venres, xuño 10, 2011

15-M a Revolución continúa: Entrevistas a Armando Steinko, Chema Ruiz e José Coy, na constitución das Mesas de Converxencia Cidadá en Catalunya - Vídeo

O pasado 3 de Xuño deste 2011, tivo lugar en Barcelona a constitución das Mesas de Converxencia Cidadá en Catalunya. Oscar Martínez, aproveitou a ocasión para entrevistar a algúns dos seus participantes e preguntar-lles que pensan do 15-M.

Entrevistas a Armando Steinko, Chema Ruiz e José Coy, sobre o 15-M, Mesas de Converxencia, Democracia Real Xa e o futuro inmediato.

Pouco máis de 10 minutos dun excelente curto-documentario de Oscar Martínez: "15-M a Revolución continúa".




Fonte: http://www.youtube.com/user/photooscar

Creative Commons Attribution license (reuse allowed)

Enlaces de interese:

Toma a Rúa de Ferrol Terra
http://tomaarua.blogspot.com/

Grupo Aberto no facebook
https://www.facebook.com/home.php?sk=group_103372456421535

Sobre o "pacto do Euro"
O pacto do euro e as súas mentiras, ... Por Marceliano Collado - O Pacto do Euro traducido - Enlaces - Comunicado de Democracia Real Xa! sobre a xornada de loita europea do 19 de Xuño

_____________________

mércores, xuño 08, 2011

O pacto do euro e as súas mentiras, ... Por Marceliano Collado - O Pacto do Euro traducido - Enlaces - Comunicado de Democracia Real Xa! sobre a xornada de loita europea do 19 de Xuño

Por Marceliano Collado
08.06.2011

O Pacto do Euro é outra mostra do engano das autoridades europeas aos seus pobos.

E un escandaloso sometemento ante os grandes poderes financeiros e corporativos que se apropiaron de Europa.

Son eses poderes financeiros, corporativos e grandes fortunas, os que realmente ditan as políticas que logo fan súas os gobernos.

As mentiras do Pacto do Euro, coas que nos queren enganar outra vez, son:

Mentira Nº 1: Para facer fronte á débeda que atenaza a Europa é preciso aumentar a competitividade das economías nacionais e que iso só se pode conseguir reducindo o custo do traballo, é dicir os salarios.

Esta idea é falsa porque, como todo o mundo sabe, a débeda, que está a provocar problemas gravísimos a moitos gobernos europeos e ás empresas e familias, non se orixinou porque as economías europeas sexan pouco ou moi competitivas, senón porque:
  • A débeda pública producírona os gobernos, ao acudir con cartos públicos a tapar os buracos da banca e os grandes fondos especulativos, verdadeiros causantes da crise financeira.
  • A débeda privada é consecuencia da perda de ingresos producida pola aplicación de medidas, como as que agora se volven a propor, aparentemente orientadas a lograr máis competitividade baixando salarios.
  • Ambas as débedas producíronse, en última instancia:
    1. Polos privilexios que ten a banca e outras entidades financeiras.
    2. E pola pasividade cómplice das autoridades cando os especuladores estaban a estafar ao mundo utilizando produtos financeiros tan sofisticados como fraudulentos.
Mentira Nº 2: Abaratar o traballo e actuar só nos mercados laborais mediante medidas flexibilizadoras para lograr que se cre máis emprego.

O Pacto do Euro, feito polos gobernantes europeos, non vai favorecer a creación de emprego, como eles afirman enganando á cidadanía, senón que simplemente vai servir para beneficiar ao gran capital e ás grandes empresas europeas, á hora de contratar traballadores en peores condicións laborais e por salarios máis baixos.

Mentira Nº 3: O Pacto do Euro busca a estabilidade orzamentaria e financeira, un obxectivo que se desexa alcanzar mediante o control do gasto, a persecución da fraude e a limitación constitucional dos déficits públicos.

É falso que para aliviar a débeda abonde con limitar o gasto público, posto que isto pode rematar producindo unha caída semellante nos ingresos –tal e como demostraron numerosos estudos– que ao final impide que desapareza o desequilibrio e que só consegue aumentar o malestar, as carencias sociais e até a falta dos recursos públicos que necesita o capital privado para crear actividade e emprego.

A estabilidade orzamentaria e financeira, a persecución da fraude e o control dos déficits públicos, por parte das autoridades europeas, é só unha baleira declaración de intencións, se non se toman as medidas acaídas, entre as que se citan unhas poucas:
  • Incrementar os ingresos facendo que paguen máis os que máis teñen: Imposto sobre o Patrimonio, recuperación do Imposto sobre Sucesións, desaparición das Sociedades de Investimento de Capital Variable (SICAV) ou incremento da tributación sobre os seus beneficios que actualmente é un ridículo 1%, máxima redución até a súa eliminación da economía mergullada –que en España é un 23%–, e que significaría, segundo os inspectores de Facenda, uns ingresos a Facenda duns 35.000 millóns de euros anuais, etc.
Os gobernantes europeos son incompetentes e incapaces para tomar as medidas necesarias para saír desta crise en favor da cidadanía e das clases populares, posto que xa demostraron sobradamente a súa total subordinación e complicidade coa política neoliberal que actúa a favor dos intereses do gran capital financeiro especulativo, das empresas multinacionais e das grandes fortunas europeas.

Pero o Pacto do Euro non só é inútil e rexeitábel polo que se propón facer senón, e sobre todo, polo que deixa sen abordar:
  • Garantir que o sistema bancario funcione e restableza o crédito ás empresas e aos consumidores.
  • Frear aos especuladores que son os que realmente provocaron a crise e os que agora, fortalecidos co silencio e a complicidade das autoridades, son os que poñen en xaque ás economías máis febles, axigantando un problema de débeda que se podería resolver sen demasiados problemas mediante intervencións e negociacións do Banco Central Europeo.
  • Regular definitivamente, con intelixencia e disciplina os mercados e as relacións financeiras. De non tomar estas medidas, seguirán sendo cómplices, tamén, da vindeira crise que sen dúbida provocará o mantemento dos privilexios de delincuentes e criminais financeiros que aplican o todo vale, sen normas reguladoras e sen control, para obter o máximo beneficio o máis axiña posíbel.
  • O pacto do Euro vai producir un efecto depresor sobre a demanda nunha conxuntura practicamente recesiva como a actual.
O Pacto do Euro é unha imposición aos pobos, unha proba irrefutábel de que á cidadanía europea furtóuselle a posibilidade de pronunciarse sobre o seu destino, sobre as cuestións que, como as económicas, máis afectan á súa vida e ao seu benestar.

É, asemade, un atentado á democracia porque se volven a impor aos pobos políticas moi gravosas sen que estes teñan a posibilidade de manifestar se é iso o que desexan.

Unha vez máis, queren someter a Europa para salvar os poderes financeiros e fixérono pola porta de atrás, impedindo que os pobos se pronunciasen.

O Pacto do Euro é, en realidade, un pacto contra Europa, porque se subscribe á marxe e en contra dos seus cidadáns e cidadás.

Fonte: altermundo.org

Altermundo





________________________________

O Pacto do Euro traducido


O próximo 27 de xuño ratifícase en Bruxelas o próximo gran atraco socioeconómico de alcance internacional, o chamado Pacto do Euro, polo cal os políticos do noso continente ponse de acordo para lexislar o que o FMI, o BCE e o BM ordénanlles.

En caso de non cumprir estas ordes ou de facelo con demora, xa sabemos que Moody´s, Standard&Poor´s ou Fitch (as axencias de cualificación que levaron a Grecia, Irlanda ou Portugal á ruína) esperan con ansiedade para comezar o seu ataque.

Trátase de seguir coa destrución do sector público e profundar na perda de dereitos do asalariado. A pesar do difícil que resulta acceder á información sobre o seu contido, logo de buscar e contrastar, o máis relevante vén ser:

- A fixación dos salarios no sector público debe estar en consonancia cos esforzos de competitividade do sector privado.

É dicir: novo recorte ao sector público, que debe ofrecer os mesmos beneficios que os salarios irrisorios e xornadas laborais de 50h. semanais ou máis do sector privado.

- A formulación exacta da norma será decidida por cada país pero debería garantir a disciplina fiscal tanto a nivel nacional como subnacional.

