sábado, marzo 07, 2015

O índice de produción industrial de Galiza decreceu un 4,9% con respecto ao mesmo período do ano anterior, mentres que a nivel estatal o descenso foi do 2,0%


O Instituto Galego de Estatística ven de publicar o informe sobre o índice de produción industrial correspondente a xaneiro 2015. O índice de produción industrial de Galiza decreceu un 4,9% con respecto ao mesmo período do ano anterior, mentres que a nivel estatal o descenso foi do 2,0%. E iso que din que "a economía esta despegando". Cando non manifestan que "a crise forma parte do pasado". Estes índices e as táboas comparativas veñen amosar unha situación de crise prolongada. 4,9% é un decrecemento industrial significativo. Polo interese do informe, desde Ártabra 21, pasamos a transcribir parte del, mais tamén achegamos os enlaces ao informe completo e a outros datos estatísticos comparativos publicados na web do citado IGE.


INFORME SOBRE O ÍNDICE DE PRODUCIÓN INDUSTRIAL.Xaneiro 2015

1. Índice xeral e por destino económico dos bens

O Índice de produción industrial (IPI) do mes de xaneiro de 2015 en Galicia acadou un decrecemento interanual do 4,9%, empeorando en 5,7 puntos a taxa rexistrada no mes precedente. En España rexistrouse un descenso do 2,
0%, empeorando en 5,2 puntos a taxa acadada no mes anterior.

Por destino económico dos bens, a influenza dos dis tintos sectores na variación interanual do índice xeral é a seguinte:
  • Os bens de consumo presentan unha caída do 6,6%, o que resta 1,7 puntos á taxa interanual do conxunto.
  • Os bens de equipo presentan unha caída do 8,5%, o que resta 1,9 puntos á taxa interanual.
  • Os bens intermedios caen un 3,0% cunha repercusión negativa de 0,8 puntos.
  • Por último, a enerxía, que retrocede un 1,8% restando 0,5 puntos á taxa interanual.
Comparando cos crecementos interanuais de decembro de 2014, por destino económico, os bens de consumo empeoran 15,7 puntos, os bens de equipo empeoran 5,6 puntos, os bens intermedios empeoran 2,9 puntos; pola contra, a enerxía mellora 0,2 puntos.

2. Índices por ramas de actividade.

Se utilizamos a clasificación nacional de actividades económicas (CNAE 09) a nivel de división para facer unha análise máis detallada do comportamento das distintas ramas de actividade obtemos os resultados que se mostran no cadro 2 do anexo (Páxina 5 do Informe). As ramas de actividade están ordenadas segundo a repercusión que teñen no crecemento interanual do índice xeral.

As ramas que presentan unha maior achega positiva á taxa interanual de xaneiro son: a “industria química” e o “refino de petróleo” que achegan 0,6 puntos cada unha, a “captación, depuración e distribución de auga“ e a “fabricación de produtos informáticos, electrónicos e ópticos” que achegan dúas décimas cada unha.

As ramas con repercusión máis negativa en xaneiro foron: a “fabricación doutro material de transporte” (naval) que resta 1,4 puntos, a “produción de enerxía eléctrica“ que resta 1,3 puntos, a “confección de roupa de vestir” que resta 1,0 puntos e a “metalurxia” que resta seis décimas á taxa interanual.

Enlaces.

Informe:
http://www.ige.eu/estatico/pdfs/s3/publicaciones/IPI_Informe_01_15.pdf

Datos estatísticos de interese:
http://www.ige.eu/web/mostrar_seccion.jsp?idioma=gl&codigo=0303

Notas metodolóxicas.

O IPI é un indicador conxuntural que mide a evolución mensual da actividade produtiva das ramas industriais, é dicir, das industrias extractivas, manufactureiras, fornecemento de enerxía eléctrica, gas, vapor e aire acondicionado e fornecemento de auga, actividades de saneamento, xestión de residuos e descontaminación, que son, respectivamente, as seccións B, C D e E da Clasificación Nacional de Actividades Económicas 2009 (CNAE 2009). Mide, por tanto, a evolución conxunta da cantidade e da calidade producidas, eliminando a influenza dos prezos. | Para a súa obtención realízase unha enquisa continua de periodicidade mensual que investiga todos os meses a máis de 11.500 establecementos en España e 1.600 en Galicia
_____________

venres, marzo 06, 2015

A Marcha Mundial das Mulleres de Ferrolterra manifestan a súa desconformidade coa elección da homenaxeada este ano por parte do concello de Ferrol no Día Internacional das Mulleres

COMUNICADO DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES CONTRA 8 DE MARZO DO CONCELLO DE FERROL

A Marcha Mundial das Mulleres queremos amosar a nosa desconformidade coa elección da homenaxeada este ano por parte do concello de Ferrol no Día Internacional das Mulleres.

Non poñemos en dúbida que Meca Arcos teña un papel importante para a comunidade católica, pero queremos lembrar que a Igrexa Católica ten unha postura moi clara sobre o papel da muller na sociedade, relegándonos ao ámbito privado da familia e perpetuando o rol submiso da muller.

Ademais, que a elixida polo concello para este día sexa só representativa para mulleres afíns a estas crenzas, parécenos excluínte e discriminatorio, xa que así non se está representando á gran maioría de nós.

Hai moitas outras mulleres que fixeron unha importante labor polos dereitos e visibilización da muller e esas si son representativas e merecedoras dunha homenaxe polo 8 de marzo, porque

O 8 DE MARZO PERTÉNCENOS A TODAS!

MULLERES EN MARCHA ATA QUE TODAS SEXAMOS LIBRES!!

FEMINISMO PARA AVANZAR. TODAS NA MESMA LOITA!!

--
"As mulleres decidimos"

Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
www.feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
twitter.com/MMMGaliza

Enviado por:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
6 de março de 2015 09:03

_________________

Interesante Asemblea Aberta en Cangas do Morrazo


Hoxe a última hora da tarde estaba convocada unha interesante Asemblea Aberta en Cangas do Morrazo. Media centena de persoas mozas de Cangas convocaron-na nun lugar tan emblemático como é a fábrica de Massó co motivo de achegar a todo o pobo cangués a nova de que se ía realizar unha asemblea aberta e de participación individual.

A Asemblea estivo a tope, os resultados positivos e máis cedo que tarde veremos os resultados da convocatoria unitaria, para a constitución dunha candidatura de unidade popular, co ánimo de continuidade como movemento político de unidade popular.


Na convocatoria manifestaban que eran "de esquerda e camiñamos cara a unidade. Temos como obxectivos claros o derrocamento do PP, provocar un cambio real nas políticas municipais e, por suposto, promover un funcionamento asembleario e participativo onde toda a veciñanza sen exclusións teña un acceso permanente na toma de decisións que lle afectan no seu día a día".

Continúan dicindo que "por este motivo convocamos a toda a veciñanza de tódalas parroquias a participar na Asemblea pola Unidade". A cita era este venres 6 de marzo de 2015, na Casa da Cultura de Cangas.

Propuñan unha orde do día aberta á modificación:
  1. Presentación das bases e motivos desta convocatoria.
  2. Posibilidade de concorrer nas elección municipais.
  3. Presentación das distintas opcións xurídicas para concorrer ós comicios municipais. Punto informativo que non se resolverá de forma definitiva ata a seguinte asemblea.
  4. Abordar un código ético de cumprimento obrigatorio e ineludible para os membros da Asemblea pola Unidade e das posibles persoas que a representen.
Máis Información:

Sitio web:
https://asembleapolaunidade.wordpress.com/

Conta nofacebook:
https://gl-es.facebook.com/people/Asemblea-Pola-Unidade/100009078927705

Conta no twitter:
https://twitter.com/Asemblea2015

#asembleapolaunidade

Evento:
https://www.facebook.com/events/1567192990216852
_____________

AGEe denuncia a vulneración do dereito á información e o ataque ás linguas minorizadas que supón a "Taxa Google"


AGEe denuncia a vulneración do dereito á información e o ataque ás linguas minorizadas que supón a "Taxa Google". | AGEe vén de rexistrar unha pregunta á Comisión Europea argumentando vulneración de acordos comunitarios como a CELM [1] ou a Carta de DDDFF [2]. | Denuncia que agregadores de noticias sen ánimo de lucro, como Chuza.org, corren o risco de desaparecer por intereses privados.


Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe) vén de rexistrar unha pregunta parlamentaria dirixa á Comisión Europea (CE) co obxectivo de denunciar a vulneración do dereito á información e o ataque ás linguas minorizadas que suporía a imposición do Canon AEDE no Estado español, máis coñecido como "Taxa Google".

