mércores, outubro 19, 2011

Incendios Forestais - Galiza 2011 - Google Maps, ... por Domaio

Incendios Forestais - Galiza 2011 - Google Maps

Localización dos incendios forestais máis importantes dos que teña noticia que acontezan en Galicia durante o 2011. A fonte de datos tentará ser sempre pública e contrastada, sendo fundamentalmente medios de comunicación, información oficial e datos do FIRMS Web Fire Mapper.

Ver Mapa e relación de lugares con data e observacións -tipo de monte e hectáreas.

Enviado por:
Damch GZ
-damchgz@gmail.com-
19 de outubro de 2011 10:26
________________

Concentración realizada en Ferrol en Defensa do Ensino Público - Fotos e Vídeo

[Clicar acima da imaxe para entrar no Carrusel de Diapositivos]

Concentración realizada en Ferrol en Defensa do Ensino Público

En Ferrol, Martes, 18 de Outubro de 2011

NA DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO E DE CALIDADE, NON AOS RECORTES, NON AOS DESPIDOS !!

Concentración de Ferrol, na Praza Amada García, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, en Defensa do Ensino Público e contra os recortes da Xunta de Galicia, conducentes ao seu desmantelamento e privatización.




O chamamento á mobilización fixeron-no desde todos os sindicatos do sector, a Federación de ANPAS e apoiado por varios colectivos e asociacións da Comarca, entre as que están #AcampadaFerrol da Asemblea Local do Movimento 15-M.

http://artabra21.blogspot.com/

Interesante Galería Fotográfica de Susete'70 en forma de diapoisitos ou para baixar fotos aquí:
https://picasaweb.google.com/105779470894168747323/ConcentracionEnDefensaDoEnsinoPublico18DeOutubroDo2011Ferrol
_______________

A Dirección da CRTVG, a compañia da radio e televisión pública galega, exerce represalias despois da Folga do pasado 10 de Outubro - Os vídeos de traballadorxs indignad@s e comprometid@s que non puideron soportar desde a prepotencia do PP e da Dirección da Coompañía


A Folga na CRTVG foi convocada o pasado 10 de Outubro "en defensa duns medios de comunicación galegos e públicos"

As represalias por parte da Dirección da Empresa

Ana Pérez e Alfonso Hermida ían presentar o especial informativo da TVG correspondente á noite eleitoral do 20-N. A súa participación na folga -chegaron a apresentar un telexornal informal ao ar libre na Praza do Toural- provocou que a cúpula directiva da TVG, como represalia, tomase a determinación de os afastar da noite eleitoral, unha decisión absolutamente impropia e indigna dun medio de comunicación público e democrático [Fonte: http://chuza.gl/chios/raxozorza en Cuza! ].

INFORMATIVOS REIVINDICATIVOS DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES DA CRTVG DURANTE A XORNADA DE FOLGA EN CONTRA DA REFORMA DE LEI DOS MEDIOS PÚBLICOS GALEGOS.

XORNADA DE FOLGA NA CRTVG 1




XORNADA DE FOLGA NA CRTVG 2



Fonte: Canle do crtvgcomite


Alfonso Hermida no Twitter:

twitter.com/#!/alfhermida/status/123842868946280448

"Se xa estaba orgulloso de dar a cara pola CRTVG e polos compañeiros, hoxe aínda o estou máis. Volveríao facer. Sigo á vosa disposición".


Denuncia do BNG

Esixen a Feijóo garantías democráticas de acceso polos ciudadanos a información pública e piden responsabildades políticas polo acoso a xornalistas na CRTVG

O BNG exixirá tamén explicacións no Parlamento Galego ao conselleiro da Presidencia ante esta agresión á dignidade de dous xornalistas que se limitaron a exercer os seus dereitos constitucionais.

Aquí non só se están a recortar os dereitos sociais, tamén se comezan a recortar as liberdades públicas propias dunha democracia, denuncia o BNG.

O Bloque Nacionalista Galego demanda ao director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, que depure as responsabilidades ás que houber lugar polas represalias adoptadas desde a área de informativos da TVG contra dous xornalistas da televisión pública galega -Ana Pérez e Alfonso Hermida- que secundaron a folga convocada o pasado 10 de Outubro en defensa duns medios de comunicación galegos e públicos.

Ana Pérez e Alfonso Hermida ían presentar o especial informativo da TVG correspondente á noite eleitoral do 20-N. A súa participación na folga -chegaron a apresentar un telexornal informal ao ar libre na Praza do Toural- provocou que a cúpula directiva da TVG, como represalia, tomase a determinación de os afastar da noite eleitoral, unha decisión absolutamente impropia e indigna dun medio de comunicación público e democrático.

É preciso que se depuren as responsabilidades derivadas destas represalias, que constitúen un atentado antidemocrático contra os dereitos constitucionais de dous xornalistas.

A xuízo do BNG, o director xeral da CRTVG só ten dúas opcións: ou depura responsabilidades no seo do departamento de Informativos da TVG ou presenta el mesmo a demisión.

Cumpre salientar que Ana Pérez e Alfonso Hermida, conxuntamente coa grande maioría das traballadoras e dos traballadores da CRTVG, se limitaron a exercer o seu dereito constitucional á folga. Fixérono ademais para reivindicaren que a CRTVG se manteña como unha compañía galega de titularidade pública e que, portanto, se feche a porta a calquer perspectiva privatizadora.

No noso País xa non só se recortan dereitos sociais, senón que tamén se comezan a recortar as liberdades públicas e iso ten un só responsábel: o Goberno do PP que preside Feijóo, que foi quen nomeou o actual director xeral da CRTVG, denuncia o BNG.

O grupo parlamentar do BNG rexistará iniciativas para que o Goberno galego -en concreto, o conselleiro da Presidencia- dea explicacións na Cámara a respecto deste intolerábel atropelo contra os dereitos laborais e constitucionais dos dous xornalistas da Televisión de Galiza.

A folga convocada polas traballadoras e os traballadores da CRTVG, tiña como obxectivo denunciar que a reforma da lei da CRTVG pactada por PP e PSOE.


Denuncia do Comité de Interempresas

O comité denuncia que dous traballadores da TVG foron apartados dun especial do 20N

O comité Interempresas da TVG denunciou hoxe que dous traballadores de informativos que participaron activamente na xornada de folga foron apartados do programa especial da noite electoral do 20N próximo.

Os traballadores "represaliados" dos que prescindiu a dirección xeral da CRTVG participaron no "informativo reivindicativo" que se presentou na Praza do Toural, de Santiago, durante a xornada de folga que viviron os traballadores da Compañía o pasado luns, 10 de outubro. Estes tiveron coñecemento a través de directivos e persoal con responsabilidades da súa participación nese programa de que estaba previsto que formasen parte do espazo.

"Convén sinalar que Alfonso Hermida e Ana Pérez, os presentadores represaliados, levan anos formando parte dos sucesivos equipos que informan á audiencia da TVG dos resultados das urnas durante a noite electoral", afirma o Comite nun comunicado no que anuncia que vai pedir explicacións sobre esa decisión.

O órgano de representación dos traballadores recorda que no Informativo reivindicativo "intentouse exporlle á sociedade galega e á clase política a importancia que ten a CRTVG coma un servizo público esencial" e as ameazas que, en opinión deste Comité, representa para a continuidade do ente nos termos actuais pola nova Lei dos Medios de Comunicación Públicos de Galicia que está a piques de ser aprobada no Parlamento, negociados polos grupos PPdeG e PSdeG.

