xoves, decembro 03, 2015

Colectivos denuncian diante da Comisión Europea o desleixo das Administracións nas rías e ríos da Galiza - Fotos


Colectivos denuncian diante da Comisión Europea o desleixo das Administracións nas rías e ríos da Galiza. | A falta de control das Administracións, a contaminación verquida por empresas ou a lentitude da Xustiza, algúns dos principais problemas. | Valorouse a posibilidade de levar adiante accións conxuntas a nivel nacional e AGEe rexistrará preguntas ao respeito dos distintos casos.


Integrantes do Comité Cidadán de Emerxencia para Ría de Ferrol, a Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra, a Plataforma de Defensa do Río Baa, SOS Río Miño, Agrupación de Mariscadoras a Pé da Confraría de Pescadores de San Telmo de Pontevedra, Plataforma Sarriana polo Río, Plataforma de Cospeito, Asociación pola Defensa do Parque Rosalía de Lugo, Asociación Xentes de Mar Viva, Comunidade de Montes en Man Común de Lourizán, Umia Vivo, Asociación polo Saneamento da Ría de Pontevedra, Cooperativa Arpermar, Plataforma pola Defensa dos Camiños, Plataforma Praceres e representantes do sector acuícola de Burela e artes menores de Narón, expuxeron hoxe no Parlamento Europeo (Bruxelas) as súas experiencias de loita e denuncia da contaminación das rías e ríos galegos.

De 9.30 a 12.00hrs. as 18 persoas integrantes desta delegación galega mantiveron unha xuntanza ca eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, na que procederon a realizar unha primeira posta en común das problemáticas derivadas da contaminación das rías e ríos galegos, "unha cuestión de importante impacto para o noso País, tanto a nivel medioambiental como social e produtivo", valora a eurodeputada galega, "unha información que para AGEe é moi importante coñecer de primeira man de cara a poder levar esta problemática ao Parlamento Europeo, por exemplo a través de preguntas parlamentarias".

Senra salientou tamén "a importancia de ter compartido esta información entre todas as organizacións e crear sinerxias de unidade", e destacou como especialmente interesante que ao longo da primera xuntanza "se valorara a posibilidade de realizar iniciativas conxuntas a nivel galego contra as agresións ao medioambiente".

A primeira hora da tarde, os representantes dos distintos colectivos trasladáronlle a Jose Manuel Servert, pertencente á Dirección Xeral de Medioambiente da CE na unidade adicada ao seguimento de infraccións e cuestións xurídicas, as reivindicacións principais de cada unha das organizacións.

O Comité Cidadán de Emerxencia para Ría de Ferrol, -plataforma que agrupa a máis de medio centenar de entidades galegas e que naceu para denunciar a problemática derivada da localización da planta de gas de Reganosa en Punta Promontorio (Mugardos), no interior da ría de Ferrol-, leva anos organizando accións de protesta contra a entrada de gaseiros na ría e desde o inicio esixiu que Reganosa non se instalase na ría ferrolá debido aos riscos que supón para a zona e que afectan tanto á veciñanza como á actividade marisqueira, ademais, acúsana de estar empregando "un sistema de regasificación de xeito fraudulento".

Durante a súa exposición diante da DX de Medioambiente salientaron tamén outras fontes de contaminación que está a padecer a ría, como por exemplo á "canalización dos verquidos urbanos e industriais dos cinco concellos da ribeira, cunha poboación conxunta en torno aos 140.0000 habitantes -que acadan unhas 100.000 Tons/día sen ningún tipo de depuración previa-, pero tamén as pontes do Ferrocarril e As Pías, que actúan a modo de barreiras, impedindo a circulación das fortes correntes e provocando a acumulación dos lodos cun metro de espesor nalgunhas zonas". Lembraron tamén o procedemento de instalación na ría da empresa 'Forestal del Atlántico', que "realizou uns enormes recheos de máis de 120.000 m² no interior da Ría de Ferrol". O desmedido crecemento que se produciu neste complexo industrial entre as anos 1990 e o ano 2004, relataron, "realízouse coa conivencia e o apoio interesado da Administración presidida por Fraga Iribarne, dándose o caso de que conselleiros como José Antonio Orza Fernández integraron o Consello de Administración de 'Forestal del Atlántico' ata o seu nomeamento como Conselleiro, e con posterioridade e durante toda a súa etapa de goberno, seguiu como socio desta empresa".

Os efectos perniciosos dos recheos, dos verquidos químicos de Forestal e agora do sistema de regasificación, "non só afectan directamente aos bancos marisqueiros de Sta. Lucia, A Barca e Noville", quixeron deixar claro, "senón ao conxunto dun ecosistema como o da Ría de Ferrol".

A Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR) naceu a finais de 1987 como resposta ecoloxista diante da grave situación de deterioro ambiental que sofre o medio natural desa zona. A loita pola recuperación dos espazos naturais non degradados e pola desaparición dos principais focos contaminantes da ría de Pontevedra, a fábrica de taboleiros TAFISA na beira do Lérez –hoxe trasladada- e o complexo CELULOSAS-ELNOSA en Lourizán, sempre foron as súas principais loitas. Hoxe en día teñen activas diferentes campañas en defensa dos bancos marisqueiros, dos montes, contra os recheos do Porto de Marín ou pola recuperación do entorno da Barosa, por exemplo.

Durante o seu encontro ca DX de Medio ambiente reivindicaron a necesidade de eliminar o principal foco de contaminación da ría, é dicir, "o complexo ENCE-Elnosa, que o goberno do PP pretende consolidar no seu actual emprazamento en Lourizán mais aló do 2018, ano no que vence a actual concesión administrativa". Dende a APDR subliñaron que "se queremos acadar o saneamento e recuperación da Ría de Pontevedra para a explotación racional dos recursos naturais e a creación de postos de traballo, o camiño é a eliminación definitiva dos verquidos de ENCE e a depuración eficaz das augas de verquido domésticas". Aliás, reiteraron a importancia de tomar medidas reais e contundentes contra a contaminación, debotando a aplicación de medidas que unicamente funcionan como "parches", e que "levan inevitablemente ao deterioro total da ría e á perda definitiva da calidade de vida da veciñanza".

A Plataforma de Defensa do Río Baa está integrada pola Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), as asociacións ecoloxistas Adega e Verdegaia e a Plataforma de Defensa dos Camiños e a de Afectados polo Polígono Industrial de Vilar do Colo. Levan tempo denunciando que a auga do río que comparten os concellos de Fene e Cabanas está contaminada por culpa dos refugallos altamente tóxicos depositados ilegalmente no monte dos Cocidos, na Parroquia de Laraxe. AGE ten presentado iniciativas no Parlamento galego a este respecto, atopándose sempre co voto en contra do PP.

Ao representante da Comisión Europea exemplificáronlle a situación con datos concretos, tales como a desecación realizada no río nun tramo de máis dun quilómetro, a alteración da capa freática pola construción da autovía a Lavandeira, o aumento de vertedoiros incontrolados en Cabanas e Fene, a tala indiscriminada de vexetación e a acumulación de residuos asfálticos contaminantes. "A día de hoxe residuos procedentes de Holanda seguen depositados nun terreo forestal de Cabanas", ilustraron. As asociacións integrantes da Plataforma esixen o inmediato subsanamento destas agresións ao río Baa e que se proceda "á recuperación integral dun espazo de extraordinario valor patrimonial".

A plataforma SOS Río Miño leva tempo denunciando os moitos ataques que recibe de forma continuada o Miño, dende verquidos incontrolados procedentes das actividades industriais e gandeiras, sistemas de depuracións de vilas e cidades pouco eficientes, talas incontroladas de árbores de ribeira, abandono sistemático de muíños e caneiros, destrución do ecosistema, desaparicións de especies animais e vexetais…

Puxeron en coñecemento da DX de Medioambiente que "as Administracións están a consentir actuacións e obras que danan seriamente o río", como son, ultimamente, as da Fábrica da Luz, polo que "un dos maiores agresores ao ecosistema das concas fluviais sona as propias administracións, en particular a Confederación Hidrográfica do Miño Sil, xa que adoitan ser estes axentes públicos os causantes activos, ou por omisión, das agresións sufridas polos ríos galegos".

Para este colectivo, "un dos problemas máis importantes que sofren os ríos galegos, ignorado polas administracións e descoñecido pola sociedade, é o da calidade da auga". E un dos principais factores que causan esta situación, "a contaminación por nitratos procedentes sobre todo da actividade gandeira e industrial".

Desde que a finais de 1995 se fai público por parte da Xunta de Galiza o proxecto para construír o Encoro do Umia alegando a súa necesidade de urxencia para abastecer de auga a Comarca do Salnés e evitar as enchentes do río Umia ao seu paso por Caldas, a oposición da veciñanza foi continua e canalizada por Umia Vivo, plataforma que leva moitos anos denunciando o perxudicial da explotación hidroeléctrica do río a costa da degradación da zona. Continúan a esixir a demolición do encoro, que non evita as inundacións que se utilizaron como escusa.

A Plataforma Umia Vivo deu conta da afección sobre o río derivada da construcción do encoro, que entrou en funcionamento no ano 2001, "adicado á produción lucrativa de enerxía eléctrica por unha empresa privada e tampouco resolveu o problema das periódicas inundacións da vila de Caldas de Reis polos desbordamentos do río". Dende entón "a saúde do río vese cuestionada e agravada pola xestión privada do encoro pola empresa concesionaria do aproveitamento hidroeléctrico, incumprindo os caudais ecolóxicos mínimos coa conseguinte degradación dos ecosistemas do río". A este problema "engádense as obras ilegais ou autorizadas no tramo do río Umia situado augas abaixo do encoro, provocando inundacións periódicas e afectando negativamente á calidade das zonas de cría de marisco". Dende o colectivo perciben "unha situación de indefensión e risco para a saúde ante a falta de información, transparencia e publicidade sobre o estado da calidade da auga, moitas veces hai retrasos no publicación dos resultados e noutros casos mesmo van na contra das recomendacións da propia Organización Mundial da Saúde".