Dita pregunta foi elaborada logo de que representantes da Asociación Cultural Chuza! se puxeran en contacto con varias deputadas e deputados da Eurocámara a través dunha carta trasladándolles a súa preocupación, contacto que propiciou a oportunidade de que a eurodeputada de AGEe, Lídia Senra, puidese manter a mediados do mes pasado unha xuntanza con representantes da asociación a fin de afondar nesta problemática.

Así, a través da pregunta parlamentaria que vén de rexistrar AGEe, Senra puxo en coñecemento da CE que a reforma da Lei de Propiedade Intelectual estatal a través da cal sería aplicada esta taxa "provocaría que servizos de agregadores de noticias sen ánimo de lucro, como Chuza.org na Galiza, corran o risco de desaparecer sometidos á taxación arbitraria dun organismo privado".

Dende AGEe valoramos que a eliminación de servizos como o proporcionado por Chuza.org non só deterioraría a calidade informativa no Estado, senón que tamén suporía "un agravio comparativo con respecto a outros países europeos", situación que, como especifica Senra, "contradiría as premisas recollidas no Artigo 11 da Carta de Dereitos Fundamentais da UE e o 10 do Convenio Europeo para a Protección dos DDHH e das Liberdades Fundamentais, que especifican o dereito a 'recibir ou comunicar informacións ou ideas sen que poda haber inxerencia de autoridades públicas e sen consideración de fronteiras' ".

Aliás, prosigue a eurodeputada galega, "no caso por exemplo dos agregadores en galego, o Estado non está a cumprir ca Carta Europea de Linguas Minoritarias (CELM)", xa que a imposición deste canon sobre servizos informativos en linguas minorizadas implica que "está a obviar completamente a responsabilidade de velar para que non se impoña ningunha restrición á liberdade de expresión e circulación da información nestas linguas".

Por último, Senra interpela directamente á Comisión solicitando saber se dito organismo comunitario considera "legal" que un Estado "restrinxa á cidadanía o dereito á información  priorizando os intereses privados", e en qué medida esta taxa constitúe "un elemento de entorpecemento para os obxectivos de promoción, salvagarda e/ou o estímulo recollidos na Carta Europea de Linguas Minoritarias".

Bruxelas, 5 de Marzo de 2015.
---
[1] Carta Europea de Linguas Minoritarias.

[2] Carta de Dereitos Fundamentais da Unión Europea.

---

[*] Lidia Senra, eurodiputada, da Alternativa Galega de Esquerda en Europa, no Grupo Confederal da Esquerda Unitária Europeia/Esquerda Nórdica Verde (AGEe - GUE/NGL). | Tlf: 609 845 861 | lidia.senra@europarl.europa.eu

Máis información en:
Información baseada na enviada por:
AGEe Europa
ageeneuropa@gmail.com
5 de março de 2015 18:23
________________

xoves, marzo 05, 2015

Porque todos os dias som 8 de março, Desobediência feminista! - Nós-UP difunde o seu manifesto do Dia da Mulher Trabalhadora


Porque todos os dias som 8 de março,

Desobediência feminista!


Um ano mais, aproxima-se a efeméride do 8 de março, Dia Internacional da Mulher Trabalhadora, umha data cheia de luitas e reivindicaçons feministas no passado, e que nom podemos permitir que deixem de ser as do presente.

Levamos anos a assistir à institucionalizaçom desta data, umha assimilaçom do sistema capitalista e patriarcal e que a #marcaespaÑa decidiu converter em festividade para celebrar, nom sabemos mui bem o que…

Talvez devamos celebrar que as mulheres perdamos a vida ao optarmos polo aborto clandestino em condiçons indignas e de insalubrilidade, obrigadas por políticas retrógradas e integristas?

Devemos celebrar que ano após ano continuam a ser escandalosas as cifras de mulheres assasinadas, maltratadas ou violadas?

Deveríamos celebrar que a educaçom binomial (homem-mulher) continue a separar-nos por gêneros  nos estudos, no mundo laboral, no desporto, nos hobbies, segundo o “isso é para homens” ou “isto é cousa de mulheres”?

Podemos celebrar que os meios de comunicaçom continuem com a publicidade orientada a reforçar os estereótipos e condutas machistas? Umha publicidade orientada a nos enrolar o cérebro e submetê-lo ao consumo, à nossa cousificaçom e mercantilizaçom?

Devemos celebrar que a maior taxa de pobreza, os trabalhos menos ou nom remunerados, os maiores índices de despedimentos estejam sempre feminizados?

Celebraremos entom a diminuçom cada vez mais evidente dos tamanhos na roupa, ou a premisa de que todas devemos levar um 36, induzindo assim a prácticas pouco saudáveis, pondo em risco a saúde física e mental com doenças como a anorexia ou a bulimia?

Acaso celebraremos os roles que as indústrias do brinquedo continuam a perpetuar com as nenas que lavam, passam o ferro, cuidam, som maes, etc?

Deveríamos celebrar que em anúncios, filmes, seriais ou livros continuem a maltratar de innumeraveis formas as mulheres, supeditando-as a um homem e que isso seja o atrativo, o correto e o moderno?

Será que devemos celebrar que as mulheres ainda nom podemos aceder nem gratuita nem livremente à pílula do dia depois sem a supervisom de um médico que decida por nós?

Celebramos a desigualdade salarial entre homens e mulheres?

Celebraremos que este sistema nos utiliza como mao de obra barata, como mao de obra de reserva, como cuidadoras da mao de obra, em definitivo, como reprodutoras?

Podemos celebrar que as mulheres ainda, depois de décadas de luita, tenhamos que continuar a sair às ruas para protestar, berrar, solicitar direitos que som nossos?

Este 8 de março devemos lembrar e manter vivas todas as mulheres caídas nas luitas que começárom este nosso caminho, que luitárom pola igualdade, pola dignidade de sermos mulheres, pola justiça social. Devemos comemorar e celebrar as grandes mulheres que figérom parte dos mais importantes processos sociais da nossa história.

Podemos e devemos celebrar todas essas galegas que ao longo da nossa história, embora tenham andado descalças, estivessem sozinhas ou nom soubesse  ler e escrever, tinham umha força de superaçom que abraçava este nosso país, as mulheres que fôrom silenciadas por dizerem verdades, por nom se conformarem, por pular por cima das normas.

Celebremos todas essas mulheres que hoje em dia continuam a luitar pola igualdade, polo orgulho de ser mulheres, galegas e trabalhadoras.

Avante a luita feminista!

Galiza, 8 de março de 2015

NÓS-Unidade Popular
Correio-e: nacional@nosgaliza.org | nosup.imprensa@gmail.com

Sede Nacional: Rua Costa do Vedor 47, rés-do-chao. Compostela. Galiza
web: www.nosgaliza.org | twitter: @nosgaliza

Enviado por:
NÓS-Unidade Popular NÓS-UP
-nosup.imprensa@gmail.com-
5 de março de 2015 18:50
_______________

Podemos Narón prepara as Eleccións Municipais de Maio de 2015, cunha posíbel Candidatura Cidadá de Unidade Popular - Asemblea do Círculo o 7 de marzo na Solaina


Comunicado de prensa: Eleccións Municipais


Con motivo das eleccións municipais de maio, Podemos Narón convoca á Asemblea do Círculo para o día 7 de marzo de 2015, no local Social da Solaina, Sta. Icía, ás 17:00 h en primeira convocatoria e ás 17:15 h en segunda convocatoria.

Polo menos dúas candidaturas presentaranse este sábado á Asemblea e alí responderán ás dúbidas e preguntas que se lles susciten. Ademais, e a iniciativa do Consello Cidadán estase levando a cabo unha campaña de difusión e información polas parroquias para activar unha posible Candidatura Cidadá de Unidade Popular, para que ninguén quede á marxe, porque o 2015 é o ano do Cambio!

Para concorrer ás eleccións, calquera pode formar parte dunha agrupación de electores, unha candidatura cidadá, ou calquera outra fórmula, pero só unha estará avalada por Podemos. E esa será decisión da cidadanía. Esa candidatura levará impreso o ADN do partido baixo o seu código ético.

Será un acto aberto a toda a cidadanía, onde as naronesas e os naroneses decidirán si Podemos apoia a algunha candidatura cidadá para concorrer ás eleccións locais. Entre todas e todos debateremos sobre as propostas que se presenten e que poidan dar un xiro á vella política.

podemosnaron@gmail.com

http://www.facebook.com/podemosnaron

http://www.facebook.com/groups/podemos.naron/

https://twitter.com/PodemosNaron


Whatsapp e Telegram 687 464 463

Enviado por:
Podemos Narón
podemos.naron@gmail.com
5 de março de 2015 19:29

Ola!, de novo por aquí, achego unha nota de prensa para informar da Asemblea que se celebrará este sábado con motivo das eleccións municipais. Moitas grazas. Un saúdo, Isabel Allegue.Responsable Áreas Executivas de Prensa e Redes. (Whatsapp e Telegram 687464463).

