sábado, agosto 11, 2012

Anova abre o debate sobre a unidade de acción para facer fronte á involución democrática e ás agresións á maioría social


A Coordinadora Nacional de ANOVA acordou propoñer ás Asembleas Locais ou Comarcais un debate aberto sobre a situación de auténtica emerxencia nacional, de involución sistemática dos dereitos e das liberdades cívicas e a continua agresión económica á maioría social á que está sendo sometida polo poder económico do capital financeiro e dos seus axentes en forma de partidos do sistema e gobernos submisos ao seu ditado.

Co obxecto de propoñer á sociedade civil unha unidade de acción de toda a cidadanía, articulada ou non en forzas políticas nacionalistas de esquerda ou movementos sociais, co obxecto de facer fronte a estas agresións e definir colectivamente os posíbeis contidos programáticos dun denominador común para esa unidade de acción.

Coordinadora Nacional de ANOVA

Proposta de debate aberto nas asembleas abertas de ANOVA:

Diante da situación de auténtica emerxencia nacional: ataque sistemático aos dereitos e ás liberdades cívicas, a continua agresión económica ás maiorías sociais por parte do poder económico do capital financeiro e dos seus axentes en forma de partidos do sistema e gobernos submisos ao seus intereses, a Coordinadora Nacional de ANOVA na súa xuntanza de 4 de agosto de 2012, acordou propoñer ás Asembleas Locais ou Comarcais o inicio dun debate, a celebrar ao máis tardar na primeira semana de setembro, previo a unha nova xuntanza desta Coordinadora , no que:

Se valore a necesidade de propoñer á sociedade civil unha unidade de acción de toda a cidadanía, articulada ou non en forzas políticas nacionalistas e de esquerda ou en movementos sociais ou sindicais, co obxecto de facer fronte a estas agresións.

Se acheguen os posíbeis contidos programáticos comúns, a maiores dos especificados na asemblea constituínte de ANOVA, que poderían constituír o corpo do denominador común para esa unidade de acción.

Se acheguen criterios para establecer o carácter, o campo e as estremas, e o alcance desta unidade de acción táctica , incluída a hipótese dunha fronte electoral popular ampla cara as eleccións lexislativas galegas.

Fonte: http://www.anova-galiza.org/

Enviado por:
Inácio M. O.
inaciogz@gmail.com
11 de agosto de 2012 00:57

____________

Os músicos ‘Mini’ e ‘Mero’, activistas da recuperación da memoria histórica, recibirán o VI Premio Día da Galiza Mártir que outorga a Fundación Alexandre Bóveda


Os músicos Xosé Luís Rivas Cruz ‘Mini’ (Begonte, 1951) e Baldomero Francisco Iglesias Dobarrio ‘Mero’ (Vilalba, 1951), activistas da recuperación da memoria histórica ao servizo da cal puxeron o seu quefacer musical en solitario ou como membros de Fuxan os Ventos e A Quenlla, recibirán o VI Premio Día da Galiza Mártir que outorga a Fundación Alexandre Bóveda.

O acto de recoñecemento e entrega levarase a cabo no xantar do propio día da Galiza Mártir, o 17 de agosto, en Pontevedra. Todos aqueles que estean interesados en participar poderán facelo poñéndose en contaco coa fundación organizadora.

Fonte: propia e de  http://www.gaiteirosgalegos.com
____________

A multinacional canadense Edgewater, pretende explotar unha mina de ouro en Bergantiños, utilizando toneladas de cianuro.


 Unha plataforma veciñal "Corcoesto: non todo é brillo no ouro. Plataforma salvemos Corcoesto" ven denunciando os plans da multinacional Edgewater, que quere explotar unha mina de ouro no concello de Cabanas, Bergantiños. Concretamente pretenden sacar 1,2 millóns de onzas. Esta mesma compañía ten outro proxecto en Ghana.


Esta plataforma denuncia os efectos que para a saúde humana ten esta actividade, polo uso do cianuro que contamina as augas e o ar, e os efectos ambientais. Mais desde o concello (PP) están apoiando esta nova desfeita contra a saúde e o territorio, amparándose en propaganda non convencional da empresa que promete máximo emprego e desenvolvemento da zona. A plataforma asegura que a riqueza e o futuro de Corcoeso, e de todo Bergantiños, está na divulgación e conservación  da súa exuberante riqueza natural e paisaxística.


Este sábado 11 de agosto realizarán un festival poético de solidariedade e denuncia.


Comunicado da Plataforma "Corcoesto: non todo é brillo no ouro. Plataforma salvemos Corcoesto"
CONTRA A MEGAMINARÍA CONTAMINANTE EN GALICIA. NON Á MINA DE OURO DE CORCOESTO

A Costa da Morte coruñesa está en perigo. Avecíñase un novo 'Prestige' en forma dun irracional plan de minaría a ceo aberto autorizado pola Xunta que pode condenar primeiro a esta bisbarra e logo ó resto de Galicia, a padecementos ambientais e sociais inéditos ata o de agora.

Aproveitando a actual crise económica, e baixo o paraugas dunha promesa laboral incerta, corporacións multinacionais como a canadense Edgewater teñen en mente levar a cabo proxectos como o da mina de ouro de Corcoesto, no Concello de Cabana de Bergantiños. Favorecido directamente por José Muiño (PP), alcalde de Cabana, este proxecto empregará, entre outros produtos de elevada toxicidade, toneladas de cianuro para separar o ouro da rocha.

Esta substancia química ten efectos prexudiciais mesmo a doses baixas, podendo afectar ó aparato respiratorio e ós sistemas cardiovascular, gastrointestinal, neurolóxico, ocular e dérmico, dado que en contacto coa pel pode absorberse. A inhalación de concentracións de 401 a 601 mg/m³ resulta mortal para o ser humano. Os efectos sobre a saúde poden durar meses ou anos, e van dende o risco de padecer cancro aos problemas reprodutivos, hipertiroidismo, ou danos permanentes no sistema nervioso.

A minaría a ceo aberto presenta, ademais, unha interminable lista de impactos ambientais:

-Alterando o entorno, modificando a morfoloxía do terreo e deixando ó descuberto grandes cantidades de material estéril, potencialmente perigoso para a saúde. Adoitan alterarse cursos de auga e nos chamados diques de cola, fórmanse grandes lagoas de material altamente tóxico.

-Contaminando o aire con po residual e outros elementos nocivos provenientes das distintas fases do proceso, que poden penetrar ata os pulmóns provocando afeccións respiratorias agudas e crónicas.

-Contaminando a auga. Lagoas de tratamento mal deseñadas ou cun mantemento inadecuado poden contaminar os cursos de auga superficial. Filtracións de augas contaminadas cos reactivos e outras substancias químicas usadas no proceso poden chegar ás augas subterráneas, que habitualmente son fonte de abastecemento de auga potable.

-Contaminando o chan. Eliminando o chan na área de explotación, provocando un proceso de erosión continuado na área periférica. Verteduras accidentais de refugallos ou substancias químicas poden afectar a grandes zonas estremeiras de xeito permanente converténdoas en terreo estéril, e o rendemento agrícola de toda unha bisbarra pode verse alterado.

Queremos un futuro para Cabana de Bergantiños, a Costa dá Morte e Galicia, pero non este. Non nun concello cuio progreso está na conservación e difusión da súa exuberante riqueza natural.

Fontes propias, da Plataforma Salvemos Corcoesto e da propia empresa espoliadora.
_________________

Protesta sonora do Comité Cidadán de Emerxencia ante a entrada do "LNG Bayelsa" cargado para a ilegal e perigosa Reganosa


Onte 10 de Agosto de 2012, entraba en marea alta, morta e nocturna, amparados pola nova e ilegal normativa de navegación de buques gaseiros dentro da Ría de Ferrol (feita ao ditado da propia Reganosa), o "LNG Bayelsa", cargado con miles de toneladas de gas natural licuado -GNL/LNG, para a ilegal e perigosa Planta de Gas de Punta Promontorio (Mugardos). O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convocou, como é habitual, unha nova acción de protesta e denuncia, cunha concentración sonora, o mesmo día, ás 8 da tardeno peirao de Coruxeiras, no Porto de Ferrol, onde interveu para denunciar este enésimo despropósito, o compañeiro "Lalán" -Xosé Manuel Rodríguez Carballeira, coordenador do Comité.

