martes, xaneiro 11, 2011

Carme Freire: “Esta reforma será a estocada final para o sector agrario” - O SLG alerta do impacto que terá a reforma das pensións na saúde e na economía de labregos e labregas

A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Carme Freire Cruces, expresou hoxe a fonda preocupación dos sectores agrarios da Galiza diante da reforma das pensións que está a preparar o Goberno Central, con propostas como atrasar a idade de xubilación aos 67 anos ou aumentar o período de cotización a vinte anos para ter dereito a unha pensión.

De ir para adiante esta reforma, suporía unha estocada mortal para o agro galego, que se vería afectado de dous xeitos claros. En primeiro lugar, afectaría directamente á saúde da xente que se dedica a producir alimentos. A actividade agraria esixe grandes esforzos físicos que, ao longo dos anos, acaban derivando en enfermidades e doenzas propias deste sector que afectan, principalmente, á columna vertebral e ás articulacións óseas. Dado que estamos a falar dun sector que cotiza no réxime de autónomos e que, polo tanto, non ten dereito a unha xubilación anticipada, o normal é chegar aos 65 anos nunhas condicións físicas penosas e moi minguadas. Aumentar a idade de xubilación até os 67 alongaría o traballo de homes e mulleres que, en circunstancias normais, chegan con serias dificultades físicas aos 65. Por se non abondase, estas enfermidades propias da actividade labrega non están recoñecidas como doenzas laborais.

En segundo lugar, a reforma afectaría directamente aos ingresos económicos dunhas explotacións agropecuarias que, nas circunstancias actuais, están a camiñar pola corda frouxa, moitas veces vendendo por debaixo dos custes pola constante caída de prezos e incrementos continuados dos gastos. Aumentar a cotización até os 67 suporía para cada cotizante acabar pagando arredor duns 10.000 euros máis ao final da súa vida laboral. Ademais, aumentar os 15 anos de cotización obrigatorios a vinte está a provocar que moitos labregos e labregas que tiñan intención de comezar a cotizar aos cincuenta para poder ter dereito a unha pensión, xa non o vaian facer por non quedarlles vida laboral suficiente; mesmo moitas persoas que cotizan van deixar de facelo por non dar chegado ao mínimo de anos cotizados que se pretenden esixir.

Este último problema afecta, especialmente, ás mulleres labregas que, a pesares de traballar xunto ao seu cónxuxe nas explotacións, habitualmente non cotizan a pesares de facer o mesmo traballo. Isto débese a que, nun contexto de aumento constante dos custes de produción na actividade agraria, as cotizacións á Seguridade Social son unha vía de aforro por non ser obrigatorias.

Para o Sindicato Labrego, as únicas beneficiarias destas reformas van ser as aseguradoras privadas. Para o SLG, non poden pagar os custes desta crise as clases populares e, en especial, os labregos e as labregas, motivando, unha vez máis o engrosamento de beneficios dos grandes poderes económicos á costa dunha vida digna para as persoas.



Fonte: SLG

O Sindicato Labrego Galego é un proxecto vivo e en marcha hacia unha agricultura labrega, sostible, nun mundo solidario.

A nivel internacional o Sindicato Labrego Galego forma parte da Vía Campesina (Movemento a nivel mundial de labregos e labregas) e da Coordinadora Europea - Vía Campesina (CE-VC). Por outra parte, a nivel estatal o SLG ten un convenio de colaboración coa Coordinadora de Organizacións de Agricultores e Gandeiros (COAG).

O PROXECTO SINDICAL AGRARIO

Sitio web oficial do SLG:
http://www.sindicatolabrego.com/
____________

I Mostra de Documentais en Galego do Ateneo Ferrolán



O Ateneo Ferrolán, celebrará o mércores 23 de marzo de 2011 ás 19 horas na Capela do Centro Torrente Ballester a I MOSTRA DE DOCUMENTAIS EN GALEGO, no que se proxectarán:
  • "Boca a boca"
    de XABIER MARQUÉS SOLLA [15' Galego]
  • "O sol nos chaos"
    de MARCOS NINE BUA [27' Galego]
  • "A fábrica"
    de MARCOS NINE BUA [20' Galego]
  • "Manuscritos pompeianos"
    de MARCOS NINE BUA [17' Galego]
  • "En medio de algures"
    de MANUEL IGLESIAS NANIN [16' Galego e Árabe]
  • "Regreso a San Andrés"
    de SIMONE SAIBENE [26' Galego e Castelán]
  • "O partido"
    de ADRIANA PEREZ VILLANUEVA [7´58" Galego e Castelán]
  • "Lembranzas das Encrobas"
    do COLECTIVO BiciLab [7'42" Galego]
Un lugar de encontro para a cultura
Ateneo Ferrolán, fundado en 1879
http://www.ateneoferrolan.org
http://www.ateneo-ferrolan.blogspot.com/
e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 | Fax: 981 354 098 | Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204, 1º. CP.15402 | FERROL (A Coruña)

Enviado por:
Ateneo Ferrolán
11 de janeiro de 2011 13:08
_____________

Boicot á inauguración da Cidade da Cultura


A PLATAFORMA CULTURA SI, MAUSOLEO NON FAI UN CHAMAMENTO AO BOICOT CIDADÁN DA INAUGURACIÓN DA CIDADE DA CULTURA.

O DESFASE DE 400 MILLÓNS DE EUROS NON É MOTIVO DE CELEBRACIÓN E SOLICITAMOS A NON PARTICIPACIÓN DOS CIDADANS, PERSOEIROS E INTELECTUAIS NA PANTOMIMA QUE SE VAI CELEBRAR MAÑA NO MONTE GAIÁS.

Pasados once anos desde o inicio do proxecto da Cidade da Cultura e con 400 millóns de euros de sobrecosto desde a Plataforma Cultura Si Mausoleo Non, parecenos fora de lugar e absurdo, o acto de pompa e boato, convocado pola Xunta de Galicia para celebrar unha inauguración duns edificios sen nengun tipo de contidos nen aproveitamento cultural. Vai a cortarse unha cinta para poder acceder a visitar uns edificios valeiros, sen actividade e carentes de proxectos de uso.

Mañá hai que deixar solos aos responsabeis desta factura gravosa para os cidadáns galegos. Aos políticos que desde Manuel Fraga a Alberto Nuñez, avalaron o destino de millóns de euros a un burato sen fondo e a unhas obras sen nengun tipo de xustificación nen necesidade. Ao alcalde de Santiago que exercendo o localismo en proveito propio fai da Cidade da Cultura o seu proxecto para perpetuarse no poder. Aos voceiros do empresariado con animo de lucro que ven nestes edificios a panacea que nos vai salvar da crise e enriquecelos a eles mais que a ninguen. En definitiva ao acto de inauguración que vaian en compañia todos aqueles que se convertiron en complices do mal gasto e o despilfarro das obras do Gaiás.

