xoves, xuño 26, 2014

Hoxe 26 de Xuño convocada unha manifestación unitaria en Ferrol contra os recortes no cadro de persoal de Correos


Convocada manifestación en Ferrol o 26 de xuño contra os recortes no cadro de persoal de Correos
As traballadoras e traballadores advirten do empeoramento da calidade do servizo na cidade
A Plataforma de Carteiro/as de Ferrol convoca para o día 26 de xuño, ás 19:30 horas, unha manifestación contra os recortes no cadro de persoal. A decisión de convocar a mobilización chegou logo de que a principios da semana pasada se presentara na carteiría da Oficina Principal da cidade a “equipa de redimensionamento” do cadro de persoal.

Unha visita, denuncia Carlos del Río, da CIG-Correos, que se fixo “sen previo aviso e sen ter en conta a vontade negociadora dos traballadores e traballadoras que en asemblea tiñan demandado á Dirección de Correos unha xuntanza previa para falar da situación real do correo en Ferrol”.

Ante isto, “decidimos dar un paso adiante na acción reivindicativa, posto que creemos, e así o demostran os feitos, que a Dirección de Correos ten a intención de implantar un recorte de persoal brutal que vai a empeorar a calidade do servizo postal de tal xeito que será imposíbel cumprir cos prazos de entrega que marca a Lei Postal”, advirte.

Dende o colectivo de carteiro/as fíxose un chamamento á participación nesta manifestación para defender un “servizo de Correos público de todo/as e para todo/as”. Coincidindo coa manifestación iniciarase unha recollida de sinaturas para entregar á Dirección de Correos en contra dos recortes nesta cidade.

Fonte: Avantar.

______________

mércores, xuño 25, 2014

As privatizacións de servizos municipais, corrupción, corruptos e corruptores, ... A operación Pokémon chega ao Pazo Municipal ferrolán, o Alcalde, José Manuel Rey Varela, imputado - Mesa de Debate sobre a Remunicipalización da xestión do Ciclo Integral da Auga


Nos últimos días, coincidindo cunha nova apertura do sumario da 'Operación Pokémon', saiu á palestra un novo imputado desta vez é o Alcade de Ferrol, José Manuel Rey Varela, tamén presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).

O sumario que ainda está sen finalizar, imputa a case un centenar de políticos, funcionarios e representantes de empresas implicadas do Grupo VENDEX. A xuiza Pilar De Lara, baseando-se nun informe de Aduanas, imputa-lle a José Manuel Rey un "Delito de Cohecho".

A Profesora Titular de Dereito Administrativo Universidade de Santiago de Compostela, Alba Nogueira López, ilustraba-nos, o pasado 2 de Febreiro, no seu interesante blogue "Porta ventosa" cun artigo "Pokemon. Privatizacións e corrupción", como a 'Operación Pokemón' amosaba as relacións entre as privatizacións das empresas e servizos públicos, coa corrupción, corruptos e corruptores. Polo que recomendamos a súa lectura, un escrito bon, breve e claro, e de paso dar unha ollada ao seu blogue, sobre todo ler o seu último artigo: A galiña, o ovo, a privatización e a desfeita. "Depende de ti".

Para informar-nos da 'Pokémon', nos xornais diarios comerciais podemos atopar abundante información, por exemplo a reportaxen de Silvia R. e Xosé Hermida no xornal 'El País' na súa edición para Galiza: "Unha mafia empresarial á caza de contratas municipais", mais a análise e información interesante está no xornal dixital amigo 'Praza Pública' da man de David Lombao, nos seus artigos "A xuíza atráncalle a Feijóo o ventilador da Pokémon" | 24.06.2014 [] e "A xuíza da Pokémon imputa o alcalde de Ferrol ao sospeitar que Véndex lle pagou viaxes" | 24.06.2014.

Remunicipalización da xestión do Ciclo Integral da Auga

Ante estas últimas noticias de corrupción, se cadra, converte en moi interesante a "Mesa de Debate sobre a Remunicipalización da xestión do Ciclo Integral da Auga" do vindeiro Sábado 28 de Xuño, pola mañá, ás 10:30hs que terá lugar no Salón de Actos da Sociedade Galega de Historia Natural -SGHN, (Cruceiro de Canido S/N - Antiga Casa do Coronel). Acto organizado polas entidades integrantes da Comisión Social de Seguimento do proxecto e obras do sistema de sanemento da marxe norte da Ría de Ferrol (Comisión de Medio Ambiente da Asociación Veciñal de Recimil, ADEGA, VERDEGAIA e SGHN). Onde intervirán: Joaquín Moldes e Juan Lage da Comisión da Auga de Punxín, e Joaquín Morell e Emilio Pachón do Consorcio Provincial de Augas de Sevilla
_________

domingo, xuño 22, 2014

O berro de "pan, traballo e teito" rodeou o Parlamento Galego - Vídeo


O Parlamento foi rodeado, na mañá deste sábado, por unha gran marea reivindicativa convocada polas Marchas da Dignidade. "O Parlamento galego e os demais parlamentos de todo o Estado español foron secuestrados", denunciou o manifesto lido ao remate da mobilización, que centrou as súas críticas no poder financeiro, "unha mafia" que "coa principal colaboración dos dous partidos maioritarios, PP e PSOE, está a roubar o que é do pobo para entregarllo ás grandes empresas". O texto incidiu polo tanto na denuncia do control que o poder económico exerce o poder político e as súas institucións, un control que lle resta "lexitimidade" ao poder lexislativo e que xustifica a necesidade "situar o debate e a contestación nos Parlamentos, no europeo, no español, nos parlamentos autonómicos. Centros de decisión en teoría democráticos que deixaron de selo".

A deste sábado foi unha manifestación diferente. Polo seu percorrido e polo seu desenvolvemento, pois dende o seu inicio na estación de tren de Compostela, os seus integrantes fóronse estendendo e desprendendo, formando unha fileira no perímetro do Parlamento, coma unha longa corda que se desenrolaba. Así, até rodear por completo o exterior da cámara. Foi unha manifestación ruidosa, liderada polo berro de "pan, traballo e teito" e a demanda de "dimisión", tanto para Alberto Núñez Feijoo coma para Felipe VI.

Foi tamén moi significativo o papel dun grupo moi numeroso de bombeiros, moitos deles dende hai meses no contexto de sucesivos conflitos laborais polos seus dereitos, que non só lideraron a marcha en moitos treitos, senón que formaron un eficaz servizo de orde. De feito, outro dos berros máis escoitados foi o de "madeiros, aprendede dos bombeiros", dirixidos cara ás dotacións de antidisturbios que vixilaban a mobilización. E foi tamén unha manifestación chea de cor, de bandeiras de todo tipo: republicanas, estreleiras, comunistas, anarquistas, de Nunca Máis, ou das organizacións -da CUT a CGT, pasando por SLG, Podemos, o Sindicato Ferroviario ou o STEG- que máis se implicaron na súa convocatoria, apoiada expresamente por BNG e por todas as forzas que compoñen AGE.

