luns, decembro 20, 2010

“O Segredo da Frouxeira”, este Martes 21 de Decembro proxectara-se no Centro Cívico e Cultural de Caranza


Es Martes 21 de Decembro, ás 8 da Tarde, proxectara-se no Centro Cívico e Cultural de Caranza: "O Segredo da Frouxeira" -Unha historia reveladora dun descubrimento transcendental. Este é un acto organizado pòla Asociación Veciñal de Caranza "Cuco Ruíz de Cortazar" .

O documentario será presentado polo seu Director, Xosé Abad Vidal, e pola pesidenta da asociación veciñal, Mª Pilar R.Venancio.


Este é un documentario que pretende recuperar a memoria histórica rendendo homenaxe aos represaliados e ás súas familias,narra a historia de Alejandro Porto Leis, o último alcalde republicano de Serantes, e a de Modesto del Río Polo, Jesús Miño Loureiro e Avelino Landeira Maneiros, “paseados” xunto a él, por haberlle axudado a ocultarse ao comezo da Guerra Civil.

Está dirixido por Xosé Abad Vidal e conta co apoio, entre outros, de TVG, Consellería de Cultura do anterior Goberno galego, Concello de Ferrol, A.C. “Fuco Buxán”, Asoc. Memoria Histórica Democrática e Fundación 10 de Marzo e EAF Produccións.

Participan nel, en aspectos de investigación, asesoramento ou figuración, numerosas persoas relacionadas coa A.C. “fuco buxán” e cos grupos de teatro afeccionado de Ferrol.

Máis información:
--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es



Enviado por:

Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
19 de dezembro de 2010 12:04
____________________

domingo, decembro 19, 2010

Unha manchea de organizacións e colectivos a nivel estatal convocan unha Folga de Consumo para o 21 de Decembro deste 2010 - A CGT-Galicia realizou unha Acción en apoio á Folga de Consumo e a Manifestación do 21-DEC en Vigo - Interesantisimo Chamamento da CGT



Desde hai tempo unha inciativa de moito interese pecorre a rede e os bairros peninsulares, máis de 100 organizacións e entidades de todo tipo organizan unha Folga de Consumo contra o Capital, con data concreta deste Martes 21 de Decembro de 2010. Unha iniciativa que na Galiza non está tendo moita transcendencia, a pesar de ser unha importante ferramenta de toma de conciencia e loita contra a esencia do capitalismo, o modelo neoliberal e o consumismo que invade os nosos fogares e mentes nestas datas de festas do natal, as catedrais do consumo están cheas de "feligreses" para gastar o que teñen e o que non.

Calquer organización, ou persoa a nivel particular, pode apoiar esta convocatoria entrando e escreber no formulario que está no seguinte sitio web:
http://www.huelgaconsumo.org/5094.html.

Só quedan dous días para a convocatoria desta primeira Folga Estatal de Consumo, son máis de 100 as organizacións que apoian a iniciativa, de todas as partes do Estado, proporcionalmente son moi poucas, deberían ser miles, mais a iniciativa ten moito valor, podemos secunda-la apoiando e difundindo a convocatoria que se foi construíndo día a día entre todas as organizacións.

O pasado 26 de Novembro deste ano 2010, tivo lugar, unha iniciativa parecida mais diferente, a 19º edición do "Día sen Compras", un evento internacional que se secunda en máis de  60 territorios. este día evolucionou desde a súa primeira edición en 1992 en Vancouver -Lower Mainland da Columbia Británica, no Canadá- até converter-se nunha data sinalada a nivel mundial onde os colectivos críticos co modelo e os valores consumistas, aproveitan para denunciar as súas consecuencias e propor alternativas de consumo responsábel. Do que se trata agora con esta Folga de Consumo, o vindeiro 21 de Decembro, é dar-lle continuidade, con unha acción máis, á Folga Xeral do 29S.

Lista provisional de organizacións sociais, sindicais, políticas, de consumidores, ... que xa expresaron o seu apoio ao manifesto que convoca a Folga de Consumo para o próximo 21 de Decembro.

Lista provisional de organizacións adheridas:
  1. * FACUA CASTILLA Y LEON - Consumidores en Acción.
  2. * Ecologistas en Acción.
  3. * CGT
  4. * Amigos de la Tierra.
  5. * Federación de Asociaciones de Vecinos de Valladolid.
  6. * Onda Expansiva Radio – Valladolid.
  7. * Sindicato Obrero Inmigrante (SOI-CTM).
  8. * Colectivo Queda la Palabra.
  9. * ONG Africando.
  10. * Planeta Finito.
  11. * XARXA de Consum Solidari.
  12. * Asociación Andaluza por la Solidaridad y la Paz (ASPA).
  13. * Unión de Actores de Castilla y León.
  14. * Alternativa Universitaria.
  15. * SODEPAZ – Valladolid.
  16. * Sonríe y Lucha – Valladolid.
  17. * Otro Teatro – Valladolid.
  18. * Valladolid Web Cultural.
  19. * Izquierda Anticapitalista Valladolid
  20. * Partido Comunista (Agrupación Villaverde) – Madrid.
  21. * Solidaritat Obrera.
  22. * Jóvenes Verdes.
  23. * WWF - Grupo Asturias.
  24. * Asociación Cultural EcoBierzo.
  25. * Los Verdes – Cádiz.
  26. * Ciudadanos de Centro Izquierda.
  27. * Cooperativa Alternativa y Acción Solidaria.
  28. * ADP (ONGD "AMICS DE PALANQUES").
  29. * Asamblea de Vallekas por la Huelga General.
  30. * Asociación Andaluza por la Solidaridad y la Paz (ASPA).
  31. * Asociación la Bombilla Verde.
  32. * Colectivo La Aldea.
  33. * Amigos del Pueblo Saharaui – AVILA.
  34. * BarriodelCarmen.NET.
  35. * Bloque primeroizquierda (en construcción) – GRANADA.
  36. * Plataforma por los derechos sociales de la Sierra del Guadarrama.
  37. * DESAZKUNDEA.
  38. * PAPERS PER A TOTES I TOTS - LA SAFOR.
  39. * WU XING ZINE.
  40. * Asociación Cultural Violeta Smith.
  41. * “La Biblio” Biblioteca Social Autogestionada.
  42. * Ateneo Libertario La Idea, Madrid.
  43. * Ateneo Confederal Rojo y Negro.
  44. * Revista Libre Pensamiento.
  45. * Periódico Rojo y Negro.
  46. * Red de Economía Alternativa y Solidaria (REAS) - Aragón.
  47. * Plataforma "Que la crisis la paguen los ricos" de Zaragoza.
  48. * Coordinadora de Movimientos Sociales de Zaragoza.
  49. * Asociación Nuevo Ruesta.
  50. * STERM.
  51. * STEPV-IV.
  52. * EUPV-La Unitat-Verds.
  53. * Papers y Plataforma Pels Pobles.
  54. * Acción Antifascista Salamanca.
  55. * Colectivo Estudiantil Alternativo de Salamanca - (CEA).
  56. * SOV - Confederación General del Trabajo de Salamanca - (CGT)
  57. * Izquierda Unida de Salamanca - (IU)
  58. * Juventudes Comunistas de Salamanca (UJCE)
  59. * Partido Comunista de España - Agrupación de Salamanca -(PCE)
  60. * Unidad Estudiantil (UnE).
  61. * Foro Social de Tomelloso.
  62. * Juventudes Comunistas de Tomelloso.
  63. * Baladre.
  64. * Plataforma pels Drets Socials de València (que agrupa a cerca de 40 colectivos).
  65. * Izquierda Unida Valladolid.
  66. * Izquierda Republicana. Agrupacion de Salamanca.
  67. * Assemblea pels Drets Socials (ADS) del Garraf.
  68. * SASTIPEM THAJ MESTAPEM.
  69. * Jóvenes Verdes.
  70. * Cooperación Alternativa y Acción Solidaria.
  71. * Grupo el cosmopolita (jóvenes anarquistas de Valladolid).
  72. * ALTERNATIVA SINDICAL DE TRABAJADORES (AST).
  73. * Foro Social de Segovia.
  74. * rakatapam.org.
  75. * Assemblea pels Drets Socials (ADS) del Garraf. 75. Asamblea libertaria de Soria.
  76. * La Aurora.
  77. * Colectivo Antisistema Soriano.
  78. * Colectivo ConSuma Responsabilidad.
  79. * Izquierda Anticapitalista de Burgos.
  80. * IU Burgos.
  81. * PCE Burgos.
  82. * JOC Burgos.
  83. * Juventudes Comunistas de Burgos.
  84. * "¿Quién debe a Quién? Madrid.
  85. * CNT Joaquín Costa.
  86. * Segovia de Izquierdas.
  87. * Coordinadora Antifascista de Segovia.
  88. * Los gatos del Parbú (Colectivo musical).
  89. * Federación de Asociaciones de Vecinos de Salamanca (Fevesa).
  90. * FFM Isidora Duncan.
  91. * BAF Lugo.
  92. * Coordinadora Verde.
  93. * Naturtarbena.
  94. * AEYUCE.
  95. * JATAAY.
  96. * Colectivo no nos resignamos.
  97. * Trasversales.
  98. * Colectivo Social ISKRA (Alcobendas).
  99. * Foro Social de Ciudad Real.
  100. * Ecologistes en Acció.
  101. * Recyclanet
  102. * ESTAT VALENCIÀ
  103. * Traffic Mutants
  104. * Asociacion Juvenil Elefanter - Madrid
  105. * Asociación ONG Caravana Arcoíris por la Paz
  106. * Gurutzne
  107. * Cooperativa de consumo ecológico La Pera
  108. * Altermundista CR

