desexen trocar algo a que acudan á Praza Vella.

O valor das cousas é o que interesa, non o seu prezo. Algún obxecto que xa non necesitamos pode que alguén si o preci-se. Trocar significa menos residuos, menos contaminación, menos capitalismo.

Trocar debería ser unha práctica habitual de tod@s nós, máis nunha sociedade onde o consumismo é un valor espallado amplamente, incrustado na mente das persoas, pola intensa publicidade e incitación a devorar, non a consumir.

A nova relixión é o Consumo e os templos modernos son os Centros Comerciais, cheos de produtos que na súa maioría non tardaran en formar parte do combustíbel que utiliza Sogama no seu proceso de incineración. Consumir responsabelmente é unha boa práctica social, promover o consumo responsábel é necesario.

Detalle do correo-e enviado por Elena López en Decembro do pasado ano:
  • pensa no que precisas e que podes ofrecer a cambio
  • cólleo
  • tráeno
  • trócao
O valor real de calquera cousa é somentes o da súa utilidade:
  • algo moi custoso que non se usa, non vale nada
  • algo recuperado ou un préstamo temporal poden valer moitísimo

Web do Mercadiño de Troco Permanente de Ferrol Terra:
http://www.trocaferrol.org/

Información baseada na enviada por:
Antonio Gª
-angaji@yahoo.com>-
adegatrasancos@adega.info
14 de dezembro de 2009 17:20
_________________________

domingo, decembro 13, 2009

Convocada nova acción de protesta, este Martes 15 de Decembro, ante o anuncio de próxima entrada na Ría de Ferrol do “LNG Abuja”, buque gaseiro cargado con LNG-GNL para a ilegal e perigosa Reganosa



CONVOCADA CONCENTRACIÓN-PROTESTA POR ENTRADA DO GASEIRO Nº 57

Agárdase para o próximo martes a entrada na Ría de Ferrol do buque gaseiro “LNG Abuja”, vello gaseiro de case 30 anos de antigüedade. Este gaseiro vai facer o nº 57 desde que en Maio de 2007 entrara o "Galicia Spirit" que foi o nº 1, polo que o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convoca unha acción de denuncia e protesta cunha CONCENTRACIÓN este Martes, 15 de Decembro de 2009, ás 7 da Tarde, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol, na Praza Amada García.





Localización do buque: http://aprs.fi/?call=309487000

Características do buque: Nome: “LNG Abuja” – Bandeira: Bahamas – Eslora 285,4 m. – manga: 45.7 m. – calado: 11,5 m. – capacidade: 126.530 m3 – antigüedade: 30 anos (1.01.1980)

¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡

--
Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org


Información baseada na enviada por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
13 de dezembro de 2009 21:20
______________________

sábado, decembro 12, 2009

Imaxes da pedalada de Compostela contra o cambio climático do 12 de Decembro de 2009: "Mudemos o sistema non o clima"

No "Día de Acción Global contra o cambio climático" que tivo o seu acto central en Copenhague, coincidindo cunha xornada do Cumio Mundial do Clima, Galiza participou a través da Rede Anticapitalista Galega que nun acto reivindicativo, cheo de cor e son, percorreu as rúas de Compostela nunha pedalada comunitaria contra o cambio climático.

[Fotos enviadas por Vera do Sindicato Labrego Galego-SLG]
Enlaces co Álbum para baixar as fotografías:
Enviado por:
Gabinete de Prensa do SLG
-prensa@sindicatolabrego.com-
Rede Galega AntiCapitalista
redeanticapitalista@altermundo.eu
12 de dezembro de 2009 15:06
____________________

Enlaces relacionados:



Hai unha resposta á crise climática actual: a agricultura labrega

11 de Decembro do 2009

O Sindicato Labrego Galego apoia as mobilizacións e accións para esixir respostas reais ao cambio climático, tanto as que están tendo lugar estes días no marco do Cumio do Cambio Climático en Copenhague, nas que o SLG está representado pola Via Campesina; como a pedalada que vai ter lugar en Compostela mañá, sábado día 12, organizada pola Rede Galega Anticapitalista, da cal o SLG forma parte. [Ler máis]

________________________

Zoila Orquera, productora de Comercio Xusto do centro femenino 8 de Marzo do Ecuador, vista Ferrol este Luns 14 de Decembro



[Para ampliar clicar acima do cartaz]



 --
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es


Enviado por:
Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
11 de dezembro de 2009 23:30

O premio Nobel da Guerra


"A guerra é a paz" era un dos tres lemas da implacable ditadura planetaria presidida por un personaxe simplemente chamado O Gran Irmán, que imaxinou o escritor británico George Orwell a mediados do século pasado na súa novela 1984. Un postulado moi semellante pronunciou onte o presidente Barack Obama ao recibir o premio Nobel da Paz na capital norueguesa, nunha cerimonia magna e solemne que non bastou para minguar o azoro de amplos sectores da opinión pública mundial que asistiron á conversión desa presea nunha exaltación de virtudes guerreiras.

Na circunstancia, Obama, comandante en xefe dun abafador aparello bélico que durante oito anos causou miles de mortos inocentes entre as poboacións de Iraq e de Afganistán, buscou xustificar a insólita incongruencia de recibir o galardón mediante piruetas conceptuais, mentiras chairas -como no caso do aserto de que Estados Unidos nunca pelexou unha guerra contra unha democracia, coma se non fosen actos de guerra as sanguentas intervencións de Wáshington contra as presidencias democráticas de Francisco Madero, en México; de Jacobo Árbenz, en Guatemala, e de Salvador Allende, en Chile, por citar só tres casos en América Latina- e unha oratoria brillante, pero carente de sentido.

E é que non hai forma de disfrazar á poboación afgá, regularmente masacrada polas forzas aéreas das nacións ocupantes, como equivalente moderno das hostes hitlerianas; argumentar que a presenza bélica de Estados Unidos en Iraq é unha medida "defensiva" ou que a proxección militar de Wáshington en diversas rexións do mundo corre parella cunha preocupación pola defensa dos dereitos humanos, cando Obama, quen está próximo a cumprir un ano no cargo, non conseguiu nin sequera o peche do campo de concentración establecido en Guantánamo polo seu antecesor.

Non hai escrúpulo posible na mención de figuras como Mahatma Gandhi, Martin Luther King ou Nelson Mandela como xustificacións para a sórdida e violenta historia do intervencionismo estadunidense no mundo, e menos aínda como inspiradores das guerras de rapiña que o goberno de Obama herdou da administración pasada e que mantén e agudiza hoxe día.

Ata onte, o presidente Obama mantívose alleo, nos seus discursos, á sistemática distorsión de valores éticos e de feitos históricos. Pero, ao recibir un premio de paz defendendo a pertinencia da guerra, e en concreto de guerras neocoloniales e depredadoras que non garanten a seguridade nacional de ninguén, senón que serven para xerar oportunidades de negocio aos aparellos industriais, comerciais e financeiros dos países atacantes, o mandatario exhibiu a magnitude da súa abdicación fronte aos intereses de tales aparellos e a continuidade, en Estados Unidos, das principais distorsiones introducidas pola administración Bush na concepción e a práctica do dereito internacional, os dereitos humanos e a xustiza.

En suma, en case un ano de exercicio do poder, Obama non puido ou non quixo converter en feitos as singularidades positivas da súa figura política -parcialmente afroestadunidense, liberal, antigo activista social comprometido-, singularidades que xeraron desbordadas expectativas de cambio, tanto en territorio estadunidense como fóra del. Polo contrario, ante o Comité Nobel de Oslo presentouse un home moralmente derrotado que empezou a asumir os argumentos chovinistas e mentireiros de quen eran "supúñase" os seus adversarios, discurso co que a todo o longo o século XX e na década actual pretendeuse dar un verniz de respetabilidade a unha traxectoria nacional de saqueo violento do mundo e a unha hexemonía que se traduce en esquemas de dominación ignominiosa doutras nacións.

Por outra banda, a decisión dos académicos noruegueses de entregar a Obama unha sorte de "Nobel preventivo" que habería de contribuír a reforzar as tendencias antibélicas no poder público de Estados Unidos, revelouse como profundamente equivocada; pola contra, o premio significou unha sorte de permiso para matar, é dicir, unha espléndida coartada coa cal o xefe de Estado da superpotencia podería xustificar calquera acto de guerra e de barbarie en nome da seguridade nacional, a promoción da democracia ou, simplemente, a paz.


Editorial do 11 de decembro de 2009 no xornal mexicano "La Jornada"
________________

¡Viaxeiros ao tren!