Desde a Plataforma consideramos que transcurridos 11 anos queda constatado que continuar adiante coa idea de macro contenedor cultural no Gáias e adicar unha cantidade desorbitada de diñeiro público a unhas obras inacabables e de final e contidos incertos, é algo fora de lugar e totalmente inadeucado. É unha evidencia que os usos dos edificios tal como foron ideados no seu inicio xa non é posible nen real polo que inaugurar unhas instalacións co nome de Cidade da Cultura é incongruente e falto de rigor. Pedimos mais sentido común e menos luxo con inauguracións principescas, que poden valer para salir na prensa rosa pero non teñen xustificación desde a cultura e as necesidades dos cidadáns.

A PLATAFORMA CULTURA SI, MAUSOLEO NON continua a defender a disolución do que foi no seu momento o proxecto incial do goberno Fraga, nomeado como Cidade da Cultura, solcitamos a anulación das partidas orzamentarias que lle dan respaldo e se reconvirtan as instalacións construidas para o destino final de cubrir necesidades básicas dos cidadáns de toda Galiza (sanidade, educación, servizos sociais e benestar social). Asi mesmo propoñemos dedicar os dous edificios que se van a inaugurar a albergar as instalacións da Administración Autonómica en Santiago de Compostela, aforrándose o pago de alugueres (11 millóns de euros ao ano) e destinando os edificios que están no centro da cidade, incluindo os complexos de San Caetano e San Lazaro a fins culturais e de uso social, sanitario e educativo, para uso e disfrute de toda a cidadania.

Santiago de Compostela 10 de xaneiro de 2011

Pola Plataforma
Xan Carlos Ansia

Enviado por:
cultura si mausoleo non
-culturasimausoleonon@gmail.com-
10 de janeiro de 2011 12:27
__________________

Sitios na Rede da Plataforma Cultura si, Mausoleo Non

http://www.culturasimausoleonon.org/
http://culturasimausoleonon.blog.com/
__________________________

"Refundando a Esquerda" en Ferrol, sigue adiante no seu proceso de construción dunha nova esquerda, e convida a toda a cidadanía a participar no "Foro Aberto de Cultura"

A Esquerda
refundandoaesquerda@gmail.com
2011/1/10

"Refundando a Esquerda" en Ferrol, sigue adiante no seu proceso de construción dunha nova esquerda,e convida a toda a cidadanía a participar no "Foro Aberto de Cultura".

O acto terá lugar, o Mércores, 12 de Xaneiro de 2011, ás 19:00 h, no Salón de Actos do Centro Cultural Carvalho Calero, en Ferrol.

Presentan o foro debate;

Guillermo Ferrández e Juan Carlos Valle "Karlotti"

Agradecemos difusión e asistencia

http://refundaciondaesquerdaferrolterra.blogspot.com/

--


Rúa do Sol, 224-230, 1º B.
15401 Ferrol 
CIF:-G-70027909

Enviado por:
Lefre de Caldereta - Asociación Cultural
-lefre@lefredecaldereta.com-
10 de janeiro de 2011 23:10
_____________

Baixo o lema "O Eume: Medio século desecado", activistas ecoloxistas e defensores da natureza, concentraron-se ao pé do encoro, propiedade de Endesa, n'A Capela

[Foto: vadeando.com]

Información da concentración-protesta encoro Eume.

Información sobre a concentración-protesta no encoro do Eume pola desecación do río nos enlaces relacionados:

Ríos con vida” pide que 'Nunca Máis' se abuse dos cauces galegos.

Luns, 10 de Xaneiro de 2011
Redacción > Ferrol>Diario de Ferrol

Medio centenar de persoas secundaron onte a mobilización que, convocada pola Asociación "Ríos con vida", foi programada pola entidade a modo de recordatorio da denuncia presentada en 2010 contra Endesa polo baixo nivel que presenta o Eume.

De feito, o encoro de Goente acolleu o desenvolvemento dunha acción reivindicativa que arrincou pasadas as doce do mediodía.

Os organizadores contaron co respaldo doutras entidades ecoloxistas, como foi o caso de Adega, e o acto deu lugar ao habitual despregamento de pancartas e á lectura dun manifesto por parte do responsable de "Ríos con vida" para Galicia, Mark Adkinson. Este non dubidou en recorrer ao slogan-denuncia utilizado con motivo da catástrofe do Prestige, "Nunca Máis", para esixir da cidadanía e das administracións máis vixilancia e control para evitar que "abúsese dás veas dá nosa terra, do país dous mil ríos, dunha forma tan indigna".

Neste sentido, cifrou en corenta o número de encoros galegos que a día de hoxe incumpren co caudal ecolóxico esixido por lei. Así, subliñou que a situación que onte tiveron a posibilidade de comprobar os asistentes ao acto tamén pode ser extrapolable a concas como as do Sil, Umia e Xallas. Por iso, Mark Adkinson non descartou novas mobilizacións para "entre todos imos ser a voz da auga".

Por outra banda, aproveitou a convocatoria para denunciar a transformación de conséntea de Endesa no que será o maior lago artificial do Eume; as verteduras acedas que dous anos atrás puxeron en serio perigo a conservación do río Eume e para situarse en contra da nova explotación mineira prevista para a zona de Goente. Adkinson apuntou, así mesmo, o xerme que deu lugar á creación da entidade e, neste sentido, subliñou que "nace coa vocación de defender ós ríos dous aldraxes que sofren, usando para iso ou traballo dous seus socios e a Lei". Animou aos asistentes a denunciar aquelas accións que entendan que pon en perigo o estado natural dos ríos e referiuse ás tradicións e á cultura vinculada ao auga para invitar á cidadanía á defensa dos ríos, de modo que estes "non caian non esquecemento".

Á marxe destas consideracións os manifestantes explicaron as súas convinccións en dúas pancartas. Así, mentres que na primeira podíase ler "Sobran presas, faltan ríos vivos", nunha segunda figuraba o seguinte comentario: "O noso río 51 anos seco, abandoado e repoboado con salmóns de Escocia. Queremos auga libre e salmóns galegos. Pero sobre todo, Xustiza para ou Eume".


Protesta no Eume contra os "encoros ilegais dás eléctricas"

Medio cento de persoas maniféstanse xunto á presa d'A Capela cando vai un ano da denuncia a Endesa polo "secuestro" do caudal
Rosabel Candal > Santiago
Concentración de protesta organizada onte pola mañá por "Ríos con Vida" xunto ó encoro d'A Capela

A Capela (Coruña). 09.01.2010. Baixo o lema "O Eume:Medio século desecado", convocados po-la asociación : "AEMS Ríos con Vida" e coa colaboración e participación de diversos colectivos ecoloxistas (ADEGA,..) un nutrido grupo de persoas concentrámonos xunto ó encoro da Capela, situado á beira do río Eume, na provincia da Coruña, para denunciar que as compañías eléctricas que explotan os ríos na comunidade "incumpren" a Lei de Pesca e tamén para protestar contra a "ilegalidade dos encoros galegos". Foi presentada denuncia hai un ano a Endesa de por manter secos 3,4 quilómetros do río, entre o muro da presa d'A Capela e a central eléctrica onde se turbinan as augas, o que, pode ser constitutivo de "delito contra os recursos natruais e o medio". Por outra banda "ningún encoro galego cumpre a lei de pesca" nin "ten os caudais ecolóxicos" ós que obriga a normativa vixente desde hai xa 25 anos.