Para máis información hai un sitio web de moito interese:

http://www.huelgaconsumo.org/
_________________________

A CGT-Galicia realizou unha Acción en apoio á Folga de Consumo e a manifestación do 21D en Vigo

Fíxose un chamamento á propia Folga e tamén á Manifestación do próximo martes

Un grupo de activistas encadeou onte aos mariñeiros do “Monumento ao traballo” en Vigo. Hoxe aínda conservaban as cadeas e as pesadas cargas que soporta a clase traballadora. Como unha imaxe vale máis que mil palabras velaquí a galería fotográfica do resultado da acción

Chamamento da CGT

ESTE MARTES 21 DE DECEMBRO
FOLGA DE CONSUMO CONTRA O CAPITALISMO
MANIFESTACIÓN EN VIGO
XORNADA SEN CONSUMO, DÍA SEN COMPRAS
POR QUE UNHA FOLGA DE CONSUMO?

Tras a Folga Xeral do 29-S, traballando pola convocatoria de novas folgas xerais no estado español e unha Folga Xeral europea, proseguimos cun calendario de mobilizacións, manifestacións, de loitas en fábricas, empresas, sectores, territorios … contra as políticas antisociais do goberno, a reforma laboral, a reforma das pensións, os recortes sociais e laborais, ata conseguir a derrogación de todas estas leis e instaurar as bases dun novo modelo social, económico e produtivo que non estea baseado no produtivismo, o crecemento indiscriminado, a política de desenvolvemento, a explotación, o consumismo.

Loitar contra o consumismo é loitar contra o capitalismo, renunciando á dilapidación dos recursos, ao incremento da produción co só obxectivo de obter beneficios pasando por enriba da saúde e da calidade de vida dos traballadores ou a propia continuidade da vida no planeta. O consumismo é o estilo de vida propio deste sistema social neoliberal, que explota as persoas, espolia os recursos dos países pobres, xera a enfermidade crónica da insatisfacción permanente e non valora a satisfacción das necesidades senón que nos converte en obxectos escravos de todo o superfluo e innecesario que o mercado nos presenta.

QUE É A FOLGA DE CONSUMO?

É moito máis que un día sen compras. Supón reformularse o sistema produtivo que padecemos. Implica unha reflexión moi crítica sobre os hábitos e tipo de vida que temos, como actuamos, que pensamos, para que traballamos, que sentido ten a propiedade, en que gastamos o que gañamos… Implica unha aposta pola austeridade, unha aposta pola repartición do traballo e da riqueza, unha aposta polo decrecemento, contra a ostentación, o luxo, o dispendio, o superfluo … Significa cambiar a orde de prioridades sobre o que se debe seguir producindo, en que sectores seguir crecendo e en que sectores é necesario decrecer, unha reflexión sobre o que se debe consumir, sobre a calidade de vida, sobre a soberanía alimentaria, sobre a procedencia dos produtos que comemos, sobre a solidariedade cos países e persoas explotadas polo primeiro mundo, sobre a necesidade de reciclar, de compartir, de apoiarnos mutuamente, sobre o tipo de enerxía renovable que hai que potenciar … A Folga de Consumo supón afirmar a nosa capacidade de autonomía e autoxestión fronte a un sistema produtivo capitalista que entende as persoas tan só como consumidores ou recursos que hai que explotar. Trátase de boicotear e non adquirir ningún tipo de ben, produto ou servizo durante o próximo 21 de decembro, co obxectivo de paralizar o sistema produtivo, as grandes empresas, bancos, multinacionais e obrigar os gobernantes do estado central, autonómico e local para que corrixan a súa actual política económica insostible e antisocial que maltrata, despreza e despoxa a todos os colectivos desfavorecidos.

QUEN PODE FACER A FOLGA?

A diferenza dunha Folga Xeral, a Folga de Consumo, pode ser secundada por toda a sociedade, empezando polos que máis están a sufrir esta crise: as persoas paradas, xubiladas, traballadoras, autónomas, estudantes, etc.

COMO PARTICIPAR NA FOLGA?

Non comprando, nin adquirindo, nin consumindo calquera tipo de ben, produto ou servizo que non sexa imprescindible.

Por exemplo:
  • Ao levantarnos, consumir a mínima cantidade de electricidade ou auga, baixar o termóstato varios graos, non usar produtos contaminantes, tóxicos…
  • Realizar os desprazamentos en medios públicos de transporte e, se é posible, andando ou en bicicleta. Se fose imprescindible o uso dun vehículo particular, procurar non viaxar sós ou soas e compartir o desprazamento con outras persoas.
  • Non comprar nos grandes almacéns, centros comerciais, supermercados, bancos, gasolineiras, bares, cafetarías, restaurantes, comercios, empresas de venta telefónica ou por Internet…
  • Evitar o consumo telefónico, o uso das tarxetas, o envío de correo electrónicos, a instalación de calquera servizo…
  • Retirar o diñeiro dos bancos (quen o teña) para que comprendan que o diñeiro é noso e que temos poder para transformar a realidade.

CONTRA QUEN VAI A FOLGA?

A Folga de Consumo non se fai contra o pequeno comercio ou autónomos, que tamén están a pagar a crise que bancos, multinacionais e especuladores provocaron. Estes sectores poden e deben apoiar esta folga. A Folga de Consumo realízase contra os responsables da crise (banca, especuladores, patronal, clase política). Os grandes bancos, multinacionais e especuladores que ocasionaron a crise do mercado financeiro mundial e que recibiron axudas de decenas de miles de millóns dos contribuíntes, están agora a forzar aos gobernos para atrasar a idade de xubilación aos 67 anos, para abaratar aínda máis o despedimento tal e como xa conseguiron coa Reforma Laboral, para privatizar a Seguridade Social pola vía do copagamento, queren recortar máis dereitos sociais e laborais, seguir reducindo o noso poder adquisitivo rebaixando ou conxelando aínda máis salarios e pensións…, e é necesario paralos. Con esta Folga podemos demostrar en mans de quen está a clave da transformación social e definir un novo modelo produtivo e social non baseado no consumismo, a especulación e a explotación das persoas e do planeta. O modelo económico e político do Capitalismo e Neoliberalismo fracasou, social e ecoloxicamente. O capitalismo pretende seguir aumentando as súas grandes fortunas recortando os nosos dereitos, salarios e prestacións sociais; e intentando que traballemos máis horas e anos por menos diñeiro. Esta é a súa forma desapiadada de crear emprego. Debemos demostrar a quen realmente ten a culpa desta crise e ás súas marionetas, “a clase gobernante”, que somos a maioría da sociedade: desempregados, estudantes, traballadores, xubilados, autónomos quen, co noso traballo e consumo, mantemos o modelo actual e o podemos cambiar. Estamos cansos de sufrir a súa dobre rapadoira:
  • Mentres nos piden esforzos económicos con maiores impostos e austeridade salarial, as súas grandes fortunas seguen aumentando escandalosamente. Directivos e conselleiros do IBEX 35 teñen un salario medio de 1 millón de Euros, mentres que en Wall Street seguen incrementando os seus salarios que, en conxunto, son maiores ao Produto Interior Bruto de España.
  • Á vez que piden abaratar aínda máis o despedimento, blíndanse os contratos percibindo indemnizacións millonarias (9,1 millóns de euros custou o despedimento dun directivo en Galletas Gullón, por exemplo).
  • Pídennos moderación nas pensións, pero Emilio Botín (do Santander) ou Francisco González (do BBVA) adxudicáronse unhas pensións de 24,6 e 79,8 millóns de Euros.
  • Recortan dereitos sociais e soben os impostos que afectan á maioría da cidadanía (IRPF, IVE), pero non toman ningunha medida para que quen causou esta crise colabore na súa resolución facendo que pague máis de verdade, quen máis ten.