Manuel Camaño, un dos voceiros da plataforma, entende "que hai unha clave frentepopulista e unha clave de unidade de clase e popular, que nos obriga a todos os que pensamos que este sistema é inxusto". Nos últimos días AGE chamou nun comunicado a secundar a convocatoria e a demandar “solucións a esta situación de fame e pobreza a través da “unidade popular” para destituír “a aqueles que non representan o pobo”. E, de igual xeito, o BNG defendeu que a Cámara "ten que ser a institución que recolla a voz da cidadanía acosada polas políticas de recorte do PP en todas as instancias nas que goberna".

Neste sábado 21 houbo manifestacións semellantes ante os parlamentos de todas as comunidades autónomas do Estado. Todas coa mesma demanda de "pan, traballo e teito" e o obxectivo de "devolver o poder ás persoas", como tamén lembrou o manifesto lido por unha activista das PAH, un texto que puxo en dúbida a lexitimidade que lles queda ás cámaras de representación: "ninguén lexitimou os partidos que gobernan para dar ós bancos preto de douscentos mil millóns de euros, ninguén lexitimou o goberno para que permita que se desafiucen ás familias mentres os bancos dispoñen de milleiros de vivendas baleiras, ninguén lles autorizou para facer pública unha débeda que era privada, ninguén autorizou o goberno a que siga as indicacións da Troika e ninguén autorizou un tratado de libre comercio entre Estados Unidos e Europa que será un dos maiores ataques á democracia en toda a súa historia".

A marcha pechouse coa lectura deste texto a uns poucos metros das portas da cámara, con berros de "non pasarán" e co emprazamento a unha nova manifestación ante o Parlamento para o vindeiro mes de novembro, continuando cun ciclo de mobilización que as Marchas da Dignidade e a columna galega do 22M iniciou precisamente ese 22 de marzo que reuniu en Madrid centos de milleiros de manifestantes. Nos últimos meses, ademais, o 22M mantivo unha actividade reivindicativa, centrada na denuncia dos elevados niveis de desemprego, na crise industrial, na defensa do dereito á vivenda e na loita contra os crecentes niveis de pobreza e exclusión social.

Por Marcos Pérez Pena, publicado no xornal Praza Pública 21 de Xuño de 2014 | Licenza Creative Commons by-sa.

Praza Pública precisa de Ti:
A forza de Praza Pública son os seus lectores e lectoras. Praza é un medio da súa comunidade de lectores. A existencia do xornal depende das achegas realizadas por todos nós [+info].
_______________


Rodea o Parlamento - Marchas da Dignidade - Compostela, 21 de Xuño de 2014)

http://youtu.be/kGYaw1-6a7A
Galiza ContraInfo


Marchas da Dignidade Ferrolterra
Contacto: marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com  | Blogue de apoio ás Marchas de FerrolTerra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/ | Blogue Galego: http://marchasdadignidade.blogspot.com/ | Grupo no facebook:
https://www.facebook.com/groups/265451853621237/
 | Conta no facebook:
https://www.facebook.com/MarchasDignidade | No twitter:
https://twitter.com/galizaMarcha22M | Web Estatal: http://marchasdeladignidad.org/.

PAN, TRABALLO E TEITO - Á RÚA, QUE XA É HORA!!!
__________________

sábado, xuño 21, 2014

Manifesto 'Rodea o Parlamento' das Marchas da Dignidade de Galiza


MANIFESTO

O poder económico, e o xogo da especulación nanceira, provocou unha crise social, e económica, que deu lugar a que o noso país sofra uns niveis de paro e miseria que fan que unha gran parte da súa poboación non consiga acadar unhas condicións de vida minimamente dignas. Mentres esta ma a xoga coas nosas vidas, os poderes políticos actúan como sicarios ao seu servizo, no canto de defender ás persoas que están a ser víctimas desta gran estafa. As súas explicacións non son máis que excusas para impoñer medidas a prol dos poderosos favorecendo que poidan manter o seu status, no canto de loitar para que a ninguén lle falte pan, traballo e teito.

O parlamento galego e os demáis parlamentos de todo o estado español, foron secuestrados polas ma as nanceiras, e coa principal colaboración dos dous partidos maioritarios PP e PSOE, están a roubar o que é do pobo para entregalo aos bancos e ás grandes empresas, moitas das cales instalan portas xiratorias para sentar nos seus consellos de administración aos mesmos que as favorecen cando gobernan. Os parlamentos do estado non están ao servizo das persoas, non fan o seu labor de representar a vontade popular, só serven aos intereses do poder económico. É hora de devolver o poder ao pobo, é tempo de recuperar o que é noso.

Ninguén lexitimou aos partidos que gobernan para dar aos bancos preto de douscentos mil millóns de euros, ninguén lexitimou aos gobernos para que permitan que se desa ucen familias mentres os bancos dispoñen de milleiros de vivendas baleiras, ninguén os autorizou para facer pública unha débeda que era privada, ninguén autorizou ao “PPSOE” para que siga as indicacións da Troika, e ninguén autorizou a negociación dun tratado de libre comercio entre Estados Unidos e Europa que será un dos maiores ataques á democracia en toda a súa historia. En pouco tempo imos ver como pasan a formar parte de nosa dieta carnes hiperhormonadas e alimentos tranxénicos, e nin sequera nos deixarán elixir se queremos ese tratado que están a negociar de costas ao pobo. Cando o parlamento non cumpre a súa función, carece de leximitidade.

No Parlamento Galego, con nocturnidade e aleivosía, privatízanse servizos públicos esenciais, como a sanidade, servizos de emerxencia, educación, servizos sociais... Péchanse camas en hospitais, reducen persoal docente no ensino, privatizan servizos de rescate, dilapidan cartos públicos en obras inútiles e, en de nitiva, tómanse decisións que levan ás persoas do común a unha situación de miseria e exclusión social. As leis que fai no parlamento o Partido Popular, e antes o PsdG, non resolven os problemas do pobo, só buscan favorecer a grandes corporacións aínda que sexa a custa da vida digna das persoas. Un goberno que permite que a súa poboación pase penurias non é lexítimo, e o pobo ten dereito a rebelarse contra él, tal e como dí a Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

Tampouco nos dan respostas sobre o futuro que nos agarda. Se a única saída para ese 57% da nosa xuventude en paro é a emigración, se a clase traballadora ten que soportar unha baixada salarial tras doutra, recortes nas pensións ou limitacións nas prestacións por desemprego e aceptar calquera tipo de condicións laborais que propoña a patronal, ou se a recuperación pasa por eses datos do paro que mostran que o emprego que se creará será temporal e precario, daquela, non só nos abandonan, senón que tamén nos condenan. Déixannos sen traballo, sen casa, sen sanidade, sen pensións, sen estudos, sen futuro, sen vida!. E non podemos, nin vamos consentilo.

