Amosando publicacións coa etiqueta Fuco Buxan A. C.. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Fuco Buxan A. C.. Amosar todas as publicacións

venres, febreiro 24, 2023

Acto Cívico dedicado a Rafael Pillado, este sábado 25 de febreiro, ás 11 da mañá, en San Felipe


Este sábado 25 de febreiro, ás 11 da mañá, na rampla do Castelo de San Felipe, a asociación Fuco Buxán, organiza un Acto Cívico dedicado a Rafael Pillado Lista [*].

Sempre na nosa memoria.

#RafaelPilladoLista

[*] Rafael Pillado Lista, San Cibrao (Cervo), 12 de xuño, de 1942 - Ferrol, 20 de febreiro, de 2023.
_______

domingo, maio 22, 2022

Proxección en Ferrol, do documentario 'Migas de pan', de Manane Rodríguez que estará presente no acto - Luns 23 de maio, ás 19:45hs nos cines 'Duplex' de Esteiro


Sesión programada pola Asociación Cultural Fuco Buxán dentro da iniciativa do cinema da nosa comarca “DUPLEX con...”, onde visualizaremos o documental “Migas de pan” e contaremos coa presenza da directora, Manane Rodríguez.

Luns 23 de Maio, ás 19:45hs
Colaboración con DUPLEX
Travesía Moreno, 3, Esteiro (Ferrol).

As entradas poden adquirirse no despacho de billetes ou na páxina web do cine.

Tráiler oficial...


Manane Rodríguez naceu en Uruguai en 1955, e aos vinte anos de idade tivo que exiliarse en Buenos Aires, onde estivo ata finais do 76. Logo do golpe de estado en Arxentina, debeu partir novamente, esta vez con destino a España, onde reside desde entón. Sufriu na súa propia familia a desaparición, a estancia en centros clandestinos de detención e o secuestro que caracterizou ás ditaduras existentes entón no seu país e Arxentina. En España, comezou a traballar como guionista e logo directora de cinema e televisión.

Migas de pan é unha película uruguaio-española de 2016. Dirixida por Manane Rodríguez, é un drama protagonizado por Cecilia Roth e Justina Bustos. Foi seleccionada por Uruguai para competir polo Óscar 2017 á mellor película de fala non inglesa. A moza Liliana Pereira Echevarría, en Montevideo, universitaria e nai dun bebé, participa nas loitas estudantís contra a ditadura cívico-militar no seu país. Xunto a outras mulleres, é secuestrada, encerrada e torturada, e desposuída da patria potestade do seu fillo. O apoio mutuo coas súas compañeiras de reclusión fortalécea e acompáñaa. Tras anos de exilio en España, e ao decatarse de que será avoa, Liliana decide volver a Uruguai para participar coas súas excompañeras na denuncia do inferno sufrido na súa mocidade e para recuperar os vínculos sentimentais co seu fillo.

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
20 de maio de 2022 17:38

_______

domingo, maio 08, 2022

Presentación en Ferrol do novo libro de Luis Gonzalo Segura: 'El ejército de Vox' - Organizada pola asociación cultural Fuco Buxá, para o vindeiro xoves, 12 de maio, ás 7 da tarde no Centro Cívico de Canido


Presentación en Ferrol do novo libro de Luis Gonzalo Segura: "El ejército de Vox", acompañado por Victor G. Novas (Fuco Buxán A.C.).

Luis Gonzalo Segura, exteniente do Exército de Terra español, deu un “Paso al frente” no ano 2014 para denunciar aquelo habitual no mundo militar pero descoñecido para a maioría da cidadanía (corrupción, abusos e privilexios anacrónicos). A súa denuncia pública custoulle meses de encerro nun centro disciplinario, unha intensa campaña de desprestixio e -finalmente- a expulsión das FF.AA. Colabora en diferentes medios de comunicación i é autor das novelas “Un paso al frente” (2014) e “Código rojo” (2015), e tamén dos ensaios “El libro negro del Ejército español” (2017), “En la guarida de la bestia” (2019) i “El Ejército de Vox” (2020).

As últimas eleccións democráticas (abril/novembro 2019) confirmaron a presenza parlamentaria da extrema dereita e a relación clara, directa e irrefutable coas FF.AA. polos resultados electorais de Vox en vivendas militares, bases e comandancias, emprazamentos nos que a extrema dereita obtén resultados por riba doutros entornos. Políticos, periodistas, académicos ou intelectuais non se enfrontaron a unha realidade que, dende a publicación deste libro, será imposible negar.

Xoves 12 de maio ás 19 h. no Centro Cívico de Canido - Ferrol

ASOCIACIÓN CULTURAL FUCO BUXÁN
Calle Armada Española,nº 32 Baixo.
Ferrol,15406

fucobuxan@gmail.com
http://www.fucobuxan.net

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
8 de maio de 2022 11:50

_______

martes, abril 26, 2022

Presentación do libro 'Alejandro Viana, un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos' (Ed. Belagua) por Roberto Mera Covas, acompañado de Henrique Dacosta e Víctor García Novás - O venres 29 de abril, ás 8 da tarde, no Centro Cívico de Canido


Presentación do libro "ALEJANDRO VIANA, un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos" (Ed. Belagua) por Roberto Mera Covas, acompañado de Henrique Dacosta e Víctor García Novás.

📅 Venres 29/Abril/2022
20hs
📍 Centro Cívico de Canido

Con esta obra, o autor achéganos á historia dun “ponteaerán de película”, o Schindler galego, do que quere subliñar a súa faceta humanitaria. Na Europa ocupada polos nazis miles de exiliados republicanos devecían por chegar a América para salvar as súas vidas.

Alejandro Viana, á fronte de varias organizacións humanitarias, organizou a saída de miles de refuxiados nunha trintena de expedicións marítimas. Acosado pola Falanxe e a GESTAPO, emprendeu unha fuxida e logo de once meses de anguriante viaxe por África, logrou chegar a México, xunto coa súa dona e coa certeza de que xamais podería retornar á súa terra.

