xoves, xullo 05, 2012

O Comité Cidadán de Emerxencia mantivo unha xuntanza con representantes do Grupo Parlamentario do BNG en Compostela, sobre a última Sentenza ditada polo Tribunal Supremo que ilegaliza a Reganosa - O Comité Cidadán convoca dúas citas de moita importancia: Asemblea Cidadá (9 de Xullo) e Marcha a Pé até Mugardos (20 de Xullo)


Na súa última reunión plenaria o comité Cidadán de Emerxencia acordou facer unha xira informativa e deliberativa cos grupos políticos -en diferente ámbito, para informar do contido da Sentenza do Tribunal Supremo que ilegaliza a Planta de Gas -Reganosa, instalada en Punta Promontorio (Mugardos), no mesmo corazón da nosa Ría. esta é unha nota enviada polo Comité logo de que tivera lugar a reunión co Grupo Parlamentar do BNG en Compostela.


Reunión do CCE co Grupo do BNG no Parlamento de Galicia

Xuntanza dunha representación do CCE co Grupo Parlamentario do BNG, no Parlamento de Galicia o dia 3 de Xullo de 2012

A xuntanza celebrase despois da petición cursada polo Comité Cidadán de Emerxencia a todos os grupos do Parlamento de Galicia, tras a Sentenza inapelable do Tribunal Supremo que anulou a modificación do PXOM de Mugardos que serviu de base para a construción da planta de gas de Reganosa.

Asistiron a reunión: polo Grupo do BNG; Ana Ponton Mondelo e Fernando Blanco Parga e polo CCE, Luz Marina Torrente López, Manuel A. Rguez. Carballeira, Eliseo Zaera Rios, Humberto Fidalgo Couce.

Por parte do CCE, fíxose unha exposición do percorrido administrativo, xudicial e mobilizador ata esta sentenza do Supremo, lembrando o carácter perigoso da planta de Reganosa, unha ameaza para miles de persoas, que acelera a destrución do ecosistema da Ría, sendo ademais unha instalación deficitaria que nos custou, no ano 2011, perto de 58 millóns de euros. Tamén se puxeron en coñecemento do BNG, as actividades irregulares de Reganosa coa carga e descarga de GNL, as novas agresións á Ría, como o dragado da canle de entrada, ou o numero de dias baixo mínimos da planta durante o 2011.

Tendo en conta que a ilegalidade da planta de Reganosa e insubsanable, o CCE recabou unha actuación decidida e coherente do Grupo Parlamentario do BNG o través das seguintes iniciativas parlamentarias:

Solicitar do Goberno da Xunta de Galicia, o axeitado cumprimento da sentenza do Supremo

Abrir unha Comisión de investigación sobre a actividade de Reganosa.

Ferrol, a 3 de xullo de 2012

--

Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org

Enviado por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
4 de julho de 2012 16:41

__________

Documentos:

RECURSO CASACIÓN Num.: 451212008 SENTENZA TRIBUNAL SUPREMO | SALA DO CONTENCIOSO·ADMINISTRATIVO SECCIÓN: QUINTA 11.05.2012

T.S.X.GALICIA A CORUÑA SENTENZA: 00311/2008 - COH/AD SEC.2 22.04.2008
______________________________

Actos convocados polo Comité Cidadá:

ASEMBLEA CIDADÁ
O LÚNS 9 DE XULLO, ÁS 8 DA TARDE
NA SALA DE ACTIVIDADES
DO IES CARVALHO CALERO DE CARANZA

MARCHA A PÉ FERROL-MUGARDOS
O VENRES 20 DE XULLO, ÁS 5 DA TARDE
SAÍDA DESDE O PARQUE 'CARMELO TEIXEIRO' DE CARANZA
REMATE NA PRAZA DO MERCADO DE MUGARDOS
CUN ACTO FESTIVO E REIVINDICATIVO

_______________________________________________

A nova formación política 'CompromisoXGalicia' presenta-se en Ferrol - Xoves 5 de Xullo


Lucía Vizoso encargara-se, esta tarde do Xoves 5 de Xullo de 2012,  de presentar a nova formación política 'CompromisoXGalicia'. Este acto que pretende ser informativo e participativo, contará coa presencia de varios representantes das organizacións que integran a formación ecogalegista. A cita será ás 7 da tarde na Galería Sargadelos, esquina rúa María e rúa Rubalcaba.

Para máis información:

http://compromisoporgalicia.blogaliza.org/

_____________________

A Cooperativa Integral Galega presenta-se en Ferrol - Xoves 5 de Xullo na SCRD 'San Carlos' de Esteiro - 1º Xira Galega de Palestras sobre Cooperativas Integrais

A Cooperativa Integral Galega, proxecto de renovación económico e social integral, público e autoxestionario, ten o pracer de anunciar as datas da 1º Xira Galega de Palestras sobre Cooperativas Integrais:

Martes 3. OURENSE. 20:30 - “Anacos da Cidade”- R/Paseo, Galerías vía Cambre, entreplanta, local 15

Mércores 4. A CORUÑA. 20:30 - “Asociación Alexandre Bóveda” - R/Olmos, 16-18, 1º

Xoves 5. FERROL. 20:30 - Local Social SCRD "San Carlos” - R/ Fernando VI, bloque 3, Esteiro

Venres 6. SANTIAGO DE COMPOSTELA. 20:30 - “PANXEA” - R/da Rosa 36

Que é e cales son os obxectivos dunha cooperativa integral?:

A Cooperativa Integral xurde das premisas de crear unha nova economía de subsistencia e transición, capaz de unificar os proxectos necesarios para o cambio político e social. Estes proxectos, moitos deles xa existentes, deben dar cabida a profesionais e colectivos que desexen traballar dentro dun marco de relacións máis humanas e xustas.

A Cooperativa Integral é un organismo vivo, horizontal, inclusivo e participativo, que permite desenvolver e articular actividades que sirvan para xerar traballo digno e útil e un consumo sostible e responsable. É un proxecto de autoxestión económica e política igualitaria e asemblearia que reúne tódolos elementos que compoñen a economía: produción, consumo, financiamento e moeda propia, e ó mesmo tempo, procura integrar tódolos ámbitos da vida: traballo, vivenda, saúde, cultura, educación, etc.

A curto prazo, as nosas metas serán:

• Posibilitar o autoemprego (cooperativas de traballo, bolsas de emprego).
• Reducir a dependencia do euro e estimular o crecemento de moedas sociais a través de redes de cooperación (ecoredes).
• Reducir os prezos e facilitar a venda directa de produtos locais, ecolóxicos e artesanais (grupos de consumo).
• Facilitar solucións colectivas a persoas insolventes e/ou en risco de exclusión social.
• Proporcionar a posibilidade de aforro comprometido con proxectos de innovación social, ética e sostible, ao marxe do sistema bancario tradicional (cooperativas de autofinanciamento).
Os obxectivos, a longo prazo, son os seguintes:
• Construír unha rede de relacións económicas cooperativas e solidarias entre persoas e empresas sociais, alleo ás flutuacións dos mercados.
• Abrir espazos que proporcionen servizos realmente necesarios: Centrais de Abastecemento, Oficinas de Vivenda, Redes de Albergues, Centros de Educación e Aprendizaxe Colectivo, Centros de Saude Autoxestionaria e proxectos de autoemprego vinculados a necesidades reais.
• Transformar a sociedade outorgando o poder real ás persoas; para iso crearase un sistema propio de seguridade e previsión social para garantir a cobertura das necesidades básicas de tódolos membros.

Contactos:
Rafa (658614626)
Diego (677140488)

+ Info:
http://coiga.arkipelagos.net/
https://www.facebook.com/groups/cooperativaintegralgalega/
cooperativaintegralgalega@riseup.net

_____________________

mércores, xullo 04, 2012

O futuro urbanístico de Canido (Plan Urban) a debate - Mesa Redonda coa participación dos grupos municipais dos partidos políticos con representación no Concello de Ferrol


A Asociación Sociocultural 'Muiño do Vento', no comezo da súa andaina, que agardamos sexa longa e semente un presente e un futuro de transformación para unha sociedade do "Ben Vivir" e de democracia participativa, organiza unha mesa redonda no local social da S.R.D. Canido Canido, ás 20:30 horas, deste Xoves, 5 de Xullo de 2012. O acto leva por titulo "O futuro urbanístico de Canido: Plan Urban", onde están convocados a participar representantes dos grupos municipais dos partidos políticos con representación institucional no Concello de Ferrol.

