xoves, setembro 20, 2018

Chega a VII ediçom do afamado Concurso Ártabro de Elaboraçom de Tortilha de Patacas, esta sexta-feira 21 de setembro, na Fundaçom Artábria, Travessa de Batalhons nº7 Esteiro, em Ferrol


Após adiar-se no mês de junho, sexta-feira 21, chega a VII ediçom do afamado Concurso Ártabro de Elaboraçom de Tortilha de Patacas. As bases para participar estám no nosso web.

Esta ediçom pode ser a que marque quem é @ melhor cozinheir@ de tortilhas da Comarca, já que Borxa Martinez Louro, Gloria Martínez Quintián e Francisco Maceira levam duas ediçons ganhadas cada um/umha. Quem será @ master-chef das tortilhas? Chegará um novo ou umha nova ganhadora?

Queres saber como participar?

É muito fácil: preparar umha tortilha de tamanho médio (Entre 20 e 25 cm de diámetro) que, obrigatoriamente, deverá incluir ovos e patacas, e trazê-la entre as 19.00 e 20.45 à Fundaçom Artábria na sexta-feira 30 de junho.

Poderá participar qualquer pessoa.

Podes acrescentar, se assim o desejares, os teus ingredientes secretos ou favoritos à base de ovos+patacas, para conseguir a melhor tortilha do concurso.

Cada concorrente apresentará umha só tortilha.

O júri popular avaliará o sabor, a criatividade, a grossura, a originalidade e a apresentaçom da mesma.

Cada tortilha será identificada com um número que se anotará no exterior dum envelope fechado, em cujo interior figurará a folha de inscriçom (nome da ou do concorrente, apelidos, correio-e, telefone).

A decisom do júri fai-se pública no fim da degustaçom das tortilhas.

O júri será composto polas pessoas que assim o desejarem, pagando umha inscriçom de 3 euros, que lhe permitirá degustar todas as tortilhas apresentadas.

Haverá 4 prémios, 3 para as primeiras classificadas e a clássica culher de pau para a última classificada.

--
Travessa de Batalhons nº7   Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone:  +34 981 35 29 86
www.artabria.net
Segue-nos em twitter @fartabria e em facebook!
....
 A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.

Enviado por:
Fundaçom Artábria
-artabria@artabria.net-
16 de setembro de 2018 16:39

___________

Presentación en Pontedeume do libro 'O feminismo, imprescindible para construír outra Europa', este venres 21 de setembro, ás 8 da tarde, na Casa da Cultura de Pontedeume (Paseo de Raxoi, 1), coa eurodeputada Lídia Senra e a Coordinadora de AGAMME, Estrela Gómez - A parlamentaria defende mecanismos contra o machismo nas organizacións e formación de xénero para o persoal que implementa e aplica as leis.


Presentación en Pontedeume do libro “O feminismo, imprescindible para construír outra Europa”. | Este venres 21 de setembro ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Pontedeume (Paseo de Raxoi, 1), coa eurodeputada Lídia Senra e a Coordinadora de AGAMME, Estrela Gómez. |  A parlamentaria defende mecanismos contra o machismo nas organizacións e formación de xénero para o persoal que implementa e aplica as leis.


A Casa da Cultura de Pontedeume (Paseo de Raxoi, 1) acollerá este venres, 21 de setembro, ás 20:00 horas, a presentación do libro “O feminismo, imprescindible para construír outra Europa” coordinado pola eurodeputada Lídia Senra. No acto público, intervirán ademais da propia europarlamentaria, a Coordinadora da Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME), Estrela Gómez Viñas.

A europarlamentaria quere poñer enriba da mesa o debate sobre como artellarse na sociedade para derrotar o patriarcado e o machismo e facer que todos os dereitos das mulleres sexan respectados. Neste sentido, Lídia Senra avoga por non permitir nin unha súa actitude machista e por denunciar todo tipo de acoso ou actitude reprobable cara ás mulleres, aínda que esta veña dos propios compañeiros de organización ou de institución. Así, a eurodeputada chama a non baixar a garda e a rematar con ese machismo que sigue imperando a día de hoxe en todos os ámbitos e que se ve claramente no feito de que as mulleres seguen sendo minoría á hora de encabezar listas electorais, ser portavoces de organizacións políticas ou sindicais, ou directivas no seu ámbito laboral. Os avances logrados polas mulleres foron moitos nos últimos anos, tamén grazas ás leis en defensa da paridade e contra a discriminación de xénero e os malos tratos, pero para que esas leis teñan unha aplicación na práctica efectiva, é imprescindible tamén que se leve a cabo unha avaliación profunda do nesgo machista co que se aplica a diario a xustiza, defende Senra. Así, reclama que se dote de medios e dunha sólida formación con perspectiva de xénero a todas as persoas que teñen que implementar e aplicar as leis.

Durante o acto en Pontedeume, repartirase gratuitamente o libro en versión impresa a todas as persoas que asistan e estean interesadas nel. A publicación, que conta tamén cunha versión dixital que se pode consultar na web de Lídia Senra, recolle textos de mulleres que participaron na xornada organizada por Senra en novembro do 2016 en Ourense co mesmo título que o libro e na visita realizada ao Parlamento Europeo en novembro do 2015 para participar na xornada “O nesgo machista na aplicación das políticas: o caso da Xustiza”. Así, na primeira parte recóllense artigos da feminista e profesora da Universidade de Valladolid Alicia H. Puleo, sobre o ecofeminismo; da brasileira doutoranda en socioloxía Eliane de Moura Martins, sobre o feminismo popular para facerlle fronte á colonialidade, ao capitalismo depredador e a todas as formas de machismos; de Fiadeiras, o Grupo de Traballo en Igualdade do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (CEESG), sobre a acción social desde o feminismo e a súa experiencia de traballo; das membros de Anova Ourense Nerea Conde e Tania Bouzo, sobre participación política e liderado feminino; da deputada Paula Verao, sobre a loita contra a precariedade e pobreza laboral feminina; e da Decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galiza, Rosa Álvarez, sobre como os micromachismos cimentan o patriarcado.

Na segunda parte do libro, recóllense artigos da eurodeputada do GUE/NGL Ángela Vallina, sobre a figura da Síndrome de Alienación Parental (SAP) como reforzo do heteropatriarcado nas sociedades europeas; da concelleira de Marea de Vigo Marga López Barreiro, sobre o nesgo machista na xustiza; da psicóloga clínica forense e experta en vitimoloxía e violencia de xénero Sonia Vaccaro, sobre a utilización do SAP como unha forma de violencia machista máis; da Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos de Vigo, sobre as dificultades da violencia machista nos procesos xudiciais; de Estrela Gómez Viñas, coordinadora da Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME), sobre por que se debe incluír a cuestión dos dereitos da infancia no debate sobre o nesgo de xénero presente nas institucións; da coordinadora da Área de Mulleres do Sindicato Labrego Galego (SLG), Ana Eiras, sobre a realidade das mulleres labregas; e de Rosa Álvarez novamente, desta vez cunha ollada desde a psicoloxía á violencia contras as mulleres para unha abordaxe integral do problema.

Pontedeume, 20 de setembro de 2018.

Libro “O feminismo, imprescindible para construír outra Europa”. 140 páxinas en formato pdf. | Acceder/Baixar.

Lídia Senra, eurodeputada galega, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL). | Tlf: 609 845 861, | lidia.senra@europarl.europa.eu
http://lidiasenra.gal/
Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME).


Enviado por:
AGEe Europa
-ageeneuropa@gmail.com-
20 de setembro de 2018 13:17
___________________
_________________

Agamme e a Rede Internacional Fight 4 Child Protection solicitan á Ministra melloras na atención a nenos e nenas vítimas, ante a a próxima redacción dunha Lei de Protección Integral ante a Violencia contra a Infancia



A Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (
AGAMME) e a Rede Internacional Fight 4 Child Protection solicitan á Ministra de Sanidade, Consumo e Servizos Sociais melloras na atención aos nenos e nenas vítimas.

A raíz do anuncio feito público recentemente sobre a próxima redacción dunha Lei de Protección Integral ante a Violencia contra a Infancia, AGAMME e Fight 4 Child fixeron chegar este mércores un escrito dirixido á Ministra de Sanidade, Consumo e Servizos Sociais para que inclúa algúns cambios que ambas asociacións consideran necesarios para que as vítimas menores de idade reciban unha atención adecuada e respectuosa cos seus dereitos.