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
25 de abril de 2022 22:00

_______

martes, abril 19, 2022

Conferencia de Armando Fernández Steinko en Ferrol: ‘Ucraína. Orixes e consecuencias dun conflito’ - Este Xoves 21 de abril, ás 7 da tarde no Centro Cívico de Canido


A A.C. FUCO BUXÁN convídate á conferencia, e posterior coloquio, que leva por título "Ucraína. Orixes e consecuencias dun conflito" na que intervirá o catedrático de Socioloxía da Universidad Complutense de Madrid Armando Fernández Steinko (www.ucraniasincensura.com).

Nun momento de relato polarizado, de insidiosas tácticas de desinformación, de baleiros informativos, dende a A.C. Fuco Buxán, queremos, con esta actividade e cunha voz rigurosamente analítica, deternos nas claves dun conflito que nos afecta tan directamente coas súas repercusións presentes e futuras e co ánimo de acadar respostas solventes fomentando o pensamento crítico e reflexivo.

Armando Fernández Steinko, que estudou socioloxía, historia e literatura en distintas universidades de Europa (Friburgo, Hamburgo) e Canadá (Brock), como ensaísta ten publicadas numerosas monografías e decenas de artigos relacionados cos movementos sociais, socioloxía i economía do delito. Algúns dos seus últimos libros levan por título ‘Tres ciclos para domesticar un siglo’ (2001), ‘Clase, trabajo y ciudadanía’ (2004), ‘Las pistas falsas del crimen organizado’ (2008), ‘Delincuencia, finanzas y globalización’ (2013) e ‘La economía ilícita en España’ (2021).

Xoves 21 de abril ás 19 h. no Centro Cívico de Canido - Ferrol

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
18 de abril de 2022 22:06

_______

mércores, abril 06, 2022

Presentación do libro 'Linguística escreve-se com A', de Teresa Moure - Xoves 7 de abril, ás 7 da tarde, no centro Cívico de Canido - Coa participación da autora - A perspectiva de xénero nas ideas sobre a linguaxe



ACTO | Presentación “Linguística escreve-se com A" de Teresa Moure. Falaremos da historia da lingüística con perspectiva feminista, da exclusión das mulleres e das causas. Coa autora do libro, faremos un recoñecemento fronte á invisibilización.

Día: Xoves 7 de abril
Hora: ás 7 da tarde.
Lugar: Centro Cívico de Canido (Ferrol)

Fuco Buxán, A. C. organiza un acto de presentación do libro “Linguística escreve-se com A" de Teresa Moure, onde contaremos coa profesora titular de Lingüística Xeral na Universidade de Santiago de Compostela, Teresa Moure, para falar da historia da lingüística con perspectiva de xénero xa que, como noutras disciplinas, os manuais da lingüística reproducen unha invisibilidade das mulleres neste eido. Neste libro atoparemos un exercicio de recoñecemento fronte ao esquecemento das lingüistas, reflexionando sobre as causas da súa exclusión. Este recoñecemento supón narrar a historia da otredade ilustrando a participación das mulleres neste saber ou en relacionados como a tradución, a criptografía, a criptografía, a antropoloxía, a primatoloxía, a sociolingüística ou a filosofía da linguaxe que, ademais, traían formulacións e procedementos diverxentes aos tradicionais.

Teresa Moure é investigadora e docente en universais da linguaxe, ecoloxía lingüística e estudos de xénero. Paralelamente, desenvolveu unha faceta literaria como novelista, dramaturga, ensaísta e poeta en lingua galega. Varias das súas obras de creación foron traducidas ao español (Herba moura, A intervención ou Unha nai tan punk) así como a outras linguas. Con elas gañou diversos premios (Premio da Crítica de narrativa galega 2005, Rafael Dieste de Teatro e Premio María Casares de teatro en 2009 ou Premio Ramón Piñeiro de ensaio en 2005 e en 2012). En 2012 en Queer- emos un mundo novo xa abordaba os compromisos éticos dunha linguaxe inclusiva, un punto de arranque para agora revisar a historia das ideas lingüísticas en busca de voces.

Agardamos a vosa presenza!

ASOCIACIÓN CULTURAL FUCO BUXÁN
Calle Armada Española,nº 32 Baixo.
Ferrol,15406
Chamar 981 32 54 92
fucobuxan@gmail.com


Enviado por:
Inacio GZ
-inaciogz@gmail.com-
4 de abril de 2022 22:20
_______

mércores, marzo 30, 2022

Charla-Coloquio coa participación de Mayte Martínez, Benigno Prieto e Mohamed Safa en solidariedade co Pobo Saharauí - O xoves 31 de marzo, ás 7 da tarde no Centro Cívico de Canido (Ferrol) - Palestina e Sahara Occidental, dous pobos con dereito á autodeterminación


Charla-Coloquio: "Palestina e Sahara Occidental, dous pobos con dereito á autodeterminación"

Coa participación de:

Mayte Martínez e Benigno Prieto da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí.

✔ e Mohamed Safa, activista pro Palestina.

Día: xoves 31 de marzo.
Hora: ás 7 da tarde.
Lugar: Centro Cívico de Canido (Ferrol)
Organiza: A. C. Fuco Buxán.
Colaboran: Asociación Veciñal de Canido e Concello de Ferrol.
_______

martes, febreiro 22, 2022

Pola unidade sindical nos actos conmemorativos do 50 aniversario do Dez de Marzo do 72 - Aos Sindicatos da Clase Obreira Galega e a toda a cidadanía


POLA UNIDADE SINDICAL NOS ACTOS CONMEMORATIVOS DO DEZ DE MARZO

Aos Sindicatos da Clase Obreira Galega e a toda a cidadanía:

Cúmprese en datas inmediatas o 50º Aniversario do Dez de Marzo de 1972, daqueles feitos orixinados na loita, dos traballadores organizados, por unhas condicións laborais dignas e pola consecución para eles, e para toda a cidadanía dos dereitos e liberdades democráticas.

