mércores, novembro 20, 2013

Educación, sanidade, vivenda son algúns dos dereitos básicos que os nenos, nenas e adolescentes están vendo mermados - AGAMME (asociación galega contra o maltrato a menores) reclama, no día mundial dos dereitos dos nenos e das nenas, unha viraxe nas políticas de infancia que garanta os seus dereitos fundamentais

AGAMME (ASOCIACIÓN GALEGA CONTRA O MALTRATO A MENORES) RECLAMA, NO DÍA MUNDIAL DOS DEREITOS DOS NENOS E DAS NENAS, UNHA VIRAXE NAS POLÍTICAS DE INFANCIA QUE GARANTA OS SEUS DEREITOS FUNDAMENTAIS.

Educación, sanidade, vivenda son algúns dos dereitos básicos que os nenos, nenas e adolescentes están vendo mermados.

A palabra crise estáse a volver un comodín que pode ser empregado para xustificar políticas que implican perda de dereitos da cidadanía. AGAMME, como entidade que loita pola promoción dos dereitos da infancia, chama a atención sobre os riscos que entraña esta postura, non só a curto prazo senon para o futuro.

No inmediato, é evidente: bolsas de poboación infantil que non ven cubertas as súas necesidades básicas, familias que se atopan en serias dificultades para facer fronte aos gastos derivados da educación, a inestabilidade que xenera a perda da vivenda, un sistema sanitario público debilitado e saturado. En definitiva: a creación de ghettos socio-económicos xa dende a primeira infancia que poñen barreiras a aquel obxectivo aceptado universalmente de acurtar as diferenzas sociais e ofrecer iguais oportunidades para todas as nenas e todos os nenos.

Por outra banda, o curtopracismo das medidas que socavan os dereitos da infancia e da adolescencia non permite ver que o custo social e mesmo o gasto público que vai supoñer ter en breve unha poboación xuvenil que non puido facer uso dos dereitos básicos de sanidade, educación e vivenda, entre outros, é moi superior ao que supoñería facer fronte ás dificultades do momento actual e restaurar plenamente o desfrute destes dereitos.

O informe recentemente publicado polo comisario de Dereitos Humanos do Consello de Europa sinala con contundencia a gravidade da situación da infancia e da adolescencia no Estado Español, precisamente nestes tres aspectos.

Noutra orde de cousas, debe producirse un cambio decidido na protección da infancia ante todas as formas de maltrato, o cal supón modernizar a xustiza e os servizos relacionados coa mesma, mellorar a capacidade de deteción por parte de profesionais que traballan habitualmente con menores e, en definitiva, acadar unha máis elevada conciencia sobre a incidencia e repercusións desta problemática e sobre o deber de toda a cidadanía de denuncialo.

Non nos podemos permitir dar por perdida toda unha xeración e é responsabilidade dos poderes públicos recoñecer as prioridades dun país. En base ao interese superior dos nenos nenas e adolescentes a prioridade non pode ser outra que apostar por que os nenos e as nenas de hoxe medren en igualdade de condicións e coas mellores oportunidades e calidade de vida que como sociedade en crise poidamos ofrecer. En función de como superemos ese reto poderemos cifrar o noso nivel de desenvolvemento como sociedade, a nosa calidade  humana.

Para máis información pode-se contactar coa AGAMME no correo agammeferrol@gmail.com ou no teléfono 636142012.

Web:
http://agamme.org/

Enviado por:
Agamme
-agammeferrol@gmail.com-
20 de novembro de 2013 12:25

____________________

martes, novembro 19, 2013

Asemblea en Autoconvocatoria: Motivada pola decisión do goberno local do alcalde Rey Varela en restrinxir e limitar o acceso a cidadanía ao Pleno do Concello de Ferrol - Martes 19 de Novembro


Asemblea en Autoconvocatoria


Xuntanza de Asemblea Cidadá con carácter de autoconvocatoria o martes 19 de novembro ás 19 horas na Galería Sargadelos. Motivada pola decisión do goberno local do alcalde Rey Varela en restrinxir e limitar o acceso a cidadanía ao Pleno deste concello de Ferrol.

Ante a decisión do goberno municipal do PP e alcalde -Rey Varela- no continuo incumprimento e mesmo o desmantelamento do Regulamento de Participación Cidadá , acordamos de forma unánime unha mobilización  e concentración na Praza de Armas- Praza do Concello este vindeiro Xoves-día 28, coincidindo coa celebración do Pleno Ordinario de fin de mes.

As forzas políticas da oposición van presentar de forma conxunta unha moción a este respecto.

Concretaremos a Petición de Palabra para este Pleno.

Saúdos

Enviado por:
BNG
-bng@ferrol.es-
19 de novembro de 2013 09:55

____________

Guillermo Castro e José María Hernández, serán os relatores da quinta xornada sobre a Ría de Ferrol e o seu Saneamento: 'Presente e Futuro' - Esta terá lugar este mércores 20 de Novembro, cos títulos “O convenio de xullo do 2012” e “A auga como dereito e non como mercaduría”, ás 19:30hs en Ferrol, na Sala de Actividades do Ateneo Ferrolán (Madalena 202)


XORNADAS SOBRE A RÍA DE FERROL E O SEU SANEAMENTO:
PRESENTE E FUTURO


OLLO: TRASLADAMOS AS XORNADAS AO LOCAL DO ATENEO FERROLÁN

Estamos no ecuador das
Xornadas sobre o Saneamento da Ría de Ferrol e esta semana nos trasladamos ao Ateneo Ferrolán, onde terán lugar as xornadas todos os mércores até o día 4 de Decembro. Mañá teremos os seguintes relatorios:

Mércores 20 de Novembro.
Lugar e hora :
  • As 19:30hs, no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán (Rúa Madalena, 202).
Quinta Xornada:
  • O convenio de xullo do 2012A auga como dereito e non como mercaduría”.
Relatores:
  • José María Hernández (A.VV. de Recimil)
  • Guillermo Castro (cooperante de Enxeñeiros sen Fronterias).
Pequeno resumo dos relatorios:

O convenio de xullo do 2012
O convenio firma-se o 14 de xullo de 2012 por parte da Xunta de Galicia, Entidade Publica Empresarial Augas de Galicia, Concellos de Ferrol e Narón e a sociedade anónima estatal ACUAES e é o marco lexislativo que vai regular a construción e a explotación da actuación  "interceptores xerais da marxe dereita da ría de Ferrol" e que vai permitir a esta sociedade estatal a súa explotación durante 45 años o ven facer unha encomenda da mesma a entidade titular do sistema de depuración da marxe dereita  da ría.

A auga como dereito e non como mercaduría
O segundo relatorio se falará sobre as estratexias que se desenvolveron dende a creación da Organización Mundial do Comercio (OMC) en 1995 en canto a un avance na mercantilización dos denominados "bens comúns", en especial da auga potable. Neste sentido analizarase o proceso de mercantilización mediante a expansión da axenda da OMC cos chamados "novos temas" ou "temas de Singapore" incorporados no Cumio Ministerial da OMC de 1996 na devandita cidade. Con esta ampliación da axenda de libre comercio posibilítase que bens como a auga potable sexan tratados como mercadoría dentro do réxime de liberalización proposto polo sistema multilateral de comercio, o cal tamén dispara a necesidade de reflexionar acerca das posibles consecuencias de considerar á auga como mercadoría ou como ben básico universal.

