martes, xaneiro 27, 2015

Mariscadores furtivos abandonan o Concello de Ferrol tras reunirse co alcalde


O grupo de mariscadores furtivos que permanecía desde a mañá deste luns no Concello de Ferrol abandonaba pola tarde a casa consistorial tras manter un encontro co alcalde. José Manuel Rey Varela avanzou ao colectivo que a Xunta de Galicia podería publicar esta mesma semana novos listados para obter o permiso de explotación, aos que terían que sumarse para aspirar a unha licenza.

Os afectados, en todo caso, pretenden volver a próxima semana para comprobar si hai novidades en torno ao seu caso. Media ducia de mariscadores accedían ao Concello pola mañá, anunciando inicialmente que non abandonarían o lugar ata que se lles facilitasen permisos. Denuncian a presenza policial nos lugares en que faenan e a falta de resposta oficial ás súas queixas nos dous últimos meses.

FERROL360 | Luns 26 xaneiro 2015 | 19:21

Fonte: Ferrol 360.

Foto: O grupo congregouse ás portas do salón de recepcións do Concello de Ferrol (R. C.)

Licenza Creative Commons by-nc-nd
_________

Asemblea Xeral da Marea Ártabra este mércores 28 de Xaneiro


PARTICIPA NA ASEMBLEA ABERTA Á CIDADANÍA

Marea Ártabra celebrará maña Mércores 28 de Xaneiro a súa V asemblea Cidadá ás 19,45 horas no Salón de Actos do Centro Cultural Carvalho Calero.

Desde Marea Ártabra facemos un chamamento á participación da cidadanía dado que consideramos este é o momento de mudar non só a imaxe da nosa cidade senón de aportar ideas para transformar a nosa cidade.

Que é a Marea? Marea Ártabra quere alentar un proceso asembleario que rescate a esperanza e poña fin a esa indefensión na que se encontra a maioría social promovendo candidaturas de unidade para as vindeiras eleccións municipais, un proceso para un novo suxeito político do que saia un programa e unha candidatura do pobo e para o pobo. Facebook e Twitter.

Como asinar o manifesto e unirse á 'Marea Ártabra'

Pode-se asinar o manifesto de apoio cubrindo un formulario no seu sitio na rede: Acceder.

Para contactar
Presentou-se o manifesto que se pode ler nun blogue que abriron no seguinte enderezo: http://mareaartabra.blogspot.com.es/  ou mareaartabra.org. Tamén hai un enderezo de correo electrónico: mareaartabra[arroba]gmail.com.

A Marea Ártabra nas redes sociais:
Enlaces relacionados:

A 'Marea Ártabra' en Ártabra 21 | Acceder.
A 'Marea Ártabra' desde o buscador libre DuckDuckGo. | Ir a Web.
________________

Homenaxe a Amada García no Castelo de San Felipe este martes 27 de Xaneiro ás 5 da tarde


Homenaxe a Amada García e as persoas represaliadas pola ditadura este martes, 27 de xaneiro de 2015, ás 17:00hs no Castelo de San Felipe
.


Este será o primeiro aniversario no que non estará presente o seu fillo Gabriel Toimil, pero de seguro, estará na lembranza de tod@s.

Amada García era natural e veciña de Mugardos, estaba casada con Gabriel Toimil Dopico e tiña unha filla. Foi fusilada no Castelo de San Felipe o 27 de Xaneiro de 1938. Esta bastante estendida a idea de que foi fusilada por bordar unha bandeira do Partido Comunista de España, o que é falso. A realidade é que era unha muller politicamente moi activa e boa oradora, unha líder natural, polo que acadou as antipatías dos sectores máis conservadores da sociedade mugardesa.

Cando se produce o golpe de estado dos militares, as autoridades locais de Mugardos organizan a resistencia cos escasos medios que estaban á súa disposición. Neses días, Amada García estivo no concello dando ánimos e colaborando na medida das súas posibilidades, como moitos outros veciños.

Coa vitoria dos militares sublevados, estes deteñen e xulgan a un elevado número de veciños/as do concello (causas 42/37 e 379/37). Precisamente, unha das mulleres acusadas era Amada García Rodríguez.

Cando se dita a sentenza de morte contra Amada García, estaba embarazada, polo que retrasouse a execución a espera de que dera a luz ao seu fillo Gabriel Toimil García. O parto foi 0 31 de outubro de 1937 e tres meses despois foi fusilada xunto con Ángel Roldós Gelpi, un profesor do colexio público “O Pitieiro” e Juan José Teixeiro Leira, José María Montero Martínez, Antonio Eitor Caniça, de Mugardos; Ramón Rodríguez López, Jaime González Pérez, de Ares; e Germán López García, de Cabanas.

Foto baixo licenza CC-BY-NC-SA.

Información baseada na envida por:
A.C. Fuco Buxán Fuco Buxán
-fucobuxan@gmail.com-
26 de janeiro de 2015 12:07

A A.C. Fuco Buxán súmase é convida a participar nos actos organizados pola Asoc. Memoria Histórica Democrática

http://www.fucobuxan.net/
______________

luns, xaneiro 26, 2015

Preparando mobilizacións: Segunda Asemblea Aberta das Marchas da Dignidade Ferrolterra no ano 2015

XXI Asemblea Aberta das Marchas da Dignidade Ferrolterra

Este mércores 28 de xaneiro, está convocada unha nova Asemblea Aberta das Marchas da Dignidade Ferrolterra, que terá lugar ás 18:30hs no Ateneo Ferrolán.

Os puntos a debater serán os seguintes:

1. Información e análise das xuntanzas das Marchas (Coordinadora Estatal celebrada en Cangas e xuntanza da Plataforma Galega).

2. Proposta de colaboración co documental Angrois no esquecemento, (www.angroisnoesquecemento.com) sobre o accidente do Alvia en Santiago, a investigación e a reclamación de responsabilidades políticas.

3. Desenvovimento dos seguintes asuntos:
Planificación de eventos no calendario do 2015:
  • Marcha a Madrid do 21 de Marzo.
  • Manifestación do 26 de Febreiro.
  • Folga Xeral do 22 de Outubro.
Planificación de accións a nivel local para divulgar a labor das Marchas e sumar forzas: xorden as seguintes propostas:
  • Realizar unha xornada informativa sobre a débeda e a renda básica
  • Creación dun boletín periódico das Marchas de Ferrolterra.
  • Planificación de unha "volta a ría" facendo actos nas distintas localidades presentando as Marchas.
  • Convocatoria ós desempregados para deixar copia da tarxeta do paro nas delegacións locais das autoridades. Barállase o 5 de Marzo como data para levala a cabo.
Un saúdo e adiante!


Ferrolterra:
http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/
Galego:
http://marchasdadignidade.blogspot.com/
Estatal:
http://marchasdeladignidad.org/
Redes da Columna Galega:
https://twitter.com/galizaMarcha22M
https://www.facebook.com/MarchasDignidade
https://www.facebook.com/groups/265451853621237/
https://www.youtube.com/channel/UCaOvAhPYKR43taxbOKCCreg

PAN, TRABALLO E TEITO - Á RÚA, QUE XA É HORA!!!

__________________

Manifesto pola Lingua para a convocatoria da Manifestación Nacional do 8 de Febreiro de 2015


MANIFESTO
Polas fillas dos nosos fillos.
Queremos Galego!


Os datos da última enquisa do Instituto Galego de Estatística sobre a situación do galego non nos sorprenden. Reflicten a realidade. A realidade é que cada vez hai menos xente que fala galego. A realidade é que a Xunta de Galiza demostra un total desleixo e desprezo pola lingua. A realidade é que é imposíbel vivirmos en galego con normalidade.

O maior descenso de falantes do galego coincide co lustro máis agresivo e lesivo para a normalización da nosa lingua e cunha situación na que o galego, non só non conta cunha oficialidade real, senón que é a propia Xunta quen ataca a oficialidade formal que acadou.

A lingua precisa xa de compromisos reais materializados en accións concretas . Esta non é a hora de enunciar falsos desexos, supostas declaracións de intencións, nin dubidosas manifestacións de amor, nas que se baseou até agora a política lingüísitica. É urxente actuar tomar medidas normalizadoras e pór todos os medios e remedios para para pararmos esta desfeita .

