venres, marzo 09, 2012

Actos para hoxe 9 de Marzo de 2012, entre o 'Día Internacional da Loita Feminista' e o 'Día da Clase Obreira Galega' - Axenda Aberta: " De boca ... a boca"

Viva!!!, ... Por Lupe Ces


Por Lupe Ces
09.03.2012

Hai quem se pode crer que as feministas nos alegramos de que o tempo nos venha a dar a razom nalgumhas cousas que predizíamos: hai que defender os direitos conquistados porque podem perder-se..., o patriarcado está avançando em toda Europa... Mesmo tenho um mandil de algodom, mercado a unhas feministas belgas da Marcha Mundial das Mulheres, que participavam com nós numha manifestaçom europeia em Marselha que di "PAS DE RETOUR AO 19iéme SIECLE", nom à volta ao século XIX.

Nom nos alegramos de ter razom, estamos vivendo estes momentos com medo, com incertidume, porque a máquina do tempo nos leva cada dia mais longe, longe dos nossos direitos, longe das conquistas sociais, longe das ideias de liberdade, igualdade, justiça, solidariedade... e mesmo semelha que a cada virada da máquina ponhemo-nos cada vez mais longe da paz.

Hoje e onte, as vozes inimigas das mulheres, das feministas, da democracia, da justiça, as vozes e as vontades inimigas da Igualdade, volverom a tronar para alindar os nossos direitos, a nossa liberdade. Intentam acossar-nos, socavar a nossa autoestima, "o aborto é um fracasso da mulher" di Esperanza Aguirre; intentam intimidar-nos "vivirá toda a vida apesadumbrada polo crime do aborto", se nom te sometes á sua moral, di o arzobispo de Granada; intentam que nos desorientemos confundindo a realidade, "as mulheres embaraçadas sofrem violência de gênero", aludindo às supostas pressions sociais para que aborte, di o Ministro de Justiça, Alberto Ruíz-Gallardón; "hai que julgar o roubo de bebés com critérios doutro tempo" di o arzobispo de Barcelona, para sair livre de qualquer culpa; "eu nom som feminista nem machista, som umha mulher normal" di a Concelheira de Igualdade do Concelho de Ferrol, intentando ridiculizar os nossos esforços colectivos de emancipaçom.

Hoje todas as pessoas que acreditamos no mundo democrático e justo que propom o Feminismo, estivemos reunidas, manifestando-nos, concentrando-nos, participando em actos públicos, nas escolas, nos centros de trabalho, nos sindicatos, nas redes...falando de Igualdade. Hoje era o dia para ver-nos e arroupar-nos.. .no virtual e no real, e assim foi. Viva a luita feminista!

[*] Por Lupe Ces Rioboo -Caranza Ferrol 1953, é mestra, activista social, integrante da Marcha Mundial das Mulleres. Forma parte do Colectivo Ártabra 21.

Blogue persoal: Caranza free opiniom

Enviado por:
Lupe Ces
-lupeces@gmail.com-
8 de março de 2012 23:59
_____________

A Marcha Mundial das Mulleres e o 8 de Marzo de 2012 en Ferrol - 'En loita polos nosos dereitos' - Algunhas fotos do acto


Numerosos actos no Día Internacional das Mulleres realizaron-se por todo o mundo, probabelmente foron miles, sindicais, veciñais, institucionais, ..., moitos nexos comúns nun enlace mundial na loita pola igualdade, na loita contra a pobreza, na loita contra a discriminación, na loita contra a violencia. Mesmo neste sitio de Ártabra 21, publicamos as declaracións da asociación "Nuestras Hijas de Regreso a Casa", encargada de documentar os feminicidios na mexicana Ciudad Juárez, en Chihuahua, ao norte de México. Moitas celebracións desde a dereita rancia de palabras de falsa solidariedade e de políticas reais contra os intereses das mulleres pola igualdade, palabras "solidarias" e de "condenas da violencia machista",  que logo na práctica política tornan-se hipócritas e de retroceso en dereitos imprescindíbeis tan só hai uns meses.

Desde a Marcha Mundial das Mulleres dixeron que "a estafa que chaman crise económica, xunto a gobernos que lexislan contra os dereitos das mulleres afianzan o machismo e a desigualdade",  ... desde "O Mundo que temos", foron-se relacionando o conxunto de medidas antisociais, o afianzamento do integrismo relixioso e as posturas misóxinas da xerarquía católica, os recortes de dereitos, ... até desde "O mundo que queremos", postulou-se por  frear o avance do machismo e a desigualdade coa unidade, a loita e a solidariedade, clamando-se polo feminismo máis que nunca. [Acceder e baixar o interesante Comunicado] .

A Marcha convocaba varios actos en diferentes lugares da Galiza. Moitas persoas achegaron-se á Praza do Cantón de Ferrol, para participar nun 8 de Marzo, de loita feminista, reivindicativo, onde mulleres de todas as idades denunciaron, reivindicaron e manifestaron que estaban en loita polos seus dereitos, nun acto, de entre centos, dos organizados pola rede feminista internacional Marcha Mundial das Mulleres.

Ao final do acto fixo-se un chamamento para Participar na Manifestación Nacional do vindeiro Domingo 11 de Marzo en Santiago de Compostela, ás 12 do mediodía na Estación de Trens.

As fotos son de Susete'70
--

Para contactar coa Marcha nesta Comarca:
Marcha Mundial das Mulleres
Coord. Ferrolterra: 696732735
Comunicaçom: 698159764

http://www.feminismo.info

 "PARA CAMBIAR O MUNDO, ACABAR COA VIOLENCIA MACHISTA" 


Que é a Marcha ?

A Marcha Mundial das Mulleres é un movimento mundial de accións feministas que reúne grupos de mulleres e organizacións que actúan para eliminar as causas que orixinan a pobreza e a violencia contra as mulleres. Loitamos contra todas as formas de desigualdade e de discriminación sufridas polas mulleres. Os nosos valores e as nosas accións orientanse cara un cambio político, económico e social. Os mesmos que se articulan aoredor da mundialización das solidaridades, a igualdade entre mulleres, entre mulleres e homes, e entre os pobos, o respecto e a valoración do liderazgo das mulleres e o fortalecimento das alianzas entre mulleres e cos outros movimentos sociais progresistas.

Enlaces de interese:

_________________

xoves, marzo 08, 2012

Moitas fendas e un Rajoy, ... Por Elsa Claro

Por Elsa Claro [*]
09.03.2012

Din que as estatísticas son frías pero as que hoxe se manexan en España teñen febre alta. Tamén están bastante enfermas as liñas de acción política do gabinete encabezado por Mariano Rajoy, desde onde culpan ao goberno anterior de cando eles fan agora e que, simplificando, redúcese a seguir apertando á poboación, chegando a extremos que ensinan un exasperado perfil: o 22% vive en situación de pobreza e un 25% está a piques de caer nela. Polo tanto, case a metade da cidadanía está afectada ou en inminente risco.

Neste momento 30.000 persoas viven na rúa e as organizacións caritativas ou relixiosas reportan un crecemento das solicitudes de alimento gratuíto na orde do 300%, destacando que non son os tradicionais vagabundos ou drogadictos os suplicantes actuais, senón persoas procedentes de sectores con mellor procedencia, en xeral, pero de canga baixa. Que en Estados Unidos estea quedando no pasado a tan glorificada clase media, e os rexistros maniféstense similares aos españois, non é obra de contratempos coincidentes.

Con respecto á península ibérica, a súa actualidade, haberá que concordar -só un pouco- cos conservadores, pois en verdade, José Luís Rodríguez Zapatero e os seus ministros, ao asumir mandato, non cambiaron o modelo económico que se aplicaba desde a etapa Aznar e xeneralizouse en toda a Europa dos 27 a través do Pacto de Lisboa (capital doutro país onde os tronos caen e a tormenta asusta) facendo obrigatorio o establecemento ou a desbocada profundización do modelo neoliberal.