A Agrupación de Mariscadoras a Pé da Confraría de Pescadores de San Telmo de Pontevedra adícase á extracción, comercialización e xestión dos bancos de acuicultura desa zona, centrada principalmente en bivalvos como as ameixas, berberechos e ostras. Os fecais da ría, as toxinas e a falta de produción son os seus principais inimigos e gran parte das praias están afectadas pola contaminación, o que fai que pasen boa parte do ano sen poder case traballar. "Na actualidade a ría está catalogada como Zona C por culpa da contaminación de ENCE, pero claro, o saneamento é unha cousa que non se ve, que non dá votos...", explicaron, "para a ría foron seis millóns de euros de orzamentos europeos, gustaríanos saber onde están...". Para as mariscadoras, a contaminación das rías poñen directamente en risco o sustento das súas familias, "con tanta contaminación que hai na ría, alí case non hai animal que viva, os verquidos fecais son o que máis nos afecta".

Explicáronlle tamén ao representante da Comisión Europea que hai xa 3 anos que as mariscadoras de Pontevedra non meten berberecho e que a ameixa tamén está morrendo. Esta situación provocou que a día de hoxe practicamente so podan traballar en Ameixal e Combarro. "Temos moitas praias afectadas e as bateas do fondo da ría tamén o están", polo que non poden vender produto fresco. "Non podemos vivir así, gañamos no verán e no Nadal e o resto son todo meses mortos, hai xente que non pode afrontar pagar o seguro", lamentou.

A Plataforma Sarriana polo Río naceu no 2013 para formular unha alternativa ao encanamento do Sarria. Chegaron a recoller case 8.000 sinaturas contra este proxecto, que está a destruír o patrimonio, non respecta o medio, supón un mal gasto de cartos e tampouco evita as inundacións. En febreiro do 2014 levaron a cabo unha das súas accións máis contundentes encadeándose ás árbores do Malecón, cheo de freixos e ameneiros e hábitat prioritario de interese comunitario. Intentaban paralizar a tala masiva, non obstante, as autoridades seguiron o seu proxecto facendo caso omiso mais enchéndoos de multas.

Trasladáronlle ao representante da DX de Mediambiente que a obra, xa en execución, "destruirá esta vía e beira natural do río, de flanco a flanco, eliminado case por completo o corazón do patrimonio cultural, histórico, ambiental e paisaxístico da parte baixa de Sarria". Enumeraron tamén algúns dos máis importantes aspectos patrimoniais que se verían afectados, como a centenaria ponte do Toleiro e a ponte da rúa Calvo Sotelo, así como un estribo medieval da ponte chamado “Ponte Ribeira”; case todo vestixio do antigo muíño do Toleiro e a parte da illa tocante á socaz do muíño será profundamente alterada, "cambiando a súa elevación sobre o río". Ademais, "o noso río ten unha masa arbórea considerable, en bo estado e con recoñecido valor ambiental e paisaxístico", e non podemos esquecer que "un bosque é un organismo vivo, un sistema complexo que tarda décadas, ou incluso séculos, en formarse".

A Asociación Xentes de Mar Viva, agrupación de ámbito estatal constituída aínda este ano, naceu para intentar unir e defender a toda a xente que vive directa ou indirectamente da mar, intentando por-lle fin á competencia entre sectores e promovendo a unidade. Entre os seus principios teñen prohibido atacar ou ir en contra de calquera modalidade de pesca. Para dar unha mostra da importancia das rías e ríos no territorio galego, lembraron que "Galiza ten catro veces máis costa fluvial que marítima". Partindo da experiencia da Mariña Lucense, destacaron a importante fonte de riqueza que supón o marisqueo e a pesca na fachada costeira, así como actividades industriais e do sector servizos. O maior problema nesta zona é a presenza de distintas fábricas contaminantes, "como a fábrica de aluminio, Alcoa, a central térmica nas Pontes de García Rodríguez". Nesta zona Augas de Galicia ten detectados na comarca 41 puntos de verquido contaminante. A Plataforma pola Recuperación do Sar é un colectivo que agrupa a veciñas e veciños de Santiago, Ames, Rois, Teo, Brión, Dodro e Padrón que traballan pola recuperación do lamentable estado en que se atopa o río Sar. Os vertidos continuos e os efectos dos embalses son o principal problema deste río que denuncian, "está na UCI”. Levan anos alertando do deficiente funcionamento da depuradora de Santiago.

"O Sar en grande parte do seu percorrido está declarado como Rede Natura. É unha burla á propia lexislación ambiental a situación de contaminación, que se prolonga ano tras ano sen que as nosas autoridades se tomen en serio a súa regularización", denunciaron. "A veciñanza de Ames, Brión, Teo, Rois, Padrón e Dodro sofren a contaminación provocada por Santiago, polo que son sete concellos os afectados, o que dá mostra da importancia desta afección".

O representante da Cooperativa Arpermar [1], adicada á acuicultura, sinalou que "os dous puntos de maior polución e contaminación acuícola son as piscifactorías de engorde de rodaballo Insuiña-Pescanova, en Xove, e Stolt Sea Farm, no polígono industrial de Cervo". Estes e outros centros de produción e investigación acuícola "están amparados baixo o paraugas da Consellería de Pesca e Acuicultura, que non lles obriga a realizar un control e tratamento dos efluentes que xeran a partir das súas producións, e onde a Consellaría do Medio Ambiente parece facer a vista gorda". Un caso paradigmático é o da Stolt Sea Farm, cuxa actividade contaminante "fixo desaparecer as algas no litoral próximo a esta factoría". Porén, non cabe agardar unha xestión responsábel e consecuente, xa que, en relación á contaminación biolóxica provinte das excrecións, feces e alimento sobrante, "existen parámetros de autorización de verquido para sólidos en suspensión, nitritos, fosfatos,e carbono orgánico total, establecidos polo organismo autónomo Augas de Galicia, que son verquidos ao mar ou ría directamente, sen ningún tipo de filtración nin depuración".

A Asociación pola Defensa do Parque Rosalía naceu no 2006 para preservar ese espazo natural de Lugo fronte aos proxectos de urbanización da zona e edificacións que atacan o seu patrimonio e identidade. Teñen recollidas máis de 11.000 sinaturas e dan a batalla por conservar os sinais paisaxísticos que se divisan dende a Pérgola, como son o meandro do río Miño, as carballeiras e as leiras todas da súa contorna. No ano 2007 a asociación iniciou un proceso contencioso-administrativo denúnciando posibles irregularidades levadas a cabo polo Concello "coa única finalidade de proporcionar na leira dun particular e dun xeito, aparentemente legal, a máxima edificabilidade no sitio máis rendible, obviar o ben social, os intereses da cidadanía á que representa, as leis de protección patrimonial e os trámites legais".

O obxectivo fundamental da asociación é "preservar o espazo natural do Parque Rosalía e o seu entorno para futuras xeracións", polo que desenvolveron na súa quenda de intervención a importancia de "harmonizar os tres espazos máis significativos da cidade: a muralla, a zona monumental e as costas do Parque de Rosalía". Tamén deron conta das "constantes e desacertadas accións urbanísticas levadas a cabo na nosa cidade dende o inicio da urbaniación polo Partido Popular no ano 2001 até os últimos anos, e que levaron á desaparición de grande parte do seu patrimonio e como consecuencia, da súa identidade".

A Plataforma de Cospeito céntrase na loita pola defensa da lagoa de Cospeito, enclave natural destacado na comarca da Terra Chá polo seu enorme valor medio ambiental e ornitolóxico e un dos ecosistemas hídricos máis importantes da Galiza. A lagoa forma parte da zona de maior valor de conservación da Reserva da Biosfera Terras do Miño, primeira reserva declarada en Galicia polo programa M&B (Man and Biosphere) da UNESCO no ano 2002.

Reiterando a denuncia dunha actitude totalmente irresponsábel por parte das administracións, puxeron en coñecemento da DX de Medio ambiente da CE o feito de que "este mesmo ano a Confederación Hidrográfica Miño-Sil sancionou ao concello de Cospeito por infrinxir a Lei de Augas ao contaminar o Río Guisande con vertidos de augas residuais", un río que desemboca no espazo protexido da Lagoa grande de Cospeito.

Entre as denuncias realizadas polo colectivo sobresae como principal ameazas da Lagoa a Planta de compostaxe Biocompost do Concello de Cospeito, situada na contorna da Reserva da Biosfera Terras do Miño-Lugo, que alias de desprender uns cheiros que "producen na veciñanza dor de cabeza, náuseas, síntomas de irritabilidade" que mesmo obriga a ficar na casa durante espazos de tempo. Ademais, "realiza verquidos directos ao río e está baixo sospeita de ter realizado fraude de subvencións debido á obtención irregular de fondos públicos da UE concedidos polo IGAPE". A día de hoxe a planta segue a desenvolver a súa actividade, logo de estar traballando nove anos sen licenza municipal.

A Plataforma en Defensa da Praza dos Praceres é un colectivo veciñal que leva 16 anos en loita. Comezaron no ano 2001 presentando un recurso contencioso-administrativo que derivou en que se declarasen ilegais os recheos do porto de Marín. Grazas ao seu traballo o Tribunal Supremo fallou confirmando a obriga de que se execute esta sentenza do ano 2009, que obrigaba a demoler os recheos do porto e repoñer os 300.000 metros cadrados de terreos gañados ao mar ao seu estado previo. A Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ditou dous autos o 22 de febreiro e o 11 de abril de 2013, que declaraba que non se executara a sentenza de 2009. Tras ámbalas dúas resolucións, debería terse dado cumprimento á sentenza que declara ilegais as obras de recheo do mar e ordea a "reposición da zona portuaria á anterior situación e estado".

A presentación da súa problemática veu complementar moi acaidamente a crítica xeneralizada ás actuacións das distintas administracións a nivel local, nacional e estatal, abondando na denuncia de que nin a existencia de leis nin de mecanismos xudiciais están a ser abondo para frear a destrución das rías e ríos en particular, nin da nosa Natureza en xeral.

Bruxelas, 2 de Decembro de 2015.

[1] Contacto: arpermar2009@hotmail.com

Máis información:
Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) | lidia.senra@europarl.europa.eu | http://ageuropa.gal/ | https://www.facebook.com/LidiaSenraRodriguez.