Pola repartición do traballo e da riqueza.

Repartir o traballo traballando menos para traballar tod@s, reducindo para iso a xornada laboral sen diminución de salario, eliminando as horas extraordinarias e os axustes, adiantando a idade de xubilación e excluíndo a intermediarios como as subcontratas ou as ETTs.

Repartición da riqueza, entendendo esta repartición non como accións ou dividendos entre a poboación, senón empregando ese diñeiro nuns servizos públicos de calidade e con carácter universal para que poidamos gozalos os que realmente producimos dita riqueza.

Contra a Reforma Laboral e a Reforma das Pensións, polo mantemento do poder adquisitivo para asalariados e pensionistas, por un novo modelo social e produtivo sostible cuxos beneficiarios sexamos as persoas e non os mercados.

Despois do 29-S?

21 de Decembro, "FOLGA DE CONSUMO CONTRA O CAPITALISMO

Fonte: Confederación Xeral do Traballo en Galicia - CGT
_________________

Este Luns 20 de Decembro, en Ferrol, presentación do libro de Benigno Campos: “Novas receitas da cociña de Larpeiros”

Organizado por Fuco Buxán AC, este Lúns 20 de Decembro, ás 8 da tarde, terá lugar, na Fundación Caixa Galicia,  a presentación do último libro de Benigno Campos: “Novas receitas da cociña de Larpeiros”, editado pola Editorial Galaxia e que inclue o CD “As cantigas dos Larpeiros”. O prólogo é de Xosé Cermeño, guionista do programa “Os Larpeiros” na TVG.

No acto de presentación Intervirán, José Torregrosa, Directivo da A.C. Fuco Buxán e Benigno Campos, cociñeiro e autor do libro, que firmará exemplares do mesmo neste acto.

No diálogo entre os dous intervinientes e no coloquio posterior, abordaranse diversos aspectos da cociña sinxela e tradicional galega, da súa proxección social e da personalidade do autor do libro, outrora traballador dos estaleiros vigueses e lider sindical e hoxe cociñeiro de éxito sen perder un chisco do seu natural afable e o seu compromiso social.

O coñecido chef Benigno Campos, que nos deleita con moito swing fogonero no programa Larpeiros de TVG, acaba de axuntar gastronomía e música nun coidado libro que leva por título 'Novas receitas dá cociña de Larpeiros', que incorpora un CD coas cantigas de Larpeiros. Editado por Galaxia con motivo do sesenta aniversario da fundación desta exemplar empresa, devandito volume explica como elaborar facilmente decenas de manxares tradicionais de Galicia. Ademais, o prólogo é unha verdadeira joyita literaria escrita por Xosé Cermeño, un xenio dos guións televisivos que de cociña tamén sabe un intre longo. Cómpreno. Xa”. - El Correo Gallego.

Entrevista a Benigno en La Opinión-Coruña

--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es

Enviado por:
Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol

-fucobuxan@gmail.com-
18 de dezembro de 2010 17:12
________

sábado, decembro 18, 2010

Se a ti non te vale a min pode que si: Domingo 19 de Decembro, Mercadiño de Troco en Ferrol

Troca e reutiliza, "Se a ti non te vale a min pode que si", baixo este e outros lemas contra o consumismo, celebra-se en Ferrol e noutra cidades da Galiza, do estado, de Europa e do resto do Mundo, "Mercadiños do Troco", como unha alternativa de consumo ecolóxica e saudábel.

En Ferrol celebra-se os terceiros domingo, coincidindo coa feira mensal de Ferrol, mais só dos meses pares, troca-se desde as 11 da Mañá até as 2 da Tarde na Praza Vella de Ferrol. Polo que o mercadiño será este Domingo 19 de Decembro.

O Mercadiño é un espazo de encontro de exposición de diferentes obxectos para o seu troco ou cesión.

O Mercadiño Dixital en:
trocaferrol.org

Nas redes sociais:
facebook.com


__________________

Posicionamento da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol respecto da privatización do Souto de Leixa

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol manifestamos a nosa oposición á privatización da xestión do Centro Souto de Leixa, no que traballan 117 persoas e que atende a 200 alumnos e alumnas con discapacidade, que vai supoñer unha redución importante do cadro de persoal e unha peor calidade asistencial.

A privatización dos servizos públicos e unha constante da actual Xunta de Galicia que tamén se quere facer extensiva á Sanidade Pública e que esta Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol de Ferrol vimos denunciando. A actual Xunta de Galicia pretende converter a xestión dos servizos sociais nun negocio para certas empresas, a pesar de saber que se vai reducir e precarizar o emprego e ofertar unha peor asistencia. Esta denuncia nosa tamén é compartida por 14000 persoas de Ferrolterra que, a través da súa sinatura, xa expresaron a súa oposición á privatización da xestión do Centro de Souto de Leixa e de calquera outro centro público.

Nesta comarca a Xunta de Galicia tamén quere privatizar a xestión dos Centros de Saúde que se proxecta construír nos Concellos de A Capela, Ares, Cedeira e Narón, Privatización que vai supoñer un maior custo para a cidadanía e que abrirá a porta de pago por algunhas das prestacións que ata o de agora eran universais e gratuítas.

Desde a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol queremos amosar o noso total apoio ó cadro de persoal do Souto de Leixa, apoio que se fai extensivo ós alumnos e alumnas e ás súas familias que serán quen sufran unha prestación de servizos de moita peor calidade.

Sábado, 18 Decembro 2010

Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol
_____________________________

venres, decembro 17, 2010

Este Venres, 17 de Decembro, vai ter lugar, en Ferrol, o 5º Foro Cívico: “O modelo de cidade que queremos" - Participa !!

Este Venres, 17 de Decembro de 2010, de 6 a 9 da Tarde, na Sala de Actividades do Centro Cultural Carvalho Calero, na Praza do Inferniño de Ferrol, terá lugar o 5º dos Foros Cívicos recollidos no Regulamento de Participación Cidadá

A democracia participativa, as políticas de xuventude, a posta en valor do patrimonio e o medio ambiente ou as novas tecnoloxías foron até o de agora algunhas das temáticas que se abordarón. Os foros son instrumentos de reflexión e participación aprobados ao abeiro do proceso de Orzamentos Participativos de 2009, proceso pioneiro na Galiza.  Acordou-se a súa realización na Asemblea Cidadá para os Orzamentos Participativos de 2009, deseñando-se en conxunto polos dous grupos de traballo dos Orzamentos Participativos e do Regulamento de Participación Cidadá. Ditos foros cívicos están contemplados no Regulamento de Participación, no que se recolle a súa función.

Permiten a participación cidadá en cuestións que afectan a máis dunha área ou sector de actividade municipal. Son, polo tanto, órganos de carácter transversal ou interdepartamental que teñen entre os seus cometidos promover a colaboración entre asociacións, persoas expertas e vinculadas ás temáticas que se aborden nos foros.

Outra das súas funcións é canalizar a participación directa na xestión municipal dos asuntos que afecten a máis dunha área orgánica da actividade municipal, das persoas e das entidades afectadas ou interesadas, establecendo os mecanismos necesarios de información, estímulo e seguimento das actividades municipais. Tamén participar na toma de decisións sobre as medidas a adoptar polo Concello na temática do foro escoitando e debatindo as demandas cidadás e elaborando propostas en forma de dictames e informes. Finalmente, controlarán a execución, por parte do Concello, das actuacións que tivese aprobado a partires dos informes emitidos polo foron.

Xa se realizaron no pasado mes de Novembro os de:
  • Democracia participativa. Promoción da participación cidadá no tecido social e administrativo. Corresponsabilidade.
  • As políticas de xuventude e a participación cidadá.
  • Posta en valor do patrimonio e o medio ambiente.
  • Novas tecnoloxías, aforro enerxético e enerxías alternativas.
Este Venres 17 de Decembro terá lugar un moi importante como é "O modelo de cidade que queremos. Ordenamento urbanístico e compromisos sostibles coa cidadanía.


Participa !!