Fotos Susete'70.

Enlace relacionado:

http://artabra21.blogspot.com.es/2012/08/o-lng-bayelsa-cargado-con-lnggnl-para.html


________

Acción Comunitaria para recuperar os espazos públicos: Tarefas de limpeza e desbroce do lavadoiro da mina de ouro de Ponzos - Sabádo 11 de Agosto


Tarefas de limpeza e desbroce do lavadoiro da mina de ouro de Ponzos

Este Sábado, 11 de Agosto de 2012, entre as 09:00 e 14:00 horas, na Praia de Ponzos (Lavadoiro da antiga mina de ouro), o colectivo Cidadáns pola recuperación dos espazos públicos, vai realizar a súa terceira xornada de traballo, acción e protesta.

En vista de que nas tarefas de limpeza e desbroce do lavadoiro da mina de ouro de Ponzos achamos posibles restos antigos (do lavadoiro) que nunca viron a luz, decidimos acometer a maiores unha III Xornada de traballo voluntario. Aparte faremos unha ampla batida de recollida de lixo na zoa. Este Sábado entre as 9 da mañá e 2 datarde, (Ou o tempo que do que dispoña cada quen).

Calquera cidadán que queira sumarse a estas tarefas solidarias só ten que comunicalo. e-mail: recuperacióndeespazospúblicos@gmail.com Teléfonos: 620 312 992 - 637 567 497 Facebook: https://www.facebook.com/groups/444525015569821/ Evento no Facebook: https://www.facebook.com/events/290720801036033/

CONVOCA: "Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos".

Somos: Cidadáns concienciad@s co valor patrimonial, paisaxístico e ecolóxico da comarca, e outr@s cidadáns que, ademais de ter esa conciencia, se atopan en situación de desemprego (que non parad@s) que queren facer visible a grave situación que están pasando.

Pretendemos:

1- Denunciar ao Concello de Ferrol e as empresa contratadas para o mantemento destes servizos, polo desleixo e mal estado dos espazos públicos; zonas verdes, cunetas das estradas, edificios do patrimonio arquitectónico, zonas naturais de especial interese, e a ría de Ferrol. Esixímos a optimización dos recursos municipais e das empresas que prestan eses servizos para que sexan visibles.

2- Paralizar a obra por valor de 700.000 euros prevista por parte do goberno municipal para a Praza de España, por ser una obra innecesaria e de despilfarro. Esixímos que ese diñeiro sexa destinado a contratar xente en situación de desemprego, mediante a creación de cuadrillas de traballo contratadas directamente polo Concello para a reparación, limpeza e saneamento dos espazos públicos.

3- Visualizar a grave situación social que está a pasar toda a bisbarra de Ferrolterra, cunha das taxas máis altas en desemprego de todo o estado. E reivindicar traballando que queremos traballar, queremos sentirnos útiles a pesar de que o goberno do PP e algúns medios de dereita demonicen aos desempregad@s, (que non parad@s ).

4- Converternos nun punto de encontro de converxencia social, para todos os cidadáns que se senten afectados polo desleixo tanto do Goberno Central, Autonómico e Local, para lograr entre todos un entendemento, toma de acordos e decisións para a realización de accións directas.

* Calquera acción que decidamos emprender no medio natural, pediremos o asesoramento da SGHN (Sociedade Galega de Historia Natural).

e-mail: recuperacióndeespazospúblicos@gmail.com

O noso blogue: http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/, é un Diario que recolle a nosa traxectoria, serve de difusión de próximas accións e faise eco doutros exemplos solidarios e comunitarios que están a suceder na bisbarra.
________________________

venres, agosto 10, 2012

Que se vaian! , ... Por Pablo Vaamonde

Por Pablo Vaamonde [*]
10.08.2012


Galicia é un país de emigrantes. Os nosos avós e os nosos pais, no seu tempo, fuxiron da miseria das aldeas e buscaron un futuro mellor nas Américas, en Europa e noutras xeografías do Estado. Os que marchan ao estranxeiro adoitan ser os máis novos, os máis fortes, os máis decididos, os máis emprendedores (agora tamén emigran os máis preparados).

Deberiamos lembrar que o principal estímulo para abandonar a propia terra é a necesidade. Deberíamos saber que os inmigrantes que chegaron aquí nas últimas décadas viñeron na busca de traballo e pan. Viñeron para facer os labores duros do campo, para subir ás estadas, para atender os nosos maiores e axudar na crianza dos nosos fillos e netos. Se algúns non teñen contrato non é pola súa culpa: é o contratador quen prefire a ilegalidade.

Neste tempo de recesión económica o territorio peninsular deixou de ser o paraíso soñado dos inmigrantes. Moitos retornaron aos seus lugares de orixe. O ano 2011 a cifra de estranxeiros residentes en España descendeu por primeira vez: 40.000 menos (representa un descenso do 0.7 %). Pero outros permanecen, gañándose a vida como poden. O retorno só significa fame, miseria e ausencia de futuro para eles e os seus; non teñen máis opción que resistir.

O goberno español, no seu empeño incesante para desmontar o estado de benestar, utiliza unha estratexia mediática moi tramposa pero eficaz. Sinala a un colectivo como responsable da situación e a continuación adopta medidas na súa contra. Dese xeito apunta aos traballadores do sector público como incompetentes e improductivos e deseguido decide rebaixarlles o salario e facilitar o despedimento. Sinala aos pensionistas como atracadores de farmacias e acaparadores de medicinas nas súas casas e obrígalles a pagar os medicamentos. Dirixe o seu índice contra dos inmigrantes, aos que acusa de abusar da sanidade pública e de practicar o “turismo sanitario” e déixaos sen cobertura sanitaria, de xeito que só terán acceso ás urxencias e á atención no parto. Máis de 150.000 persoas quedarán a partir de setembro sen tarxeta sanitaria (arredor de 20.000 en Galicia). Ademáis dun atentado contra dos dereitos humanos, esta medida representa un grave problema para a saúde pública. As persoas con cancro, diabete ou insuficiencia renal quedarán sen atención, así como os afectados por VIH, tuberculose e outras doenzas infecciosas.

O certo é que os inmigrantes acuden aos servizos sanitarios moito menos que os autóctonos –hai estudos que así o demostran-, e que a cotización dos que teñen traballo compensa de sobra o custe da asistencia. O denominado “turismo sanitario” é un fenómeno residual e cunha repercusión ínfima no sistema sanitario. Pero esta clase de argumentos, que fomentan a xenofobia e a exclusión, é aceptada por un sector da poboación, que chega a ver o inmigrante como un competidor. “Que se vaian!”, estalles a decir o goberno coas súas medidas. “Que se vaian!”, berran algúns alporizados, que non lembran o seu pasado recente.

Agora o Ministerio de Sanidade pretende que os inmigrantes suscriban unha póliza coa sanidade pública, cun custe superior a 700 euros anuais, para ter dereito á asistencia. Esta proposta só ten o apoio do Partido Popular. Andalucía, País Vasco e Catalunya rexeitan estas medidas. Tamén hai colectivos profesionais que manifestan o seu desacordo. Os médicos de familia están a realizar unha campaña para promover a obxección de conciencia na aplicación desta norma. “A lealdade cos pacientes fai que non sexa posible faltar ao meu deber ético profesional e incurrir no abandono. É a miña vontade seguir atendendo ás persoas que son os meus pacientes e que non teñen permiso de residencia”, declaran os asinantes dun documento a favor da obxección.

Esta proposta non ten xustificación posible. Representa un atropello á ética e á política. É un atentado contra dos enfermos e dos pobres. Detrás dos números hai persoas, como decía El Roto nunha das súas viñetas. Nin sequera ten unha xustificación económica: a recaudación previsible é insignificante no total dos orzamentos sanitarios. “Aguantade, aguantade, que este é o camiño para mellorar!”, din os gobernantes mentres seguen a eliminar dereitos. Mais ningún benestar futuro pode xustificar tanto sufrimento no presente. Os efectos destes recortes están a ser devastadores.