Enviado por:
SENRA RODRÍGUEZ Lidia OFFICE

-lidia.senra-office@europarl.europa.eu-
2 de dezembro de 2015 17:00
__________

Homenaxe a Susana Alaníz, como recoñecemento ao seu importante labor de tanto tempo en todas as temáticas sociais, especialmente co colectivo Inmigrante


Homenaxe a Susana Alaníz


Onte á tarde a Asociación de Mobilidade Humana, celebrou en Narón un acto titulado ”Muller Migración e Violencia”, coa participación de especialistas e Asociacións e a colaboración dos Concellos de Ferrol e Narón.

No marco deste acto dedicáronlle unha sinxela e emotiva homenaxe á nosa compañeira Susana Alaníz, responsable da área de Inmigración na A.C. Fuco Buxán, como recoñecemento ao seu importante labor de tanto tempo en todas as temáticas sociais, especialmente co Colectivo Inmigrante.

Desde Fuco Buxán sumámonos a esta merecida homenaxe e felicitamos entrañablemente a Susana e tamén á Asociación Mobilidade Humana, pola iniciativa e polo éxito da xornada.

ÁLBUM FOTOGRÁFICO
--
Asociación Cultural Fuco Buxán: Dirección: Rúa Armada Española, 32 baixo - 15406 - Ferrol (A Coruña) Apartado Correos: 240 - C.P. 15400 - Ferrol Telefono: 981325492 Email:  fucobuxan@gmail.com

Visita a nosa web: www.fucobuxan.net

BlogFacebook | Twitter | Google

Enviado por:
A.C. Fuco Buxán Fuco Buxán
-fucobuxan@gmail.com-
29 de novembro de 2015 14:36
______________

Non a Guerra #NonNoNosoNome, ... Por Celso Posada Fernández

Por Celso Posada Fernández [*]
03.12.2015


O Pasado Sábado 28 de Novembro moitas persoas   nos concentramos e manifestamos en distintas cidades en contra da guerra,  dos recortes nos nosos dereitos e das nosas liberdades, da Islamofobia, da intervención militar en Siria  en defensa dos dereitos humanos, da democracia, das liberdades e para amosar o noso profundo rexeitamento, a nosa mais enérxica repulsa e condena do infame e miserable atentado terrorista en París. Saímos as rúas a dicir alto e claro que queremos convivir en paz, que non queremos guerras, que queremos que  se respecten os dereitos humanos e a dignidade das persoas e que unha intervención militar en Siria unicamente causaría moitas mortes, dor e sufrimento de persoas inocentes da Sociedade Civil Siria. Tamén para dicir que a democracia, as liberdades e os dereitos humanos non se defenden nunca coas guerras, cos bombardeos, intervindo militarmente nos países e matando e causando moito dor, sufrimento de persoas inocentes da sociedade civil que non teñen culpa de nada. A Democracia, as liberdades, os dereitos humanos se defenden cortando as vías de financiamento dos grupos terroristas, prohibindo a venta de armas e  investigando que países e gobernos venden armas e se lucran financiando os grupos terroristas, acabando co secreto bancario e cos paraísos fiscais, investindo nos servizos públicos, no Ensino en na Sanidade Públicas, fomentado un Ensino Público de calidade, universal e gratuíto que eduque en e para Paz, incrementando os investimentos en Cooperación e Desenrolo, Fomentando políticas públicas de inclusión, de igualdade, de acollida e de integración das persoas inmigrantes, refuxiadas para acabar coa desigualdade social e coas inxustizas provocadas por un sistema capitalista, depredador, neoliberal e mercantilista e polas políticas neoliberais e  de recortes de gobernos neoliberais, conservadores e socialiberais que están o servizo dunha minoría privilexiada, das grandes multinacionais e das grandes empresas armamentísticas que se lucran e que aumentan as súas ganancias e as súas fortunas e privilexios  a  costa de provocar guerras e  da vida, do sufrimento, das mortes de persoas inocentes da sociedade civil.

#NonNoNosoNome

[*] Celso Posada Fernández, nado en Ferrol o 16 de Xullo de 1980. Activista e Coordinador en Galicia do partido Socialista, Republicano e de esquerdas "Decide en Común" e integrante da Plataforma Somos Izquierda. Diplomado en Maxisterio de Educación Primaria pola Universidade da Coruña e Monitor de Tempo Libre. É membro de STOP-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra e participa nas Marchas da Dignidade e na Plataforma Cidadá de Ferrolterra contra o TTIP.

Blogue Persoal:
http://celsoarticulos.blogspot.com.es/

Conta Facebook:
https://es-es.facebook.com/celso.posadafernandez

Conta Twitter:
https://twitter.com/celsoposada

Enviado por:
celso posada
-celsoposada2006@hotmail.com-
2 de dezembro de 2015 18:54

_____________

mércores, decembro 02, 2015

O Partido Político "Decide en Común" apoia e acudirá á Manifestación Comarcal de Ferrolterra do vindeiro 13 de Decembro en defensa do sector naval convocada polo Comité de Empresa de Navantia Ferrol-Fene e por delegados/as da industria auxiliar


Decide en Común partido político de esquerdas, socialista e republicano a través do seu Coordinador en Galicia o ferrolán Celso Posada quere manifestar o  seu total Apoio e que  Asistirán Manifestación Comarcal de Ferrolterra o vindeiro 13 de Decembro en defensa do sector naval convocada polo Comité de Empresa de Navantia Ferrol-Fene e por delegados/as da Industria Auxiliar.

O Coordinador de Decide en Común en Galicia fai un chamamento a toda a cidadanía de Ferrol e Comarca a que apoien, participen e acudan a esta Manifestación Comarcal en defensa do sector naval, un sector, en palabras de Posada, estratéxico  e fundamental para o presente e futuro da nosa cidade e da nosa comarca cun elevado paro. Decide en Común defende o sector naval, esixe construción  dun dique flotante para Navantia Ferrol, demanda carga de traballo para Navantia Ferrol-Fene, o rexuvenecemento das plantillas, un plan industrial que potencie os estaleiros públicos. Por último Posada manifesta que é unha vergoña e unha burla á cidadanía, a os/as traballadores/as a Ferrol e a nosa Comarca que o PP de Ferrol votara en contra no último pleno municipal de Ferrol da moción presentada polo Comité de Empresa de Navantia en defensa do sector Naval, iso demostra que o PP non defende nin lle preocupa o sector naval e que o seu obxectivo e privatizar os estaleiros públicos e Navantia.

Decide en Común - Decidimos de Ferrolterra. | Estamos xerando en común un proxecto político participativo de base, construído por socialistas e aberto a todos. | Creemos na colaboración e na cooperación, tanto a nivel social e económico como no ámbito da política: queremos sumar electoralmente para dar máis forza ás distintas formacións de esquerdas. | Para nós nosas ideas son importantes. Queremos aportar esforzos para provocar cambios sociais, políticos e económicos desde unha visión socialista, progresista, ecoloxista e feminista.

Web Oficial:
http://decideencomun.es/

Redes Sociais:
Facebookk | Twitter | Youtube

Enviado por:
celso posada
-celsoposada2006@hotmail.com-
2 de dezembro de 2015 18:51

_____________________

A Pepe Chao Rego, mestre de vida e amigo, coma nunca, graciñas, ... Por Xaquín Campo Freire


Por Xaquín Campo Freire [*]

02.12.2015

A PEPE CHAO REGO, MESTRE DE VIDA E AMIGO, COMA NUNCA, GRACIÑAS

Querido Pepe Chao: Hoxe van ser moitos os que falen e  escriban de ti. Cada un farao desde o seu universo referencial emotivo. E entre todos iremos poñendo as teselas para un mosaico da túa inesgotábel personalidade e inmensa creatividade.

A miña ligazón agradecida contigo vén de moi lonxe. Setembro de 1955. Desde entón xa foi un continuum. Hoxe quero reafirmar esa fidelidade de mutua amizade “sen que a morte nos separe”.

Quero retomar algo que escribín o mércores 27 de octubre de 2010 porque, máis aló da nosa amizade persoal, isto reflicte mellor a nosa relación comunitaria vista desde Ferrol, onde traballamos xuntos tanta xente e tanto tempo. Velaquí a memoria:

PARQUE XOSÉ CHAO REGO”. Hai datas ben ledas para toda unha comunidade. O Pleno do noso Concello aprobounos hai uns días, por unanimidade, o nome deste polígrafo para o noso rueiro oficial. Santa Mariña do Vilar e todo Ferrolterra, as letras e a cultura galegas estamos hoxe de festa. Parabéns!

Nese monumento a Pepe Chao, estará, como di el, “todo un estilo de sermos comunidade, e estaremos aí todos e cada un dos que con el traballamos, loitamos, sufrimos e esperamos”. Porque houbo de todo.

Hoxe a nosa memoria é fiel e faille xustiza a un dos bos e xenerosos. A nosa boca énchese de cancións e poesía. O noso corazón reborda de agradecementos e dos nosos ollos xorden bagoas de emoción. As palabras fican pequenas para expresarmos axeitadamente o sentido profundo desta decisión. O seu eco resoa forte e fondo. Porque o pobo é quen máis ordena.

Coidaremos deste monólito como cousa e causa nosa, como significante de toda unha etapa vivida con moita esperanza, pero tamén con sangue, suor e bágoas. Non podemos permitir que se destrúa a obra deste eminente fillo adoptivo de Santa Mariña do Vilar que tanto esforzo e estudo consagrou para dotar á parroquia de nome e honra universal e de verdadeiras obras arte. Abonda con abrir Google para comprobalo. Aí están ese mosaico de González Collado do ano 1960. O Pantocrátor de Segura Torrella na ábsida do templo. A talla da Virxe, dun verdadeiro artista, que polo seu vivir un tanto bohemio perdeuse no anonimato e do que debemos recuperar o seu nome. A fachada absolutamente orixinal, á que non lle damos o seu auténtico valor.