Coordena os Foros:

Jorge Fente Balsa
Móbil: (34) 627-570943
Tfno.: (34) 981-589269
jorge.fente@cidadania.coop
____________________________

xoves, decembro 16, 2010

“Ninguén sobra nunha situación de Crise” . Manifesto do Foro Galego da Emigración para o Día Internacional das Persoas Migrantes

Manifesto
Día internacional das persoas migrantes

NINGUÉN SOBRA NUNHA CRISE!

A palabra migración, que foi desde a orixe da humanidade sinónimo da súa propia historia, chora hoxe a súa corrupción ata o loito, por todas as inxustizas acaecidas nun mundo no que o neocolonialismo usufrutúa con avidez os recursos de moitos pobos, entanto castiga cunha inxustiza que se contradí coas súas propias leis aos que chegan fuxindo da realidade na que transformaran os seus lugares de orixe.

As persoas migrantes vémonos obrigadas a ofrecernos como man de obra barata e desprotexida, moitas veces considerada ilegal, unicamente polo feito de termos nacido nun territorio concreto dun mundo en cuxas fronteiras os países ricos abren portas coa forza da súa economía ou das súas armas.

As noticias globais sobre os atentados contra as poboacións de moitos lugares do mundo, dos que se desprenden beneficios para os estados máis enriquecidos, así como a persecución aos migrantes son feitos cada día máis preocupantes.

Nunha recente entrevista concedida ao diario Público.es, o escritor uruguaio Eduardo Galeano recordaba que o racismo “produce amnesia. Porque todos somos africanos emigrados”. Denunciamos que esta amnesia está a ser a auténtica pandemia que sofre unha parte da sociedade, que as medidas de prevención aplicadas á Gripe A deberían trasladarse a este cancro de inxustiza que ataca á humanidade e á súa casa, a Terra.

Non debemos permitir un só espirro que contaxie doenzas tan graves como as acontecidas no último ano, como a expulsión de cidadáns de orixe romena e búlgara, maioritariamente pertencentes à secularmente maltratada etnia xitana; a “Lei Arizona”, que veu lexitimar a discriminación e o controle policíaco da inmigración nos Estados Unidos; o masacre de 72 migrantes en Tamaulipas, México; ou a aplicación de políticas xenófobas e do constante recorte de dereitos que veñen poñendo en marcha diferentes países da Unión Europea.

A crise económica está a empeorar as condicións de vida de toda a poboación e, en particular, das persoas inmigrantes: os seus contratos son cada vez máis precarios ou inexistentes; as posibilidades de regularización, máis remotas; os dereitos de reagrupación familiar, menos contemplados e, en liñas xerais, as persoas, máis discriminadas e desprotexidas.

Ademais do paro; das dificultades económicas, do temor a rematar a prestación de desemprego, do medo ao desaloxo polo impago da hipoteca ou a non chegar a fin de mes, as persoas inmigrantes debemos enfrontar o desasosego de atopar un control policial á volta da esquina, a incerteza dunha deportación expréss, a humillación de identificarse a calquera hora e lugar simplemente por ter unha cor de pel diferente.

A criminalización e persecución das persoas migrantes indocumentadas inoculan o medo e a fractura social entre conveciños e entorpecen a convivencia entre as persoas que habitamos un mesmo territorio, obstaculizando as posibilidades reais de que nos acomodemos e nos sintamos cidadás de pleno dereito desta sociedade que escollemos para desenvolver o noso proxecto de vida.

Ante todos estes síntomas, que xorden cada minuto no mundo, propoñemos vacinarnos contra os discursos demagóxicos que alertan sobre o carácter delincuencial e ameazante da inmigración, cuxo único propósito é desviar a atención dos auténticos responsábeis da crise económica, social e ambiental que estamos a vivir, ao tempo en que espertan sentimentos de competencia e desconfianza entre a poboación, deixando espazo para o rebrote de actitudes e comportamentos racistas que criamos enterrados.

Neste día 18 de Decembro, no que recordamos que as migracións forman parte do substrato de todos os pobos do mundo, antes que celebrar, tócanos lanzar un berro de repulsa e esixir o peche dos centros de internamento e detención de estranxeiros, a supresión das crecentes redadas, identificacións e deportacións de centos de miles de migrantes en países de tránsito e de destino, e o derrubamento dunha Lei de Estranxeiría que propicia e lexitima a desigualdade e a segregación social.

Toca denunciar os recortes sociais, a privatización dos servizos públicos, a reforma laboral e no sistema de pensións, en definitiva, todo o conxunto de medidas neoliberais que veñen facendo con que a vida da poboación en xeral –incluídas as persoas migrantes- vexase sometida a unhas doses cada vez maiores de precariedade, illamento e control por parte duns poderes públicos submisos aos intereses dos mais ricos e poderosos.

Proclamamos que en tempos de crise o único tratamento que pode debelar a pandemia de inxustiza, discriminación e violencia a que estamos expostas, é sumando, xentes de aquí e de acolá, todos os nosos esforzos, vontades e saberes, redescubrindo o potencial do colectivo e reatando os lazos de solidariedade e cooperación social capaces de poñer en marcha o proceso de transformación social necesario para conquistar a vida digna a que todas e todos temos dereito.

Foro Galego de Inmigración
Rede de asociacións e entidades de apoio ao inmigrante
foroinmigracionsantiago@yahoo.es
http://forogi.wordpress.com/

Enviado por:
AMARANTE Setem
-amarantesetem@amarantesetem.org-
16 de dezembro de 2010 01:22
www.amarantesetem.org
_____________________

Tod@s somos Inmigrantes !
Día internacional das persoas migrantes
Colectivo Ártabra 21
__________________________________

Concentración contra o peche da delegación da TVG en Ferrol: Venres 17 de Decembro, ás 6 da Tarde

Pola reapertura da delegación da TVG en Ferrol:
ASISTE E AVISA A QUEN POIDAS

Convócase concentración protesta para este VENRES 17 de decembro ás 6 da tarde diante do nº7 da praza das Angustias (diante do local que ocupaba a delegación de TVG en Ferrol)

O pasado 30 de novembro a CRTVG pechou por sorpresa a delegación que tiña en Ferrol e na que traballaban 12 persoas para lle dar cobertura informativa ás comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.

O peche da delegación causa un grave dano ó tecido social, económico, cultural, político e deportivo da comarca.

A comarca de Ferrol é a terceira maior área poboacional de Galicia e os seus cidadáns non poden quedar sen este servizo público da Televisión de Galicia e a Radio Galega.

O traslado do persoal que traballaba en Ferrol á delegación de Coruña non vai permitir que se realice a correcta cobertura informativa desta área.

A reestructuración que a CRTVG fixo nas súas delegacións tamén supuxo o peche dos centros de Pontevedra, Burela, Oporto e Bruxelas, así como o despido de medio cento de traballadores. Estas accións están danando a calidade informativa da radio e a televisión públicas galegas, e causando prexuízos a tódolos cidadáns.

Por este motivo CONVÓCASE A TÓDOLOS CIDADÁNS A PARTICIPAR NA CONCENTRACIÓN PROTESTA para reclamar a reapertura da delegación de RTVG en Ferrol.

Día: Venres 17 de decembro
Hora: 6 da tarde
Lugar: Praza das Angustias, nº 7, Ferrol.

acciontvgferrol@gmail.com

Enviado por:
Acción TVG Ferrol
-acciontvgferrol@gmail.com-
16 de dezembro de 2010 01:03
__________________

Tod@s Somos inmigrantes: 18 de Decembro "Día Mundial das Persoas Migrantes" - Manifesto Sindical do Colectivo Inmigrante

Foro Galego de Inmigración
"Ninguen sobra nunha situación de Crise"

O Foro Galego de Inmigración formado por máis de 80 asociacións e entidades de toda Galiza xunto coas centrais sindicais CIG e CUT presentaron en rolda de prensa a Campaña: “Ninguen sobra nunha situación de Crise” que inclue unha serie de actos e actividades a desenvolver en diferentes lugares de Galiza en relación coa celebración do Día Mundial das Persoas Migrantes, este 18 de Decembro.

Os principais eixos temáticos da Campaña serán:

1.- O rexeitamento da política de persecución policial das persoas inmigrantes en situación de irregularidade administrativa que se ven incrementando nos últimos meses.

2.- O aumento tamén nos últimos meses das esixencias administrativas que as subdelegacións de goberno de Galicia veñen establecendo nas tramitacións de expedientes por parte das persoas estranxeiras, dificultando ou impedindo a resolución positiva das mesmas.

3.- Presentación dunha Proposta cos sindicatos CIG e CUT para flexibilizar os requisitos para as renovacións de autorizacións de traballo nestes tempos de crise económica e impedir así que persoas con varios anos de residencia legal en España queden en situación de irregularidade administrativa.

