xoves, abril 18, 2013

De fondo Reganosa: Os accidentes ocurren, e non son por casualidade - Traxedia nuna fábrica de fertilizantes de Texas - Explosión en Texas: "Foi como unha bomba nuclear"


Comezamos esta noticia co titular "De fondo reganosa ...". É unha chamada de atención, sobre a localización de Reganosa dentro da Ría de Ferrol, encostelada a un complexo petroquímico (Forestal del Atlántico e Imegasa) e unha planta de coxeneración eléctrica, todo un despropósito instalado a poucos metros de núcleos de poboación. De dez empresas que na Galiza necesitan, pola súa perigosidade, un plano de emerxencias exterior, tres atopan-se no concello de Mugardos, en Punta Promontorio. Desde 1999 o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, ven protestando e denunciando ante esta situación de perigo potencial que aumenta exponencialmente, sempre que entra un buque gaseiro cargado con gas natural licuado (GNL/LNG), polo estreito, sinuoso e de pouco calado canle da Ría de Ferrol. Para posteriormente pasar máis de 24hs descargando, o gas liquido aos enormes tanques entronados na ribeira da marxe sur da Ría. Hoxe mesmo un deses buques gaseiros, o "LNG Akwa Ibom", vai entrar na marea da tarde na nosa Ría.


Unha gran explosión nunha planta de fertilizantes preto de Waco, no estado de Texas (USAmérica).

Houbo varias persoas mortas e centos resultaron feridas.

Segundo as axencias de noticias, confirmouse que hai 172 persoas hospitalizadas: 24 delas en estado crítico, de 38 a 40 graves, e outras 23 están de camiño aos hospitais locais.

A explosión ocorreu en West, un pobo de case 3.000 habitantes situado a uns 130 quilómetros ao sur de Dallas e 32 ao norte de Waco. As autoridades de Texas instan á veciñanza de West a abandonar a localidade inmediatamente.

De acordo coas primeiras informacións dispoñibles, varias das persoas feridas atópanse en estado crítico trala explosión, que foi descrita por algúns medios como "unha enorme bóla de lume de case 100 metros de altura", á que lle seguiu un enorme apagón.

Segundo medios locais, a explosión produciuse ás 19:50, hora local, e algunhas persoas quedaron atrapadas nunha residencia de anciáns situada preto da planta que quedou totalmente destruída. Así mesmo, informan de que algúns residentes atópanse na mesma situación noutro edificio.

Un incendio e varias potentes explosións arruinaron a planta de fertilizantes. "Foi como unha bomba nuclear", declarou o alcalde do veciño municipio de West, Tommy Muska, quen sobrevoou en helicóptero a zona da catástrofe.


Amplo reportaxe na cadea de TV RT (crónica, testemuños, fotos, vídeos):
http://actualidad.rt.com/actualidad/view/92094-explosion-fertilizantes-texas-eeuu-heridos

Vista aérea de Punta Promontorio


___________

Vivir dignamente é un dereito! é unha campaña de denuncia social para esixir aos concellos e á Xunta que cumpran coa súa obriga de garantir este dereito

Desde o barrio de Coia, en Vigo, ás nosas compañeiras e compañeiros da Oficina Dereitos Sociais, que estiveron varias veces por Ferrol, para difundir a iniciativa da Renda Básica das Iguais, remiten-nos un interesante material, co que están realizando a campaña: "Vivir dignamente é un dereito! -  Asina a folla de denuncia social para esixir ao Concello e á Xunta que cumpran coa súa obriga de garantir este dereito".

Trata-se dunha iniciativa que ten coma obxectivo denunciar o crecente empobrecemento que están a padecer un gran número de persoas, neste caso dirixida aos veciños e veciñas do barrio vigués de Coia, extensivo a toda a cidade. Por outra banda pretende-se esixir ás administracións públicas que cumpran coa súa obriga de garantir que todas as persoas vivamos con dignidade sen que sexan vulnerados os nosos dereitos fundamentais.

O instrumento ideado para levar a cabo esta denuncia é a presentación masiva dun escrito exercendo o dereito de petición perante as administracións públicas con competencia en materia de servizos sociais (Xunta e Concello); escrito onde o asinante expón as súas circunstancias económicas e sociais e solicita unha Renda Básica que permita satisfacer con dignidade as súas necesidades básicas.

"Nestes momentos nos que a brutal dinámica que impón o sistema capitalista dominante, preocupado por salvagardar intereses mercantilistas e financeiros, fai que, quizais máis que nunca, a riqueza de todas se acumule en mans dunha minoría mentres a maioría carece do indispensable para vivir dignamente, é de xustiza esixir ás institucións públicas que se fagan responsables do benestar da cidadanía e que garantan, con políticas activas de integración e asistencia, e co reparto equitativo dos recursos, que todas as persoas vivan en condicións de igualdade e dignidade. Por todo isto esiximos unha Renda Básica que permita cubrir as necesidades básicas, cunha contía non inferior ao limiar da pobreza (863€/mes) e que ademais de percibirse de xeito individual sexa universal e incondicional".

Achegamos a documentación anexa:
Escrito de_peticion ao_Concello, en formato pdf
Escrito de_peticion_á Xunta, en formato pdf
Nota de Denuncia e Instrucción para cubrir as Peticións, en formato pdf
Volantina da Campaña, en formato jpg

Máis información en:

OFICINA DEREITOS SOCIAIS - COIA (ODS-Coia)
Atendemos os luns de 17h00 a 19h00 nos locais da parroquia do Cristo da Victoria en Coia (rúa Baiona 9, Vigo)
___________

Un novo buque, o "LNG Akwa Ibom", cargado con miles de toneladas de GNL/LNG, anuncia a súa entrada na Ría de Ferrol, con destino a Reganosa, para este Xoves 18 de Abril - O Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha acción de protesta e denuncia, na Praza Amada Garcia diante do Edificio da Xunta


NOVO HORARIO PARA A CONCENTRACIÓN: ÁS 8 DA TARDE.

O "LNG Akwa Ibom", un vello coñecido, pois foi un dos buques que o Comité Cidadán xunto a xente do mar conseguiu abortar a súa entrada no verán de 2007. O "LNG Akwa Ibom", é un buque gaseiro, de grande porte, cargado con miles de toneladas de GNL/LNG para a ilegal e perigosa Reganosa. Anuncian a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Xoves 18 de Abril de 2013. De entrar, serían 143 os buques cargados que cruzaron a canle, para atracar no peirao mugardés de Punta Promontorio, desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha acción de protesta e denuncia, consistente nunha Concentración Sonora, o mesmo Xoves, máis desta vez  ás 8 da Tarde, a Concentración terá lugar, en Ferrol,  na Praza Amada García, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.

10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas ?.

CONCENTRACIÓN EN FERROL,
PRAZA AMADA GARCIA
DIANTE DO EDIFICIO ADMINISTRATIVO DA XUNTA DE GALICIA,
ÁS 8 DA TARDE, DO XOVES 18 DE ABRIL.


Características do buque:
Ano Construción.- 2004. Bandeira.- Bermudas. Eslora.- 288 m. Manga.- 48 m. Puntal.- 62.75 m. Calado.- 12.32 m. Capacidade.- 141.000 m³ de GNL.