Por iso a Plataforma Galega das Marchas da Dignidade está hoxe aquí, porque queremos simbolizar que o Parlamento Galego non está a representar o pobo, e somos o pobo os que vimos rodealo, porque nos pertence, é noso, e temos a obriga de protexelo porque tamén nolo están a roubar.

Loitamos polos nosos dereitos e seguiremos a loitar, mentres non consigamos cambiar un sistema inxusto e antidemocrático, e devolver o poder ás persoas, sometendo o poder político á vontade popular. Loitaremos sen descanso pola xustiza social, por ter pan, traballo e teito para todas e todos no noso país.

Santiago de Compostela, 21 de Xuño de 2014

#Marchas da Dignidade de Galiza

Correo-e:
galiciaenmarcha@gmail.com

Blogue Galego:
http://marchasdadignidade.blogspot.com/

Grupo no facebook:
https://www.facebook.com/groups/265451853621237/

Conta no facebook:
https://www.facebook.com/MarchasDignidade
__________________

Convocatoria unitaria a todas as forzas políticas, sociais e sindicais da nosa comarca para chegar a un acordo de mínimos que posibilite unha dinámica unitaria "Pola República e o Dereito a Decidir" - Para o vindeiro día 27 de xuño ás 19:30 horas nos locais do Ateneo Ferrolán


O pasado venres 20 de xuño de 2014, tivo lugar unha xuntanza no Ateneo Ferrolán, reunidos en réxime de autoconvocatoria as organizacións políticas: ANOVA - IRMANDADE NACIONALISTA, COMPROMISO POR GALICIA (CXG), ESPAZO ECOSOCIALISTA GALEGO, ESQUERDA UNIDA (EU) e NÓS - UNIDADE POPULAR.

Que despois de deliberar acordaron facer un chamamento a todas as forzas políticas, sociais e sindicais da nosa comarca para chegar a un acordo de mínimos que posibilite unha dinámica unitaria "Pola  República e o Dereito a Decidir".

Polo que decidiron convocar unha nova reunión para o vindeiro venres día 27 de xuño ás 19:30 horas nos locais do Ateneo Ferrolán (Rúa Madalena 202-204).

Información baseada na enviada por:
Anova Ferrol
-ferrolanova@gmail.com-
20 de junho de 2014 21:18

_________

venres, xuño 20, 2014

Hipóteses dun día de xuño, ... Por David Rodríguez

Por David Rodríguez [*]
20.06.2014

Nas décadas marabillosas da burbulla inmobiliaria nas que España aparecía coma o país-milagre capaz de afastarse do pasado grisallento de dentes podres e sopa de polo cara os grandes éxitos deportivos e os cociñeiros de deseño, a presenza de ETA e, en xeral, o conflito vasco, era o gran polarizador político que todo o condicionaba. Naquela altura, a Constitución era unha sorte de valado de contención que articulaba o confronto formulado polo stablishment político-mediático hispano mediante a oposición: demócratas vs. non-demócratas. Euskal Herria era o epicentro do confronto pero este salpicaba continuamente ás outras esquerdas periféricas non afectas ao "Patriotismo Constitucional" en que acabaran derivando os "Pactos da Moncloa". A esquerda federal, naquela altura, facía a súa peregrinaxe do vergonzante consenso da Transición á recuperación aberta do republicanismo e da tricolor. O debate económico, naquela España de novas clases medias financiarizadas encantadas de se coñeceren, non pasaba dos balances fiscais entre territorios ou de dilucidar se as baixas de impostos eran ou non de esquerdas.

A case coincidencia do anuncio de cese da actividade armada por parte de ETA e da emerxencia do 15M -coa súa demanda de democracia real e o seu cuestionamento da representación- dinamitaron, coa axuda subterránea dunha crise económica que fixo emerxer de novo á vella toupa, a antiga separación entre demócratas e non demócratas. Pero lonxe de isto significar a "normalización" do País Vasco, un ten a impresión de que o que se está a dar é a euskaldunización de España. Novamente, como antes da entrada das esquerdas non nacionalistas no redil consensual da Transición, na España que non é vasca, catalá ou galega a fenda entre demócratas e non demócratas reábrese para vertebrar un renovado antagonismo entre as elites e o pobo (ou os pobos). E a batalla por significantes como Democracia, Patriotismo ou Soberanía lembra cada vez máis á que se leva dando -coa salvedade de que en xeral o europapanatismo, verdadeiro cepo de toda soberanía popular, fixo fortuna en case que todas partes- nas "nacións periféricas" dende a morte do ditador.

Ao éxito de Podemos, co seu patriotismo nacional-popular español e á cada vez maior exhibición de tricolores opóñenselle as declaracións de Cristina Cifuentes "Podemos quere acabar coa nosa democracia" tratando de manter a chama acesa do antagonismo noventeiro entre democratas e non demócratas ou as de Esperanza Aguirre reclamando unha marea patriótica que encha as rúas de Madrid na coroación do rei, tratando de que o item "patria" non fuxa do marco conceptual acuñado polo bloque hexemónico (así como tratando de reconceptualizar o item "marea") ou o mesmo feito de que no día de hoxe en que Felipe VI foi nomeado rei a tricolor semellase, nas rúas de Madrid, unha bandeira tan perigosa como o foi, durante as últimas décadas, a ikurriña, a estelada ou a estreleira.

O mesmo que nos noventa, hoxe a Constitución volve ser un corsé infranqueable que tanto serve para selar con sangue e lume a dependencia dos pobos do Estado ao "Consenso de Berlín" mediante o artigo 135, como para coutar todo debate sobre a monarquía ou sobre o recoñecemento nacional reclamado por eses patriotas "Outros" da "periferia".