Para máis información: Miguel Fernández (981-580506-662-307019) ou Rocio Rodríguez (981-580506-600-876480)

Foro Galego de Inmigración
Rede de asociacións e entidades de apoio ao inmigrante
foroinmigracionsantiago@yahoo.es
http://forogi.wordpress.com/

MANIFESTO SINDICAL COLECTIVO INMIGRANTE

O sistema en crise esperta hoxe debates encol dos supostos perigos da inmigración. Debates superficiais con reaccións provocadas de antemán, populistas e xenófobas. Serven como un mecanismo máis de agochamento da verdadeira natureza da crise, mais non só, tamén erguen fronteiras no propio interior da clase obreira, que veñen enfraquecer as nosas loitas e garantiren a pervivencia da orde social existente.

As persoas migrantes, lonxe de seren un colectivo cunhas problemáticas illadas que deban ser respondidas por vías caritativas, representa un dos elos máis febles na cadea do modelo socioeconómico, é dicir, son clases oprimidas do mesmo, e cando este entra en crise sofren as súas consecuencias coa violencia lóxica para a súa subalternidade. Pensemos, por exemplo, nas destrutivas consecuencias que traerá a privatización dos servizos sociais co desmantelamento da sanidade pública e a implantación dos sistema de copago na atención, como a UE vén demandando.

O sindicalismo combativo debe facer súas as problemáticas das e dos inmigrantes e espir perante toda a cidadanía galega o trato que o noso sistema lles infrinxe. Co obxectivo de contribuírmos neste traballo, desexamos reflectir aquí as seguintes denuncias de irregularidades administrativas, violacións de dereitos e inxustizas sociais das que tivemos coñecemento nos últimos tempos, acompañadas das nosas pertinentes demandas ao respecto:
  • Denunciamos os inconvenientes nas solicitudes de Arraigo Social. Na actualidade, en virtude dunha nova circular virtual, non coñecida polas persoas interesadas, a caducidade do Certificado de Antecedentes Penais pasa a considerarse de tres meses desde a expedición no país de orixe (até o de agora eran tres meses desde o último selo en Madrid). Esta cuestión non é baladí dado que a tramitación deste documento por vía diplomática demora nalgúns países máis de 1 mes. Asistimos, ademais, á denegación destas solicitudes por caducar os Penais, obrando xa no Negociado de estranxeiría.
  • Denunciamos que no Arraigo Social, con frecuencia excesiva, as solicitudes son denegadas por causas alleas á traballadora ou traballador inmigrante: por ter a empresa débedas coa AEAT e/ou coa TXSS. Antes, no Recurso de Reposición existía a posibilidade de presentar un novo contrato de traballo, hoxe obrigan a reiniciar o expediente coa nova presentación da documentación obrante nos Negociados de Estranxeiría. - Denunciamos a extrema lentitude de resolución nas renovacións de Autorizacións de Residencia e Traballo, o que implica a perda do subsidio de desemprego por caducidade da tarxeta. Alén disto, ante unha realidade de taxas de desemprego desmesuradas, o límite de 6 meses de cotización á Seguridade Social para a renovación de tarxetas tórnase unha barreira excesivamente ríxida e antisocial. Reclamamos a aplicación de criterios de flexibilidade por parte das Subdelegacións de Goberno.
  • Denunciamos a explotación, hoxe con máis crueza, das empregadas de fogar, nomeadamente das internas. A existencia de ETT adicadas ao servizo doméstico supoñen, na maior parte dos casos, un empeoramento das condicións laborais.
  • Denunciamos, novamente, a Directiva do Retorno, directiva da vergoña, que fai fincapé na consideración da inmigración como man de obra barata que é regulada segundo os intereses da Patronal.
  • Denunciamos as mutuas de seguros que obrigan a ocultar os accidentes de traballo como enfermidades comúns.
  • Denunciamos a existencia de visados de estudantes de 6 ou menos meses, sen correspondencia coa duración dos estudos que veñen realizar, denegándolles a posibilidade de documentarse e imposibilitando a renovación, ao obrigar aos afectados a solicitar nos seus países de orixe un novo visado.
  • Denunciamos a normativa de familiar comunitario e os seus ascendentes, pois o ser cónxuxe de cidadán do Estado español empeora as condicións respecto de ser cónxuxe de cidadán da Unión Europea.
  • Solicitamos ao Goberno do Estado que amplie o prazo de solicitude de nacionalidade española para netas e netos, pois esta opción péchase o 27 de decembro.
  • Denunciamos a redución de axudas e subvencións ás entidades inmigrantes por parte da Xunta de Galiza e a nula política da Xunta en materia de Emigración de Retorno da que Galiza ten competencia plena.

Denunciamos, en resumo, un futuro crítico para un colectivo de presente moi precario. Compartindo esta mirada co proletariado de Galiza, sexa autóctono ou estranxeiro, manifestamos: primeiro, que o actual contexto non é un accidente no capitalismo senón que é a súa esencia mesma, na cal as/os inmigrantes ou ben sobran, ou ben son reducidos a man de obra escrava; e segundo, que vale moito a pena traballar na loita transformadora xa que, dunha mirada profunda ao colectivo migrante, aprendemos que baixo o actual sistema económico non existe ningunha saída real da crise.

Fonte: Susete'70

Tod@s somos Inmigrantes !

Colectivo Ártabra 21

Información baseada na enviada por:
Juan Fernández Sixto
16 de diciembre de 2010 a las 7:11
__________________

mércores, decembro 15, 2010

Este sábado 18 de Decembro de 2010, entre as 11 e as 13 horas, nova edición d'O Recuncho, o programa da Asociación Cultural Fuco Buxán que se emite en Rádio Filispim no 93.9 fm

[Emisión en directo: Sábado de 11:00hs. a 13:00hs.
- Repetición en diferido: Mércores, de 15:00hs. a 17:00hs. e Domingos, de 20:00hs. a 22:00hs.]

O Recuncho nº 35

Este sábado 18 de Decembro, nova edición de O Recuncho, o programa da Asociación Cultural Fuco Buxán.

Coma sempre, de 11 a 13 horas no 93.9 fm, Radio Filispim.

Neste programa destacamos os seguintes contidos:
  • Especial música: Enrique Morente.
  • Coñeceremos unha das revolucións aparecidas a partires de Internet: O Couch Surfing, nova forma de viaxar que xa conta con millóns de usuarios en todo o mundo. Falaremos cun usuario deste servizo.
  • Coma de cotiá José Torregrosa coa súa sección “O espertar da razón”.
  • No estudo de Radio Filispim: Karlotty, Guillermo Ferrández, Lorena Calaza, José Torregrosa, Pedro Ferrández e Fernando Ocampo cun especial poesía que leva de título: “A poesía é unha arma cargada de presente” .
  • Escoitaremos audios da conferencia organizada por Fuco Buxán acerca dos últimos acontecementos no Sáhara. Escoitaremos a: Julián Delgado Aguado autor do libro “Morer polo Sáhara” e a Santiago Jiménez, Catedrático de Geografía e Historia da Universidade de Santiago.

Sen máis, un saúdo dende O Recuncho.

Tódolos programas en:
www.recunchofuco.blogspot.com

fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es


Enviado por:
Miguel Castro Serantes
-opafuco@gmail.com-
15 de dezembro de 2010 13:43
_________________________

Declaración histórica de Cristina Fernández, a presidenta da República Argentina, diante das agresións institucionais, policiais, armadas, políticas e xenófobas á poboación migrante, con motivo da ocupación do parque Indioamericano de Buenos Aires, por centos de persoas sen teito - Marcha en Buenos Aires esixe a Macri solución para familias sen vivenda - Os pistoleiros do PRO ao descuberto


Cristina Fernández rexeita a xenofobia e pide desculpas a países "irmáns"
Vernes, 10 de Decembro de 2010

A presidenta arxentina, Cristina Fernández, afirmou "Non estou disposta a que Arxentina se integre no club de países xenófobos do planeta" e pediu desculpas ás nacións que se sentiron "ofendidas" por unhas afirmacións do alcalde de Bos Aires, Mauricio Macri. teleSUR


______________________

Buenos Aires - Argentina - 15 de decembro de 2010

Organizacións sociais e políticas mobilízanse este martes en Bos Aires para esixir sexan atendidos os reclamos das familias apostadas no parque Indoamericano de Vila Soldati, que piden ao goberno local do opositor Mauricio Macri, solucións habitacionais.