Carece de sentido ocultar que o anterior goberno cría nese prototipo do capitalismo e ademais padeceunos, ao momento de verse precisado a iniciar os axústes,- por certidumbre ou por imitación e impulso alleo-, pero culparlles en de todos os pecados mentres se comenten os mesmos ou peores, é manter unha tendencia usada por esa dereita desde a oposición para fustigar até os sorrisos dos funcionarios que lles antecederon. Usar igual estratexia desde o poder e coma se fosen alleos aos males que provocan, é imprudente e a longo prazo estéril.

O pesimismo impera en España, non tanto porque máis de once millóns e medio de cidadáns están neste mesmo momento en risco de entrar de cheo nesa temible zona de pobreza e até naquela -tan alarmante- da exclusión social plena, senón debido a que as saídas non aparecen e as experiencias circundantes tampouco tranquilizan. Só Deus, a quen se lle adoita achacar o que pasa e o que non, sabe até cando cesará a mala tendencia.

Cando a cifra de desempregad2s avanza cara aos 6 millóns, a xente ten que comprar menos alimentos aínda que gaste máis en adquirilos, debido a que o señor mercado carece de delicadezas e altruísmo. Ao parecer tampouco as posúen aqueles con patrimonio asegurado ou receptores de estipendios do estado e até da Unión Europea, só por ser ricos, posuír terras e privilexios.

Iso, para non citar aos beneficiados banqueiros cos seus insultantes salarios e bonificacións, mantidos a pesar da responsabilidade que teñen polo desastre que partiu dos préstamos lixo polas inmobiliarias norteamericanas. Un lume con longa mecha estalando no Vello Continente.

Cando -como sucede- o xefe do goberno español anuncia un recorte do 40% en investimento público, que lle queda a esa esfera tan diminuída anteriormente e non só durante a éra Zapatero? Para fin de mes presenta os orzamentos que xa anunciou austeros que quere dicir esa palabra? Unha cousa é sobriedade xuiciosa e outra impor un ascetismo esaxerado aos moitos, mentres se mantén unha benevolencia sen freos cos poucos que non a necesitan.

O Centro de Investigacións Sociolóxicas de España fixo unha sondaxe e obtivo desconsolantes díxitos: o 89% considerou "mala" ou "moi mala" a situación imperante e 1 de cada 3 está convencido de que se aveciñan peores momentos.

Segundo José María Aznar el deixou ben postas as claves do éxito económico. Moitos elementos suxiren que se a crise se manifesta con énfase desde o 2009, a xénese da actual situación, ou se se quere, a floxeira para encarala, está nese antes que el e os seus acólitos pintan tan bonito. Un país non clasifica entre as máis pobres dunha rexión de agora para xa. Todo ten antecedentes.

E de que os danos están no modelo e non só na xestión administrativa dos bens nacionais, está confirmado por varios economistas e próbano factores moi precisos, en Grecia, Irlanda, Bélxica ou Portugal e España.

Os resultados parécense en cada caso, incluíndo aos países que non están na peor fase da crise pero padecen desemprego por encima do recomendable, podas crecentes á parte sensible da sociedade (deixando sempre indemnes a ese 1%, como dirían os de Wall Street) e nin así logran crecemento nin estabilidade. Os indignados de Londres, Atenas ou Wáshington e até os de Tel Aviv, non se expón a porradas e cárcere por diversión, quede claro.

Chegados até aquí e con tanto de feo por presentarse, resulta edificante que en Islandia leven a xuízo aos financeiros culpables e aos dirixentes políticos que lles deixaron facer até a hecatombe. E cito-o porque non só se trata de recortes sociais. Tamén a santificada democracia occidental sofre tallas notables, o mesmo cando pon un tecnócrata á cabeza dunha nación de forma inconsulta, que cando determinan a supervisión de orzamentos e o quefacer económico de modo supranacional, ou a emprenden contra aqueles que se atreven a queixarse de tanta dulcificada ficción e piden unha orde que en realidade o sexa.

[*] Elsa Claro, xornalista cubana especializada en temas internacionais.

Publicado o 8 Marzo 2012 en Cubadebate - Contra o Terrorismo Mediático

Outros artigos de Elsa Claro
_________________

Norma Andrade: En México 'o día internacional da muller é unha data de loito'

Norma Andrade. México. (as nosas fillas de volta a acasa)

En México "o día internacional da muller é unha data de loito"

Así o sinalou Norma Andrade, a dirixente da agrupación mexicana As Nosas Fillas de Volta a Casa -Nuestras Hijas de Regreso a Casa, encargada de documentar os feminicidios na mexicana Cidade Juárez, en Chihuahua, ao norte daquel país.

A defensora polos Dereitos Humanos sinalou que as mulleres desta nación non teñen nada que conmemorar.

Salientou que é unha data luctuosa para as nais con fillas asasinadas ou desaparecidas en Cidade Juárez e en todo o país.

Convén recordar que un estudo da Organización das Nacións Unidas (ONU) en coordinación coa Cámara dos Deputados revelou que de 1985 a 2009 rexistráronse 34 mil 176 crimes en contra das mulleres desa nación.

Ademais, Andrade sinalou que a bandeira mexicana debería ondear a media hasta, como un sinal de dó, mentres non sexa localizada cada unha de mozas desaparecidas.

A activista reapareceu nunha conferencia de prensa para solicitar ás autoridades a localización das desaparecidas en Cidade Juárez. Andrade mantívose afastada dos eventos públicos logo de sufrir un par de atentados en Cidade Juárez e na cidade de México.

Por outra banda, Andrade admitiu temer pola súa vida ao permanecer en México, xa que logo avalía aceptar o asilo humanitario ofrecido por España ou Estado Unidos. Dixo que a decisión non era fácil pois a súa familia sería desintegrada.

De momento, permanece baixo resgardo da policía local e da Fiscalía nacional.

Norma Andrade é nai de Lilia Alejandra García Andrade, de 17 anos, quen foi asasinada en febreiro de 2001 en Ciudad Juárez.

Tras a morte da súa filla, adoptou aos seus netos menores e fundou a organización As nosas Fillas de Volta a Casa.

O asasinato de Lilia Alejandra aínda permanece impune.(PÚLSAR)

8 de Marzo de 2012
Alejandro Pacheco (desde México)

Audio:
Norma Andrade, da agrupación mexicana "Nuestas Hijas de Regreso a Casa".
1 min. 02 seg. (578 Kb.) arquivo mp3

Fonte: Pulsar Axencia Informativa de Amarc Alc - Copyleft

*   *   *

Quen Somos

"As nosas fillas de regreso a casa? é unha asociación civil fundada por familiares e amizades de jovencitas desaparecidas ou asasinadas no Estado de Chihuahua, que enfrontamos esta situación da perda das nosas fillas adoptando unha actitude activa que nos permite saír da impotencia ao denunciar os feitos e esixir ás autoridades para que respondan á nosa demanda de xustiza. ...".

http://nuestrashijasderegresoacasa.blogspot.com/

_________________________________

Actos para hoxe 8 de Marzo de 2012, no Día Internacional da Loita Feminista - Axenda Aberta: " De boca ... a boca"

mércores, marzo 07, 2012

Resposta da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol, ante as calificadas como "sesgadas e desafortunadas" declaracións da Conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, que manifestou que "non hai ningún recorte nos servizos sanitarios"


Nota de prensa da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol.

Saíndo ó paso das desafortunadas e sesgadas declaracións da Conselleira de Sanidade, efectuadas no día de onte os medios de comunicación.