Organizan as Xornadas:
Comisión de Medio Ambiente da Asociación Veciñal de Recimil
ADEGA
SGHN
VERDAGAIA

Información baseada na enviada por:
Pablo Iglesias
-cidadansversustanquestormentas@gmail.com-
19 de novembro de 2013 12:00
Entra no noso blog para máis información:
http://www.cidadansversustanquesdetormentas.blogspot.com.es/ |
Unete ao noso grupo:
cidadansversustanquestormentas@googlegroups.com
_______________

Enlaces relacionados de Interese:
Sitio na Rede, de información e documentación, para apoiar e facilitar, a loita e o traballo social que procura que o Sistema de Saneamento, nas marxes da Ría de Ferrol, sexa Integral. Saneamento si, mais non así!!!

http://ria-de-ferrol.blogspot.com.es/

O noso 'Informe' >>> Análise crítico do Proxecto de Saneamento acordado, polo Goberno, para a marxe norte da Ría de Ferrol | ALTERNATIVA ELABORADA POLA COMISIÓN DE SEGUIMENTO - GRUPO DE TRABALLO.

http://alternativa-proxecto-saneamento.blogspot.com.es/
_______________________

O 'Prestige' afundiuse porque quixo, ... Por Manuel Rivas

A sentenza é propia da Idade dos Combustibles Fósiles. Un fósil, en si mesma | Blanquea a actitude do goberno de entón e envía unha mensaxe patética a nivel internaiconal.

Por Manuel Rivas [*]
19.11.2013


A sentenza sobre o Prestige leva por data o 13 de novembro de 2013, xusto no undécimo aniversario do desastre, pero en realidade é un documento da éra prePrestige. Unha sentenza propia da Idade dos Combustibles Fósiles. Un fósil, en si mesma. O relato é inverosímil. Todo parece froito do azar e non existe a casualidade. Formúlase, de forma indirecta ou inconsciente, unha especie de doutrina da irresponsabilidade ambiental. Se branquea a actitude dun Goberno que nunca recoñeceu a realidade dunha marea negra que afectou polo menos a 1.600 quilómetros de costa. Envíase unha mensaxe patética a nivel internacional. Nun peritaxe modélico, os danos foran avaliados en 4.328 millóns de euros. Pero ao non haber responsables, non ha lugar a reclamación. É dicir, os danos non existen. Nun anterior auto da Audiencia, no que se imputaba por vez primeira a un político, José Luís López-Sors, dicíase sobre a xestión gobernamental do desastre: "Peor, imposible". A sentenza, puro conformismo, pode interpretarse agora como un eloxio desa actuación. O mar pode con todo.


Benvidos á prehistoria da inxustiza ambiental.

Naqueles días de outono do 2002, o entón ministro de Defensa e heroe de Perejil, Federico Trillo, propuxo bombardear o barco. Visto o visto, foi unha mágoa non haberlle dado máis cancha ao noso comandante xurídico. Hoxe teriamos, polo menos, a viñeta espectacular dun afundimento causal, a certeza dun home con ovos e ao mando e talvez un proustiano conde do Prestige para celebrar este tempo perdido.

A de Trillo foi unha das moitas declaracións memorables no florilegio do Prestige, aínda que tivo que competir cunha alta xerarquía en plena inspiración, desde o ramallazo beat de Aznar ("Son cans que ladran o seu rancor polas esquinas") ao insuperable haiku de Rajoy ("Uns pequenos hilitos / solidificados / plastilina en estiramiento vertical"). Con todo, quédome coa brillantez do aforismo do entón delegado do Goberno en Galicia, Arsenio Fernández de Mesa: "Hai unha cifra clara, e é que a cantidade que se verteu non se sabe".

Houbo dúas mareas negras. Unha, física, brutal, con sucesivas embestidas dos miles de toneladas do fuel da peor calaña, de uso prohibido en Europa. E outra marea de intoxicación pública, usando a linguaxe ao xeito da Neolengua de Orwell, onde o que se afirmaba significaba o seu contrario. A complexidade deste xuízo, cunha instrución máis que precaria, non permitía alimentar moitas esperanzas, aínda que o caso Prestige era unha oportunidade extraordinaria de crear un referente e ensanchar a mirada xurídica contra a gravísima violencia medioambiental. Pero saír un fósil. A linguaxe é propio da Neolengua. E así din da acción gobernamental: "Tomouse unha decisión discutible, pero parcialmente eficaz, enteiramente lóxica e claramente prudente". ¡Chapó!

O Prestige non levaba "rumbo suicida", di tamén a sentenza, en contradición co anterior auto da Audiencia. En Portugal, a modo de elegante eufemismo, adoita dicirse do suicida: "Morreu porque quiz". Iso é o que lle pasou ao barco. Non houbo nin haberá responsables. Afundiuse porque el quixo.

[*] Manuel Rivas, nado no barrio coruñés de Montealto o 26 de outubro de 1957, é un escritor, poeta, ensaísta e xornalista galego. Así mesmo, dende o 31 de xullo de 2009 é académico da RAG [Galipedia].

Publicado na edición para Galicia do xornal 'El Pais' o 13 de Novembro de 2013 | ESPECIAL: Consulte toda a información sobre a catástrofe.

Enviado por:
Miguel Ángel Fernández
-miguelafp@gmail.com-
19 de novembro de 2013 11:22
____________

Anova Ferrolterra convoca un acto pola Fronte Ampla cara as eleccións ao parlamento europeo e chama a participar na mobilización comarcal "Ferrolterra esixe solucións" o 29 de Novembro

Acto da Fronte Ampla para o venres 29 de novembro en Ferrol

Anova Irmandade Nacionalista de Ferrolterra organiza un acto político para o venres 29 de novembro para falar da Fronte Ampla cara as próximas eleccións ao parlamento europeo.

o acto político, consistirá nunha asemblea aberta que contará coas intervencións de Luis Eyré, responsábel de Relacións Políticas, e de Consuelo Martínez, deputada no Parlamento Galego.

O acto celebrara-se no salón de actos do Ateneo Ferrolán (Rúa Magdalena, 202),  ás 19:00 horas.

Mobilización comarcal :"Ferrolterra esixe solucións"

Por outra banda fan un chamamento  á toda a cidadanía para que participe activamente na xornada de vixilia o vindeiro día 29 de novembro ás 21:00 horas na Praza de Armas, mobilización contra a agonía que vive la comarca.

Un saúdo,
Anova Irmandade Nacionalista de Ferrolterra



Información baseada na enviada por:
Xosé Manuel Pazo Blanco
-manolopazo@gmail.com-
18 de novembro de 2013 23:16
_____________

Cayo Lara, coordenador Estatal de Esquerda Unida , en Ferrol .- Acto público este Mércores 20 de Novembro que tamén contara coa presencia de Yolanda Díaz

Acto publico con Cayo Lara

Boas compañeir@s e amig@s:

O pasado 12 de xuño milleiros de persoas esixiron cunha soa voz solucións para Ferrolterra. Esquerda Unida, e o conxunto de forzas políticas e sindicais, temos propostas e alternativas á políticas do PP, centradas en rescatar bancos no canto de persoas, en obter fondos para eses rescates a través das privatizacións en lugar de reforzos para os servizos públicos e en derruír a escasa industria que queda na nosa comarca.

