martes, decembro 30, 2008

Boletín Informativo de "Democracy Now!", do Luns, 29 de Decembro de 2008

sábado, decembro 27, 2008

Centos de ferid@s e máis de 200 mort@s na Palestina - Gaza -, despois dunha agresión israelí sen precedentes desde 1967

Lei do Silencio na Armada: O Almirante Xefe asume que se castigue a quen denuncie irregularidades como o ocorrido coa explosión na fragata Estremadura

De: santiago diaz-garzón morillo -xantia@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 26 de dezembro de 2008 16:06
Asunto: Lei do Silencio na Armada



Martes, 16 de Decembro de 2008
Lei do Silencio na Armada: O Almirante Xefe asume que se castigue a quen denuncie irregularidades como o ocorrido coa explosión na fragata "Estremadura"

Sorprende:

Fontes militares consultadas polo Confidencia Dixital interpretan o informe asumido polo AJEMA como un chamamento a continuar cumprindo a -Lei do Silencio-. É dicir que, cando un militar teña coñecemento dalgunha irregularidade -aínda que sexa un delito-, non debe denuncialo publicamente, e que xa se atopará un arranxo internamente para non danar a imaxe da Armada.

Enlace co artigo:

Lei do Silencio na Armada. O Almirante Xefe asume que se castigue a quen denuncie irregularidades como o ocorrido coa explosión na fragata "Estremadura"

_________

A publicación da foto do AJEMA [ Manuel Rebollo García] é responsabilidade do CA21
__________________

A Asociación Veciñal de Esteiro " Fontelonga ", sobre a cantidade pactada para orzamentos participativos entre os grupos municipais de PSOE e BNG

De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA -avvfontelonga@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 26 de dezembro de 2008 17:51
Asunto: Na defensa da participación cidadá




Na defensa da participación cidadá

Na última xuntanza do pasado luns a Asociación veciñal de Esteiro " Fontelonga", acordamos facer pública unha nota de prensa que exprese a nosa disconformidade co acordo de Orzamentos Municipais do 2009 subscrito entre os grupos municipais BNG e o PSOE no referente a Presupostos Participativos. Como se recolle nos xornais acordaron unha cantidade de 100.000 euros para o concepto de Participación Cidadá no referente a Orzamentos Participativos, cantidade absolutamente ridícula e que amosa pouco interese, aínda que se manifeste o contrario, pola Participación Cidadá .

O Foro Cívico celebrado no Campus de Esteiro no que participaron 70 entidades asociativas de Ferrol, acordamos unha experiencia piloto para o ano 2009 en canto a orzamentos participativos.

Na xuntanza mantida co alcalde de Ferrol e o concelleiro de Participación Cidadá o Grupo de Análise e Proposta(GAP) lle trasladamos a necesidade de consignar a orzamentos participativos cando menos un millón de euros ( no concello de Fene teñen 240.000 euros e mesmo en San Sadurniño superan a cantidade que propoñen os grupos municipais do PSOE e BNG para Ferrol).

Non sabemos se tamén se pactou en que barrio ou parroquia se vai poñer en marcha a experiencia piloto dos 100.000 euros ou vai ser esta unha decisión colectiva de participación cidadá.

Recordar que a posteriori da xuntanza mantida co Alcalde, Sr Irisarri, a Ferrol lle tocou a lotería de 13 millóns de euros máis aportados polo Goberno do Estado e malia todo se acordan 100.000 euros que e o que custa calquera reparación de fochas ou calquera pequena obra que se fai nun barrio ou parroquia

Facemos un chamamento a tódalas entidades asociativas de Ferrol, especialmente ás que participaron no Foro Cívico e no Grupo de Análise e Proposta para acordar, se así o estiman, un documento conxunto que rexeite esa cantidade acordada de 100.000 euros, por insuficiente, ridícula e que expresa pouca vontade de desenvolvemento da Participación Cidadá.

Como diciamos no Pleno onde interviñemos, malia que se diga o contrario, a Participación Cidadá está en serio perigo, non hai máis que ver que imos rematar o ano 2008 e o novo Regulamento de Participación Cidadá, dous meses despois de rematado, segue pendente do informe xurídico do Secretario do Concello para poder ir á Comisión correspondente e ser aprobado, se así o estima, polo Pleno do Concello de Ferrol para poder logo abrir o prazo de alegacións pertinentes antes da súa posta en vigor.

Tamén queremos recordar que en dito Pleno manifestamos que non iamos quedarnos quedos si se pretendía parar o proceso de Participación Cidadá, agardamos que os grupos municipais do PSOE e BNG, reconsideren a súa decisión.

Ferrol a 24 de decembro de 2008.

Xunta Directiva da Asociación Veciñal de Esteiro “Fontelonga”.

Asdo./Xosé Miguel López Pérez, presidente

ESTEIRO-FERROL
ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-

Web veciñal
Blog veciñal

_____________________

Enlaces relacionados:

O BNG apoiará ao PSOE de Ferrol para aprobar os orzamentos Diario dixital de información sobre Galiza e resto do Mundo. Tamén Seccións de Opinión, o tempo, deportes, etc.

El BNG apoya al PSOE de Ferrol para aprobar los presupuestos ...Romper la coalición con Izquierda Unida está poniendo en más de un aprieto al alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri. El regidor criticó ayer la "extraña ...

Galicia | Pacto económico de PSOE y BNG contra el "torpedeo" de la ... 21 Dic 2008 ... ferrol convulso. Pacto económico de PSOE y BNG contra el "torpedeo" de la oposición. Irisarri logra el apoyo nacionalista a unos ...

Borrador de regulamento de participación veciñal
__________________

venres, decembro 26, 2008

Já chega umha nova festa de viragem de ano 2008 en Artábria...

De: Bruno Lopes Teixeiro -brunotrasancos@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 24 de dezembro de 2008 19:58
Asunto: Já chega umha nova festa de viragem de ano a Artábria...



Já chega umha nova festa de viragem de ano a Artábria...
Nom perdas o video

Nom perdas a viragem de ano 2008 na Artábria...
________________

A poxa dun home para axudar ao medio ambiente

Por Amy Goodman
[Pode-se escoitar o artigo en español aqui]

Tim DeChristopher é un estudante de economía da Universidade de Utah en Salt Lake City, que acababa de terminar o seu último exame antes do receso de inverno. Unha das preguntas do exame era: Se as empresas de petróleo e gas son as únicas interesadas en comprar terras públicas, os prezos que pagan para a explotación de gas e petróleo reflicten os verdadeiros custos?