Para contactar con ADEGA:

Xesús Andrés López Piñeiro, Presidente ADEGA-Trasancos
spinheiro@terra.es

Ernesto Lopes Dias, Secretario ADEGA-Trasancos
lodergz@gmail.com

Antonio García Jiménez. ADEGA-Trasancos
angaji@yahoo.com

Antón Muñiz. ADEGA-Trasancos
xamute@gmail.com

Delegación de Ferrol (Trasancos)
Apdo Correos 481; 15480 Ferrol
www.adega.info



Información baseada na enviada por:

Antonio Gª
-angaji@yahoo.com-
"ADEGA-TRASANCOS(FERROLIÑO)"
-adegatrasancos@adega.info;
10 de janeiro de 2011 18:19
______________

Informe sobre Desenvolvimento Humano 2010 - A verdadeira riqueza das nacións: Camiños ao desenvolvemento humano

Informe sobre Desenvolvemento Humano 2010
-Edición do Vixésimo Aniversario-

A verdadeira riqueza das nacións: Camiños ao desenvolvemento humano


O primeiro Informe sobre Desenvolvimento Humano, publicado en 1990, comezou cunha premisa simple que orientou todo o seu quefacer posterior: "A verdadeira riqueza dunha nación está na súa xente". Ao corroborar esta afirmación cun cúmulo de datos empíricos e unha nova forma de concibir e medir o desenvolvimento, o Informe tivo un profundo impacto nas políticas de desenvolvimento en todo o mundo.

Esta edición especial conmemorativa do vixésimo aniversario contén algúns comentarios introductorios de Amartya Sen, economista gañador do Premio Nobel, quen traballou co fundador da serie, Mahbub ul Haq, na concepción do primeiro Informe sobre Desenvolvimento Humano e inspirou e participou en varias das súas edicións posteriores.

O Informe 2010 mantén a tradición de ir máis aló do paradigma do desenvolvimento. Por primeira vez desde 1990, fai un reconto exhaustivo das últimas décadas e recoñece tendencias e patróns moitas veces inesperados que achegan leccións importantes para o futuro. Esta diversidade de camiños cara ao desenvolvimento humano demostra que non existe unha fórmula única para o progreso sostíbel, e que é posíbel e lográronse avances extraordinarios a longo prazo aínda sen un alto nivel de crecimento económico.

Mirando máis aló de 2010, este Informe analiza aspectos cruciais do desenvolvimento humano, desde as liberdades políticas e o empoderamiento até a sustentabilidade e a seguridade humana -e esboza un programa máis amplo de investigacións e políticas para responder a estes desafíos.

Segundo escribe Amartya Sen: "Vinte anos logo da publicación do primeiro Informe sobre Desenvolvimento Humano, os logros conseguidos ameritan grandes celebracións. Mais tamén debemos manternos alertas para atopar formas de mellorar a avaliación das adversidades de outrora e de recoñecer, e responder, ás novas ameazas que pon en risco o benestar e a liberdade humana".

A vixésima edición do Informe é unha resposta a ese imperativo do desenvolvimento humano.

Video de lanzamiento do Informe 2010.



O Informe 2010 está dispoñíbel para a súa descarga gratuíta.

ي | 中文 | Català | Dansk | Deutsch | English | Español | Euskera | Français | Italiano | Norsk | Português | Русский | Suomi | Svenska

Fonte: hdr.undp.org
_____________________

Este Domingo 16 de Xaneiro realizara-se un roteiro pola Costa Ártabra -LIC, polo treito costa acantilada de Ares

Roteiro: L.I.C. Costa Ártabra; treito: costa acantilada de Ares.
  • Data: Domingo, 16 de Xaneiro de 2011.
  • Partida: Ás 10:30 hs da Praza de Galiza (Ferrol) en autobús regular, calculando chegar a Ares arredor das 11:00 hs.
  • Remate: Ás 18: 30 hs no Mosteiro de Sta. Catalina (Montefaro); recolleranos un autobús para regresar a Ferrol.
  • Percorrido do roteiro: 15 Km, con dificultade media-baixa.
Iniciarase o roteiro na Vila de Ares rematando na outra extrema da costa, no Mosteiro de Santa Catalina (Montefaro). Visitaremos os últimos vestixios do Castelo de Ares, engulidos pola vexetación, nas proximidades do porto. Bordeando a costa acantilada observaremos fermosas panorámicas da Ría de Ares, coas Illas Miranda en primeiro plano. Continuaremos o percorrido até a Punta Insuela, para coñecermos o castro marítimo e as Bocas do Sangue; denominación que recibe unha cova de aproximadamente 130 m de lonxitude. Desde aquí continuaremos o percorrido cara Punta Avarenta, para coñecer o impacto da E.D.A.R. - Sul nesta paraxe natural. Logo continuaremos bordeando a costa até chegar a Chanteiro, para coñecer a Capela de Nosa Señora da Mercede (S. XIV). Camiñaremos de novo cara Punta do Segaño para visitar as fortificacións e baterías de defensa costeira onde, ademáis, poderase contemplar o impacto ambiental do Porto Exterior sobre a ría de Ferrol. Desde aquí, subiremos pola aba ocidental de Montefaro para coñecer as baterías defensivas da Pena do Lagarto e da Bailadora, disfrutando ao mesmo tempo de fermosas panorámicas. Xa no alto
da Bailadora, a 266 m sobre o nivel do mar, descenderemos cara o Mosteiro de Santa Catalina, onde remataremos o roteiro.

Por suposto, no transcurso do roteiro faremos un alto no camiño para xantar e repousar nun lugar a convir.

Ademáis do xantar, recoméndase levar roupa e calzado axeitados.

Prezo Soci@s: 5 Euros.

Prezo Non Soci@s: 7 Euros.

Prazo de Inscrición: Até o Venres 14 de Xaneiro.

Contactos: 616039268 (Antón); 661636946 (Miguel);
ferrol@verdegaia.org

Enviado por:
cig-saude.asf@sergas.es
-cig-saude.asf@sergas.es-
11 de janeiro de 2011 08:11
http://www.cig-saude.org/ferrol/
____________________

domingo, xaneiro 09, 2011

Este Domingo 9 de Xaneiro, está convocada unha manifestación en defensa do Río Eume, ás 12 do mediodía ao pé do encoro d'A Capela



Adega Informa:

Este Domingo, 9 de Xaneiro de 2011.
MANIFESTACIÓN EN DEFENSA DO EUME


Este vindeiro 9 de xaneiro, ás 12 do mediodía, membros da asociación conservacionista AEMS-Ríos con Vida, ecoloxistas, pescadores e simpatizantes, manifestarémonos de forma pacífica ao pé da presa do encoro de A Capela, no Eume.

