luns, maio 13, 2019

O cabeza de lista de Narón por Diante, André Abeledo, e o Portavoz Nacional de Anova Antón Sánchez, explicaron as propostas en materia de vivenda


ANTÓN SÁNCHEZ E ANDRÉ ABELEDO PROPOÑEN EN NARÓN UN PARQUE PÚBLICO MUNICIPAL DE VIVENDA EN ALUGUEIRO CON PREZOS SOCIAIS


O portavoz nacional de Anova, Antón Sánchez e o cabeza de lista de Narón por Diante, André Abeledo, compareceron hoxe en Narón para explicar propostas en materia de vivenda.

Lembraron o dereito da poboación a ter acceso a unha vivenda digna, un problema agravado nos anos da crise e que se trasladou ao eido do alugueiro con enormes dificultades para poder acceder a presos accesíbeis e normais. “A vivenda continúa a ser obxecto de especulación e de investimentos, de tráfico económico e non un dereito da xente”, afirmou Antón Sánchez, quen lembrou que o estado “resgaou aos bancos con miles de millóns de euros mais non se ocupou de crear un parque público de vivendas en alugueiro a prezos sociais mediante a Sareb”.

A nulidade de Feijoó para garantir o dereito á vivenda.

Neste sentido, salientaron que Narón tamén é un exemplo de todo isto. Puxeron sobre a mesa a necesidade de crear un Parque público de vivenda de alugueiro ao xeito do que existe noutros países europeos. Ademais, apuntaron cara o grande volume de vivendas baleiras existente que habería que xestionar. Nesa liña, Antón Sánchez reprochou á Feijóo que “a pesar dos seus anuncios e da súa propaganda non adoptou ningunha medida para liberar vivenda baleira”.

Sánchez e Abeledo explicaron que nun contexto de “consolidación dun modelo de traballo precario, salarios baixos, e desigualdade, con mocedade que non pode ter un plan de futuro. Non poden plantexarse mercar unha vivenda e trasladáronse ao eido do alugueiro onde a especulación e o aumento dos prezos é co que se atopan”. Sinalaron que aumentou exponencialmente a demanda de vivenda de alugueiro, especialmente nas áreas urbanas como é o caso de Narón. “Aquí tampouco se artellou unha política de vivenda centrada nas necesidades da xente”.

Parar os abusos e a especulación coa vivenda

Enfatizaron o papel que os concellos poden xogar nesta importante materia mediante a creación un Parque Público municipal de vivenda en alugueiro social, con prezos sociais, a implantación dunha política fiscal que desincentive a especulación e impulse a función social da vivenda. Demandaron medidas para rematar coa especulación de vivendas baleiras.

Puxeron de manifesto que nos últimos anos as zonas urbanas de Galiza tiveron aumentos anuais de máis do 10% no alugueiro.

O candidato á alcaldía de Narón, André Abeledo, propuso que no concello de Narón se fixe como repto prioritario o estabelecemento dun Parque público de vivenda en alugueiro. Asemade, explicaron a necesidades de pedir ao Goberno do estado a cesión de vivendas en propiedade da Sareb para que poidan ser incluídas nesta iniciativa. Unha proposta que debe ser dotada de suficiente orzamento e liñas de axuda destinadas aos sectores sociais máis desfavorecidos, familias monoparentais e a mocidade. Igualmente, consideran relevante que se implanten recargos no IBI á vivenda baleira sobre os grandes posuidores a fin de rematar coa política especulativa. Consideran tamén que se debe modificar a Lei de Arrendamentos Urbanos para estipular un límite ao incrementos dos prezos de alugueiro entre contrato e contrato.

Defenden que a Xunta teña un papel máis activo en materia de vivenda e por exemplo desenvolva, en coordinación cos concellos, un programa de prevención de desafiuzamentos e haxa alternativas de realoxo.

Narón, 13 de maio de 2019.


https://www.facebook.com/naronpordiante/

https://twitter.com/naronpordiante


NARÓN POR DIANTE- SON EN COMÚN



Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
13 de maio de 2019 14:02

_____________________

Presentada unha iniciativa veciñal de apoio à candidatura do BNG encabezada por Iván Rivas ao Concello de Ferrol - Vídeo


Presentada unha iniciativa veciñal de apoio à candidatura do BNG encabezada por Iván Rivas ao Concello de Ferrol


En rolda de prensa convocada no salón de actos do Ateneo Ferrolán, un grupo de veciños e veciñas de Ferrol de diferentes ámbitos, presentaron unha iniciativa para recadar apoios públicos á candidatura de Iván Rivas. Unha iniciativa que en menos de 48 horas conta con 61 apoios de persoas “que non sendo do BNG, e mesmo tendo apoiado noutras ocasións outros proxectos políticos, vemos na candidatura de Iván Rivas unha oportunidade para sacar a Ferrol do burato onde está, tirando muros físicos e mentais, e retirando privilexios aos grupos de poder que nesta cidade non se presentan ás eleccións pero ao final ditan as políticas de goberno” como aseguraba Lupe Ces, unha das integrantes desta iniciativa.

José Oreona, presidente da asociación veciñal de Brión, outro dos asinantes da iniciativa, recordaba que ante os problemas graves que ao longo destes catro anos sufriron na súa parroquia, sobre todo o relacionado co tren a Caneliñas, e o transporte público na zona rural. O grupo municipal do BNG, non só nos acompañou, senón que “nos facilitaron toda a información, axudáronos en todo momento, mentres outras portas sempre estiveron pechadas dándonos largas”.

Inácio Martínez, asegurou que pola súa actividade en distintas plataformas e movementos sociais, ten asistido a moitos plenos e “sempre Iván Rivas demostraba estar preparado para abordar os distintos problemas, vía-se que preparaba en profundidade as propostas que levaba a pleno, coincidindo coas alternativas que defendíamos desde os movementos, sobre todo no relacionado coa defensa dos servizos públicos”, “será un bo alcalde para esta cidade, porque mesmo se implicou en axudar a resolver casos de desafiuzamentos, e demostrou ao longo destes catro anos a firmeza necesaria para enfrontar obxectivos como a remunicipalización”.

