sábado, agosto 29, 2009

Responsabilidade social

Por Manuel Mera [*]
27.08.2009

Un estudo realizado en todo o Estado español amosa que un 54% dos que demandan emprego xa están traballando. Queren aceder ao pluriemprego para completar os ingresos salariais, facendo horas extras despois do traballo cotiá, os fins de semana e mesmo nas vacacións. Trátase fundamentalmente de inmigrantes que están dispostos a realizar xornadas máis longas para completar os ingresos. Abraia que a porcentaxe multiplicou por cinco desde o pasado ano, e ademais o estudo reflicte que son persoas dispostas a aceitar calquera tipo de emprego e de menor cualificación.

Evidentemente este aumento de solicitudes de pluriemprego ten relación coa crise unido a un recuar das condicións laborais, e complicará moito a redución do desemprego. Compre termos en conta que o INEM considera que catro de cada dez parados teñen poucas posibilidades de acadar traballo, porcentaxe que atinxe o 57,3% cando se trata de maiores de 45 anos.

Hai algún medio de información económico que fala dunha seleción que deixa fóra aos menos preparados, porén a peneira empresarial parece responder sobre todo a criterios de custes salariais e neutralizar as persoas máis reivindicativas, algo que moi doado cunha enorme man de obra de reserva.

O medre da contratación irregular de inmigrantes, no ano 2008 foron descubertas 588 persoas traballando nestas condicións en Galiza, un 20% máis que un ano antes, demostra que un sector da patronal está disposta a actuar fóra da Lei para aumentar lucro, a costa de salarios baixos e canear os seguros sociais. Esta tendencia con seguridade crece nun intre como o actual onde a crise parece xustificalo todo nas empresas, e cando pode acadar estes fins por procedementos semi-legais. Esquecen que teñen unha responsabilidade social, ou sexa: cos operarios e o lugar onde obteñen os beneficios.

Artigo publicado no Diario de Ferrol


[*] Manuel Mera Sánchez, é Secretario confederal de Formación Sindical e Comunicación da Confederación Intersindical Galega (CIG). Membro do Movemento Galego ao Socialismo, formación de recente constitución integrada no BNG.

______________________

Outros artigos de interse de Manuel Mera no xornal sindical Avante
________________

Instan ao Goberno Municipal para que proceda, consonte os compromisos recollidos no acordo orzamentario para este exercicio, a facer realidade a reurbanización da Praza de Sartaña


O Grupo Municipal de Esquerda Unida quere chamar a atención do Goberno Municipal para que proceda, consonte os compromisos recollidos no acordo orzamentario para este exercicio, a facer realidade a reurbanización da Praza de Sartaña.

Informacións do Grupo Municipal de Esquerda Unida

  • O GRUPO MUNICIPAL DE  ESQUERDA UNIDA   URXE    AO GOBERNO MUNICIPAL A  DESENVOLVER A REURBANIZACIÓN DA PRAZA DE SARTAÑA
  • A VOCEIRA DO GRUPO MUNICIPAL APOSTA  POLA MELLORA  DUN ESPAZO PÚBLICO AO SERVIZO DA CIDADANÍA
  • ESQUERDA UNIDA INCORPOROU A REURBANIZACIÓN DA PRAZA NO ACORDO ORZAMENTARIO  PARA ESTE ANO
O Grupo Municipal de Esquerda Unida quere chamar a atención do Goberno Municipal para que proceda, consonte os compromisos recollidos no acordo orzamentario para este exercicio, a facer realidade a reurbanización da Praza de Sartaña.

Para Esquerda Unida a Praza de Sartaña foi un dos exemplos  de loita e reivindicación cidadá que aconteceron no mandato anterior e  que a nosa organización fixo seu. De feito no noso paso polo Goberno   anulamos as actuacións emprendidas polo anterior goberno da dereita, como primeiro paso cara a reurbanización da devandita praza.

A Voceira do Grupo Municipal, Yolanda Díaz, considera  que vai tempo dabondo para dar ese paso adiante, necesario, consistente na reurbanización da Praza de Sartaña, para facer dela un espazo público  mellorado ao servizo da nosa veciñanza.

A demanda do movemento veciñal da zona é firme na necesariedade e urxencia de acometer esta obra para achegar mellorado un espazo de relación social e vida comunitaria nunha zona  que  adoece deles.

A nosa organización quere insistir na falla de ritmo coa que o Goberno Municipal acomete ou incluso adía  os compromisos adquiridos co noso Grupo Municipal e coa cidadanía en xeral.

Enviado por:
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
28 de agosto de 2009 15:34


Prezad@s amig@s: vaivos no arquivo un Informacións referente a demanda de reurbanización da Praza de Sartaña. Grazas pola vosa atención.
Saúdos, Ramiro Marier

______________________

Nova Masacre en Colombia: Exterminio sistemático do pobo indíxena Awá

Estimadas amigas e amigos de Salva a Selva:

Respondendo ao chamamento urxente do pobo Awá, reproducimos na nosa web un pedido urxente ás organizacións sociais e populares, aos organismos defensores de dereitos humanos nacionais e internacionais para que se solidaricen e promovan accións destinadas a visibilizar e denunciar a grave masacre sucedida fai dous días nunha comunidade Awá.

Máis información para iso e un modelo de carta para protestar ante as autoridades colombianas atopan na nosa web:

http://www.salvalaselva.org

Non deixen de asinar hoxe mesmo e axuden a difundir esta mensaxe entre tod@s aqueles que poidan estar interesados en asinar a acción. Moitas grazas e un saúdo afectuoso

Guadalupe Rodríguez
Salva a Selva
www.salvalaselva.org

Berlin, Alemaña
Tel.: 49 (0)30- 51736879

Ademais: Continúa a acción para defender as tartarugas en Costa Rica e Gran éxito en Chiapas: o defensor de de a Sierra Nai de Chiapas en contra da minería transnacional a gran escala, Don Mariano Abarca, que nun principio se pensou secuestrado pero que fora inxustamente detido polas autoridades e criminalizado inxustamente polas súas actividades de resistencia, foi liberado onte e atópase san e salvo no seu domicilio. Desde México agradecen de corazón a todos polas numerosas cartas que mandaron e polos chamados telefónicos de presión.