A nosa Igrexa Vella coas arquivoltas da porta principal cheas de signos de historia antiga. E tan antiga! O documento escrito de máis antigüidade de todo Ferrol é xustamente o que fai referencia a esta capeliña. Igrexa da que fala o Padre Sarmiento nos relatos das súas viaxes pola Galiza. Igrexa que foi queimada do 1936 e que Pepe Chao restaurou, seguindo os planos do Arquitecto Rodolfo Ucha Donate, para dedicala a servizos sociais da parroquia, porque na escola nacional nacía a auga onde os nosos nenos de daquela puñan os pés todos os días. Posteriormente serviu para introducir nas letras aos nenos xitanos que acababan de asentárense para deixar a transhumancia secular.

Hoxe, devolta de novo ao culto, o seu destino orixinario, onde algúns que aínda vivides viñestes prometer nos anos vinte o voso amor. Preguntádello a Maruja Purriños.

Mas por riba das pedras e de todo está o traballo humano de D. Xosé. A súa entrega polas persoas, a súa dedicación sen límites a todos nós, o seu testemuño de fe cristiá e a loita pola xustiza que lle custou, xunto con Vicente Couce e moitos outros, persecucións varias naqueles tempos da longa noite de pedra incluída a cadea. Pepe Chao, o noso benquerido D. Xosé, ficará así sempre connosco e para a posteridade co seu nome imperecedoiro.

Teño, como promotor principal, que mostrar agradecementos a D. Amable Dopico pola súa axuda silenciosa, eminentemente eficaz. A cantos nos ofreceron as súas incondicionais sinaturas para acompañármolas ao expediente preceptivo nestes casos. Tamén á Corporación Municipal, que unanimemente aceptou esta proposta. A D. Vicente Irisarri, o noso Sr. Alcalde que con toda honra para todos nós os veciños, presidirá, sen dúbida, o acto de inauguración.

Non teño palabras suficientes para Dona Mercedes Carbajales. Acollida, desvelos, preocupación, visitas a ese lugar, consellos, facilidades, orientacións,  o corrixir erros, fallos ou defectos, o interés pola tramitación seria e rigorosa no proceder, sen pausas no tempo. Mercedes, para ti o noso inmenso recoñecemento.

A D. Javier, o Párroco actual, e a toda a parroquia de Santa Mariña, que se vos pode dicir? Tendes o corazón a flor da pel pola sorte de vivirmos este intre co noso Pepe Chao Rego e a súa dona Sari.

Queremos poder dicirlle con grito forte e sincero: GRACIÑAS, PEPE, POR TODO. AD MULTOS ANNOS VIVAS, DOMINE JOSEPH!”

Pasaron cinco anos. Hoxe, 28 de novembro de 2015, querido Pepe Chao Rego, coma nunca: GRACIÑAS, MESTRE DE VIDA E AMIGO. Encheremos a cotío de flores frescas o monumento á túa memoria, mentres che falamos desde o corazón.

Sempre teu

Mandiá-Ferrol, 28 de Novembro de 2015.


[*] Xaquín Campo Freire [Xaquín da Roca],  Narón 1937, é un relixioso galeguista. Graduado social, ATS pola Universidade de Santiago de Compostela, a diplomatura en Xerontoloxía Social pola Universidade Complutense de Madrid e é licenciado en Teoloxía Pastoral Sanitaria, pola Universidade Camillianum de Roma dende 2005. É membro do consello de redacción da revista Encrucillada así como membro ordinario da AELG. Traballou de enfermeiro no PAC de Fene e de capelán de Residencia de Anciáns. Na actualidade é director do Centro de Acompañamento e Relación de Axuda e da Escola e Saúde e Centro de Escoita Activa Mons. Araúxo.

Pepe Chao (Xosé Chao Rego) - Bucador Google: Ir a Web.

Enviado por:
Xaquin Campo Freire
xaquinderoca@mundo-r.com-
28 de novembro de 2015 14:32
_________________

Programa "Queres" da Consellería de Sanidade - Reclamacións e Suxestión


Programa "Queres" da Consellería de Sanidade


O SERGAS, na Área Sanitaria de Compostela, ven de instaurar o Servizo "Queres" nos Centros de Saúde. Consiste no servizo de Atención o Doente dos Hospitais, pero nos Centros de Saúde. A persoa, pode presentar a súa queixa, denuncia, solicitude, instancia,... ou demanda no propio Centro de Saúde. O que temos que facer é usar este servizo cada vez que consideremos que se nos están vulnerando os dereitos de asistencia, sexa en consulta, probas diagnósticas ou intervencións cirúrxicas (e trato por supostto).

Terá isto algo que ver coas iniciativas de SOS Compostela de presentar as solicitudes ante o Xerente de Área no Rexistro do CHUS?

Terá que ver ca iniciativa de SOS Compostela, de meter n@ Valedor/a do Pobo diferentes situacións que consideramos dramáticas para @s doentes?

Cremos que estamos no bo camiño.

Enlace co Servizo Online de Reclamacións e Suxestión "Queres": Acceder.

Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol.
www.plataformadspferrol.blogspot.com
plataformadspferrol@gmail.com

Información baseada na enviada por:
manuel martin
-mmargar1951@gmail.com-
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
1 de dezembro de 2015 23:13

______________

Esquerda Unida de Narón en defensa do sector Naval de Ferrolterra


Esquerda Unida de Narón en defensa do sector Naval de Ferrolterra.


A grave situación que atravesa a comarca de Ferrolterra dende hai tres décadas polo desmantelamento do sector naval, e a elevada taxa de desemprego da comarca (a máis alta de Galiza), xunto á emigración forzosa por causa das políticas de partidos como o PP-PSOE, mediante a reestruturación de plantillas, están a pór en perigo este sector estratéxico para a comarca.

O asasinato do sector Naval con premeditación e aleivosía por parte dos gobernos de quenda da Xunta de Galicia e do Estado Español condenan a todo un pobo a emigración e a miseria.

Dende Esquerda Unida Narón, animamos á cidadanía a participar nunha vixilia o próximo día 3 DE DECEMBRO, ás 17:30 da tarde, na Praza do Concello en defensa do emprego e o NAVAL PÚBLICO de FERROLTERRA.

¡¡¡PON UNHA VELA POR CADA DESEMPREGADO!!!

ESQUERDA UNIDA DE NARÓN

Contas de Esquerda Unida Narón no facebook e no twitter.

Achegate xunta Nós, fagamos un novo Concello mais social, mais democrático, participativo e de Tod@s.


Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
1 de dezembro de 2015 22:55

_______________

luns, novembro 30, 2015

As cinco propostas lexislativas das PAHs/STOPs da Galiza diante das Eleccións Xerais do 20 de Decembro


Tres anos despois de tentar cambiar a lei a través da ILP que o PP bloqueou coa súa maioría absoluta, e máis de 6 anos despois de autotutelar os nosos dereitos a diario parando desafiuzamentos, recollendo familias a través da Obra Social, arrincando dacións e alugueres sociais á banca, soportando multas, represión e unha campaña de estigmatización constante dende os poderes fácticos e políticos do Estado Español. As eleccións xerais abren a posibilidade dunha nova correlación de forzas que permita superar a complicidade da banca e as subministradoras cos gobernos do PP e o PSOE. Complicidade que ocasionou leis inxustas, estafas, desafiuzamentos e cortes de subministracións.

Dirixímonos a toda a cidadanía, para que coñeza estas demandas enmarcadas na campaña: Sen as 5 da PAH, Eu non vos voto:

1.- DACIÓN EN PAGO RETROACTIVA: Poñer fin ás débedas para sempre, a débedas ilexítimas, garantir o dereito para volver a empezar. Rescatemos a persoas, non á banca.

2.- ALUGUER ALCANZABLE: O aluguer como unha opción de vida segura, estable e a un prezo alcanzable.

3.- STOP DESAFIUZAMENTOS: Nin unha familia máis na rúa.

4.- VIVENDA SOCIAL: Poñer fin aos pisos baleiros en mans da banca creando un parque público de  aluguer. Non se entende que haxa xente sen casas e casas sen xente.

5.- SUBMINISTRACIÓNS GARANTIDAS: Non máis cortes de auga, luz e gas.

Son 5 demandas de mínimos, necesarias, urxentes, destinadas a rescatar á cidadanía. Desde 2009 puxemos propostas de solución sobre a mesa a todos os partidos e todos os niveis da Administración. Demostramos que perdendo o medo podiamos vencer a Bancos, financeiras e fondos voitres. Fomos nós quen en ausencia de gobernos valentes organizámonos e combatido polos nosos dereitos.

As PAH e colectivos Stop-desafiuzamentos Galegos presentamos no Parlamento Galego o día 10 de novembro estas 5 propostas lexislativas, dentro desta campaña que deu comezo en todo o estado o día 8 de setembro.

Recentemente comezamos a recibir propostas de reunións con formacións políticas. Dende os colectivos galegos, e dado que entramos de cheo nun ciclo electoral que comeza con eleccións Estatais ao Congreso e ao Senado, rematando en  primavera con unhas eleccións autonómicas queremos comunicar:

1º) As formacións políticas que se amosen sensibles coas 5 propostas da PAH, en política de vivenda, faránnolo saber por escrito antes do día 14 de decembro. Explicando no mesmo o nivel de compromiso con estas propostas.

2º) Os colectivos pah-stop galegos consideramos que as propostas lexislativas da PAH son razoables e asumibles por calquera formación política e as condicións que expoñemos tamén entran dentro da lóxica  preventiva dun colectivo cidadá que non quere ser utilizado en campaña  electoral para beneficio de ningunha formación política.

3º) Ante os presentes tempos electorais e partidarios, dende o colectivo das PAHs e STOP DESAFIUZAMENTOS galegas consideramos que participar nas presentes eleccións coma axente activo e sobre todo en forma de correa de transmisión publicitaria, non é o noso papel.

Recibide unha fraternal aperta.
NEN CASAS SEN XENTE, NIN XENTE SEN CASA.

30 de Novembro de 2015

PAHs/STOPs da Galiza
______________

Colectivos denunciarán diante da Dirección Xeral de Medioambiente da Comisión Europea a situación das rías e ríos galegos


Colectivos denunciarán diante da Dirección Xeral de Medio Ambiente da Comisión Europea a situación das rías e ríos galegos. | Unha delegación de 18 persoas acudirá ao PE o vindeiro mércores 2 de decembro en representación de distintas asociacións e entidades. | A eurodeputada Lídia Senra promoveu esta viaxe co obxectivo de denunciar a contaminación e realizar unha posta en común das loitas.