Cúmprese xustamente un ano da denuncia interposta por AEMS-Ríos con Vida polo secuestro do Eume por parte de Endesa. Os manifestantes recordarán os danos causados ao río e lerán un comunicado.

Máis información sobre este evento:
http://www.vadeando.com

Como chegar:
maps.google.es/

Contacto:
Mark Adkinson, AEMS-Ríos con vida Galicia
tel.: 626 811508
markadkinson@yahoo.es


Web oficial de ADEGA:

http://adega.info

Enviado por:
Antonio Gª
-angaji@yahoo.com-
8 de janeiro de 2011 13:20
__________________

Sobre o Río Eume en Ártabra 21
__________________________

venres, xaneiro 07, 2011

Ártabra 21 axuda a difundir e informar, na rede, no camiño da Folga Xeral

Despois da pasada Folga Xeral do 29 de Setembro de 2010, e da actitude do Goberno Español de continuar coas súas políticas neoliberais anti-obreiras que só respostan aos intereses da burguesía e das grandes corporacións multinacionais, torna-se necesario unha nova Folga Xeral contra a pretendida Reforma do Sistema Público de Pensións, a xa aprobada Reforma Laboral, e contra todos os recortes sociais e laborais que queren impoñer á clase traballadora.

Cumpre unha resposta contundente que poña freo a estas políticas orquestadas polos organismos internacionais e lobbys financeiros e empresariais que conforman a chamada ditadura dos mercados.

A xa mencionada Folga Xeral do 29S, así como as grandes mobilizacións, folgas e loitas obreiras que percorren Europa, indican-nos a necesidade da unidade de clase e sindical contra o Capital, somar esforzos e non dividir. Os momentos críticos e difíciles que estamos vivindo, son tempos nos que a clase traballadora, coa súas organizacións de clase, debe buscar alianzas nos colectivos sociais, comunitarios e veciñais, para sumar esforzos na loita, para que haxa unha Folga Xeral e que esta sexa consciente, combativa, exitosa e transformadora.

Polo que non se debe desprezar a ningunha central sindical por moi pouca presencia ou forza que esta teña, polo que cada quen -sindicato, organización ou colectivo-, achegue, ao conxunto, en función das súas capacidades e posibilidades, desbotando en todo momento actitudes sectarias ou de innecesarios protagonismos.

Viva a Unidade de Clase !!
Adiante a Loita Obreira !!
Organicemos a Unidade Sindical contra o Capital !!
Adiante a Folga Xeral !!
Non ás contra-reformas neoliberais e anti-obreiras !!
Por un outro modelo social e económico !!

Nota.-

Ártabra 21, axuda a difundir e informar, na rede, no camiño da Folga Xeral:

http://folga-xeral.blogspot.com/

O Movimento Obreiro en Ártabra 21

Blogue sobre a Folga Xeral do 29 de Setembro de 2010

________________

xoves, xaneiro 06, 2011

A CGT chama á unidade sindical para convocar unha Folga Xeral o 27 de Xaneiro

CGT-Galicia, cara á Folga Xeral o 27-Xaneiro-2011

O Comité Confederal da Confederación Xeral do Traballo (C.G.T.) de Galicia, reunido en plenaria o día 5 de xaneiro en Pontevedra, adoptou os seguintes acordos, respecto da Folga Xeral:

1. Promover a convocatoria e celebración dunha folga xeral antes do día 28 de xaneiro, para pór fin ás continuas agresións que estamos a sufrir os traballadores e o conxunto da sociedade a mans do goberno, en particular, a última Reforma Laboral, xa en vigor, a persistencia de máis de catro millóns de traballadores en paro e a ameaza global ao sistema de pensións.

2. Actuar para que dita convocatoria sexa o máis unitaria posible, incorporando á mobilización á maior parte dos traballadores e ao conxunto das organizacións sindicais de clase. Por esta razón, a CGT de Galicia fai un chamamento a todos os sindicatos de Galicia a que sumemos forzas có obxectivo común de enfrontarnos, en defensa da clase obreira, contra a intolerable situación actual e impidamos a consumación das medidas antisociais anunciadas polo goberno e a clase política.

3. Aceptar como data de referencia para a realización da Folga xeral a do 27 de xaneiro, tal e como xa fora proposto por outras organizacións sindicais, tanto de dentro como de fóra de Galicia.

En Pontevedra, a 5 de xaneiro de 2011

Comité Confederal CGT-Galicia.

CGT de Galicia: http://www.cgtgalicia.org

Fonte: CGT-Galicia
___________________

Perspectivas da economia mundial em 2011

O que alguns analistas chamam de regresso da China a um padrão de crescimento orientado à exportação se chocará com os esforços dos EUA e da Europa para impulsionar a recuperação mediante um crescimento orientado à exportação simultaneamente com a adoção de barreiras à entrada de importações asiáticas. O resultado mais provável dessa volátil mistura de estímulo à exportação e proteção interna por parte dos três setores que encabeçam a economia mundial não será expansão global, mas sim deflação global. O humor dominante nos círculos econômicos liberais no final de 2010 é sombrio, para não dizer apocalíptico. O artigo é de Walden Bello.

Walden Bello [*]
06.01.2010


Em contraste com suas previsões otimistas, no final de 2009, de uma recuperação sustentada, o humor dominante nos círculos econômicos liberais no final de 2010 é sombrio, para não dizer apocalíptico. Os falcões fiscais ganharam a batalha política nos EUA e na Europa, para alarme dos defensores do gasto público, como o prêmio Nobel Paul Krugman e o colunista do Financial Times, Martin Wolf, que consideram as restrições orçamentárias como a receita mais segura para matar a incipiente recuperação nas economias centrais.

Mas ainda que os EUA e a Europa pareçam presos a uma crise mais profunda no curto prazo e à estagnação no longo prazo, alguns analistas falam de um “desacoplamento” do Leste Asiático e de outras áreas em desenvolvimento em relação às economias ocidentais. Essa tendência iniciou em 2009 na esteira do programa de estímulos massivos da China, que não só reestabeleceu o crescimento chinês de dois dígitos, como tirou da recessão e levou à recuperação várias economias vizinhas, desde Singapura até a Coréia do Sul. Em 2010, a produção industrial asiática recuperou a sua tendência histórica, “quase como se a Grande Recessão nunca tivesse ocorrido”, segundo The Economist.

A Ásia está seguindo realmente um caminho separado da Europa e dos Estados Unidos? Estamos realmente assistindo a um desacoplamento?