Queremos manifestar o seguinte:
  • A Conselleira amosa un total descoñecemento sobre o que pasa na Sanidade Pública e máis concretamente no peche do Consultorio da Graña.
  • Non é certo que se teña producido descenso da poboación adscrita o Consultorio da Graña que leva aberto desde 1940.
  • Non é certo que a accesibilidade o Centro de Saúde de Serantes sexa máxima. Desde núcleos rurais como Liñares, Martín, San Cristobo, Brión, San Felipe, etc a comunicación, a través do transporte público, con ese centro de Saúde de Serantes e deficitaria e insuficiente e ningún dos autobuses conta con medios adaptados a discapacitados en cadeiras de rodas.
  • Descoñece a Conselleira que o Centro de Saúde de Serantes, aínda que con anos de retraso, vai ser ampliado proximamente, debido o espazo insuficiente, e por mor das obras a calidade asistencial vaise ver mermada, moito máis se lle envían os 800 usuarios/as do consultorio da Graña.
  • A Conselleira de Sanidade está utilizando unha sentencia xudicial, motivada por un erro administrativo do Sergas e da Consellería de Sanidade na oferta da praza e pola non comparecencia do Sergas e da Consellería de Sanidade no contencioso administrativo presentado polo facultativo que prestaba o servizo no Consultorio e contra o que os usuarios non teñen nada, para pechar unha instalación que leva 70 anos funcionando e que segue a ser absolutamente necesaria.
  • A Conselleira non sabe que a maior parte da poboación atendida no Consultorio da Graña e maior de 65 anos.
  • En Ferrol hai recorte nos servizos sanitarios xa que se pecha un Consultorio aberto nun local propiedade do Concello de Ferrol.
  • A Consellería está incumprindo, de maneira unilateral, un convenio co Concello de Ferrol, polo que este facilita un local e se fai cargo da limpeza e do mantemento e a Consellería presta a asistencia sanitaria no Consultorio da Graña.

Desde a Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol, pensamos que o Alcalde de Ferrol é o Xerente da Área Sanitaria teñen que informar mellor á Conselleira de Sanidade do que pasa, xa que as súas declaracións amosan un descoñecemento total da realidade e non admisible nun membro da Xunta de Galicia.

O Alcalde da cidade é o que ten a chave para que se arranxe a situación, conta co respaldo de tódolos grupos municipais de Ferrol, e ten que defender a reapertura inmediata, esta semana, do Consultorio da Graña. Non pode andar con medias tintas e ten que de maneira decidida defender esta instalación que está pechada por decisión política e non por necesidades asistenciais.

El é o alcalde de toda a cidadanía de Ferrol, é presidente da Fegamp e ten un peso importante dentro do Partido Popular. A decisión do peche é política e a decisión da reapertura ten que ser tamén política. A solución e doada e barata

O Alcalde da cidade non pode ser un mero transmisor dos acordos do Concello, ten que defender os intereses da cidade. Neste caso os intereses dos veciños e veciñas de A Cabana, San Felipe, A Graña e Brión.

É de dereito e é de Xustiza.

Ferrol a 7 de marzo de 2012.

Asdo./Xosé Miguel López e Lois Méndez, portavoces da Pdspf

Para contactar coa Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Área Sanitaria de Ferrol:

plataformadspferrol@gmail.com
http://plataformadspferrol.blogspot.com/

No local social da Asociación Veciñal de Esteiro
Rúa Fernando VI, Bloque I baixo.
Ferrol 15403 - Telef. 981933223.

PARÉMOSLLES OS PES XA, AGORA !!
NON ESPEREMOS A QUE DESMONTEN A SANIDADE PÚBLICA !!
NON AO PECHE DO CONSULTORIO !!
POR UNHA SANIDADE PÚBLICA, UNIVERSAL E GRATUITA !!

Sos Sanidade Pública

Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol

Enlaces relacionados:

Ártabra 21: Concentración n'A Graña en defensa da sanidade pública contra o peche do consultorio médico - Vídeos - Galería Fotográfica

Ártabra 21: Hoxe, domingo 4 de marzo, ás 12 do mediodía na Graña, en solidariedade coa veciñanza pechada no consultorio e pola defensa da sanidade pública

Ártabra 21: Veciñas e veciños d'A Capela acudiron á chamada do seu Alcalde, Manuel Meizoso e da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública da Área de Ferrol - Vídeo

Ártabra 21: A veciñanza da Graña continua na loita pola defensa do Consultorio Médico - O Domingo 4 de Marzo concentración cidadán pola Defensa da Sanidade Pública - A loita veciñal nos medios

Ártabra 21: A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública da Área de Ferrol manifesta a súa total oposición ao peche do Consultorio da Graña
_________________

Enviado por:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
7 de março de 2012 12:56
_____________________

Cambiando o imaxinario alienante: Entrevista con Juan Manuel Sánchez Gordillo, alcalde de Marinaleda

Juan Manuel Sánchez Gordillo, alcalde de Marinaleda mostra-nos a experiencia que están realizando na poboación andaluza e comparte a súa visión sobre como facer para camiñar cara a ese outro mundo posíbel.

Entrevista realizada por Silvia Peris e Juan Luís Morillo para AttacTV.


http://youtu.be/K69EJqpJcyE


Fonte: http://www.attac.tv/

Sánchez Gordillo, participa nas Elección Autonómicas de Andalucia. No mes de setembro estivo en ferrol participando no Foro Social de Ferrol Terra. a que segue é unha pequena biográfia tirada do Blogue do Foro Social Galego 2011.

Juan Manuel Sánchez Gordillo

Juan Manuel Sánchez Gordillo, nace en Marinaleda -Sevilla, Andalucía- o 5 de Febreiro de 1949, pobo do cal é Alcalde reelixido por maioría absoluta desde 1979, profesor de historia, sindicalista, membro do Colectivo de Unidade dos Traballadores - Bloque Esquerda Andaluz (CUT-BAI), Sindicato de Obreiros do Campo (SOC) implicado no proxecto do Sindicato Andaluz de Traballadoras e Traballadores (SAT).

Juan Manuel Sánchez Gordillo, pertence á Comisión Executiva Federal de Esquerda Unida polo CUT-BAI e leva a secretaría de Soberanía Alimentaria de dito organismo. Foi elixido deputado ao Parlamento Andaluz en 2008, na candidatura de Esquerda Unida Os Verdes-Convocatoria por Andalucía (IULV-CA).

Juan Manuel Sánchez Gordillo, está intimamente ligado ao movimento nacionalista andaluz, á loita xornaleira e á loita obreira en xeral. Implicado durante máis de tres decadas, tanto como Alcalde como membro do SOC, na ocupación de fincas de latifundistas para crear emprego, e en políticas sociais de distribución da riqueza e de combate á pobreza, destacando a política por unha vivenda digna, que permite o acceso á vivenda desde 15 euros ao mes a través do sistema de auto-construción.

Marinaleda destaca-se pola súas singularidade, un pobo de pouco máis de 2.700 habitantes, da Serra Sur de Sevilla, mantén unha serie de políticas socialistas conseguidas a través da loita popular e da democracia participativa. O municipio pertence á "Red de Municipios pola Terceira República". Juan Manuel Sánchez Gordillo, tamén é un alcalde singular, con máis de 30 anos no poder obedencial, onde o pobo é o que máis ordena. O lema que ten orientado a súa vida é que "a utopía son soños atinxíbeis coa loita". É por iso, polo que "Gordillo" segue na trincheira de aqueles que perseguen un cambio en beneficio dos dereitos humanos, a paz e a xustiza social. En vez de especular, "Gordillo" demostra con feitos que o derito á vivenda pode ser un dereito real.
___________________

"De boca a boca ... axenda aberta" cumpre un ano

ESTAMOS DE ANIVERSARIO
O PROXECTO SEGUE EN CONSTRUCIÓN

De boca a boca ... axenda aberta ven de cumprir un ano en funcionamento, e por iso, queremos aproveitar a ocasión para darvos as grazas a todos e todas aquelas persoas que visitades a páxina. Tamén, agradecer a colaboración a todas aquelas persoas que nos envían información de convocatorias e aproveitar tamén para animarvos a que o sigades facendo e animar a quen non o fai para que o faga xa que esta axenda é de todos e todas, e o futuro, claro está, témolo que construír entre todos e todas.


Quén somos?