____________________

martes, marzo 03, 2015

Por un plan de choque contra o paro, por unha renda básica, as Marchas da Dignidade Ferrolterra, convocan unha mobilización este xoves 5 de Marzo, ás 11:30hs, diante do edificio da Xunta - A Marcha das Tarxetas - Participa !!


Levemos a tarxeta do paro ao concello!! | Temos que facer-nos ver!!

A parte de buscar traballo, atender ás nosas familias, temos que facer un esforzo e dedicar un tempo a cambiar entre todas e todos esta situación. Unha situación onde a corrupción, o abuso dos bancos e a impunidade, vainos empobrecendo á maioría.

Van xa 6 anos desta estafa chamada crise e ningún goberno fixo nada por intentar contratar á xente que estamos no paro. Temos máis poder do que pensamos, se saímos á rúa as 9.000 persoas que estamos no paro no concello de Ferrol, ou as máis de 16.000 entre as tres comarcas Ferrolterra Eume e Ortegal, non lles vai quedar mais remedio que atender ás nosas demandas ou dimitir.

Por todo isto quedamos o xoves dia 5 de Marzo ás 11:30 da mañá  diante do edificio da Xunta en Ferrol (Praza Amada Garcia) e marcharemos até o edificio do Concello (Praza de Armas) coas nosas tarxetas do paro ben alta.
... para facernos ver !!
... que non somos números!!
... somos persoas!! ... participa!!
O noso obxectivo inmediato é ...
presentar no rexistro da Xunta e nos dos Concellos as seguintes demandas para ser cumpridas polas administracións competentes:
1.- Plan de choque urxente contra o paro contratándonos directamente das listas a 500 persoas.

2.- Renda básica para todas as persoas que estamos no paro e quedamos sen ningún tipo de prestación.
fagámonos ver!!  |  acode!!  |  todas e todos facemos falta!!

Evento no facebook:
https://www.facebook.com/events/1552724258347801

Declaración Universal dos Dereitos Humanos
:
Artigo 22.

Toda persoa, como membro da sociedade, ten dereito á seguridade social, e a obter, por medio do esforzo nacional e da cooperación internacional, habida conta da organización e os recursos de cada Estado, a satisfacción dos dereitos económicos, sociais e culturais, indispensables á súa dignidade e ó libre desenvolvemento da súa personalidade.

Artigo 23.

1. Toda persoa ten dereito ó traballo, á libre elección do seu traballo, a condicións equitativas e satisfactorias do mesmo e á protección contra o desemprego.

2. Toda persoa ten dereito, sen discriminación ningunha, a igual xornal por traballo igual.

3. Toda persoa que traballa ten dereito a unha remuneración equitativa e satisfactoria, que lle asegure, así como á súa familia, existencia conforme á dignidade humana e que será completada, en caso necesario, por calquera outros medios de protección social.

4. Toda persoa ten dereito uníndose con outras, a fundar sindicatos e a sindicarse para a defensa dos seus intereses.

Artigo 24.

Toda persoa ten dereito ó descanso, a gozar do tempo libre, a unha limitación razoable do tempo de traballo e a vacacións periódicas pagadas.

Artigo 25.

1. Toda persoa ten dereito a un nivel de vida axeitado que lle asegure, así como á súa familia, a saúde e o benestar, e en especial a manutención, o vestido, a vivenda, a asistencia médica e os servicios sociais necesarios; ten así mesmo dereito ós seguros no caso de desemprego, enfermidade, invalidez, viuvez, vellez ou outros casos de perda dos seus medios de subsistencia por circunstancias independentes da súa vontade.
[1]


ROMPAMOS O SILENCIO,
FAGAMOS-NOS VISÍBEIS.
Á RÚA QUE XA É HORA.
PAN, TRABALLO E TEITO.
RECLAMEMOS O NOSO DEREITO,
A UN TRABALLO DIGNO E DECENTE.

"O DEREITO A UNHA VIDA DIGNA É UN DEREITO HUMANO QUE NON DEBE ESTAR CONDICIONADO AO CUMPRIMENTO DE REQUISITOS PREVIOS, INHERENTE ÁS PERSOAS E INALIENÁBEL DA SÚA EXISTENCIA. A RENDA BÁSICA PERMITE ÁS PERSOAS TOMAR AS SÚAS PROPIAS DECISIÓNS SEN ESTAR SOMETIDAS Á NECESIDADE DE VENDER A SÚA FORZA DE TRABALLO EN CONDICIÓNS INACEPTÁBEIS" [2].

MARCHAS DA DIGNIDADE FERROLTERRA


O 21 de Marzo volvemos a Madrid

Publica, twitea, curte, gosta de:

O 25F #EuVou ás manifas de apoio a @GalizaMarcha22M.

#PanTraballoTeito.

#VolvemosaMadrid.

Enlace onde se pode acceder á Folla Informativa da campaña, para ler e difundir, pola rede ou imprimir: Acceder/Baixar.

Enlaces de interese.-
Ferrolterra:
http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/
Galego:
http://marchasdadignidade.blogspot.com/
Estatal:
http://marchasdeladignidad.org/
Redes da Columna Galega:
https://twitter.com/galizaMarcha22M
https://www.facebook.com/MarchasDignidade
https://www.facebook.com/groups/265451853621237/
https://www.youtube.com/channel/UCaOvAhPYKR43taxbOKCCreg


PAN, TRABALLO E TEITO !!
Á RÚA QUE XA É HORA !!

---
Notas.-
[1] Transcrición dos artigos 22, 23, 24 e 25 do Texto da Declaración Universal dos DDHH, publicada polo Seminario Galego de Educación para a Paz.
[2] Fragmento do Manifesto do 1º de Maio de 2014, do Espazo EcoSocialista Galego.
_____________

luns, marzo 02, 2015

A Marea Ártabra pide a paralizacíón do proceso de concesión da xestión do Servizo Público de Recollida e Transporte de Lixo e da Limpeza Viaria - A Marea Ártabra di que vai defender o rescate para o público da limpeza urbana e recolllida de residuos: a remunicipalización do servizo público


A Marea Ártabra denuncia o interese espurio do goberno municipal ao convocar licitación pública, a tres meses das eleccións, para a contratación da concesión da xestión do servizo de recollida de lixo e limpeza viaria. | As concelleiras e concelleiros da Marea Ártabra conformarán un goberno municipal que devolva á xestión pública estes servizos, e os rescate da cobiza sen limite das multinacionais.

A asemblea de Marea Ártabra acordou na súa reunión do 25 de Febreiro demandar do Concello de Ferrol a paralización do proceso de concesión do Servizo de Recollida de Lixo e limpeza viaria ata que entre a nova Corporación.

O Alcalde de Ferrol non pode hipotecar o futuro da nosa cidade a pouco máis de 3 meses dunhas eleccións municipais, sobre todo cando hai alternativas políticas que apostan decididamente pola remunicipalización dos servizos públicos, que poden supor unha rebaixa no prezo que pagan os veciños e veciñas de Ferrol nunha porcentaxe significativa.

No caso de continuar co proceso de concesión deste servizo de recollida de lixo o Alcalde de Ferrol terá que explicarlle á cidadanía da nosa cidade que motivos o moven a acelerar un proceso que tranquilamente pode esperar tres meses pola nova corporación.

A remunicipalización non só leva asociado unha rebaixa no custe do servizo, senón que desde Marea Ártabra sabemos que co compromiso cidadá, os custes desta xestión converteríanse en ingresos para as arcas municipais que nos beneficiarían a todas e todos.

Outro factor importante da remunicipalización é a creación de emprego. A remunicipalización non só respectaría os dereitos laborais adquiridos das empregadas e empregados da empresa concesionaria, senón que crearía emprego, un obxectivo prioritario do goberno da Marea Ártabra.

O goberno de Rey Varela quere garantir a continuidade da privatización da xestión do citado servizo público e entregarllo a unha multinacional que provoca a fuxida do diñeiro cara a fóra da nosa contorna e nos empobrece, pois na súa maior parte, este no volve ao circuíto económico local.

Sospeitamos que esa é a verdadeira razón pola que o goberno do PP ten tanta presa en renovar a concesión do servizo, pois sabe que a Marea Ártabra pode paralizar os seus planos de continuar coa privatización dos servizos municipais. Pretenden deixar todo atado e ben atado para cando a cidadanía cos seus votos, os bote do concello.

En caso de aplicar tan precipitadamente este contrato de concesión do servizo, os concelleiros/as de Marea Ártabra na próxima lexislatura tomaran as medidas necesarias tendentes a impugnar dita concesión. Non imos permitir que se hipoteque o futuro da nosa cidade polos próximos 10 anos.

