luns, decembro 19, 2011

Pesame pola morte de Sely (José Luis Estévez Barros), que era o Patrón Maior da Cofradía de Pescadores de Ferrol desde o 13 de xuño de 2009


Sely (José Luis Estévez Barros), naceu en Narón en 1964. Mariscador. Viciño de Chamorro, Serantes, Ferrol.

Foi Patrón Maior da Cofradía de Pescadores de Ferrol desde o 13 de xuño de 2009 até que morreu 18 de decembro de 2011. Membro polo sector pesqueiro na Autoridade Portuaria e un dos denunciantes ante a Comisión do Medio Ambiente do Parlamento Europeo, da contaminación da Ría de Ferrol, demandando solucións, o seu saneamento e limpeza.

Sely era un do mariscadores dos nove procesados no caso do peche da ría aos gaseiros que querían entrar cargados para Reganosa en 2007.  Mais Seli faleceu antes de se celebrar o xuízo. Acusaban-nos duns supostos delitos de desobediencia grave e coaccións.

A Sely e aos seus compañeiros mariscadores se lles responsabilizaba de desobedecer as instrucións da Capitanía Marítima e da Garda Civil de deixar libre canle de entrada da Ría que cortaba o paso ao LNG Galicia Spirit, o primeiro gaseiro que se dirixía ao pantalán de Punta Promontoiro, en Mugardos, para descargar en Reganosa o 7 de maio de 2007. Pasaron dous días até que ao final protexido pola Guardi Civil por mar e a Policía Nacional por terra, puido entrar e descargar na planta regasificadora.

Mais os mariscadores, mariscadoras e o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, volveron á carga de novo o día 29 do mesmo mes de maio que estaba programada a entrada doutro buque, o LNG Mourad Didouche, ao que tamén se intentou parar. Mais xa a intervención policial impediu o corte da Ría coas lanchas ao ocupar os peiraos e non deixar que a xente do mar puidera chegar ás lanchas.

O Comité Cidadán e a xente do mar, ían da man na defensa da Ría, a Vida e o Sector Marisqueiro, fronte o despropósito gasista de Reganosa, que localizou a Planta de Gas no mesmo corazón da Ría, por intereses especulativos, acompañados de corrupción política e económica.

Grazas Sely polo teu compromiso coa Ría e coa Xente do Mar.
_______________

Os próximos 26 e 30 de Xaneiro, nove mariscadores van ser xulgados polos feitos acaecidos en Maio de 2007, cando a mobilización organizada polo CCE, acadou a paralización da entrada ilegal do primeiro gaseiro, Galicia Spirit, cargado con GNL na nosa Ría

Defender o Emprego.
Defender os Mariscadores e Mariscadoras.
Salvar a Ría.

Os próximos 26 e 30 de Xaneiro, nove mariscadores van ser xulgados polos feitos acaecidos en Maio de 2007, cando a mobilización organizada polo CCE, acadou a paralización da entrada ilegal do primeiro gaseiro cargado con GNL na nosa Ría.

Nas últimas décadas a Ría de Ferrol veuse sometida a un proceso de deterioro como nunca (recheos, asentamento de industrias nocivas, verquidos etc etc.). Unha degradación consentida, cando non promovida polas administracións públicas. A Xunta de Galicia, presidida por Fraga, durante 16 años e contando con inxentes recursos procedentes dos Fondos Europeos, non inverteu nin un só euro na Ría. Houbo que esperar ata a Xunta do bipartito para que se aprobara e puxera en marcha a depuración integral da Ría, aínda inconclusa.

O resultado desta inacción foi a desaparición de bancos marisqueiros e da pesca. Hai especies case desaparecidas (zamburiña, longueirón); redución das extraccións de especies como ameixa, berberecho etc , ou a imposibilidade da extracción doutras, como a vieira, polo grao de toxicidade. A paulatina morte da vida da Ría leva aparellada a destrución de emprego; merma dos ingresos das mariscadoras e mariscadores, ou o abandono de moitos deles ao non poder garantir uns ingresos mínimos que lles permita soster ás súas familias.

A posta en marcha do Porto Exterior, unha infraestrutura de gran impacto medioambiental, xustificouse para albergar os tráficos nocivos e perigosos (Planta de gas, carbón, chatarra), de tal xeito que os grandes buques cargados evitaran a entrada na Ría, dado os riscos da canle, e para liberar espazos internos para outros usos máis compatibles (marisqueo, ocio, deporte, turismo).


A relocalización ilegal da Planta de gas no interior da Ría, racha coa estratexia de liberación dos espazos interiores e rexeneración da mesma, e non só entraña riscos para a vida de miles de persoas, senón que a maiores, engade novos impactos, como é a esterilización diaria de centos de miles de toneladas de auga da Ría, que volven á mesma cun salto térmico de – 6º C.

A pesares do fracaso económico da Planta de gas - a súa produción non acada o 40%-, os donos de Reganosa publicitan a apertura de “novos negocios” (especular no mercado internacional desta materia enerxética) e promoven a súa ampliación (inflar a burbulla enerxética), xeito de seguir estafando á cidadanía, monopolizar o uso da Ría e incrementar as agresións medioambientais ao ecosistema.


Tampouco cansan de facer publicidade, aínda que sexa enganosa, dicindo que o gas chegou a Galicia da man de Reganosa, como se non houbese antes gasodutos como o de Tui, agora pechado para favorecer este negocio que nos sae tan caro á cidadanía. Tampouco lles doen prendas espallando a idea de que co tráfico de gaseiros aumenta a carga de traballo en reparacións nos estaleiros, cando dos 106 gaseiros que levan entrado, ata a data da edición deste boletín, só 3 quedaron a reparar en dique.

Namentres se suceden as novas agresións á Ría (dragado da canle zona LIC), cambio das normas de navegabilidade para permitir a entrada aos gaseiros -de máis volume- cargados con gas..., a depuración integral se retrasa, non só iso, senón que, unha vez rematada, non hai seguridade de que Reganosa, xunto a outras prácticas industriais na nosa Ría, non a sigan poñendo en perigo.

Nestes momentos a Xunta de Galicia e a Autoridade Portuaria son as dúas administracións, en mans do PP, máis comprometidas cos intereses de Reganosa. Non é casual. O que acontece na Ría de Ferrol segue o guión do libro publicado en 1997 “Elementos para unha ordenación integral dos usos do medio litoral de Galicia”, prologado polo entón Conselleiro de Pesca, Amancio Landín (PP). Nel recóllese a idea de sacrificar a Ria de Ferrol, concentrando nela as industrias das cales a súa viabilidade, implique unha certa degradación ambiental, (inclusive unha celulosa etc).

Os mariscadores e mariscadoras, vítimas directas das políticas destrutivas da Ría, vense na obriga de mobilizarse periodicamente na defensa do seu posto de traballo, dos recursos naturais da Ria. Un colectivo que sofre coa entrada de cada gaseiro cargado con LNG a merma no seu horario de actividade. Ten dereito, polo tanto, como calquera outro colectivo, a defender o seu medio de vida.

Os próximos 26 e 30 de Xaneiro, nove mariscadores van ser xulgados polos feitos acaecidos en Maio de 2007, cando a mobilización organizada polo CCE, acadou a paralización da entrada ilegal do primeiro gaseiro cargado con GNL na nosa Ría.

Todos sabemos, directamente os que participamos, ou través dos medios de comunicación os que non, que nesas manifestacións en contra da entrada ilegal dos primeiros gaseiros, estiveron presentes centos de persoas. Agora queren concentrar toda a responsabilidade en tan só 9 persoas. A estratexia da Fiscalía, rebaixando o número de imputados primeiro a 60, logo de desestimar a autoinculpación dos membros do CCE, e despois a 9, pretende diluír a causa real do conflito: a planta de gas de Reganosa. Preténdese converter nun simple acto vandálico, a defensa da vida de todos os habitantes da Ría e a defensa do medio de vida de centos de persoas. Isto semella ter, a ollos da Fiscalía, un escaso valor fronte aos intereses económicos duns poucos: o Grupo Tojeiro e resto de socios de Reganosa. A Fiscalía, lonxe de buscar a legalidade e a xustiza, quere que o xuízo pase desapercibido, só persegue escarmentar ao colectivo dos mariscadores, pois constitúen un obstáculo que se interpón co interese de Reganosa, que non é outro que dispor da Ria ao seu antollo, para a súa actividade ilegal.