Fontes: propia, Comité de Empresa da CRTVG e Galiciae Xornal de Galicia
Miércores, 12 Octubro, 2011


http://www.xornalgalicia.com/index.php?name=News&file=article&sid=79659

http://www.galiciae.com/nova/121224.html?lang=gl
______________________

martes, outubro 18, 2011

Concentración en Defensa do Ensino Público - Hoxe Martes 18 de Outubro en Ferrol


CONVOCATORIA DE CONCENTRACIÓN PARA HOXE EN FERROL, MARTES 18 DE OUTUBRO, ÁS 8 DA TARDE NA DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO E DE CALIDADE, NON AOS RECORTES, NON AOS DESPIDOS !!

Martes 18 de Outubro de 2011: Concentración en Ferrol, ás 8 da Tarde, na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, en Defensa do Ensino Público e contra os recortes da Xunta de Galicia, conducentes ao seu desmantelamento e privatización.

O chamamento á mobilización fan-no desde todos os sindicatos do sector, a Federación de ANPAS e apoiado por varios colectivos e asociacións da Comarca, entre as que están #AcampadaFerrol da Asemblea Local do Movimento 15-M.

________________

Relacionado:

Charla-concentración do movemento 15M en defensa do ensino público - A Coruña.



26 de Septembro de 2011

http://www.15m-acoruna.com/

Fonte: GalizaContraInfo
_____________________

A CIG de Ferrol presenta o programa de mobilizacións con motivo da campaña “Si, existen alternativas” - Hoxe Martes 18 de Outubro Concentración no Porto de Ferrol


A Unión Comarcal organiza un percorrido en barco pola ría para simbolizar o drama da emigración e unha asemblea aberta no Cantón de Molíns

A Unión Comarcal da CIG de Ferrol anunciaba en rolda de prensa esta mañá os actos que vai desenvolver nos vindeiros días con motivo da campaña nacional “Si, existen alternativas. En defensa do emprego e dos servizos públicos”. A Unión Comarcal ten organizada unha “marcha” simbólica en barco pola ría, para representar a problemática do desemprego que deixa a emigración como única saída, unha asemblea aberta e unha xornada dedicada á mocidade .


Os voceiros Comarcais da CIG de Ferrol, Xesús A. López Pintos e Manel Grandal, foron os encargados de dar a coñecer a campaña que a central nacionalista está a desenvolver e que dá continuidade ás mobilizacións realizadas antes do verán na defensa do emprego e dos servizos públicos.

Alén da axitación nos centros de traballo que xa se está a realizar, a Unión Comarcal ten programado para o martes 18 de outubro unha rechamante mobilización. Ás 11:30 horas sindicalistas e delegados/as da central concentraranse no Peirao de Curuxeiras, equipados coas súas respectivas maletas, para tomar un barco co que percorrerán os peiraos e estaleiros da ría de Ferrol. A idea é simbolizar a problemática sociolaboral que vive a comarca e denunciar a falta de alternativas económicas que teñen convertido á bisbarra nunha das zonas con maiores taxas de desemprego do estado. “A única saída que nos queda é a emigración”, criticaron os responsábeis da CIG de Ferrol.

Con esta mobilización preténdese levar tamén a mensaxe da campaña a todos os concellos da ría e concienciar á cidadanía da necesidade de loitar por un novo modelo económico e social que permita unha saída á crise favorábel á clase obreira.

Ao día seguinte, 19 de outubro, ás 19:00 horas, terá lugar no Cantón de Ferrol unha asemblea aberta a toda a cidadanía na que participarán os voceiros comarcais da CIG de Ferrol e o Secretario Xeral, Suso Seixo, para explicar os obxectivos da campaña e as alternativas defendidas dende a Confederación Intersindical Galega. Durante o acto tamén se proxectará o vídeo-documental “A crise, o sistema e a soberanía” realizado pola CIG. No caso de que o tempo non acompañe, dende a CIG de Ferrol informaron que a asemblea será trasladada até o centro social de novacaixagalicia.

Xornada para a mocidade

A mocidade tamén terá o seu día dentro do calendario de actos programado pola comarca. Será durante a tarde do xoves 20 de outubro. Aínda que falta por concretar o espazo exacto, a CIG-Mocidade anima á xente nova á amosar a súa creatividade participando na pintada de graffitis alusivos á temática da campaña “Si, existen alternativas”. Ademais, vaise facer un reparto de panfletos específico para os mozos e as mozas en formato de banda deseñada.

Manifestación en Compostela

Este programa de mobilizacións enmárcase no calendario de actos que a central sindical está a realizar por todo o País con motivo da campaña “Si, existen alternativas. En defensa do emprego e dos servizos públicos”, que culminará o vindeiro 23 de outubro cunha manifestación en Compostela, ás 12:30 horas, que sairá dende a Alameda.

Fonte: Avantar
________________________

luns, outubro 17, 2011

"El Chojin" reflexiona sobre o 15M, de Leandro Escudero da #AcampadaLugo


"El Chojin" reflexiona sobre o 15M.O rapero concede unha entrevista á xente de #AcampadaLugo e dános a súa visión d@s indigand@s.


"El Chojin" reflexiona sobre o 15M. de Leandro Escudero en Vimeo.

_________________

domingo, outubro 16, 2011

Repago sanitario, ... Por Xosé Miguel López Pérez

Por Xosé Miguel López Pérez [*]
16.07.2011

Coa cegada do Partido Popular á Xunta de Galicia, comeza unha campaña para implantar en

Galicia, desta vez coa escusa da crise económica, modelos privatizadores da Sanidade Pública que este partido político xa viña aplicando, con resultados desastrosos tanto no económico como na prestación da asistencia sanitaria, en Valencia e, sobre todo, en Madrid, modelos que xorden na época de Margareth Thacher no Reino Unido e que levaron a sanidade nese Estado a unha situación que o actual mandatario o Sr. Cameron, do mesmo partido conservador, quere reverter por mor do seu estrepitoso fracaso.

Agora o Sr. Feijoo e algúns economistas centran a súa cruzada no establecemento do repago sanitario por que o sistema, segundo o Sr. Feijoo é insostible e favorecer así ás aseguradoras privadas.

Sabe moi ben o Presidente da Xunta de Galicia e a Conselleira de Sanidade que a Sanidade Pública xa se paga a través dos impostos que cada un de nós aporta á Facenda Pública. Tamén sabe que hai copago nas receitas de farmacia onde se paga o 40 % do seu valor de referencia, ben é certo que os pensionistas, neste concepto, non pagan nada, con independencia da contía da súa pensión, e este tema si que pode ser obxecto dun debate sereno.

Pero ademais o Sr. Feijoo da por feito que o sistema insostible e ademais fai culpables ós usuarios polo mal uso, que segundo el, fan do sistema sanitario publico de que sexa insostible.

Non di nada de que a culpa sexa por como o seu Goberno xestiona a Sanidade Pública, de como ceden ás esixencias e presións continuas da industria farmacéutica, dos escandalosos beneficios que obteñen as Mutuas de Accidentes de Traballo, que cada vez teñen máis poder na xestión das baixas, , a conta de cargar o custo á Sanidade Pública de enfermidades profesionais, que presentan como enfermidades comúns. No ano 2010 tiveron uns beneficios de 5.000 millóns de euros. E sobre todo o que non di é o escaso orzamento que se dedica á Sanidade Pública, no Estado Español é onde menos diñeiro se dedica dos países da UE e Galicia estamos nos furgóns de cola.

Cumpre sinalar que nos orzamentos da Xunta de Galicia do ano 2011 os orzamentos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, por vez primeira desde que a sanidade está transferida, diminuíron considerablemente.