Entre os asistentes tamén tomou a palabra Rafa Aguirrebengoa, coñecido pola súa actividade sindical na administración pública que valorou a coherencia da opción do BNG, e a necesidade de que a idea de nación galega estea representada no Concello.

Desde outro ponto interveu Fernando Armesto, que asegurou non ser nacionalista, pero nestes momentos ve na candidatura do BNG encabezada por Iván Rivas, a única que merece a confianza das xentes de esquerda, a única posibilidade de que se freen os abusos das grandes empresas contra a cidadanía de Ferrol, “unha alternativa que faga cambiar o paso tanto à Xunta de Galicia coma o Estado, para que apliquen en Ferrol as políticas de emprego que tanto precisamos, porque sen emprego non hai futuro”.

Próximo acto de apoio á candidatura do BNG

Esta iniciativa organiza un acto público poético-político-musical para este mércores 15 de maio, às 8 da tarde na Praza Rosalía de Castro no barrio de San Xoán.


https://youtu.be/e3n8GaTJ4T4

Blogue: https://apoiocandidaturaivanrivas.blogspot.com/

Correo-e: apoiocandidaturaivan@gmail.com

Enviado por:
Apoio a candidatura encabezada por Iván Rivas
-apoiocandidaturaivan@gmail.com-
11 de maio de 2019 11:11

______________

Información sobre a Campaña electoral de Eliximos Narón: Este domingo tivo lugar un acto no Val


Información sobre a Campaña electoral. Hoxe acto no Val


Hoxe no Val tivemos unha boa acollida por parte dos veciños, logo de expoñer os principais traballos de Eliximos na lexislatura que acaba, e algúns aspectos salientables do programa, falamos de algunhas cuestións sobre a parroquia.

Eliximos Narón
(Recortes Cero – Grupo Verde)

673141822 - eliximos@gmail.com
Narón, moito  por facer
...fagámolo, xuntos podemos.
Web  |  TwitterFacebook



Enviado por:
ENE Eliximos Narón Electores
-eliximos@gmail.com-
12 de maio de 2019 20:43
________________

O BNG de Ferrol gañou o debate sobre o modelo deportivo para a cidade por incomparecencia do PP


O BNG de Ferrol gañou o debate sobre o modelo deportivo para a cidade por incomparecencia do PP


O BNG de Ferrol gañou hoxe o debate que lle propuxo ao PP para confrontar ideas sobre o modelo deportivo para a cidade. Os populares decidiron non comparecer pese que a súa candidatura está conformada por profesionais do deporte, tanto do baloncesto coma de outros ámbitos. Os nacionalistas estiveron presentes no día de onte no partido do Basketmi Ferrol e puideron comprobar  as dificultades que teñen, por exemplo, de acceso ao propio pavillón.

A realidade desta cidade é que tanto neste mandato coma no anterior dirixido polo actual candidato do PP, José Manuel Rey Varela, os fondos públicos consignados para o deporte se destinaron fundamentalmente a promocionar o deporte de elite a través de convenios nomitativos, que supoñen por exemplo, que o propietario privado do Rácing de Ferrol (ao cal este Concello vendeu as accións) teña xa recuperado todos os seus cartos mediante ditos convenios “a dedo” durante os últimos catro anos, grazas á complicidade do PSOE, PP e FEC. “Este non é máis que un exemplo da maneira de repartir un diñeiro que dende o BNG pensamos se debería xestionar de xeito totalmente diferente, establecendo criterios transparentes e de concorrencia competitiva, para que o deporte de base na cidade de Ferrol poida ter o desenvolvemento que precisa”, afirmou o candidato nacionalista, Iván Rivas.

Neste sentido, Rivas apuntou que hai escolas de Surf que teñen necesidades básicas sen cubrir, cando se trata dunha especialidade deportiva en alza que cada vez conta con máis usuarios e usuarias sobre todo nas épocas estivais. “O único que están a atopar na actualidade son atrancos por parte das administracións locais”, indicou. Doutra banda, os clubes de remo e deportes náuticos, que seguen a carecer das mínimas infraestruturas, como pode ser un pantalán de acceso á ría ou vestiarios para poder traballar con normalidade cos nenos e nenas que acoden a diario as súas instalacións.

Tamén os que desenvolven a súa actividade nos campos de fútbol base que existen na cidade, carecendo da regulación e da ordenación necesarias, en moitas ocasións coas necesidades básicas sen cubrir.

Existen ademais moitas especialidades deportivas que seguen ocultas, que se desenvolven exclusivamente polo esforzo dos propios integrantes de ditos clubes. “É necesario comezar a asumir que o deporte de elite ou profesional non debe ser a prioridade do Concello e que a súa xestión debe desenvolverse en paralelo á xestión do deporte base na cidade. O Concello debe ademais de facilitar o acceso aos nenos e nenas á practica deportiva que consideren oportuna, permitir a socialización, o lugar de encontro e fomentar os valores de compañeirismo e deportividade entre a mocidade”, apuntou Rivas.

Ferrol, 12 de maio de 2019.

Coas Ideas Claras
http://ideasclaras.bng.gal/

Ferrol | Web | Facebook | Twitter.
#AgoraGaliza
#AgoraBNG
#Agora Ferrol
BNG - Ferrol


Enviado por:
BNG Ferrol
-bngferrol@gmail.com-
12 de maio de 2019 17:54

____________________

domingo, maio 12, 2019

Actos de campaña de LiGanDo (LGD) os vindeiros días e denuncia de ocultación informativa


Actos de campaña LGD vindeiros días e denuncia de ocultación informativa

LiGanDo continua coa campaña ás eleccións municipais de Ferrol.

O actos previstos son os seguintes:

💚 Todos os días pola maña continuaremos co buzoneo dos 20.000 dípticos e 40.000 papeletas de votación barrio por barrio casa por casa.

💚 Actualmente xa está buzoneado o barrio de Canido e o de Caranza e hoxe a medio día fíxose reparto nas rúas a hora dos viños.

💚 Martes 14, ás 20:00 horas reparto de publicidade en Afundación e denuncia contra a invisibilización da candiatura eco-feminisra LGD por parte de determinados medios de comunicación e encontra da realización dun debate no que todos os candidatos son homes incluído o moderador.