En Ferrol, a  28 de febreiro de 2015

Enlaces relacionados:
  • O Concello de Ferrol aborda a nova concesión do servizo de limpeza viaria e recollida do lixo. | A empresa que resulte adxudicataria terá que acometer investimentos no servizo por valor de 4,6 millóns de euros. |  Venres, 26 de decembro de 2014 | Ir á Web.
  • CONTRATACIÓN, EN REXIME DE CONCESIÓN ADMINISTRATIVA, DA XESTIÓN DOS SERVIZOS PÚBLICOS DE RECOLLIDA E TRANSPORTE DE RESIDUOS SOLIDOS URBANOS E SELECTIVOS, E LIMPEZA VIARIA DA CIDADE DE FERROL | Nº expediente AV 03109 14/59 | Ir á web.

---
Que é a Marea? Marea Ártabra quere alentar un proceso asembleario que rescate a esperanza e poña fin a esa indefensión na que se encontra a maioría social promovendo candidaturas de unidade para as vindeiras eleccións municipais, un proceso para un novo suxeito político do que saia un programa e unha candidatura do pobo e para o pobo. Facebook e Twitter.

Como asinar o manifesto e unirse á 'Marea Ártabra'

Pode-se asinar o manifesto de apoio cubrindo un formulario no seu sitio na rede: Acceder.

Para contactar
Presentou-se o manifesto que se pode ler nun blogue que abriron no seguinte enderezo: http://mareaartabra.blogspot.com.es/  ou mareaartabra.org. Tamén hai un enderezo de correo electrónico: mareaartabra[arroba]gmail.com.

A Marea Ártabra nas redes sociais:
Enlaces relacionados:

A 'Marea Ártabra' en Ártabra 21 | Acceder.
A 'Marea Ártabra' desde o buscador libre DuckDuckGo. | Ir a Web.

Foto de Fermín Goiriz Díaz - detalle manifestación 24 de febreiro de 2013.

Información baseada na enviada por:
marea artabra
mareaartabra@gmail.com
28 de fevereiro de 2015 11:53
______________ _______________

sábado, febreiro 28, 2015

O desenvolvemento non é necesariamente crecemento


A incapacidade para pensar o futuro fóra do paradigma do crecemento económico permanente é, sen dúbida, a falta principal do discurso oficial sobre o desenvolvemento duradeiro. Malia os seus estragos sociais e ecolóxicos, o crecemento, do cal ningún responsábel político ou económico quere disociar o desenvolvemento, funciona como unha droga dura. Cando é forte, mantense a ilusión de que pode resolver os problemas -que en gran parte xerou- e que canto máis forte sexa a dose, mellor estará o corpo social. Cando é débil, faise sentir a súa falta, e resulta moito máis dolorosa polo feito de non haberse previsto ningunha desintoxicación.

Así, detrás da "anemia" actual do crecemento, escóndese unha "anomia" crecente nas sociedades minadas polo capitalismo liberal, que se mostra incapaz de dar un sentido á vida en sociedade que non sexa o consumismo, o malgasto, o acaparamento dos recursos naturais e dos ingresos provenientes da actividade económica e, a final de contas, o aumento das desigualdades. O primeiro capítulo do Capital (1863), de Karl Marx, é premonitorio cando critica á mercancía: o crecemento transfórmase no novo opio dos pobos, cuxos puntos de referencia culturais e solidariedades colectivas son crebados para que se afundan no abismo sen fondo da mercantilización.

O dogma dominante foi ben traducido por Jacques Attali que, como bo profeta, cre detectar a comezos do ano 2004 "unha axenda de crecemento fabuloso" que só "contingencias non económicas, por exemplo, un resurximento do SARS (Síndrome Agudo Respiratorio Severo, producido por un novo virus [1]), " poderían de facer fracasar. Para todos os ideólogos do crecemento afectados de cegueira, a ecoloxía, é dicir, tómaa en consideración das relacións do ser humano coa natureza, non existe: a actividade económica desenvólvese in abstracto, fóra da biosfera.

É facer pouco caso do carácter entrópico das actividades económicas. Aínda que a Terra sexa un sistema aberto que recibe a enerxía solar, forma un conxunto dentro do cal a humanidade non pode superar os límites dos seus recursos e do seu espazo. Agora ben, a "presión ecolóxica", é dicir, a superficie necesaria para todas as actividades humanas sen destruír os equilibrios ecolóxicos, alcanza xa ao 120% do planeta. Así, serían necesarios catro ou cinco planetas si toda a poboación mundial consumise e vertera tantos residuos como os habitantes de Estados Unidos.

27 de Febreiro, de 2015

Publicado no portal do decrecemento:
http://www.decrecimiento.info/


Para ampliar o coñecemento das alternativas ao capitalismo: 'Por unha sociedade aforradora e solidaria - Unha concepción cualitativa do desenvolvemento'. | 28 de agosto de 2004 por Jean-Marie Harribey. | Ir á web.

Jean-Marie Harribey é profesor auxiliar na Universidade de Bordeaux IV, membro do Consello Científico de Attac, coordinador do libro "Lle développement a-t-il un avenir? Pour une société solidaire et économe", Mille et une Nuits, París, 2004.

Fotos:
1.- presa que conteñen os lodos en San Cibrao, residuos da fábrica de Alunia-Aluminio, da multinacional Alcoa.
2.- A Armada Española de paseo (Travesía marítima de buques de guerra).
3.- A cidade da Cultura (Mausoleo de Manuel Fraga), Santiago de Compostela.
4.-  Obras do Ave a seu paso por Galiza.
5.-  Punta Langosteira (Arteixo), Porto Exterior d'A Coruña.

[1Ciencia e Socioloxía do SARS | Ir á Web.
_________________

venres, febreiro 27, 2015

A proposta de modificación do Convenio de saneamento que finalmente foi aprobada polo Pleno Municipal, provocou un interesante debate entre os grupos municipais detratores e defensores do sistema de saneamento que se está construíndo na marxe norte da Ría de Ferrol - Enlaces de interes e para acceder/baixar o modelo de recurso contra a nova Taxa de depuración e saneamento


A proposta de
modificación do Convenio de saneamento subscrito por Xunta, Augas de Galicia, Acuaes e os concellos de Ferrol e Narón que formula a introdución dunha ADENDA coa que se conectará o río Inxerto á rede que finalmente foi aprobada polo Pleno Municipal na sesión ordinaria de onte, 26 de febreiro de 2015, último xoves de mes, desenvolveu-se un interesante debate entre os grupos municipais, detratores e defensores do sistema de saneamento que se está construíndo na marxe norte da Ría de Ferrol. Polo seu interese dede Ártabra 21, transcribimos a continuación a nova que publica hoxe o 'Diario de Ferrol'. Mais tamén publicamos a intervención Intervención de Alexandre Carrodeguas no nome da Comisión Social de Seguimento da construción da infraestrutura de depuración e saneamento da marxe norte da Ría e da iniciativa cidadá pola xestión pública e social do ciclo da auga e do saneamento en Ferrol que non recolleron os medios, pois o Alcalde Rey Varela, decideu que as intervencións veciñais quedaran para o final do Pleno. Volvemos a achegar enlaces de interese e sobre todo os enlaces para acceder/baixar o modelo de recurso contra a nova Taxa de depuración e saneamento. 

O saneamento do río Inxerto sae adiante co respaldo do PSOE. | Redacción Ferrol | 27 de Febrero de 2015 | A modificación do convenio reduce intereses pero introduce obras que pagarán os concellos.

A adenda ao convenio de saneamento coa que se conectará o río Inxerto á rede (e con iso a zona da praza Rosalía de Castro, parte da Gándara e Ou Bertón) e reducirase a taxa de actualización (pago de intereses) do 4,5% ao 2%, saíu adiante onte no pleno co respaldo do grupo de goberno, IF e os socialistas. O BNG e EU mostráronse contrarios e protagonizaron os momentos de maior enfrontamento coa portavoz do PP, Martina Aneiros, á que acusaron de mentir aos cidadáns.

Aneiros defendeu que a firma deste apéndice mellora o convenio de 2012 e que "oxalá sufra moitas máis modificacións si todas van neste sentido porque será beneficioso para os ferroláns". "Hai unha redución dunha taxa de actualización, que é como un tipo de interese, e iso é un aforro económico importante, que supera os tres millóns de euros", afirmou. Ademais, explicou que na execución da obra houbo un remanente, uns aforros de fondos europeos, que se van a utilizar para sufragar parte dos seis millóns de euros que custará incorporar o río Inxerto á rede. Os municipios de Ferrol e de Narón pagarán deste montante en torno a un millón, dos que 600.000 euros corresponden á cidade naval, a aportar en 25 anos. "conseguimos que o saneamento sexa unha realidade, conseguimos mellorar as condicións do convenio, conseguimos salvar o xardín da Ranita e agora incorporamos un proxecto valorado en seis millóns de euros". Acusou Aneiros a EU e BNG de non ser "coherentes" coas posturas que mantiñan en 2012 e de manter unha posición "incompatible con defender o saneamento".

