luns, decembro 14, 2015

A modernización do municipalismo galego pasa necesariamente pola integración das TI, ... Por Raúl Fernández Iglesias


Por Raúl Fernández Iglesias [*]
14.12.2015

As Tecnoloxías da Información (TI) supoñen unha oportunidade á vez que unha obriga e un compromiso para os nosos concellos. | A modernización do municipalismo galego pasa necesariamente pola integración das TI.

Son moitas as ferramentas das que nos dotan as TI para acadar unha administración eficaz e eficiente. As páxinas web institucionais, as redes sociais e todas as novas ferramentas que vaian aparecendo son elementos poderosos para espallar a nosa cultura, lingua e as posibilidades turísticas dos nosos concellos á vez que proporcionan información precisa da labor de goberno e actividades. Máis tamén hai outras moitas caras: os trámites e a propia xestión administrativa que xa non se entende sen as computadoras, a relación de todas e todas coa administración na realización de todo tipo de trámites dende o propio domicilio mediante a sede electrónica e os portais de transparencia onde publicar todo aquelo que da propia administración queren e deben saber todas e todos. Ademais son elemento ideal para levar a cabo unha verdadeira democracia participativa, un goberno compartido con toda a veciñanza.

A única nova competencia que establece a Lei 27/2013 para os concellos é a especificada no seu artigo 25.ñ, que determina como competencia municipal a promoción da participación de todas e todos no uso eficiente e sostible das Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC). Lémbranos isto que as TI teñen dúas caras, a da administración poñendo os medios de transmisión e comunicación pero tamén a das propias persoas que precisan estar capacitadas para a recepción de información e a comunicación coa administración, sendo responsabilidade desta procurar a eliminación da fenda dixital.

As TIC facilitan unha administración transparente, organizada e áxil na súa resposta. A estas alturas nin se pode nin se debe obrigar á presenza física para a realización de xestións e as propias leis dotan de dereitos á veciñanza neste senso. Un dos perigos nos que habitualmente cae a administración é obrigar a que un tramite só se poida facer de xeito telemático, obviando que hai moitos sectores da poboación que nin teñen coñecementos tecnolóxicos nin dispoñen de medios materiais para facelo, co consecuente custo económico dun tramite administrativo que ten que ser gratuíto, aumentando a fenda dixital e a desigualdade no acceso á administración. Compre pois poñer a disposición por unha banda de posibilidades formativas as que acollerse e por outra servizos de asistencia onde poder facer eses trámites. Non se pode negar que si a información chega electronicamente, será moito mais doado, barato, eficaz e eficiente o seu procesamento, permitíndolle ademais aos concellos aforrar recursos humanos e materiais que se poden asignar a outras tarefas nas que o trato humano e directo sexa máis necesario.

Non se nos escapa que a día de hoxe moitos concellos non reúnen nin as capacidades técnicas nin as económicas para afrontar todos estes retos. É por elo indispensable a intervención do Goberno de Galiza, non solo como coordinador de procedementos senón tamén como base de apoio para aquelas entidades que non dispoñan dos medios nin dos coñecementos precisos para levalos a cabo.

A rede "Rede Dixital da Sociedade da Información" creada polo nacionalismo no seu paso polo goberno do país era ferramenta indispensábel para a formación e alfabetización dixital de persoas e empresas locais, ademais da dinamización de todos estes axentes sociais. A volta do partido popular á Xunta trouxo como consecuencia unha labor sistemática de deconstrucción da que non se librou esta Rede e, despois de dous anos pechada con moita presión social para a súa reapertura, creouse a Rede CeMIT na que de unha cobertura prácticamente de toda Galiza pasamos a menos de cen centros e solo a metade subvencionados. É urxente pois que estas aulas cubran todo o territorio e que se faga unha labor de dinamización indispensábel para que haxa unha implicación efectiva de todos os axentes sociais.

Por outra banda, a implantación de software libre e de código aberto na administración local implica beneficios tales como un aforro importante de medios económicos, aínda que cómpre lembrar que libre non significa gratuíto. Como efectos complementarios, e quizais aínda máis importantes, imos ter ferramentas informáticas na nosa lingua, sen depender de multinacionais que funcionan a golpe de talonario, e ademais as empresas locais do sector serán beneficiadas e poderán traballar nas aplicacións para adaptalas as novas normativas e posibles melloras na xestión. Os formatos de datos abertos eliminarán a dependencia de aplicacións pechadas e propietarias.

As TIC van ser importantes na labor de apoio a economía local xa que abrirán novos mercados de negocio para a produción e empresas locais, á vez que serán parte importante na definición de nichos de negocio non existentes até o de agora. O coñecemento é a baza máis importante para competir con outros mercados nos que é imposible facelo nos produtos comúns.

[*] Raúl Fernández Iglesias, Lugo, 1955. Enxeñeiro en Informática pola Universidade da Coruña onde reside. Cursou tamén estudos de Enxeñería Industrial na Universidade Politécnica de Madrid.

 Traballa na Fegamp onde é Coordinador de actas e informes ademais de responsábel das Tecnoloxías da Información e Comunicación.

 Participou do movemento veciñal no que ostentou o cargo de Presidente da Asociación de Veciñas/os de Monte Alto.

 Na actualidade é o Responsábel Local do BNG da Coruña e forma parte, entre outras, da Comisión de Análise Local do Parlamento de Galiza.

Fonte: Terra e Tempo | 14.12.2015
__________

Enlaces relacionados:

Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia - OSIMGA:
http://www.osimga.gal/

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia - AMTEGA:
http://amtega.xunta.gal/

Enlaces de interese:
Software Libre:

GNU Operating Sistem:
http://www.gnu.org/philosophy/free-sw.gl.html

Galipedia:
https://gl.wikipedia.org/wiki/Software_libre

Distribucións Linux:
https://es.wikipedia.org/wiki/Anexo:Distribuciones_Linux

O sitio web DistroWatch:
http://distrowatch.com/
__________________

domingo, decembro 13, 2015

As Marchas da Dignidade de Ferrolterra van participar hoxe na Manifestación Comarcal polo Emprego en apoio do Naval - Ferrolterra Esixe Solucións


As Marchas da Dignidade de Ferrolterra imos participar hoxe domingo 13 de decembro, na Manifestación Comarcal polo Emprego en apoio do Naval, que convocan os comités de empresa de Navantia-Fene e Navania-Ferrol, así como os delegad@s de persoal e membros de comités das compañias auxiliares.

Unha grande Manifestación Comarcal en Defensa do Naval. Ferrolterra Esixe Solucións. Que saírá sobre ás 12 do mediodía desde o Inferniño de Ferrol.

As Marchas da Dignidade de Ferrolterra imos para demandar emprego, un plan comarcal de choque contra o paro, nuhas comarcas que están cun elevado índice de desemprego, moi por encima da media estatal e galega.

Á RÚA QUE XA É HORA - PAN , TRABALLO E TEITO !!

MARCHAS DA DIGNIDADE FERROLTERRA

Telefono e Correo-e de Contacto:

602 587 531

marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com

Sitios na Rede:
Ferrolterra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/
Galiza: http://marchasdadignidade.blogspot.com/
Estado: http://marchasdeladignidad.org/

Redes da Columna Galega:
https://twitter.com/galizaMarcha22M
https://www.facebook.com/MarchasDignidade
https://www.facebook.com/groups/265451853621237/
https://www.youtube.com/channel/UCBGNk1PF297Qdm33jbX_esg

Perfil de facebook das Marchas da Dignidade de Ferrolterra
:
https://www.facebook.com/marchasdadignidade.ferrolterra
_________

Enlace relacionado: Manifestación Comarcal en defensa do Naval - Ferrolterra Esixe Solucións - Domingo 13 de Decembro, ás 12 do mediodía desde o Inferniño | Acceder.

_______________

sábado, decembro 12, 2015

No Natal chega O Apalpador a Ferrol - 4ª edición do concurso escolar 'Coñecendo ao Apalpador' - Ruada de Artábria - Cantiga sobre o Apalpador, interpretada por Malvela - Vídeo, Letra e Enlaces


O 20 de Decembro, ás 16:30hs, comezará a Ruada do Apalpador, desde o Centro Social de Artábria de Esteiro, na Travesa de Batalhons, nº7, pasando polas rúas do próprio Esteiro e do bairro da Madalena.