Estas medidas susténtanse nunha concepción ideolóxica que entende a saúde como un negocio e non como un dereito. Esta política de suposta austeridade que deixa desamparados aos enfermos e que marxina aos diferentes está baseada unha concepción supremacista da sociedade. Temos que demostrar que estas ideas son rexeitadas pola grande maioría da poboación. Haberá que lembrar aquel famoso poema, atribuido a Bertolt Brecht, ainda que o seu autor foi Martin Niemöller, un pastor luterano alemán perseguido polos nazis que, en 1945, escribeu:

Cando viñeron levar os comunistas,
gardei silencio,
porque eu non era comunista,

Cando encarceraron os socialdemócratas,
gardei silencio,
porque eu non era socialdemócrata,

Cando viñeron buscar os sindicalistas,
non protestei,
porque eu non era sindicalista,

Cando viñeron levar os xudeus,
non protestei,
porque eu non era xudeu,

Cando viñeron buscarme,
non había ninguén máis que puidese protestar.








Blogue persoal de Pablo Vaamonde:

Pavillón de Repouso

http://pablovaamonde.blogspot.com.es/

[*] Pablo Vaamonde, nado na Baña en 1956. É médico de familia no Centro de Saúde de Labañou (A Coruña). Foi fundador e director da revista médica Cadernos de Atención Primaria (1994-2005), presidente da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC) de 1996 a 2005 e vicepresidente do Colexio Oficial de Médicos de A Coruña e responsable do Programa de Formación Continuada de 1998 a 2005. Foi director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas entre 2005 e 2006. Tamén foi membro da Comisión Sectorial de Sanidade que elaborou o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, colaborador habitual dos medios e autor de tres libros de narrativa: O fillo do emigrante (2002), O mes de abril (2004), Luz Divina e outros retratos (2006). Recibiu o Premio Lois Peña Novo en 2005, polo seu compromiso na promoción e defensa da língua de Galicia e é colexiado de Honra con Emblema de Prata (2007) do Colexio Oficial de Médicos da provincia de A Coruña.
_________________

Nova acción sindical unitaria en defensa do sector público, polo emprego e contra os recortes salariais


Preparando a folga xeral

Hoxe, 10 de Agosto de 2012, ás 12 do mediodía, un numeroso grupo de persoal funcionario, realizaba unha nova acción sindical unitaria en defensa do sector público, polo emprego e contra os recortes salariais. A maioría sindical ven-se mobilizando contra o ataque ao sector público por parte do goberno español do dereitista e antidemocrático Partido Popular, nas súas recentes e seguidas medidas económicas e sociais contra a Clase Traballadora. Na concentración lembrou-se ao traballador falecido no accidente laboral que tivo lugar onte no recinto da sociedade elitista ferrolana 'Casino Ferrolano Tenis Club', cun camión-guindastre cando estaban traballando nas reformas dunhas instalacións de pistas de 'pádel' .

Hai que bota-los !

Fotos de Susete'70.
_________________

A sub-subcontrata da subcontrata , da contrata, do Goberno Municipal


O goberno municipal do dereitista e antidemocrático Partido Popular, contratou a unha empresa o amaño de furados na cidade, que presenta un estado moi crítico. A maioría das persoas que transitamos pola cidade, sexa en vehiculo ou a pé, sabemos que Ferrol está cheo de fochas e nalgún caso moi perigosas polo seu tamaño e profundidade. Despois de moitas denuncias e sobre todo da DENUNCIA sobre o Malgasto na Praza de España e do perigoso da situación do túnel,  o malgoberno municipal, do dereitista e antidemocrático Partido Popular, elaborou un "Plan expres" dotado con 300.000 euros, para paliar este problema que dura máis dun ano. Mais ollo! quen é a contrata, ou a subcontrata da contrata que comezou a traballar polas rúas de Ferrol a finais do més pasado? Onte mesmo na rotonda do Diapasón, na zona das Telleiras, o perigo rondaba a obra, un grande tractor con inmenso remolque ocupaba o paseo e carril-bici, un tractor cunha soa placa de matricula especial na parte traseira da cabina. O remolque non tiña nengún tipo de identificación. Unha pequena furgoneta sen identificar tamén, na parte central da rotonda sen luces de señalización de obra, tres operarios sen medidas de proteción. Unha pequena apisonadora manual, martelo neumático traballando sen proteción, a señalización só consistía en tres conos, ... O accidente laboral de onte en Canido, onde morreu un obreiro é un aviso. Os accidentes ocurren e a responsabilidade na prevención tamén é do MalGoberno Municipal de José Manuel Rey Varela. Os sindicatos deberan controlar este asunto.

Enviado:
Centro Media Independente e Comunitario de Ferrol Terra
cmic@deferrolterra.org
9 de agosto de 2012 23:03
_____________________

O "LNG Bayelsa", cargado con LNG/GNL para a ilegal e perigosa Reganosa, anuncia a súa entrada na Ría de Ferrol para este Venres 10 de Agosto - Diante deste anuncio o Comité Cidadán de Emerxencia convoca, o mesmo día, unha concentración sonora, ás 8 da Tarde no Porto


VENTRES 10 DE AGOSTO, ÁS 8 DA TARDE
CONCENTRACIÓN NO PEIRAO DE CURUXEIRAS,
NO PORTO DE FERROL
NO BARRIO DE FERROL-VELLO

O "LNG Bayelsa", un buque gaseiro con bandeira de conveniencia das Bermudas, de grande porte, de 288 metros de eslora por 48,20 de manga, 62,75 de puntal e un calado de 12,30 m; cargado con miles de toneladas de GNL/LNG, para a ilegal e perigosa Reganosa; ten anunciado a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Venres 10 de Agosto de 2012. Esta entrada dun buque cargado con gas natural licuado para Reganosa, supon xa a 124, desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca unha acción de protesta e denuncia, consitente nunha Concentración Sonora, o mesmo Venres, ás 8 da Tarde, desta volta a Concentración terá lugar no peirao de Curuxeiras do Porto de Ferrol, no barrio de Ferrol-Vello.

Esta é a cuarta entrada que se produce despois de ditada a Sentenza polo Tribunal Supremo, onde a planta xa foi declarada ilegal, en sentenza inapelábel.

Tras a recente sentenza do Tribunal Supremo, que declara ilegal a localización de Reganosa, temos que esixir o fin desta ameaza e deste malgasto de cartos públicos. Temos que esixir o seu peche definitivo.

PASO A PASO, PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA
  •  POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  •  CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  •  PLANTA DE GAS FORA DA RÍA   !!

10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas ?


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org


Información baseada na enviada polo:

Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
9 de agosto de 2012 10:37
_______________

Segunda xornada de traballo na horta comunitaria de Caranza


Realizada a segunda xornada de traballo na horta comunitaria de Caranza promovida pola Asemblea de Desempregad@s da CIG. Este xoves 9 de Agosto de 2012, nesta segunda xornada foi-se conformando un grupo de traballo comunitario que contiunua na plantación de hortalizas e preparación das bancadas de traballo. O pasado 3 de Agosto, na primeira xornada, comezaran os primeiros traballos comunitarios na horta que vai collendo forma.

Non fai falta estar afiliado á CIG para participar nesta Horta Comunitaria, toda persoa desempregada ou con emprego en precario (a tempo parcial, contratos curtos, pensionistas con  prestacións baixas, ..), poden achegar-se até as inmediacións da rúa Cartaxena, no Paseo Marítimo de Caranza, onde hai 5.353 m2 actos para o cultivo.

Contacto:

André - 605455340

andre.martinez.ces@gmail.com

Enlaces relacionados:

Ártabra 21: Moz@s desempregados que se rebelan contra o cliché de “parad@s”

Ártabra 21: Promovida pola Asemblea de Desempregad@s da CIG, comeza o cultivo da Horta Comunitaria de Caranza - Achega-te co teu sacho
___________________

Mais umha vez, umhas Festas de Verao alheias à cultura galega e à participaçom popular


Analisada a programaçom das Festas de Verao que acabam de começar em Ferrol, NÓS-Unidade Popular chega à conclusom de que dificilmente se poderiam gastar de pior maneira os 200 mil euros malbaratados polo governo local.