As asociacións piden maior concreción en varios aspectos da Lei do Estatuto da Vítima do Delito e a Lei de Protección á Infancia e á Adolescencia aprobadas en 2015, tales como o concepto de interese superior das crianzas que continúa sendo excesivamente difuso, o nivel de formación que debe esixirse aos equipos profesionais que entran en contacto con nenos, nenas e adolescentes vítimas, as características materiais e humanas que deben cumprirse en toda entrevista ou acto no que participe un neno ou nena vítima ou testemuña, as medidas que deberá tomar necesariamente o xuíz para protexer á vítima durante a instrución, en particular as que teñen que ver co contacto coa persoa encausada, etc. Todo elo enmarcado no contexto da normativa europea que establece a necesidade dunha xustiza adaptada á infancia. Para este fin propoñen que se cree unha unidade de control de calidade da xustiza adaptada á infancia.

Outro aspecto que consideran necesario modificar é o articulado da Lei de Protección á Infancia e á Adolescencia no cal se eliminan garantías aos nenos e nenas en acollida, promovendo unha maior axilidade e permitindo con iso que os servizos de menores tomen decisións sen a participación do xuíz ou xuíza.

AGAMME e Fight 4 Child, na mesma liña do anunciado por Vicepresidencia respecto a que ningún fillo ou filla de muller vítima de violencia de xénero deberá solicitar ao proxenitor permiso para recibir atención psicolóxica, indican a necesidade de asegurar o dereito das vítimas á recuperación, polo que solicitan que a medida se fagan extensible a calquera vítima menor de idade.

No texto as entidades piden a erradicación de ideas preconcibidas que poñen en dúbida por sistema a credibilidade dos nenos e nenas vítimas, por exemplo a través da suposta síndrome de alienación parental (sSAP), que sigue presente en numerosas sentencias e informes públicos, a pesar de ter sido reiteradamente refutado pola comunidade científica e sobre cuxa utilización alerta o Consello Xeral do Poder Xudicial.

Solicitan tamén a creación de instrumentos de rexistro de datos sobre maltrato infantil periódicos e fiables, así como mellorar a coordinación coas universidades e fomentar a investigación neste campo.

Outro dos puntos fortes do texto refírese á petición de que se modifique o Código Penal no relativo aos delitos contra a indemnidade sexual, para o cal propoñen a imprescriptibilidade deste tipo de delitos; contemplar como delito diferenciado o abuso sexual incestuoso; e revisar os tipos penais de tal forma que se unifiquen abuso sexual e agresión sexual nun único tipo, co cal as asociacións pretenden impedir que se xulgue a actitude de las vítimas menores de idade como elemento de análise para determinar o delito, pois consideran que a asimetría evidente de poder entre neno-a e adulto-a é de por si violenta nestas situacións.

A carta alerta tamén sobre algúns problemas que a mediación pode supoñer para as vítimas, polo que solicitan restricións para a súa utilización.

As asociacións consideran un gran paso a redacción desta nova lei, polo que transmiten á Ministra a necesidade de que sexa transformadora da realidade que a día de hoxe viven as vítimas cando atravesan el sistema xudicial.

Ferrol, a 19 de setembro de 2018

Xunta directiva de AGAMME




---

Carta enviada á Ministra de Sanidade, Consumo e Servizos Sociais, remitida pola Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME) e a Rede Internacional Fight 4 Child Protection, solicitando melloras na atención aos nenos e nenas vítimas de violencia. | 10 páxinas en formato PDF | Acceder/Baixar.

Enviado por:
Agamme
-agammeferrol@gmail.com-
20 de setembro de 2018 12:54

_____________________

Café de Arabia, ... Por Iván Rivas Rico - O debate ao redor da venda de armas a Arabia ten posto de relevo os enganos aos que nos levan sometendo durante décadas ao respecto do sector naval en Ferrol...


Por Iván Rivas Rico [*]
20.09.2018


O debate ao redor da venda de armas a Arabia ten posto de relevo os enganos aos que nos levan sometendo durante décadas ao respecto do sector naval en Ferrol por varios motivos.

En primeiro lugar porque levo anos soportando a mentira de que adicarnos ao militar é o noso futuro mentres só vexo o desmantelamento gradual dos estaleiros na ría, un silencio cómplice fronte ao veto, primeiro explícito e despois implícito á construción civil e o baleirado das gradas de construción militar desde hai máis de 10 anos.

En segundo lugar porque a pesar da agonía do sector nos últimos anos, cunha folga das auxiliares polo medio, ninguén ameazou en Ferrol coas mobilizacións que o anuncio do Estado de non vender bombas a Arabia (que non as corvetas) provocou.

En terceiro lugar porque esas corvetas non se farán en Ferrol e por tanto o argumento de “estou en contra de vender armas a estados xenocidas pero antepoño o pan dos meus fillos a este convencemento” é rotundamente falso.

En cuarto lugar porque a posterior xustificación que consiste en afirmar que hai que reclamar os contratos con Arabia porque senón teriamos que compartir a carga de traballo das F-110 demostra o que sempre se negou.

A carga de traballo en Navantia asígnase por criterios políticos e non técnicos. Por que senón teriamos que compartir as F-110 en función de se no Sur fan as corvetas ou non se tecnicamente o lóxico é facelas aquí? Co mesmo argumento deberiamos compartir as corvetas, os petroleiros, os submarinos que se fan alá.
Todo isto lévanos a dúas posturas argumentalmente racionais que non quere dicir defendibles:

A primeira reclama os contratos con Arabia e exixe a súa carga de traballo para a cidade.

A segunda rexeita os contratos e exixe a volta a construción civil.

O lóxico sería que o noso alcalde defendese unha destas posturas pero é ridículo ver como o alcalde actual, o sr. Suárez e o alcalde consorte, o sr. Rey Varela defenden a mesma postura irracional, a peor para os ferroláns. Quédanse coa peor parte das dúas opcións por submisión política e ideolóxica. Defenden vender bombas (que non as corvetas) a un estado xenocida como o Saudí e nin exixen a volta á construción civil nin a construción desas corvetas en Ferrol o que demostra que o café, aínda que arábigo, nunca é igual de amargo para todos.

[*] Iván Rivas Rico, -A Pontenova 1976, é arquitecto de profesión, concelleiro e portavoz do grupo municipal do BNG en Ferrol desde xaneiro de 2012, na anterior etapa e na actualidade. Vai ser cabeza de lista polo BNG, para as eleccións locais de maio deste 2019. Ten conta no facebook: https://www.facebook.com/ivan.rivasrico .

Artigos de Ivan Rivas no Diario de Ferrol.

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciog@gmail.com-

19 de setembro de 2018 23:39
_____________

Foto Avantar.
_______________

mércores, setembro 19, 2018

As corvetas, o galán de noite e os camelos saudís, ... Por Iolanda Teixeiro Rei - Hoxe imos falar dunha planta perfecta para o horto sindical - Trátase do cestrum nocturnum, máis coñecido como Galán de noite - Israa-al-Ghomgham que xa pode conduzir carro por Riad mais tamén ser decapitada en outubro por ser unha activista pacífica contra as atrocidades dunha monarquía absoluta e teocrática como a de Arabia Saudí - Monarquía oleoducta que mantén unha guerra criminal contra o povo iemení...


Por Iolanda Teixeiro Rei  [*]
19.09.2018



Hoxe imos falar dunha planta perfecta para o horto sindical. Trátase do cestrum nocturnum, máis coñecido como Galán de noite, un arbustre axeitado para ter en macetas a carón dos fogares por mor do seu forte recendo nouturno que malia o engado, ceiba un alcaloide tóxico mentres os traballadores durmimos. Abónase cunha liberación lenta onde radica parte do trapelo e preséntase en racimos no mesmo feitío que esas bombas proibidas que ninguén merca nen vende. Como é de folla perenne e luce vizoso canda os demais fican espidos pola friaxe que venta o livre mercado global, é doado de o atopar tanto en concellos como en factorías navais, maiormente nos outos despachos onde a temperatura non é tan estrema como no tallo.