Moitas persoas educamos as nosas fillas e fillos en galego. Mantemos o galego cada día, entregámosllo ás máis novas e novos porque o defendemos e apreciamos. Facémolo con amor, esforzo e coidado, aínda que nos atopamos con dificultades permanentes, ás que lle temos que engadir o insulto e o desprezo mostrado polo presidente da Xunta na súa busca permanente de culpábeis da súa propia política.

O galego continúa perseguido e proscrito de diferentes ámbitos e usos. Impúxose un decreto para evitar o ensino en galego. Esta política lingüística ten responsábeis e cómplices. Precisase unha mudanza total . Hai que lles dar ferramentas ás xeracións novas. A televisión pública galega non emite debuxos animados de moda en galego. As mozas e mozos non poden escoller xogos, filmes e revistas xuvenís na nosa lingua, a moitos e moitas impídeselles a escolarización en galego

Necesitamos promover a nosa lingua. Lingua propia e común que nos une a todos e todas. Lingua, identidade e futuro de Galiza camiñan da man. Defender o futuro dunha lingua é defender o futuro dun pobo. A nosa lingua sítuanos no mundo e fainos donos e donas do noso porvir, que está en nós, nas nosas fillas e fillos, nas nosas netas e netos. Na transmisión xeracional e na súa reposición social.

Precisamos o galego para ser e existir. Temos esperanza, ilusión, vontade, compromiso para mantelo vivo , para superar prexuízos, para transmitir amor á nosa lingua, para manifestar orgullo, para dicir, polas fillas dos nosos fillos QUEREMOS GALEGO.

Cartaz da convocatoria (A3 e formato jpg): Acceder/Baixa.

Web oficial:
http://www.queremosgalego.org/

Enviado por:
Queremos Galego
-queremosgalego@queremosgalego.org-
23 de janeiro de 2015 18:53

______________

A coordinación estatal das Marchas da Dignidade xuntou-se en Cangas os pasados 16 e 17 de Xaneiro



ASEMBLEA ESTATAL DE COORDINACIÓN DAS MARCHAS DA DIGNIDADE EN CANGAS O 16 e 17 de XANEIRO DE 2015. | O 21 DE MARZO VOLVEMOS A MADRID CAMIÑANDO CARA A FOLGA XERAL.

Algunhas fotos e novas que atopamos nos medios que dan fe do acontecido nas dúas xornadas que o movemento “Marchas da Dignidade_22M” desenvolvemos en Cangas do Morrazo nesta fin de semana.

A primeira, o día 16, a CUT organizou un acto público de apoio ás Marchas da Dignidade, que encheu o salón de plenos do Concello e que serviu, tamén, para darlle a benvida a todas as delegacións que durante esta xornada, e a seguinte, se achegaron dende distintos puntos do territorio español, e como introdución a xornada de debate e traballo do sábado.

Este acto, foi presentado pola actriz Mónica Camaño e contou ca intervención do escritor galego, Xosé María Álvarez Cáccamo. Como xa tíñamos anunciadon no relatorio participaron tamén,  Lluís Blanco (IAC), Nines Maestro (Red Roja), Gines Fernandez (Frente Cívica-SM), J.M. Muñoz Poliz (CGT), Rafael. Glez. Escudero (S.F. da Confederación Intersindical), Javier Garcia (SAT) e Manolo Camaño (CUT).

Durante o sábado, 17,  desenvolvemos unha xornada intensiva de traballo, mañá e tarde, ultimando os preparativos, e acordando as principais cuestións loxísticas e operativas das dúas grandes mobilizacións que temos decididas para 2015, porque  O 21 DE MARZO VOLVEMOS A MADRID, como preludio da FOLGA XERAL NO OUTONO, o 22-O.

LIGAZÓNSÁS FOTOS de XABICAS:
https://drive.google.com/folderview?id=0B4q_Hj_9LGQSMlJkVzFOWmhyOHc&usp=sharing

LIGAZÓNS AO RECOLLIDO NOS MEDIOS:

FARO DE VIGO  O MORRAZO 18.01.2015
http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2015/01/18/marcha-dignidad-madrid-durara-3/1167548.html
FARO DE VIGO  O MORRAZO17.01.2015
http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2015/01/17/representantes-sociales-coordinan-cangas-marchas/1166947.html
PRAZA PÚBLICA 17.01.2015
http://praza.gal/movementos-sociais/8628/as-marchas-da-dignidade-preparan-en-cangas-un-ano-de-mobilizacion/
INFORMATIVOS TVG 17.01.2015
http://www.crtvg.es/informativos/asemblea-estatal-das-marchas-da-diginidade-en-cangas-978181



Ferrolterra:
http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/
Galego:
http://marchasdadignidade.blogspot.com/
Estatal:
http://marchasdeladignidad.org/
Redes da Columna Galega:
https://twitter.com/galizaMarcha22M
https://www.facebook.com/MarchasDignidade
https://www.facebook.com/groups/265451853621237/
https://www.youtube.com/channel/UCaOvAhPYKR43taxbOKCCreg

PAN, TRABALLO E TEITO - Á RÚA, QUE XA É HORA!!!

______________

domingo, xaneiro 25, 2015

Demo... que?, ... Por Xosé María Dobarro

Por Xosé María Dobarro [*]
25.01.2015


Re–, algo ben sabido, é proverbio latino que indica movemento cara atrás, volta a un estado anterior, repetición que destrúe o xa feito... e gĕnĕrō, –āre, –āvi, –ātum, un verbo que significa enxendrar, procrear, crear..., mesmo inventar ou compor, unha obra literaria, por exemplo. De aí saiu regĕnĕrō, –āre, –āvi, –ātum (re, gĕnĕrō) que viña sendo reproducir, facer revivir, rexenerar espiritualmente... e o substantivo regĕnĕrātiō, –ōnis: rexeneración, volta á vida... Os nosos dicionarios veñen definindo a rexeneración como a acción e o efecto de rexenerar, isto é de facer que alguén abandone unha conduta ou uns hábitos reprobables, recuperar as boas calidades perdidas, corrixir ou corrixirse cara a unha actitude adecuada socialmente aceptable... Parece, pois, que facer exercicios destes de cando en cando non está nada mal. Aínda que levamos décadas (así en plural, dixen ben) escoitando falar ós nosos políticos da necesidade dunha rexeneración nese seu mundo que padecemos todos a terca realidade empéñase en indicarnos que a cousa non adoita ir máis aló das palabras, que de feitos nadiña de nada. Mesmo para levar adiante cousas que se poderían facer de hoxe para mañá –non é preciso facelo todo de vez– sempre aparecen cuestións de última hora que deixan todo como estaba. Cal é o problema para suprimir xa a inmunidade parlamentaria? Por exemplo. E así cousa tras cousa, a sabendas de que haberá que reformar algunhas leis, por suposto, pero tamén que canto antes se empece antes se acaba. As dilacións dan necesariamente que pensar. Se é palpable que no exercicio das súas funcións alguén, de acó ou de acolá, é palmario que se equivocou, pois deixa o posto que ocupa, marcha para a casa e non vai pasar nada. Para que darlle voltas con comisións informativas, deliberativas... Os erros danse nas mellores familias e así hai que asumilos. Porque, quen vai rexenerar todo o que hai que rexenerar? As persoas que levan anos e anos quentando asentos? Hoxe mesmo liamos que o presidente da Deputación de Lugo posiblemente non vaia recuncar. Segundo me pareceu dixo que oito anos son abondos para un ciclo político, ou algo así. E cantos leva o alcalde da corporación de que forma parte? E puxen un exemplo do PSOE como podería telo posto do PP, do BNG, de EU/IU, de UpyD e de tutti quanti. Nuns anos, se as cousas seguen por aí, tamén os de Podemos andarán nestas mesmas. Se non é así será porque as cousas, afortunadamente, cambiaron para todos. Oito, dez anos como moito e a outra cousa. O apalanque non permite nin rexeneración nin democracia nin nada que se lles pareza. Dentro duns anos falaremos. Porque a xente é xente e fórmulas máxicas, cando menos en política, non hai. Nos últimos tempos parece que se está impoñendo –agás no PP, en que un dedo supremo é quen segue ordenando, mandando e facendo saber– a fórmula de primarias e de apertura a persoas simpatizantes das respectivas organizacións para a designación de candidatos e cargos orgánicos. Se ben, todo apunta a aquilo que hai anos dixera Guerra, don Alfonso, de que quen se movía non saía na foto, parece que non desapareceu, todo o contrario. Pero, ademais diso, todo ten os seus riscos. Na miña infancia, naqueles tempos do máis rancio nacionalcatolicismo (será peor o islamismoyihadista?), cando nos falaban de relixión sempre me chamaba moito a atención o da salvación dos conversos de última hora. Viña sendo algo así como que calquera persoa que pasara a vida toda facendo maldades se salvaba se no último momento se arrepentía dos seus pecados. Pola contra, quen levara unha vida sen lle facer mal a ninguén e digna de mirarse nela ía de cabeza ó inferno se nos últimos momentos se lle ocorrera cometer algún acto pecaminoso. Os que foran peores que os irmáns Malasombra e que a quina marchaban de rositas (como tantos corruptos e corruptores) e os boíños de todo, como mal menor, podían acabar penando no purgatorio, se non directamente no inferno. Pouco coherente, non? Sinsentido, que podería acabar acontecendo nas formacións políticas. Se o último día para apuntarse, un posible candidato apunta trescentas persoas non afiliadas que van poder votar nunha localidade onde o censo de militantes convencidos e practicantes non supera, nin con moito os dous centenares, ten de antemán gañada a súa elección.

