luns, setembro 23, 2013

Eleccións lexislativas en Alemaña - Datos do Bundestag - Angela Merkel move co seu triunfo os cimentos da política alemá, ... Por Ingo Niebel


Eleccións lexislativas en Alemaña


A vitoria lograda nas urnas, con toda probabilidade vai-lle permitir a Angela Merkel afrontar o seu terceiro mandato co mellor resultado obtido pola Unión Cristián Demócrata (CDU) nas últimas dúas décadas (311), mais un resultado co que non acada a  maioría absoluta (315). O parlamento esta formado por 630 representantes. Un tripartito SPD, Die Linke, Alianza90/Os Verdes, que contarían coa maioría absoluta non ten probabilidades de se conformar, pois as políticas económicas e sociais, non son as mesmas  e o requisito sine qua non da esquerda (Die Linke) de saída da OTAN, non a acepta o SPD.

O partido burgués da dereita populista.

De acordo cos resultados, a canciller Merkel levaría ao seu partido (CDU) e á bávara (CSU) a lograr o 41,5% dos votos (311 representantes), non lonxe da maioría absoluta (En número de representantes no Bundestag)  que podería permitirlle gobernar en solitario, mais se quedou a catro representantes da maioría absoluta. Sería o seu mellor resultado desde a reunificación alemá en 1990, cando a euforia suscitada por aquel feito apontoou a Helmut Kohl con máis de 43% dos votos.

Os sociais-liberais que noutrora foron socialdemocratas.


O SPD do aspirante Peer Steinbrück obtería o 25,7% (192 representantes) dos sufraxios, co que apenas mellora dous puntos e medio o malos resultados de fai catro anos.

A Esquerda e os Verdes.


A falta dos datos definitivos, que non se coñecerán até que sexa contada a última papeleta, no Parlamento Federal Alemán podería contar só coa presenza doutras dúas forzas políticas: Die Linke (A Esquerda), que conseguiría un 8,6% (64 representantes), e os Verdes/Alianza90, cun 8,4% (63 representantes).

A outra dereita, máis á dereita.

Os euroescépticos de Alternativa por Alemania (AfD) -formación máis á dereita que a de Merkel-  conseguiron o 4,7% dos votos, moi preto do límite do 5% que lle abriría a porta ao Bundestag, sete meses logo do seu fundación, mais quedaron fora, por 0,3 puntos.

Os burgueses liberais.

O que si quedou fóra da Cámara (4,8%) por primeira vez na súa historia é o Partido Liberal (FPD), socio de coalición de Merkel nesta lexislatura e formación que actuou tradicionalmente de "bisagra" e estivo presente en 17 dos 22 gobernos alemáns desde a Segunda Guerra Mundial. A formación admitiu vivir a "hora máis amarga" desde a súa fundación e tanto o seu secretario xeral, Christian Lindner, como o candidato á Cancillería, Rainer Brüderle, asumiron as súas responsabilidades e insinuaron que poderían dimitir dos seus cargos.

Outros partidos.

Dos 27 partidos que se presentaron, os piratas recibiron 2,2% dos votos, o NPD o 1,3%, un 1% o Partido Protección Animal e do ODP o 0,3 por cento.

Sobre, aproximadamente, o 0,2% cada un para o Partido Republicano, o partido por Alemaña. E o 0,1 por cento, para o BP, o  MLPD e para o partido da razón.

Coalicións.

De non conseguir Merkel a maioría absoluta, hoxe será o día para falar de coalicións, aínda que algúns partidos xa avanzaron as súas posicións.

A canciller, mellorou os resultados que lle auguraban as enquisas, buscará case con toda probabilidade -na República Federal Alemá nunca houbo un Goberno en minoría- un socio. Pois non teñen a maioría na outra cámara, o Senado (Bundesrat).

A participación.

O 73% dos electores alemáns achegáronse onte ás urnas para emitir o seu voto, 2,2 puntos máis que nos anteriores comicios xerais de fai catro anos (2009). Con ese dato Alemania rompeu a tendencia á baixa que se rexistraba desde 2002.

Dos aproximadamente 61,9 millóns de persoas que forman o censo con dereito a voto, foron aproximadamente 44,3 millóns as que exerceron o seu dereito de voto.

---

Angela Merkel move co seu triunfo os cimentos da política alemá

Por Ingo Niebel [*]
23.09.2013


A reorientación política e tamén ideolóxica da CDU creou certo baleiro no ámbito burgués, que foi ocupado pola euroescéptica AfD, cuxa influencia na política de Merkel está por ver.

Por primeira vez desde 1957, a Unión Demócrata Cristiá (CDU) de Angela Merkel -en alianza coa súa irmá bávara, a Unión Social Cristiá (CSU)- podería lograr a maioría absoluta. O seu triunfo ten un prezo político bastante alto porque a canciller quedou-se sen o seu socio preferente, o Partido Liberaldemócrata (FDP), que por primeira vez na súa historia non logrou entrar no Parlamento alemán.

Merkel venceu, pero tamén perdeu o bipartito.

Aínda así, o case 42% dos votos conseguidos é ante todo un triunfo persoal da presidenta da CDU que blinda un tanto a súa xa de seu forte posición dentro do partido. Haberá Merkel para rato, polo menos até 2017.

Ao peche desta edición non se coñecía si a democracia cristiá ía poder gobernar en solitario, xa que os resultados finais estaba previsto que os dese a coñecer o director electoral federal de madrugada. Todo dependía da repartición dos escanos, segundo a nova Lei Electoral, e de que si a euroésceptica Alternativa para Alemania (AfD) lograba superar o límite do 5% para entrar no Bundestag.

Independentemente de que Merkel goberne en solitario ou cun socio, o seu triunfo causou un cambio tectónico na paisaxe política alemán cuxo alcance só deixar albiscar nestes momentos.

A eliminación do FDP como actor parlamentario a nivel nacional significa que o electorado burgués xa non considera a este partido un instrumento necesario para controlar á dereita da CDU. Ese foi o papel histórico dos liberais. A "moderación" da CDU, levada a cabo por Merkel, converteu en obsoleto ao FDP.

No entanto, coa súa reorientación política e tamén ideolóxica, a CDU creou certo baleiro político no ámbito burgués que foi ocupado pola AfD. Está por ver que influencia terán os euroescépticos na política de Angela Merkel, porque máis aló de que a súa presenza ou ausencia no novo Bundestag, presentaranse ás eleccións europeas en 2014.

Ante este panorama, pode-se afirmar que Alemaña conta cun bloque de centrodereita bastante consolidado. E esta consolidación da CDU xa está provocando movementos á súa esquerda.

O Partido Socialdemócrata de Alemaña (SPD) debe decidir si se move cara a unha Gran Coalición con Merkel ou cara a un tripartito cos ecoloxistas Os Verdes e o partido Die Linke (A Esquerda). O pouco máis do 25% dos votos supón outro fatal resultado para o SPD. A cúpula socialdemócrata debería temer a formación doutro Executivo con Merkel como xefa, porque trala Gran Coalición de 2005-2009 acabaron en 23 puntos. Evidencio-se que o SPD deixou de ser un partido de arraigo popular.

Nun tripartito coas outras dúas formacións de oposición sería a primeira forza, a que marcaría as pautas. Die Linke xa volveu a manifestar a súa disposición a negociar o prezo político, pero está esperando a que se mova o SPD que rexeitou até agora calquera tipo de colaboración. Nun tripartito, o partido esquerdista sería a segunda forza política.

A terceira, os Verdes, teñen que decidir si dá por fracasado o seu plan electoral de "gañar o centro da sociedade" ou si vai preparar o terreo para gobernar en diante coa CDU.

Ante unha dereita consolidada, a oposición terá que definir-se como "esquerda", si é que o quere. Os defensores do tripartito deberían aclarar si se vai a tratar dunha alternativa política e ideolóxica ao proxecto de Merkel ou simplemente dunha alianza de forzas para facer-se co poder en Berlín e nos estados federais. Entón verase tamén que prezo político estaría disposto a pagar cada socio. O Dei Linke xa moveu ficha ofrecendo negociar a súa demanda tradicional de que Alemaña tería que saír da OTAN.

[*] Ingo Niebel, historiador e xornalista, colaborador de varios medios europeos e vascos, entre eles a revista germana ‘Geheim’, o diario ‘Gara’ ou ‘Junge Welt’. Persoa comprometida a nivel internacional en diversas iniciativas en favor da paz e a solidariedade, acumula ao seu coñecemento profesional como historiador e xornalista unha vasta traxectoria na que desde fai anos entrelázanse o vasco e o germano, presidente da Asociación Cultural Vasco-Alemana Gernika.