É dicir: Teñen que cambiar vostedes a súa leis porque así o esixen o FMI, o BCE e o BM.

- Aliñamento dos sistemas de pensións coa situación demográfica nacional, por exemplo aliñando a idade da pensión coa esperanza de vida.

É dicir: Que non quería xubilarse aos 67? Ok... Estudaremos se pode ser aos 70...

- Fomento da competitividade. Coa vinculación de salarios e produtividade, principio sobre o que o presidente español, José Luís Rodríguez Zapatero, mostrouse de acordo.

É dicir: Fomento de xornadas de 12h. de traballo ao día por 900? ao mes, ou similares. De aí a última reforma laboral española que avoga por flexibilizar despedimentos, convenios e contratos.

- Impulso ao emprego. Os líderes expón unha rebaixa da fiscalidade para incentivar a contratación de traballadores e formación permanente.

É dicir: Impulso ao despedimento barato e as ETT. Os líderes (bancos internacionais) expón ir demolendo o sistema da Seguridade Social, estudando a introdución da figura do bolseiro perpetuo.

- Finanzas públicas. Contribuír á sustentabilidade con reformas nos sistemas de pensións e de protección social.

É dicir: Conxelación das pensións e próxima disfunción nos programas de asistencia social.

- Estabilidade financeira. Reforzo e especial atención á coordinación das políticas fiscais e loita contra a fraude.

É dicir: Como non falamos de paraísos fiscais nin evasión de impostos, xa sabe: aumento dos impostos directos e indirectos, e como non pague, lle breamos a multas, intereses e comisións.

- Control do déficit. Os líderes acordan introducir límites ao déficit na Constitución ou nas leis nacionais.

É dicir: Quizá a máis importante. O FMI, o BCE e o BM, van cambiar a Constitución e as leis de cada país, segundo convéñalles. Seguinte parada: como non pague, ao trullo.

Fonte: tiromeaomonte

Mais info en
:
_________________

Comunicado de Democracia Real Xa! sobre a xornada do 19 de xuño

Xornada de mobilización baixo o lema "Europa para os cidadáns e non para os mercados"

DRX

O vindeiro domingo 19 de Xuño a cidadanía está novamente chamada a tomar pacíficamente as rúas das súas localidades, sumando a nosa voz á dos cidadáns da Unión Europea.

Baixo o lema "Europa para os cidadáns e non para os mercados" Democracia real Xa! convoca mobilizacións para o 19 de xuño na maioría das cidades do estado e apoia, secundando coa súa asistencia e colaborando activamente na súa difusión as organizadas por outros movementos para esas mesmas datas.

Desprovista novamente de signo político ou sindical algún, esta convocatoria está promovida por persoas de toda condición, idade e índole, que deixando ao carón as súas posibles diferenzas ideolóxicas ou culturais, retoman a súa participación na vida pública unidascontra o abuso que a clase política consentiu.

As nosas motivacións seguen sendo as mesmas que sacaron á rúa a miles de persoas o 15 de Maio; aínda que esta vez, se cabe, estamos aínda máis indignados, ante a ameaza que supón para o noso benestar social os novos recortes nos salarios, pensións, I D, sanidade e educación; a eliminación dos servizos sociais, o maior atraso na idade de xubilación, a ampliación dos impostos e os inxustos reaxustes salariale en base á produtividade e a competitividade en toda a zona euro previstos na aplicación do Pacto do Euro, que consideramos un atentado contra os dereitos sociais de alcance internacional.

É necesario esixir aos nosos Gobernante a NON firma do Pacto do Euro o próximo 27 de xuño, pois implicará maiores sacrificios para todos e todas por mor das medidas de austeridade que se queren impor e polo tanto rexeitámolo. Esiximos a reorientación das políticas públicas cara á protección do interese xeral. Esiximos que a dación en pago sexa recoñecida. Esiximos unha verdadeira repartición da riqueza e o traballo, como única saída ao desemprego. Esiximos unha vida digna para todas as persoas, onde os dereitos sexan para todas e desaparezan os privilexios da clase política, a fraude fiscal e os paraísos fiscais. Esiximos, así mesmo, cambios na Lei Electoral que ofrezan vías para unha autentica participación das persoas nas decisións públicas.

Demostramos, pois, que o 15 de Maio non foi unha mobilización con fins electorais, senón sociais. E anunciamos que seguiremos tomando as rúas ata que as nosas propostas e manifesto sexan plenamente recoñecidos; ata que deixemos de ser mercancía en mans de políticos e banqueiros. Ata que obteñamos unha Democracia Real ¡XA!
____________________

A mantenta das Eleccións Locais do 22 de Maio de 2011: "Análise", ... Por Amadeo Varela


"O pobo de Ferrol non aprobou a ningún partido de esquerdas, pero tampouco aos da dereita, e a proba son as tres cuartas partes de votantes que por algunha razón non votaron ao PP. Esas tres cuartas partes significan máis de 45 mil votos que o Partido Popular non ten". Razona Amadeo Varela no artigo que segue. Un razonamento interesante que dos 61.259 votos pośibeis o PP so acadou 14.974, foron 46.285 as persoas, cidadás  de Ferrol que non lle deron o seu apoio.

Por Amadeo Varela [*]
08.06.2011


Despois das eleccións, os partidos políticos adoitan facer unha análise máis ou menos profunda sobre o desenrolo e o resultado das mesmas, atopándonos a cotío con conclusións do máis insospeitado, pois ás veces todos gañan e ninguén perde. Dos que perden, algúns están contentos porque subiron nuns poucos votos, ou porque os votos perdidos non foron moitos. Dos que gañan, algúns lamentan non ter algúns votos máis para acadar a maioría absoluta. Mais cando os votos recibidos conceden esa ansiada supremacía, sacan peito presumindo de que van gobernar porque o pobo así o quere. Estes razoamentos fan pensar naquilo que dixo o poeta, de que “todo é segundo o color do cristal con que se mira”.

En Ferrol, despois das últimas eleccións do 22 M, é necesario profundar nas causas dos resultados rexistrados, que na miña opinión debéronse a moitas circunstancias foráneas e locais. Das foráneas sinalaría a crise económica, a actuación errática do goberno estatal, e a repentina presenza do movemento “indignado”, en plena campaña electoral. Das circunstancias locais, as máis importantes puideran ser a ruptura do goberno bipartito PSOE – EU, e sobre todo, as divisións dentro dos propios partidos de esquerdas, que levaron a este desastre tanto ao PSOE, como a EU-IU e a o BNG, se ben este último está pagando aínda a súa desfeita anterior.

Dos resultados da dereita destaca a maioría absoluta conquistada sobre a base dos erros dos rivais e dunha impresionante campaña propagandística contraria á súa aposta pola austeridade. A cuestión en números, defínese así: de máis de 61 mil votos posibles, o PP recolleu pouco menos de 15 mil, o que ven sendo algo menos da cuarta parte do total. Estes números danlle o dereito a gobernar para os catro vindeiros anos, pero o que non teñen é, o dereito a presumir de seren os preferidos por o Pobo. “O pobo de Ferrol quere que gobernemos”, dirán. Pois non. O pobo de Ferrol non aprobou a ningún partido de esquerdas, pero tampouco aos da dereita, e a proba son as tres cuartas partes de votantes que por algunha razón non votaron ao PP. Esas tres cuartas partes significan máis de 45 mil votos que o Partido Popular non ten. Xa que logo, gobernarán legalmente, por dereito propio, pero non por desexo do pobo de Ferrol, senón por desexo desa cuarta parte. Velaí un motivo de reflexión para os dirixentes do PP ferrolán: unha gran maioría do pobo ferrolán non confía neles e non os quere. Máis aló de ideoloxías, é o resultado normal dunha conduta de incumprimento dos seus propios acordos.