Fronte ás políticas do medo Esquerda Unida propón a construción de espazos de participación para a cidadanía activa e rebelde, fronte o muros infranqueables das políticas do medo, do engano e da fraude, queremos ofrecer converxencia , solidariedade e loita de clases.

O vindeiro mércores 20 de novembro ás 18:00 horas, terá lugar no Centro Cívico Carvalho Calero na praza do Inferniño un ACTO PÚBLICO ABERTO organizado por Esquerda Unida e coa participación de Yolanda Díaz e Cayo Lara.

Animámoste a acudir e alí te agardamos,

Saúde e República.

Consello Político Local de Esquerda Unida - Ferrol
Rúa do Sol 124 entrechán esquerda, Ferrol
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
eu-ferrolcomarca@esquerdaunida.org

facebook
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html
http://www.esquerdaunida.org/


Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
18 de novembro de 2013 20:21

________________

luns, novembro 18, 2013

Aberta unha conta de facebook e evento da campaña "Ferrolterra esixe solucións" para este venres 29 de Novembro

FERROLTERRA ESIXE SOLUCIÓNS

Bos días:

Como sabedes o pasado venres arrancou a campaña "FERROLTERRA ESIXE SOLUCIÓNS" e xa comezarón as actividades preparatorias para a noite de defuntos do día 29 de novembro.

Esta semana comezamos co reparto de cartaces.

Hoxe (luns 18 de Novembro) quedaremos as 17:30 na parza do Concello de Ferrol.
Maña (martes 19 de novembro) quedaremos as 17:30 na praza do Concello de Naron.
E o mércores (20 de Novembro) quedaremos as 17:30 na praza do Concello de Fene.

Tamén informarvos de que xa comezou a funcionar, de maneira definitiva a paxina de facebook, dádelle gostame, curtir ou me gusta:
e que hai creado un evento para o día 29:
PARTICIPADE

Unha aperta

ANDRÉS RODRÍGUEZ
USTG- FERROL

Enviado por:
andresrs@ustg.es
-andresrs@ustg.es-
18 de novembro de 2013 13:50

_______________

domingo, novembro 17, 2013

Denuncian a orden do SERGAS remitida ás empresas de ambulancias que se ocupan do transporte sanitario urxente para o traslado dos feridos menos graves de accidentes de tráfico a clínicas privadas

Ante as noticias de que a Xunta de Galicia elaborou un protocolo remitido ás empresas de ambulancias que se ocupan do transporte sanitario urxente para o traslado dos feridos menos graves de accidentes de tráfico a clínicas privadas, mentres que os maior gravidade fágano aos hospitais públicos, a Asociación Galega para a Densa dá Sanidade Pública quere comunicar que esta medida supón:

1.- Un paso máis na privatización da asistencia sanitaria, ao obrigar ás ambulancias (servizos tamén privatizados) a trasladar pacientes a centros privados. Isto xa se vén facendo desde fai algún tempo desde os servizos de información sanitarias (tamén privatizados) nos que se anima a pacientes pendentes de intervención quirúrgica a acudir a centros privados concertados.

2.- Unha descapitalización do sistema alentada pola propia administración sanitaria pública que selecciona aos enfermos menos custosos para os centros privados e quédase cos máis graves cuxo tratamento s máis elevado.

3.- Esta estratexia supón un apoio descarado ao sector privado para que se lucre con fondos públicos, que ten a súa explicación polos conflitos de intereses dos dirixentes políticos, que saen e entran da administración desde o sector privado (porta giratoria). Non hai que esquecer que a mesma Conselleira era gerente dun centro privado do grupo POVISA, cando foi nomeada para o seu cargo de responsabilidade pública.

4.- Desde a AGDSP esiximos a retirada desta medida de apoio económico ao sector privado, mentres se recortan dereitos a pensionistas, doentes crónicos, discapacitados, ou con graves enfermidades como o cancro que deben pagar pare dos tratamentos fornecidos nos hospitais

Asociacion Galega para a Densa da Sanidade Pública

mmargar1951@gmail.com

669704177

Enviado por:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
17 de novembro de 2013 19:49
http://www.plataformadspferrol.blogspot.com
_________________

O gaseiro LNG 'Valencia Knutsen', o 158 buque, cargado con miles de toneladas de GNL/LNG para Reganosa, anuncia a entrada na Ría de Ferrol este Luns 18 de Novembro - O Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha nova acción de protesta


CONCENTRACIÓN SONORA EN FERROL,
 LUNS 18 DE NOVEMBRO, ÁS 7 DA TARDE
NA PRAZA AMADA GARCIA
DIANTE EDIFICIO DA XUNTA DE GALICIA

O gaseiro LNG 'Valencia Knutsen', é un buque de grande porte, 290 m de eslora e 45,8 m de manga, 26,5 m de puntal e  de calado 11.95 m. Cunha capacidade de 173.410 m³ de GNL, moi superior á permitida na normativa da Capitanía Marítima do 27 de Abril de 2007, que puña o límite en 140.000 m³ como máximo. Son miles as toneladas de GNL/LNG, para a ilegal e perigosa Reganosa. Este enorme buque ten anunciado a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Luns 18 de Novembro de 2013. Esta entrada, supon xa a 158, desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca unha acción de protesta e denuncia, consitente nunha Concentración Sonora, o mesmo Luns ás 7 da Tarde, en Ferrol, na Praza Amada Garcia dinste do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.

Hai máis dun ano que se dictou a Sentenza polo Tribunal Supremo, onde a planta xa foi declarada ilegal, en sentenza inapelábel.

Tras a Sentenza do Tribunal Supremo, que declara ilegal a localización de Reganosa, temos que esixir o fin desta ameaza e deste malgasto de cartos públicos. Temos que esixir o seu peche definitivo.

  • QUE SE CUMPRA A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO XA! 
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  • PECHE XA!!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA  !!

10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas ?


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


Información baseada na enviada polo:

Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
16 de novembro de 2013 10:18
_______________

sábado, novembro 16, 2013

Denunciamos de novo a desidia do goberno municipal á hora de abordar o asunto pendente da reparación, adxudicación e entrega das vivendas - Desde Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra queremos amosar a nosa solidariedade coa compañeira Yolanda


Desde Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra queremos amosar a nosa solidariedade coa compañeira Yolanda Martín Roca, adxudicataria dunha das vivendas protexidas que entregou o Concello de Ferrol en Recimil.

Por outra banda queremos denunciar de novo a desidia do goberno municipal á hora de abordar o asunto pendente da reparación, adxudicación e entrega das vivendas.