Publicado no Diario de Ferrol | 25.01.2015

[*] Xosé María Dobarro Paz (Ferrol, 1950), escritor, articulista, profesor, activista cultural e político. Na súa xuventude militou no PCG, e posteriormente no nacionalismo-popular galego, sendo militante da UPG e foi Presidente da Sociedade Cultural Medulio e divulgador da figura de Ricardo Carvalho Calero. Foi catedrático de Lingua e Literatura Galega na Universidade da Coruña. Na actualidade é coordinador comarcal de Esquerda Unida.

Enviado por:
André Abeledo Fernández

Dede o facebook
https://www.facebook.com/loboroxo
_________

Os circulos de Podemos de Ferrolterra van a Madrid á 'Marcha do Cambio' o vindeiro 31 de Xaneiro - Contactos para as persoas que desexe achegar-se con Podemos a Madrid



2015 Empeza o cambio

O 2014 será recordado como o ano no que a maioría maltratada nos liberamos da resignación, do "non se pode facer nada", e demos un bo susto aos privilexiados. Dixémoslles que somos cidadáns e non servos, que temos dereito a ter dereitos, que hai que corrixir unhas políticas inxustas e ineficaces que aruinan o noso país, venden a soberanía, bloquean o futuro e empobrecen á xente. Uns poucos, os de sempre, puxéronse nerviosos: creron que a política era só súa, esqueceron que non hai democracia sen pobo. En moita xente, con todo, creceu a ilusión: as cidadás e os cidadáns podemos.

O 2015 pode ser o ano do cambio, de recuperar a democracia e poñer as institucións ao servizo da xente. Non vai ser fácil, pero xa vimos que é posíbel. Agora debemos estar á altura deste momento histórico: traballar sen descanso, con compromiso e responsabilidade, honestidade e a man tendida a todas e a todos os que faltan. O obxectivo é construír un novo acordo, unha nova maioría transversal de cidadás e cidadáns pola soberanía popular, a decencia e o cambio político. Cos mellores e as mellores profesionais do ámbito público e privado, cos cidadáns e as cidadás comprometid@s, co calor popular e a alegría d@s moit@s.

Isabel Allegue
, responsábel das Áreas de Prensa e Redes de Podemos Narón, envía-nos unha nota de prensa conxunta de Podemos Narón e Ferrol, para informa da participación na "Marcha do Cambio" que se celebrará en Madrid o vindeiro 31 de Xaneiro.

Din que teñen "motivos para estar na rúa", e que desde Podemos Narón están promocionando a marcha do 31 a Madrid, que para iso tamén se elaborou un cartaz co que inician un reto, cambiar a cor do concello. Pode-se ver o cartaz na súa conta de facebook. Continúan decido que no seu Foro de Debate e en Facebook, ademais están "organizando a viaxe poñendo un bus a disposición das persoas interesadas" que partirá desde Narón facendo as paradas necesarias para recoller á xente da comarca que desexe participar na "Marcha do Cambio".

Que desexe achegar-se con Podemos a Madrid, pode contactar con José Manuel Díaz que é o responsábel do Área de Participación de Podemos en Narón, o seu teléfono de contacto é o 660721259. Na conta de correo-e: .

Doutra banda, e dado que estamos colaborando neste evento con Podemos Ferrol, os nosos compañeir@s deste municipio fan extensivo o "Reto de cubrir o municipio da cor de Podemos", invitamos en conxunto a todos e a todas os que queiran participar do mesmo, existen dous carteis uno dedicado a Narón e outro libre coa mesma lenda que poden aproveitar outros círculos. Poñédevos en contacto cos responsábeis do acontecemento en calquera dos municipios e facilitará toda información dispoñíbel.

En Ferrol podedes contactar con Carlos del Río e/ou co Al Vila nas contas de correo electrónico xuntospodemosferrol@gmail.com, ou en claroquepodremos@gmail.com e nos teléfonos 646753687 (Carlos del Río) e en 638432778 (Al Vila).

Ás 12 do mediodía de Cibeles até Sol, Madrid 31 de Xaneiro de 2015

"Os 6 millóns de persoas no paro, os 2 millóns de fogares sen ingresos, os miles de desafiuzamentos, as privatizacións dos bens comúns e os recortes sociais salvaxes fan imprescindible impulsar un cambio democrático coa participación da inmensa maioría porque esta situación xa non se sostén máis. Estase a pechar unha etapa da historia do noso país e a discusión é se a seguinte a protagoniza - rá a xente e as súas necesidades ou os privilexiados e a súa avaricia". ...

Así comeza a interesante Guía de Participación que difunden en Galego, de 10 páxina e en formato pdf: Acceder/Baixar.

Foro debate:
http://www.fb.com/groups/podemos.naron/

Conta no facebook:
https://www.facebook.com/podemos.naron

Canle en Youtube:
https://www.youtube.com/channel/UCPfaxd05evcnGtK8h0XE5Mg

Web oficial da Marcha do cambio:
http://lamarchadelcambio.info/

Información baseada na enviada por:
Podemos Narón
-podemos.naron@gmail.com-
24 de janeiro de 2015 13:05

_____________

O decrecemento busca redefinirse


Un novo libro reformula o decrecemento como alternativa aos defectos do desenvolvemento sostible, percorrendo a súa historia e comparando definicións.


Calquera que asistira á Cuarta Conferencia Internacional sobre Decrecemento na cidade alemá de Leipzig, notou rapidamente que ninguén estaba facendo unha oda ao desenvolvemento sostible.

No entanto, o desenvolvemento por si mesmo e todo o que conleva si ocupou o centro da escena, mentres uns 3.000 participantes e oradores debatían sobre as tendencias actuais nas áreas de ambiente, política, economía e xustiza social.

Os promotores do decrecemento creen firmemente que o crecemento económico non cumpre o que promete: un maior benestar humano.

Como pode non quedar claro de inmediato por que unha multitude que promove os principios ecolóxicos reclamaría o fin do desenvolvemento sostible durante a conferencia realizada en setembro en Leipzig, faise necesario facer un par de aclaracións.

Os movementos sociais evolucionan e atravesan períodos de transformación. Cando o término "desenvolvo sostible" empezouse a usar nos anos 70 e 80, apoiou a presunción de que os principios ambientais xenerais e os límites ecolóxicos mínimos deberían respectarse á hora de abordar o desenvolvemento.

O concepto de "desenvolvemento sostible" rapidamente gañou aceptación a gran escala. A Comisión das Nacións Unidas sobre o Desenvolvemento Sostible é apenas una das moitas axencias (inter)gobernamentais ou verticalistas que se crearon nas últimas tres décadas para incluír obxectivos ambientais nos seus plans e políticas.

Con todo, segundo Federico Demaria, membro da organización Research & Degrowth en Barcelona, a idea do desenvolvemento sostible baséase nun falso consenso. Ao deconstruíla, descóbrese que segue tratándose do desenvolvemento, "e é alí onde radica o problema", dixo Demaria a IPS.

"Desenvolvemento" é unha mala palabra nos círculos favorables ao decrecemento. Desde a posición estratéxica do realismo económico, o desenvolvemento está inextricablemente conectado ao crecemento económico.

Con todo, os promotores do decrecemento creen firmemente que o crecemento económico non cumpre o que promete: un maior benestar humano.