A assistência passiva a eventos protagonizados por estrelas de segunda fila do panorama espanhol, junto à marginalizaçom dos conteúdos galegos protagonizados polo próprio tecido social ferrolano nos mais diversos ámbitos culturais, voltam a caraterizar as Festas de Verao organizadas polo governo local do Partido Popular.

Dificilmente poderiam gastar-se de maneira mais injustificada os 200 mil euros que, segundo a edil Susana Martínez, custam ao governo do PP e, portanto, a todos os ferrolanos e ferrolanas, estas festas. Como noutras ocasions, a falta de imaginaçom e de compromisso com a nossa cultura manifesta-se numha programaçom musical protagonizada por figuras televisivas, nalguns casos de terceira categoria, que venhem usurpar o protagonismo que deveria corresponder às formaçons musicais do nosso país e do próprio Ferrol, de maior qualidade e inseridas na nossa realidade social.

Os governantes do PP continuam a pensar que fazer umhas boas festas consiste em pagar contratos caros para passear polos nossos cenários um Loquillo, umha Ana Torroja ou uns Duncan Dhu, figuras do panorama musical televisivo espanhol 25 anos atrás, ou um Bustamante como estrela mais recente e igualmente adscrita à cultura paifoca que nos vendem na televisom. Entre outras consideraçons, os milhares de euros que esses grupos e cantores vam cobrar irám longe de Ferrol e da Galiza, conseqüência da falta de compromisso do PP com o investimento público no próprio tecido social e cultural ferrolano e galego, em tempos de grave crise como os que vivemos.

Já em termos artísticos, nom temos nada contra nengum tipo ou estilo musical, mas chama a atençom a insistência com que nos bombardeiam cada ano com zarzuelas e outras músicas espanholas, como se nom existissem estilos musicais fora das fronteiras mentais espanholas, ou como se na Galiza nom se produzisse boa música e boa cultura nas mais diversas manifestaçons.

Os conteúdos galegos e locais brilham pola sua ausência, em lugares secundários da programaçom e sem ter em conta o critério lingüístico na hora de tentar dar protagonismo e prestigiar o nosso idioma na elaboraçom da programaçom. Nos poucos casos em que aparecem nomes galegos, o critério parece ter sido o grau de identificaçom do artista em questom com o próprio Partido Popular, daí que Manuel Manquinha volte a visitar-nos.

A todo o anterior, haveria que acrescentar, também um ano mais, a total falta de abertura à participaçom do tecido associativo e vicinal ferrolano na hora de elaborar a programaçom destas Festas.

A iniciativa do PP situa-se, portanto, nas antípodas do que deveriam ser umhas Festas de Verao ferrolanas, galegas e participativas.

Merecem, por isso, o rejeitamento de NÓS-Unidade Popular e de qualquer entidade ou pessoa comprometida com os valores da participaçom social e a valorizaçom da nossa língua, música e cultura nacionais.

Assembleia Comarcal de NÓS-Unidade Popular em Trasancos

Ferrol, 7 de agosto de 2012

Enviado por:
Bruno Lopes Teixeiro
-brunotrasancos@gmail.com-
7 de agosto de 2012 00:48

__________________

NÓS-Unidade Popular reclama o fim das leis xenófobas e reivindica o direito à saúde para todos e todas

Na grave situaçom de crise sistémica que vivemos, a classe dominante está a utilizar as instituiçons ditas “representativas” para salvaguardar os seus intereses particulares e carregar os custos nos ombros da maioria, especialmente nos setores mais fracos.

É o caso da populaçom imigrante, que vê como o governo da direita espanhola aprova um Decreto Lei totalmente discriminatório, que ataca o seu direito a desfrutar dos serviços de saúde se estiver em situaçom considerada “ilegal” por carecer de permissom de residência.

A retirada do cartom sanitário a imigrantes sem papéis, que a partir de 1 de setembro terám que pagar elevadas quantidades para poderem contar com assistência médica, é umha mostra do caráter reacionário e xenófobo do Partido Popular, representante da classe burguesa, que mantém o controlo do aparelho do Estado monárquico espanhol.

Especialmente indicativo da natureza discriminatória da medida é o facto de que as quotas impostas à populaçom imigrante variarám em funçom da idade, com critério puramente mercantil, indo dos 710 aos 1.864 euros anuais e correspondendo as mais elevadas às pessoas maiores de 65 anos, precisamente as mais desprotegidas e necessitadas dos serviços de saúde.

Diversas entidades nom governamentais internacionais, como Amnistia Internacional, Médicos do Mundo ou a Rede Acolhe, assim como plataformas cívicas galegas como SOS Sanidade Pública ou o Fórum Galego de Imigraçom, denunciárom e explicárom já o alcance das medidas impostas polo governo espanhol à populaçom imigrante.

Milhares de pessoas verám reduzidos os seus direitos sanitários ao acesso a umhas urgências que poderám ver-se colapsadas, diante da falta de meios públicos e de alternativas que nom passem polo pagamento de quotas mesmo superiores às que atualmente se cobram nos centros médicos privados.

Nom esqueçamos que, além da populaçom imigrante, também o resto da populaçom galega se verá afetada por esta nova medida restritiva de direitos fundamentais, já que o cartom sanitário será retirado igualmente a quem nom tiver quotizado à Segurança Social, setor numericamente crescente, tendo em conta a generalizaçom da precaridade e da pobreza entre cada vez mais setores sociais.

O Estado espanhol rompe assim, unilateralmente, com os tratados e acordos internacionais que o obrigam a garantir direitos básicos relacionados com os serviços públicos de saúde, somando-se à vaga de políticas xenófobas aplicadas contra a populaçom imigrante por diferentes governos europeus, nos quais o peso da extrema-direita é crescente.

NÓS-Unidade Popular manifesta o seu absoluto rejeitamento a esta nova medida aplicada polos poderosos contra a maioria social, sendo a populaçom imigrante parte inseparável do povo trabalhador galego, sujeito dos mesmos direitos por viverem e trabalharem na Galiza.

A nossa solidariedade com a populaçom imigrante estende-se ao resto de setores afetados por esta e polas restantes medidas já aplicadas e que continuarám a aprovar-se nos próximos meses. Para fazer frente a essa ofensiva, é preciso manter e incrementar a tensom mobilizadora e convocar, quanto antes, umha nova greve geral de 48 horas.

Devemos fazer cair o governo reacionário do PP e continuar a luita até a derrota do capitalismo espanhol, inimigo dos direitos povos e das pessoas.

Direçom Nacional de NÓS-Unidade Popular

Galiza, 8 de agosto de 2012

Correio-e: nacional@nosgaliza.org | nosup.imprensa@gmail.com | Telefones:
Porta-Vozes: 651 089 971 (Alberte Moço) 659 306 973 (Rebeca Bravo) | Responsável Nacional de Imprensa: 616 868 589 (Carlos Morais) | Responsável Nacional de Organizaçom: 669 778 474 (Bruno Lopes Teixeiro) | Sede Nacional: Rua Costa do Vedor 47, rés-do-chao. Compostela. Galiza | web: www.nosgaliza.org | twitter: @nosgaliza


Enviado por:
NÓS-Unidade Popular NÓS-UP
-nosup.imprensa@gmail.com-
8 de agosto de 2012 15:08

_______________

A delegación de Anova despois de reunirse con membros do Comité Cidadán realizaron unha rolda de prensa


Anova considera Reganosa un “crime” e aposta polo seu traslado fóra da ría

Reportaxe de Montse Mayoral no Diario de Ferrol

A escisión nacionalista encabezada por Xosé Manuel Beiras, Anova, adicou unha das dúas únicas resolucións aprobadas na súa sesión constituínte á planta de Reganosa, concretamente a través do seu apoio á marcha do Comité Cidadán de Emerxencia do pasado día 20. O líder estivo onte en Ferrol para manter un encontro cos membros da entidade opositora á regasificadora de Mugardos e explicar nunha rolda de prensa que dita instalación “é un crime”.