Por Isaac Rosa [*]
11.12.2009


"A vía pola que o tren do crecemento debe discorrer xa está identificada, e non é outra que producir máis e mellor" -José Luís Rodríguez Zapatero, presidente do Goberno-

Atención, non se despisten, que o revisor gritou "¡Viaxeiros ao tren!" A locomotora xa pita, e en breve botará outra vez a andar, tras un tempo parada por avaría. Ocupen os seus asentos, que o tren non espera por ninguén.

A economía gusta acompañarse de metáforas ferroviarias. Coa crise até abusou: o tren do crecemento, a luz ao final do túnel, a máquina que empeza a andar ... Hai países "locomotoras", e a quen se opón ás reformas acúsaselle de pór paus nas rodas ou obstáculos na vía.

Até aí, nada raro. O tren alimenta o noso imaxinario desde os tempos das máquinas de vapor, e a fala cotiá está chea de frases feitas: coller ou perder o tren, o que non pasa dúas veces, o da historia, etc. Pero no caso da economía, o seu uso é moito máis que unha imaxe bonita, familiar, sentimental. É unha metáfora intencionada, que se axusta ao sistema económico para que o vexamos como único, invariábel, natural.

Así, o tren da economía non pode circular por onde queira, senón polas vías: carris xa trazados, pechados, con destino fixo. Podes ir nunha vella locomotora de carbón ou en AVE, até nun tren solar, pero a vía é a que é. Os raíles lévanche, e fóra deles só cabe descarrilar.

Xa falamos días atrás da dificultade de cambiar de vía unha vez que a máquina acelere de novo. Se non podemos facelo estando parada, cando colla velocidade levara-nos onde queira, até a próxima avaría, accidente ou vía morta. E mentres, xa saben: os de sempre a botar paladas á caldeira; os que se caian ou o perdan quedarán fóra; e os que poidan, que gocen da paisaxe. Boa viaxe.

Publicado no xornal "Publico"

[*] Isaac Rosa (Sevilla, 1974) publicou as novelas A malamemoria (1999), posteriormente reelaborada en ¡Outra maldita novela sobre a guerra civil! (2007), O van onte (2004) e O país do medo (2008). Co van onte obtivo o Premio Rómulo Galegos, o Premio Ollo Crítico e o Premio Andalucía da Crítica, e foi levada ao cine por Andrés Linares co título da vida en vermello. A súa última novela, O país do medo, recibiu o Premio Fundación José Manuel Lara á mellor novela de 2008.
______________________

venres, decembro 11, 2009

Unha Sentenza do TSXG anula o Plano de Sectorialización de Menánacro onde querían construír, en plena Fraga, 69 Chalets e un hotel de luxo


[Para ampliar clicar acima da imaxe]

A Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou-se ditando Sentenza, a favor da veciñanza de Menáncaro, estimando o seu Recurso contra o vergoñento Acordo Plenario do Concello de Ferrol do 20 de Abril de 2007, no que se aprobou "definitivamente" o Plano de Sectorialización de Menáncaro, anulando deste xeito o ilegal acto administrativo por ser contrario a dereito.

Aínda que a Sentenza está datada no 5 de Novembro de 2009, non chegou ás partes afectadas até este 9 de Decembro.

Aínda que a Fraga de Menáncaro, xa estaba en trámites de protección definitiva pola acción e perseveranza da Comunidade Menáncaro, as entidades ecoloxistas [ADEGA, SGHN e VERDEGAIA] e a do Colectivo Ártabra 21, así como por vontade política do grupo que goberna no Concello de Ferrol [PSOE] co apoio dos grupos municipais do BNG e EU, esta Sentenza ven reforzar o obxectivo do Movimento Ecoloxista de protección integral da Fraga de Menáncaro.

Desde a Comunidade Menáncaro damos os parabéns a todas as persoas que loitaron pola Fraga e a toda a cidadanía de Ferrol, porque a conservación da Fraga de Menáncaro significa a protección dun dos patrimonios naturais máis singulares e importantes que temos no Concello.

Con este comunicado achegamos unha pequena Galería Fotográfica e un Vídeo onde se pode apreciar a inmensidade e o valor da Fraga no seu conxunto. Tamén achegamos enlace para poder baixar a copia da Sentenza.

Que é a Fraga de Menáncaro ?

A Fraga de Menáncaro está situada no val do río Aneiros ou río da Sardiña, na parroquia de Serantes, esta conforma un habitat natural de máis de 10 ha de superficie.

A Fraga de Menáncaro é unha das poucas manchas de bosque autóctono que se conserva no concello, xunto coa Fraga de Monte Fontelo (A Graña), Fraga da Pega e da Casa do Monte (Leixa) e o Acibreiral das Forxas (Covas), espazos naturais que tamén se deberían conservar e protexer. Un dos feitos que fai de Menáncaro unha zona cunha carballeira singular é a presencia de individuos centenarios de porte excepcional, base dun bosque maduro e de gran biodiversidade.

A Fraga é unha mostra de bosque potencial desenvolvido, prácticamente desaparecido noutras zonas de Ferrol. Un dos principais valores é a súa singularidade, dada a case ausencia de formacións de carballeiras en Ferrol. O habitat natural de Menáncaro, a protexer, está formado por un bosque ripario que ocupa as marxes do río, unha zona da carballeira que se imbrica coa aliseda riparia e zonas de prado húmido nas marxes do bosque ripario.

O seu bosque ripario de grande singularidade é valor foi parcialmente talado, de forma ilegal por dúas veces: a primeira vez en 2001, pola agora empresa promotora da urbanización SAT Agropino, de Amando Romero Castrillón; e a segunda vez por unha actuación de Fenosa, empresa coa que se chegou a un acordo para que fixera unha serie de actuacións, que xa están en marcha, para preservar a Fraga no seu conxunto.

O Movimento Ecoloxista sempre estivo atento

Desde 1995, o movimento ecoloxista ven realizando actuacións co obxecto da protección da Fraga, denunciando actuacións ilegais, como vertedoiros incontrolados, apertura de camiños, talas ilegais, vertedura de entullos, ... Temos nos nosos Arquivos cantidade de propostas, denuncias, alegacións ao PXOM aprobado no 2000, cartas e outros documentos, cun só obxectivo final a protección da Fraga. Entrevistas, reunións, roldas de prensa, roteiros e mobilizacións, tamém nese camiño. Recursos, alegacións, denuncias e outras actuacións xudiciais e administrativas.

Os antecedentes

O anterior goberno conservador de PP e IF que levaba as rendas do Concello de Ferrol na pasada lexislatura, até Maio de 2007, aprobou un Plano de Sectorialización de Menáncaro que sometera a información pública unha vez publicado nos boletín oficiais o 22 de Xullo 2005. Foron case dous anos de trámites administrativos, recursos e alegacións que se combinaron coas accións de protesta e denuncia.

Queremos significar que un dos propietarios, coa parcela de maior superficie, desta Fraga é o Sr. Juan Fernández García do grupo municipal IF, que foi Tenente de Alcalde do Concello de Ferrol co goberno conservador bipartito [PP e IF] e que agora segue sendo concelleiro polo mesmo grupo. O que explica moitas das irracionais actuacións do propio goberno municipal.

En abril do ano 2007, cos grupos de PP e IF á fronte do goberno local e nun polémico pleno, no que a oposición se ausentou nun xesto de solidariedade, dado que o Alcalde impediu o acceso ao mesmo aos representantes veciñais e ecoloxistas, aprobouse o plan de sectorización de Menáncaro. O proxecto de urbanización incluía a construción de 69 chalés de luxo e un hotel no corazón da mesma Fraga. O goberno conservador capitaneados polo Alcade Sr. Juncal [PP] e sendo daquela concelleiro de Urbanismo o Sr. Evia [PP], aínda quen xestionara todo o Plano fora o Sr. Pita Romero [IF], encontra da vontade veciñal, dos argumentos ecoloxistas, dos informes reiterados de diferentes Direccións Xerais da Xunta de Galicia, e da propia normativa urbanística do Concello [PXOM]  e Xunta [Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia]  e no disposto no Catálogo Municipal de Bens Protexidos [Páx. 21 e 22].

Por último queremos destacar que desde o movimento ecoloxista e veciñal non só tivemos que loitar contra o goberno municipal conservador do bipartito PP-IF, senón que tamén tivemos enfronte ao Grupo Voz [Radio Voz e La Voz de Galicia], coas súas manipulacións e o seu posicionamento, en todo momento, a favor dos argumentos municipais e dos promotores urbanísticos.