"Por iso é polo que nos atopemos a nós mesmos nun lugar no que necesitamos reabordar os defectos do desenvolvemento sostible desde unha nova perspectiva", dixo Demaria.

Foi coa esperanza de facer precisamente iso que Demaria, Giorgos Kallis e Giacomo D'Alisa escribiron o libro "Degrowth: A Vocabulary for a New Era" (Decrecemento: Vocabulario para unha nova era), que acaba de ser publicado pola editorial Routledge.

Definicións e historia

Ademais de aportar varias definicións, o libro percorre os antecedentes históricos do movemento polo decrecemento.

Conta que nos anos 70, cando se publicaron libros como "The Limits to Growth" (Os límites ao crecemento), de Dennis e Donella Meadows, non se falaba doutra cousa que os límites dos recursos. Agora, no que pode considerarse unha segunda etapa, saltan ao primeiro plano as críticas á idea hexemónica do desenvolvemento sostible.

Foi Serge Latouche, un antropólogo económico, quen definiu ao desenvolvemento sostible como un oxímoron. Fíxoo en "A bas le développement durable! Vive la décroissance conviviale!" ("¡Abaixo o desenvolvemento sostenible perdurable! ¡Longa vida ao decrecemento amigable!"), nunha conferencia da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (Unesco) realizada en 2002 en Parides.

Latouche e outros empezaron a dar forma ao movemento francés, que se autodenominou "décroissance" e logo se expandió a outros países, chamándose "decrescita" en Italia e "decrecemento" en España. Aproximadamente en 2010 acuñouse o término en inglés, "degrowth".

Aínda que en Leipzig se cuestionó o nome do movemento, Latouche e Demaria sosteñen que a palabra "decrecimiento" é a que mellor define o obxectivo clave: a abolición do crecemento económico como obxectivo social.

Talvez sexa François Schneider, outro dos pioneiros deste postulado, o que aporte a definición máis exacta do decrecemento, sinalándoo como "a redución equitativa da produción e o consumo que reducirá o procesamento de enerxía e materias primas das sociedades".

Segundo os autores do novo libro, o obxectivo de todo isto non é simplemente ter unha sociedade que poida arranxarllas con menos, senón reorganizarse de xeito diferente e cunha calidade distinta.

Aínda que ninguén pode predicir cando e como terá lugar a transición cara ao decrecemento, Demaria destacou que xa hai exemplos en marcha, como o Movemento Social Bo Vivir en América do Sur.

El e outros esperan que, trala conferencia de Leipzig, se repolitice o ambientalismo.

"Unha vez que decidamos que non temos medo de falar sobre as plenas implicacións do desenvolvemento, sexan económicas, sociais ou políticas, empezaremos a ver que é en realidade utópico pensar que as nosas sociedades poden basearse no crecemento económico para sempre", dixo Demaria.

"O decrecimiento, por contraste, realmente ofrece o sentido máis común de todos", engadiu.

Editado por Phil Harris.

Fonte: decrecimiento.info | Sábado, Xaneiro 24, 2015
_________________

venres, xaneiro 23, 2015

As traballadoras e traballadores do 'Diario de Ferrol' en Folga - Vídeo da concentración de solidarieddae na Praza do Concello


As traballadoras e traballadores do 'Diario de Ferrol' en Folga, xunto ao resto das plantillas dos demais medios do grupo empresarial de comunicación.

Este 23 de Xaneiro de 2015, están en folga, para demandar unha solución ante o perigo de desaparecer os seus postos de traballos, polo incumprimento do plano de empresa e endebedar salarios desde o mes de novembro do pasado ano, ademais dunha paga extra de 2013. O persoal leva tempo padecendo un ERE temporal. E agora xa formula un ERE extintivo do 50% da plantilla do persoal. E os responsábeis da empresa non dan solucións. A nosa cidade corre o risco de quedar outra vez máis sen un medio de prensa, profundando na crise e declive industrial, social e demográfico no que estamos.

Ao mediodía unha importante representación do tecido asociativo, cultural, político e sindical, da cidade e comarca, concentrou-se na Praza do Concello, para amosar a súa solidariedade.


http://youtu.be/TqnuZzDDGeg


________________

Enlace relacionado:

Ártabra 21: Concentración en solidariedade coas traballadoras e traballadores do Diario de Ferrol.
___________________

Concentración en solidariedade coas traballadoras e traballadores do Diario de Ferrol


Concentración en solidariedade coas traballadoras e traballadores do Diario de Ferrol, este venres 23 de Xaneiro, ás 11:00hs terá lugar unha concentración na Praza do Concello de Ferrol, diante do Palacio Municipal, para protestar pola situación laboral da plantilla do xornal comarcal, propiedade de Editorial La Capital S.L. que  ten unha importante imprenta e rotativa no Poligono de Pocomaco, na Coruña e conforma con outros xornais (El Ideal Gallego, Diario de Arousa e o xornal deportivo dxt) que conforman o grupo de medios galego, presidido polo magnate de medios e empresarial arxentino nado na coruña: Florencio Aldrey Iglesias.

Participa !!


Ferrolterra:
http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/
Galego:
http://marchasdadignidade.blogspot.com/
Estatal:
http://marchasdeladignidad.org/
Redes da Columna Galega:
https://twitter.com/galizaMarcha22M
https://www.facebook.com/MarchasDignidade
https://www.facebook.com/groups/265451853621237/
https://www.youtube.com/channel/UCaOvAhPYKR43taxbOKCCreg

PAN, TRABALLO E TEITO - Á RÚA, QUE XA É HORA!!!

_______

xoves, xaneiro 22, 2015

Máis de 100 días en Folga, as traballadoras e traballadores da cartoneira vilagarcián Lantero resiten - O Xulgado do Social dita sentencia pola que considera legal a folga indefinida fallando contra a demanda da empresa


Son máis de 100 días en Folga, numerosas manifestacións, grande apoio cidadán e político, ... unha demostración de solidariedade de clase, organización e loita. Mesmo a folga chegou ao Parlamento Europeo da man da eurodeputada de AGEe, Lidia Senra. Onte os tribunais concedian-lle unha importante vitoria.

O xulgado do social Nº2 de Pontevedra ditou unha sentenza favorábel á loita das traballadoras e traballadores, pola que considera legal a folga de Lantero.

A resolución xudicial, en primeira instancia, constitúe unha fonte de ánimo para quen leva 102 días de paro indefinido.

A empresa mantiña na demanda a ilegalidade da folga indefinida contra a redución salarial (o 20%) e o ERE de extinción de parte da plantilla da cartoneira de Vilagarcia de Arousa.

Pola mañá  parte da plantilla de Lantero participou no pleno do concello de Vilagarcía, para pedir a este que esixa á empresa a renuncia aos despedimentos e a retirada do ERE (expediente de regulación de emprego).


_____________

Especial Centenario do 'Real Coro Toxos e Froles' en Rádio Filispim, no programa radiofónico Entrelazados


Entrelazados
programa divulgativo coordinado e conducido por Xurxo Gago, realizou este mércores un espazo radiofónico dedicado aos 100 anos da agrupación folclórica ferrolán "Toxos e Froles". Programa que se pode escoitar en diferido a través das ondas no 93.9 da FM, o vindeiro Venres 23 de xaneiro de 02:00 a 03:00hs da madrugada, e o domingo, 25, de 09:00 a 10:00 horas da mañá.

No "Especial Real Coro Toxos e Froles" co gallo do seu centenario, puido-se escoitar a canción "Ferrolada", logo "Pandeirada do Grove" e "A Escala", todas elas cancións do seu Cd "100 Anos". Un monográfico sobre a historia desta agrupación folclórica e as entrevistas ao seu presidente Arturo Lamas e aos coristas Manuel Galán e o abandeirado Miguel Vázquez, forman parte do contido do programa que se emitiu en Rádio Filispim, a radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos.


___________

mércores, xaneiro 21, 2015

2014 - 2015: balance e perspectivas, ... Por James Petras

Os prognósticos para 2015 non son prometedores, dado o feito de que os cambios positivos que se produciron en 2014 non son sostíbeis e están ameazados polo xiro máis cara á dereita da política estadounidense.