Axenda Aberta é unha iniciativa impulsada por un pequeno grupo de persoas, veciñas de Ferrol, que vimos a necesidade de ter un mínimo de coordinación entre todo o movemento asociativo da comarca. Coñecer as convocatorias e actividades das outras organizacións é un pequeno comezo para tecer unha rede de colaboración que multiplique esforzos e evite duplicidades, favorecendo os obxectivos comúns. Trátase de cambiar o valor da COMPETITIVIDADE, sobre o que se construíu o modelo económico e social actual, polo da COMPLEMENTARIEDADE, que está chamado a ser un valor fundamental na creación dun novo modelo social máis xusto.

Aínda que desde o primeiro momento a axenda está funcionando a pleno rendemento, sabemos que ten eivas. É por iso, que precisamos colaboración. Neste momento, atopámonos recompilando información e en plena construción do sitio na rede, así que se algunha asociación, observa que non aparece nas nosas listaxes, pode enviarnos un email a axendaaberta@gmail.com solicitando a súa inserción, ou tamén, se algunha entidade non quere aparecer nas nosas listaxes, pode utilizar este mesmo medio para excluirse. En todo caso, Axenda Aberta non se fai responsable das posíbeis modificacións de lugar, contido, data ou hora ou supresión das distintas actividades publicadas na nosa axenda.

Podedes enviar convocatorias abertas a axendaaberta@gmail.com para inserilas na axenda principal do blogue.

Se albiscades algún erro na data, hora, lugar, denominación ...dalgunha das actividades ou convocatorias anunciadas, pregamos nolo comuniquedes canto antes para corrixilo.

www.axendaaberta.blogspot.com

Somos, entre outr@s:
Fran Iglesias (frandacabana@gmail.com)
Inácio Martínez (inaciogz@gmail.com)
Suso Pazos (susopazos@yahoo.es)

Se queres colaborar inxire este barner no teu blogue ou web:



Enviado por:
Axenda Aberta
-axendaaberta@gmail.com-
7 de março de 2012 01:51
________________

'O Latexo da vida e da conciencia - Memorias Colectivas de Rafael Pillado', libro que vai ser presentado en Ferrol, este venres 9 de Marzo de 2012, no 40 aniversario dos sucesos de Marzo do 72

Fuco Buxán A. C. presenta o libro "O Latexo da vida e da conciencia - Memorias Colectivas de Rafael Pillado - I (Primeiro Volume)", no que intervirán xunto co propio autor, outras persoas presentes na vida política e social.

A presentación deste primeiro volume das Memorias Colectivas, irá acompañada coa exposición fotográfica e documental que se inaugurará ás 19:30 no mesmo local e que permanecerá aberta ao público até o próximo 23 de Marzo.

Venres, 9 de marzo de 2012, ás 19:30 horas,
no salón de actos do vicerreitorado da Universidade da Coruña
Campus Esteiro-Ferrol

Fuco Buxán con estes actos - que contitúen unha homenaxe ao Movemento Obreiro- quere conmemorar o 40 aniversario dos sucesos do 10 de Marzo de 1972.

fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es

_____________

martes, marzo 06, 2012

Unha reforma... para destruír emprego, ... Por Alfonso Prieto e Antonio González - Vídeo de interese - Xa decía o Ministro Español De Guindos a Rehn -Comisario Europeo de Economía: a reforma laboral será 'extremadamente agresiva'

De Guindos a Rehn -Comisario Europeo de Economía:
a reforma laboral será 'extremadamente agresiva' - Febreiro de 2012

Por Alfonso Prieto e Antonio González [*]
06.03.2012

Unha reforma... para destruír emprego

A reforma laboral é un tsunami de incalculables consecuencias. Neste momento inicial, o noso propósito é describir os efectos das medidas máis graves para sinalar que terá consecuencias económicas e laborais intensamente negativas, e que é inútil e innecesaria. Utilizaremos para iso parte da análise realizada por "Economistas Fronte á Crise".

I. A reforma, en primeiro termo, promove o despedimento. Para iso, adóptase toda unha batería de medidas polo que resulta absurdo que agora líderes do PP traten de negalo.
Un, rebáixanse até un 43% as indemnizacións por despedimento sen xustificación (improcedente) dos novos contratos indefinidos.

Dous, esa mesma redución aplícase tamén, a partir da entrada en vigor do Decreto lei, aos case nove millóns de asalariados do sector privado (e a unha parte do sector público) que agora teñen contrato indefinido. Unha regresiva novidade nas reformas laborais, que nunca afectaran aos contratos vixentes.

Tres, refórmase o despedimento obxectivo por causas económicas: unha simple diminución conxuntural de ingresos, non de beneficios, durante tres trimestres, xustifica o despedimento.

Catro, facilítanse os despedimentos colectivos incorporando a causa económica anterior e eliminando a autorización administrativa para converter a decisión empresarial en soberana.

Cinco, créase un novo contrato indefinido para as empresas de menos de 50 traballadores (máis do 95% do total) cun período de proba de ¡un ano!, durante o cal loxicamente non rexen as regras nin as indemnizacións por despedimento.

As medidas, xa que logo, son múltiples. Supón a maior rebaixa cuantitativa da indemnización por despedimento, e o maior volume de traballadores afectados, que se realizou até a data. É necesario unha detida análise dos seus efectos conxuntos, pero se poden expor xa algunhas cuestións relevantes:
se o obxectivo da reforma fose facilitar o despedimento xustificado, por que se rebaixa o custo do improcedente?;

se a pretensión fose crear emprego, por que se reducen as indemnizacións aos xa empregados?;

se non se quixese aumentar o dano social do despedimento, por que se incrementa tanto a facilidade dos despedimentos colectivos?;

se en suma, o propósito da reforma fose que o despedimento sexa o último recurso das empresas, por que se fomenta aínda máis o despedimento?

Ademais, a creación dun contrato cun período de proba dun ano vai causar un desastre incalculable: ao non necesitar xustificación para a súa rescisión durante ese prazo, por que non van substituírse por este, cuxo custo de rescisión é cero, todos os contratos temporais? O Goberno deu por fin coa pedra filosofal para eliminar a temporalidade: millóns de contratos "indefinidos" pero de menos dun ano de duración.

No outro gran ámbito da reforma, a negociación colectiva, outórgase prioridade ao convenio de empresa e invalídase toda a negociación colectiva de ámbito superior, que aos poucos será superflua. Se o tamaño medio das empresas nos convenios sectoriais son 7 traballadores e traballadoras, realmente non haberá negociación colectiva.

Doutra banda, limítase a 'ultraactividade' do convenio a dous anos, ofrecendo unha posición de infinita vantaxe á parte empresarial: sabendo que nun par de anos todo o que hai no convenio (salarios, xornada, todo) lévallo o vento, nunca chegará a acordos, agás se son draconianos para os traballadores e se iníciase un proceso de rápida rebaixa dos estándares de traballo.

II. A reforma é, polo tanto, terriblemente máis dura que as abordadas no anterior período de goberno, 1996-2004. Unha reforma tan propia do á máis radicalmente neoliberal do PP como completamente inútil.
Primeiro, sen crecemento económico, ningunha reforma creará emprego. Nin sequera esta, por máis cruel e desreguladora que sexa. Alguén, dentro ou fóra do Goberno, está disposto a asegurar que creará emprego antes de que a economía recupere o crecemento? Comprometerase publicamente a iso o Presidente? Os máis agudos afirman que a reforma mellorará o emprego cando creza a economía. Pero o emprego xa crecía cando crecía a economía: España é o país da OCDE que rexistrou o maior crecemento do emprego no período expansivo 1994-2007, e coa regulación laboral de entón.

Segundo, toda a evidencia económica permite asegurar que a estratexia de baixar o custo do despedimento non é adecuada para crear emprego. Lean, ata, os informes do FMI.

Terceiro, non só a evidencia económica senón o sentido común desaconsellan vivamente facilitar o despedimento no medio dunha recesión.