O triunfo da austeridade

Nas economias centrais, a indignação com os excessos das instituições financeiras que precipitaram a crise econômica deram lugar à preocupação com os déficits públicos massivos em que os governos incorreram para poder estabilizar o sistema financeiro, frear o colapso da economia real e enfrentar o desemprego. Nos Estados Unidos, o déficit se situa acima de 9% do PIB. Não é um déficit descontrolado, mas a direita norteamericana conseguiu a façanha de que o medo do déficit e da dívida federal pesasse mais no espírito da opinião pública do que o medo do aprofundamento da estagnação e do aumento do desemprego. Na Inglaterra e nos EUA, os conservadores fiscais conseguiram um mandato eleitoral claro em 2010, enquanto que, na Europa Continental, uma Alemanha retornando ao crescimento anunciou ao resto da eurozona que não seguiria subsidiando os déficits dos membros mais fracos das economias meridionais ou periféricas, como Grécia, Irlanda, Espanha e Portugal.

Nos EUA, a lógica da razão deu lugar à lógica da ideologia. O impecável argumento dos Democratas de que o gasto público em estímulos à economia era necessário para salvar e criar postos de trabalho não conseguiu resistir ao assalto da tórrida mensagem Republicana, segundo a qual um maior estímulo público, acrescido dos 787 bilhões de dólares do pacote de Obama em 2009, significaria um passo mais na direção do “socialismo” e da “perda da liberdade individual”. Na Europa, os keynesianos argumentaram que o relaxamento fiscal não só ajudaria a Irlanda e as economias meridionais com problemas, como também a poderosa maquinaria econômica alemã, pois essas economias absorvem as exportações da Alemanha. Do mesmo modo que nos EUA, os argumentos racionais sucumbiram às imagens sensacionalistas, neste caso ao retrato midiático de uns esforçados alemães subsidiando hedonistas mediterrâneos e esbanjadores irlandeses. A contragosto, a Alemanha aprovou pacotes de resgate para a Grécia e a Irlanda, mas só sob a condição de que gregos e irlandeses fossem submetidos a selvagens programas de austeridade, descritos por nada menos que dois ex-ministros alemães no Financial Times como medidas antissociais “sem precedente na história moderna”.

O desacoplamento ressuscitado

O triunfo da austeridade nos EUA e na Europa, sem dúvida alguma, eliminará essas duas áreas como motores para a recuperação econômica global. Mas a Ásia encontra-se em um caminho diferente? Ela pode suportar, como Sísifo, o peso do crescimento global?

A ideia de que o futuro econômico da Ásia se desacoplou do das economias do centro não é nova. Esteve na moda antes da crise financeira derrubar a economia norteamericana em 2007-2008. Mas se revelou ilusória quando a recessão atingiu os EUA, país do qual a China e outras economias do Leste Asiático dependiam para absorver seus excedentes. Entre fins de 2008 e início de 2009, a Ásia foi atingida repentina e drasticamente. São desse período as imagens televisivas de milhões de trabalhadores chineses migrantes abandonando as zonas econômicas costeiras e regressando para o campo.

Para enfrentar a contração econômica, a China, tomada de pânico, lançou o que Charles Dumas, autor de Globalisation Fractures, caracterizou como um “violento estímulo interior” de 4 bilhões de yuanes (580 bilhões de dólares). Isso significava cerca de 13% do PIB em 2008 e constituiu “provavelmente o maior programa da história deste tipo, incluídos os anos de guerras”. O estímulo não só restituiu o crescimento de dois dígitos; também transmitiu às economias do Leste asiático um impulso recuperador, enquanto Europa e os EUA caíam na estagnação. Essa notável inversão é o que levou ao renascimento da ideia do desacoplamento.

O governante Partido Comunista da China reforçou essa ideia ao sustentar que se produziu uma mudança de política que prioriza o consumo interno em relação ao consumo orientado para a exportação. Mas se observamos o quadro com mais atenção, vemos que isso é mais retórica que qualquer outra coisa. Com efeito, o crescimento orientado para a exportação segue sendo o eixo estratégico, algo que é sublinhado pela continuada negativa chinesa de valorizar o yuan, uma política destinada a manter competitivas suas exportações. A fase de incentivo do consumo interno parece ter acabado e a China fala agora, com o observa Dumas, “em processo de mudança massivo, desde o estímulo benéfico da demanda interior até algo muito parecido ao modelo de 2005-2007: crescimento orientado para a exportação com um pouco de reaquecimento”.

Não só analistas ocidentais como Dumas tem chamado a atenção sobre esse regresso ao crescimento orientado para a exportação. Yu Yongding, um influente tecnocrata que trabalhou como membro do comitê monetário do Banco Central chinês confirma que, de fato, se voltou à prática econômica habitual: “Na China, com uma razão comércio/PIB e exportações/PIB que excede já, respectivamente, 60% e 30%, a economia não pode seguir dependendo da demanda externa para sustentar o crescimento. Desgraçadamente, com um enorme setor exportador que emprega milhões e milhões de trabalhadores, essa dependência se tornou estrutural. Isso significa que reduzir a dependência e o excedente comercial da China passa por saturar mais do que por ajustar a política macroeconômica”.

O regresso ao crescimento orientado à exportação não é simplesmente um assunto de dependência estrutural. Tem a ver com um conjunto de interesses procedentes do período da reforma, interesses que, como diz Yu, “se transformaram em interesses corporativos que lutam duramente para proteger o que tem”. O lobby exportador, que junta empresários privados, altos executivos de empresas públicas, investidores estrangeiros e tecnocratas de Estado, é o lobby mais poderoso de Beijing neste momento. Se a justificativa oferecida para o estímulo público foi derrotada pela ideologia nos EUA, na China a argumentação igualmente racional em defesa do crescimento centrado no mercado interno foi aniquilada por interesses materiais setoriais.

Deflação global

O que os analistas como Dumas chamam de regresso da China ao tipo de crescimento orientado à exportação se chocará com os esforços dos EUA e da Europa para impulsionar a recuperação mediante um crescimento orientado à exportação simultaneamente com a adoção de barreiras à entrada de importações asiáticas. O resultado mais provável da promoção competitiva dessa volátil mistura de estímulo à exportação e proteção interna por parte dos três setores que encabeçam a economia mundial em uma época de comércio mundial relativamente menos próspera não será expansão global, mas sim deflação global. Como escreveu Jeffrey Garten, antigo subsecretário de Comércio no governo Bill Clinton:

Ainda que se tenha prestado muita atenção à demanda de consumo e industrial nos EUA e na China, as políticas deflacionárias que envolvem a União Europeia, a maior unidade econômica do mundo, poderiam afetar negativamente o crescimento econômico global ... As dificuldades de levar a Europa a redobrar seu desempenho nas exportações ao mesmo tempo que em EUA, Ásia e América Latina estão posicionando suas economias para vender mais em todo o mundo, não poderia senão exacerbar as tensões, já suficientemente altas, nos mercados de divisas. Poderia levar a um ressurgimento das políticas industriais patrocinadas pelos estados, cujo crescimento já pode ser observado em todas as partes. Tomados em conjunto, todos esses fatores poderiam propagar o incêndio protecionista tão temido por todos”.