Enviado por:
Rettet den Regenwald e.V.
-info@regenwald.org-
29 de agosto de 2009 05:21

______________________

Enlaces relacionados:
_____________

xoves, agosto 27, 2009

Unha vez máis o Comité Cidadán convoca unha acción de protesta, para este Sábado 29 de Agosto, polo anuncio de entrada na nosa Ría dun gaseiro cargado con GNL para Reganosa

O gaseiro Madrid Spirit que fai o 51 cargado con GNL-LNG para a ilegal e perigosa Reganosa, ten previsto a entrada na Ría de Ferrol, este Sábado 29 de Agosto de 2009. Diante deste anuncio, o Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha CONCENTRACIÓN o mesmo Sábado, ás 8 da Tarde na Praza Amada García, diante do Edificio Admistrativo da Xunta de Galicia.

Características do buque: Nome.- Madrid Spirit,   Bandeira.- España,  Eslora.- 284.40 m,  Manga.- 42.50 m, Calado máximo.- 12.30 m,   Capacidade.- 138.000 m3

¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡


Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán
:


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org

__________________________________
Enviado por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
27 de agosto de 2009 21:14

_______________________________

O grupo Som do Galpom actuará o Venres 28 de Agosto, ás 10 da noite, na Praza de Armas dentro do Programa das Festas de Ferrol



Este é un grupo en alza, dentro das formacións galegas, a súa música, as súas letras, o seu compromiso, todo un conxunto que paga a pena apreciar

"Som do Galpom nace en Decembro de 2005 nunha aldea (A Moniña) perto de Compostela. A verdade é que todos os integrantes do grupo traíamos múltiples e variadas propostas do tipo de música que queríamos facer. Sem embargo, todos coincidíamos en apostar por unha formación innovadora e orixinal que se apoiase nas raíces de tres estilos de música diferentes que, ao mesmo tempo, semellaban moi parellos como son: o funky, o reagge e o rap. De fondo, sentíase o latexo dunha idea que consistía en apoiar toda a nosa música sobre bases totalmente instrumentais. É dicir, pretendíamos dar un paso maís no panorama musical que vivimos neste S.XXI (era das máquinas) deixando de lado as produccións electrónicas. ..." [+info en Komunikando.net]



__________________________

Enlaces relacionados:

http://www.komunikando.net

http://www.myspace.com/somdogalpom

http://www.somdogalpom.com/
________________________________

Segundo o IGE a economía galega rexistra un crecemento negativo (-3,2%) no segundo trimestre de 2009

O IGE publica hoxe na súa páxina web os datos das Contas económicas trimestrais de Galicia correspondentes ao 2º trimestre de 2009.
                                                                       
Contas económicas trimestrais. Segundo trimestre de 2009
27 de agosto de 2009

A economía galega rexistra un crecemento do -3,2% no segundo trimestre de 2009

O Produto interior bruto (PIB) xerado pola economía galega no segundo trimestre de 2009 rexistrou un descenso do 3,2% con respecto ao mesmo período do ano anterior, medido en termos de índices de volume e con datos corrixidos de efectos estacionais e de calendario.

Este descenso é superior en 1,1 puntos á caída rexistrada no trimestre anterior.

O crecemento interanual do PIB galego supera en 0,9 puntos ao dato avance difundido polo INE de crecemento economía española (-4,1%).

O descenso intertrimestral sitúase no 0,9%, 1 punto inferior ao retroceso do trimestre anterior.

Poden atopar máis información en: ige.eu

Noticia: A economía galega rexistra un crecemento do -3,2% no segundo trimestre de 2009

Poden atopar máis información na nota de prensa para os medios de comunicación en: ige.eu

Un saúdo

Baixar a información completa nun documento en formato -pdf-


Enviado por:
Servizo de Difusión e Información Estatística
ige.novidades@ige.eu
27 de agosto de 2009 09:22


Instituto Galego de Estatística
Complexo Administrativo San Lázaro s/n
15703 Santiago de Compostela
Telf: 981 541589 de 9 a 14 horas, Fax: 981 541323
contacto: http://www.ige.eu/catalogo/peticioninfo.jsp
web: http://www.ige.eu
_____________________

Charla en Doniños, Venres 28 de Agosto, sobre as necesidades da parroquia e os orzamentos participativos

PARTICIPACIÓN CIDADÁ-FERROL

2ª CHARLA INFORMATIVA - DONIÑOS

2ª  Charla Informativa sobre Orzamentos Participativos.

Análise das necesidades da parroquia.

Día 28 de Agosto, ás 7 da tarde, no Local Social da Xunta Veciñal de Doniños.

Intervirán:
  • María Fernández , Asoc. Mulleres Rurais de Doniños.
  • Mª José Fernández, Asoc. San Román.
  • Magdalena Gonzalez, Asos. Prioriño.
  • Pilar Díaz, Asoc. Xunta Veciñal de Doniños.

Publicado por Participación Cidadá de Ferrol para PARTICIPACIÓN CIDADÁ-FERROL el 8/27/2009 06:53:00 PM

Enviado por:
x.mel sanxoan
-melsanxoan@gmail.com-
27 de agosto de 2009 21:19

_____________________

A Marcha Mundial pola Paz e a Non Violencia, será a protagonista, estes 29 e 30 de Agosto, no Encontro Solidario que se organiza anualmente no Cantón de Ferrol

Convidamos a tod@s a participar os días 29 e 30 de Agosto, no Encontro Solidario [II Certame Solidario do Concello de Ferrol] que terá lugar no Cantón de Molins.
  • Sábado 29 de Agosto: de 12 a 14 horas e de 17 a 20 horas

  • Domingo 30 de Agosto: de 12 a 14 horas e de 17 a 20 horas

O sábado, pouco despois das 12 do mediodía, representantes da Marcha farán unha intervención, logo das palabras de representantes do Concello, para dar apertura ao evento. Agardamos a vosa presencia e participación na divulgación da proposta d'Un mundo sen guerras.