[*] Amadeo Varela Rodríguez -Ferrol 1936, foi traballador de BAZAN, é o autor de "Recordos do vello Racing" publicado no 2000, "Bazan e Ferrol - Unha simbioses perfecta?" (a historia dunha época, "... detrás de cada barco que nace, hai moitas horas de esforzo. Nesa tarefa, miles de traballadores foron gastando a súa saúde e a súa vida".) publicado no 2003 e coautor de "Retallos da Memoria II" ("Memorias de neno" sobre a súa vida de pequeno nunha familia republicana perseguida), publicado no 2009. Autor de numerosas cartas e artigos na prensa local. Autor de sitios na rede sobre Ferrol. Cofundador da Asociación San Fernando para defender o Patrimonio Histórico do barrio ferrolán de Recimil contra a súa pretendida demolición, membro do Colectivo Recimil co que promoveu a Plataforma Ártabra 21 e a Plataforma en Defensa dos Espazos Públicos. Na actualidade forma parte do Colectivo Ártabra 21.

______________

Elecións Locais do 22 de Maio de 2011 - resultados en Ferrol

Comparativa Concello de Ferrol 2011-2007

[Clicar acima da imaxe para ampliar]
________________

Palestra sobre o Decrescimento organizada pola Escola Popular Galega en Esteiro - Hoje 8 de Junho, ás 20:30 horas, nos locais da Associaçom Vizinhal de Esteiro

Nos locais da Associaçom Vizinhal de Esteiro, em Ferrol, terá lugar hoje, 8 de Junho de 2011, umha palestar de moito interesse, sobre o "Decrescimento", organizada pola Escola Popular Galega:

Intervirám:
  • Xoan Ramon Doldán, profesor titular de Economía Aplicada na USC.
  • Isabel Vilalba, produtora e Responsável da Secretaria das mulheres do Sindicato Labrego Galego.
  • Manolo Rei, membro de Uniom Libertária.
  • Xesús Manuel Díaz, membro da CIG.

4ªFeira, 8 de Junho, às 20;30hh no local da Associaçom Vizinhal de Esteiro.

Escola Popular Galega
escolapopularnacional [arroba]gmail[ponto]com
Escola Popular Galega, Rua Real nº 12 rés-do-chao, C.P. 36202 Vigo.
Escola Popular Galega, Apartado 794, C.P. 36202, Vigo
________________

"Carta Maior" convidanos a visitar as súas páxinas especiais

A información importa; como se dá, tamén importa; ler, ver e escoitar con espírito crítico, é fundamental; ... é por iso moi importante difundir o máis que poidamos un traballo feito desde unha perspectiva transformadora. Non se trata de querer dirixir nada, só se trata de compartir coñecimento e análise.

Páxinas especiais de moito interese na axencia-xornal brasileir@ con perspectiva internacional "Agência Carta Maior", nada ao abeiro do primeiro Foro Social Mundial, celebrado en Porto Alegre en Xaneiro de 2001.

Carta Maior convida-nos a visitar as súas páxinas especiais:










Agora presenta-nos unha nova páxina especial:



_______________

Presentación en Ferrol do libro de Manolo Dios Diz: A Paz como cultura 'Fontes e recursos dunha pedagoxía para a Paz' - Xoves 9 de Xuño, ás 8 da Tarde

Presentación do libro de Manolo Dios [*] na Galería Sargadelos de Ferrol

Presentación do libro; A Paz como Cultura:  'Fontes e recursos dunha pedagoxía para a Paz' de Manuel Dios Diz. Licenciado en Xeografía e Historia, (Presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz).

Día: Xoves, 9 de Xuño,
Hora: ás 8 da Tarde,
Lugar: na Galería Sargadelos [Esquina rúas María/Rubalcava].

O Acto estará presentado por: Carlos Neira Suárez.

Organiza: Seminario Galego de Educación para a Paz.

O libro foi publicado pola Editorial Milenio, está prologado por Federico Mayor Zaragoza.

Trátase dunha obra que analiza o significado e a orixe do concepto "Cultura de Paz" e da propia Declaración e o Programa de Acción para unha Cultura de Paz aprobado polas Nacións Unidas en 1999, así como as referencias teóricas e prácticas que sustentan unha pedagoxía para a paz desde a perspectiva non só da Educación para os Dereitos Humanos, a Convivencia e a Democracia, senón tamén en directa relación coa superación da pobreza e da miseria (Obxectivos do Milenio), do diálogo intercultural e interrelixioso (Alianza de Civilizacións), así como da resolución pacífica de conflitos (convivencia escolar) e da prevención da paz.

O autor fai un percorrido histórico polos documentos e declaracións que inspiraron a Cultura da Paz fronte da cultura da violencia, da imposición ou da forza, da súa influencia nos currículas escolares, na lexislación ou na política internacional, para adiantar recursos e dinámicas de aula cos que poñer en práctica, na escola e na vida, unha cultura baseada no diálogo, no acordo e na concordia, bases da nonviolencia e dos movementos sociais que a asumen como metodoloxía de desobediencia civil e de construcción doutro mundo posible, máis xusto, máis democrático, máis sustentable e máis humano, desde un enfoque transformador.

Fará a presentación do autor, Carlos Neira Suarez, ex- traballador e dirixente sindicalde Astano, militante destacado da esquerda nacionalista galega durante a reconversión naval e bo amigo de Manuel Dios.

[*] Manuel Dios Diz, é mestre, licenciado en Xeografía e Historia pola USC e preside o Seminario Galego de Educación para a Paz.

Rúa do Valiño 13- 1º
SANTIAGO DE COMPOSTELA
Tfno: 981-561956



Enviado por:

avesteiro
-avesteiro@galicia.com-
6 de junho de 2011 09:48
______________

martes, xuño 07, 2011

O Sempre em Galiza é um livro fundamental para conhecer a Galiza -

O Sempre em Galiza é um livro fundamental para conhecer a Galiza, para nos aproximar do nosso país e da sua História e para sermos capazes de interpretar o porquê dum movimento como o nacionalismo galego, o galeguismo político, que tem umas características próprias e que promove desde há quase cem anos a concepção da Galiza como uma colectividade nacional, como uma nação.

O Sempre em Galiza é um dos alicerces ideológicos em que se apoiou o nacionalismo galego para se reconstruir após a barbárie fascista que começou no ano 1936, e da qual ainda hoje padecemos consequências bem directas na Galiza. É um livro fundamental para conhecer a Galiza, para nos aproximar do nosso país e da sua História e para sermos capazes de interpretar o porquê dum movimento como o nacionalismo galego, o galeguismo político, que tem umas características próprias e que promove desde há quase cem anos a concepção da Galiza como uma colectividade nacional, como uma nação.

As e os amigos leitores, de Portugal e da Galiza, devem reparar em que estamos diante da obra que compila e mostra a amplitude do pensamento político de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Uma figura totalmente desbordante da Galiza do século XX. Castelao junto a Rosalía de Castro são duas personagens que escapam do plano meramente cultural, literário ou político para se tornarem em dous mitos populares galegos, isto é, duas figuras assimiladas totalmente pelo imaginário colectivo do povo galego.

No caso concreto do autor rianjeiro estamos diante dum criador multifacetado que construiu um espólio onde encontramos teatro, pintura, quadrinhos de jornais, relatos, romances ... e um intenso trabalho político, chegando a ser deputado do Partido Galeguista (PG) nas cortes da IIª República espanhola. É por tudo isto que a Associaçom Galega da Língua (AGAL) entendeu que a obra deste galego universal devia ser difundida ao máximo, e sobretudo no resto da Lusofonia, onde tantas vezes a Galiza passa por ser uma grande desconhecida.

Para acompanhar esta primeira versão do Sempre em Galiza, magnificamente adaptada pelo professor Fernando Vasquez Corredoira, na AGAL achamos importante dar a palavra a uma série de pessoas que são boa mostra da herança política que Castelao deixou ao povo galego. Camilo Nogueira, um dos redactores do anteprojecto de Estatuto de Autonomia de Galiza de 1981 e primeiro eurodeputado do Bloco Nacionalista Galego (BNG) de 1999 a 2004; Francisco Rodríguez, especialista em autores galegos como Curros Enríquez ou Rosalía de Castro, membro da Executiva do BNG e deputado no Congresso dos Deputados de 1996 a 2008; Xosé Manuel Beiras, economista, porta-voz nacional do BNG desde a sua fundação em 1982 até 2003 e porta-voz no Parlamento do BNG de 1985 até 2003; Margarita Ledo, catedrática de comunicação audiovisual da Universidade de Santiago e directora do semanário A Nosa Terra de 1977 a 1980; Encarna Otero, professora de História e vice-presidenta da Câmara Municipal de Santiago de Compostela de 1999 até 2003; e Luís Gonçales Blasco 'Foz', membro da comissão linguística da AGAL e da Academia Galega da Língua Portuguesa; são vozes o suficientemente autorizadas para nos achegar a figura de Castelao e a sua obra.