Por James Petras [*]
21.01.2015


Introdución

O balance de 2014 e as perspectivas para 2015 proporciónannos un panorama complexo con resultados negativos e positivos. Na maioría dos casos, os progresos a escala mundial non son para se asustar senón acontecementos que se abren a novas posibilidades. Porén, os sucesos negativos teñen maiores e máis ameazantes consecuencias sistémicas.

Procederemos a esbozar sucintamente os sucesos -tanto positivos como negativos- de 2014 e o seu impacto real e ao mesmo tempo potencialmente simbólico e significativo. Na segunda parte do ensaio, sintetizaremos algúns dos máis importantes acontecementos e a forma en que os resultados tanto positivos como negativos de 2014 repercutirán en 2015.

Sucesos positivos de 2014

Mentres a meirande parte dos autores de esquerda e progresistas puxeron a énfase nos acontecementos negativos de 2014, unha análise máis matizada revelaría 10 importantes resultados positivos.
1. As revelacións de que a Axencia de Seguridade Nacional (NSA, polas súas siglas en inglés) de Estados Unidos estaba realizando actividades de espionaxe -continuas e desde hai moito tempo- a escala mundial contra centos de millóns de estadounidenses, aliados e adversarios, cidadáns e líderes, provocaron unha profunda desconfianza e puxeron en cuestión as declaracións de Washington sobre a súa defensa da democracia e o seu respecto da soberanía das nacións. As revelacións conduciron a un aumento da vixilancia entre países e a demandas nacionais de cambios.

2. A publicación do informe do Senado de Estados Unidos que revelou a implicación da CIA en torturas realizadas repetidamente en todo o mundo a sospeitosos políticos documentou o crecemento do aparello policial estatal e provocou a escala mundial unha esixencia de levar aos tribunais a prominentes líderes de EEUU por crimes contra a humanidade.

3. O crecemento de vínculos económicos, políticos e militares entre Rusia e China agoira un novo equilibrio do poder mundial e a aparición dun mundo multipolar, que podería disuadir a Occidente de futuras agresións imperiais.

4. A profundación da campaña anticorrupción emprendida polo presidente de China Xi levou á detención de personalidades de primeira liña dos negocios e a política, e animou as denuncias e as esixencias populares polo “bo goberno” e máis atención ás reivindicacións sociais.

5. O apoio do presidente Putin á resistencia ao réxime títere no leste de Ucraína e aos separatistas de Crimea, como tamén as súas medidas para restrinxir e, nalgúns casos, levar a xuízo a oligarcas cuxos comportamentos son criminais contrarrestou con éxito os esforzos de Occidente destinados a cercar, socavar e devolver a Rusia á condición de estado vasalo. Os neoliberais apoiados por EEUU e a OTAN no interior de Rusia foron gravemente debilitados e as sancións occidentais poden fortalecer o que se fai para socializar a economía.

6. A inauguración dun diálogo con Cuba e o recoñecemento de Washington de que o bloque de medio século só serviu para illar a EEUU de América Latina, son un paso na boa dirección. O aumento do turismo e as misións económicas poden incrementar as esixencias a prol dun levantamento do bloqueo.

7. O crecemento e a expansión de Boicot, Desinvestimento e Sancións (BDS) contra a ocupación israelí de Palestina chegou até os sindicatos máis grandes e as organizacións estudantís e relixiosas, o que á súa vez empurrou a moitos líderes políticos cara ao recoñecemento de Palestina, impoñéndose á enorme oposición das 52 principais organizacións xudías de EEUU e as súas equivalentes no estranxeiro.

8. As negociacións pola paz e o control nuclear entre Irán e EEUU rebaixaron a posibilidade dunha guerra rexional iniciada por Israel. As negociacións en curso rexistraron algúns avances, sobre todo concesións por parte de Irán, pero polo menos favoreceron a diplomacia fronte á agresión militar estadounidense.

9. América Latina está vivindo unha expansión de gobernos de “centroesquerda” en detrimento daqueles de “dereita dura” liberais apoiados por Estados Unidos: Brasil, Venezuela, Chile, Uruguai, Ecuador e Bolivia. Aínda que é certo que estes resultados electorais non desafían o capitalismo nin conducen á expropiación das elites agrarias, mineiras e financeiras, mostran certo grao de independencia en relación coa política exterior netamente militarista de Estados Unidos. A elección do presidente Santos en Colombia e a derrota do candidato da extrema dereita permiten que as negociacións de paz coas FARC -a guerrilla popular- avancen cara a un acordo definitivo.

10. A gran difusión de gravacións multimedia de prominentes científicos, que dan testemuño e documentan a demostrada proba de que o colapso do World Trade Center só puido deberse a unha demolición controlada e non ao impacto dos avións, fixo que se estendan as demandas dunha nova investigación do 11-S.
Acontecementos negativos de 2014

Os acontecementos e políticas máis importantes con consecuencias fondamente negativas no panorama da paz e a xustiza social tamén son moitos:
1. A instalación por parte de EEUU e a Unión Europea dun réxime títere no oeste de Ucraína (Kiev) e a súa conversión nun estado economicamente vasalo da UE e a OTAN na fronteira de Rusia é un golpe moi importante contra a democracia e un apoio para os xefes políticos neofascistas de Ucraína. A militarización de Ucraína, en tanto adversario de Rusia, xera a ameaza dunha guerra nuclear a escala mundial.

2. O golpe de estado militar en Exipto e a violencia desatada a partir del, con purgas, encarceramentos e tortura de funcionarios electos e disidentes laicos propicia o regreso da influencia estadounidense no norte de África e reforza o bloqueo israelí de Gaza e Cisxordania. Segundo o IMF, termináronse os subsidios ao transporte e os alimentos. Como resultado da política ditatorial dos militares en favor dos negocios, en 2014 o índice da Bolsa exipcia devolveu o 30 por cento aos especuladores estranxeiros e nacionais. Entre o golpe de mediados de 2013 e o final de 2014, o índice M5CI da Bolsa de Exipto duplicouse.

3. O regreso de Estados Unidos á guerra civil en Iraq, os seus bombardeos aéreos en Siria para parar os avances do ISIS e a súa decisión de manter varios miles de soldados en Afganistán significan que o militarismo das pasadas décadas continua definindo a política exterior de EEUU en Oriente Medio. As baixas civís crecen e as guerras non dan sinais de que vaian acabar. A devastación causada pola intervención militar de EEUU e a OTAN continúa estimulando o extremismo islámico e provocando a fuxida de civís.

4. En repetidas veces, EEUU apoiou a Israel no espolio e a colonización de territorio palestino en Cisxordania e Xerusalén, e o salvaxe asasinato de 2.000 palestinos e a devastación das propiedades en Gaza por un valor de 5.000 millóns de dólares. Aguilloado polos multimillonarios sionistas e por AIPAC, Estados Unidos bloqueou todos os esforzos que a Autoridade Nacional Palestina realizou para conseguir o seu ingreso nas Nacións Unidas mediante a presión exercida sobre os representantes africanos no Consello de Seguridade.

5. A defensa que o presidente Obama e o Congreso fixeron da espionaxe da NSA e da tortura da CIA debilitou aínda máis o que quedaba de garantías constitucionais en EEUU.

6. A vitoria lograda pola dereita máis dura nas eleccións lexislativas de EEUU significará problemas moi importantes nas conversas de paz con Irán, na fin do bloqueo de Cuba e na política gobernamental de expulsión de inmigrantes.

7. As protestas realizadas en Ferguson contra o asasinato dun mozo negro por parte da policía convertéronse nunha protesta de alcance nacional (a vida dos negros importa) contra a impunidade e a violencia policiais que contén todos os trazos dunha mobilización popular que busca a democratización do país. Isto deu lugar a que os axentes de policía e os sindicatos policiais lanzasen un importante contraataque e se mobilizasen para defender o poder policial, capitalizando no seu proveito o asasinato de dous policías de Nova York realizado por unha persoa exasperada.

8. O éxito estadounidense -co apoio da UE- na imposición de sancións contra Rusia, o aumento dos exercicios militares xunto á fronteira báltica de Rusia e no Cáucaso, ameazan converterse nunha confrontación nuclear.

9. A promoción por parte de Washington de pactos económicos cos países de Asia e o Pacífico, excepto China; os acordos militares de base con Xapón, Australia e Filipinas; e a expansión da vixilancia aérea e marítima das costas chinesas, de xeito evidente provocativo, debilita calquera perspectiva de que a Casa Branca contemple a posibilidade de que China chegue a ser unha potencia mundial.