  • QUE SE CUMPRA A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO XA!
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
Tamén en Twitter :  @ComitCEmerxenc


Información baseada na enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
16 de abril de 2013 13:25

---

APOIO ECONÓMICO
O Comité Cidadán de Emerxencia, necesita apoio económico, para que poida desenvolver a súa actividade
CONTA DO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA
Para axudas económicas pode-se ingresar na conta corrente aberta no Banco Santander ao nome de:
Luz Marina Torrente e outros
Para ingresar desde unha oficina bancaria desde dentro do Estado:
00493315772894017995
Para ingresar desde unha oficina bancaria desde fóra do Estado:
ES 71 00493315772894017995
______________________

mércores, abril 17, 2013

A nosa loita labrega, ... Por Antón Sánchez e Manoel Santos

O 17 de abril celebramos o Día Internacional da Loita Campesiña. Facémolo dende que a Vía Campesina, unha organización que amorea máis de 200 millóns de labregos e labregas do mundo –na que tamén está integrado o Sindicato Labrego Galego–, establecera este día en lembranza dos 18 camponeses asasinados durante unha marcha do MST en Eldorado dos Carajás (Brasil) en 1996. Mais sobre todo facémolo porque acreditamos nesa vía, a campesiña, a do amor pola terra, pola comunidade e pola sustentabilidade, como a imprescindíbel para camiñarmos cara un mundo máis xusto, máis harmónico, máis solidario, máis noso. Un mundo que, como ben sabemos, leva xa décadas en guerra contra o mundo labrego, exercendo unha dominación sen paranza, afogándoo coa agroindustria, coa mercantilización de todo o humano, coa destrución do territorio, coa desertización inducida do rural, cos cultivos enerxéticos, coas multinacionais distribuidoras de alimentos de plástico, cos transxénicos, coa xeoenxeñería, coa opresión cultural. É, xa o dixemos moitas veces, un verdadeiro etnocidio, un holocausto provocado á mantenta por un sistema que nos leva á destrución. No contexto da Galiza nosa a situación é, coma en gran parte do planeta, desesperada. O noso rural ben podería describirse como a radiografía dun deserto. E, no entanto, a vía campesiña ben podería constituír unha alternativa, se cadra a mellor alternativa para, entre outras cousas, combater con efectividade esa condena dos nosos tempos que supón o desemprego. Case 300.000 galegos e galegas sen futuro visíbel. Un 55 por cento de mozos e mozas que só ollan como saída a emigración, e non só ao estranxeiro. A enorme emigración aos ámbitos urbanos está a producir, por una banda, unha gravísima desertización do espazo rural, que pode provocar, e de feito xa provoca, graves problemas ambientais, culturais e por suposto sociais, especialmente nas capas de poboación máis indefensas. Pola outra, os procesos de masificación nas ciudades crean poboacións moito máis dependentes, indefensas en períodos de crise, e un problema case irresolúbel no eido laboral, por canto as estruturas económicas dificilmente poderán xerar emprego para tales concentracións de persoas, o que pode derivar na xeración, aos poucos, de cintos de miseria urbana. Xa está a acontecer. Fronte a isto, a incorporación ao rural, á agricultura sustentábel, ben podería ser unha solución, ou cando menos parte dela. O goberno galego debería de ter como un dos seus obxectivos primordiais a creación de instrumentos que garantan o éxito da incorporación de persoas á actividade agrícola sustentábel e ao ámbito rural en xeral. Un mundo rural vivo sería o mellor futuro que lle poderiamos deixar neste país ás xeracións vindeiras. Porén, as axudas e instrumentos para a incorporación actuais amosan eivas que derivan nun alto índice de fracaso na implantación de novos proxectos, especialmente nos primeiros anos de vida. Falta de financiamento, falta de asesoramento, titorización e seguimento dos proxectos, falta de apostas pola investigación, falta de axudas aos gastos correntes no inicio da actividade, falta de políticas eficaces para o acceso á terra e falta de propostas audaces no acceso á vivenda no rural. Ao cabo, desleixo absoluto e falta de interese. Con algo de vontade política e un pouco de confianza no país non sería difícil pular polo que propomos. Poderiamos dotar de recursos técnicos e humanos ás oficinas agrarias comarcais para que estas asesoraran, axudaran e titorizaran a quen se incorporan á vida agraria. Tamén establecer plans de prácticas en explotacións agrarias, crear boas liñas de axuda ao circulante para o inicio da actividade, impulsar a colaboración entre concellos e o Bantegal para facilitar o acceso á terra, establecer medidas de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e os concellos para crear bolsas de vivendas no rural, crear medidas de potenciación dos mercados locais e estimular a creación de circuítos curtos de comercialización, ou potenciar de verdade sectores innovadores como a agricultura e gandería ecolóxicas, a fruticultura, a micoloxía. Que non hai alternativa ás políticas de austeridade? E un último apuntamento. Toda esta insoportábel situación agrávase máis aínda pola irreparábel perda da transmisión de coñecementos interxeracional, sen que exista nin un só plan efectivo para aproveitar eses saberes seculares, que ben poderían hoxe axudar a atenuar o etnocidio do que estamos a falar. Nisto agroma tamén o desprezo gobernativo polo que somos como pobo. Conectar os poucos que están cos que se incorporan de novo, as máis das veces sen experiencia algunha, non só revitalizaría o tecido económico do rural, senón que redundaría nun rexurdir do social, do comunitario, do cultural, de moito do que nunca debemos perder.

Artigo escrito por Antón Sánchez e Manoel Santos
Fonte: praza.com
______________

luns, abril 15, 2013

Concentración ante a entrada na Ría de Ferrol do LNG Madrid Spirit, cargado para Reganosa - Vídeo


E van 142 desde que o fixera o "LNG Galicia Spirit" en Maio de 2007. Unha nova concentración de denuncia e protesta tivo lugar en Ferrol, ante o aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, "LNG Madrid Spirit", xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, no corazón da nosa Ría.

O Comité Cidadán de Emerxencia convocou esta acción sonora a pesar do mal tempo e forte chuvia, o mesmo día que entrou o buque, o domingo 14 de Abril de 2013. A concentración comezou, pasadas ás 7 da tarde, na Praza Amada García, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia. O compañeiro Lalán, coordenador do Comité, pronunciou unhas palabras, para denunciar este despropósito gasista e anunciou novas accións do movemento opositor á planta regasificadora.


POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
Fotos:
Enlace coa Galería de Fotográfica de Susete'70.

Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
Twitter :  @ComitCEmerxenc


_________

sábado, abril 13, 2013

De novo, o "Madrid Spirit", buque gaseiro cargado con miles de toneladas de GNL/LNG, anuncia a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Domingo 14 de Abril - O Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha acción de protesta e denuncia


CONCENTRACIÓN SONORA
DOMINGO 14 DE ABRIL, ÁS 7 DA TARDE
NA PRAZA AMADA GARCIA
DIANTE DO EDIFICIO DA XUNTA

O LNG "Madrid Spirit", buque gaseiro de grande porte, cargado con miles de toneladas de GNL/LNG para a ilegal e perigosa Reganosa, ten anunciado a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Domingo 14 de Abril de 2013. Esta entrada dun buque cargado con gas natural licuado para Reganosa, supon xa a 142, desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha acción de protesta e denuncia, consitente nunha Concentración Sonora, o mesmo Domingo, ás 7 da Tarde, na Praza Amada García, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia


Características do buque gaseiro:
Nome: Madrid Spirit – Bandeira: España – Ano Construcción: 2004 – Eslora: 284,4 m – Manga: 42.5 m – Calado: 12.20 m – Puntal: 25.04 m – Capacidade.- 138.000 m³
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
Twitter :  @ComitCEmerxenc


Enviado por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
12 de abril de 2013 13:55
________________

Afetad@s pola desidia do goberno do PP, na adxudicación de vivendas protexidas de Recimil, reclaman unha solución: Adxudicación e entrega das vivendas Xa!


O que xurdiu como unha proposta da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, e acordada na pasada Asemblea de persoas que figuran na listaxe definitiva para acceder a unha vivenda protexida de propiedade municipal do barrio de Recimil, concretouse hoxe en Ferrol.

Esta Acción consistiu nunha concentración diante do Pazo Municipal, para dirixir-se posteriormente ao rexistro, onde un grupo de persoas afectadas fixeron entrega da reclamación para que se lles adxudique e entreguen xa, algunha das vivendas municipais liberadas.

No mesmo rexistro entregou-se un escrito, onde se solicitou unha reunión de urxencia co Sr. Alcalde, José Manuel Rey Varela e co concelleiro e concelleira, responsábeis de patrimonio e benestar social. O obxectivo da reunión, sería para trasladar-lles as queixas e demandas da Rede. Á xuntanza asistiría unha Comisión de persoas afectadas, xurdida da Asemblea do pasado 10 de Abril de 2013, composta por Laura Luz, Rosa, Ada Luz e Estefanía que estarían acompañadas por membros da Rede de Apoio Mutuo, Elena e Francisco que foron elixidos hoxe, en Esteiro, na asemblea semanal ordinaria de Stop-Desafiuzamentos.