Miguel R. Penas


Portal galego da Língua:
http://www.pglingua.org/

Fonte: imperdivel.net
[A loja on-line da Associaçom Galega da Língua]
___________________

Cabreo, ... Por Amadeo Varela

Por Amadeo Varela [*]
07.06.2011


Entre nós, paréceme que a palabra cabreo define moito mellor o estado anímico da xente que o termo indignación. Desde logo está moi claro que unha parte moi numerosa de cidadáns ten todo o dereito do mundo de estar cabreado e de expresar o seu cabreo, dentro dos límites legais. De feito, ultimamente unha parte da cidadanía sacou á rúa a súa protesta, “tomando” as prazas céntricas de moitas cidades españolas, para esixir “Democracia real, xa”. Tal como están as cousas, esta “movida” non pode sorprender a ninguén, mais coido que habería que facer unha pequena análise deste fenómeno social ¿espontáneo?

Por exemplo, segundo as enquisas máis recentes, a primeira preocupación dos españois é o paro. Xa que logo, penso que se podería esixir “Traballo, xa”, no canto de pedir máis democracia; por outra parte, o momento elixido para a protesta, en pleno proceso electoral, paréceme bastante sospeitoso, pois aínda que aparentemente a repulsa ía dirixida a todos os políticos, ata o participante máis inxenuo debería supoñer que este acto reivindicativo volveríase automaticamente na contra do partido no poder, fose este cal fose. De momento, o resultado das eleccións do 22 M así parece indicalo. Agora compre agardar a ver se ese movemento continúa ou se disolve como o sal na auga. E conste que eu estou a favor dunha democracia total, coa independencia dos diferentes poderes e co mesmo valor para todos os votos, cousa que actualmente non é así.

[*] Amadeo Varela Rodríguez -Ferrol 1936, foi traballador de BAZAN, é o autor de "Recordos do vello Racing" publicado no 2000, "Bazan e Ferrol - Unha simbioses perfecta?" (a historia dunha época, "... detrás de cada barco que nace, hai moitas horas de esforzo. Nesa tarefa, miles de traballadores foron gastando a súa saúde e a súa vida".) publicado no 2003 e coautor de "Retallos da Memoria II" ("Memorias de neno" sobre a súa vida de pequeno nunha familia republicana perseguida), publicado no 2009. Autor de numerosas cartas e artigos na prensa local. Autor de sitios na rede sobre Ferrol. Cofundador da Asociación San Fernando para defender o Patrimonio Histórico do barrio ferrolán de Recimil contra a súa pretendida demolición, membro do Colectivo Recimil co que promoveu a Plataforma Ártabra 21 e a Plataforma en Defensa dos Espazos Públicos. Na actualidade forma parte do Colectivo Ártabra 21.
____________

"Animais" de Séchu Sende en Ferrol - Mércores 8 de Xuño, ás 6 da Tarde na Praza do Concello - Indignad@s


En "Animais", Séchu Sende denuncia a destrución da natureza e chama á acción colectiva para evita-la. "Animais" foi ilustrado polo propio autor, cada poema está acompañado dun debuxo.

A obra será presentada o Mércores 8 de Xuño de 2011, na Praza do Concello, renomeada pol@s acampad@s como "Praza do 15M", ás 6 da tarde, da man do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, en solidaridade con tod@s @s indignad@s.

Enlaces relacionados:

VISITA: ATRAVES - EDITORA

__________

  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
Blog solidario coa veciñanza de MeáPara apoiar e colaborar co Comité Cidadán:
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org

---
APOIO ECONÓMICO
O Comité Cidadán de Emerxencia, necesita apoio económico, para que poida desenvolver a súa actividade
CONTA DO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA
Para axudas económicas pode-se ingresar na conta corrente aberta no Banco Santander ao nome de:
Luz Marina Torrente e outros
Para ingresar desde unha oficina bancaria desde dentro do Estado:
00493315772894017995
Para ingresar desde unha oficina bancaria desde fóra do Estado:
ES 71 00493315772894017995

Enviado por:
Colectivo A Revolta
-a.revolta.de.trasancos@gmail.com-
7 de junho de 2011 08:19
http://a-revolta-de-trasancos.blogspot.com/
______________________

luns, xuño 06, 2011

O Instituto Galego de Estatística publica o seu Informe do indice de produción industrial para Galiza - Abril 2011, que presenta un descenso interanual do 7,9%, 5,6 puntos superior ao descenso do mes anterior

Hoxe o IGE publica o seu Informe do Índice de produción industrial para Galiza - Abril 2011.

O Índice de produción industrial (IPI) do mes de abril de 2011 en Galiza presenta un descenso interanual do 7,9%, 5,6 puntos superior ao descenso do mes precedente. No conxunto do estado a taxa interanual acadou un valor do -4,1%, tamén 5,6 puntos inferior ao crecemento do mes de marzo.

Por destino económico dos bens a influenza dos distintos sectores na variación interanual do índice xeral é a seguinte:
  • Os bens de consumo descenden un 10,1% e achegan 2,7 puntos negativos ao crecemento do índice xeral.
  • As ramas enerxéticas contribúen ao descenso do índice xeral na mesma medida que os bens de consumo, neste caso debido a un descenso do 11,8%.
  • Os bens de equipo caeron un 6,9% con respecto a abril de 2010, este descenso repercute minorando en 1,6 puntos o crecemento interanual do índice xeral.
  • Por último, os bens intermedios foi a compoñente con menor descenso (3,4%), o que supuxo unha achega de -1,0 punto ao crecemento do conxunto do índice.
Nos catro primeiros meses do ano o descenso do índice xeral con respecto ao mesmo período do ano anterior foi do 4,1%; o maior descenso corresponde ás ramas enerxéticas, un 9, cunha repercusión no descenso interanual do índice xeral de -2,3 puntos porcentuais.

Por ramas de actividade, as ramas con achega máis negativa son: “Fabricación de produtos metálicos, agás maquinaria e equipamento” que repercuten -2,8 puntos debido a un descenso do 27,7%, “Coquerías e refinación de petróleo” que cun descenso do 31,6% achega 2,0 puntos negativos e “Confección de roupa de vestir” que minora 1,9 puntos o crecemento do índice xeral debido a que decreceu un 40,9%.

Acceder u baixar o informe -cinco páxinas- en formato -pdf:

Informe do Índice de produción industrial para Galiza - Abril 2011 -06.06.2011

Servizo de Difusión e Información Estatística
Complexo Administrativo San Lázaro s/n
Instituto Galego de Estatística
15703 Santiago de Compostela
Telf: 981 541589 de 9 a 14 horas, Fax: 981 541323
contacto: http://www.ige.eu/web/peticioninfo.jsp?paxina=005006001&idioma=gl
web: http://www.ige.eu


Enviado polo:
IGE
-ige.novidades@ige.eu-
6 de junho de 2011 11:21
___________

Convocatoria Aberta da Asemblea Constituinte da Promotora de Mesas de Converxencia Social en Ferrol Terra - Martes 7 de Xuño, ás 19:30 hras no Centro Cultural "Carvalho Calero" do Inferniño en Ferrol

Convocatoria Asemblea Mesas Converxencia en Ferrolterra
  • Para dar unha resposta unitaria ás agresións ao estado de benestar.
  • Para exixir dos poderes públicos que atendan ao interese cidadán.

A Comisión preparatoria, convoca:

Asemblea Constituinte da Promotora de Mesas de Converxencia Social en Ferrol Terra.

Que terá lugar o Martes 7 de Xuño, ás 19:30 horas, no Centro Cultural "Carvalho Calero", na Praza do Inferniño de Ferrol.