Sr Feijoo a súa mala xestión e os escasos recursos que a Xunta de Galicia lle dedica á Sanidade Pública é a que pode facer insostible un sistema que é perfectamente sostible, para quen cree nela que non é o seu caso, unha Sanidade Pública que é un dos máximos xeradores de emprego en Galicia.

Noutra ocasión falarei do compromiso, ou mellor dito da falla de compromiso que ten Vostede e a Conselleira de Sanidade, Dona Pilar Farjas, coa Área Sanitaria de Ferrol.

Ferrol a 15 de xullo de 2011.
Asdo./ Xosé Miguel López Pérez, portavoz da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol.

[*Xosé Miguel López Pérez, presidente da Asociación Veciñal de Esteiro, portavoz da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol.

Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol

Sos Sanidade Pública
__________________

Así foi a mobilización "#15-O unido@s polo cambio global" en Ferrol, na Galiza e no resto do Planeta - Fotos, Vídeos e Enlaces


Ferrol.

Despois duns meses agardando este Día de Mobilización Internacional "Unid@s polo Cambio Global", o 15-O foi todo un suceso en todo o Mundo. Case 1000 cidades en máis de 80 países mobilizando-se e unid@s por un cambio global, democracia verdadeira, participación cidadán, xustiza, igualdade, fraternidade e solidariedade ... e para acabar coa Ditadura dos Mercados, por un outro modelo económico, político e social, onde as persoas e a a defensa da natureza, sexan o primeiro. En Ferrol, o Colectivo xurdido da #acampadaferrol, constituído en Asemblea Local do Movimento 15M, traballou intensamente para que esta xornada fose un éxito como así foi, sen apoio das cúpulas acomodadas das organizacións sindicais e dos partidos políticos que non acaban de entender a relevancia deste movimento global e o papel que vai desempeñar no futuro inmediato, salvo algunhas honrosas excepcións. O 15-O en Ferrol desenvolveu-se con gozo, mais con indignación e compromiso. Coas eivas que se lle queira pór máis o suceso foi. Doce horas de actividades e unha concentración ás 6 da Tarde onde participaron numerosas persoas, onde poideron intervir libremente para expresar o seu compromiso, a súa indignación, as súas ideas, as súas reflexións e mesmo o seu programa. Críticas e propostas, ... Podemos concluír que o contributo de Ferrol á Mobilización Internacional do 15-O foi, e con suceso.

Vídeo:15-O en Ferrol, algunhas intervencións por meigatola cun telefono móvil.


Resto da Galiza.


Perante todo o día sucederon-se mobilizacións por toda a xeografía galega, ademais de Ferrol, en Compostela, A Coruña, Ourense, Lugo, Pontevedra, Vigo, O Morrazo,...

A Coruña en Vídeos:
Compostela:


#O Morrazo indignad@s, comproetid@s e unid@s polo Cambio Global -15 de Outubro de 2011



#Ourense indignad@s, comproetid@s e unid@s polo Cambio Global -15 de Outubro de 2011



#ACoruña indignad@s, comproetid@s e unid@s polo Cambio Global -15 de Outubro de 2011, de Galiza-ContraInfo.



Revista de prensa sobre a mobilización na Galiza:

Galicia Hoxe
MOVEMENTO 15 M - Miles de indignados galegos bótanse ás rúas para esixir unha "auténtica democracia" - As manifestacións máis multitudinarias foron as de Vigo e Santiago, onde a pesar da autorización, uns valos impedían o acceso á metade do Obradoiro [Nova]

Diario de Ferrol
A mobilización mundial do 15-Ou foi secundada en Ferrol por máis de 500 persoas [Nova]

Faro de Vigo
Vigo súmase á protesta mundial dos indignados con 10.000 persoas na rúa - Cidadáns de todas as idades percorren o centro da cidade nunha marcha multitudinaria e pacífica para reclamar un "cambio global" [Nova]

Galiciae-El Progreso -de Lugo-
15-O - Galicia tamén se indigna [Nova]


Francfort, Nova York, Washington, Compostela, Barcelona, Madrid, Tokyo, Hong Kong, Londres, Dublín, Bruselas, Lisboa París, Saraievo, Sydney, Zagreb, Santiago, Los Ángeles, San Francisco, Montreal, ... .

Miles de persoas concéntraron-se na sede do Banco Central Europeo (BCE) en Francfort (Alemaña, capital financeira de Europa) para rexeitar o capitalismo, como parte da marcha mundial de indignados convocada para este sábado en diferentes países do planeta, denominada 15-Ou (15 de outubro). En Estados Unidos as manifestacións concentráronse en Nova York (nordés) e Wáshington (capital), mentres que no Estado Español, a capital (Madrid) está colmada de consignas que piden un "cambio global".

Millóns de persoas identificadas co movimento social Indignados protestaron en máis de 80 estados, apegadas á protesta mundial convocada para este 15 de Outubro (15-O) en esixencia dun cambio global e contra os poderes financeiros.

A xornada mundial sen precedentes realizou-se en máis de mil cidades de países de América Europa e Asia en rexeitamento á mala xestión de políticos e banqueiros que manteñen volátil a economía mundial, con consecuencias perversas para a vida das persoas, o 99%.

Baixo o lema "Unidos por un cambio global", @s indignad@s comezaron as súas manifestacións en países de Asia e Oceanía, con forte presenza nas cidades xaponesas de Hong Kong e Tokio. Seguiron en Europa e logo activáronse en Estados Unidos.

Nas rúas e avenidas de metrópolis do mundo como Atenas, Bruxelas, Madrid, Roma, Zúric, Estocolmo, Francfort, Londres, Dublín, París, Saraievo, Sydney, Zagreb, Santiago, Los Ángeles, San Francisco, Wáshington e Montreal, entre outras, os manifestantes gritaban consignas como ''Nós non somos mercancías en mans dos políticos e banqueiros'' e "É hora de que nos escoiten".

No continente europeo, foron escollidas as capitais de Bélxica e España como epicentro das protestas debido a que nestas cidades atópanse as sedes do Consello Europeo e da Comisión Europea.

En Francfort os Indignados reuníronse no Banco Central Europeo, que se encarga de monitorear as políticas fiscais que impuxo a Unión Europea (UE).

En Tokio centos de manifestantes marcharon cara ás oficinas do goberno nipón para pedir maior equidad.

Sumado a isto, en Seúl, os indignados anunciaron que se manterán mobilizados ata o domingo como mostra de rexeitamento ao sistema financeiro e ao Tratado de Libre Comercio con Estados Unidos.

A protesta global denominada 15-O (15 de Outubro), está inspirada no movemento precursor español 15-M (15 de Maio), data na que miles de persoas reuníron-se en varias ocasións na Porta do Sol, praza de Madrid, para pronunciarse en contra do desemprego e das medidas de austeridade tomadas polo Goberno.

Estas manifestacións estendéronse a outros países do mundo como Estados Unidos, onde as protestas desenvolvéron-se en máis de 90 cidades.

Para esta convocatoria, anunciada polo movimento estadounidense Ocupemos Wall Street, os indignados fixeron un chamado a todos os cidadáns co fin de que se unan ao movimento e poidan acabar coas prácticas desleais do un por cento da poboación.

O movimento está agrupado por desempregados, profesionais, mestres, empregados públicos, sindicalistas, entre outros.

Especial de TeleSur desde LatinoAmérica:


Africa.
Marrocos - En Rabat, a Policia agrede violentamente contra manifestantes

Manifestantes marroquinos, foron violentamente agredidos pola policía neste sábado, que tiñan respondido á chamada mundial de manifestacións, e tamén foron agredidos por grupos de xovens pro-monárquicos.