10. As políticas económicas continúan concentrado a riqueza no 1 por cento máis rico da pirámide social mentres os banqueiros investidores evitan ir ao cárcere por estafas de miles de millóns de dólares e operacións ilícitas, sentando así as bases dunha nova crise financeira.
Perspectivas para o novo ano

Os prognósticos para 2015 non son prometedores, dado o feito de que os cambios positivos que se produciron en 2014 non son sostíbeis e están ameazados polo xiro máis cara á dereita da política estadounidense.

O máis probábel é que a nova maioría dereitista no Congreso fará todo o posíbel para impedir o fin do bloqueo económico de Cuba. É moi factíbel que a poderosa configuración en favor de Israel no Congreso, os medios de información e o Tesouro impoña unhas esixencias tan gravosas e unilaterais a Irán que imposibiliten calquera acordo significativo. En Israel, é posíbel que os partidos neofascistas de extrema dereita consigan o poder moi axiña en 2015 e que isto signifique a aceleración do espolio de terras e a colonización de territorio palestino, pechando así calquera perspectiva dun acordo negociado. Os poderosos grupos de presión sionistas en Washington garantirán a continuidade do apoio estadounidense a Israel.

A administración Obama, cegada polos seus éxitos na obtención de apoio a EEUU polas súas sancións contra Rusia, presionará aínda máis forte por unha guerra económica a gran escala, coa esperanza de derrubar o goberno de Putin.

O incremento no envío de tropas e o compromiso militar no sur de Asia, en Oriente medio e na rexión do Báltico fará crecer aínda máis as tensións económicas con Chinesa e Corea do Norte, tal como sucede con Rusia.

Obama traballará xunto coa nova á dereita do Congreso para diminuír os impostos ás grandes corporacións co fin de alfombrar o camiño dos tratados de libre comercio con Europa (agás Rusia) e Asia (excepto China), e reforzar o arbitrario poder policial da CIA, a NSA e o FBI.

A policía, organizada e mobilizada, avanzará aínda máis cara á subordinación das autoridades civís e lanzará unha guerra a gran escala contra os movementos que cuestionan a violencia policial contra os cidadáns afronorteamericanos. A enorme demostración de forza das manifestacións en Nova York en defensa da policía foi un ensaio xeral de cara a 2015.

A economía estadounidense chegará a ser aínda máis asimétrica, desequilibrada e suxeita a volatilidade financeira. Os cidadáns estadounidenses de clase media e traballadora veranse máis alienados dos partidos, os órganos lexislativos e o poder executivo; como consecuencia diso, aumentará a abstención. Porén, moitos estadounidenses loitarán para elixir a representantes populares nas eleccións locais e poñer en marcha iniciativas alí onde viven.

Fóra das súas fronteiras, EEUU será incapaz de conseguir ningunha vitoria militar decisiva en calquera dos teatros de guerra. É probábel que o ISIS en Siria e Iraq continúe ocupando porcións importantes de territorio e sostendo unha guerra a longo prazo. Eventualmente, os talibáns rodearán as grandes cidades e guarnicións onde se refuxian os asesores estadounidenses. É posíbel que Ucraína precipítese a unha creba económica. No sur de Europa, o partido de socialista esquerda SYRIZA pode gañar as eleccións; seguramente intentará impoñer unha moratoria no pagamento da débeda e estimular a economía. Os réximes neoliberais de Italia, o Estado español e Portugal continuarán a súa deterioración. En Francia, a adopción dunha axenda favorábel aos negocios por parte do goberno socialista conducirá a un incremento do conflito cos sindicatos e unha posíbel fractura. A Fronte Nacional pode converterse no principal partido e adoptar posicións tanto de dereita (contra a inmigración) como de esquerda (contra a austeridade propugnada pola UE). É probábel que nas oito eleccións programadas para este ano na UE se dea un aumento do apoio a partidos e movementos de esquerda, populistas e de extrema dereita.

A axitación, as guerras e as sancións producirán novos aliñamentos políticos. Así como Rusia e China se están achegando neste sentido, tamén forzas políticas de América do Norte e do Sur, de Asia e de Oriente Medio poden atopar novos aliñamentos provocados polos acontecementos. Arabia Saudita e Israel, Irán e Iraq, Turquía e Rusia, Brasil e Venezuela...

Desafíos imprevistos poden xurdir de protagonistas menores e maiores: un novo goberno de Syriza en Grecia que rexeite acatar a axenda de austeridade de Berlín pode provocar unha crise moi importante na Unión Europea. A campaña contra a corrupción emprendida por China pode derivar nun aumento das protestas populares. As dúas Coreas poderían iniciar unhas negociacións buscadas desde hai moito tempo... excluíndo a Estados Unidos.

Co comezo de 2015 iniciamos unha viaxe cara ao final da noite...

[Artigo tirado do sitio web ‘Rebelión’, do 8 de xaneiro de 2015]

Traducido e publicado por Avantar.

[*] James Petras -nado en 1937, é profesor emérito de socioloxía na Universidade de Binghamton, Nova York. Traballou co Movemento dos traballadores sen terra do Brasil e co Movemento dos parados da Arxentina. É autor de diversos libros, entre os que salientan: The Power of Israel in the United States (2006), Social Movements and State Power: Argentina, Brazil, Bolivia, Ecuador, con Henry Veltmeyer (2005) e Globalization Unmasked: Imperialism in the 21st Century, con Henry Veltmeyer (2001). Web oficial: http://petras.lahaine.org/
__________________

Meu deus! que soiños fican os presos enfermos!. ... Por Xaquín Campo Freire

MEU DEUS! QUE SOIÑOS FICAN OS PRESOS ENFERMOS!
SÓ SEI UNHA PALABRA: ¡GRAZAS!

Por Xaquín Campo Freire [*]
18.01.2015

Onde hai cárceres, tamén hai un hospital de referencia. Alí adoita estar constituída unha unidade de custodia para presos. Moitos están moi doentes e sempre moi sos. Moi doentes e moi sos. Pero coa alma aberta ao agarimo, á amizade e quizais esperando unha gran reconciliación coa súa propia vida, con Deus, coa súa familia, coas vítimas. Hai fame de paz e palabra, Pero sobre todo de escoita activa e empática.

Os capeláns de prisións nin sempre saben da existencia desta unidade. ¡Que inmensa é a soidade dos doentes presos! Meu Deus! recordando a Bécquer: ¡Que soíños fican os presos! 

Estivo cinco meses encamado, en absoluto decúbito supino, sen poder pórse en bipedestación nin en posición lateral. “Chapado” con chave naquel habitáculo, mirando día e noite ao branco teito.

Vinte e catro anos. Somalí. Levaba un ano sen poder comunicar coa familia. É de relixión musulmá. Dunha recia espiritualidade da África negra, con gran vida interior, moita paciencia e confianza en Alá e na vida. Moi boa persoa.

Decidiron, por fin, operalo. Foron tres intervencións de nove horas cada unha. Íalle niso a súa existencia. El era ben coñecedor de todo. Comunícase ben nun español de nivel elemental tirando a bo e con boa comprensión. Tivo varias complicacións: un neumotórax e outras dúas aspiracións no abdome.

Grazas á nosa sanidade pública, de calidade e aínda case universal. A ver se os especuladores coa saúde do pobo humilde non son quen de acabaren con todo polo camiño que levan.

En Pastoral Penitenciaria debemos facernos máis presentes. Debemos coordinar esta acción cos capeláns do mesmo hospital e coa Pastoral da Saúde. Tamén con Cáritas. Cómpre tomar conciencia da presenza dos presos doentes e da súa gran soidade. E entrarmos en relación, sempre con todo respecto, coas forzas de seguridade encargados da vixía. ¡Canto lle axudaron a diario a Willy! E asemade aos outros.

Os policías de custodia foron excelentes. Sábeo el e tamén eu, que fun testemuña repetidas veces, do boas persoas que foron desde todos os puntos de vista. Un exemplo que merecía un relato máis amplo polos moitos detalles de proximidade e gran humanidade con el e cos demais. Grazas a eles a súa soidade foi moitísimo menor. Aquelas bromas, sempre no seu lugar, e tamén  as alegrías, foron impagables. O persoal sanitario, moi profesional, ético e próximo. Para eles toda gratitude.