💚 Mércores 15, ás 19:00 horas no local social de Esmelle mitin con Anxo Otero (nº2), Pablo Alonso (nº12) e Miguel Anxo Abraira voceiro nacional de LGD.

💚 Xoves 16 de maio, ás 20:00 horas no Bar Sur Pinchos con Iolanda Teixeiro Rei.

INVISIVILIZACIÓN QUE SE CONCRETA EN:

➤ Ausencia de verdade cando en precampaña se publica que non vai haber ningunha muller candidata á alcaldía de Ferrol estando xa anunciado a candidatura de Iolanda Teixeiro. Rectificación, só en dixital, despois de solicitude de corrección. Non se fai modificación ningunha en papel.

➤ Maior relevancia á noticia da denuncia publica feita polo PP contra o BNG por non retirada de publicidade das eleccións xerais cando a noticia é iniciada por LGD dous días antes contra os partidos maioritarios mediante un comunicado de prensa.

➤ Ocultación na portada do xornal da negativa de Iolanda Teixeiro a participar nunha foto coa candidata Patricia Castro e nova ocultación da candidatura de LGD ás eleccións municipais. Ademais ocultase en todo momento que Iolanda Teixeiro transmitiu a súa disposición a saír na foto con todos os candidatos restantes.

➤ Invisivilización da candidatura de LGD e alto protagonismo da candidatura de Marea de Ferrol non en base a resultados das pasadas municipais -as dúas son candidaturas que se presentan por primeira vez xa que Marea de Ferrol non é continuidade de Marea Ártabra- senón en base a unha suposta enquisa realizada no concello de Ferrol vulnerando a Lei Electoral que obriga ao mantemento de proporcionalidade a hora de difundir e dar protagonismo nos medios de comunicación ás distintas candidaturas.

Ferrol, 12 de Maio de 2019

Díptico Electoral de LiGanDo. | Acceder/Baixar.

Programa Electoral de LiGanDo. | Acceder/Baixar.


LIGANDO-LGD

http://www.ligando.org/

Facebook | Twitter


Enviado por:
LiGanDo Lgd
-ligando.lgd@gmail.com-
12 de maio de 2019 17:00

________

Marea de Ferrol levou as súas propostas políticas ao barrio de Esteiro - Previsión de actividades de Marea de Ferrol para o luns 13 de maio.


PREVISIÓNS MAREA DE FERROL PARA O LUNS 13 DE MAIO


Detallamos a continuación a previsión de actividades de Marea de Ferrol para  mañá luns 13 de maio.

Os primeiros días da semana que comeza percorreremos as diferentes parroquias da zona rural do concello, para dialogar sobre as diferentes prolemáticas que preocupan á súa veciñanza.

1. Ás 18:30 hh. teremos un encontro aberto en Covas, no local da súa asociación de veciñas (adxuntamos cartaz).

2. Así mesmo, o noso local electoral (Rúa Dolores, 20) permanecerá aberto mañá e tarde — en horario de 10:00 a 14:00 hh. e de 17:30 a 19:30 hh.— como espazo de encontro e de conversa con todos os/as veciños/as que queiran achegarse.

MAREA DE FERROL LEVA AS SÚAS PROPOSTAS POLÍTICAS AO BARRIO DE ESTEIRO


Onte, sábado 11 de maio, Marea de Ferrol estivo en Esteiro para dar a coñecer as súas propostas políticas á venciñanza do barrio.

Ademais de realizar un reparto entre as viandantes dunha pequena síntese das nosas propostas máis destacadas, Bernardo Lorenzo, Lucía Vizoso e Nicasio Malde falaron na Praza do Himno Galego ante todas as persoas que se achegaron ata alí.

Entre outros temas, destacouse a importancia de poñer por diante ás persoas en todas as accións políticas, con propostas como a implementación dunha Renda Mínima Municipal ou a posta en marcha dunha Cociña Municipal para todos os comedores do Concello que orfreza recursos orientados á soberanía alimentaria.

Nunca esquece Marea de Ferrol falar da participación como peza fundamental que marcará a nosa acción de goberno, unha participación cidadá imprescindible para construír democracia real, na que os orzamentos participativos con procesos regrados e dotación económica estable sexan base do traballo político.

Local: Rúa Dores, 20 Baixo.
Correo-e: mareadeferrol@gmail.com
http://mareadeferrol.gal/
https://twitter.com/FerrolMarea
https://facebook.com/mareadeferrol

Enviado por:
Marea de Ferrol
-mareadeferrol@gmail.com-
12 de maio de 2019 12:55
12 de maio de 2019 13:24

_______

André Abeledo reúnirase, este luns 13 de maio, co parlamentario de En Marea Antón Sánchez, para falar sobre vivenda social en Narón no Local de Campaña de Narón Por Diante na Praza d'A Gándara - A deputada de Unidas Podemos Yolanda Díaz e o Alcalde de Ferrol Jorge Suárez, na inauguración do Local de Campaña


André Abeledo reúnese con Antón Sánchez para falar sobre vivenda social en Narón no Local de Campaña de NARÓN POR DIANTE na Praza de A Gándara
.

Mañá luns día 13 de Maio as 12:30 o candidato a Alcaldía de NARÓN POR DIANTE SON EN COMÚN, André Abeledo, acompañado do seu equipo de traballo reuniranse con Antón Sánchez Vicevoceiro de En Marea no Parlamento Galego e Portavoz Nacional de ANOVA, para falar sobre vivenda social en Narón.

A reunión será no Local de Campaña de NARÓN POR DIANTE (N'A Gándara,Rúa Vigo, número 20).


André Abeledo estivo arroupado pola deputada de UNIDAS PODEMOS Yolanda Díaz na inauguración do Local de Campaña de NARÓN POR DIANTE.  

André Abeledo estivo arroupado pola deputada de UNIDAS PODEMOS Yolanda Díaz, o alcalde de Ferrol Jorge Suarez, membros da candidatura de NARÓN POR DIANTE, e tamén doutras candidaturas, así como de veciñas e veciños de Narón.

Foi Una noite entre compañeir@s. Dende NARÓN POR DIANTE queremos agradecer a asistencia e azos a Ferrol en Común, a Yolanda Díaz, a Son de Ares e a veciñanza que nos arroupou neste acto.