A Concellería de Cultura colabora coa Fundaçom Artábria nun concurso de debuxo escolar sobre a figura do Apalpador. | Dirixido a todos os centros educativos do municipio en tres categorías de 3 a 12 anos para a difusión dunha personaxe mítica do Nadal galego.



O concelleiro de Cultura, Suso Basterrechea, presentou hoxe a 4 edición do concurso escolar 'Coñecendo ao Apalpador', en colaboración coa Fundación Artabria, para a difusión e o coñecemento entre a comunidade educativa da figura do xigante carboeiro do Courel, enraizado na tradición galega como unha personaxe mítica do Nadal.

Será a través dun concurso de debuxo entre os centros educativos do municipio con tres categorías en función da idade dos alumnos, de 3 a 5 anos, de 6 a 8 e de 9 a 12. Para participar, deberán remitir os seus traballos a sede da Fundación (Travesía de Batallóns, 7, baixo en Ferrol) en tamaño A4 antes do 23 de decembro.

O concelleiro de Cultura, Suso Basterrecha, manifestou que este certame escolar responde ao interese, cada vez maior, por coñecer o que rodea a unha figura do Nadal netamente galega, e que irá visitando aos nenos dos colexios que o soliciten en contacto coa Fundación.

Un xurado formado por dous membros da directiva da Fundaçom Artábria, explicou hoxe en rolda de prensa Bruno Lopes, de Artabria, elixirá o traballo gañador en cada categoría e se anunciará o día 26 de Decembro a través da páxina web da entidade que organiza este certame de debuxo coa colaboración da concellería de Cultura.

A entrega do galardón aos nenos será o 2 de xaneiro no local de Batallóns. O premio consistirá nun lote de produtos relacionados coa figura desta mítica personaxe que encarna o Nadal galego. O nome do gañador publicarase na web de Artabria.

O Apalpador, a quen tamén se lle coñece polo nome de Pandigueiro, provén da comarca de Trives, en Ourense. Encarna a figura mítica dun carboeiro que, de acordo a tradición galega, baixa a noite do 24 ou 31 de decembro a tocar o ventre dos pequenos para ver se comeron suficientemente durante o ano, deixando unha chea de castañas e mesmo algún agasallo para desexarlles que teñan un bo ano.

Cantiga sobre o Apalpador, interpretada por Malvela

Interpretación por parte do grupo Malvela da cantiga que os pais e as nais cantaban antigamente ás crianzas ante a inqueda que lles provocaba a chegada do Apalpador, unha figura aínda descoñecida por moita xente que cómpre coñecermos. Fronte ás figuras ficticias consumistas figuras de tradición popular!


https://youtu.be/SqmiPznStgE


Letra

Vaite logo, meu meniño (miña meniña)
marcha agora para a
que vai vir o Apalpador
a apalparche a barriguiña

Xa chegou o día grande
día do noso Señor.
Xa chegou o día grande
e virá o Apalpador.

Mañá é dia de cachela,
que haberá gran nevarada
e há vir o Apalpador
cunha mega de castañas.

Por aquela cemba
xa ven relumbrando
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo.

---

Para saberdes máis sobre o Apalpador:
http://www.apalpador.com/

Canle Cancións en Galego:
https://www.facebook.com/cancionsen.galego

Fontes: Fundaçom Artábria, Concellaría de Cultura do Concello de Ferrol e Propia.
____________

ADEGA cuestiona o novo baleirado artificial do humidal protexido da Frouxeira, no concello de Valdoviño


ADEGA cuestiona o novo baleirado artificial do humidal protexido da Frouxeira. | Alterar a dinámica natural a golpe de escavadora, para salvagardar un paseo marítimo mal deseñado. | Ferrolterra - Valdoviño.


No outono recárganse os humidais e chegan as aves invernantes. Mais na lagoa Frouxeira o que retornan son as palas mecánicas á praia para a abrir a lagoa e evitar a inundación dun paseo marítimo que nunca debeu ser construído e menos aínda autorizado. Como consecuencia altérase cando non se destrúe a barreira litoral, provocando o desaugadoiro da lagoa, e o inicio dun longo período de aridez no humidal xusto cando máis auga debería conter. Este comportamento contrario ás tendencias naturais provoca unha grave afección sobre o estado de conservación dos hábitats e as poboacións de flora e fauna acuática, así como sobre a estrutura e o funcionamento ecolóxico deste humidal.

Para lexitimar este proceder, a Xunta aprobou un Plano de Conservación (Decreto 30/2015), con ben pouco rigor científico e técnico, e cuxas determinacións resultan, na nosa opinión, contrarias aos acordos internacionais que amparan a protección dos humidais (Convenio Ramsar), así como á normativa europea (Directiva Hábitats), estatal (Lei 42/2007) e galega (Decreto 127/2008; Decreto 37/2014). A aprobación deste Plano realizouse ademais sen o apoio das organizacións ambientalistas e sen o aval das universidades e centros de investigación galegos.

Nada máis aprobado, o Plano de conservación do humidal foi xa incumprido pola Xunta de Galiza: as plantas exóticas invasoras seguiron medrando sen control, mentres que superficies ocupadas por hábitats prioritarios foron rozadas. Os usos públicos tampouco melloraron: séguese permitindo a circulación e aparcadoiro de vehículos sobre hábitats moi sensibles e tolerando a presenza de cans soltos sobre o sistema dunar e o humidal en época de cría de especies protexidas.

Porén, a actuación máis agresiva consiste no baleirado artificial con maquinaria pesada dunha lagoa con 5 figuras de protección ambiental, xestionada pola Xunta como un estanque urbano. O espectáculo deste ano foi ademais bastante chafalleiro: os técnicos da Xunta iniciaron a apertura este pasado día 4, contravindo os criterios fixados no Decreto 30/2015. Alterouse a barreira litoral e tratouse de emendar o erro abrindo unha nova canle ao día seguinte (e van dúas), que tampouco se axusta ás especificacións establecidas no Plano de Conservación!

Todas estas “actuacións”, cun custo de milleiros de euros, por non falar dos impactos ambientais, serían innecesarias se as administracións remodelaran un paseo marítimo mal executado, asumindo as súas responsabilidades (a repartir entre o concello de Valdoviño, a Xunta e a Dirección Xeral de Costas) na nefasta planificación urbanística na Frouxeira. Facer que os usos urbanos (un paseo mal construído e unhas vivendas que nunca deberon ser autorizadas) prevalezan sobre a conservación dun espazo natural multiprotexido, e non reverter os erros cometidos amosa o escaso compromiso das administracións coa nosa biodiversidade, precisamente agora que no Cumio do Clima de París estase a destacar a importancia de conservar as zonas húmidas para loitar contra o cambio climático.

Novas relacionadas:
  • A Xunta mete outra vez as escavadoras na Frouxeira, pasando por riba de seis figuras de protección. | Ir á Web.
  • Plano de conservación da lagoa e humidal de Valdoviño: outra oportunidade perdida. | Ir á Web.
  • O plano de conservación da Frouxeira confirma a nefasta xestión da Xunta: Primeiro o urbanismo e despois a natureza. | Ir á Web.
Enlaces relacionados:
Fonte: ADEGA - Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza | Travesa dos Basquiños, 9 - baixo - 15704 Santiago de Compostela | Teléfono: 981 57 00 99 // Fax: 981 57 00 99 // E-mail: adega@adega.gal. |  http://adega.gal/.

Delegación de Ferrolterra-Trasancos. | Apartado 481 - 15480 Ferrol | adegatrasancos@adega.gal | Local de Xuntanzas, no Centro Cívico de Caranza - Segundo Andar.