Publicado en Gara | 23.09.2013

Datos tirados da web do Bundestag.
_______________

E foron 154 os gaseiros que entraron para descargar miles de toneladas de GNL na ilegal e perigosa Reganosa - Vídeo


E con este foron 154 os buques gaseiros cargados con miles de toneladas de GNL, para a ilegal e perigosa Reganosa. Posibelmente que en poucos días entre outro gaseiro, para cargar GNL con destino a algún país de América do Sur, o gas que deixou hoxe o 'LNG River Niger'. É, o novo negocio de Reganosa, a especulación co gas, xogando coa nosa seguridade e vida. Utilizando a 'Planta de Gas de Mugardos' como un simple almacén de gas natural licuado, á espera dun novo comprador que deixe uns cantos millóns de beneficio. Ultimamente este proceso esta-se convertendo en habitual en Reganosa, pois, o outro negocio, para á que formalmente foi construída, non anda moi ben, o seu rendemento de regasificación está moi por debaixo dos parámetros esixidos e comprometidos.

Onte tiña lugar, tamén  a  154 concentración sonora que sempre que entra un buque cargado coa perigosa mercadoría, para Reganosa, o Comité Cidadán de Emerxencia convoca, para protestar e denunciar o potencial perigo de toda a operación, aumentado o perigo exponencialmente, do xa moi importante, da propia presencia da Planta regasificadora de Mugardos, no corazón mesmo da nosa Ría.

Activistas opositores á planta de gas participaron na acción de protesta, e o compañeiro 'Lalán', Manuel Angel Rodríguez Carballeira, coordenador do Comité, dirixeu-se a todas as persoas que transitaban polo peirao de Curuxeiras, cun completo e claro argumentario, do porque da nosa oposición a esta 'Planta de Gas'. A continuación presentamos unha parte da intervención do compañeiro que foi a única que puidemos recuperar de todo o gravado. Lamentamos non poder ofrecer todo o interesante discurso que centrou a situación da loita contra Reganosa, na actual conxuntura.


http://youtu.be/2nxCT7xuqhc
  • QUE SE CUMPRA A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO XA! 
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  • PLANTA DE GAS PECHE XA !!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA   !!
10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas ?

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.

Para contactar:

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc
______________

domingo, setembro 22, 2013

Este Sábado 21 de Setembro, pouco antes das 7 da tarde tiña lugar o Acto lúdico reivindicativo, no 'Parque Pablo Iglesias' de Ferrol, para pedir outra localización para o mal chamado "tanque de tormentas" que está proxectado construir no mesmo parque público, e por un outro modelo de saneamento


Este Sábado 21 de Setembro, pouco antes das 7 da tarde tiña lugar un Acto Lúdico Reivindicativo, no Parque Público 'Pablo Iglesias' de Ferrol.

O acto comezou máis tarde da hora prevista. O arquitecto urbanista compostelán, Xosé Allegue, non puido participar como estaba previsto, por motivos familiares. Chema Hernández Roca, da Comisión de Medio Ambiente da Asociación Veciñal de Recimil, foi a persoa encargada da conferencia, explicandoou con claridade o porque da oposición á localización, do mal chamado "tanque de tormentas" no parque. Nomeou, os incumprimentos normativos e lexislativos do sistema de saneamento, desde o artigo 178 do PXOM local, até a Directiva Europea da Auga, pasando pola lexislación autonómica e a estatal. Demandou outra localización para o "tanque" que o cualificou de "simple aliviadoiro" e reivindicou un outro modelo de saneamento, para que se poida cumprir co obxectivo de recuperación integral da Ría de Ferrol.

O Acto estaba convocado pola xa citada Comisión de Medio Ambiente, ademais das entidades ecoloxistas e ambientalistas: ADEGA, SGHN e Verdegaia.

As obras do "tanque de tormentas",  está previsto que inicien antes de que remate o presente mes de Setembro. É por iso que urxe unha reacción cidadá para conseguir o cambio de localización do "tanque" e que non sacrifiquen o Parque Público 'Pablo Iglesias', unha zona de ocio e un espazo verde moi concorrido. Por outra banda, pretende-se abrir un debate sobre o modelo de saneamento que queremos para a nosa Ría baixo o lema “Saneamento sí, mais non así”, pois co saneamento previsto non se consegue o obxectivo de saneamento integral.

A comprometida e excelente poesía recitada por Karloti, e a non menos excelente e comprometida musica e cancións interpretadas por Manolo Bacalhau, puxeron o toque lúdico reivindicativo ao Acto que recibiu fortes aplausos.

Para rematar, Chema Hernández, mencionou a recente constitución dunha Comisión Social de Seguimento - Grupo de Traballo que ten a función de seguir a execución das obras de saneamento e demandar das administracións as modificacións necesarias para cumprir o obxectivo da recuperación Integral da Ría e a sostibilidade da infraestrutura de saneamento que tantos anos levamos agardando. Esta Comisión está aberta a quen quixer participar na mesma (Contactar).

Por último fixo mención a que a mediados de Outubro está previsto facer unhas xornadas, nas que se traten os aspectos técnicos, lexislativos e ambientais co fin de axudar á cidadanía a entender o modelo de saneamento da Ría, así como os seus inconvenientes e facer propostas que contemplen outro modelo de tratamento das augas, no camiño do vertido contaminante cero na Ría de Ferrol.

Enlaces relacionados de Interese:
Sitio na Rede, de información e documentación, para apoiar e facilitar, a loita e o traballo social que procura que o Sistema de Saneamento, nas marxes da Ría de Ferrol, sexa Integral. Saneamento si, mais non así!!!

http://ria-de-ferrol.blogspot.com.es/

O noso 'Informe' >>> Análise crítico do Proxecto de Saneamento acordado, polo Goberno, para a marxe norte da Ría de Ferrol | ALTERNATIVA ELABORADA POLA COMISIÓN DE SEGUIMENTO - GRUPO DE TRABALLO.

http://alternativa-proxecto-saneamento.blogspot.com.es/
________________

sábado, setembro 21, 2013

O Comité Cidadán convoca unha nova concentración de protesta, hoxe Sábado 21 de setembro, ante a entrada na Ría do 'LNG River Niger', cargado con gas natural licuado para a ilegal e perigosa Reganosa


CONCENTRACIÓN EN FERROL,
NO PEIRAO DE CURUXEIRAS
NO PORTO BARRIO DE FERROL VELLO
ÁS 8 DA TARDE, DO SÁBADO 21 DE SETEMBRO

O 'LNG River Niger', un buque gaseiro de grande porte, pois ten 288 metros de eslora por 48 de manga e un calado de 12,3 m, cargado con miles de toneladas de GNL/LNG para a ilegal e perigosa Reganosa, ten anunciado a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Sábado 21 de Setembro de 2013. Esta entrada dun buque cargado con gas natural licuado para Reganosa, supón xa a 154, desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha acción de protesta e denuncia, consistente nunha Concentración Sonora, o mesmo Sábado, ás 8 da Tarde, mais desta volta a Concentración terá lugar no peirao de Curuxeiras, no Porto no barrio de Ferrol Vello.


Características do buque.-
Nome.- LNG River Niger, Bandeira.- Bermudas, Eslora.- 288 m, Manga.- 48 m, Puntal.- 62 m, Calado.- 12.3 m, Capacidade.- 141.000 m³ de GNL
  • QUE SE CUMPRA A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO XA! 
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  • PLANTA DE GAS PECHE XA !!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA   !!
10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas ?

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


Información baseada na enviada por:

comitecidadan
-comitecidadan@gmail.com-
21 de setembro de 2013 11:36
____________

xoves, setembro 19, 2013

Acto lúdico reivindicativo, este Sábado 21 de Setembro, ás 18:30 hs, no 'Parque Pablo Iglesias' de Ferrol (conferencia, concerto, recital de poesía, ...) - En demandan doutra localización para o "tanque de tormentas" - Debate sobre o modelo de saneamento que queremos para a nosa Ría baixo o lema “Saneamento sí, mais non así”


Acto lúdico reivindicativo, este Sábado 21 de Setembro, ás 18:30 hs, no 'Parque Pablo Iglesias' de Ferrol, por un outro modelo de saneamento e contra a construción, no mesmo parque público, dun mal chamado "tanque de tormentas" e polo saneamento integral da Ría de Ferrol. Acto convocado pola Comisión de Medio Ambiente da Asociación Veciñal de Recimil, ademais das entidades ADEGA, a SGHN, Verdegaia.
As organizacións ecoloxistas e a veciñal demandan outra localización para o "tanque de tormentas",  cuxas obras está previsto que inicien antes de que remate o presente mes de Setembro. Pretende-se e abrir un debate sobre o modelo de saneamento que queremos para a nosa Ría baixo o lema “Saneamento sí, mais non así”.

