Amosando publicacións coa etiqueta BNG. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta BNG. Amosar todas as publicacións

domingo, xaneiro 31, 2021

BNG denuncia no Congreso o procedemento de contratación do servizo de mantemento de Navantia Ría de Ferrol - Néstor Rego destacou que os pregos elaborados pola empresa pública para a contratación deste servizo conteñen unha división do mesmo en oito lotes e ao mesmo tempo limitan a un máximo de dous os lotes por adxudicatario, o que suporá a fragmentación obrigada na prestación do servizo


O portavoz do Bloque Nacionalista Galego no Congreso, Néstor Rego, vén de instar o Goberno español a paralizar o procedemento de contratación do servizo de mantemento no centro de Navantia Ría de Ferrol e a elaboración duns novos pregos que promovan a prestación do servizo por un único adxudicatario. Iniciativa que tamén será debatida no Parlamento Galego a instancia do deputado nacionalista Ramón Fernández Alfonso.

O BNG advirte que vai provocar a división do cadro de persoal que viña prestando este servizo desde o ano 2016. Os pregos elaborados pola empresa pública para a contratación deste servizo conteñen unha división do mesmo en 8 lotes e a limitación para os licitadores que concorran ao procedemento a seren adxudicatarios de máximo 2 lotes.

Néstor Rego salientou que “a ninguén relacionado co sector na comarca de Ferrol se lle escapa que este é precisamente un dos obxectivos que a dirección de Navantia persegue con estas medidas, coa intención de debilitar a capacidade de resposta dun cadro de persoal que se ten significado na defensa dos seus dereitos colectivos”.

Esta división responde a unha interpretación perversa da Lei de Contratos do Sector Público que, aínda que permite a división, establece que non se aplique cando a realización independente das prestacións dificulte a correcta execución do contrato do punto de vista técnico, ou que o risco para esa correcta execución proveña da necesidade de coordinar as diferentes prestacións realizadas por unha pluralidade de contratistas diferentes. “Resulta evidente que a prestación do servizo de mantemento, básico para a produción, por distintos contratistas vai causar discrepancias, descoordinación e retrasos. Non hai causas técnicas nin xurídicas que avalen esta división, só pode apreciarse un intento de penalizar ao cadro de persoal e por en risco a súa continuidade” declarou Rego. “Tamén avala esta tese que o centro de Navantia Ría de Ferrol sexa o único que licita o contrato por lotes, mentres que o resto seguen a manter a unidade no servizo” continuo o deputado nacionalista.

En definitiva, o BNG considera que non existe xustificación para a fragmentación en lotes do contrato, e entende que debe apostarse pola prestación do servizo a través de un único adxudicatario, pois favorece a polivalencia funcional do persoal, evita a subactividade e ao mesmo tempo reduce os custos indirectos de estrutura. É dicir, implica unha maior estabilidade no emprego para os traballadores e traballadoras, e unha garantía de calidade na prestación do servizo.

Fonte: BNG. | 29 xan. 2021 - 15:24
_______

sábado, xaneiro 23, 2021

BNG presenta o proxecto de Recuperación Produtiva das Rías Galegas cun investimento de 1.096 millóns de euros, un proxecto de país, de 1.096 millóns de euros de orzamento, con cargo aos fondos UE-Covid, que beneficia de cheo á economía real, con gran impacto en termos de emprego e de cohesión social de norte a sur - Vídeo


Ana Pontón: “É un proxecto de país, con cargo os fondos UE-Covid, que beneficia de cheo á economía real, con gran impacto en termos de emprego e de cohesión social de norte a sur

✔ Levará a proposta á Comisión parlamentaria de reactivación para obter o respaldo dos outros grupos da Cámara.

✔ Inclúe medidas en materia ambiental, no ámbito da investigación científica e para a dixitalización, comercialización e transformación do sector do mar.

O BNG presenta o Proxecto de Recuperación Produtiva das Rías Galegas. É un proxecto de país, de 1.096 millóns de euros de orzamento, con cargo aos fondos UE-Covid, que beneficia de cheo á economía real, con gran impacto en termos de emprego e de cohesión social de norte a sur.



[FONDOS NEXT GENERATION]

A portavoz nacional, Ana Pontón, presentou na Coruña o Proxecto de Rexeneración Produtiva das Rías Galegas cun investimento de 1.096 M€, como proposta para ser financiada con cargo aos fondos de recuperación europeos. A líder do BNG salientou que se trataba “dun proxecto de país que beneficia de cheo á economía real, a un sector produtivo estratéxico e de enorme repercusión en termos de empregos e de cohesión social de norte a sur”.

A proposta ten como obxectivo a recuperación integral dun ecosistema único, xerador de riqueza e de emprego, e recolle actuacións en tres áreas: rexeneración e recuperación ambiental, investigación científica e dixitalización, comercialización, e transformación do sector produtivo derivado das rías, explicou Pontón, quen avanzou que trasladará a proposta á Comisión parlamentaria de reactivación económica e social, para recabar o apoio das outras forzas políticas.

Trátase, indicou, dun proxecto en consonancia coas políticas definidas pola UE para obter fondos de recuperación. En concreto, encaixa en tres liñas prioritarias para acceder ás axudas: conservación e restauración de ecosistemas e da súa diversidade; preservación do espazo litoral e dos recursos hídricos e transformación e dixitalización da cadea loxística do sistema agroalimentario e pesqueiro.

O obxectivo é conseguir a recuperación ambiental integral e produtiva das rías para crear riqueza e emprego de calidade no complexo mar-industria. Todo acompañado da investigación científica oportuna e da transformación, dixitalización e comercialización da actividade marisqueira, e desde a colaboración público-privada”, explicou Pontón.

O Next Generation supón para o Estado 72.000 M€ a fondo perdido e a posición do BNG articúlase en tres premisas: Galiza debe recibir un mínimo de 12.600 M€ deses fondos, a xestión directa dos mesmos e que as axudas cheguen aos sectores máis impactados, ao tecido empresarial de pequenas e medianas empresas que sustentan o emprego e non ás multinacionais do IBEX.

As medidas no ámbito da recuperación ambiental supoñen o groso do investimento, pois absorben 950 M€ do total, e inclúen actuacións para suprimir todas as zonas C, aquelas nas que a contaminación impide o consumo do produto. Ademais, medidas para completar e modernizar a rede de saneamento en todos os concellos a carón das rías, esixencia que tamén deben cumprir as industrias.

Trátase de evitar que chegue ao mar ningún tipo de contaminación biolóxica, química ou física. Lamentablemente, as 18 rías galegas, toda e cada unha delas, precisa de actuacións en materia de saneamento, en maior ou menor medida”, salientou.

Tamén se inclúe recuperar os espazos danados por obras públicas, en particular de infraestruturas portuarias, viarias ou industrias en desuso; a rexeneración dos fondos a través das necesarias dragaxes adaptadas a cada caso, e o control dos ríos como principal fonte de auga doce e de nutrientes esenciais para a produtividade marisqueira.

Consorcio de investigación

A investigación científica é a segunda pata do proxecto cun investimento de 59 M€ , pois é a base para rexenerar e incrementar a produción das rías. Entre as medidas incluídas, a creación dun consorcio que coordine todos os centros de investigación relacionados co sector para dispoñer do maior complexo científico e tecnolóxico europeo de estudo e coñecemento do mar.

Igualmente, proxectos para a recuperación das zonas improdutivas ou de baixo rendemento, plans de explotación, crear bancos de semente autóctona para bivalvos a modo de granxas de produción de semente, desenvolvidas por un ente mixto conformado polo sector e pola Xunta. A investigación tamén pasa por un proxecto de control de doenzas e de especies invasoras así como pola reciclaxe e aproveitamento dos refugallos de bivalvos.

Sociedade público-privada para a comercialización

En relación á dixitalización, transformación e comercialización, o proxecto propón unha sociedade público-privada para a promoción e comercialización que poña en valor o produto das rías, -marisco, peixe fresco, conserva e produtos transformados-, tanto dentro como fora do país. Tamén, unificar as lonxas, ampliar mercados e a posibilidade da venda directa. Para estas medidas o proxecto suma un investimento de 29 M€.