Mais tamén o galán de noite é quen de termar da nosa roupa mentres durmimos e luze, con moita clase, como un moble auxiliar en empresas onde se curta chapa nouturna con esa mesma nouturnidade con que se bombardean vivendas, escolas e hospitais en Iemen cunhas bombas-láser made in spain que dan de comer á clase obreira. Unha clase obreira sumetida á chantaxe unánime, non só duns patróns de empresa pública, senón tamén á chantaxe dun governo mareante e un comité de empresa de moita galanura. De tal xeito que xa non sabemos se o Galán é un actor que interpreta un papel serio no comité de empresa ou un mozo que lle fala a unha muller saudí como Israa-al-Ghomgham que xa pode conduzir carro por Riad mais tamén ser decapitada en outubro por ser unha activista pacífica contra as atrocidades dunha monarquía absoluta e teocrática como a de Arabia Saudí. Monarquía oleoducta que mantén unha guerra criminal contra o povo iemení con ataques ilexítimos, restrición da axuda humanitaria, detencións arbitrarias, desaparicións forzosas, reclutamento de menores e outras violacións graves de dereitos humanos, segundo Amnistía Internacional. Entrementres España, incumpre o Tratado sobre o Comercio de Armas que estabrece a proibición de exportar armas cando exista un risco de contribuir a cometer ou facilitar crimes de guerra e violacións de dereitos humanos. E cando digo España, non digo só o governo do Psoe coas súa ministra feminista (que non arrubece cando suliña perante as cámaras que Arabia Saudí é un país serio), digo tamén o anterior governo do PP con aquel ministro Morenés que atendía ao negocio das súas empresas de armamento desde o despacho ministerial, cobizoso dos petrodólares saudís. Falo da monarquía española e máis tristemente deses partidos que se dizían rupturistas e agora falan de conservar o pan dos nosos fillos co sangue dos fillos iemenís asasinados. E falo, sobor de todo, deses sindicatos que no canto de defender a construción civil adícanse a chantaxear e enlear aos traballadores meténdolles medo no corpo con esmolas e con consignas tan tóxicas como ese arrecendo nouturno da solamina do Galán de noite.

Dá gusto vivir nun país serio como o noso que mentres se dá a deter arbitrariamente árabes por presuntas amizades con presuntos terroristas e pon concertinas aos moros, fai lucro coas catro grandes compañías que se reparten o negocio dos conflictos polo gas e o petróleo do Oriente Medio: Navantia, Airbus military, General Dynamics e Indra. Por iso, España está entre os dez países que máis armas exportan e por iso Arabia Saudí está entre os principais clientes. O problema, din os expertos, é que o lobby armamentístico fixo de Arabia Saudí é un cliente xeneroso que adquiriu a España 270,2 millóns de euros en armamento, un 133 % de incremento. E se os governos do cambio e os sindicatos galanos son quen de mirar de esguello aos 5000 nenos asasinados dun total de 15000 víctimas civís nos bombardeos saudís a Iemen e aos 7 millóns de persoas ao borde da fame nunha guerra occidental polos recursos enerxéticos que leva tres anos silenciada nos medios de comunicación, se é así, penso que teremos de mudar as carreiras de carrilanas polas carreiras de camelos, tan tradicionais entre absolutos soberanos.

Imaxinemos a Galiza enteira obrigada a fuxir dos seus fogares a causa dos combates. Imaxinemos unha corvetas armadas en mans dun governo tirano con voz e voto na Onu, no FMI e no Banco Mundial. Imaxinemos un ministro de Asuntos Exteriores a dicir que as bombas non producen efectos colaterais porque son guiadas por láser e dan no branco cunha precisión extraordinaria. Ainda cando ese branco sexan os defuntos irmaos e os pais dunha nena de cinco anos chamada Buthaina.

Nen o galán de noite, esa planta perenne, será quen de camelar ese fedor de morte!.

Nen o galán de noite, ese moble auxiliar nos comités de empresa poderá termar da nosa roupa de solidariedade de clase!.

[*] Iolanda Teixeiro Rei -Ferrol, activista ecoloxista e decrecentista. Unha das organizadoras do primeiro Congreso Galego de Decrecemento que vai ter lugar en Ferrol, no mes de outubro deste ano 2018. Articulista e licenciada en Pedagoxía Social pola USC. Profesora de Tai Chi e Chi Kung en Ferrol. No facebook e no twitter. Artigos no Diario de Ferrol e Sermos Galiza.

Enviado por:
Iolanda Teijeiro
-iolandateixeiro@gmail.com-
19 de setembro de 2018 00:13

____________

Foto:  Israa-al-Ghomgham, activista condenada a pena de morte.

A rúa é túa: a reconquista do espazo público Semana da Mobilidade 2018: Combina e MóBete - Conta atrás para unha fin de semana ben especial cunha morea de actividades para vivir a rúa - O venres 21, o bus será de balde en todas as liñas e traxectos no urbano e no rural Durante a fin de semana teremos aula de Educación Viaria con karts para meniños, a Banda Municipal e Xadrez na Rúa, roteiros guiados, marcha ciclista e II Marcha sobre Rodas. - E como remate final, aBanzai I Festival de Cultura Urbana e pola noite, fin de festa no Festival Setembro no parque Raíña Sofía con Morgan, Los Punsetes, Ezetaerre e Willie&Winnie


DIA SEN COCHES, BUS DE BALDE: O venres 21, e co gallo do Día sen Coches, convidamos a veciñanza a viaxar en bus para promover o emprego do transporte público. Este ano, eliximos o venres, un día laborable na véspera do Día Europeo sen Coches, para habilitar as liñas de bus gratuítas para a veciñanza coa vontade de concienciar a cidadanía e fomentar o uso do transporte público, no día a día, nas rutinas laborais e escolares e recuperar o espazo da cidade para os peóns con menos fumes.

Trátase, en definitiva, de animar aos veciños a aparquen os seus vehículos por un día e fagan un esforzo por camiñar e probar novos medios de transporte, mais humanos, sostibles, ecolóxicos, e saudables co fin de reconquistar as rúas cos pés nunha cidade mais viva e mellor para a vida.

As liñas de bus urbanas que conectan Ferrol con Narón e Neda, e os traxectos que cobren a zona rural serán de balde para a veciñanza durante toda a xornada en todas as rutas e horarios concesionadas as dúas empresas que realizan o servizo no noso concello: Monbús e Tranvías Ferrol.

Achegamos o plano coas rutas e horarios que están a vosa disposición nas nosas redes sociais.

Serán de balde durante toda a xornada do venres 21 sen límites de traxectos.

Como xa adiantamos, esta é unha das moitas accións programadas polo Goberno de Ferrol, nunha acción transversal que implica a distintas áreas nesta Semana Europea da Mobilidade 2018 que segue o lema ‘Combina e Móbete’, nun guiño ao Plan MoB e no que apostamos pola filosofía de reconquistar as rúas cos nosos pés e recuperar espazos públicos para o desfrute colectivo.

MAGDALENA PEONIL, das 15:00 horas do venres 21 a noite do domingo 23.

O barrio da Magdalena será peonil desde as 15:00 horas do venres 21 ate a noite do domingo 23 no perímetro delimitado e debidamente sinalado pola Policía Local entre as rúas Igrexa e Sol, Arce e Lugo.

Habilítanse outras dúas vías de subida por Rubalcava, onde se ubicará a parada dos taxis a carón da igrexa do Carme, e de baixada pola rúa Coruña.

A sinalización colocarase na mañá do venres 21 e comezará a retirarse na madrugada do domingo 23 ao luns 24. Permitirase o acceso a residentes, carga e descarga e vehículos de servizo. Haberá un reforzo de axentes a pé de rúa para informar en todo momento a veciñanza.

Lembrar que ese día, o transporte público será de balde en todos os traxectos e horarios para facer o esforzo de aparcar os coches particulares e buscar outras fórmulas de desprazamento público, compartido, colectivo, deslizamento (patín(s), bicicleta ou a pé.

A RÚA É TÚA, SETE PROPOSTAS NO I CONCURSO DE OCUPACIÓN DE ESPAZO PÚBLICO.

Con esa filosofía, este ano convocamos por primeira vez o concurso ‘A Rúa é Túa’, aberto a participación de todas as entidades debidamente rexistradas no Concello para promover a ocupación de espazos públicos na fin de semana do 22 ao 23 de setembro, que leva aparellados importantes premios que se traducen en investimentos no barrio gañador.

O prazo para presentalas pechouse o luns 17 cun total de sete propostas de entidades da nosa cidade, tanto veciñais como culturais e de xente moza.