Pola Comunidade Menáncaro
Ramón REGUEIRO SANTIAGO

Fraga de Menáncaro
Serantes - Quia 155
15405 Ferrol [GALIZA]
Blogs da Comunidade Menáncaro:
http://menancaro.blogspot.com/
http://fragademenancaro.blogspot.com/
http://menancaroexpress.blogspot.com/
Correio-e da Comunidade Menáncaro:
menancaro@gmail.com

Filme realizado pola SGHN e ADEGA, onde se pode apreciar a imensidade e o valor da fraga no seu conxunto. Filme realizado pouco despois de saberse que a Fraga de Menáncaro estaba ameazada por unha posibél especulación urbanística.

En formato mpg, cunha duración 6 minutos 43 segundos.
Editado por SGHN e ADEGA, Novembro 2005
Feito por Yosy (c)









[Fraga de Menáncaro, delimitado de xeito aproximado, o espazo natural a protexer]

Reportaxen fotográfica da Fraga de Menáncaro, de varias persoas integrantes das entidades que conforman a Comunidade Menáncaro [Reportaxen fotográfica que se pode ampliar acedendo ao blog da Comunidade http://menancaro.blogspot.com ].





















_______________________

xoves, decembro 10, 2009

Mudemos o sistema, non o clima!: 12 de Decembro celebrarase o Día de Acción Global contra o Cambio Climático tamén en Galiza


Convocada pola Ra!, Rede Galega Anticapitalista [http://redeanticapitalista.org], o 12 de decembro celebrarase o Día de Acción Global contra o Cambio Climático tamén en Santiago de Compostela. Haberá actos en máis dun cento de países [http://www.globalclimatecampaign.org].

Pedalada (e tamén camiñada) contra o cambio climático.
Saída as 12:00 dende a Alameda
. Compostela.

Trae bucina, timbre, chifres . . .e a túa bicicleta decorada!



MANIFESTO
12 de decembro. Día de Acción Global contra a mudanza do clima
Mudemos o sistema, non o clima!

A mudanza climática é a cara máis preocupante dunha crise socioambiental global que afunde as súas raíces no produtivismo e no consumismo. Un problema cuxos principais responsábeis son os gobernos e as transnacionais dos países enriquecidos, xunto coas institucións internacionais do Banco Mundial, o Fondo Monetario Internacional e a Organización Mundial do Comercio, mais que golpea primeiro e máis forte ás persoas máis pobres.

Queda xa pouco tempo para prevenirmos unha mudanza climática catastrófica. O Cumio do Clima de Copenhague non pode fracasar, malia os intentos de boicot dos EUA. É urxente acadar un acordo legalmente vinculante de redución das emisións de dióxido de carbono (CO2) e outros gases causantes do cambio climático que substitúa o Protocolo de Quioto a partir de 2013. Pero non vale calquera acordo. Precisamos un que recoñeza a Débeda Climática dos países enriquecidos cos empobrecidos, causada polo seu exceso de emisións históricas e actuais desestabilizadoras do clima, débeda que fai parte da máis ampla Débeda Ecolóxica.

A Rede Anticapitalista únese desde Galiza á xornada global de mobilización contra a mudanza climática do 12 de decembro. Faino defendendo os tres “c” do principio da Xustiza Climática: contracción (redución) das emisións mundiais; converxencia nas emisións por habitante; e compensación dos gobernos e transnacionais que son responsábeis da crise climática aos que sufren as súas consecuencias.

A Rede Anticapitalista reivindica:
  1. Unha redución do 40% das emisións dos países desenvolvidos en 2020 a respecto dos niveis de 1990. Esta diminución deberá realizarse no territorio de cada país, sen recorrer aos mercados de carbono. Para metade de século a redución das emisións debería ser do 100%.

  2. A adopción por parte da Xunta e dos Concellos de planos para reducir drasticamente as emisións galegas de gases de invernadoiro. As nosas emisións por habitante de CO2 procedente da queima de combustíbeis fósiles son dúas veces e media superiores ás chinesas e multiplican case por nove as da India.

  3. Unha rápida e potente implementación de solucións apropiadas á crise climática, como o aforro enerxético; o desenvolvemento das enerxías renovábeis de forma descentralizada e respectuosa co territorio para substituír os combustíbeis fósiles; a promoción dos modos transporte sustentábel e a desincentivación dos que non o son; a soberanía alimentar e a agroecoloxía; ou o consumo responsábel. Rexeitamos solucións falsas e contraproducentes como a enerxía nuclear, os agrocombustíbeis ou as plantacións de eucalipto.

  4. O financiamento e a transferencia de tecnoloxía desde os países enriquecidos aos empobrecidos para que constrúan economías baixas en carbono, se adapten aos efectos negativos da mudanza climática que xa son inevitábeis e reduzan a deforestación.
Estamos convencidos de que a salvación do clima non virá dun imposíbel “capitalismo verde”. O crecemento indefinido da produción e o consumo é inherente ao sistema económico capitalista e non pode ser soportado por un planeta finito. Estamos a chocar contra os límites ambientais. Para solucionarmos de forma efectiva e xusta o cambio climático e os demais problemas socioambientais, en último termo, é necesaria unha transformación radical do modelo de produción e consumo para tornalo equitativo e sustentábel. Iso implica que nos países enriquecidos debemos apostar polo decrecemento e abandonar a ilusión do “crecemento sustentable”.

MÁIS INFORMACIÓN:
  • Lídia Senra, Sindicato Labrego Galego: 609 845 861

  • Fernanda Couñago, Amarante-Setem: 660 233 481

Convoca: Rede Galega Anticapitalista

A Rede Galega Anticapitalista somos: Adega, Altermundo, Amarante, A Baiuca Vermelha, Asociación Cultural O Curruncho, Cemma, CGT-Pontevedra, CGT-Arousa Colectivo Ártabra 21, C.S. A Esmorga, Enxeñería Sen Fronteiras, A Gentalha do Pichel, Implicadas no Desenvolvemento, Médicos do Mundo, Marcha Mundial das Mulleres, Ospaaal, Foro de Inmigración, Panxea, Ais ‘O Peto’, Sindicato Labrego Galego, Sinerxia, STEG (Sindicato e Traballadores e Traballadoras do Ensino de Galiza), Veciñ@s pola Tolerancia, Verdegaia, Véspera de Nada, Veterinarios sen Fronteiras, Whipala, A.C. Xermolos

Enviado por:
Altermundo
manoel@altermundo.org-
10 de dezembro de 2009 13:26
_____________________

Homenaxe a Manolo López - Avogados contra o franquismo: Venres 11 de Decembro


Acto organizado por: Amigos e defendidos por Manolo López
Coa colaboración de: Fundación 10 de Marzo e A.C. Fuco Buxán

Venres 11 de Decembro 2009, ás 20 h
Fundación Caixa Galicia
Cantón de Molíns – Ferrol

Os avogados contra o franquismo
HOMENAXE A MANOLO LÓPEZ
e presentación do libro:
Mañana a las once en la Plaza de la Cebada
de Manuel López.

Intervirán:
  • Manuel Rodríguez Carballeira (Presidente de Fuco Buxán)
  • Vicente Irisarri Castro (Alcalde de Ferrol)
  • Arturo Reguera López (do grupo organizador)
  • José L. Núñez Casal (Avogado laboralista)
  • Xesús Alonso Montero (Catedrático e escritor)
  • Vicente Álvarez Areces (Presidente do Principado de Asturias)

Manolo López (José Manuel López López), foi un dos máis importantes avogados laboralistas na loita contra o franquismo e un destacado militante do Partido Comunista durante a ditadura. Defendeu ante o Tribunal de Orde Pública, o principal instrumento represivo da última etapa do franquismo, a presos políticos e a destacados militantes da esquerda como Santiago Carrillo, Horacio Fernández Inguanzo, Rafael Bárez, "Juanín" Muñiz Zapico ou Vicente Álvarez Areces.

Precursor do despacho de avogados de Atocha, mantivo sempre unha estreita relación profesional e afectiva con CCOO. Coa chegada da democracia, Manolo López participou nos preitos máis relevantes da Federación Minerometalúrxica de CCOO, derivados a maioría deles da reconversión industrial, así como en xuízos penais por accidentes de traballo.