Desde as Asociacións Culturais Fuco Buxán e Memoria Histórica Democrática, iniciamos co título “Memoria e Dignidade” unha programación de Actos conmemorativos ao longo de todo o 2022. Actos que non pretenden quedarse nun exercicio de nostalxias pasadas, pola contra ademais de lembrar aqueles feitos pretendemos traelos ao presente, tamén ao futuro, como símbolo da eficacia da organización obreira, da fraternidade do mundo do traballo para unidos todas e todos facer fronte a explotación, á continua negación de dereitos, a defensa da saúde e condicións de vida e que permanentemente vemos comprometidas.

Por iso, este vindeiro Dez de Marzo, por todo o anteposto e como Homenaxe ao enorme sacrificio dos protagonistas de entón polo ben común, demandamos de todas as  Organizacións Sindicais a CELEBRACIÓN UNITARIA dos actos Institucionais  e a CONVOCATORIA DUNHA ÚNICA MANIFESTACIÓN, que ben podería selo baixo o lema: “En defensa dos servizos públicos e do emprego en Ferrolterra

A colaborar nesta UNIDADE o Dez de Marzo estamos a disposición de todas e de todos e convidamos a todas as Institucións e Entidades políticas, sociais, culturais, a toda a cidadanía en xeral a colaborar e difundir e participar desta unidade conmemorativa.

Ferrol, 20.02.2022

10 de Marzo de 1972
50 Aniversario
Memoria e Dignidade


Achegamos: Manifesto. Relación de Adhesións. Logotipo.

Contacto:
10m72.50aniversario@gmail.com

Facebook:
Dez de Marzo Cincuenta Aniversario.

Documentos:

✔ Selo Logotipo 50 aniversario do 10 de Marzo. | Acceder/Baixar.

✔ Manifesto do 50 aniversario do 10 de Marzo. | Acceder/Baixar.

✔ Apoios ao Manifesto do 50 aniversario do 10 de Marzo. | Acceder/Baixar.

[*] Contactos:

✔ Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-

✔ Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática -memoriahistoricademocratica@gmail.com-

Relacionado:


Memorábel concerto conmemorativo do 50 aniversario do 10 de Marzo de 1972 - Interpretado polo quinteto de vento metal 'Hércules Brass' - Estrea da peza sinfónica 'Ferrol 1972' - Intevencións Juán Durán, Rafael Pillado e Angel Mato - Dez de Marzo Sempre !! - Memoria e Dignidade - Vídeo e fotos. | Ir a Ártabra 21.

Enviado por:
10M72 50Aniversario
-10m72.50aniversario@gmail.com-
21 de fevereiro de 2022 22:50

_______

10 de marzo: Presente e Futuro - Mesa Redonda en Narón, o venres 25 de febreiro, no Auditorio Municipal (Praza de Galicia) -


As asociacións Memoria Histórica Democrática e A .C. Fuco Buxán convidan a participar na mesa redonda e posterior coloquio sobre o 10 DE MARZO, PRESENTE E FUTURO na que destacadas personalidades analizarán aqueles acontecementos dende puntos de vista diversos aportando as súas testemuñas i experiencias. Aqueles feitos foron o momento más importante na loita da clase obreira galega 'organizada' contra a ditadura franquista e tiveron repercusión
internacional porque non foi só por unhas puntuais condicións de traballo, senón polas liberdades e por un sistema democrático. O pasado, máis aló do mero exercicio de nostalxia,ten que ver co que ocorre hoxe coa fraxilidade dos dereitos máis básicos e de grandes desigualdades sociais. Os grandes sacrificios que agora rememoramos deben orientamos á hora de sacar esperanzadoras leccións para manter e defender aqueles valores que son os de sempre.

Dita mesa redonda forma parte dos actos relacionados co Cincuentenario do 10 de Marzo do 72, unhas actividades que se prolongarán ao longo do ano e nas que
queremos que todas e todos teñamos protagonismo e participación.

Venres 25 de febreiro ás 19,30 h, no Auditorio de Narón (Pza. de Galicia).

MESA REDONDA
Rafael Pillado cofundador das CCOO e do PCG.
Sai Alabau, mestra, militante do PCG e presidenta de Asfedro.
(Ambos protagonistas daqueles feitos do 1972)
Xesús Alonso Montero, catedrático emérito de literatura galega, escritor e expresidente da R.A.G.
Ánxela Loureiro, mestra i escritora.
Xosé Gómez Alén, catedrático, historiador e vicepresidente da Fundación ´Xaime Quesada Blanco´.

Entrada libre.

10 de Marzo de 1972
50 Aniversario
Memoria e Dignidade


Achegamos: Manifesto. Relación de Adhesións. Logotipo.

Contacto:
10m72.50aniversario@gmail.com

Facebook:
Dez de Marzo Cincuenta Aniversario.

Documentos:

✔ Selo Logotipo 50 aniversario do 10 de Marzo. | Acceder/Baixar.

✔ Manifesto do 50 aniversario do 10 de Marzo. | Acceder/Baixar.

✔ Apoios ao Manifesto do 50 aniversario do 10 de Marzo. | Acceder/Baixar.

[*] Contactos:

✔ Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-

✔ Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática -memoriahistoricademocratica@gmail.com-

Relacionado


Memorábel concerto conmemorativo do 50 aniversario do 10 de Marzo de 1972 - Interpretado polo quinteto de vento metal 'Hércules Brass' - Estrea da peza sinfónica 'Ferrol 1972' - Intevencións Juán Durán, Rafael Pillado e Angel Mato - Dez de Marzo Sempre !! - Memoria e Dignidade - Vídeo e fotos. | Ir a Ártabra 21.