Como antes dos Pactos da Moncloa, hoxe no Estado Español albíscanse dous grandes bloques non exentos das súas propias contradicións internas. Por unha banda, o réxime, conformado pola grande empresa, os grandes medios, PP-PSOE (e satélites), o resto dos aparatos de Estado e o imperio-UE. Da outra, o groso social agredido polas políticas neoliberais e as demandas democráticas das nacións sen estado coas súas particulares decantacións políticas e sociais. No medio, como demostrou a abstención a respecto da lei de abdicación de Juan Carlos, á espera, a burguesía catalá e vasca.
Dada esta inestabilidade e imprevisibilidade é probable que o réxime decida actuar rápido. Será entón cando este volva poñer a proba a súa capacidade de cooptación mediante a oferta de novos consensos. Juan Luis Cebrián deixaba entrever hoxe mesmo que o plan do réxime para a súa relexitimación e perpetuación podería pasar por unha reforma constitucional con posterior referendum que, cabe pensar, dese encaixe principalmente a Cataluña e que introducise, agora pola porta grande, a suxección da soberanía popular do estado-nación-España á tecnocracia antidemocrática europea. Nesa hora da verdade, nesa nova "Reforma vs. Ruptura", veremos non só por quen optan as burguesías vasca e catalá senón tamén que farán as distintas esquerdas, especialmente as de ámbito estatal, que terán que optar por sumarse ao consenso ou, de non facelo, por procurar (ou non) un marco de convivencia entre o novo patriotismo español-republicano e os outros patriotismos "periféricos" que permita algún tipo de unidade de acción tamén no medio prazo.

O Funambulista Coxo
Publicado o 20 de Xuño de 2014 no blogue:
ofunambulistacoxo.blogspot.com.
[*] David Rodríguez Rodríguez (Vigo, 1975) mantén o blogue http://ofunambulistacoxo.blogspot.com desde o ano 2005. É autor das obras de teatro radiofónico O Bambán e Nunca me esquecerei de ti (gañadora e finalista respectivamente do I e IV Premio de Teatro Radiofónico do Diario Cultural). Escribiu o poemario Lapidarias. Os versos escuros e participou no libro colectivo Non conciliados. Argumentos para a resistencia cultural.
_________________

xoves, xuño 19, 2014

O BNG apoia a mobilización da plataforma galega “Marchas da Dignidade” no acto de protesta de rodear o Parlamento Galego

O BNG apoia a mobilización convocada pola Plataforma Galega Marchas da Dignidade que este sábado se traduce nun acto reivindicativo co que se rodeará o Parlamento de Galiza.

A formación nacionalista comparte a demanda de que o Parlamento ten que ser a institución que recolla a voz da cidadanía que está a ser acosada polas políticas de recorte do PP en todas as instancias nas que goberna, políticas que provocan emigración, paro, exclusión social e mesmo fame.

O Bloque está e estará sempre do lado da cidadanía galega que se mobiliza contra unhas políticas inxustas, que causan sufrimento e pobreza na maioría social, políticas que se deciden de costas ás institucións democráticas, coa complicidade dos partidos do sistema que actúan como verdadeiro brazo executor ás ordes da Troika, da banca e das multinacionais, mentres asistimos a unha auténtica poda de dereitos básicos e se arrasa cos servizos públicos.

Para o BNG a mobilización social é clave para facerlle fronte aos poderes do gran capital, que usan aos partidos políticos do sistema como monicreques ao seu servizo, nunha situación de emerxencia, porque está en xogo o noso futuro, como persoas e como pobo.

Fonte: http://www.bng-galiza.org/
___________

Enlaces:

#Marchas da Dignidade de Galiza

Correo-e:
galiciaenmarcha@gmail.com

Blogue Galego:
http://marchasdadignidade.blogspot.com/

Grupo no facebook:
https://www.facebook.com/groups/265451853621237/

Conta no facebook:
https://www.facebook.com/MarchasDignidade

No twitter:
https://twitter.com/galizaMarcha22M
___________________

Hoxe, 19 de Xuño, están convocadas, en réxime de autoconvocatoria, dúas concentracións contra a monarquía borbónica: unha pola República Galega e outra polo dereito a decidir Referendum xa!



Hoxe están convocadas dúas concentracións contra a monarquía borbónica en réxime de autoconvocatoria, polo fin da monarquía e a apertura dun proceso democrático onde a cidadanía e os pobos do Estado poidan decidir o seu futuro.

En toda Galiza e no resto do estado multiplican-se as protestas e actos polo dereito a decidir e de reafirmación republicana.


Unha das concentracións realizara-se, ás 8 da tarde, na Praza do Himno Galego,  apoiada polas organizacións maioritarias do nacionalismo galego, contra a monarquía española e a prol da República Galega.

A outra das mobilizacións, tamén en réxime de autoconvocatoria, está convocada ás 8 da tarde na Praza do Concello de Ferrol, diante do Pazo Municipal, polo dereito a decidir Referendum Xa!

___________

mércores, xuño 18, 2014

Hoxe 18 de Xuño, Asemblea Plenaria da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área de Sanitaria de Ferrol


Convocatoria da Asemblea Plenaria da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área de Sanitaria de Ferrol


-18 de Xuño de 2014 -     
Estimad@s compañeir@s :    

A Comisión Permanente desta PDSP de Ferrolterra, CONVOCA a ASEMBLEA – PLENARIA este mércores 18 de xuño, ás 18:00hs, no local social da Asociación veciñal de Esteiro.

Orde do día :  
1 .-  Lectura, se procede, ACTA anterior.    

2 .- Informe estado de contas.-    

3 .- Análise e avaliación actual da Sanidade pública.-

(Proposta A.V. Esteiro) Peche de camas, centros de saúde que non se abren e non se constrúen os prometidos ( Capela, Ares, Narón, Cedeira)-Xinecoloxía das Pontes. Convocatoria da Comisión de Participación da Area de Xestión Integrada de Ferrol, na falla de substitucións e contratacións de persoal.    

4 .- Informacións SOS SANIDADE PÚBLICA – Libre comercio EE UU–UE.    

5 .- Suxestións e preguntas.    
Ferrol, a 7 de xuño de 2014.-   

A Comisión Permanente.-

Secretaría.- 

Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol
www.plataformadspferrol.blogspot.com
plataformadspferrol@gmail.com

Enviado por:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
17 de junho de 2014 18:08
___________________

Hoxe no Ateneo Ferrolán charla de Carlos Taibo: "Repensar a anarquía"


Charla de Carlos Taibo

Mércores 18 xuño ás 20:00 horas  no Ateneo Ferrolán terá lugar unha charla coloquio organizada por Union Libertaria coa participación de Carlos Taibo [*], escritor e profesor Ciencia Política e da Administarción na Universidade Autónoma de Madríd que leva o título "Repensar a anarquía" e na que dará unha visión da sociedade capitalista actual e dos problemas que se derivan da mesma. Tamén analizará as diferentes propostas que poden facerse dende unha óptica anarquista de cara á superación deste sistema que parece estar próximo a esgotarse e mesmo ao borde do colapso. 