Para finalizar tivo lugar unha Asemblea onde  veciñas afectadas falaron da súa situación persoal e familiar, reclamando unha vivenda digna. Os medios de comunicación local están recollendo con interese esta loita social [*]. O drama persoal que están sufrindo moitas destas familias, converten esta loita no centro de preocupación e entrega dentro da Rede, o que require de moito compromiso e paciencia, por tod@s @s activistas e afectad@s.

Fotos: Susete'70.


[*] Noticias:
Os solicitantes dunha vivenda municipal en Ferrol colapsan o rexistro do Concello | O alcalde anuncia a entrega de pisos en Recimil «nos próximos días» | ROCÍO PITA PARADA FERROL 12/4/2013 19:20 h  [Ir á web]

As persoas en lista de espera para unha vivenda de Recimil esixen que se axilice a súa entrega | REDACCIÓN FERROL | Actualizado 12 Abril 2013 - 13:09 h. [Ir á web]

Os rostros da espera por Recimil | As familias que agardan por un piso reclamarán hoxe ao Concello a súa entrega | Rocío Pita Parada ferrol / a voz 12/4/2013 [Ir á web]

Solicitantes de pisos en Recimil levarán a súa protesta ao Concello | Presentarán escritos para forzar a súa entrega e acudirán ao pleno | Rocío Pita Parada / Ferrol / La voz 11/4/2013  [Ir á web]

Os solicitantes de pisos de Recimil presentarán reclamacións no Concello
REDACCIÓN FERROL | Actualizado 11 Abril 2013 - 01:40 h. [Ir á web]

Aumenta a presión para que se entreguen pisos baleiros en Recimil | O Concello asegura que non hai ningún en condicións de habitabilidade | Rocío Pita Parada / Ferrol / La voz 9/4/2013  [Ir á web]


Stop-Desafiuzamentos (Adherida ás PAHs) - Comisión Dereito a unha Vivenda Digna, da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra.

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

No facebook:
http://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosFerrolTerra/
________________

venres, abril 12, 2013

Achégase a data de lanzamento de "Galiza Ano Cero" mais... Que é "Galiza Ano Cero"?

Galiza Ano Cero é un canal de televisión sen ánimo de lucro na internet. Contidos producidos de maneira colectiva e horizontal, en código aberto e con transparencia, da comunidade para a comunidade, e difundidos baixo unha licenza Creative Commons Recoñecemento - Non Comercial - Compartir Igual (CC BY-NC-SA). Dende abaixo á esquerda. Outra televisión.

Galiza Ano Cero é unha comunidade aberta. Unha rede de grupos de traballo que poñen en común ideas, afectos e man de obra para construír unha ferramenta, non unha mercadoría. Calquera pode entrar e saír de Galiza Ano Cero. Calquera pode facerse oír e traballar. Será o que todas queiramos que sexa.

Galiza Ano Cero é un banco de tempo administrado colectivamente pola comunidade. Unha ferramenta que permite afrontar todas as tarefas derivadas da produción de contidos de maneira democrática e sustentábel, optimizando esforzos e recursos e permitindo a implicación de calquera.

Galiza Ano Cero é unha asociación cultural que dá soporte á comunidade e ao canal de televisión. Unha asociación autofinanciada mediante as cotas das socias e as doazóns de calquera que se constitúe ao mesmo tempo que nacen o canal e a comunidade e que será, tamén, o que todas queiramos que sexa.

Galiza Ano Cero é un portal web, www.galizaanocero.tv, e unha constelación de redes sociais. Un obradoiro coas paredes de cristal no que a comunidade e o canal se expresan, traballan e escoitan, á vista de calquera. Nada que ocultar.

Galiza Ano Cero está a piques de comezar a emitir dous programas quincenais, un de debate político e outro de entrevistas. Contidos plurais, pero non equidistantes.

E isto é só o principio. O resto decidímolo entre todas.


WEB:
http://www.galizaanocero.tv,

Facebook:
https://gl-es.facebook.com/galizaanocero

Todos somos negros, ... Por David Rodríguez

Por David Rodríguez [*]
12.04.2013


Hai tempo escoitelle ao cómico Javier Cansado algo así como que el non lía ningún libro ao que non lle tivesen pasado por riba algúns aniños. Un xeito de garantir que só se perderá enerxía lendo aquilo con capacidade de trascender o meigallo da novidade e de sobrevivir á conxuntura do presente. 

Como un fai algo semellante cos produtos televisivos, aínda estiven vendo estes días a primeira temporada de The Wire, a trama policial ambientada na cidade de Baltimore que, a dicir do seu director David Simon, tenta mostrar como "o capitalismo salvaxe e sen freos despreza aos seres humanos". 

Asistindo como espectador ao día a día da barriada afroamericana que só atopa no tráfico de drogas un xeito de integración e de ascensor social, veume á cabeza, aínda que pareza paradoxal, aquel artigo 14 da Constitución de Haiti de 1805 que proclamaba: "Todos os cidadáns, de aquí diante, serán coñecidos pola denominación xenérica de negros". 

A máxima haitiana recoñecía a cidadanía universal a base obviar os mil matices de pel e de identificar ao todo coa parte máis excluída. Na nosa época de contrarrevolución, imitar o xesto haitiano non redundará nun maior recoñecemento de dereitos pero polo menos axudará a tomar consciencia de cal é o lugar do que partimos. A ver se me explico.

Cando un ve The Wire, ten a impresión de que o modelo Baltimore, que o xeógrafo marxista David Harvey, concidadán tamén dese lugar, ten analizado nalgún dos seus libros, pode estar máis preto de nós do que pensamos. Baltimore, di Harvey, ten unhas "corenta mil casas baleiras" pero "as concentracións de persoas sen fogar, a existencia de desemprego e de pobres empregados é evidente en todas partes. As fileiras nas cociñas económicas fanse cada vez máis longas e os centros de beneficencia de moitas igrexas están sobresaturados.As desigualdades medran a pasos axigantados. Os masivos recursos educativos da cidade están vetados para os nenos que viven alí. Os colexios públicos están nun estado lamentable. A pobreza crónica e todo tipo de signos de dificultades sociais reinan á sombra dalgunhas das mellores institucións médicas e de saúde pública do mundo, que son inaccesibles para as poboacións locais." Acaso non comezan a ser todas estas cousas familiares nesta nosa Europa do sur que pouco a pouco se vai desenganchando da utopía de benestar e capitalismo domésticado que quería ser a Unión Europea? 

Pero, ademais destas condicións materiais, temos algo máis en común co Baltimore de David Harvey e de The Wire que tamén traballa a favor da consigna "Todos somos negros": hoxe que en Europa o movemento obreiro é unha caricatura do que foi, as maiorías sociais nosas teñen tan extirpadas como as clases populares norteamericanas a cultura de esquerda e as ferramentas ideolóxicas e organizativas propias daquela. Tamén neste aspecto estamos xa igualados co centro do imperio. 

En coherencia con isto, se cadra, non estaría mal revisitar, como recordou Rebeca Baceiredo recentemente, as maneiras dun movemento que tratou de ofrecer unha estratexia viable nese contexto: os Black Panthers. Se un procura na rede o nome de Emery Douglas, o seu Ministro de Cultura, vai atopar unha obra gráfica que o introducirá de xeito rápido e ameno nas cuestións a que dedicaban os seus esforzos os Panteiras Negras dentro das comunidades negras estadounidenses: crear programas de educación, de alimentación e de saúde accesibles ás clases populares. Isto é, programas encamiñados a articular unha sociedade completamente alienada e a dotarlle do Estado do Benestar que as institucións lle negaban. 

Esta é unha estratexia lóxica para quen queira crear conciencia política onde non a hai. É a estratexia seguida tanto polo chavismo como pola estrema dereita grega, dous movementos antagónicos mais con igual vontade de seren masivos. Se o tempo verifica que ese "capitalismo salvaxe e sen freos no que se despreza aos seres humanos", do que falaba David Simon, chegou aquí para ficar, a nosa esquerda patria mellor faría en ir considerando a posibilidade de aplicala.

O Funambulista Coxo

Publicado o 2 de Abril de 2013 no blogue ofunambulistacoxo.blogspot.com.