DeChristopher estaba inspirado. Terminou o seu exame, púxose a parca vermella e saíu cara á polémica poxa de terras da Oficina de Administración de Terras (BLM, polas súas siglas en inglés), que a organización Southern Utah Wilderness Alliance denominou "o último gran agasallo do goberno de Bush á industria de gas e petróleo". En lugar de participar na protesta que se realizaba fóra, rexistrouse como ofertante e comprou 9.000 hectáreas de terra pública. É dicir que puxou con éxito polas terras públicas, situadas preto dos Parques Nacionais Arches e Canyonlands e do Monumento Nacional Dinosauro, e outras áreas prístinas. O prezo: máis de 1,7 millóns de dólares.

Díxome: "Cando comecei a comprar cada parcela, entenderon con claridade o que estaba sucedendo… suspenderon a poxa, e fun expulsado por axentes federais. Creo que había bastante caos e realmente non sabían como proceder nese momento".

[O interesante artigo completo no Blog "Difundindo Democracy Now! desde Galiza"]
_______________

xoves, decembro 25, 2008

O Apalpador apareceuse en Rádio FilispiM!!!!!

De: Pequeno monstro -radiomonstro@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 25 de dezembro de 2008 14:07

Asunto: O Apalpador apareceuse en Rádio FilispiM!!!!!


O Apalpador apareceuse en Rádio FilispiM!!!!!

[Para amliar clicar na imaxe]

http://pequenosmonstros.blogspot.com/2008/12/o-apalpador-apareceu-en-rdio-filispim.html

Prégase difusión de tan magno acontecemento!!!
--
O pequeno monstro.
www.pequenosmonstros.blogspot.com
______

O 30 de Dezembro o Apalpador sairá polas ruas do bairro de Esteiro

De: Fundaçom Artábria -artabria@artabria.net-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 25 de dezembro de 2008 21:22
Assunto: O 30 de Dezembro o Apalpador sairá polas ruas do bairro de Esteiro


O 30 de Dezembro o Apalpador sairá polas ruas do bairro de Esteiro

O próximo dia 30 de Dezembro a partir das 19h00, o Apalpador sairá polas ruas do bairro de Esteiro a apalpar as barrigas d@s nen@s repartindo presentes e a música das gaitas como acompanhamento. Durante esta semana já foi visto em diferentes Comarcas da Galiza. Disponibilizamos um video do jornal galego "A nosa Terra" onde é entrevistado este mítico personagem galego ao seu passo por Compostela. Desde Artábria queremos parabenizar à Gentalha do Pichel polo sucesso que está a ter a iniciativa de socializar esta figura do natal galego.

Continua:

Quem é o Apalpador?

É sabido que a igreja católica aproveitou toda umha série de festividades que marcavam o ritmo das sociedades existentes antes da cristianizaçom, tingindo com um novo verniz celebraçons e festas com milénios de história.

Assim sobre as celebraçons pagás do solstício do Verao colocou o Sam Joám, ligou o entuido em que celebramos a extinçom do Inverno com a quaresma e santificou as festividades dedicadas à morte que desde muito atrás coincidem na nossa cultura com os primeiros compassos do Outono. Mas guardou a celebraçom mais importante, a do nascimento do filho de deus, para a situar nas mesmas datas em que a maior parte das culturas europeias anteriores à era cristá celebravam o solstício do Inverno, como momento de renascimento do ano.

Dessa sobreposiçom do cristianismo sobre os restos culturais pré-existentes temos um bom conhecimento na Galiza, porque nom se trata só da adaptaçom ao calendário, mas da mesma ocupaçom dos espazos empregados de antano para cultos pré-cristaos sobre os quais, sem nengum complexo, se levantárom ermidas e cruzeiros para os adaptar ao cristianismo.

Porém, e apesar do esforço que o cristianismo fijo para apagar qualquer pegada dos cultos e crenças populares, som muitos os vestígios que ficárom como testemunho. Nalguns casos com mais sucesso que noutros, mas em todos eles como prova das fundas raizes que o nosso povo mantém como a cultura indígena que é.

Pode que o caso das tradiçons ligadas ao solstício de inverno sejam algumhas das mais perjudicadas por séculos de tergiversaçom, marginalizaçom e ocultamento. E neste caso o proceso de aculturizaçom tem-se agravado pola superposiçom a umha primeira deturpaçom de orige católica, com séculos de andadura, da poderosa maquinária ideológica do imperialismo que pretende homegeneizar a cultura popular a um nível global.

Mas por baixo do Pai Natal, o negócio da Coca-Cola e do Corte Inglés; mesmo por baixo dos Reis Magos e o nascimento de Cristo, na Galiza mantivérom-se pegadas de antigas tradiçons que é preciso recuperar.

Assim nalgumhas comarcas da alta montanha do leste da Galiza, no Courel, Lóuçara e o Cebreiro; mantinha-se até datas muito recentes a tradiçom do Apalpador, um gigante com ofício de carvoeiro, que, no Natal, baixava das devesas onde morava para as aldeias, com a intençom de apalpar nas barrigas d@s nen@s e assim comprovar se estavam bem mantid@s. O Apalpador vigilava que @s nen@s viviram com fartura, desejava-lhe que no vindouro ano continuaram a nom passar fame, e deixava-lhes umha presa de castanhas quentes como presente e lembrança da sua visita.

Possivelmente esta antiga tradiçom do Apalpador seja um dos mais antigos vestígios da nossa cultura. E como parte dum património ameaçado devemos pular por mante-lo e actualiza-lo.

Por que imos ter que asumir os dictados impostos por quem quere aculturizar-nos? Por que temos que ceder aos mandatos do consumismo capitalista e da tradiçom católica?

Aproveitemos também as celebraçons do natal para manifestar a nossa vontade de rebeldia e a nossa afirmaçom como povo, e escomezemos por recuperar a figura do Apalpador.

Que nom seja mais o barbudo publicista da Coca-Cola, nem os submisos monarcas orientais os que traiam os presentes aos fogares do nosso país!!

Deixemos que seja um galego, um honesto e trabalhador carvoeiro, quem venha agora com os presentes para as nossas moradas, e que as castanhas de antano sejam acompanhadas por outros bens que a sua generosidade de seguro lhe permite doar.

Este natal abramos-lhe as portas ao Apalpador!!
_______
A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.