As tres mellores propostas poden acadar premios de 20,000, 10,000 e 5.000 euros para financiar investimento elixido pola entidade gañadora e que executará o Concello para a mellora do entorno. Vanse desenvolver entre o sábado 22 e o domingo 23. O fallo do xurado de A Rúa e Túa darase a coñecer a última semana deste mes.

Por último, lembrar que este mércores 19 as 20:00 horas na Sala de Proxectos do CTB, novamente, teremos a segunda das dúas charlas programadas dentro da Semana da Mobilidade. Desta volta, centrada na Accesibilidade, na mellora dos cruces de peóns e nos Camiños Escolares Seguros. Achegamos o cartel coas intervencións e os ponentes dun acto público e aberto.

- Enquisa sobre hábitos de mobilidade e Transporte: Alberto Varela (UDC).

- Pepe Romero e Amable Romero. Mellora na accesibilidade a centros públicos.

- Policía Local: Programas municipais de Educación Viaria.

- Juan Ares Gondell, técnico de Urbanismo: Percorridos accesibles, pasos peonís.

OUTRAS ACTIVIDADES PROGRAMADAS PARA ESTA FIN DE SEMANA DA MOBILIDADE, 22 E 23 DE SETEMBRO 2018

1. Aula de Educación Viaria para meniños con Karts, venres 21 pola tarde e sábado 22 pola mañá no Cantón de Molíns, coa implicación activa da Policía Local.

Praza da Constitución. Venres 21 de 16:30 a 20:00 horas. Sábado 22, de 11:00 a 13:30hs.

2. A Biblioteca sae ao Medio, Ruta por Doniños, venres 21 pola noite. 22:00 horas, con punto de encontro no aparcadoiro da praia e a colaboración da SGHN.

3. A Banda sae a rúa, concerto da Banda Municipal de Música de Ferrol. Sábado 22, Rúa Real, no tramo do Casino.

4. Programa educativo municipal Xadrez nas escolas: Hoxe xogamos na rúa

Sábado pola tarde, rúa Real, ao pé do Pazo Municipal. De 17 a 20 horas.

5. II edición da Carreira sobre Rodas: sábado 22 pola tarde, as 18:00 con saída desde a Praza Vella.

6.Marcha ciclista: 11:00 horas, Praza de Armas, o domingo 23.

7. Roteiros guiadas pola cidade, de balde en colaboración coa Oficina Municipal de Turismo. Non é preciso anotarse, basta con estar no punto da saída a hora indicada.

a) Ruta do Modernismo, sábado 22 e domingo 23 pola mañá as 12:00 Teatro Jofre.

b) Ruta polo Camiño Inglés, sábado 22 pola tarde. 17:00 Oficina do Porto.

c) Ruta Ferrol en feminino, domingo 23, 17:00 horas. Xardíns da Ranita, Ferrol Vello.

Todo é de balde e non é preciso inscripción. Basta con asistir no punto indicado a hora de encontro e con moitos azos e ganas de desfrutar e facer cidade.

Fonte: Web do Concello de Ferrol.

A europarlamentaria Lídia Senra estrea nova páxina web e novo enderezo: www.lidiasenra.gal - Lídia Senra presenta esta ferramenta para facer máis accesible a todos os galegos e galegas as cuestións que se abordan nas institucións europeas - A eurodeputada pon a disposición todos os vídeos, publicacións e material relacionado co traballo que vén desenvolvendo dende o 2014.


A europarlamentaria Lídia Senra estrea nova páxina web e novo enderezo: www.lidiasenra.gal. |Lídia Senra presenta esta ferramenta para facer máis accesible a todos os galegos e galegas as cuestións que se abordan nas institucións europeas. | A eurodeputada pon a disposición todos os vídeos, publicacións e material relacionado co traballo que vén desenvolvendo dende o 2014.

A eurodeputada galega, membro do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), Lídia Senra, estrea nova páxina web e novo dominio na rede. www.lidiasenra.gal será a partir de agora o portal dixital a través do cal a europarlamentaria e a súa equipa informarán sobre todas as actividades diarias, debates e traballos de interese para Galiza que se desenvolven na Eurocámara.

Con esta nova web, Senra pretende facer máis accesible a todos os galegos e galegas as cuestións que se abordan tanto no Parlamento Europeo como na Comisión Europea e que teñen unha incidencia fundamental no presente e futuro do país. “O oitenta por cento das decisións políticas que logo afectan e condicionan a nosa vida tómanse nas institucións europeas. Por iso é moi importante que se coñeza o que se debate na UE, sobre todo tendo en conta que a maioría das veces a maior parte da poboación entérase dos efectos negativos dunha decisión política que se toma na UE cando o Goberno do Estado ou da Xunta a aplican e xa é tarde para botala atrás. É fundamental que as persoas se informen e participen con propostas e mobilizacións se fora preciso cando se dan debates na UE. A todo iso levamos máis de catro anos contribuíndo e seguiremos a facelo de aquí ao final de lexislatura no 2019”,defende Senra.

A nosa web, que leva como cabeceira o lema ‘Lídia Senra. A Nosa Voz en Europa’, está estruturada en diferentes seccións nas que se poden consultar todos os vídeos da eurodeputada intervindo nas sesións plenarias europeas e nas comisións parlamentarias; así como o material relacionado con todas as xornadas de debate e informativas sobre diversos temas organizadas pola deputada na Galiza no que vai de lexislatura; as visitas que realizaron colectivos galegos a Bruxelas a iniciativa da europarlamentaria desde o 2014 para defender cuestións relacionadas co país; todas as publicacións impresas que ten feito en formato boletín periódico e libros temáticos; todas as preguntas parlamentarias rexistradas por escrito; así como todas as notas de prensa. A web actualizarase a diario para ofrecer información nova continua e practicamente en directo sobre todo o traballo que continúe a realizar Senra.

Con esta nova web, a eurodeputada dá un paso máis no seu esforzo por comunicar e tender a man á sociedade en xeral e a todos os colectivos que loitan polos dereitos do País e das persoas, para xuntos e xuntas ter presenza e incidencia en Europa. Despois de xa ter publicados nos últimos anos 2 boletíns de resumo de todo o seu traballo e tamén 2 libros temáticos [1], adicados a alternativas enerxéticas e feminismo, Senra lanza agora nova web e agarda nun futuro próximo presentar tamén novos boletíns en formato dixital e impreso de novos resumos e libros temáticos sobre outros sectores.

Santiago, 19 de setembro de 2018.

[1] Notas.-

Aquí pódese acceder ao Boletín 1 de A nosa voz en Europa: https://lidiasenra.gal/wp-content/uploads/2018/05/A-nova-voz-en-Europa.-Nº1.pdf

Aquí pódese acceder ao Boletín 2 de A nosa voz en Europa: https://lidiasenra.gal/wp-content/uploads/2018/06/Boletin-Lidia-Senra-A-Nosa-Voz-en-Europa-nº-2.pdf

Aquí pódese acceder ao libro ‘Presente e futuro enerxético da Galiza no contexto europeo’: https://lidiasenra.gal/wp-content/uploads/2018/05/Presente-e-futuro-enerxetico-de-Galiza-no-contexto-europeo-2016.pdf

Aquí pódese acceder ao libro ‘O feminismo, imprescindible para construír outra Europa’: https://lidiasenra.gal/wp-content/uploads/2018/06/O-feminismo-imprescindible-para-construir-outra-Europa-1.pdf
___________

Regreso desde os campamentos de Tinduf: André Abeledo acompañou aos nenos e nenas saharauís do programa 'Vacacións en Paz' como representante da colaboración que o Concello de Narón ten con SOGAPS no seu regreso ao deserto



André Abeledo acompañou aos nenos e nenas saharauís do programa “Vacacións en Paz” como representante da colaboración que o Concello de Narón ten con SOGAPS no seu regreso aos campamentos.


André Abeledo
acompañou no seu viaxe de regreso aos 77 nenas e nenos saharauís que regresaron a Tinduf logo da súa estancia na Galiza durante os meses de verán.

Abeledo entregou unha serie de agasallos institucionais a Aichetu Abba representante do pobo saharauí da Wilaya de Smara. Durante a reunión André Abeledo falou do Compromiso solidario do Concello de Narón co pobo saharauí que loita por sobrevivir nos campamento e recuperar o seu país ocupado ilegalmente por Marrocos.