A pesares do actual deterioro, a Ria é recuperable, ten un enorme potencial na creación de postos de traballo, pero é necesario o cambio do modelo actual por outro sustentable, baseado nos usos compatibles co medio: marisco, pesca, turismo, deporte, etc.

A defensa da Ria de Ferrol, non só compete aos mariscadores e mariscadoras. O conxunto dos cidadáns e cidadás, témola que defender. É inaceptábel a persecución dos mariscadores pois son vítimas dunha situación, cuxos responsables seguen actuando con total impunidade.

O CCE chama á cidadanía a expresar a súa solidariedade co colectivo dos mariscadores, na defensa do emprego, na defensa da Ria e da súa recuperación, acompañando aos 9 mariscadores, os próximos 26 e 30 de Xaneiro diante dos xulgados de Ferrol.

Decembro, Xaneiro 2011/2012

Todos e Todas Paramos o Galicia Spirit !
Planta de Gas Fora da Ría !

www.comitecidadan.org
comitecidadan@gmail.com

_______________

Simulacro, ... Por Xoán Rubia

Por Xoán Rubia [*]
19.12.2011

Coma vostedes saberán, dende sempre mantiven unha opinión belixerante respecto da localización dunha planta de gas preto do núcleo de poboación onde vivo. A miña oposición non foi nin moito menos caprichosa, senón baseada noutras procedentes de voces autorizadas, cando menos tanto como as que dende o principio promulgaron a súa inocuidade. Non obstante un illado parecer non ten maior importancia se este non vai seguido doutros na mesma dirección e a verdade foi que o gas e demais produtos enerxéticos inflamables están aí porque así o decidiron aqueles que tiñan facultade para facelo: os políticos de quenda que non tiveron en conta a opinión dunha parte da poboación que, polo que se viu, semellou feble diante dunha grande maioría silenciosa. Xa é sabido que “quen cala outorga” e nesas estamos.

Non pretendo, lástima fora, erixirme en portavoz de nada e de ninguén, pero estou seguro de que case tódolos que estivemos no seu momento en contra da presenza dunha industria destas características pegada as nosas casas nunca puxemos en cuestión a necesidade estratéxica do gas coma importante elemento enerxético, nin discutímo-los beneficios que reporta para o desenvolvemento económico do noso país. Ata aquí non hai discusión. So cuestionamos a súa localización baseándonos nos posibles factores de risco que unha industria así podería reportar á poboación próxima a súa área de influenza. Nin máis nin menos. Apostabamos pola premisa da seguridade diante dos beneficios a calquera prezo.

Aqueles que viron nesta industria a táboa de salvación para un pobo coma Mugardos que sofre, coma os do resto da comarca, a lacra da destrución de postos de traballo e xa que logo un elevado índice de desemprego, a recibiron cos brazos abertos. Obviaron os posibles riscos en aras da alternativa dunha importante oferta de emprego que suporía un avance substancial na mellora do nivel de vida dunha parte relevante da poboación.

Ao día de hoxe, vostedes dirán se eses degoros cumpríronse ou non.

Certo perigo semella que flota no ambiente cando anúnciase un simulacro co gallo de ca xente estea alerta perante calquera eventualidade non de-sexable que se produza dentro do recinto empresarial. Bombeiros, Protección Civil, Policía Local, 061 e demais persoal sanitario atentos para actuar se as cousas non van ben. Certo que se avisou á xente de que este operativo non vai afectar ó desenvolvemento das súas actividades cotiás xa que neste caso so se trata dunha simulación. Diante de todo isto cabe pensar que aqueles que manifestamos no seu momento a nosa preocupación polo risco potencial que supuña ter miles de metros cúbicos de gas preto do núcleo de poboación estabamos no certo. Cando o simulacro transcende dos propios lindes da empresa e afecta á xente que nada ten que ver con ela, a cousa da que pensar. Aquelas recomendacións de se meter na casa cando soen as sinais acústicas, sintonizar a RGA ou RNE para segui-las instrucións, non prende-las luces, nin os mixtos, non fumar, pecha-las fiestras e esperar aí ata que pase o perigo, non as saco da chistera, están nos manuais de emerxencias e nas hemerotecas e posiblemente, andando o tempo, serán argumento de próximos simulacros.

Hoxe, cando escribo isto, ía se-lo día pero o operativo anulouse pola ameaza de temporal, un temporal que xa se nota aí fora cun vento que zoa con grande forza acompañado dunha chuvia torrencial. Isto non é unha simulación; é real e a xente corre para se poñer a bo recado, tanto que xa nin se ve un alma pola rúa. Observando a furia con que arremete o vento e a auga pensei no difícil que é evita-los desastres naturais (tempestades, terremotos, erupcións volcánicas, etc.) e ao tempo reflexionei sobre o fácil que sería controlar aquelas que pode provoca-lo ser humano. Oxalá que este simulacro e os que veñan, polo ben de todos, se queden neso: en simulacros. Si.

Publicado este Domingo, 18 de Decembro de 2011 no Diario de Ferrol.

[*] Xoán Rubia Alejos -Mugardos 1947, é escritor e artista galego.

A súa famosa canción "Fala pobo", de 1978 sería empregada como parte da banda sonora do conxunto de curtametraxes Hai que botalos,


_____________________

Exipto: Tres días de inferno na Praza Tahrir de El-Cairo - A contrarrevolución toma posicións e os militares ven xustificada a represión nos resultados electorais - Aviso vídeos moi duros

Forzas militares deteendo manifestante no predio da Oficina, El-Cairo, 16  de Decembro de 2011. Forzas militares e persoas non identificadas atacaron un sit-in fronte ao edificio do Consello de Ministros na madrugada, que deu comezo a unha agresión máis brutal que polo de agora deixou máis de 10 persoas mortas e centenas de feridas - Foto de Mohamed El Shamy.

A brutal represión dos manifestantes exipcios é un intento da xunta militar para desfacerse das forzas da revolución. Aproveitando o silencio da maioría das forzas políticas que participan nun contestado singular proceso electoral, e coa complicidade destas forzas coa xunta militar, especialmente os islamitas dos Irmáns Musulmáns que teñen moito que gañar en toda esta nova situación. Todo baixo a complicidade e visto bon de Washington.

Hai poucos dias que o novo goberno do primeiro ministro Kamal el-Ganzuri asumiu o cargo en Exipto, foi o pasado 07 de decembro. Ganzuri prestou xuramento ante o mariscal Hussein Tantaui, xefe de Estado de feito dende a caída de Hosni Mubarak, en febreiro. Ao pouco xa un número de membros do Consello Asesor presentara a súa renuncia o sábado para protestar contra a violencia exercida polas forzas policiais e militares contra os manifestantes cando estaban nas inmediacións do edificio do Consello de Ministros.

O Consello Supremo das Forzas Armadas, como era de agardar non quere vestixios da revolución de xaneiro, polo que hai tempo que encetou a contrarrevolución, fortalecendo o sistema con "cambios" que non cambian nada e seguen mantendo os privilexios dos de sempre, poñendo fora da lei a quen denuncia a contrarrevolución na rúa.

Por terceiro día consecutivo @s manifestantes da praza Tahrir foron atacados polas tropas policiais, producindo centenares de feridos e probabelmente máis de 10 persoas mortas. Mesmo arrasaron os hospitais das acampadas secuestrando médicos e feridos, até agora desaparecidos. Moitos feridos que retiraban as forzas policiais non aparecen en ningún hospital oficial.

Revelou Mohammed Mustafa, "que dos hospitais das acampadas, hai un gran número de casos de desaparecidos entre os médicos activos nestes hospitais, despois que a policía militar e o exército irromperon nos mesmos, e realizaran a detención de médicos e pacientes que estaban no seu interior interior"... "Numerosos activistas en Twitter denuncian casos de desaparición entre pacientes e médicos, aproximadamente 20 persoas até agora" ... Como noticia que se difundiu sobre a desaparición de tres das persoas con feridas de bala despois do seu trasladado en ambulancia aos hospitais.