Un saúdo a tod@s !
Susana








Enviado por:
Marcha Mundial pola la Paz e a Non Violencia - Ferrol
-porlapazferrol@hotmail.com-
25 de agosto de 2009 10:32
_________________________


"... Beatriz Sestayo avanzaba que este ano o Certame Solidario renderá tributo á Marcha Mundial pola Paz. Unha acción promovida pola Organización Internacional “Mundo sin guerra” que botará a andar o vindeiro 2 de outubro en Nova Zelanda e rematará na cordilleira dos Andes o 2 de xaneiro de 2010 e á que o Concello de Ferrol como moitas outras cidade do mundo se adhería hai unhas semanas para reclamar a través de diversas accións e actividades simbólicas o fin das guerras e da violencia. Na urbe naval estará a finais de outubro pero antes e para dar a coñecer este proxecto entre a cidadanía ferrolá o Certame Solidario contará cun stand informativo. ..."

Máis información do evento na páxina web do Concello: ferrol.es
_________________________

mércores, agosto 26, 2009

O Colectivo Ártabra 21 reitera a súa oposición á construción dun novo estacionamento soterrado na Praza do Concello [Praza de Armas]



Estes días asistimos a un debate social nos medios de comunicación locais, a raíz da aprobación por parte do Pleno do Concello de Ferrol [06.07.2009] do "Estudo de Viabilidade do Párking da Praza de Armas", co voto a favor do PSOE e BNG, e a abstención do resto -PP, EU e IF-, estudo de viabilidade elaborado pola firma IDOM, e que proxecta un estacionamento soterrado de 8.200 m2, tres plantas e un mínimo de 320 prazas [publicado o anuncio de exposición pública no BOP o 14.07.2009].

Unha vez aberto un período de alegacións dun mes a partir da citada data de publicación, presentaron-se máis dun cento de alegacións, a maioría de particulares, unha do PP e outras de diferentes entidades [segundo varios medios de comunicación local], na súa maioría só cuestionan asuntos referentes a cantidades: que "o estacionamento non oferta suficientes prazas" [oferta 320, frente ás 116 actuais]; que o prazo de execución das obras ten que ser menor, alguén demanda que sexa entre 6 e 8 meses [no Estudo figuran 24]; preocupados tamén polo "canon" [400.000 € por unha adxudicación de 40 anos] e outros asuntos de interese para comerciantes e residentes. Algunha entidade como a asociación Ferrol se mueve, achega unhas 2.000 sinaturas de apoio ás súas demandas; o Centro Comercial Aberto da Magdalena - ACOF e a asociación veciñal Pedro Padrón van na mesma dirección [máis esta última, segundo o Diario de Ferrol, eleva a 480 a capacidade de prazas do estacionamento].

A asociación ecoloxista VERDEGAIA é a única entidade que presentou alegacións cuestionando-se a idoneidade e necesidade do propio estacionamento. Actuación loábel que ten o noso recoñecimento e apoio. Precedido este posicionamento, de Verdegaia, por un artigo titulado "Peotanización e pacificación do tráfico na Magdalena", publicado o 2 de Agosto de 2009 no semanario Nordesía, separata dominical do xornal comarcal Diario de Ferrol, asinado pola arquitecta ferrolá Olga Fra Gálvez [que formou parte da equipa de redacción, dirección e coordinación do PERI - Plan especial de protección e rehabilitación do barrio da Magdalena - aprobado o 27.09.2007] e o activista social Alexandre Carrodeguas.

Por outra banda o colectivo Masa Crítica de Ferrol, manifestou publicamente o seu desacordo coa construción do estacionamento, apostando por uns barrios libres de coches e a potenciación doutro tipo de mobilidade urbana, máis saudábel e sustentábel, baseada en ir a pé aos sitios, ou utilizar a bicicleta e tranporte público. Esquerda Unida, até hai pouco tempo formaba parte do goberno municipal, non presentou alegacións, mais anunciou a súa oposición ao estudo de viabilidade e que pedirá a súa retirada no pleno no que se traten as alegacións, aínda que, como xa dixemos con antelación, á hora da presentación á aprobación do estudo de viabilidade no pleno do 6 de Xullo, esta organización política optou pola abstención. Pois realmente esta organización só demanda un novo estudo de viabilidade, sen cuestionar-se a necesidade da construción dun novo estacionamento, precisamente este foi un dos asuntos que lles criou un conflito interno á par doutro co PSOE o seu antigo socio no goberno local. A organización política Nós-UP, tamén manifestou a súa posición contraria á construción dun novo estacionamento.

Parece-nos importante resaltar que o propio Concello, cos votos a favor de todos os grupos, é dicer por unanimidade, no Plan Urban de Ferrol, aprovou unha cousa moi diferente ao que se pretende facer na Praza do Concello [Praza de Armas], pois na páxina 25 do citado plano di textualmente:

"A iniciativa URBAN insérese nun conxunto de accións dirixidas ao obxectivo común da recuperación urbana. Planificación urbanística para a protección e a rehabilitación; Programas de Rehabilitación de edificios e vivendas; Centro Comercial Aberto; Novos equipamentos culturais da cidade; Programa de reurbanización parcial da Magdalena, construción de estacionamentos periféricos disuasorios; Programa de reurbanización xeral de Ferrol Vello; Proxecto de peonalización, reordenación de tráfico e potenciación do transporte público na Magdalena; Servizo público de bicicletas; son outras tantas accións que conflúen co Proxecto URBAN nunha estratexia integral de recuperación urbana".