Nacido en Madrid en 1930. Licenciouse en Dereito en 1954 e marchou a París, onde obtivo o certificado de Socioloxía na Facultade de Letras da Sorbona. Ingresa no Partido Comunista de España (1958) e acode a Pequín como delegado ao Congreso da Unión Internacional de Estudantes. Ao seu regreso a España -corre o ano 1959- é detido e torturado durante seis días na Dirección Xeral de Seguridade de Madrid.

Tras un consello de guerra, foi encarcerado en Carabanchel e Palencia, onde era o único preso político, ata a súa excarceración en decembro de 1962. Durante os anos da súa militancia clandestina foi avogado laboralista ao servizo do Partido Comunista de España e interveu en múltiples ocasións nas Magistraturas de Traballo. Tivo especial relevancia o seu defensa de obreiros, folguistas e mineiros asturianos ante o Tribunal de Orde Pública. A súa actividade en defensa dos traballadores levoulle de novo ao cárcere no ano 1971. Foi un dos defensores no “Xuízo dos 23”.

Durante toda a súa traxectoria, Manolo López traballou a miúdo para a Federación Minerometalúrxica de Madrid de CCOO, e tivo un papel destacado no nacemento e consolidación de CCOO. Ata o seu falecemento, o 29 de agosto de 2008 sempre mantivo unha estreita relación profesional e afectiva con CCOO. O pasado ano, Manolo López recibiu a título póstumo o Premio Avogados de Atocha.

Entrada libre ata completar aforamento.
Visita a nosa web: www.fucobuxan.com
Escoita o noso programa radiofónico "O Recuncho" nº 21 : http://recunchofuco.blogspot.com

--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es

Enviado por:
Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
fucobuxan@gmail.com
8 de dezembro de 2009 23:42
_____________________________

Exposición "Papeis" de Luis Rapela



Do 10 de decembro ao 12 de xaneiro
de 2010, na segunda planta do Ateneo Ferrolán, o artista ferrolá, Luis Rapela, expón "Papeis".

A inauguración, será o próximo xoves día 10 de decembro ás 20 horas.

Ateneo Ferrolán, fundado en 1879
www.ateneoferrolan.org


http://ateneo-ferrolan.blogspot.com

Enviado por:
ATENEO FERROLAN
administrador@ateneoferrolan.e.telefonica.net
10 de dezembro de 2009 13:03
_______________________

mércores, decembro 09, 2009

A chegada ao límite

Por Manuel Miragaia Doldán [*]
09.12.2009


Cando se é neno ou mozo todo está por vir, todo é porvir. Aínda que o presente sexa deficitario ou mesmo frustrante sempre se mantén a esperanza de que co que falta de vida agromarán tempos mellores. Característica intrínseca da mocidade é a súa riqueza en ilusións e proxectos máis ou menos realistas. Ao cumprir anos vanse realizando algúns dos antigos soños, mais tamén experimentando as posibilidades persoais e os límites establecidos pola continxencia vital. Co paso do tempo e, sobre todo, cando se chega á idade da vellez, despois dos numerosos golpes que nos depara o existir, alcanzamos en maior ou menor grao o realismo atroz da desilusión.

O mesmo pasa coas sociedades, que pasan da mocidade a unha etapa de madurez, para remataren alcanzando a Terceira Idade. O mesmo sucede cando se accede do pasado máis escuro e ditatorial a enxergar os escentileos prometedores dunhas liberdades descoñecidas e se comeza coa tarefa de deseñar un réxime democrático. Avanzar o que é avanzar, avanzouse algo desde aquela etapa primixenia na que todo estaba por facer. A día de hoxe, por suposto, estamos un pouco mellor, mais moitas das ambiciosas espectativas de cambio e de progreso social foron pouco a pouco sendo laminadas e abandonadas polo camiño, até case quedármonos sen ningunha, instalándonos nun increíbel marasmo social máis propio da vellez.

O filósofo existencialista Jaspers escribía que as duras situacións-límite -morte, sufrimento e culpabilidade- axudan a que o ser humano realice a enorme transformación de reconsiderar a existencia persoal e o sentido da súa vida.

Do mesmo xeito, unha situación límite extrema para a sociedade, como a derivada da grave crise económica e social que padecemos, parecía que obrigaría a aplicar rápidas reformas estruturais que modificasen o sistema. Mais iso non ocorreu. Nin tampouco que se evitase a situación-límite de descrédito da democracia que está a producir a corrupción cunha radical rexeneración ética da actividade política.

Nos trinta últimos anos fómonos achegando aos límites infranqueábeis da facticidade. E xa diante dos nosos narices vemos un altísimo muro co que batemos a cotío. Que llo pregunten senón aos cataláns, a quen os cavernícolas da Vila e Corte non lles permiten ser nación dentro dunha federación estatal. Que llo pregunten aos cidadáns laicos que desexan que a Igrexa católica non siga querendo controlar a toda a sociedade civil. Que llo pregunten desempregados e aos subempregados. Que llo pregunten aos que queren que se faga memoria histórica, aos que buscan un aumento das liberdades civís e un progreso socio-económico para as maiorías sociais.

O oligopolio de ideas dos insípidos, repetitivos e abundantes articulistas constitucionalistas favorece o pensamento único, o único posíbel. Máis do mesmo como receita. E o peor: unha sociedade avellentada que non se entera ou non se quere enterar.

Artigo publicado en varios medios de comunicación entre os que están: Galicia Hoxe e Diario de Ferrol.

[*] Manuel Miragaia Doldán [A Coruña, 1958], Profesor, Filósofo e Escritor. É Licenciado en Filosofía pura pola Universidade de Santiago de Compostela e diplomado en Maxisterio por Ciencias Sociais, é especialista en lingua galega e diplomado en galego pola Escola Oficial de Idiomas da Coruña. Na actualidade, traballa como profesor no IES “Alfredo Brañas” de Carballo. Realizou diversos traballos de investigación e innovación educativa, impartiu cursos e actuou en diversas ocasións como conferenciante e en recitais de poesía.

Desde 1976 escribe habitualmente artigos en galego en diversos medios de comunicación: El Ideal Gallego, El correo Gallego, A Nosa Terra, Man Común e fundamentalmente en La Voz de Galicia, xornal no que leva colaborando desde 1979. Escribiu crítica literaria e política, comentarios sobre eventos históricos e temas de educación, entrevistas, etc. Durante varios anos, mantivo neste xornal a sección humorística “A Revolta” e posteriormente o epígrafe “Xanela aberta” ata o ano 2000. Na actualidade escribe semanalmente no xornal “Galicia hoxe”, baixo o epígrafe “Vento fresco”, artigos que tratan sobre aspectos destacables da sociedade contemporánea desde unha perspectiva galega e de crítica intelectual. Publicou os libros Xénese e apocalipse, Edicións do Castro (1981, poesía) e Manual para escritores e outras sátiras, Ed. Toxosoutos (1997, narrativa). Ademais, traduciu sete libros ó galego e publicou ensaios en diversas revistas como “Arco da vella” (“Nós, os heterodoxos”) e “Agalia” (“A realidade portuguesa no pensamento galeguista”). Continúa producindo obra poética e narrativa.

Fonte: galegos.info



Enlace de interese:

Esta é unha entrevista actual datada no mes de Xuño deste ano 2009, onde se pode apreciar o compromiso e o pensamento do Profesor, Filósofo e Escritor: Conversas Contemporáneas
____________________

martes, decembro 08, 2009

Dentro do III Ciclo de Cine: Charles Chaplin, proxectara-se en Esteiro este Xoves, 10 de Decembro, o filme "Monsieur Verdoux"

III Ciclo de Cine en Esteiro

A Asociación Veciñal de Esteiro, debido ó éxito de público no III Ciclo de Cine que vimos dedicando a Charles Chaplin, ciclo no que inicialmente se proxectaron: A Quimera do Ouro, Luces da cidade, Tempos Modernos e O Gran Dictador, faremos o vindeiro xoves unha quinta proxección tamén de Chaplin: "Monsieur Verdoux". Será como sempre o xoves día 10 de decembro ás 20 horas nos cines Duplex de Esteiro.

Asociación Veciñal de Esteiro.

III Ciclo de Cine: Charles Chaplin.

Xoves día 10 de decembro ás 20 horas.

Cines Duplex.

Entrada de balde.