Presentamos un proxecto esencial para Galiza que permitirá aproveitar os fondos europeos para a reactivación económica e social, un proxecto capaz de contribuír a saír da crise da COVID, revalorizando a nosa riqueza produtiva nun para xerar emprego nun sector estratéxico”, concluíu, nun acto no que tamén interveu o portavoz municipal, Francisco Jorquera, e coa presenza da deputada pola Coruña, Mercedes Queixas, da portavoz en Bruxelas, Ana Miranda, do deputado Nestor Rego, e da portavoz parlamentaria de pesca, Rosana Pérez.

Enlace ao documento: Proxecto para a Recuperación Produtiva das Rías Galegas. | 12 páxinas en formato pdf.  | Acceder/Baixar.

https://www.bng.gal/

Bloque Nacionalista Galego
Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela
GALIZA
CIF: G32014003
Correo: sedenacional@bng.gal
Teléfono: 981555850
Sigue ao BNG polo WhatsApp.

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
22 de janeiro de 2021 17:47

_______

sábado, decembro 12, 2020

Acto homenaxe a Carvalho Calero en Ferrol, hoxe sábado 12 de decembro, ás 12 do mediodía, ao pé da súa casa natal en Ferrol Vello, organizado polo BNG

Acto homenaxe a Ricardo Carvalho Calero

A RAG desbotou trasladar ao ano 2021 a conmemoración do ano Carvalho Calero tal e como reivindicaba o tecido cultural galego, organizacións políticas como o BNG e institucións públicas como o Concello de Ferrol ou o Parlamento de Galiza.

Esta decisión só se explica desde o interese da RAG por pechar en falso os actos conmemorativos dun autor, como é Ricardo Carvalho Calero, desprezado pola oficialidade cultural polas súas posicións políticas e lingüísticas. Neste contexto é onde tamén se explica a decisión de celebrar en Compostela os actos oficiais de homenaxe, previstos para este sábado día 12, cando nunca un autor ou autora designado para conmemorar o Día das Letras Galegas foi homenaxeado fora do seu lugar de nacemento.

Por este motivo desde o BNG de Ferrol promovemos a celebración dun acto de homenaxe e reivindicativo da figura de Ricardo Carvalho Calero na nosa cidade a celebrar o vindeiro sábado 12 de decembro ás 12 horas ao pé da súa casa natal.

O acto que celebraremos cumprindo as medidas de seguridade que nos impón a Covid -19, uso de máscaras e distancia de seguridade.

BNG Ferrol.

Ferrol | Web | Facebook | Twitter.


bng@ferrol.es

_______

domingo, outubro 25, 2020

O BNG acusa ao goberno local de negarse a abordar o problema de fondo do saneamento, diante das declaracións feitas polo Alcalde considera que Angel Mato está a eximir de responsabilidade, coas súas omisións, tanto ao Ministerio de Fomento como á Xunta


O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol diante das declaracións feitas esta mañá polo Alcalde considera que Ángel Mato está a eximir de responsabilidade, coas súas omisións, tanto ao Ministerio de Fomento como á Xunta, responsábeis principais dun sistema de saneamento inasimilable para a cidade.

O BNG censura que por parte do goberno municipal non se queira abordar o problema de fondo do saneamento e se limite a discutir a porcentaxe que debe pagar sen poñer en dúbida o modelo, nin a forma de xestión e indícalle que a mellor maneira de deixar de pagar o 100% polos custos de saneamento é devolverlle a EDAR ao seu propietario Augas de Galiza.

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, indicou que o convenio con ACUAES debe rectificarse desde tres perspectivas. A primeira, a que ten que ver co computo das porcentaxes de consumo, nas que Ferrol está moi lonxe de supoñer o 70% destas.

A segunda , e que ignora o Alcalde da cidade, é que desde o Mº Fomento se pretende que os ferroláns e as ferrolás pasen a pagar o 25% dunhas obras que cando se asinou o convenio se limitaba ao 10% e que debería asumir integramente o Estado por tratarse dunha obra declarada de interese xeral en 1997.

Isto acontece por responsabilidade exclusiva de ACUES que rematou as obras en 2017, cando o seu compromiso era ter todo rematado en decembro de 2015, e produto deste atraso perdeu parte da financiamento da UE, algo que o goberno local obvia.

E a terceira, ten que ver con que o modelo de saneamento escollido incumpre todo o marco legal que existe ao redor dos sistemas de depuración, mesturando augas pluviais e fecais e que supón uns custes medioambientais e económicos que o actual Alcalde tamén ignora.

Para o BNG compre reclamar ao Ministerio de Fomento o firme compromiso económico para transformar a actual infraestrutura en separativa dado que foi exclusivamente o Estado o responsable da súa construción, pero que pretende que paguemos todos e todas as ferrolás.

Por outra parte hai que lembrar que ACUAES non ten ningún contrato para xestionar os interceptores e os tanques de tempestades e por tanto os importes a aboar deberían ser valorados por este concello previamente a facer efectivo o seu pago, tanto os derivados da construción das obras como os derivados da súa xestión.

Do mesmo modo a mellor maneira de resolver o conflito con Narón é entregar a depuradora ao seu lexítimo propietario, Augas de Galicia, deixando de pagar o 100% da depuración. Deste modo Augas de Galicia emitirá unha factura a cada concello de maneira independente. A partir de aí o concello de Ferrol decidirá aboar ou revisar esa factura pero cando menos pero deixaremos de pagar o 100% dos custes como acontece desde 2014.

Hai que lembrar que ademais de asumir o 100% dos custes de depuración , en base a este convenio eximimos do pago dos tributos correspondentes por esta infraestrutura ao seu propietario, Augas de Galicia e ao seu xestor, EMAFESA, e os veciños e veciñas pagan o custe da reparación dunha EDAR defectuosa que non podía funcionar cando se nos entregou.

O convenio con Augas de Galicia é anual, e por tanto compre que o goberno local deixe sen efecto este convenio o antes posible para evitar ter que seguir asumindo uns custes que non nos corresponden.

Ferrol a, 22 de outubro, de 2020.

Ferrol | Web | Facebook | Twitter.


bng@ferrol.es





Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
23 de outubro de 2020 11:07

_______

venres, xullo 10, 2020

Outra convocatoria eleitoral, pero esta, máis que ningunha, unha oportunidade para o cambio, ... Por Ramón Fernández Alfonzo (Mon)


Por Mon Fernández Alfonzo [*]
10.07.2020

Outra convocatoria eleitoral, pero esta, máis que ningunha, unha oportunidade para o cambio.

Porque hoxe somos moitos e moitas os que vimos con claridade que a crise obríganos a pasar páxina, e a repensar moitas das nosas prioridades como sociedade, poñendo o povo e a dignidade do ser humano por diante.

Feixoo e o Partido Popular, veñen de renovar os seus votos no altar dos poderes económicos coa constitución dun comité de espertos para saír da crise, onde destacan representantes de INDITEX, de REGANOSA, e do Banco Europeu de Desenvolvimento; outra maneira de ocultar as siglas do seu partido, e facerse pasar por un mero un xestor, alleo a cuestións ideolóxicas, e presentarse como a única garantía de estabilidade de cara ao futuro.

Mais o certo é que foi precisamente a acción combinada das súas políticas desde a Xunta e desde Madrid as que provocaron esta situación de crise permanente na que vivimos desde hai anos e que agora abrollou con forza.

O Partido Popular foi o campión das privatizacións do sector público. Antes que a sanidade e as residencias, foron xigantes industriais como Endesa, ou Inespal (hoxe Alcoa), con consecuencias para as nosas comarcas tremendamente duras, e sempre coa mesma xustificación: fomentar a competencia mellorará o servizo, e baixará prezos.

Non pode haber ninguén a día de hoxe que faga unha valoración positiva destas operacións. Desde logo non melloraron o servizo, non baixaron os prezos, non foron máis competitivas, non foron garantía de emprego (á vista está), nin serviron para crear unha industria complementaria nas comarcas onde se asentaban. No momento de anunciar o seu peche deixan, exactamente, nada.