André Abeledo indicou que NARÓN POR DIANTE é un espazo amplo onde a esquerda naronesa pode verse e sentirse representada.

Abeledo clarexou que os máis de 4.000 votantes de UNIDAS PODEMOS nas eleccións xerais poderán repetir o seu voto nas eleccións municipais votando a NARÓN POR DIANTE - SON EN COMÚN.

Tamén todos aqueles votantes do PSOE que queren un goberno de esquerdas no Estado español, poden utilizar o voto útil, votando desta vez a NARÓN POR DIANTE. Un voto realmente útil que vai servir como mensaxe claro ao PSOE, de que si incumpren o seu compromiso coa cidadanía o pagarán política e electoralmente nas Municipais e nas autonómicas.

Abeledo remarcou que NARÓN POR DIANTE é un espazo soberano, un proxecto propio de Narón, ao servizo das naronesas e naroneses.  Pero é moito máis porque formamos parte de SON EN COMÚN e imos ter voz tanto no Estado español, como na Xunta de Galicia, ou na Deputación.

Por iso NARÓN POR DIANTE - SON EN COMÚN é a garantía de que en Narón imos ter un goberno de cambio e progreso capaz de facer que Narón avance.

Somos unha organización que vai ABRINDO AS PORTAS a un futuro mellor para Narón.

👉Estamos na Rúa Vigo, número 20 , diante da Praza da Gándara, esta é a vosa casa, tedes as portas abertas.

#AbrindoAsPortasAoFuturo #AbrindoAsPortasAIlusion

https://www.facebook.com/naronpordiante/

https://twitter.com/naronpordiante




Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
12 de maio de 2019 15:53
12 de maio de 2019 16:51

___________

sábado, maio 11, 2019

Marea de Ferrol presentou o seu programa electoral aberto na mañá deste sábado 11 de maio - ...a participación cidadá, incluíndo a transparencia e democratización das institucións, a xeración de emprego, a defensa dos servizos públicos, a cooperación coas institucións e asociacións, as políticas feministas ou a sustentabilidade ambiental


PREVISIÓNS PARA O DOMINGO 12 DE MAIO

Detallamos a continuación a previsión de actividades de Marea de Ferrol para mañá domingo 12 de maio.

1.Realizaremos durante mañán e tarde, un reparto de propaganda polo Inferniño.

3. Ás 19:30 hh. teremos un encontro aberto coa veciñanza na Praza de Porta Nova.

4. Así mesmo, o noso local electoral (Rúa Dolores, 20) permanecerá aberto mañá e tarde -en horario de 10:00 a 14:00 hh. e de 17:30 a 19:30 hh.- como espazo de encontro e de conversa con todos os/as veciños/as que queiran achegarse.

MAREA DE FERROL PRESENTOU O SEU PROGRAMA ELECTORAL ABERTO


Hoxe sábado 11 de maio, ás 12.30 horas, Marea de Ferrol presentou o seu programa electoral tanto aos medios de comunicación como á veciñanza que se achegou ata o local electoral, sito na R/Dolores nº 20.

Lucía Vizoso, Bernardo Lorenzo e Bárbara Primo, compoñentes da candidatura veciñal que presenta Marea de Ferrol ás eleccións municipais do próximo 26 de maio, destacaron o carácter aberto deste programa, que foi elaborado nos últimos meses no seo da organización, mais está sendo contrastado coas diferentes aociacións, nomeadamente veciñais, coas que se leva reunindo nas últimas semanas.

Este programa electoral aberto, decorre por diversos ámbitos de traballo político, pero sempre atravesados polos eixos transversais que cimentan o noso proxecto político: a participación cidadá, incluíndo a transparencia e democratización das institucións, a xeración de emprego, a defensa dos servizos públicos, a cooperación coas institucións e asociacións, as políticas feministas ou a sustentabilidade ambiental. Todo isto, co obxectivo claro de incidir sobre o benestar das persoas, con especial atención ás máis vulnerables.

Durante a presentación, fíxose fincapé na necesidade de pensar a cidade a medio e longo prazo, e fuxir do curtopracismo no que as políticas desta cidade están instaladas. É fundamental para Marea de Ferrol comezar a establecer unha cultura da planificación e do diálogo coa sociedade para construír a cidade que queremos e facela avanzar. Queremos conformar un goberno de esquerdas a partir do día 26, en base aos elementos de acordo que nos poden unir con outras forzas políticas. A nosa pretensión é participar no cambio de rumbo das cousas, construír diálogo e traballar a carón da veciñanza na construción do futuro de Ferrol.

Así mesmo, Bernardo Lorenzo aclarou que Marea de Ferrol somos un proxecto político diferente a outros cos que se nos pretende asimilar. "Nós candidatámonos para ser unha emenda á totalidade a Ferrol en Común" -dixo-, "non somos parte dun espazo político compartido, somos un proxecto diferente, non temos nada que ver con Ferrol en Común, e moito menos temos que ver coas políticas profundamente conservadoras que estiveron levando a cabo nestes últimos catro anos. Doutras organizacións non é necesario dar explicacións sobre o que nos diferenza, pero aquí si queremos ser claras, porque ás veces se nos homologa, e non é así, pois daquela non existiríamos como candidatura".

O programa aberto de Marea de Ferrol estará accesible para a súa consulta, tanto por ámbitos de actuación como por eixos transversais, na súa páxina web www.mareadeferrol.gal

Achégase o programa xeral. | Acceder/Baixar.

Local: Rúa Dores, 20 Baixo.
Correo-e: mareadeferrol@gmail.com
http://mareadeferrol.gal/
https://twitter.com/FerrolMarea
https://facebook.com/mareadeferrol

Enviado por:
Marea de Ferrol
-mareadeferrol@gmail.com-
11 de maio de 2019 14:41
11 de maio de 2019 16:16

______________

O BNG de Ferrol reta ao PP a un partido de baloncesto para que coñeza a realidade do deporte base da cidade - Que mellor forma de facelo que a través dun encontro nas súas instalacións para que comproben o estado no que se atopan?


O BNG de Ferrol reta ao PP a un partido de baloncesto para que coñeza a realidade do deporte base da cidade. Que mellor forma de facelo que a través dun encontro nas súas instalacións para que comproben o estado no que se atopan?