Aichetu Abba agradeceu en nome do pobo saharauí o compromiso do pobo de Narón co seu pobo.

André Abeledo entende que este viaxe é unha mostra do compromiso solidario de Narón co Sáhara, o Concello de Narón vaise a comprometer ademais a participar con axuda humanitaria na “Caravana Solidaria”.

Abeledo explica a viaxe tiña dúas prioridades, a principal o coidado dos 77 nenos e nenas para que se reúnan coas súas familias, e tamén levar o compromiso solidario e a mostra de apoio encargada pola Alcaldesa de Narón Marian Ferreiro.

André Abeledo explica que merece a pena este esforzo solidario e perder catro días de salario a cambio de coñecer a realidade dos campamentos e vivir a experiencia de acompañar a estes pequenos embaixadores do pobo saharauí no seu viaxe de regreso.

Abeledo comprometeuse tamén a traballar polo irmanamento de Narón coa Wilaya de Smara, como un xeito de fortalecer os lazos co pobo saharauí e dar mais contido ao noso compromiso solidario.

GRUPO MUNICIPAL DE EU NARÓN

Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
17 de setembro de 2018 01:07

___________________

domingo, setembro 16, 2018

Concentración en Ferrolterra, como noutros lugares da Galiza e do resto do territorio do Estado, este luns 17 de setembro vai ter lugar no Cantón de Ferrol, ás 11.30hs - Unidos somos máis fortes, o futuro das pensións escribímolo hoxe


Centos de mobilizacións estan-se producindo estes días por todo o territorio do estado. O pasado mércores 12 de setembro reunia-se a "Comisión de Seguimento e Avaliación dos Acordos Pacto de Toledo", presidida aínda pola impresentábel Celia Villalobos. Estaba convocada a Comisión para tomar unha decisión sobre a recomendación "Dúas" do Pacto (Fórmula para a revalorización das pensións), pois os grupos parlamentarios dubidan da decisión e xa se sabe que circula unha especie de acordo para facer a proposición no sentido de non tomar en consideración a reivindicación do movemento na defensa das pensións públicas, de que estas se revaloricen conforme ao IPC "real" non a que se utilicen novas fórmulas ligadas a cotizacións, a salarios, ao PIB (Produto Interior Bruto), ... Mais desta vez non foi, non houbo votación, o Congreso en Madrid estaba rodeado de pensionistas en loita, na demanda dunhas pensións dignas. A votación da recomendación quedou adiada até o vindeiro mércores 19 de setembro.

O movemento estatal de pensións integrado na Coordinadora e outros colectivos, acordaron unha mobilización simultánea en máis dun cento de vilas e cidades, para o vindeiro luns 17 de setembro. En Ferrolterra, terá lugar unha concentración, ás 11.30hs no Cantón de Ferrol, fronte ao Palco da Música, convocada pola Plataforma de Ferrolterra en Defensa das Pensión Públicas, integrada en MODEPEN.

#IPCéIPC

Unidos somos máis fortes, o futuro das pensións escribímolo hoxe.

DEFENDAMOS O SISTEMA PÚBLICO DE PENSIÓNS!!!

Todos os cidadáns teñen dereito a unha vida digna!

Para contactar coa Plataforma:

Correo-e:
plataf.pensionspublicas.ferrol@gmail.com

Conta no facebook:
https://www.facebook.com/DefensaPensionsFerrolterra/

Enlaces relacionados en Ártabra 21.

Info baseada na enviada por:
Plataforma Pensións Públicas Ferrol
-plataf.pensionspublicas.ferrol@gmail.com-
13 de setembro de 2018 15:23

__________

sábado, setembro 15, 2018

A independencia dos medios e as radios libres, ... Por Celso Posada Fernández e Anxo Fernández-Armesto Sánchez - Os autores deste artigo consideran que a radio debe dar voz aos colectivos sociais e que estes deben ser conscientes de que nela teñen unha plataforma excelente para dar a coñecer as súas reivindicazóns e un pequeno altofalante para a súa mensaxe - Modestamente convidan a que se impliquen e polo menos no seu programa 'Directo de Esquerdas' sempre estamos abertos a darlle un micro a quen o precise


Por Celso Posada Fernández e Anxo Fernández-Armesto Sánchez [*]
15.09.2018


A independencia dos medios e as radios libres

Hoxe en día, con tatas canles de televisión que existen e o acceso á informazón a través da rede, fálase moito de se esta ou aquela tele é máis independente ou máis progresista, máis conservadora, máis liberal, alternativa, moderna...que as outras. Realmente todos os grandes medios mandan unha mensaxe similar, a do sistema socioeconómico e político vixente. E dentro diso, a que os seus respectivos donos queren que manden, porque teñen donos; os grandes medios son todos propiedade de grandes conglomerados empresariais con intereses diversos.

Iso non implica que non existan en absoluto medios independentes, un exemplo son as radios libres e comunitarias como Cuac FM, Radio Calimera ou en Ferrol a Radio Filispim (a radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos, 93.9 FM). Estas radios libres, ao non teren donos, son unha garantía de independencia e de liberdade, pode dicerse que son unha alternativa da xente para a xente que dan cobertura a causas e a temas dos que nos grandes medios non se preocupan moito ou que directamente omiten. Estas radios, con toda a súa modestia, tentan dar unha voz a que non a ten. Entre as súas características a priori máis salientábeis están o compromiso e a utilidade social. Moita da xente que participa nelas ten un nivel de conciencia social alto e algúns destes teñen ademais vontade de axudar a crear esa conciencia noutros. Estes medios ofrecen unhas opcións de ocio e entretemento diferentes e unha informazón non suxeita aos dictados de ningún grupo empresarial e por tanto realmente independente. En suma, pode dicerse que apostan por un modelo social diferente, máis libre e máis baseado na comunidade. Por exemplo na Radio Filispim, nacida en 2005, existen e existiron historicamente programas con temas como feminismo, migrazóns, ecoloxía e moitos outros, alén de ofrecer unha alternativa cultural. A xente que participa son polo xeral persoas implicadas socialmente. Dase unha mensaxe de que a xente humilde tamén quere que a escoiten.

Esta implicación é hoxe máis necesaria que nunca. Moita xente está indignada con moitas cousas, proba son as mobilizazóns que se van dando periodicamente nos últimos tempos (Prestige, Guerra do Irak, Reformas educativas, incendios, 15M, Marchas da Dignidade...). A participazón das persoas é o factor que pode marcar a diferenza. Non vai vir ningún salvador a rescatarnos, temos que salvarnos nós mesmos. Os autores deste artigo consideramos que a radio debe dar voz aos colectivos sociais e que estes deben ser conscientes de que nela teñen unha plataforma excelente para dar a coñecer as súas reivindicazóns e un pequeno altofalante para a súa mensaxe. Modestamente convidamos a que se impliquen e polo menos no noso programa “Directo de Esquerdas” sempre estamos abertos a darlle un micro a quen o precise.

Temos que ser conscientes de que os grandes medios non serven á xente senón aos seus donos. Dicía Simone de Beaovoir que o opresor non sería tan forte sen cómplices entre os oprimidos. Eses cómplices son moitas veces involuntarios, xente que cre a mensaxe que lles mandan eses grandes conglomerados empresarias e que, nas palabras de Malcolm X, lles fan amar ao opresor e odiar ao oprimido. Non debemos permitir que a apatía ou o medo nos dominen, é importante implicarse socialmente e non abonda con criticar desde as redes sociais. Animamos a todos os colectivos sociais que queiran darse a coñecer a achegarse á radio e buscar un oco para darlle máis vida e darlle megafonía á súa mensaxe.

Ferrol, 12 de setembro de 2018


@directodeesquerdas

Toda a info en Rádio Filismim que emite en Internet e no 93.9 da FM

https://opaii.blogspot.com/

[*] Celso Posada Fernández e Anxo Fernández-Armesto Sánchez, son o condutor e colaborador do programa "Directo de Esquerdas" de Radio Filispim.