Enviado por:
Antonio Gª
-angaji@yahoo.com-
11 de dezembro de 2015 17:57

____________________

venres, decembro 11, 2015

Hoje fum ver a um velho e bom amigo, ... Por Inácio Martínez


Por Inácio Martínez [*]

11.12.2015

Hoje fum ver a um velho e bom amigo. Chama-se Tono. Já hai anos que está jubilado. Vexo-o a miudo polo hospital, por urgências e ingressado. Os anos e a vida nom perdoam. Mas a sua vitalidade está na consciência de classe, mas também é um galego de prol. Todas as manháns para por "Toñito" o café-bar do Mercado de Caranza. Tem a funçom, nom assalariada, de levar os jornais e abrir o local para acender a cafeteira. É um costume de hai muitos anos e da-lhe acolho, pois por circunstáncias da vida passou muitos anos fazendo vida num pequeno local próximo que antes foi sede da cooperativa onde trabalhava. Cousa que eu ignorava, senom nom tivera deixado que isso passa-se. Sempre que nos vemos falamos do passado, pois muitas luitas e acçons compartilhamos. O sindicalismo e a política é o seu forte. Mas a luita ideológica cos clientes do café-bar é umha constante na sua vida, todo o mundo sabe que com el nom hai trégua que valha. Toda manifestaçom antigalega, antiobreira, homófoba, machista, xenófoba, ... vai ter umha contestaçom pola sua parte, é um reto incansável cheio de argumentos e exemplos. Todas as manháns devora os xornais e quita as suas análises e conclussons. Sabe todas as merdalhadas do PP e conhece bem quem é Ciudadanos. Falamos das últimas noticias e destaca a entrevista que sae publicada hoxe na Voz de Galicia ao poeta e candidato por "En Marea" por Lugo Miguel Anxo Fernán Vello, onde di que "Nós non é unha forza inimiga, eu ás veces digo que é unha candidatura irmá", simpatiza coa  frase e a pessoa. Onte mesmo leia que Yolanda Díaz, manifestava que iam constituir grupo parlamentário próprio com "Nós Candidatura Galega". Boa táctica eleitoral. As companheiras e Companheiros de "Nós" deveriam fazer o mesmo, nom dar pé a que os titulares de prensa recolham, em muitas ocassons, os desencontros ou as críticas à xente de "En Marea". Isso resta votos e credibilidade. Colaborar e compartilhar para construir a unidade popular é algo que demanda a maioria da gente de esquerdas neste país, sexa nacionalista ou só galega. O meu amigo, sem que eu lhe dixera nada, dixo-me "já sei que ti apoias a 'Nós' ainda despois de todas as que nos figerom, eu também som de 'Nós', mas nom tenho mais remédio que votar, a voto útil, a maioria que quere o cambio e botar ao PP do poder, vai votar a Pablo Iglesias", segue dizindo, "... mesmo a minha sobrinha comparte por todas partes, e polo WhatsApp, o último minuto do debate a quatro, que é o que entende e quere a gente. Por isso vou votar por 'En Marea e Podemos', sinto-o". Era no momento de despedir-nos. E isto fixo-me reflexionar. A el nom lhe chega a mensagem de "Nós", o apagom informativo é umha realidade, agás algumhas entrevistas e debates em horas de pouca audiência, polo demais as novas que falam algo de "Nós" som coa mensagem sesgada ou descontextualizada. Ou polo que dim outros, que nom soe ser moi positivo. A "Nós" só lhe queda activar á militáncia no boca a boca, mas bem armada de argumentos, nom de despeito contra Beiras ou contra "os outros" co nefasto argumento de "que som moi espanhois". Tenho uns dias para convencer a Tono do útil do Voto a "Nós Candidatura Galega". Mas como nom redobremos esforços o assunto está moi complicado. E o Povo Trabalhador Galego e Galiza, necessitam que "Nós" estexa presente no Parlamento Espanhol. Trabalhemos para isso, com conviçom, com força, com vontade, mas sobre tudo com argumentos. O trabalho boca a boca torna-se indispensável. Saúde e Liberdade !

---
[*] Inácio Martínez Orero, Ferrol 1955, membro do Colectivo Ártabra 21, participa em Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra e nas Marchas da Dignidade.

Enviado:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
9 de dezembro de 2015 01:43
___________

Desmontando a Sanidade pública: todo atado e ben atado, ... Por Pablo Vaamonde

Por Pablo Vaamonde [*]
11.12.2015


Nesta campaña electoral os candidatos non falan da saúde. E deberían. O PP para informar do que fixo cos servizos sanitarios e os demais para pedir explicacións. A sanidade pública é un elemento básico do Estado de benestar; desde que o PP accedeu ao poder sufriu o maior ataque da súa historia. Nestes catro anos aplicaron con rigor unha estratexia destinada a desmantelar o sistema sanitario público para crear espazos de negocio ás empresas afins e ás grandes multinacionais do sector.

A primeira medida nesa dirección adoptouna o PP nada máis chegar ao poder central. En abril de 2012 (tres meses despois da toma de posesión) publicou no BOE o funesto RDL 16/2012 -o que fai sospeitar que ese texto xa estaba escrito cando Rajoy prometía nos mitins que non tocaría a sanidade nin as pensións-. Esa norma introduciu copagos en sanidade, excluíu medicamentos do financiamento e excluíu persoas da sanidade pública: aos inmigrantes e ás persoas que teñen estancias no estranxeiro superiores a 90 días. Este apartheid sanitario é unha decisión inxusta, inhumana, perigosa e inútil: non produce ningún aforro económico e provoca un enorme sufrimento persoal e colectivo -ademais de significar un risco para a saúde pública-. Esta lei atopouse, desde o principio, coa oposición de moitos profesionais -que fixemos obxeción de conciencia-, e de todos os grupos políticos (excepto Cidadáns). O goberno central aplicouse con rigor neste retorno ao pasado. Levounos a un tempo preconstitucional: as persoas xa non temos dereito á atención sanitaria pola nosa condición de cidadáns senón en canto esteamos asegurados. O dereito á sanidade volve estar condicionado pola cotización previa.

Mentres tanto as CCAA no seu poder continuaron coas políticas xa iniciadas anos atrás: recortes e privatizacións. A disminución do gasto sanitario nas CCAA chegou ao 21% e pasou do 6.8% do PIB en 2008 a representar o 5.9% en 2013. En 2015 o sistema sanitario público ten 55.000 traballadores menos (con menos salario, peores condicións laborais e maior precariedade -10.300 médicos/as e 6.500 enfermeiros/as fuxiron ao extrenjero-) mentres as empresas sanitarias conseguiron manter e ata aumentar os seus beneficios a costa dos orzamentos públicos. Numerosas áreas relacionadas coa sanidade (limpeza, cociña, mantemento, loxística, tecnoloxía, etc) pasaron a mans privadas (en concesións para anos, o que fai máis difícil o seu rescate) e, ademais, xa sabemos -por un informe da FADSP- que a construción de novos hospitais mediante a colaboración público-privada incrementou o custo, o nivel de endeudamento e favoreceu a corrupción; moitos deses centros teñen problemas legais e os novos gobernos das CCAA estudan fórmulas para rescatalos.

Todas estas medidas non son consecuencia da crise, non son equivocacións nin decisións tomadas en contra da súa vontade: obedecen a unha estratexia deseñada polo PP (en connivencia cos grandes lobbys sanitarios) durante os anos de oposición e aplicada agora con todo rigor en busca dun obxectivo: conseguir que a saúde sexa un negocio e non un dereito dos cidadáns. Por iso, no seu último mes de mandato, o goberno de Rajoy aprobou (procurando pasar desapercibido) tres iniciativas de gran importancia na política sanitaria e que poden condicionar o futuro do sistema público. Aprobaron a desgravación fiscal para os seguros privados (unha medida moi demandada polo sector), asinaron un acordo con Farmaindustria para garantir o gasto farmacéutico ligándoo ao incremento do PIB e recorreron e paralizaron a decisión do novo goberno valenciano de devolver o dereito á atención sanitaria aos inmigrantes sen papeis. O que pretenden con estas decisións é deixar o futuro atado e ben atado -tal como fixo Franco-, para que os próximos gobernantes non teñan máis remedio que seguir o camiño trazado. Haberá que buscar fórmulas para evitar ese destino. A saúde dos nosos fillos e dos nosos netos depende diso.

Blogue persoal de Pablo Vaamonde:

Pavillón de Repouso

http://pablovaamonde.blogspot.com.es/

[*] Pablo Vaamonde Garcia, nado na Baña en 1956. É médico de familia no Centro de Saúde de Labañou (A Coruña). Foi fundador e director da revista médica Cadernos de Atención Primaria (1994-2005), presidente da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC) de 1996 a 2005 e vicepresidente do Colexio Oficial de Médicos de A Coruña e responsable do Programa de Formación Continuada de 1998 a 2005. Foi director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas entre 2005 e 2006. Tamén foi membro da Comisión Sectorial de Sanidade que elaborou o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, colaborador habitual dos medios e autor de tres libros de narrativa: O fillo do emigrante (2002), O mes de abril (2004), Luz Divina e outros retratos (2006). Recibiu o Premio Lois Peña Novo en 2005, polo seu compromiso na promoción e defensa da língua de Galicia e é colexiado de Honra con Emblema de Prata (2007) do Colexio Oficial de Médicos da provincia de A Coruña.