--
Unión Libertaria - unionlibertaria.org
Av Esteiro 10 baixo
Ferrol

Enviado por:
Unión Libertaria
-unionlibertaria@gmail.com-
17 de junho de 2014 19:34

________

[*] Carlos Taibo Arias -Madrid 1956, é profesor de Ciencia Política e da Administración na Universidade Autónoma de Madrid, escritor e activista social, partidario activo do movimento polo "Decrecimento". Forma parte do Consello Editorial de "Sin Permiso" e "Altermundo". É experto en relacións internacionais, divulgador da idea e práctica do decrecimiento económico e analista e impulsor do movemento 15M.
[+ info]

Web persoal:
http:// www.carlostaibo.com
_________________

luns, xuño 16, 2014

Un novo buque gaseiro, o "LNG Castillo de Villalba", cargado con miles de toneladas de GNL/LNG anuncia a súa entrada na Ría, para este Martes 17 de Xuño - O Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha acción de protesta e denuncia, desta vez no Porto de Ferrol


CONCENTRACIÓN SONORA EN FERROL,
 MARTES 17 DE XUÑO, ÁS 8 DA TARDE (NOVO HORARIO)
NO PEIRAO DE CURUXEIRAS
FERROL VELLO (NOVO LUGAR)

O gaseiro 'LNG Castillo de Villalba', é un buque de grande porte, de 284,40 m de eslora e 42,50 m de manga e  de calado 11,40 m. Cunha capacidade de 138.000 m³ de GNL. Son miles as toneladas de GNL/LNG, para a ilegal e perigosa Reganosa. Este buque metaneiro ten anunciado a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Martes 17 de Xuño de 2014. Esta entrada, supon xa a 171, desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca unha acción de protesta e denuncia, consistente nunha Concentración Sonora, o mesmo Sábado ás 8 da Tarde, en Ferrol, no Peirao de Curuxeiras, no Porto, barrio de Ferrol Vello.

Hai uns meses Reganosa anunciaba un novo despropósito contra a poboación que mora na contorna desta Ría. O negocio anunciado consiste un dispositivo que traslade á boca da Ría o GNL como combustíbel. Un negocio de Reganosa, apoiado pola Xunta de Galicia, subsidiado con diñeiro público. Proxectan un HUB de Gas Natural Licuado de Reganosa que fará de Ferrol unha enorme bomba de reloxería colocada dentro da nosa Ría, será  a construción dun surtidor de gas (gasoliñeira) na Ría de Ferrol, para buques que utilicen LNG/GNL como combustíbel.

Hai máis de dous anos (11 de maio de 2012) que se ditou a Sentenza polo Tribunal Supremo, onde a planta xa foi declarada ilegal, en sentenza inapelábel.


Tras a Sentenza do Tribunal Supremo, que declara ilegal a localización de Reganosa, temos que esixir o fin desta ameaza e deste malgasto de cartos públicos. Temos que esixir o seu peche definitivo.
  • QUE SE CUMPRA A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO XA! 
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  • PECHE XA!!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA  !!

10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas?

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


Información baseada na enviada polo:

Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
15 de junho de 2014 23:08
_______________

Hoxe 16 de Xuño, Rolda de Prensa das Marchas da Dignidade de Ferrolterra nos 'contentores de lixo' da Praza de San Amaro


Hoxe, luns 16 de Xuño de 2014, ás 12 do mediodía, as Marchas da Dignidade Ferrolterra convocan unha rolda de prensa, na Praza de San Amaro de Ferrol, con motivo da acción popular e reivindicativa que vai ter lugar o vindeiro sábado 21 deste mes de xuño, baixo o lema 'Rodea o Parlamento'. Esta acción que terá lugar en Compostela, vai ter o acompañamento en todo o territorio do Estado, onde a maioría dos parlamentos serán por unhas horas, o símbolo que sinale que unha parte cada vez maior da cidadanía quere cambiar este sistema de democracia anoréxica e capitalismo viral.

Para explicar os obxectivos e desenvolvemento dos actos que van ter lugar o sábado 21X, e como se pode participar desde Ferrolterra, as Marchas da Dignidade celebraremos unha rolda de prensa nos contentores de lixo da Praza de San Amaro en Ferrol, como xá sinalamos, ás 12 do mediodía de hoxe.

Escollemos este emprazamento para facer visible unha realidade que cada día e cada noite, nesta cidade, marca a vida de supervivencia de moit@s dos nosos conveciñ@s.

Escollemos este emprazamento porque é aí, nos contentores de lixo a onde van cada día moitos dos nosos dereitos, dereito á sanidade, ao traballo, á vivenda, ao traballo...

Escollemos este emprazamento porque é aí, aos contentores de lixo, a onde a casta política envía as nosas opinións, os nosos votos, a nosa participación... a soberanía popular.

Escollemos este emprazamento, porque Ferrolterra coas políticas aplicadas polos partidos do sistema, obedientes á Troika, parece condenada a desaparecer dentro do contedor da pobreza, o desemprego e a emigración.

Ferrol, 12 de xuño de 2014

Marchas da Dignidade Ferrolterra
Contacto: marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com  | Blogue de apoio ás Marchas de FerrolTerra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/ | Blogue Galego: http://marchasdadignidade.blogspot.com/ | Grupo no facebook:
https://www.facebook.com/groups/265451853621237/
 | Conta no facebook:
https://www.facebook.com/MarchasDignidade | No twitter:
https://twitter.com/galizaMarcha22M | Web Estatal: http://marchasdeladignidad.org/.

PAN, TRABALLO E TEITO - Á RÚA, QUE XA É HORA!!!

______________ ___________

venres, xuño 13, 2014

Reganosa baixa a súa produción: Segundo o publicado por Enagas -Xestor Técnico do sistema gasístico- a produción de gas pola Planta de Reganosa no mes de maio foi do 16%, unha diminución do 57% respecto do mesmo mes do 2013


Segundo o publicado por Enagas -Xestor Técnico do sistema gasístico- a produción de gas pola Planta de Reganosa no mes de maio foi do 16%, unha diminución do 57% respecto do mesmo mes do 2013.

Confirmando así o que ven denunciando o Comité Cidadán de Emerxencia: A Planta de Gas de Reganosa, aparte da súa ilegalidade e ameaza para a poboación, costa-nos perto de 60 millóns €/ano, e forma parte do chamado ”déficit tarifario” que no caso do gas acada os 700 millóns de euros, e é utilizado polas empresas enerxéticas, neste caso os promotores de Reganosa, coa complicidade dos gobernos de quenda, para estafar á cidadanía a través das tarifas eléctricas e do gas.

Ademais esta realidade, vén a demostrar as falsidades aducidas no seu momento polos promotores da planta de Reganosa para acadar a autorización de construción: “era necesaria para subministrar gas aos ciclos combinados”, a sabendas de que o gasoduto de Tui tiña a capacidade suficiente para elo. Se construíron 3 ciclos combinados, cunha inversión de 700 millóns de euros que, a maior parte do tempo, están parados e desde o 2007 manteñen pechado o gasoduto de Tui..