Eu cheguei a Willy por notificación e consello de D. Dionisio, o educador. Funo a visitar cada semana. Falei cos médicos. E establecín unha corrente de información respectuosa entre o enfermo e vós, os compañeiros. Atención a isto: El chámavos: “A súa familia”. ¡Que lonxe se atopa dos seus! Conseguiuse permiso da Dirección de Teixeiro para comunicar coa súa nai desde o hospital. Unha hora de palabras, bágoas e gratitude. Logo dun ano, críano morto e desaparecido para sempre. Nos ollos dos axentes de policía vin bágoas de emoción. A experiencia abriunos “os ollos do corazón” a todos ¡Que inmensa é a soidade dos estranxeiros, refuxiados, migrantes, mulleres e nenos, pobres e enfermos!

Leveille, con autorización, os vosos agasallos de manualidades a Willy, que el repartiu aos que o coidaban. Tamén dúas cariñosas cartas que foron lidas e relidas infinidade de veces por el, polos axentes da autoridade e polo persoal sanitario. Sabían que isto lle daba paz. Queridos amigos do módulo 7: Cinco meses mirando a un teito branco coa súa saúde deteriorada, coa vida en risco, foi unha proba enorme. Vin a súa fe e o seu afán por loitar. rezamos xuntos. El a Alá e eu, con el, ao único e mesmo Deus que existe máis aló dos nomes con que nós o poidamos coñecer. É inmenso o ben que lle fixestes a Willy. E a min tamén por poder ser portador de mensaxes de vida, de agarimo, de humanización, de esperanza.

Actualmente está xa entre nós. En lenta pero franca recuperación. Con moitas ganas de vivir Só teño unha palabra: Grazas. Primeiro a Willy polo exemplo e forza interior. Só alguén espiritualmente tan forte é capaz de resistir con tanto empuxe unha proba tan difícil. Grazas a D. Dionisio. Desde a súa gran discreción estivo acertadamente en todo momento axudando ata onde nin nos damos conta. Grazas a D. Carlos, o señor Director, e a Dª Adela. Deles só recibín facilidades, sempre dentro da legalidade. E moitísimas grazas a todos vostedes, amigos do módulo 7, por todo o ben e axuda que fixestes ao noso irmán doente. Víao chorar cos testemuños da vosa sincera amizade. E vinvos a vós preocupados, solidarios e moi alegres cando vos daba noticias esperanzadoras del. Sinceramente: ¡Grazas! Non sei outra palabra.

[*] Xaquín Campo Freire [Xaquín da Roca],  Narón 1937, é un relixioso galeguista. Graduado social, ATS pola Universidade de Santiago de Compostela, a diplomatura en Xerontoloxía Social pola Universidade Complutense de Madrid e é licenciado en Teoloxía Pastoral Sanitaria, pola Universidade Camillianum de Roma dende 2005. É membro do consello de redacción da revista Encrucillada así como membro ordinario da AELG. Traballou de enfermeiro no PAC de Fene e de capelán de Residencia de Anciáns. Na actualidade é director do Centro de Acompañamento e Relación de Axuda e da Escola de Saúde e Centro de Escoita Activa Mons. Araúxo.

Enviado por:
Xaquin Campo Freire
-xaquinderoca@gmail.com-
21 de janeiro de 2015 12:18

___________ ___________________

martes, xaneiro 20, 2015

A vitoria de Syriza sería o punto de partida da batalla contra as medidas de austeridade da Troika - A eurodiputada galega Lidia Senra participa nunha delegacións internacional de apoio a Syriza


Lidia Senra está participando na primeira das dúas delegacións internacionais de apoio a Syriza coordenadas polo GUE-NGL. | "A vitoria de Syriza sería o punto de partida da batalla contra as medidas de austeridade da Troika". | Sanidade e educación, os dereitos sociais máis duramente atacados polas medidas de austeridade impostas pola Troika en Grecia.


Finalizou a primeira das dúas delegacións parlamentarias desprazadas a Grecia polo Grupo Confederal da Esquerda  Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUE-NG) en apoio a Syriza.

A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe) Lídia Senra, xunto ca presidenta do GUE-NGL Gabi Zimmer (Die Linke), a eurodeputada portuguesa do Bloco de Esquerdas Marisa Marías e o eurodeputado alemán Stefan Eck (independente), son as persoas integrantes desta primeira delegación.

Durante esta visita, aliás de coñecer de primeira man a situación do pobo grego, a participación en espazos con medios de comunicación e o mantemento de xuntanzas con representantes da formación política de esquerdas Syriza, as eurodeputadas do GUE-NGL mantiveron contactos con representantes sindicais que lles trasladaron unha análise pormenorizada das nefastas consecuencias que para a poboación grega están a ter as medidas de austeridade impostas pola Toika no país heleno.

Dende Atenas, Senra salienta que "a educación e a sanidade son dous dos sectores máis duramente golpeados polos recortes da Troika en Grecia". "Mantivemos unha xuntanza cun dos sindicatos de profesoras e profesores, onde puidemos constatar a terríbel situación de deterioro da ensinanza no país logo do despido de máis de 10.000 traballadoras e traballadores dende o ano 2009", relata a eurodeputada galega. E a esta forte redución do profesorado cómpre engadirlle tamén que "hai milleiros de profesoras e profesores que non están despedidos pero que se atopan en situación de 'suspensión', polo que as escolas non contan con persoal abondo".

A nivel sanitario, "están pechados case todos os centros de asistencia primaria", constatou, sendo moi admirábel a reacción do pobo grego, que foi quen de crear un servizo de clínicas de asistencia sanitaria social autoxestionadas para non deixar desatendida a ningunha persoa. "A sociedade organizouse e constituíu unha rede de clínicas de saúde por toda Grecia, dezasete delas en Atenas, que funcionan grazas á forte implicación da xente. Teñen tamén unha farmacia solidaria, subministrada a base de doazóns de medicamentos, e a onde acoden aquelas persoas que non poden pagar os tratamentos".

Xunto co resto da delegación internacional do GUE-NGL, Lídia Senra participou en varios actos da campaña electoral de Syriza en distintos barrios de Atenas. Tamén tivo a posibilidade de se  reunir con mulleres empregadas na limpeza do Ministerio de Economía grego, que levan xa 259 días en folga, acampadas diante desta institución, "dando a batalla pra que se manteña o emprego público na limpeza dos edificios gubernamentais". 

Dende Atenas, a eurodeputada de AGEe valorou tamén que, en relación á situación de ataque aos dereitos sociais por parte das medidas de austeridade impostas dende a UE, "aquí a destrución dos servizos públicos está máis avanzada, pero na Galiza  tamén vemos como as políticas de austeridade atacan fortemente á ensinanza e á sanidade, como cada vez máis persoas teñen dificultades para acceder aos servizos sanitarios, como despiden cada vez máis mestres e mestras, non se cobren as prazas do profesorado xubilado, etc." Neste senso, "é moi de valorar o esforzo e a decisión do pobo grego, que está organizado en base a redes de solidariedade para que ningunha persoa teña que padecer esta cruel crise en solitario" .

Para Senra, a vitoria de Syriza en Grecia, "é moi importante porque entendemos que vai iniciar un camiño para darlle a volta ás políticas da Unión Europea, por iso estamos aquí, porque pensamos que será o punto de partida da batalla contra as políticas de austeridade que estamos dando os pobos de Europa en xeral, e do sur en particular, para poñer os dereitos das persoas por diante dos intereses do Capital".

Aliás, Aternativa Galega de Esquerda en Europa quixo tamén expresar o seu pleno apoio a Syriza no proceso electoral en curso participando nunha campaña internacional de apoio por parte de distintas organizacións políticas da esquerda europea.

A eurodeputada de AGEe fixo parte desta campaña destacando a esperanza de que a vitoria de Syriza en Grecia sexa "a vitoria de todos os pobos do sur de Europa que estamos a sofrer as consecuencias dunha débeda que está a destruír os nosos servizos públicos, os nosos postos de traballo, que está a destruír as nosas vidas"[1], e desexou "todo o mellor para a vitoria de Syriza e a vitoria de tódolos pobos de Europa".

Atenas, 19 Xaneiro 2015.


[*] Lidia Senra, eurodiputada, da Alternativa Galega de Esquerda en Europa, no Grupo Confederal da Esquerda Unitária Europeia/Esquerda Nórdica Verde.