Cuarto. Outro argumento para xustificar a reforma é provocar unha depreciación interna para recuperar a competitividade perdida e crear condicións para xerar emprego. Pero isto é pouco rigoroso. Por unha banda, non parece moi clara a perda de competitividade cando España é dos poucos países que mantivo a súa cota no mercado mundial. Por outro, a idea de ser competitivos baixando salarios é ?aparte de desastrosa- sinxelamente quimérica: un somero análise da estrutura das nosas exportacións indica inequivocamente que os nosos problemas non son salariais.

En canto ao funcionamento do mercado de traballo, menos xustificada é unha reforma que se dirixe a facilitar os despedimentos. Porque, acudindo á fonte máis fiable, os indicadores de protección do emprego da OCDE, a situación española non é especialmente desfavorable. É intermedia, moi próxima á media europea, e inferior á de países a miúdo mencionados como modelo, como Alemaña, Holanda ou Suecia.

A reforma vai aumentar a curto prazo os despedimentos e, a medio e longo prazo, un dos nosos grandes problemas, a inestabilidade no mercado de traballo, incrementando os fluxos de entrada e saída, e elevando a volatilidade do emprego. Non é esperable, en consecuencia, que estimule a mellora da formación e a produtividade do traballo. Se esta reforma, como di o Goberno, pretende terminar coa segmentación do mercado de traballo e aumentar a súa estabilidade, non puido adoptar medidas máis equivocadas.

En síntese, a reforma laboral é inútil para lograr os obxectivos que se establecen: non pode crear emprego e o Goberno apróbaa porque non sabe como facer que creza a economía mentres as súas medidas fomentan os despedimentos, agravando os problemas do noso mercado de traballo. A reforma é, ademais, inxusta: desequilibra as relacións laborais en favor dunha das partes e, aproveitando a conxuntura económica, reduce os dereitos dos traballadores. Diríase que o seu propósito é dar satisfacción aos grupos máis radicais que apoian ao PP desde posicións neoliberais.

[*] Antonio González e Afonso Prieto, son economistas e membros de "Economistas Fronte á Crise" www.economistasfrentealacrisis.com

Claro que hai loita de clases. Pero é a miña clase, a dos ricos, a que empezou esta loita. E imos gañando” (Warren Buffett): http://www.escolar.net/MT/archives/2011/09/matematicas-y-lucha-de-clases.html

Enviado por:
Fernández Sixto, Juan - Monturas (FE)
-jefernandez@navantia.es-
6 de março de 2012 12:52
_________________

De Guindos a Rehn: a reforma laboral será "extremadamente agresiva" e abaratará o despedimento. -Febreiro de 2012.
As cámaras de televisión estaban gravando, De Guindos explicou a Rehn que "mañá (polo venres) aprobamos a reforma do mercado laboral e vai ver que será extremadamente agresiva, con moita flexibilidade na negociación colectiva e reducimos a indemnización por despedimento. É unha verdadeira modificación". O comisario europeo de Economía valorou positivamente as indicacións do ministro español, ao que respondeu que "iso sería estupendo. Moi ben".


http://youtu.be/XSrGrU_H-O4

___________________

O espólio da Galiza, ... Por Xosé Manuel Beiras

Por Xosé Manuel Beiras Torrado [*]
02.03.2012

Para o Tano, meu amigo

Hai nada menos ca tres decenios -no vindeiro mes de xullo fará esactamente trinta anos- escribira eu un artigo que daquela titulara "A espoliación de Galiza" e dedicara ao meu entrañábel amigo Luis Mariño cun enigmático envío que dicía: "a conta dunha débeda". A débeda consistía no compromiso que pouco antes contraera con il de escribir un libro rotulado precisamente con aquil mesmo título. Mais, xusto a seguida, encerelleime nunha actividade política a cada pouco máis frenética e absorvente, e o proxecto da obra comprometida foi sucesivamente adiado: o bó do Luis finaría anos máis tarde sen que a miña débeda fose saldada. Nen tampouco despois. Porén, a idea matriz ficara enunciada xa daquela nesta rotunda aseveración: "a historia de Galiza, dende o amencer da Idade Moderna, é a dunha sociedade na que se frustrou o desenrolo burgués autóctono; e a realidade contemporánea de Galiza é a dunha economía periférica que padece, á maneira dunha colonia interior, a dinámica do desenrolo desigual do capitalismo no ámbito do Estado español. A dinámica, en suma, no pasado e máis tamén no presente, da espoliación. Espoliación e vaciado do seu contido demográfico e máis da sua substancia económica".

Non volvera reler aquil meu vello artigo dende hai ben tempo, nen sequer cando Fernán-Vello reeditou o volume de ensaios no que fora incluído [**], e até acabei por esquencelo. Mais o tema non deixara de remoer intermitentemente no meu caletre ao longo destes anos todos. Hai poucos días, nunha madrugada insomne, retornou outravolta ao meu maxín, desta vez ostensibelmente reformulado nunha transposición a clave política. Collín un anaco de papel xa impreso por unha cara e, sobre a outra, tracexei un deseño esquemático de enxoitos enunciados, a xeito de guión sumario da esculca diagnóstica que seguramente nunca levarei a cabo, abofé. Hoxe si que relín o meu artigo de hai tres decenios, e sorrín por dentro ao percibir o contraste do seu contido co esquema de apontamentos esbozado estoutra noite: como se o meu caletre, cismando subconscientemente arredor do asunto durante o tempo transcorrido, tivese chegado pola sua conta a unha fórmula simplificada como solución conclusiva do problema, e me botase en cara non ter sido quen de acadala eu. Velaeiquí.

Como premisa subxacente, ou sexa non esplicitada no meu esquema -aínda que a esplicite agora por obvias razóns de comprensión do enfoque adoptado- parto da tese de que os problemas cardinais que plantexa a patoloxía económica, social e cultural da Galiza son, en canto tais, de índole política. Quero dicir que as doenzas que padece a nosa realidade económica non resultan problemáticas en si mesmas, poisque están correctamente diagnosticadas e pronosticadas -e outro tanto acontece coas sociais e as culturais. A sua problematicidade sitúase no nível da política: o problema está na adopción das decisións políticas indispensábeis para pórmos en prática as terapias acaídas para a curación desas doenzas. Dito doutro xeito: o problema estriba en criarmos as condicións políticas necesarias para erradicar os tangaraños que tollen o corpo e o esprito da nosa sociedade nos tres níveis da sua estrutura: base real, instancia ideolóxico-cultural e aparello xurídico-político.

Establecida esa premisa, eu enuncio os que considero seren hoxendía os problemas políticos cardinais do noso país -que, en simplificación se cadra abusiva, estimo teren unha matriz común no fenómeno xenérico do espólio, do cal constitúen manifestacións específicas. Eses problemas cardinais son os seis seguintes: 1. o espólio enerxético. 2. o espólio financeiro. 3. o exterminio do campesiñado. 4. a expatriación forzosa das xeracións mozas. 5. o etnocidio. 6. o ecocidio. Se os considero cardinais, iso quer dicir que os demáis problemas son consecuencia deses seis, ou teñen niles as suas raiceiras. Ou se o preferides, na perspeitiva inversa: nesa meia ducia de fenómenos radica, ao meu ver, a causación orixinaria da constelación de doenzas que dá feitío á nosa patoloxía social.

Desenvolver argumentalmente o contido deses seis lacónicos enunciados suporía, madia leva, abordar un longo relato que, se acaso o deu elaborado o meu caletre, faríao, como vos dixen, pola sua conta e sen transferirllo á miña consciencia, así que non volo podo contar. Mais podo, iso si, facervos partícipes dalgunhas breves consideracións aclaratorias ao respeito, e máis tamén dun par de lacónicas conclusións.