TITULO ORIXINAL: Monsieur Verdoux
AÑO: 1947
DURACIÓN: 123 min.
PAÍS: Estados Unidos
DIRECTOR: Charles Chaplin
GUIÓN: Charles Chaplin
MÚSICA: Charles Chaplin
FOTOGRAFÍA: Rollie Totheroh, Curt Courant, Wallace Chewing (B&W)
REPARTO: Charles Chaplin, Martha Raye, Marilyn Nash, Isobel Elsom, Robert Lewis, Mady Correll, Allison Rodell
PRODUCTORA: United Artists

Sinopse:

Os negocios de Henri Verdoux fanlle viaxar moito. Estes consisten, invariablemente, en cortexar e gañarse a confianza xunto cos datos bancarios- de vellas solteironas adiñeiradas para entón asasinalas pasando sen perda de tempo, a outra infeliz vítima.

Charles Chaplin deu un xiro total con respecto ás comedias alegres e sentimentais que lle caracterizaban, cando rodou esta sublime comedia negra na cal nárrase a historia dun home que secretamente utiliza o asasinato como medio para poder manter á súa adorada esposa inválida e ao fillo de ambos. Hai moi pouco do inmortal Charlot en Henri Verdoux e, con todo, o quisquilloso dandi non está desprovisto de comicidade. Unha das secuencias máis divertidas de Monsieur Verdoux constitúena os intentos -sempre frustrados- de Chaplin para asasinar á estridente Annabella interpretada por Martha Raie. Cando se estreou esta atípica película de Chaplin, o mundo non estaba preparado para contemplar a morte cara a cara e saír do cine sorrindo. Hoxe en día, con todo, Monsieur Verdoux, está considerada como unha comedia xenial e figura entre os mellores traballos de Chaplin.

Enviado por:
Asociacion Veciñal de Esteiro
-avvfontelonga@mundo-r.com-
8 de dezembro de 2009 11:24

________________________________

O que está em jogo em Copenhague


Leonardo Boff [*]
07.12.2009

Em Copenhague os 192 representantes dos povos vão se confrontar com uma irreversibilidade: a Terra já se aqueceu, em grande, por causa de nosso estilo de produzir, de consumir e de tratar a natureza. Só nos cabe adaptamo-nos às mudanças e mitigar seus efeitos perversos.

O normal seria que a humanidade se pergunta, tal como um médico faz ao seu paciente: por que chegamos a esta situação? Importa considerar os sintomas e identificar a causa. Errôneo seria tratar dos sintomas deixando a causa intocada continuando a ameaçar a saúde do paciente.

É exatamente o que parece estar ocorrendo em Copenhague. Procuram-se meios para tratar os sintomas, mas não se vai à causa fundamental. A mudança climática com eventos extremos é um sintoma produzido por gases de efeito estufa que tem a digital humana. As soluções sugeridas são: diminuir as porcentagens dos gases, mais altas para os países industrializados; e mais baixas para os em desenvolvimento; criar fundos financeiros para socorrer os países pobres e transferir tecnologias para os retardatários. Tudo isso no quadro de infindáveis discussões que emperram os consensos mínimos.

Estas medidas atacam apenas os sintomas. Há que se ir mais fundo, às causas que produzem tais gases prejudiciais à saúde de todos os viventes e da própria Terra. Copenhague dar-se-ia a ocasião de se fazer com coragem um balanço de nossas práticas em relação com a natureza, com humildade reconhecer nossa responsabilidade e com sabedoria receitar o remédio adequado. Mas, não é isto que está previsto. A estratégia dominante é receitar aspirina para quem tem uma grave doença cardíaca ao invés de fazer um transplante.

Tem razão a Carta da Terra quando reza: "Como nunca antes na história, o destino comum nos conclama a buscar um novo começo... Isto requer uma mudança na mente e no coração". É isso mesmo: não bastam remendos; precisamos recomeçar, quer dizer, encontrar uma forma diferente de habitar a Terra, de produzir e de consumir com uma mente cooperativa e um coração compassivo.

De saída, urge reconhecer: o problema em si não é a Terra, mas nossa relação para com ela. Ela viveu mais de quatro bilhões de anos sem nós e pode continuar tranquilamente sem nós. Nós não podemos viver sem a Terra, sem seus recursos e serviços. Temos que mudar. A alternativa à mudança é aceitar o risco de nossa própria destruição e de uma terrível devastação da biodiversidade.

Qual é a causa? É o sonho de buscar a felicidade que se alcança pela acumulação de riqueza material e pelo progresso sem fim, usando para isso a ciência e a técnica com as quais se pode explorar de forma ilimitada todos os recursos da Terra. Essa felicidade é buscada individualmente, entrando em competição uns com os outros, favorecendo assim o egoísmo, a ambição e a falta de solidariedade.

Nesta competição os fracos são vitimas daquilo que Darwin chama de seleção natural. Só os que melhor se adaptam, merecem sobreviver, os demais são, naturalmente, selecionados e condenados a desaparecer.

Durante séculos predominou este sonho ilusório, fazendo poucos ricos de um lado e muitos pobres do outro à custa de uma espantosa devastação da natureza.

Raramente se colocou a questão: pode uma Terra finita suportar um projeto infinito? A resposta nos vem sendo dada pela própria Terra. Ela não consegue, sozinha, repor o que se extraiu dela; perdeu seu equilíbrio interno por causa do caos que criamos em sua base físico-química e pela poluição atmosférica que a fez mudar de estado. A continuar por esse caminho, comprometeremos nosso futuro.

Que se poderia esperar de Copenhague? Apenas essa singela confissão: assim como estamos não podemos continuar. E um simples propósito: Vamos mudar de rumo. Ao invés da competição, a cooperação. Ao invés de progresso sem fim, a harmonia com os ritmos da Terra. No lugar do individualismo, a solidariedade generacional. Utopia? Sim, mas uma utopia necessária para garantir um porvir.


* Teólogo, filósofo e escritor
[Autor de Homem: Satã ou Anjo bom?, Record 2008].


______

Começa, em Copenhague, cúpula sobre o clima
07.12.09 - MUNDO

Adital - Começou hoje (7), em Copenhague, Dinamarca, a 15ª Conferência das Partes (COP-15) da Convenção-Quadro da ONU sobre Mudança Climática. Para muitos dos cientistas presentes, a população do mundo só possui cerca de dez anos para reverter o aumento global da emissão de gases antes que a mudança climática se torne incontrolável. Organizações ambientais apoiaram a posição.

A Campanha Global pelo Clima deverá realizar, no próximo dia 12, em Copenhague, atividades para mostrar a necessidade de se tomar ações urgentes e efetivas contra o aumento do clima global. Essa é, segundo o organismo, a "reunião mais importante jamais celebrada".

"Demandamos aos líderes mundiais que tomem as ações urgentes e resolutivas que necessitamos para prevenir a catastrófica desestabilização do clima global, para que mundo inteiro possa se unir tão rapidamente quanto seja possível para um tratado para redução de emissões mais ambicioso, que seja tanto equitativo como efetivo, para prevenir uma mudança climática perigosa", posicionou-se.

Para o diretor do Greenpeace Espanha, Juan López de Uralde, o tratado final dever ser legalmente vinculante e deve incluir um recorte de emissões, por parte das nações industrializadas, de 40% para 2020, sobre os níveis de 1990.

"Neste momento, a vontade política é o único que consideramos em falta. As negociações para combater a mudança climática nunca tiveram uma oportunidade como essa, e não deve ser desperdiçada", declarou Uralde.

O Greenpeace recomenda que os países industrializados gastem, anualmente, 140 bilhões de dólares estadunidenses para que os países em desenvolvimento possam lutar contra os efeitos da mudança climática e deter a desflorestamento. Para o organismo, o fim do desflorestamento dos bosques tropicais deve ser obtido até 2020.

A organização ambiental ainda defendeu que os países empobrecidos devem reduzir o crescimento de suas emissões de gases de efeito estufa entre 15% e 30% para 2020, com o apoio dos países desenvolvidos.

O evento, que se encerra no próximo dia 18, teve 34 mil inscritos, segundo os organizadores. Entretanto, a capacidade do Bella Center, sede da conferência, é de 15 mil pessoas. Ao todo, 96 chefes de Estado confirmaram sua presença.

O documento final da COP-15 deverá substituir o Protocolo de Kyoto e terá validade de 2012 a 2020.

Fonte: [ADITAL] Agência de Informação Frei Tito para a América Latina
www.adital.com.br

_____________________________________

Constituída a Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitária de Ferrol


Convocadas pola Asociación de Veciños de Valón e da Asociación Veciñal de Esteiro, no día de onte 23 entidades constituíron a Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública.

Os catro sindicatos van formar parte da mesma e ademais CCOO, CIG e USTG enviaron, como mostra de compromiso inequívoco, ós seus secretarios comarcais. A UGT desculpou a non asistencia do seu secretario comarcal, pero si estivo presente no acto unha representante da mesma.