No caso de Yolanda a actuación municipal é moi grave. Yolanda ocupaba o número 22 da lista. A vivenda foi entregada hai un mes, o pasado 14 de Outubro. Ese mesmo día foi ver a vivenda que tanto agardaba, mais ao entrar, mesmo xa no portal a cousa non pintaba moi ben.  A vivenda tiña un monton de deficencias que foron comunicadas axiña ao Concello: lacenas, marcos da porta, pintado, sintasol diferente nos mesmos espazos, colocación deficiente do prato da ducha, solo do comedor sen reparar, ... e o peor, sen poder enganchar a corrente eléctrica, pois a instalación, totalmente renovada, non cumpría coa normativa vixente. Mais pasado un mes, o Concello aínda non resolveu esta deficiencia como se pode comprobar pola carta remitida ao Concello pola compañía eléctrica, carta que anexamos a esta nota.

O Concello recepcionou unha vivenda que non estaba ben reparada. A empresa que a reparou foi a pontesa Construciones Canosa que non facía moito tempo que saiu dun concurso de acredores, polo que debería ser máis coidadosa á hora das reparacións e facer as cousas ben.

No seu momento o goberno municipal ferrolán accedeu á nosa demanda, liberando  unha partida de máis de 451 mil euros para poder rehabilitar, adxudicar e entregar 28 vivendas en Recimil. Polo que, este, tiña a obriga de velar polo bon emprego dos centos de miles de euros de diñeiro público para reparar as vivendas municipais e que estas quedaran en perfecto estado de habitabilidade.

Yolanda ten que facer frente a un aluguer de 230 euros, cunha pequena paga, nunha vivenda insalubre, aínda tendo adxudicada unha vivenda en Recimil que non pode ocupar. E o goberno municipal é o responsábel. Polo que esiximos que atenda as demandas de Yolanda que non son outras que se cumpra o Regulamento das vivendas de Recimil e mesmo o acordado polo Pleno sobre a súa entrega.

Yolanda decidiu desde o pasado martes acudir todos os días, ás 11 da mañá, ao Concello para lembrar-lles aos responsábeis municipais os seus compromisos e obrigas, e así leva catro días. E así vai seguir até conseguir unha vivenda digna e adecuada.

Saúde e Vivenda Digna !

Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra (Comisión Dereito a unha Vivenda Digna) | Está Adherida ás PAHs  e forma parte da Coordinación Galega de STOPs e PAHs.

Inácio (Comunicación)
645 158 113

Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

Páxina no facebook:
Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra
https://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosDeFerrolTerra

Foto de : Daniel Alexandre publicada no Diario de Ferrol.
__________________

Miles de persoas en toda Galiza expresan a indignación do pobo galego perante a sentenza do Prestige - En Ferrol mobilizaron-se na Praza do concello máis de dúas mil


Miles expresan a indignación do pobo galego perante a sentenza do Prestige [Entrar]

Texto do manifesto da Plataforma Cidadá Nunca Máis lido en todas as concentracións [PDF]

Nunca Máis volta ás rúas en repulsa á sentenza do Prestige (Vigo), de GZVídeos [Vídeo]

Galería de fotografías de todas as concentracións [Facebook]

CON OU SEN SENTENZA, PASARÉMOSLLE FACTURA POLA SÚA INCOMPPETENCIA !

PLATAFORMA CIDADÁ NUNCA MÁIS
En Facebook:
https://www.facebook.com/plataformanuncamais
En Twitter:
@pnuncamais

Para ficar informada/o de novas convocatorias, sigue á plataforma nas redes sociais.

Enviado por:
Xabier P. Igrexas
-xabiergz@gmail.com-
15 de novembro de 2013 23:12

Unha Aperta | Xabier P. Iglesias | www.contradiscurso.net
rsstwitterfacebook
_____________

venres, novembro 15, 2013

A Plataforma NUNCA MAIS, convoca concentracións este Venres 15 de Novembro en todas as cidades galegas, ás 20h. En Ferrol, será na Praza de Armas.

En Ferrol a concentración será na Praza de Armas ás 20h.

Nunca Máis convoca a cidadanía galega a saír á rúa nas principais cidades e cabeceiras comarcais do país para amosar o seu rexeitamento á "impunidade" que supuxo o ditame xudicial do caso Prestige. As mobilizacións están previstas para as 20 horas deste venres 15 de novembro, no que prevén que sexa unha resposta a un ditame que consideran "inxusto e decepcionante". Todas se celebrarán baixo o lema "Non esquecemos. Non á impunidade. Mareas negras nunca máis".


Cousas que compre non esquecer "nunca máis" from Terra e Tempo Tv on Vimeo.


 A Plataforma abriu um Facebook que podedes ver neste enlace:
https://www.facebook.com/plataformanuncamais 

xoves, novembro 14, 2013

En Ferrol, coma no resto da Galiza, haberá manifestacións comarcal contra a Reforma das Pensións, ás 19:30h.

A CIG convoca para este xoves, día 14 de novembro, manifestacións en todas as comarcas contra a reforma das pensións. As mobilizacións insírense na campaña que a central sindical vén desenvolvendo para denunciar que esta reforma provocará unha redución das pensións actuais e futuras e pretende abocar á poboación á subscrición masiva de plans de pensións privados para alimentar o negocio da banca e das aseguradoras.

Durante estas semanas desenvolvéronse en toda Galiza asembleas de delegadas/os, actos de protesta, concentracións e repartos de material informativo nas empresas e nos polígonos industriais para explicar a posición da CIG respecto da reforma das pensións. Unha campaña que culminará na tarde deste xoves con manifestacións simultáneas en todas as comarcas e que terá continuidade con novas respostas de contestación social.

Para a CIG esta reforma ten un fondo calado político e ideolóxico e graves consecuencias para as pensións actuais mais tamén para as futuras. A central sindical considera que non ten xustificación algunha “porque nin no informe dos expertos -9 dos 12 vinculados á banca e ás compañías aseguradoras-  se di que o sistema non sexa sostíbel”.

Horas e lugares das manifestacións
  • Ferrol: 19:30 horas con saída do local do sindicato CIG na Avda. de Esteiro.
  • Ourense: Ás 20:00 horas do pavillón dos Remedios.
  • Pontevedra: Ás 20:00 horas da Praza da Ferrería
  • Vilagarcía: 20:00 horas da Casa do Mar
  • Vigo: Ás 20:00 h da Vía Norte
  • Compostela: Ás 20:00 horas da Praza Roxa
  • Lugo: 20:00 h da Ronda da Muralla
  • A Coruña: 20:00h praza de Vigo
  • Ribeira: ás 19:00 horas da Praza do Concello
Intervención da técnica de formación sindical Silvia Bermúdez
na asemblea de delegados/as da CIG de Vigo o 7/11/13.
A trama do capital contra as pensións públicas.
Tirado de: http://www.galizacig.com/avantar/

martes, novembro 12, 2013

Victoriano Urgorri e Joam Luis Ferreiro, serán os relatores da terceira xornada sobre a Ría de Ferrol e o seu Saneamento: 'Presente e Futuro' - Esta terá lugar este mércores 13 de Novembro, co título “Situación actual da ría de Ferrol: aspectos biolóxicos e marisqueo”, ás 19:30hs en Canido, na Sala de Actividades da SGHN


Terceira Xornada


Dentro das Xornadas sobre o Saneamento da Ría de Ferrol que se están celebrando todos os mércores entre os días 30 de Outubro e 4 de Decembro, este mércores 13 de Novembro toca: “Situación actual da ría de Ferrol: aspectos biolóxicos e marisqueo”.