Hai moitos vídeos das brutais intervencións das forzas comandadas polo Consello Supremo das Forzas Armadas, mais estes están sendo retirados do Youtube baixo a escusa de ser denunciados, mais continuamente hai persoas que os volven a subir, polo que os enlaces poden quedar anulados, mais os vídeos seguen-se subindo á rede


http://youtu.be/4iboFV-yeTE

http://youtu.be/kBKcFEjHVIc


Fontes:
http://www.saidatv.tv/
http://www.almasryalyoum.com/

Máis vídeos:
http://www.youtube.com/user/saedsalem?feature=watch
_____________________

venres, decembro 16, 2011

Tenacidade, ... Por Amadeo Varela

Por Amadeo Varela [*]
24.10.2011


Xa pasaron máis de dez anos, e o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, segue na súa loita de denunciar a ilegalidade da planta de gas de Reganosa, instalada no interior da ría, no concello de Mugardos. Desde entón, cada vez que un vello gaseiro aboca a entrada da nosa ría, o Comité convoca aos cidadáns nunha nova protesta con concentracións que varían en número de asistentes dependendo das circunstancias persoais daqueles que normalmente acoden á súa chamada para expresar a súa preocupación, polo perigo que supón a posibilidade dun accidente na citada planta ou nalgún dos buques cargados con tan perigosa mercadoría, cando encetan a difícil manobra de entrada.

A insistencia do Comité está lexitimada non só polo razoable da súa protesta, senón por senllos ditames do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que confirmou a ilegalidade da citada planta, se ben estes foron recorridos polos responsables da regasificadora, quedando agora pendente da decisión das Superiores Instancias.

Coido que semellante tenacidade é unha proba irrefutable da seguridade que esas persoas teñen da razón da súa protesta e da fe nun fallo xudicial definitivo, que libere aos cidadáns desa latente ameaza, obrigando a Reganosa a cambiar o seu emprazamento. Esa era a fe e a esperanza do Xeneral Gabeiras primeiro e de Carmelo Teixeiro, despois, na súa loita como coordinadores do Comité. Eran dous homes bos e xenerosos, que xa se foron, pero que deixaron marcada a estratexia desta carreira de fondo: esixir, insistir e resistir. Porque como alguén dixo, resistir é vencer. Eles sabían que loitaban contra poderosos intereses económicos e contra o silencio cómplice de certos medios de comunicación e dos partidos políticos maioritarios deste país, pero nunca cederon, porque estaban convencidos de que, aínda que tarde, a Xustiza ía lles dar a razón, porque de non ser así, o Estado Español perdería totalmente a súa cualificación como Estado de Dereito.

Proximamente van ser xulgados en Ferrol varios dos mariscadores que, coas manobras das súas embarcacións impediron a entrada na ría do primeiro gaseiro cargado. Dadas as circunstancias, o que parece máis razoable é que todos eles saian en liberdade sen cargos, pois de non ser así, e de producirse posteriormente a sentencia de ilegalidade de Reganosa, poderiamos atoparnos na esperpéntica situación duns homes castigados por defender a Xustiza.

[*] Amadeo Varela Rodríguez -Ferrol 1936, foi traballador de BAZAN, é o autor de "Recordos do vello Racing" publicado no 2000, "Bazan e Ferrol - Unha simbioses perfecta?" (a historia dunha época, "... detrás de cada barco que nace, hai moitas horas de esforzo. Nesa tarefa, miles de traballadores foron gastando a súa saúde e a súa vida".) publicado no 2003 e coautor de "Retallos da Memoria II" ("Memorias de neno" sobre a súa vida de pequeno nunha familia republicana perseguida), publicado no 2009. Autor de numerosas cartas e artigos na prensa local. Autor de sitios na rede sobre Ferrol. Cofundador da Asociación San Fernando para defender o Patrimonio Histórico do barrio ferrolán de Recimil contra a súa pretendida demolición, membro do Colectivo Recimil co que promoveu a Plataforma Ártabra 21 e a Plataforma en Defensa dos Espazos Públicos. Na actualidade forma parte do Colectivo Ártabra 21.
______________________

xoves, decembro 15, 2011

Caso Reganosa: "No caso de accidente non hai Plan de Emerxencia que evite unha Traxedia"

No caso de accidente non hai Plan de Emerxencia que evite unha Traxedia

Cunha nota informativa, a Xunta de Galicia pretende transmitir á veciñanza “tranquilidade” ante o primeiro simulacro de accidente, que se vai realizar o venres 16 de decembro, CATRO ANOS DESPOIS! da entrada en funcionamento de Reganosa. Sabendo ademais, que ningún plan de emerxencia pode protexer ás persoas desta comarca da ameaza que supón a Planta de gas.

Cal foi a actuación de Reganosa e dos organismos públicos, dende a súa entrada en funcionamento?

Reganosa incumpre sistematicamente a legalidade. O Plan de Emerxencia tiña que revisarse cada tres anos. Pero hai máis exemplos disto.

Na noite do 19 ao 20 de abril de 2010 produciuse un incendio no complexo petroquímico de Forestal a 150 m da Planta. Acudiron os bombeiros de Ferrol para sufocalo. O incendio, producíase ao mesmo tempo que o gaseiro Madrid Spirit procedía á descarga de 58.000 Ton de GNL. As condicións de baixamar e noite, impediron ao gaseiro saír da Ria. Non se activou o Plan de Emerxencia, ningún organismo público (Dirección Xeral de Protección Civil, Concello etc.) alertou á poboación.

A raíz deste incidente, na reunión mantida co Director Xeral de Protección Civil en xuño de 2010, afirmou que non era competente no relativo ao tráfico de gaseiros cargados con gas natural licuado. Requiriuselle entón a documentación sobre a súa actuación neste incidente, e até o momento non lle foi entregada.

Cal é a capacidade letal de Reganosa?

A planta de gas de Reganosa almacena 150.000 Tons. de gas natural licuado (GNL), un valor enerxético equivalente a 120 bombas atómicas como as lanzadas polo goberno norteamericano sobre Hiroshima, situada a carón do complexo petroquímico -Forestal del Atlántico- que alberga 283.000 m³ de combustibles e sustancias químicas.

Doutra banda, os buques gaseiros que subministran á planta, teñen que transitar pola Ría, o que implica unha altísima probabilidade de que, en caso de emerxencia, o gaseiro quede encerrado no seu interior como nunha ratoeira, ameazando coa súa carga á poboación de Ferrolterra.

O pasado 21 de Novembro, o gaseiro “Arctic Princess” quedaba á deriva fronte as nosas costas. ¿Que sucedería si esta circunstancia se dera co gaseiro cargado e dentro da Ria?. O Plan de Emerxencia Exterior de Reganosa, tampouco contempla como risco os derivados da navegación de gaseiros cargados dentro da Ría.

Cales son as distancias aos núcleos de poboación?

Ao redor da planta, nun radio de 2000 m, viven 7000 persoas. As vivendas máis próximas, que pertencen ao núcleo de Mehá, están a uns 100 m da mesma. Neste núcleo viven 400 persoas. A distancia ao casco urbano de Mugardos é de 900 m, ao Arsenal militar 1200 m, ao centro urbano de Ferrol 1600 m.


Cales foron os perímetros de seguridade establecidos en recentes accidentes de gas?


Debemos lembrar que a explosión nos Alfaques, dun camión-cisterna cargado con tan só 25 Tons de gas, ocorrido o 11/07/1978, provocou 243 mortos.

Cales son as distancias establecidas no Plan de Emerxencia de Reganosa e noutras plantas similares?

O Plan de Emerxencia Exterior de Reganosa establece unha zona de intervención de tan só 173 m, zona de alerta 213 m, no caso máis desfavorábel. Estas distancias son notablemente inferiores ás obtidas nunha instalación similar como é a planta de Bilbao cuns valores de 1.467 m para zona de intervención e de 3.049 m para a zona de alerta.

A modo de exemplo, a propia Protección Civil na web da Xunta de Galicia aconsella utilizar a guía informática CANUTEC EGO 2008 que, para un verquido de gas natural licuado NIP 1972, recomenda considerar unha evacuación xeral ata unha distancia mínima de 800 m. Distancia que amplía a 1.600 m si se trata dun incendio nun tanque ou cisterna.