Trece asociacións veciñais , varias asociacións socio sanitarias (algunhas desculparon a asistencia por celebrarse o día da mobilidade) e a Xunta de Persoal da Área Sanitaria van , de maneira inicial, a formar parte da Plataforma, que está pechada a novas incorporacións que xa se van producir nos próximos días.




Principalmente foi obxecto de debate a redución dos orzamentos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde para o 2010 ( 38 millóns de euros ) e a falla de compromiso da Xunta de Galicia, neses orzamentos, co Plan Director do Complexo Hospitalario, ó que só se dedican 100.000 euros, e o nulo compromiso, non se dedica partida ningunha, co Plan de Alta Tecnoloxía, que deixa ó Marcide fóra dese Plan no ano 2010. O Conxunto dos asistentes criticaron a falla de compromiso da Xunta de Galicia nos orzamentos do 2010 coa Área Sanitaria de Ferrol.

Mentres tanto se segue a dilapidar diñeiro público, no Monte Gaias nos soldos dos Directivos do Servizo Galego de Saúde, que aumentan considerablemente, e no mantemento do Plus de Altos Cargos.

Logo de manifestarse en conta das privatizacións na construcións de centros de saúde e de Hospitais previstas pola Xunta de Galicia, se estableceu un programa de mínimos da Plataforma que se completará na próxima xuntanza a celebrar neste mesmo mes de Decembro:
  1. Demandar da Xunta de Galicia a adecuación dos orzamentos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde ás necesidades reais de contratación de persoal e dimensionamento de cadros de persoal, cubrindo en todo momento o 100% das ausencias por enfermidade, permisos, vacacións, etc., que eviten a actual mingua da calidade asistencial.

  2. Revisar os concertos establecidos cos Hospitais Privados, Hospitais Concertados, e Clínicas Privadas, eliminando aqueles que non sexan necesarios.
  3. Mellorar a xestión do gasto farmacéutico, non reducir en caso ningún a dispensa de medicamentos, pero si exercer un mellor control.

  4. Manter o Plan de Mellora da atención Primaria, garantindo a adecuación dos tempos de consulta médica, e a extensión de programas e plans de coidados de Enfermería.

  5. Redución drástica das Listas de Espera en Consultas de atención Especializada, Probas diagnósticas, Cirurxía e procedementos terapéuticos. Control das Listas de Espera no futuro.

  6. Creación dun Centro de Referencia das Enfermidades Profesionais nesta Área Sanitaria.

  7. Paliar a escaseza de recursos Sociosanitarios na Comarca, actualmente moi insuficientes, dada as características, da idade da poboación, da nosa Comarca, Integrando o Hospital Xeral na rede Pública.

  8. Mantemento dos compromisos económicos mantidos con esta Área Sanitaria para desenvolver o Plan Director do Complexo Hospitalario.

  9. Compromiso de investimento no ano 2010 da Área Sanitaria dentro do Plano de investimentos en Alta Tecnoloxía.

  10. Creación dun sistema de alerta sanitaria directamente relacionado coa Atención Primaria, para que o gasto asistencial derivado da asistencia a enfermidades profesionais sexa custeado polas Mutuas e non cargado á Sanidade Pública.
  • A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol está aberta a novas adhesións de asociacións. Para aherirse, contactar no
    plataformadspferrol@gmail.com
________________________

Galiza perante o cumio do clima de Copenhaguen


Por Xosé Veiras García [*]
24.11.2009

Desde hai polo menos 20 anos non faltan razóns sólidas para tomarse moi en serio a mudanza climática, unha das caras, xunto co cénit do petróleo, da crise enerxética global. O problema xa está aquí, golpeando primeiro e máis forte ás xentes máis desfavorecidas.

Porén, os impactos actuais serán pouca cousa en comparación cos futuros se superamos o limiar dunha mudanza climática “moi perigosa”, o que acontecería se non invertemos antes de 2020 a tendencia de aumento das emisións mundiais de dióxido de carbono (CO2) e outros gases de invernadoiro. É o primeiro paso necesario para prevenirmos unha mudanza climática catastrófica.

Malia o Protocolo de Quioto -incumprido por estados como o español- a taxa anual de aumento das emisións de carbono debidas á queima de combustíbeis fóseis multiplicouse por catro entre a década dos noventa e o período 2000-2007. Non vai ser nada fácil, se se recupera o crecemento económico, atinxir o teito mundial das emisións nos próximos anos. Moito máis díficil aínda, por non dicir imposíbel, será reducilas até chegarmos cara ao 2050 a niveis polo menos un 80% inferiores aos de 1990, no caso de tentarmos seguir pola vía do crecemento ilimitado, inherente ao capitalismo.

Ninguén podería asegurar que o cumio do clima a celebrar en Copenhaguen do 7 ao 18 de decembro será a derradeira oportunidade para salvarmos o clima, mais se non é a derradeira será con certeza unha das últimas. Xa perdemos moito tempo, de xeito que hoxe a mudanza climática é inevitábel. Se seguimos a perdelo, o que será inevitábel será unha crise climática de consecuencias devastadoras, peores canto maior sexa o aumento da temperatura media global do planeta. Estamos chocando contra os límites da Terra e canto máis insistamos en vivir por riba das posibilidades ecolóxicas mais nos achegaremos ao abismo.

A chave do éxito do cumio de Copenhaguen, no que se debería adoptar un acordo ambicioso, xusto e legalmente vinculante que substitúa ou amplíe o Protocolo de Quioto, téñenna os países enriquecidos. Polas súas emisións históricas e actuais (moi superiores ás que lles corresponderían nun reparto equitativo considerando a súa poboación), son os responsábeis da crise climática (e da máis ampla crise ambiental global). Son os que máis deben e poden facer para a resolver, nun cadro de responsabilidade común entre países mais diferenciada. Como era de agardar, e con excepcións como a de Noruega, as posicións dos países industrializados durante o proceso de negociacións previas a Copenhaguen non están á altura das súas responsabilidades, especialmente no caso dos EUA. O conxunto das propostas destes países supoñen entre unha cuarta parte e unha terceira parte da redución de emisións necesaria no horizonte do ano 2020 segundo o mellor coñecemento científico. A día de hoxe, os estados centrais non están dispostos a asumir plenamente a súa débeda climática.

Unha elevada pegada de carbono

Galiza forma parte claramente do grupo de países responsábeis da mudanza climática. As nosas emisións por habitante ascenden a 12,7 toneladas, unha cifra moi elevada que mesmo supera amplamente a media europea e española. É certo que unha parte corresponde a emisións “importadas”, asociadas á electricidade, aos produtos petrolíferos ou ao aluminio producidos no noso territorio e exportados ao resto do Estado español ou a outros estados. Mais mesmo descontando estas emisións, o noso contributo relativo á mudanza climática seguiría a ser alto, moi por riba do socioambientalmente aceptábel.

Segundo senllos estudos realizados nas Universidades de Santiago e da Coruña, a nosa pegada de carbono, é dicir, a superficie de terreo arborizado necesaria para absorber o CO2 procedente do consumo de enerxía, situaríase entre 1,7 e 2,1 hectáreas por persoa. Isto equivale a afirmar que abonda practicamente coa pegada de carbono, unha das compoñentes da pegada ecolóxica, para nos convertermos en “transgresores ecolóxicos” a escala global, para termos un modelo socioeconómico ecoloxicamente insustentábel.

Loxicamente non todos os galegos e galegas somos igualmente responsábeis da débeda climática que o noso país está contraendo cos países empobrecidos ao se apropiar dunha parte excesiva da capacidade que teñen os sistemas naturais do planeta de absorber CO2, cuxa superación é o que provoca o caos climático. Sen esquecermos que a maioría da poboación galega fai parte da chamada “clase consumidora mundial”, son os gobernos –desde os municipais até o estatal- e máis as grandes empresas os principais responsábeis de que Galiza sexa parte do maior problema socioambiental global.

As emisións galegas de gases de invernadoiro foron en 2007 un 23,4% superiores ás de 1990, que é o ano de referencia para o Protocolo de Quioto. As nosas emisións aumentaron en maior medida aínda que as do conxunto dos países enriquecidos, nos que o incremento medio foi do 9,9%. Isto non aconteceu por acaso, senón pola aplicación de políticas públicas curtopracistas e irresponsábeis. Por exemplo, mentres as accións a prol do aforro enerxético tiveron un carácter pouco máis que simbólico, encheuse o país de estradas de alta capacidade que favoreceron a urbanización dispersa (e por conseguinte a demanda de mobilidade motorizada) e o uso abusivo do coche.