Publicado no seu Blogue persoal | 10.12.2015.
______________

xoves, decembro 10, 2015

Declaración institucional da Confederación Intersindical Galega ante as Eleccións Xerais do 20 Decembro

DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DA CIG DIANTE DAS ELECCIÓNS XERAIS DO 20 DE DECEMBRO AO PARLAMENTO ESPAÑOL.

O próximo día 20 de decembro vanse celebrar eleccións ao Parlamento español que, dependendo de cal sexa a correlación das forzas que saquen representación para o mesmo, así como da propia representación que obteña o nacionalismo galego, van afectar ás nosas vidas dunha maneira máis positiva ou máis negativa, en todo o que ter que ver coas nosas condicións económicas, laborais e sociais e tamén coa nosa capacidade reivindicativa como clase traballadora e como pobo.

Desde que estourou o forte da crise económica, a inicios do 2008, até a actualidade, temos asistido a un conxunto de políticas económicas, sociais e laborais, promovidas desde instancias europeas (CE, BCE, FMI) e executadas polo Goberno español e a Xunta de Galiza, que supuxeron un importante retroceso na calidade de vida, nos dereitos laborais e sociais e mesmo nas liberdades públicas, para a maioría da sociedade. No caso da nación galega, esta situación veu acompañada de novos recortes na nosa capacidade produtiva (naval, pesca, leite, enerxía eólica...), na perda do noso sector financeiro, no retroceso na cobertura e na calidade asistencial dos nosos servizos públicos, no recorte en políticas de igualdade, no agudizamento do fenómeno da emigración, na caída dos salarios e o incremento da precariedade laboral, na perda de poboación e no seu avellentamento, etc.

Toda esta situación, que tan negativamente nos afecta como clase traballadora, ten culpábeis. Por unha banda, un modelo económico, o capitalismo neoliberal, profundamente inxusto e antidemocrático, que fomenta a sobreexplotación da clase traballadora, as desigualdades sociais e a acumulación de riqueza e poder nunha minoría, a oligarquía financeira (os donos das grandes empresas e dos grandes bancos). Por outra banda, unhas institucións políticas e financeiras (CE, BCE, FMI,..) e unhas forzas políticas (PP, PSOE, CIUDADANOS, etc.) que gobernan por e para esa oligarquía financeira.

Esta situación pódese mudar, ten solucións e están nas nosas mans. Levamos anos mobilizándonos contra estas políticas tan antiobreiras e antigalegas, mesmo promovendo catro folgas xerais cunha importante participación en Galiza e numerosas mobilizacións nas empresas e nos servizos públicos. Agora debemos darlle continuidade a estes actos de protesta e mobilización coa acción do noso voto, impedindo que aqueles que son responsábeis desta perda de dereitos, de calidade de vida e da ruína de Galiza, podan seguir a gobernarnos, sexa coa careta vella (PP) ou coa nova (CIUDADANOS).

Pero ese cambio de goberno no Estado de pouco nos serviría a Galiza, ás súas clases traballadoras, se non conseguimos que exista, alí no Parlamento español, unha voz, como foi a do nacionalismo galego representado polo BNG nos últimos anos, que sen ataduras a estratexias españolistas, traballe, promova iniciativas e faga uso da palabra as veces que sexa preciso para defender os nosos sectores produtivos, as nosas infraestruturas, o noso medio natural, as nosas e os nosos emigrantes retornados, o dereito á negociación colectiva na nosa terra, a unhas pensións dignas, a un traballo e uns servizos públicos de calidade, a un aborto con garantías e sen restricións, a normalización do noso idioma e o dereito a exercer libremente a nosa soberanía como nación.

É o momento de actuarmos con coherencia e con dignidade. Non podemos deixar de exercer como galegos e como galegas o día 20 de decembro. Temos que votar pola nosa xente, por aquela candidatura galega que sabemos que vai estar connosco na rúa e no Parlamento español cando se trate de defender os nosos dereitos e os nosos intereses como nación galega e como pobo traballador. Depende de nós e só de nós.

Santiago de Compostela, decembro de 2015.

EXECUTIVA CONFEDERAL DA CIG
Confederación Intersindical Galega - CIG

Enviado por:
Confederación Intersindical Galega
-cig@cig-galiza.org-
10 de dezembro de 2015 19:29

________________

Coñezamos mellor o legado humano de Xosé Chao Rego: Pepe Chao Rego foille fiel á vida, ... Por Xaquín Campo Freire


Por Xaquín Campo Freire [*]
10.12.2015


PEPE CHAO REGO FOILLE FIEL Á VIDA


Agora que finou, a moitos revólvenos por dentro a pregunta: Quen foi realmente Pepe Chao Rego? A Pepe Chao fíxoo a vida. A actitude fundamental nel foi responderlle con sinceridade, con coherencia, con honestidade radical á vida en cada intre vital da súa existencia. E ese foi un dos seus meirandes méritos. Sempre se confesou profundamente crente, pero non crédulo. Por iso nunha lectura crente da existencia, pero profundamente crítica, soubo escoller e atinar nas encrucilladas da vida que lle tocou vivir ata o seu pasamento. E agora tamén. Correndo riscos ben dolorosos revisou sempre todo o seu ser e saber, e a súa creatividade, ao contraluz da realidade e da fe que para el, sen exclusións nin exclusivismos, estivo ancorada na revelación de Deus, no acontecer cotián de El da historia. De aí saíu ese inxente estudo sobre a Biblia. E de aí tamén un achegamento sincero as fonduras das outras relixións.

Partindo da vida, onde a vida o foi colocando, non se botou para atrás. Respondeulle a vida, profundando na vida real. Por iso, coma Mafalda, apeouse dos libros, pero lendo cada vez máis libros e escribindo novos libros, para revisar todo de novo desde a vida, para aprender de novo seguindo o método de Xesús de Nazaré e así descubrir o acontecer de Deus en cada persoa, en cada situación, en cada evento, no universo mundo. “Todo esta a xemer en dores de parto”(Rom 8,22). Aquilo do Irmán Roger de Taizé: Aprender a “vivir no hoxe de Deus”. Achegouse á vida, escoitou a vida, dialogou coa vida sen medos. E a vida foi a súa grande matria: Desafios de crecemento. Crises. Sufrimentos.. Non se botou para atrás nin se arredou. Non lle torceu a cara á vida en cada persoa concreta, en cada circunstancia real e concreta.

El viña, como ten dito, de ambientes cómodos e acomodados. Pero a vida foino interpelando e el tiña unha grande inquedanza, creatividade, ilusión e ansias dun mundo mellor. Implicarase moito precisamente no “Movemento por un mundo mellor”, do P. Lombardi.

Foise deixando conducir pola vida. Soubo dicirlle sempre si á vida. Participou activamente en canto movemento de renovación ía nacendo na Igrexa. Pero tamén os foi deixando axiña, na medida que ao analizalos non daban a vara de medir da xustiza e da sagrada liberdade e do respecto á persoa.

Foille fiel a Deus e ás súas criaturas, tendo como exemplo a Paco de Asís como el gostaba de chamearlle. Moito saboreou o libriño : "Sabiduría de un pobre”.

Para baixar á vida e ás realidades da vida real, empezando polos máis pobres, viviu en auténtica pobreza material e de entrega en silencio. Só os máis achegados, por convivirmos, soubemos ata que punto de pobreza chegou, non por gusto enfermizo, senón porque os pobres cos que convivía eran máis pobres do que el. Sabía que el sempre tiña uns resortes que os pobres non tiñan, aínda pasando a mesma fame ou necesidades vitais. Aí ían incluidos o amor e a amizade, nos que el era extraordinariamente rico. Pepe Chao desbordou afectividade, cariño, tenrura, boas formas, respecto e limpeza de alma. Pero tamén foi contundente cando percibía o asoballamento dos débiles. Daquela non calaba. E así lle foi. Probou a cadea.

Deixou o seu rol de “notable” para calzar as alpargatas da xente do pobo, nas casas, cos enfermos, cos que sufrían, e apuntouse aos feitos máis axeitados para responder con intelixencia, compromiso e efectividade. A xente dicíalle que era un inxenuo, que se aproveitaban del, que lle mentían, que o enganaban. “Prefiro enganarme dando unha comida demais, que deixar morrer de necesidade a alguén que un día chega a min con fame”.