[*] David Rodríguez Rodríguez (Vigo, 1975) mantén o blogue http://ofunambulistacoxo.blogspot.com desde o ano 2005. É autor das obras de teatro radiofónico O Bambán e Nunca me esquecerei de ti (gañadora e finalista respectivamente do I e IV Premio de Teatro Radiofónico do Diario Cultural). Escribiu o poemario Lapidarias. Os versos escuros e participou no libro colectivo Non conciliados. Argumentos para a resistencia cultural.

Ártabra 21: David Rodríguez: Palabras para a guerra en curso - Retomando a Palabra (Libro) - Descarga:
______________

Outros interesantes artigos relacionados:

Ártabra 21: Esquerda partidaria en Galiza. Un escenario aberto , ... Por David Rodríguez
Ártabra 21: As falsas polarizacións, ... Por David Rodríguez
__________________

En Ferrol, este Venres, 12 de Abril ás 20 hs. : Conferencia Carlos Jiménez Villarejo ExFiscal Anticorrupción, no Centro Cultural Carvallo Calero do Inferniño

A Asociación Cultural Fuco Buxán comprácese en convidalo á Conferencia 'Xuíces: A presencia do franquismo', que servirá de marco para a presentación do libro titulado: 'Xuíces, pero parciais. A pervivencia do franquismo no Poder Xudicial', de Carlos Jiménez Villarejo e Antonio Doñate Martín. No acto intervirá o propio autor, ExFiscal Anticorrupción.

Carlos Jiménez Villarejo, Fiscal desde 1962, militóu na oposición antifranquista. Foi cofundador en 1972 da Asociación Justicia Democrática, membro da Unión Progresista de Fiscales, por eses anos tamén militóu no PSUC. Foi Fiscal-Xefe da Audiencia Territorial de Barcelona ate 1995, data na que asume a Jefatura da Fiscalía Especial Anticorrupción. No ano 2003, gobernando o PP, foi cesado deste posto por razóns estritamente políticas. Na actualidade mantén actividades civís no eido da defensa dos dereitos humanos, se ten identificado coa defensa da Lei de Memoria Histórica, tamén de Baltasar Garzón. Villarejo é membro fundador da Plataforma contra la impunidade e colabora con artigos peridísticos e académicos.

O franquismo e os seus fundamentos autoritarios e antidemocráticos continúa estando presente entre nós (...) A dereita que goberna España ten fixado un horizonte de autoritarismo que irá facendo efectivo e patente si a reacción social e política non teñen a realidade e a forza necesaria para impedirlo (...) A actual deriva autoritaria necesitará, e contará sen dúbida, da colaboración do Poder Xudicial” (do epílogo do libro)


Venres, 12 de abril 2013, ás 20,00 hs, Salón de Actos do C.C. Carvalho Calero do Inferniño - Ferrol

Rúa Armada Española, 32 baixo- 15406 - Ferrol
Apartado Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telefono. 981325492
www.fucobuxan.net
fucobuxan@yahoo.es

Enviado por:
fucobuxan
-fucobuxan@gmail.com-
12 de abril de 2013 00:15

_____________

Atividades Fundaçom Artábria fim de semana 12 e 13 de abril de 2013 - Mofa e Befa apresentam "Cozinha Económica" - Concerto de Xosé Constenla


Mofa e Befa apresentam "Cozinha Económica" o próximo 12 de abril

Mofa e Befa apresentam "Cozinha económica" no nosso Centro Social. Será o próximo 12 de abril às 22hs. O preço do bilhete é de 5 euros e 4 euros se és associada à Fundaçom Artábria.

Mofa e Befa ponhem os seus aventais, arremangam-se e metem na cozinha a fazer o que eles melhor sabem, que nom é nem fritir um ovo nem preparar umha caldeirada de bertorelha, nem tam se quer descascar patacas. Cozinham as risas que lhe arrincan ao público, que assiste enganado, as vezes mesmo obrigado (todos temos compromissos ineludíveis) à representaçom.

Dous modos de cocinhar diferentes: o da cozinha económica, onde nom se poupa nada e onde se pratica a liberalidade absoluta com os ingredientes e o da cozinha KaKofónica onde postos a poupar, poupam até nas vocais das palavras com as que explicam a receita.



Concerto de Xosé Constenla este sábado no Centro Social


Xosé Constenla volta ao nosso Centro Social. Será o próximo sábado, 13 de Abril, às 22.30 horas.
O preço do bilhete é de 3 euros para sóci@s e 5 euros para o público em geral.

Podes ter mais informaçom deste cantor compostelano visitando o seu blogue premendo aqui [+]

--
Travessa de Batalhons nº7   Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone:  +34 981 35 29 86
www.artabria.net

Segue-nos em twitter @fartabria e em facebook!


A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia. Código de Identificaçom Fiscal (CIF):  G15645518.

Enviado por:
Fundaçom Artábria
-artabria@artabria.net-
10 de abril de 2013 01:45

______________

Como en toda Galiza, a CIG saíu en Ferrol á rúa contra as últimas reformas que precarizan as condicións laborais da mocidade, dificultan as xubilacións anticipadas e o acceso ao subsidio a maiores de 55 - Seixo chama a preparar novas mobilizacións, sen descartar unha folga xeral antes do verán, ante o anuncio do PP de novas reforma


Seixo chama a preparar novas mobilizacións, sen descartar unha folga xeral antes do verán, ante o anuncio do PP de novas reforma

A CIG celebrou esta tarde concentracións en todas as cidades para manifestar o seu rotundo rexeitamento ás últimas reformas aprobadas polo goberno de Mariano Rajoy. Medidas que precarizan as condicións laborais da mocidade; que dificultan as xubilacións anticipadas e que endurecen as condicións para acceder ao subsidio a maiores de 55 anos. En Compostela, o secretario xeral, Suso Seixo, alertou de que o PP prepara unha nova batería de reformas que pretende aprobar no Consello de Ministro do 26 de abril, contra as que “haberá que preparar novas mobilizacións, sen descartar a convocatoria dunha folga xeral antes do verán”, dixo.

O secretario xeral da CIG denunciou as últimas medidas aprobadas en Consello de Ministros. Nomeadamente o R.D. Lei 4/2013, do 22 de febreiro, polo que se aproba un plan de contratación a menores de 30 anos e modifícase a regulamentación das ETTs, entre outros, e o R.D. Lei 5/2013, do 15 de marzo, no que tamén se muda a regulamentación e requisitos para a xubilación parcial e anticipada; o fomento da xubilación en activo e recórtase o subsidio de desemprego para maiores de 55 anos.

Para Seixo estas medidas non supoñen nada novidoso con respecto ao que veñen sendo as políticas do PP, “ recortar dereitos, proporcionar man de obra barata á patronal e sacar medidas especialmente duras cos sectores máis desfavorecidos e os que están a sufrir de forma máis directa as consecuencias da crise económica”, denunciou.

A este respecto subliñou a gravidade de aprobar unha nova regulamentación para os contratos a menores de 30 anos, subvencionados, que permiten salarios inferiores aos 500 euros e, nalgúns casos, mesmo sen dereito a prestación. Regulamentación que vén  empeorar as xa precarias condicións contempladas nos contratos de formación e prácticas.

Denunciou que se favoreza a contratación de xubilados/as mantendo o 50% da súa pensión, nunhas condicións moi beneficiosas para a empresa. Unha medida coa que se dificulta, dixo “a incorporación ao mercado laboral de traballadoras/es en paro e que é, na práctica, discriminatoria no sentido de que non todos os xubilados/as chegan a esa idade nas mesmas condicións físicas e económicas”.

Tamén denunciou que se retrase a idade de xubilación parcial dos 61 aos 63 anos, camiñando aos 65 anos para o ano 2027, así como o atraso da idade de xubilación anticipada: a voluntaria de 63 a 65 anos, con 35 anos de cotización e a forzosa, de 61 a 63 anos, con 33 anos de cotización. “Fórzase así a manter no emprego ás persoas de sectores que precisan dun forte desgaste físico e dificúltase o acceso ao emprego de parados/as”.