Código de Identificaçom Fiscal (CIF): G15645518.
Morada: Travessa de Batalhons nº7 Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone do Centro Social: +34 981369099
Fax do Centro Social: +34 981369920
Telefone do café-bar: +34 981369921


Sítio webda Fundaçom Artábria
http://www.artabria.net

Sítio web do festival da Terra e da Língua
http://www.artabria.net/festival

mércores, decembro 24, 2008

Este Luns, 22 de Decembro de 2008, tivo lugar a XX Asemblea Cidadá, nos locais da Asociación Veciñal "Ferrol Vello"


De: comitecidadan@gmail.com
Para: artabra21@gmail.com
Data: 23 de dezembro de 2008 23:03
Asunto: Resumo do tratado na XX Asamblea Cidadá



Resumo do tratado na XX Asamblea Cidadá

Onte 22 de Decembro, convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia, celebrouse, no local da A. VV. de Ferrol Vello, a XX Asemblea Cidadá, que, cumprindo a orde do día prevista, tratou en sintese o seguinte:

1.- Balance e informe de situación.- Analizáronse as principias accións reivindicativas levadas a cabo desde a XIX Asamblea, do pasado maio:
  • Roteiro polas sedes dos socios de Reganosa.
  • O peche nos Concellos de Ferrol e Mugardos, integrados na rede Galicia Non se Vende.
  • A significativa manifestación do 8 de Xuño.
  • A II Marcha a Pé a Mugardos.
  • A Exposición Mural "A Ría na Rúa", o roteiro reivindicativo e o magosto en Caranza.
  • A participación no Foro Social Galego.
  • As concentracións e manifestacións de denuncia a cada entrada dun gaseiro na nosa ría.
  • A publicación do Boletín nº 14 e doutros folletos explicativos.
E asemade as accións xuridicas emprendidas e repaso das que están pendentes de resolución polos Tribunais:
  • Denuncias ante a Fiscalía do TSXG e Fiscalía Especial contra a Corrupción, de novos datos da duplicidade orzamentaria de Reganosa.
  • Os 12 Contenciosos presentados.
  • As duas sentenzas do TSXG contra Reganosa, recorridas pola Xunta e Reganosa ante o Supremo.
  • A reapertura do expediente de denuncia presentado ante a Comisión Europea.
  • O Recurso de Amparo Constitucional contra a Autorización Administrativa Previa.

Abordouse de xeito especial a sentenza do Tribunal Supremo, de 14 de novembro pasado, desestimando a demanda presentada polo Concello de Ferrol, con resolución favorable do TSXG (23.06.2004) e recorrida pola Xunta e Reganosa. No ano 2006 o Pleno do Concello de Ferrol decide retirarse do Contencioso, agora o Tribunal Supremo falla, plantexando que o Tribunal Superior de Xusticia de Galicia non debeu de admitir a tramite a demanda do Concello de Ferrol "Por ser un acto de tramite inimpugnable" non entrando para nada no fondo do asunto, da tramitación ambiental de Reganosa, en contra do que pretendía facer creer La Voz de Galicia na nota publicada o pasado 5 de Decembro. Hai 12 contenciosos admitidos a tramite e dous pendentes do Supremo . Este Tribunal, terá que entrar no fondo do asunto , e aclarar si a planta de Reganosa esta obrigada a facer a Declaracion de Impacto Ambiental tal como fixeron as demais instalacions deste tipo, como fallou por 3 veces o TSXG e manten o CCE ou simplemente vale o sucedáneo da Declaracion de Efectos Ambientais.

2.- Propostas de traballo.- Desde a constatación de que a Planta de Gas de Reganosa, e o tráfico contínuo de gaseiros na nosa ría, son unha ameaza real e permanente aa nosas vidas, ao noso ecosistema e a unha parte importante da economía desta comarca, a Asemblea Cidadá amosou unha vez máis a determinación e o compromiso con esta loita que só rematará unha vez acadado o obxetivo de Planta de Gas fóra da Ría.

O traballo nos vindeiros meses deberá centrarse na comunicación coa cidadanía, a mobilización social e a utilización das vías mediáticas, xurídicas e administrativas.

Analizáronse varias propostas concretas neste senso, que o CCE se encargará de preparar, para unha próxima Asemblea Cidadá a convocar no vindeiro mes de Xaneiro.

PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org
________________

luns, decembro 22, 2008

Hoxe, luns 22 de Decembro, ás 8 da Tarde, concentración na Praza do Concello, contra a violencia machista

Ante un novo asasinato dunha muller, a mans do "seu home", no concello de Portas, onde nos atopamos de novo cun caso de violencia machista con resultado de asesinato, a Coordenadora Local de Ferrol Terra, da Marcha Mundial das Mulleres, ten convocado un acto na Praza do Concello de Ferrol, ás 8 da tarde, para rexeitar o asesinato e todo tipo de violencia machista.

Os almirantes vanse á oficina


De: Jose Manuel Aracemi -josemanuelaracemi@hotmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 21 de dezembro de 2008 21:06
Asunto: Os almirantes vanse á oficina



Os almirantes vanse á oficina

Leo en prensa que tras pilotar a Armada pásasche, igual que o teu antecesor (teclear en Google "Almirantes de acio" ou [-http://www.novasgz.com/pdf/ngz64.pdf-], ao mundo empresarial: "Navantia ficha ao ex-AJEMA Sebastián Zaragoza Soto como director responsable da Asesoría para a Exportación Naval". Atrás queda o incómodo asunto da Fragata "Estremadura" onde morreron dous mariños e tamén moitas preguntas sen responder. Francisco Javier e Erik non eran dous simples peóns da túa organigrama. Tiñan familia, ilusións e toda unha vida por diante. Por que se truncou todo iso aquel fatídico 19 de decembro de 2005 ? Por que rebentou aquela caldeira? Por que non se realizaban á fragata os mantementos establecidos? Porqué se destruíron todas as probas do accidente? Por que azuzaste o teu jauría de xurídicos contra todo aquel que intentou dar luz ao caso?

Sempre aborrecín ás persoas -locomotora que van pola vida arroiando a todo aquel que cruza ou se interpón no seu camiño cara ao posto cobizado. Persoas cuxa Folla de Servizos pesa máis que a súa conciencia. Persoas cuxa ambición non lles permíte pensar en algo tan sacro como a seguridade dos seus homes.

José Aracemi

Ferrol
________________
Nota: A foto é responsabilidade do CA21
_______________

Demandan a convocatoría da xunta de voceiros para acordar os proxectos de obras a realizar co FIL

De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 22 de dezembro de 2008 13:05
Asunto: ESQUERDA UNIDA DEMANDA A CONVOCATORIA DA XUNTA DE VOCEIROS PARA ACORDAR OS PROXECTOS DE OBRAS A REALIZAR CO FONDO DE INVESTIMENTOS LOCAL



Ferrol, luns 22 de decembro de 2008

ESQUERDA UNIDA DEMANDA A CONVOCATORIA DA XUNTA DE VOCEIROS PARA ACORDAR OS PROXECTOS DE OBRAS A REALIZAR CO FONDO DE INVESTIMENTO LOCAL

YOLANDA DÍAZ, VOCEIRA DE EU, PLANTEXA A NECESIDADE DE PRORROGAR O FONDO E DE INCORPORAR COMO ELEMENTO CORRECTOR A TAXA DE DESEMPREGO, EU ENTENDE NECESARIA A CREACIÓN DUN FONDO ESTATAL PARA AS POLÍTICAS SOCIAIS

O Grupo Municipal de Esquerda Unida quere subliñar a urxencia de acordar nunha ulterior Xunta de Voceiros o conxunto dos proxectos de obras a desenvolver dentro dos trece millóns de euros asignados no Fondo Estatal de Investimentos para a nosa cidade. As datas corren en contra nosa e semella que o alcalde deixa pasar os día sen acordar o conxunto das actuacións e sen imprimir ao proceso a urxencia que posúe. A nosa organización, que xa presentou un conxunto de propostas para a cidade, demanda da alcaldía celeridade para acordar cos grupos municipais o destino dos fondos.