Se ben reparades, os seis problemas cardinais eiquí enunciados cadran con outros tantos fenómenos característicos da acción depredadora do actual sistema-mundo na sua periferia 'subdesenvolvida', e constituen manifestacións específicas da patoloxía xenuina dunha síndrome neo-colonial: da caste de acción agresiva que Arrighi denominara 'destrución destrutiva', en irónica réplica á 'destrución criativa' que Schumpeter identificara como dinámica xenuina do capitalismo. Cada unha desas seis agresións atinxe a un elemento cardinal da dinámica estrutural do noso país, en canto sociedade ou formación social e en canto povo con identidade nacional de seu. Tres delas inciden direitamente no potencial das forzas produtivas -recursos naturais, capital-diñeiro e forza de traballo- provocando o que Amin denominara 'extraversión' da nosa base económica e do seu desenvolvemento. Unha outra amputa brutalmente o espazo non-capitalista da nosa base económica e transtroca aberrantemente a estrutura de clases da nosa formación social, con desastrosos 'efectos colaterais' asimesmo nos planos antropolóxico-cultural e meioambiental: o exterminio do campesiñado -no que tácitamente inclúo á Galiza mariñeira- supón non só a extinción dunha clase social senón tamén a destrución dunha forma de 'agricultura' sustentábel, o esborrallamento dunha inestimábel cultura ancestral e o grave deterioro dun complexo e sensibilísimo ecosistema. Precisamente a quinta e sesta das agresións arriba enunciadas -e denunciadas- abranxen no seu impacto a cadansúa desas duas últimas esferas como conxuntos estruturados: a das nosas expresións culturais identitarias xenuinas -tanto 'populares' coma 'cultas'- e a sua recriación e máis a do equilibrio meioambiental dos nosos ecosistemas e a sua reprodución e rexeneración -e por iso emprego, a mantenta, os vocábulos 'etnocidio' e 'ecocidio', ben consciente do contido semántico deses dous significantes. Compre engadir que, cinxíndonos só ao período estritamente contemporáneo da nosa historia, todos e cada ún deses seis fenómenos levan máis de meio século a se produciren, en constante proceso de agravación, aumento de dimensión, reduplicación e acción combinada. Espólio como andacio endémico, xa que logo. Espólio de recursos, espólio da formación de capital, espólio dos espazos e formas de economía sustentábel preexistentes, espólio do potencial demográfico e da xeración de forza de traballo, espólio da nosa cultura xenuina, espólio do noso sistema ecolóxico e meioambiental. Espólio da Galiza, en suma.

Só me resta, por hoxe, arriscarme a enunciar lacónicamente duas rotundas aseveracións conclusivas. A primeira é que o rexime autonómico instaurado hai tamén esactamente tres decenios resultou perfeitamente inútel fronte a esas agresións espoliadoras, e mesmo está a ser subvertido e utilizado arestora 'contra natura' para agravar eses problemas cardinais e tornalos insolúbeis. A segunda é que, polo de agora, o nacionalismo foi derrotado no seu combate por impedir esas agresións e resolver eses problemas cardinais. Fomos derrotad@s. Comprirá analisarmos por qué, para rearmármonos con novo instrumental máis eficiente e reformularmos certeiramente tanto a estratexia de combate como a metodoloxía de traballo para a nosa prática social e política. Para darmos cabo, como povo, do espólio da nosa nación.

Xosé Manuel Beiras

Aguiar, 29 de febreiro do 2012.

[*] Xosé Manuel Beiras Torrado, 7 de abril de 1936, activista e analista político, economista, escritor, membro do Consello Internacional do Foro Social Mundial [Wiquipedia][Google].
[**] X.M.Beiras, Por unha Galiza liberada e novos ensaios, Espiral Maior, 2008.
______________________

A mantenta dos tres anos de Goberno de Alberto Nuñez Feijóo: Editorial de "Praza Pública" -



Editorial de "Praza Pública"

Feijoo, o home que reina mais non goberna
06.03.2012

Tres anos despois da vitoria electoral que o levou á presidencia da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo pouco ou nada ten que ofrecer no capítulo de logros, mentres que no seu debe non deixan de acumularse os fracasos tanto nos temas de Estado (Estatuto de Autonomía e financiamento autonómico) como na xestión económica, na atención aos pilares do Estado de benestar, nas incumpridas promesas de transparencia e loita contra a corrupción, na protección do medio ambiente ou na implantación da pax lingüística. Fronte a ese panorama desolador, só pode presentar pírricos triunfos como unha nova política farmacéutica ou o acordo social asinado no seu momento con CCOO e UGT, sindicatos que agora lle fan oposición abertamente.

Os dous asuntos estelares na campaña electoral do 2009, que deberían marcar o futuro do noso autogoberno, foron a reforma do Estatuto de Autonomía e a negociación do modelo de financiamento autonómico. A respecto da reforma estatutaria, vale lembrar que Feijoo asumiu o goberno desposuído dos mecanismos dos que el mesmo privou a autonomía galega ao vetar –nunha tan cega como irresponsable obediencia ás directrices do PP estatal– a aprobación do texto pactado na correspondente comisión parlamentar polo PP cos grupos que apoiaban o goberno bipartito. Xa no goberno, lonxe de emendar o erro, Feijoo nin sequera foi capaz de encetar o debate, polo que é seguro que a lexislatura concluirá sen modificar un texto que hai tempo está ultrapasado e non responde ás necesidades mínimas de autogoberno da sociedade galega nos días de hoxe.

A lexislatura concluirá sen modificar un Estatuto ultrapasado e que xa non responde ás necesidades mínimas de autogoberno da sociedade galega

Canto ao modelo de financiamento, Feijoo tivo que enfrontar o proceso de negociación nos primeiros meses de mandato, o que lle outorgaba un plus de lexitimidade para impoñer condicións diante do Goberno central e dentro do seu propio partido. En vez diso, pregouse unha vez máis aos ditados do PP estatal, secundando en Madrid unha abstención vergonzante –decidida polo PP para preservar os beneficios que o novo modelo lle concedía a territorios como Madrid ou a Comunidade Valenciana, estandartes territoriais da dereita española– mentres no país afirmaba que o novo reparto era prexudicial para Galicia. O pacto de financiamento deu como resultado unha sonora derrota de Feijoo, que voltou sen os cartos que reclamaba e sen a honra política que lle tería dado un voto negativo, perdendo unha oportunidade de ouro de poñer os intereses do país por riba dos do seu partido.

Na negociación do novo modelo de financiamento autonómico, Feijoo voltou sen os cartos e sen honra

Mais se nos grandes temas Feijoo demostrou falta de preparo e un notable desleixo, propios dun gobernante sen visión histórica nin máis horizonte que o curto prazo e a revalidación electoral, no referente á xestión non foi capaz de mostrar un mellor desempeño. O home que prometeu rematar coa crise en 45 días non conseguiu evitar o severo empeoramento da crise económica e o imparable aumento do desemprego, chegando mesmo a afirmar en sede parlamentaria que carece de instrumentos en materia de emprego a pesar de que esas competencias están transferidas á comunidade autónoma. Entre os agravantes da xestión económica levada a efecto por Feijoo non podemos deixar de citar o de ter desperdiciado os diferencias positivos (na evolución do PIB, na creación de emprego e na balanza de pagamentos) herdados do bipartito e as denuncias de maquillaxe das cifras reais de desemprego, unha práctica especialmente obscena en tempos como os que corren e que fora denunciada polo anterior Ministerio de Traballo. Unhas cifras de desemprego que aínda han crecer máis, ao tempo que se incrementará a porcentaxe de traballo precario, á vista da política económica e laboral deseñada polo goberno de Rajoy e da reforma da función pública aprobada polo executivo autonómico.

En plena crise económica e financieira, o fiasco da fusión das caixas de aforro –máis tarde bancarizadas, actualmente intervidas e en breve subastadas ao mellor postor– deixa a economía galega sen un dos principais recursos para desenvolver unha política centrada nas necesidades produtivas do país. Feijoo comprometeuse reiteradamente e en titulares garrafais a garantir a solvencia e a galeguidade das caixas, mais o resultado dá probas contundentes de que non cumpriu nin unha cousa nin a outra. Engádase a isto a recente perda do Banco Pastor ás mans do Popular e, apelando á recente afirmación do propio Feijoo de que “A historia me xulgará”, pódese concluír que a historia dirá que foi o presidente durante cuxo mandato Galicia perdeu todo o poder financeiro acumulado ao longo dun século e medio de traballo e de aforro dos galegos de dentro e dos que sufriron a emigración.