Este plano esta cheo de propostas sustentábeis a todos os niveis, mais no referente á mobilidade urbana, as súa propostas son moi razonabeis, polo que recomendamos a súa leitura e detido análise. O paradóxico é que foi presentado  publicamente o 29 de Xuño, só uns días antes de aprobar-se o "Estudo de Viabilidade do Párking da Praza de Armas" [06.07.2009]. O que non se pode entender, entre moitas outras cousas, é que si se está elaborando un "Plano de Mobilidade Urbana para Ferrol" [páxina 32 do Plan Urban] como é que se pretende facer un estacionamento soterrado no medio do casco histórico, animando deste xeito aos vehículos particulares motorizados a entrar no mesmo?, como se pode facer este "equipamento" que ten que ser periférico, no mesmo corazón do centro? e o que é pior como se pode facer o equipamento antes que a planificación estexa rematada?.

O Colectivo Ártabra 21 reitera a súa oposición á construción dun novo estacionamento soterrado na Praza do Concello [Praza de Armas], tal e como acordamos na reunión aberta con diferentes persoas e colectivos, celebrada o pasado 15 de Xullo. Nesa mesma reunión acordouse promover no mes de Setembro o debate, a unión e a acción dos colectivos e diferentes organizacións co obxectivo de artellar un movimento opositor ao proxecto e que conciencie á cidadanía na necesidade de "reducir a mobilidade forzada e deixar de fomentar o uso innecesario dos vehículos motorizados". Un movimento opositor que teña entre as súas demandas e propostas políticas de mobilidade urbana, o dar "prioridade aos medios de transporte respectuosos co medio ambiente, -en particular, os desprazamentos a pé, en bicicleta ou mediante o transporte público- ...".

O Colectivo Ártabra 21, abriu un blogue público:  http://mobilidade-urbana.blogspot.com/,  para armar-nos de argumentos e facilitar o debate e a toma de decisións, en todo o referente á "Mobilidade Urbana" .

Posición Pública do Colectivo Ártabra 21

SOBRE O ESTUDO DE VIABILIDADE DO APARCAMENTO

O colectivo Ártabra21 lembra que neste pasado mes de Febreiro nos opuxemos e rexeitamos o proxecto do actual goberno municipal en construír un aparcadoiro na Praza de Armas - Praza do Concello.

Contestamos de igual modo ao estudo de viabilidade para a construción do aparcamento a que entendemos que vulnera as conclusións da AXENDA21 LOCAL celebrado en Ferrol no ano 2003-2004, e as recomendacións da UNESCO na súa comisión Vial para os Cascos Históricos.

Saúdo!

Colectivo Ártabra21.

Anexos:

ANEXO -I-

PRAZA DE ARMAS – PRAZA DO CONCELLO

O Colectivo Ártabra21 quere lembrar que no mes de Febreiro deste ano emitimos un comunicado, rexeitando os planos do goberno local en rescatar a concesión da Praza de Armas – Praza do Concello para a construción dun aparcamento.

Pensamos que este proxecto de construír un aparcamento atenta e vulnera o pacto e acordos contemplados na propia Axenda21 Local, ademais de non respectar os acordos alcanzados nas conclusións dos debates desta Axenda 21 realizados nesta cidade de Ferrol durante os anos 2003 e 2004.

Na última década, entidades e forzas conservadoras, realizaron varios intentos para PRIVATIZAR varios ESPAZOS E PRAZAS PÚBLICAS da nosa cidade a cal tivo unha decidida resposta cidadá co fin de PRESERVAR E DEFENDER ESTAS PRAZAS da constante ameazada da ESPECULACIÓN.

Debemos entender que este barrio da Magdalena, a diferenza doutros, está situado dentro dun CASCO HISTÓRICO onde teñen que se definir unhas políticas específicas e protectoras, impulsando ZONAS PEONÍS como prioridade principal das persoas fronte aos coches.

Recollemos algún exemplo como a UNESCO que recomenda e advirte á cidade de Córdoba para ser Capitalidade Cultural do ano 2016....

"Quen dixo que ser Capital Cultural de Europa sería fácil? Como comezo, un bon asento histórico e cultural es imprescindíbel, mais no sólo de historia vive o home, tamén de presente. E no presente, o urbanismo sostíbel e a mobilidade ocupan gran parte do interese das institucións. De aí a recomendación ou, mais ben, a advertencia da Cátedra de Seguridade Vial da Unesco: si Córdoba é preseleccionada en 2010 para optar a Capitalidade en 2016, deberá someter-se a importantes restricións no fluxo de vehículos no interior do seu casco histórico".

Institucións como a UNESCO e a propia AXENDA 21 LOCAL advirten e recomendan a construción de APARCAMENTOS DE BORDE ou ARREDOR DOS BARRIOS HISTÓRICOS como ALTERNATIVA ao tráfico rodado.

Este é o caso do Aparcadoiro da PRAZA  DE ESPAÑA – PRAZA DE PORTA NOVA, onde no ano 1999, o Pleno do Concello Ferrol aprobou por unanimidade iniciar as políticas de REHABILITACIÓN DO CASCO HISTÓRICO E ZONA PEONIL NO BARRIO DA MAGDALENA.

Entendemos que se debe impulsar un transporte público de calidade como alternativa ao uso do transporte privado así como viais de servizo público, ademais da implantación de CARRÍS–BICI.

O COLECTIVO ÁRTABRA 21, DEFENDE E SALIENTA ESTE SINGULAR E REPETÍBEL CASCO HISTÓRICO DO BARRIO DA MAGDALENA POLO QUE INSTAMOS AO GOBERNO MUNICIPAL QUE RETIRE ESTE PLANO DE VIABILIDADE.