Acto que se celebrará no Parque, cunha conferencia na que disertará o arquitecto urbanista Xosé Allegue,  recital de poesía con Karloti, ... e musica e cancións con Manolo Bacalhau, ...

Enlaces relacionados de Interese:
Sitio na Rede, de información e documentación, para apoiar e facilitar, a loita e o traballo social que procura que o Sistema de Saneamento, nas marxes da Ría de Ferrol, sexa Integral. Saneamento si, mais non así!!!

http://ria-de-ferrol.blogspot.com.es/

O noso 'Informe' >>> Análise crítico do Proxecto de Saneamento acordado, polo Goberno, para a marxe norte da Ría de Ferrol | ALTERNATIVA ELABORADA POLA COMISIÓN DE SEGUIMENTO - GRUPO DE TRABALLO.

http://alternativa-proxecto-saneamento.blogspot.com.es/
________________

Canido organiza o seu primeiro Mercado Tradicional de productos do campo e traballos artesanais - Este Sábado 21 de Setembro, desde as 10 da mañá até as 8 da tarde na Rúa Alegre


Este Sábado, 21 de Setembro de 2013, no barrio ferrolán de Canido está organizado, pola asociación veciñal o 1º Mercado Tradicional Produtos do campo e Traballos Artesanais en Canido.

O evento, baixo o lema "Veciñ@s facendo barrio", vai ter lugar entre as 10 da mañá e oito da Tarde. A rúa Alegre acollerá a uns 45 artesáns e 20 produtores, todos eles procedentes de Galiza, a comarca e o propio Canido. A Horta Comunitaria de Caranza estará presente cun posto onde amosaran-se e poñerán-se á venda algúns produtos da súa última colleita.
  • A noticia no xornal comarcal 'Diario de Ferrol': Canido impulsa a produtores e artesáns a través dun mercado tradicional [Acceder].
  • Canido mira cara á súa horta | Feira de artesanía e produtos do campo | A asociación de veciños celebra o seu primeiro mercado tradicional | a noticia en 'La Voz de Galcia' [Acceder].

Conta no facebook da Horta Comunitaria de Caranza:
https://www.facebook.com/HortaComunitariaDeCaranza

Información baseada na enviada por:
Horta Comunitaria de Caranza
-comunitariadecaranzahorta@gmail.com-
19 de setembro de 2013 08:54
__________________________

mércores, setembro 18, 2013

Peace Day, ... Por Manuel Dios Diz

"Un mestre, un libro, un lapis, poden cambiar o mundo"
Malala Yousafzai

Por Manuel Dios Diz [*]
19.09.2013


Cada 21 de Setembro, desde 1981, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas, chama á cidadanía global, ás institucións públicas, e dun modo especial, a escolas e docentes, a celebrar o Día Internacional da Paz, máis coñecido como Peace Day (Ver a Resolución 36/37). Foi en 2001 cando a ONU estableceu que ese mesmo día fose declarado de alto o fogo en tódolos conflitos a nivel mundial (Resolución 55/282). Son dous magníficos documentos sobre os que reflexionar co noso alumnado.

Certo que a maioría dos medios de comunicación non dedican nin un pequeno espazo a estes asuntos. A Cultura da Paz, é verdade, non vende periódicos. Tampouco chama pola publicidade. Ten moita máis audiencia a cultura da violencia, da forza, do músculo. Chega con ver o tempo que as teles dedicaron onte a promocioar as ventas do videoxogo máis caro da historia, violento e sexista, para comprender que a paz, a concordia, o entendemento, son valores que hoxe non cotizan en bolsa.

En Galicia e no conxunto do Estado, convimos hai xa case que 30 anos, que o 21 de Setembro non era a mellor data para celebrar o Día da Paz nas escolas xa que, neste barrio do planeta, estamos a comezar o curso, os cativos e cativas aínda andan a tomar contacto coas aulas, e o profesorado tamén. Parecía razoable buscar unha data máis acaída. Foi así que o movemento de educadores e de educadoras para a paz, por iniciativa de Llorenc Vidal, decidimos escoller o 30 de Xaneiro, aniversario da morte de Gandhi, como Día Escolar pola Paz.

En calquera caso, como lembra Nacións Unidas, tódolos días do ano son bos para reflexionar e actuar a prol da tolerancia e o respecto mutuo, na procura dun mundo máis xusto e máis humano, máis pacífico, que valore positivamente a diversidade étnica, cultural, relixiosa, a nonviolencia, e a resolución pacífica dos conflitos.

O chamamento ó remate das hostilidades nas frontes de batalla, nas guerras de guerrillas e demais accións armadas, aínda que somentes fose por un día, probablemente non será escoitado, a pesares de que as demandas de paz universal son cada vez máis clamorosas entre a cidadanía e a sociedade civil en todo o mundo.

O Secretario Xeral da ONU, con ocasión deste día, fixo un novo chamamento no que pide á cidadanía que, a mediodía, hora local, gardemos un minuto de silencio en honor das vítimas que perderon a súa vida en situacións de conflito, tamén polas que teñen sobrevivido e sofren as consecuencias.

Nesta ocasión, Nacións Unidas quere resaltar o papel da Educación para a Paz, clave para fomentar a cidadanía mundial e construír sociedades pacíficas, porque, como temos reiterado tantas veces, non hai paz, sen educación para a paz.

O Seminario Galego de Educación para a Paz leva -desde 1985- traballando nas aulas e na sociedade, para promover os valores cívicos e democráticos na escola, os dereitos humanos, a convivencia, a interculturalidade, a igualdade entre homes e mulleres..., impartindo cursos de formación do profesorado, organizando encontros e xornadas, publicando materiais e libros de texto, unidades didácticas sobre os contidos e as metodoloxías da Educación para a Paz (Ver: www.sgep.org), documentais, curtas de ficción sobre o acoso escolar, recursos, contos, teatro, teatro de sombras, xogos e dinámicas de aula, celebrando o Día Escolar pola Paz e, cada día, transversalmente, nas materias de Educación para a Cidadanía, de Ética Cívica, de Filosofía, nas horas de Titoría, co Plan Integral de Mellora da Convivencia Escolar, por medio da educación afectivo emocional porque cremos firmemente que son os afectos e os sentimentos os mellores antídotos contra das violencias.

Quizais non consigamos que o 21 de Setembro rematen as hostilidades armadas, nin sequera que o minuto de silencio sexa maioritario ou significativo, ou que a Cultura da Paz teña maior presencia nos medios. Sen embargo, cada un de nós, co noso comportamento, na nosa aula, na nosa casa, cos nosos fillos e fillas, dentro do noso propio corazón, poderemos empezar a construír un mundo diferente.

A paz é unha demanda universal cada día máis sentida. A oposición á guerra avanza. Contra todo prognóstico a Cultura da Paz medra. Somos moito máis sensibles e intolerantes coas violencias do que nunca antes na historia da humanidade. Aínda que non o pareza lendo os titulares cada mañá, somos moito máis pacíficos que os nosos antecesores. E o seremos moito máis aínda. Abolir a guerra estase convertendo nun imperativo ético do século XXI. Como dicía Newton, construímos demasiados muros e non suficientes pontes.

Das súas espadas farán reixas de arados e das súas lanzas, fouces. Non levantarán a espada uns contra outros nin se exercitarán para a guerra, dicía Isaías, hai tantos anos. Hoxe os dereitos humanos e sociais, toda a arquitectura lexislativa construída a escala planetaria, a xustiza universal, con tanto esforzo, son un referente ético para a cidadanía.

Dicía María Zambrano que a paz é moito máis que unha toma de postura, é unha auténtica revolución, un modo de vivir, unha maneira de habitar o planeta, unha forma de ser persoa.

Educar para a Paz é, antes que nada, un acto de amor para co noso alumnado. O Manifesto de Sevilla (1986), feito propio pola UNESCO, afirma: A guerra e a violencia non son unha fatalidade biolóxica. Podemos poñer fin á guerra e ós sufrimentos que conleva. Non con esforzos illados, senón con accións comúns. Si cada unha, cada un, pensa que é posible, entón será posible. Os nosos antepasados inventaron a guerra. Todos nós podemos inventar a paz.