O Partido Popular planificou e executou a venda das Caixas Galegas a un grupo venezolano por valor de 1.000 millóns de euros. A xustificación foi que eran practicamente insolventes. Ao ano seguinte a nova entidade, xa co nome comercial de ABANCA, gañou antes de impostos 600 millóns de euros, que despois sumaron 500 millóns máis en créditos fiscais. 1.100 millóns total. Desde aquela non hai ano que non repartan da orde de 500 millóns en beneficios. A cambio melloraron os servizos? o crédito é máis barato? os seus traballadores e traballadoras teñen mellores condicións? Todo o contrario, nunca peor estivo o seu persoal, e nunca tantas comisións pagaron os clientes.

O Partido Popular nega sistematicamente a posibilidade de constituír unha facenda galega co argumento de que sería un sistema insolidario. Pero nos territorios forais de Álava e Navarra, onde historicamente gobernou moitos anos, sempre defendeu as facendas vascas. Porque en Euskadi teñen claro, Partido Popular incluído, que esas facendas propias son a chave de bóveda de todo o seu sistema de protección social, por certo, moi por riba do noso en medios e coberturas.

O Partido Popular nega, tamén sistematicamente, calquer posibilidade de intervir no sector eléctrico galego, vetando a recuperación das concesións hidroeléctricas, e vetando, tamén, a posibilidade dunha tarifa eléctrica galega, porque segundo eles sería unha tarifa separatista que ninguén entendería en España. A cambio temos a enerxía máis cara, e miles de postos de traballo en perigo.

En consecuencia, a nada que sometamos a exame o proxecto político do Partido Popular veremos que ese perfil baixo de Feixoo, ese perfil de xestor, é na verdade, a capa que oculta un historial de medidas tremendamente gravosas para o noso país, e para todos e todas nós, e que nos leva camiño de consolidar unha inestabilidade e unha fraxilidade social, xa de carácter permanente.

Así que hoxe por hoxe, resulta ser a  proposta de cambio do BNG, a mellor garantía de podermos transitar polo futuro con certa seguridade.

Temos que dicir que as nosas propostas non son novas. E isto ten a súa importancia. Primeiro porque durante estes anos de inestabilidade e crise permanente provocadas polo Partido Popular, tivemos ocasión de comprobar cos colectivos máis afectados, como botaban en falta precisamente aquelas medidas, aquelas competencias, que nós defendiamos como fundamentais para un goberno poder incidir na vida económica do país. Polo tanto sabemos que as propostas contan con amplo respaldo social.

E segundo. O feito de non seren novas, danos, credibilidade social. Non son ocorrencias. Ninguén pode reprocharnos que digamos unha cosa pola mañá e outra pola tarde. Non hai improvisación. E isto é fundamental cando estamos a falar de liderar un goberno.

Unha banca pública galega, unha empresa pública de enerxía, unha facenda propia, a transferencia de infraestruturas de transporte como as autoestradas ou o tren, son ferramentas necesarias para calquer proxecto político con vocación de futuro, para controlar nós os nosos recursos, a comezar polos máis importantes, por aqueles que fan que todo se mova, que todo funcione: a facenda, a banca, a enerxía... para que dunha vez por todas os nosos aforros, a nosa enerxía, ou os nosos impostos contribúan á creación de riqueza no noso país.

Porque temos moito por facer. Precisamos dunha outra política industrial, a comezar polo sector naval, recuperando a construción civil, e apostando pola investigación e a innovación, impulsando un Complexo Integral e un Centro Tecnolóxico; unha outra política pesqueira, a comezar pola declaración de territorio altamente dependente da pesca, e pola recuperación das rías; outra xestión do noso patrimonio cultural e natural.

E sobre todo, a defensa radical dun sistema de saúde e de coidados, público, universal, e de calidade. En definitiva, facer que a democracia chegue á economía, á economía das persoas, para que sexa real, para que sexa auténtica.

Unha alternativa coma esta debe ser construída a partir de bases materiais firmes, é dicir, a partir dun proxecto de país.

Mais o que fixemos co noso autogoberno durante estes últimos 40 anos, comparado co fixeron en Euskadi e Catalunya, produce vergoña allea. Porque as enormes diferenzas  en canto a niveis de ben estar social, e de dinamización económica, teñen unha única razón de ser: o feito de eles teren un autogoberno volcado nun proxecto de país. Un proxecto de desenvolvimento social e nacional, autocentrado nas súas realidades, nas súas capacidades, e nas súas necesidades.

E non é porque nós non lle queiramos ao noso país, ou lle queiramos menos que vascos e cataláns; non é que os galegos e galegas carezamos de sentimentos nacionais. Dicía Castelao que ese sentimento que temos tan arraigado de pertenza á Terra, esa morriña tan difícil de explicar, non era outra cousa que unha forma nebulosa e sentimental de patriotismo, de amor á patria.

Para transformar estes sentimentos en progreso social e económico, temos que darlles categoría política, recoñecernos e definirnos como nación, como o que somos, e querernos nación soberana, para decidir nós, para dispoñer do noso, dos nosos recursos, e poñer o país a producir. Para impulsar entre todos e todas un proxecto de país a favor das maiorías sociais.

E quero finalizar coa seguinte reflexión: Estou convencido que moitos galegos e galegas comparten comigo a idea de que vivimos nun auténtico paraíso natural, e de que en ningún país do mundo podería promoverse unha política verde, circular e sustentable, con máis éxito que no noso.

Estou convencido tamén de que moitos galegos e galegas comparten a intuición de que detrás de todos eses barrios, castros, castelos, e mosteiros abandonados e deteriorados hai unha historia esplendorosa, que podería e debería ser fonte de riqueza.

Precisamos un goberno con iniciativa industrial, un goberno que esprema as posibilidades do noso patrimonio natural, e que impulse a recuperación e posta en valor do noso patrimonio histórico e cultural.

Non podemos permitirnos o luxo de ter unha esfinxe impasible no goberno, mentres nos rouban o futuro, mentres nos rouban o paraíso.

O 12 de xullo tócanos a nós reorientar a brúxula do goberno galego, darnos a valer, e poñer o país a producir.

PARA QUE O NOSO FUTURO SEXA NOSO, ADIANTE CO BNG!!!

[*] Ramón Fernández Alfonzo (Mon), candidato de Ferrolterra polo BNG ás eleccións autonómicas deste 12 de xullo de 2020. Activista sindical da CIG, ligado ao metal e á industria naval. Licenciado en Dereito, especialista en relacións laborais. Impulsor da alternativa da creación do Complexo Integral para a Construción Naval da Ría de Ferrol que permita superar a dependencia do sector militar á que están sometidos os estaleiros, para aproveitar todas as potencialidades das infraestruturas da industria naval de Ferrol e Fene.

https://www.bng.gal/

Enviado por:
Lupe Ces
-lupeces@gmail.com-
10 de julho de 2020 08:16

@lupeces
http://lupeces.blogspot.com/

_______

luns, marzo 23, 2020

Ana Pontón presenta as contribucións do BNG diante da crise provocada polo novo coronavirus (Covid-19)


23 de marzo de 2020.- O documento recolle o conxunto de propostas que o Bloque Nacionalista Galego achegou á Xunta de Galiza durante a primeira semana baixo o estado de alarma e de emerxencia sanitaria, para a súa consideración e inclusión entre as que o Goberno galego desenvolva directamente ou traslade ao Goberno central no marco da xestión da crise sanitaria e socioeconómica do coronavirus.

Elaboramos esta proposta e démoslle traslado á Xunta de Galiza por responsabilidade co noso pobo, desde a convicción de que estamos no momento de sumar e de actuar con unidade, con lealdade e con altura de miras fronte á situación adversa e complexa que o noso país enfronta.

Como é lóxico nunha realidade cambiante e inestábel como a que vivimos neste período, non se trata dun documento pechado, senón que poderá e deberá modificarse e ampliarse da man do contraste que o BNG está a facer co conxunto dos axentes sociais e económicos do noso país, aos que tamén estamos a informar da nosa proposta -que igualmente trasladamos á Xunta de Galiza- de creación dunha Mesa Galega de Axentes Sociais e Económicos.


https://youtu.be/eKEhgxN25TY

Documento propostas:

Queremos poñer a disposición de todas as persoas e colectivos interesados o documento elaborado polo Comité Interno do BNG para o Seguimento da Crise provocada polo novo coronavirus Covid-19: Aceder/Baixar (19 páxinas en formato pdf).