Enviado por:
10M72 50Aniversario
-10m72.50aniversario@gmail.com-
20 de fevereiro de 2022 21:19
_______

domingo, febreiro 20, 2022

Encontro coa Universidade da Coruña dunha comisión polo 50 aniversario do marzo do 72 reuníronse na coa Vicerreitora do Campus de Ferrol, María Jesús Movilla Fernández e co profesor Uxío Breogán Diéguez Cequiel, Director da Cátedra de Memoria Histórica

ENCONTRO COA UNIVERSIDADE

A compañeira Beatriz Rascado  e os compañeiros Víctor García Novás, Manuel Rodríguez Carballeira e Manuel Fernández Pita, das asociacións culturais Fuco Buxán e Memoria Histórica Democrática, reuníronse na Universidade coa Vicerreitora do Campus de Ferrol e de Responsibilidade Social, María Jesús Movilla Fernández e co profesor Uxío Breogán Diéguez Cequiel, Director da Cátedra de Memoria Histórica da Universidade de A Coruña e membro do Padroado da Fundación Moncho Reboiras.

Abordaron neste encontro a colaboración da Universidade nas actividades previstas ao longo deste ano conmemorando o 50º Aniversario do Dez de Marzo de 1972 e tamén unha serie de actos a realizar conxuntamente, no marco dos campus de Ferrol e Coruña.

10 de Marzo de 1972
50 Aniversario
Memoria e Dignidade


Achegamos: Manifesto. Relación de Adhesións. Logotipo.

Contacto:
10m72.50aniversario@gmail.com

Facebook:
Dez de Marzo Cincuenta Aniversario.

Documentos:

✔ Selo Logotipo 50 aniversario do 10 de Marzo. | Acceder/Baixar.

✔ Manifesto do 50 aniversario do 10 de Marzo. | Acceder/Baixar.

✔ Apoios ao Manifesto do 50 aniversario do 10 de Marzo. | Acceder/Baixar.

[*] Contactos:

✔ Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-

✔ Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática -memoriahistoricademocratica@gmail.com-

Relacionado


Memorábel concerto conmemorativo do 50 aniversario do 10 de Marzo de 1972 - Interpretado polo quinteto de vento metal 'Hércules Brass' - Estrea da peza sinfónica 'Ferrol 1972' - Intevencións Juán Durán, Rafael Pillado e Angel Mato - Dez de Marzo Sempre !! - Memoria e Dignidade - Vídeo e fotos. | Ir a Ártabra 21.

Enviado por:
10M72 50Aniversario
-10m72.50aniversario@gmail.com-
18 de fevereiro de 2022 12:55

_______

martes, febreiro 15, 2022

Unha comisión do 50 Aniversario Dez de Marzo do 72 entrevistou-se co Bispo de Mondoñedo-Ferrol, Fernando García Cadiñanos - Álbum fotográfico do Concerto conmemorativo do 50 Aniversario, celebrado o sábado 12 de febreiro de 2022


ENTREVISTA CO O BISPO MONDOÑEDO-FERROL

O pasado xoves, Manuel Fernández Pita, Rafael Pillado, Beatriz Rascado e Víctor García Novás, representando ás Asociacións Culturais Fuco Buxán e Memoria Histórica Democrática, acompañados polo sacerdote e enfermeiro Xaquín Campo Freire, visitaron ao Bispo da diocese Mondoñedo-Ferrol, Fernando García Cadiñanos, para comentarlle o programa de actos previsto na conmemoración do 50º Aniversario do Dez de Marzo do 72.

Falaron da participación daquela de determinados cregos que apoiaron as reivindicacións do movemento obreiro nas súas parroquias e que sufriron a represión policial e da propia Iglesia e da decisión de recoñecerlles neste ano de actividades o seu papel solidario daquelas datas, a través dunha mesa redonda, unha publicación e a proxección dun documental.

Ofreceuse o Bispo a colaborar e participar, escribindo en prensa sobre o tema e anunciando a lectura dunha pastoral relativa a estes feitos, nas igrexas da súa demarcación, para o vindeiro Dez de Marzo.


Concerto conmemorativo do 50 Aniversario do Dez de Marzo de 1972

✅ Álbum fotográfico do evento | 12.02.2022  | Acceder/Baixar.

Fotos: Susana Alaníz, Chelo Carballal, Fer Ocampo, Juan C. Valle “Karlotti”, Andrés Santalla e Protocolo Concello de Ferrol.

10 de Marzo de 1972
50 Aniversario
Memoria e Dignidade


Achegamos: Manifesto. Relación de Adhesións. Logotipo.

Contacto:
10m72.50aniversario@gmail.com

Facebook:
Dez de Marzo Cincuenta Aniversario.

Documentos:

✔ Selo Logotipo 50 aniversario do 10 de Marzo. | Acceder/Baixar.

✔ Manifesto do 50 aniversario do 10 de Marzo. | Acceder/Baixar.

✔ Apoios ao Manifesto do 50 aniversario do 10 de Marzo. | Acceder/Baixar.

[*] Contactos:

✔ Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-

✔ Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática -memoriahistoricademocratica@gmail.com-


Enviado por:
10M72 50Aniversario
-10m72.50aniversario@gmail.com-
15 de fevereiro de 2022 16:45
15 de fevereiro de 2022 12:14

______

domingo, febreiro 13, 2022

Memorábel concerto conmemorativo do 50 aniversario do 10 de Marzo de 1972 - Interpretado polo quinteto de vento metal 'Hércules Brass' - Estrea da peza sinfónica 'Ferrol 1972' - Intevencións Juán Durán, Rafael Pillado e Angel Mato - Dez de Marzo Sempre !! - Memoria e Dignidade - Vídeo e fotos



Concerto conmemorativo do 50 aniversario Ferrol 10 de Marzo de 1972

Auditorio Municipal de Ferrol | 12.02.2022

As Asociacións Culturais Fuco Buxán e Memoria Histórica Democrática iniciamos onte a Conmemoración do 50º Aniversario do Dez de Marzo do 72, cun magnífico Concerto organizado polo Concello de Ferrol coa colaboración de ambas Asociacións, marco extraordinario para a estrea mundial da peza sinfónica “FERROL 1972” composta polo profesor Juan Durán, regalo impagable e xeneroso á nosa Cidade e a toda a Clase Obreira Galega.