Os manifestantes marroquinos tentaran-se concentrar inicialmente na fronte de unha mesquita, mais a policía dispersou os participantes do protesto e xornalistas que cubrían o evento, xustificando que a concentración non era autorizada. No mesmo lugar, apareceu um grupo de xovens pro-monarquía, que comezou a agredir aos manifestantes ante a pasividade dos policiais. Estes xovens pro-monárquicos, acostumam interromper as manifestacións que reivindican máis democracia.

Pouco depois, os manifestantes se concentraram em frente do Parlamento, com cartazes contra o FMI (Fundo Monetário Internacional), o G8 (grupo dos países ricos) e o Banco Mundial ... A polcía reaxiu violentamente contra os manifestantes.

Dossier -esquerda.net - 15 de Outubro de 2011 - Protesto Global -
Neste dossier inclúen as novas, artigos e didtintas opinións que esquerda.net foi publicando ao longo dos días sobre o Protesto Global. Inclúen tamén o material variado que foron publicando sobre o movimento “Occupy Wall Street” e as súas accións en Nova York e noutros lugares de USAmérica - Dossier organizado por Carlos Santos.

http://www.esquerda.net/dossier/15-de-outubro-protesto-global



Por Rigor Histórico.

Desde diferentes sectores ligados ao Movimento 15-M, ven-se difundindo como titulares que esta é "A primeira manifestación global da historia", cousa que non é certa. O Movimento Obreiro, o Movimento Pacifista, o Movimento Feminista, e os movimentos de acción global xurdidos do Foro Social Mundial veñen, en moitos casos ao longo de máis dun século -sen internet nen móbil, mobilizando a nível global. A loita obreira pola xornada das oito horas; as xornadas do 1º de Maio, Día do Internacionalismo Proletario - Día Internacional da Clase Traballadora; o 8 de Marzo, Día internacional da Loita Feminista - Día Internacional da Muller na Loita pola Igualdade; as diferentes xornadas mundiais de loita contra a agresión imperialista a Viêtnam; as Accións Mundiais da Marcha Mundial das Mulleres, e todas a Accións Mundiais contra as Guerras, destacando polo suceso contra a guerra imperialista e de agresión a Irak, ... De aí a importancia do 15-O, pois até agora todos os movementos que conseguirom ter expresión mundial, levaron aparellados grandes cambios e avances para a Humanidade. Vai ser este o caso do 15-O?


Vídeos doutras Mobilizacións no resto do Mundo.


Este 15 de Outubro o Movemento 15M tomou as rúas de Barcelona para pedir un cambio económico, político e social.




Decenas de miles de persoas enchen a Porta do Sol de Madrid mentres soa o 'Himno da Alegría'. 15 de Outubro de 2011:

Co berro: "Estas son as nosas armas !!", "Estas son as nosas armas !!", "Estas son as nosas armas !!" ...




Este era o aspecto que presentaba a Porta do Sol de Madrid ás 20.30 da tarde deste 15 de Outubro. Miles de indignad@s accedían á emblemática praza desde a rúa Alcalá e outras rúas contiguas, cantando cánticos como "Chaman-na democracia e non o é" ou "Que non, que non, que non nos representan". (Miguel Angel Medina)




Manifestación de 15 de Outubro en Lisboa - Fotos de Paulete Matos.




Manifestación de indignad@s de Bilbo - Euskal Herria




Os sucesos de Roma no punto de mira dos medios hostís ao movimento d@s indignad@s polo cambio global.

En Roma todo un cúmulo de conxuncións, entre a  agresión policial, a violencia gratuíta, a provocación programada, detencións, persoas feridas e os medios que queren magnificar os sucesos. Italia xa está ocupando espazos televisivos de excepción en todos os telexornais e prensa escrita. O sucedido en Roma ten lecturas propias da situación que vive o propio Estado Italiano. O Movimento no debe de caer na provocación descualificadora, de quen busca meaculpas, pois non ten porque dar resposta diferente ao que o movimento italiano analiza, simplemente reafirmar-se no carácter pacifico -non violento- das mobilizacións que é o que o caracteriza.

Evento na capital italiana sobre a onda de protesta global.

De América a Asia, de África a Europa, a xente está levantando-se a reivindicar os seus dereitos e pedir unha verdadeira democracia.

Piazza San Giovanni - Roma, 15 ottobre 2011 - Scontri con le forze dell'ordine - Riots



Entrevista con Chiara Franceschini sobre o carácter d@s indignad@s roman@s  e testemuñar o evento en non-violencia.

@s indignad@s non buscan a confrontación coas fozas estatais de represión, senón a participación activa da xente para o cambio real -Roma 15-O.



***************

Para máis información e contactar.

Asemblea Local do 15M >>> #AcampadaFerrol

Toma a Rúa Ferrol:
http://tomaarua.blogspot.com/
http://www.facebook.com/groups/tomalacalleferrol/
https://n-1.cc/pg/profile/acampadaferrol

Directorio de páxinas do 15M:
http://movimientoindignadosspanishrevolution.wordpress.com/

Para contactar en Ferrol:
acampadaferrol@gmail.com

No Twiter con:
http://twitter.com/#!/acampadasol

Enlace moi interesante:
As Crónicas do 15-O - de Xornalismo Humano

Benvido á OCCUPY TOGETHER, un hub non oficial para todos os eventos que se van conformando en USAmérica [Neste momento -15.10.2011- son 1.347 cidades] en solidariedade coa Occupy Wall St. Como temos acompañado as novas sobre facebook, twitter, e as fontes de diversas accións e eventos en directo a través de internet, sentímo-nos na obriga de construír un sitio web que vai axudar a espallar a palabra como organizar máis protestas en todo o mundo. Esperamos ofrecer ás persoas información sobre os eventos que están organizando, ou en curso, e a constitución en toda USAmérica como nós, os 99%, para tomar medidas contra a avaricia e a corrupción do 1%.

http://www.occupytogether.org/

Fontes:
Galería Fotográfica de Sustete'70
Vídeos d'A Coruña de: Filipe Diez
Fotos d'A Coruña de Daniel Candal.
Outrs fontes: propia e TeleSur.
_________________

15 Octubre. Cambio Global. from Leandro Escudero on Vimeo.


______________________

venres, outubro 14, 2011

Ártabra 21 co Movimento 15M e a Mobilización Gobal "Unid@s polo Cambio" deste Sábado 15 de Outubro

O Colectivo Ártabra 21 quere manifestar publicamente o seu apoio á Mobilización Gobal "Unid@s polo Cambio".

En Ferrol, como en case 1000 cidades de máis de 80 países, a xente do común, traballadores, traballadoras, estudantes, xente do mar, xente do campo, pensionistas, profesionais, ... imos-nos mobilizar na Praza do Concello -Praza do 15M, Praza da Liberdade, de 12 do mediodía a 12 da noite, desenvolvendo diferentes actividades e unha concentración cidadán ás 6 da Tarde. Todo@s por outra democracia, unha democracia verdadeira, onde sexa a cidadanía a que poda decidir o seu presente e o seu futuro, onde goberne ese 99%, non que o outro 1% decida que é o que nos convén ou non, sempre en base aos seus intereses cobizosos e egoístas. Imos-nos mobilizar por outro modelo social, político e económico. Outro modelo onde o importante sexan as persoas e a defensa do medio natural. Na convicción de que non só outro mundo é posíbel, senón que tamén é necesario.