Convocados por sindicatos, cooperativas e outras estruturas gremiais, as marchas condenan a represión da Policía Metropolitana, para desaloxar aos manifestantes que permanecen no parque desde fai unha semana.

As protestas iniciaranse en horas da tarde. Unha destas ten como destino a Xefatura do Goberno porteño, sede na que se repudiarán as mortes de Vila Soldati, a violencia policial deixou tres mortos, segundo a Fiscalía.

"Basta de patotas, represión e morte. O dereito á vivenda non ten fronteiras. A nosa Patria é América", será consígnaa doutra das mobilizacións.

As marchas buscan ademais expresar solidariedade coas familias que permanecen en protesta baixo tendas de campaña no parque Indoamericano de Vila Soldati.

O correspondente de teleSUR en Arxentina, Edgardo Esteban, recordou que o Goberno de Macri debe prover de alimentos aos inmigrantes, de acordo a unha orde xudicial.

Os grupos de persoas sen documentos, non poden ata o momento entrar e saír do parque, porque permanece custodiado por efectivos de seguridade, quen controlan o ingreso e egreso de persoas.

Este martes, un grupo das familias arxentinas e inmigrantes reclamaron máis racións de alimentos e que se lles garanta a libre entrada e saída do recinto.

"As racións de comida están chegando na parte principal do parque pero non pasa o mesmo na zona de Castañares e Escalada", denunciou á prensa local, un dos manifestantes.

"Co que se está mandando, os delegados chegan a repartir a algúns e hai que esperar horas para ver algo de comida ou que algún da familia achégueche algo", agregou.

Entre as familias apostadas na Vila hai cidadáns de orixe boliviana, outros grupos de paraguaios e ata arxentinos "sen teito".

O presidente de Bolivia, Evo Morales, mostrouse disposto a dotar de terras fiscais en Bolivia aos seus compatriotas.

"Que os nosos irmáns bolivianos traballen dignamente e non ir alá (pola Arxentina) a asaltar terras nin quitar propiedades", declarou o gobernante durante unha conferencia de prensa na Paz.

"Se queren terras que veñan. Aquí temos terras, especialmente terras fiscais que comezamos a recuperar. Temos moitas terras, felizmente algúns volveron" ao país, agregou.

O goberno arxentino rexeitou a violencia xerada no barrio de Bos Aires polas forzas policiais controladas polo o opositor Mauricio Macri.

O xefe do Gabinete, Aníbal Fernández, atribuíu a responsabilidade ao alcalde da capital por instar á "xenofobia e a discriminación" o pasado martes, ao pronunciarse en contra dos inmigrantes.

Fernández denunciou este luns que os atacantes que intentaron desaloxar o fin de semana por centos de familias inmigrantes nun barrio de Bos Aires, non eran veciños como se informou nun principio, senón activistas políticos ligados ao Goberno da capital, liderado por Mauricio Macri.

teleSUR -Telam - Infobae / ld-YR
__________________

Interesantisimo reportaxen no xornal arxentino "Miradas al Sur":

Os pistoleiros do PRO ao descuberto
Año 3. Edición número 134
Por Ricardo Ragendorfer
12.12.2010

Baixo a violencia desatada en Vila Lugano subxace un complexo tecido político-delituoso


Un simbolismo cargado de futuro. O 27 de febreiro de 2007, Mauricio Macri lanzou a súa campaña electoral para a Xefatura do Goberno porteño exhibíndose para as fotos xunto a unha nena pobre no medio dun "vertedoiro de lixo". Era nada menos que un dos barrios marxinais de Vila Soldati. A tres anos e nove meses de tal escena, o seu fervor polos desaloxos compulsivos desataría nese mesmo arrabal unha represión homicida seguida por unha explosión racista non menos atroz. [Ler máis]
________________________

Visionando e escoitando as Reglas da Manipulación e Desinformación dos medios convencionais

Un video de hai tempo, máis de total actualidade, paga a pena visionar e escoitar este documento de poucos minutos e moito contido para a reflexión. Cando agora falan de Irán teremos que pensar nestas reglas que aquí quedan moi ben reflexadas.

(Dun artigo de Emir Sader) [*]

Co seguinte vídeo queremos denunciar aos medios de comunicación capitalistas, que coa súa forma de redactar as noticias sobre as masacres de Israel, contra o resto de pobos de Oriente Próximo (Palestina, O Líbano), son complices das mesmas, ao xustificar devanditas agresións, ante a opinión pública, pondo ás vítimas, como os responsables de que o Estado sionista (armado por occidente) lles masacre. Un exemplo é o actual xenocidio israelí contra Gaza, onde en realidade os israelís xamais respectaron o cesamento do fogo, e trátallenos de enganar, dicindo que foi Hamas quen o rompeu.



As reglas do terrorismo mediático para desinformar.

Cargado por internacionalistaVA. - Videos de noticias recén publicadas.


[*] Emir Sader, sociólogo e cientista, mestre en filosofía política e doutor en ciencia política pola USP - Universidade de San Paulo.
_______________

A mantenta do encontro mundial de Cancún: "A ecoloxía do medo"


Por Nieves e Miro Fuenzalida [*]
15.12.2010


Como dixo un filósofo contemporáneo é máis fácil imaxinar o fin do mundo que o fin do capitalismo. E o cadro que a Apocalipse/Apocalipse ecolóxica píntanos é un bo exemplo diso. Un mundo sen auga, tempestades e furacáns monstruosos, secas, inundacións, diminución dos xeos polares, perdida da biodiversidade, enfermidades, guerras por recursos naturais, temperaturas extremas, emigracións masivas, etc.

Independentemente dos diferentes puntos de vista que cada un teña acerca da Natureza o consenso empeza a xurdir acerca da gravidade das condicións ambientais e a precariedade do equilibrio socio ecolóxico. Moi poucos son os que hoxe negan que o arrequecemento do planeta producido polos cambios na composición atmosférica que acompañan o aumento do CO2 e outros gases atmosféricos é en gran medida causado pola actividade humana. O uso de enerxía fosilizada (petróleo, gas, carbón, madeira) e a desaparición dos bosques e as selvas tropicais que capturan o CO2 son cuestións de feito.

Compañías de petróleo, eco activistas, políticos de diferentes cores, científicos, líderes de negocios e, xunto con eles, as Nacións Unidas únense na cruzada para salvar o planeta e a especie humana. E nesta cruzada, as cuestións de feito rapidamente tradúcense nunha narrativa ecolóxica na que o medo espertado polo espectro da devastación e aniquilación ecolóxica transfórmase no punto nodal con que ela se tece.

Cal é o problema con este discurso ambientalista que foi incapaz de transformarse nun movemento masivo e autenticamente renovador?

Segundo o profesor Erik Swyngedouw a imaxinación apocalíptica é extraordinariamente poderosa en desprazar ou encubrir os conflitos e contradicións sociais e en evitar a mobilización política. Nesta visión o cambio climático preséntase como unha causa humanitaria global, coidadosamente despolitizada, carente de traxectorias alternativas, de articulacións de programas políticos específicos ou de proxectos ecolóxicos revolucionarios. É a mobilización sen cuestionamiento político.

Só hai que asegurarse que as transformacións tecnolóxicas e socio culturais que se necesitan para recalibrar o clima déanse dentro do horizonte da orde capitalista que se sitúa mais alá de toda discusión. Temos que cambiar radicalmente, pero dentro dos límites do sistema para que nada cambie. O perigo de dimensións épicas que enfrontamos afecta, non só a uns poucos, senón a todos por igual polo que se require dunha acción humana global, dunha colaboración e cooperación mutua.

A noción da humanidade, a dun suxeito humano global é unha ficción porque nos presenta actores políticos sen tensións, contradicións ou conflitos internos que nega a heteroxeneidade e o antagonismo radical que configura a todo suxeito politico real. É esta contradición interna, o recoñecemento de campos sociais con desexos e intereses sociais, políticos, económicos e ecolóxicos opostos o que xustamente constitúe o ambito politico democrático. O seu descoñecemento evita cuestionar á clase dirixente e o papel da chamada humanidade queda reducido, non á transformación da orde socio ecolóxico existente, senón só a pedirlles aos dirixentes que implementen accións para que basicamente a vida poida continuar como antes.

No fondo, o movemento ambientalista é reaccionario, apolítico e apartidista. Os lideres políticos responden ao chamado da humanidade e asegúralles que o capitalismo pode resolver o problema climático corrixindo o que produciu nos últimos douscentos anos co desenvolvemento dunha serie de invencións tecno-ecolóxicas e medidas administrativas extraordinarias. O problema ambiental, dentro deste marco, non crea unha nova visión. Só crea a ilusión de que nos movemos para logo quedarnos no mesmo lugar.