Por tras das políticas públicas que estimularon o aumento das emisións de gases causantes da mudanza climática están os intereses das transnacionais do sector enerxético, do da construción ou do automobilístico. Os “accionistas contra o clima” teñen moita máis forza que os activistas en defensa do clima á hora de influíren nas políticas de gobernos e nos hábitos dos consumidoras e consumidores, pero alén diso son responsábeis directos da maior parte das emisións que teñen lugar na nosa terra. Seis transnacionais privadas foron responsábeis de nada menos que do 51,6% das emisións de gases de invernadoiro de Galiza en 2007, último ano para o que se dispón de datos oficiais sobre as emisións totais do país. Os seis maiores emisores son, por esta orde, Endesa –o primeiro con moita diferenza, grazas á súa central térmica de carbón das Pontes-, Gas Natural-Unión Fenosa, Alcoa, Repsol, Ferroatlántica e Cementos Cosmos (Corporación Noroeste-Grupo Cimpor).

A xustiza climática desde Galiza

A xustiza climática debería ser o principio inspirador dun novo tratado climático. Que significa para un país como Galiza aplicar o principio da xustiza climática?. Dúas cousas moi importantes. Reducir drasticamente as súas elevadas emisións e axudar aos países empobrecidos a mitigar e a adaptarse á mudanza climática, é dicir, contribuír a que melloren as condicións de vida das súas xentes con baixas emisións de carbono e a que minimicen os impactos negativos da mudanza climática que xa é inevitábel e que foi provocada polos países enriquecidos (fundamentalmente pola “tríade devoradora”: EUA, UE e Xapón).

Non se trata no noso caso de desacelerar o aumento das emisións, de diminuílas a respecto dun escenario tendencial “business as usual”, como se pode esixir nestes momentos a países como Brasil ou China. Isto era, sen ir máis lonxe, o que propoñía o plano de loita contra o cambio climático do bipartito, que se conformaba con que as emisións en 2012 fosen un 37% superiores ás rexistradas en 1990, cando no 2007 eran un 23,4% maiores. Feixóo anulou este plano, de seguro que non para o mellorar, senón para o substituír por outro aínda peor, facéndolle de paso o favor á nosa esquerda parlamentaria de disimular a súa falta de compromiso climático, tal como fixo Aznar con Zapatero ou Bush con Obama. Fronte a unha dereita tan extremadamente produtivista case calquera pode pasar por “ecoloxista radical” nun momento dado.

Galiza debería comezar xa a reducir de forma sostida as emisións –máis alá de contextos de crise como o actual- iniciando a transición cara a estilos de vida e modos de produción sustentábeis, sen recorrer ás reducións virtuais que trampas do mercado de emisións permiten ou a falsas alternativas como a enerxía nuclear ou os agrocombustíbeis insustentábeis. Como facelo?. Pois, por exemplo, loitando porque pechen canto antes as térmicas de carbón e impulsando con forza a xeración de electricidade renovábel de xeito socioambientalmente responsábel; deixando de enterrar tanto diñeiro en estradas que xeran máis e máis tráfego e promovendo adecuadamente o transporte colectivo; con máis soberanía alimentaria e con menos grande distribución, “alimentos quilométricos” e agricultura e pesca industrial (agora tamén armada!); ou desbotando a incineración e promovendo a redución e a reciclaxe intensiva dos residuos urbanos.

Trataríase, en definitiva, de procurarmos vivir ben decrecendo o consumo de enerxía e de materiais e distribuíndo con equidade a riqueza, o que ademais de nos situar no lado da solución xusta á temíbel crise climática, nos prepararía para escenarios futuros de escaseza e encarecemento de recursos naturais, nomeadamente do petróleo, do que tanto dependemos hoxe (unha mostra diso é que fornece o 62% da enerxía dispoñíbel).

Sermos coherentes coa xustiza climática significa tamén colaborarmos, na medida das nosas responsabilidades e capacidades, nos esforzos de mitigación e adaptación á mudanza climática nos países empobrecidos. Con financiamento adicional ao destinado á cooperación, o que desde logo será moito pedir para algúns, considerando os orzamentos escandalosamente raquíticos destinados até hoxe á cooperación, que o Goberno Feixóo pretende reducir aínda máis para o próximo ano, até suporen tan só o 0,086% do orzamento da Xunta.

A xustiza climática non está no programa dos que nos gobernan desde institucións e empresas, así que cómpre da mobilización de todas as persoas que demandamos o pagamento da débeda climática e loitamos por un mundo xusto e sustentábel, o que pasa por atinxir un bo acordo en Copenhaguen. O próximo Día de Acción Global polo Clima (12 de decembro) é unha ocasión para facermos ouvir de novo as nosas voces.

Publicado en altermundo.org
________________

 Acima Xosé Veiras nun detalle dunha foto de X. M. Albán

[*] Xosé Veiras, o ecoloxista maduro e rigoroso. Por Xaime Leiro. Verde si, maduro tamén. O biólogo compostelán Xosé Veiras, vocacional cento por cento, naceu en 1970 cando o ecoloxismo galego (Adega e a Sociedade Galega de Historia Natural) empezaba a dar os seus primeiros pasos. Hoxe, ambas as dúas asociacións, polas que pasou este activista, representan, coma el, a madureza dun movemento plenamente asentado en Galicia, que é capaz de sacarlles as cores ós representantes de multinacionais como Endesa, Celulosas ou Pescanova. Precoz, entrou con 15 anos na SGHN, un colectivo centrado máis no estudo ca na denuncia. Esta concepción de seriedade científica nos argumentos non o abandonaría xa nunca, impregnando dela toda a súa actividade futura. Despois de ocupar a secretaría xeral da SGHN, con apenas 18 anos, e sendo presidente Xosé Manuel Penas Patiño (actual alcalde nacionalista de Rois), este empedernido trotamontes, deu un paso máis contra o minifundismo tan asentado na comunidade e empezou a traballar por aglutinar os esforzos de todos os grupos galegos no xerme do que sería a Federación Ecoloxista Galega, da que foi coordinador xeral entre 1996 e 2001, e converteuse na voz solvente e na cara autorizada de todo o movemento en Galiza. Afastado paseniñamente da SGHN por considerar que tiña moito de estudo e pouco de defensa do medio, entrou en Adega, da que foi secretario executivo entre 2001 e finais de 2005. O proceso deseñado pola Unión do Pobo Galego para o control efectivo do grupo derivou no seu abandono da organización e nunha ruptura traumática que acabou por frutificar no nacemento de Verdegaia. Crítica, solvente, rigorosa, independente e apartidaria, así é a organización que soña para Galicia este biólogo metido agora a consultor ambiental, que denunciou con contundencia os responsables populares da xestión do accidente do Prestige que se converteu en marea negra, e que tampouco calou (como si fixeron significativamente outros) cando o verán pasado eran os nacionalistas os que tiñan baixo o seu control o operativo contra os lumes forestais que derivou en catástrofe ecolóxica. Rara avis sen ataduras. [No xornal diario "Galicia Hoxe"]

________________________

Morales marca o século XXI boliviano e planta-se contra o imperialismo




A Paz, 7 dic (ABI
) - O presidente reelecto Evo Morales, gañador indiscutíbel das eleccións do domingo co 63% dos votos, marcou a fe e lume o século XXI boliviano e plantado cara contra o imperialismo e o capitalismo, en momentos en que a Latinoamérica progresista non alcanza a dixerir o crebe institucional na centroamericana Honduras e Colombia consente a instalación de bases militares de Estados Unidos.

Co seu esmagador triunfo nas urnas, que non sorprendeu en Bolivia nin aos seus opositores máis enconados, Morales parece despexar a gran incógnita: o século XXI en Bolivia será rexido polo indio orixinario desta terra, como o foi no pasado polo branco non indíxena.

Tamén, a orientación que seguirá o Estado Plurinacional de Bolivia, o socialismo comunitario aberto ao investimento estranxeiro, privada ou pública, baixo o principio de "negocios si pero co Estado como reitor".

Nese marco de restauración estatal, Morales deixou en claro o seu talante gruñón contra calquera forma imperial e o seu apego á rexión.