Lembro aquela casa en Casquido, s/n, hoxe pechada e pouco coidada. Na porta do primeiro andar onde el moraba de aluguer, había un letreiro. “Está aberto. Estás na túa casa. Entra sen medo. Usa o que hai. E se tes fame ou sede sérvete ti mesmo se hai algo que che valla”.

Cando non estaba na casa penduraba da porta unha nota informativa: “Agora non estou. Volvo en x tempo”. “Se chegas á hora de comer partillaremos do que haxa”. E moitas veces non había nada. Daquela ía á tenda e traía uns bocadillos. Moitas veces ao fiado. Logo falábase e había alegría, amizade e esperanza. Eu vivín con el esas utopías. Realmente era un estilo sedutor. Prendeu en min. Claro que a saúde axiña empezou a pasar factura, o mesmiño, igualiño, que nas casas de moitos parroquiáns.

A xente sabía que pasaba fame. Traíanlle cousas, comida ou mesmo algunha lambetada. Pero aprenderon a chegar mesmo cando o vían entrar e facíanlle comer na súa presenza ao par que o acompañaban. Doutro xeito esas viandas collían destino inmediato cara onde había necesidades ben coñecidas del.

É preciso explicar, para os que non coñeceron esas épocas, que estabamos en tempos de posguerra, aínda case de racionamento, de fame, de familias moi numerosas, de emigración, de nenos deixados cos avós, etc. Aquela Galiza e España non eran as de hoxe, con todos os problemas que nestes tempos temos e coñecemos.

Os ingresos del estaban limitados a unha pequena nómina que recibía do bispado. O que recibía do templo volvía aos pobres e ao templo para as obras. Eliminou o cobro por actos de culto e as “clases” dentro da igrexa. Un letreiro dicía: “Con la venia del Sr. Obispo se han eliminado toda clase de aranceles en esta parroquia. Sabemos de la generosidad de nuestros feligreses que colaborarán en la medida de sus posibilidades para el sostenimiento económico de nuestra parroquia. Gracias”. E certamente o pobo tomou conciencia.

Por mais que nada se fai sen pagar prenda. Cando morría alguén, “poñer” varios curas no enterro era signo de honra para o defunto e de significación para os familiares diante da veciñanza. Unha forma falsa de fuxir da connotación de pobre.

Cando el dixo que os enterros serían cun sacerdote só, o párroco, houbo serias discordancias, desafíos e desobediencias. “Non todos somos iguais. Se nós queremos honrar ao noso familiar con cinco, seis ou os cregos que sexan, iso é cousa nosa e vostede non ten que meterse”. “Miren, dicíalles na misa do domingo, o bautismo e o matrimonio son sacramentos moi importantes. E fanse cun só sacerdote. O enterro non ten meirande precedencia nesa categoría. Daquela, por que non se pode facer cun só cura? Eu non lles cobro. Os que veñen, si. O único que coñece á familia e ao defunto son eu, que vos acompaño na enfermidade. Non vexo onde está o problema. De todos modos se vostedes se empeñan en traer outros sacerdotes de fóra, quer dicir que eu non son preciso ou que non teño valía dabondo para facelo. Daquela que o fagan todo eles, xa que son varios. Malo sexa que entre todos non saiban”. "Non. Vostede ten obriga de estar. É o párroco. Si pero se vostedes se empeñan en traer a outros quere dicir que eu non son competente dabondo para ese mester, por tanto que cumpran o encargo que vostedes lles están a facer xa que vostedes pagan e eles veñen cobrando. Teñen un contrato.”. Iso creou problemas serios na freguesía e e tamén cos cregos durante o primeiro ano. Incluso ten habido insultos por parte do “chamador” cando viñan avisar, como de costume, para ir a outras parroquias e se lles dicía que "non había tempo para ir aos enterros de xente que non coñecía, que xa tiñan cura na súa parroquia".

O seu enfoque pastoral partiu sempre da teoloxía da misión. Nunca fun proselitista. Pero si misioneiro, como ten dito de si mesmo.

Mandiá-Ferrol, 10 de Decembro de 2015.


[*] Xaquín Campo Freire [Xaquín da Roca],  Narón 1937, é un relixioso galeguista. Graduado social, ATS pola Universidade de Santiago de Compostela, a diplomatura en Xerontoloxía Social pola Universidade Complutense de Madrid e é licenciado en Teoloxía Pastoral Sanitaria, pola Universidade Camillianum de Roma dende 2005. É membro do consello de redacción da revista Encrucillada así como membro ordinario da AELG. Traballou de enfermeiro no PAC de Fene e de capelán de Residencia de Anciáns. Na actualidade é director do Centro de Acompañamento e Relación de Axuda e da Escola e Saúde e Centro de Escoita Activa Mons. Araúxo.

Pepe Chao (Xosé Chao Rego) - Bucador Google: Ir a Web.

Enviado por:
Xaquin Campo Freire
xaquinderoca@mundo-r.com-
9 de dezembro de 2015 11:36
Saudiños. Fóisenos Pepe Chao, o escritor de pro e o literato. Pero as profundidades do home Chao e o seu evoluir vital, fican máis na sombra. Cómprenos, polo menos aos de Ferrol, desvelar xa sen medos, como xurdiu de entre nós ese home. Un día liderei o recoñecemento del nese monólito: "Parque Xosé Chao Rego", en Santa Mariña. Hoxe vese ben que foi un acerto: Ese monumento está sempre cheo flores. Por algo será. Lástima dunha boa fotografía, cousa que eu non controlo. Por abril imos facer unha semana cultural arredor da súa figura. Que hai detrás? Un home e a súa obra que cómpren coñecérense mellor. Porque Galiza merece saber o máis posibel dos seus fillos. Unha aperta e bo Nadal. Xaquín Campo Freire.

_________________

A laxitude na regulamentación sobre organismos transxénicos na Unión Europea, unha esixencia dos EEUU para asinar o ACTI/TTIP - Dí Lídia Senra que "a Comisión Europea está a valorar unha estratexia para eludir os controis anti OXM's na UE" - Moi interesantes vídeos


Dí Lídia Senra que "a Comisión Europea  está a valorar unha estratexia para eludir os controis anti OXM's na UE". | A CE analiza a interpretación xurídica dalgunhas "Novas Técnicas de Reprodución" para valorar a posibilidade de excluílas da lexislación sobre OXM's. | A laxitude na regulamentación sobre organismos transxénicos na Unión Europea, unha esixencia dos EEUU para asinar o ACTI/TTIP.


Na última sesión da Comisión de Agricultura do Parlamento Europeo presentouse a través dunha audiencia de "expertos" a posibilidade de que algunhas das  Novas Técnicas de Reprodución (NTR) de alimentos nas que a Comisión Europea está traballando [1], podan ser consideradas NTR e non OXM [2] dende o punto de vista xurídico e, polo tanto, non ter que ser sometidas a unha regulación que se percibe máis esixente.

Trátase, polo tanto,  da interpretación dun texto xa existente, a Directiva Europea 2001/18/EC, polo que, segundo explicou a representante da Dirección Xeral para a Saúde e a Seguridade Alimentaria, a Comisión non terá que abrir ningún proceso de codecisión canda o Parlamento, ao non haber nova normativa. A Comisión prevé convocar "un grupo de expertos, ó Parlamento e ás partes interesadas" en  febreiro do vindeiro ano.

"O movemento labrego internacional leva xa máis de vinte anos funcionando colectivamente, e non é a primeira vez que vemos como pretenden presentarnos a alimentación transxénica como se non o fora, ou poñer trabas á súa identificación", lembrou a eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe) e titular na Comisión de Agricultura para o Grupo da Esquerda Verde Nórdica-Esquerda Unitaria Europea (GUE/NGL), Lídia Senra. "Non podemos permitir que nos poñan organismos xeneticamente modificados nos nosos pratos sen nin sequera respectar o noso dereito a sabelo e a poder elixir", argumenta a eurodeputada galega.

De avanzar esta estratexia impulsada polo lobby pro OXM's [3] e algúns Estados membro [4] , "se xuridicamente non se considera como transxénico un organismo modificado xeneticamente, este pode pasar a ser producido, distribuído, empregado e/ou consumido na Unión Europea sen verse sometido ao control da lexislación comunitaria", moito máis estrita que noutros territorios como, por exemplo, os EEUU.