Enviado por:
Anxo Fernández-Armesto Sánchez
-anxofarmesto@hotmail.com-
13 de setembro de 2018 15:17

_______

venres, setembro 14, 2018

Saneamento Si, Estafa Non - A Plataforma deu unha rolda de prensa na Casa do Concello de Ferrol despois da publicación no BOP das liquidacións de 27 meses de taxa de depuración, presentados por Emafesa e ratificados polo Goberno Municipal, por un período onde non estaba aínda en funcionamento o sistema de saneamento e depuración - Continuara-se coa campaña de achegamento á veciñanza barrio por barrio, durante este mes de setembro e a primeira quincena de outubro e realizara-se unha manifestación o 18 de outubro por un recibo da auga xusto, contra o saqueo á veciñanza e polo rescate para o público do servizo hoxe en mans dunha multinacional privada


"... a veciñanza non pode asumir unha taxa de saneamento inxusta e avultada, nun período de cobro, de xeito retroactivo dun servizo que non se deu ..."

"... unha vez máis enganar aos veciños, logrando sacar máis de 5,5 millóns de euros (Sin IVA) dos nosos petos para sanear unhas contas que ninguén se dedicou a fiscalizar ..."

"... Estamos ante un punto de inflexión que esta cidade non pode asumir ...",

"... convocaremos unha protesta o próximo 18 de outubro, cunha gran mobilización pola defensa da xestión pública da auga, contra A estafa e o saqueo ..."

SANEAMENTO SI, ESTAFA NON


A Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización, deu unha Rolda de Prensa, este xoves 13 de marzo de 2018, na Casa do Concello de Ferrol, para dar a coñecer a posición desta Plataforma, despois dos últimos acontecementos coa publicación no BOP, o pasado 10 deste mes de setembro, do edito coa resolución do alcalde Jorge Suárez, con data 20 de agosto de 2018, onde se dá conta da aprobación das liquidacións comprendidas nos padróns de contribuíntes, presentados por EMAFESA (empresa mixta de augas de xestión privada), polo servizo de “Depuración de augas residuais”, que inclúen os recibos correspondentes aos períodos dende o 1 de xaneiro de 2015 ao 31 de marzo de 2017 (27 meses), o que supón o cobro á veciñanza de 6.162.899,79 euros (IVA incluído), período onde non se daba o feito impoñíbel, dado que foi o 3 de abril de 2017 cando se puxo a funcionar o proceso de depuración coa maioría dos interceptores conectados, facendo con esta resolución todo o contrario do dito en 28 de maio deste mesmo ano, como en innumerábeis ocasión anteriores, e mesmo no programa de goberno [1].

A Rolda de Prensa nos medios:

Auga - 2018.09.13 - Galici@Press| Convocan en Ferrol unha mobilización para rexeitar o cobro con carácter retroactivo da taxa de saneamento. | Europa Press | xoves, 13 de setembro de 2018, 18:22. | A Plataforma en Defensa dos Servizos Públicos insta a Jorge Suárez a dimitir por tomar esta decisión. | O portavoz da Plataforma en Defensa dos Servizos Públicos de Ferrol, Alexandre Carrodeguas, mostrou a súa oposición á decisión do goberno de Jorge Suárez de "intentar pasar ao cobro a taxa do servizo de depuración con carácter retroactivo". |  Ir á Web.

Auga - 2018.09.14 - Diario de Ferrol | Chaman a unha manifestación masiva polos "saqueos" do saneamento. | O cobro, anunciado no BOP, da taxa de saneamiento desde xaneiro do ano 2015, a partir do próximo mes de xuño supón, para a Plataforma en defensa dúas servizos públicos e pola remunicipalización un punto de inflexión e algo que a cidadanía "non pode asumir". | Ir á Web.

Auga - 2018.09.14 - La Voz de Galicia. | A Plataforma denuncia a falta de fiscalización da empresa. | Acusa ao alcalde de inacción ante "unha cara máis da mafia da agua e o saneamento no Estado español". | "Non se pode nin pensar que poidan sair dos noso petos máis de cinco millóns de euros para sanear unhas contan que ninguén fiscalizou". Así o apuntó onte Lupe Ces nun acto da Plataforma pola Remunicipalización na entrada do consistorio ferrolano, no que se recriminou ao alcalde, Jorge Suárez, a súa inacción ante a que cualificaron de "unha cara máis da mafia da auga e do saneamento no Estado español". | Ir á Web.

---
Documentos anexos da campaña informando aá veciñanza barrio por barrio:

Modelo de impreso para recoller sinaturas. | Acceder/Baixar.

Modelo de cartaz para as convocatorias, | Acceder/Baixar.

Folla Informativa. | Acceder/Baixar.

Comparecencia da Plataforma na Solicitude de apertura de expediente administrativo a Emafesa por presuntas irregularidades na facturación con lecturas estimadas irregulares. | Rexistrado o 27 de xuño de 2018 | Acceder/Baixar.
--
PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas!
Pódese, débese e precísase!
remunicipalizacion.plataforma@gmail.com |  https://plataformaferrol.blogspot.com.es/

#Emafesa

_______


martes, setembro 11, 2018

A Eurodeputada galega Lídia Senra reclama igualdade para a lingua galega ante o pleno do Parlamento Europeo en Estrasburgo - A deputada denuncia que só 30% das persoas entre 15 e 19 anos falan galego e só o 0,01% dos contidos en internet están no noso idioma - Exixe poder expresarse na lingua propia na UE e acabar con séculos de imposición á forza das linguas alleas para facelas predominantes - Vídeo


Lídia Senra reclama igualdade para a lingua galega ante o pleno do Parlamento Europeo en Estrasburgo. | A deputada denuncia que só 30% das persoas entre 15 e 19 anos falan galego e só o 0,01% dos contidos en internet están no noso idioma. | Exixe poder expresarse na lingua propia na UE e acabar con séculos de imposición á forza das linguas alleas para facelas predominantes.

A eurodeputada galega Lídia Senra, membro do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), reclamou no pleno do Parlamento Europeo, que esta semana se está celebrando en Estrasburgo, igualdade para a lingua galega en todos os ámbitos e que todos os eurodeputados e eurodeputadas poidan expresarse en sede parlamentaria nas súas respectivas linguas, tamén nas que as institucións europeas chaman linguas minoritarias e que en realidade “son linguas ocultas e minorizadas pola imposición á forza e durante séculos das linguas alleas para convertelas en predominantes”. Así o puxo de manifesto durante unha intervención que levou a cabo este luns pola noite na Eurocámara durante o debate dun Informe sobre Igualdade Lingüística na Era Dixital que hoxe se somete a votación[1].

Senra pediu a palabra no pleno do Parlamento para defender que “o recoñecemento por parte das institucións europeas do galego e de todas as linguas dos pobos que conforman a realidade plurinacional dos Estados membros é fundamental e non pode depender só das decisións que toman os Estados que nos oprimen como pobos”.

Así, fixo fincapé na grave situación que está a atravesar a lingua galega no noso país, onde segundo os datos do último informe “Lingua e Sociedade 1992-2016[2], elaborado pola Real Academia Galega, só o 30% das persoas de entre 15 e 19 anos falan o galego, fronte ao 75% das persoas maiores de 75 anos. O descenso nas xeracións máis novas é dramático e non cesará se non mudamos tamén a tendencia na presenza da lingua en internet. “O galego representa menos do 0,01 % dos contidos web. O galego ten que estar en igualdade de condicións presente en internet nesta era dixital para permitir que as persoas galego falantes poidamos desenvolvernos na rede con total normalidade en galego”, reclamou. Así pois, Lídia Senra, que avanzou o seu voto a favor do informe pola Igualdade Lingüística na Era Dixital, pediu que a Comisión Europeo tome as medidas necesarias para desenvolver estas prioridades.

Debate no pleno do Parlamento Europeo - Informe sobre a Igualdade Lingüística na era dixital.