Iván Rivas, portavoz do BNG, insistiu en que esta modificación supoñerá que os veciños de Ferrol e Narón, que abonaban o 10% do custo das obras (o outro 10% é de Augas de Galicia e o 80% restante dos fondos Feder), pasarán a pagar o 13%, debido ao millón de euros a maiores polo proxecto do río Inxerto. "Non minta señora Aneiros. Todas estas modificacións van facer que teñamos que asumir nós ou custo dunha obra declarada de interese xeral". Ademais resaltou que calquera gasto máis aló de 2015 correrá por conta dos municipios. Respecto da rebaixa da taxa de actualización, vinculouna ao valor actual do diñeiro e manifestou que calquera movemento que non fose neste sentido sería "usura". Para Rivas o goberno local demostra "unha submisión absoluta ós dictames que a administración estatal lles dita" e "un comportamento colaboracionista e cómplice cunha discriminación ós veciños dá cidade".

Javier Galán, de Esquerda Unida, criticou con dureza a forma na que pagan os municipios de Ferrol e Narón, xa que é Acuaes a que lles cobra, funcionando "como un banco" porque "a directora territorial de Acuaes se acorda agora de que falta un diñeiro para rematar ou que non estaba previsto". Asegurou que "non se van aforrar cartos" e preguntouse como responderán os cidadáns "cando vostedes plantexen unha nova taxa por esta adenda".

Gerardo López Castrillón, portavoz do PSOE, recordou que "aínda queda por acometer o saneamento do río da Sardiña, polo que pediu que non se engane á xente utilizando a palabra saneamento integral". Instou a que se acelere este trámite e se congratulou de que se acordasen de que, sen conectar o río Inxerto, "deixaban á metade de dous barrios e O Bertón sen sanear".

Tamén interveu o ex-alcalde socialista, Vicente Irisarri, quen admitiu que as condicións que se lle poñen a Ferrol son peores que as doutras cidades por "o atraso de vinte anos" e apelou a deixar de manter "unha discusión eterna" porque "hai que defender por encima de todo os intereses da cidade".

---

Intervención de Alexandre Carrodeguas no nome da Comisión Social de Seguimento da construción da infraestrutura de depuración e saneamento da marxe norte da Ría e da iniciativa cidadá pola xestión pública e social do ciclo da auga e do saneamento en Ferrol.

Sr Alcalde: o pasado xoves 19 de febreiro centenares de veciños e veciñas manifestaron con contundencia a súa rotunda oposición a unha taxa de saneamento inxusta. Dende entón até hoxe son centos os que están dispostos a recorrer un roubo aos xa depauperados petos dunha economía local lastrada polo desemprego.

Queremos denunciar publicamente Sr alcalde a avaliación dos custos utilizada para definir a taxa de saneamento, que como quedou acreditado é moi pouco fiable e xusta, xa que temos constancia doutras valoracións técnicas que conclúen un custe do servizo moito máis baixo.

Parécenos inaceptable que se repercutan na cidadanía valores como a amortización das inversións, os gastos financeiros, o convenio con Acuaes, a provisión para o resto de custos fixos e insolvencias e, Nin  aceptamos que as taxas e impostos que tanto nos custa pagar inclúan conceptos como “beneficio do socio privado” como inclúe o convenio asinado polo noso concello.E tendo en conta que esta é unha obra de interese xeral do Estado da que se tería que facer cargo o propio estado. Non pode ser que sexan os veciños e veciñas os que paguen a retribución do socio privado, é dicir que contribuamos entre todos e todas ao beneficio dunha multinacional como ACS-Urbaser que ten como beneficiario último o señor Florentino Pérez. Non podemos nin queremos seguir con esta política dos Barcenas de turno que acaban pagando os sufridos veciños.

Sr. Alcalde: Estamos ante unha taxa-estafa que vai gravar cun custe anual por fogar revisable dun promedio de 76 euros, a todos os veciñas e veciños, taxa que irá incrementándose ano a ano por mor da corruptela dos gobernos de facto. E onde os pequenos negocios como bares e comercios se verán afogados, e as economías domésticas serán aínda máis lastradas o que impedirá o desenvolvemento económico que esta comarca tanto precisa.

Pedímoslle o Sr Rey Varela que por unha vez teña a dignidade de escoitar á cidadanía e retire o cobro desta inxusta e ilegal taxa de Depuración e saneamento.

E moito menos podemos pagala cando na maior parte da cidade se cobra unha taxa sen dispor de ningún tipo de recollida de augas residuais. Como debería saber vostede non se pode cobrar unha taxa sin ir ligada a un feito impoñible, nin se pode cobrar con carácter retroactivo. Nin tampouco existir un doble feito impoñible, xa que que a taxa grava o mesmo servizo que canon de saneamento da Xunta. Vostede ten falado de solidariedade e os veciños decimoslle alto e claro  que non pode vulnerar a legalidade.

Imos pois reunir os recursos suficientes para que vostede se vexa obrigado a dar explicacións ante a veciñanza e a auga volva a ser tratada como un dereito cidadán e non  como unha mercadoría. Imos chegar ata o final, ata a última instancia xudicial, porque estamos convencidos que nos asiste a forza da razón e non o que vostede nos quere impoñer, a razón da forza.

Temos que recordar que baixo o goberno do Sr Juncal foron denunciadas as contas de Emafesa como fraudulentas xa que existian :

1.- Pagos indebidos por cesión del conocimiento, en virtud de la cláusula nº 21 del Pliego de condiciones para el concurso de selección por el Ayuntamiento de un socio privado para constituir la empresa mixta.

2.- Pagos en exceso en el ejercicio 2003, de las retribuciones del Gerente, en relación con la oferta presentada por dicha sociedad para el concurso de selección de un socio privado.

Denunciadas polo consello de Contas de Galicia e en sentencia do Consello de contas do Estado SENTENCIA nº 2 DE 2013 DE TRIBUNAL DE CUENTAS - DEPARTAMENTO TERCERO, 23 de Abril de 2013 dise que:
"Se cifran en TRESCIENTOS VEINTIDOS MIL OCHOCIENTOS CUARENTA Y DOS EUROS (322.842 €) los perjuicios ocasionados por alcance a los caudales públicos" e acreditase  "que las cuentas no respondían a los conceptos que se habían admitido en el Pliego de Concesión".

Que quere Sr alcalde, que os veciños sigan a facer frente a estas contas freudulentas de Emafesa, non lle basta que o seu goberno tiña subido o IBI, o canon de Sogama, que teñamos o precio de transporte público mais alto de Galicia. E todo isto despois de ter prometido conxelar as taxas. Non lle basta?

E a semán pasada para mais inri resulta que o director de Augas de Galicia, Gonzalo Mosqueira declara no parlamento, segundo  a Voz de Galicia que o saneamento da ría de Ferrol non se vai poder completar porque as tecnoloxías de depuración que se están a implantar na ría "poden estar xa obsoletas". Ou sexa que os veciños de Ferrol van a ter que pagar unhas taxas abusivas durante corenta anos e encima por unha depuración obsoleta e deficiente según a propia xunta.

Chegamos tarde mal e arrastro a depuración da ría, fai-se-nos pagar por unhas infraestruturas que debería financiar o propio estado e di-se-nos que non se vai poder completar o ansiado saneamento.
Non parecen pois neste caso moi serias a actuacións das administracións implicadas, empezando pola sua, pois non se pode levar vinte cinco anos falando de saneamento e depuración para finalmente virnos a dicir que vai haber que ir pensando en actualizar e mellorar as infraestruturas que apenas están entrando en funcionamento.

E encima o seu goberno en vez de denunciar e subsanar estes feitos reclamando un saneamento real e integral o único o que se aplica e a cobrar esta taxa inxusta por un servizo inexistente na maior parte da cidade.

Os veciños e veciñas non merecemos este trato, non merecemos unha administración que nos humille, porque unha sociedade decente e civilizada como di Avishai Margalit e aquela que non humilla as persoas suxeitas o poder público. Iso é o que reclamábamos os veciños e veciñas de Ferrol o pasado xoves na concentración contra a taxa do saneamento. Simplemente non ser humillados pola sua administración.