Néstor Rego traslada a Pedro Sánchez as propostas do BNG para atallar a crise do coronavirus. | 16 de marzo de 2020 | O deputado nacionalista lembrou que aínda fai sentido fechar Madrid, ao ser a cidade o foco máis grande de contaxios, e que se blinde Galiza. Aínda que tería preferido optar polo apoio ás Comunidades Autónomas que xa actuaran e a coordinación...

Néstor Rego exixe no Congreso que se blinde Galiza como mellor solución para atallar o problema. | 18 de marzo de 2020. |O BNG mostra a súa plena disposición a colaborar na solución para a erradicación desta crise sanitaria. Rego propón pechar Madrid como medida urxente ao ser o principal foco e potencial fonte de propagación do COVID19. O BNG afirma...
https://www.bng.gal/

Canle do BNG - Bloque Nacionalista Galego.

#Coronavirus.

#Covid-19.

Enviado por:
Lupe Ces
-lupeces@gmail.com-
23 de março de 2020 17:45
_______

venres, marzo 13, 2020

Ana Pontón traslada a proposta do BNG de aprazar ás eleccións ante a crise do coronavirus - Vídeo



Non se dan as condicións para ir as urnas con garantías, explica, e pide que a decisión se adopte por consenso coas forzas políticas e con todas as garantías xurídicas. “O prioritario é a saúde das persoas”. | Recoñecemento ao “extraordinario” traballo do persoal sanitario, solidariedade coas persoas afectadas e confianza no pobo galego para afrontar a situación. | A crise do coronavirus é un problema de país e como tal hai que afrontalo tendo como única prioridade a saúde das persoas e minimizar os efectos da pandemia en todos os ámbitos.

Esta valoración, e tras un reunión extraordinaria da Executiva Nacional, leva ao BNG a solicitar un aprazamento da data de celebración das eleccións do cinco de abril porque, en palabras da portavoz nacional, Ana Pontón, “non é momento de liortas políticas, senón de sumar para sacarmos este país adiante, entre todas e todos”. Hoxe, recalcou, o que ocupa ao Bloque “é a vida e a saúde das galegas e galegos, as súas condicións de vida e de traballo, o seu benestar”.

O resto, incluíndo a convocatoria electoral do 5 de abril, pasa para nós a un segundo plano, e debe estar condicionada á existencia de garantías de saúde pública e do correcto exercicio deste dereito”, explicou a líder nacionalista, “por iso pensamos que non se dan as condicións para poder desenvolver con normalidade un proceso electoral, nin en relación á campaña, nin polo exercicio de dereito ao voto”.

En consecuencia, o BNG pide un aprazamento electoral e así o vai transmitir no encontro co presidente da Xunta e cos responsables dos partidos políticos o vindeiro luns.

A alternativa máis prudente e sensata pasa por un aprazamento electoral, este é un momento para a colaboración, non para a competición interna”, sintetizou. Un aprazamento que debe estar condicionado en primeiro lugar a que se decida por consenso das forzas políticas; en segundo lugar, a que haxa unha data alternativa; a que se leve a cabo con todas as garantías xurídicas e, en cuarto lugar, “por esixencia democrática” o Parlamento como poder lexislativo ten que poder desenvolver a través da Deputación Permanente o seu labor de control e impulso.

Todas estas cuestións serán formuladas pola líder nacionalista na reunión prevista para o luns.

Comité de seguimento

Neste contexto, o Bloque tamén tomou a decisión de constituír un comité de seguimento da crise do coronavirus, “para seguir a diario a evolución da crise e para poder acompañar as medidas que vaian adoptando as institucións públicas”, explicou Pontón.

É o momento de sumar, de unidade para sacarmos este país adiante, entre todas e todos”, insistiu a portavoz nacional, quen tamén expresou o seu recoñecemento á sociedade galega e moi especialmente aos traballadores e traballadoras da sanidade pública.

Quero destacar o orgullo de facer parte dun pobo que está a dar o mellor de si para responder a esta crise desde a solidariedade entre persoas e familias, o sentido de irmandade, a fraternidade, o apoio para que ninguén fique só”, declarou, “especialmente quero trasladar publicamente o recoñecemento do BNG ao labor e ao compromiso dos e das profesionais da sanidade pública que o están a dar todo en defensa da vida e da saúde”.

Pontón quixo ter unha palabras especiais para as persoas afectadas polo virus, e as súas familias, en momentos difíciles, “a nosa solidariedade con elas e quérolles transmitir, de todo corazón, que estou, que estamos, con eles e con elas”.

Sanidade pública, imprescindible

O BNG considera que unha crise como a do coronavirus deixa en evidencia “a necesidade de contar cunha sanidade pública de calidade, ben dotada de persoal, de medios e de recursos. Serva esta crise, cando menos, para evidenciar que a sanidade pública é un dereito que logrou moito conquistar e non debemos esquecelo nunca”, recalcou.

Pontón concluíu destacando que Galiza “é un gran país” e xa ten demostrado a súa capacidade colectiva par superar situacións adversas, “e teño a firme convicción de que sairemos adiante, porque somos un pobo con enerxía, cun gran sentido de comunidade e da solidariedade. Mesmo á marxe das institucións, temos demostrado que somos capaces de facernos valer e saberemos enfrontar con coraxe, con unidade e con decisión o futuro máis inmediato. Este é agora o noso reto, e a el nos dedicaremos con todas as nosas forzas”, concluíu.

En resposta aos medios, a dirixente nacionalistas aclarou que o BNG non está propoñendo unha cancelación do proceso electoral, senón un aprazamento con todas as garantías xurídicas e desde o consenso, ao tempo que tamén demando consenso para facilitar o traballo de impulso e control do poder lexislativo a través da Deputación Permanente nunha situación excepcional.


#Galegas2020 #Coronavirus

Fonte: BNG.

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
13 de março de 2020 18:38

_______

xoves, febreiro 13, 2020

Dando contas do que se fai no Parlamento: O diputado galego Nestor Rego en Ferrol: Acto Público do BNG sobre o acordo de investidura - O que o BNG conseguiu para Galiza - O vindeiro venres 14 de febreiro, ás 8 da tarde no salón de actos do antigo Hospicio de Ferrol


Acto Público do BNG sobre o acordo de investidura. O que o BNG conseguiu para Galiza

➤ Acto público informativo sobre o o acordo de investidura en Ferrol. O que o BNG - Bloque Nacionalista Galego conseguiu para Galiza.

O vindeiro venres 14 de febreiro ás 20 horas no salón de actos do antigo Hospicio de Ferrol (r/ Méndez Núñez 11) nun acto público explicaremos os acordos aos que o BNG chegou en Madrid e a súa repercusión na nosa cidade e na nosa comarca. Contará coa presencia do deputado galego no Parlamento Español, Nestor Rego e o o voceiro do grupo municipal do BNG de Ferrol, Iván Rivas.

Baseado no enviado polo:
BNG
-bng@ferrol.es-
12 de fevereiro de 2020 13:07

______________

venres, febreiro 07, 2020

O PP perde a Alcaldía de Fene, que pasa ao BNG - Juventino Trigo pasa ser o novo alcalde ao ser aprobada a moción de censura presentada por nacionalistas, PSOE e Esquerda Unida.

Juventino Trigo é parabenizado por veciños e veciñas finalizado o pleno extraordinario. (Iago Varela)

O PP perde a Alcaldía de Fene, que pasa ao BNG


Juventino Trigo pasa ser o novo alcalde ao ser aprobada a moción de censura presentada por nacionalistas, PSOE e Esquerda Unida.

Juventino Trigo (BNG) volve á Alcadía de Fene. O rexedor nacionalista fora despoxado do bastón de mando en 2018 por unha moción de censura presentada polo PP e Somos Fene, unha marea local desautorizada por En Marea. Nas eleccións de 2019, o BNG atinxía 6 representantes, os mesmos que PP, PSOE lograba 4 e Esquerda Unida 1. A Alcaldía fora parar o candidato popular, Gumersindo Galego.