A crise da Velha Ordem

O que nos aguarda em 2011 e nos próximos anos, adverte Garten, são momentos de “turbulência excepcional, a medida que o ocaso da ordem econômica global tal como a conhecemos avança de modo caótico e, talvez, destrutivamente”. Garten destila um pessimismo que está tomando conta cada vez mais de boa parte da elite global que outrora anunciava a boa nova da globalização e que agora a vê se desintegrar literalmente ante seus próprios olhos. E esta ansiedade fin de siècle não é monopólio dos ocidentais. Ela é compartilhada pelo influente tecnocrata chinês Yu Yongding, que sustenta que o “impulso do crescimento chinês praticamente esgotou seu potencial”. A China, economia que conseguiu cavalgar a onda globalizadora com maior êxito, “chegou a uma disjuntiva crucial: se não implementar penosíssimos ajustes estruturais, poderá perder subitamente a força de seu crescimento econômico. O rápido crescimento econômico foi obtido a um custo extremamente alto. Só as próximas gerações conhecerão o verdadeiro preço a ser pago”.

A esquerda na presente conjuntura

Diferentemente das medrosas apreensões de figuras do establishment como Garten e Yu, muitas pessoas da esquerda vem a turbulência e o conflito como a necessária companhia do nascimento de uma nova ordem. E, com efeito, os trabalhadores estão se mobilizando na China e já obtiveram aumentos salariais significativos com greves organizadas em empresas estrangeiras ao longo de 2010. Os protestos também eclodiram na Irlanda, Grécia, França, Portugal e Grã Bretanha. Mas, ao contrário da China, na Europa os trabalhadores estão marchando para manter direitos perdidos. O certo é que, nem na China, nem no Ocidente, nem em parte alguma são os resistentes portadores de uma visão alternativa à ordem capitalista global. Ao menos não ainda.

[*] Walden Bello, é professor de Ciências Políticas e Sociais na Universidade das Filipinas (Manila), membro do Transnational Institute de Amsterdam e presidente de Freedom from Debt Coalition, assim como analista sênior em Focus on the Global South.

Publicado, o 2 de Janeiro de 2011, en Sin Permiso

Tradução: Marco Aurélio Weissheimer

Fonte:| 03/01/2011 | Copyleft Carta Maior
_____________________________

A Crise en Europa: paro e exclusión - Videos con intervencións de: Juan Torres, Susan George, Lina Gálvez, Sami Nair e un moi interesante debate

O pasado 29 de Novembro, en Sevilla, a Universidade Pablo de Olavide organizou un acto para presentar e debater sobre os libros "A Europa mestiza. Inmigración, cidadanía, codesarrollo", de Sami Nair, "As súas crises, as nosas solucións", de Susan George, "Desiguais. Mulleres e Homes na crise financeira", de Lina Gálvez e Juan Torres, e "A crise de hipotécalas lixo: Por que se caeu todo e non se afundiu nada?", de Juan Torres López coa colaboración de Alberto Garzón.

A continuación, poden-se ver os vídeos de todas as intervencións que houbo no acto.


Parte 1.Presentación.




Parte 2. Juan Torres.




Parte 3. Susan George.




Parte 4. Sami Nair.




Parte 5. . Lina Gálvez.




Parte 6. Debate.



Juan Torres López, Granada -1954-, Doutor en CC. Económicas e Empresariais, exerce na Universidade de Sevilla como catedrático de Economía Aplicada do Departamento de Teoría Económica e Economía Política. Escritor, investigador, analista de política económica e activista social. Manten unha páxina web (Ganas de Escribir: www.juantorreslopez.com) e coordena a páxina web dedicada a información económica www.altereconomia.org

Enviado por:
Ganas de Escribir
-juantorres@uma.es-
6 de janeiro de 2011 14:28
_________________

mércores, xaneiro 05, 2011

"Tarefas para 2011", por Juan Torres López

O compañeiro Juan Torrres envia-nos propostas de Tarefas para 2011 que con agrado publicamos a continuación.

Tarefa para 2011

Para empezar o ano, aquí deixo un vídeo de Arcadi Oliveres [doutor en Ciencias Económicas e catedrático da Univesitat Autònoma de Barcelona]. Mentres non nos dediquemos todos a difundir estes discursos e a explicar en todas as esquinas o que ocorre no mundo, no mundo seguirá ocorrendo o que ocorre. Así que temos tarefa para este ano.



Fonte do video: LibreRed

Tarefa para 2011 (2)

Nestas data de primeiros de ano os bancos empezan a aplicar as subidas nas comisións e intereses que cobran aos seus clientes.

Segundo un estudo da Unión de Consumidores de Estremadura en 2009 os bancos cobraron 14.630 millóns de euros só por este concepto. Moitos deles empezaron a cobrar por utilizar os caixeiros e sen informar diso no momento da operación.

O día menos pensado, os bancos que provocaron a crise farán que todos nós, ademais de pagar como até agora as súas perdas, até perdamos os nosos aforros: alguén no seu san xuízo pode pensar que se pode confiar neles para gardar o diñeiro?

Temos, pois, outra tarefa importante para 2011: retirar o diñeiro dos bancos convencionais e empezar a utilizar, quen aínda non o faga, banca ética (Triodos, Fiare, caixas rurais...) ou até crear redes comunitarias de financiamento.

Continuará ...
_______________

[*] Juan Torres López, Granada -1954-, Doutor en CC. Económicas e Empresariais, exerce na Universidade de Sevilla como catedrático de Economía Aplicada do Departamento de Teoría Económica e Economía Política. Escritor, investigador, analista de política económica e activista social. Manten unha páxina web (Ganas de Escribir: www.juantorreslopez.com) e coordena a páxina web dedicada a información económica www.altereconomia.org


_________________

Asociación Fiare Galiza:

http://fiaregz.wordpress.com/

Enlaces doutras entidades financieras éticas:

  • COOP57, Servizos Financeiros Éticos e Solidarios
  • OIKOCREDIT, Cooperativa que oferta bonos-accións para inversións solidarias
  • ENCLAU, Rede para a financiación alternativa
  • Grameen Bank, súa principal actividade son os microcréditos
  • Cooperative Bank (Inglaterra)
___________________

LibreRed.net, na rede desde o 2008, un diario dixital con contidos alternativos que dificilmente aparecen nos grandes medios de comunicación

Que é Libre Red?