O candidato á alcaldía, Iván Rivas, sostén que xa é hora de confrontar o modelo que avalan os populares en beneficio do deporte de elite co modelo do BNG baseado en fomentar o deporte de base.

Os nacionalistas invitan ao PP para que acuda mañá (Domingo 12 de maio) ás pistas do Inferniño ás 11:00 horas, con calquera das persoas que conforman a súa lista, sexan profesionais (ou exprofesionais) ou non.

Coas Ideas Claras
http://ideasclaras.bng.gal/

Ferrol | Web | Facebook | Twitter.
#AgoraGaliza
#AgoraBNG
#Agora Ferrol


Enviado por:

BNG Ferrol
-bngferrol@gmail.com-
11 de maio de 2019 15:12
____________

Mitín no Centro Cívico de Caranza de Ferrol en Común, Esquerda Unida de Mugardos, Xuntos por As Pontes, Narón por Diante, Son de Ares, coa participación de Antón Sánchez (Anova) e Eva Solla (EU) - Luns 13 de maio, ás 7 da tarde


Mitín no Centro Cívico de Caranza, coas candidaturas que se presentan nas comarcas baixo a coalición electoral Son en Común: Ferrol en Común, Esquerda Unida de Mugardos, Xuntos por As Pontes, Narón por Diante e Son de Ares, ademais vai contar coa participación do parlamentario galego de En Marea Antón Sánchez (Voceiro Nacional de Anova - Irmandade Nacionalista) e da parlamentaria galega, tamén de En Marea, Eva Solla (Cordenadora Nacional de Esquerda Unida). O acto vai ter lugar o vindeiro luns 13 de maio, ás 7 da tarde no Centro Cívico de Caranza,

➮ Ferrol en Común. | Web | Twitter | Facebook
➮ Esquerda Unida de Mugardos. | Web | Twitter | Facebook
➮ Xuntos por As Pontes. | Web | Twitter | Facebook
➮ Narón por Diante. | Web | Twitter | Facebook
➮ Son de Ares. | Web | Twitter | Facebook
➮ Anova IN. | Web | Twitter | Facebook 
➮ Esquerda Unida. | Web | Twitter | Facebook

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
11 de maio de 2019 17:00

__________

Previsión de Marea de Ferrol para hoxe sábado 11 de maio e dar conta das entrevistas mantidas coas asociación veciñal de Covas e a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN)


PREVISIÓNS


Detallamos a continuación a previsión de actividades de Marea de Ferrol para  mañán sábado 11 de maio.

1. Ás 12:30 hh. no noso Local electoral (Rúa Dolores, 20), presentaremos ante os medios de comunicación, o programa electoral.

2. Realizaremos durante mañán e tarde, un reparto de propaganda polo barrio de Esteiro e do Inferniño.

3. Ás 19:00 hh. teremos un encontro aberto coa veciñanza na Praza no Himno galego do barrio de Esteiro.

4. Asimesmo, o noso local electoral (Rúa Dolores, 20) permanecerá aberto mañán e tarde -en horario de 10:00 a 14:00 hh. e de 17:30 a 19:30 hh.- como espazo de encontro e de conversa con todos os/as veciños/as que queiran achegarse.

ENTREVISTA COA A. VV. DE COVAS


A candidatura veciñal da Marea de Ferrol tivo unha entrevista coa directiva da A.VV. de Covas. Ademáis de explicar as nosas propostas relacionadas co ámbito da “zona rural” e con aqueles servizos que o concello debe prestar ao conxunto do territorio, puidemos recoller as demandas e preocupacións máis latentes da parroquia, que nos foron entregadas nun exhaustivo dossier.

Entre as cuestións máis importantes, sin dúbida, a solución ao saneamento e a necesidade dun Plan de dinamización do barrio que atenda a aspectos da cultura, o turismo, a hostelería, as festas… dentro dunha perspectiva de futuro que aborde alternativas para fixar poboación.

Abordamos multitude de aspectos, de moi diversa índole, que funcionaron mal ou simplemente non funcionaron nestes últimos anos.

Asimesmo puidemos comprobar unha grande sintonía á hora de entender que o futuro do territorio pasa por abordar unha reflexión informada e participada co conxunto dos actores sociais implicados, e coa idea de planear obxectivos de futuro realistas e consensuados pola veciñanza.

ENTREVISTA COA SOCIEDADE GALEGA DE HISTORIA NATURAL

Tamén puidemos compartir conversa coa SGHN e coñecer a situación na que se encontra o Museo e, en xeral as instalacións da entidade en Canido. Soubemos das actividades en marcha e das diferentes problemáticas ás que se teñen que enfrontar ano tras ano, por mor da excepcionalidade da súa situación.

Neste sentido, avanzamos que a Marea de Ferrol defende a sinatura do Convenio con Defensa para, entre outras cousas, gañar un importante espazo verde e para completar e ampliar as instalacións do Museo.

Asimesmo, comunicámoslles a nosa intención de revisar e mellorar considerablemente as prestacións que reciben do concello, a través do Convenio de colaboración en vigor.

Entendemos que a importancia histórica desta sociedade en Ferrol, asi como a relevancia do Museo na cidade, ben merecen un trato porporcional por parte do concello.

Local: Rúa Dores, 20 Baixo.
Correo-e: mareadeferrol@gmail.com
http://mareadeferrol.gal/
https://twitter.com/FerrolMarea
https://facebook.com/mareadeferrol

Enviado por:
Marea de Ferrol
-mareadeferrol@gmail.com-
10 de maio de 2019 19:35
10 de maio de 2019 19:38

____________

Lídia Senra en Barcelona no primeiro día de campaña: 'Seguiremos loitando para que se garantan pensións públicas e dignas' - Programa de Compromiso por Europa



Lídia Senra: “Seguiremos loitando para que se garantan unhas pensións dignas a través dos orzamentos públicos”
. | A eurodeputada e candidata ás eleccións do 26 de maio viaxou hoxe a Barcelona para intervir na clausura da VI Asamblea da Marea Pensionista de Catalunya. | Marca como prioridade para o próximo mandato da UE botar abaixo o mercado europeo de pensións privadas e asegurar que ningunha persoa ao rematar a súa vida laboral entre na pobreza.