Esta sexta feira, a moción de censura presentada por BNG, PSOE e EU saíu adiante no pleno extraordinario e afastou do poder a Gumersindo Galego, ao que a até agora oposición responsabilizaba de dirixir “un goberno agónico, sen orientación, sen apoio interno nin externo e cunha xestión moi negativa para o pobo de Fene". “Parou en seco a actividade e xestión administrativa", e "foi incapaz de impulsar actividades e proxectos máis aló do que viña facendo por inercia", denunciaban.

A moción de censura saiu adiante con 9 votos a favor e 6 en contra. O novo alcalde prometeu o cargo "por imperativo legal" e apelou a traballar para "a rexeneración política de Fene.
Juventino Trigo (BNG) novo alcalde de Fene pic.twitter.com/yNcc6VegAg
patricia hermida (@Patri_Hermida)
February 7, 2020
Publicado en Nós Diario | 07.02.2020
_______

mércores, xuño 05, 2019

Comunicado da Executiva Nacional do BNG sobre as eleccións municipais e europeas do 26 de maio


En relación ao escenario aberto tras as eleccións do 26 de maio a Executiva Nacional do BNG fai as seguintes consideracións:

1.- O resultado das eleccións municipais confirma o avance social do BNG, consolidada ao Bloque como terceira forza política no ámbito municipal cunha sólida implantación territorial e sáldase con representación en todas as corporacións das grandes cidades galegas e coa alcaldía de Pontevedra.

2.- O incremento á alza trasládase tamén aos resultados das eleccións europeas, nas que se duplica o número de apoios nun notable avance que sitúa ao BNG como terceira forza política en Galiza tamén no ámbito europeo.

3.- O escenario postelectoral deixa un escenario aberto en moitos concellos e deputacións. Dixémolo en campaña e reafirmámolo agora: imos traballar para evitar gobernos da dereita.

4.- O BNG tomará as decisións sobre os pactos avaliando caso a caso e nesa toma de decisións será clave o papel da militancia a través das asembleas locais.

En todo caso, calquera acordo se formulará en base a criterios programáticos que permitan darlle á veciñanza gobernos transformadores, en clave de país, que aposten por un modelo municipal no que se teñan en conta cuestións como a mobilidade, a sustentabilidade, as políticas sociais e de igualdade, a defensa da economía local e de proximidade ou o apoio a lingua e a cultura do país.

5.- O BNG é unha forza política cun programa xenuíno, non homologable ás forzas de ámbito estatal, e imos traballar desde os concellos, -ben na oposición, ben no goberno-, para facer avanzar o proxecto de país que temos para Galiza e que, tamén se constrúe cun avance do BNG nas vilas e cidades.

6.- En relación ás deputacións, o BNG aposta por unha reflexión demorada sobre o noso papel nestas institucións e facer unha avaliación do resultados dos pactos de cogoberno destes catro anos. En todo caso, de cara ao futuro, salientar que calquera acordo estará guiado polo criterio de baleirado competencial destas institucións, -un horizonte no que hai que camiñar-, pola eliminación de calquera amiguismo e caciquismo, garantido o seu funcionamento democrático e o trato igualitario a todos os concellos.

7.- O BNG vai abrir un espazo de diálogo para evitar gobernos de dereita e poder levar a cabo políticas realmente transformadores.

8.- A Executiva nacional volve trasladar o seu recoñecemento a toda a militancia e simpatizantes, candidatos e candidatas polo seu traballo. O mellor do BNG é unha militancia activa, que actúa con xenerosidade e cun único interese: fortalecer a presenza do nacionalismo galego para ofrecer un horizonte de esperanza para este país.

Compostela, 29 de maio de 2019

Executiva Nacional do BNG

Bloque Nacionalista Galego
Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 - Santiago de Compostela - GALIZA
Correo: sedenacional@bng.gal
Teléfono: 981555850
Web: https://www.bng.gal/

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
5 de junho de 2019 08:10

____________

xoves, maio 30, 2019

O ‘sorpasso’ en votos do BNG ao PP abre a porta ao primeiro goberno de esquerdas en Barreiros - Ana Ermida, nº1 da candidatura: 'A sensación é de alivio e liberdade por rachar con tantos anos da dereita en Barreiros'

Ana Ermida nº1 da cabndidatura do BNG, a máis votada no concello de Barreiros (A Mariña). AXM

Candidatura do BNG de Barreiros, liderada por Ana Ermida. AXM

O ‘sorpasso’ en votos do BNG ao PP abre a porta ao primeiro goberno de esquerdas en Barreiros. |
Os nacionalistas empatan a cinco concelleiros cos populares e o PSOE obtén un edil.

Barreiros deparou a gran sorpresa das eleccións municipais 2019 na Mariña Lucense co empate a cinco edís entre o Bloque Nacionalista Galego (BNG) e o Partido Popular (PP). A candidatura nacionalista, liderada por Ana Ermida, superou aos populares como a forza máis votada con 941 votos (46,47%), o que lle outorgará a posibilidade de formar un executivo de esquerdas por primeira vez en toda a democracia.

O PP de Alfonso Fuente Parga, alcalde desde 2005, obtivo 877 apoios, o 43,31% do escrutado, mentres que o PSdeG-PSOE de Carmen Veiga sumou 178 para acadar un edil. Unha coalición de esquerdas podería poñer fin a unha etapa de mandatos conservadores que duraba desde 1979, con Manuel Díaz Sampedro, Luis Fraga Leiro e o propio Fuente Parga.

RESPONDEREMOS AO APOIO

A líder da lista do BNG barreirense agradeceu o apoio dos votantes. “Aínda nos costa crelo, puxemos moito esforzo e moitas ganas neste proxecto e ser a primeira forza é algo impresionante. A sensación é de ilusión e de ganas e responderemos a este respaldo da cidadanía”, concluíu Ermida.


“A sensación é de alivio e liberdade por rachar con tantos anos da dereita en Barreiros”. | Ana Ermida, do BNG, será a alcaldesa do municipio barreirense despois da vitoria dos nacionalistas nas eleccións municipais do pasado domingo.

Ana Ermida (Barreiros, 1983) ten unha leve afonía, probablemente produto da campaña electoral e tamén da celebración dun fito histórico: por primeira vez, o Bloque Nacionalista Galego (BNG), a candidatura que liderou, gobernará o municipio barreirense, poñendo fin así a mandatos conservadores desde as primeiras eleccións municipais trala ditadura, no 1979.

Como está despois da vitoria deste domingo?


Aterrizando (risas). Estamos recibindo moitas chamadas para felicitarnos, xente que pola rúa nos dá a noraboa. Isto danos moito ánimo, ilusión para o que temos por diante.

Barreiros terá por primeira vez un goberno de esquerdas desde 1979. Imaxino que haberá xente maior que non coñeceu máis ca primeiro a ditadura e despois executivos de dereitas no municipio. Que lles di a xente?


Pois creo que a sensación xeral é de alivio, dunha certa liberdade. Rachamos co que case poderiamos chamar unha tradición. Vai haber un cambio total: haberá un goberno de esquerda, nacionalista e cunha muller á fronte.

“vai haber un cambio total: haberá un goberno de esquerdas, nacionalista e cunha muller á fronte”

No 2015, a primeira vez que se presentou como candidata, quitou 699 votos (catro edís), por 377 de 2011 (dous). Agora alcanzou os 941, para sumar cinco actas. Cando se deu conta de que o BNG podía alcanzar o goberno?

Pois a verdade é que eu non o crin ata que se pechou o escrutinio, mesmo agora me custa crermo. É certo que viñamos nun ritmo ascendente e que fixemos un traballo importante ao longo dos anos, cun grupo de xente plural e diverso, que traballa moitísimo, con xente nova e con moita ilusión.

Creo que a campaña foi determinante, porque foi limpa e dinámica, falamos de nós e do que tiñamos que ofrecer aos barreirenses, sen entrar en descualificacións. E conforme avanzaron os meses si que percibimos un aire distinto, xente que de súpeto non tiña medo de posicionarse.

“a campaña foi limpa, centrámonos no programa e creo que iso foi determinante. de súpeto, a xente non tiña medo de posicionarse”

Foi a primeira candidata en anunciarse da Mariña Lucense e quizais unha das máis madrugadoras de Galicia.