O 15 de Outubro persoas de todo o mundo tomarán as rúas e as prazas. Desde América a Asia, desde África a Europa, a xente estase levantando para reclamar os seus dereitos e pedir unha auténtica democracia. Agora chegou o momento de unirnos todos nunha protesta non violenta a escala global.

Os poderes establecidos actúan en beneficio duns poucos, desoíndo a vontade da gran maioría, sen importar-lles os custos humanos ou ecolóxicos que teñamos que pagar. Hai que pór fin a esta intolerable situación.

Unid@s nunha soa voz, faremos saber aos políticos, e ás elites financeiras ás que serven, que agora somos nós, a xente, quen decidiremos o noso futuro. Non somos mercancía en mans de políticos e banqueiros que non nos representan.

O 15 de Outubro atoparémo-nos nas rúas para pór en marcha o cambio global que queremos. Manifestarémo-nos pacificamente, debateremos e organizarémo-nos até logra-lo.

É hora de que nos unamos. É hora de que nos escoiten.
¡Tomemos as rúas do mundo o 15 de Outubro!


Asemblea Local do 15M >>> #AcampadaFerrol


Toma a Rúa Ferrol:
http://tomaarua.blogspot.com/
http://www.facebook.com/groups/tomalacalleferrol/
https://n-1.cc/pg/profile/acampadaferrol

Directorio de páxinas do 15M:
http://movimientoindignadosspanishrevolution.wordpress.com/

Para contactar en Ferrol:
acampadaferrol@gmail.com

Actos en Ferrol:
  • A partir das 12 do mediodía murais e xogos para nen@s e maiores.
  • Ás 12 do mediodía mural de Suso Basterrechea.
  • Ás 2 da tarde Xantar Popular.
  • Ás 5 da tarde charla de Francisco Xavier Galán Pérez sobre os "Orzamentos Participativos".
  • Ás 6 da tarde CONCENTRACIÓN CIDADÁN
  • Ás 8 da tarde Teatro Bucaneros
  • Ás 10 da noite poesía con Karloty e Guillermo
  • Ás 10 e 1/2 da Noite concertos: "La caverna mágica" e "Daniel Royo".
  • Ás 12 da Noite Queimada Popular.

15-O UNID@S POR UN CAMBIO GLOBAL !!

________________

Outra concentración en Ferrol contra a violencia machista, para repudiar o asasinato de Cristina González Sacau, veciña da parroquia viguesa de Coruxo - Fotos - Enlaces


Un importante grupo de persoas acudiron este Xoves, 13 de Outubro de 2011, á concentración convocada pola Marcha Mundial da Mulleres na Praza do Concello de Ferrol -Praza do 15M , Praza da Liberdade- para repudiar o asasinato de Cristina González Sacau, cuxo ex-compañeiro, de quen estaba en trámites de separación, atopa-se en prisión provisional, pois autoinculpouse da súa violenta morte.

Cando unha muller é asasinada todas somos víctimas
A violencia é un problema de todas

Era unha muller de 39 anos "chea de vitalidade e con dous fillos que agora deixa orfos", segundo afirmaron os organizadores no manifesto ao que deron lectura.

Nesta declaración, recordaron que o autor confeso da morte era "un carpinteiro" que levaba "unha vida normal" e que "non era percibido pola veciñanza, e poida que nin sequera por Cristina, como unha ameaza", xa que seguía pasando por casa e vendo aos dous fillos que tiñan en común.

Mentalidade machista

Tamén sinalaron que a muller "nunca denunciara malos tratos, aínda que el se erixiu como titular do dereito de propiedade" sobre ela e "como propietario decidiu arrebatarlle a vida". Ademais, o colectivo denunciou a existencia dunha "mentalidade machista" na realidade cotiá que chega a "inmunizar" ás persoas.

"Un día tras outro, o machismo mata e a sociedade ten que asumir a súa complicidade nestes crimes", salientou a Marcha Mundial das Mulleres, que advirte de que "non vale encollerse de ombreiros e pensar que non se puido facer nada porque a vítima non o denunciou, culpabilizándola en certa medida".

Por iso, reclamou á sociedade que teña "intolerancia total ante as desigualdades". "Debémosllo a Cristina e a todas as mulleres mortas por causa da violencia de xénero", proclamou o colectivo, que engadiu "hoxe só quedan queixumes, pero tamén é un día para a esperanza de que Cristina González sexa a última".

Nese sentido, sostivo que é "traballo de tod@s que así sexa", condenando as "condutas machistas e esixindo ás administracións a súa responsabilidade social e xurídica para garantir a cobertura necesaria das vítimas de malos tratos e, así, entre todos asegurar o fin dos asasinatos".

Fonte das Fotos: Susete'70
Fonte: propia e de 20minutos.es

Enlaces relacionados:

Diante do asasinato de Cristina González Sacau, a Marcha Mundial das Mulleres convoca actos en Galiza para repudiar a vilolencia machista - En Ferrol terá lugar ás 8 da tarde de hoxe Xoves, 13 de Outubro, na Praza do Concello


A hora de Cristina, ... Por Lupe Ces

Que é a Marcha ?

A Marcha Mundial das Mulleres é un movimento mundial de accións feministas que reúne grupos de mulleres e organizacións que actúan para eliminar as causas que orixinan a pobreza e a violencia contra as mulleres. Loitamos contra todas as formas de desigualdade e de discriminación sufridas polas mulleres. Os nosos valores e as nosas accións orientanse cara un cambio político, económico e social. Os mesmos que se articulan aoredor da mundialización das solidaridades, a igualdade entre mulleres, entre mulleres e homes, e entre os pobos, o respecto e a valoración do liderazgo das mulleres e o fortalecimento das alianzas entre mulleres e cos outros movimentos sociais progresistas.

Enlaces de interese:
___________________________

A Mobilización polo Cambio Global do 15 de Outubro, tamén en Ferrol

15-O UNID@S POR UN CAMBIO GLOBAL

Sábado 15 de Outubro de 2011, "15-O UNID@S POR UN CAMBIO GLOBAL", en Ferrol desde as 12 do mediodía até as 9 da noite, mobilización intensa con multitude de actividades e concentración popular ás 6 da Tarde. Todo na Praza do Concello, Praza do 15-M, Praza da Liberdade.

Protesta, debate, música, teatro, festa...ven, participa, difunde!!!

Iremos informando das actividades, TODO o mundo está convidado a participar, e a axudarnos na organización, TOMA A RÚA! TOMA A PALABRA!

Mesmo este Venres, 14 de Outubro, ás 11 da mañá, terá lugar unha rolda de prensa nas escaleiras principais do Pazo do Concello de Ferrol, onde as compañeiras Nuria Fernández Brage e Merce Indig Nada estarán a disposición dos medios, para informar das actividades do 15O en Ferrol.

CONVOCATORIA:

O 15 de outubro persoas de todo o mundo tomarán as rúas e as prazas. Dende América a Asia, dende África a Europa, a xente estase levantando para reclamar os seus dereitos e pedir unha auténtica democracia. Chegou o momento de ...unirnos tod@s nunha protesta non violenta a escala global.

Os poderes establecidos actúan en beneficio duns poucos, desoíndo a vontade da gran maioría, sen importarlles os custes humanos ou ecolóxicos que teñamos que pagar. Hai que poñer fin a esta intolerable situación.

Unid@s nunha soa voz, faremos saber aos políticos, e ás elites financeiras ás que serven, que agora somos NÓS, a xente, quen decidimos o noso futuro. Non somos mercadoría en mans de políticos e banqueiros que NON NOS REPRESENTAN.

O 15 de outubro atoparémonos nas rúas para poñer en marcha o cambio global que queremos. Manifestarémonos pacificamente, debateremos e nos organizaremos ata logralo.