INSTAMOS AO GOBERNO A QUE RECTIFIQUE E IMPULSE ESTE CASCO HISTÓRICO COMO ZONA PEONIL CO FIN DE PRESERVAR E SALVAGARDAR ESTE IMPORTANTE PATRIMONIO ARQUITECTÓNICO PARA USO E GOZO DA CIDADANÍA.

Ferrol a 24 de Agosto de 2009.

Colectivo Ártabra21

ANEXO -II-


Enviado por:
Colectivo Ártabra 21
artabra21@gmail.com
25 de agosto de 2009 01:15

--

Colectivo Ártabra 21
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara ao futuro da humanidade, respeituosa e defensora do medio natural
Ferrol, Terra de Trasancos e Bezoucos
Blog do Colectivo Ártabra 21
http://artabra21.blogspot.com/

____________________

Enlaces relacionados:
Outros enlaces de interese:
__________________

luns, agosto 24, 2009

Atención !!!: Videos de moito interese - A crise Sistémica -

"... os fraudulentos mecanismos económicos que puxeron contra as cordas ao sistema capitalista levoume en anos pasados a descubrir a inaprazable crise enerxética que pronto terá lugar cando o petróleo empece a escasear, moito máis grave e mortífera que a actual crise financeira ..."
-Manuel Talens | Madrid, Maio de 2009-

Chris Martenson's Blog - El Crash Course en Español - Aug. 8, 2009 | Blogs at Chris Martenson - Chris Martenson's Blog, Crash Course, Espanol, Spanish, Translation

Esta serie de vídeos explica moi ben a situación de crise sistémica terminal na que estamos envoltos. Moi recomendable!

08.08.2009

"Benvidos ao Crash Course.

O usamericano Chris Martenson doctorou-se en ciencias na Duke University [Durham, North Carolina]. É autor do Crash Course, que rapidamente recibiu grandes eloxios e alcanzou unha enorme popularidade na súa versión inglesa orixinal. O Crash Course pretende axudarlles a comprender a natureza dalgúns retos de extraordinaria gravidade para a nosa economía e a súa futura prosperidade. O que están vostedes a piques de ver é unha versión moi resumida dun seminario de entre 6 e 8 horas que Chris Martenson estivo impartindo desde fai catro anos no seu país, Usamérica.

Grazas a Manuel Talens, quen ofreceu gratuitamente o seu tempo e esforzo para traducilo ao español, compráce-nos presentar o Crash Course de Chris Martenson en español. Esperamos que sexa proveitoso
".

"Ola, chámome Atenea Acevedo e son a presentadora desta serie. O Crash Course integra diversos temas aparentemente dispersos para formar unha soa narración. Falaremos de economía, enerxía e medio ambiente, e iso porque na encrucillada de tales temas é onde se conta a historia máis transcendental de calquera xeración".

"Unha vez concluída esta presentación comprenderán e pensarán a economía de xeito totalmente distinto. Vou ofrecer un marco que clarificará o que, para moita xente, é un asunto profundamente confuso. Chris Martenson necesitou varios anos para recompilar e desenvolver a información deste breve curso nunha narración altamente condensada".

"Debo advertir que para algúns non será fácil, porque falaremos dalgúns cambios descomunais que, preciso é recoñecer, son moi dificultosos de concibir".

"Pretendo cambiar as súas opinións e ata poida que enfrónteme a algunhas das crenzas máis arraigadas [por exemplo, O crecemento é bo e O futuro parecerase ao pasado ou O dólar é un valor seguro]. Tratarei de convencer de que xa vai sendo hora de que se aprenda, preste atención e se pase a acción".

Enlace coa serie de Videos:

http://www.chrismartenson.com/crashcourse/espanol

Enlace de moito interese:

http://www.chrismartenson.com/blog/el-crash-course-en-espanol/24286

--
Manuel Casal Lodeiro 'Casdeiro'

["Either we tactfully manage to reduce our environmental load, or resource constraints and pollution will limit it for us­ unpleasantly" - Jason Bradford, 2007]

http://www.Cenit-del-Petroleo.info
·····································
ESPALLA! Lista de espallamento de novas, convocatorias e outro material por outra Galiza posíbel.
·····································
Envíos ---> espalla@redeanticapitalista.org

Espalla esta mensaxe!!!

Enviado por:
Manuel Casal Lodeiro
-casdeiro@degalicia.org-
22 de agosto de 2009 11:00

_________________







_________________________

Titulares desde o Sur a 24 de Agosto de 2009

Convocatoria reunión sobre Orzamentos Participativos, para o 26 de Agosto no local social de Valón

Estimados/as veciños/as,

Continuamos co traballo relativo ao proceso de orzamentos participativos; como sabedes na última reunión do Grupo Motor e o Grupo de Análise e Proposta, acordamos manter unha nova xuntanza este mércores 26 de agosto; será no local social da A.VV. do Cruceiro de Valón, ás 19,00 horas.

Trataremos os seguintes puntos:
  • Validar os acordos da última reunión e pechar o borrador do regulamento de orzamentos participativos 2009, determinando quen valida o documento (Grupo Motor e GAP) e/ou asemblea.

  • Datas da planificación ou plan de traballo.