E é precisamente esta falta de similitude entre EEUU e a UE na regulación dun aspecto tan sensíbel como o dos OXM's, o que está a supor un dos puntos problemáticos na negociación de tratados de libre comercio como o TTIP (Transatlantic Trade and Investment Partnership/Asociación Transatlántica de Comercio e Inversión), polo que Lídia Senra non desbota "a posibilidade de que precisamente a Comisión Europea estea a tantear a opción de rebaixar os controis sobre transxénicos para facilitar as negociacións e posterior aprobación deste tratado".

Por outra banda, a intención da Comisión de avanzar nunha alimentación deseñada polas grandes corporacións en substitución da propia Natureza, avogando polo desenvolvemento de novas técnicas de produción de alimentos en lugar de apoiar a agricultura labrega, "ten ademais o interese engadido de ampliar o mercado de patentes cas que se enriquecen as grandes multinacionais da alimentación; en detrimento do campesiñado, do intercambio de sementes e do traballo e a loita por desenvolvermos unha agricultura agroecolóxica que proporcione elementos sans e de calidade á poboación, avanzando ao mesmo tempo cara a consecución da soberanía alimentaria para os pobos, que é o único xeito de non estar sometidas ás corporacións internacionais para poder comer", sentenciou a eurodeputada galega.

Bruxelas, 9 de Decembro, de 2015.

Audiencia da Comisión de Agricultura: Novas Técnicas para o Fitomelloramento

Anexos da nova:

INTERVENCIÓN LÍDIA SENRA
https://www.youtube.com/watch?v=FHq7seGCqc4

INTERVENCIÓNS
Comisión Europea
https://www.youtube.com/watch?v=ihI7VOgqPyQ
e https://www.youtube.com/watch?v=e8YheZi1-xM

ENLACE Á SESIÓN COMPLETA
http://www.europarl.europa.eu/ep-live/pt/committees/video?event=20151201-1500-COMMITTEE-AGRI

Notas.-

[1] Máis coñecidas polas súas siglas en inglés NBT, New Breeding Techniques, son obxecto de estudio da Comisión Europea dende o ano 2007, no que se constitúe un grupo de traballo específico "para avaliar se unha serie de novas técnicas de cultivo poderían caer ou non dentro do ámbito de lexislación sobre organismos xeneticamente modificados: http://ec.europa.eu/food/plant/gmo/legislation/plant_breeding/index_en.htm

[2] Baséanse nunha interpretación particular da Directiva Europea 2001/18/EC, segundo a cal, dende o punto de vista do lobby das NTR, estas novas técnicas ben poderían ter sido desenvolvidas pola propia Natureza, inda que nunca teña sucedido nin haxa previsión de que suceda.

[3] Un dos principais responsabeis de impulsar esta revisión da interpretación lexislativa por parte da Comisión Europea é o lobby pro transxénicos albergado na NBT Platform, con sede en Bruxelas. Este grupo de presión recoñece que o seu principal obxectivo é conseguir que as NTR non sexan rexidas por leis sobre transxénicos, especificando a folla de ruta da súa interesada incidencia político-económica nos seus documentos. O presidente deste grupo de presión, Edwin Hecker, foi uns dos encarregados de trasladar a súa análise nesta  audiencia realizada pola Comisión de Agricultura do Parlamento Europeo.

[4] A Comisión apunta que a dúbida de se as NTR deben ser consideradas baixo a lexislación aplicada aos organismos xeneticamente modificados xurdiu a raíz das consultas dalgúns dos Estados membro no ano 2007: http://www.euractiv.com/sections/innovation-feeding-world/new-plant-breeding-techniques-innovation-breakthrough-or-gmos

Máis información:
Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) | lidia.senra@europarl.europa.eu | http://ageuropa.gal/ | https://www.facebook.com/LidiaSenraRodriguez.


Enviado por:
SENRA RODRÍGUEZ Lidia OFFICE

-lidia.senra-office@europarl.europa.eu-
2 de dezembro de 2015 17:00
__________

Hoxe, xoves día 10 de decembro, presentación en Ferrol do Nº 39 da Revista "Razón Socialista" - A revista de Fuco Buxán con máis de 20 anos de historia


PRESENTACIÓN REVISTA RAZÓN SOCIALISTA Nº39

O xoves día 10 de decembro ás 19,30 horas, na Galería Sargadelos, terá lugar a presentación do Nº 39 da Revista semestral da Asociación Cultural Fuco Buxán, en cuxa portada figura o epígrafe:

"20 DECEMBRO 20015 / POÑER FIN AO SAQUEO É POSIBLE: DE TI DEPENDE".

Entre os invitados que confirmaron a súa presenza na mesa, figura Gonzalo Diz, Candidato compostelán ao Congreso polo PSdeG e articulista na presente edición de RS. Por Fuco Buxán, acharanse presentes a Presidenta da Asociación, Mª Teresa Martínez Vilariño e o Director da publicación, Manuel A. Cendán Dopico. O acto ten carácter público e está convidada a toda a cidadanía.


--
Web oficial:
http://www.fucobuxan.net
Blog Escolma das Razóns:
http://escolmadasrazons.blogspot.com.es/
Blog Pensamento Crítico:
http://opinionsfuco.blogspot.com.es/
Facebook:
http://www.facebook.com/pages/Fuco-Bux%C3%A1n/118931821452749
Twitter:
http://twitter.com/FucoBuxan
Google+:
https://plus.google.com/u/0/108716477794009532670/posts

Fuco Buxán, A. C.
Rúa Armada Española, 32 baixo- 15406 - Ferrol
Apartado Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telefono. 981325492
www.fucobuxan.net
fucobuxan@yahoo.es

Enviado por:
A.C. Fuco Buxán Fuco Buxán
-fucobuxan@gmail.com-
9 de dezembro de 2015 14:36
________________

Acto Central en Ferrol de "Nós Candidatura Galega", este venres 11 de Decembro, às 20:00hs, no Centro Cívico de Caranza


Acto central en Ferrol de "Nós Candidatura Galega", este venres 11 de Decembro, às 20:00hs, no Centro Cívico de Caranza.

Coa participación de:
  • Iolanda Teixeiro (Activista de Iniciativa pola Unión).
  • Antonia Martínez (Secretaria Comarcal da CIG-Ensino).
  • Iván Rivas (Concelleiro de Ferrol e Portavoz Municipal do BNG).
  • Secundino Garcia Casal (Alcalde de San Sadurniño | Candidato ao Senado).
  • Suso de Toro (Escritor | Candidato ao Congreso).
  • Carlos Callón (Profesor, Activista, ... | Cabeza de Lista para o Congreso).
--
Candidaturas: Congreso | Senado.

Programa Electotral: Acceder/Baixar | Ir a Web.

Trinta Medidas para unha Galiza con futuro: Acceder/Baixar | Ir á Web.

Código Ético: Ir á Web.

Manifesto: Ir a Web.

Pode-se seguir a información sobre Nós - Candidatura Galega que de aquí até a celebración das Eleccións Xerais do 20D se publique, na súa web así como nas redes sociais:

WEB  |  TWITTER  |  FACEBOOK  | YOUTUBE


As axendas das e do cabeza de lista de NÓS-Candidatura Galega botan fume. Ao atoparen un anaco para realizaren a enésima entrevista a respecto das súas propostas, tanto Carlos Callón (A Coruña) como Carme Adán (Pontevedra), Olalla Rodil (Lugo) e Noa Presas (Ourense) admiten que teñen por diante un reto que é calquera cousa menos doado. Enfróntanse, afirman, a unha campaña con menos recursos materiais que outras forzas e, ademais, a un "apagón mediático" que, aseguran, suplen con "ilusión" e "traballo". As listas da plataforma que auspicia o BNG xunto a outras forzas soberanistas, din, son a "única garantía" neste 20-D para un cambio en clave "de esquerda", pero tamén en clave de país.

"O fundamental é que Galiza estea presente e, se NÓS non está, Galiza non vai estar", asegura Callón, que tras moitos anos de activismo coida que chegou a hora de presentar "directamente" nas institucións as propostas que ata agora formulaba como membro de diferentes colectivos sociais. El, afirman algunhas análises, está a ser unha das revelacións da campaña con imaxes como o vídeo co que a candidatura quixo facer visible a súa aposta pola diversidade afectivo-sexual. O rebumbio causado por esa gravación é a mellor mostra, afirma, de que reivindicacións coma esa seguen as ser "necesarias" ao carón do resto de propostas programáticas.