Para contactar: SEGANHO@terra.es

Web do Programa Urban: |Ir web |
__________________________

Festival Folk na Praza do Inferniño - Venres 6 de Xullo - I Festival InferniñoFolk - Actuan: 'Alen de Ancos' e 'Estimaba que Viñeras'


A Asociación veciñal O Rosario-Inferniño  e a Asociación Cultural Terra Meiga, organizamos un FESTIVAL FOLK para o vindeiro VENRES, día 6 a partir das 8 h da tarde no Palco da Música da Praza do Inferniño.

Neste  Festival I INFERNIÑOFOLK, contaremos cos Grupos de música folk "ALÉN DE ANCOS"  e  “ESTIMABA QUE VIÑERAS”, coa colaboración da Deputación provincial d´A Coruña, dentro da programación de cultura e o concello de Ferrol.

Alén de Ancos

Alén de Ancos é un grupo de Ferrol en constante actualización desde o seu nacemento no 2007. Despois de diversas probas musicais, o estilo defínese como FolkFusión dada a mestura de cancións tradicionais con outras de composición propia.

Levando as rendas da sonoridade musical temos whistles e uilleann pipe, sempre apoiados nos acordes de guitarra e piano, e seguindo os ritmos de bodhran e caixón.
Esta nova agrupación naceu coma un ‘hobby’ para un grupo de amigos que se coñeceran no seo de diferentes entidades e bandas da comarca. Pouco a pouco, e tras moitas horas de ensaio, déronlle forma ó seu son ata elaborar un estilo propio.

A traxectoria musical do grupo comeza coas actuacións esporádicas en pequenos locais e festivais cercanos a Ferrol, ata consolidarse definitivamente con un concerto no XII Quantum Music Festival organizado polos alumnos da Facultade de Física de Santiago de Compostela, aló polo 2008.

Despois deste gran debut coma grupo propiamente dito, participamos na inauguración dos “Mércores Folk” da xa clausurada Sala RunRum; Contratáronnos coma músicos-actores no Asalto ó Castelo de Monterrei (Ourense), dous anos consecutivos; Colaboramos no “Festival Benéfico En Feminino” organizado por AECOFE no 2008; Quedamos como semifinalistas no Concurso Escenario PRAU 2010 de Cantabria; Entre outras actuacións, tamén tocamos  en lugares como Neda (Belelle Folk 2009), Lires (Cee 2011), Carballo (2011), e San Sadurniño (San Pipote 2011).

Destacamos neste ano:
  • Ferrol Lidera 16 Marzo 2012 (Ferrol). Accésit 100 €.
  • Finalistas Proyecto Runas 2012 Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira.
  • Festival Irmandiño de Moeche
Actualmente teñen unha nova maqueta gravada co persoal técnico de Groove Punch Studios e así ter máis oportunidades á hora de solicitar novas actuacións.

Os integrantes de Alén de Ancos son: Pablo Díaz [Gaita e Whistles]],  Fausto Escrigas [Saxo e Whistles], Rubén Gómez [Guitarra], Aitor Rodríguez [Percusións], Iago Casal [Teclado], Carlos Caaveiro [Uilleann pipe], e Dolores Melgar [Pandeireta].

Recomendamos que visiten a páxina: www.facebook.com/alendeancos

Contacto: alendeancos@gmail.com


Estimaba que Viñeras


O Grupo Folc “ESTIMABA QUE VIÑERAS” (Música folk con ritmos de rock e blues) nace alá polo ano 2007 en San Xoan de Piñeiro, Mugardos.

A súa música é unha mistura de pezas de gaita tradicionais co poemario galego e propio do noso país todo isto acicalado cun toquiño rock que lle aporta carácter á festa.

Os compoñentes veñen de distintos estilos musicais, o que lle aporta diversidade ao repertorio.

Ante todo son un grupo de amigos que gostan da música do país.

Contan xa cunha ampla cantidade de actuacións entre as que caben destacar algunhas de relevancia: "FESTIFOLK SAN XOAN DE PIÑEIRO" en Mugardos, "FESTIVAL DA TERRA E DA LINGUA" no Muiño de Pedroso-Narón (Agora a edición deste ano vai-se celebrar no Paseo do Río Xuvia en Narón), "FESTIVAL ANTROSPINOS" en Taragoña-Riaxo, "FESTIVAL SOLIDARIO, UNHA MAN POR HAITÍ" en Pontedeume, no "FESTIVAL IRMANDIÑO" de Moeche e nun sinfín de actuacións en festas e sociedades culturais da nosa bisbarra.

Son: Carliños, Tino, Andrés, Moncho, Mon (fundadores e cando que eles queiran Rubén e Serxio Platas), ademási o novo e flamante Guitarrista Gabi, e o estelar acordeoanista Diego Feal.

Saúdos

asdo. Xose M. Sanxoán
asdo. Basilio Baamonde

Enviado por:
asociacion Veciñal O Rosario-Inferniño
-avvorosario@gmail.com-
3 de julho de 2012 23:04

_______________

martes, xullo 03, 2012

A Xunta ocultou un informe para facer un dragado que beneficiou a Reganosa - Os técnicos alertaban do “deterioro” que causaría a obra executada na Ría de Ferrol - Reportaxe de Lorena Bustabad


A Xunta ocultou un informe para facer un dragado que beneficiou a Reganosa

Os técnicos alertaban do “deterioro” que causaría a obra executada na Ría de Ferrol

O informe existía e era claramente negativo. Con todo, a Xunta non o incluíu no expediente ambiental que remitiu en 2010 ao Ministerio de Medio Ambiente, do que dependía a aprobación dun novo dragado na Ría de Ferrol feito á medida de Reganosa nun espazo parcialmente protexido dentro dos límites da Rede Natura.

O dragado executouse entre outubro e decembro de 2011 para retirar 2.575,06 metros cúbicos de roca e area que, teóricamente, restaban calado e entorpecían a navegación cara aos astilleros e a regasificadora de Mugardos. O porto de Ferrol utilizou explosivos para eliminar catro agullas de roca granítica da canle de entrada a ríaa sen que a Administración central ou galega puxesen traba algunha. Parte dos fondos mariños afectados integraban o LIC Costa Ártabra de especial protección natural.

Seis meses despois, e coas obras xa rematadas, Adega destapou un informe técnico da Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Xunta, fechado o 23 de xullo de 2010, que di con claridade que o dragado é “ambientalmente incompatible” coa conservación dos espazos e especies do fondo mariño “tanto dentro como fóra da Rede Natura”. “Provocaría un importante deterioro na zona protexida e afectaría negativamente á composición e estrutura dos fondos mariños”, conclúe o documento. Destaca, ademais, que na ría ferrolá identificáronse “18 especies novas para a ciencia” e que a perforación afectaría a dúas especies protexidas e outras dúas prioritarias. Os ecoloxistas engaden que se eliminaron sen contemplacións e con voaduras submarinas dúas formacións rochosas habitadas por 65 e 83 especies diferentes cada unha.

Durante os últimos dous anos, mentres o proxecto de mellora de calados na canle de entrada ao interior da ría de Ferrol continuaba o seu periplo administrativo, este informe incómodo e desfavorable permaneceu oculto nalgún caixón da Consellería de Medio Ambiente. Sen argumentos en contra, o ministerio autorizou a obra o 13 de decembro de 2010, desbotando as alegacións de ecoloxistas e mariscadores.

Aínda que a zona do dragado tocaba espazos protexidos, na resolución ministerial non figuraba o informe do organismo competente -Conservación dá Natureza- que aparentemente non se pronunciou aínda que legalmente debía facelo. Con todo, a Declaración de Impacto Ambiental (DIA) foi favorable e apoiábase nun informe positivo pero “incompleto”, -a xuízo de Adega- da Secretaria Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Días antes de comezar a dragar, a Autoridade Portuaria de Ferrol recibiu unha resolución de Conservación da Natureza que daba o visto bo ao calendario da obra, o último trámite antes de perforar. O permiso asinábao o mesmo xefe de servizo que un ano antes rubricara o primeiro informe crítico. Curiosamente, e segundo os ambientalistas, a autorización final do dragado xustificábase facendo referencia ao mesmo informe técnico que o desaconsellaba polos danos que ía causar nun espazo protexido.