Con enorme satisfacción amosamos a nosa gratitude ao público asistente que encheu o Auditorio, viaxando tamén desde moitos lugares de dentro e fora de Galicia, ao persoal do mesmo que nos colmou de atencións, aos intérpretes –Hércules Brass Quinteto de Metais, ao pianista e percusionistas- que sumaron á causa con entusiasmo o seu alto nivel artístico e profesional, ao Departamento de Protocolo, a Concellería de Cultura, ás e os representantes públicos e ao Alcalde de Ferrol, que abriu con este Acto un ano dedicado en plenitude a lembrar aqueles feitos do 72 e traelos pedagoxicamente ao centro da vida actual e futura como símbolo de solidariedade de clase e de organización pola consecución dos dereitos sociais, sindicais e democráticos.

O emotivo discurso do noso compañeiro Rafael Pillado foi unha emocionante síntese e lección de todo elo e co exemplo dos e das protagonistas de entón –os de todas e todos coñecidos e o de tantas persoas anónimas que neles participaron– continuaremos traballando en facer realidade, sempre, eses valores.
Reiterou, na súa intervención, a necesidade –que está sendo apoiada con numerosas firmas- de trasladar o Monumento, de Xoán Braxe, á localización exacta onde sucederon os feitos que simboliza, á Praza contigua, que deberá levar o nome de “Praza do Dez de Marzo”.

Moitas grazas a todas e todos e continuamos no labor.

Ferrol, 13 de Febreiro de 2022.

DEZ DE MARZO SEMPRE! MEMORIA E DIGNIDADE.



Fotos de Chelo Carballal e Fer Ocampo.
Vídeo do Concello de Ferrol.

10 de Marzo de 1972
50 Aniversario
Memoria e Dignidade


Achegamos: Manifesto. Relación de Adhesións. Logotipo.

Contacto:
10m72.50aniversario@gmail.com

Facebook:
Dez de Marzo Cincuenta Aniversario.

Documentos:

✔ Selo Logotipo 50 aniversario do 10 de Marzo. | Acceder/Baixar.

✔ Manifesto do 50 aniversario do 10 de Marzo. | Acceder/Baixar.

✔ Apoios ao Manifesto do 50 aniversario do 10 de Marzo. | Acceder/Baixar.

[*] Contactos:

✔ Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-

✔ Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática -memoriahistoricademocratica@gmail.com-



Relacionados:

✅ Iniciando as actividades do 50º Aniversario do Dez de Marzo: Concerto do quinteto de vento metal 'Hércules Brass' e estrea da composición 'Marzo 1972' de Juan Durán, no Auditorio Municipal de Ferrol - Sábado 12 de febreiro, ás 20:30hs - Reserva de entradas. | Ir Ártabra 21.

✅ Concerto no Auditorio Municipal: 'Ferrol 1972', peza sinfónica de Juan Durán, composta especialmente para conmemorar o 50 aniversario do Dez de Marzo - Estrea absoluta no Auditorio de Ferrol, o sábado 12 de Febreiro, ás 20:30 horas. | Ir Ártabra 21.
_______

luns, febreiro 07, 2022

Iniciando as actividades do 50º Aniversario do Dez de Marzo: Concerto do quinteto de vento metal 'Hércules Brass' e estrea da composición 'Marzo 1972' de Juan Durán, no Auditorio Municipal de Ferrol - Sábado 12 de febreiro, ás 20:30hs - Reserva de entradas


Dez De Marzo Cincuenta Aniversario

O CONCERTO DO 12 DE FEBREIRO
 
Iniciando as actividades do 50º Aniversario do Dez de Marzo, continuamos moi ilusionados cos preparativos do Concerto, no que o sábado 12 de Febreiro, ademais dun interesante repertorio, dedicarase á Clasa Obreira de Galicia unha sintonía musical propia: a peza sinfónica “FERROL 1972”, grazas a xenerosidade do seu Compositor JUAN DURÁN e a organización do acto polo Concello de Ferrol, posibilitando a súa gratuidade e coa colaboración das nosas Asociacións Culturais Fuco Buxán e Memoria Histórica Democrática.
 
Estamos moi satisfeitos e agradecidos co público, amigas e amigos polo seu interese e o bo ritmo na reserva das invitacións.

Entrada gratuíta, con localidade adquirida pola mediación das asociación antes do día 9, ou en taquilla ate completar aforo.

10 de Marzo de 1972
50 Aniversario
Memoria e Dignidade


Achegamos: Manifesto. Relación de Adhesións. Logotipo.

Contacto:
10m72.50aniversario@gmail.com

Facebook:
Dez de Marzo Cincuenta Aniversario.

Documentos:

✔ Selo Logotipo 50 aniversario do 10 de Marzo. | Acceder/Baixar.

✔ Manifesto do 50 aniversario do 10 de Marzo. | Acceder/Baixar.

✔ Apoios ao Manifesto do 50 aniversario do 10 de Marzo. | Acceder/Baixar.

Concerto do quinteto de vento metal 'Hércules Brass' e estrea da composición 'Marzo 1972' de Juan Durán, no Auditorio Municipal de Ferrol - Sábado 12 de febreiro, ás 20:30hs - Reserva de entradas en taquilla ou nas asociacións colaboradoras.

Hércules Brass - Facebook

[*] Contactos:
✔ Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
✔ Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática -memoriahistoricademocratica@gmail.com-
 
Enviado por:
10M72 50Aniversario
-10m72.50aniversario@gmail.com-
4 de fevereiro de 2022 19:40

_______

martes, febreiro 01, 2022

Concerto no Auditorio Municipal: 'Ferrol 1972', peza sinfónica de Juan Durán, composta especialmente para conmemorar o 50 aniversario do Dez de Marzo - Estrea absoluta no Auditorio de Ferrol, o sábado 12 de Febreiro, ás 20:30 horas


Concerto Conmemorativo no marco das actividades do 50 aniversario do 10 de marzo do 72, Día da Clase Obreira Galega

Dentro dos actos que están programando para conmemorar o 50 aniversario do 10 de Marzo 1972, comezarán cun Concerto no Auditorio de Ferrol (Caranza) o sábado 12 de Febreiro, ás 20:30 horas. Nel vaise estrear unha peza sinfónica "Ferrol 1972" composta por Juan Durán, profesor e compositor moi destacado agora mesmo no panorama musical de Galicia, exclusivamente para esta ocasión.