Federico Mayor Zaragoza, ex- director xeral da UNESCO, dixo nunha ocasión que "A aprendizaxe da democracia é a pedagoxía da paz". Nada máis certo. Educando e practicando a democracia. Porque a democracia é precisamente o único sistema político que non pode impoñerse desde arriba ou desde un centro. Erran quen pensan que a democracia pode promoverse a base de bombazos.

Neste 21 de Setembro, Peace Day, lembremos ás vítimas, ós máis de 100.000 mortos en Siria, ós millóns de desprazados. Pensemos nos nenos e nenas, nas mulleres, nos anciáns, na poboación civil, a principal afectada polas guerras modernas. Saudemos o acordo entre Rusia e os EE.UU, si impide a intervención militar norteamericana. Destruamos o armamento químico, todo, o que existe en Siria e o que fabrican e venden os estados máis poderosos para beneficio do complexo militar industrial, o gran dominio. Paremos a guerra. Abramos negociacións multilaterais de paz. Promovamos o diálogo e o entendemento entre os pobos. Impidamos a venta de armas ás partes en conflito. Deixemos de alimentar a confrontación armada e as caldeiras de odio. Demos unha oportunidade á paz. Fagamos as paces. Peace Day.

[*] Manuel Dios Diz é mestre, licenciado en Xeografía e Historia pola USC, preside o Seminario Galego de Educación para a Paz, membro fundador da Coordinadora Galega de ONGDs para o Desenvolvemento. Forma parte do Observatorio Estatal da Convivencia Escolar no cupo de personalidades de recoñecido prestixio. É coportavoz de Espazo Ecosocialista Galego, membro de AGE.

"A paz é o camiño, e facemos camiño ó andar. A paz é un descubrimento, non unha conquista, dicía, Raimon Panikkar. A guerra e a violencia non son fatalidades biolóxicas. Aprendemos a ser violentos. Por iso temos que "desaprender" para ser pacíficos, que non submisos, nin súbditos, nin mansos. Federico Mayor Zaragoza di que a aprendizaxe da democracia é a pedagoxía da paz. E María Zambrano afirmaba que a paz é moito máis que unha toma de postura, é unha auténtica revolución, un modo de vivir, un modo de habitar o planeta, un modo de ser persoa.
A paz como cultura...".
Enviado por:
Educación e Paz
-paz@sgep.org-
18 de setembro de 2013 12:49
______________

Entrevista a Xosé Arca, axente forestal, e a David Iglesias, brigadista da helitransportada, sobre os incendios forestais na Galiza - Interesante vídeo


Entrevista a Xosé Arca, axente forestal, e a David Iglesias, brigadista da helitransportada, sobre os incendios que consomen a comarca do Umia e a Galiza enteira.

O vídeo dura pouco máis de 12 minutos es está publicado no canle de Quinteiro do Umia, o pasado 14 de Setembro de 2013.


http://youtu.be/tq9sspmFBbw

____________________

O consello local de Esquerda Unida reivindica a unidade de acción na defensa do Naval ferrolán


As mensaxes lanzadas nos últimos días dende o consello de administración de Navantia son alarmantes. O goberno do PP, a SEPI e Navantia, unha troika que esnaquizou o tecido industrial da comarca, teñen a determinación de renunciar definitivamente á construción de barcos. Nos últimos seis anos parece que o empeño político foi preparar o camiño para un recorte brutal no cadro de persoal do estaleiro público e deixar vías abertas á privatización.

Non houbo ningún tipo de negociación seria, non hai carga de traballo á expectativa, non houbo ningún tipo de previsión ao final do veto nin se impulsou a construción civil, salvo o flotel usado como arma arroxadiza contra as lexítimas reivindicacións obreiras,  e dende a propia empresa pública, dependente do goberno, lánzase unha mensaxe de desprestixio ao mercado internacional, que pecha toda posibilidade de asinar contratos por incompetencia autorrecoñecida.

Dende a área de traballo e economía social de EU participaremos e apoiaremos toda convocatoria sindical contra esta barbarie que será a última pada de terra enriba da sepultura de Ferrolterra. Cómpre unha nova cultura obreira de unión fronte a un sistema que xa amosou as súas cartas: os estaleiros públicos son unha das dianas ás que apunta o sistema de recortes neoliberal impulsado polo Partido Popular.

Asimismo tamén nas institucións esixiremos responsabilidades, para o que reunirémonos cos diferentes comités de empresa co obxectivo de acadar a mellor estratexia parlamentar tanto en Compostela como en Madrid que permita dilucidar cal é o verdadeiro plan desmantelador do goberno, dalo a coñecer á opinión pública e loitar contra el pola supervivencia da nosa comarca.

Dende EU Ferrol preguntámonos cales foron as xestións do alcalde de Ferrol, ese que se amosou tan “compunxido” o día da folga comarcal, e se algún día vai deixar de ser o palmeiro local do dogma de fe do Partido Popular, a cidadanía paga os desmáns financeiros, ou vai ser valente por unha vez na defensa dos cidadáns aos que representa.

Ferrol 18 de setembro de 2013.

Grupo Municipal de Esquerda Unida

Esquerda Unida - Ferrol
Rúa do Sol 124 entrechán esquerda, Ferrol
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
eu-ferrolcomarca@esquerdaunida.org

facebook
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html
http://www.esquerdaunida.org/


Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
18 de setembro de 2013 14:29

Boas. Eviámosvos nota de prensa da área de traballo e economía social do Consello Local   de Esquerda Unida pola que nos posicionamos a favor da unidade de acción na defensa do Naval en Ferrolterra. Adxunto vos enviamos o documento completo. Grazas. Saúdos, Secretaría de Comunicación. Area de Traballo e Economía Social - Consello Local de Esquerda Unida.

__________________

Xoves, 19 de Setembro, no Ateneo Ferrolán, Conferencia "Neoliberalismo, a democracia asediada" no 40º Aniversario do 11-S en Chile - Contaremos coa presencia de Omar Contreras, presidente do COSAL


O pasado Mércores 11 de Setembro, dentro do actos que a asociación 'Fuco Buxán' está organizando co motivo de cumprir-se o 40 aniversario do "Golpe de Estado en Chile", proxectaba-se o documentario "O diario de Agustín", de Ignacio Agüero. Continuando cos actos programados, mañá Xoves 19 de Setembro, está prevista unha Conferencia, baixo o titulo: "Neoliberalismo, a democracia asediada".
CONFERENCIA-COLOQUIO
Omar Contreras
Xoves, 19 de Setembro, ás 20hs,
no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán,
no número 202 da rúa Madalena.
Omar Contreras, presidente do COSAL (Comité de Solidaridade con América Latina), será quen expoñerá o tema que indagará -neste momento de grave crise económica- nas claves do golpe de Estado neoliberal contra o sistema democrático representado polo goberno presidido por Salvador Allende, establecendo claras semellanzas coa nosa situación actual caracterizada polos déficits sociais, mafiocracia e políticas inxustas e contrarias ós intereses da xente do común.

Neste acto –do que podemos sacar esperanzadoras leccións se proxectará-se un audiovisual sobre o golpe militar con lectura de textos a cargo de Lorena Calaza e Susana González Alaniz,para que a memoria no se durma, para que a memoria non morra”.