É hora de que nos unamos. É hora de que nos escoiten.

¡Tomemos as rúas do mundo o 15 de Outubro!







Algunhas actividades extra
:

O Sábado 15 de Outubro dentro dos nosos actos de protesta contaremos de novo cunha actuación de bucaneiros non vola perdades pasade pola praza estaremos todo o día un saúdo a tod@s ACUDE E DIFUNDIDE

Bucaneros Konfungdidos



Fonte: Bucaneroteatro


Enlaces de Interese:

#AcampadaObradoiro:
http://www.acampadascq.info/

Rede de Asembleas de Barrios e Vilas da Coruña:
http://www.15m-acoruna.com/

#AcampadaSol:
http://madrid.tomalaplaza.net/

#AcampadaBarcelona:
http://acampadabcn.wordpress.com/

Toma a Rúa Ferrol:
http://tomaarua.blogspot.com/
http://www.facebook.com/groups/tomalacalleferrol/
https://n-1.cc/pg/profile/acampadaferrol

Directorio de páxinas do 15M:
http://movimientoindignadosspanishrevolution.wordpress.com/

Para contactar en Ferrol:
acampadaferrol@gmail.com
_____________________

xoves, outubro 13, 2011

Reflexións sobre a convocatoria polo cambio global do 15 de Outubro - Vídeos

A continuación publicamos dous vídeos que consideramos de interese. Un é "Palabras desde Atenas - Words from Athens", unha refelexión de Pedro Olalla desde Atenas sobre a situación que vive Grecia entendida nun contexto global, a do 15 de Outubro, onde unha parte moi importante e consciente da humanidade, indignada e comprometida, e que aínda temos un chisco desa liberdade que día a día nos están roubando para converternos en súbditos ou escravos dos chamados "Mercados", temos un compromiso coa liberdade e a democracia. Estamos chamados a mobilizarnos polos nosos dereitos, polo noso benestar, pola vida.

O outro vídeo, "#15O Indignad@s con causa - O 15 de Outubro sae á Rúa", é un proxecto audiovisual que mostra a evolución de movimento dos indignados iniciado no Estado Español e que foi multiplicándose en diferentes países do mundo até cristalizar nunha manifestación mundial o 15 de Outubro de 2011 cuxa particularidade é que acaba en Wall Street, o corazón do sistema financeiro e orixe da crise global.

Palabras desde Atenas - Words from Athens


Fonte: http://youtu.be/jX7Kqb21b44

#15O Indignad@s con causa - O 15 de Outubro sae á Rúa


Fonte: http://youtu.be/a_8FEwTNSgk

O Blogue de Pedro Olalla:
http://blogs.lne.es/pedro-olalla/
________________

Movimento mundial prodemocracia, ... Por Vicenç Navarro


Artigo publicado por Vicenç Navarro no diario Público, 13 de Outubro de 2011

Este artigo analiza as causas e as consecuencias do xurdimento dos movimentos prodemocracia en moitas partes do mundo. Estes movimentos iniciáronse nos países árabes pero se expandiron a outras partes do mundo incluíndo Europa e Estados Unidos. Tal movimento en Europa, que se iniciou co movimento 15-M no Estado, está forzando unha reflexión moi profunda sobre o significado de democracia. En Estados Unidos forzou unha reformulación das estratexias dos partidos políticos. Un elemento en común que todos eles teñen é unha demanda de que se elimine a influencia dos poderes financeiros e económicos no proceso político.

Por Vicenç Navarro [*]
13.10.2011

Estase establecendo un movemento a nivel mundial, que se manifestará este sábado 15 de Outubro en moitos países, que ameaza ás estruturas do poder financeiro, económico e político dos estados, non só árabes, senón tamén de Europa e agora de EEUU. A súa demanda é a democracia, é dicir, esixir que existan sociedades democráticas nas que sexa a cidadanía a que goberne o seu quefacer colectivo. Onde primeiro apareceron estes movementos foi en países árabes. Eran movementos antiditatoriais que apareceron como consecuencia da aplicación por parte dos seus gobernos de medidas neoliberais (promovidas polos gobernos estadounidenses e europeos) que determinaran unha enorme concentración de poder económico e financeiro que había coaptado ao poder político. Resultado diso era unha percepción xeneralizada entre as clases populares de que os seus estados eran insensibles ás súas necesidades, ata as máis básicas e elementais como a mera subsistencia.

En principio, tales movementos prodemocráticos contaron con notable simpatía nos centros mediáticos dos países autodefinidos como democráticos. Pronto se deron conta, con todo, de que non era unha demanda limitada ao mundo árabe. Era unha demanda que estaba tamén aparecendo no seu mundo, e que sinalaba a contradición clara entre a narrativa oficial, supostamente democrática, dos seus establishments políticos, por unha banda, e a experiencia real na que as maiores decisións que se estaban tomando por parte das súas institucións chamadas representativas (e que afectaban e continúan afectando negativamente o benestar da maioría das poboacións) facíanse sen a participación ou mandato da cidadanía. Tales movementos prodemocracia denunciaron a obvia falsidade do discurso oficial supostamente "democrático". O caso máis recente son as medidas de austeridade, altamente impopulares, que se están impondo á poboación destes países por parte de gobernos, sen que a cidadanía teña a oportunidade de decidir sobre tales medidas.

Non é casualidade que as primeiras mobilizacións prodemocracia nos países supostamente democráticos xurdisen en España, o país da UE-15 onde o sistema democrático é máis limitado (resultado dunha Transición dunha ditadura a unha democracia que, consecuencia do domino das forzas conservadoras no aparello do Estado en tal proceso, deu pé a unha democracia moi limitada e insuficiente) e onde as consecuencias das políticas de austeridade foron máis dramáticas. En España, o 42% da mocidade está sen traballo. Tal movemento, coñecido como o movemento dos indignados, ou 15-M, inspirou moitos outros. Todos eles teñen en común o obxectivo de eliminar a enorme influencia que o poder financeiro e económico ten nas súas sociedades, incluíndo as súas institucións representativas.

O último caso é o movemento "Nós somos o 99% da poboación" de EEUU, que denuncia que as institucións políticas estadounidenses, así como a vida financeira e económica do país, están controladas só por un 1% da poboación. Como sinalou recentemente Joseph Stiglitz, "o que vemos en EEUU é o goberno do 1% da poboación, para o 1% da poboación e polo 1% da poboación". O poder deste 1% (o poder financeiro, económico e político en EEUU) é enorme. Este 1% ten o 40% de toda a riqueza do país. Este 1% adquiriu un enorme poder político durante a época neoliberal. Amentas que nos anos sesenta pagaban o 51% das súas rendas en impostos, agora pagan só un 17%. Como consecuencia, tales ingresos, que representaban o 33% dos ingresos ao Estado naquela época, agora representan só un 7%. Grandes corporacións como Exxon Mobil, que en 2009 conseguiron 45.200 millóns de euros en beneficios, non pagaron nin un centavo ao Estado.

Mentres tanto, o 22% dos nenos en EEUU vive en situación de pobreza, o número de persoas que desexaría traballar e non atopa traballo representa, segundo o seu Ministerio Federal de Traballo, o 17% da poboación adulta, e 48 millóns de cidadáns non teñen cobertura sanitaria. As políticas seguidas polo Congreso de EEUU, cuxas figuras claves están financiadas en gran parte por este 1% da poboación, está seguindo políticas fiscais que acentúan aínda máis a enorme concentración de poder económico e político. Por iso é polo que o 82% da poboación non considere que o Congreso de EEUU representa os seus intereses.