Esquerda Unida entende que cómpre dotar de estabilidade e mellorar ao Fondo Estatal e para elo demandará na Xunta de Voceiros, en canto sexa convocada, que o alcalde inste ao Goberno do Estado a prorrogar o Fondo a 3 anos, pois semella pouco realista a previsión de que a crise se supere no ano 2009. A ampliación a tres anos do Fondo Estatal de Investimentos suporá unha meirande achega de recursos cos que acometer proxectos de maior envergadura, dos que na nosa cidade hai pendentes de acometer dabondo. Xunto coa prórroga do Fondo, Esquerda Unida plantexa que se incorpore como elemento corrector na asignación de Fondos, a variable da taxa de desemprego, o cal ten unha relevancia certa nunha cidade castigada especialmente polo paro como é Ferrol.

En sintonía co antedito, Esquerda Unida considera necesario a creación dun segundo fondo adicado, neste caso, aos servizos sociais. Coa durísima situación xeral que está a xestarse pola crise económica, as políticas públicas de carácter social son unha esixencia para un goberno que se queira cunha mínima sensibilidade social. O aumento do desemprego, o retraso e falla de dotación orzamentaria que padece a lei da dependencia, as insuficiencias no financiamento do ensino público universitario e non universitario ou no eido sa saúde, en resumo a fenda no gasto social que temos cos países maís avanzados da UE, medida en sete puntos porcentuais do PIB, entreganlle razóns e urxencia para a creación dun Fondo Estatal de contido social. _______________

sábado, decembro 20, 2008

Programaçom das Festas de Inverno, já pronta

De: Fundaçom Artábria -artabria@artabria.net-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 20 de dezembro de 2008 11:00
Assunto: Programaçom das Festas de Inverno, já pronta



Programaçom das Festas de Inverno, já pronta

Por fim podemos oferecer-vos a programaçom completa das Festas de Inverno, a poucos dias já da chegada do Apalpador. Mais um ano, a Artábria apresenta um programa variado com actividades para miúd@s e graúd@s, com o idioma e a cultura do País como fio condutor.

Queres conhecê-la?

Dia 22

- Nom é a primeira vez, mas sempre é umha sorte contarmos com a presença de um d@s mais acreditados autores da literatura infantil e juvenil galega, o escritor ferrolano Antom Cortiças, grande conhecedor também das tradiçons populares galegas. Desta vez, o Antom visita-nos para ensinar cousas sobre os jogos e brinquedos tradicionais, aproveitando a sua autoria da "Enciclopedia de xogos tradicionais", através de um obradoiro de origami no nosso centro social. Crianças e crescid@s serám bem-vind@s a partir das 19 horas para aprendermos a fazer figuras de papel.

No mesmo dia, à noite, iniciamos o ciclo de sessons musicais agendadas para estas datas, sob o título genérico de "Vozes". Começamos com 'Vozes Reagge', com clássicos desse estilo como Peter Tosh, Inner Circle, Jimmy Cliff e o lendário Bob Marley.

Dia 23

- "Vozes do Curdistam" é o nome da sessom em que o local se encherá de umha música de grande intensidade rítmica, mui vital, com cançons que falam dos prazeres mais básicos da vida e também das gestas guerreiras, algo comum a todos os povos que habitam nas montanhas do Cáucaso e do Irám.

Dia 24

- A partir das 17h30, temos um obradoiro de presentes artesanais, dirigido polos companheiro Ernesto Lopes, o Nês, integrante de toda a vida da nossa entidade. A partir de diferentes materiais tais como osso de fruita, cascas de noces, et cetera, construiremos brinquedos que o Apalpador repartirá entre as crianças.

Mais tarde, Suso Vaamonde, Xerardo Moscoso, Benedicto, Bibiano, Fujam os ventos, Saraibas, Miro Casavelha... ateigarám Artábria com os seus versos de crítica frente às injustiças e de dignificaçom da nossa cultura e lingua. Será o dia das "Vozes pop e da cançom de intervençom galega".

Dia 25

- A partir das 19h30, sessom de cinema para crianças. Começamos com o filme "Madagáscar", primeira parte da saga dos animais fugidos de um zoo em Nova Iorque a caminho de África.

Dia 26

- Às 20h00, com o titulo "A necessária oficialidade das nossas selecçons", membros de Siareir@s Galeg@s vam explicar-nos os argumentos das reivindicaçons de reconhecimento para o direito a contarmos com selecçons oficiais galegas.

Dia 27

- Emissom do jogo de futebol que a selecçom masculina de Galiza jogará no estádio de Riazor da Corunha contra Angola. Duelo galegófono de alto nível.

Dia 28

- Combinamos no nosso local para compartilhar um jantar gastronómico centrado num produto próprio destas datas: as castanhas.

Mais tarde, por volta das 20h30, visionaremos o segundo jogo da selecçom feminina de futebol. Desta vez, após a estreia do ano passado em Balaídos frente à Catalunha, o jogo será contra Angola em Pasarom (Ponte vedra).

Dia 29

- Repetiremos encontro com o Antom Cortiças e os origamis (figuras de papel). Depois da experiência da anterior ocasiom, será o momento de elaborar figuras de papel um bocadinho mais complexas.

Com "Vozes do Rhythm and blues", continua o ciclo musical com as cálidas vozes do Rhythm and blues, um estilo fortemente influenciado polo jazz, assim como polo gospel.
Dia 30

- A partir das 17h00, continuaremos a elaborar presentes artesanais, continuando a tarefa iniciada no dia 24.

A partir das 19h00, o Apalpador sairá polas ruas do bairro de Esteiro a apalpar as barrigas d@s nen@s repartindo presentes e a música das gaitas como acompanhamento.

Dia 31

- É a vez das "Vozes de mulher", como Guadi Galego, Ugia Pedreira, Mercedes Peom ou Uxia.
Também teremos o sorteio da cesta de natal, com umha mam inocente a retirar, dentre mais de 150 numeros, o ganhador ou ganhadora do cabaz natalino, cheio de productos adquiridos na cooperativa de consumo responsável "A Xoaniña".

Pola 1 da manhá, e com entrada gratuita, teremos a festa de viragem de ano. Se no passado ano tivemos umha festa de estética "hortera", nesta ocasiom mudamos de extremo e a festa estará centrada nos anos 30: ganguesters, tiroteios, clubes clandestinos, fatos e chapéus serám os elementos nesta original festa viragem de ano.