Unha aperta,

Área de Participación Cidadá E DEPORTES
Maica Rodríguez Freire, técnica en Participación Cidadá
Praza de Armas, s/n. 1º andar. 15402 Ferrol
Tel.: 981.944.015 / Móbil: 696.112.691
participacion@ferrol.es

Enviado por:
Participación Cidadá
-participacion@ferrol.es-
24 de agosto de 2009 11:47

______________

Documento interesante:

Poden-se baixar dos Arquivos Ártabros [en formato -pdf- 14 páxinas] o Borrador de Regulamento do proceso piloto para a elaboración de Orzamentos Participativos. Concello de Ferrol 2009: Baixar
__________________________

“Voyerismo” obsceno

Por Eduardo Fra Molinero [*]
24.08.2009

Os campos de concentración que os franceses montaron para os exiliados republicanos acadaron cotas elevadas de crueldade. Non foron campos de exterminio sistemático como os campos nazis, pero foron nalgúns casos a súa antesala. A poboación civil francesa comportouse de xeito variado: Indiferencia, desprezo, medo, trato humanitario e solidario. A prensa de dereitas cargou tintas, mesmo racistas, contra aquela poboación derrotada de exiliados. Pero houbo un feito que aínda hoxe non comprendo ben. Teño que falalo con algún psiquiatra para ver se eles posúen un termo científico que o explique: Producíronse excursións de curiosos, un turismo político, para contemplar aquelas xentes recluídas detrás dos arames de espiño. “Le Midi Socialiste” publicou unha reportaxe sobre colas enormes de turistas que nos domingos acudían á estrada que discorre ao longo do campo de Sainte Cyprien: "Visitábanos como se contempla aos animais do zoo. E iso era así porque a prensa extremista os describira como monstros e a xente, na súa simpleza ou con mala fe, achegábase a comprobalo. Para redondear o negocio, fotógrafos profesionais ou afeccionados fixeron dos republicanos o branco das súas cámaras e nas tendas vendíanse postais dos campos de internamento...” (libro de Secundino Serrano: A última xesta, os republicanos que venceron a Hitler). Así como en Alemaña había como unha consigna nacional: “Ninguén sabía nada, ninguén viu nada”. Moitos franceses colaboracionistas practicaron un “voyerismo” obsceno. Un turismo perverso.

Publicado no "Diario de Ferrol"

[*] Eduardo Fra Molinero, ferrolán que nace en Ponferrada en 1946. Escritor, Profesor de Historia, Investigador, ... [+info no google]
_________________________________

O embaixador de Honduras en Madrid foi expulsado por apoiar o golpe de estado

Wáshington, 21 de agosto 2009 (Télam).-

España expulsou ao embaixador de Honduras en Madrid, José Eduardo Martell, pola súa adhesión ao goberno de facto xurdido tras o golpe de estado que derrocou ao presidente Manuel Zelaya, anunciou hoxe a Organización de Estados Americanos (OEA).

Segundo unha carta oficial remitida ao secretario xeral da OEA, José Miguel Insulza, a decisión foi tomada despois de que o 5 de agosto Zelaya anunciase ás autoridades españolas a destitución de Martell como embaixador ante Madrid e a súa substitución por un encargado de negocios, informou a axencia alemá DPA.

O Ministerio de Asuntos Exteriores de España convocou o 19 de agosto a Martell para informarlle do termo da súa acreditación como embaixador e instrucións para abandonar o país en breve, nunha decisión "coherente co compromiso da comunidade internacional de manter a interlocución oficial co goberno constitucional de Honduras", di a misiva enviada á OEA.

Nesta, o goberno de José Luís Rodríguez Zapatero reiterou ademais a súa "posición de firmeza (...) clara e sen reservas" fronte ao golpe de estado hondureño. (Télam) (Publicado en "El Patagónico")
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es


Enviado por:
Fuco Buxán Asoc. Cultural
fucobuxan@gmail.com
Ferrol 22 de agosto de 2009 21:41
_______________________

domingo, agosto 23, 2009

Menáncaro



Por Yolanda Díaz
22.08.2009



Menáncaro non ten quen lle escriba. E a escritura é a maneira adecuada de amosar interese real en salvagardar a súa fraga, a fraga de todos nós. Na escritura atópase a chave da protección de Menáncaro. As verbas voan e os papeis aprobados permanecen. Mais semella que ninguén do Goberno Municipal sabe escribirlle a Menáncaro o que é de xustiza. Levamos xa consumido a metade do actual mandato municipal sen que os responsables de urbanismo e o alcalde elaboren o escrito xusto e necesario; escrito que debe contemplar a modificación puntual do plan para deste xeito impedir definitivamente que se poida especular e facer negocio contra o valor desa fraga. A elección é ben simple, ou cementar para beneficio duns poucos, ou pola contra apostar pola conservación da carballeira, dos ameneiros, do prado húmido, todo en beneficio da colectividade. Elección que non debería suscitar dúbidas no Goberno Municipal, que nembargantes vai deixando morrer o tempo, alongando o impasse sobre o espazo. Esquerda Unida segue a facer de Menáncaro unha esixencia indeclinable, ao punto de incorporar este compromiso no acordo asinado para apoiar os orzamentos de 2009. Por isto reclamamos do Goberno que sexa dilixente e cumpridor, que deixe de amolar con desculpas e que elabore xa a modificación puntual do plan, proceso que non necesita máis de tres meses, e que neste outono as árbores celebren a cerimonia da natureza protexidas polas letras da cidade.

Yolanda Díaz é voceira do grupo municipal de EU

Publicado no Diario de Ferrol
__________________________

Blogs da Comunidade Menáncaro:
http://menancaro.blogspot.com/
http://fragademenancaro.blogspot.com/
http://menancaroexpress.blogspot.com/

Correio-e da Comunidade Menáncaro:

menancaro@gmail.com

_______________________________

sábado, agosto 22, 2009

Titulares desde o Sur a 22 de Agosto de 2009



Entre outros temas, os presidentes Lula e Morales abordarán o tratado de compra e venda de gas boliviano a Brasil, vixente desde 1999. Antes da súa visita a Bolivia, o presidente Lula insistiulle ao seu homólogo estadounidense que aumente a súa presión para a saída do Goberno de facto de Honduras.