Este mércores 2 de novembro integrantes do Comité Cidadán de Emerxencia para Ría de Ferrol, Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra, a Plataforma de Defensa do Río Baa, SOS Río Miño, Agrupación de Mariscadoras a Pé da Confraría de Pescadores de San Telmo de Pontevedra, Plataforma Sarriana polo Río, Plataforma de Cospeito, Asociación Xentes de Mar Viva e representantes do sector acuícola de Burela e artes menores de Narón, acudirán ao Parlamento Europeo (Bruxelas) para trasladar as súas experiencias de loita e denuncia da contaminación das rías e ríos galegos.

Así, de 9.30 a 12.00hrs. as 18 persoas integrantes desta delegación galega manterán unha xuntanza ca eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra [1], co obxectivo inmediato realizar unha posta en común das problemáticas derivadas da contaminación das rías e ríos galegos, "unha cuestión de importante impacto para o noso País, tanto a nivel medioambiental como social e produtivo", valora a eurodeputada galega.

Durante a tarde será o momento de trasladar directamente as súas reivindicacións á Comisión Europea (CE), no marco da xuntanza que terá lugar de 16.15hrs. a 18.00hrs. [Sala PHS1C051] con Jose Manuel Servert, representante da Dirección Xeral de Medio Ambiente da CE na unidade adicada ao seguimento de infraccións e cuestións xurídicas.

Alternativa Galega de Esquerda en Europa tense dirixido xa en repetidas ocasións á Comisión Europea denunciando a situación de moitas das canles hidrográficas galegas a través de preguntas parlamentarias, como por exemplo as realizadas ao respeito das sendas fluviais do río Tea e Castro da Croa (LIC Río Tea), Ría de Ferrol (Reganosa, Forestal del Atlántico e marisqueo) ou a depuradora de Coruxo.

Aliás, Senra promoveu o pasado 7 de novembro un seminario en Cangas o baixo o título “As pescas e a acuicultura na Galiza no contexto da Política Pesqueira Común (PPC): retos e propostas de futuro”, articulada en torno a oito mesas temáticas integradas por máis de quince representantes directos do sector.

Bruxelas, 30 Novembro 2015.

[1] Sala PHS1C051, Parlamento Europeo (Bruxelas).

Máis información:
Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) | lidia.senra@europarl.europa.eu | http://ageuropa.gal/ | https://www.facebook.com/LidiaSenraRodriguez.

Enviado por:
SENRA RODRÍGUEZ Lidia OFFICE
-lidia.senra-office@europarl.europa.eu-
30 de novembro de 2015 17:41

_____________

Foto de Satélite: Ría de Ferrol.
_________________________

A Asociación Oncohematolóxica POR+VIDA de Fene participou esta fin de semana pasada no X Congreso de Pacientes de Gepac en Madrid





A Asociación Oncohematolóxica POR+VIDA de Fene participou esta fin de semana pasada no X Congreso de Pacientes de Gepac en Madrid, organizado para pacientes, familiares e profesionais da mediciña. O sitio escollido foi a Escola Técnica Superior de Arquitectura os días 27, 28 e 29 de novembro.

Por+Vida é membro de Gepac dende o ano 2012, e leva asistindo a estas xornadas en varias edicións. Este ano representaron ao noso colectivo Olalla Sas Cruz, a nova presidenta, e Mª Carmen Rodríguez Fontán, a nova vicepresidenta.

Foi un evento declarado de interese sanitario polo Ministerio de Sanidade e a Consellería de Sanidade da comunidade onde se celebra. Tamén estivo avalado por 21 sociedades científicas.

Houbo máis de 80 coloquios de distintos tipos de cancro e aspectos xerais da enfermidade dirixidos a pacientes e a familiares (novas estratexias de soporte nutricional, prevención, ensaios clínicos, novas terapias, avances nos diferentes tipos de cancro, ciruxía reparadora por exemplo no cancro de mama, xenética, o exercicio físico despois do cancro, humanización nos coidados paliativos, biobancos: a importancia das mostras de tumores, benestar do pacente e a intelixencia emocional,...) así como talleres (nutrición como en casa, taller de cuidadores: "traballando dende a resilencia", relaxación, maquillaxe, risoterapia ...) e actividades (debates, visita aos stands das asociacións participantes, empresas colaboradoras,...) . Participaron máis de 100 profesionais neste congreso que aposta por unha visión multidisciplinar. A asistencia ao mesmo foi gratuíta.

Gepac é o grupo Español de Pacientes con Cancro. É unha organización independente sen ánimo de lucro composta por 44 asociacións de pacientes, 10 membros corporativos e 7 divisións propias: mama, próstata, pulmón, ril, fígado, páncreas, pel e melanoma. Esta alianza ten como propósito compartir recursos e experiencias e ter unha soa voz ante os diferentes axentes sociais e sistemas de saúde. Para máis información remitirse á web http://www.gepac.es/

Por+Vida tamén coincidíu con outras asociacións galegas membros de Gepac tamén como Asotrame de Narón e "Somos Unidos contra el Cáncer de Lugo".

--
por + vida
Asociación oncohematolóxica
pormaisvida2011@gmail.com
pormaisvida2011.blogspot.com

Enviado por:
Asociación Oncohematolóxica POR+VIDA
-pormaisvida2011@gmail.com-
30 de novembro de 2015 18:00
________________

O Observatorio para a Defensa dos Dereitos e Liberdades (EsCULcA), presenta o relatorio: "Democracia envenenada"


Relatorio EsCULcA. "Democracia envenenada"


Á maña de hoxe, 30 de Novembro de 2015, o Observatorio para a Defensa dos Dereitos e Liberdades (EsCULcA), presentou o Relatorio EsCULcA: "Democracia envenenada". O avogado e presidente da xunta directiva da entidade, Fernando Blanco Arce, pide a colaboración para dar a coñecer este importante traballo a todas as persoas e organismos que podan estar concernidos pola información que nel se recolle.

O relatorio "Democracia envenenada" sobre vulneración de dereitos no espazo público no período 2010-2014, documento, elaborado a partir da información reunida polo noso observatorio, descríbense centos de casos de abusos policiais (identificacións e sancións inmotivadas, amezas e insultos, agresións, etc.) acontecidos durante eses cinco anos no noso país.

Enviamos a ligazón de acceso ao relatorio: Ir á Web.

Correo-e:
esculca@esculca.net

Web oficial:
http://www.esculca.gal/

Nas redes sociais:
Facebook | Twitter.

Enviado por:
Joam Tavia
-jtavia@gmail.com-
30 de novembro de 2015 15:39

________

venres, novembro 27, 2015

Europa ante a guerra, ... Por Antonio Turiel

Por Antonio Turiel [*]
27.11.2015


Resoan con forza os tambores da guerra en Europa, e os cidadáns europeos, amedrentados pola omnipresente ameaza do terror integrista, únense fervorosos ao clamor contra o yihadismo, ou ben calan por temor a ser tachados de brandos, cando non de estúpidos.

Corren malos tempos para os que tratan de invocar a cordura, no medio de tantos faladoiros de baixo perfil, sostidas sobre a base de argumentos torpes e manidos. Custa tomar perspectiva, custa ter uns minutos para reflexionar con calma e tratar de entender que está pasando, como pasou en tan pouco tempo Europa de ser un baluarte de prosperidade e entendemento a ser presa do medo e do ardor guerreiro.

É froito este cambio do brutal atentado vivido en París fai dúas semanas? Aínda teño amigos na capital francesa, e varios referíronme escenas dun horror indescritíbel vividas por persoas achegadas a eles, algunhas das cales non sobreviviron. Pero, realmente actúan os gobernos cegados pola indignación da indiscriminada matanza, máis difícil de asumir nun territorio xa non habituado a estas atrocidades?

Cunha celeridade desconcertante, ás horas de haberse cometido os atentados de París e terse os primeiros datos sobre os asasinos, atribuír pola vía sumarísima, sen xuízo previo, a culpa ao Estado Islámico, antes denominado ISIS, agora Daesh (pois parece que esta palabra ten connotacións despectivas en árabe, e alguén con coñecementos de relacións públicas aconsellaría o cambio). Até aínda que o Estado Islámico reivindique os atentados, resulta sorprendente que se lle atribúa sen máis discusión, sen máis investigación, toda a culpa do sucedido. Os asasinos eran cidadáns franceses; non ten o Estado francés ningunha responsabilidade xa que logo? Di-se que combateron en Siria, pero, demostra ese simple feito que foron enviados aquí polo Estado Islámico? Non malinterpreten as miñas palabras: estou convencido que ISIS ou Daesh, ou como queiran chamarlle, instigou os atentados, si non é que deu apoio loxístico e diñeiro para a súa comisión, pero aínda así, o máis elemental sentido da prudencia indicaría que debería investigarse un pouco máis antes de lanzarse a unha cousa tan grande e tan terrible como é facer a guerra, cun custo tan elevado, tanto humano como económico. Unha guerra que para Francia comezou non tralos atentados de París, senón fai varios meses, en setembro, cando Hollande declarou que Siria era unha ameaza para a seguridade nacional de Francia e comezou a bombardear posicións de Daesh en Siria.

Como explicaba Christian Gebauer no post anterior, a zona de Siria e Irak é "o ombligo do mundo", un lugar estratéxico para o paso de oleodutos e que contén algúns dos maiores xacementos, que non foron explotados ao máximo rendemento polas sancións que recaeron sobre Iraq durante anos. Agora que no resto do mundo escasea o petróleo fácil de producir, esas reservas son demasiado golosas, demasiado necesarias para o futuro de tantos países importadores de petróleo, que necesitan ese petróleo para manter as súas elevadas cotas de desenvolvemento, para non afundirse de forma irremediable nesta crise que non acabará nunca.