Si, en xullo. Queriamos demostrar que había un proxecto definido, cunha cabeza visible, preocupado só en chegar á xente. Tentamos levalo á veciñanza polas parroquias e creo que fixemos o que tiñamos que facer; ser positivos, falar do noso programa e dunha serie de medidas para sacalas adiante. Creo que a xente percibiunos como unha alternativa real.

Como interpreta o resultado e que cre que é o prioritario en Barreiros?


Interpretamos que os barreirenses votaron a favor dun cambio da maneira de facer as cousas. Cremos que ese voto tivo que ver co noso traballo por estar en contacto permanente coa veciñanza e por iso adquirimos un compromiso de goberno de que a cidadanía teña a súa participación na política e que estea enterada de como e por que se fan as cousas, de que haxa un executivo transparente. Queremos levar a cabo unha auditoría das contas municipais para que todo o mundo saiba o que hai e tamén para nós, para saber de que partimos.

“queremos transparencia. faremos unha auditoría de contas para mostrarlle á veciñanza de onde partimos”

Por outra parte, aspiramos a gobernar cunha planificación que teña en conta os recursos cos que contamos. Non estamos para un ano senón para catro, polo que hai que facer un plan a medio prazo. Queremos ser un punto e aparte do que se fixo ata agora.

Falaba antes da súa condición de muller. Foron poucas as candidatas na Mariña Lucense nestas eleccións xerais.

Isto é importante para que a sociedade confíe cada vez máis en nós e tamén para que se goberne cun punto de vista diferente, máis feminino. Somos a metade da poboación e tradicionalmente fomos esquecidas. Hai que dar voz e representación a quen non a ten, penso tamén nas persoas maiores. Ogallá algún día non falemos disto e ser alcaldesa entre dentro dunha normalidade, pero por agora lamentablemente segue a ser unha nova.

Imaxino que, para unha estabilidade de goberno, buscarán un pacto co PSOE barreirense, que sumou un edil. Xa conversou con Carmen Veiga, a edil socialista?

Aínda é cedo para conversar con outros partidos porque nin sequera conversamos entre nós (risas). Por suposto queremos un goberno estable, e temos o compromiso de responder á confianza maioritaria da cidadanía cun executivo que respecte e leve adiante o programa que se lle ofreceu aos votantes.

“ogallá os resultados do bloque dean confianza á nosa xente. penso que gañamos en credibilidade cada día”

Tamén é a responsable comarcal do Bloque. Que valoración fai dos resultados?

As eleccións serían positivas aínda que non se desen resultados coma os desta vez polo traballo da nosa xente. Temos persoas que traballaron arreo durante a campaña para cambiar as cousas. Obviamente, os resultados son bos, gañamos unha alcaldía que non tiñamos e mantemos a de Ribadeo. Subimos en moitos concellos e é posible que entremos en gobernos de coalición.

Penso que demostramos que onde gobernamos, facémolo ben. Temos un exemplo ao lado. Cada día gañamos en credibilidade e creo que a xente nos ve xa como unha alternativa real para gobernar. Ogallá que este apoio lle dea confianza á nosa xente para seguir.

Resultados Eleccións Locais 2019 en Barreiros. | Acceder.

Publicado no Xornal da Mariña. | Para a entrevista:  Ramón González Rey. | 26 e 27 de maio de 2019. | Xornal da Mariña é o primeiro gran xornal dixital en galego do norte da provincia de Lugo e comarcas do Eo.
______________

mércores, maio 22, 2019

O BNG de Ferrol sobre o benestar animal: 'Ferrol debe asegurar o benestar animal se quere ser unha cidade saudable e sustentable' - E Axenda para hoxe 22 de maio, detacando o Acto Central no Teatro Jofre, ás 20:15hs, coas intervencións de Ana Pontón, Ana Miranda, María do Mar López e Iván Rivas, e participación de Jasper (Cantante de Nao)


O BNG de Ferrol celebrara hoxe mércores 22 de maio o seu Acto Central no Teatro Jofre


Na axenda para hoxe mércores 22 de maio, detaca o Acto Central no Teatro Jofre, ás 20:15hs, coa participación Jasper (Cantante de Nao) e as intervencións de Ana Pontón (portavoz nacional do BNG e do grupo parlamentario),  Ana Miranda (eurodeputada e de novo candidata ao Parlamento Europeo por BNG - Agora Repúblicas), María do Mar López (nº2 da candidatura ao Concello de Ferrol) e Iván Rivas (candidato á alcaldía)


A cidade de Ferrol debe asegurar o benestar animal se quere ser unha cidade saudable e sustentable

O benestar animal é un dos obxectivos que definen ás cidades saudables e sustentables. Isto supón máis que un concurso escolar ou charlas divulgativas sobre a tenencia responsable de mascotas; boas iniciativas pero que non amañan os problemas que xorden da convivencia e que non garanten os dereitos das outras especies. Dende o BNG de Ferrol consideramos que Ferrol tamén pode ter oportunidades no desenvolvemento de políticas de benestar animal.

Existen na actualidade dous marcos lexislativos para a regulación da protección e o benestar animal, unha lei autonómica e unha ordenanza municipal. A regulamentación autonómica é basicamente un regulamento sancionador que non responde a unha verdadeira planificación da nosa convivencia con outras especies. Por pór un exemplo, exclúe da protección e benestar a todos os animais que participen en espectáculos taurinos. Mentres, a ordenanza municipal está sen desenvolver con políticas concretas, por exemplo no relativo ás colonias de gatos, ao refuxio mancomunado de Mougá ou á participación do movemento asociativo nestas políticas.

Unha cidade saudable é tamén a que ordena estas relacións, á que lle dedica recursos suficientes e ve tamén oportunidades para criar empregos e tecer redes de participación cidadá para a resolución dos problemas de convivencia que xorden.

Ferrol non pode seguir dando as costas aos aspectos relacionados co benestar animal. É preciso desenvolver o marco legal e dotalo de recursos económicos, atendendo aos puntos máis quentes nestas políticas (o refuxio e coidado de mascotas en situación de abandono, o control e ordenación das colonias de gatos ou a irrupción de animais salvaxes en zona urbana).

A concellaría que asuma Benestar Animal debe contar cunha partida orzamentaria específica e desenvolver un "Plan anual de actuación para o benestar animal e a convivencia cidadá". Desde esta concellaría débese constituír unha "Mesa de traballo e participación", onde estean representadas as asociacións que traballan neste ámbito e profesionais veterinarios que dun xeito altruísta están a colaborar con elas; impulsar o compromiso dos outros Concellos para ampliar e mellorar as instalacións de Mougá, asegurando os dereitos dos animais acollidos e canalizando unha liña de adopcións responsábeis.

Ferrol ten que habilitar espazos adecuados para a socialización canina, actualmente insuficientes; axilizar a inspección e trámite das denuncias por maltrato animal e os expedientes por molestias á veciñanza, derivados da tenencia de animais de compañía; aprobar un Protocolo de actuación  ante  un  animal abandonado, ferido, enfermo ou morto, e un "Plan colonial felino" do Municipio que contemple a esterilización, a atención sanitaria, a resolución de conflitos e a creación da figura urbana colaboradora no seguimento destas colonias.

Ferrol, 21 de maio de 2019.


https://youtu.be/YcpGMV5YLAE

O país que a grande maioría queremos é diferente ao que hoxe temos. Mais en moitos concellos o BNG demostra xa, no ámbito local, que a Galiza viva, dinámica e con futuro que soñamos, é posíbel e xa está en marcha. Con voz propia, coas ideas claras. O 26M, súmate á Galiza que vén, co BNG.

#AgoraEuropa #AgoraRepublicas #AgoraBNG

Coas Ideas Claras
http://ideasclaras.bng.gal/

Ferrol | Web | Facebook | Twitter.
#AgoraGaliza

#Agora Ferrol
#AgoraBNG
Local Electoral BNG Ferrol
Rúa Galiano, 66 Baixo.
BNG

Enviado por:
BNG Ferrol
-bngferrol@gmail.com-
21 de maio de 2019 17:44

_______________

luns, maio 20, 2019

Este mércores 22 de maio, ás 20:15hs, no Teatro Jofre Acto Central de campaña do BNG de Ferrol, coa presencia da candidata ás europeas Ana Miranda, a prlamentaria e portavoz Ana Pontón, o candidato á Alcaldía, Iván Rivas e María do Mar López, candidata nº 2


Acto Central do BNG de Ferrol no Teatro Jofre.
Mércores 22 de maio, ás 20:15hs.