O suposto é que o clima e o capital pódense salvar cancelando a emisión de CO2 coa axuda da enerxía nuclear e o desenvolvemento de novas tecnoloxías. Poderiamos dicir, honestamente, que este proxecto é capaz de elevar as nosas expectativas por unha sociedade ecoloxicamente mellor?

O discurso do consenso, e o cambio climático estruturado ao redor da ecoloxía do medo é parte deste discurso, nega a acción política como tal e substitúea por unha logica administrativa onde as decisións, cada vez máis, son consideradas unha cuestión de expertos que se sitúan fóra do ambito político.

O confrontamiento ideolóxico, a diverxencia e a loita de clases son substituídos por unha planificación tecno administrativa que despraza os conflitos e o desacordo ao ambito do manexo consensual dos problemas. As eleccións políticas, a confrontación de visións opostas ou os proxectos dunha orde social diferente anúlanse como obxectivos democráticos e son substituídos pola administración do posible que se dá dentro das relacións mercantís existentes. A característica clave do consenso é a anulación do disentimiento, noutras palabras, o acordo sen separar ou dividir.

O resultado é un mundo que elude ou reprime a elección, a confrontación pública e a liberdade que non é parte do consenso. Un arranxo onde as organizacións, os sindicatos, os partidos populares, a xuntas de veciños, as federacións de estudantes son diminuídos ou substituídas por institucións estatais, expertos, ONGés, grupos de intereses e organizacións de caridade que operan como forzas responsables que respectan e sosteñen o capitalismo neoliberal. As discusións e disputas son recoñecidas como dereitos democráticos a condición de que non cuestionen o marco vixente.

O desacordo radical, a crítica revolucionaria e os conflitos de clase foron erradicados da area política e relegados ao ambito do terrorismo, a criminalidade e a violencia ilegal.

É a aceptación deste contexto o que explica que o movemento ambientalista na última década substitúa a política da acción organizada, do desacordo radical e das visións sociais alternativas pola súa participación na negociación de políticas ambientais. Alguén podería preguntar "Bo" E que hai de malo niso? A negociación do consenso descansa na idea de que os problemas sociais e ecolóxicos que hoxe vivimos son efectos colaterais externos e non algo inherente de relacións económicas capitalistas.

A humanidade e a natureza elévanse ao nivel do universal pechando o espazo que permitiría o reclamo á universalización de grupos, clases e ambientes particulares. O inimigo ou o obstáculo que continuamente nos ameaza é innombrable, baleiro, difuso e externo e só pode ser manexado polo dialogo consensual despolitizado dentro dunha orde socio ecolóxico para o cal non hai alternativa real.

O movemento ambientalista transformouse nun movemento radicalmente reaccionario que lle deu volta as costas a outras posibilidades socio ambientais ou a outros ensamblaxes humanos alternativos. A idea de retornar a unha natureza harmónica sen modificar a orde capitalista é un proxecto neoliberal que só constitúe unha ficción particular.

Necesitamos diferentes historias e ficcións capaces de comprometer e mobilizar aos pobos para a súa realización. O debate do clima é a oportunidade que temos para transformalo nun debate acerca da democracia e o seu significado. Esta debe recuperarse como o terreo en que se expresan as contradicións, os conflitos e desacordos desde os cales poidan xurdir outros mundos.

Fonte: surysur.net

[*] Nieves e Miro Fuenzalida, escritores e docentes de filosofía, Ottawa - Ontario - Canadá. arielf@mail.cyberus.ca - Profesores de Filosofía. Titulados na Universidade de Chile. Expulsados por razóns políticas de Chile. Viven na Terra que os acolleu, Canadá. Nieves: Maestría en Arte (Master) Universidade de Carleton, Ottawa, Canadá. Diploma en Diseño Interior (I.D.) Universal Carear Institute, Quebec, Canadá. Escritora e Poeta. Miro : Enfermeiro Registrado (R.P.N.) Algonquin College, Ottawa, Canada.

Enviado por:
Sur y Sur
-admin@surysur.net-
14 de dezembro de 2010 14:11
________________

martes, decembro 14, 2010

Dentro do Ciclo Cine e Sanidade en Esteiro, este Xoves 16 de Decembro, proxectara-se "American Cuisine", de Jean Yves Pitoun

O vindeiro xoves día 16 de decembro ás 20:30 horas e con entrada de balde, remata nos cines Duplex o ciclo de Cine e Sociedade que ó longo do mes de novembro e parte de decembro a Asociación Veciñal de Esteiro coa colaboración da Concellería de Cultura de Ferrol viñemos facendo.

A película que se proxectará é : AMERICAN CUISINE , esta película íase proxectar en novembro pero, por razóns técnicas, tivo que aprazarse ata a data indicada do xoves 169 de decembro.

AMERICAN CUISINE, é unha pelicula do ano 1999 dirixida por Jean Yves Pitoun.

Sinopse: Calquera cociñeiro que se prece, soña con posuír o mesmo talento que o maior xenio culinario de Francia: Louis Boyer, pero só alguén tan atrevido como Loren Collins podería soñar con compartir fogóns con el. En principio o su soño ten todos os puntos para seguir sendo só iso: un soño. Primeiro porque non estudou en escola ningunha de cociña. Segundo porque traballa no exército dos EEUU; Terceiro porque provén dunha familia que se dedica ó negocio das pizzas e, para rematar, simplemente porque é un cidadán americano. Pero tras unha desputa con un oficial do exército, Loren decide levar a cabo o seu soño e, sen un franco no peto, parte cara a Francia.


AV de Esteiro

Local Veciñal:
Rúa Fernando VI,
Bloque I baixo
Ferrol -15403
Telef. 981933223
avesteiro@galicia.com
http://avesteiro.blogspot.com/

Enviado por:
Asociacion Veciñal Fontelonga
-avvfontelonga@mundo-r.com-
14 de dezembro de 2010 17:43
______________________

Mércores 15 de Decembro, ás 12 do mediodía, concentración en Ferrol, convocada pola CIG, contra as últimas medidas socioeconómicas tomadas polo Goberno Español

A Unión Comarcal de Ferrol da CIG, convoca, dentro dunha campaña máis ampla, en coordenación coas outras organizacións comarcais da central sindical nacionalista da Galiza, unha concentración en Ferrol ás 12 do mediodía, nos locais do INEM da Avenida de Vigo, para exixir o mantemento da axuda de 426 euros ás traballadoras e traballadores desempregados.

Este mesmo Mércores 15 de Decembro, hai unha Xornada de Loita na Europa, para denunciar as políticas neoliberais dos gobernos da Unión Europea. "As protestas e mobilizacións están coordinadas pola Confederación Europa de Sindicatos (CES) que rexeita absolutamente os plans de saída impostos pola Unión Europea e presionan para evitar a deriva neoliberal tomada polas institucións europeas, e que pon en risco o propio modelo social europeo. A CES tamén rexeita a directrices emanadas do ECOFIN, que se arroga competencias en materias salariais, laborais e sociais que non ten, pero que presionan de xeito decisivo aos gobernos para que apliquen reformas, como no caso da reforma laboral imposta no estado Español".

A central sindical chama a participar nesta acción de protesta contra as medidas antiobreiras do Goberno Español que hoxe, o Pleno do Congreso dos Deputados, convalidou por maioría, dando-lle o visto bon ao Real Decreto-Lei 13/2010, de 3 de Decembro de 2010, que eufemísticamente se lle chama "de actuacións no ámbito fiscal, laboral e liberalizadoras para fomentar o investimento e a creación de emprego" [Entenda-se privatizar empresas públicas rendíbeis, baixar os impostos ao Capital e empobrecer ainda máis ao que é máis pobre, para contentar aos "mercados", ao FMI, BCE, BM, Comisión Europea, ...]. Medidas anunciadas por Zapatero na pasada comisión de control ao Goberno no Parlamento Español do día 1 de Decembro.

Información baseada na enviada por:
Confederación Intersindical Galega
-cig-informa@galizacig.com-
14 de dezembro de 2010 19:26
_______________________

Enlace relacionado:

Ártabra 21: 15D, Xornada de Loita en Europa
_____________________________

Boletín Informativo "Democracy Now!" - 14 de Decembro de 2010

Democracy Now! envia-nos os últimos titulares emitidos no seu Programa - 14.12.2010

O audio atópase dispoñible ao redor das 5:00 pm (17:00), hora de NY.