Xunto a isto, sinalou que se dificulta ou retira un dereito a un colectivo de traballadores/as dos máis afectados pola crise e con máis dificultades de volver a atopar emprego: o de maiores de 55 anos. “Para ter dereito ao subsidio de desemprego a renda per cápita familiar non pode superar o 75% do SMI e sofren un prexuízo duplo ao privalos duns ingresos, pero tamén dunha cotización para a xubilación”. Unha medida que para Seixo é exemplo da visión “clasista e elitista” da sociedade que ten o PP.

Máis reformas o 26 de abril

Respecto do anuncio dun novo paquete de reformas a aprobar no Consello de Ministros do vindeiro 26 de abril, advertiu que o que se pretende, por exixencia da UE, é abaratar máis o despedimento; rebaixar os salarios; subir os impostos indirectos e non revalorizar as pensións en función da carestía da vida.

Séguese a insistir nas políticas de sempre, que non serven para reactivar a economía e saír da crise. Políticas que pretenden que os custos da crise caian nas clases populares”, denunciou, “mentres a banca e as grandes empresas campan ás súas anchas, fan despedimentos masivos e seguen evadindo impostos a través dos paraísos fiscais”.

O secretario xeral da CIG lembrou que nestes anos incrementáronse os cartos depositados neses paraísos fiscais, que xa ascenden a 24 billóns de euros. “Estamos a falar pois dun goberno de monicreques, dun PP vinculado á corrupción e dunha UE ao servizo da banca. Unha UE que mentres exixe austeridade e duras reformas económicas, colabora na especulación coa débeda pública levando aos estados á ruína e empobrecendo a millóns de cidadáns”, concluíu.

Ante esta situación proclamou que o goberno do PP “non nos representa” e que esta UE, “non nos interesa” e fixo un chamamento a seguir a mobilizarse, atentos/as ás medidas que se aproben o día 26 porque se son segundo o previsto “haberá que preparar novas mobilizacións, sen descartar a convocatoria dunha folga xeral antes do verán”.

Fonte: Avantar.
Fotos: Susete'70.
___________________

xoves, abril 11, 2013

Estrea na Galiza do documental "Co teu diñeiro", de Iker Espúñez


As organizacións AMARANTE Setem e Fiare Galiza en colaboración con Adicae, Coop57 e AIS O Peto, organizan a presentación e proxección do documental "Con tu Dinero" que pretende facer ver algunhas das malas prácticas das entidades bancarias, desde inversións en armas até desfiuzamentos de familias desfavorecidas.

A proxección deste documental contará coa presenza do seu director, Iker Espúñez (que se despraza a Galiza exclusivamente para estar presente nas sesións) nas cidades de Vigo e Pontevedra. Asemade con posterioridade esta actividade desenvolverase noutras moitas cidades e vilas do país.

Neste documental no que non se pretende sentar cátedra, tamén se presentan alternativas ao actual sistema bancario, a través da banca ética e as redes de economía alternativa no que se busca que cada persoa tire as súas propias conclusións.

O documental está producido por MOBIOLAK. Dura cerca de 70 minutos e despois da súa proxección haberá unha charla-coloquio con responsábeis de Amarante Setem, Fiare Banca Ética e máis representantes de COOP 57, AIS O Peto e Adicae, e na que poderá participar todo o público asistente.

A entrada será libre até completar aforo.

Proxección do documental.

Compostela: Martes, 16 de abril de 2013, ás 19:00 horas, na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da U.S.C., Avda. do Burgo s/n, Campus Norte.

Vigo: Mércores, 17 de abril de 2013, ás 19:30 horas, no Centro Cívico de Teis, Rúa Camiño Maceiras s/n.

Pontevedra: Xoves: 18 de abril de 2013, ás 20:00 horas no Teatro Principal, R/ Paio Gómez Chariño 6.

PARA MÁIS INFORMACIÓN OU SOLICITAR UNHA ENTREVISTA CO DIRECTOR DO DOCUMENTAL
Pode-se contactar con: Xosé Luís Riveiro
Tlef: 658 019 221
ou correo-e:  xolosinho@gmail.com


SINOPSE:


Este documental pretende reflexar as prácticas financeiras alternativas á banca convencional que podemos atopar na actualidade no estado español.

A crise, motivada en grande parte por prácticas bancarias de dubidosa legalidade, abriu na sociedade un debate sobre a forma na que tanto os bancos como as caixas de aforros xestionan o diñeiro que depositan os/as seus/súas clientes/as. Até qué punto a sociedade é consciente da forma en que se emprega o seu diñeiro?

Con este documental pretendemos facer ver algunhas das malas prácticas das entidades bancarias:inversións en empresas de armamento, en multinacionais con amplos historiais de incumprimento de dereitos laborais e humanos dos/as traballadores/as, en empresas enerxéticas que realizan obras ecoloxicamente inadmisíbeis en países do sur cuxa poboación está desprotexida por ausencia de lexislación ou gobernos corruptos, desfiuzamentos, etc.

Miles de personas prexudicadas no mundo polas accións de empresas avaladas, financiadas e habitualmente impulsadas por entidades bancarias que, mentres no seu ámbito local presumen de transparencia e empregan o marketing como un constante lavado de imaxe, utilizan o diñeiro dos seus clientes para xerar máis diñeiro sen preocuparse polas consecuencias que conleva.

Ante esta situación presentamos alternativas: a banca ética e as redes de economía solidaria. Dentro da banca ética este documental focaliza grande parte do seu discurso en FIARE, cooperativa de aforro e crédito de creación relativamente recente que, ano tras ano, realiza unha actividade exemplar neste ámbito, e que en Galiza conta xa cunha forte implantación e co apoio de moitas persoas e entidades socias.

PROTAGONISTAS:

En “Con tu dinero” quíxose dar voz a persoas e organizacións involucradas nunha banca ética, social e limpa, como por exemplo:

FIARE. Peru Sasia, director e un dos fundadores do proxecto Fiare, un banco ético de implantación en todo o estado. Do mesmo xeito, organizacións que obtiveran crédito nalgún dos campos aos que Fiare presta o seu apoio.

SETEM. Alberto Cereijo, director da ONGD Setem Hego Haizea, e unha das persoas responsábeis da campaña Finanzas éticas desta organización.

Oikocredit. É unha das principais institucións financerias privadas de inversión para o desenvolvemento no mundo, sobre todo en países do sur.

Representantes de redes de economía solidaria.

Arcadi Oliveres. Profesor universitario. Poderiamos dicir, unha “personalidade” na materia que tratamos, con grande facilidade de palabra e grandes dotes comunicativas.

Jordi Calvo. Centro Delás de Estudios pola Paz de Justicia i Pau. Participante das campañas “BBVA sen armas” e “Santander sen armas”.

COOP57. É unha cooperativa de servizos que destina os seus recursos propios a dar préstamos a proxectos de economía social que promovan a ocupación, fomenten o cooperativismo, o asociacionismo e a solidariedade en xeral, e promovan a sostibilidade sobre a base de principios éticos e solidarios.

Jesús Carrión. ODG-Observatorio da débeda na globalización. É un centro de investigación das relacións Norte-Sur e da xeración de débedas contraídas entre comunidades durante o actual proceso de globalización.
Juan Hernández Zubizarreta. Profesor da UPV-EHU.

Completan o documental: Centre Delás (Justicia i Pau) / Plataforma contra el BBVA / Ivanei Dalla Costa - MAB / Javier Ortega - Cooperativa Grupo La Veloz / Ugo Biggeri - Banca Popolare Etica / Iñigo Hernani - La montañuela Rosa / Miró - Coop57 / Ramon Pascual - Coop57 / Jorge Berezo - Oikocredit Euskadi / Carlos Ballesteros - Fiare / Cristina de la Cruz - Fiare / Carlos Askunze - Reas / Andrés Esteban - Financiación Solidaria (Zaragoza) / Fernando Sabín - Mercado social de Madrid / Santiago Membibre – Peñascal Kooperatiba / Carlos Taibo - Universidad Autónoma de Madrid.

Asociación Galega AMARANTE Setem
Rúa de San Pedro, 67
15705 COMPOSTELA
Telefax 881 978 705
www.amarantesetem.org


Enviado por:
AMARANTE Setem
-amarantesetem@amarantesetem.org-
11 de abril de 2013 12:49
_________________

Manifestación en Carballo, o domingo 14 de Abril, en defensa de Corcoesto e Bergantiños, contra o destrutivo proxecto mineiro

O domingo que vén, a Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños convoca unha manifestación contra a mina de Corcoesto en Carballo. Será a manifestación central das mobilizacións que estamos a facer, por iso queremos conseguir un bo número de persoas nela.