Morales, de 50 anos, o presidente con maior apoio popular na historia política deste país, campión da inestabilidade institucional en Latinoamérica, dedicou o seu triunfo electoral aos países e gobernos que apoiaron a súa enunciada "revolución democrática e cultural", en referencia aos signatarios da Alternativa Bolivariana para os Pobos da nosa América (ALBA) e gobernos e líderes de Europa e Asia, que apontoaron o seu goberno de esquerdas.

"O triunfo en Bolivia non só é para os bolivianos; este triunfo dos bolivianos é, fundamentalmente, un xusto recoñecemento, é unha dedicación, a presidentes, a gobernos, a pobos antiimperialistas", salientou.

O mandatario indíxena confirmou o seu segundo mandato consecutivo e pasará, a controlar a bicameral Asemblea Lexislativa Plurinacional (ALP), sucesora do Congreso, onde as previsións afirman que non atopará escollo para pór en práctica a súa Constitución, referendada nas urnas con apoio maioritario en xaneiro último.

O mandatario reelecto comprometeu-se, á luz do apoio popular que recibiu nas urnas, a acelerar o proceso de cambios estruturais que puxo en marcha na súa primeira xestión e que subliña a "nacionalización ou descolonización de Bolivia", como concepto político e cultural e, no económico, o retorno da riqueza natural a mans do Estado e, en consecuencia, a industrialización de Bolivia, o país máis pobre de Sudamérica.

"Temos a enorme responsabilidade con Bolivia, pero tamén coa vida e a humanidade, de profundar e acelerar o proceso de cambios", impúxose nun discurso pronunciado a horas de desvelada a súa incuestionábel vitoria electoral ante miles dos seus achegados.

"Que obteñamos máis de dous terzos (na ALP) obríganos, obrígame, a acelerar o proceso de cambios", insistiu.

Morales que conseguiu efectivamente "refundar Bolivia", algo que parecía máis unha frase de boas intencións cando foi investido presidente en 2006, basea, entre outras cousas, a súa pretensión de terminar de cambiar Bolivia ata 2015 na utilidade marxinal que lle deixou o triunfo electoral da véspera: esnaquizar a "Media Lúa" boliviana, unha ficción xeográfica que serviu de plataforma ideolóxica para promover a secesión territorial do país andino amazónico.

Noutras palabras, escorrentou as pantasmas da división de Bolivia que planearon fai pouco máis dun ano.

Así, baixo este cadro da situación, fixo un chamado ata os seus enconados opositores a "traballar" e "servir" a Bolivia.

"Fago unha convocatoria a autoridades que non queren traballar con Evo, a alcaldes, a cívicos, a empresarios, a intelectuais que dubidan, a servir a Bolivia", afirmou en ton sereno e conciliador.

"Que veñan a traballar polo pobo boliviano, porque somos da cultura do diálogo", insistiu ao arengar a adhesión dos seus adversarios políticos ao modelo de país que profesa.

"Agora si temos o camiño aberto, entendéndonos como bolivianos, un camiño aberto, dialogando con distintos sectores para aplicar a primeira Constitución, aprobada polo pobo boliviano" nas urnas en xaneiro pasado, desafiou.

Acusado recurrentemente de autoritario polos seus opositores, Morales demostrou o seu fervor democrático, pois todo o que conseguiu a favor das súas políticas fíxoo, cos matices e aparato propios da política criolla, no terreo do institucional.

"O pobo, coa súa participación, demostra que é posible cambiar Bolivia en base ao voto do pobo boliviano", aseverou, ao tempo de render tributo á vocación democrática dos seus compatriotas.

"Hoxe Bolivia novamente demostra unha vocación democrática, unha revolución democrática, cultural, ao servizo do pobo. Novamente o pobo boliviano fai historia, grazas a esa conciencia do pobo. O que hoxe viu o pobo boliviano é como avanzar como un proxecto, cun programa do pobo, ao servizo do pobo boliviano", afirmou.


Congratulouse porque, "con máis do 63% (dos votos), case 64%, impuxéronse estas transformacións no económico, no estrutural e económico".

Reducida a dous dos nove departamentos bolivianos, dous menos que no pasado recente, a oposición fixo, con todo, pouco menos que unha declaración de guerra á convocatoria de Morales.

O seu principal contendor electoral, o ex militar Manfred Reyes Vila, que logrou adherir o 28% dos votos, dixo que o triunfo de Morales non representa senón a ratificación de que o país está aínda dividido entre dous modelos e visións de Estado e formas de vida: a occidental versus a indíxena orixinaria.

"No país subsiste a división" dixo á luz dos resultados electorais, mentres que outro dos seus adversarios electorais derrotados, o adiñeirado empresario Samuel Doria Medina, anunciou oposición a Morales en base do magro 6% que obtivo nas urnas.

"É importante sinalar que os problemas que mencionaramos como a pobreza, a falta de traballo, os abusos de parte do partido gobernante, o incremento desmedido na promoción da coca e os seus derivados, póidase agravar co resultado das eleccións e iso preocúpanos", cuestionou.

Por Coco Cuba

Fonte: ABI
_______________________________

luns, decembro 07, 2009

Atentados urbanísticos en Recimil

A Asociación San Fernando, aínda recoñecendo que as obras actuais das Casas Baratas de Recimil, non colman as nosas aspiracións para a súa rehabilitación, entendemos que é un paso importante o que se está dando, xa que o tratamento de beirados e bajantes supón un importante freo á deterioración dos edificios, en espera da solución definitiva que sería a substitución das cubertas por outras novas.

En canto ao problema do pintado, que se afronta por vez primeira en máis de 60 anos, queremos facer constar a nosa protesta por este novo ataque á esperanza de humanización dos nosos fogares, a través dunha denuncia relativa ás cores da pintura, cando todos sabemos que se cometeron verdadeiros atentados urbanísticos coa nosa barriada, de moita maior entidade que un pintado máis ou menos vistoso, sen que ninguén se escandalizase por iso.

Por exemplo:

En pártea Norte do grupo I, correspondente á Praza de España, a edificación deixou un espazo no centro, para permitir a comunicación entre ambas as Prazas, a través dun conxunto de arcadas que servían de unión entre os edificios. Estas arcadas que comunicaban a Praza de Sevilla coa Praza de España, foron derrubadas no ano 1996 e substituídas por un horroroso procreo de ferro e plástico.

Isto é o que había




A actuación sobre a Praza de Sevilla e as arcadas, foi rexeitada pola maioría dos ferroláns, que non estaban de acordo co proxecto que arrasaba totalmente os xardíns e arboledo. A A. VV. recolleu nunha semana perto de sete mil firmas, en defensa das árbores, os xardíns, o parque de tráfico e as arcadas. Os pregos foron entregados no Concello, gobernado entón polo PP, que fixo caso omiso das firmas e só se conseguiu salvar varios das árbores máis valiosas, e a instalación dun novo parque de tráfico nunha parcela contigua á igrexa.

E isto é o que hai




Nos grupos II, III, e IV, as entradas ás vivendas estaban protexidas por anteportales sobresalientes das fachadas, dos que actualmente quedan moi poucos. Na fachada Norte, os tres grupos presentaban, cada un, dous pasos cubertos para comunicación coa Estrada de Castela; e nas súas fachadas Sur, os grupos III e IV, tamén tiñan dous pasos cubertos cada un, para a súa comunicación coa rúa Ramón e Cajal. O tempo e a falta de mantemento foron minando os tejadillos dos pasos e os anteportales, e os representantes municipais non tiveron mellor idea que eliminalos.

Non poderiamos dicir que fose só o PP o culpable de todos estes "atentados" urbanísticos, pero si que tiveron boa parte ?na desfeita?.

De calquera xeito, o feito de ?rasgarse as vestiduras? agora por culpa das tonalidades dun pintado que se realiza por primeira vez en máis de 60 anos, resulta, cando menos, ridículo.

Cantos anos gobernou o PP en Ferrol? Por que non fixo entón un pintado ao seu gusto?

Trátase de machucar ao goberno do PSOE ou de machucar aos veciños de Recimil?

É unha vinganza porque non puideron derrubar o barrio?

Ata cando teremos que sufrir os veciños das Casas Baratas o acoso insistente de certas persoas do Partido Popular de Ferrol?

A Asociación San Fernando.
Recimil a 5 de Decembro do 2009.

Enviada por:
sanfernanadorecimil
-sanfernandorecimil@mundo-r.com-
7 de dezembro de 2009 12:40

____________________________

Web da Asociación San Fernando para a Conservación do Patrimonio Histórico do Barrio de Recimil de Ferrol:

http://www.telefonica.net/web2/asociacionsanfernando/index.htm

_____________________________________