TEMA DA INTERVENCIÓN DE LÍDIA SENRA

Situación de discriminación da lingua galega

ENLACE AO VÍDEO DA INTERVENCIÓN

https://www.youtube.com/watch?v=OvC-QfiR9wc&feature=youtu.be

ENLACE AO DEBATE COMPLETO

http://www.europarl.europa.eu/ep-live/pt/plenary/video?debate=1536608170759

[1] Aquí pódese consultar o informe completo abordado no pleno do Parlamento Europeo desta semana:
http://www.europarl.europa.eu/sides/getDoc.do?pubRef=-//EP//TEXT+REPORT+A8-2018-0228+0+DOC+XML+V0//PT

[2] Aquí o informe da Real Academia Galega:
https://academia.gal/documents/10157/704901/Lingua+e+sociedade+1992-2016


Máis información:

Lídia Senra, eurodeputada galega, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL). | Tlf: 609 845 861,
lidia.senra@europarl.europa.euhttp://ageuropa.gal/
https://www.facebook.com/LidiaSenraRodriguez


https://youtu.be/OvC-QfiR9wc


Enviado por:
AGEe Europa
-ageeneuropa@gmail.com-
11 de setembro de 2018 12:32
_______________________

Perigo, aviso urxente: Un buque Gaseiro LNG, ten previsto a entrada na Ría, para atracar en Reganosa - Este faría o número 239, cargado con GNL, aumentando potencialmente o perigo, para as persoas que moramos na contorna da Ría - O Comité Cidadán de Emerxencia ten convocado unha concentración ás 8 da tarde do mesmo día, mércores 12 de setembro, diante do Edificio da Xunta, na Praza Amada Garcia


Un buque Gaseiro LNG,
ten previsto a entrada na Ría
para
atracar en Reganosa.
Este faría o número 239, cargado con GNL,
aumentando potencialmente o perigo,
para a as persoas que moramos na contorna da Ría.
O Comité Cidadán de Emerxencia, convoca

CONCENTRACIÓN
Mércores 12, ás 8 da tarde
Edif. Admtvo. da Xunta de Galicia.
Pza. Amada Garcia - Ferrol

PLANTA DE GAS: PECHE XÁ!

O Comité Cidadán de Emerxencia para a aRía de Ferrol, quere poñer, unha vez máis, ao descuberto a corrupción política e económica que subxace en todo este despropósito que despois de catro sentenzas do Tribunal Supremo en contra da Planta de Gas, o Goberno Español do ex-presidente, daquela en funcións, Mariano Rajoy, dun partido corrupto até o espiñazo, que mediante unha resolución gubernamental, eximiu a Reganosa de ter que someter-se a avaliación ambiental, intentando saltar-se deste xeito as sentenzas condenatorias que declaran ilegal, á perigosa planta regasificadora (Asunto que xa temos recorrido).
____________

domingo, setembro 09, 2018

A Plataforma consigue as 100 primeiras sinaturas, no comezo da campaña de información á veciñanza sobre o Recibo da Auga (taxas - depuración - emafesa - lecturas estimadas - ordenanzas - regulamento)

Mesa-Info desta mañá do venres 7 de setembro, na Praza da Ilustración, onde ten localizada a sede
a empresa mixta de augas de Ferrol (Emafesa).

Baixo o epígrafe "INFORMACIÓN RECIBO DA AUGA (taxas - depuración-saneamento - emafesa - lecturas estimadas - ordenanzas - regulamento)", a Plataforma comezou unha campaña de información á veciñanza mediante a coilocación de Mesas Informativas polos barrios de Ferrol, ademais de recoller sinaturas para presentar un escrito cunha serie de puntos reivindicativos que se lle solicitan ao Concello.

Esta mañá do venres 7 de setembro, comezou a campaña na Praza da Ilustración, onde ten localizada a sede a empresa mixta de augas de Ferrol (Emafesa). A Plataforma conseguiu hoxe as 100 primeiras sinaturas e informado a un número importante de persoas que se interesaron pola acción.

Calendario da primeira volta de Mesas-Info nos barrios de Ferrol:

✅ Venres día 7 de setembro, ás 10:30hs na Praza da Ilustración, nas inmediacións de Emafesa.

✅ Luns día 10, às 10:30hs na Praza Amada Garcia, diante do Edificio da Xunta de Galicia.

✅  Martes día 11, às 10:30hs no Mercado de Caranza.

✅  Mércores día 12, às 10:30hs en Canido, esquina rúa Alegre con rúa Doutor Sixto Seco (Praza da Antiga Fenya).

✅  Xoves día 13, às 17:30hs no Inferniño, na cabeceira da Praza, nas inmediacións da Travesía do inferniño.

✅  Venres día 14, às 11:00hs na Praza de Armas, diante da Casa do Concello.

O escrito dirixido ao Concello e que está a disposición da veciñanza para asinar é o que segue:

Á atención do Sr. Alcalde Presidente do Concello de Ferrol

Ás persoas abaixo asinantes, todas veciñas de Ferrol, ante a carta remitida pola empresa EMAFESA e as distintas irregularidades que se seguen cometendo en relación ao servizo de auga, depuración e saneamento,

SOLICITAN

1º Que abra un expediente administrativo á empresa mixta de augas pola mala práctica de emitir masivamente facturas por lecturas estimadas (non reais), polo consumo de auga, moi por riba do permitido na normativa en vigor, presuntamente para financiarse dun xeito irregular.

2º Que non aplique o cobro da taxa de depuración con efecto retroactivo, pois non é conforme ao aprobado no Pleno de 15 de novembro de 2017. E menos, unha taxa que se recoñece inxusta e avultada por todos os grupos municipais e os informes de EUDITA e OTIMA, que debe ser re-calculada dun xeito explicado, participado e transparente. Como tamén debe ser revisada e adaptada a taxa de saneamento aos custos reais, moito menos que os 1,8 millóns que pagamos.

3º Que se devolvan os 800.000 euros cobrados indebidamente en 2015, durante o goberno de J. M. Rey Varela, por un servizo de depuración que non se realizaba.

4º Que se realice dunha vez, a tantas veces anunciada auditoría integral sobre a xestión da empresa EMAFESA.

5º Que se devolvan as infraestruturas do sistema de depuración a Augas de Galicia, mentres non podan ser asumidas por un ente supramunicipal, onde entre o concello de Narón.

Agardando unha resposta positiva que ampare á cidadanía de Ferrol ante estes abusos, asinan este escrito en Ferrol, no mes de setembro de 2018.

(Seguen as Sinaturas).

Documentos anexos:

Modelo de impreso para recoller sinaturas. | Acceder/Baixar.

Modelo de cartaz para as convocatorias, | Acceder/Baixar.

Folla Informativa. | Acceder/Baixar.

Comparecencia da Plataforma na Solicitude de apertura de expediente administrativo a Emafesa por presuntas irregularidades na facturación con lecturas estimadas irregulares. | Rexistrado o 27 de xuño de 2018 | Acceder/Baixar.
--
PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas!
Pódese, débese e precísase!
remunicipalizacion.plataforma@gmail.com |  https://plataformaferrol.blogspot.com.es/

#Emafesa
---

sábado, setembro 08, 2018

Ártabra 21 #DefendeAGalega, cos traballadores e traballadoras dos medios públicos galegos, neste #SábadoNegroCRTVG, apoiando a histórica manifestación desta mañá, sábado 8 de setembro, @poladignidade dos medios públicos


Os traballadores e traballadoras dos medios públicos galegos levan meses de loita contra a manipulación informativa, perante semanas os #venresnegros foron un mar de solidariedade e reivindicación na defensa da TVG e a Radio Galega.

Este sábado, en Compostela, no #SábadoNegroCRTVG. sairá a histórica marcha @poladignidade dos medios públicos, ás 10:30hs desde San Marcos, mais calquera punto do percorrido (#EuVouÁMani), é bo para incorporar-se. Nun momento do transcurso da loita as traballadora e traballadores da RTVE na Galiza, decidiron incorporar-se a estas mobilizacións, polo que a marcha terá dous lugares de saída inicial. Un punto de encontro será ás 11.30hs no Cruze de San Pedro, ás 12 do mediodía na Praza 8 de Marzo, rematando ás 12:00hs, na Praza de Praterías.

@DefendeAGalega 

Ártabra 21   #DefendeAGalega, cos traballadores e traballadoras dos medios públicos galegos, neste #SábadoNegroCRTVG, apoiando a histórica manifestación desta mañá, sábado 8 de setembro, @poladignidade dos medios públicos.

Hai razóns, 16 semanas de loita...

✅Para que cesen as represalias contra as traballadoras.
✅Para garantir a información de proximidade.
✅Por unha CRTVG e CRTVE da que todas e todos nos sintamos orgullosas.
✅Contra os recortes de persoal, de orzamentos e salariais.
✅Para acabar coa precarización do emprego.
✅Pola creación do Consello de Informativos e do Estatuto Profesional da CRTVG.
✅Por un traballo de calidade e sen homes ou mulleres orquestra.
✅Para erradicar a manipulación na CRTVG e CRTVE.
✅Para que os cambios cheguen a todos os centros de RTVE.
✅Para recuperar os programas de produción propia e os contidos de servizo público.