XORNADAS SOBRE A RÍA DE FERROL E O SEU SANEAMENTO:
PRESENTE E FUTURO


Mércores 13 de Novembro.

Lugar e hora :
  • As 19:30hs, na sede da SGHN, na rotonda de Canido (Antiga Casa do Coronel).
Teceira Xornada:
  • Situación actual da ría de Ferrol: aspectos biolóxicos e marisqueo.
Relatores :
  • Victoriano Urgorri (Director da Estación Biolóxica da Graña).
  • Joam Luis Ferreiro (Membro da SGHN).

Organizan as Xornadas:

Comisión de Medio Ambiente da Asociación Veciñal de Recimil
ADEGA
SGHN
VERDAGAIA

Enlaces relacionados de Interese
:
Sitio na Rede, de información e documentación, para apoiar e facilitar, a loita e o traballo social que procura que o Sistema de Saneamento, nas marxes da Ría de Ferrol, sexa Integral. Saneamento si, mais non así!!!

http://ria-de-ferrol.blogspot.com.es/

O noso 'Informe' >>> Análise crítico do Proxecto de Saneamento acordado, polo Goberno, para a marxe norte da Ría de Ferrol | ALTERNATIVA ELABORADA POLA COMISIÓN DE SEGUIMENTO - GRUPO DE TRABALLO.

http://alternativa-proxecto-saneamento.blogspot.com.es/
______________

sábado, novembro 09, 2013

A Tenda de Troco, de Arméria Sociedade Cooperativa Galega, lembra á compañeira Vitoria Fernández Paredes


Desde os primeiros pasos, os primeiros debates na construción da Tenda de Troco da Cooperativa Armeria, a presencia de Vitoria aportou serenidade, equilibrio e experiencia. Nas primeiras reunións do Encontro Social de Ferrolterra apenas podiamos alcanzar a mirar o que hoxe é unha realidade. A súa enfermidade chegounos discretamente, como era ela. Deixou de fazer a súa quenda dos xoves coa compañeira Fani poucos días antes de que nos sorprendera a súa morte. Varias compañeiras estabamos na tenda na hora do seu pasamento. Estabamos montando os novos expositores dos que ela estaría orgullosa, como o estaba de termos conseguido darlle vida real a un dos proxectos soñados entre todas as persoas que conformaron ou conforman o Encontro Social de Ferrolterra e a Cooperativa Armeria, da que formaba parte do Consello Rector. Ata sempre compañeira! Seguiremos trocando para trocar o mundo!


Tenda de Troco
tendadetroco@gmail.com

_______________

Falecemento da compañeira Vitoria Fernández Paredes. Comunicado da Asociación Fuco Buxán.


Con gran sentimento, comunicamos o falecemento, esta tarde (8 de Novembro de 2013), da nosa querida compañeira Vitoria Fernández Paredes [1] e [2], tras unha breve, pero irreversible, enfermidade.

Victoria, Directiva e cofundadora da Asociación Cultural Fuco Buxán, mantivo toda a súa vida un gran compromiso con todas as causas sociais, desde a súa activa militancia na HOAC nos anos sesenta, a participación nas ANPAS e nos movementos veciñais, o seu labor como Concelleira polo terzo familiar, despois na UGT e no PSOE e os últimos anos nesta Asociación, desenvolvendo un importante traballo no Foro Social de Ferrolterra e nas súas Plataformas solidarias.

Hai que destacar tamén a súa entrega xenerosa a todas as actividades do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, do que formaba parte e do cal ou seu compañeiro Carmelo Teixeiro foi o primeiro Coordinador.

Lembraremos sempre a Vitoria, e a Carmelo, como amigos, como compañeiros entrañables e como exemplo de dedicación e perseveranza no traballo polo ben social e as causas solidarias.

Aos seus fillos Juan Ramón, Carmelo e Noé, ás suas compañeiras, netos e netas, aos seus hirmáns Angeles e Ricardo, familia e amigos as nosas máis profundas condolencias e apertas solidarias.

Asociación Cultural Fuco Buxán
--
María Victoria Fernández Paredes
Tanatorio Artábria - A Gándara
Enterro: o sábado, 10 de Novembro de 2013, ás 18 hs.
______________________

O Comité Cidadán de Emerxencia ante o falecemento da compañeira "Vitoria"

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, lamenta o pasamento da compañeira Victoria Fernández Paredes, que desde o inicio das actividades en defensa da Ría, da legalidade e da vida, xunto co seu compañeiro Carmelo Teixeiro, primeiro Coordinador do mesmo, prestou a súa valiosísima colaboración e xeneroso apoio.
O seu compromiso e a súa entrega, non só nesta loita senon en todas as cuestións sociais e solidarias, será un exemplo permanente para todas e todos.
Para a súa familia, amigos/as e compañeiros/as unha fonda aperta.
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.

Tanatorio: Artabria - A GándaraEnterro: sábado ás 18 hs.

venres, novembro 08, 2013

Carta de Secundino Garcia Casal, Alcalde de San Sadurniño: "Actuacións sobre o re-pago sanitario das persoas con doenzas crónicas" - Concentración en Catabois, diante do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol: hoxe venres 8 de Novembro ás 8 da tarde



Estimado amigo, estimada amiga,

As últimas decisións que vén de adoptar o Ministerio de Sanidade do Goberno de España no que ten a ver co establecemento dun sistema de re-pagos para algunhas menciñas coas que se tratan doenzas tan sensíbeis como o cancro de mama ou ril, os tumores cerebrais, a leucemia ou a SIDA, significan un salto cualitativo negativo en todo o referido á política sanitaria e abren a porta á desaparición da universalidade da sanidade.

Non teño ningunha dúbida que a meirande parte da sociedade, isto é, esa gran maioría de xentes de ben, non podemos dar por boa unha proposta que deixa fóra do dereito á saúde a homes e mulleres en función do seu poder adquisitivo. E por iso tampouco podemos dar por boa outra alternativa que non sexa a derrogación desta medida ou, no peor dos casos, a súa non aplicación en Galiza.

Así as cousas, o Concello de San Sadurniño sumouse á iniciativa doutros municipios galegos e asumirá o repago dos seus cidadáns e cidadás, como unha medida de xustiza social. Pero tamén estamos convencidos de que paralizar esta resolución estatal é unha obriga do conxunto da sociedade, razón pola cal queremos convocar aos colectivos sociais, aos colexios profesionais, ás plataformas en defensa da sanidade, aos representantes institucionais e ao movemento veciñal, a unha serie de actuacións en contra do repago sanitario.

Gustaríanos contar coa vosa presenza na Concentración cidadá que se levará a cabo o venres día 8 de novembro, ás 20:00 horas, no CHUF (Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol), e na cal expresaremos a nosa repulsa ós ataques contra a sanidade.