A súa formación defende o traslado da planta fóra da ría e unha reformulación do seu perfil empresarial para garantir o control público.

Beiras salientou que a diferencia entre crime e delicto é que o segundo está tipificado no Código Penal e dixo que “se hai que modificar o marco legal para que o fenómeno criminoso non sexa delituoso, iso é prevaricación”. O líder de Anova referiuse así á afirmación do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de que había que buscar o encaixe legal á planta, tras a sentenza do Tribunal Supremo que di que se construíu en contra da ordenación urbanística. “A planta non pode continuar aí”, dixo Beiras tallante, para seguir apostando polo seu traslado ao porto exterior de Ferrol e por que sexa una empresa pública ou mixta pero, en todo caso, “sometida ao control democrático”.

Xosé Manuel Beiras cualificou como “surrealista” que as únicas persoas condeadas en relación con Reganosa sexan uns mariscadores e subliñou que o peor da regasificadora “é a súa perigosidade para milleiros de cidadáns que viven nun radio de dous quilómetros”.

Ateneo Ferrolán

Beiras, que tamén expresou a súa solidaridade coa actual reivindicación do Ateneo Ferrolán para manter a exclusividade da súa sede, ofreceu a rolda de prensa acompañado de Xosé Manuel Pazo e Mónica Fernández, dous dos tres representantes da comarca na coordinadora nacional de Anova, e de Antón Araúxo, o responsable de organización.

Foto de Jorge Meis.

Diario de Ferrol 9 de Agosto de 2012


__________________

xoves, agosto 09, 2012

Unha delegación de Anova reuniuse con membros do Comité Cidadán de Emerxencia


"É unha ameaza permanente, unha barbarie e un crime para o que non valen apaños nin hai encaixe legal", Beiras.

Onte, mércores 7 de agosto, o Comité Cidadán de Emerxencia mantivo unha xuntanza con representantes da Permanente da formación política Anova. Por parte do CCE fixose unha exposición da situación actual da Planta de Gas, tras a sentencia inapelable do Tribunal Supremo, anulando a Modif Puntual do Plan de Ordenacion de Mugardos, polo cal Reganosa esta funcionando ilegalmente a pesar das manobras dilatorias dos seus promotores para eludir o cumprimento da sentenza, a traves da actuacion de Barcia (BNG) -Alcalde de Mugardos e de Feijoo (PP) Presidente da Xunta de Galicia. Por parte se Anova se amosou a comprension da loita do CCE e a coincidencia de que o interior da Ria e incompatibel cunha instalacion como a de Reganosa.

Representantes da Permanente de Anova, que asistiron á reunión co Comité:
Xosé Manuel Beiras, portavoz da Coordenadora Nacional.
Xosé Antón Arauxo, Coordenador da Permanente.
Mónica Fernández Rodríguez, Cultura e Patrimonio.
Raúl Asegurado, Relacións cos movementos sociais.
Antón Sánchez García, Medio ambiente e susbtentabilidade.

Representantes do CCE asistentes á reunión:

Luz Marina Torrente Lopez,  Lupe Ces Rioboo, Aurora Rivas Hermida, Eliseo Zaera Ríos, Manuel A. Rguez. Carballeira

Reseñas en:


Foto de ANGEL MANSO

--

Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org


Enviado por:

Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
9 de agosto de 2012 11:26
___________________

No Porto de Ferrol, houbo unha nova protesta do Comité Cidadán de Emerxencia ante a entrada do "LNG Bilbao Knutsen" cargado para a ilegal e perigosa Reganosa -


Ante o anuncio de entrada do "LNG Bilbao Knutsen" na Ría, para este Mércores 8 de Agosto de 2012, cargado con miles de toneladas de gas natural licuado -GNL/LNG, para a ilegal e perigosa Reganosa, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol realizou unha nova acción de protesta e denuncia, cunha CONCENTRACIÓN SONORA, o mesmo día, onte ás 8 da Tarde, no peirao de Curuxeiras, no Porto de Ferrol.

Fotos de Susete'70.
___________

mércores, agosto 08, 2012

O goberno Español volve atacar ao colectivo de inmigrantes coa proposta de imposición da poliza especial para o acceso á sanidade pública, denuncia o Foro Galego de Inmigración


FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN - COMUNICADO DE PRENSA

O Foro Galego de Inmigración  formado por asociacións e entidades de migrantes ou que prestan servizos a estes colectivo de Galiza, quere facer público o seguinte Comunicado en relación coa Proposta recentemente coñecida de establecer unha poliza especial moi gravosa económicamente  para o  acceso ao sistema sanitario común para as persoas inmigrantes en situación de irregularidade administrativa:

1.- Esta proposta supón unha nova e lamentable ocorrencia para tentar disimular a terrible decisión que supón deixar fora do sistema sanitario normalizado as persoas inmigrantes en situación de irregularidade administrativa.  Non é posible  a nivel práctico, pola imposibilidade de asumir os custos derivados desa poliza para estas persoas; non é aceptable dende o punto de vista de ético porque supón manter  pechada na práctica a atención sanitaria a un dos colectivos en maior situación de vulnerabilidade, que deben superar as 300.000 persoas no Conxunto do Estado e entre 10.000 e 15.000  en Galicia.  Mantería ademáis unha limitación máis pola necesidade de xustificar un ano de empadroamento como requisito.

2.- Esta decisión é unha terrible inxustiza, porque as persoas migrantes en situación de irregularidade administrativa non teñen nada que ver co chamado “turismo sanitario”, cuestión que atinxe de forma prácticamente en exclusiva a persoas procedentes da Unión Europea.  É ademáis unha decisión claramente racista, que pretende responsabilizar  a un colectivo, en situación de alta vulnerabilidade social, das  dificultades de sostemento do sistema sanitario por un suposto abuso do mesmo. Non ten sentido algún que se negué a tarxeta sanitaria para persoas sen recursos, a un dos colectivos que de menos recursos pode dispoñer ou que se pretenda que paguen unha poliza de aseguramento tan custosa.

3.- A non atención sanitaria dunha parte da poboación residente no Estado Español é moito máis que un recurte ou un “aforro”, é unha exclusión  intolerable e perigosa para a vida destas persoas, que forman parte dun dos colectivos en maior situación de vulnerabilidade. Por iso, o Foro Galego de Inmigración  quere facer un chamamento ao conxunto da sociedade  para que non se deixe enganar por Propostas, como esta que coñecemos onte, que pretende facer  esquecer ou disimular que o goberno de Rajoy vai deixar as persoas migrantes en maior situación de vulnerabilidade sin asistencia sanitaria a partir do 1 de setembro.

Para máis información: Miguel Fernández (662-307019) ou Rocío Rodríguez (981-580506/600-876460)

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 - Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es - 981-576 142
www.forogi.wordpress.com

Enviado por:
susana beatriz alaníz gonzález
-sual259@hotmail.com-
8 de agosto de 2012 11:19

_____

martes, agosto 07, 2012

O LNG "Bilbao Knutsen", cargado con LNG/GNL para a ilegal e perigosa Reganosa, anuncia a súa entrada na Ría de Ferrol para este Mércores 8 de Agosto - Diante deste anuncio o Comité Cidadán de Emerxencia convoca, o mesmo día, unha concentración sonora en Ferrol, ás 8 da Tarde no Porto de Ferrol


CONCENTRACIÓN NO PEIRAO DE CURUXEIRAS,
NO PORTO DE FERROL
NO BARRIO DE FERROL-VELLO
ÁS 8 DA TARDE, DO MÉRCORES 8 DE AGOSTO

O LNG "Bilbao Knutsen", un buque gaseiro, de grande porte, de 284,4 metros de eslora por 42.53 de manga, 25,40 de puntal e un calado de 12,30 m; cargado con miles de toneladas de GNL/LNG, para a ilegal e perigosa Reganosa; ten anunciado a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Mércores 8 de Agosto de 2012. Esta entrada dun buque cargado con gas natural licuado para Reganosa, supon xa a 123, desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca unha acción de protesta e denuncia, consitente nunha Concentración Sonora, o mesmo Mércores, ás 8 da Tarde, desta volta a Concentración terá lugar no peirao de Curuxeiras do Porto de Ferrol, no barrio de Ferrol-Vello.