Alguén se pode crer que coas distancias de alerta e intervención do Plan de Emerxencia Exterior de Reganosa, inferiores aos casos anteriormente descritos, a cidadanía queda protexida?

Evidentemente que non, o Plan de Emerxencia Exterior de Reganosa é un plan á medida para que a instalación aparentemente encaixe no espazo dispoñible en Punta Promontoiro, pero totalmente inútil e inservíbel para a poboación en caso de explosión ou fuga de gas.

Que cumpre facer, para evitar unha traxedia?

Hoxe pode constatarse que como proxecto económico, Reganosa resultou un fracaso. A produción non supera o 40%, un custe de sesenta millóns de euros anuais que pagamos a cidadanía a través das tarifas de gas e da electricidade. Non hai motivo algún que poida xustificar manter operativa unha planta de gas, que supón, ademais dunha ameaza para a poboación, un alto custe medioambiental, económico e social.

Polo tanto non cabe outra que o peche da actividade da planta de Reganosa e a apertura do subministro de gas a Galicia por gasoduto, tal como viña sucedendo ata o 2007, pois teñen a capacidade suficiente para subministrar gas, tanto aos ciclos combinados como para consumo industrial e doméstico.

¡Planta de Gas fora da Ría!

15 de Decembro de 2011

PLATAFORMA DE VECIÑOS CRUCEIRO DE MEHA (MUGARDOS)
__________________

A Asociación Galega contra o Maltrato ao Menor insta aos Xulgados de Ferrol e As Palmas a que tomen medidas urxentes no caso do buque Lafayette arribado no porto das Palmas desde o 2 de decembro

AGAMME INSTA Á XUSTIZA A QUE RESOLVA O CASO DO BUQUE LAFAYETTE

A Asociación Galega contra o Maltrato ao Menor insta aos Xulgados de Ferrol e As Palmas a que tomen medidas urxentes no caso do buque Lafayette arribado no porto das Palmas desde o 2 de decembro, xa que a día de hoxe non se recibíu ningún tipo de notificación dos pasos levados a cabo polos respectivos xulgados ás partes denunciantes.

As denuncias interpostas céntranse en tres puntos moi importantes para resolver o caso: o requisamento e visualización das gravacións das cámaras de seguridade de Navantia Fene donde estivo máis de un mes, a contrastación da tripulación (rol do barco) que saíu da ria de Ferrol coa que arribou ás Palmas, e por último que se realice un exaustivo rexistro do buque para recabar probas.

Ferrol, 13 decembro 2011

Blogue de interese:
O Caso do Buque "Lafayette" - Un suposto delito de explotación infantil
- Novembro/Decembro de 2011-
http://caso-buque-lafayette.blogspot.com/

Enviado por:
Lupe Ces
-lupeces@gmail.com-
13 de dezembro de 2011 23:56
http://lupeces.blogspot.com/
_______________

Apresentaçom do livro 'Teoria de Inverno. Os presentes do Apalpador' na Fundaçom Artábria a próxima sexta-feira, 16 de dezembro

Na próxima sexta-feira, 16 de dezembro, apresentará-se no nosso local social o livro "Teoria de Inverno. Os presentes do Apalpador" editado pola Associaçom Cultural A Gentalha do Pichel. A autoria do livro é coletiva e conta com a participaçom de Jorge Paços, Andre Pena, Pepe Arias, Maria Iglesias, José André Lôpez, Andre Seoane, Mar Llinares, Carlos Calvo, Anjo Rua Nova e Jose Cadaveira.

Na apresentaçom, que começará às 20.30h, e na contaremos com a presença de vários membros da Comissom de Memória Histórica da Gentalha do Pichel projectarám-se também entrevistas a gente das montanhas galegas falando desta tradiçom.

Da Fundaçom Artábria queremos parabenizar aos nossos e as nossas irmás da Gentalha do Pichel por este grande trabalho divulgativo que ajudará a conhecer um pouco mais as nossas tradiçons e concretamente a figura do Apalpador.
--
Sítio webda Fundaçom Artábria
http://www.artabria.net
Sítio web do festival da Terra e da Língua
http://www.artabria.net/festival
___________

5.1 A lingua propia de Galiza é o Galego - Vídeo - Enlaces


5.1 A lingua propia de Galiza é o Galego.
[Estatuto de Autonomía de Galicia]

Enlaces de interese:


http://youtu.be/KRfREFi3eqk


Poema de Celso Emilio Ferreiro interpretado por Dios ke te crew

Letra:
Lingoa proletaria do meu pobo,
eu fáloa porque sí, porque quero, porque me gosta,
porque me peta e dame a gaña;
porque me sai de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ao ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sen raíces
que ao pór a garabata xa nan saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
falar a fala nai,
a fala dos avós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos do lingoaxe,
remo i arado, proa e rella sempre.

Eu fáloa porque sí, porque me gosta,
e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra lingoa.
Non falo pra os soberbios,
non falo pra os ruis e poderosos,
non falo pra os finchados,
non falo pra os baleiros,
non falo pra os estúpidos,
Non falo pra os soberbios,
non falo pra os ruis e poderosos,
non falo pra os finchados,
non falo pra os baleiros,
non falo pra os estúpidos,
que falo pra os que agoantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
pra os que súan e choran
un pranto cotidián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.

Como é?

Eu non quero arredar as miñas verbas
de tódolos que sofren neste mundo.
E ti vives no mundo,
Galicia, dóce mágoa das Españas,
deitada rente ao mar, ise camiño...
deitada rente ao mar, como é?
É Celso Emilio Ferreiro
e Garcia MC

Lingoa proletaria do meu pobo,
eu fáloa porque sí, porque quero, porque me gosta,
porque me peta;
porque me sai de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ao ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sen raíces
que ao pór a garabata xa nan saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
falar a fala nai,
a fala dos avós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos do lingoaxe,
remo i arado, proa e rella sempre, sempre.

Eu fáloa porque sí, porque me gosta,
e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra lingoa.
Non falo pra os soberbios,
non falo pra os ruis e poderosos,
non falo pra os finchados,
non falo pra os baleiros,
non falo pra os estúpidos,
que falo pra os que agoantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
pra os que súan e choran
un pranto cotidián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non quero arredar as miñas verbas
de tódolos que sofren neste mundo.

Artigo relacionado:
Ártabra 21: 5.1: a verdade revolucionaria, ... Por Fran P. Lorenzo
______________

5.1: a verdade revolucionaria, ... Por Fran P. Lorenzo

Por Fran P. Lorenzo
15.12.2011

Nunca imaxinei que as evidencias puideran, co paso do tempo neste país tan probe e puteado, resultaren mesmo subversivas. Afirmar por exemplo: “A lingua propia de Galicia é o galego”, como afirma o artigo 5.1 do Estatuto de Autonomía de Galicia, norma aprobada por un consenso parlamentario, que incluíu, na altura, o voto favorábel da Alianza Popular de Manuel Fraga. O 5.1. Non 9 nin 12, nin 20.2. O artigo 5.1.: “A lingua propia de Galicia é o galego”. Poderiámonolo tatuar no brazo ou no peito e non sería máis claro e recto o seu sentido. Pero olla que na súa sinxeleza, eses dous números, cun puntiño polo medio, son mesmo desestabilizadores e superan o espírito da norma que os acolle. Veño de abrir un arquivo de Paint e debuxar senllas cifras de maneira moi rudimentaria, como faría un cativo. Velaquí están

Recomendo facelo. Coller un papel e pintalo, estampar o 5.1 nas camisolas, tuitealo. Porque cando un fai iso, trazar os riscos do 5.1, parécelle que está a pintar o V que os resistentes daquela serie de televisión pintaban nos valados das cidades contra os lagartos invasores.


Os números teñen ese poder de cifraren os significados, e por algo os chamamos cifras. 1789 non é 1713, e 1931 non é 1936. As 20.15 horas non son as 21.18 horas, e unha hora exclúe á outra. Eu nacín en 1973, e non en 1922 nin en 2009. Vivo, poñamos por caso, no número 50 da Avenida das Camelias e non no 88. Non é o mesmo o Windows 3.1 que o Windows 7. Un terremoto de 5.1 graos na escala de Richter é exactamente iso, 5.1 graos. Non 7 nin 8 nin 2.4. As súas consecuencias tamén son distintas. E o artigo 5.1. do Estatuto de Autonomía di, repito: “A lingua propia de Galicia é o galego”.