Os e as protagonistas de entón e toda a Clase Obreira Galega así o merece. Neste evento, organizado polo Concello de Ferrol coa colaboración das Asociacións Culturais Fuco Buxán e Memoria Histórica Democrática, a entrada é gratuíta mais hai que reservar entrada, ou por medio das asociacións [*] -indicando nome e apelidos, telefono e número de localidades, antes do próximo día 9, ou na taquilla ate completar aforo.

Alejandro Vázquez e Víctor Vilariño (trompetas), Javier González (trompa), Esteban Méndez (trombón)
e Rodrigo Rodríguez (tuba) decidiron crear en 2012 o quinteto de vento metal Hércules Brass

O quinteto de vento metal Hércules Brass acompañado de piano e percusión interpretará, entre outras, a peza "Ferrol 1972", banda sonora épica e triunfal que evoca os feitos que significaron un avance para o establecemento das liberdades e a democracia en España e na que presente e pasado volven mirarse aos ollos para celebrar con música o camiño andado e o fermoso desafío de deixar trala nosa marcha un mundo mellor do que atopamos. A peza está composta para a ocasión por Juan Durán (Vigo, 1960) que é considerado por crítica e público o máis importante compositor galego da súa xeración. A súa obra percorre o mundo dende Europa ate EE.UU. baixo a dirección de grandes batutas do noso tempo. Foi Profesor e Director do Conservatorio Superior de Música de A Coruña, cofundador da Asociación Galega de Compositores e membro do Consello da Cultura Galega. Entre outros premios, conta có da Crítica 2009, o da Cultura Galega 2013 e có Reina Sofía de Composición 2018. Tamén é membro de número da Real Academia Galega de Belas Artes e da Academia de Música Valenciana.

Entrada gratuíta, con localidade adquirida pola mediación das asociación antes do día 9, ou en taquilla ate completar aforo.

10 de Marzo de 1972
50 Aniversario
Memoria e Dignidade


Achegamos: Manifesto. Relación de Adhesións. Logotipo.

Contacto:
10m72.50aniversario@gmail.com

Facebook:
Dez de Marzo Cincuenta Aniversario.

Documentos:

✔ Selo Logotipo 50 aniversario do 10 de Marzo. | Acceder/Baixar.

✔ Manifesto do 50 aniversario do 10 de Marzo. | Acceder/Baixar.

✔ Apoios ao Manifesto do 50 aniversario do 10 de Marzo. | Acceder/Baixar.

[*] Contactos:
✔ Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
✔ Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática -memoriahistoricademocratica@gmail.com-

Enviado por
10M72 50Aniversario
-10m72.50aniversario@gmail.com-
29 de janeiro de 2022 21:30

_______

Rafael Pillado


Rafael Pillado

Aquela BAZÁN fabricaba buques de ferro pero fabricaba tamén “Homes de Ferro”….

Neste ano de conmemoracións do 50 Aniversario do Día da Clase Obreira Galega, entre as moitas biografías, sucesos, debates, efemérides… que pasarán por este face e polos Actos que se organicen, pensamos que teñen que ter un lugar destacado as moi numerosas vítimas do Amianto. Ese asasino silencioso e cruel de tantos traballadores do Naval e doutras industrias e de tanta cidadanía inocente do seu prexuízo…

Hoxe - con moita dor - comentámosvos, pola seu expreso desexo, que ao noso querido compañeiro RAFAEL PILLADO LISTA, acábanlle de diagnosticar un mesotelioma pulmonar ocasionado polo asbestos.

Coa mesma decisión e enerxía que loitou contra a ditadura, polas liberdades e polos dereitos humanos e cidadáns, está disposto a dar a batalla, até onde poida e co noso apoio, polos dereitos das vítimas do amianto e os seus familiares.

Desde as Asociacións AGAVIDA, FUCO BUXÁN e MEMORIA HISTÓRICA DEMOCRÁTICA, nesa loita, acompañarémolo con todas as nosas forzas. Unha batalla que desde hai máis de 20 anos vimos mantendo contra unha Empresa e un Sistema que ocultou deliberadamente este perigo e as súas consecuencias.

Foto de “Aceiro sobre a auga” de Ramón Loureiro. Edic. Liceo Rubia Barcia.
_______

sábado, xaneiro 15, 2022

No pasamento de Marichy Cuadrado Caruncho - Quen poderá dicir que xa non camiña entra nós esta gran muller, esta gran compañeira, esta gran nai, esta gran loitadora antifascista? - Albuns fotográficos


Onte 14 de xaneiro de 2022, deixounos Marichy Cuadrado Caruncho, unha activista e militante de esquerdas moi querida no movemneto social e cultural de Ferrol. A continuación transcribimos algunhas notas de condolencia e agradecemento por unha vida chea de solidariedade e compromiso. Desde Ártabra 21 queremos somarnos a este recoñecemento.


Ante o falecemento de Marichy Cuadrado caruncho


Quen poderá dicir que xa non camiña entra nós esta gran muller, esta gran compañeira, esta gran nai, esta gran loitadora antifascista? A Asociación FUCO BUXÁN, en cuxa fundación participou, leva no seu espírito a semente xerminada dun traballo de anos desta figura destinada a facernos mellores, máis xustos, máis felices, coa súa incansábel dedicación e co seu esforzo.

Comprometida con todas as causas nobres deste mundo, só pediunos a cambio a nosa esperanza, o noso optimismo militante, a nosa fe na vitoria final dos Pobos da Terra sobre o escurantismo e os explotadores neoliberais disfrazados de cordeiros.