Agradecendo a vosa atención e sen outro particular recibide un cordial saúdo.

Secundino García Casal
Alcalde de San Sadurniño

San Sadurniño, 5 de novembro de 2013

Enviado por:
cig-saude.ferrol@sergas.es
-cig-saude.ferrol@sergas.es-
6 de novembro de 2013 13:36
http://www.cig-saude.org/ferrol/

______________

Manifesto da Iniciativa Galega pola Gratuidade da Sanidade, en formato pdf
[Acceder ou Baixar], nos arquivos do xornal dixital Praza Pública.
_______________________

martes, novembro 05, 2013

As centrais sindicais comarcais convocan unha xuntanza do movimento asociativo para presentar unha nova campaña reivindicativa que lle de continuidade ás demandas da pasada Folga Xeral Comarcal do 12 de Xuño - A reunión terá lugar o vindeiro xoves 7 de Novembro, ás 18:30hs no Centro Cultural Carvalho Calero do Inferniño

Despois da Folga Xeral Comarcal do 12 de Xuño pasado, que tivo un grande suceso, cunha paralización case total da actividade na Comarca e unha das maiores manifestación da historia  de Ferrol, os Secretarios Comarcais da Unión Xeral de Traballadores -UGT, da Confederación Intersindical Galega -CIG, da Unión Sindical de Traballadores de Galicia -USTG, e a Secretaria Comarcal de Comisións Obreiras -CCOO, convocan unha reunión co movimento asociativo da Comarca a celebrar o vindeiro Xoves 7 de novembro ás 18:30hs, no Salón de Actos do Centro Cultural "Carvalho Calero" do Inferniño, para presentar a nova campaña reivindicativa, co obxecto de continuar demandando solucións á grave problemática socioeconómica e laboral que padece a nosa Comarca.

Información baseada na enviada por:
andresrs@ustg.es
-andresrs@ustg.es-
5 de novembro de 2013 19:00

_______________

Centrais Sindicais ___________________

A Inmigración a debate - Venres 8 de Novembro Café-Tertulia, con María Teresa Bustamante, Susana Alaníz, Carlos Varela e Lucía Vizoso


CAFÉ-TERTULIA EN ZUCRE


Café-Faladoiro organizado por Espazo Ecosocialista Galego de Ferrolterra, para coñecer e debater as problemáticas e solucións da Inmigración.

Venres 8 de Novembro, de 2013, a partir das 21:30hs.

Tomámonos un café , dous , tres.. e falamos con
  • María Teresa Bustamante, avogada en exercicio, Estranxeiría.
  • Susana Alaníz, Foro Galego de Inmigración, Área de Inmigración de Fuco Buxán A.C..
  • Carlos Varela, Presidente da Asociación Lazos Pro-Solidariedade.
  • Presenta : Lucía Vizoso.
CAFÉ - TERTULIA

Colabora: Cafetería ZUCRE
Rúa Magdalena 170 -Ferrol

Web de Espazo Ecosocialista Galego:
http://www.espazoecosocialista.org/

No Twitter:
https://twitter.com/ESPAZO_ecosogal

No Facebook:
https://www.facebook.com/pages/Espazo-Ecosocialista-Galego/396356643769582


Información baseada na enviada por:
susana beatriz alaníz gonzález
sual259@hotmail.com
5 de novembro de 2013 19:32

______________

Publicou-se na web do IGE o Informe sobre as afiliacións á Seguridade Social correspondente ao mes de outubro de 2013 - Na Galiza baixan significativamente as afiliacións á Seguridade Social, mentres que a media do Estado aumenta


A web do IGE, publica hoxe o Informe sobre as afiliacións á Seguridade Social correspondente ao mes de outubro de 2013
.

05.11.2013 |O número medio de afiliacións [*] ao Sistema da Seguridade Social en Galiza durante o mes de outubro deste ano acadou a cifra de 921.332 para o total do sistema, o que supón un descenso respecto ao mes de setembro de 2013 de 4.523 afiliacións (un -0,49%). Para o conxunto estatal a cifra de afiliacións sitúase en 16.360.373, rexistrando un aumento do 0,34% con respecto ao pasado mes de setembro.

Na comparativa interanual (outubro de 2013 con outubro de 2012) obsérvase un descenso de 23.741 afiliacións no total do sistema en Galiza; en termos relativos a caída foi do 2,51%, superior á diminución do 2,25% (376.354 afiliacións) rexistrada no conxunto estatal.

Fonte: INFORME SOBRE AFILIACIÓNS Á SEGURIDADE SOCIAL (En formato pdf - 6 páxinas)| Afiliacións medias outubro 2013 | Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2013 | Instituto Galego de Estatística.

[*] O Ministerio de Traballo e Inmigración dende o informe de xullo de 2008 tan só publica os datos de afiliación media do mes por
considerala máis estable que a cifra do último día do mes e reflectir mellor como foi a afiliación no conxunto do mes.

---
Servizo de Difusión e Información Estatística
Complexo Administrativo San Lázaro s/n
Instituto Galego de Estatística
15703 Santiago de Compostela
Telf: 981 541589 de 9 a 14 horas, Fax: 981 541323
contacto: http://www.ige.eu/web/peticioninfo.jsp?paxina=005006001&idioma=gl
Twitter: https://twitter.com/#IGE_Estatistica
Facebook: http://www.facebook.com/INSTITUTOGALEGOESTATISTICA
web: http://www.ige.eu


Enviado por:
IGE Novidades
-ige.novidades@ige.eu-
5 de novembro de 2013 10:41

_____________

luns, novembro 04, 2013

Manuel Amorín e Alberto Boado, serán os relatores da segunda xornada sobre a Ría de Ferrol e o seu Saneamento: 'Presente e Futuro' - Esta terá lugar este mércores 6 de Novembro, co título “Aspectos técnicos e lexislativos do modelo de saneamento da marxen norte da ría de Ferrol”, ás 19:30hs en Canido, na Sala de Actividades da SGHN



Segunda Xornada
Dentro das Xornadas sobre o Saneamento da Ría de Ferrol que se están celebrando todos os mércores entre os días 30 de Outubro e 4 de Decembro, este mércores 6 de Novembro toca: “Aspectos técnicos e lexislativos do modelo de saneamento da marxe norte da ría de Ferrol”.

XORNADAS SOBRE A RÍA DE FERROL E O SEU SANEAMENTO:
PRESENTE E FUTURO


Mércores 6 de Novembro.

Lugar e hora :
  • As 19:30hs, na sede da SGHN, na rotonda de Canido (Antiga Casa do Coronel).
Segunda Xornada:
  • Aspectos técnicos e lexislativos do modelo de saneamento da marxen norte da ría de Ferrol.
Relatores :
  • Manuel Amorín, do Grupo de Traballo relator do noso Análise crítico do proxecto de saneamento da marxe norte da ría de Ferrol .
  • Alberto Boado, da Comisión de Medio Asociación Veciñal de Recimil.