Esas propostas, asegura o candidato, serán as que estean sobre a mesa se chega ao Congreso e ten a oportunidade de decidir se lle dá o seu voto ou non á persoa candidata para presidir o Goberno de España. "Imos negociar en base a medidas de esquerda e de defensa do país, pero tendo unha cousa moi clara: para nós é fundamental que o derradeiro desafiuzamento sexa o de Mariano Rajoy na Moncloa", resume. | Moi interesante artigo e entrevista completa en Praza Pública | Ir á Web.

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
9 de decembro de 2015 21:50
___________

Entendendo o espolio - Endesa deixa un grande impacto ambiental e paisaxístico, mais á hora de tributar fai-no en Madrid onde ten a sede fiscal


Galiza funciona como unha Colonia Interior para o Estado, para exemplo Endesa, empresa que noutrora fora pública e agora está nas mans dunha corporación transnacional, a italiana Enel -unha compañía do sector da enerxía e un operador integrado líder nos mercados mundiais de electricidade e gas, focalizado nos mercados de Europa e Latinoamérica- que posúe o 70% de Endesa, mais a súa vez Enel está participada nun case 30% de capital público italiano, sobre todo a través da Cassa Depositi e Prestiti e o propio Ministerio de Economía e un outro 70% privado con microparticipacións, mais coa importante presencia de fondos internacionais de investimento, compañías de seguros e fondos de pensións.

Endesa, a través da súa térmica d'As Pontes, segue sendo unha das grandes contaminadoras do medio ambiente, tanto directamente, como indirectamente comprando o carbón indonesio, de minas a ceo aberto que destrúe os rios e a foresta de Kalimanta, na illa de Borneo.

Endesa deixa un grande impacto ambiental e paisaxístico, mais á hora de tributar fai-no en Madrid onde ten a sede fiscal, contabilizando como riqueza da comunidade autónoma de Madrid.

Necesitamos unha empresa pública galega de enerxía. Non un negocio que beneficia a uns poucos e espolia a Nosa Terra. Necesitamos soberanía para decidir Nós na nosa Terra.

Enviado:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
9 de dezembro de 2015 18:45
__________

mércores, decembro 09, 2015

Quero compartilhar este anuncio eleitoral contigo, ... Por Inácio Martínez - Vídeo e enlaces


Por Inácio Martínez [*]
009.12.2015


QUERO COMPARTILHAR ESTE ANÚNCIO ELEITORAL CONTIGO
.

Quero que saibas que a minha opçom era umha candidatura única da esquerda nacional, mas nom puido ser.

Participei co "Encontro Cidadá por unha Marea Galega" desde um princípio, e logo também no seu momento e simultaneamente, com "Iniciativa pola Unión", sempre co ánimo de buscar e pular pola unidade, o momento o demandava e o Povo Trabalhador Galego também. Mas as cousas nom saírom como queríamos a maioria, sairom como queriam as cúpulas e lobys políticos. Tanto num bando como noutro, havia quem trabalhava para que nom se dera a unidade e assim quedou como quedou. Moitas destas actuaçons desestabilizadoras e contrárias à unidade, forom públicas e outras quedarom no anonimato, mas nom é difícil deduzir como trabalharom os fontaneiros, para acadar os seus obxectivos em favor dos seus interesses e carreiras políticas.

Mas, umha vez que nom foi possível a unidade, a decissom nom era difícil. No meu caso nom se trata de apostar por cavalo ganhador. Trata-se de coerência política. No seio do Encontro, manifestei que o passo dado polo BNG era histórico, coas reservas correspondentes, mas algo moi importante, e que havia que aproveitar está onda e nom perdê-la. Mas o resultado já o sabemos tod@s. Polo que decidim apostar polo cavalo nosso, o da casa, ao que lhe temos mais carinho, ao que vemos todos os dias, quando abrimos as xanelas, o que leva anos trabalhando com nós, pola língua, polos nossos sectores produtivos, pola nossa cultura, polo campo, polo mar, polo nosso futuro como Povo, polos direitos das mulheres, pola Paz, pola Solidariedade, ... o cavalo que viche nascer, que foi potro, que cometeu erros, mas que está ai, é o nosso.

Em definitiva, o que agora vem recolhido nas "Trinta medidas para umha Galiza com futuro".

Porque Galiza tem que ter voz própria sem ataduras. Porque supeditar a nossa representaçom a outros interesses (aínda que sexa só em parte) nom é bom para o nosso Povo. Outra cousa é que cheguemos a acordos que compartilhemos decisons e luitas, mas temos que ser soberanos, autónomos e independentes. Nom só parece-lo, senom que hai que se-lo de verdade.

Pablo Iglesias sempre presumiu da paternidade do que se cozinhava na Galiza e mesmo que ía levar o seu apelido, mas estes dias Alberto Garzón já o avisou, que nas listas de Catalunya (En Comú Podem) e Galiza (En Marea Podemos), também estava esquerda unida, que já falariam de como se organizava o assunto logo das eleiçons. Eu nom duvido da boa vontade da maioria das pessoas que estam comprometidas com "En Marea", mas o dito nom deixa de ser um dato moi importante a ter em conta o aquí exposto. Despois do 20D tod@s aledaremo-nos dos bos resultados de "En Marea", de Podemos e mesmo de UP-IU, e por suposto de HE-Bildu, ERC, Compromís-Podemos, ... e como nom, a pesar do apagom informativo, agardemos que "Nós Candidatura Galega" obtenha representaçom, Galiza e o Povo Trabalhador Galego necessitam-no.

Agora nom vai ser o momento do processo constituinte, penso que as forzas vivas do sistema tenhem planificada umha segunda transiçom, para que desde o "para que todo cambie", só cambiem umhas poucas cousas que nom o ponham em questiom. Isto só vai ser um novo processo eleitoral, nom vai ser para nada um novo processo constituinte, os processos constituintes vem-se antes nas rúas que nos parlamentos. Só vai ser umha nova restruturaçom da correlaçom de forças no espectro político-eleitoral. Pode que a situaçom socioeconómica e medio ambiental, faga virar a situaçom política, a favor da esquerda, que se deam outras condiçons objectivas propícias para o cámbio, mas tudo dependerá das condiçons subjectivas que se criem, do grado de organizaçom popular acadado e da deriva que tome o sindicalismo, e demais organizaçons sociais e populares, que estam anquilosadas num sistema que soubo assimila-las para a sua superstrutura.

Para mim agora, cumpre apoiar a "Nós Candidatura Galega", nom só por todo isto, senom também, porque puidem participar numhas primarias, para elegir @s candidat@s, porque puidem participar na elaboraçom do programa, ... e porque levamos a quatro cabeças de lista moi boas, e elegidas por toda a xente que quixo participar, e do melhor que nos podia tocar: Carme Adán Villamarín, Olalla Rodil Fernández, Noa Presas Bergantiños e Carlos Callón Torres. E para o Senado, mesmo os nossos "Mini" e Secundino Garcia Casal (Alcalde de San Sadurninho), sem desmerecer ao resto das pessoas que formam parte das listas.

Por todo isto vou apoiar e votar o vindeiro 20D a "Nós Candidatura Galega".

Saúde e Liberdade!

Ferrol, a 8 de Decembro de 2015


https://youtu.be/e1vQuA3B7QA

Pode-se seguir a información sobre Nós - Candidatura Galega que de aquí até a celebración das Eleccións Xerais do 20D se publique, na súa web así como nas redes sociais: WEB  |  TWITTER  |  FACEBOOK  | YOUTUBE

---
[*] Inácio Martínez Orero, Ferrol 1955, membro do Colectivo Ártabra 21, participa em Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra e nas Marchas da Dignidade.

Enviado:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
9 de dezembro de 2015 01:43

_______________

Manifestación Comarcal en defensa do Naval - Ferrolterra Esixe Solucións - Domingo 13 de Decembro, ás 12 do mediodía desde o Inferniño


Manifestación Comarcal en defensa do Naval

Os comités de empresa de Navantia-Fene e Navania-Ferrol, así como os delegad@s de persoal e membros de comités das compañias auxiliares, convocaron para este domingo 13 de decembro, unha grande Manifestación Comarcal en Defensa do Naval. Que saírá sobre ás 12 do mediodía desde o Inferniño de Ferrol.