Dia 2

- As "Vozes punk" levam-nos de volta até o ano 1977, época na qual em cidades como Londres ou Nova Iorque nasceu o punk como umha atitude de repulsa pola rigidez dos convencialismos imperantes na sociedade.

Dia 3

- Organizamos umha jornada de limpeza no nosso local, com o fim de arrumar as salas de reunions, biblioteca, o café-bar, paredes... e assim termos o centro um bocadinho mais recolhidinho. A jornada de limpeza começará por volta das 11h00; posteriormente faremos umha pausa para o jantar com os produtos que cada um de nós traremos. Após esta pausa, continuaremos com a limpeza até o horário de abertura do café-bar.

Já à noite, teremos a III Festa Singstar, em que teremos a oportunidade de demonstrar os nossos dotes de interpretaçom com cançons de todos os estilos (rock, pop, heavy, cantor de intervençom, soul, ská, punk...) e contando pola primeira vez com umha pequena selecçom de temas em galego-português.

Dia 4

- Às 19h40 horas, volta o cinema infantil com a projecçom do filme "Shin Chan, a invasom", recuperando assim o famoso personagem que tanto sucesso tem feito na Galiza de há uns aninhos.

Esperamos contar convosco, com os vossos filhos e filhas, amigos e amigas, família e até algum animal de estimaçom. Todos e todas temos o nosso lugar na celebraçom das Festas de Inverno e a chegada de um novo ano de luitas e construçom nacional.

Mais um ano, pola Galiza, em pé de festa!

A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.

Código de Identificaçom Fiscal (CIF): G15645518.
Morada: Travessa de Batalhons nº7 Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone do Centro Social: +34 981369099
Fax do Centro Social: +34 981369920
Telefone do café-bar: +34 981369921


Sítio webda Fundaçom Artábria
http://www.artabria.net/

Sítio web do festival da Terra e da Língua
http://www.artabria.net/festival

_________

mércores, decembro 17, 2008

O 17 de Decembro terá lugar a Asemblea Comarcal de Esquerda Unida

De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para: artabra21@gmail.com

Data: 16 de dezembro de 2008 13:10

Asunto: asemblea comarcal




Benquerid@s compañeir@s:

Achégase nota de prensa sobre a asemblea comarcal que mañá renovará a dirección comarcal da nosa organización. Grazas pola vosa atención.

Un saúdo,

Ramiro Marier

Ferrol, martes 16 de decembro de 2008

ESQUERDA UNIDA CELEBRARÁ MAÑÁ ASEMBLEA PARA RENOVAR A DIRECCIÓN COMARCAL

ESQUERDA UNIDA IMPULSARÁ UNHA NOVA CONVERXENCIA SOCIAL E POLÍTICA PARA DARLLE UNHA SAÍDA SOCIAL E DEMOCRÁTICA Á CRISE ECONÓMICA

Enmarcado no proceso de refundación de Esquerda Unida, este mércores, 17 de decembro, ás 20:30 horas, na sede local de Esquerda Unida en Ferrol terá lugar a asemblea comarcal de Esquerda Unida na que se procederá a renovar o órgano de direción comarcal.

A renovación da direción comarcal enmárcase na nova etapa política inaugurada coa eleción do Coordenador Xeral, Cayo Lara, que vén marcada pola vontade achegar unha proposta de traballo unitaria e respectuosa da pluralidade, un valor central para a esquerda anticapitalista, republicana e federal, teses definitorias da IU que sae da Asemblea Federal. Unha IU que le o valor do traballo en equipo e das direcións colectivas, colexiadas e integradoras para acadar a condición de ferramenta de transformación social.

Chega un tempo novo político e social no que a voz de Esquerda Unida vai soar firme e nidia en defensa dos traballadores e traballadoras golpeados pola crise económica. Galicia necesita que se escoiten as razóns e argumentos da esquerda, fóra do consenso estéril e continuísta dos partidos que habitan o Parlamento de Galiza. Na rúa, nas fábricas, nas universidades, a esquerda en Galicia di que chegou o tempo de repensar os dogmas neoliberais, afundidos nesta crise, e avanzar na recuperación do público e social como fundamentos do benestar e a cohesión sociais.

A realización dun milleiro de actos públicos para enfrontar a crise semella un primeiro chanzo para facer chegar á clase traballadora e a cidadanía a análise e proposta programática de esquerdas que Esquerda Unida considera necesaria para darlle unha saída social e democrática á crise económica.

A Asemblea Federal de IU acordou comezar un proceso de refundación que se extenderá ao longo de 18 meses ao obxecto de promover unha nova converxencia política e social ao redor dos valores e programas da esquerda transformadora e anticapitalista. Ábrese un tempo novo para achegarmos os milleiros de traballadores e traballadoras, xóvenes e mulleres que comparten con nós unha visión crítica da globalización capitalista e os que queremos sumar a un traballo colectivo de transformación radical da sociedade.
_____________

Autoconvocatoria para o 20 de Decembro de 2008: Por unha alianza anticapitalista

De: Autoconvocando -alianzas@forosocialgalego.org-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 15 de dezembro de 2008 12:57
Asunto: Por unha alianza anticapitalista



Por unha alianza anticapitalista

Lembramos esta autoconvocatoria reiterando que o único xeito de saber se entre os movementos temos quórum para unha xuntanza o día 20 (e xa que logo buscar local) é que devolvades este correo manifestando disposición. Existen loxicamente problemas coa data do 20 para algunha xente que non pode ir ou mesmo ten algunha actividade programada nese día, mais hai quen propón non adiar máis a xuntanza e se acaso celebrar outra a finais de xaneiro para ir sumando e concretando.


MOVEMENTOS SOCIAIS GALEGOS, DA REFLEXIÓN Á ACCIÓN CONXUNTA
POR UNHA AUTOCONVOCATORIA POSÍBEL


Non son poucos os movementos sociais do país que pensan que falamos moito e facemos pouco, ou que o que facemos non se ve. Co ano 2009 ás portas cómpre organizármonos nunha alianza galega para dar resposta á ofensiva do capital, que indubidabelmente será máis forte nos vindeiros meses. É precisa unha marea de colectivos e persoas que busquen puntos comúns, pois son moitos nos que coincidimos, que programen un plan de acción conxunto, poderoso, e que poñan enriba da mesa a solución á pregunta que todos temos en mente: que imos facer?

Durante as últimas semanas xurdiron propostas concretas ás que cómpre respostar. Mais seguramente existen outras moitas que todos e todas quereríamos valorar. Seremos os e as integrantes de movementos sociais galegos antihexemónicos, dende os que orbitan no independentismo aos que se dedican ao desenvolvemento, dende os ecoloxistas aos anarquistas, dende os campesiños aos centros sociais… quen de confluír en accións e campañas conxuntas para opoñérmonos á deriva autoritaria de gobernos e poderes económicos?