En Adega obtiveron o informe negativo de Conservación case de rebote tras recorrer ao Valedor do Pobo ante as trabas que lles poñía a Xunta para consultar o expediente. O documento que lles faltaba por ver confirmou as súas sospeitas. “O dragado foi totalmente irregular e unha chafallada administrativa”, afirman. O departamento de Agustín Hernández explica que tralo primeiro informe negativo do servizo provincial a Dirección Xeral pediu unha “aclaración complementaria” que tivese en conta “dous anexos que concluían que o impacto sería mínimo e sen afección á fauna”.

Os ecoloxistas levaron o caso ante a fiscalía e elevaron a súa denuncia á UE. Consideran que a “reiterada ocultación” deste informe constitúe un posible delito de prevaricación.


Máis calado para gaseiros

Todas as alegacións que Adega presentou en 2010 contra o proxecto para mellorar o calado da Ría ferrolá estaban enfocadas a probar que era unha obra pensada por e para Reganosa. O primeiro gran dragado da Ría realizouse en 1990. Retiráronse 72.730 metros cúbicos para despexar unha canle de 4 quilómetros e 160 metros de ancho. O segundo dragado empezouse a cociñar en marzo de 2007, dous meses antes de que Reganosa iniciase a súa actividade.

O prego que a Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao redactou en marzo de 2011 para adxudicar a obra expón que se detectaron “áreas de risco” preto dos castelos da Palma (Mugardos) e San Felipe onde non se alcanzan os 12 metros de profundidade que figuraban nas cartas marítimas, o GPS dos buques. O dragado con explosivos que adxudicaron á empresa Sato por 252.188 euros buscaba “ampliar as marxes de seguridade” para a trasfega de buques cara a Navantia Fene e Ferrol, o porto interior e a planta de gas.

Para Adega, Reganosa foi a empresa máis beneficiada por un dragado “inapropiado” deseñado á mantenta “para arranxar os graves problemas do tránsito de gaseiros no interior da Ría”. Os buques que entran ao taller de reparacións de Navantia Fene-Ferrol viaxan sen carga e necesitan menos profundidade.

Por Lorena Bustabad | Ferrol 29 XUN 2012

Publicado en 'El País' | 29.06.2012

Foto tirada da estupenda Galería de Roberto - Ferrol.

Máis ...

A noticia na web de ADEGA:

A Xunta autorizou dragar a ría de Ferrol agochando os seus propios informes ambientais en contra |Ir á web|

O Informe de referencia:

Informe Técnico sobre os valores do medio no proxecto "Mellora dos calados na canle de entrada ao interior da ría de Ferrol" | delegación Territorial da coruña - Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural 23.07.2010 - Servizo d Conservación da natureza. |Ir ao Informe en formato PDF|


  •  POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  •  CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  •  PLANTA DE GAS FORA DA RÍA   !!

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
______

domingo, xullo 01, 2012

Foi a primeira Festa Intercultural de Ferrol Terra, organizada pola Asemblea Sen Papeis - Fotos - Testemuños: "Unha viaxe cara ao edén" (Vídeo)


Pola mañá cedo en Caranza chovía a chuzos, tan forte que de novo dentro do Mercado facían falta paraugas para protexese da chuvia. A cuberta segue sen reparar, por moitas promesas e proxectos do malgoberno dereitista do Partido Popular -PP. Paralelamente, as asociacións do barrio realizaban a súa segunda xornada para a elaboración dun proxecto comunitario para o Mercado e a Traseira. Carlos e Ana preparaban o que era a infraestrutural da Festa, na Traseira do Mercado, nas inmediacións de Rádio Filispim. Limpeza, bebida, comida, fogóns, potas, equipo de música, ... Había que ultimar todo. A media mañá saíu o sol e xa non se volveu a poñer até o solpor. Compañeiras e compañeiros da Asemblea Sen Papeis, comprometeran-se a agasallar-nos cociñando para un numeroso grupo de persoas que estaba previsto que participaran na cita, como así foi. O menú intercultural, cuscús e arroz , os dous con polo. Mentres uns conciñaban, ás 12 do mediodía daba comezo unha Mesa Redonda nos locais de 'Fuco Búxan'. Máis de cincuenta persoas estiveron atentas a tan interesante palestra. Dúas testemuñas contan a vivencia persoal dende que decidiran emigrar do seu país, cara a un mundo descoñecido para mellora-las súas condicións de vida (Testemuños: "Unha viaxe cara ao edén" -Vídeo), acompañadas por Laura Bugallo (Recoñecida activista en Inmigración); María Teresa Bustamante (Avogada) e o noso compañeiro Carlos Varela (Asociación Lazos Pro Solidariedade) un dos impulsores da Asemblea Sen Papeis.

Xa pola tarde comezou o Xantar Comunitario de confraternización, e máis tarde terían lugar as actuacións músicais, con tamborada africana, Manolo Bacallao, Luís Enrique Culshaw e Bitxo Bola. No medio desta actuación os traceurs, que así se chaman os practicantes de parkour, fixeron unha demostración das súas habilidades e ao remate do seu percorrido, na Traseira, continuou a festa coa música.

As fotos de Susete deixaron testemuña, da alegría e o bon desenvolvemento da Festa dos Sen Papeis.

Ningunha persoa é ilegal !!

Tod@s somos emigrantes !!


Enlace de referencia:

1ª Festa Intercultural en Ferrol organizada pola Asamblea Sen Papeis - 30 de Xuño de 2012

Fotos: Susete'70.


Contacto:

senpapeisferrol@gmail.com

Tamén no facebook.

A Asemblea Sen Papeis Ferrol, conforman a Comisión de Inmigración do Encontro Social de Ferrol Terra.


Testemuños: "Unha viaxe cara ao edén" (Vídeo).

Documentario publicado en 30.06.2012 por Asemblea Sen Papeis-Ferrol.

Testemuños recolleitos pola Asemblea Sen Papeis Ferrol de Mike e Alex quen contan desde a súa infancia en Dakar (Senegal), a decisión de partir cara a Europa, os seus soños, etc...

Texto ao comezo do Libro "O meu nome é Ninguén" de Carla Fibla e Nicolás Castellano e texto final de "A historia que puido ser" de Eduardo Galeano.




http://youtu.be/cMavTnj52XM

___________________________

sábado, xuño 30, 2012

Este Sábado 30 de Xuño: Primeira Sesión das II Xornadas Comunitarias "Estamos proxectando o Mercado de Caranza", trae a túa idea


II Xornadas Comunitarias "Estamos proxectando o Mercado de Caranza", trae a túa idea - 30 de Xuño 1ª Sesión; 14 de Xullo 2ª Sesión e 28 de Xullo 3ª Sesión

O sábado 19 de Maio, celebrabamos a primeira Xornada Comunitaria sobre o Mercado de Caranza, foi a primeira cita para, dentro das propias instalacións do Mercado Municipal, celebrar unha primeira xornada comunitaria para a posta en valor do mercado e comezar a criar colectivamente o proxecto da súa recuperación, foi o primeiro obxectivo que nos marcamos. Desde aquela continuamos, as cinco asociacións do barrio, coa intención de seguir co proxecto comunitario de incentivar e dinamizar a participación veciñal nos problemas que nos preocupan e as necesidades colectivas do barrio. Consideramos no seu momento que o Mercado, a propia edificación depauperada e o espazo que o rodea, en especial a traseira totalmente infrautilizada e abandonada, merecían outro tratamento por parte das autoridades municipais e a propia veciñanza. E niso estamos.

A esa primeira Xornada, continuaron reunión e debates, recollida de información e reflexión sobre o a mesma. Fixemos unha enquisa a comerciantes; e as operadoras e opreradores do Mercado, da cal temos unha análise que debatiremos na primeira sesión deste Sábado 30 de Xuño.

Estas Segundas Xornadas que veñen, divididas en tres sesións que realizaremos os días 30 deste mes e os 14 e 28 do mes de Xullo, teñen o obxectivo de elaborar un anteproxecto no espazo público e un programa de intervención no Mercado, coa intención de presentar-llo ao Concello.