Enlace de interese:
40 anos do Golpe Militar 1973-2013.
http://ciperchile.cl/especiales/golpe/
--
A nosa web
:
www.fucobuxan.net

Os nosos blogues:
Escolma das Razóns
http://escolmadasrazons.blogspot.com.es/
Pensamento Crítico
http://opinionsfuco.blogspot.com.es/
Nas redes sociais:
Facebook
http://www.facebook.com/pages/Fuco-Bux%C3%A1n/118931821452749
Twitter
http://twitter.com/FucoBuxan
Google+
https://plus.google.com/u/0/108716477794009532670/posts
---
Fuco Buxán, A. C.
Rúa Armada Española, 32 baixo- 15406 - Ferrol
Apartado Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telefono. 981325492
www.fucobuxan.net
fucobuxan@yahoo.es




Información baseada na enviada por:

fucobuxan
-fucobuxan@gmail.com-
14 de setembro de 2013 23:59
__________________

Foi a concentración no 'Parque Pablo Iglesias' de Ferrol, por un outro modelo de saneamento e contra a construción, no mesmo parque público, do mal chamado "tanque de tormentas" - Polo saneamento integral da Ría de Ferrol - Vídeos, fotos e enlaces de interese


Moitas persoas acudiron á chamada das organizacións ecoloxistas e veciñais concentrando-se nun moi concorrido 'Parque Pablo Iglesias'. Parque público onde está previsto construír un mal chamado "tanque de tormentas". Chema Hernández Roca, membro da Comisión de Medio Ambiente da Asociación Veciñal de Recimil, leu un comunicado consensuado polos colectivos convocantes (Escoitar nos vídeos). Ademais das entidades ADEGA, a SGHN, Verdegaia e a xa mencionada entidade veciñal, participaron na concentración veciñas e veciñas usuarias do parque, diferentes activistas de asociacións culturais, sindicais e do movimento social de Ferrol Terra; políticos de dous dos grupos municipais da oposición (BNG e EU) que fixeron expreso o apoio ás demandas da concentración; tamén apoiaron outros partidos como Equo Galicia, Espazo Ecosocialista Galego e mesmo ANOVA que contou co deputado de AGE Antón Sánchez. A concentración, deste martes, 17 de Setembro de 2013, reivindicou a paralización da construción do "tanque de tormentas" cuxas obras se ten previsto iniciar antes de que remate o presente mes, e abrir un debate sobre o modelo de saneamento que queremos para a nosa Ría baixo o lema “Saneamento sí, mais non así”.

Ao final do acto anunciaron-se outros actos como o do vindeiro Sábado 21 de Setembro, no mesmo Parque Pablo Iglesias, unha actividade reivindicativa (conferencia, concerto, recital de poesía, teatro...) e na segunda quincena de Outubro unhas Xornadas nas que se traten os aspectos técnicos, lexislativos  e ambientais, co fin de axudar á cidadanía a entender o modelo de saneamento da Ría así como os seus inconvenientes e facer propostas que contemplen outro modelo de tratamento.

O vindeiro Xoves, 18 de Sembro,  vai ter lugar unha Xuntanza da Comisión de Seguimento - Grupo de Traballo. Será ás 20:30hs, no barrio de Recimil, frente ao nº6 da rúa Euzkadi, nun local da asociación veciñal. Esta será a segunda sesión da Comisión que queda aberta a novas incorporacións.


http://www.youtube.com/watch?v=pYTVlVwlB5k&feature=share&list=UUEsyIpC9Y8SoVla3A-qmvlw


http://youtu.be/JoThnPHvxM4


http://youtu.be/_-UcVGTT0yk

Enlaces relacionados de Interese:
Sitio na Rede, de información e documentación, para apoiar e facilitar, a loita e o traballo social que procura que o Sistema de Saneamento, nas marxes da Ría de Ferrol, sexa Integral. Saneamento si, mais non así!!!

http://ria-de-ferrol.blogspot.com.es/

O noso 'Informe' >>> Análise crítico do Proxecto de Saneamento acordado, polo Goberno, para a marxe norte da Ría de Ferrol | ALTERNATIVA ELABORADA POLA COMISIÓN DE SEGUIMENTO - GRUPO DE TRABALLO.

http://alternativa-proxecto-saneamento.blogspot.com.es/
________________

martes, setembro 17, 2013

O caso do "tanque de tormentas" que se está construíndo en Gondomar - Un moi interesante 'Informe', de 'Salvemos Monteferro'


Activistas da 'Asociación de Defensa Medio Ambiental Salvemos Monteferro', pasaron-nos un completo 'Informe' sobre o "tanque de tormentas" que se está construíndo en Gondomar. O citado informe, ten data do 21 de Xuño de 2013, polo que é moi recente.

Isto pasou en Vilaza, parroquia de Gondomar, concello duns 14.000 habitantes, situado no Val Miñor, na comarca de Vigo. A veciñanza atopou-se unha mañá de Setembro do pasado ano 2012, diante das súas casas, con moita maquinaria pesada traballando na escavación do que sería un grande furado, para albergar un mal chamado "tanque de tormentas".  A partir de aí, comezou a organización da veciñanza e o estudo do sistema de saneamento acordado pola administración sen participación veciñal, en relación co que se estaba facendo no parque diante das súas casas. Logo pasaron xa ás protestas e á denuncia da obsoleta infraestrutura. O proxecto non foi sometido a Avaliación Ambiental nin a exposición pública, e a licitación da obra no DOG era indetectábel para calquera cidadán común. A ficha técnica do proxecto afirma que se pretenden construír dous "tanques de tormentas" que ao final quedou só nun. Mais o problema real é a ausencia dunha rede separativa de augas pluviais e fecais, e este problema non pode ser solucionado nin paliado por un, neste caso, mal chamado "tanque de tormentas".

Paga a pena para-se a ler, e mesmo estudar, este 'Informe' moi ben elaborado polas compañeiras e compañeiros  de Salvemos Monteferro. Este traballo é unha moi boa ferramenta para a loita que estamos levando en Ferrol, no 'Parque Pablo Iglesias' e por un saneamento integral para as marxes da Ría.

Informe da 'Asociación de Defensa Medio Ambiental Salvemos Monteferro', sobre o "Tanque de Tormentas" que se está construíndo en Gondomar. 14 Páxinas en formato PDF | Monteferro, 21 de Xuño de 2013 [Acceder] | O informe en formato web [Acceder].

Relacionado:

O noso 'Informe' >>>

Análise crítico do Proxecto de Saneamento acordado, polo Goberno, para a marxe norte da Ría de Ferrol | ALTERNATIVA ELABORADA POLA COMISIÓN DE SEGUIMENTO - GRUPO DE TRABALLO | [IR AO BLOGUE].

Fonte: Sitio na Rede, de información e documentación, para apoiar e facilitar, a loita e o traballo social que procura que o Sistema de Saneamento, nas marxes da Ría de Ferrol, sexa Integral. Saneamento si, mais non así!!!

http://ria-de-ferrol.blogspot.com.es/

__________________

O trilinguismo, soa-vos? - Vídeo parlamentar de interesse


Alfred Bosch expulsado do Congresso do Deputados por falar inglês.

O porta-voz da Esquerda Republicana de Catalunha, é expulso da tribuna do Congresso por falar Inglês. Afirmaque o PP co trilinguismo, "nom se preocupam polo Inglês, eles só estam interessados em destruir a convivência".


http://youtu.be/DMn3r9zfMlk


Fonte: EsquerraTV

Enviado por:
Joam Tavia
-jtavia@gmail.com-
17 de setembro de 2013 18:11
______________

O grupo municipal de Esquerda Unida demanda unha nova política urbanística na nosa cidade, máis alá de improvisacións, amiguismos ou procura de réditos electorais

O grupo municipal de Esquerda Unida demanda unha nova política urbanística na nosa cidade, máis alá de improvisacións, amiguismos ou procura de réditos electorais.
Javier Galán pregúntase para que investimos fondos europeos en rexenerar as rúas de Ferrol Vello, Canido e A Magdalena se logo as vivendas destes barrios déixanse caer por desleixo do goberno.

Sendo definido o Urban como un proxecto para a rexeneración urbana dos barrios históricos de orixe da cidade marítima de Ferrol, para Esquerda Unida esta rexeneración tan só pode ter un tratamento integral e non actuacións parciais que nunca acadarán o obxectivo que é o fin de promover un desenvolvemento urbano sostible.

A día de hoxe, e así o sabe a veciñanza de Ferrol, e deste xeito foi transmitido ao Grupo Municipal de EU en diferentes reunións, o Urban está a rexenerar os barrios con obras das que se fai uso electoralista, necesarias pero eivadas, xa que dan un tratamento parcial aos barrios de Ferrol Vello, Canido e A Magdalena.

Como di Javier Galán, potenciar grandes áreas comerciais como a do Boial e crecemento urbanístico no extrarradio é todo o contrario a idea do desenvolvemento urbano sostible e da dinamización do comercio local que propón a Unión Europea a través do Urban. No mesmo sentido, pouco axudan a un urbanismo planificado as decisións improvisadas, como a tomada polo Concelleiro Langtry, que, sen debate nin coa oposición nin cos comerciantes nin cos veciños desas rúas, decide, de motu propio, peatonalizar Pardo Baixo e tramos da rúa Magdalena e María. Lamentamos que ese sexa o máximo respecto que pode amosar o concelleiro cara a cidadanía, respecto sempre subordinado ao amiguismo e aos fines particulares. É tamén nos preguntamos se é esa a negociación coa oposición que sempre procura o goberno municipal, como ven de presumir a voceira Martina Aneiros, con decisións unilaterais e improvisadas, cando está en plena elaboración o proxecto dunha supermazá, que moito nos tememos, volverá responder a intereses partidistas máis que en beneficio da cidade.
Grupo Municipal de Esquerda Unida

Esquerda Unida - Ferrol
Rúa do Sol 124 entrechán esquerda, Ferrol
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
eu-ferrolcomarca@esquerdaunida.org

facebook
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html
http://www.esquerdaunida.org/


Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
17 de setembro de 2013 13:41
Boas. Enviámosvos a nota informativa do grupo municipal de Esquerda Unida pola que se demanda unha nova política urbanística na nosa cidade ao marxe de amiguismos ou procura de réditos electorais. Adxunto remitimos o documento completo. Grazas.Un saúdo, Jorge Suárez Secretaría de Comunicación. Consello Local de Esquerda Unida..