Creamos un evento no facebook, para difundila. Tamén se pode mandar a información por correo, por teléfono, ou en persoa. Por favor, difundide, compartide e convencede. Temos que ser unha morea de xente! Hai que parar este proxecto que podería supoñer un grave precedente. Non é só un problema de Corcoesto. Non é só un problema de Bergantiños. Corcoesto é o inicio dunha inmensa desfeita programada de norte a sur: a veta Malpica-Tui.

Falemos agora, para que calen para sempre!

Agardámoste o domingo ás 12:00 en Carballo, no aparcamento do Haley, para dicirlle á Xunta con voz alta e forte que Bergantiños, que Galiza, non quere esta mina destrutiva no seu territorio.

Fonte: Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños.
______

Afetad@s pola desidia do goberno local de Ferrol, na adxudicación de vivendas protexidas de Recimil, reclaman unha solución

SOLIDARIZATE E APOIA, ÁS PERSOAS AFECTADAS POLA DESIDIA DO GOBERNO MUNICIPAL DO PP FERROLÁN, NA ADXUDICACIÓN DAS VIVENDAS PROTEXIDAS DE RECIMIL, PARTICIPANDO ESTE VENRES 12 DE ABRIL, ÁS 11.30HS DIANTE DO CONCELLO DE FERROL.

Afetad@s pola desidia da Xunta de Goberno Local de Ferrol, na adxudicación de vivendas protexidas de Recimil, reclaman unha solución a súa situación de falta de vivenda.


O mércores 9 de abril, desde as 6 da tarde, tivo lugar unha Asemblea de persoas que figuran na listaxe definitiva para acceder a unha vivenda protexida de propiedade municipal do barrio de Recimil. No transcurso da Asemblea escoitaron-se testemuños de situacións dramáticas. Houbo un debate a fondo sobre o que estaba pasando coas vivendas de Recimil desde 2010.

Acordou-se presentar o vindeiro Venres 12 de Abril, ás 11:30hs, no rexistro do Concello a seguinte reclamación:

" ...

EXPOÑO:

Que por resolución da Xunta de Goberno Local, figuro na listaxe definitiva para acceder a unha vivenda protexida de propiedade municipal do barrio de Recimil, co nº___. Que sei que hai vivendas baleiras aptas para vivir que só necesitan sinxelas reformas ou reparacións. Que non se pode permitir que estean tapiando as vivendas baleiras e pola contra estas non se adxudiquen.  Que a miña situación económica segue sendo moi difícil e que necesito que se me adxudique unha vivenda sen demora.

...

SOLICITO:

Que teñan a ben atender esta reclamación e se me adxudique e entregue xa, algunha das vivendas baleiras protexidas de propiedade municipal do barrio de Recimil.

...
"

Ao tempo acordou-se nomear unha Comisión de persoas afectadas, acompañada por persoas da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra que soliciten unha reunión co Sr. Alcalde, José Manuel Rey Varela, para reclamar as nosas demandas.



Stop-Desafiuzamentos (Adherida ás PAHs) - Comisión Dereito a unha Vivenda Digna,
da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra.

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

No facebook:
http://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosFerrolTerra/
_____________________

luns, abril 08, 2013

Convocatoria da XX Asemblea Plenaria do Encontro Social de Ferrol Terra – Martes 9 de Abril de 2013

XX Asemblea Plenaria do Encontro Social de Ferrol Terra

Proposta de obxectivos e orde do día para a XX Asemblea Plenaria do proceso de construción do Encontro Social de Ferrol Terra, acompañado da Rede de Apoio Mutuo.

Día: Martes 9 de Abril.
Lugar: En caranza, no local de Arméria Soc. Coop. Galega, na Traseira do Mercado Municipal.
Horario: de 19:00 a 21:00 horas.

A proposta de obxectivo da reunión, é a de debater e acordar sobre:
o Encontro; Arméria Soc. Coop. Galega: Consello Reitor, Tenda de Troco, Locais, ....; a Rede de Apoio Mutuo (STOP-Desafiuzamentos, ...); Informar e decidir sobre a proposta de Radio Buguina para a acción unitaria "Carga de Dignidade"; ...

Proposta de orde do día:

Punto previo: Aprobación ou modificación da orde do día.
  1. Pasos que se están dando para ultimar a legalización de Arméria Soc. Coop (escritura Pública, CIF e contas).  E sobre os locais da Traseira do Mercado Municipal de Caranza e outros asuntos da Cooperativa. Tenda de Troco.
  2. Rede de Apoio Mutuo. Proposta de actividade para promover o traballo nas hortas de Canido e Caranza. STOP-Desafiuzamentos. Alimentos Solidarios. Peto Solidario. Comisión de Xustiza Social.
  3. Información e toma de decisións sobre a proposta de Radio Buguina para a acción unitaria "Carga de Dignidade"; ...
  4. Outros asuntos de interese, propostas, rogos e preguntas.
Moderará a reunión Bea Cana.

Ferrol Terra, 5 de Abril de 2012
__________________

O "Plan de Oportunidades", as vivendas protexidas de Recimil e a Asemblea convocada por Stop-Desafiuzamentos


Desde hai días Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, está activando a reivindicación de entrega das vivendas protexidas de Recimil. Diante da reclamación de entrega dunha vivenda de emerxencia social ás persoas que quedaban desamparadas polos desafiuzamentos nos últimos meses, recibiamos sempre a mesma resposta: "non hai vivendas en Recimil en disposición para entregar". Os servizos sociais non dispoñen deste recurso para solucionar os problemas de grave emerxencia social. Mais o Alcalde en varias roldas de prensa, actos e mesmo cando presentou o seu "Plan de Oportunidades", facía mención a estas vivendas e daba cifras, mesmo falaba de orzamentos. Non sabemos onde van os orzamentos dispostos do pasado ano, nin que o que se está a facer cos deste. O único que sabemos é a resposta dos servizos sociais, de que eles só teñen os recursos que ofrecen. Os responsábeis políticos unha vez máis, ou menten ou son uns irresponsábeis. Non só non son capaces de adecuar unhas poucas vivendas para emerxencia social, senón que non teñen pensado dar resposta ás necesidades de 116 persoas con escasos recursos, que están á espera de que se lles entregue unha vivenda protexida en Recimil desde o pasado mes de Xullo, que foi cando se publicaron as listas definitivas de persoas que reúnen os requisitos para ser adxudicatarias.

Desde as nosa filas teñen-se entregado chaves ao Concello de vivendas aptas para vivir, mais o Concello o que fixo foi tapiar as vivendas que se lle entregan ou que atopa deshabitadas. O sistema é: previa visita da policía para comprobar se vive alguén na vivenda, chegan un par de operarios no nome do Concello, retiran a manilla da porta e a tapian con tixolo e logo pintan de marrón escuro. A pasada semana xa ían máis de 60 vivendas tapiadas. Mentres a xente está sen vivenda o Concello dedicase a tapialas. Que é o que está pasando?

Diante desta situación Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, comezou unha actividade de localización e contacto coas persoas que figuran na lista de espera, para activar unha campaña de demanda aos responsábeis municipais, para que poñan a disposición das persoas afectadas as vivendas protexidas de Recimil xa.

Nunha Asemblea previa celebrada a finais de marzo, en Esteiro, acordou-se convocar unha nova Asemblea de persoas afectadas, co noso apoio, coa intención de definir xa unha serie de accións encamiñadas a conseguir os citados obxectivos dunha morada onde poder vivir.

A citada Asemblea terá lugar o vindeiro Mércores, 10 de Abril, ás 6 da tarde, no Centro Cultural Carvalho Calero do Inferniño.

Ferrol, a 7 de Abril de 2013

Stop-Desafiuzamentos (Adherida ás PAHs) - Comisión Dereito a unha Vivenda Digna,
da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra.