LibreRed.net, é un diario dixital que nace en 2008 co obxectivo de ofrecer contidos alternativos que dificilmente aparecen nos grandes medios de comunicación que se atopan en mans dunhas poucas corporacións de Norteamérica e Europa, no que se coñece como o "oligopolio mediático".

O Proxecto LibreRed.net ten unha clara liña progresista e internacionalista. Por iso, traballa para establecer vínculos permanentes con outros proxectos similares que xa se atopan funcionando en distintos países do mundo.

Pode-se colaborar coa Equipa de LibreRed.net suxeríndo-lles notícias, redactando contidos, cubrindo actos -anímache e forma parte deste proxecto. O seu correo-e de contacto é:

librered@hotmail.com

LibreRed.net é un diario dixital  baixo unha licenza Creative Commons, onde se permite a reprodución de todos os seus contidos citando a fonte orixinal.



martes, xaneiro 04, 2011

Por mor dos últimos derrubes nas instalacións, a SGHN decide pechar o Museu da Natureza

PECHE DO MUSEO DA NATUREZA DA SGHN

O Museo da Natureza e a Delegación de Ferrol da SGHN deciden pechar as súas instalacións sitas no antigo hospicio e trasladar a colección museográfica para a Casa do Coronel debido aos derrubes de parte do teito ocorridos a comezo do ano. O Concello de Ferrol, informado onte, se compromete a rematar as obras pendentes na Casa do Coronel o antes posible, así como acometer as novas que puideran facer falla para poder abrir o antes posible ó público as novas instalacións. O traslado farase por fases, coordinado pola SGHN e coa colaboración do Concello.

[A nova sede do Museo na casa do Coronel, estado das obras en 2008]


Sociedade Galega de Historia Natural
Dende1973 estudiando, divulgando e defendendo o medio natural galego
Delegación de Ferrol
Apartado de Correos nº 356 ; 15480 FERROL (A Coruña)
Tfno. (24 horas) e fax 981 35 28 20
mobil 616 388 935
web: http://www.sghn.org
correo-e: ferrol@sghn.org
Blogue da Delegación de Ferrol e do "Museo da Natureza":
http://sghnferrol.blogspot.com


Enviado por:
SGHN - FERROL
-ferrol@sghn.org-
4 de janeiro de 2011 18:05
_______________

Nota.-

As instalaións do antigo "Hospicio de Ferrol" que ocupan, parte delas, a SGHN e o "Museo da Natureza" están moi deterioradas, o 4 de Xullo de 2008, sofriran un importante derrube que fixo saltar todas as alarmas, temia-se polo patrimonio de historia natural acumulado perante 30 anos de esforzo e traballo.
_________________________

Programa especial d'O Recuncho, este Mércores 5 de Xaneiro, de 3 a 5 da Tarde, en Rádio Filispim, no 93.9 da FM

Excepcionalmente o programa radiofónico nº 36 "O Recuncho" de Fuco Buxán AC, realizara-se en directo este Mércores 5 de Xaneiro de 2011, entre as 3 e as 5 da Tarde, en Rádio Filispim, no 93.9 da FM.


O mércores 5 de Xaneiro de 2011, nova edición d'O Recuncho, o programa da Asociación Cultural Fuco Buxán.

Excepcionalmente, de 15 a 17 horas no 93.9 fm, Radio Filispim.

Neste programa destacamos os seguintes contidos:
  • Rocío, do Foro Galego da Inmigración estivo reunida coa directiva de Fuco Buxán. Estivonos falando dos aumentos de casos de xenofobia e racismo, aparecidas a partires do estoupido da crise.
  • Entrevistaremos a Mari Morado, presidenta do Grupo Diversidade Funcional de Ferrol, a cal preguntarémoslle dos principias obstáculos que se atopa este colectivo de persoas na nosa cidade.
  • Coma de cotiá José Torregrosa coa súa sección O espertar da razón: “Poetas presos, presos de agora”.
  • No estudo de Radio Filispim: Eliseo Fernández Fernández. Historiador e membro do Ateneo Libertario. Con Eliseo falaremos de Anarquismo e movemento obreiro.
Na sección poética levada por Lorena Calaza: O poeta Andrés Neuman.

Tódolos programas en
www.recunchofuco.blogspot.com

Tlf do programa 981371040

Mail : opafuco@gmail.com

fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es


Enviado por:

Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
4 de janeiro de 2011 16:56
_______________

Seguen os reocortes laborais e sociais

Suso Díaz [*]
04.01.2011


Se Zapatero nunca tivo moitas luces –politicamente falando– ultimamente máis lle valera ao PSOE que estivera calado. “Enganchado” ao neoliberalismo, é un risco para os cidadáns e, sobre todo, para o seu electorado. Non me estraña que o PP estea tan interesado en que se presente ás eleccións agora que está a facer o traballo sucio propio da dereita porque iso lles facilita a chegada ao Goberno e porque cun xefe da oposición devaluado como Zapatero terían a porta aberta de par en par para seguir agredindo aos cidadáns. Esta introdución vén a conto da súa nova ameaza: pide 5 anos! de reformas-recortes para que España saia da crise. O mal da Moncloa fai verdadeiros estragos. Perdón, non é a Moncloa, é a frivolidade da asunción acrítica do neoliberalismo para saír do atolladeiro no que nos meteron, precisamente, as políticas neoliberais.

En primeiro lugar, pretende garantir a estabilidade fiscal a longo prazo, o que vai significar atrasar a saída da crise e, por tanto, a solución ao principal problema do país, que é o paro. As perspectivas para os traballadores que buscan emprego, sobre todo os mozos, pintan negras.

En segundo lugar, pretende “modernizar" –que medo!– as institucións laborais que “demostraron una rigidez crónica” e unha “patología evidente”. Refírese a aspectos da reforma laboral que quere que queden claros nos regulamentos de desenvolvemento da lei para que non dean lugar a interpretacións xudiciais. É dicir, para que a lei quede, se cabe, máis favorable aos empresarios.

En terceiro lugar, quere reformar a negociación colectiva –dereito constitucional– no sentido que lle esixe a OCDE: “Abolir a obrigatoriedade dos convenios colectivos”. De feito, a reforma laboral aprobada en setembro xa permite o descolgue do convenio-salario, distribución da xornada, etc., se os representantes ou os traballadores o asinan. E eu pregúntome: Coa precariedade existente, que van facer os traballadores das pequenas empresas se os empresarios lles piden o descolgue? Lembren como dato relevante que en Galicia hai 203.000 empresas, das que só 650 superan os 50 traballadores. Do mesmo xeito, a reforma aprobada permite que os pactos de empresa podan ser modificados unilateralmente polo empresario en todas as materias se non teñen carácter de convenio colectivo. Tamén o Goberno pretende eliminar o que se chama a ultraactividade dos convenios. Isto quere dicir que unha vez finalizada a vixencia dun convenio, se non se ten negociado outro, deixa de existir e, polo tanto, hai que negociar o novo partindo de cero. É dicir, hai que negociar de novo o salario, a xornada e os dereitos laborais e sociais. En fin, a ninguén se lle escapa que todas estas agresións van na dirección de ampliar o poder empresaria e individualizar as relacións laborais, o que vai representar un recorte dos salarios e das conquistas laborais e sociais notable.