Esta é a terceira entrada que se produce despois de ditada a Sentenza polo Tribunal Supremo, onde a planta xa foi declarada ilegal, en sentenza inapelábel.

Tras a recente sentenza do Tribunal Supremo, que declara ilegal a localización de Reganosa, temos que esixir o fin desta ameaza e deste malgasto de cartos públicos. Temos que esixir o seu peche definitivo.

PASO A PASO, PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA
  •  POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  •  CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  •  PLANTA DE GAS FORA DA RÍA   !!

10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas ?


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org


Información baseada na enviada polo:

Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
6 de agosto de 2012 23:14
_______________

Viva a Cultura, Viva o Ateneo Ferrolán !!


Desde o Colectivo Ártabra 21 queremos expresar o noso apoio ao Ateneo Ferrolán na loita por manter a súa integridade como entidade cultural, ameazada pola decisión do goberno municipal co intento de diluír ao Ateneo nun Centro Cívico Cultural (probablemente prevexan que sexa xestionado pola corporación multinacional Eulen), privando-lle da súa sede social que ven ocupando desde hai máis de 30 anos. O Ateneo Ferrolán non só é un "punto de referencia e consulta imprescindíbel dentro do mundo cultural de Ferrol e en xeral de Galiza; non só polos centos de actividades culturais (debates, cine, conferencias, mesas redondas, exposicións, concertos, etc...) que organiza,..." non só é unha asociación recoñecida "pola súa capacidade crecente de convocatoria na realización das distintas e plurais actividades programadas, ...", polo seu compromiso social coa xustiza e a igualdade, ou por ser "unha entidade que ofrece o seu espazo a outras entidades e asociacións que queiran dispoñer das súas instalacións", senón que, o Ateneo, tamén é a súa sede que lle dá singularidade e identidade, un "edificio histórico so século XVIII, enclavado no tamén histórico Barrio da Magdalena".

No mundo occidental, ao abeiro da Estafa chamada Crise, esta-se producindo unha revolución neoliberal no económico, acompañada dunha revolución neoconservadora no social. A situación de Ferrol temos que entendela desde esta perspectiva. O actual Alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela e dous dos seus máis destacados colaboradores, José Manuel Vilariño Anca e Guillermo Evia Pérez, como o resto dos concelleiros e concelleiras do dereitista Partido Popular, entre os que está Manuel Reyes García Hurtado, non son máis que peóns fieis cumpridores das políticas dereitistas e antidemocráticas que emanan da dereita política e ideolóxica que conciben só un mundo de ricos e pobres, dos que teñen e os parias, do amo e o escravo. Consideran unha vontade de Deus os privilexios e as desigualdades, que é "natural" a inxustiza. Non hai dubida de que o concelleiro Manuel Reyes García é o prototipo do político afastado do servizo á comunidade, e fai honor á política do seu partido. Prometeu acabar coa cultura en Ferrol e non dubida en dar os pasos necesarios.

Non hai moito tempo que unha parte moi importante do tecido cultural de Ferrol criticaba as actitudes do citado concelleiro e asinaba un manifesto público, para denunciar a política cultural e a prepotencia e soberbia do edil responsábel da área. Mais está á luz que só un manifesto non chegaba, faltaba e falta a acción. Manuel Reyes García non dubida tampouco en utilizar argumentos camaleónicos esgrimidos para despistar (aforro, Concepción Arenal, ...) e fan desviar a atención do verdadeiro obxectivo que queren conseguir: deixar ao Ateneo sen a súa sede, para diminuír a súa influencia social e cultural na cidade.

Todo está relacionado, unha aposta ideolóxica de dominación e alienación, con políticas sociais e culturais concretas, desde as medidas económicas e sociais antiobreiras, de Rajoy e Feijóo, até a redución antidemocrática de parlamentarios a elixir, mesmo a ameaza de retrocesos en dereitos fundamentais para as mulleres, pasando polo malgasto na Praza de España, ou unhas festas de Ferrol onde predomina o divertimento alienante, mentres o Social, o Galego e Galiza non existen.

Non podemos permitir que unha minoría, impoña as súas políticas reaccionarias á maioría social. Lembrar que gobernan con maioría absoluta, máis só co 24,44% dos votos (14.974) do censo electoral (61.259). O tecido cultural e social desta cidade temos que buscar fórmulas organizativas e de unidade de acción, para facer frente a estas políticas dereitistas e antidemocráticas e denunciar pública e socialmente o malgasto, as inxustizas e os despropósitos.

Viva o Ateneo Ferrolán !!

Viva a Cultura !!

Ferrol, a 7 de Agosto de 2012



Colectivo Ártabra 21
artabra21@gmail.com
artabra21.blogspot.com

___

O Colectivo Opaíí! - Rádio FilispiM co Ateneo Ferrolán

Comunicado do Colectivo Opaíí! - Rádio FilispiM, tras coñecese os plans de última hora da corporación "popular" do Concello de Ferrol co Ateneo Ferrolán.

O Colectivo Opaii!! celebrou a súa asemblea aberta e constitutiva no Ateneo Ferrolán un 28 de novembro de 2003. As persoas promotoras coincidiron en elixir este espazo para presentar a iniciativa e chamar á participación de quen estiver interesado, por ser o Ateneo un contedor de iniciativas culturais e creativas sinceiras, non aparecidas de súpeto tras dunha subvención ou mesmo oportunistas.

O proxecto de creación dunha radio libre e comunitaria en Ferrol, pese a ter antecedentes noutras cidades do noso país, resultaba daquela chamativo, revolucionario nun contexto tan peculiar coma o ferrolán. Pese aos inconvenientes que se presentaban o Ateneo deixounos facer, facilitándonos un espazo, para que nel debatíramos, chegásemos a acordos e “conspiráramos” por un medio de comunicación de características moi diferentes as que operaban na nosa Comarca até daquela.

Como é coñecido, conqueridos os obxectivos, en agosto do ano 2005 comeza a emitir Rádio FilispiM dende o propio Ateneo Ferrolán, emisións que continuaron até o inicio da rehabilitación do Ateneo, cando marchamos por imposibilidade técnica de continuar os programas con normalidade. Dende aquel pequeno, pero digno estudio de radio no Ateneo, produciron programas de radio persoas e colectivos ben diversos.

Nun Estado español atrasado canto o desenvolvimento do Dereito a Comunicación, cunha Lei Xeral Audiovisual do ano 2010 que por vez primeira recoñece a existenza de medios de comunicación comunitarios sen ánimo de lucro do terceiro sector [Art. 32], pero que non acaba de ser desenvolvida, cando no resto de Europa o recoñecemento legal dos medios libres e comunitarios vén de hai 25 anos, sen esquecer a normalización destes medios en moitos países de América Latina, parecéunos dunha grande xenerosidade que o Ateneo nos deixase facer como fixemos, sen nengún tipo de intervención, alarma ou nen censura ao que nós plantexabamos.

Naquel tempo de relación co Ateneo só puidemos ver apertura de portas e apoio a nosa iniciativa, sen censura e intromisión algunha, así como a outras que se plantexaban. Por tanto, o Ateneo Ferrolán é un referente da iniciativa cultural comarcal, libre e transformadora. Da Cultura con maísculas. O Ateneo Ferrolán é, sen dúbida, tradición pero tambén parte da vangarda cultural, non só da nosa cidade senón do país e do Estado. A Cultura que no Ateneo se produce nace viva... cecais isto sexa un problema.

Por todo o exposto, o Colectivo Opaíí!-Rádio FilispiM quere denunciar, a través deste comunicado, a intromisión, formas e ceguera da actual Corporación “popular” do Concello de Ferrol, canto a organización e nova denominación que quere darse ao edificio do Ateneo Ferrolán, máis aínda cando a remodelación que se está a levar a cabo é grazas ao esforzo da súa Directiva e do persoal que está a desempeñar funcións nel, que, durante anos e con grande persistencia e paciencia, lograron das diferentes Admóns. os fondos necesarios para manter o vello edificio en óptimas condicións, co fin de seguir a ser unha referencia a emular, fomentar e valorizar e non a complicar e tentar destruir con artimañas propias de tempos ben escuros.