Viñémolo repetindo unha e outra vez neste mandato durante o debate no Parlamento Europeo do Produto Paneuropeo de Pensións Individuais (PEPP), ao que nos opuxemos totalmente co noso voto en contra. Non podemos admitir que as nosas pensións dependan da capacidade de aforro que teña cada persoa. Os sistemas de pensións públicos e as pensións dignas deben ser garantidas a través dos orzamentos públicos. Seguiremos traballando para botar abaixo o mercado europeo de pensións privadas e para que desde as institucións europeas se poñan instrumentos para que se garanta que ningunha persoa ao rematar a súa vida laboral entre na pobreza”. Así o asegurou esta tarde en Barcelona a eurodeputada Lídia Senra, candidata de En Marea: Compromiso por Europa ás eleccións europeas do próximo 26 de maio.

Despois de que a pasada noite fixera a primeira pegada de carteis en Lugo, Senra acudiu hoxe, no primeiro día da campaña electoral, a Barcelona, para participar na clausura na VI Asamblea da Marea Pensionista de Catalunya. Ante un auditorio totalmente cheo de público, a candidata galega ás eleccións europeas marcou como prioridade do próximo mandato europeo facer toda a presión para que a UE adopte políticas que combatan as causas polas que as pensións públicas son insuficientes a día de hoxe, empezando por botar abaixo as reformas laborais e de pensións impostas polas santo-sacras institucións neoliberais e capitalistas. “Necesitamos políticas públicas que garantan as pensións do futuro a todas as persoas, non solucións privadas para uns poucos”, defendeu.

Santiago, 10 de mayo de 2019.

Grazas pola difusión. Adxuntamos fotografías do acto

Oficina de Lídia Senra na Galiza
Tlf.: +34.698.144.067 / 698.120.268
Tlf.: +34.881.817.443

www.lidiasenra.gal

Enviado por:
Lidia Senra
-age.europa.galiza@gmail.com-
10 de maio de 2019 18:03

__________

⏩ Ao Parlamento Europeo con tres eixes básicos:

➤ Protexemos ás persoas.
➤ Protexemos a ecoloxía.
➤ Protexemos o territorio.

O Programa consúltao aquí:

http://bit.ly/Programa_CPE

En Marea
https://enmarea.gal/

Compromiso por Europa
@CompromisoEU

@compromis | @en_marea | @chunta | @mespermallorca | @PartCastellano | @izqandalucista | @Nueva_Canarias | @caballasceuta| @equo_iniciativa | @cpmelilla


En Marea traballará para impulsar unha Europa máis xusta, feminista, ecoloxista e centrada nas persoas. | Ir á Web.
____________

O comunicado do PCE (M-L) sobre os resultados das eleccións xerais do 28 de abril de 2019 - ... importantes sectores da esquerda política compartimos, malia a dispersión, un programa dirixido á ruptura co réxime monárquico e de loita contra o fascismo rampante


Comunicado

Cando o goberno de Pedro Sánchez convocaba estas eleccións, a vitoria da dereita e o acceso dunha forza fascista ao parlamento en Andalucía acababan de poñer en evidencia que o reformismo e o medo da esquerda institucional a enfrontar con claridade e decisión os moi graves problemas que afronta a maioría traballadora, a súa dispersión e falta de obxectivos verdadeiramente transformadores, abren o camiño ao fascismo. Como sinalaron a maioría dos analistas, foi precisamente a abstención dos sectores populares, fartos da incapacidade das forzas da esquerda institucionalizada, a que facilitou a vitoria da dereita.

Eran semanas nas que a alarma rendía entre os dirixentes de esquerda institucionalizada. Pouco se falaba das causas, menos aínda das alternativas para superar a situación. Eran momentos nos que a vitoria da dereita reaccionaria era máis que unha posibilidade. Unha dereita que se despacha sen límites, con propostas verdadeiramente cavernarias e franquistas e programas que propugnan abertamente recrudecer até o extremo a dominación de clase do gran capital. Malia iso, a dispersión da chamada esquerda do cambio seguía crecendo e a ambigüidade do goberno social liberal respecto de a ofensiva nacional joseantoniana da dereita cavernícola contra os dirixentes nacionalistas cataláns, alcanzaba cotas preocupantes.

Neste contexto, a finais de marzo, o Comité Central do noso Partido, chamou no seu comunicado a votar polas esquerdas. Eramos plenamente conscientes do limitado do traballo institucional e así o indicabamos no informe aprobado polo CC: "... As eleccións do próximo 28 de abril, non van cambiar nada substancial do panorama político. O que non quere dicir que nos sexa indiferente o seu resultado. A pesar do oportunismo duns e outros no campo da esquerda, é preciso evitar que a reacción aproveite a debilidade do campo popular para avanzar posicións".

Tratábase, como indicabamos no mesmo comunicado, de "gañar tempo para avanzar na acumulación de forzas, na mobilización e articulación organizativa dos máis amplos sectores da clase obreira e clases populares, na unidade da esquerda e na unidade popular con obxectivos rupturistas e republicanos, sen o cal non poder facer fronte eficazmente á reacción nin sentar as bases para eliminar os seus alicerces".

O resultado das eleccións xerais celebradas onte, pon en claro que a nosa decisión foi acertada. A dereita saíu desta cita dividida e debilitada, aínda que nin moito menos derrotada. A vitoria foi da nosa clase e os pobos de España, que deixaron meridianamente claro que a pesar do desánimo xerado polo reformismo, a súa disposición a combater o fascismo segue alta. Un só dato resume o carácter desta cita: a participación nas eleccións aumentou en máis de 2 millóns de persoas.

O afundimento da reacción en Cataluña e País Vasco, demostra ademais a xusteza política de quen defendemos o dereito á autodeterminación dos pobos até as súas últimas consecuencias á vez que propoñemos compartir xuntos a loita polos dereitos políticos e sociais da maioría traballadora, pola soberanía e a independencia do noso país fronte ao imperialismo.

Por todo iso, o PCE (m-l) valora positivamente o resultado electoral. Pero devandito isto, hai que engadir que sería un moi grave erro que a esquerda institucional considerase este como un cheque en branco para continuar aplicando as súas ambiguas e limitadas políticas. Pola contra, o resultado das eleccións incrementa aínda máis a responsabilidade dos dirixentes social liberais e ciudadanistas fronte ás clases populares. E iso deben telo particularmente claro os dirixentes de Unidas Podemos que perderon máis dun millón de votos e un 40% de escanos.