A historia dirá de Feijoo que foi o presidente durante cuxo mandato Galicia perdeu todo o poder financeiro acumulado ao longo dun século e medio

Mais a cousa non para por aí. Feijoo foi, con moita diferenza, o presidente galego máis insensible ás reivindicacións de sectores produtivos estratéxicos como o agrogandeiro, o pesqueiro ou o naval, ademais de propiciar a parálise do sector eólico, un dos máis prometedores na captación de investimentos e na creación de empregos.

Sendo grave todo o anterior, se cadra o máis preocupante son as hipotecas para o futuro que a xestión de Feijoo deixará en herdanza: o estrangulamento orzamentario resultante da opción polo financiamento privado de grandes infraestruturas, que dá lugar a compromisos de tal volume que na próxima lexislatura poden provocar a quebra das contas públicas galegas; a irrupción con forza dunha nova emigración, tanto máis prexudicial canto que se trata dunha emigración de talentos, coa conseguinte descapitalización da economía galega ao perder boa parte dos seus mellores recursos humanos; e a promoción dunha nova vaga de atentados ambientais ao desprotexer a costa e permitir o emprazamento de empresas predadoras en contornos naturais protexidos.

Para completar o retrato da evolución de Galicia desde o 2009, hai tres aspectos que non poden ser omitidos. Un deles consiste na depauperación dos servizos públicos: na sanidade, a aposta pola privatización, que se estende a novos ámbitos, non só non mellora a eficiencia do sistema senón que provoca a parálise na construción de novos hospitais, o aumento das ratios e o incremento das listas de espera e do tempo medio de espera para cirurxías; na educación, a restrición de dereitos adquiridos (gratuidade dos libros de texto ou comedores escolares) vén acompañada de medidas unilaterais como a aprobación da Lei de convivencia e do Decreto do plurilingüismo, que fracturan a comunidade escolar, ben como da renovación dos subsidios a institucións de ensino privadas mentres se escatima até o diñeiro da calefacción dos centros públicos; a dependencia, bandeira de campaña de Feijoo, non só presenta un panorama cuantitativamente moito peor que no comezo do mandato de Feijoo, senón que ademais é cuestionada de raíz e a súa cobertura pública pode ser eliminada en calquera momento.

Outro aspecto central na axenda do Feijoo candidato foi o do fomento da democracia, da transparencia e do goberno aberto. Pois ben, fronte ao ermo de avances neses ámbitos, o que todos os galegos puideron ver é como se perpetúa o caciquismo, como se promoven mocións de censura atendendo a escuros intereses empresariais, como se perverteu o IGAPE ou como diversos altos cargos e representantes institucionais do PP tiveron que dar un paso atrás acusados de corrupción, sen que Feijoo impuxese disciplina en ningún momento. Tampouco resulta exemplar a situación dunha CRTVG que volta a ser coto privado do partido que apoia o goberno e das tres grandes produtoras audiovisuais do país, que facturan o 75% do orzamento da casa, e moito menos edificante resulta a transferencia de ríos de diñeiro públicos aos medios de comunicación privados, práctica que curiosamente non se ten visto afectada polos recortes.

Por último, o terceiro apartado desta serie non podería ser outro que o trato dado á lingua e á cultura galegas, e que supón un retroceso de décadas tanto no relativo ao prestixio como no estritamente orzamentario: fronte á prometida cordialidade lingüística, Feijoo plantou a semente da confrontación e conseguiu unha insólita unanimidade na súa contra polas agresións ao estatuto da lingua galega e polos drásticos recortes ás industrias culturais.

Como nestes días lembramos nas páxinas deste xornal cunha rigorosa e documentada análise, Feijoo incumpriu todos e cada un dos catorce puntos do seu famixerado Contrato con Galicia. Non é de estrañar, pois a súa preocupación nunca foi gobernar o país: en vez diso, dedicouse a facer oposición á herdanza do bipartito, primeiro, e a Zapatero, despois; ao tempo que cultivaba a súa imaxe pública como única baza dun goberno que naceu para ser un goberno dez e vai acabar os seus días cun rotundo suspenso e sendo o goberno de un só.

Feijoo é un home que reina pero non goberna, e a quen só preocupa o seu reinado, pero non o seu reino

A situación que atravesa Galicia é dramática, e non é posible saír dela cun Presidente máis ocupado en desfacer que en construír, máis pendente da súa axenda persoal que do minguante peso de Galicia no contexto estatal e internacional, máis disposto a colocar cortinas de fume –e mesmo con prácticas dun matonismo que cómpre desterrar (lembremos a invención da trama agraria ou as ameazadoras insinuacións sobre Carrumeiro)– que de enfrontar os problemas da cidadanía. En definitiva, Feijoo é un home que reina, pero non goberna; o que é peor: só lle preocupa o seu reinado, pero non o seu reino. No mellor dos casos, réstalle menos dun ano para reverter ese diagnóstico, pero polo andar da carruaxe, nada indica que exista o menor motivo para o optimismo.

Exame a Feijóo

O 11 de febreiro de 2009 o daquela candidato do PP á presidencia da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presentaba con solemnidade o seu Contrato con Galicia, un documento de catorce puntos no que resumía o seu "compromiso ético" e "político" no caso de gañar as eleccións. Tres anos despois da vitoria popular por maioría absoluta, repasamos o grao de cumprimento do Contrato, que Feijóo aspiraba a cumprir cunha nota "non inferior a sobresaliente".
[Ir para Praza Pública]

Publicada na revista dixital "Praza Pública - O xornal da Galicia que ven"

Licenza Creative Commons by-sa.

http://praza.com/

_______________________

luns, marzo 05, 2012

Charla crítica sobre educación

O vindeiro sábado, día 10 de marzo de 2012, ás oito da noite, Unión Libertaria organiza unha charla no Espazo libertario de Ferrol (Av Esteiro 10, baixo) na que vai intervir Pedro García Olivo, doutorado en Filosofía, licenciado en Xeografía e Historia, e autor de diversos libros e artigos, dos que moitos están centrados no tema da educación dende un punto de vista máis que crítico.

O título da súa charla é: “A subjetividade única: propósito da escola globalizada” na que se referirá ás modalidades educativas non-escolares que ven estudando nestes últimos tempos e en xeral á outras formas de educación alternativas non-institucionais.

Por medio deste correo queremos convidarte a participar nesta apaixonante charla, que seguramente, e tendo en conta a vida, circunstancias e teorías do orador, non vai deixar indiferente a ninguén. A seguir, podes ler algunha das súas declaracións máis explosivas:

"A escola ideal? Unha escola sen mestres, sen profesores, sen educadores. Unha escola sen alumnos... Sen profesores e sen alumnos (xa que logo, sen horarios, asignaturas, exames,...), a estrutura física da escola recupera a súa inocencia: pasa a ser un útil, unha ferramenta, un medio para a auto-educación da mocidade, un depósito de materiais culturais,... O terrible é que toleremos a existencia de “educadores”. Cifro o meu ideal nun exterminio case apocalíptico de toda esa praga de mestres, profesores, ensinantes, pedagogos, educadores e outros soxuzgadores da mocidade.

Educar non é domesticar en absoluto,…, pero algo moi distinto é cando che escolarizan, cando vas á escola; aí si hai domesticación, si hai domesticación na escola, sempre.

O que descubrín (tras pertencer durante un tempo á clase media) nin me interesou nin me gustou nada, por iso agora busquei vivir nun pequeno curral no monte, nunha situación de autonomía, de liberdade e de benestar. Digamos que como un cínico antigo".