Colectivo Opaii! - Rádio FilispiM

Ferrol, 7 de agosto de 2012



OPAII-Rádio FilispiM - 93.9 FM | A rádio livre e comunitária da Comarca de Trasancos emitindo desde Ferrol | Web: http://www.opaii.blogspot.com | Ao Vivo: http://www.ustream.tv/channel/filispina | E-mail: filispina@gmail.com | Direcçom Postal: Avda. Castelao S/N - baixos do mercado de Caranza, CP. 15406 Ferrol - Galiza

Enviado por:
Rádio FilispiM 93.9FM
-filispina@gmail.com-
7 de agosto de 2012 11:25

______________

luns, agosto 06, 2012

'Lefre de Caldereta' co Ateneo Ferrolán

Comunicado "Local do Ateneo Ferrolán"

Lefre de Caldereta, naceu polo ano 2006, sen ánimo de ter un local propio para realizar a súas actividades, na certeza, de que para a realización das mesmas, poderíamos contar coa colaboración das entidades democráticas, veciñais e culturais que os posúen, sen obviar as privadas e as municipais, estas últimas de toda a cidadanía...

A primeira en ofrecernos a súa colaboración foi o Ateneo Ferrolán con quen tivemos a honra de organizar conxuntamente diversos actos.

No ano 2009 nomeamos ao Ateneo Ferrolán, "Caldereta de Honra", premio anual da nosa asociación, adicado a entidades ou persoas a toda unha traxectoria.

Apoiamos firmemente a loita do Ateneo, contra o intento de usurpación por parte da dereita, do edificio, “Ateneo Ferrolán”, referente da nosa historia e cultura democráticas, sobradamente recoñecido na nosa cidade e mesmo fora das fronteiras do Estado.

Rúa do Sol, 224-230, 1º B.
15401 Ferrol
lefre@lefredecaldereta.com
lefredecaldereta.com

Enviado por:
Lefre de Caldereta - Asociación Cultural
-lefre@lefredecaldereta.com-
5 de agosto de 2012 21:24

_______

O sangue siria grava unha nova liña na area - Siria confirmado: maioría "rebeldes" son Contras mercenarios estranxeiros, ... Por Pepe Escobar- Artigo e Vídeos


Siria confirmado: maioría "rebeldes" son Contras mercenarios estranxeiros

O sangue siria grava unha nova liña na area

Investigadores, xornalistas independentes, observadores traballando sobre o terreo, desde a mesma Siria, confirman cada día cos seus testemuños, análises lóxicas e outros materiais gráficos que os famosos "rebeldes sirios" -que tanto apoia a prensa comercial- son en maioría máis que unha gran banda de Contras mercenarios fundamentalistas asasinos financiados polos EEUU e por algunhas potencias europeas ávidas de dominación e en coordinación coas monarquías petrodólares déspotas do Golfo vasallas de Occidente, todos operando contra Siria principalmente desde territorio turco, israelí e xordano.

Por Pepe Escobar [*]
03.08.2012

A principios do século pasado trazouse unha liña na area de Acre a Kirkuk. Dúas potencias coloniales –Gran Bretaña e Franciarepartíronse tranquilamente Medio Oriente entre elas; todo o que estaba ao norte da liña para Francia; o sur era de Gran Bretaña.

Moitos reveses –e traxedias concéntricas– despois, unha nova liña na area está sendo trazada por Arabia Saudita e Qatar. Entre Siria e Irak, quéreno todo. E falemos de retorno dos reprimidos; agora, como parte do composto OTAN-Consello de Cooperación do Golfo (CCG), están na cama cos seus antigos amos coloniais.


http://youtu.be/Hfoq4WUwUvM

Pódese observar no video que os "rebeldes sirios", é dicir os Contras mercenarios están drogados a maior parte do tempo, iso explica o seu estado de excitación extrema, no video van executar a unha familia enteira que capturaron na súa casa polo só feito que dita familia moi respectada no pobo gardaba simpatía polo goberno do presidente Bashar A El-Assad. Este video foi filmado e colgado en internet polos mesmos mercenarios moi orgullosos de mostrar as súas accións.

Golpe tras golpe

Non importa o que pregoen os medios militarizados de Occidente, non hai un xogo final en Siria aínda. Ao contrario: o xogo sectario non fai máis que comezar.

É de novo o Afganistán dos anos 80. As máis de 100 pandillas fuertemente armadas involucradas na guerra civil de Siria sobordar de fondos cos cales o CCG financia as súas granadas rusas propulsadas por foguetes e compradas no mercado negro. Numerosos salafistas-yihadistas cruzan cara a Siria, non só desde Irak, senón tamén de Kuwait, Arxelia, Túnez e Pakistán, logo de chamados embravecidos das súas imames. Secuestros, violacións e matanzas de civís favorables ao réxime de Asad estanse convertendo na lei do país.

Perseguen aínda con máis ardor aos cristiáns [1]. Obrigan a irse aos exiliados iraquíes residentes en Damasco, especialmente os que viven en Sayyida Zainab, o vecindario de predominio chií nomeado así en honor da neta do Profeta Muhammad, enterrada na fermosa mezquita local. A BBC, devandito sexa no seu favor, polo menos informou respecto diso [2].

Efectúan execucións sumarias; o viceministro do Interior de Iraq Adnan al-Assadi dixo a AFP que os gardas fronteirizos viron que o Exército Libre Sirio (ELS) tomou o control dun posto da fronteira e logo  "executou a 22 soldados sirios ante os ollos dos soldados iraquíes".

O cruzamento Bab al-Hawa entre Siria e Turquía foi invadido por máis de 150 muyahidines descritos como multinacionais [3], provenientes de Arxelia, Exipto, Arabia Saudita, Túnez, os Emiratos Árabes Unidos, Chechenia e até Francia. Moitos proclamaron a súa fidelidade á Al Qaida no Magreb Islámico (AQIM).

Queimaron numerosos camións turcos. Filmaron o seu propio vídeo promocional. Desfilaron coa súa bandeira da Al Qaida. E declararon que toda a zona fronteriza era un Estado islámico.


http://youtu.be/jMXf2yWARCc

Os Contras mercenarios estranxeiros infiltrándose en Siria a través do deserto, preto de Dara.

Entrega a túa tarxeta de identidade de terrorista

Non hai forma de comprender a dinámica siria sen saber que a maioría dos comandantes do ELS non son sirios, senón iraquíes suníes. O ELS só puido ocupar o cruzamento fronteirizo Abu Kamal entre Siria e Irak porque toda a zona está controlada por tribos suníes visceralmente opostas ao goberno da el-Maliki en Bagdad. O libre fluxo de muyahidines, yihadistas da liña dura e armas entre Irak e Siria xa está máis que establecido.

A idea de que a Liga Árabe –comportándose como portavoz oficial de OTAN-CCG– ofreza asilo a Bashar Al-Assad podería ser tan ridícula como a de que a CIA supervise que grupos muyahidines e yihadistas poden acceder ás armas financiadas por Qatar e os sauditas.

Ao principio, pode ser só un mal chiste. Logo de todo, a oferta do exilio proveu de exactamente os mesmos paragóns da democracia, a Casa de Saud e Qatar, que controlan a Liga Árabe e financian aos muyahidines e a yihad anti-Siria.

Bagdad, con todo, condenou públicamente a oferta do exilio. E a secuela –de feito o mesmo día– foi digna de The Joker (si, o inimigo de Batman): unha ola de atentados anti-chiíes en Iraq, con máis de 100 mortos, debidamente reivindicada polo Estado Islámico de Irak, a franquicia local de Al Qaida. O seu portavoz, Abu Bakr Al-Baghdadi, urgió enérgicamente ás tribos suníes de Anbar e Nineveh a que se sumen á yihad e derroquen o goberno "infiel" en Bagdad.