Estas son as consecuencias políticas do neoliberalismo. Pero é parte da condición humana a capacidade de rebelión. E isto é estao ocorrendo en gran número de países. Tales movementos están sendo tratados con gran hostilidade por parte dos establishments mediáticos próximos ao capital financeiro. Así, o correspondente en EEUU dun dos rotativos de maior difusión de España (que se autodefine de centro liberal) definiu ao movemento dos indignados estadounidenses como un movemento que reflicte "as vellas aspiracións hippies de solidariedade" (asumindo que a solidariedade fose un obxectivo só dos hippies), ignorando, por certo, ao movemento obreiro, cuxos sindicatos son definidos por aquel correspondente "como as institucións máis corruptas de EEUU".

Tal movemento estendeuse a gran número de cidades en EEUU (Philadelphia, Boston, Baltimore, Wáshington, Chicago, Os Angeles, Detroit, e moitas outras) e inclúe a todos os grupos etarios, a moitos grupos e clases sociais, e foron apoiados polos sindicatos estadounidenses, cuxo nivel de corrupción é moito menor que o existente nas institucións empresariais, políticas e mediáticas daquel país. En realidade, estes movementos de indignados son continuadores daqueloutros que lles precederon na súa loita por un mundo mellor.

Fonte: http://www.vnavarro.org/

[*] Vicenç Navarro, naceu en Barcelona o 1937 e licenciouse en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Barcelona en 1962. Exiliouse de España no mesmo ano pola súa loita anti-franquista, pasando por universidades de Suecia (Uppsala e Estocolmo), onde estudou Economía Política; Gran Bretaña (London School of Economics, Oxford e Edimburgo), onde estudou Políticas Públicas e Sociais; e EEUU (Johns Hopkins University), onde se doctoró en Políticas Públicas e Sociais o 1967. Alí tamén foi nomeado profesor e posteriormente catedrático de Políticas Sanitarias e Sociais, Políticas Públicas e Estudos Políticos desde o ano 1977 [Máis información na wikipedia].
_________________

Diante do asasinato de Cristina González Sacau, a Marcha Mundial das Mulleres convoca actos en Galiza para repudiar a vilolencia machista - En Ferrol terá lugar ás 8 da tarde de hoxe Xoves, 13 de Outubro, na Praza do Concello



CONCENTRACIÓN EN FERROL TERRA
DIANTE DOUTRO ASASINATO MACHISTA
XOVES 13 de OUTUBRO, ÁS 8 DA TARDE

Convocatoria da Marcha Mundial das Mulleres ante un novo asasinato machista.

Con motivo do asasinato de Cristina González Sacau, veciña da parroquia de Coruxo en Vigo, a mans da súa parella; a Marcha Mundial das Mulleres de Ferrolterra convoca unha concentración este Xoves día 13 de Outubro, as 20:00 horas, na Praza do Concello de Ferrol, co fin de mostrar, unha vez máis, a nosa repulsa e loita contra a violencia machista.

Pregamos a súa difusión e asistencia

En solidariedade feminista,

Marcha Mundial das Mulleres
Teléfono de contacto:
Coord. Ferrol: 696732735
http://www.feminismo.info

Coordinadora Comarcal de Ferrolterra

Que é a Marcha ?

A Marcha Mundial das Mulleres é un movimento mundial de accións feministas que reúne grupos de mulleres e organizacións que actúan para eliminar as causas que orixinan a pobreza e a violencia contra as mulleres. Loitamos contra todas as formas de desigualdade e de discriminación sufridas polas mulleres. Os nosos valores e as nosas accións orientanse cara un cambio político, económico e social. Os mesmos que se articulan aoredor da mundialización das solidaridades, a igualdade entre mulleres, entre mulleres e homes, e entre os pobos, o respecto e a valoración do liderazgo das mulleres e o fortalecimento das alianzas entre mulleres e cos outros movimentos sociais progresistas.

Enlaces de interese:

Enviado por:
Lupe Ces Rioboo
-lupeces@gmail.com-
12 de outubro de 2011 23:05
http://lupeces.blogspot.com/
_________________________

PODEMOS ACABAR COA VIOLENCIA MACHISTA CADA QUEN DESDE A SÚA RESPONSABILIDADE

Son moitos os cambios nos últimos anos: novas leis, programas específicos nas administracións, visibilización nos meios de comunicación, distinta valoración na opinión pública, novos valores nas relacións persoais... aínda así, o número de mulleres asasinadas, as denuncias de mulleres agredidas e as condenas por agresións, seguen aumentando. E o que é aínda máis preocupante, a violencia machista perpetúase na xente máis nova.

Somos conscientes de que muitas estruturas económicas (Banco Mundial, Fondo Monetario Internacional, multinacionais...) , estruturas políticas (G-8, gobernos, exércitos...), e estruturas relixiosas (Vaticano, conferencia episcopal española, aiatolas, imáns, consellos relixiosos...) están mantendo e perpetuando unha organización patriarcal da sociedade onde se encontra enraizada a violencia machista. Unha realidade implantada en todo o planeta, e que mostra a súa face máis descarnada en situacións de guerra, tráfico de persoas e explotación sexual. Aínda así, desde a Marcha Mundial das Mulleres temos o convencemento de que para rematar coa violencia, non chega coa denuncia e loita contra todas estas institucións e estruturas. Partindo da nosa realidade máis inmediata, fai falta que confluamos nunha mesma dirección todos os sectores sociais que aspiramos a transformala, porque cada quen debe analisar e asumir a responsabilidade que lle corresponde para rematar con esta lacra social.

Marcha Mundial das Mulleres

O 24 de novembro de 2007, a Marcha Mundial das Mulleres recibirá o Premio da Secretaria de Igualdade de Loita contra a Violencia de Xénero "Eu tamén navegar"
________________________

A hora de Cristina, ... Por Lupe Ces


Por Lupe Ces [*]
12.10.2011


A chamada ao 112 [**], nom salvou a vida de Cristina González Sacau... Pode ser que a privatizaçom e merma deste serviço, tivesse algo a ver... Mas nom é nesses minutos de urgência na única hora na que as mulheres vítimas de violência machista se jogam a vida. Os dados do infortúnio para Cristina já foram lançados antes, na sua vida e na de centos de mulheres que moi perto de nós tenhem marcada a sua hora e o seu dia, no calendário da violência machista.

A hora de Cristina estava marcada, quando os seus gritos fixerom eco no baleiro da consciência dumha vizinhança que assegura ter ouvido o que parecia umha rifa entre ela e a sua ex-parelha.

A hora de Cristina estava marcada, quando os serviços comunitários e especializados, antes já escassos, começarom a ser recortados e inabilitados para a prevençom de situaçons de risco.

A hora de Cristina estava marcada, cando a sanidade pública, que já antes carecia de recursos suficientes para formar profissionais, desenvolver protocolos ou mesmo ampliar a abordagem de áreas fundamentais como a saúde mental, começou o seu desmantelamento.

A hora de Cristina estava marcada, cando na escola dos seus filhos, ninguém capacitou ao professorado para detectar situaçons de risco em menores.

A hora de Cristina estava marcada, cando de pequena aprendeu a renunciar aos seus direitos sonhando cum amor de filme "tua para sempre".

A hora de Cristina estava marcada, cando a sua ex-parelha aprendeu a confundir desejos com direitos, e aprendeu a amar co filme "ou minha ou de ninguém".