Vai-se desenvolver o acto central da campaña das eleccións municipais e europeas.

Neste acto estará: María do Mar López, candidata nº 2, Ana Miranda, europarlamentaria galega e de novo candidata ao Parlamento Europeu polo BNG, na coalición Agora Repúblicas, Ana Pontón, portavoz nacional do BNG e do Grupo Parlamentario e Iván Rivas, actual concelleiro e portavoz do grupo municipal e de novo candidato a alcaldía de Ferrol.

Ademais contaremos coa participación de Jasper (cantante de NAO).

#AgoraEuropa #AgoraRepublicas #AgoraBNG

Coas Ideas Claras
http://ideasclaras.bng.gal/

Ferrol | Web | Facebook | Twitter.
#AgoraGaliza
#AgoraBNG
#Agora Ferrol
Local Electoral BNG Ferrol
Rúa Galiano, 66 Baixo.
BNG

Baseado no enviado por:
BNG
-bng@ferrol.es-
20 de maio de 2019 13:08

___________

martes, maio 14, 2019

A guerra sucia chegou ao Facebook: Unha campaña de denuncias inxustificadas bloquearon as páxinas de facebook do BNG, das localidades de Fene, Cabanas, Ferrol e Ferrolterra


Denuncias inxustificadas que bloquean as páxinas nesta rede.

Nás últimas horas varias contas do BNG de Facebook (case todas da comarca) foron pechadas temporalmente por "algunha denuncia". A de Fene só afectou de madrugada e xa está solucionada, outras como a de Cabanas tamén xa está restaurada. A de Ferrol e da comarca de Ferrolterra aínda non están accesíbeis...

#CoasIdeasClaras
#StopXogoSucio
#FairPlay

#AgoraConcellos #AgoraBNG

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
14 de maio de 2019 17:05

___________

sábado, abril 20, 2019

Nestor Rego e Ana Pontón estarán este luns 22 de abril no Acto Central do BNG en Ferrol, evento no que tamén interviran Ramón Fernández (Mon) e Iván Rivas candidato á Alcaldía de Ferrol, ás 8 da tarde no Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol (antigo Hospital de Caridade)


O vindeiro luns 22 de abril  ás 20:00 horas no Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol (antigo Hospital de Caridade) o BNG vai desenvolver o acto central da campaña das eleccións xerais, na cidade.

Neste acto intervirán: Ramón Fernández "Mon", candidato nº3 ao Congreso, Iván Rivas, candidato a alcaldía de Ferrol,  Ana Pontón, portavoz nacional do BNG e o candidato nº1 ao Congreso, Néstor Rego.


https://youtu.be/Sfong-R3BMA

Primeira intervención de Néstor Rego no Debate organizado pola TVG: "Se 10 segundos de silencio lles pareceron unha enternidade, pensade nos tres anos de Galiza sen voz propia en Madrid." [16 de Abril de 2019 (14:32 h.)]


https://youtu.be/TkaF2EdL3LY

Minuto final de Néstor Rego: "Neste país non hai nada máis revolucionario que confiar en nós mesmos, non hai maior rebeldía que apostar por unha forza propia como o BNG. Confíen en Galiza. Confíen no BNG". [16 de Abril de 2019 (14:33 h.)]

Se queres ver o debate completo: Ir á Web.

Nestor Rego na Galipedia.

Coas Ideas Claras
http://ideasclaras.bng.gal/

Ferrol | Web | Facebook | Twitter.

#AgoraGaliza
#AgoraBNG

#Ferrol

Enviado por:
BNG Ferrol
-bngferrol@gmail.com-
20 de abril de 2019 13:00

____________

venres, abril 12, 2019

Néstor Rego, candidato ao congreso polo BNG, comprométese en Ferrol a reclamar no Congreso que Defensa pague os impostos na cidade - Avoga por derrubar a muralla e abrir Ferrol ao mar - Rego apostou por incorporar de maneira decidida 'a construción naval civil' en Navantia evitando a 'dependencia permanente de decisións militares'r


Néstor Rego comprométese en Ferrol a reclamar no Congreso que Defensa pague os impostos na cidade. | Avoga por derrubar a muralla e abrir Ferrol ao mar. | O candidato á Alcaldía, Iván Rivas  denuncia que a dependencia de Ferrol ao estado leva ao concello ao suicidio urbanístico, económico e social.

O candidato do BNG, Néstor Rego comprometeuse hoxe en Ferrol a reclamar no Congreso que o Ministerio de Defensa pague os impostos na cidade. Rego afirmou que o Ministerio de Defensa debe cumprir “igual que todas as persoas, empresas e institucións coas súa obrigas tributarias co concello de Ferrol”.

Nun encontro co portavoz municipal e candidato á Alcaldía de Ferrol, Iván Rivas, Néstor Rego recalcou que a limitación de ingresos lastra a operatividade do concello de Ferrol e o Ministerio de Defensa non pode “condicionar o desenvolvemento urbanístico cunha ocupación do 20% do espazo urbano de Ferrol”.

Por outra parte, tamén se referiu a muralla que impide que Ferrol poida “abrise ao mar” e dende o BNG, dixo, avogamos por derrubar a muralla e esa  será unha exixencia que tamén defenderemos no Congreso, avanzou.

Dende o punto de vista económico, Rego apostou por incorporar de maneira decidida “a construción naval civil” en Navantia evitando a “dependencia permanente de decisións militares”. Para o candidato do BNG ao Congreso, unha institución pública como o Ministerio de Defensa non pode entrar en operacións de tipo “urbanístico especulativo e debe facilitar xunto a  administración local, unha dinámica para o desenvolvemento urbano” que favoreza os intereses socias para alén, por outro lado  de “seguir engordando a burbulla inmobiliaria” porque  dada a dinámica demográfica de Ferrol “carece de sentido”.

O noso compromiso no Congreso dos deputados será, en colaboración co BNG de Ferrol e institucións da cidade e comarca, “defender os intereses de Ferrol e buscar alternativas aos seus problemas", concluíu.

FERROL NON PODE SEGUIR CONDICIONADO POLO ESTADO


Pola súa parte, o candidato á Alcaldía de Ferrol, Iván Rivas explicou que a relación do Estado coa cidade de Ferrol é transcendental porque condiciona o seu desenvolvemento “urbanístico” cun convenio pendente hai máis de vinte anos grazas á “complicidade” dos goberno locais  sobre a propiedades que posúe o  Estado no concello e que “non son poucas”.

Rivas, na liña de Néstor Rego, reiterou que o Ministerio de Defensa condiciona o ámbito económico a través da ocupación pola que o estado non compensa aos veciños e veciñas. Ademais, dixo, temos o condicionamento dunha empresa pública, Navantia, controlada polo Ministerio e que na actualidade depende de que “un almirante” decida que as F110 inicien o camiño da súa execución. Rivas denunciou as diferentes reestruturacións coa conivencia das forzas políticas do concello que dende hai anos, explicou non mostraron interese por mudar a situación. É fundamental, a presenza do BNG no Congreso para visibilizar a dependencia do concello co estado que está levando a Ferrol ao seu “suicidio urbano, económico e social.

Coas Ideas Claras
http://ideasclaras.bng.gal/

Ferrol | Web | Facebook | Twitter.

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
12 de abril de 2019 18:48

________

xoves, abril 04, 2019

O BNG oponse na Eurocámara á creación dun sistema europeo de pensións privado - Ana Miranda critica que ese produto só beneficiará ás rendas máis altas e suporá perda de ingresos para destinar a políticas sociais


A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, na súa intervención no debate sobre o informe “Produto paneuropeo de pensións individuais”, expresou a oposición do Bloque á creación dun sistema de pensións privado que ao seu xuízo só beneficiaría as rendas máis altas e suporá unha perda de ingresos públicos que se poderían destinar a outras políticas sociais, como a creación de emprego, a axuda aos máis desfavorecidos e tamén á dependencia. “Este produto ten o meu voto en contra e o da organización que aquí represento”, salientou.