  • Assange procura liberdade baixo fianza ante tribunal de Londres.
  • Tribunal federal anula mandatos de lei de saúde.
  • Senado avanza sobre acordo fiscal entre Obama e republicanos.
  • Wall Street observa ganancias marca en período de dous anos.
  • Republicano presidente entrante de comisión financeira da Cámara Baixa: O goberno debería "estar ao servizo dos bancos".
  • Soldados destituídos presentan demanda contra lei "non preguntar, non dicir".
  • Estados Unidos renova deportaciones a Haití.
  • Nova York promulga prohibición parcial de fracturación hidráulica.
  • Seguidores maniféstan-se a favor de Lei de Radio Comunitaria Local.
  • Activistas pola paz foron declarados culpables de acción antinuclear do movemento Plowshares.
  • Kuwait pecha oficina da o Jazeera por represión de cobertura.
  • Australia rexeita visión de Irán como "Estado delincuente".
  • Steele busca reelección como líder de Comité Nacional Republicano.
  • Veterano diplomático Richard Holbrooke falece aos 69 anos.

Clicar aquí, para escoitar online os Titulares en Español -formato mp3-
A hora completa do programa de radio e televisión Democracy Now! -- "O informe de Guerra e Paz" -- sae en inglés (texto, audio, e vídeo) en www.democracynow.org. A continuación o noticiero "Os titulares de hoxe" e a sintesis en español da hora completa do programa. O audio e o texto atópanse en www.democracynow.org/es.
_________________

Esquerda Unida reuneu-se coa asociación veciñal de Canido, para escoitar as súas demandas

O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA RECLAMA UNHA DOTACIÓN NO VINDEIRO ORZAMENTO PARA FACER REALIDADE O LOCAL SOCIAL PARA O BARRIO DE CANIDO
ESQUERDA UNIDA CONSIDERA NECESARIO DOTAR A CANIDO DO EQUIPAMENTO DUN COMEDOR SOCIAL PARA ATENDER A CRECENTE DEMANDA DA VECIÑANZA

O Grupo Municipal de Esquerda Unida comprometeu o seu apoio, diante da directiva veciñal de Canido, para facer realidade o local social para o barrio. Yolanda Díaz, Javier Galán e Sari Alabau amosaron o seu respaldo a esta vella demanda veciñal, e afirmaron a vontade de EU de facer valer esta demanda na negociación dos orzamentos para 2011, de xeito que sexa unha das condicións necesarias para que EU faga seus os vindeiros orzamentos.

Doutra banda, a nosa organización fixo un repaso das necesidades do barrio e anotou a existencia dun amplo grao de acordo coa asociación veciñal e manifestou a nosa plena vontade de traballar para superar as eivas e necesidades que aínda ten o barrio histórico de Canido.

Esquerda Unida lembrou con ocasión desta visita a nosa proposta de facer realidade o museo da cidade e radicalo no barrio de Canido, no inmoble coñecido como chalet de Canido, onde se radicaba a empresa Fenya, e que foi obra de Rodolfo Ucha, marcando o tránsito do modernismo ao eclecticismo. Estamos certos que a consecución deste equipamento contribuirá a dinamizar a vida do barrio, sendo ademáis un equipamento cultural que encherá un baleiro histórico até o de agora.

Outra das reivindicacións que Esquerda Unida asume é a da dotación dun comedor social para os residentes do barrio que así o precisen. Os comedores sociais hoxendía constitúense como un dos recursos en benestar social que os barrios teñen a necesidade de posuír para atender a súa veciñanza.

O Grupo Municipal compartiu as inquedanzas da asociación en relación coa necesidade da disciplina urbanística por canto hai toda unha serie de inmobles en moi malas condicións e que precisan de intervencións e da atención e seguimento dende a concellería de urbanismo.

A necesidade de mellorar a seguridade nun barrio que conta con varias instalacións escolares ou a necesidade de rematar a traza do alcantarillado foron outras das demandas veciñais, que Esquerda Unida vai desenvolver no seu traballo cotián nas diferentes comisións informativas do concello.

COMUNICADO DE PRENSA DO GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA
Ferrol, martes 14 de decembro de 2010

Enviado por:
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
14 de dezembro de 2010 16:00
Prezadas/os amigas/os: achegamos un Informacións do Grupo Municipal encol das nosas propostas para o barrio trala reunión mantida coa asociación veciñal de Canido. Grazas pola vosa atención. Saúdos, Ramiro Marier.
_________________

Vª Marcha pola Liberdade

Por quinto ano consecutivo Ceivar organiza a tradicional marcha aos cárceres onde estám recluídos os presos independentistas galegos para reclamar a sua liberdade.

O objectivo da marcha é transmitir-lhe a solidariedade do independentismo galego e o apoio de centos de pessoas, que nom se podem deslocar, aos patriotas presos. Assim como mostrar apoio ao CPIG e às suas reivindicaçons. Como outros anos a marcha realizará-se em autocarro sendo preciso a reserva nos números de telefone disponibilizados:

Compostela 628 364 949 - Vigo 678 702 555 - Ourense 661 016 723 - Ferrol 649 680 223 - Lugo 636 828 935 - Corunha 680 694 250

O financiamento do autocarro realizará-se por suscriçom popular, estando já a venda no País uns bonus específicos para a V Marcha pola Liberdade por 10 €. O intinerário desenhado polo organismo é o que segue:


Compostela 00:00 Praça da Galiza; Ponte Vedra 01:00 Praça da Galiza; Vigo 01:45 Praça dos Cabalos; Ourense 03:00 Estaçom de Autocarros; Dueñas (Palencia) 09:00; Mansilla (León) 13:00.

O autocarro poderá fazer paradas facultativas, caso de serem solicitadas, em Ponte Areias e Riba d'Ávia. O regresso está programado para as 15:00. Aconselha-se levar alimentos, roupa de abrigo e documento de identidade. As concentraçons foram comunicadas às subdelegaciones del gobierno em
Palencia e León.

De Ceivar animamos-vos a todas e todos a participardes desta mobilizaçom solidária.

LIBERDADE PATRIOTAS GALEGOS!!

Cartaz:
http://www.ceivar.org/nova/images/stories/ceivar/imagens/cartaz_v_marcha_pola_liberdade.png

Organismo Popular Anti-repressivo Ceivar
ceivar@ceivar.org
www.ceivar.org

Enviado por:
ceivar@ceivar.org
-ceivar@ceivar.org-
14 de dezembro de 2010 18:57
______________________

Os traballadores/as de ambulancias Emersan Galicia iniciarán folga indefinida a partir do 14 de decembro


Contra a política disciplinaria e os reiterados incumprimentos en materia de prevención de riscos e das condicións estipuladas na contrata co Sergas.

Coa folga, o persoal quere denunciar a política de represión practicada por Emersan, así como os incumprimentos reiterados en materia de prevención de riscos laborais e das condicións estabelecidas no contrato co SERGAS, xa que a empresa de ambulancias dispón dun número menor de traballadores/as que o marcado na contrata.

EMERSAN Galicia, pola súa banda, négase a manter ningún tipo de diálogo coa representación do persoal senón é baixo a premisa de aceptar o despedimento, inxustificado, dun dos traballadores da empresa. Cuestión que nin a CIG nin os traballadores/as están dispostos a asumir.

Diante desta situación, a partir do vindeiro martes, 14 de decembro, o persoal de EMERSAN Galicia, que presta servizo ao Hospital Arquitecto Marcide, iniciará FOLGA INDEFINIDA. A conflitividade nesta empresa non é nova, xa que nos últimos anos os traballadores/as desenvolveron varias xornadas de paros en demanda do cumprimento do convenio, contra os atrasos no pagamento dos salarios, a falla de medidas de seguridade, as carencias no equipamento das ambulancias e polo cumprimento das condicións estabelecidas na contrata co Servizo Galego de Saúde.

En base a esta situación, dende a FGAMT-CIG tamén se fai un chamamento ao SERGAS para que, como titular do servizo, obrigue a empresa a respectar os dereitos do persoal e a cumprir coas condicións da contrata.

A FGAMT-CIG vén de comunicar que a partir do vindeiro 14 de decembro, os traballadores e traballadoras de ambulancias EMERSAN Galicia iniciarán unha folga indefinida en contra da política disciplinaria practicada pola empresa.

Enviado por:
CIG Saúde Ferrol
-cigsaudeferrol@gmail.com-
13 de dezembro de 2010 14:21
http://www.cig-saude.org/ferrol/
_____________