O PP, tras dúas lexislaturas nas que aplicou con man de ferro unha brutal política de recortes en todos os ámbitos sen unha oposición reseñábel por parte da esquerda institucional, todo hai que dicilo, é, con diferenza, o gran derrotado, coa perda de máis da metade dos seus escanos.

Queda por ver, unha vez máis, que fai a forza ganadora, o PSOE, e o futuro goberno. Si non avanza con resolución no cumprimento dos compromisos adquiridos que poden supoñer cambios reais na vida da xente, si mantén a ambigüidade actual fronte ás posicións reaccionarias en relación á cuestión nacional, si continúa a súa política de submisión en materia económica, política e militar respecto da UE e o imperialismo yanqui, si non para a privatización de servizos públicos e empeza a aplicar unha política de desenvolvemento industrial e económico controlado polo Estado fronte ao inmenso poder das grandes empresas e entidades financeiras que realmente controlan aínda os seus principais resortes "si a explotación inmisericorde de mozas, mulleres, inmigrantes e maiores continúa, que ninguén se estrañe de que abrirá a porta á besta fascista, que volverá lanzarse ao combate contra o campo popular.

Diciamos no noso comunicado sobre as eleccións: "na situación de crecente competencia interimperialista, e no medio dunha conxuntura económica que se agrava, a oligarquía vai poñer en xogo todos os seus instrumentos para soster -e endurecer canto sexa necesario- o réxime político, co fin de facer fronte ás súas necesidades de reestruturación económica nas condicións máis favorábeis aos seus intereses. E eses instrumentos, que dúbida cabo, inclúen formas e medidas que en pouco ou nada se diferencian do fascismo".

Por parte do social liberalismo e do ciudadanismo, até hoxe todo se limitou a unha mera política de xestos e palabras; ningún dos principais recortes impostos polas forzas que sosteñen o réxime do 78 (incluídos os impostos por gobernos social liberais) foi derrogado: nin as reformas laborais que expandiron o traballo pobre e precario e desprotexeron aos traballadores fronte ao patrón, nin as leis mordaza que limitan e penalizan o exercicio dos dereitos democráticos, nin aquelas normas, como o artigo 135 da Constitución, que suxeitan a nosa economía e o noso futuro ao interese das grandes corporacións nacionais e estranxeiras.

Quedan aínda as eleccións Municipais, Autonómicas e Europeas do próximo 26 de maio, pero que ninguén dubide de que as cuestións transcendentais que impón o réxime monárquico como límite da vida política e de cuxa superación depende a posibilidade de encarar o desenvolvemento dunha política social e de progreso, non se van a resolver só con boas palabras e chamamentos á paz social, ou accedendo a unhas institucións cuxa acción cada vez está máis limitada polas normas xerais do réxime, que condicionan de forma determinante a acción política.

Do PSOE, pouco cabe esperar: un partido suxeito a fortes tensións internas entre a súa dirección nacional e dirixentes territoriais ou baróns, cuxa posición en cuestións transcendentais apenas difire das da dereita reaccionaria, e comprometido activamente no sostén dun réxime, o monárquico, cuxas bases constitutivas impiden obxectivamente desenvolver políticas verdadeiramente progresistas.

Con todo, abundan os datos que apuntan ao crecemento en amplos sectores populares da fartura cun réxime que impide o desenvolvemento de políticas de progreso; crece tamén o apoio a unha ruptura con el que permita avanzar. Cada vez son máis quen opinan que é imprescindíbel avanzar cara á unidade popular en torno a programas de progreso.

E nesta tarefa colectiva, non é menor a responsabilidade, en primeiro lugar, pola súa presenza parlamentaria, de Unidas Podemos, e do conxunto da esquerda e, de modo particular, das forzas de clase. Para lograr a unidade popular fronte ao fascismo non vale escudarse nunha visión canónica e sectaria da política e considerar que unicamente é aceptábel o programa propio de cada forza.

Algo se avanzou: importantes sectores da esquerda política compartimos, malia a dispersión, un programa dirixido á ruptura co réxime monárquico e de loita contra o fascismo rampante.

O determinante nos meses futuros vai ser "avanzar na acumulación de forzas, na mobilización e articulación organizativa dos máis amplos sectores da clase obreira e clases populares, na unidade da esquerda e na unidade popular con obxectivos rupturistas e republicanos, sen o cal non poder facer fronte eficazmente á reacción nin sentar as bases para eliminar os seus alicerces".

O noso Partido fai un chamamento a todas as forzas de esquerda, populares e progresistas a implicarse decididamente nesta tarefa.

¡LOITA UNITARIA CONTRA A REACCIÓN E O FASCISMO!

¡POLA UNIDADE POPULAR!

¡POLA REPÚBLICA POPULAR E FEDERATIVA!

29 de abril de 2019

Secretariado do Comité Central

contacto@pceml.info


http://www.pceml.info/

facebook

twitte

Enviado por:
Fernando Ramos Armesto
-fernandoramosarmesto@gmail.com-
11 de maio de 2019 10:25
________

O BNG de Ferrol presentou a súa candidatura de cara aos vindeiros comicios municipais - Vídeo


O BNG de Ferrol presentou a súa candidatura de cara aos vindeiros comicios municipais


O BNG de Ferrol presentou hoxe a súa canditatura de cara aos comicios municipais que terán lugar o vindeiro 26 de maio. No acto, que tivo lugar no auditorio de Afundación ás 20:00 horas, interviron nove das persoas que compoñen a lista do BNG, como Xoán López Pérez, María Rivera Filgueiras ou Xan Carlos López.

Tamén tomou a palabra o candidato á alcaldía, Iván Rivas, que incidiu durante o seu discurso nas declaracións realizadas nos últimos días polo resto de grupos políticos que loitan pola alcaldía da cidade. O nacionalista fixo refencia, por exemplo, ás verbas do presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo. “A gran preocupación do presidente da Xunta é que Ferrol lle retirase o título de fillo adoptivo a un ministro franquista, e nos acusa de revanchismo. Pode ir a explicarlle o que significa revanchismo a todas as vítimas da ditadura”, afirmou.