Veciña, veciño, persoa interesada no traballo comunitario de calquera barrio ou lugar, pode participar nestas xornadas que facemos con vontade construtiva, transformadora e coa participación cidadá.


Un obradoiro aberto (sen inscripción previa), mínimo 3 xornadas: 30 de xuño, 14 de xullo e 28 de xullo.

Obxectivos xerais:

    Elaborar un anteproxecto de intervención no espazo público.
    Elaborar un programa de intervención no mercado.
    (para presentarlle ao concello)


Sesión 1: día 30 de xuño


Obxectivos:
  • Presentación do obradoiro
  • Introducción á participación veciñal no urbanismo
  • Acordo sobre programa do mercado.

Programa

11.00 Presentación

11.15 Exposición doutras experiencias de proxectos participados.

12.00 Formación de equipas de traballo e entrega do material.

12.15 Traballo en grupo. Análise das enquisas, propostas do grupo e conclusión de grupo. (1 proposta prioritaria e 2 non prioritarias)

12.45 Presentación e defensa das conclusións das equipas. Banco de propostas.

13.15 Discusión do banco de propostas. Acordo sobre programa de usos.

13.45 Conclusións.

14.00 Remate.

Materiais necesarios:   
  • Pequeno dossier dando información sobre o mercado e o seu uso
  • Actual (1 por grupo)
  • Resume resultados das enquisas.
  • Presentación en powerpoint (automática) para explicar exemplos
  • De participación veciñal en urbanismo.
  • Material de debuxo.
  • pos-its.


Sesión 2: día 14 de xullo

Obxectivos:

Acordo sobre programa do espazo público.


Programa:

11.00 Formación de equipas de traballo e entrega de materiais

11.15 Traballo en grupo. Análise das enquisas. Propostas do grupo e conclusión de grupo. (1 proposta prioritaria e 2 non prioritarias)

12.00 Presentación e defensa das conclusións das equipas. Banco de propostas.

12.30 Discusión do banco de propostas. Acordo.

13.15 Conclusións. Documento de programa para o mercado.

13.30 Remate.

Materiais necesarios:
  • Pequeno dossier dando información sobre o espazo (1 por grupo).
  • Planos do espazo público.
  • Material de debuxo.
  • pos-its.


Sesión 3: día 28 de xullo


Obxectivos:

Anteproxecto do espazo público.

Programa:


11.00 Formación de equipas de traballo e entrega de materiais.

11.15 Traballo en grupo. Propostas do grupo e conclusión de grupo. (1 proposta prioritaria e 2 non prioritarias)

12.00 Presentación e defensa das conclusións das equipas. Banco de propostas.

12.30 Discusión do banco de propostas. Acordo.

13.15 Conclusións. Documento de programa para o espazo público.

13.30 Remate.

Materiais necesarios:
  • Documento do acordo de programa de intervención no espazo público.
  • Maqueta do terreo-espazo público.
  • Módulos-xogo de construcción.
  • Material de debuxo.
  • pos-its.

Enlaces relacionados:   
Xornada Comunitaria sobre o Mercado de Caranza e os Espazos Públicos - Sábado 19 de Maio

Crónica - Desde primeira hora do sábado a actividade do Mercado de Caranza, desenvolvíase dun xeito especial - Xornada Comunitaria en Caranza: 19 de Maio de 2012

Enviado por:
Colectivo A Revolta
-a.revolta.de.trasancos@gmail.com-
30 de junho de 2012 01:12
http://a-revolta-de-trasancos.blogspot.com.es/
___________________

1ª Festa Intercultural en Ferrol organizada pola Asamblea Sen Papeis - 30 de Xuño de 2012

1ª Festa Intercultural en Ferrol organizada pola Asamblea Sen Papeis

Sábado, 30 de Xuño de 2012

Entre as 12:00 até 19:00 horas.
  
Traseira do Mercado de Caranza (Festa) e Local de Fuco Buxán (Mesa redonda)
  
A Asamblea Sen Papeis organiza unha xornada intercultural en torno á inmigración e convídavos a participar.

Esta xornada terá dos partes diferenciadas. A primeira parte será un espazo onde persoas compartirán os seus puntos de vistas en torno á inmigración e a segunda parte será máis lúdico-festiva e de convivencia. Farase un xantar comunitario (de balde) e concertos de persoas solidarias e comprometidas.

Cronograma:

30 de Xuño

12:00 a 14.00 horas:
Mesa redonda no local da Asociación Fuco Buxán na Rúa Armada Española nº32, Baixo. FERROL

    Participan:

    - Dúas testemuñas onde se conta a vivencia persoal dende que decidan emigrar do seu país, cara a un mundo desconoñecido para mellora-las súas condicións de vida, ate que chegan ao "Edén imaxinario".
    - Laura Bugallo. Recoñecida activista en Inmigración.
    - Carlos Varela. Asociación Lazos Pro Solidariedade.
    - María Teresa Bustamante (Abogada).


De 14.30 a 16.00 horas:
Xantar comunitario (de balde). O xantar é organizado e autoxestionado pola Asamblea Sen Papeis

De 16.00 a 19.00 horas:
Concerto no que actúan: Manolo Bacallao, Luis Culshaw, Bitxo Bola e outr@s artistas.

Agardamos por ti !



Fonte: http://forosocialdeferrolterra-consellolocal.blogspot.com.es/
____________

xoves, xuño 28, 2012

Hoxe, Xoves 28 de Xuño, ás 6 da Tarde asociacións veciñais e outros colectivos pertencentes á Plataforma Cidadá Contra o Malgasto, van-se concentrar diante do pazo Municipal de Ferrol e as 7 da Tarde terá lugar un Pleno onde se tratará unha moción contraria a malgastar máis de 700.000 euros nunha nova remodelación da Praza de España



Hoxe, Xoves, 28 de Xuño de 2012, as entidades AAVV de Esteiro, AAVV de San Xurxo, AAVV San Pablo de Catabois, AAVV de Santa Mariña, AAVV Prioriño, AAVV San Román de Doniños, AAVV O Rosario-Inferniño, AAVV de Ultramar, AAVV de San Xoan- Berton Asociación, Asociación  SC López Bouza, Asociación C. Fuco Buxán, Ateneo Ferrolán e Colectivo Ártabra 21; decidimos Concentrarnos diante do Pazo Municipal do Concello de Ferrol, para amosar o noso rexeitamento a que se dilapide máis diñeiro público en Obras Innecesarias na Praza de España -Praza da antiga Porta Nova. As 7 da Tarde está prevista a celebración dun Pleno Municipal, onde está previsto a presentación dunha Moción contraria ao malgasto de máis diñeiro Público para volver por enésima vez levantar a Praza e comezar de novo obras nunha zona que pasou unha década de continuas remodelacións.

Texto da intervención prevista realizar no Pleno de hoxe:

INTERVENCIÓN NO PLENO MUNICIPAL SOBRE A PRAZA DE ESPAÑA

O colectivo ó que represento, formado por entidades veciñais, sociais e culturais, presentamos por rexistro o pasado día 19 de Xuño unha proposta, que sería recollida polos grupos municipais da oposición PSOE, EU e BNG, dándolle forma de moción, para informar e debatir neste Pleno o anuncio do goberno municipal de levar a cabo un novo proxecto e novas obras na Praza de España.
Ante esta decisión, tomada polo Partido Popular, de facer un investimento  de máis de 700.000 € nun espazo que, por fin a cidadanía daba por rematado, nos parece un despropósito e un malgasto do diñeiro público que merece un debate entre os cidadáns e os nosos representantes políticos.

Hai que apelar á memoria e recordar que este mesmo partido que hoxe está gobernando Ferrol e que nos presenta un novo proxecto para a Praza de España coa intención, non de reamatala ultimando as obras pendentes xa orzamentadas (que hai que dicir que xa levan un ano paralizadas) senón coa intención dunha nova remodelación, con cambio de pavimento incluído, é o mesmo partido que gobernou esta cidade entre 2003 e 2007 no que estaba o actual Alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela e dous dos seus máis destacados colaboradores, José Manuel Vilariño Anca e Guillermo Evia Pérez, e que no seu momento xa dilapidaron 7,9 millóns de euros en indemnizacións polo seu malgoberno. Nós preguntámonos por que nese momento non presentaron este proxecto que agora, repito, unha vez rematada practicamente esta praza, pretenden levar adiante coa disculpa de crear un “pulmón verde” para esta cidade? Por que, en lugar de querer facer nese momento un gran edificio para lucro e usos privados no medio da Praza e deixarnos ese espazo cheo de estructuras de aceiro-corten, por non falar dun túnel que ós tres días de inaugurarse houbo que pechalo para facer reformas, que se inunda cando chove e que a día de hoxe está cheo de buratos, non fixeron os deberes que agora pretenden facer, vendéndonos que hai que mellorar a Praza? Por que gastaron tantos millóns nesa Praza se agora, pasados 5 anos, os mesmos que gobernaban nese momento pretenden levantala e facela de novo?