A planta de gas de Reganosa e produto dún caso moi grave de corrupción financeira e política, que ademais incumpre a máis básica normativa de seguridade industrial e medio ambiental estatal e europea. Os problemas que formula a Planta de Reganosa, resultado da corruptela, son insubsanábeis. Por elo, a planta debe desaparecer da Ría.

Nota.- Clicar acima da imaxe para ampliar.

---

Tras a Sentenza do Tribunal Supremo, que declara ilegal a localización de Reganosa, temos que esixir o fin desta ameaza e deste malgasto de cartos públicos. Temos que esixir o seu peche definitivo.
  • QUE SE CUMPRA A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO XA! 
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  • PECHE XA!!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA  !!

10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas?

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


Información baseada na enviada polo:

Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
13 de junho de 2014 12:31
_______________ _____________

A imposibilidade do crecemento esixe un novo sistema económico, ... Por George Monbiot - Por que colapso e salvación son difíciles de distinguir o un do outro

Por George Monbiot [*]
13.06.2014


Imaxinemos que en 3030 A.de C. as posesións totais do pobo de Exipto enchían un metro cúbico. Propoñamos que esas posesións creceron 4,5% por ano. Que tamaño houbese ter esa pila ao chegar a Batalla de Actium en 30 A.de C.? É o cálculo feito polo banqueiro de investimentos Jeremy Grantham (1). A traxectoria da taxa de crecemento composto mostra que a erosión do planeta só acaba de comezar. Simplemente non podemos seguir polo mesmo camiño.

Continuemos, adiviña. Dez veces o tamaño das pirámides? Toda a area do Sahara? O océano Atlántico? O volume do planeta? Un pouco máis? É 2.500 trillones (1018) de sistemas solares (2). Non precisa moito tempo, ao considerar ese resultado, para chegar á paradoxal posición de que a salvación reside no colapso.

Ter éxito é destruírnos. Fracasar é destruírnos. É o aperto que creamos. Ignora si é necesario o cambio climático, o colapso da biodiversidade, o esgotamento da auga, do chan, dos minerais, do petróleo; até si todos estes problemas desvanecésense milagrosamente, a matemática da taxa de crecemento composto fai que a continuidade sexa imposible.

O crecemento económico é un artiluxio do uso de combustibles fósiles. Antes de que grandes cantidades de carbón fosen extraidas, cada aumento na produción industrial ía acompañado por unha caída na produción industrial, xa que o carbón vexetal ou os cabalos de forza requiridos pola industria reducían a terra dispoñible para cultivar alimentos. Cada revolución industrial anterior colapsou, xa que o crecemento non podía ser sustentado (3). Pero o carbón rompeu este ciclo e posibilitou "durante algúns séculos" o fenómeno que agora chamamos crecemento sostido.

Non foi nin o capitalismo nin o comunismo o que posibilitou o progreso e as patologías (guerra total, a concentración sen precedentes da riqueza global, destrución planetaria) da modernidade. Foi o carbón, seguido polo petróleo e o gas. Métaa-tendencia, a narrativa nai, é a expansión alimentada polo carbono. As nosas ideoloxías son meros argumentos secundarios. Agora, a medida que as reservas máis accesibles foron esgotadas, temos que saquear os recunchos ocultos do planeta para sustentar nosa imposible proposición.

O venres, uns poucos días despois que científicos anunciaron que o colapso do xeo da Antártida poñente é agora inevitable (4), o goberno ecuatoriano decidiu que a perforación por petróleo continuaría no corazón do parque nacional Yasuní (5). fixera unha oferta a outros gobernos: si dábanlle a metade do valor do petróleo nesa parte do parque, deixaría o seu chan intacto. Pode ser interpretado como chantaxe ou como comercio xusto. Ecuador é pobre, os seus depósitos de petróleo son ricos: por que, argumentou o goberno, debese deixalos intactos sen compensación cando todos os demais están perforando até o último círculo do inferno? Pediu 3.600 millóns de dólares e recibiu 13 millóns. O resultado é que Petroamazonas, unha compañía cun pintoresco historial de destrución e derrames (6), penetrará agora un dos sitios con maior biodiversidade do planeta, no cal dise que unha hectárea de selva tropical contén máis especies que as que existen en todo o continente de Norteamérica (7).

A compañía petroleira Soco do Reino Unido espera agora penetrar o parque nacional máis antigo de África, Virunga, na República Democrática do Congo (8); un dos últimos baluartes do gorila de montaña e o okapi, de chimpancés e elefantes de bosque. En Gran Bretaña, onde acaban de ser identificados potenciais 4.400 millóns de barriis de petróleo de esquisto (shale) no sueste (9), o goberno fantasea coa idea de converter os frondosos suburbios nun novo delta do Níxer. Con este fin está cambiando as leis de transgresión para posibilitar a perforación sen consentimento e xenerosos sobornos a xente local (10, 11). Estas novas reservas non solucionan nada. Non terminan a nosa fame de recursos; a exacerban.

A traxectoria do crecemento composto mostra que a erosión do planeta acaba só de comezar. A medida que o volume da economía global se expande, todo sitio que conteña algo concentrado, pouco usual, precioso, será buscado e explotado, os seus recursos extraidos e dispersados, as diversas e diferenciadas marabillas do mundo reducidas ao mesmo rastroxo gris.

Algunha xente trata de resolver a imposible ecuación co mito da desmaterialización: a afirmación de que a medida que os procesos fanse máis eficientes e os artefactos son miniaturizados, usamos, en suma, menos materiais. Non hai sinais de que isto estea sucedendo. A produción de mineral de ferro aumentou 180% en dez anos (12). O organismo comercial Forest Industries dinos que "o consumo global de papel atópase a un nivel alto récord e seguirá aumentando". (13) Si, na era dixital, non reducimos sequera o noso consumo de papel, que esperanza existe para outros produtos de consumo?

Consideremos as vidas dos súper ricos, que fixan o ritmo do consumo global. Están reducindo o tamaño dos seus yates? As súas casas? As súas obras de arte? A súa compra de madeiras finas, de peixes raros, de pedras raras? Os que contan cos medios necesarios compran casas cada vez máis grandes para almacenar a crecente acumulación de cousas que non vivirán o suficiente para usar. Por acumulación inadvertida, úsase cada vez máis superficie do planeta para extraer, fabricar, e almacenar cousas que non necesitamos. Talvez non sexa sorprendente que volvan a aparecer fantasías sobre a colonización do espazo ? que nos din que podemos exportar os nosos problemas en lugar de resolvelos (14).