Sr. Alcalde: Solicitámoslle que retire a taxa que ten remitido Emafesa, e que se dirixa aos veciños e veciñas nunha asemblea popular a explicar polo miúdo, desglosado e baseando en datos certos porque teñen que pagar esa cantidade abusiva para un saneamento cun modelo intensivo enerxeticamente, non separativo, totalmente obsoleto, e contrario ao que se está a facer noutras cidades. Porque que a maior parte da cidade ten que pagar unha taxa sen tan sequera estar rematadas as obras do saneamento. Porque pretende recadar tres millóns de euros dunha forma inxusta e ilegal.

O seu concello non debería de seguir a  enganar a veciñanza Ferrolá sobre as virtudes dun proxecto obsoleto e desfasado que vai chegar tarde mal e arrastro. E tempo xa doutra política non propagandista que atenda as necesidades reais da nosa cidade, da nosa xente, do noso pobo. Moitos de nós levamos máis de vinte anos loitando por un saneamento integral dunha Ría maltratada, o peirao carboeiro, os recheos e agora a ignominia do trazado Sur do tren ao porto exterior. E non nós imos render, non queremos un saneamento electoralista, queremos un saneamento real, sostible, que respecte os nosos recursos.

Sr alcalde: retire a taxa, escoite ao pobo de Ferrol, que é a quen esta a representar, e centre o seu traballo en menos cartaces propagandísticos e máis saneamento real. Reivindicamos a remunicipalización do servizo porque só dende a xestión pública e integral do ciclo da auga poderemos garantir a necesaria transparencia e eficiencia, e que non se volvan repetir episodios vergonzosos como o cobro desta taxa.  E polo tanto hora de acadar o mellor para a nosa xente. Todos os colectivos impulsores desta iniciativa chamamos á cidadanía a rebelarse contra o que consideramos unha estafa, a exercer os recursos aos que teñen dereito para enfrontarse a un goberno impostor e a continuar unha mobilización sostida ata que a taxa sexa retirada. Saneamento, si, pero non así. Taxa-estafa non! Non debemos, non pagamos.

---

Novas de referencia:

O pleno debate a modificación do convenio de saneamento. | Redacción Ferrol | 26 de Febreiro de 2015 | Diario de Ferrol | Ir a web.


Enlaces onde se pode Acceder/Baixar o Modelo de Recurso contra a nova Taxa de depuración e saneamento, en diferentes formatos
:

  • Modelo de Alegacións en formato libre odt de GNU-Linux:
    Acceder/Baixar.
  • Modelo de Alegacións en formato pivativo doc de microsoft-windows:
    Acceder/Baixar.

Enlaces de interese
:

Sitio-e da Iniciativa cidadá pola xestión pública e social do ciclo da auga e do saneamento en Ferrol:
http://augaesaneamentodeferrol.blogspot.com.es/

Sitio-e da Comisión de Medio Ambiente da Asocición Veciñal de Recimil:
http://www.cidadansversustanquesdetormentas.blogspot.com.es/

Grupo no Facebook Sobre o Saneamento e Depuración de Augas Residuais na cidade - Indignados co recibo do auga en Ferrol:
http://www.cidadansversustanquesdetormentas.blogspot.com.es/

Foto de Daniel Alexandre (Fene, 1977). Fecebook.
_____________

26F Folga no Ensino Público e as mobilizacións en Ferrol contra o “Decreto 3+2” e en defensa da Universidade Pública e un ensino popular, científico, antipatriarcal e galego - Fotos e Vídeo do acto realizado ao final da manifestación de Ferrol


Como en toda Galiza en Ferrol houbo folga e manifestación contra o “Decreto 3+2” e en defensa do ensino público

Un númeroso grupo de estudantes de Ferrolterra, convocados polo Sindicato de Estudantes, por unha banda e o sindicalismo estudantil nacionalista, agrupados nos Comités e diferentes asembleas, por outra, foi á folga e manifestou-se contra o “Decreto 3+2” e en defensa da Universidade Pública e un ensino popular, científico, antipatriarcal e galego. Apoiado polo movimento sindical e as Marchas da Dignidade.

A Folga tivo importante suceso sobre todo no ensino medio, a manifestación amosou-se combativa, partiu da Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, até a Praza de Armas, diante do Palacio Municipal. Na concentración interviñeron representantes das organizacións estudiantís convocantes e un membro da mocidade comunista, rematando o acto co canto do Himno Galego.


http://youtu.be/fHVcWynZyNk

________________

xoves, febreiro 26, 2015

Syriza e Podemos, uma via cara ao poder do povo?, ... Por Eric Toussaint


Por Eric Toussaint [*]
27.02.2015


A experiência demonstra que os movimentos de esquerda podem chegar ao governo mas não chegam a conquistar o poder. A democracia ou seja o exercício do poder pelo povo e para o povo, requer muito mais. Hoje o problema coloca-se na Grécia com Syriza e no futuro surgirá na Espanha com o Podemos, se estes movimentos ganhassem as eleições gerais de finais de 2015. O problema colocou-se também na Venezuela a partir das eleições gerais ganhas por Hugo Chávez em 1998, na Bolívia com a de Evo Morales em 2005, no Equador com Rafael Correa em Dezembro de 2006, ou até algumas décadas antes com a eleição de Salvador Allende no Chile, em 1970. (1)

O problema surgirá para qualquer movimento de esquerda que chegue ao governo numa sociedade capitalista. Quando uma coligação eleitoral ou um partido de esquerda chega ao governo, não obtém o poder real porque o poder económico (que depende da posse e do controle dos grupos financeiros e industriais, dos grandes meios de comunicação privados, do grande comércio, etc.) permanece nas mãos da classe capitalista, ou seja do 1% mais rico, que até, com frequência é menos que o 1% da população. Assim, essa classe capitalista controla o Estrado, o poder judicial, os ministérios de Economia e Finanças, o banco central… Na Grécia e na Espanha como no Equador, Bolívia, Venezuela ou Chile, (2) um governo determinado a exercer mudanças estruturais reais deverá entrar em conflito com o poder económico para debilitar e acabar logo com o controle da classe capitalista sobre os grandes meios de produção, de serviços, de comunicação e sobre o aparelho de Estado.

Façamos uma comparação histórica. Em 1789, graças à Revolução Francesa, a burguesia tomou o poder político em França, mas já tinha o poder económico. Antes de conquistar o poder político, os capitalistas franceses eram os credores do rei de França e os proprietários das principais fontes de poder económico (a banca, o comércio, as fábricas e uma parte da terra). Depois da conquista do poder político, expulsaram do Estado os representantes das antigas classes dominantes (nobreza e clero), dominaram-nas ou fundiram-se com elas. O Estado transformou-se numa máquina bem oleada ao serviço da acumulação de capital e dos seus benefícios.

Ao contrário da classe capitalista o povo não tem capacidade para tomar o poder económico se previamente não aceder ao governo. Que o povo repita a ascensão progressiva para o poder que os burgueses realizaram no marco da sociedade feudal ou da pequena produção mercantil é impossível. O povo não acumula riquezas materiais em grande escala, não dirige empresas industriais, bancos ou grande comércio e outros serviços. É a partir do poder político (ou seja, do governo) que o povo pode conseguir a transformação da estrutura económica e iniciar a construção de um novo tipo de Estado baseado na autogestão. Ao dirigir um governo, a esquerda tem acesso às fontes institucionais, políticas e financeiras com o fim de iniciar mudanças profundas a favor da maioria da população. A auto-organização do povo, a sua auto-actividade na esfera pública e nos locais de trabalho é condição sine qua non para o conjunto do processo.

Porque para realizar mudanças estruturais reais é fundamental por em marcha uma relação interactiva entre o governo de esquerda e o povo. Este último deve reforçar o seu nível de auto-organização e construir desde a base estruturas de controlo e de poder popular. Essa relação interactiva, dialéctica, pode tornar-se conflituosa se o governo duvidar em tomar as medidas que a «base» reclama. O apoio do povo às mudanças prometidas e a pressão que possa exercer são vitais para convencer um governo de esquerda a aprofundar o processo de mudanças estruturais que implicam uma redistribuição da riqueza a favor daqueles que a produzem. É também vital para assegurar a defesa de um governo desse tipo perante os credores, do antigo regime, dos proprietários dos grandes meios de produção, de governos estrangeiros. Para realizar as mudanças estruturais, primeiro deve acabar-se com a propriedade capitalista nos sectores-chave da economia como as finanças e a energia, transferindo-as para o sector público (serviços públicos sob controle dos cidadãos) assim como apoiando ou reforçando outras formas de propriedade com função social; a pequena propriedade privada (especialmente na agricultura, na pequena indústria, comércio e serviços), a propriedade cooperativa e a propriedade colectiva baseada na livre associação (3).