Este colectivo que represento nos opoñemos a que se gaste máis diñeiro na Praza de España porque xa se levan gastado moitos millóns. Estamos falando de máis de 16,5 millóns de euros xa enterrados  neste espazo. Queremos aproveitar este momento, apelando ó exercicio de trasparencia do que fai alarde o noso Alcalde para solicitar as contas do que se leva investido na Praza dende que comezaron as obras ata hoxe.

Porque eses centos de miles de euros, que se pretenden gastar, a maiores, na Praza, consideramos que non se deben gastar aí, pois hai outras necesidades urxentes e algunhas de actuación inmediata que se deben de abordar xa. A proba son as centos de demandas veciñais feitas nas 24 asembleas de barrio realizadas nos últimos meses. Por poñer algúns exemplos: reparación da Praza do Callao; reparación inmediata da cuberta do mercado de Caranza e a súa posterior rehabilitación; eliminación das múltiples barreiras arquitectónicas que aínda quedan na cidade; contratación de cuadrillas de traballadoras e traballadores desempregad@s para a limpeza das zonas intre-mareas da Ría; reparación da maioría das fontes que hai na cidade hoxe abandonadas; mantemento dos colexios públicos; soterramento das liñas de alta-tensión de Santa Mariña e Caranza; limpeza de montes e pistas forestais; limpeza e baleirado de edificios en ruínas ou abandonados; reparación de baches por todo Ferrol; unión do Parque Pablo Iglesias co barrio de Ultramar; reparación do parque municipal de vivendas baleiras de Recimil; apoio aos proxectos culturais do tecido sociocultural de Ferrol; reparación do colector de augas fecais que verte directamente na praia de Caranza e leva roto desde finais do verán pasado e denunciado desde o 3 de Outubro de 2011, sen que o Concello fixese nada até agora; axudas a entidades socio-sanitarias ás que se lles rebaixa o subsidio; extensión da rede de comedores sociais, principalmente os comprometidos nos barrios de Catabois e Esteiro; plan de ordenación forestal; en colaboración coa Xunta constitución dun parque público de vivendas sociais para alugar; mellora das novas tecnoloxías nas zonas de sombra da zona rural; aumento da partida para axudas de emerxencia social; parque urbano no campo de tiro, en Catabois ...e, por suposto, dar cumprimento dos acordos das Asambleas cidadás nos orzamentos participativos dos anos 2009 e 2010. Poderíamos seguir con moitas máis necesidades urbanísticas, de creación de emprego e sociais que requirirían do diñeiro que se pretende dilapidar nunha nova remodelación da Praza, pero non nos chegaría o tempo do que disponemos aquí.

Queremos mencionar ademáis algo que ocorreu o pasado 9 de Xuño cando o Alcalde recibía a membros desta Plataforma. Nesa reunión os representantes cidadáns expuxéronlle a posición a respecto da Praza. Non se trata dunha oposición ao proxecto, senón ao gasto que supón. Ese mesmo día, sae anunciando nos medios de comunicación, que o concesionario do parking -Estacionamientos del Noroeste- pagará parte das obras de remodelación da Praza de España, con 345.135,17 euros. Cantidade que di que corresponde aos dereitos económicos de financiamento que a administración local posúe sobre esta concesión e que segundo dixo aos medios, "nunca foron reclamados”.

Foron membros do propio partido responsable do goberno anterior, os que se encargaron de contraatacar (A Plataforma non podíamos entrar a valorar asuntos de tesourería que descoñeciamos), acusando ao Alcalde, José Manuel Rey Varela, de mentir. Aseguran que esa partida (os 345.135,17 euros) está "consignada mediante un aval bancario na pertinente anualidade do Concello desde maio de 2004, durante o mandato presidido polo tamén popular Juan Juncal, e no que o actual alcalde, José Manuel Rey Varela, era edil de Facenda".

"A concesionaria estaba obrigada a pagar 505.039 euros ao finalizar a obra do subsolo e o goberno de Juncal utilizou 159.904 euros desa partida; os 345.135 restantes están en Tesourería, consignados, desde 2004, é dicir, forman parte dos fondos públicos do Concello ferrolán.

Non houbo resposta do Alcalde a estas afirmacións. Por tanto, nós preguntámonos cal é a intención do Sr. Alcalde ó facer unha afirmacións que, parece, non se corresponden coa realidade?

Para nós a intención é clara: Con isto o Alcalde pretende demostrar a súa austeridade, dicindo que vai gastar menos do que tiña previsto gastar o goberno anterior. Intentando, deste xeito, acalar as críticas polo gasto innecesario e ademais, ao tempo, desviar as críticas contra o anterior goberno municipal.
Este asunto reforza os nosos argumentos da solicitude, anteriormente citada,  de que se dea a coñecer o gasto total das obras da Praza de España, pois intentar manipular e mentir ten que ter un custo político e persoal.

As entidades veciñais e sociais que conformamos esta Plataforma contra o malgasto do diñeiro público por parte do goberno municipal, despois dos infrutuosos intentos para ser escoitados os nosos argumentos, decidimos pasar a unha reivindicación activa: presentando esta proposta ao Pleno; realizando mobilizacións de protesta; recollendo sinaturas de rexeitamento do malgasto e de solicitude dunha 'Consulta Popular', onde a cidadanía poda expresar onde quere que se gasten eses centos de miles de euros, se na Praza de España, ou nas necesidades máis urxentes e inmediatas que ten o Concello.

Con estas accións pretendemos que quede claro que somos moitos cidadáns os que estamos en contra de que se gasten 700.000 euros máis na praza de España.
Queremos denunciar que xa se levan gastado moitos millóns nesa Praza que nunca se acaba de remodelar de todo.

Queremos denunciar que nos barrios hai moitas necesidades urxentes que requiren dese diñeiro que se quere malgastar na Praza.
Queremos que se entenda ben que non é o proxecto o que rexeitamos, pois pode ser mellor ou peor, senón o asunto do gasto de centos de miles de euros, cando consideramos que hai outras necesidades.

Por último, e apelando de novo á política de austeridade de que fai gala este goberno, así como ás palabras do propio Alcalde sobre a importancia que para este goberno ten a Participación Cidadá,

SOLICITAMOS a retirada do proxecto da Praza de España xa que a consideramos rematada, agás certas actuacións de arranxo nas confluencias coas rúas Rochel e Real, a zona onde estaba prevista a colocación da fonte e a posta en marcha dos locais situados na Praza.

Ferrol, 28 de Xuño de 2012

***
Accede, baixa, copia e difunde o Folleto contra o Malgasto do Goberno Municipal de Ferrol: [Foleto Informativo]


Información baseada na enviada por:
ana beceiro mosquera
-beceiroana@hotmail.com-
27 de junho de 2012 18:10

__________________

28 de xuño: Xornada de Loita na comarca de Ferrol [FORXA!]

Xornada de loita na comarca de Ferrol

As e os comunistas de Galiza temos unha teima permanente na nosa acción política, e é a cuestión da UNIDADE. Non é a unidade coma a entenden os dirixentes pactistas, só interesados en fornecerse dun decorado de mobilizacións conxunturais que lles permita xustificar a súa inacción inocua, cómplice e venal fronte ao poder, e traizoeira e desleal contra a Clase Obreira. Non é tampouco a que conciben outros, confiados en que só coa iniciativa unilateral e diferenciada, por moi loábel que sexa, resulte un reforzo por deserción da competencia política ou sindical.