__________________

O epitáfio de Fátima, ... Por Lupe Ces


Por Lupe Ces [*]
17.09.2013


Moitos, 19 anos som muitos. Coas suas primaveras e os seus invernos, cos seus dias e as suas noites. Moitos. Mas ti Fátima, viviches esses 19 anos de terror. Viviches morta em vida. Morta polo medo.

Morta polos golpes, as humilhaçons... que el infringia também aos teus filhos e á tua filha. Em 19 anos, a tua vontade estaria quebrada, a tua capacidade de resposta mermada, e tam só querias pensar que a diferença de idade faria a justiça que vias inalcançável para ti. El, com seguridade morreria antes e poderias descansar. Agosto, neste agosto luminoso que vivemos, decidiches começar a viver.

Umha denuncia, umha orde de afastamento, trás umha terrível malheira, e a enterrar esses 19 anos para sempre. Nom sabias que a tua nova vida só precisaria dum pequeno reloxo de areia para ser medida.

Agora venhem as perguntas, agora a vontade para atopar as respostas... Por que o teu torturador durante 19 anos permaneceu impune? Por que se a denuncia foi posterior a umha brutal paliza gozava de liberdade? Por que uns menores vivem durante anos umha situaçom de maltrato sem que a sociedade active mecanismos de denuncia e proteçom? Por que ninguém te indicou o risco que corrias volvendo à casa onde o teu assassino rondava? Fátima, som moitas perguntas que fazer e moitas respostas que buscar, mas a tua pequena vida, depois de 19 anos de morta em vida, nom pode levar como epitáfio os titulares dos médios de comunicaçom onde parece que todo sucedeu por despiste, por abandono... porque, segundo o teu alcalde, nom avisaches no Concelho de Verim que volvias.

O epitáfio da tua pequena vida deve ser “umha mulher valente, que se rebelou contra o machismo buscando conquistar a sua liberdade”. Para ti Fátima, e para todas as combatentes caídas na luita contra o patriarcado o nosso reconhecimento e a nossa memoria para sempre.

[*] Lupe Ces Rioboo -Caranza Ferrol 1953, é mestra, activista social, integrante da Marcha Mundial das Mulleres e da Rede Social de Ferrol Terra. Forma parte do Consello Editorial de Altermundo e do Colectivo Ártabra 21.

Blogue persoal: Caranza free opiniom

Nota.- Imaxe de Javier Calvo, "El reloj de arena"
.

Enviado por:
Lupe Ces
-lupeces@gmail.com-
11 de setembro de 2013 00:01
________________

luns, setembro 16, 2013

O documentario sobre Alexandre Bóveda "A fazaña da liberdade" proxéctarase no Ateneo Ferrolán o Xoves 26 de Setembro ás 19:30hs


Tras o fracaso do federalismo durante a I República, a Xerazón Nós con Castelao, Otero Pedrayo e Alexandre Bóveda tomarán a substitución. Ensaiarán un movemento político nacionalista, o Partido Galeguista, que conseguirá, grazas ao apoio das forzas galegas republicanas e de esquerdas a redacción do Estatuto de Autonomía durante a Segunda República. A guerra civil e a posterior represión franquista acabou cos partidos, os sindicatos e todo tipo de pluralismo e liberdade de expresión e asociación, ademais dos movementos galeguistas. Galiza, que non foi nunca fronte de guerra, sufriu a represión dos sublevados, ascendendo a cifra de asasinados e executados tras xuízos sumarísimos por delitos de “traizón” e “auxilio á represión” a 4.200, segundo as cifras do historiador Carlos Fernández Santander. Un deses 4.200 é Alexandre Bóveda.

A FAZAÑA da LIBERDADE é un documental que amosa o periplo vital dun dos personaxes mais influintes e tamén más descoñecidos para a inmesa coleitividade de Galiza.

Un documental que reconstrúe a vida e actividade de Alexandre Bóveda (1903-1936). Facendista, economista, deseñador das Caixas de Aforros de Ourense e Pontevedra, impulsor do Estatuto de Galicia, integrante do Seminario de Estudos Galegos, cofundador e Segredario Xeral do Partido Galeguista e ante todo, bon e xeneroso, “entregado á causa galega”, como el gostaba dicir.

Escomezando no seu Ourense natal donde Bóveda nace, é mozo e fai-se home, ate a chegada á súa “amada Pontevedra” e posterior exilio, e finalmente o dramático final do protagonista, A FAZAÑA da LIBERDADE é concebida coma unha visión áxil pero sen deixar de afondar no conflicto.

Esta obra biográfica será sempre acompañada dunha explicación do contexto histórico, lugares, axentes e causas que diseñaron o espazo e o tempo de Alexandre Bóveda. Representando así a unha das etapas mais floridas e emocionantes da historia contemporánea Galega.

O documental sobre Alexandre Bóveda "A fazaña da liberdade" proxéctarase no Ateneo Ferrolán o Xoves 26 de Setembro ás 19:30hs. e será presentado polo historiador Bernardo Maiz.

Alexandre Bóveda na wikipedia

O evento no Facebook:
https://www.facebook.com/events/534190406654144

Podedes disfrutar o trailer do documental “A Fazaña da Liberdade” dende o canal de Vimeo de Fílmika Galaika.


______

Axenda de actividades, acción e traballo social dos colectivos opositores ao obsoleto modelo de saneamento que se está executando nas marxes da ría de Ferrol - Este Martes 17 de Setembro, Concentración no Parque Pablo Iglesias

Axenda de actividades
  • Martes, 17 de Setembro | Concentración no Parque Pablo Iglesias, ás 19:30hs | Contra o tanque de Tormentas e o Modelo de saneamento | Cartaz | Nota de Prensa.
  • Xoves, 19 de Setembro | Xuntanza da Comisión de Seguimento - Grupo de Traballo, ás 20:30hs, no barrio de Recimil, frente ao nº6 da rúa Euzkadi, nun local da asociación veciñal. Esta será a segunda sesión da Comisión que queda aberta a novas incorporacións.
  • Sábado 21 de Setembro | Acto reivindicativo no Parque Pablo Iglesias (conferencia, concerto, recital de poesía, teatro...).
  • A mediados de Outubro | Entrando nas propostas de actividades, se fala de facer unhas xornadas para mediados de outubro nas que se traten os aspectos técnicos, lexislativos (inclúe o convenio que se asina en xullo do 2012) e ambientais co fin de axudar á cidadanía a entender o modelo de saneamento da ría así como os seus inconvenientes e facer propostas que contemplen outro modelo de tratamento das augas pluviais e residuais (domésticas e industriais) máis sostible e económico. Estas xornadas desenvolveríanse ao longo dun mes. Constarían de diferentes paneis que se levarían a cabo un par de días á semana. Isto daría unha presenza continuada nos medios de comunicación. Sería interesante mesmo que nestas xornadas participasen tamén técnicos da empresa acuaES e do Concello para que explicasen a súa postura e así a cidadanía puidese ter unha visión dos puntos de vista das diferentes partes. Para tal fin, quédase en que se vai contactar con persoas entendidas nas diferentes materias para que veñan dar os relatorios.
Fonte: Sitio na Rede, de información e documentación, para apoiar e facilitar, a loita e o traballo social que procura que o Sistema de Saneamento, nas marxes da Ría de Ferrol, sexa Integral. Saneamento si, mais non así!!!

http://ria-de-ferrol.blogspot.com.es/

__________________

NÓS-Unidade Popular defende um verdadeiro saneamento das águas de Ferrol, por isso se opom ao “tanque de tempestades”

A anunciada construçom do chamado “tanque de tempestades”, que supostamente deveria contribuir para a regeneraçom e reutilizaçom das águas pluviais e doutro tipo nom consideradas como residuais, nasce deformada por um péssimo planeamento que pode piorar as cousas, em lugar de vir melhorá-las.