Como sinala o filósofo Michael Rowan, as inevitabilidades do crecemento composto significan que si a taxa de crecemento predicha o ano pasado para 2014 (3,1%) mantense, ata si fósemos reducir milagrosamente o consumo de materias primas nun 90% retardamos o inevitable en só 75 anos (15). A eficiencia non resolve nada mentres o crecemento continúa.

O fracaso inescusábel dunha sociedade baseada no crecemento e na súa destrución dos sistemas vivos da Terra son os feitos humillante da nosa existencia. Como resultado case non son mencionados en ningures. Constitúen o gran tabú do Século XXI, os temas garantidos para enaxenar a amigos e veciños. Vivimos coma se estivésemos atrapados dentro dun suplemento dominical: obsesionados pola fama, a moda e os tres elementos básicos aburridos da conversación de clase media: receitas, innovacións e centros turísticos. Calquera cousa que non sexa o tópico que demanda a nosa atención.

Declaracións do esaxeradamente obvio, os resultados dunha aritmética básica, son tratados como distraccións exóticas e imperdoábeis, mentres a proposición imposible segundo a cal vivimos é considerada como tan sa e normal e pouco interesante que non vale a pena mencionala. É como se mide a profundidade deste problema: segundo a nosa incapacidade de chegar a discutila.

[*] George Monbiot,  -1963, xornalista, escritor, académico e ambientalista. Escrebe unha columna semanal no xornal The Guardian. CommonDreams.

Web de George Monbiot:
http://www.monbiot.com/

Fonte: http://www.rebelion.org/noticia.php?id=185597

Máis escritos en Rebelión.
http://www.rebelion.org/mostrar.php?tipo=5&id=George%20Monbiot&inicio=0

Referencias: 
1. http://www.theoildrum.com/node/7853
2. Grantham expresou este volumen como 1057 metros cúbicos. No seu traballo We Need To Talk About Growth, Michael Rowan traduxo-o como 2.500 trillóns (1018) de sistemas solares. (http://persuademe.com.au/need-talk-growth-need-sums-well/). expresou este volume como 1057 metros cúbicos, o que é aproximadamente 40 x 1021 metros cúbicos. Multiplicados por 2.500 trillóns (1018), isto da 1041 metros cúbicos. Polo tanto, a menos que teña a cifra equivocada para o volume do sistema solar o confundira as unidades,lo que é eminentemente posíbel, a traducción de Michael Rowan parece estar subestimada. Con todo, baseareime na súa cifra, xa que non teño moita confianza na miña. Agradecería calquera mellora, comentario ou corrección.
3. EA Wrigley, 2010. Energy and the English Industrial Revolution. Cambridge University Press.
4. http://www.theguardian.com/environment/2014/may/12/western-antarctic-ice-sheet-collapse-has-already-begun-scientists-warn
5. http://www.theguardian.com/environment/2014/may/23/ecuador-amazon-yasuni-national-park-oil-drill
6. http://www.entornointeligente.com/articulo/2559574/ECUADOR-Gobierno-concede-licencia-para-la-explotacion-de-dos-campos-del-ITT-23052014
7. http://www.theguardian.com/world/2013/aug/16/ecuador-approves-yasuni-amazon-oil-drilling
8. http://www.wwf.org.uk/how_you_can_help/virunga/
9. http://www.theguardian.com/environment/2014/may/23/fracking-report-billions-barrels-oil-government-cynicism
10. http://www.telegraph.co.uk/earth/energy/fracking/10598473/Fracking-could-be-allowed-under-homes-without-owners-permission.html
11. http://www.theguardian.com/environment/2014/may/23/fracking-report-billions-barrels-oil-government-cynicism
12. Philippe Sibaud, 2012. Opening Pandora’s Box: The New Wave of Land Grabbing by the Extractive Industries and the Devastating Impact on Earth. The Gaia Foundation. http://www.gaiafoundation.org/opening-pandoras-box
13. http://www.forestindustries.fi/industry/paper_cardboard_converted/paper_pulp/Global-paper-consumption-is-growing-1287.html
14. https://www.globalonenessproject.org/library/articles/space-race-over
15. Michael Rowan, 2014. We Need To Talk About Growth (And we need to do the sums as well.) http://persuademe.com.au/need-talk-growth-need-sums-well/

Enviado por:
Miguel Quinteiro
-maqmaq@gmail.com-
12 de junho de 2014 17:03

______________________

xoves, xuño 12, 2014

Coa privatización das unidades de esterilización do SERGAS, as políticas neoliberais do Partido Popular, aplicadas desde o goberno da Xunta de Galicia, pretenden a descapitalización humana, técnica e patrimonial da sanidade pública - Non permitamos o desmantelamento da nosa Sanidade Pública


A INTENCIÓN DO SERGAS COA PRIVATIZACIÓN DAS UNIDADES DE ESTERILIZACIÓN É A DESCAPITALIZACIÓN HUMANA, TÉCNICA E PATRIMONIAL DA SANIDADE PÚBLICA


O prego das prescricións técnicas que elaborou a Consellaría de Sanidade e que define o alcance e condicións da prestación de servizo, pola empresa privada, nos centros do Servizo Galego de Saúde recolle:

PREGO DAS PRESCRICIÓNS TÉCNICAS

Ø A descapitalización dos RRHH e do coñecemento na sanidade pública; amortización de 157 postos de traballo na sanidade pública. Condicións para a empresa privada:
Punto 5.2.1. Medios Humanos. O adxudicatario deberá incorporar todo o persoal que sexa necesario para desenvolver o traballo correspondente ás actividades da esterilización”.
Supoñemos que este persoal será contratado baixo as condicións da reforma laboral.

Ø Descapitalización das instalacións públicas.
 “Punto 6. Instalacións onde se realizará o proceso do material. Será responsabilidade do/a adxudicataria/o a realización do proxecto de construción e dotación das edificacións e instalacións que se propoña para a prestación do servizo”.
Desaparecerán todas as instalacións que actualmente hai nos hospitais públicos do SERGAS.

Ø Descapitalización do instrumental. O SERGAS, co diñeiro público vai financiar que unha empresa privada se dote de todo o material cirúrxico necesario para a prestación do servizo. Na sanidade pública non quedará nin unha soa pinza.
Punto 7. Xestión do instrumental. Os centros do Servizo Galego de Saúde, ao inicio da prestación do servizo, porán ao dispor do adxudicatario, para a súa xestión e custodia, todo o instrumental reutilizable que sexa da súa propiedade”.
A partir de aí “todo o instrumental será reposto pola empresa privada”.

É dicir, que cos 132 millóns + o IVE, que serán 168 millóns de diñeiro público, o SERGAS vai financiar que unha empresa privada se recapitalice para logo facerse cargo dunha prestación que hoxe, cun menor custe, estase a facer con calidade desde a sanidade pública.