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

No facebook:
http://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosFerrolTerra/


Enviado por:
Foro Social de Ferrol Terra
-forosocialdeferrolterra@gmail.com-
8 de abril de 2013 00:51
_____________________

martes, abril 02, 2013

A Plataforma para a Defensa das Fragas do Eume após un ano desde o fatídico incendio que arrasou unha boa parte do Parque Natural

   De Marzo de 2012 a Marzo de 2013. A finais deste mes de marzo cumprirase un ano do fatídico incendio que arrasou unha boa parte do Parque Natural das Fragas do Eume.

UN ANO MÁIS DE INOPERANCIA E DESPREZO ÁS FRAGAS DO EUME

A finais deste mes de marzo cumprirase un ano do fatídico incendio que arrasou unha boa parte do Parque Natural das Fragas do Eume. As Fragas do Eume é a unhas das xoias medioambientais de Galicia, pois é o bosque de clima atlántico mellor conservado de todo Europa. Nel atopase case a totalidade da fauna e da flora que existe en Galiza e incluso podemos atopar neste recuncho de difícil acceso especies case desaparecidas no resto do planeta. Mais o dito con anterioridade tan só serviu para que a Xunta de Galicia declarase este bosque como o Parque Natural das Fragas do Eume o 30 de Xullo de 1997. Declaración fortemente contestada polo propietarios das fincas ubicadas nas 9.126 hectáreas nas beiras do río Eume, concretamente nos concellos da Capela, Monfero, Pontedeume e As Pontes ao limitarlles a explotación forestal sen contraprestación económica ou doutra índole.

Despois de máis de 15 anos da declaración do Parque Natural e dun incendio que chegou ao corazón da fraga desde a Plataforma para a Defensa das Fragas non podemos máis que indignarnos pola deixades absoluta coa que actuaron os distintos gobernos da Xunta de Galicia por non terse aprobado o PRUX (Plan Reitor de Usos e Xestión) do Parque.

A falla de previsións e a descoordinación na extinción do incendio por parte da Dirección do Parque e da Xunta de Galicia fixo que a indignación popular se reflectise en concentracións por toda Galiza que foron contestadas con boas palabras por parte dos responsables políticos pero que na práctica non chegaron máis aló pois o certo e que despois dun ano do incendio tan só se actuou timidamente e nas zonas visibles (entorno do mosteiro, estradas asfaltadas) coa colocación dalgunha barreira vexetal para evitar a erosión producida pola chuvia. No corazón da fraga xusto onde as ladeiras son máis empinadas non se fixo ningún tipo de actuación e polo tanto a erosión foi e é moi alta con frecuentes desprendementos durante todo este inverno. A vexetación que esta colonizando a zona queimada son principalmente eucaliptos e no mellor dos casos xestas, toxos e fentos que se van converter en combustible para futuros incendios. Unha inspección as zonas máis danadas deixan en evidencia que moitas árbores autóctonos, mesmo centenarias non van abrochar nesta primavera ou no mellor dos casos que sexa a súa derradeira primavera con vida por culpa de ter a codia morta en todo o seu perímetro. A deixades da administración no tocante a recuperación do parque e en traballar para evitar a continua eucaliptización do parque non existiu nin co anterior director do parque Luís Costa nin co actual Jorgue Vázquez e proba da absoluta insensibilidade que existe por parte dos distintos gobernos da Xunta e Goberno do Estado e o feito que no Real Decreto-lei 25/2012 se excluíse de xeito intencionado o Parque Natural das Fragas do Eume pois dito Real Decreto só prevé medidas de apoio as persoas e os bens afectados polos incendios ocorridos desde o 1 xuño de 2012. O mesmo Real Decreto mesmo ignora o incendio das Fragas do Eume pese a repercusión nos medios de comunicación de europeos.

http://www.boe.es/boe/dias/2012/09/08/pdfs/BOE-A-2012-11409.pdf

Desde primeros del mes de junio se han producido grandes incendios en distintos puntos de la geografía española que han calcinado miles de hectáreas y movilizado numerosos medios terrestres y éreos para su extinción y para la puesta en marcha de las tareas de evacuación”.

Se trata de incendios especialmente virulentos que se han cobrado la pérdida de varias vidas y cuya extensión y propagación resultan destacables”.

A actitude da Xunta de Galicia pero nomeadamente da consellería de Medio Rural e do Mar e da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas non pode máis que provocar a nosa máis enérxica repulsa pois a súa deixedes, desprezo, falla de profesionalidade, insensibilidade, cariño ao propio, ignorancia, prepotencia conlevou que nin sequera intentasen que o Goberno do Estado incluíse o incendio das Fragas do Eume nas medidas do Real Decreto 25/2012 en base ao apartado 3 do artigo 1º.

“3. El Gobierno, mediante real decreto, podrá declarar, con delimitación de losmunicipios y núcleos de población afectados, la aplicación de las medidas previstas en este real decreto-ley a otros incendios y tormentas de características similares que hayan acaecido o puedan acaecer, en cualquier Comunidad Autónoma, desde su entrada en vigor hasta el 1 de noviembre de 2012” .

Tampouco podemos deixar de citar a actitude da Unión Europea que non é outra que non saber da existencia deste tesouro a nivel europeo e polo tanto permitir a súa desaparición paulatina. Este feito contrasta coa obsesión co cemento realizando e apoiando obras e infraestruturas moitas das veces duplicadas e/ou inútiles. A actitude desta superestrutura (Unión Europea), non só, no caso do incendio das Fragas do Eume, senón tamén nos continuos accidentes mariños ocorridos nas costas galegas sen que se teña tomado ningunha medida para prever e minimizar as consecuencias pode levarnos a pensar que a súa existencia atenta mesmo contra a seguridade vital dos galegos e galegas.

As Fragas do Eume seguen vivas e a sensibilidade popular para defende-las tamén segue viva e por estes dous motivos a Plataforma das Fragas do Eume vai por en marcha nos vindeiros días medidas para levar á primeira plana das redes sociais e dos medios de comunicación a existencia das súas marabillas e tesouros naturais xunto coa súa problemática e abandono.

PLATAFORMA PARA A DEFENSA DAS FRAGAS.

https://www.facebook.com/plataforma.defensafragasdoeume
_______________

Basta de impunidade! As relaçons comprovadas entre Feijó e o narco Marcial Dorado exigem demissom imediata do presidente da Junta

A saída à luz pública das fotografias que confirmam as relaçons estáveis existentes entre diferentes dirigentes, cargos públicos e estruturas do Partido Popular com capos do narcotráfico na Galiza deve ser avaliada como um facto da máxima gravidade que exige mais que umha ridícula conferência de imprensa como a que ontem protagonizou Núñez Feijó.

NÓS-Unidade Popular e o conjunto da esquerda independentista galega leva anos denunciando a existência de umha corrupçom generalizada que vai além das doaçons, comissons e outras “colaboraçons” por parte do empresariado aos grandes partidos, com destaque para o Partido Popular.

A antiga amizade entre o máximo representante do PP na Galiza, atual presidente da Junta, e um dos capos da máfia galega fica provada, somando-se a outros factos igualmente graves, como as fotos do presidente espanhol Mariano Rajoi num barco propriedade de um dos principais clans mafiosos do nosso país, realizadas no ano 2009 e nunca explicadas polo seu protagonista.

Longe de se produzir umha investigaçom a fundo desses dous factos e doutros conhecidos em diferentes níveis e estruturas da atividade política-institucional por parte do PP, relacionado com redes de contrabandistas e narcos, a impunidade parece garantida, o que permite que o próprio Feijó inche o peito e diga que vai manter a sua atividade “sem medo”.

A demissom de Núñez Feijó deveria ser imediata e ir acompanhada da investigaçom pendente das atividades de um partido totalmente apodrecido por umhas finanças obscuras e uns tesoureiros corruptos desde a etapa de Manuel Fraga até a atual. As várias ocasions em que se constatou a atividade irregular do aparelho financeiro do PP, desde o Caso Naseiro em 1990 até o atual Caso Bárcenas, nom servírom para deter essas atividades económicas ilegais. O possível apoio económico de máfias de diverso tipo, como as da droga na Galiza, supom um nível superior no nível de possível corrupçom e deveria levar a umha perseguiçom real das atividades de financiamento do principal partido institucional.