Diferentes setores sociais, ambientalistas e vicinais tenhem anunciado o seu rejeitamento ao plano da direita governante. NÓS-Unidade Popular quer somar a sua voz à desses setores, com um claro rejeitamento do “tanque de tempestades” tal e como ele está previsto, por motivos ambientais e económicos.

Do ponto de vista ambiental, todo indica que a falta de separaçom em origem vai levar à mistura de todo o tipo de águas no interior do tanque, que deveria recolher unicamente as diretamente reutilizáveis. Nos termos atuais do projeto, o tanque poderá chegar a constituir mais um foco de poluiçom aquífera, que em ocasions despejará as águas residuais diretamente à ria.

De facto, se a diferenciaçom entre águas pluviais, industriais e domésticas nom for feita em origem, o tanque perderá a sua funçom originária. Mais umha vez, assistimos, portanto, à deturpaçom de um objetivo justo, marcado inclusive por normas europeias que vam ser manipuladas para evitar abordar de maneira integral um assunto tam importante para a saúde pública e para o aproveitamento racional da ria, como é a qualidade das nossas águas.

Todos os dados apontam para que a atuaçom trapalheira e precipitada do governo municipal do PP vai converter-se no enésimo projeto inútil que, após gastar importantes somas de dinheiro público, terá que ser descartado no futuro, quando se deva realizar um verdadeiro saneamento das águas de Ferrol. Ou isso, ou forçar umha depuraçom massiva e cara de um grande volume de águas, devido à indistinçom prevista no projeto atual.

Chegamos assim ao ponto de vista económico do projeto, que suporá uns 2 milhons de euros de investimento. A isso há que somar outras quantidades, como o 1,6 milhons de euros já investidos na separaçom de águas do rio do Tronco em 2011, para agora voltar a misturá-las no anunciado tanque.

Porém, o malgasto nom vai acabar aí. O projeto está ligado com as políticas municipais do PP, sempre comprometidas com a entrega de serviços públicos ao setor privado. Neste caso, a privatizaçom do serviço encarecerá a fatura, polo saneamento massivo de águas que deveriam ter sido separadas em funçom da sua natureza, como já indicamos.

Esse futuro é tam próximo como 2015, quando a nova normativa europeia será de aplicaçom e obrigará a umha reutilizaçom das águas que o atual projeto do governo de José Manuel Rei nom vai permitir.

Por último, haverá que indicar a pouco adequada localizaçom anunciada para o tanque: o parque público Pablo Iglésias, em Esteiro.

Por todo o anterior, NÓS-Unidade Popular reclama a suspensom do projeto de “tanque de tempestades” tal como está programado, substituindo-o por um estudo rigoroso e integral que conduza a um plano de tratamento das águas para o conjunto de concelhos que rodeiam a ria de Ferrol.

Adiantamos que a esquerda independentista parte para isso de um fator fundamental que garanta o domínio público de um bem público: A municipalizaçom do serviço, evitando que, mais umha vez, fique em maos privadas que converterám o lucro económico em critério central na gestom das águas da nossa comarca e do nosso concelho.

Um caro e deficiente saneamento das águas é umha fatura que o povo de Ferrol e dos restantes concelhos da comarca nom podem assumir.

Em conclusom: É preciso dizer nom ao atual projeto de “tanque de tormentas” e exigir aos governantes que abordem um verdadeiro saneamento das águas, com critérios de interesse público nos aspetos ambiental e económico.

Assembleia Comarcal de Trasancos de NÓS-Unidade Popular

Ferrol, Galiza, 11 de setembro de 2013


Enviado por:
Nós-UP-Trasancos
-nosup-trasancos@nosgaliza.org-
13 de setembro de 2013 11:22
Para: nosup-trasancos@nosgaliza.org

________________

domingo, setembro 15, 2013

A violencia machista arrebata unha nova vida en Verín, a Marcha Mundial das Mulleres convoca un acto de repulsa na Praza do Concello de Ferrol, o Luns, 16 de Setembro de 2013, ás 8 da tarde


A COORDENADORA COMARCAL DE FERROLTERRA DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES CONVOCA UNHA CONCENTRACIÓN DE REPULSA, EN FERROL, POLO ASASINATO, POR VIOLENCIA MACHISTA, DE MARIA FÁTIMA MACHADO SANTOS.

Fatima, de 52 anos, cunha orde de afastamento dende o  pasado mes de agosto, foi asasinada en Verín, pola súa exparella. Con ela sumamos outra muller máis, vítima da violencia machista que paga coa súa vida a discriminación e a desigualdade que padecemos todas.

Que a indignación de toda a sociedade saia á rúa para rexeitar o cruel asasinato de María Fátima e denunciar a violencia machista padecida polas mulleres e exercida contra elas polo feito de selo.

O VINDEIRO LUNS 16 DE SETEMBRO ÁS 20H. NA PRAZA DIANTE DO CONCELLO DE FERROL
--
Coordenadora Local da Marcha Mundial das Mulleres

mmmferrolterra@gmail.com
www.feminismo.info
nacional@feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
twitter.com/MMMGaliza



 "PARA CAMBIAR O MUNDO, ACABAR COA VIOLENCIA MACHISTA" 


Que é a Marcha ?


A Marcha Mundial das Mulleres é un movimento mundial de accións feministas que reúne grupos de mulleres e organizacións que actúan para eliminar as causas que orixinan a pobreza e a violencia contra as mulleres. Loitamos contra todas as formas de desigualdade e de discriminación sufridas polas mulleres. Os nosos valores e as nosas accións orientanse cara un cambio político, económico e social. Os mesmos que se articulan aoredor da mundialización das solidaridades, a igualdade entre mulleres, entre mulleres e homes, e entre os pobos, o respecto e a valoración do liderazgo das mulleres e o fortalecimento das alianzas entre mulleres e cos outros movimentos sociais progresistas.

Enlaces de interese:




Información baseada na enviada pola:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-

15 de setembro de 2013 12:41
_______________

sábado, setembro 14, 2013

Para superarmos a pobreza, para a destruírmos, temos que odiala e comprendela, ... Por Antón Dobao

Por Antón Dobao [*]
14.09.2013


Hai xa anos que Jarvis Cocker lle cantou á Xente Común con esa súa sorna tan aguda. Nesta canción sempre me pareceu ver esa distancia traxicómica entre a realidade da xente do común, da pobreza -porque a xente común é sempre pobre-, e certas posicións progresistas (aparentemente) pero escindidas (vitalmente) e arredadas (socialmente) non da pobreza como concepto e si da xente común como individuos.

"Because you think that poor is cool", di nalgún momento a canción. E entón a pobreza convértese en ficción literaria e perde a súa potencia indignante de transformación, de volvelo todo do revés e escachizar os marcos da realidade.

Para superarmos a pobreza, para a destruírmos, temos que odiala e comprendela. Entón, procuraremos cortarlle todas as vías respiratorias ata asfixiala.

A estética da pobreza non ten glamour, ofrece arrepío.

Porque é a xente a que importa, non as abstraccións que pode inspirarnos.

http://youtu.be/_cNboIC4aC4

Nota.-  post de Antón no facebook.

[*] Xosé Antón López Dobao, coñecido como Antón Dobao, nado en Lugo o 16 de xullo de 1963, é un escritor, tradutor e cineasta galego. [Na Galipedia].

Enviado por:
Inácio GZ
inaciogz@gmail.com
14 de setembro de 2013 09:20

________________

venres, setembro 13, 2013

Apresentado comunicado coletivo de urgência contra a brutalidade repressiva do Estado e concentraçons nas principais cidades


Difussom das respostas solidarias ante a sentenza da Audiência Nacional
.

Solicitamos máxima difussom para às convocatorias de hoje e o comunicado conjunto apresentado pola manhám e para o comunicado do Organismo Popular Anti-repressivo Ceivar.


Comunicado Conxunto
Contra a brutalidade represiva do Estado
Pola soberanía nacional de Galiza

Os colectivos, organizacións políticas, asociacións ecoloxistas, feministas, xuvenís e culturais e sindicatos abaixo asinantes, ante a sentenza ditada pola Audiencia Nacional de España contra catro independentistas galeg@s, queremos facer pública ante a sociedade galega a seguinte declaración de urxencia:

1º Rechazamos a brutalidade represiva do Estado español que se evidencia na sentenza ditada onte contra catro independentistas galeg@s. Condenalos a penas de 10 e 18 anos de prisión é unha barbaridade represiva dun punto de vista democrático perpetrada por un tribunal que carece das máis mínimas garantías xurídicas esixíbeis e realiza xuízos políticos. É significativa esta contundencia penal contra quen defenden un lexítimo ideario político, mentres ladróns de garavata, corruptos, saqueadores do erario público, incendiarios organizados, etc. campan ás súas anchas.