Que iso fique impreso, negro sobre branco, nun manual escolar é motivo de fóbicas denuncias, por parte dun fulano de UPyD, ante alguén que se fai chamar Valedor do Pobo, e cuxa oficina, grazas a ‘valer’ un pobo que ten o galego como lingua propia, recibe (nos orzamentos da Xunta para 2012), 2 millóns de euros!! dos nosos petos. Dous millóns de euros, repito, nin 0,1, nin 1.5. Dous (2) millóns. Comparado cos 8,4 millóns da Casa Real española con cargo aos Orzamentos Xerais do Estado, haberá que concluír que a monarquía española é unha ganga para os galegos en comparación co que lle pagamos a Benigno López. Pero ao que vou. Ese valedor considera que os cativos deste país non deben coñecer a evidencia de que a lingua propia de Galicia é o galego, perigosa e terrorista suma de suxeito+verbo+predicado. E a consellería de Educación dálle a razón. Non só. Alenta a mudanza dese libro de texto. O artigo 5.1, na súa sinxeleza, revela unha dolorosa evidencia que o conselleiro de Educación Jesús Vázquez e os demoledores da lingua galega non aturan: que a lingua propia de Galicia é o galego. Non hai máis. A mala noticia para eles é que tal realidade non se pode mudar mentres quede un, digo un, falante de galego sobre esta terra cansa e humillada.

“En tempos de engano universal, dicir a verdade convértese nun acto revolucionario”. A frase acho que é de George Orwell, anque tamén lla atribuíron a Lenin e a Gramsci. En xuño de 2006, un cidadán británico foi detido por exhibir no centro de Londres un cartaz con esa frase, acusado de violar a lexislación sobre Crime Grave e Organizado de Blair, que prohibía daquela, non sei se aínda o fai, protestar, pronunciar discursos ou amosar pancartas con lendas políticas nun quilómetro á redonda da Praza do Parlamento.

Hoxe, tras décadas de loita pola normalización da lingua galega -tras anos de enerxía, cartos e tempo investidos- achámonos na tesitura de defendermos a verdade revolucionaria do artigo 5.1, mira ti. Tocamos fondo, miñas donas e meus señores. Somos coma unha velliña desprovista de todo á que botan do seu fogar cando non ten nin folgos para erguer a voz, desafiuzada da súa casoupiña humilde con muros de porpiaño e o teito a caír. Sei que para esa vella ter a verdade e a dignidade da súa parte non é moito consolo. Pero polo de hoxe non temos máis. O bo de tocarmos fondo, como cando se bate co pé no chan dunha piscina, é que o único que nos resta é subir, ascender. Ogallá cheguemos con osíxeno abondo á superficie, e ninguén, o Valedor do Pobo por exemplo, nos leve aos tribunais non xa por querermos galego senón por querermos sobrevivir.

[*Fran P. Lorenzo -Vigo 1973, é xornalista.

Blogue Persoal "Un país en lata":

http://unpaisenlata.wordpress.com/

Nota.-
No seu blogue hai comentarios ao seu artigo. Tamén no citado blogue poden-se ler artigos de moito interese.
_________________________

Enlaces de interese a mantenta do asunto:

Plataforma en prol da defensa e promoción da Lingua Galega

Plataforma Queremos Galego
___________________

martes, decembro 13, 2011

Palavras para Matilde, ... Por Lupe Ces

Por Lupe Ces [*]
13.12.2011

Que nom hai palavras para ti, di o Presidente do teu país, Nuñez Feijoo. Só lamentar o feito, di desde Madrid. Como se esta manhá fosses pola rua e umha árvore atravessara o teu último dia, como se na cama dum hospital o teu último alento jovem fosse o feche dumha longa enfermidade. Umha mulher nova, 38 anos ... e nom tem palavras, só o lamento.

Mas ti mereces palavras, palavras fortes, vivas ante a tua morte. Palavras como Igualdade, como Justiça, como Liberdade, como Respecto, como Seguridade, como Tranquilidade ... E mereces palavras de raiba e de impotência como Basta!, Abonda!, Nem Umha Mais!, Malditos Machistas. E o teu Presidente nom as atopa. Nom atopa a racionalidade do teu assassinato. Nom vê mais aló que um triste e inevitável sucesso.

Matilde, o teu, é um assassinato político. O teu nome vai no ronsel de muitos nomes mais. Nomes enfiados numha espiral violenta, froito dumha guerra que nom tem grandes trincheiras nem cámaras enviadas a um campo de batalha ou a umha cidade sitiada. A guerra do machismo contra os direitos das mulheres. Umha guerra de séculos, em tempos justificada por leis naturais, divinas ou humanas. Umha guerra que ante a insurreiçom das escravas, mostrasse virulenta nestes tempos. Umha guerra que, ainda que esteja oculta muitas vezes entre muros, nos patios, nas mesas ou entre cobertores, tem estrategas e cúmplices em governos, púlpitos, parlamentos, julgados, conselhos de redaçons, clubes de elites, cuarteis gerais, e, como nom! conselhos de administraçom.

Eres a última morte, mas nom a última das vitimas. Sintimo-las caminhar, respirar, falar... e também discutir, pensar, ocultar, chorar, dissimular, fingir, tremar,... Porque a guerra é triste, dura, destrutiva, abominável. Mas quero agora Matilde, dizer o teu nome enteiro, e o digo mil vezes. Matilde Vázquez Ramallal, Matilde Vázquez Ramallal... Por todas as noites que te setiches livre. Por todas as noites que caminaches tranquila. Por todos os menceres onde sonhaches e sorriches. Só podemos, ao pé do teu corpo frio, continuar caminho, nom já por ti, se nom por todas nós, por todas as que estam por vir.

Publicado em:
http://lupeces.blogspot.com/

[*] Lupe Ces Rioboo -Caranza 1953, é mestra, petence á Marcha Mundial das Mulleres e ao Colectivo Ártabra 21, militante feminista, membro do Consello do Foro Social Galego e do Consello Editorial de Altermundo.



___________

Enlace relacionado:

Ártabra 21: A violencia machista vovel a asasinar a unha muller na Galiza - A Matilde Vázquez Ramallal arrebataron-lle a vida hoxe en Carral - Concentración Martes 13 de Novembro en Ferrol

___________________

luns, decembro 12, 2011

Coincidindo coa Feira Mensal de Ferrol do Terceiro Domingo de Mes, celebra-se nos meses pares o Mercadiño de Troco: Este Domingo 18 de Decembro, na Praza Vella


 FEIRA DE TROCO
Coincidindo coa Feira Mensal de Ferrol do Terceiro Domingo de Mes, celebra-se nos meses pares o Mercadiño do Troco de Ferrol.
Domingo, 18 de Decembro desde 11:00 horas.
Na Praza Vella de Ferrol.

Contra o consumismo, troca e reutiliza!!!

O Mercadiño de Troco pretende ser unha alternativa ao consumismo actual e sobre todo nestas datas de consumismo desbocado convidan a todas as persoas que desexen trocar algo a que acudan á Praza Vella.

O valor das cousas é o que interesa, non o seu prezo. Algún obxecto que xa non necesitamos pode que alguén si o preci-se. Trocar significa menos residuos, menos contaminación, menos capitalismo.

Trocar debería ser unha práctica habitual de tod@s nós, máis nunha sociedade onde o consumismo é un valor espallado amplamente, incrustado na mente das persoas, pola intensa publicidade e incitación a devorar, non a consumir.

A nova relixión é o Consumo e os templos modernos son os Centros Comerciais, cheos de produtos que na súa maioría non tardaran en formar parte do combustíbel que utiliza Sogama no seu proceso de incineración. Consumir responsabelmente é unha boa práctica social, promover o consumo responsábel é necesario.