En cuarto lugar, en materia de pensións pretende, entre outras medidas negativas, elevar a idade de xubilación aos 67 anos malia a negativa de todos os partidos, agás o PSOE, na comisión do Pacto de Toledo, o que significa incumprir por segunda vez en poucos meses un pacto que fora respectado por todos os gobernos. A extensión da idade de xubilación representa un ataque sen precedentes aos traballadores activos e unha aberración por canto a expectativa de vida non é igual para un traballador que ten un traballo penoso que para outro que non o ten. Tampouco é igual para un traballador que gaña mil euros que para o que gaña seis mil ao mes. En fin, a ampliación da idade de xubilación implica que os sectores de menor nivel salarial e peores condicións de traballo –que viven menos– coticen dous anos máis para que sectores de maior nivel salarial e mellores condicións de traballo –que viven máis– disfruten máis anos de pensión: A solidaridade ao revés! Ao mesmo tempo péchanse aos mozos as posibilidades de se incorporar ao mercado de traballo. Con respecto á viabilidade do sistema de pensións, no futuro non terá problemas, como xa temos comentado noutros artigos. Tan só me pregunto que valor poden ter os prognósticos a 20 ou 40 anos de organismos (OCDE, FMI, bancos centrais e gobernos) incapaces de atinar o que pasa nun ano? Para comprobalo, aí teñen as súas predicións sobre o crecemento do PIB, inflación, etc., que modifican como pouco cada 3-4 meses e aínda así non acertan. Así pois, a novas agresións, novas mobilizacións, logo está máis que xustificada unha nova convocatoria de folga xeral que, dende o meu punto de vista, debería ter lugar antes do 28 de xaneiro e debería ser unitaria. E non me refiro só á unidade de acción de CCOO e UGT, que é fundamental, senón á incorporación a esa unidade doutros sindicatos, caso da CIG. Noutras folgas xerais foi posible a convocatoria unitaria e hoxe tamén debería selo. É obvio que só unha mobilización a nivel de Estado pode ser eficaz para modificar as políticas do goberno central. Por iso creo que CCOO e UGT deberían tomar a iniciativa e sumar a esa unidade a todos os sindicatos.

Publicado no xornal comarcal Diario de Ferrol o Luns, 03 de Xaneiro de 2011

[*] Suso Díaz, foi Secretario Xeral do Sindicato Nacional de CC.OO. de Galicia
___________________

domingo, xaneiro 02, 2011

O "Iberica Knutsen", cargado con miles de toneladas de GNL/LNG, ten prevista a súa entrada na Ría de Ferrol para este Luns 3 de Xaneiro - O Comité Cidadán convoca unha nova acción de protesta e denuncia


Ante o anuncio de entrada do "Iberica Knutsen" na Ría, para este Luns 3 de Xaneiro de 2011, cargado con miles de toneladas de gas natural licuado -GNL/LNG, para a ilegal e perigosa Reganosa, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca unha nova acción de protesta e denuncia, cunha CONCENTRACIÓN SONORA, o mesmo día, ás 7 da Tarde na Praza Amada García, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.


De producir-se a entrada na Ría, do "Iberica Knutsen", este faría o gaseiro cargado con GNL nº 81, desde que en Maio de 2007 entrara o "Galicia Spirit" [Acceder a enlaces con historia máis abaixo].

Características do buque:
Nome: Iberica Knutsen - Bandeira: Noruega - Eslora: 277 m - Manga: 43.4 m - Calado: 12.1 m - Puntal: 26 m - Capacidade: 138.000 m³

  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org


Información baseada na enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
1 de janeiro de 2011 22:26

____________________________

De moito interese:

En Xaneiro do pasado ano 2010, o "Iberica Knutsen" estivo descargando outras miles de toneladas de GNL/LNG en Mugardos, no pantalán de Punta Promontorio.

O compañeiro Suso Pazos -Susete, realizou unha reportaxen fotográfica de toda a maniobra do buque metaneiro, desde que enfilou a súa proa face a Ría para atravesar a sinuosa e estreita canle de entrada, até as perigosas maniobras de atraque, onde se pode apreciar a proximidade dos núcleos de poboación aos que ameaza Reganosa, sempre que um buque cargado, con gas natural licuado, atraca nom perirao da Planta de Gas.

Esta é a Galería Fotográfica.


Enlaces con historia:
_______________________________________

Tarifas Luz e Reganosa

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, considera que a Planta de Gas de Reganosa, contribúe ao encarecemento das tarifas do gas e da enerxía eléctrica.

A PLANTA DE REGANOSA CONTRIBÚE O ENCARECEMENTO DAS TARIFAS DO GAS E DA ENERXÍA ELÉCTRICA

A planta de gas de Reganosa non so e unha instalación ilegal que supón unha ameaza para a vida de miles de cidadáns, o seu funcionamento acelera a destrución da Ría xa que o proceso de regasigficación efectuase coa esterilización de miles de toneladas de auga da Ría, senón que ademais e unha instalación deficitaria, neste ultimo ano a súa produción situouse en torno ao 40%. Esta instalación vai custar a os consumidores 1500 millóns de euros a pagar en 25 anos.

Debemos lembrar que para “xustificar” a planta de gas de Reganosa construíronse en Galicia 3 ciclos combinados que supuxeron a inversión de centos de millóns de euros e que son pagados polos consumidores repercutindo no prezo da factura eléctrica. Estas centrais actualmente apenas en funcionamento constitúen un dos factores que contribuíren a inflar a burbulla enerxética.

Esta disparatada situación so obedece a intereses económicos concretos. Galicia xa dispoñía dende fai 10 anos dun gasoduto que subministraba gas -mais barato- e que agora está pechado para darlle saída ao gas que entra pola planta de Reganosa.

Aportamos o seguinte dato: O solo onde se localiza a planta así como a concesión do porto foron utilizados polo grupo Tojeiro para incrementar o seu patrimonio, transferíndoos a Reganosa cun sobreprezo sobre o do mercado, imputándolle o custo final as instalacións.

Recentemente a Xunta de Galicia inxectou,  no capital de Reganosa, 7 millóns euros ante a saída de varios socios .

Polo tanto, os cidadáns non soio pagamos os 1500 millóns de Reganosa a través dos recursos orzamentarios da Xunta, senón que agora o facemos dúas veces tamén a traveso das empresas enerxéticas que engordan os seus beneficios co incremento das tarifas eléctrica e de gas aprobadas polo Goberno de Zapatero.

Ferrol, a 29 de Decembro de 2010

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org



Enviado por:

Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
30 de dezembro de 2010 20:07
___________________