A asemblea será pública e aberta a toda a cidadanía, coa seguinte proposta de Orde do Día para o seu debate:
  1. Intervención de Armando Fernández Steinko, sociólogo e membro da Promotora Estatal das Mesas de Converxencia.
  2. Propostas sectoriais:
    a) Desemprego.
    b) Factura eléctrica. Empresas enerxéticas.
    c) Hipotecas. Desafiuzamentos. Abusos da Banca.
    d) Empresas de telecomunicacións.
    e) Privatización da auga.
    f) Privatización da Sanidade.
  3. Accións próximas a emprender.
  4. Denominación da Promotora de Ferrolterra.

O obxetivo desta Asemblea é organizar a cidadanía para a mobilización fronte o abuso das políticas neoliberais.

Ferrol Terra, 31 de Maio de 2011.

Un cordial saúdo

http://redconvergenciasocial.org/

Enviado por:
mesas converxencia galicia
-mesasdeconverxenciaferrolterra@gmail.com-
4 de junho de 2011 22:54
_______________

domingo, xuño 05, 2011

Parando os desafiuzamentos hipotecarios en Ferrol

Comunicado de Mesas de Converxencia Ferrolterra

Na mañá do venres 3 de xuño, tivo lugar a primeira acción en Ferrol (segunda en Galicia) contra un desafiuzamento hipotecario.

Ás 10,30, hora prevista para que o xulgado reclamase as chaves dunha vivenda e en solidariedade co deshauciado, ao redor dun centenar de persoas pertencentes ás Mesas de Converxencia Social de Ferrolterra, Movemento 15-M, Central Intersindical Galega, Esquerda Unida, A.C. Fuco Buxán, e outras a título particular, concentráronse ante o nº 29 da Rúa Almendra.

Media hora mais tarde e sen que comparecese o representante xudicial, trasladáronse ante a entidade bancaria que insta o desafiuzamento, para manifestar o seu rexeitamento a estas prácticas abusivas e esixir das distintas administracións públicas unha modificación do marco legal que de saída á situación de sobreendebedamento de milleiros de familias e traballadores/as en moitos casos afectados por expedientes de desfiuzamento da súa vivenda, centos de miles nos últimos anos en todo o estado e máis de 2000 en Galicia pendentes de execución.

As Mesas de Converxencia de Ferrolterra continuarán a solidarizarse coas persoas afectadas por esta fraude hipotecaria, amparadas polo artigo 47 da Constitución Española: “Todos os españois teñen dereito a gozar dunha vivenda digna e adecuada. Os poderes públicos promoverán as condicións necesarias e establecerán as normas pertinentes para facer efectivo este dereito, regulando a utilización do chan de acordo co interese xeral para impedir a especulación”.

Enviado por:
mesas converxencia galicia
-mesasdeconverxenciaferrolterra@gmail.com-
4 de junho de 2011 00:48
__________________


Enlaces relacionados:

Paremos un desafiuzamento, este Venres 3 de Xuño, en Ferrol - Vídeo: un caso en Murcia

Andaina dunha inciativa unitaria de ámbito estatal contra as políticas neoliberais e por unha alternativa de esquerdas - Chamamento á creación de Mesas de Converxencia para a Acción

Web oficial estatal:

http://www.redconvergenciasocial.org/
___________________

Exposición Colectiva "A Ría na Rúa" - Paseo do Porto de Ferrol, do 3 ao 9 de Xuño de 2011


O Día Mundial do Medio Ambiente son moitas as voces que reclaman que Reganosa deixe de ser un perigo para a Ría e para a Vida. A exposición A RÍA NA RÚA, únese a esas voces para gritar “PLANTA DE GAS FORA DA RÍA” convertendo as palabras e as accións, en cores e formas que mostran a emoción e a forza deste movemento cidadá que pretende recuperar a Ría e defender mais de 100.000 vidas ameazadas.

A vida destes murais comezou o 25 de Outubro de 2008, cando o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convidaba a 10 artistas a pintar en varias prazas públicas de Ferrol, baixo o lema "A Ría na Rúa". Naceron así estes 10 murais de 3,10 por 2,00 metros da  man de María Manuela, Miguel Anxo Varela, Leandro Lamas, Víctor Novás, Rafael Nadales, Suso Basterrechea, Carmen Martín, Eduardo Hermida, Ladislao da Regueira e Gustavo Sequeiro.

Esta exposición representa ademais a confrontación dos valores que identifican a estas dúas partes en conflito: a cidadanía fronte aos especuladores, promotores e quen os apoia. Así, estes murais aséntanse na XENEROSIDADE fronte ao egoísmo do beneficio sen límites; a SOLIDARIEDADE fronte ao individualismo dunhas actuacións económicas que destrúen o ben colectivo; a TRANSPARENCIA fronte á corrupción de quen non dubida en violentar a legalidade e utilizar as institucións democráticas para favorecer os seus intereses.

Tamén, a nosa Ría, que nos ten dado tanto, reborda por uns días, nestes murais no paseo portuario, para unirse a todas as persoas de ben que, neste Día Mundial do Medio Ambiente, reivindicamos os dereitos ambientais, ameazados no que nos é mais próximo, por REGANOSA.

PLANTA DE GAS FORA DA RÍA!

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org




___________________________

Enlaces relacionados:

Marcha reivindicativa na defensa da cidadanía frente á ameaza de Reganosa

Xornada Reivindicativa en Defensa da nosa Ría, da nosa Seguridade e da nosa Vida, en protesta e denuncia pola permanencia da Planta de Gas de Reganosa en Mugardos - Sábado 4 de Xuño

_____________________________

Así foi a Marcha reivindicativa na defensa da cidadanía fronte á ameaza de Reganosa


Máis dun cento de persoas cubriron o traxecto de hora e media de duración, que discorreu por varios barrios da nosa cidade co obxectivo de divulgar as 10 razóns polas que Reganosa ten que desaparecer das nosas vidas e da nosa Ría. Na saída do Porto de Ferrol, dez murais da exposición "A Ría na Rúa" empurraban, coa forza da súa arte, a marcha composta por xentes de todas as idades. Unha representación do movimento 15-M  abandonaba a Praza do Concello para acompañar a marcha onde, segundo se significou nalgunha das varias intervencións realizadas ao longo do traxecto, Reganosa é a mellor representación do nível de corrupción político-económica da nosa historia contemporánea. Unha corrupción, que, perversamente cadrada, era premiada eses mesmo día pola Xunta de Galicia, coa concesión da medalla Castelao ao conselleiro de Reganosa, Roberto Tojeiro.

A marcha remataba baixo as reponedoras sombras das árbores, que acollen parte das cinzas do que foi coordenador do Comité Cidadá de Emerxencia para a Ría de Ferrol, Carmelo Teixeiro. Nese parque de Caranza, coa imaxe ameazante de Reganosa como fondo, a poesía de Rosa Méndez e Karlotti, e a voz cálida e atávica de Manolo Bacallao, fecharon a xornada.

  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!

Galería Fotográfica do Comité Cidadán de Emerxencia

---
APOIO ECONÓMICO
O Comité Cidadán de Emerxencia, necesita apoio económico, para que poida desenvolver a súa actividade
CONTA DO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA
Para axudas económicas pode-se ingresar na conta corrente aberta no Banco Santander ao nome de:
Luz Marina Torrente e outros
Para ingresar desde unha oficina bancaria desde dentro do Estado:
00493315772894017995
Para ingresar desde unha oficina bancaria desde fóra do Estado:
ES 71 00493315772894017995

Blog solidario coa veciñanza de MeáComité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org

______________________

venres, xuño 03, 2011

Paremos un desafiuzamento, este Venres 3 de Xuño, en Ferrol - Vídeo: un caso en Murcia

Loita contra os desafiuzamentos

Venres 3 de Xuño de 2011, ás 10:30h, un mozo de Ferrol, ten que entregar as chaves da súa vivenda aos representantes do xulgado,procedendo así á sentenza que o deixará na rúa.

Desde as "Mesas de Converxencia", facemos un chamamento de solidariedade a tod@s os que o Venres 3 de Xuño, poidades estar con nós arroupando a este mozo.

Esperámosvos na Rúa Almendra, nº 29.

PAREMOS O DESAFIUZAMENTO !!