Para os que tanto a amamos e admiramos, Marichy Cuadrado era xa un anaco Historia e vai seguilo sendo. Non é hora das bágoas senón dun firme compromiso para que a súa pegada, a súa emocionante achega para o Progreso Humano, non sexan en balde.

Querida Marichy, grazas e ate sempre.

Ferrol, a 14 de xaneiro, de 2022

Asociación Cultural Fuco Buxán


Falecemento de Marichy Cuadrado

Este Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, lamenta comunicar o falecemento, no día de onte, da nosa querida amiga e compañeira Marichy.

Desde o inicio, hai máis de 20 anos, deste Comité, Marichy participou  de todas as actividades e acompañounos sempre neste longo camino da nosa loita pola defensa da Ría, da Legalidade e da Vida.

O seu compromiso de toda a vida coas reivindicacións xustas, coas ideas de progreso e a súa entrañable personalidade lembrarémola sempre.

Aos seus fillos e familia, as amigas, amigos compañeiros e compañeiras o noso sentimento de solidariedade.

María de los Ángeles Cuadrado Caruncho (Ferrol, 1945) foi sempre unha persoa de compromiso e militancia sindical, política e social. Participou das CCOO,  do PCG, do PTG, da Asociación de mulleres Progresistas, da A.C. Fuco Buxán e deste CCE, entre outras entidades, deixando en todas imborrable lembranza .

Álbum Fotográfico. | Acceder/Baixar.

Ferrol, a 14 de Xaneiro de 2022

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol


No falecemento de Marichy Cuadrado

A Agrupación Socialista de Ferrol lamenta profundamente o falecemento de Marichy Cuadrado, persoa sempre comprometida coas causas xustas.

Desde a Agrupación Socialista de #Ferrol trasladámoslle o noso máis sentido pésame á familia e amig@s.

Ferrol, a 14 de xaneiro, de 2022

Agrupación PSdeG-PSOE de Ferrol


No pasamento de Marichy Cuadrado

Na miña lembranza sempre á querida amiga e compañeira en tantas loitas, por máis de 30 anos. A súa entrañable amizade, as súas ideas claras, o seu compromiso militante no político, no social, no cultural, o seu bó humor e simpatía, tereino para sempre presente.
Descanse en paz.

Álbum Fotográfico. | Acceder/Baixar.

Ferrol, a 14 de xaneiro, de 2022

Fernando Ocampo

_______

xoves, marzo 19, 2020

Publicado o novo número da revista 'Crítica Urbana', dedicado por completo a 'Mulleres e cidade' - O espazo, as formas e as representacións urbanas desde a perspectiva de ser muller - Unha revista de estudos urbanos e territoriais para a reflexión e a acción - Neste número hai dous artigos escritos desde a contorna da Ría de Ferrol


Publicado o novo número da revista Crítica Urbana, Volume 3, Nº 11 (Marzo - 2020), unha edición dedicada por completo a "Mulleres e cidade" (Mujeres y Ciudad), O espazo, as formas e as representacións urbanas desde a perspectiva de ser muller. Pode-se acceder gratuitamente na web ou en formato pdf.

Neste número hai dous artigos escritos desde a contorna da Ría de Ferrol, un co título "Urbanismo feminista. Una aproximación desde el caso de la plaza de Armas, Ferrol", elaborado pola Área de igualdade de Fuco Buxán.  E outro co título "Cambiar o traço", escrito por Lupe Ces.

Mais que é Crítica Urbana? Explicado coas súas propias palabras, Crítica Urbana é unha revista de estudos urbanos e territoriais para a reflexión e a acción. Revista de acceso libre que reúne a persoas de distintos países en torno ao estudo de conflitos comúns.

Crítica Urbana nace co obxectivo de xerar unha crítica rigorosa da realidade das nosas cidades e territorios. Preocupan-nos diversas dinámicas destrutivas sobre as comunidades, os dereitos das persoas e as súas contornas natural e cultural. Mais tamén recoñecemos os esforzos de moitas persoas que traballan por un cambio, por melloras, por alternativas, e queremos ser un espazo de intercambio e difusión destas ideas e experiencias.

Crítica Urbana é unha revista bimestral que se autofinancia e autoxestiona grazas ao traballo colaborativo da súa equipa, e confía no compromiso das  persoas lectoras e colaboradoras para a súa difusión e para a creación de novos contidos.

Dirección
Maricarmen Tapia Gómez.

Equipo editorial
Jerónimo Bouza, Nadja Monnet, Maricarmen Tapia, Aníbal Venegas.

Redacción
Emanuela Bove, Nápoles-Barcelona; Vicenç Casals, Barcelona; Fabiola C. de Souza Cordovil, Maringá; Miquel Domingo, Barcelona; Isabel Duque, Bogotá; Daniel Jiménez Schlegl, Barcelona; Rubén Lois, Santiago de Compostela; Flavio Quezada, Santiago de Chile; Alfonso Raposo, Santiago de Chile; Eulàlia Ribera, Ciudad de México; Mercè Tatjer, Barcelona.

Asesores e colaboradores
Raquel Águila, Santiago de Chile; Fransualdo Azevedo, Natal; Jonatan Baldiviezo, Buenos Aires; Horacio Capel, Barcelona; Marcos Bernardino de Carvallo, Sao Paulo; Nadia Casabella, Bruselas; Jeffer Chaparro, Bogotá; Patricia Corvalán, Santiago de Chile; Manuel Delgado, Barcelona; Álvaro Ferreira, Río de Janeiro; Angela A. Ferreira, Natal; Liliana Fracasso, Bogotá; Floriano Godinho de Oliveira, Río de Janeiro; Carlos Langue, Santiago de Chile; Oriol Nel·lo, Barcelona; José Luis Oyón, Barcelona; Alfredo Rodríguez, Santiago de Chile; José Luis Sepúlveda, Temuco; Clécio A. da Silva, Florianópolis; Ana Sugranyes, Santiago de Chile.