Organizan as Xornadas:
Comisión de Medio Ambiente da Asociación Veciñal de Recimil

ADEGA

SGHN

VERDAGAIA

Enlaces relacionados de Interese
:

Sitio na Rede, de información e documentación, para apoiar e facilitar, a loita e o traballo social que procura que o Sistema de Saneamento, nas marxes da Ría de Ferrol, sexa Integral. Saneamento si, mais non así!!!

http://ria-de-ferrol.blogspot.com.es/

O noso 'Informe' >>> Análise crítico do Proxecto de Saneamento acordado, polo Goberno, para a marxe norte da Ría de Ferrol | ALTERNATIVA ELABORADA POLA COMISIÓN DE SEGUIMENTO - GRUPO DE TRABALLO.

http://alternativa-proxecto-saneamento.blogspot.com.es/
________

NÓS-Unidade Popular contra a restriçom do direito do povo de Ferrol a aceder às instalaçons e plenos municipais


A paranoia repressiva que guia a política municipal do PP em Ferrol deu mais um passo, depois de ter limitado e estabelecido barreiras físicas e controlos policiais às portas da sede do concelho, reduzindo a 10 do número de vizinhos e vizinhas com direito a acederem livremente aos plenos.

Esta medida, acompanhada da distribuiçom doutros “passes” ao espaço reservado ao público no Salom de Plenos entre os grupos municipais e a imprensa, num total de 70 pessoas, dá mostra do modelo de funcionamento antidemocrático da direita espanhola governante na nossa cidade.

Os protestos, cada vez mais constantes e fundamentados da vizinhança de um dos concelhos mais empobrecidos e com menos emprego e serviços sociais da Galiza e mesmo da Península Ibérica, som vistos polo PP como umha ameaça ao seu poder absoluto, como responsável que é polas políticas que aprofundam esse empobrecimento e desemprego crescentes em Ferrol.

Em lugar de escuitar as justas reivindicaçons de vizinhas e vizinhos, o PP tenta converter a casa do concelho no seu castelo, onde se barricar e evitar ter que ouvir e ver o estado de opiniom social perante as suas políticas neoliberais e antipopulares.

A sua defesa dos privilégios de umha minoria frente aos direitos sociais e laborais da grande maioria passa neste momento por incrementar a pressom repressiva contra quem se nega a sofrer passivamente as agressons do grande capital e dos seus representantes institucionais.

NÓS-Unidade Popular considera as novas medidas restritivas do acesso às instalaçons públicas municipais mais umha mostra da farsa democrática a que assistimos, que deve ser desmontada com a derrota nom só do PP, mas do regime que ele tam bem representa: capitalista, espanhol, repressivo e patriarcal.

A esquerda independentista quer manifestar o seu apoio a todos os coletivos populares que na nossa cidade e na nossa comarca levantam a voz e se organizam para fazer frente à crise e aos seus responsáveis. Nem as normas repressivas nem o recurso à polícia por parte de José Manuel Rei e os seus devem deter a necessária revolta popular, que sem dúvida continuará a crescer até a derrota do injusto sistema atual em Ferrol e no resto da Galiza.

NÓS-Unidade Popular fai um apelo para a extensom da luita social e política, unitária e de massas, pola instauraçom do socialismo num Estado galego republicano, democrático e nom patriarcal.

Assembleia Comarcal de NÓS-Unidade Popular em Trasancos.

Ferrol, 3 de novembro de 2013

Enviado por:
nosup-trasancos@nosgaliza.org
-nosup-trasancos@nosgaliza.org-
4 de novembro de 2013 16:30

__________________

Juán Requejo Liberal, falará de "Rehabilitación Integral e rexeneración económica", dentro do ciclo de conferencias "Ferrol: Rexeneración Urbana e Recuperación Económica"


O vindeiro xoves 7 de Novembro, continúa no Ateneo Ferrolán, o Ciclo de Conferencias "Ferrol: Rexeneración Urbana e Recuperación Económica", organizadas pola Delegación de Ferrol do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e a Federación 'Roi Xordo' de Asociacións Veciñais de Ferrol.

Como todas as conferencias deste ciclo, está terá lugar no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán (Rúa Madalena, 202), ás 8 da tarde.

Este Xoves (7 de Novembro), participará: o xeografo e economista, Juan Requejo Liberal, nunha conferencia que leva o titulo "Rehabilitación Integral e rexeneración económica".

[*] Juan Requejo Liberal, defínese a se mesmo como consultor de planificación. | É socio director de dúas empresas consultoras sevillanas: Asistencias Técnicas Clave (Medio, enerxía e turismo) e Areal Grupo Consultor (ordenación do territorio e políticas públicas). Dirixiu uns 25 plans, entre eles os recentes plans de turismo, de industria e de enerxía e dez plans de ordenación do territorio. No momento presente está ocupado coa ordenación turística de Asturias e a ordenación territorial do Campo de Xibraltar, así como a reflexión sobre cambio climático e turismo nunha comisión nacional. Asesorou varios gobernos e organismos internacionais, imparte docencia en catro másters (urbanismo, espazos naturais, turismo e renovación urbana) e conta con nove publicacións independentes, ademais de varios artigos [Tirado da web da COAG de Lugo].
_______________

domingo, novembro 03, 2013

Lola Ferreiro e Dolores Castro falarán o que significa a contrarreforma da Lei do aborto, en canto a dereitos reprodutivos e o que perdemos con esta reforma - Charla na Gánda (Narón), este Xoves 7 de Novembro


CHARLA INFORMÁTIVA DA PLATAFORMA POLO DEREITO ABORTO DE FERROLTERRA


O Cambio lexislativo anunciado polo Ministro de Xustiza Alberto Ruíz Gallardón en materia de Interrupción Voluntaria da Gravidez devolveranos máis atrás de 1985 coa volta a un sistema de supostos.

Polo que nesta charla  explicaremos que significa a contrarreforma da Lei do aborto, en canto a dereitos reprodutivos e o que perdemos con esta reforma.

Para elo contaremos coa presencia de:
  • Lola Ferreiro  (Doutora en mediciña e ciruxía. Experta en educación para saúde desde a perpectiva do xénero)
  • Dolores Castro (xurista).
O xoves 7 de novembro ás 19.30h na AAVV da Gándara
(Local Social d'A Gandara - Rúa Catro Camiños).

Aborto libre e gratuíto, na sanidade pública; é a decisión da muller!

Nós parimos, nós decidimos!

POR UN ABORTO LIBRE E GRATUITO!!!! NOS PARIMOS, NOS DECIDIMOS!!!


Para máis info, sobre esta proposta de Lei e a Loita contra a mesma na:

Web oficial da Plataforma:
http://feminismo.eu/PlataformaAborto/

Difunde:

Coordenadora Local da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
www.feminismo.info
nacional@feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
twitter.com/MMMGaliza

"PARA CAMBIAR O MUNDO, ACABAR COA POBREZA E A VIOLENCIA MACHISTA"

Que é a Marcha ?

A Marcha Mundial das Mulleres é un movimento mundial de accións feministas que reúne grupos de mulleres e organizacións que actúan para eliminar as causas que orixinan a pobreza e a violencia contra as mulleres. Loitamos contra todas as formas de desigualdade e de discriminación sufridas polas mulleres. Os nosos valores e as nosas accións orientanse cara un cambio político, económico e social. Os mesmos que se articulan aoredor da mundialización das solidaridades, a igualdade entre mulleres, entre mulleres e homes, e entre os pobos, o respecto e a valoración do liderazgo das mulleres e o fortalecimento das alianzas entre mulleres e cos outros movimentos sociais progresistas.