Por que se produciu outro sanguento atentado en Bamako, a capital de Malí, uns días despois? Como comentamos fai case tres anos no post "O canto do galo", Francia ten un moi grande interese en manter o control de Malí para garantir a estabilidade das súas minas de uranio en Níxer. Malí é, xa que logo, outra fronte importante para Francia, de face a manter o fornezo dos combustíbeis vitais (neste caso, uranio) cos que manter a súa economía. Quen atentaron en Malí estaban, consciente ou inconscientemente, facéndoo contra o poder de Francia, e así este atentado era unha lóxica continuación do de París.

Pero cubrir dúas frontes de guerra, e tan distantes da metrópole, é demasiado para unha potencia crepuscular como Francia, así que pediu axuda para que lle cubran a fronte menos activa e menos problemática, a de Malí. España ofreceuse de inmediato a relevar a Francia en Malí, pero o Goberno español agora dubida en dar ese paso inmediatamente. Seguramente na decisión do gabinete de Mariano Rajoy pesou as duras xornadas vividas entre o 11 e o 15 de marzo de 2004, nas que o propio Rajoy, quen ía primeiro en todas as enquisas, perdeu as eleccións logo dos terríbeis atentados de Madrid do 11 de marzo. Naquel entón, en España aínda se axitaban os rescoldos do movemento contra a guerra en Iraq, na cal o Goberno do tamén conservador Jose María Aznar (do cal Rajoy era ministro) involucrara a España un ano antes, a pesar do maioritario rexeitamento pola opinión pública española. O Goberno de España vive no temor de que os movementos anti-guerra, tan activos fai unha década, puidésense reactivar por culpa dunha torpeza na xestión mediática da actual crise internacional, e por iso camiña con pés de chumbo. Sobre todo, porque en España hai previstas eleccións lexislativas para o 20 de decembro.

Si se confirma o que indican as enquisas e imponse unha coalición entre as dúas opcións máis conservadoras, PP e Cidadáns, o máis probábel é que España entre na guerra de Siria, xa sexa directamente sobre o propio teatro de operacións, xa sexa cubrindo a retagarda de Francia en Malí. Tampouco ten moitas máis opcións desde unha perspectiva BAU: estas guerras son para controlar o acceso ás últimas grandes bolsas de recursos naturais; non as máis abundantes senón as de mellor calidade. Quen as controle poderá manterse un pouco mellor que aqueles que non o consigan. Esta é a verdadeira razón detrás desta e das outras guerras que a seguirán, e é por iso que España entrará xunto cos seus aliados nas guerras que veñen. Guerras que se irán multiplicando, por unha soa razón, que se pode sintetizar nun gráfico extraído do informe anual de 2015 da Axencia Internacional da Enerxía e que recentemente comentamos.


Aí pódeno ver: até de acordo cos infladísimos escenarios da AIE, Europa está condenada a decrecer no seu consumo enerxético un 12% adicional ao que xa decreceu. Dinnos que iso o vai a facer aumentando o seu PIB un 50% en términos reais, pero como tal cousa (crecer económicamente mentres se decrece enerxeticamente) non só non se viu xamais senón que ademais é imposíbel, ninguén cun pouco de coñecemento dálle a máis mínima importancia ao eixe horizontal da gráfica. O importante, xa que logo, é esa caída no eixe vertical, e a desasosegante certeza de que encima ese escenario é optimista...

Europa está condenada a decrecer enerxicamente, simplemente, porque non hai para todos, porque, segundo recoñecía a AIE nese mesmo informe de 2015, a produción de carbón e petróleo vai a decaer a partir de 2020 (disfrazada, ao seu dicir, de pico de demanda). Europa non necesita que llo diga a AIE; na Comisión Europea xa saben que actualmente o nivel de consumo de enerxía primaria de todo tipo está a niveis de principios dos anos 90 do século XX, e xa saben que de seguir así en poucas décadas estará en niveis dos anos 70. Pero Europa resístese a agonizar enerxicamente. E resístese porque non hai plan B. Non hai alternativa ao crecentismo. E non as hai porque non existan propostas (e algunhas dunha gran calidade); non as hai, simplemente, porque é politicamente inaceptable.

Así as cousas, a conciencia pública española terá que irse volvendo cada vez máis bélica para poder adaptarse ao único plan de futuro que hai agora mesmo sobre a mesa. Virán máis guerras, inevitablemente. Guerras que se librarán en países estranxeiros para asegurar o fluxo dos vitais recursos, principalmente de combustibles fósiles. Guerras que causarán dor, destrución e morte, e non só nos pobres países que asediemos; unha pequena pero dolorosa parte do mal que causaremos volverase contra nós, nos nosos fillos que volverán en ataúde dun afastado outeiro, nos nosos parentes e amigos que morrerán por culpa dunha pequena bomba que un miserábel e desesperado traerá desas recónditas terras para explotar no noso mercado, no noso tren, no noso traballo. E esa bomba que tanto dano nos fará servirá para xustificar que os tambores de guerra redobren aínda con máis forza, que esnaquicemos aínda máis sanguinariamente aquelas terras afastadas que gardan o petróleo que tanto necesitamos, o gas natural que nos quenta, o uranio que pon en marcha nosas decrépitas centrais nucleares.

Seguramente no curso dos anos que virán veremos como España, probablemente do brazo de Francia, entrará en guerra en Alxeria. A situación no país norteafricano se ha ir degradando, especialmente desde que o prezo do petróleo baixou tanto e o país achégase ao seu bancarrota petrolífera, mentres hai cada vez máis persoas que falan de que podería reproducirse a sanguenta guerra civil dos anos 90; a presenza sobre o terreo de grupos vinculados ao Estado islámico non fai máis que acrecentar o temor á volta a un conflito interno alxerino. Cando dentro duns anos España entre en Alxeria, dirán que imos a pacificar aquelas terras, novamente abordeladas por outra cruel guerra civil; dirán que hai que dar soporte á democracia no norte de África, sen cuestionar a legalidade factual das eleccións en Alxeria; dirán, para rematar, que é vital evitar a formación dun estado errado tan preto de casa. Non se dirá nunca que España obtén o 60% do gas natural que consume de Alxeria, nin que por culpa da chegada ao seu cenit produtivo as exportacións de gas de Alxeria caeron en 2014 un 4,8%.


Nunca se explicará que estamos alí para asegurarnos de que o petróleo e o gas alxerino sigan fluíndo cara a España, malia a caída xeolóxica da produción, malia que pouco pode facer a vontade dos homes para opoñerse ás leis da Física. Ao final, o punto crave consiste en apropiarse deses recursos, de maneira que cheguen antes a nós que aos propios alxerinos, si é que non hai suficiente para todos. Hai pouco un diario español expresou esta mesma idea cunha pasmosa e involuntaria claridade: "Está en perigo o gas español en Alxeria?". Fíxense que frase: o gas español. Coma se Alxeria tivese algunha obrigación de garantir que dos seus pozos seguirá manando e ao mesmo ritmo un gas natural que, por algún motivo, resultar ser en orixe española, e non alxerino.

De todos os xeitos, o papel que España está chamada a desempeñar nestas guerras cenitais non é demasiado destacado, debido a que rapidamente os conflitos vanse a volver multilaterais. Xa o puidemos comprobar hai pouco co caso da derriba do cazabombardeiro ruso por parte de dous cazas turcos mentres bombardeaba posicións rebeldes en Siria. Resulta que os intereses de Rusia e de Occidente en Siria non son os mesmos: Rusia quere manter no poder a Bashar El Assad, o seu aliado natural na zona, e por iso aproveita os bombardeos sobre Siria non só para atacar a Daesh, senón tamén a outros grupos opositores ao Assad. Pero resulta que a Occidente lle interesa favorecer a algúns deses grupos, na esperanza de non só derrotar a Daesh senón tamén de derrocar ao Assad e garantirse o control dunha zona geostratexicamente fundamental. E neste xogo de equilibrios Turquía tamén ten as súas preferencias: o avión ruso que derribaron estaba xustamente bombardeando as posicións dun grupo prol-turco.

Esta multilateralidade de intereses irase facendo cada vez máis evidente, a medida que os recursos escaseen máis e xa non dean para cubrir as necesidades dos hoxe aliados. Cando o botín destas neoguerras de conquista sexa máis magro, algunhas potencias menores irán quedando acurrunchadas do reparto. No caso particular de España, nun momento determinado non se lle invitará a participar nas operacións militares, e até se lle pedirá que abandone certos escenarios onde xa se atopaba sobre o terreo. E si España, ou calquera outra potencia menor, non accede a irse de grado, usarase a mesma forza militar contra ela. Isto degradará aínda máis a TRE da guerra, pois dado o magro dos recursos o número de países invasores terá que irse reducindo, sen que por iso se reduzan as dificultades sobre o terreo, co que o rendemento destas aventuras militares caerá dobremente: porque haberá menos recursos militares, e iso fará que os fluxos serán máis pequenos e irregulares; e porque, esgotadas as outras opcións, poñeranse os ollos en países con menores recursos naturais.

Converter a guerra no principal instrumento para garantir o fluxo de recursos naturais cara ás economías occidentais terá tamén un custo importante para os países invasores. No que respecta aos dereitos dos cidadáns, impoñeranse cada vez maiores restricións ás liberdades individuais, necesarias para acalar as críticas a aventuras bélicas cada vez máis dubidosas e menos rendíbeis. As sociedades en guerra prolongada sofren dun proceso de militarización da conciencia cidadá, na que o clima de guerra presídeo todo e xustifícao todo; non se pode cuestionar non xa a lexitimidade senón a utilidade do que se fai, so pena de ser considerado un traidor e, eventualmente, ter que afrontar penas de prisión. A disidencia é acalada e, co paso do tempo, pode acabarse convertendo en insurxencia, a medida que o fluxo minguante de recursos sexa distribuído de xeito pouco equitativa entre a sociedade. Co incremento do gasto militar, é inevitable un incremento dos recortes sociais; estes maiores recortes sociais xa sobrevirían por razón do declive enerxético inevitábel, pero serán máis grandes pola cantidade de recursos destinados a soster o exército. O custo nada desprezábel das aventuras militares puidémolo comprobar recentemente, cando Francia conseguiu que a Comisión Europea permítalle non cumprir co seu obxectivo de déficit público para este ano pola razón explícita das súas necesidades militares.