Contacto:

venresnegrocrtvg@gmail.com
________________

sábado, setembro 01, 2018

A Plataforma denuncia o financiamento irregular de Emafesa a conta da veciñanza de Ferrol - A mediados deste mes que remata, a empresa mixta de augas de Ferrrol, comezou a remitir cartas a todos os fogares anunciando o cobro dunha nova factura de depuración, dun período anterior ao levantamento da suspensión da taxa que foi en 15 de novembro do pasado ano - Ademais da aplicación abusiva e irregular, de facturas por consumo estimado moi avultado que se están facendo masivamente, contra o que dispón as ordenanzas e o propio Regulamento de Augas


A Plataforma denuncia o financiamento irregular de EMAFESA a conta da veciñanza de Ferrol

A mediados deste mes que remata, a empresa mixta de augas de Ferrrol (Emafesa), comezou a remitir cartas a todos os fogares anunciando o cobro dunha nova factura de depuración, dun período anterior ao levantamento da suspensión da taxa que foi en 15 de novembro do pasado ano. Unha media aproximada de 45 euros por fogar (máis de 1,5 millóns de euros), que se xunta á aplicación abusiva e irregular, de facturas por consumo estimado moi avultado que se están facendo masivamente, contra o que dispón as ordenanzas e o propio Regulamento de Augas. A empresa mixta de augas esta-se financiando a consta da veciñanza, tapando os furados do mal goberno e da pésima xestión privada do servizo por parte de Socamex, que só mira polos seus intereses particulares.

Unha vez máis temos que chamar a atención do abuso continuado que Emafesa practica coa anuencia e complicidade do goberno municipal actual. Lonxe de facer o prometido no seu programa electoral e de goberno, chega até permitir que a empresa mixta estea procedendo ao cobro dunha taxa avultada e devengada até cando aínda non estaba levantada a suspensión da mesma. Pois o acordado no Pleno Extraordinario do 15 de novembro foi o levantamento da suspensión con efectos só dese mesmo día e a efectos de validez e eficacia do carácter retroactivo do levantamento da suspensión virían determinados polo contido do ditame do Consello Consultivo o cal non se pronunciou, por considerar non ser da súa competencia [1]. Mais a maiores, hai xurisprudencia que anula as disposicións que pretenden o cobro retroactivo de taxas. Ademais de que o “marco legal“ (Convenio de Colaboración entre Concello e Augas de Galicia) que alega o goberno municipal para a presencia de Emafesa na depuradora, foi asinado con posterioridade, catro meses despois do inicio do período que se vai cobrar, o 1 de agosto de 2017 e publicado o seu anuncio, no BOP unha semana despois.

É incongruente e inxusto, pasar ao cobro de xeito retroactivo unha taxa de forma irregular, cando non se ten feita a mil veces anunciada devolución dos 800 mil euros cobrados indebidamente á veciñanza en xaneiro de 2015, por un servizo que non se prestaba, como así o di de forma expresa o artigo 26.3 da Lei de Facendas Locais RDL 2/2004, de 5 de marzo, no artigo 12 Devolución, da Lei 8/1989, de 13 de abril, de Taxas e Prezos Públicos e nos artigos 32 e 220 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria que din que hai que devolver a taxa devengada cando non se presta o servizo.

O goberno municipal é consciente de que a taxa actual aplicada por Emafesa está avultada e malia que anunciou a modificación da Ordenanza Municipal, fai case 10 meses, aínda non o fixo, mentres a veciñanza seguimos pagando unha taxa inxusta. Existen dous estudos de terceiras partes que así o demostra (EUDITA e OTIMA). Ademais este extremo foi confirmado polo Concello de Narón, polo que este non está procedendo ao pago do servizo.

Poderíamos seguir enumerando a cantidade de irregularidades, de compromisos incumpridos, de lexislación vulnerada, de inxustizas, de enganos e incongruencias, mais a estas alturas, está case todo dito, mais queremos facer hoxe mención a tres asuntos que nos preocupan:

- O Concello e Emafesa están procedendo a cobrar por lecturas estimadas fixas bimensuais de 20 m3, a veciñas e veciños das vivendas de Recemil e San Pablo independentemente do número de persoas que habitan nelas. Cando unha persoa soa consume menos de 9 m3. Esta situación fíxose moi gravosa para aquelas persoas que viven soas e con pensións baixas e sobre todo ao ser incrementadas pola aplicación da taxa de depuración. 

- A inacción e silencio das asociacións veciñais no asunto da taxa de saneamento e depuración, ante o aumento da carga impositiva que significa para a veciñanza e a inxustiza da situación.

- Para rematar non queremos deixar de citar a ilegalidade producida no último pleno municipal ao aprobar as contas de EMAFESA, do 2014 e 2015, coa axuda dos votos e abstención do PP, sen facer a correspondente auditoría integral que tantas veces foi anunciada por este goberno municipal.

O goberno do actual alcalde de Ferrol Jorge Suárez, continua coa fraude na súa política de saneamento e depuración, comezada polo seu predecesor, José Manuel Rey Varela, na primavera de 2014, onde se impuxo unha taxa avultada e inxusta, taxa que continua en vigor, a pesar de tantas veces anunciado o seu cambio, e agora se lle aplica tamén con efectos retroactivos a toda a veciñanza, facendo caso omiso ao acordado no Pleno Extraordinario do 15 de novembro de 2017.

Non só temos que soportar prezos abusivos e en constante crecemento das grandes corporacións do gas e a electricidade, senón que agora tamén o recibo da auga por mor do mal goberno de Ferrol en Común que estaba chamado a ser o motor do cambio e acabou convertido no valedor das políticas do Partido Popular no Concello en materia de auga, depuración e saneamento.

En Ferrol, a 31 de agosto, de 2018

PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS,
POLA REMUNICIPALIZACIÓN

Abonda de saqueo! Hai outras alternativas!
Pódese, débese e precísase!

Alexandre Carrodeguas | Fernando Ramos | Pablo Portero | Bernardo Rego | Lupe Ces

remunicipalizacion.plataforma@
https://plataformaferrol.blogspot.com

Nota.-

[1] Detalle da Acta do Pleno Extraordinario celebrado o 15 de Novembro de 2017.

Tendo en conta os informes emitidos polo xefe da área, o interventor e o secretario, en virtude do sinalado propónselle a adopción dos seguintes acordos plenarios:

Primeiro.- Declarar finalizada a suspensión da aplicación da ordenanza fiscal reguladora da taxa pola depuración de augas residuais publicada no BOE de data 3 de setembro do ano 2014.

Segundo. - O cesamento da suspensión vén determinado polo cumprimento do feito impoñible da taxa, polo que ten efectos 3 de abril do presente exercicio, nos termos indicados na parte expositiva, reiniciando dende dita data a emision das liquidacións correspondentes, e co arquivo do expediente de derogación.”

Previa deliberación, a Corporación, en votación ordinaria e por maioría de sete votos a favor, correspondentes ós sres./as. membros do grupo Ferrol en Común e as sras. Fernández Lemos e Méndez Fonte, fronte a seis votos en contra, correspondentes ós sres./as. membros dos grupos Socialista, Bloque Nacionalista Galego e a sra. Leira Penabad e doce abstencións, correspondentes ós sres./as. membros dos grupos Popular e Ciudadanos, acordou aprobar a emenda proposta pola voceira do grupo Popular que textualmente di:

“Primeiro.- Declarar finalizada a suspensión da aplicación da Ordenanza Fiscal reguladora da taxa pola depuración de augas residuais, publicada no BOP de data 3 setembro de 2014, con efectos de data de hoxe.

Segundo.- Os efectos de validez e eficacia do carácter retroactivo do levantamento da suspensión na aplicación da Ordenanza Fiscal virán determinados polo contido do ditame do Consello Consultivo para garantir a legalidade da proposta para salvagardar as responsabilidades económicas e patrimoniais do concello e para garantir a viabilidade da empresa municipal coa súa saída da situación de potencial causa de disolución.

E, terceiro, manifestar o compromiso de proceder de xeito inminente ó inicio dos trámites necesarios para a modificación da taxa de depuración de augas residuais.

Fonte da nota: Acta do Pleno Extraordinario. | 15.11.2017
---