Un PP que provocou xunto a FeC a maior desbandada de poboación da cidade nos últimos anos, 1.000 habitantes ao ano! E agora, despois de negarse a poñer coto á especulación (xunto ao PSOE e FeC), con propostas coma o aparcadoiro na praza de Armas para entregarllo a unha transnacional, fala de Ferrol como “ciudad de compras”. “Porque non lles chegou con denunciar ao BNG polas bandeirolas que colocan os nosos e nosas militantes (non empresas contratadas por un partido financiado con caixas B) que decidiron arrincalas eles”, apuntou Rivas.

O nacionalista fixo fincapé ademais nas constantes referencias do candidato socialista, Ángel Mato, ao consenso. “Pretende combater ao leviatán sen escrúpulos do PP con consenso. Por que será? (...) Non se entende falar de diálogo cando se pretende impoñer un convenio como o de Defensa que unicamente ten afán especulativo”, afirmou Rivas en relación á pretensión de construír 460 vivendas novas e un centro comercial no Sánchez Aguilera.

O voceiro do BNG de Ferrol afeou ademais a actitude de FeC esixindo a recuperación do edificio da vella Autoridade Portuaria. “Podía comezar por cobrarlle os impostos e taxas municipais que pagamos os demais. 0,7 M de euros ao ano que non pagan porque ninguén llo reclama; ou comezar tamén pola taxa de saneamento que aprobou co PP para rescatar EMAFESA”, indicou.

Rivas tivo verbas ademais de agradecemento ás persoas que o acompañan na lista coa que loitará pola alcaldía da cidade. “Estou rodeado de homes e mulleres libres, que deciden, que toman partido (...) eles son a vosa voz, a voz dos esquecidos”, indicou, interpelando aos presentes a que decidan que prefiren a partir do próximo 26 de maio. “Vivir nunha cidade chea de etiquetas. Onde nos din marque vostede a casilla, branco ou negro, vermello ou azul, dereitas ou esquerdas, un mundo ficticio creado na procura do escravo; ou vivir nunha cidade de persoas libres. Porque liberdade é dicir que non me da a gana de aceptar esta situación, porque sei que outra realidade é posible”, sentenciou.

Ferrol, 10 de maio, de 2019


https://youtu.be/cpOAISk5m8o

CANDIDATURA DO BNG FERROL MUNICIPAIS 2019


01 Iván Rivas Rico, Arquitecto, actual portavoz municipal
02 María do Mar López González, licenciada en Filoloxia Galego-Portuguesa e Mestrada en Patrimonio Cultural pola UDC
03 Roberto Montero Castrillón; Responsábel Local do BNG, delegado sindical na Industria auxiliar
04 Ana María Vérez Gómez, Administrativa
05 Xan Carlos López Pereira, Autónomo ligado ao mundo da hostalería
06 Antonia Martínez Díaz; Mestra, Secretaria Comarcal da CIG ensino
07 Santiago Moreda Pérez; autónomo, Membro da Directiva da A.V. de Canido
08 Maria Riveira Filgueiras, Presidenta da A.V.V. De Santa Mariña
09 Xoan Padín Hermida, mestre e músico
10 Maria Yañez Gato, Bibliotecaria na UDC
11 Xoan López Pérez, Funcionario da Xunta de Galiza,
12 Remedios Moreira Vales, Xubilada
13 Ramón Fernández Alfonzo, Secretario de Organización da CIG Ferrolterra
14 Rita Lazare Fouce, traballadora do CAMF
15 Celso Posada Fernández, Mestre e activista social
16 Ana López Pereira, empregada
17 Roberto López Suárez, mecánico, Delegado sindical na industria auxiliar de Navantia
18 Laura Maroto Lourido, autónoma
19 Jorge M. Deza Rey, Psicólogo, Historiador do Fútbol e do Racing de Ferrol
20 Tania Rei, empregada, membro da A.V.V. de Mandiá
21 Antonio Rendal Seoane, camareiro
22 Josefa Bra Fernández, Secretaria da A.V.V, de Brión
23 Jose Ramón López Carreira, Tesoureiro da A.V.V. de Santa Mariña
24 Luisa Sánchez Meizoso, bióloga
25 Xose Antón Múñiz Tenreiro, Presidente da Delegación Local de ADEGA
S1 David Galdo Canido, delegado sindical no metal
S2 Celsa Garcia Pérez, profesora xubilada
S3 F. Borxa Gonzalez Tenreiro, tradutor

Coas Ideas Claras
http://ideasclaras.bng.gal/

Ferrol | Web | Facebook | Twitter.
#AgoraGaliza
#AgoraBNG
#Agora Ferrol


Enviado por:
BNG Ferrol
-bngferrol@gmail.com-
10 de maio de 2019 18:08

________________

Eliximos Narón fixo o seu primeiro mitin de campaña na Gándara e hoxe pola mañá estará en Sedes


Eliximos Narón fixo o seu primeiro mitin de campaña na Gándara e hoxe pola mañá estará en Sedes.

Eliximos quere agradecer a asistencia de onte ao primeiro acto de campaña na Gándara para escoitar as propostas do programa de Eliximos e recoller as inquietudes da veciñanza.

Hoxe sábado as 11:30 da maña estaremos no local social de Sedes e animamos á veciñanza a participar no acto.

Eliximos Narón
(Recortes Cero – Grupo Verde)

673141822 - eliximos@gmail.com
Narón, moito  por facer
...fagámolo, xuntos podemos.
Web  |  TwitterFacebook


Enviado por:
ENE Eliximos Narón Electores
-eliximos@gmail.com-
11 de maio de 2019 01:21

_____________

venres, maio 10, 2019

Acto poetico-musical para reivindicar a reparación do Centro Cultural Carvalho Calero do Inferniño (Ferrol) - Hoxe venres 10 de maio ás 6 da tarde


Acto poetico-musical para reivindicar a reparación do Centro Cultural Carvalho Calero do Inferniño.

Venres, 10 de maio, ás 18:00hs. diante do centro Cultural.

Centro Cultural Carvalho Calero. | Ir App.

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
10 de maio de 2019 17:49
_________________