Pensa no que precisas e que podes ofrecer a cambio
cólleo
tráeno
trócao

O valor real de calquera cousa é somentes o da súa utilidade:
algo moi custoso que non se usa, non vale nada
algo recuperado ou un préstamo temporal poden valer moitísimo

Web do Mercadiño de Troco Permanente de Ferrol Terra:
http://www.trocaferrol.org/

No facebook:
http://www.facebook.com/profile.php?id=100000679656839
____________________

Presentación do nº 31 da revista Razón Socialista en Ferrol - Martes 13 de Novembro

Martes 13 de Novembro de 2011, ás 8 da Tarde. Presentación do nº 31 de Razón Socialista, na Galería Sargadelos de Ferrol, presentación do nº 31 de Razón Socialista, a Revista semestral da A.C. Fuco Buxán que leva por subtítulo "Pola rexeneración da Esquerda".

Intervirán:
  • Manuel Rivera, de Asoc. Briante e Coop57
  • Amadeo Fernández, da Rede de Medios Comunitarios e CUAC
  • José Torregrosa, Director de Razón Socialista.

--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es

Enviado por:
Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
9 de dezembro de 2011 23:28
__________________

A violencia machista vovel a asasinar a unha muller na Galiza - A Matilde Vázquez Ramallal arrebataron-lle a vida hoxe en Carral - Concentración Martes 13 de Novembro en Ferrol


Diante dun novo asasinato dunha muller, hoxe en Carral, vítima da violencia machista, a mans da súa exparella, a Marcha Mundial das Mulleres convoca accións de denuncia e repulsa en diferentes lugares da Galiza. En Ferrol, a Coordenadora Local, convoca mañá Martes, 13 de Decembro de 2011, na Praza do concello de Ferrol, ás 8 da Tarde, unha Concentración para repudiar a violencia contra as mulleres en busca da "sensibilización e concienciación da sociedade coa participación na mesma, xa que é intolerábel que siga habendo vítimas de violencia de xénero en pleno século XXI, só polo feito de sermos mulleres".

--
Coordenadora Nacional Galega
Marcha Mundial das Mulheres
Marcha Mundial das Mulleres
Rúa Romil, 20, baixo
36202 Vigo-Galiza
CIF G-15773013
Teléfonos de contacto:
Coord. Nacional: 671695968
Coord. Ferrolterra: 696732735
Coord. Pontevedra: 669794462
Coord. Vigo: 671695968
Comunicaçom: 698159764

http://www.feminismo.info

 "PARA CAMBIAR O MUNDO, ACABAR COA VIOLENCIA MACHISTA" 


Que é a Marcha ?

A Marcha Mundial das Mulleres é un movimento mundial de accións feministas que reúne grupos de mulleres e organizacións que actúan para eliminar as causas que orixinan a pobreza e a violencia contra as mulleres. Loitamos contra todas as formas de desigualdade e de discriminación sufridas polas mulleres. Os nosos valores e as nosas accións orientanse cara un cambio político, económico e social. Os mesmos que se articulan aoredor da mundialización das solidaridades, a igualdade entre mulleres, entre mulleres e homes, e entre os pobos, o respecto e a valoración do liderazgo das mulleres e o fortalecimento das alianzas entre mulleres e cos outros movimentos sociais progresistas.

Enlaces de interese:

sábado, decembro 10, 2011

Acto de Solidariedade, o sábado 17 de Decembro, con Lazos Pro Solidariedade Comité Anti Sida de Ferrol Terra, no véspera do Día de Acción Global contra o racismo e polos dereitos das persoas migrantes, refuxiadas e desprazadas


As asociacións abaixo asinantes CONVOCAN un acto de solidariedade co Comité Antisida de Ferrol LAZOS PRO SOLIDARIEDADE. Esta asociación sen ánimo de lucro, de persoas afectadas polo VIH, fundada en novembro de 1995 en Ferrol, ven denunciando que os recortes nas prestacións sanitarias están afectando a sectores desfavorecidos da nosa comarca, entre eles o colectivo de inmigrantes.

Denuncian ademais que, no caso das persoas afectadas polo VIH, que se encontran en situación máis vulnerable, estase a detectar unha falta de cobertura sanitaria básica, repercutindo directamente na súa calidade de vida, na súa precaria economía e favorecendo a exclusión social, por motivos de saúde.

Na nosa comarca acollemos cada ano un pequeno número de persoas inmigrantes. Entre elas, moitas orixinarias de Senegal. Un 17% da poboación senegalesa padece hepatite. O comité Lazos, leva nos últimos anos enfrontando desde a solidariedade e a axuda mutua, as dificultades que todas estas persoas que se achegan a nosa comarca, encontran para sobrevivir. Agora, cando sopran ventos desfavorábeis para os dereitos, o respecto e as liberdades, precisan do noso apoio. Para mostrarllo, celebraremos, no véspera do Día Internacional das Persoas Inmigrantes, un acto lúdico e reivindicativo onde dar a coñecer todas estas realidades e unir vontades para resolvelas. Agardamos todas as mans, todas as vontades, todos os apoios.

A.C. Fuco Buxán | Asociación Cultural Lefre de Caldereta | Asociación Veciñal de Esteiro | Ateneo Ferrolán | Colectivo Ártabra 21 | Colectivo Opaii - Rádio Filispim | Colectivo Sociocultural A Revolta de Trasancos | Comité AntiSida de Ferrol Terra - Lazos Pro Solidariedade | Consello Local do Foro Social de Ferrol Terra | Foro Galego de Inmigración | Médicos do Mundo

[Aberto a calquer asociación que queira apoiar e participar]
Día 17 de Decembro de 2011, Sábado,
desde as 11hs até as 17hs (aproximadamente),
música, poesía, petiscos, callos solidarios...
Intervención de Xosé Carlos Varela Fernández,
presidente de LAZOS pro Solidariedade - Comité anti-sida de Ferrol
Micrófono Aberto
Programa en directo de Rádio Filispim.
Traseira do Mercado de Caranza, rúa Cuco Ruíz de Cortázar s/n

comiteantisidaferrol@gmail.com
http://comitelazos.blogspot.com/
____________________________

xoves, decembro 08, 2011

Ante o anunció de entrada na Ría de Ferrol dun novo buque gaseiro para Reganosa, o "SCF Polar", o Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha nova concentración sonora de protesta no Cantón, para hoxe Xoves, 8 de Novembro


Un novo buque gaseiro achega-se ás costas galegas do noroeste. Ten prevista a súa chegada ao Golfo Ártabro ás 5 da mañá de hoxe Xoves, 8 de Novembro de 2011. Sobre as 14:55h é a preamar, polo que a entrada na Ría será sobre esa hora, dado que os buques destas características só poden entrar na Ría con marea alta, polo escaso calado da canle de entrada de máis de 4.000 metros de lonxitude, estreita e sinuosa.

Ante este anunció de entrada na Ría de Ferrol do "SCF Pola" -para Reganosa, buque gaseiro moi antigo -42 anos, pois a súa construción data de 1969, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca -diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada deste buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos- unha nova concentración sonora de protesta e denuncia para hoxe, desta vez no Cantón, frente ao Palco da Música, ás 7 da tarde.



Características do buque:

Bandeira .- Liberia; Ano construción.- 1969; Eslora.- 243 m; Manga.- 34 m; Calado.- 10.5 m; Puntal.- 47m; Capacidade.-71.500 m3
  •  POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  •  CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  •  PLANTA DE GAS FORA DA RÍA   !!
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org

Información baseada na enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
7 de dezembro de 2011 13:46
_________________________

mércores, decembro 07, 2011

Que é o que pretende EsCULcA solicitando as testemuñas das dilixencias preprocesuais realizadas pola Fiscalía no Caso do Buque Lafayette?



PRETENDE EsCULcA NO CASO LAFAYETTE

"Exercer control externo sobre a actuación da Fiscalia"

EsCULcA contestou hoxe ao decreto de 1 de Decembro da Fiscalía da Área de Ferrol en que se requería ao Observatório que manifestase o uso que pretende dar ás copias solicitadas das dilixencias preprocesuais que se seguiron no caso do barco Lafayette.

Na sua resposta, Fernando Blanco Arce, en nome de EsCULcA, afirma que demanda a documentación coa fin de exercer control externo sobre a actuación da Fiscalía na dilixente defensa dos dereitos das presuntas vítimas do delito (menores de idade), propor dilixencias de reapertura das dilixencias ou, no caso de comprobarse unha actuación insuficiente na devandita defensa dos dereitos dos menores polo Ministerio Público, instar a adopción das medidas disciplinarias ou doutro teor que orgánicamente procedan.