Enviado por:
mesas converxencia galicia
-mesasdeconverxenciaferrolterra@gmail.com-
2 de junho de 2011 23:19
__________________________

Hai un par de meses o noso compañeiro Juan Torres enviava este video dun desafiuzamento en Murcia, para amosar a súa solidariedade e denunciar a inxustiza que xa está afectando a miles de persoas. desde Ártabra 21, consideramos de interese publicar este documento. Saúde !

Paremos os desafiuzamentos

Mércores, 23 de Marzo de 2011

Unha das vergoñas recentes máis noxentas da nosa "democracia" foi o acordo entre o Partido Popular e o PSOE co fin de evitar que se poña fin á onda de desafiuzamentos que veñen afectando a miles de familias españolas. Bancos que están gañando ducias de miles de millóns de euros grazas ao diñeiro público ("¡hai que salvar aos bancos"!, é dicir, aos ladróns, dixéronnos) deixan agora na rúa a familias que se quedaron sen ingresos pola súa culpa. E que non só perden a súa casa senón que, grazas a unha lei inxusta agora apoiada pola dereita política e pola esquerda neoliberal, teñen que seguir pagando a hipoteca aos bancos cando estes se quedaron xa coa súa vivenda. En Murcia, como noutros lugares, hai centos de persoas loitando contra este roubo legalizado da banca e da clase política ao seu servizo. Son un exemplo que debería render se aínda nos quedase un pouco de dignidade. Poño este testemuño da súa loita ao mesmo tempo que os animo desde aquí a seguir con ela.




Murcia 19.03.2011.- En Attac Murcia solidarizámonos coa Plataforma de afectados pola hipoteca en Murcia. Con este vídeo chamamos á sociedade murciana a unirse ao piquete cidadán para impedir o desafiuzamento da vivenda de Teresa e a súa familia o 24 de Marzo na fábrica Golden Foolds de Las Torres de Cotillas. Úneche ao teu veciño, ao teu amigo, a ese que podes ser ti mañá para impedir a inxustiza da Banca.
__________________________________

No pasado programa de Atenta, de Rádio Filispim: Falaron con Suso Diaz, sobre un tema de moito interes como son as hipotecas

Atenta!! nº 30 [31-05-2011]



Contidos:
Falamos con Suso Diaz, sobre un tema de moito interes como son as hipotecas.
Tamen falamos con Cesar, unha persoa que está a vivir en primeira persoa as acampadas d@s indignad@s.

Música:
Deolinda - Movemento perpetuo associativo.
Silvio Rodriguez - Mi casa ha sido tomada por las flores.
Ska-P - Solamente por pensar.

Descargar o audio
Blogue do programa:

http://atentanafm.blogspot.com/


http://opaii.blogspot.com/


_______________

xoves, xuño 02, 2011

Sobre as eleccións: A esquerda a Praza e o Palacio, ... Por Alexandre Carrodeguas

Por Alexandre Carrodeguas [*]
02.06.2011


As eleccións do pasado 22M devolven o concello de Ferrol á dereita do PP. Retomamos o péndulo no que se ten convertido a representación municipal desde as primeiras eleccións do 79. Neste caso mais que unha vitoria do PP, deberíamos falar dunha auto-derrota da chamada esquerda institucional. Aparte de factores alleos a nosa cidade, enmarcados no contexto xeral da crise económica, a chamada esquerda fai tempo que ten perdido a conexión coa realidade que queremos transformar.

O chamado "povo de esquerdas" ou non existe ou esta desmobilizado, non existe no sentido de que non esta constituído como tal, os que loitamos por políticas emancipadoras non podemos só apelar a un electorado nunhas eleccións concretas. Senón que teríamos mais ben de axudar a constituír ese "movemento" para poder logo representalo nas institucións. Ese movemento político sería o dos que buscan unha sociedade decente, na que as xentes non teñan que subordinarse para ter o simple dereito a poder vivir.

Cando a esquerda chega ao "palacio" e o non ter os "ancoraxes" na praza, acaba fagocitada pola lóxica institucional, pasando a formar parte do aparato de poder, da chamada "clase política". Por iso e moi importante a formación dese suxeito constituínte, desa esquerda encarnada que se vai auto-construíndo; nos centros de traballo, nas escolas, nos bairros, etc. Que por "programa" non leva unha formula allea o propio movemento real, senón algo que se vai construíndo a través das necesidades cotiáns "vividas" como necesarias. Polo tanto a nosa tarefa non sería a a construción dunha sigla determinada que funcione a modo de ferramenta puntual, como a auto-constitución dese novo "povo de esquerdas", que lle dispute a hexemonía a dereita.

A dereita disputa a hexemonía ideolóxica a través de moitos medios, mediáticos, relixiosos, empresariais.etc

Esta hexemonía como pensaba Gramsci ten que ser disputada por esa "plebe" que traballa por un outro mundo posible.

Temos que construír esa esquerda coa inmensa maioría dos traballadores, dos autónomos, dos pequenos propietarios e tendeiros, dos pequenos empresarios, etc., sexa mulleres ou homes.Temos que saír da relación endogámica entre militantes de grupos de esquerda e percatarnos de que as consignas que moitas veces utilizamos carecen de enganche coas experiencias, as preocupacións, e os padecementos enormes, reais, das nosas xentes que viven e traballan por saír adiante. Cando o sistema lles pecha todas as portas.

Por iso temos que saír xa aos barrios e iniciar a reflexión común, todos e todas xuntos, sobre as condicións que permitan esa outra sociedade política decente; na que a xente teña dereito a unha sanidade sen demoras, a unha escola pública sen discriminacións, a pensións dignas, a emprego, a ter cubertas as necesidades mínimas en calefacción, auga potable, electricidade, roupa, cultura … a non sentirse humillados polas administracións e as empresas. Cousas polo demais evidentes, que nestes tempos que se aveciñan se converten en revolucionarias. ¡Que tempos estes en que hai que loitar polo evidente¡

A esquerda ten sufrido unha gran derrota, temos que ser conscientes, estamos atravesando a travesía do deserto e non temos pois un movemento real organizado. Pasolini era o que falaba sobre o palacio e a praza, somos conscientes de que a nosa praza esta disgregada, atomizada, fragmentada; temos ingredientes pero non callan para facer a "maionesa necesaria", pero tamén sabemos que esta na nosa man, non hai ningún determinismo que nolo impida.

Sabemos que o programa temos que construílo partindo das necesidades inmediatas da xente e dos seus problemas cotiáns, que a xente e que ten que organizarse xa "capilarmente" como un tecido social alternativo. O capitalismo é xa unha cultura, non só é un sistema económico, e mudar unha cultura é algo moi de longo alcance e debe facerse a nível concreto neses barrios, nesas fábricas, neses lugares onde fai tanto tempo que non vamos. Poño o exemplo de Mehá en Mugardos, da loita contra a planta de gas: na parroquia que está máis preto da planta os veciños apenas estaban organizados, cada un estaba na súa casa vendo a televisión. Nesta cultura consumista e individualista que padecemos. Pois ben, a partir do inicio da loita creouse unha asociación de veciños, fixéronse debates e charlas e hoxe existe alí unha pequena comunidade de iguais. A partir dunhas necesidades sentidas, dunha loita concreta, dunha análise concreta, foron chegando a unha análise máis xeral encarnada e sentida.

Polo tanto o obxectivo é encarnarnos nesa democracia real que reivindica o movimento do 15-M, a praxes creadora dunha esquerda que sexa de loita e de goberno, que non sexa comisaria do poder económico, que non rompa o vínculo entre representante e representado, que fomente unha nova cultura democrática de vida. Este é o obxectivo político primordial, verdadeiramente democrático, ademais, no que participen as maiorías desposuídas e garantes da verdadeira democracia:

Por estes obxectivos loitan tamén en Ferrol os colectivos que van organizar en Ferrol no próximo setembro o Forum social Galego.

Fagamos camiño agardando novos maios, nestes caso maios floridos. Vémonos nas prazas.

EN LA PLAZA (Vicente Aleixandre)

No es bueno
quedarse en la orilla
como el malecón o como el molusco que quiere calcáreamente imitar a la roca.
Sino que es puro y sereno arrasarse en la dicha
de fluir y perderse,
encontrándose en el movimiento con que el gran corazón de los hombres
palpita extendido.