O proletariado precisa da UNIDADE DE CLASE, desde as fábricas e centros de traballo, vinculando as loitas concretas e particulares de cada empresa ou sector, laborais e económicas, coa loita xeral política de toda a Clase e de todo o pobo traballador. Neste momento histórico cada loita de resistencia que xorde, sector naval, minería, sector público, empresas con EREs, etc., só poderá obter unha vitoria, mesmo parcial, se a LOITA POLÍTICA XERAL do conxunto dos traballadores e traballadoras é quen de pararlle os pés ao capital e os seus gobernos. Isto é hoxe unha verdade máis inapelábel que nunca. E para avanzar e gañar nesta loita, que son tódalas loitas, a arma fundamental é a unidade de clase e popular.

A unidade forxase primeiramente rexeitando a vía do pacto social, por ser esta a que nos conduciu xunto á crise sistémica do capitalismo á situación de precariedade, pauperismo e quebra de dereitos xeral que estamos a sufrir. A unidade constrúese fuxindo do sectarismo e das miras postas en rendibilidades electoralistas, pois as reivindicacións e demandas inmediatas obreiras e populares non agardan por este tipo de cálculos políticos. E artéllase desde abaixo, desde as asembleas aos comités, pulando pola coordinación, ampliación e xeralización, que como no caso dos traballadores das auxiliares do naval, con millóns de horas de traballo nos estaleiros, teñen gañado sobradamente o seu posto de combate  sen subordinarse a tácticas sindicais incapaces de conducir a loita de clase máis aló dos marcos e canles instituídos.

Este é o modelo de unidade que os e as comunistas procuramos, e para iso queremos desenvolver os Comités de Unidade Obreira (C.U.O.), como núcleos de intervención militante unitaria e antipactista con traballadores e traballadoras de toda procedencia sindical de clase, e co obxectivo de contribuír á unidade de acción do movemento sindical e con isto á unidade de clase do movemento obreiro.

A unidade de clase é unha ferramenta imprescindíbel da nosa loita. Mais é tamén unha condición para a vitoria sobre a oligarquía capitalista. A unidade e o medre e desenvolvemento da conciencia revolucionaria de clase son os factores obxectivos fundamentais para transformar a presente loita económica e social do proletariado na decisiva loita polo poder político para a clase obreira e o socialismo.

FORXA! Colectivo Marxista-Leninista.

www.aforxa.blogspot.com
www.revistaforxa.blogspot.com
forxagz@gmail.com

Enviado por:
Forxa!! Construír o partido, preparar a revolución!!
-forxagz@gmail.com-
27 de junho de 2012 23:55
_________________

mércores, xuño 27, 2012

A rapazada de Chapela, ao rescate da lingua galega - Escrito por Dioivo - Vídeo - Lipdub



Alumnos, mestres, persoal non docente, pais e nais, veciñas e veciños... En total unhas catrocentas persoas participaron o pasado 5 de xuño no IES de Chapela na gravación dun Lipdub que onte luns foi presentado publicamente e que é, sobre todo, unha inxección de alento para a lingua galega. Ironía, entusiasmo e mocidade logran nesta montaxe resucitar o idioma de Galiza e rescatalo do departamento de linguas mortas para asegurarlle un futuro que ten como banda sonora o I will survive, de Gloria Gaynor.

Eu falarei! é o nome do lipdub, concibido e realizado no IES de Chapela (Redondela), e que é, segundo os seus autores, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega dese centro, "un canto de amor en defensa da Lingua Galega, mais tamén é unha denuncia da situación que vive un idioma que esmorece lentamente vendo recortada a súa presenza nos medios de comunicación ou na propia escola, e que día a día perde falantes entre a xente nova". Con feitío de curtametraxe, moito humor e unha visión realista, pero ao tempo positiva e vitalista do futuro da lingua galega, o lipdub Eu falarei! anda desde xa pola rede coa súa carga de entusiasmo viral, que escribe un futuro novo para o idioma de noso. Aquí fica o vídeo.



http://youtu.be/AerLPRrnIaA


Fonte: Dioivo.

Creative Commons 2012 Dioivo. BY-NC-SA 2.5.
Licenza CC

AVANTE COA LINGUA GALEGA!
Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Chapela
Chapela, 25 de xuño de 2012
http://oberete.blogaliza.org

Audios empregados:
"Behind the murderer" de Opusvertigo
Versión instrumental do "I will survive" de Gloria Gaynor

Publicado en 25.06.2012 por
__________________

O diñeiro - Paco Ibañez - Vídeo


Composición dedicada ao Partido Popular para publicar no youtube por un espontane@ de esquerdas. Non esta nada mal unha boa composición que describe á dereita española que goberna hoxe nas tres institucións, controla case todo o poder xudicial e a maioría esmágante do mediático.

Canta Paco Ibañez.


http://youtu.be/cTroYNUwZwc


Fai moito o diñeiro, moito se lle ha de amar
ao torpe fai discreto e home de respectar
fai correr ao coxo e ao mudo faille falar.
Quen non ten diñeiro non é de si señor.
Tamén ao home necio e rudo labrador
diñeiros convértenlle en fidalgo doutor.
canto máis rico é un máis grande é o seu valor.
Quen non ten diñeiro non é de si señor.
E si tes diñeiro terás consolación
praceres e alegrías e do Papa ración
comprarás paraíso, gañarás a salvación:
Onde hai moito diñeiro hai moita bendición.
El crea os priores, os bispos, os abades
arcebispos, doutores, patriarcas, potestades
aos clérigos necios dá moitas dignidades
De verdade fai mentiras, de mentiras fai verdades (...)
Din frades e clérigos que aman a Deus servir
mais si cheiran que o rico está para morrer
e oen que o seu diñeiro empeza a retiñir
por quen a de collelo empezan a reñír.

Adaptación, para cantar, de Paco Ibañez dun poema do Arcipreste de Hita
('Lo que puede el dinero')

Información baseada na enviada por:
Manolo Bacallao
-encontrosferrol@hotmail.com-
26 de junho de 2012 14:21
_____________

Concentración contra a violencia machista, este mércores 27 de Xuño, ás 8 da tarde na Praza do Concello de Ferrol - Ante o asasinato por violencia machista da nosa veciña Iria Garcia Bouza



Concentración contra a violencia machista, mañá mércores 27 de Xuño

A COORDENADORA COMARCAL DE FERROLTERRA DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES CONVOCA:

CONCENTRACIÓN DE REPULSA EN FERROL POLO ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA DA MOZA IRIA GARCIA BOUZA

A nosa veciña, Iria García, de 28 anos, foi asasinada polo seu exmozo, onte en Xuvia. A orde de afastamento, nesta ocasión, de nada lle serviu, ante un machista e violento asasino.

Que a indignación de toda a sociedade saia á rúa para rexeitar o cruel asasinato de Iria e denunciar a violencia machista padecida polas mulleres e exercida contra elas polo feito de selo.

CONCENTRACIÓN
CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA
MÉRCORES 27 DE XUÑO ÁS 8 DA TARDE
NA PRAZA DO CONCELLO DE FERROL
DIANTE DO PAZO MUNICIPAL


Para contactar coa Marcha nesta Comarca:
Marcha Mundial das Mulleres
Coord. Ferrolterra: 696732735
Comunicación: 698159764

http://www.feminismo.info

 "PARA CAMBIAR O MUNDO, ACABAR COA VIOLENCIA MACHISTA" 


Que é a Marcha ?

A Marcha Mundial das Mulleres é un movimento mundial de accións feministas que reúne grupos de mulleres e organizacións que actúan para eliminar as causas que orixinan a pobreza e a violencia contra as mulleres. Loitamos contra todas as formas de desigualdade e de discriminación sufridas polas mulleres. Os nosos valores e as nosas accións orientanse cara un cambio político, económico e social. Os mesmos que se articulan aoredor da mundialización das solidaridades, a igualdade entre mulleres, entre mulleres e homes, e entre os pobos, o respecto e a valoración do liderazgo das mulleres e o fortalecimento das alianzas entre mulleres e cos outros movimentos sociais progresistas.