Escrito de resposta presentado ante a Fiscalía da Área de Ferrol en formato pdf .

Web oficial de EsCULcA:
http://www.esculca.net/index.php
______________________

As dificultades de pensar á contra, ... Por Daniel Salgado

A conxuntura histórica abre espazos para a heterodoxia intelectual, pero  transferir o coñecemento individual ao colectivo resulta aínda complexo

Por Daniel Salgado [*]
07.12.2011

Unha xenealoxía apurada do intelectual como figura pública en tempo de crise comeza, probabelmente, no affaire Dreyfus e na tomada de posición do escritor Émile Zola. Eu acuso, escribiu no xornal L'Aurore en 1898. O autor de Xerminal, practicante da novela proletaria, desmarcábase con aquel artigo do antisemitismo dominante na Francia finisecular. O concepto e a súa praxe atravesa despois a grave e violenta cesura da Guerra Civil Europea. Un divídese en dous: os traballadores do coñecemento colócanse a ambos os dous lados, co fascismo ou contra o fascismo. No longo 68, cara adiante e cara atrás, volve emerxer, de novo en Francia, e Jean-Paul Sartre pon rostro ao pensador rebelde. Co refluxo dos movementos progresistas e o avance do neoliberalismo, os tribunos non desaparecen, pero pasan ao campo conservador. Ese é o contexto que implosiona coa caída de Lehman Brothers e a perda de taxa de gaño, que coñece os seus espectros en Galicia. Existe aínda lugar, nunha sociedade onde a comunicación se fragmenta, para reeditar a intervención intelectual nos asuntos da cousa pública?

"Os tempos son novos, e 140 caracteres non parecen ser o mellor formato para sentar cátedra", respondía recentemente o escritor Alberto Lema (Vimianzo, 1975) a unha enquisa no blog de crítica cultural Quantas letras para um rio, "aínda así, estamos certos de que despois desta crise a esquerda volverá a ter moito que dicir, e non será, abofé, repeating Sartre". Contra esa tese parece reaxir, precisamente, o correo electrónico remitido dende Panamá polo profesor da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e secretario da Real Academia Española Darío Villanueva (Vilalba, 1950). "Máis que nunca é a función da reflexión crítica deixar a torre de almafí", considera, "pola torre de control dos espazos abertos pola sociedade da información". Cun pé en McLuhan, cuxo popular 'A Galaxia Gutenberg' vén prologar nunha edición universitaria, Villanueva non sitúa na crise a inflexión da función da intelixencia individual no debate colectivo.

"Máis que a crise, a evolución do capitalismo", sinala quen foi reitor da USC, "confirma as prediccións feitas nas décadas dos vinte e dos trinta pola Escola de Francfort". Refírese á crítica á industria cultural e á mediación "economicista" na produción artística, literaria e intelectual despregada por Walter Benjamin, Max Horkheimer ou, sobre todo, Adorno. Pero a desaparición deses espazos de autonomía intelectual á marxe da lóxica mercantil agrávase a partir da chegada ao poder de Ronald Reagan e Margaret Thatcher. O triunfo do paradigma neoliberal non acontece unicamente nas facultades de Ciencias Económicas, senón que se estende até chegar a configurar o sentido común dominante en Occidente. Iso, xustamente, denuncia o catedrático de Economía Aplicada Xavier Vence (Rodeiro, 1961).

"Na economía é claro o que aconteceu", relata, "fíxose forte un coñecemento que trataba de ser funcional ao sistema capitalista e non á verdade científica". O filme documental Inside Job tamén narra ese proceso que o profesor Vence leva un punto máis alá: "A ciencia económica someteuse ao dominio do capital financeiro e desprestixiouse como ciencia". O catedrático, que non participou dos festexos e xa en 2005 publicou 'O fracaso neoliberal na Galiza' (A Nosa Terra), relaciona a apoloxía do financiarismo e "a desviación metodolóxica" da súa disciplina cos intereses da banca e con quen forzaban as políticas a prol da economía non produtiva.

Manter zonas de sombra para o mercado resulta, ao dicir de Vence, chave. "No público hai outras lóxicas, diferentes da mercantil", sinala, "pero están contaminadas polo privado". O beneficio a toda costa e o valor de cambio sobre calquera outro valor dificultan a investigación á procura de "verdades científicas". A sanidade aparece como singular campo de probas desta contradición: "Nos hospitais aínda non manda o privado e, sen embargo, no farmacéutico si". Sobre ese punto alerta igualmente o director da Fundación Galega de Medicina Xenómica, Ángel Carracedo (Santa Comba, 1955). "Os poderes públicos deben detectar que ámbitos de investigación son necesarios socialmente", indica.

É así como na consideración dun dos xenetistas máis prestixiosos de Europa a instancia pública non pode desentenderse da produción intelectual. E pon un exemplo: "As enfermidades raras non teñen interese para as empresas farmacéuticas porque non son negocio; os poderes públicos deben financiar esas investigacións". No diagrama de Carracedo, que tamén se atopa á fronte da área de xenética da Universidade de Santiago, a empresa privada si ten un espazo. "Os poderes públicos, ademais, teñen entre os seus labores o de facilitar a transferencia do coñecemento ás empresas e á sociedade". É dicir, exercer de ponte entre o intelectual e outros segmentos da sociedade. Na súa versión, o coñecemento científico é "motor de progreso" e, en tempo de crise, máis.

"Non apostar por ese sector, estratéxico para competir, é un erro", engade, antes de concluír: "Hai quen pensa que se trata dun investimento a longo prazo, pero se se dan unhas boas e rápidas condicións de transferencia, obtéñense axiña os beneficios". Tamén na universidade, pero na área aínda denominada das Humanidades, traballa María do Cebreiro (Santiago de Compostela, 1976). Investigadora da literatura, poeta e ensaísta, a Do Cebreiro impórtanlle igualmente as vías que conectan a produción intelectual e o colectivo. "Por como funciona a estrutura do coñecemento científico, móvese máis en comunidades de pares, de especialistas", explica, "e o problema é como transferir ese coñecemento de pares á sociedade". Non esquece matizar a cuestión: "Pero eu son unha defensora das estruturas de coñecemento públicas e, ao cabo, do ideal ilustrado, a educación universal, pública e de calidade, que debemos ampliar".

Máis centrada na figura específica do intelectual, á autora de Fogar impronunciable (Galaxia, 2011) preocúpalle ese sabio, de presenza mediática continua, "que, no peor dos casos, transforma o coñecemento en espectáculo". Como síntoma dunha maneira diversa de operar nesa función, María do Cebreiro escolle a Pier Paolo Pasolini. "Asume de xeito emotivo e honesto as súas propias contradicións", expón, "e penso que a única maneira honesta de sobrevivir como intelectual é asumir publicamente esas contradicións". Era o Pasolini, cineasta e poeta, que se dirixía a un tempo "ao político e ao poético" na impresionante elexía 'As cinzas de Gramsci'. "El sitúase exactamente nesa intersección, defínese aí". Non todo o mundo acepta, por suposto, a palabra intelectual e ese debate sácao o profesor da Universidade Autónoma de Madrid, ensaísta e activista Carlos Taibo (Madrid, 1956), pero para pechalo: "Non me sinto cómodo coa etiqueta do intelectual, fícame afastada".

Ao interrogante de se a posición do pensador muda na conxuntura histórica presente, os consultados ofrecen respostas diverxentes. Do Cebreiro válese dos mapas sociais de Raymond Williams para distinguir entre "o residual, o hexemónico e o emerxente". "Non percibo alternativas claras", di, sobre a fin de época, "pero se aceptamos o novo, veremos que hai xorden outras prácticas". Ningún traballo, tampouco o intelectual, se fai no baleiro e as voces críticas silenciadas durante os incuestionados anos de ouro do ultraliberalismo existiron. "A crise fainas agora audíbeis". Para Xavier Vence, no campo económico, pasa algo semellante.