[*] Alexandre Carrodeguas, activista ecoloxista e político de Ferrol Terra.

Enviado por:
Alexandre Carrodeguas
-republicadetraballadoras@gmail.com-
1 de junho de 2011 15:45
_____________________

martes, maio 31, 2011

At Versaris canta e reflexiona sobre @s indignad@s - VideoClip Interesante!!!!



Letra:
@s indignad@s

Nin a sensación de estar a cambiar a historia dalgúns, nin o escepticismo dos puristas, non.

Uns por entusiastas, os outros pon non ver que a indignación chega repentina e trunca as apostas.

A esquerda líquida acampa cómoda, inconcreta, difusa e por iso inocua e se estampa.

A esquerda sólida non pode ir coa Anti-Duhring na man, pero tampouco raiar desde casa facendo o púa.

Moi inxenuo é o pobre que se fai chamar apolítico mentres grita consígnas da esquerda.

Moita charla en asembleas longas de collóns.

É típica a fobia a asumir contradicións do cínico.

Pascual Serrano e Manuel Delgado crávana sempre; ti con Toni Negri.

Predicando co exemplo, eu:

En 2001 Arxentina incendiábase unha praga aplacada, un discurso demasido simple.

Fan falta novos modelos, peron non partir de cero.

Fan falta liderazgos, que non o manipulen.

Fai falta derrubar mitos, como pensar que asembleas de 15000 persoas podrán derrocalo.

A escrita ponderada e o seu tempo.

O relatorio e votación reflexionada, síntoo, a miúdo non é efectista como a masa furiosa pero cando cae a noite seguro que ilumina algo.

E como mostra un botón, mira Bildu.

E como mostra un botón, mira Venezuela.

E como mostra un botón, mira as CAV e as CUP, e as asembleas de barrio, "julandrón".

Que se che caguen na cara, que se mexen na tua boca: a banca, a pseudo política e a coca.

Toca o que toca, apertarse o cinto, reir co bufón e votar nesta operación triunfo 22M ou cambio de alcalde, un violador que arrinca saias no FMI.

Din que a vida é así, á merda o que custou sangue conseguir.

En Madrid "La chispa" e en Barna a faísca a xente críspase e toma a Praza Catalunya.

Democracia superficial contra a profunda.

Chéirase a peste dos seus votos nunha urna.

E blablabla.... desde o patriotismo rancio, eh!, eu non defento a #spanishrevolution, que ninguén o pense.

Pero vexo xente normal que fala de política e rompe o silencio.

Dispense, non necesitamos as súas cúpulas, perderon o norte as súas brúxulas.

Canta democracia aguanta a rutina?

Cuantos demócratas terían que probar as guillotinas?

Bildu fai saltar a adrenalina, a CUP camiña facendo traballo de formigua.

UM9 en Ribes, Xente de Gramanet, o COP de Ripollet presentan alternativas.

Cada cal no seu bando e nós no noso.

Assemblea de Barrio co lume da proposta.

Cae o socialdemócrata e volve a dereita.

Volven tempos de rúa, volven tempos de guerra.

Moi interesante canle:

http://www.youtube.com/user/LaTuerka

Fonte: http://www.youtube.com/watch?v=1CnqnaqTBe4

Enviado por:
Damch GZ
-damchgz@gmail.com-
31 de maio de 2011 13:04
___________________

Xornada Reivindicativa en Defensa da nosa Ría, da nosa Seguridade e da nosa Vida, en protesta e denuncia pola permanencia da Planta de Gas de Reganosa en Mugardos - Sábado 4 de Xuño



Sábado 4 de Xuño de 2011
- 11 da mañá inauguración da Exposición "A Ría na Rúa" no Porto de Ferrol
- E ás 12 do mediodía partirá a Marcha Reivindicativa desde o mesmo lugar
- Aproximadamente unha hora e media máis tarde,
celebrara-se un Acto final
no Parque "Carmelo Teixeiro", en Caranza.
Intervencións, Poesía, Música e un Xantar Popular.
Participa nesta protesta pública !!
Para que se faga xustiza,
para a defensa da Ría, da nosa Seguridade e da nosa Vida,
nunca e tarde !!


O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convoca para o Sábado 4 de Xuño de 2011, coincidindo ao redor do Día da Loita en Defensa do Medio Ambiente que se celebra internacionalmente en miles de vilas e cidades de todo o Planeta, unha Xornada Reivindicativa en Defensa da nosa Ría, da nosa seguridade e da nosa vida, protestando e denunciando pola permanencia da Planta de Gas de Reganosa en Mugardos, próxima aos núcleos de poboación, demandando o cese de actividade e o posterior desmantelamento desta planta regasificadora de Punta Promontorio, construída, xusto, no corazón da nosa Ría.

O Sábado 4 de Xuño, expoñera-se ao público a obra "A Ría na Rúa", 10 murais de 3,10 por 2,00 metros feitos por varios pintores da comarca [María Manuela, Miguel Anxo Varela, Leandro Lamas, Víctor Novás, Rafael Nadales, Suso Basterrechea, Carmen Martín, Eduardo Hermida, Ladislao da Regueira e Gustavo Sequeiro], para denunciar a corrupción e o despropósito que representa Reganosa. A inauguración desta exposición fara-se sobre as 11 da mañá. Logo ás 12 do mediodía partirá unha Marcha Reivindicativa desde o Porto de Ferrol até o Parque "Carmelo Teixeiro" en Caranza. Catro quilómetros e medio de protesta, denuncia e reivindicación. Rematará a Marcha con intervencións do Comité, ... poesía [Xosé Leira, ..., música [Manolo Bacallao, ...] e un xantar popular.
  • Cartaz da convocatoria da Marcha e Exposición - Sábado 4 de Xuño de 2011:
Acceder ao Cartaz
  • Díptico 10 Razóns para preguntarse ... Porque Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas ?:
Acceder ao Díptico

Murais "A Ría na Rúa"

O 25 de Outubro de 2008, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, realizaba unha das mobilizacións máis orixinais feitas até o de agora, 10 artistas plásticos pintaban murais en varias prazas públicas de Ferrol, foi o que se chamou "A Ría na Rúa". Un evento que tivo moito suceso. Os murais pintados, logo foron expostos nun magosto popular o 1 de Novembro de 2008, no Centro Cívico e Cultural de Caranza. O sitio na rede [http://a-ria-na-rua.blogspot.com/], recolle o que foron estes eventos. Agora o comité Cidadán neste 4 de Xuño de 2011, co motivo do "Día Mundial do Medio Ambiente", expón no Porto de Ferrol estas 10 Obras de Arte que expresan en profundidade a loita contra o despropósito gasista de Reganosa.



Exibir mapa ampliado

  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org

---
APOIO ECONÓMICO

O Comité Cidadán de Emerxencia, necesita apoio económico, para que poida desenvolver a súa actividade

CONTA DO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA

Para axudas económicas pode-se ingresar na conta corrente aberta no Banco Santander ao nome de:
Luz Marina Torrente e outros

Para ingresar desde unha oficina bancaria desde dentro do Estado:
00493315772894017995

Para ingresar desde unha oficina bancaria desde fóra do Estado:
ES 71 00493315772894017995

Blog solidario coa veciñanza de Meá
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org


______________________

sábado, maio 28, 2011

Este Domingo 29 de Maio, terá lugar un roteiro desde o Peirao de Curuxeiras até A Graña, coa situación da Ría de fondo

Roteiro á Estación Biolóxica d'A Graña

Adega Trasancos organiza, este Domingo 29 de Maio de 2011, un roteiro reivindicativo, que sairá ás 10 da mañá desde o Peirao de Curuxeiras (onde atraca a Lancha de Mugardos), percorrerá os lugares d'A Malata, A Cabana e A Graña e rematará cunha visita guiada á Estación de Bioloxía Mariña da Graña. A problemática medio ambiental da nosa Ría será o tema reivindicativo da marcha. Ao longo do percorrido faranse varias paradas para falar dos problemas medioambientais que existen nesta zona.

A marcha vai estar Coordenada por Xandro García, membro da Xunta Directiva de ADEGA.