NÓS-UP considera escandalosa a impunidade que os corruptos venhem exibindo na Galiza e no Estado espanhol, maior quanto mais graves som os factos que lhes som atribuídos. Tendo em conta a implacável repressom que sofrem coletivos populares de todo o tipo como conseqüência das cada vez mais difíceis condiçons económicas que o nosso povo padece, consideramos esse tratamento diferenciado por parte da Justiça a prova irrefutável do caráter degenerado da pseudo-democracia espanhola e bourbónica atual.

Nom pode entender-se que a cascata de casos de corrupçom que afetam as cúpulas políticas na Galiza e no Estado espanhol continuem sem provocar nengumha demissom, sendo o exemplo de Núñez Feijó o mais recente exemplo da impunidade que carateriza as obscuras atividades do Partido Popular.

Só a pressom popular em defesa da ruptura democrática, contra a corrupçom e pola soberania nacional galega permitirá combater o esquema corrupto enquistado nas entranhas do atual sistema capitalista espanhol.

Direçom Nacional de NÓS-Unidade Popular

Galiza, 2 de abril de 2013

Correio-e: nacional@nosgaliza.org | nosup.imprensa@gmail.com | Telefones: Porta-Vozes: 651 089 971 (Alberte Moço) 659 306 973 (Rebeca Bravo) | Responsável Nacional de Imprensa: 616 868 589 (Carlos Morais) | Responsável Nacional de Organizaçom: 669 778 474 (Bruno Lopes Teixeiro) | Sede Nacional: Rua Costa do Vedor 47, rés-do-chao. Compostela. Galiza | web: www.nosgaliza.org | twitter: @nosgaliza


Enviado por:
NÓS-Unidade Popular NÓS-UP
-nosup.imprensa@gmail.com-
2 de abril de 2013 12:37

_______________________

Acción Directa (e voluntaria) contra o abandono do patrimonio


Cada sábado, desde hai case un ano, un grupo de persoas de Ferrolterra traballa voluntariamente na reparación, mantemento e limpeza de "zonas verdes, cunetas, edificios do patrimonio arquitectónico ou zonas naturais de especial interese" da comarca e da cidade de Ferrol. É o colectivo Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos, que vén de sumar un novo elemento á súa lista de recuperacións: os restos da antiga muralla defensiva da cidade.
    Os restos da antiga muralla defensiva da cidade é o último espazo rehabilitado polo colectivo
É tan só un máis dunha morea de espazos rehabilitados, limpados ou recuperados por este grupo, no que hai xente desempregada, pero tamén membros con traballo. Foi en setembro de 2009 cando na zona da Malata se atopou "posiblemente o último achado arquitectónico con carácter histórico de Ferrol". Os restos daquela muralla permaneceron desde aquela semiocultos pola maleza, á espera dun informe da Dirección Xeral de Patrimonio que non deu chegado. "A falta de interese por parte do Concello e da Xunta quedou patente", denuncia Acción Directa, que vén de limpar os devanditos restos, ademais de transplantar unha maceira de varios anos que crecía enriba deles e de erradicar varias cepas da especie invasora plumeiro da Pampa.

Nesta ocasión, foron unhas sete persoas as que participaron na recuperación. "Outras veces son máis e outras menos", tal e como aclara Marcos Meizoso, membro e fundador de Acción Directa, que lembra como xurdiu a idea. "Fun dar un paseo pola senda ártabra de Covas e vin un letreiro que indicaba a existenca do antigo lavadeiro de ouro e cobre da zona; achegueime a velo e era vergoñento comprobar en que estado se atopaba aquilo, desfeito e cheo de silvas e toxos", lembra. A partir de aí, e coa axuda das redes sociais, púxose en contacto con xente que rapidamente accedeu a conformar un grupo que vai camiño de comprar un ano dun traballo tan voluntario como meritorio.
    Acción Directa denuncia o "abandono, desleixo e mal estado" dos espazos públicos en Ferrol
Ademais das súas accións, o colectivo leva tempo denunciando o Concello de Ferrol e as empresas contratadas para o mantemento dos espazos públicos polo "abandono, desleixo e mal estado" destes  na cidade e arredores e esixindo "a optimización dos recursos municipais e das empresas que prestan eses servizos para que sexan visibles".

Unha das súas reivindicacións, e obxectivo común do grupo, é a paralización do investimento de 916.000 euros de cartos público na praza de España, "ao que agora se lle suma outro despropósito, o anuncio de malgasto dun millón de euros para recuperar os baixos da Costa de Mella e a remodelación dos xardíns de San Francisco".
    Solicitan que os cartos destinados á praza de España ou á Costa de Mella se destinen a contratar parados para a reparación dos espazos públicos da cidade
"O que pretendemos é buscar a forma de dar emprego á xente. Pensamos que os cartos que se empregan na praza de España ou na Costa poderíanse empregar en contratar grupos de persoas desempregadas para que fagan estes traballos de limpeza e recuperación", conta Marcos Meizoso. A proposta chegou, a través de carta, xa hai tempo ao alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, que aínda non respondeu. Partidos da oposición apoiaron a idea, pero nada se sabe tampouco desde hai meses.

Mentres, Acción Directa continúa facendo un traballo que debería ser levado a cabo polas administracións. "Temos unha cidade cun potencial turístico e cultural enorme, pero o abandono que sofre é tremendo e iso prexudícaa", insiste Meizoso, que recorda tamén o elevado nivel de desemprego que sofre a comarca. "Aínda que fose mediante contratos parciais, o traballo continuado de varias persoas sería moi efectivo, sobre todo se se fai acotío e non como adoita facer o Concello, que vai unha vez ao lugar e non volve en anos", aclara.

Os exemplos de espazos recuperados son moitos e variados. O Muíño do Santo, o río Sardiña, o parque monumento Torrente Ballester, a Batería de San Carlos, a de San Cristovo, a fonte de Chamorro, o lavadoiro da Barca... Unha morea de zonas limpadas e rehabilitadas por un grupo voluntario que non cobra nin un peso por un traballo que non fan as administracións.

Por Miguel Pardo - @DePunteirolo

Publicado en Praza Pública.

Baixo licenza Creative Commons by-sa.
___________________

luns, abril 01, 2013

A violencia machista arrebata unha nova vida en Lugo, a Marcha Mundial das Mulleres convoca un acto de repulsa na Praza do Concello de Ferrol, hoxe Luns, 1 de Abril


A COORDENADORA COMARCAL DE FERROLTERRA DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES CONVOCA CONCENTRACIÓN DE REPULSA EN FERROL POLO ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA DUNHA MULLER EN LUGO

Unha vez máis temos que concentrarnos para amosar a nosa repulsa polo brutal asasinato a mans do seu marido dunha muller en Lugo.

Que a indignación de toda a sociedade saia á rua para rexeitar este cruel asasinato e denunciar a violencia machista padecida polas mulleres e exercida contra elas polo feito de selo.

O silencio fainos cómplices, non sexamos cómplices.

O VINDEIRO LUNS 1 DE ABRIL ÁS 20H. NA PRAZA DIANTE DO CONCELLO

Coordenadora Nacional Galega
Marcha Mundial das Mulheres
Marcha Mundial das Mulleres
Rúa Romil, 20, baixo
36202 Vigo-Galiza

Teléfonos de contacto:
Coord. Nacional: 671695968
Coord. Ferrolterra: 696732735
Coord. Compostela: 647735737
Coord. Vigo: 671695968
Coord. Ourense: 652140217
Comunicaçom: 698159764

http://www.feminismo.info


 "PARA CAMBIAR O MUNDO, ACABAR COA VIOLENCIA MACHISTA" 


Que é a Marcha ?

A Marcha Mundial das Mulleres é un movimento mundial de accións feministas que reúne grupos de mulleres e organizacións que actúan para eliminar as causas que orixinan a pobreza e a violencia contra as mulleres. Loitamos contra todas as formas de desigualdade e de discriminación sufridas polas mulleres. Os nosos valores e as nosas accións orientanse cara un cambio político, económico e social. Os mesmos que se articulan aoredor da mundialización das solidaridades, a igualdade entre mulleres, entre mulleres e homes, e entre os pobos, o respecto e a valoración do liderazgo das mulleres e o fortalecimento das alianzas entre mulleres e cos outros movimentos sociais progresistas.

Enlaces de interese:


_______________