Enlaces de interese:

Información baseada na enviada pola:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
30 de outubro de 2013 14:49

______________

O Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha nova concentración de protesta, este Martes 5 de Novembro, ante a entrada na Ría do 'LNG Madrid Spirit', cargado con gas natural licuado para a ilegal e perigosa Reganosa


CONCENTRACIÓN EN FERROL,
NA PRAZA AMADA GARCIA
DIANTE DO EDIFICIO DA XUNTA
ÁS 7 DA TARDE, DO MARTES 5 DE NOVEMBRO

O 'LNG Madrid Spirit', procedente do porto caribeño, de Point Fortin, en Trinidad Tobago. É un buque gaseiro de grande porte, pois ten 284,4 metros de eslora por 42,5 de manga e un calado de 12,2 m, cargado con miles de toneladas de GNL/LNG para a ilegal e perigosa Reganosa, ten anunciado a súa entrada na Ría de Ferrol, para este martes 5 de Novembro de 2013. Esta entrada dun buque cargado con gas natural licuado para Reganosa, supón xa a 157, desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha acción de protesta e denuncia, consistente nunha Concentración Sonora, o mesmo Martes, ás 7 da Tarde, en Ferrol, na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.


Características do buque.-
Nome.- Madrid Spirit, Bandeira.- España, Eslora.- 284.4 m, Manga.- 42.50 m, Puntal.-25.40 m, Calado.- 12.2 m, Capacidade.- 138.000 m³ de GNL
  • QUE SE CUMPRA A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO XA! 
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  • PLANTA DE GAS PECHE XA !!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA   !!
10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas ?

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


Información baseada na enviada por:

comitecidadan
-comitecidadan@gmail.com-
3 de novembro de 2013 13:12
____________

“O desprezo ao comercio de proximidade é unha ruína para a cidade e vai ter consecuencias para o emprego máis cedo que tarde” afirma Jorge Suárez coordinador de Traballo e Economía Social de Esquerda Unida - Esixen participación cidadá na toma de decisións

O Consello Local de Esquerda Unida denuncia o que considera o inicio da “semana de terror” contra o comercio de proximidade por parte do PP.
Javier Galán: este é un bo exemplo da “participación” que nos ofrece o PP. Sen contar co comercio faise o calendario de obras do colector afectando á temporada de Nadal

“O desprezo ao comercio de proximidade é unha ruína para a cidade e vai ter consecuencias para o emprego máis cedo que tarde” afirma Jorge Suárez coordinador de Traballo e Economía Social.

Despois de que unha delegación do comercio local acudira á casa do Concello para presentar máis de 800 sinaturas demandando iinformación e participación para planificar conxuntamente o tráfico e aparcadoiros alternativos para paliar no posible os efectos das obras en Irmandiños cara a temporada do Nadal o goberno limítase a unha nota informativa en prensa xogando a feitos consumados.

“O comercio de proximidade ten dereito a defender os seus intereses  porque ten dereitos, e eses dereitos pasan precisamente por protexer aos negocios que garanten a supervivencia de Ferrol Vello, a Magdalena e Canido” manifestaba Javier Galán a semana pasada e consideraba razoable  que o calendario de obras e de servizos se tratase con praceiros e comerciantes posto que as datas de Nadal “están aí, á volta da esquina e non pode ser continuar con  este xogo macabro”.

E prosegue: “O que deciamos a semana pasada está a confirmarse nesta que entra: en Pontedeume pechados no mercado, o martes aquí , a lume manso, a acabar co pouco que resiste no centro, veña o mércores a brindar non se sabe por quen no macrocentro do Boial. Por quén brindan? Polos donos das multinacionais?É unha aberración”

Da mesma opinión é Jorge Suárez :”É o inicio da semana do terror para o comercio de proximidade.Non hai máis que apoios do PP ao macrocentro comercial do Boial, onde cada subemprego  creado xerará a perda de entre 2 e 2,5 empregos no centro, e iso contribuirá ao aspecto de cidade pantasma que ten Ferrol, a un desánimo colectivo que o goberno municipal pretende subsanar atallando baixo chave o acceso da cidadanía ao Concello de Ferrol. Pero hai cancelas que non son suficientes para frear a desesperación dunha cidadanía condenada a exclusión social, e máis se a resposta institucional é insuficiente ou incluso nula.

Están xogando ao samaín con nós: primeiro as cabazas de  Navantia e agora o comercio de proximidade. Mortos vivintes así é como nos queren. Quizais a solución sexa tomarnos en serio o reto e sair á rúa a xogar todos  xuntos neste mes de santos”.

O Consello Local de Esquerda Unida  demanda unha protección real do comercio de proximidade e mercados tradicionais, que non pasa por externalizar a captación de comercios para o centro como pretende de maneira absurda o PP a golpe de talonario, malgastando os cartos públicos e impedindo a consolidación dos barrios e centro  coa protección de vivendas e comercios, rehabilitación e investimentos,  para evitar que o cartel de “Se aluga” pendure na entrada dunha cidade que se pecha.

Dende EU queremos suliñar que facemos nosas as demandas dos comerciantes e praceiros que solicitaron unha entrevista co Alcalde, aínda non respostada.Reiteramos   que os 836 asinantes están cheos de razóns e que non foron tidos en conta á hora de executar unhas obras o que pon de manifesto o pouco respecto do goberno municipal pola cidadanía e como exhiben sen rubor os rasgos dun goberno pechado ,tecnócrata e incapaz: imposible así cambiar o o rumbo dunha cidade que precisa cohesión, emprego e participación, no canto de cerrazón, arbitrariedade e represión.

Polo tanto , Esquerda Unida esixe:
1.- Que as obras que afectan ás rúas Irmandiños, e colateralmente afectan ao tráfico en Igrexa, dean inicio en febreiro de 2014 respectando as tempadas de nadal e san Xiao.

2. Que durante as obras se habiliten aparcadoiros de superficie que substitúan aos que se eliminan, como o arboredo do mercado ou o muro do arsenal como aparcadoiros urxentes e provisionais.

3.- Que durante a execución das obras se manteña un carril na rúa Irmandiños, en lugar de dous sentidos na rúa da Igrexa.
Ferrol, 3 de novembro de 2013

Consello Político Local de Esquerda Unida

Esquerda Unida - Ferrol
Rúa do Sol 124 entrechán esquerda, Ferrol
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
eu-ferrolcomarca@esquerdaunida.org

facebook
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html
http://www.esquerdaunida.org/


Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
3 de novembro de 2013 14:01

Bo día, Remítese nota de prensa do Consello Político Local de EU, asumindo as reclamacións dos  veciños e comerciantes do centro, reclamando  información das obras da rúa Irmandiños e esixindo participación na toma de decisións. Un saúdo. Secretaría de comunicación do CPL de Esquerda Unida de Ferrol. www.euferrol.org

______________