Se queres máis información sobre Pedro García Olivo, podes atopala no seguinte enlace:

http://www.pedrogarciaolivoliteratura.com/

Enviado por:
Unión Libertaria
-unionlibertaria@gmail.com-
5 de março de 2012 20:08
____________________

A Asociación Veciñal de Esteiro convoca, este Domingo 11 de Marzo, un Acto de lembranza das vítimas do 11 M - Vídeo: trailer do documentario "Un longo inverno"

Os tráxicos sucesos tiveron lugar o 11 de Marzo de 2004

Acto de lembranza das vítimas do 11 M

A Xunta Directiva da Asociación Veciñal de Esteiro realizará, como ven sendo habitual cada ano por estas datas, un acto de lembranza das Vítimas do 11M.

O vindeiro domingo día 11 de Marzo ás 11 horas, que consistirá nunha ofrenda floral no monolito que da nome á Praza das Vítimas do 11 M (Xunto o Pavillón Municipal de Deportes de Esteiro, na rúa San Ramón).

Asdo./ Antonio Ríos Rodriguez, secretario da Av de Esteiro

Chamamento a que a veciñanza do noso Barrio e de toda a cidade acuda ao acto de lembranza.


Local Veciñal:
Rúa Fernando VI,
Bloque I baixo
Ferrol -15403
Telef. 981933223
avesteiro@galicia.com
http://avesteiro.blogspot.com/




Enviado por:

avesteiro
-avesteiro@galicia.com-
5 de março de 2012 19:55
____________________

O eterno inverno do 11M

Un longo inverno, un documental de Sebastián Arabia sobre o 11M
Arabia: "Había que corrixir algo moi perverso: o illamento de Pilar"

Sinopsis

Con Pilar Manjón como protagonista (Presidenta da Asociación 11M Afectados do Terrorismo), que se fixese coñecida pola súa intervención do 15 de decembro de 2004 na Comisión de Investigación do Congreso dos Deputados, "Un Longo Inverno" conta a historia do que supuxeron estes últimos seis anos para moitas das vítimas e afectados do que foi o maior ataque terrorista en chan europeo da historia. A Guerra de Iraq, a chamada Teoría da Conspiración, a Comunidade de Madrid, o estado de desprotección, abandono e os ataques constantes que sofren moitas das vítimas e familiares, así como a súa loita e resistencia, son os elementos que compón o fío argumental deste filme. Segundo palabras do seu director é, ante todo, unha historia de amor e valentía.

O documentario pode-se comprar en vídeo ou ver online.


Un Longo Invierno (Trailer) from OffCinema Producciones on Vimeo.


Fonte do trailer: http://www.unlargoinvierno.es/
________________________

Existen Alternativas: Luns 5 de Marzo, ás 19:30 horas no Torrente Ballester - Concentración na Praza do Concello de Ferrol

Banner_10marzo_2012 Existen Alternativas: Luns 5 de Marzo, ás 19:30 horas no Torrente Ballester - Concentración na Praza do Concello de Ferrol

Proxección, charla, debate e concentración sobre alternativas á crise (CIG).

Despois do acto no Torrente Ballester, está convocada unha concentración-asemblea na Praza do Concello de Ferrol.


Calendario da CIG na Comarca de Ferrol Terra para a convocatoria da Folga Xeral do 29M:

Ártabra 21: CIG informa do calendario comarcal de mobilizacións contra a reforma laboral, tanto en solitario como en compañía doutros sindicatos, até concluir na Folga Xeral do 29 de Marzo

* * *

Centrais Sindicais

Confederacións Internacionais

Outras centrais sindicais de interese
_______________________

Presentación de EcoGaleguistas: 8 de Marzo en Ferrol


Presentación de EcoGaleguistas en Ferrol

Hai uns días puxemos en marcha o proceso ‘espazo ecogaleguista’ que culminará o 26 de maio coa construción dunha nova ferramenta política necesaria para os novos tempos que vivimos.

Quizais esta necesidade sexa xa unha demanda para moitos e moitas desde fai algún tempo pero o 15-M ten creado un antes e un despois que non podemos arranxar mirando para outro lado ou insistindo en vías mortas.

Tratase dunha iniciativa para sumar e non para restar, por iso non somos alleos aos debates que se están a producir nas forzas políticas da esquerda hoxe existentes, e a necesidade de crear novos espazos amplos e plurais da esquerda galega. Espazos necesariamente de cooperación política e de colaboración cultural de ideas, tal como a cidadanía demanda, e tal como debe ser ao noso entender a política deste inicio de século XXI.

Pero iso tamén obríganos a desenvolver un polo renovador que incorpore á axenda política os elementos de renovación e redicalidade democrática, de cultura nacional máis aló dos limites do actual nacionalismo, os retos dun novo modelo económico e ecolóxico sustentable, e os problemas derivados da xustiza global e da paz.

Estamos a facer xuntanzas para presentar o proxecto a nivel local co fin de que poidas ter unha idea máis clara do proceso e poidamos dialogar sobre a oportunidade ou non do mesmo.

Presentación en Ferrol:

Xoves 8 de marzo ás 20,00 horas;
na Galeria Sargadelos (r/ rubalcava, 30-32)


Son reunións de dialogo para tempos de esperanza nas que de seguro ti podes aportar elementos de reflexión necesarios.


Esperémoste
--


Contactar en:
ecogaleguistas@ecogaleguistas.org


692 212 166 (Xoán Hermida. Portavoz)
610 574 279 (Chus Boo. CoPortavoz)
639 586 559 (Manolo Dios. CoPortavoz)


www.ecogaleguistas.org
http://www.facebook.com/ecogaleguistas


Construír o galeguismo do século XXI desde a sustentabilidade ecolóxica,
a xustiza social global, a cultura da paz e a radicalidade democrática

Enviado por:
xesus manuel diaz suarez
-xesusmanuel@gmail.com-
5 de março de 2012 18:24
_______________________

Xa foi a 1ª sesión das Xornadas de Economía Social e Finanzas Éticas, “unha ferramenta poderosa nas nosas mans”, a segunda para o 16 de Marzo

Celebrada a primeira sesión das Xornadas de Economía Social e Finanzas Éticas, “unha ferramenta poderosa nas nosas mans”, convocadas no seo do proceso de constitución do Encontro Social de Ferrol Terra acompañado dunha Rede de Apoio Mutuo.

O pasado venres 2 de marzo, celebrou-se no Centro Cívico de Caranza, a primeira parte destas Xornadas, coa intervención de Manolo Rivera, en representación de COOP57, e de Raúl Asegurado, Presidente de FIARE. Nas súas intervencións desenvolveron ámbolos dous proxectos, que ademais son complementarios, un actuando como unha Cooperativa de crédito, e o segundo que aspira en 2013 poder ofertar todos os servizos dun banco convencional, mais cos obxectivos, fins, e metodoloxía da banca ética.

As finanzas éticas, en palabras dos dous relatores que interviñeron nesta primeira xornada, aínda que aspiran a ser a alternativa á banca convencional e aos poderes financeiros en xeral, non son suficientes para acadar a transformación da sociedade, mais revelan-se como unha ferramenta poderosa nas mans dos movimentos sociais e dos sectores populares que se autoxestionar ao abeiro dos seus principios.

O próximo venres 16 de marzo, terá lugar a segunda parte destas xornadas. Celebrarase ás 7 da tarde nas instalacións do Colexio Público de Caranza Manuel Masdias. Esta segunda xornada que se desenvolverá en pequenos obradoiros, terá como obxectivo profundizar nos contidos expostos na primeira xornada, e configurar grupos motores de Economía Social dentro do proceso de constitución do Encontro Social de Ferrol Terra. As persoas que non participaran ou que non cubriran na primeira xornada a ficha de inscripción e estexan interesadas en participar nesta segunda xornada, deberán notifica-lo no correo "comisioneconomiasocial@gmail.com".

Correio-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com
Blogue:
http://encontrosocialdeferrolterra.blogspot.com
Teléfono de contacto: 652 201 003
____________________