O movemento de ida e volta de muyahidines e yihadistas entre Siria e Irak foi máis que confirmado por Izzat a o-Shahbandar, alto membro do parlamento de Irak e asistente próximo do primeiro ministro a el-Maliki.

Bagdad até actualizou listas. A frecuencia de cambio só puido xerar máis frenética neolingua orwelliana acuñada polo sitio Moon de Alabama na web [4].

Os muyahidines e yihadistas activos en Irak agora son "insurxentes iraquíes". E os muyahidines e yihadistas activos de Siria seguen sendo os usuais "rebeldes sirios". Todos foron sacados do servizo activo como "terroristas". Segundo esta lóxica o Batman de Colorado tamén podería ser descrito como "insurxente".

Seguide o diñeiro

Tal e como aparece, os idealizados "rebeldes" sirios, máis os insurgentes coñecidos previamente como terroristas, non poden vencer aos militares sirios, nin sequera coa choiva de diñeiro e armas dos sauditas e os cataríes.

Tampouco existe evidencia de que o réxime considere unha retirada ás montañas alauitas do norte de Siria, como o evoca a discusión colectiva nos blogues de política exterior. Logo de todo os «rebeldes» non controlan ningún territorio.

O seguro é quen se beneficiará da progresiva balcanización de Siria. Á Casa de Saud e Qatar encantaríalles que a guerra civil se exportara a Iraq e o Líbano; nos seus cálculos extremadamente estreitos, iso podería acabar producindo outros réximes suníes.

Polo tanto hai que esperar que os fondos sauditas e cataríes compren a calquera burócrata sirio ben conectado, até malia que a burguesía urbana suní aínda non abandonou o barco.

E a medida que se estende a guerra civil, un tsunami de armas seguirá inundando Xordania, Líbano, Irak e por suposto Turquía, reforzando grupos guerrilleiros de todo tipo, incluídos os kurdos, unha faceta máis da agora excluída neo-otomá Turquía que contempla impotente como se destrúen os Estados tallados na area por esa liña colonial dos anos vinte do século pasado.

Estratexicamente, será sempre unha guerra por encargo, esencialmente de Arabia Saudita contra Irán co apoio da Casa de Saud a islamistas de todas as cores en comparación co apoio de Catar a "o seu" Irmandade Musulmá. Pero sobre todo trátase de EE.UU.-OTAN-CCG contra Irán.

Os motivos de Israel van máis aló do desexo sectario saudita/catarí. O primeiro ministro de Israel Bibi Netanyahu acaba de desenterrar un "bushismo" cualificando a Irán-Siria-Hizbulá de "eixe do mal". O que desexa a longo prazo Tel Aviv é obvio: que Washington, con ou sen o goberno de Obama, derribe ese eixe.

Mentres tanto, ese obxectivo a longo prazo non impide que o ministro de defensa israelí Ehud Barak tolee especulando respecto de unha invasión de Siria baseada nunha hipotética transferencia de misiles antiaéreos sirios ou ata de armas químicas a Hizbulá.

Washington, pola súa banda, adoraría ter polo menos un dócil goberno suní en Damasco para acelerar o cerco de Irán sen aumentar os temores substanciais de Israel. Mentres tanto, o que pasa por «poder intelixente» non é máis que ilusións glorificadas. Así é como os funcionarios prol Israel de EE.UU. planean unha Siria post Asad [5].

E chega o novo Bane

Malia todos os seus valores de produción, a yihad da OTAN –en conxunto con afiliados de Al Qaida e copiones– aínda non logrou o cambio de réxime. Non haberá sancións do Consello de Seguridade da ONU, como xa subliñaron tres veces Pekín e Moscú. Polo tanto segue aparecendo sempre o Plan B. Este último sae directamente do guión ao estilo de Irak: Damasco atacará aos civís con armas químicas. Durou só uns poucos ciclos noticiosos.

O presidente ruso, Vladimir Putin, xa o deixou claro: un cambio de réxime é un anatema, especialmente por un motivo que elude a maioría en Occidente, os yihadistas nas portas de Damasco significa que estarán moi preto do Cáucaso, a posible nova perla dun colar letal tendente a desestabilizar a Rusia musulmá.

O resultado contraproducente, mentres tanto, está listo para atacar como a Medusa. O que para todos os propósitos prácticos son escuadrones da morte muyahidines/yihadistas da OTAN e o CCG estarán encantados de sangrar a Siria seguindo liñas sectarias, na area e especialmente en áreas urbanas. Comezou a tempada de caza, non só de alauitas senón tamén de cristiáns (10% da poboación).

Unha política exterior que privilexia aos yihadistas suníes, coñecidos anteriormente como terroristas, para que creen un Estado "democrático" no medio Oriente parece ser conxurada por Bane (o malo da película en The Dark Knight Rises, o capítulo final da trilogía de Batman) [**]. E si, somos os seus creadores. Mentres os mellores carecen de toda convicción, e os peores están repletos de intensidade apaixonada, un superhombre suní yihadista enmascarado camiña cara ao seu nacemento en Damasco.

Publicado na Rede Voltaire

[*] Pepe Escobar, é xornalista e autor de Globalistan: How the Globalized World is Dissolving into Liquid War (Nimble Books, 2007) e Rede Zone Blues: a snapshot of Baghdad during the xorde. O seu último libro é Obama does Globalistan (Nimble Books, 2009). É tamén correspondente para o diario Asia Times e analista político para the Real News. pepeasia@yahoo.com


Notas de rodapé:
[1] 9.6.2012, Vatican Inside, en: Syria’s ultimatum to Christians: “Leave Qusayr” - | Ver |
[2] 20.6.2012, BBC, Rami Ruhayem em: Syria crisis: Iraqis flee “sectarian violence” in Damascus - |Ver |
[3] 22.7.2012, Al-Arabiya, “Syrian rebel forces occupy second border post with Turkey” - |Ver|
[4] 23.7.2012, Moon of Alabama, em: Policy Change: “Terrorists” Are Now “Insurgents” [Mudanza de política: Os “terroristas” viraran “insurxentes”]. É a mais impresionante retradución orwelliana que xamais se viu. Durante anos, as expresións “Al-Qaeda” e “grupo terrorista” foram usadas praticamente como sinónimas.Mas agora, sob comando do goberno Obama, o New York Times reescrebeu o Manual da Redacción: “Al-Qaeda” designa agora unha especie de “insurxencia neutra”. -  |Ver|
[5] 20.7.2012, The Cable, Josh Rogin em: “Inside the quiet effort to plan for a post-Assad Syria”: “Planexando a Síria pós-Assad”. Ao longo dos últimos seis meses, 40 altos representantes de vários grupos de oposición da Síria ten-se reunido discretamente na Alemanha, sob coordenación do US Institute of Peace (USIP), para planexar o que debe ser un goberno sírio pós-Assad. O proxeto, do cal non participan funcionarios do goberno dos EUA, mas que é parcialmente pago pelo Departamento de Estado comeza a gañar importancia, agora que a espiral de violencia alastra-se pola Siria e evanescen as últimas esperanzas de que se poda alcanzar a transición pacífica de poder na mudanza de réxime. (...) O grupo asesorou os funcionarios do goberno tamén nas reunións dos “Amigos da Siria”, en Istambul, mes pasado. O proxeto é chamado “O día seguinte: apoio á transición democrática na Siria”. -  |Ver|

[**] Bane é un dos super arqui inimigos de “Batman”, que teve vida curta, nun seriado de 1994, e sumiu para sempre. Mas causou terrível dano ao Batman.


Fonte: Asia Times Online, 25 de xullo de 2012.

Texto traducido, ao Galego, por Ártabra 21, apoiando-se nos recursos públicos de tecnoloxía lingüística desenvolvidos polo o Seminario de Lingüística Informática (SLI) da Universidade de Vigo.  

Artigo baixo licenza Creative Commons

A Rede Voltaire autoriza a reprodución dos seus artigos a condición de que se cite a fonte e de que non sexan modificados nin utilizados con fins comerciais (licenza CC BY-NC-ND).



Enviado por:
Inácio
-inaciogz@gmail.com-
5 de agosto de 2012 23:08
________________