Enlaces de interese:


Enviada por:
Foro Social de Ferrol Terra FSdeFerrolTerra
-forosocialdeferrolterra@gmail.com-
_______________

martes, xuño 26, 2012

Iria, ... Por Lupe Ces



Por Lupe Ces [*]
26.06.2012


A tarde latejava entre as vozes infantis banhando-se na contaminada praia de Caranza, e as atarefadas vozes nas juntanças que buscavam soluçons ao malgasto da praça de Espanha, e à aguardada sentença contra Reganosa. E entóm aconteceu a tua morte e todas as vozes calarom. A poucos metros de onde a policia marcava cautelosamente a mobilizaçom dos trabalhadores e trabalhadoras de SEAGA, alguém decidiu matar os teus direitos, decidiu matar a tua liberdade, decidiu matar a tua vida. E o teu sangue que corria as ruas de Narom chamou-nos mais forte que outros sangues, porque estavas tam perto..., e te sentimos indo-te entre as nossas gorxas, entre os nossos dedos impotentes.

Manhá continuará a vida nesta comarca de Trasancos, as loitas obreiras e populares seguiram no passo das ruas e no eco dos edifícios oficias. Mas nada disso foi suficiente para ti, nada disso será suficiente para pôr a salvo as nossas filhas, às nossas irmás, às nossas amigas... porque a fera machista demostrou em ti que segue viva, que se reproduze, e umha a umha segue cobrando, sem trégua, as suas vítimas.
Agora, nas beiras do Xuvia ficará para sempre marcado o lugar da tua morte, que sinala o nosso fracasso, que sinala a nossa impotência. Na Praça de San Roque o machismo ganhou-nos a batalha.

[*] Lupe Ces Rioboo -Caranza Ferrol 1953, é mestra, activista social, integrante da Marcha Mundial das Mulleres. Forma parte do Colectivo Ártabra 21.

Blogue persoal: Caranza free opiniom
_______________________________

sábado, xuño 23, 2012

Dez minutos excecionais da intervención de José Pepe Mujica na 'Conferencia das Nacións Unidas sobre o Desenvolvemento Sostenible', Río +20.


Intervención de José 'Pepe' Mujica Cordano , presidente da República Oriental do Uruguay na Conferencia das Nacións Unidas sobre o Desenvolvemento Sostenible, Río +20, que se celebrou en Rio de Janeiro, tre o 16 e 22 de Xuño deste 2012.


http://youtu.be/wl2nMudbSm8



# Do 15 ao 23 de Xuño ten lugar en Río de Janeiro, Brasil, o Cume dos Pobos sobre Río + 20 pola Xustiza Social e Ambiental. É o encontro da sociedade civil global, as organizacións, colectivos e movimentos sociais en defensa dos bens comúns.

# Ao mesmo tempo, a cidade brasileira recibe entre o 20 e o 22 de Xuño á Conferencia das Nacións Unidas sobre o Desenvolvemento Sostenible, Río +20.
# A Axencia Púlsar e Púlsar Brasil realizan unha cobertura especial destes dous acontecementos.

# Neste espazo poderemos atopar noticias, testemuños, reportes e fotos das principais actividades e feitos destes encontros.
# Radio Mundo Real, tamén transmite en directo desde Rio de Janeiro, na Cúpula dos Povos.

# Desde TeleSur un moi interesante Especial sobre o que acontece en Río+20 e unha contextualización histórica desde o Río'92 até hoxe.
______________

venres, xuño 22, 2012

Modificación da Ordenanza sobre Terrazas e ocupación de espazo Público e Participación Cidadá - Noite Meiga do San Xoán en Esteiro


Terceiro Mensaxe Orixinal enviado pola -avesteiro@galicia.com-, con data de 22.06.2012 08:36, para jmvilarino@ferrol.es, maneiros@ferrol.es, alcaldia@ferrol.es, sobre a Modificación da Ordenanza sobre Terrazas e ocupación de espazo Público:

Polo que se pode ver na foto que hoxe publica La Voz de Galicia a privatización do espazo público, a prezo de saldo, vai ser a base da nova Ordenanza, se non é así , como se permite esa instalación e por que non se convoca a todo o tecido asociativo ,especialmente as asociacións  de discapacitados, para que amose a súa opinión antes de que a Ordenanza vaia a Pleno?.

Ninguén se opón a que se autorice a instalación de terrazas para a hostalería, pero o espazo público ten que ser xestionado de maneira que convivan os intereses empresarais co dereito da cidadanía en canto o disfrute dese espazo público


***

Segundo Mensaxe Orixinal enviado por -avesteiro@galicia.com-, con data de 20.06.2012 8:40, para -jmvilarino@ferrol.es-, para maneiros@ferrol.es, alcaldia@ferrol.es, gevia@ferrol.es, alantry@ferrol.es, sobre a Modificación da Ordenanza sobre Terrazas e ocupación de espazo Público:

Unha vez máis reiteramos que a ocupación e ordenación do espazo público non é un tema que afecte exclusivamente aos hostaleiros e a súa actividade comercial.

A Participación Cidadá esixe que o tecido asociativo da cidade sexa informado e escoitado, antes de levar Novas Ordenanzas ao Pleno Municipal.

Ou é que so se nos quere deixar o dereito a formular alegacións cando, logo da aprobación inicial no Pleno, se abra o prazo para formulalas.

Levamos desde o mes de marzo demandando que se convoque a todo o tecido asociativo a unha presentación da Nova Ordenanza, sen que ata o de agora se teña formulado esa convocatoria, que si se fai cos Empresarios da Hostelería.
    
Agardemos que non se pretenda poñer por riba da cidadanía de Ferrol, como está ocorrendo na práctica diaria das terrazas, os intereses empresariais do sector da Hostalería.


***

Primeiro Mensaxe Orixinal enviado por -avesteiro@galicia.com-, con data de 21/03/2012 11:02, reiterado o 10/04/2012 19:58, 22/05/2012 9:39, para -jmvilarino@ferrol.es-, maneiros@ferrol.es, alcaldia@ferrol.es, gevia@ferrol.es, alantry@ferrol.es, sobre a Modificación da Ordenanza sobre Terrazas e ocupación de espazo Público:

Modificación da Ordenanza sobre Terrazas e ocupación de espazo Público

O Concello de Ferrol está elaborando unha nova Ordenanza sobre a instalación de Terrazas e ocupación de espazo Público, que conta co informe favorable das Concellerías de Facenda e Urbanismo.

Dita ordenanza está sendo consensuada coa Asociación de Empresarios de Hostalería de Ferrol.                 
                    
Agardamos que, tendo en conta o Regulamento de Participación Cidadá, se teña en conta a todo o tecido asociativo de Ferrol, asociacións veciñais, socio sanitarias, de discapacitados, etc, e se lles convoque a unha xuntanza para presentarlles o novo Proxecto de Ordenanza e para que fagan as oportunas alegacións que consideren necesarias.

Haberá que conxugar os intereses dos empresarios de Hostalería cos do resto da cidadanía e logo poñer os efectivos necesarios da Policía Local para facer que esa Ordenanza se cumpra, cousa que na actualidade non sucede.

                    
Xunta Directiva da AV de Esteiro


Local Veciñal:
Rúa Fernando VI,
Bloque I baixo
Ferrol -15403
Telef. 981933223
avesteiro@galicia.com
http://avesteiro.blogspot.com/

Enviado por:
avesteiro
-avesteiro@galicia.com-
22 de junho de 2012 08:36

______________

Noite Meiga do San Xoán en Esteiro

Achegamos información dos actos da Noite Meiga de San Xoán en Esteiro, organizados pola a AV de Esteiro e patrocinados polo Concello de Ferrol.
        
A fogueira de Esteiro está declarada como institucional polo Concello e onte rematamos a súa construcción, logo do traballo de 10 persoas durante unha semana, con 35 toneladas de madeira , 7 metros de altura e 10 de diámetro (pódese comprobar in situ) que será acendida pola Concelleira responsable da Área de Cultura, Dona Susana Martínez Galdós, , previa lectura do pregón pola Concelleira de Barrio, Dona Martina Aneiros.
        
A fogueira de Esteiro ten máis de 100 anos de tradición e desde o ano 2001 é organizada pola AV de Esteiro.
        
Queremos facer unha especial mención, dentro do programa de actos, co roteiro guiado polo Barrio de Esteiro que partirá da Praza de Santo Amaro, xunto á Policía, ás 18 horas e que permite dar unha dimensión totalmente distinta, mesmo descoñecida para a veciñanza, de como é o barrio de Esteiro e os moitos espazos que hai para resaltar. A guía profesional que acompaña o roteiro fai que esta hora sexa inesquecible, froito do seu bo facer.
        