Opinión:

Fonte: telesurtv.net

Enviado por:
contactenos@telesurtv.net
22 de agosto de 2009 19:08
_______________

Ao non apoiar a Xunta de Galicia o Concurso Internacional de Gaita Galega "Constantino Bellón" queda aprazada a 19º Edición

Por a imposiblidade de poder cumprir as bases do concurso internacional de gaita


Comunicado da Xunta Directiva do Ateneo Ferrolán

Por incumprimento das BASES con relación ao punto 5 "Gaiteiro de Soutelo" do Concurso Internacional de Gaita Galega "Constantino Bellón" que textualmente di:

"Gaiteiro de Soutelo" (Punto nº 5 do "Constantino Bellón)

a.- Co gallo de promociona-la participación da Galicia do exterior no Concurso "Constantino Bellón", a Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia convoca o Premio "Gaiteiro de Soutelo".

b.- Poderán participar tódolos gaiteiros dos centros galegos ou institucións da Galicia do Exterior.

c.- Os concursantes deberán enviar á Secretaría Xeral de Emigración:

1. Un CD gravado coa peza "Patapau, Xota do Pirata", de Pedro David Lamas Varela, facendo constar na mesma o pseudónimo adoptado.
2. Partitura orixinal dunha peza de composición inédita, creada expresamente para este Premio, así como copia doutra tradicional ou de autor.

d.- PLICAS. Os concursantes enviarán o CD nun sobre pechado cun pseudónimo identificador. Conxuntamente, noutro sobre escrito por fora co mesmo pseudónimo, deberán facer consta-los datos persoais do participante: nome e apelidos, enderezo, teléfono, correo electrónico, país de residencia e nome do centro ou institución galega pola cal se presenta. No mesmo deberán incluílo orixinal da partitura inédita presentada ó Premio "Gaiteiro de Soutelo", e máis a copia da tradicional ou de autor.

e.- PRAZO. O prazo de presentación remata o 5 de maio do 2009.

f.- PREMIOS. Os premios "Gaiteiro de Soutelo" consistirán na asistencia e participación, cos gastos de desprazamento e estadía pagados, ó concurso "Constantino Bellón", que organiza o Ateneo Ferrolán o 31 de agosto do 2009, na cidade de Ferrol (Galicia).

* Haberá catro premios .

Ante a resposta obtida por parte da Secretaria Xeral de Emigración da Xunta de Galicia con data 24.07.09 que nos transmite que:

 ..... debido á necesidade de atender outras prioridades específicas propias deste departamento, non será posible, nesta ocasión, colaborar coa devandita iniciativa cultural.

A Xunta Directiva do Ateneo Ferrolán lamenta COMUNICAR que, a pesar das diferentes xestións realizadas para subsanar esta anomalía, ao non poder cumprir as BASES do devandito Concurso, a edición do 19º Concurso Internacional de Gaita Galega "Constantino Bellón" se celebrará en AGOSTO de 2010, quedando á espera do comunicado que emitirá o XURADO do "Constantino Bellón".

Ferrol a 20 de agosto de 2009.

--
Publicado por Ateneo Ferrolán para Ateneo Ferrolán el 8/22/2009 02:32:00 PM

Enviado por:
Ateneo Ferrolán
-bettinakorten@freenet.de-
22 de agosto de 2009 14:39



http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/search/label/Constantino%20Bell%C3%B3n


















__________________

xoves, agosto 20, 2009

O "bipartito foi covarde cando gobernou por non tirar abaixo o proxecto [Cidade da Cultura], o PP non ten eses complexos para tirar todo o deles ..."

O "bipartito foi covarde cando gobernou por non tirar abaixo o proxecto [Cidade da Cultura], o PP non ten eses complexos para tirar todo o deles abaixo, eólicas, galescolas ..."

Xan Carlos Ansia: “O Audi de Touriño vale o mesmo que catro baldosas da Cidade da Cultura

O bipartito tivo complexos á hora de parar o Gaiás cando o PP nunca os ten e agora tira con todo o deles”, asegura o portavoz da plataforma "Cultura si; Mausoleo non"
Rodri Suárez 20/08/2009

Dende hai uns anos, as posturas contrarias tanto á construción como aos usos dados á Cidade da Cultura teñen o seu principal altofalante na plataforma ‘Cultura si; Mausoleo non”, da que Xan Carlos Ansia é o seu voceiro.


A Cidade da Cultura ou a polémica de nunca acabar?

Semella que non acaba nunca pero nós estamos onde sempre. Seguimos denunciando o proxecto, ese despilfarro sen xustificación que o PP ideou e o bipartito non se atreveu ben a paralizar ou ben a redefinir para reconvertelo en algo coherente e así continuamos, co mamotreto dando gastos, feito un burato sen fondo que vai a peor. Cada vez enterámonos de máis cousas e poucas positivas. Cada vez é máis evidente o que nós pensamos respecto a que certas actuacións deberían ter algunha repercusión legal. Un proxecto xa de por si caro pero que custaba 100 millóns de euros agora conta cun presuposto que ascende a 500. Isto á forza ten que ser constitutivo de delito.


O proxecto do Gaiás foi unha mala idea de partida ou estivo mal xestionada e iso converteuna no problema que agora semella que é?

Foi unha mala idea de partida, innecesaria posto que nin os galegos nin os composteláns tiñamos esa prioridade, hai outras necesidades culturais en Galicia, hai unha rede social escasa, castros abandonados, igrexas románicas deixadas á súa sorte, ese é o patrimonio que deberíamos poñer en valor en vez de erguer un mamotreto sen sentido. Se as autoridades queren fomentar a cultura aí teñen o patrimonio abandonado, en cada vila todos coñecemos algo que merece a pena coidar, en Compostela mesmo contamos con algún castelo sen escavar. O patrimonio leva anos aí, hai que poñelo en valor, cuidalo e conservalo, esa é a necesidade cultural básica.


O proxecto naceu dun Goberno popular pero curiosamente quen tirou réditos políticos dos problemas da Cidade da Cultura foi o PP.