A industria do naval, supón a principal riqueza industrial das nosas comarcas, xunto aos varios miles de metros de peirao na contorna da nosa Ría. Parte-se coa vantaxe da titularidade pública da industria naval principal e das súas infraestruturas. En Ferrol pode-se construír de todo, mais principalmente buques de todo tipo, artefactos offshore e artefactos para o desenvolvemento e xeración das enerxías renovábeis. Igual que se podería reformar, reutilizar e reciclar os mesmos buques e artefactos.

Poderíamos ter estaleiros e industria punteira en funcionamento que producira a riqueza que necesitamos, se os gobernos quixeran.

Por iso este Domingo 13D, todas e todos á rúa, "Ferroltrerra Esixe Solucións".
__________

Escalada, ... Por Amadeo Varela

Por Amadeo Varela [*]
09.12.2015


No é igual que aquelas de Bahamontes, pero a escalada do noso anterior alcalde non deixa de ser notable. Estano promocionando de tal xeito, que aparece a cotío nos medios informativos, visitando entidades, anunciando medidas e prometendo montes e moreas. Parece evidente que é un elemento valioso para o PP, despois de acadar en Ferrol unha maioría absoluta que nunca houbera, o que lle serviu para que lle fixeran un monumento e que os xefes do partido reparasen nel. O estraño é que lle encomendasen a representación dos asuntos sociais, tema no que, en Ferrol, acadou un suspenso total. A non ser que sexa para ver se na Xunta consegue rematar con todas as organizacións sociais. Mais nunha cousa saíu gañando Ferrol: Agora poderá “arañar” cartos para amañar algunhas das Casas Baratas e entregarllas a familias necesitadas. Se é que non segue coa teima de derrubalas, claro, intención na que demostrou unha grande tenacidade, malia que din que naceu aí. E sería por iso?

Publicado no Diario de Ferrol | 08.12.2015

[*] Amadeo Varela Rodríguez -Ferrol 1936, foi traballador de BAZAN, é o autor de "Recordos do vello Racing" publicado no 2000, "Bazan e Ferrol - Unha simbioses perfecta?" (a historia dunha época, "... detrás de cada barco que nace, hai moitas horas de esforzo. Nesa tarefa, miles de traballadores foron gastando a súa saúde e a súa vida") publicado no 2003 e coautor de "Retallos da Memoria II" ("Memorias de neno" sobre a súa vida de pequeno nunha familia republicana perseguida), publicado no 2009. Autor de numerosas cartas e artigos na prensa local. Autor de sitios na rede sobre Ferrol. Cofundador da Asociación San Fernando para defender o Patrimonio Histórico do barrio ferrolán de Recimil contra a súa pretendida demolición, membro do Colectivo Recimil co que promoveu a Plataforma Ártabra 21 e a Plataforma en Defensa dos Espazos Públicos. Na actualidade forma parte do Colectivo Ártabra 21.
____________

martes, decembro 08, 2015

Acto central de "En Marea", en Ferrol, este mércores 9 de Decembro, às 20:00hs, no Teatro Jofre Ferrol


#RutaEnMarea chega a Ferrol

Acto central de "En Marea", en Ferrol, este mércores 9 de Decembro, às 20:00hs, no Teatro Jofre Ferrol (Praza de Galicia, s/n).

Maio foi só o comezo, o cambio non se para. Este Mércores, volvemos ao Teatro Jofre, agora desde os gobernos, para lembrar que as cidades tamén nos xogamos moito nas eleccións do 20 de Decembro.

Comezamos a Caravana de "En Marea" na nosa cidade, no que participarán:
- Antón Gómez-Reino, Cabeza de lista pola Coruña.

- Yolanda Díaz, Nº2 da lista de En Marea pola Coruña.

- Martiño Noriega, alcalde de Santiago.

- Jorge Suárez, alcalde de Ferrol.
O acceso é libre ata encher o aforo.

Acompáñasnos?

#AgoraEnMarea

Enlaces e Contacto:
Web: http://enmarea.gal/
Twitter: https://twitter.com/En_Marea
Facebook: https://www.facebook.com/En-Marea-1727994870757411
Hashtag: #EnMarea
Correo: info@enmarea.gal
---


Os procesos municipalistas de toda Galicia manifestaron o seu apoio a En Marea, unha aposta polo proceso de cambio iniciado nas eleccións municipais de maio e que chegue ao Congreso “a onda de ilusión das mareas e a avanzada dos nosos gobernos rebeldes”.

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
08de decembro de 2015 21:50
___________

Eliximos Narón entrega case 6.000 reclamacións contra a suba das taxas do 2016, para a auga, sumidoiros e IBI (contribución)


Eliximos Narón entrega case 6.000 reclamacións contra a suba das taxas do 2016, para a auga, sumidoiros e IBI (contribución).


Eliximos Narón presentou hoxe por rexistro cerca de 6.000 firmas para reclamar as taxas do IBI (2.997 firmas) e da auga e saneamento (2.817 firmas) e se intentarán completar estas cifras o próximo mércores.

O concelleiro de Eliximos, Alfonso Casal Pita, en representación de miles de veciños de Narón, fixo entrega das reclamacións, como afectados polas taxas ao amparo da Lei das Facendas Locais, fronte do expediente de modificación, imposición e ordenación das Ordenanzas Fiscais e Prezos Públicos para o ano 2016 publicado no BOP número 214 do 9 de novembro de 2015.

As reclamacións sobre da auga e sumidoiros alegan que:

  • Que as citadas taxas penalizan o consumo excesivo dos servizos sen ter en conta o número de persoas que residen na vivenda.
  • Que para volumes altos de consumo as vivendas pagan mais que a industria.
  • Que o pequeno comerciante vese penalizado como se fixese un uso industrial da auga.

Por ditos motivos reclamamos que se revisen as taxas para que:

  • As taxas ás vivendas teñan en conta o número de ocupantes da mesma, e non penalicen as familias no canto dos consumos altos.
  • Que se asimilen as tarifas de pequenos comercios e empresas ás de vivendas cando se fai un uso similar a estas e o negocio non depende directamente da auga.
  • Que se revisen as categorías das industrias tendo en conta o grado de dependencia do negocio fronte ao consumo de auga.
  • Que se fagan maior número de tramos de cota co adecuado custo para evitar inxustizas entre distintas tarifas.

As reclamacións do IBI alegan que:

  • En Narón, un piso de 100 m2 paga 70 euros mais de IBI que un no centro de A Coruña.
  • Unha parcela en zona residencial extensiva de 380 m2 a que se chega por un camiño de carro, sen ningún tipo de construción nin cerre, sen ningún tipo de servizo (nin auga, nin sumidoiros, sen telefonía, sen electricidade e sen alumeado) e a campo paga 130 € de IBI.
  • Concello pode aplicar bonificacións nas taxas segundo diversos criterios.

Por ditos motivos reclaman que se revisen as taxas para que:

  • Redución do tipo do IBI ao 0,63 para o próximo ano.
  • Aplicación de bonificacións tendo en conta os servizos que teñen e características dos inmobles.

Tamén a coalición política presentou outra reclamación en nome propio alegando que segundo a Sentenza do 26 de marzo de 2013 ditada pola Sala do contencioso administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Estremadura, sobre cualificación catastral do chan urbanizable sectorizado sen instrumento urbanístico de desenvolvemento, a efectos do Imposto sobre Bens Inmobles; así como da Sentenza do Tribunal Supremo do 30 de maio de 2014 no recurso de casación en interese da lei no 2362/2013, interposto contra a Sentenza anterior fallan indicando que:

Os chans urbanizables sen un Plan Parcial aprobado que actualmente estean valorados como de natureza urbana deben valorarse novamente como rústicos.

Por dito motivo se reclama ao Goberno Municipal a revisión de ditos valores catastrais.

Eliximos Narón Electores (ENE)
Grupo Mixto do Concello de Narón
Praza de Galicia s/n – Entrechán 15570 Narón (A Coruña)
Telf.: 981337700 - Ext.: 1066 - Móbil: 673141822 / E-mail: grupomixto_ene@naron.es
Grupo no facebook:
https://www.facebook.com/groups/Eleximos.Naron/

Web:
http://eliximos.esy.es/


______________

Relacionados:

En maio deste ano 2015, en na páxina "Narón Aberto", publicaba-se unha moi interesante análise sobre o IBI no Concello, co título:

Analizamos o misterio do IBI en Narón. | Durante este último mandato, tanto nos plenos do Concello de Narón coma na prensa houbo bastante ruxe-ruxe respecto ó tema do IBI. | Ir á web.
____________________________