Esta visita remata no Cuartel de Dolores e no Conxunto Monumental de Fontelonga a onde se chega logo dunha hora de percorrido polo Barrio. Unha vez alí tamén un guía amosará a beleza e a historia do Cuartel e de Fontelonga.
        
Haberá actuacións do Grupo Folcklórico Donas e Galáns que percorrerá o Barrio a partir das 18 horas e despois o grupo "Los Zares" amenizará a verbena que complementa a Sardiñada.
        
A sardiñada é organizada,  exclusivamente, pola AV de Esteiro e supón un grande esforzo de traballo (máis de 20 persoas traballando moitas horas) de conseguir as sardiñas, o que non é doado, e de ofrecelas asadas, con pan viño ou auga, baixo unha carpa e o son da música por 3 sardiñas 1 EURO.
        
Estamos seguros que malia dispor de 2800 euros do orzamento das Festas de Ferrol, será unha programación absolutamente digna (seguramente cometeremos erros  que saberedes desculpar).
        
O tren turístico do Concello de Ferrol partirá da Praza de Armas e levará, de maneira gratuíta, a todos aqueles que queiran visitar o Cuartel de Dolores e o Conxunto Monumental de Fontelonga, entre as 11 e 13 horas e as 18 e 20 horas.

A estes actos do sábado 23 de xuño, convidamos ao Alcalde e a todos os grupos municipais e, por suposto a toda a cidadanía de Ferrol e comarca.
        
A Fundaçom Artabria e hostaleiros do Barrio tamén programan actividades complementarias polo que a Noite máis longa do ano, sen menospreciar o traballo das entidades doutros barrios,  hai que vir celebrala a Esteiro. Onde como tódolos anos milleiros de persoas, estamos seguros, que disfrutarán dunha tarde e tamén da noite que no climatolóxico se presenta excelente e no apartado da festa non vai desmerecer.
        
Xunta Directiva da AV de Esteiro

Enviado por:
avesteiro
-avesteiro@galicia.com-
22 de junho de 2012 09:39

_________________________

O Tren de Bankia - Benvido, Míster Defraudador - Verdades con Humor - Vídeos - Por Polònia

O Tren de Bankia


O presidente do Goberno, Mariano Rajoy e o ministro de Facenda e Administracións Públicas aparecen nun tren chamado Bankia no que están constantemente botando diñeiro, ...


http://youtu.be/WEu-FMS7nXo



Benvido, Míster Defraudador


Como presidente voso que é, Mariano Rajoy débevos unha amnistía fiscal, e esa amnistía fiscal váivola a dar...


http://youtu.be/S2W9Rmv7IAI
____________

No prazo dunha semana estará nas librerías o 'Informe: A Situación do Mundo 2012: cara a unha prosperidade sostíbel' que describe proxectos innovadores, políticas imaxinativas e enfoques novidosos que están fomentando o desenvolvimento sostíbel no século XXI - Actualizado coas resolucións do que está pasando en Rio de Janeiro neste RIO+20 e na Cúpula dos Povos

Este ano o informe sobre a situación do mundo fíxose esperar. The Worldwatch Institute esperou á realización do cume Río+20 para publicar un informe que pode xerar debate ante un encontro de gran importancia para o noso planeta.

A SITUACIÓN DO MUNDO 2012: CARA A UNHA PROSPERIDADE SOSTÍBEL

A Situación do Mundo 2012: cara a unha prosperidade sostíbel describe proxectos innovadores, políticas imaxinativas e enfoques novidosos que están fomentando o desenvolvimento sostíbel no século XXI”.


Coincidindo coa realización da conferencia de Nacións Unidas Río+20, FUHEM Ecosocial e Icaria editorial publican, como todos os anos, a edición en castelán do Informe anual do Worldwatch Institute -A Situación do Mundo-. Baixo o título Cara a unha prosperidade sostenible inclúe o apéndice, coa situación no estado español, asinado por José Manuel Naredo e Erik Gómez-Baggethun: RIO+20 EN PERSPECTIVA. Economía verde: nova reconciliación virtual entre ecología e economía.

CARA A UNHA PROSPERIDADE SOSTÍBEL
A situación do mundo 2012
The Worldwatch Institute
(en librerías a próxima semana)

Como poderemos avanzar cara a unha prosperidade sostíbel e compartida equitativamente, mentres a poboación segue aumentando, as nosas cidades albergan a máis e máis persoas e deterióranse os nosos sistemas ecolóxicos?

Para promover o debate sobre este tema de vital importancia na Conferencia de Nacións Unidas de Río+20 e máis aló, A Situación do Mundo 2012: cara a unha prosperidade sostíbel describe proxectos innovadores, políticas imaxinativas e enfoques novedosos que están fomentando o desenvolvemento sostíbel no século XXI.

Mediante artigos de expertos de todo o mundo, este informe ofrece unha ampla visión sobre as tendencias actuais en economía e sostenibilidad global e sobre as políticas que poden resolver claramente algúns dos problemas ambientais e sociais máis urxentes, establecendo unha vía para reformar as institucións económicas de forma que promuevan o coidado do medio ambiente e a prosperidade.

A Situación do Mundo 2012 baséase en tres décadas de experiencia para ofrecer unha visión clara e pragmática da situación actual dos sistemas ecolóxicos mundiais e das presións económicas que os están transformando, e de como forxar unhas economías máis equitativas e sostenibles para o futuro.

A edición española inclúe ademais o apéndice orixinal asinado por José Manuel Naredo e Erik Gómez-Baggethun: RIO+20 EN PERSPECTIVA. Economía verde: nova reconciliación virtual entre ecología e economía, no cal analízase a evolución das políticas ambientais internacionais desde os albores do movemento conservacionista até a actualidade. O texto examina tamén as nocións principais que se sucederon ao longo deste periodo na política ambiental (ecodesarrollo, desenvolvemento sostenible, economía verde…) e como se abordou desde cada unha delas a problemática do crecemento económico perpetuo nun planeta suxeito a límites físicos. Os principais cambios acontecidos no discurso ecolóxico e a política ambiental atopan reflexo ao longo do artigo e se enjuician no marco das trasformaciones políticas e institucionais que han ter lugar no panorama político internacional. Ponse de relevo a paradoxa segundo a cal pasado medio século desde o rexurdimento o conservacionismo, a expansión das políticas verdes segue correndo en paralelo coa acentuación do deterioro ecolóxico. Indágase nas causas que subxacen a dito paradoxo e se evidencia a falta de propostas sólidas orientadas a reconverter o metabolismo económico cara a patróns ecoloxicamente viables.

http://www.fuhem.es/ecosocial/

http://www.icariaeditorial.com/

http://icarialibros.blogspot.com/

Enviado por:
Icaria editorial
-info@icariaeditorial.com-
22 de junho de 2012 11:00

_________________

Acto público en defensa do emprego, e polo futuro da Comarca, convocado polo BNG para o vindeiro Luns 25 de Xuño


Convocamos un Acto público comarcal, que celebraremos o vindeiro luns dia 25 de Xuño a partir das 20 horas no "Cantón de Molíns" de Ferrol coa participación, entre outras persoas, do voceiro nacional do BNG, GUILLERME VÁZQUEZ VÁZQUEZ.

Este acto que se celebra baixo o lema de "En defensa do emprego, do dereito a producir e polo futuro da nosa comarca" ten como obxectivo analizar a situación  da nosa comarca coa situación crítica que están a viver os sectores produtivos, por unha banda, e do impacto negativo que a maiores se vai derivar das medidas que o PP está a adoptar últimamente: reforma laboral, desmantelamento e privatización dos servizos públicos, apoio descarado á banca privada fronte ao desmantelamento das caixas...Un panorama, en definitiva, que lonxe de frear a regresión que afecta á comarca (desmantelamento industrial, despoboación, emigración, aumento do risco de pobreza....) ameaza con agudizalos aínda máis. Así mesmo  explicitar o noso apoio á xornada de loita POLO FUTURO DA COMARCA convocada para o Xoves 28 de Xuño pola CIG.

Web BNG Ferrolterra:

http://www.bng-galiza.org/opencms/opencms/BNG/ferrolterra/seccions/portada


Enviado por:
BNG
-bng@ferrol.es-
22 de junho de 2012 10:51

____________