A eurodeputada galega salientou que o Parlamento Europeo non dispón de competencias en materia tributaria, polo que destacou que este produto “agocha de novo unha trampa”. “Despois de teren sufrido numerosos recortes pola imposición da decisión da Troika e polas sucesivas reformas que tivemos en materia de pensións, particularmente promovidas polo PP, os nosos pensionistas teñen os seus dereitos mermados e non saberemos se as futuras xeracións terán pensións”, explicou.

Ana Miranda sinalou que ao longo desta semana as deputadas e deputados europeos recibiron máis de 20.000 correos de pensionistas, particularmente do Estado español “pedindo que votásemos contra este punto”. Porén, para os pensionistas galegos, moitos deles cunha pensión de 400€, ou de 600€ ou 700€, -e esas xa son consideradas altas-, ”será moi difícil acceder a este produto”.

Alarma social

Precisamente no anterior debate sobre as pensións, na sesión plenaria do pasado mes de setembro, a eurodeputada do Bloque acusou á Comisión Europea de crear alarma social para posteriormente dar paso a estes plans paneuropeos privados de pensións. Daquela xa sinalara que non é a demografía e o aumento do número de pensionistas o que pon en perigo as pensións públicas, “senón que o que realmente pon en perigo as pensións públicas é a política económica favorable aos intereses financeiros”.

Para o BNG, o volume de negocio destes plans privados só pode aumentar “se non protexemos e defendemos o sistema de pensións públicas”, sinalou Miranda, como fan os pensionistas desde hai meses desde a Coordinadora de Defensa das Pensións. “Curiosamente, a maioría dos informes que conclúen a insostibilidade do sistema público de pensións proveñan de fundacións e entidades ligadas á banca”, denunciou.

ana.miranda@europarl.europa.eu

Ana Miranda | Eurodeputada Galega polo BNG. | Ir á Web.

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
4 de abril de 2019 12:20

__________

O BNG considera necesario protexer a fraga de Menáncaro


Despois de acudir na tarde de hoxe á fraga de Menáncaro (Serantes), produto da chamada dos veciños que alertaron do desenvolvemento dunha tala nese espazo da cidade, dende o BNG consideramos, que máis alá de clarificar cales son os permisos e os trámites administrativos que aprobaron estes traballos, esta acción amosa que a política medioambiental neste Concello leva ausente durante os últimos dous mandatos.

Tivemos que demandar a inclusión da prohibición de plantación de eucaliptos na ordenanza da xestión dos Montes do Cha, ausente na proposta do Goberno, e agora temos que insistir na necesidade de desenvolver unha política medioambiental proteccionista do bosque autóctono.

Porque a fraga de Menáncaro segue a carecer dalgunha protección especifica despois de dous gobernos locais do PP e FeC que obviaron a demanda existente dunha protección específica produto do intento de desenvolver unha urbanización especulativa nun espazo que debe ser protexido polo seu alto valor medioambiental.

Para o BNG é prioritario a modificación do PXOM co obxecto de impedir este tipo de urbanizacións e protexer de maneira especifica este espazo natural da cidade.

Esta será unha iniciativa que guiará a acción política do BNG de cara ao próximo mandato.

Ferrol, 3 de abril, de 2019.

Ferrol | Web | Facebook | Twitter.

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
4 de abril de 2019 00:57

___________

Relacionados: Blogues en defensa da fraga de Menáncaro contra a súa explotación urbanística:

______

xoves, febreiro 07, 2019

O BNG pide que Navantía Ferrol evite o monocultivo militar e aposte tamén pola construción civil - Ana Pontón reclama a Feixóo que defenda ao sector: 'Que non veña de Miami con nova foguetería electoral como pasou con PEMEX' - Rivas denuncia a falta de apoio do concello ao naval de Ferrolterra, que contrapón co papel político do goberno local de Cádiz o seu estaleiro


Tivo lugar unha rolda de prensa do BNG este mércores, 6 de febreiro de 2019, en ferrol, coa presencia de Ana Pontón e Iván Rivas.

O BNG defende un sector naval con futuro en Ferrol e comarca, e para iso propón que se aproveite todo o potencial dos estaleiros de Navantia sen limitarse á actividade militar, senón apostando tamén polo mercado civil e de reparacións.

Queremos un sector naval con futuro que non sexa dependente da construción militar porque sería irresponsable renunciar a todo o potencial do sector”, salientou a portavoz nacional, Ana Pontón, “noutras palabras, defendemos un naval que tamén aposte pola construción civil, polo desenvolvemento tecnolóxico e pola I+D+i”.

Para sacar adiante esta aposta de país só fai falta “vontade política”, como en Cádiz, que a día de hoxe ten carga de traballo civil. “Se é posible en Cádiz tamén ten que ser posible en Ferrol, e non imos aceptar vetos encubertos á capacidade produtiva deste país”, recalcou a dirixente do Bloque, “pero para iso a Xunta ten que implicarse e gobernar”.

Entre outras cuestións, Pontón instou ao presidente da Xunta a cumprir a Lei de Fomento do naval en vigor desde hai nove anos que, entre outras cuestións, incluía a participación do Goberno galego no consello de administración de Navantia “para poder participar na toma de decisións nun sector estratéxico”.

De feito, Pontón denunciou que está en risco a posibilidade de que se constrúa un ferry por encargo do estaleiro Barreras, que pretendía derivar a Ferrol unha parte da súa carga de traballo: “Parece que se queren poñer problemas para conseguir máis carga de traballo”. A isto súmase que tras o publicitado contrato das F-110, o inicio efectivo da construción se aprace ao 2021 e só cunha fragata. “Fainos temer que a carga de traballo sexa moi inferior a que se anunciou”, advirte.

A líder do Bloque denunciou o incumprimento sistematico con Ferrol, “como o famoso centro de reparacións prometido por Feixóo fai case unha década e do que nada se soubo”, síntoma do “desleixo” do Executivo do PP “que non quere aproveitar o potencial da construción naval en Galiza”.

O que non é de recibo e que, de novo ás portas dun proceso electoral, veñan vendernos moito fume que veremos en que queda”, indicou en relación ás F-110, tras lembrar anteriores anuncios en véspera de citas coas urnas que quedaron en nada.

Feixóo vendeunos o suposto contrato con PEMEX como a salvación do sector naval galego pero que quedou reducido á mínima expresión,e esperamos que agora que está de novo nas Américas non nos volva traer de Miami un novo contrato que acabe sendo foguetería electoral”, ironizou.

Pontón avanzou que o BNG vai levar ao Parlamento unha batería de iniciativas a favor do sector naval de Ferrolterra, como a creación dun centro tecnolóxico do sector naval, “capaz de establecer sinerxías entre empresas, administración e universidade”, e reclamar o cumprimento da Lei de fomento do naval.

Tomadura de pelo


Pola súa parte o portavoz municipal e candidato á Alcaldía, Iván Rivas, cualificou de “tomadura de pelo” o plan estratéxico de Navantía porque suporá unha menor actividade. Rivas dixo “sentir vergoña allea” polo papel xogado por responsables políticos das forzas estatais aplaudindo un plan que implicará un 25% de despedimentos e o incremento das subcontratacións.

Lonxe de potenciar o sector naval de Ferrolterra, “a pretensión é converter Navantia nunha mera marca”, denunciou, “xogan con esta cidade embaucando con ideas como a do estaleiro 4.0 e presentando un plan que consiste en botar traballadores á rúa”.

O portavoz municipal advertiu que o obxectivo é “desmantelar o principal sector produtivo da cidade”, a diferencia do que se está a facer noutras partes do Estado. Neste sentido, parabenizou ao sector naval gaditano “por ter do seu lado ao seu alcalde e ao goberno local”, nas antípodas do que sucede en Ferrol onde prima “a submisión dos responsables políticos das forzas estatais” ante unha nova reestruturación do naval.

Ferrol: Web | Facebook | Twitter.
Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
06 de janeiro de 2019 20:15

________________