"Sempre houbo economistas que se guiaron polo desvelamento da verdade e polos intereses das maiorías sociais", afirma, "somos minoría, temos menos recursos e os circuítos de difusión, académicos e mediáticos, estánnos máis pechados". A brutal parada na acumulación capitalista, iso si, abriu fendas no espallamento monolítico do discurso neoliberal, e a día de hoxe non resulta tan estraño atopar argumentos económicos heterodoxos: "Os economistas dos 'think tanks' das caixas, dos bancos e das aseguradoras hexemonizaban implacabelmente as canles na época en que a economía roldaba, pero agora escóitanse as ideas das escolas críticas dos poskeynesianos [con especial forza], dos marxistas ou dos institucionalistas". O sistema, ao seu xuízo, revélase como insostíbel e o interese polas posturas intelectuais críticas medra.

Publicado en "El País" o 25 de Novembro de 2011

[*] Daniel Salgado, nado en Monterroso en 1981, é un poeta e xornalista galego.. Licenciado en Ciencias da Comunicación e doutorado en Filoloxía Galega pola USC. É director de Ariel. Boletín quincenal de cinema en galego editado polo Cineclube Compostela, e colaborador d' A Trabe de Ouro, A Nosa Terra, Dorna e Xistral. Tradutor ao galego de Allen Ginsberg. Participou como coautor na curtametraxe documental O río é noso (2004) para protestar contra os encoros do Alto Ulla.

Como poeta gañou en 2001 o Concurso Nacional de Poesía O Facho; foi accésit do Premio Francisco Añón de Poesía co poemario Do preguizoso costume de estarmos vivos; gañou o Premio de poesía Uxío Novoneyra [1] en 2002 con Sucede; foi finalista do Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño en 2004 co libro Agora qué; e obtivo o Premio Esquío de poesía [2] en 2004 por Días no imperio.
Das Kapital.

Forma parte do grupo Das Kapital, facendo as bases musicais. [Fonte: Galipedia]

Obras de Daniel Salgado
_________________

"Causa Galiza" manifestou-se en Ferrol, este Martes 6 de Dezembro, baixo o lema "A Constituiçom é Umha Fraude! - Basta de recortes sociais ! Soberanía Nacional"

Algo máis dun centenar de persoas participaron onte nunha mobilización convocada por Causa Galicia baixo o lema: "Esta constitución é unha fraude. En contra dous recortes sociais. Soberanía nacional". Á protesta sumáronse membros da formación independentista Ceivar, que corearon consignas solicitando a saída de prisión dos detidos nos últimos días en Galicia.

Os manifestantes partiron da praza do Himno Galego, en Esteiro, e percorreron a rúa Real, para despois concentrarse no Cantón de Molíns. Unha vez alí, e desde o palco, interviñeron varios representantes e o duo Mini e Mero, antigos integrantes de Fuxan os Ventos, interpretaron varias cancións.

Entre os participantes figuraban o secretario comarcal da CIG Xesús Anxo López Pintos, que dixo intervir a nivel particular e non como representante do sindicato, e que se reafirmou no lema da protesta, asegurando que a Constitución española é unha fraude, entre outras cuestións porque "recoñece unha monarquía que é corrupta" e porque no seu artigo 2 "elimina calquer posibilidade de que as nacións poidamos pedir a autodeterminación". Denunciou, así mesmo, que o Estado español arruinase os sectores produtivos galegos, coa complicidade do goberno da Xunta, "que se dí que é un goberno galego e que ataca á nosa cultura", engadindo que se está cualificando de terroristas aos independentistas.

Pintos avogou pola unidade de acción para buscar unha solución, puntualizando que a clase traballadora é a que ten que liderar o país.

Pola súa banda, Laura Bugallo, da executiva confederal da CIG, sinalou que o 6 de decembro "Galiza non celebra unha constitución que nos restrinxe nin un estatuto que nos afoga", e tivo un recordo para Amador e Daniel.

Publicado no xornal comarcal Diario de Ferrol por Carmela López - 07.12.2011


"... A manifestaçom concluiu na Alameda do Cantom de Molins, em cujo coreto central se produzírom as intervençons políticas e musicais. Tomárom a palavra Joám Lopes, que analisou o contexto geral no Estado espanhol, a falta de democracia que define o atual regime emanado da legalidade franquista anterior, e a perseguiçom de democratas que protagoniza; Laura Bugalho, que abordou a necessidade de umha resposta sindical e obreira à crise; Jesus Lopes Pintos, co-secretário comarcal da CIG, que reclamou a "unidade açom" para fazer frente aos desafios que a classe trabalhadora galega tem colocados; e Óscar Gomes, de Ceivar, que explicou o processo repressivo sofrido nos últimos dias por seis independentistas. ..."

Publicado en Diario Liberdade - 06.12.2011


Galería de Fotos publicadas polo xornal dixital "Diario Liberdade":

Nota.- "O material gráfico deste artigo é da autoria do Diário Liberdade, de livre reprodução de preferência citando fonte" [Diario Liberdade].


Web oficial de Causa Galiza:

Enlaces relacionados:
__________________

martes, decembro 06, 2011

O cambio climático, ... Por Michäel Löwy - vídeo

O arrequecemento global

Michäel Löwy (Sãou Paulo, Brasil, 1938) é un sociólogo e filósofo marxista franco-brasileiro. Actualmente é director de investigación emérito do CNRS e profesor da EHESS de París. En 1970 publicou unha das obras máis respectadas sobre o pensamento do Ché Guevara. En 2001 foi coautor do Manifesto Ecosocialista Internacional. É un gran especialista do feito relixioso e en particular, do que el mesmo define como cristianismo de liberación (a miúdo coñecido como teoloxía da liberación).

Löwy fálanos nesta oportunidade sobre o arrequecemento global a economía e o eco-socialismo.


http://youtu.be/ICuIMikVDvA

______________

Non son bágoas de crocodilo - O Goberno Italiano presenta o seu Plan Demoledor e Criminoso contra a Clase Traballadora - Vídeo


Son as bágoas de alguén que sabe que está cometendo un crime, e aínda garda no seu interior máis profundo unha mínima porción de humanidade.

Esta señora sabe perfectamente que é un ser despreciable, que obedece o mandato de individuos ata máis despreciables que ela mesma.

Chora porque está xogando co pouco pan dunha maioría que nin sabe por onde lle chove nin aínda sabéndoo sería fácil que se defendese dela. Desde a súa posición impón sacrificios as menos afortunadas. E si, parece que si é consciente de que non é xusto que aos que máis teñen non se lles haxa sequera molestado; non digamos xa, consultado sobre achegar proporcionalmente (o mínimo aumento de 3 puntos sobre o IRPF soportarano as rendas de traballo e non de capital, e o 2% do IVE, para todos, do mesmo xeito que o imposto á primeira vivenda, e todo o demais que propuxeron).

E o depravado que ten á beira [1]. Ese que di que renuncia ao seu salario de xefe do Consello e ministro de Economía e Finanzas, e que insulta con isto á intelixencia dos seus damnificados concidadáns, actúa como o que se espera del; como un suxeito soberbio preñado de elitismo aristocrático.

Ou empezamos a espabilar, ou deixarán de existir casos como o desta ministra, pois o costume crea a moral, e o que hoxe parece un asalto á sociedade, pode non parecelo en pouco tempo.



http://youtu.be/AWzEovX-OJI


Fonte: Iniciativa Debate

[1] Quen é Mariano Monti?

É o actual primeiro ministro de Italia tras a dimisión de Berlusconi. Non elixido polo pobo:
  • Ex director europeo da Comisión Trilateral abaixo mencionada.
  • Ex-membro do equipo directivo do grupo Bilderberg.
  • Asesor de de Goldman Sachs durante o período en que esta axudou a ocultar o déficit do goberno grego.
Comisión Trilateral: desde 1998, fundada por Rockefeller, lobby neo-liberal (dedícanse a comprar políticos a cambio de subornarlles).

Goldman Sachs: é un dos maiores bancos de investimento mundial e co-responsable directo, xunto outras entidades como a axencia de cualificación Moody's, da crise actual, e un dos seus maiores benficiarios. Só a modo de pincelada, en 2007 gañaron 4 mil millóns de dólares en operacións que desembocaron no desastre actual.

Grupo Bilderberg: Nunha entrevista Arcadi Oliveres explica quen son os personaxes máis influentes da política e a economía mundial e a relación entre eles [Moi interesante vídeo en vimeo].
__________________________