Nós dixemos que bipartito foi covarde cando gobernou por non tirar abaixo o proxecto, o PP non ten eses complexos para tirar todo o deles abaixo, eólicas, galescolas... A nosa iniciativa cidadá naceu cando chegan aqueles dos que esperamos o contrario do PP pero continúan coa súa obra. O PP cometeu un pecado orixinal, pero os outros participaron del. Houbo unha comisión, unha denuncia xudicial da que saberemos cando interese politicamente, non cando ten que ser porque dentro de 20 anos de nada valerá xulgar a Fraga ou a Pérez Varela. É agora cando queremos saber que se fai cos cartos, que foi desas fundacións, para que serviron aqueles comités de sabios que custaron cartos pero semella que para pouco máis achegaron. E outras cousas, iso que dixeron de facer un teleférico, logo a pinacoteca... todo isto é inxustificable. Semella que os políticos perderon o sentido común. Pensar que só o manteñemento vai custar 60 millóns de euros anuais é moi forte.


Pero os responsables do proxecto foron os que se beneficiaron das súas críticas ...

Eu persoalmente levo no nacionalismo dende os quince anos, pero o Bloque abandonou unha das liñas basicas polas que chegou á Xunta. Eu creo que o bipartito perdeu por facer en certos ámbitos o mesmo que os anteriores... algúns votantes sentímonos defraudados. Agora, xa se verá como o BNG tarda ben pouco en volver a posicionarse en contra da Cidade da Cultura.


É viable falar agora de poñer fin ás obras, que xa están algo avanzadas?

Hai dous edificios sen iniciar...ós dicimos que por que pecharse en que sexan para pinacotecas ou non sei que? hai edificios en Santiago que naceron para unha cousa e agora son outra: igrexas que funcionan como museos ou facultades, o mesmo Parlamento foi antes un hospital... porque hai que obstinarse co Palacio da Ópera ou tal museo? hai que aproveitalo o mellor posible, incluso agora para que se vexa como está, non se pode nin ver, nin os xubilados poden disfrutar destas obras, o Gaiás leva nove anos na clandestinidade. E non valen demagoxias agora coa austeridade, porque o famoso Audi de Touriño vale o mesmo que catro baldosas destas que van poñer alí.


E unha cuestión que afecta a toda Galicia, a máis cidades que a Compostela?

Compete a toda Galicia. En Ourense ou en Vigo hai edificios históricos no centro que caen a cachos. Non pode ir todo o orzamento da Consellería de Cultura nun só proxecto nin se poden afundir cartos no Porto exterior da Coruña ou no Gaiás e que logo non haxa mascarillas para a Gripe A.

Publicado no Xornal de Galicia

Enviado por:
cultura si mausoleo non
-culturasimausoleonon@gmail.com-
20 de agosto de 2009 10:52

______________________

mércores, agosto 19, 2009

Esquerda Unida e a proteción efectiva da Fraga de Menáncaro

INFORMACIÓNS DO GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA

Ferrol, 19 de agosto de 2009
  • O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA AMOSA A SÚA PREOCUPACIÓN POLO RETRASO E DESINTERESE QUE MANIFESTA O GOBERNO MUNICIPAL PARA PROTEXER MENÁNCARO
  • YOLANDA DÍAZ INSTA AO GOBERNO MUNICIPAL A FACER EFECTIVA A MODIFICACIÓN PUNTUAL PARA GARANTIR A MÁXIMA PROTECCIÓN Á FRAGA DE MENÁNCARO
Esquerda Unida lamenta a tardanza do Goberno Municipal para facer efectiva a clásula recollida no acordo sobre os orzamentos do concello de Ferrol para 2009, que contén a condición de acadar a protección efectiva da fraga de Menáncaro, mediante a modificación puntual, proposta incorporada a instancia do Grupo Municipal de Esquerda Unida.

Mediado o mandato municipal, a nosa organización non entende a falla de ritmo e de vontade política que trasluce o Goberno para impulsar os trámites necesarios para facer realidade a protección de Menáncaro. Desleixo e desinterese semellan presidir o non facer do Goberno Municipal no que atinxe a Menáncaro.

A Voceira do Grupo Municipal de Esquerda Unida, Yolanda Díaz, subliñou que non pode ser que unha modificación puntual que debe realizarse en tres meses acumule un retraso de case dous anos. A masa forestal situada no val de Aneiros ou da Sardiña, coñecida como fraga de Menáncaro, ten unha singularidade certa para o noso concello polo valor das carballeiras que acubilla, o seren unha especie pouco presente no noso termo municipal. A nosa organización entende que hai que acelerar os traballos que lle corresponden o concello para achegar a tan esperada protección.

Aínda no Pleno de novembro do ano pasado, o Goberno Municipal voltou a esquivar a cuestión e trouxo a elaboración dun estudo e a suspensión de licenzas de urbanización nun área que xa deixaba fóra a zona das Regueiras. Esquerda Unida subliñou entón que a fórmula boa, a que garante que a fraga de Menáncaro quede a salvo de calquera ataque urbanístico é a da aprobación da modificación puntual, a cal o Goberno demora sine die.

Esquerda Unida considera que o reforzamento da protección de Menáncaro cobra unha particular urxencia diante do cambio de Goberno na Xunta, cun Goberno que defende unha política marcada pola flexibilización ou aceptación do todo vale en materia de urbanización, como xa están a evidenciar as primeiras medidas adoptadas nese eido.

Enviado por:
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
19 de agosto de 2009 13:53

Prezad@s amig@s: vaivos no arquivo un informacións de EU demandando a modificación puntual para a fraga de Menáncaro. Grazas pola vosa atención.
Saúdos, Ramiro Marier

_____________

Blogs da Comunidade Menáncaro:
http://menancaro.blogspot.com/
http://fragademenancaro.blogspot.com/
http://menancaroexpress.blogspot.com/

Correio-e da Comunidade Menáncaro:

menancaro@gmail.com

_________________