Esta mensaxe trata de cotexar se os movementos galegos de índole anticapitalista, sen exclusión, estarían dispostos a manter unha xuntanza para falarmos dese, que imos facer? Trátase de realizar unha reunión en réxime de autoconvocatoria, sen líderes nen xerarquías, na que os colectivos expoñan propostas de acción concretas para tentar asumir cando menos algunhas delas e facer forza entre todos durante 2009. Trátase de construír, de unir, de atopar interseccións, de falar e de escoitar, de propor alternativas, mobilizacións, campañas, rebelións... sen condicións previas nin freos a calquera tipo de ideoloxía ou condición.

MECANISMO:

Por non existir unha listaxe de correo nin unha organización, a proposta é que as persoas e colectivos interesados resposten a este correo manifestando a súa disposición a asistir a unha xuntanza aberta na que se debatan propostas concretas, que os colectivos ou persoas a título individual deben levar elaboradas. Cada tres días, todos recibirán un correo con todas as respostas recibidas e de aí sacarán a conclusión se a xuntanza se pode facer.

A data proposta para a xuntanza é a do 20 de decembro, sábado, pola mañá. Por equidistancia en Compostela, mais loxicamente calquera pode propor outra opción que se fará saber a todo o mundo.

Se alguén propón outro mecanismo adiante...

POR UNHA ALIANZA SOCIAL GALEGA

Saúdos
_______________

Domingo 21 de Decembro: Mercadiño de Troco en Ferrol


De: Elena López -elenuli@hotmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 16 de dezembro de 2008 18:41

Asunto: mercadiño de troco, este domingo


Este domingo, ven á feira de Ferrol,

pero sen un peso nos petos, non vas mercar!!

(todo o consumo ten consecuencias, pensa nelas)

Participa no mercadiño de troco:
- pensa no que precisas e que podes ofrecer a cambio
- cólleo
- traeno
- trócao

O valor real de calquera cousa é somentes o da súa utilidade:
- algo moi custoso que non se usa, non vale nada
- algo recuperado ou un préstemo temporal poden valer moitísimo

Tamén habemos ter obradoiros:
- para facer papel reciclado
- crochetar cestas da compra con sacas plásticas usadas (trae se tes a agulla de ganchillo grosa, ou avisa á familia para que veña aprender)
- facer chapas anticonsumistas persoais
- apañar e máis compartir máis ideas para que os "refugallos" viren en uteis

Van dous correos xuntos: unha cuña da Rádio Filispim (feita por Miguel e Iago) e máis un texto (provisional) de como vai funcionar a cousa.
Bótalle un ollo, pégalle unha escoitada, e pásao!!

xa nos contarás logo como che foi na feira
um grande abraço
_________________

Baixa o ficheiro anexo en formato -pdf- :
Como vai funcionar a cousa [Texto Provisional]
______________

martes, decembro 16, 2008

Concentraçom em Ferrol em solidarierdade com os dous militantes indepedentistas acusados de agressom a Juán Fernández em 2004

De:nosup-trasancos@nosgaliza.org Para:artabra21@gmail.com Data:16 de dezembro de 2008 03:22 Assunto:Concentraçom em Ferrol em solidarierdade com os dous militantes indepedentistas acusados de agressom a Juán Fernández em 2004


Concentraçom em Ferrol em solidarierdade com os dous militantes indepedentistas acusados de agressom a Juán Fernández em 2004

Para a próxima segunda-feira, 22 de Dezembro às 10.00h está marcado o juízo contra dous militantes da esquerda independentista da Comarca de Trasancos acusados de agredir ao empresário naval, líder de IF e exvice-presidente da Cámara municipal de Ferrol, Juan Fernández e ao seu filho após ter-se celebrado umha grande manifestaçom em Ferrol convocada polos principias sindicatos em defesa do sector naval galego e dos postos de trabalho ameaçados em IZAR Fene e IZAR Ferol.

No final da mobilizaçom, a presença de Juan Fernández, foi contestada por um sector de manifestantes, recebendo o impacto de alguns ovos.

O juízo que tinha que celebrar-se o passado 29 de Maio e ao que em princípio só fora citado um dos independentistas finalmente fôra adiado ao nom estar na Galiza um dos denunciantes.

Contra os dous pesa a acusaçom de “atentado contra cargo público” e as penas de prisom oscilam entre os 5 e 2 anos.

Como denunciamos no seu dia em um princípio eram sete os vizinhos de Ferrol denunciados por estes factos após que a Brigada de Informaçom da Polícia espanhola utilizasse mais umha vez a "lista negra" de militantes independentistas na comarca para que se activasse este processo represivo.

De NÓS-Unidade Popular convocamos umha concentraçom em solidariedade com os nossos companheiros o mesmo dia do juízo às 9.30 diante dos julgados de Ferrol.

Para mais informaçom:
  • Adiado julgamento contra militante independentista em Ferrol acusado de agressom a Juan Fernández [+]

  • NÓS-Unidade Popular denuncia umha nova montagem policial contra a militáncia independentista em Ferrol [+]

  • Solidariedade com os 7 companheiros acusados de "agressom" a Juán Fernández [+]

  • Adiado o julgamento aos seis filiados de NÓS-UP em Trasancos [+]

  • Julgamento a NÓS-UP Trasancos: "nada que ocultar"[+]

  • NÓS-UP manifesta-se com milhares de trabalhadores e trabalhadoras dos estaleiros em Ferrol [+]

__________

sábado, decembro 13, 2008

Acción de protesta ante a posíbel entrada na Ría do gaseiro 37, "LNG Lagos", cargado con GNL para REGANOSA, pois onte non poido entrar polo temporal

[Foto: Susete70]
De: Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-

Para: artabra21@gmail.com
Data: 13 de dezembro de 2008 15:51
Asunto: Domingo 14 decembro : CONCENTRACIÓN (Entrada 37º gaseiro)



Domingo 14 decembro : CONCENTRACIÓN (Entrada 37º gaseiro)

O gaseiro nº 37, o "LNG Lagos", que hoxe sábado tivo que desistir da entrada na Ría, a causa do forte vento, intentará achegarse na tarde de mañá domingo a Planta de Gas, coa sua perigosa carga de GNL, polo que o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convoca

CONCENTRACIÓN

Domingo, 14 de Decembro, ás 7 da tarde

Ante o Edificio Administrativo da Xunta de Galicia

(Praza de Amada García – Ferrol)

¡¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡!

Buque: "LNG Lagos" – Bandeira: Bermudas – Antiguedade: 32 anos (23 inactivo)
– Eslora: 274,4 m. – manga: 42 m. – calado: 11,8 m. – Capacidade: 122.255 m3.

Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org
___________

Onte o "LNG Lagos", que fai 37 buque cargado con GNL-LNG que chega até a nosa Ría, non poido entrar por causas metereolóxicas. O Comité Cidadán xa preveia esta circunstancia, dado as previsións de temporal que se facían.

Sábado, 13 de Decembro
[creada o Sábado, 13 de Decembro ás 9:31:51]
MAÑÁ TARDE NOITE TEMPERATURAS
Estado ceoVento Estado ceoVento Estado ceoVento
MINMAX
10°13°
Comentario: Ceos cubertos na mañá, con chuvias puntualmente fortes; pola tarde intervalos nubosos con chuvascos que poderían vir acompañados de sarabia e treboadas. Temperaturas mínimas en lixeiro ascenso e máximas sen cambios significativos. Vento forte do oeste pola mañá e forte do noroeste o resto da xornada.
_______

Comunicado do Comité Cidadán de Emerxencia
[13 de dezembro de 2008 10:16 ]

De novo un gaseiro cargado con GNL para Reganosa ten que abortar a súa entrada debido ás condicións meterolóxicas.

O "NLG LAGOS" un vello gaseiro de 32 anos de antiguedade (23 deles inactivo) tiña prevista a arribada a Ría de Ferrol o sábado 13 de Decembro, na pleamar da tarde, e vese forzado a desistir de cruzar o angosto canle da Ría debido as previsións de mar gruesa e ventos fortes que poderían provocar o seu desplazamento contra a costa e causar un tráxico accidente.

Estas situacións vanse producindo con moita frecuencia (néboa, temporal, vento, visibilidade…), e non fan outra cousa que reafirmar o tantas veces manifestado sobre a perigosidade e improcedencia da ubicación da Planta no interior da Ría, cando podería estar situada no Porto Exterior.

Así seguirá sucedendo, ata que un día, iniciada a manobra de entrada, o buque, véxase sorprendido por un cambio brusco non previsible das condicións metereolóxicas, ou que, por causa urxente, teña que abandonar a ría no medio dunhas circunstancias adversas, entón, cando ocorra a desgraza, todos aqueles responsables que agora fan oídos xordos ás nosas advertencias serán os primeiros en lamentarse. Entón será xa demasiado tarde.
___________

xoves, decembro 11, 2008

Che Sudaka esta sexta-feira na Fundaçom Artábria: 12 de Dezembro



De: Fundaçom Artábria -artabria@artabria.net-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 11 de dezembro de 2008 08:58
Asunto: Che Sudaka esta sexta-feira na Fundaçom Artábria



Che Sudaka esta sexta-feira na Fundaçom Artábria

Finalmente e com um cámbio de última hora o concerto que o cantor punk ferrolano Bitxo Bola ia celebrar na sexta-feira, 12 de Dezembro no nosso Local Social, adiou-se para o próximo 19 de Dezembro.

Em lugar do Bitxobola contaremos quase por surpresa com os CHE SUDAKA!!! ...
O concerto começará às 22.30horas e o preço do bilhete será de 5 euros para público geral e de 4 euros para sóci@s. A festa continuará com a música de A morrinha Sound Antisistema.

+ info CHE SUDAKA: http://www.myspace.com/chesudakastyle
+ info A morrinha Sound Antisistema: www.myspace.com/amorrinha

A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.

Código de Identificaçom Fiscal (CIF): G15645518.
Morada: Travessa de Batalhons nº7 Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone do Centro Social: +34 981369099
Fax do Centro Social: +34 981369920
Telefone do café-bar: +34 981369921


Sítio webda Fundaçom Artábria
http://www.artabria.net

Sítio web do festival da Terra e da Língua
http://www.artabria.net/festival

__________________

mércores, decembro 10, 2008

O Sábado 13 de Novembro, presentación do libro "El caso Leganés", referido ao ataque conservador á sanidade pública na Comunidade de Madrid

De: Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
Para: artabra21@gmail.com
Data: 9 de dezembro de 2008 17:17
Asuntos: Sábado 13 : Presentación :”EL CASO LEGANÉS” por Luis Montes



Sábado 13 : Presentación :”EL CASO LEGANÉS” por Luis Montes


Organizado pola A.C. "Fuco Buxán"

E coa colaboración da Área de Filosofía Moral da Facultade de Humanidades
Universidade de A Coruña

Sábado 13 de Decembro, ás 7 da Tarde
na Aula Magna de Humanidades
(Campus de Esteiro – Ferrol)

Presentación do Libro

"EL CASO LEGANÉS"

O Acto contará coa presenza do seu autor

Luís Montes

ExCoordinador de Urgencias do Hospital Severo Ochoa

Entrada libre.

Constitúe o libro unha analise do proceso considerado o maior escándalo sofrido pola sanidade pública nos últimos tempos. Detrás do caso Leganés están cuestións tan importantes para o sistema democrático como: o papel da medicina pública, o dereito aos cuidados paliativos, o modelo de sanidade (pública o privada).

Visita a nosa web : www.fucobuxan.com
--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es

___________

martes, decembro 09, 2008

Valoración das recentes sancións á SGAE [Sociedade Geral de Autores y Editores] pola violación de dereitos fundamentais

De: MpDC -prensa1@movemento.org-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 9 de dezembro de 2008 14:20
Assunto: NP Sancións AEPD SGAE



Valoración das recentes sancións a SGAE pola violación de dereitos fundamentais

O MpDC manifesta a súa indignación perante as reiteradas e arrogantes violacións de dereitos fundamentais por parte da SGAE

Nestes últimos días coñecemos a nova da multa imposta pola Axencia Española de Protección de Datos á SGAE, por gravar unha voda sen autorización. O Movemento polos Dereitos Civís acolleu con satisfacción esta sanción, dada a gravidade das lesións dos dereitos á intimidade e á propia imaxe. Sen embargo, preocupa e moito a reacción da Sociedade Xeral de Autores perante a sanción: os seus responsables restáronlle “relevancia” ós feitos e anunciaron con toda tranquilidade a súa vontade de reincidir neste comportamento ilegal. De feito, a SGAE, multada tamén nestes días por outra violación da Lei de Protección de Datos, presentou unha nova demanda valéndose da mesma práctica ilegal sancionada pola AEPD. O Movemento polos Dereitos Civís manifesta a súa indignación de fronte á lixeirezaa coa que a SGAE atenta reiteradamente contra os dereitos fundamentais das persoas para defender a propiedade intelectual dos seus asociados.

A Axencia Española de Protección de Datos sancionou cunha multa de 60.000 euros á SGAE por introducirse nun banquete de vodas e realizar gravacións sen permiso, coa intención de comprobar se o local utilizaba música dos seus afiliados sen pagar o canon. A AEPD considera que a SGAE cometeu unha infracción moi grave, incorrendo nunha clara violación do dereito constitucional á intimidade e á propia imaxe, pois en ningún momento contaron coa aprobación das persoas que estaban sendo gravadas. A SGAE non puido utilizar as gravacións no xuízo contra o local, mais obtivo aínda así máis de 40.000 euros en concepto de canón musical non pagado.