Contacto: Xandro babor6@gmail.com

________________

Séchu Sende reflexiona sobre a acampada do Obradoiro em #galizarevolution

Por Séchu Sende [*]
28.05.2011


Olá, levo indo alguns dias á acampada do Obradoiro, alguns dias duas horas, outros mais. Conhecim gente, escoitei asembleias, participei –escoitando ou falando- nalgumha das comisions, acheguei-me, em definitiva..

Penso que há algumha gente que se está a achegar á acampada de jeito espúreo. Com intençom manipulatória, subestimando a inteligéncia da gente. Hoje, por exemplo, dous tipos com o pelo demasiado curto, quase rapado, que nunca vinheram por aqui, derom-me um folheto facha pedindo o respecto pola constituiçom ou algo assi. Estám, por suposto, no seu directo. Mas resultou estranho.

Penso que aquelas cousas que resultam estranhas som rejeitadas, ignoradas, de seu, polo organismo coletivo da acampada.

Há gente que se achega para “influír” sem participar em pé de igualdade. Umha das boas ideias que saiu dumha asembleia foi que as propostas apresentadas em asembleia devem ser trabalhadas nas comisions –debatidas, curradas- para apresentar á votaçom na seguinte asembleia. É mui interesante como se procura aprofundar nas propostas, com mais informaçom, mais debate, mais conhecemento, mais trabalho, antes da toma de decisom coletiva.

É interesante.

Algo mui importante: actuar com o máximo respecto pola gente que leva currando no Obradoiro construíndo a sua própria república, autoorganizando-se e que, além de reflexionar e reflexionar em jornadas de 24 horas tamem estám a sentir: a emocionar-se e conhecer-se entre si.

É gente mui diferente. há gente de ideologias diversas, -desde indepes até anarkas…- mas isso aló nom importa porque a gente é gente, a compartir uns objectivos mínimos, que som os que os unem.

Há gente com menos experiéncia na reflexiom e na acçom política e gente com mais. Gente que fala galego -muita, cada dia vejo mais, penso que se estám a dar mudanzas no persoal, vaia que hña umha certa dinámica galeguizadora a nível língüístico, penso- mesmo gente que se nota que levam pouco no país tenhem actitudes positivas cara á língua- especialmente nos ámbitos mais informais e nas comisions. Eu estivem olhando, sumando-me –pontoalmente, de passo- a várias comisions -legislativa, cultura, propaganda- e a língua galega é maioritária.

O debate sobre língua sempre está de fondo e ás vezes agroma nas questions básicas e se enfrontam os diferentes modelos de política lingüística que conhecemos e vai-se debatendo.

OUtra cousa: Quando a gente criou o movimento Nunca Mais, -Burla Negra, Area Negra-, sucedeu isto mesmo: o movimento é alheo aos partidos, reflactário a eles, justamente, e a qualquer posiçom dogmática ou estratégia que nom se construa coletivamente, horizontalmente. Sem verticalidade.

Um feito está claro e é mui revelador e, ademais, democrático, no sentido profundo: quando chegas á acampada actuas como umha persoa. Nom representas a ninguém, nom formas parte dum coletivo, -ou assi me sinto eu- vas tu mesm@, a peito descuberto.

Hoje comentei isto, no Obradoiro sobre actitudes lingüísticas, antes do Método de hipnose para falar galego: eu estou aqui para comprender melhor isto que está a suceder aqui, no Obradoiro. Nom me chega comigo mesmo, preciso umha inteligéncia coletiva, -e a vivéncia dumha emoçom coletiva- que me ajude a comprender e sentir o que está a suceder.

Porque há muita humanidade e a cousa esta-se a construír desde as diferéncias: procura-se a igualdade desde a diferéncia. Que tópico, vaia, mas aqui semelha mui real.

No Prestige o "inimigo" estava claro: o chapapote, a gestiom governamental e os seus aliados (derivado da história colonial da Galiza) mas aqui os objectivos que levarom a esta gente a movimentar-se som mais difusos. Bem, estám claros: indignaçom polo sistema. Mas agora, penso, é mais difícil interpretar coletivamente quem é o inimigo porque o chapapote nom é visible senóm que se precisa dumha interpretaçom intelectual para o comprender, além da vivéncia da precariedade da gente que dixo: De aquí nom passo e, indignada, saiu á rua.

E está resultando mais difícil incorporar novas forças porque há aspectos da identidade do movimento e da luita que nom estám mui definidos. Há gente que di que nom fai falha definir mais, e gente que si.

Isso é o que se está a construír agora, penso, o discurso, na acçom.

Leo vai fazer um tour polas acampadas, o outro dia estivo Carlinhos Gende, Peter Punk, um palhaso boíssimo, Sacha na Horta... De seu, a cultura -a expresiom artística- parece que se vai desenvolvendo maioritariamente em galego, como se o país, a língua, dixesse Aqui estou eu.

Mas nom sei como vai evoluír isto, Nem o chego a comprender agora. Só som umha persoa intentando participar. Tamém sudecia ao princípio da participaçom no movimento cidadá Nunca Mais (nom falo da Plataforma, cousa bem distinta): sensaçom de incertidume dia tras dia.

Quero participar –apoiando no que podo, que nom é muito, desgraçadamente porque nom disponho de muito tempo por questions familiares e de trabalho, como muita gente, claro- porque as minhas sensaçons som boas, e vejo que esta gente se move por motivaçons da natureça que moverom a cidadania a trabalhar na base, autogestionadamente, contra a injustiça, na época do Prestige.

Mas a sociedade mudou e agora est@s activistas som diferentes. Som o resultado das enquisas que vimos lendo desde há anos. Na época do Prestige, a cidadania botou a comunicar-se em galego, a sua identidade lingüística era internamente plural mas cara afora o galego era um nexo de uniom fundamental, sumativo, aceptava-se como representativo do movimento, directamente, porque havia umha inteligencia coletiva, umha sensibilidade social que, sem cuestiona-lo, com normalidade, tinha isso claro.

Agora isso cambiou e a língua tamém é objecto de debate. Tem cousas boas e cousas malas. O malo: a gente está mais afastada a língua. O bom: será necesário umha actualizaçom do discurso, que se creará com a particpiaçom de muita gente diferente. Vai-se necesitar muito trabalhinho: pensar muito. Trata-se dumha aposta pola aprendizagem coletiva. Dum reto da Galiza actual, de todos e todas nós.

Note faei disto no Obradoiro: há tres prejuíços sobre o galego que neste contexto devem te rsido em conta:

1. quem fala galego é de aldeia.
2. quem fala galego é de tal partido político.
3. quem fala galego é a gente maior.

Porque no Obradoiro pode-se criar um modelo contra os prejuíços: é um contexto urbano, apartidista e de gente nova.

A sociedade mudou, mudemos nós tamém. No Obradoiro há gente com sensibilidade social, preocupada polas cousas comúns, pola justiça social: castelám-falantes, galego-falantes monoligües, diglósicos… É um reto para qualquer persoa interessada no cámbio social. Porque esta mocidade, esta gente, nom está sentada diante da tele, absorta, está aí, disposta a falar e a escoitar, a pensar. Como, suponho, fazemos cada um, cada umha de nós.

O movimento só leva umha semana! Eu tardei vários anos em fazer-me galego-falante, ecologista, arredista, ciclista…

Eu decidim acompanhar a gente do Obradoiro, aportando a minha própria identidade persoal ao coletivo. Porque cada quem aporta a sua.

E há que ter em conta os princípios básicos da comunicaçom humana: ninguém por riba de ninguém, olhar-se aos olhos, escoitar, agradecer. Um saúdo.

Sinto a precipitaçom, a superficialidade e os momentos de contradiçom do texto, escrito ás presas, canso e a petiçom dum membro de galizaravolution. Só é a visiom dumha persoa. Cada quem tem a sua própria visiom. E só entre muitas podera-se comprender melhor o que está a suceder.

Sinto nom ter podido seguir a evoluçom de galizarevolution e chegar agora sem conhecer suficientemente o vosso trabalho dos últimos dias. Desculpai, nom me foi posível.

Saúdos.

Postado em #galizarevolution o 27 de Maio de 2011.

[*] Séchu Sende -Padrom 1972, sociolingüista e escritor [+ Info].

Blogue pessoal:
http://www.blogoteca.com/madeingaliza/
______________________