Moitos dos grandes imperios da Historia colapsaron ao ser incapaces de soster as súas últimas aventuras militares, ás veces un tanto esperpénticas. A lóxica subxacente de moitas guerras de conquista era que a economía se volveu dependente da espoliación de recursos nos territorios conquistados. Esta é unha situación en moito análoga á que temos actualmente. Os lugares en disputa son aínda hoxe atractivos desde o punto de vista dos recursos, pero o inevitable declive da produción mundial de hidrocarburos levará a países cada vez máis remotos, máis poboados, mellor defendidos e con menos recursos. Ao final, exhaustos polo esforzo e incapaz de sosterse cos magros froitos das últimas guerras, todas as potencias occidentais irán colapsando.

Digamos-lo alto e claro: o colapso da sociedade europea é inevitable si continuamos pola vía militar. Será un colapso económico, si, pero tamén, e moito antes, moral, si por mor de manter uns poucos anos máis un sistema insostíbel renunciamos aos valores fundamentais nos que fai tempo decidimos crer.

A guerra non é a única opción para Europa, e desde logo non é a mellor. Europa pode e debe aspirar a moito máis que a intentar roubar violentamente os últimos refugallos da era fósil. Teremos que decrecer, certamente, pero podemos facelo desde xa e con dignidade, no canto de emborracharnos nunha orxía de sangue que só atrasará o inevitable até mañá e entón faranos caer dun xeito máis brutal e precipitada. Non permitamos que o continente que unha vez foi un exemplo de democracia convértase en sinónimo de barbarie e de abxección. Non mancillemos o nome de Europa a ollos das próximas xeracións. Gardemos para nós o noso recurso máis valioso: o noso honor.

Saúde,
AMT

[*] Antonio Turiel Martínez, Licenciado en CC. Físicas por la UAM (1993), en CC. Matemáticas por la UAM (1994), Doctor en Física Teórica por la UAM (1998) e Científico titular en el Institut de Ciències del Mar del CSIC. Autor do Blogue The Oil Crash.  Con máis de 6 millóns 100 mil entradas.| Páxina no facebook.

No buscador libre DuckDuckGo.

Enviado por:
Manuel Casal Lodeiro - VEspera de Nada
-diademoito@vesperadenada.org-
  26 de novembro de 2015 10:16

_______________

De moito interese:

Asociación Véspera de Nada por unha Galiza sen Petróleo
A sementar a revolución da Galiza pospetróleo:

Guía para o descenso enerxético
____________________________

Acto público de Nós-Candidatura Galega en Ferrol, hoxe venres 27 de Novembro - Vídeo Para diversos, NÓS #ParaVídeosNós


ACTO PÚBLICO DE NÓS CANDIDATURA GALEGA EN FERROL

Venres 27 de Novembro, 20 horas, Centro Cultural Torrente Ballester

Coa participación de:
Antonia Martínez; Secretaria Comarcal da CIG-Ensino

Iván Rivas; portavoz municipal do BNG

Suso de Toro; escritor Candidato ao Congreso pola Coruña

Carlos Callón; Candiodato nº 1 ao Congreso


https://youtu.be/-J1MAbG7fyI

Enlaces e Contacto:
https://twitter.com/noscgalega

https://www.facebook.com/noscgalega/

http://noscandidaturagalega.gal/

https://www.youtube.com/channel/UCfsWeujQ-LVG6s23wWSJC5g/

info@noscandidaturagalega.gal

Enviado por:
BNG
-bng@ferrol.es-
25 de novembro de 2015 13:44
_______________

"Balance da Lexislatura. Milagre Económico?" Hoxe venres 27 de Novembro, Conferencia - Coloquio de Manolo en Ferrol

Conferencia - Coloquio de Manolo Lago "Balance da Lexislatura. Milagre Económico?" [Ciclo Democracia e Compromiso]

A  Asociación Cultural FUCO BUXÁN organiza a Conferencia- Coloquio que leva por título BALANCE DA LEXISLATURA. MILAGRE ECONÓMICO? que será impartida por Manuel Lago (Vigo, 1956), responsable do Gabinete Económico de CC.OO e Profesor da Universidade da Coruña. Do ano 2005 ó 2009 foi Director Financieiro da TVG.

O gasto público (sanidade, educación, vivenda, servizos comunitarios...) tivo unha redución drástica en España ao tempo que se incrementaba a factura financeira. Este enorme tixeretazo -que afecta á capitalización e á competitividade do Estado- deprime a economía sen equilibrar as contas públicas nunha carreira sen fin cara ó deterioro imparable do noso feble “Estado del Bienestar”.

Coa devandita Conferencia, a  A.C. Fuco Buxán continúa o Ciclo que baixo o título xenérico DEMOCRACIA E COMPROMISO, pretende contribuír ao debate sobre a profunda crise sistémica na que estamos inmersos. A tal fin, convidaremos a prestixiosos analistas que darán a súa visión dende perspectivas diversas.

Venres, 27 de novembro ás 19,30 horas.
Na Galería Sargadelos - Ferrol

Web oficial:
http://www.fucobuxan.net
Blog Escolma das Razóns:
http://escolmadasrazons.blogspot.com.es/
Blog Pensamento Crítico:
http://opinionsfuco.blogspot.com.es/
Facebook:
http://www.facebook.com/pages/Fuco-Bux%C3%A1n/118931821452749
Twitter:
http://twitter.com/FucoBuxan
Google+:
https://plus.google.com/u/0/108716477794009532670/posts

Fuco Buxán, A. C.
Rúa Armada Española, 32 baixo- 15406 - Ferrol
Apartado Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telefono. 981325492
www.fucobuxan.net
fucobuxan@yahoo.es

____________

xoves, novembro 26, 2015

Abren-se os procesos participativos no Concello de Ferrol, cun Foro Cívico que está previsto que se celebre o Xoves 3 Decembro

Desde a Concellaría de Participación Cidadá, abren os procesos participativos no Concello de Ferrol, cun Foro Cívico que está previsto que se celebre o Xoves 3 Decembro entre as 7 da tarde e 9 da noite, no Teatro Jofre. Mais para intervir a Concellaría abre un proceso de inscrición que se pode realizar a través da web municipal nun formulario especifico para o evento. Desde Ártabra 21 aledamos-nos de que se abra este proceso e intentaremos participar no mesmo, para contribuír á promoción da participación cidadá.

PROCESOS PARTICIPATIVOS CONCELLO DE FERROL

Xoves 3 decembro. 18-21 h. Teatro Jofre.

POR QUE PARTICIPAR?

Para facer de Ferrol un concello máis xusto, precisamos unha inmensa intelixencia colectiva. Contamos desde 2009 cun Regulamento de Participación Cidadá que posibilita modelos de democracia directa, onde cada persoa é máis que un voto. As túas achegas son necesarias para enriquecer este diálogo. Actívate, comparte os teus soños.

QUE SON OS FOROS CÍVICOS?

Son espazos abertos ao conxunto da veciñanza para reflexionar, debater e tomar decisións sobre temas que afectan a máis dunha área da actividade municipal.

FORO CÍVICO: MODELOS DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Que esperamos da participación? Como chegamos ás persoas que faltan nestes procesos? Cales son as principais cuestións que desexamos abordar de maneira colectiva? Este encontro é un punto de partida co que reiniciar a participación en Ferrol e reforzar a corresponsabilidade entre cidadanía e representantes políticos. Unha oportunidade para poñer en práctica dinámicas igualitarias que favorezan a expresión e a escoita de todas as voces.

TEMAS

Os temas son: Cultura; Educación; Normalización lingüística; Cooperación ao desenvolvemento; Migración; Deportes; Turismo; Medio Ambiente; Patrimonio; Novas Tecnoloxías; Emprego; Participacion cidadá; Igualdade e xénero; Mocidade; Maiores; Área sociosanitaria; Diversidade funcional; Planeamento urbanístico; Obras; Tráfico e mobilidade e Seguridade Cidadá.

FICHA

Enlace para acceder e encher a "ficha de recollida de datos da cidadanía interesada en intervir nos procesos participativos do Concello de Ferrol" | [Ir á Web].

DOCUMENTO DE INTERESE

Regulamento de Participación Cidadá do Concello de Ferrol | Baixar/Acceder.

_____________

O candidato marica, ... Por Carlos Callón

Carlos Callón [*]
26.11.2015


Teño sufrido moito por ser diferente. Por non encaixar no modelo de neno normativo, nin da nena normativa, por estar en terra de ninguén.

Por aceptar representar na obra de teatro do colexio o papel protagonista de prostituta, travestido con 9 anos. "Connosco non xogues, que isto é cousa de nenas"; "larga de aquí, marica, que estamos os homes". Fun invisíbel até case os 20. As primeiras décadas da miña vida paseinas sen ser eu. Cando optei por saír do armario non había na esfera pública referentes cunha sexualidade abertamente diferente, como moito para facer a graza ou para a crónica rosa.

Aínda así, que ninguén se quede cunha imaxe negativa. Loitei, como hai que loitar na vida, e logrei encontrar o camiño para ser un rapazolo alegre, antes, e agora un adulto tamén razoabelmente feliz. Loitei pola miña identidade, igual que loitei pola miña lingua, pola miña cultura, polos dereitos deste país e da súa xente.

Hoxe o meu papel é outro. Son militante de base do BNG, e agora encabezo a lista NÓS-Candidatura Galega pola Coruña, e asumo facer o que desexei que outras e outros fixeran no seu día para evitar que me sentise só. Dispóñome a entrar na esfera pública da política coa miña sexualidade non heteronormativa como bandeira, xunto con outras bandeiras que me comprometo a soster sen que me trema o pulso.

Vou ser o deputado de todas as veces que me chamaron marica, a min e a todos.

Vou ser un deputado de todas as persoas ás que, como a min, por ir collido da man co meu mozo pola rúa, lle ofreceron "unhas hostias". E dos que as levan. E dos que se defenden con uñas e dentes.