Nestes mesmos días a AEPD ditou outra resolución pola que sanciona de novo á SGAE, neste caso con 6000 euros , e de novo por unha infracción da Lei de Protección de Datos. Fai xa dous anos que varios socios denunciaran a este organismo por facer públicos, a través da web Portal Latino, datos persoais suxeitos á protección da LOPD. Nomes, números de teléfono e outros datos persoais, que a SGAE tiña a obrigación de custodiar en secreto, apareceron nun coñecido programa informático de intercambio de arquivos. A AEPD xustifica a sanción no feito de que “queda acreditado que por parte de Portal Latino, responsable da custodia dos datos, vulnerouse o deber de segredo garantido na lei ao posibilitar o acceso non restrinxido a datos persoais sen consentimento dos seus titulares”.

De calquera xeito, o máis grave para o Movemento polos Dereitos Civís non é tanto que as diversas sancións denote un reiterado incumprimento por parte da SGAE dunha Lei que protexe dereitos fundamentais. O verdadeiramente escandaloso son as declaracións dos responsables do organismo, nas que anuncian a súa vontade reincidir nestes comportamentos, a pesar de seren conscientes da ilegalidade dos mesmos.

"Levamos lustros facéndoo e volveremos facelo. Non creo que teña especial relevancia. Nas sociedades de xestión (e non só na nosa) adóitase traballar así”. Estas foron as declaracións que realizou o director de Relacións Institucionais da SGAE ó coñecer a sanción. De feito, a SGAE ven de ser denunciada novamente por gravar imaxes dunha voda no interior dun local e sen permiso dos interesados, imaxes que intentará utilizar nun novo xuízo no que reclama o pago do canon. O Movemento polos Dereitos Civís fica sorprendido e indignado perante semellante desprezo dos dereitos fundamentais das persoas, e manifesta o seu apoio a AEPD, á Asociación para la Protección de Datos de los Consumidores, que denunciou estes últimos feitos, e a todos os afectados. Sen dúbida, a SGAE debería reflexionar sobre a perda de lexitimidade pública que supoñen estas continuas violacións de dereitos fundamentais para a súa defensa dos dereitos intelectuais dos seus asociados.

Movemento polos Dereitos Civís. r/ Rosalía de Castro 29. Galerías Belén 102.15703 Santiago de Compostela. mpdc@movemento.org

Contacto: 610858850 (Renato Núñez)

______________

Noticia relacionada:

Protección de Datos multa con 60.101€ á SGAE por gravar unha voda sen permiso
20Minutos.es
  • A SGAE contratou a un detective que gravou aos invitados bailando ao ritmo de cancións protexidas.
  • O salón de vodas tivo que pagar 43.179 euros de canon musical.
  • A resolución di ademais que a actuación do detective vulnerou a Lei de Seguridade Privada.
______________

Nós-UP parabeniza a comunidade educativa do CEIP Recimil polo novo nome e pede ao CEE Carmen Polo e o IES Marqués de Suanzes que sigam o exemplo

De: nosup-trasancos@nosgaliza.org
Para: artabra21@g
mail.com
Data: 9 de dezembro de 2008 02:04
Assunto: NÓS-Unidade Popular parabeniza a comunidade educativa do CEIP Recimil polo novo nome e pede ao CEE Carmen Polo e o IES Marqués de Suanzes que sigam o exemplo



NÓS-Unidade Popular parabeniza a comunidade educativa do CEIP Recimil polo novo nome e pede ao CEE Carmen Polo e o IES Marqués de Suanzes que sigam o exemplo

A comunidade educativa do CEIP Recimil, localizado nesse bairro ferrolano, decidiu num processo democrático, em que fôrom directamente consultados pais e maes, retirar por fim o nome de Ibañez Martín, o sanguinário ministro franquista que, oficialmente, ainda dá nome a esse centro de ensino infantil.

Assim, a falta de que a Administraçom admita a proposta dos órgaos representativos do centro, por fim a demanda de diferentes sectores vicinais, sindicais e políticos de Ferrol vai ser assumida, num novo passo de limpeza democrática em que a comunidade educativa de Recimil deu exemplo a toda a cidade e a toda a Galiza.

NÓS-Unidade Popular, activamente envolvida durante anos na reivindicaçom popular de retirada de símbolos do franquismo que ainda estám presentes nos espaços públicos do nosso país, tampouco quer deixar de manifestar a satisfaçom pola retirada dos títulos de honra dedicados durante a ditadura ao genocida Francisco Franco e à mulher, Carmen Polo. É, contodo, injustificável a demora com que se agiu –33 anos depois da morte do ditador!–, e é sintomática a negativa do PP e de IF a apoiar a tardia iniciativa do BNG.

Dito todo o anterior, e umha vez transmitidos publicamente os parabéns ao professorado, pais, maes, alunado e pessoal administrativo do CEIP Recimil, voltamos a reclamar aos outros dous centros que ainda mantenhem nomes do franquismo no nosso concelho que, já que nom tivérom a iniciativa de o fazerem antes, cumpram agora com o estabelecido na Lei da Memória Histórica e retirem os nomes de Carmen Polo e do Marqués de Suanzes aos respectivos centros.

Assembleia Comarcal de Trasancos de NÓS-Unidade Popular

Ferrol, 5 de Dezembro de 2008
_________________

Democracy Now! - Boletín de Noticias do Luns, 8 de Decembro de 2008

luns, decembro 08, 2008

A veciñanza protesta polo tránsito de camións cargados con clínker e carbón pola estrada de Valón procedente do Porto Exterior

O tránsito de camións de grande tonelaxe, pola estrada de Valón procedente do Porto Exterior de Caneliñas, pon en perigo á veciñanza que mora e tránsita, polo lugar.
Fotos: Mel Sanxoan

Galería da Manifestación convocada polas asociacións veciñais de Doniños, A Cabana e Valón, contra o tránsito de camións de grande tonelaxe, cargados con clínker e carbón, pola estrada de Valón desde o Porto Exterior. Manifestación celebrada o Venres, 5 de Decembro de 2008.

As reivindicacións veciñais:

1.- Por un tráfico que respete as simais de 40 quilómetros/hora, 16 toneladas e os pasos de peóns

2.- Porque non se transporte o clinker e o carbón por esta estrada

3.- Para que a Deputación amañe os danos que fan os camións do clinker e os do carbón nas vivendas, cerres e na propia estrada

4.- Para que os culpables de non ter feita esta estrada ao Porto Exterior, asuman a súa responsabilidade

5.- Polo dereito da veciñanza a vivir e camiñar polas beirarruas con seguridade
__________

Enlaces relacionados:
_____________