Máis información:
Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa-GUE/NGL | Tlf: 609 845 861 lidia.senra@europarl.europa.eu |

Información baseada na enviada por:
AGEe Europa
-ageeneuropa@gmail.com-
19 de janeiro de 2015 18:43
__________________________

Chomsky sobre Charlie Hebdo: Occidente esquece os seus propios crimes


O avogado Floyd Abrams tiña razón cando describiu o ataque contra a redacción de "Charlie Hebdo" como "o asalto máis amenazante sobre o xornalismo na memoria viva". O problema reside en que Occidente esquece os seus propios crimes, subliña o lingüista e filósofo estadounidense Noam Chomsky.

"A razón ten que ver co concepto de -memoria viva, unha categoría construída cuidadosamente para incluír Os seus crimes contra Nós mentres escrupulosamente excluímos Os nosos crimes contra eles. Estes últimos non son crimes, senón nobre defensa dos valores máis altos", explica Chomsky a lóxica do Occidente.

Chomsky recorda que en abril de 1999 as forzas da OTAN realizaron un masivo ataque aéreo contra a emisora serbia RTS que resultou na morte de 16 xornalistas en Belgrado. O portavoz do Pentágono, Kenneth Bacon, dixo entón nunha conferencia en Washington que "a televisión serbia é unha parte importante da máquina da morte de Milosevic, igual que o seu Exército" e, polo tanto, un obxectivo lexítimo de ataque.

"Non houbo manifestacións ou gritos de indignación, non houbo gritos de -Somos RTV-, non houbo investigacións sobre as raíces do ataque contra a cultura e a historia cristiá. Pola contra, o ataque foi encomiado pola prensa. O prestixioso diplomático estadounidense Richard Holbrooke, entón enviado a Yugoslavia, describiu o ataque contra RTV de enorme importancia e desenvolvemento positivo. Esta idea foi compartida por outros", escribe Chomsky nun artigo citado por CNN.

"Canto máis culpamos aos nosos inimigos dalgúns delitos, maior é a indignación; cando maior é a nosa responsabilidade nun crime -e, polo tanto, canto máis podemos facer para poñerlle fin-, menor é a preocupación, tendendo ata a esquecelo ou a negalo", resume o filósofo.

Fonte: RT. | 19.01.2015 | LibreRed.net.

Fotograma da sé da radiotelevisión estatal serbia en Belgrado, Yugoslavia, despois do bombardeo da OTAN en 1999 ©APGraphicsBank. [Amnistia Internacional - 2009]
_______________

domingo, xaneiro 18, 2015

Ferrol Detroit, ... Por Emilio Martinez


Cursaba segundo de carreira a primeira vez que fun a Ferrol. Vai disto para trinta anos. Eran os anos da mal chamada política de reconversión industrial, os anos das folgas xerais, das manifestacións pola situación do naval en Vigo e en Ferrol. Teño daquela primeira visita gravada a imaxe da inmensa grúa pórtico que presidía ASTANO. A imaxe que tantas veces se veu nos medios de comunicación polas tantas protestas nas que foi escenario. A mal chamada, repetimos, reconversión industrial, trouxo unha estela de siglas que nomeaban plans de futuro para a comarca de Ferrolterra: a ZUR, Zona de Urxente Reindustrialización, ZID, Zona Industrial en Declive… plans con subvencións de todo tipo, incluídos os bálsamos en forma de xubilacións anticipadas para anestesiar a sociedade. Tantas veces mais preocupada no hoxe que no mañá.


Por Emilio Martínez [*]
18.01.2015


Fai uns meses a prensa facíase eco da situación de decadencia de Detroit, a capital estadounidense da industria do automóbil. A cidade estaba, está, en bancarrota, como consecuencia da caída de poboación, da perda de emprego nunha industria afectada pola competencia internacional…  sona coñecido, non?. Temos o noso propio Detroit, aquí, tan cerca…

Fai uns días a prensa facíase eco da situación de emerxencia social en Ferrolterra: centos de persoas teñen que acudir a comedores sociais se queren un prato quente, teñen que vestirse en roupeiros de organizacións de caridade, que teñen que recorrer a prácticas ilegais, como o furtivismo, se queren ten un euro no peto… E en Ferrol dinme que iso é unha parte, a punta o iceberg , da perda de emprego, dos contratos precarios, dos salarios tan baixos que non permiten subsistir a unha familia, do peche continuo de comercios, tal visible cun simple paseo…

ZUR, ZIP… o último plan estratéxico pagado pola consellería de Economía, que eu coñeza , durante o goberno de coalición PSOE-BNG, realizado polo afamado Boston Consulting Group… cales son os resultados?. Cantas veces non se venderon á xente de Ferrol e da súa comarca promesas de futuro…?. Vemos en que quedaron.

Tal vez por ese apego persoal, tal vez porque na última visita quedei  abraiado ante a decadencia do Ferrol Vello, tal vez porque como cidadán non podo crerme que as cousas pasen por que si, hoxe é un momento tan bo como calquera outro para esixir responsabilidades.

É certo que a economía ten as súas lóxicas e que estas atenden pouco ás persoas. Cando menos na economía imperante. É certo que as políticas industriais son asunto controvertido e os éxitos non son menos dos que os informes prometen É certo que non existen brevaxes máxicos de desenvolvemento económico, e que a labor precisa de tesón, de coherencia, de análise, e de moita sorte…

Pero no caso de Ferrol, logo de todos os plans e logo de centos de millóns en subvencións algunha explicación sería necesaria. Non coñezo si existen avaliacións do impacto, dos resultados, das subvencións concedidas ao longo destes vinte cinco ou trinta anos. Moito  me temo que estas non existen, ou si existen son na forma deses informes anuais tan dados a contarnos o ben que vai todo. Eses informes que tanto gustan aos cargos institucionais, e que tanto demostran que para eles o importante é a foto de inauguración. Aínda que ao pouco a empresa, financiada con cartos públicos, peche. Sen cámaras presentes. Sería interesante facer ese balanzo de trinta anos e ver quen foi o beneficiario das cuantiosas axudas… tal vez nos sorprendéramos.

Ferrol e a súa comarca son o símbolo da incapacidade dos sucesivos gobernos, en Santiago de Compostela e en Madrid, para articular unha política coherente que permitira a reconversión industrial. Unha verdadeira reconversión industrial, no senso orixinario da verba, que permitira a pervivencia económica desas terras nas que tanto saber facer se acumula. Sair dunha situación de declive industrial é difícil, pero non imposible. Non está tan lonxe o exemplo do País Vasco, que soubo facer fronte a unha crise industrial estrutural mediante un conxunto de políticas intelixentes de adaptación aos mercados, políticas tecnolóxicas e de innovación, promovendo a colaboración entre competidores para facelos mais competitivos no mercado global. E á vez aproveitar as posibilidades que abría a reubicación das empresas industriais para desenvolver plans de rexeneración urbana e poñerse promover o turismo.

En Ferrol, pola contra, seguramente atopémonos  diante dun catálogo de prácticas inconsistentes, mais pensadas para a galería, cando non para o lucro dos próximos. Políticas e decisións centradas no quedar ben a curto prazo, pero moi difusas no que se refire á procura dun cambio estrutural, no impulso da transformación dun entorno en crise nun entorno atractivo para o investimento. Solucións estas que precisan de formulacións a longo prazo, e de constancia, algo que parece moi lonxe da práctica de dirixentes mediocres. Dirixentes alonxados das necesidades das persoas, dirixentes para os que as persoas non son mais que un mal necesarios unha vez cada catro anos. Unha casta de políticos que lle ten feito mais mal a este país que a dura competencia que significan os mercados globalizados.

[*] Emilio Martínez Rivas, (Santa Uxia de Riveira, 1965) foi presidente da Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento entre os anos 1998 e 2005. Profesionalmente estivo ligado á xestión de innovación na Universidade de Santiago de Compostela e foi director xerente da S. A. para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia, entre 2006 e 2009. Na actualidade é vicexerente de Recursos Humanos na Universidade de Vigo. Como consultor ten participado na avaliación do I Plan Galego de Cooperación ao Desenvolvemento así como na identificación e formulación de distintos proxectos de cooperación. Ten publicado distintos artigos sobre esta materia en revistas como “A Nosa Terra”, “Tempo Exterior”, “Revista Galega de Emprego”.

Publicado en Galicia Confidencial. | 17.01.2015

Foto da antiga ASTANO, actual Navantia-Fene (Ría de Ferrol). | 2012.
______________