Em dois dos três países sul americanos já mencionados (na Venezuela entre 2002 e 2003 (4) e na Bolívia entre 2006 e 2008 (5) o governo esteve em conflito aberto com a classe capitalista (6) mas as mudanças estruturais decisivas no plano económico ainda não foram realizadas. Essas sociedades continuam a ser claramente capitalistas (7) Evidentemente tem havido avanços reais a favor do povo como a adopção nos três países de novas constituições após uns processos constituintes profundamente democráticos (eleição por sufrágio universal de uma assembleia constituinte; elaboração de uma nova constituição adoptada pela assembleia constituinte após um amplo debate nacional, referendo de aprovação da nova constituição); uma ampla recuperação pelo controle público dos recursos naturais; (8) um aumento de impostos sobre os mais ricos (especialmente no caso do Equador) e sobre as grandes sociedades privadas nacionais ou estrangeiras; uma significativa melhoria dos serviços públicos; uma redução das desigualdades sociais; um reforço dos direitos dos povos originários; a recuperação da dignidade nacional perante as grandes potências, em particular perante os Estados Unidos.

Não poderemos compreender a política desses países se não consideramos as importantíssimas mobilizações populares que sofreu a sua história. No Equador, quatro presidentes de direita tiveram de fugir, deixando o poder entre 1997 e 2005 graças às mobilizações da população. Na Bolívia, houve importantes lutas contra a privatização da água em Abril do ano 2000 e nos finais de 2004. As mobilizações em torno da privatização do gás em Outubro de 2003 fizeram cair e fugir (para os Estados Unidos) o presidente Gonzalo Sanchez de Lozada. Na Venezuela houve desde 1983 importantes mobilizações que inauguraram as grandes lutas sociais contra o Fundo Monetário Internacional, que sacudiram o planeta nos anos 1990 e no início dos anos 2000. Houve também acontecimentos mais espectaculares com as enormes mobilizações populares de 12 de Abril de 2002, manifestações espontâneas para repudiar o golpe de Estado contra Hugo Chávez. Essas mobilizações tiveram como efeito o regresso de Hugo Chávez ao palácio presidencial de Miraflores, desde 13 de Abril de 2002.

Enquanto as mudanças políticas democráticas nesses três países são sistematicamente silenciadas na imprensa dos países mais industrializados, uma campanha de difamação, também sistemática, é orquestrada com o fim de apresentar esses chefes de Estado como dirigentes populistas autoritários.

As experiências desses três países andinos, em termos de adopção de novas constituições, são muito ricas. Deveriam inspirar os povos e as forças políticas de outros países. Basta comparar a situação da Europa com a ausência de um procedimento democrático na adopção do Tratado constitucional em 2005 ou do TSCG em 2014. Embora as experiências da Venezuela, Bolívia e Equador apresentem contradições e limites importantes que devemos analisar (9).

As grandes movimentações populares são um factor decisivo na existência e sobrevivência dos governos de esquerda. Poderíamos assim falar também das grandes mobilizações populares de 1936 na França que levaram Leon Blum — que se teria contentado em «gerir honestamente» a casa da burguesia — a iniciar verdadeiras medidas de esquerda, sem esquecer as mobilizações na Espanha no mesmo período, ou as que, em grande parte da Europa, se seguiram à II Guerra Mundial.

Voltamos a Syriza e Podemos

Se os governos, dirigidos actualmente por Syriza e amanhã por Podemos, querem realmente romper com as políticas de austeridade e de privatizações que se sucedem actualmente por toda a Europa entrarão imediatamente em conflito com as grandes forças conservadoras tanto a nível nacional como a nível europeu. E isso apenas pelo facto de afirmar que o seu governo deva aplicar as medidas que ditam à população que recusa massivamente a austeridade. Syriza agora, Podemos amanhã, encontra dura oposição nas instâncias europeias, na maioria dos governos na União Europeia, assim como nos dirigentes e nos grandes accionistas das principais empresas privadas, sem esquecer o FMI.

Mesmo autolimitando o seu programa de mudança Syriza continuará com forte oposição, já que, enfrenta as classes altas e as instâncias europeias (intimamente ligadas e solidárias) que querem levar ainda mais longe o maior ataque coligado, no âmbito europeu, contra os direitos económicos e sociais dos povos, sem esquecer a vontade de limitar fortemente o exercício dos direitos democráticos (10).

É ilusório pensar que se podem convencer as autoridades europeias e o patronato das grandes empresas (principalmente financeiras e industriais) a abandonar o curso neoliberal reforçado desde 2010. Lembremos que François Hollande e Matteo Renzi, que propõem timidamente afrouxar o cinturão da austeridade, procuram ao mesmo tempo aplicar o modelo alemão nos seus respectivos países. Uma precarização mais acentuada dos direitos de negociação colectiva e de protecção das conquistas dos trabalhadores (11). Esses não são os aliados de Syriza agora nem do Podemos amanhã.

Devemos também considerar outro elemento, quando se compara a situação do governo de esquerda da Grécia actual (ou outro amanhã) ao que encontraram Hugo Chávez (a partir de 2000), Evo Morales ou Rafael Correa. A partir de 2004, o importante aumento dos preços das matérias-primas (petróleo, gás, minérios…) que esses países exportavam permitiu aumentar fortemente a receita fiscal, que foi utilizada para por em marcha vastos programas sociais e grandes projectos de investimentos públicos. Os governos desses três países andinos aplicaram um projecto que poderíamos chamar neokeynesiano em evolução (12), grandes investimentos públicos, aumento do consumo popular; aumento dos salários baixos; nacionalizações (no caso da Venezuela e da Bolívia) compensadas por generosas indemnizações aos proprietários nacionais ou às sedes estrangeiras.

A parte mais pobre do povo teve uma melhoria considerável das suas condições de vida, a infra-estrutura desses países também melhorou e os lucros dos capitalistas locais não foram afectados no sistema financeiro, os lucros privados até aumentaram.

Evidentemente um governo de esquerda num país periférico da União Europeia não poderá dispor da mesma margem de manobra dos governos desses três países andinos. Os países europeus da periferia estão esmagados por uma dívida impossível. As autoridades europeias pensam exercer toda a pressão possível como mostra a reacção do Banco Central Europeu perante a Grécia no início de Fevereiro de 2015.

A conclusão que se impõe é que não haverá caminho fácil para iniciar um programa económico e social que quebre a austeridade e as privatizações. Os governos de esquerda deverão desobedecer aos credores, às autoridades europeias e ao FMI (uns e outros se confundem), para serem fiéis às suas promessas eleitorais. Tem uma legitimidade e um apoio muito considerável, tanto no seu país como no âmbito internacional, demonstrando que em que grau a austeridade e as políticas europeias são rechaçadas. A recusa a pagar uma parte substancial da dívida constituirá um elemento-chave na estratégia do governo, (13) assim como a decisão de não continuar com as privatizações e restabelecer plenamente os direitos sociais que foram afectados pelas políticas de austeridade. Essa combinação é vital já que da parte dos credores já se levantaram vozes que propõem reduzir o peso da dívida da Grécia em troca da continuação da política da reforma ou seja de contra-reformas, de privatizações, precarização dos contratos de trabalho, dos direitos sociais, etc.).

Vemos como é difícil um governo de esquerda evitar a socialização do sector bancário (ou seja, a expropriação das acções privadas e transformar os bancos num serviço publico sob controle dos cidadãos), tomar medidas estritas de controlo de movimento de capitais, arrecadar o imposto sobre o património de 1% mais rico, recusar os empréstimos da Troika condicionados pela perseguição da austeridade e das privatizações, recusar o pagamento de uma dívida amplamente legítima, ilegal, insustentável a partir do ponto de vista do exercício dos direitos humanos, odiosa até. Um dos numerosos instrumentos de que dispõe um governo de esquerda para favorecer a participação e o apoio popular reforçando ao mesmo tempo a sua posição perante os credores, é a auditoria da dívida com uma participação popular activa, com o fim de identificar a parte da dívida que não deverá ser paga e que será necessário repudiar. A partir daí, tudo se tornaria finalmente possível.

Notas:

(1) Para a experiência chilena consultar Frank Gaudichaud, Chile 1970-1973. Mil dias que abalaram o mundo. Presses Universitaires de Rennes, 2013.

(2) Cuba teve um processo diferente do da Venezuela, Equador, Bolívia ou Chile, já que a esquerda chegou ao governo como consequência de ganhar uma luta armada de vários anos apoiada, na sua fase final, por um enorme levantamento popular (fins de 1958, primeiros dias de 1959). Veja-se entre outros, Fernando Martinez entrevistado por Eric Toussaint. «Do Século XIX ao século XXI: uma perspectiva histórica sobre a revolução cubana, publicada a 24 de Dezembro de 2014.http://www.europe-solidaire.org/spip.php?article33911

(3) Nos três países andinos citados e principalmente no Equador e Bolívia, é também fundamental manter as formas de propriedade tradicional dos povos autóctones (que mantêm, geralmente, um alto grau de propriedade colectiva.