2º A creación xurídica, por parte da Audiencia Nacional, dunha suposta “organización terrorista” a operar en Galiza é, en mans dun Estado obsesionado coa súa propia “integridade territorial” e coa criminalización e persecución dos procesos soberanistas, un instrumento represivo de primeira orde que levanta a veda para criminalizar e penalizar organizacións sociais e políticas de signo nacionalista, contradí as explicacións dadas polas persoas condenadas durante o xuízo e é contraria ao sentir absolutamente maioritario da sociedade galega. Con esta sentenza, encontrámonos ante a importación para Galiza da antidemocrática Ley de Partidos.

3º Valoramos que esta sentenza, que evidencia o trunfo das teses mais regresivas para unha abordaxe en termos penais e policiais das posicións soberanistas, é unha sentenza política e pretende abrir as portas para a criminalización das persoas e organizacións que reivindicamos lexitimamente a soberanía nacional do noso país e a solidariedade coas persoas presas.

4º Chamamos á sociedade galega a concentrarse hoxe ás 20:00 h. en rexime de auto-convocatoria nas vilas e cidades do noso país para expresar o noso rechazo frontal a este salto cualitativo que, coa sentenza de Madrid, acaba de dar a represión política. Hoxe, a solidariedade, por riba de siglas e de diferencias políticas e ideolóxicas, é unha obriga de calquer demócrata frente a un Estado corrupto e antidemocrático que avanza nun proceso constante de fascistización. Neste sentido, animamos á sociedade galega a estar pendente das próximas convocatorias solidarias que se realizarán.

Galiza, a 13 de setembro de 2013

Anova Irmandade Nacionalista
Adiante
Agrupaçom de Montanha Aguas Limpas (AMAL)
Assembleia da Mocidade Independentista (AMI)
Bloque Nacionalista Galego (BNG)
Briga
Candidatura do Povo
Causa Galiza
Ceivar Organismo Popular Anti-repressivo
Central Unitaria de Traballaras/es (CUT)
Confederación Intersindical Galega (CIG)
Confederación Nacional do traballo -Compostela (CNT-compostela)
Comités
Esquerda Unida (EU)
Federación Rural Galega (FRUGA)
Frente Popular Galega (FPG)
Galiza Nova
Isca!
Liga Estudantil Galega (LEG)
Mulheres Galegas em Resistência (MUGRE)
Movimento Galego ao Socialismo (MGS)
Nós - Unidade Popular (Nós-up)
Partido Comunista do Povo Galego (PCPG)
Que voltem para a casa!
Silveira

Mobilizaçom em regime de auto-convocatoria

Com este formato, que prima o "mínimo comum denominador" das pessoas e organizaçons que estamos frente à iniciativa repressiva do Estado espanhol e a deriva involutiva que desenha a recente sentença, auto-convocárom-se  nas principais cidades galegas concentraçons em solidariedade com os retaliados e retaliadas para denunciar a eventual importaçom para a Galiza de desenhos repressivos derivados da 'Ley de Partidos'.

Estas som as convocatórias para as que rogamos a máxima difusom e participaçom:

FERROL. Praça Amada Garcia às 21:00 h.
PONTE VEDRA. Praça da Peregrina às 20:30 h.
COMPOSTELA. Praça da Galiza às 20:00h
CRUNHA. Rua Barcelona esquina Mercado das Cunchinhas às 20:00 h. 
LUGO. Praça Maior às 20:30h.
OURENSE. Jardins do Padre Feijoó às 20:00h.
VIGO. MARCO (rua do Príncipe) ás 20:00 h.

Comunicado do Organismo Popular Anti-repressivo Ceivar

Ceivar denuncia a abertura dumha nova fase na repressom contra o independentismo e convoca à solidariedade ativa

Ante a publicaçom nos meios de comunicaçom da sentença da Audiencia Nacional contra quatro independentistas galegos, o organismo popular anti-repressivo Ceivar quer manifestar as seguintes questons e compartilhá-las como reflexom com o conjunto da sociedade galega:

1ª Confirmou-se, de novo, a posiçom exprimida publicamente por Ceivar no sentido de que o juízo que se celebrou em Madrid entre os dias 24 e 27 era um juízo politico. A nível jurídico-formal, o juíz Alfonso Guevara vulnerou o direito à defesa dos acusados, convertindo em “provas periciais” informes políticos de inteligência, expulsando da sala os peritos da defesa, impedindo a contradiçom entre as provas apresentadas, interrompendo constantemente os letrados da defesa e admitindo na sentença o seu desconhecimento da realidade galega ao riscar de “inverossímeis” (sic) factos comuns no nosso país.

2ª Por outra parte, e isto é ainda mais grave, o tribunal de exceçom partiu, em todo momento, da premissa nunca demonstrada de que neste país age umha “organizaçom terrorista” e de que, “portanto”, @s quatro independentistas processad@s faziam parte da mesma. A sentença em nengum momento provou esta premissa que estava fixada antes do início do processo.

3ª Destacamos a absoluta desproporçom das condenas impostas aos quatro independentistas –de 10 e de 18 anos-, engrossadas seriamente pola acusaçom de “pertença a banda armada”, que é a que possibilita estas penas apesar de que nom se demonstrou, como recolhe o auto, a participaçom dos processados em nengumha açom ilegal que sustente tal rigor punitivo.

4ª A criaçom jurídica nas salas da Audiencia Nacional dumha “organizaçom terrorista” supom um gravíssimo salto qualitativo na prática da repressom política sobre o independentismo galego, porquanto abre as portas à criminalizaçom e persecuçom de organizaçons e militantes independentistas que, à vista do poder demonstrado polo Ministerio de Interior e os corpos policiais sobre o tribunal, que evidencia a inexistência de separaçom de poderes, podem ser encausados no futuro em “tramas” e “organigramas” desenhados à vontade e à medida do Governo espanhol.

5ª Ante este novo cenário, que implica longas condenas de prisom e dispersom para nacionalistas galegos, entendemos que o conjunto do campo soberanista, e os sectores realmente democráticos da sociedade galega, devemos construir umha permanente guarda-chuvas solidário que permita socializar a realidade da repressom política e arroupar os retaliados e retaliadas.

6ª Queremos enviar desde aqui um forte e caloroso abraço para @s quatro independentistas condenad@s e para as suas famílias ante o longo caminho de luita e dignidade que agora se abre para eles, que será a continuidade dum compromisso de amor por este país e pola sua gente por todas e todos conhecido e reconhecido. Que saibam, presos, familiares e amigas, que contarám com o nosso carinho e apoio incondicional, assim como com o de amplos sectores da nossa sociedade, como se evidenciou nesta manhá na conferência de imprensa unitária celebrada no centro social O Pichel.

Defender a Terra nom é delito!

Solidariedade Galega frente à repressom política!

CEIVAR, organismo popular anti-repressivo
Sede nacional Costa nova de arriba. Local 2. Edifício 3. Baixo
15704-Compostela
GALIZA
ceivar@ceivar.org
www.ceivar.org

Enviado por:
ceivar@ceivar.org
-ceivar@ceivar.org-
13 de setembro de 2013 16:21

__________________

Documentaçom:
Sentença: AUD.NACIONAL SALA PENAL SECCION 3 | MADRID | SENTENCIA: 00024/2013 | AUDIENCIA NACIONAL SALA DE LO PENAL SECCIÓN 003| ROLLO DE SALA: SUMARIO (PRC.ORDINARIO) 0000001 /2012 | PROCEDIMIENTO DE ORIGEN: SUMARIO (PROC.ORDINARIO) 0000002/2012 | ÓRGANO DE ORIGEN: JUZGADO CENTRAL INSTRUCCIÓN nº: 006 | SENTENCIA NUM 24/2013 | PRESIDENTE / Ilmo. D. FELIX ALFONSO GUEVARA MARCOS | MAGISTRADOS Ilmos. Sres. D.Guillermo Ruiz Polanco, D. Antonio Diaz Delgado | 12.09.2013 [Acceder].

A notícia nos médios convencionais através de Google Notícias [Acceder].
_____________________