Vou ser o deputado da pluma orgullosa e da dignidade das diferentes maneiras de organizar as vidas. Por responsabilidade comigo mesmo, polas persoas que aínda hoxe son discriminadas e polas que van alá, vou ser un deputado marica. Un deputado galego, nacionalista, de esquerdas e homosexual.

Non vou ser o único deputado homosexual no Congreso, seino, mais si un dos poucos fóra do armario, a pesar do camiño andado por algúns grandes como Pedro Zerolo. E vou decidido a exercer como deputado das diversidades. Galiza vai abrir aínda máis as portas do Congreso tamén nese campo. Porque a plena igualdade de dereitos e a fin das discriminacións aínda están por conquistar.

A quen defende os modelos heterocéntricos, os arquetipos rosa e azul, quero dicirlle: aquí estamos eu e a miña pluma multicores, e viñemos para ficar.

Publicado en LVG, o 25 de Novembro de 2015

[*] Carlos Manuel Callón Torres - nado en Santa Uxía de Ribeira o 26 de agosto de 1978, é activista, profesor e escritor, na actualidade é o candidato -cabeza de lista pola Coruña, de Nós - Candidatura Galega. Licenciado en filoloxías galega e portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela. Exerce como profesor de lingua e literatura galega no ensino secundario [Galipedia]. Blogue persoal: http://www.carloscallon.com/  | Conta de twitter: https://twitter.com/carloscallon | Conta no facebook: https://gl-es.facebook.com/CarlosCallon|
_____________

A eurodiputada galega Lídia Senra rexeita a intervención militar en Siria e insta a establecer "unha cultura da paz"


Senra rexeita a intervención militar en Siria e insta a establecer "unha cultura da paz". | Na mañá de hoxe o Parlamento Europeo debateu sobre a reacción da Unión Europea fronte aos atentados sufridos en París o pasado venres. | AGEe demanda unha estratexia baseada no cese do financiamento aos terroristas e a contribución sólida ao empoderamento dos pobos.


No marco da sesión plenaria que está a ter lugar en Estrasburgo durante esta semana [1], o Parlamento Europeo debateu como primeiro punto da orde do día de hoxe a situación xerada na Unión Europea logo dos atentados sufridos en París o pasado venres.

A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, reiterou o seu "máis fondo pesar e total rexeitamento aos recentes atentados de París, Túnez, Beirut e Bamaco. Non hai escusa, nin xustificación para o terrorismo", salientou. Aliás, recalcou a eurodeputada galega, "manifesto tamén o mesmo pesar e rexeitamento polas mortes que ocasionan as potencias occidentais alí onde están intervindo". Porque, abondou, "o  que vostedes chaman 'efectos colaterais', son tamén asasinatos de civís indefensas e indefensos, vítimas exactamente iguais que as que provocan os terroristas".

Senra instou ao Parlamento a reaccionar con responsabilidade e non contribuír a un aumento da tensión internacional, porque "a violencia, xera violencia, e non son as armas nin a vinganza o xeito de resolver os conflitos".

Os intereses económicos e  neocoloniais dos Estados do Norte levan décadas xerando pobreza e miseria nos países do Sur,  provocando e alentando guerras, conflitos e enfrontamentos fraticidas "co único fin de manter no poder a quen en cada momento entenden que apoia os intereses económicos das multinacionais para as que gobernan", sinalou. "Nestes mesmos días moitas voces están lembrando como a propia Hillary Clinton confirmou que os Estados Unidos financiaron a Al Qaeda, ou as recentes declaracións de Blair asumindo que a intervención en Irak foi un aliciente para o reforzamento do ISIS", citou como exemplo.

Polo tanto, tras a esta presión bélica reiterada contra países concretos que están a impoñer as potencias occidentais, "non se atopa a vontade de velar pola nosa seguridade, nin tampouco a de apoiar a democracia nin a mellora das condicións de vida dos pobos do Sur, senón  o interese duns poucos".

Lídia Senra tamén criticou duramente hoxe dende Estrasburgo o xeito no que se están a instrumentalizar os atentados perpetrados en París o pasado 13 de novembro, esixindo que as institucións europeas e os gobernos do Estados "non caian na tentación de  crear pánico nos nosos pobos e xerar un clima de terror para que aceptemos de bo grado mais intervencións militares no exterior e maiores medidas represivas nos nosos países", unha situación que, ademais, contribuiría a xerar medo e rexeitamento cara as persoas refuxiadas que chegan a territorio europeo, "persoas que precisamente foxen das consecuencias das nosas actuacións".

Así, a eurodeputada de AGEe acusou aos gobernos occidentais de estar a intentar empregar a loita contra o terrorismo "para introducir as medidas represivas que vostedes precisan para silenciarnos mentras nos rouban os bens comúns e os servizos públicos, destrúen emprego e déixannos sen teito  nin pan", enfatizou Senra.

"Se realmente queren combater o terrorismo prohiban o tráfico e venda de armas, denuncien a quenes financian estes grupos a través da compra de petróleo a baixo custo, bloqueen as súas fontes de financiamento", recomendou. Para procurar realmente unha convivencia en paz, "permitan que os pobos recuperen realmente a súa soberanía e podan ser donos dos seus propios recursos".

"Eu dígolles que non", concluíu con contundencia a eurodeputada de AGE, "non á guerra, non á intervención militar, nin no meu nome nin no da inmensa maioría da poboación, que queremos a paz, a dignidade e a liberdade e cremos na solidariedade". "Poñan fin á guerra e dirixan os seus esforzos a establecer unha cultura da paz", demandou no Parlamento Europeo.

Estrasburgo, 25 Novembro 2015

No vídeo a Secretaria de Estado, Hillary Clinton, admitiu nunha entrevista concedida á cadea estadounidense Fox News, que o Goberno de EE.UU. (Publicado o 30 de maio de 2012)


https://youtu.be/kz293ocSvJ4

Máis información:
Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) | lidia.senra@europarl.europa.eu | http://ageuropa.gal/ | https://www.facebook.com/LidiaSenraRodriguez .

[1] Orde do día da sesión plenaria.

Enviado por:
SENRA RODRÍGUEZ Lidia OFFICE
-lidia.senra-office@europarl.europa.eu-
25 de novembro de 2015 15:21

_____________

Foto da cabeceira, do asturiano Manu Bravo, (Premio Pulitzer 2013)  postada por Ártabra 21.
____________________

mércores, novembro 25, 2015

Morreu? (in memoriam de Carlos Oroza, o mestre e o amigo), ... Por Juan C. Valle (Karlotti)


IN MEMORIAM DE CARLOS OROZA [1], O MESTRE E O AMIGO


Por Juan C. Valle (Karlotti), [*]
25.11.2015


Morreu?, Hai persoas que nos dan a vida, ata cando din adeus, e é que como todas ás que amamos, veñen habitar A ALDEA DO CORAZÓN de cada un de nós.

Até para os que non o tiveron en conta en vida, ou só dun modo oportunista, nos últimos anos, arrimáronse a el, vendo niso unha fonte de BENEFICIOS, non espirituais, nin de vida, nin de coñecemento ou experiencia existencial, ou só polo pracer magnífico de experimentar o que só os poetas de verdade son capaces de provocar, fan da súa morte un NEGOCIO NECRÓFILO.

Coñecinlle da man de Pinho, e sempre cando saíamos das madrugadas, indemnes a duras penas, e el sempre polas Avenidas do día, coa baía de Vigo enchendolle de beiras os petos, o encontrabamos nunha das varias cafeterías que abrían a primeiras horas da mañá, camiñaba recitando o mundo, sempre elegante como os antigos rapsodas, (Dixo Manuel Rivas, fai tempo, que Carlos era o mellor rapsoda de Europa) Anos despois, no 87, aínda compartimos máis horas, sempre mediados polo respecto que nos merecía, e sobre todo pola admiración.

Aínda teño, sempre ao meu lado, CABALUM, a primeira edición dedicada por el. Pasarían anos até que por terceira vez, e esta baixo os orgullosos guindastres en extinción, en as dobradas rúas de Ferrol, e nun estado de graza que tres tipos con ideas, e sobre todo, apaixonados pola palabra encarnada que a poesía pon nas nosas mans: MARCOS LORENZO, sen el é impensábel que o que hoxe é unha consolidada cita da POESÍA SALVAXE, fixésese real. Converxeron tres persoas, dicía, para as cales a poesía é O MODO DE HABITAR O MUNDO E DE FACELO EXPERIENCIA TOTAL: Guillermo Ferrandez, Karlotti, e Marcos Lorenzo.

Tivemos claro, sen a menor dúbida, que a idea fundacional da poesía na rúa, o levar a poesía ao seu medio natural, onde a palabra e a vida se aparean para facerse verdade, a cada instante, era CARLOS OROZA, era el, o seu dicir, o que mellor mostraba o que queriamos que fose esta cita.

E así foi desde o primeiro momento, o EMBLEMA DA SEMANA SALVAXE.

Era o mestre, o que ao escoitarlle, turbaba as certezas, e abría a porta que só os Chamans son capaces de ver, de abrir e de cruzar, e de alí volver e revelarnos a parte de o soño que só no insomnio aceso é capaz o home de facelo experiencia.

Estamos orgullosos de ser os seus amigos, de habelo dado a coñecer a moitos mozos, e desde a dignidade máis radical, axudar a que se lle tivese en conta como o que era, un dos grandes poetas destes tempos.

Longa vida a CARLOS OROZA, no corazón das persoas que lle coñecemos e admiramos, e das que, sen dúbida coñeceranlle, e saberán apreciar o poder da palabra encarnada para sobrevivir ao poder da miserable abundancia, e a súa mezquindade.

Hoxe somos afortunados.

ÁLBUM FOTOGRÁFICO

[*] Juan Carlos Valle (Karlotti), poeta ..., (En facebook).
http://karlotti.es/ | http://www.karlotti.com/ | https://twitter.com/karlotti. Socio de A.C. Fuco Buxán

[1] Carlos Oroza, nado en Viveiro o 13 de maio de 1923, e finado en Vigo o 21 de novembro de 2015, poeta [Galipedia].

Enviado por:
A.C. Fuco Buxán Fuco Buxán
-fucobuxan@gmail.com-
24 de novembro de 2015 14:26

___________________