Suscriptores
A suscripción a Crítica Urbana é gratuita grazas a que todo o seu equipo contribuí coas súas ideas e moitas horas para facer posíbel este proxecto colaborativo e de pensamento crítico. Gran parte deste proxecto está en mans de suscriptores e lectores, para compartir e difundir os seus contidos así como contribuir á revista os seus coñecementos e experiencias.

Queres contactar connosco?
Podes enviarnos un correo a
contacto@criticaurbana.com

Propostas e consultas para publicar:
Ver convocatoria de próximos números e Normas de publicación.
Escribir a contacto@criticaurbana.com

Web da revista:
http://criticaurbana.com/

Enviado por:
Lupe Ces
-lupeces@gmail.com-
17 de março de 2020 12:26

_______

mércores, xaneiro 29, 2020

Charla e Coloquio: Qué Galicia prefires? - Hoxe mércores 29 de xaneiro, ás 7 da tarde no Ateneo Ferrolán para falar con Mabel Rivera e Enrique Banet, da Fundación Galicia Verde sobre o cambio climático, a ILP, a deseucaliptización e a defensa do bosque autóctono e do medio rural


Charla e Coloquio: Qué Galicia prefires?


O mércores 29 de xaneiro ás 19:00has, organizada por Fuco Buxá A. C. charla e coloquio no Ateneo Ferrolán para falar con Mabel Rivera e Enrique Banet, da Fundación Galicia Verde sobre o cambio climático, a ILP, a deseucaliptización e a defensa do bosque autóctono e do medio rural.

Agardamos a vosa presenza!!

Fundación Galicia Verde

secretaria@fundaciongaliciaverde.org

---
ASOCIACIÓN CULTURAL FUCO BUXÁN
Calle Armada Española,nº 32 Baixo.
Ferrol,15406
Chamar 981 32 54 92
fucobuxan@gmail.com
http://www.fucobuxan.net


--
Un lugar de encontro para a cultura dende 1879 na cidade.

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 - 644.720.055
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza)

Síguenos:
TWITTER: @ateneoferrolan
BLOG: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/
FACEBOOK:
Faite soci@ on line! Colabora con nos!
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/2007/12/faite-soci.html


Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-ateneoferrolan@gmail.com-
28 de janeiro de 2020 12:26
__________

martes, decembro 10, 2019

A Asociación Cultural Fuco Buxán presenta o libro. 'La dura luz de la memoria. PALABRAS AFILADAS. Memorias colectivas de Rafael Pillado II' - Martes, 17 de Decembro, ás 7 da tarde, en Ferrol, no Salón de Actos do Vicerrectorado Campus de Esteiro


A Asociación Cultural Fuco Buxán presenta o libro[*] "La dura luz de la memoria. PALABRAS AFILADAS. Memorias colectivas de Rafael Pillado - II" (A dura luz da memoria | PALABRAS AFIADAS | Memorias colectivas de Rafael Pillado - II), na que intervirán, xunto co autor, relevantes personalidades da vida social. O libro retoma o relato do primeiro tomo -mediados dos 70- e abarca ata
o momento actual entrelazando o relato vivencial coa análise política nunha crónica detallada, clara e comprometida que aborda cuestións que durante
anos foron obxecto de interesada terxiversación.

A Asociación Cultural Fuco Buxán con esta actividade clausura o ano no que conmemoramos o 20 aniversario da fundación da nosa asociación.


Susana Alaniz González - Presidenta

Organiza: Fuco Buxán A.C.

Colaboran: Concello de Ferrol e Univesidade da Coruña.

Martes, 17 de Decembro de 2019 19.00 h Salón de Actos do Vicerrectorado Campus de Esteiro - Ferrol

[*] O libro pódese adquirir facendo un donativo a partir de 20€ á Asociación Cultural Fuco Buxán, solicitándoo por correo electrónico fucobuxan@gmail.com ou a través das redes sociais (@FucoBuxan | FucoBuxan | fuco.buxan) Para recibilo no domicilio (2€ gastos de envío) haberá que facer constar a dirección postal, teléfono de contacto e ingreso na conta ES75-2080-0222-8230-4001-5401. A A.C. Fuco Buxán é unha entidade sen ánimo de lucro e os donativos que recibe van destinados íntegramente ás actividades que ven desenrolando.

ASOCIACIÓN CULTURAL FUCO BUXÁN
Calle Armada Española,nº 32 Baixo.
Ferrol,15406
Chamar 981 32 54 92
fucobuxan@gmail.com
http://www.fucobuxan.net

Info baseada na enviada por:
A.C. Fuco Buxán Fuco Buxán
-fucobuxan@gmail.com-
9 de dezembro de 2019 19:24

mércores, novembro 20, 2019

Un merecido recoñecemento ao compañeiro Fernando Ocampo: 'Unha vida de compromiso' - Xoves 21 de novembro, ás 7 da tarde, no Ateneo Ferrolán


Acto de recoñecemento a Fernando Ocampo: 'Unha vida de compromiso'

Xoves 21 de novembro, ás 7 da tarde, no Ateneo Ferrolán.

A asociación 'Fuco Buxán', coa colaboración do Ateneo Ferrolán e o Concello de Ferrol, fan un recoñecemento público ao activista social e cultural, Fernando Ocampo, por unha vida de compromiso político, social e cultural. Mais Fernando tamén é un artista os seus debuxos case unha crónica da historia dos últimos anos da nosa cidade, como actor no mundo do teatro e na radiofonía poñendo voz a producións históricas. Destaca a súa actividade en Fuco Buxán, Radio Filispim, Bartoleta Teatro, Memoria Histórica Democrática e no Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol. Mais principalmente Fer Ocampo destaca como persoa humana comprometida, respectuosa, solidaria...

As compañeiras e compañeiros de Ártabra 21 manifestamos o noso máis profundo recoñecemento á vida, obra e loita do compañeiro Fernando Ocampo. Recibe un saúdo fraternal e unha agarimosa aperta.
______________