(4) Na Venezuela, as batalhas mais duras lideradas pela direita começaram depois dos três primeiros anos do governo de Hugo Chávez, ou seja no início de 2002. Transformaram-se em lutas maiores como o golpe de Estado de Abril de 2002, a greve geral de Dezembro de 2002-Janeiro de 2003, a ocupação da praça Altamira em Caracas por generais revoltados e chefes da oposição política. Começou a perder força depois de Agosto de 2004, graças à vitória do não no referendo revocatório do presidente Chávez. Desde aí, a direita procura ocasiões para retomar a iniciativa, mas a sua capacidade de mobilização reduziu-se consideravelmente. Desde 2013, um sector importante da classe capitalista participa activamente na desestabilização do governo mediante a criação de uma situação de penúria de muitos produtos de primeira necessidade, como medicamentos, e o mercado paralelo de divisas (no mercado negro, o dólar troca-se a quase 10 vezes o seu valor oficial).

(5) Na Bolívia, a direita liderou verdadeiras batalhas em 2007 e 2008 depois de menos de dois anos do governo de Morales. Utilizou a violência várias vezes e escolheu uma estratégia de batalhas frontais em 2008. A vitória de Evo Morales no referendo revocatório de Agosto de 2008 com 67,43% dos votos não produziu uma redução da violência da direita. Pelo contrário, essa violência foi crescendo durante varias semanas depois do seu fracasso no referendo, especialmente porque se sentia capaz de reunir uma maioria em várias províncias chave do sul do país. Uma forte reacção do governo e a mobilização popular perante o massacre de partidários de Evo Morales na província de Pando (houve também a condenação internacional especialmente da UNASUR, que se reuniu em sessão extraordinária em Setembro de 2008 para dar apoio ao governo de Evo Morales) conseguiram provocar um armistício (provisório). Após um ano de boicote, a direita comprometeu-se a aceitar a organização do referendo sobre a nova constituição. Isso acabou numa nova vitória de Evo Morales em fins de Janeiro de 2009, a nova constituição foi aprovada por 62% dos votos. Em Outubro de 2014, Evo Morales foi reeleito com 61% dos votos.

(6) No Equador não houve um período de choque entre o governo e a classe capitalista no seu todo, embora houvesse tensões consideráveis em 2008, especialmente em Guayaquil, o principal porto do país
.
(7) Analisei o processo que se estava a desenrolar nesses três países no estudo «Venezuela, Equador e Bolívia, a via da história em marcha» publicado a 2 de Novembro de 2009 http://cadtm.org/Venezuela-Equateur-et-Bolivie-la. A versão impressa apareceu na revista Inprecorem 2009. Veja-se também Eric Toussaint O Banco do Sul e a nova crise internacional. El ViejoTopo, Mataró (Barcelona), 2008, que contem uma análise da evolução da Venezuela, Bolívia e Equador até inícios de 2008. Veja-se também a obra colectiva intitulada O Vulcão Latino-Americano Esquerdas, movimentos sociais e neoliberalismo na América Latina, publicada sob a direcção de Frank Gaudichaud por Textuel em Paris, em Abril de 2008.

(8) A Bolívia nacionalizou o petróleo e a produção de gás em 2008. Evo Morales enviou o exército para controlar os campos petrolíferos, mas as multinacionais continuam activas já que são as responsáveis pela extracção de petróleo e do gás embora o Estado seja o proprietário das jazidas.

(9) Veja-se a posição do CADTM sobre a relação do governo equatoriano com a CONAIE e outros movimentos sociais do país http://cadtm.org/carta-a-Rafel-Correa-Presidente, publicada a 19 de Dezembro de 2014. Desde o fim de 2014, o governo equatoriano retrocedeu e a CONAIE não foi expulsa da sede.

(10) Ver: http://cadtm.org/la-Union-Europea-conculca-las, publicado a 19 de Dezembro de 2014.

(11) Ver: http://cadtm.org/el-modelo-aleman-exportado-al publicado a 9 de Janeiro de 2015.

(12) O adjectivo «em evolução» refere-se às políticas que se realizaram no período 1940-1970 numa série de países latino-americanos. Essas políticas consistiam em que o Estado desse um apoio importante ao desenvolvimento económico, mas sob a sua direcção. Ver a definição dada pelo economista argentino Claudio Katz, em castelhano: http://katz.lahaine.org/?p=232

(13) Os governos da Venezuela, Bolívia e Equador podiam continuar com o pagamento da dívida ao mesmo tempo que desenvolviam políticas anti-austeridade porque o peso da dívida era sustentável do ponto de vista do orçamento. O Equador que suspendeu unilateralmente o pagamento de uma parte da sua dívida depois de ter realizado a sua auditoria, conseguiu derrotar os seus credores embora do ponto de vista financeiro, pudesse ter continuado a pagar a dívida na sua totalidade. O interesse de recusar o pagamento de dívidas ilegítimas, em poupar na arrecadação fiscal destinada ao pagamento da dívida e em troca utilizar esse dinheiro em benefício do povo, foi o que levou o governo equatoriano a tomar a decisão legítima de se negar a pagar uma parte da sua dívida. A Venezuela, que seguiu outra política esta presentemente confrontada com graves problemas de refinanciamento da sua dívida.

[*] Eric Toussaint, Doutor em Ciências Políticas pela Universidade de Liège e Paris VIII, historiador de formação, EricToussaint é o porta-voz do CDTM Internacional. Luta há muitos anos pela anulação da dívida dos países do Sul e das dívidas públicas ilegítimas do Norte. Foi membro da Comissão de Auditoria Integral da dívida do Equador (CAIC) iniciada em 2007 pelo presidente Rafael Correa. Nesse ano foi ainda conselheiro do ministro das Finanças e do presidente do Equador sobre à criação do Banco do Sul. Em 2008, foi conselheiro do ministro de Desenvolvimento Económico e de Planificação da República Bolivariana da Venezuela.

Publicado no jornal português O Diario que a sua vez o toma do jornal digital espanhol Publico. | 25.02.2015 e 12.02.2015

Tradução para O Diario de Manuela Antunes.
_____________________

As Marchas da Dignidade apoian a Folga no Ensino Público do 26F e as mobilizacións por un ensino popular, científico, antipatriarcal e galego. - En Ferrol o Sindicato de Estudiantes e o sindicalismo estudantil nacionalista e convoca unha manifestación ás 12 do mediodía na Praza Amada Garcia, diante do Edificio da Xunta


Coa escusa da crise económica e da "austeridade" que nos queren impor os gobernos nacional, estatal e europeo en conxunto cos poderes económicos, a situación de miseria, explotación e recortes leva sendo moito tempo inaguantable e intolerable para o pobo. O desastre non deixa de medrar e só nós podemos paralo.

Esta situación chega tamén ao estudantado, que ve como os dereitos acadados polas xeracións anteriores están a ser destruídos en beneficio duns poucos. Porén, eses poucos non saben que estamos dispostas a saír a rúa para loitar polo noso presente e polo noso futuro, para dicir dunha vez por todas que xa abonda.

Xa abonda da destrución e privatización do ensino público e gratuíto coa escusa da xeración de beneficios. Xa non nos tragamos a súa grande estafa, que non busca outra cousa que manter os privilexios dunha minoría.

Xa abonda dunha educación patriarcal, que segrega por sexos e que oprime á muller en defensa dos seus valores retrógrados. Un ensino que eduque en igualdade non só é necesario, senón que é de xustiza.

Xa abonda de ataques á nosa lingua: mentres que as estatísticas mostran un alarmante descenso no número de galegofalantes, o goberno autonómico impón a redución do seu uso nas aulas, retrotraéndonos unha vez máis a eses tempos nos que falar galego era de bárbaros.

É hora de defender o que é noso, o que queremos que sexa de todas e non duns poucos; é hora de saír ás rúas para defender o público. Quérennos caladas pero nós imos alzar as nosas voces nun berro unitario: por iso, este 26 de febreiro apoiamos as mobilizacións galegas por un ensino popular, científico, antipatriarcal e galego.

Pola dignidade das estudantes!

Pan, traballo e teito!

---

En Ferrol convocan unha manifestación:

Sindicato de Estudantes, por unha banda e o  e o sindicalismo estudantil nacionalista por outra, contra o “Decreto 3+2” e en defensa da Universidade Pública e un ensino popular, científico, antipatriarcal e galego.

MANIFESTACIÓN:
Xoves, 26 de febreiro, ás 12 hs, na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.
_________