É hora de desprogramar os relógios da violência machista. É hora de tomar definitivamente consciência dos engranaxes que fam que a maquinária sanguenta siga funcionando. É hora do compromisso coas transformaçons que necessitam as nossas sociedades para deixar de cobrar-se miles de vidas de mulheres cada ano. É hora de abandoar um modelo de vida que gira só ao redor do valor do máximo benefício e da lei do mais forte. É hora de construirmos um outro modelo social que valorize os cuidados e teça os afetos com fios de liberdade e igualdade. O 15 de outubro, em todo o planeta, mobilizaremo-nos por um cambio no modelo econômico, social e político. Metamos também nas praças de todo o mundo, este 15 de outubro, a vontade de parar este macabro relógio.

[*] Por Lupe Ces Rioboo -Caranza Ferrol 1953, é mestra, activista social, integrante da Marcha Mundial das Mulleres. Forma parte do Colectivo Ártabra 21.

Blogue pessoal:
http://lupeces.blogspot.com/

[**] El País

Foto: LALO R. VILLAR | 12-10-2011 Levantamento do cadáver de Cristina González Sacau assassinada em Vigo
_____________________

mércores, outubro 12, 2011

Mexan por nós, ... Por Henrique Dacosta

Por Henrique Dacosta [*]
12.10.2011

Imaxinen unha persoa que acredite cabalmente nas bondades ou vantaxes que o Estado poida reportar ao seu benestar. Imaxinen que crea con absoluta firmeza no sistema sanitario e educativo públicos. Imaxinen que confíe en que o servizo de telefonía, de transporte neurálxico (camiño de ferro e aéreo), de correos, de abastecemento de combustíbel, así como de banca, poidan ser públicos para si e para os seus. É obvio que os fillos da persoa suposta, cando teñan uns anos máis, até se rían ao lles falaren de tal posibilidade. Porque o que onte mesmo era factíbel, e até do máis normal, pois tratábase dunha realidade que viviamos, mañá poida que sexa motivo de riso para eles.

Poñamos que esa persoa puxo a súa nómina na Caixa Postal, dígase claramente, entidade pertencente ao estado, logo convertida en Argentaria, despois en BBVA, xa plenamente bancarizada e privatizada. Poñamos que esa mesma persoa tivese outra conta máis, para outros mesteres, na Caixa Galicia, dígase claramente, unha entidade pública. Prodúcese unha fusión con Caixanova, seica por imperativo legal que, se non, a abocaría á catástrofe, logo bancarizada e privatizada en NCG Banco. Poñamos que esa persoa tivese o seu teléfono en Telefónica, que se abastecese nas gasolineiras públicas CAMPSA, etc. Esa persoa, nin dúbida cabe, podería tratarse de calquera de nós.

Mudan os tempos e até é posíbel que todo o dito soe a caduco nos tempos que corren, aseverarán os máis. Os máis, no entanto, xulgámolos mediatizados por uns medios de comunicación viciados. Ben deles repiten consignas, ás veces falaces, basedas na inmediatez, no eslogan simplista, de modo que a verdade se ten por única aínda sen ser contrastada. Hai que fiar moi fino para estar ben informado, ler na letra pequena para facer unha análise veraz. Afortunadamente, o 15-M veu significar un balón de oxíxeno á idiocia xeneralizada a que se nos aboca, e igual impresión nos está a causar a corrente de indignados do Ocupemos Wall Street que podemos ver estes días nos EEUU.

O medo á perda dos nosos postos de traballo. O medo a ficarmos sen seguro de desemprego. O medo a perdermos as nosas pensións. O medo a que nos secuestren os nosos aforros en calquera sorte de “corralito”. Maniféstase a flor de pel. Mais este medo, puidémolo verificar, está na cerna mesma dos tiburóns depredadores que o alentan, dos especuladores que se nutren desta espantada. Compran (co engano de que nos están a facer un grandísimo favor) o que se encontra pouco menos que na total ruína, aquilo que se presume carece de ningún valor co fin de salvarnos. Mais detrás, realmente, o que si existe é a maior das cobizas. Velaí o temos nese Xoán-sen-Nome entrevistado para a BBC, causando conmoción o que dixo: que, como corredor de bolsa, desexa que a crise sexa cada vez máis profunda porque así máis se beneficia e enriquece.

Non é de estrañar, pois, que se calquera fantoche impostado é capaz de cambalear á sociedade mundial con estas declaracións, catro próceres desa nova entidade bancaria xurdida de NCG, nos metan o pavor no corpo, ao recibiren de todos nós indemnizacións que atinxen algo máis do 20% do valor a prezos de mercado da caixa reconvertida en banco. Aquel Xoán transfórmase aquí nos señores Pego, Gorriarán, Rodríguez Estrada e García de Paredes. Aos que deberiamos engadir a ilustre figura desoutro personaxe non menos fuxidío, Fernández Gayoso, que acumula dous cargos (logo dunha suculentísima pensión), incompatíbeis eles, o de conselleiro do Banco Gallego e o de copresidente de Novacaixagalicia. Iso si é medo, e do verdadeiro.

Estes que se prexubilan con indemnizacións millonarias son, paradoxalmente, os mesmos que critican esoutras prexubilacións noutras empresas, queixándose da insolvencia en que deixarán ao Estado. Política ordinaria de balóns fóra, mais que ten repercusión, como viamos, por ausencia dunha conciencia crítica que difunda a verdade de forma clara. Encírrase á xente desde arriba (léase clase política e banqueiros) para atacar, por exemplo, a funcionarios ou médicos por se presumir pertenceren a unha casta de privilexiados. Culpábeis? Sempre os outros. O noso veciño, por cobrar máis ca min aínda que estea máis cualificado e estudase para conseguir o que agora ten, cousa que eu nunca fixen. A envexa, mais sobre todo a terxiversación da realidade das cousas que está a minar demasiadas conciencias, cada vez máis volátiles perante a desfeita do Estado.

Que a impudicia, que a impunidade e o latrocinio de luva branca que se está a cometer coa “res publica” non nos faga perder o norte. Os culpábeis son, efectivamente, os outros. A estes culpábeis prémianos xubilándoos con sumas millonarias que non pertencen aos seus accionistas, senón a todos nós. Os culpábeis son o ladrillazo coa connivencia dos bancos. Os culpábeis son Moddy’s e adláteres. Non nos confundamos, non. Así que fagamos, pois, todo o posíbel por conseguir que non mexen por nós e nos digan logo que o que sucede é que chove.

Publicado no xornal comarcal "Diario de Ferrol"

[*] Henrique Dacosta -1964, ferrolán de Canido, é escritor e profespor, foi proclamado gañador da XVI Edición do Premio Carvalho Calero de Creación Literaria-Narración Curta pola súa obra "Unha nada de doce relatos", certame que organizan de forma conxunta o Concello de Ferrol e a Asociación Cultural Medulio.

Henrique Dacosta, ademais de colaboracións lingüísticas e literarias en periódicos e revistas (Diario de Ferrol, Agdlia, Ferrolandlisis, A Nosa Terra...), foi gañador do II Certame Carvalho Calero (1992) coa novela "Mar para todo o sempre", e do IV (1994) co conxunto de relatos "Sobre comboios, janelas e outras pequenas histórias". Foi finalista no I Certame de Relato Curto da Asociación Cultural Cidade Vella (1989) con "Ruiva mulher de esperança". Inédito aínda, posúe un estudio sobre a toponimia do Concello de Fene, elaborado durante o período 1989-1990. En Émbora ten publicado "Os desherdados" e "Ferroláns na historia da literatura galega". - [Fonte: propia e de Fervenzas Literarias - Xullo de 2008]

Para máis información:

Autobiografia, libros, axenda, ... no centro de documentación da AELG

________________________