CIG-SAÚDE esixe da Consellaría de Sanidade que paralice está barbaridade e que escoite as/os profesionais. E que co diñeiro público, dote aos centros sanitarios do instrumental necesario.

CIG-Saúde Ferrol
630594691 Sandra Martínez

670264501 Merche Díaz
981334566 A.Marcide
www.cig-saude.info/ferrol/

Enviado por:
cig-saude.ferrol
-cig-saude.ferrol@sergas.es-
12 de junho de 2014 10:11

_____________

domingo, xuño 08, 2014

Convocada a VIII Asemblea aberta das Marchas da Dignidade Ferrolterra - No Ateneo Ferrolán o martes 10 de Xuño, ás 19:30hs

As Marchas da Dignidade seguen o seu camiño, en Ferrolterra está convocada unha nova asemblea aberta, desta vez terá lugar nos locais do Ateneo ferrolán, na rúa madalena, 202-204, o martes, 10 de Xuño, ás 19:30hs. O Grupo Aberto de Traballo e Cordenación, elaborou unha proposta de guión para a citada reunión que pasamos a trancreber:

GUIÓN PARA A VIII ASEMBLEA ABERTA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE FERROLTERRA (10-06-2014)
1.- Acción do día 21 de xuño "Rodea o Parlamento":
  • Número de persoas apuntadas para ir a Compostela e valoración do número de buses a contratar.
  • Organización de pegadas de cartaces e reparto de panfletos.
  • Valoración e debate sobre se facemos algún tipo de acto público para presentar a acción: presentación, comunicado ou rolda de prensa.
2.- Cuestión financeira, tanto a nosa coma a da Plataforma Galega.

3.- Exposición e debate do acordado na asemblea da Plataforma Galega. [Vai nun arquivo].
4.- Quenda de palabras aberta.

--

Marchas da Dignidade Ferrolterra
Contacto: marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com  | Blogue de apoio ás Marchas de FerrolTerra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/ | Blogue Galego: http://marchasdadignidade.blogspot.com/ | Grupo no facebook:
https://www.facebook.com/groups/265451853621237/
 | Conta no facebook:
https://www.facebook.com/MarchasDignidade | No twitter:
https://twitter.com/galizaMarcha22M | Web Estatal: http://marchasdeladignidad.org/.

PAN, TRABALLO E TEITO - Á RÚA, QUE XA É HORA!!!

______________

As Marchas da Dignidade o sábado 21 de Xuño en Compostela, na manifestación 'Rodea o Parlamento'


O Parlamento Galego foi secuestrado polas mafias financieiras e, coa principal colaboración do PPSOE, están a roubar o que é do pobo para entregalo aos bancos e ás grandes empresas, moitas das cales instalan portas xiratorias para sentar nos seus consellos de administración aos mesmos que lles favorecen cando gobernan. O Parlamento Galego non está ao servizo das persoas, so serve aos intereses do poder económico. É hora de devolver o poder ao pobo, é tempo de recuperar o que é noso. Cando o Parlamento non cumple a súa función, carece de leximitidade.

No noso Parlamento se privatizan Servizos Públicos esenciais, como sanidade, servizos de emerxenza, educación, servizos sociais..., péchanse camas en hospitais, reducen persoal docente no ensino, privatizan servizos de rescate, despilfarran cartos públicos en obras inútiles e, en definitiva, tómanse decisións que levan ás persoas do común a unha situación de miseria e exclusión social. As leis que fai no parlamento o Partido Popular, e antes o PsdG, non resolven os problemas do pobo, so buscan favorecer a grandes corporacións aínda que sexa a costa da vida digna das persoas. Un goberno que permite que a súa poboación pase penurias, non é lexítimo e o pobo ten dereito a rebelarse contra él, tal e como dí a Declaración Universal de Dereitos Humanos.

Por iso, a Plataforma Galega das Marchas da Dignidade estará o día 21 de xuño diante do Parlamento Galego, porque queremos simbolizar que non está a representar ó pobo e somos o pobo os que iremos a rodealo, porque nos pertence, é noso, e temos a obriga de protexelo da mafia.
  • Polo dereito ao traballo.
  • Polos dereitos sociais e o dereito a unha Renda Básica.
  • Polo dereito a unha vivenda digna.
  • Polos servizos públicos, a sanidade e a educación.
  • Contra a corrupción, os corruptos e os corruptores.
  • Contra o pago da débeda ilexítima que nos afoga.
  • Contra a estafa e o roubo bancario.
Á RÚA, QUE XA É HORA!

AVISO:


Desde Ferrol, sairán buses, ás 10:30hs, desde as inmediacións da 'Praza 10 de Marzal', no barrio de Recimil, con paradas en Caranza, Fene e Cabanas.

Prezo do bus (ida e volta): 7 euros.
Reserva de billete e información: 655 544 422 e 657 905 945, ou no correo-e:
marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com



Marchas da Dignidade Ferrolterra
Contacto: marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com  | Blogue de apoio ás Marchas de FerrolTerra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/ | Blogue Galego: http://marchasdadignidade.blogspot.com/ | Grupo no facebook:
https://www.facebook.com/groups/265451853621237/
 | Conta no facebook:
https://www.facebook.com/MarchasDignidade | No twitter:
https://twitter.com/galizaMarcha22M | Web Estatal: http://marchasdeladignidad.org/.

PAN, TRABALLO E TEITO - Á RÚA, QUE XA É HORA!!!
____________

sábado, xuño 07, 2014

Autoconvocatoria polo fin da monarquía e a apertura dun proceso democrático onde a cidadanía e os pobos do Estado poidan decidir o seu futuro - Hoxe sábado 7 de Xuño, na Praza do Concello de Ferrol, ás 8 da tarde


Concentració e réxime de autoconvocatoria polo fin da monarquía e a apertura dun proceso democrático onde a cidadanía e os pobos do Estado poidan decidir o seu futuro

Sábado 7 de Xuño,  ás 8 da tarde, na Praza do Concello de Ferrol.

Por primeira vez o bipartidismo sufriu unha derrota electoral, nestas pasadas Eleccións Europeas.  Un bipartidismo sostén da monarquía, as oligarquías industrias e financeira, o sistema da desigualdade e as políticas neoliberais que nos empobrecen e matan. A apurada abdicación do Borbón, nunha situación de corrupción xeneralizada do réxime monárquico e neoliberal, asentado nun bipartidismo esgotado e tramposo, explica-se polo temor a que o sistema comece a facer auga e o pobo comece a tomar as rendas do seu futuro.

Máis de 50 mobilizacións en todo o Estado.

Tomar as rúas, tomar as prazas, polo dereito a decidir.

Que se vaia o Borbón!

Viva a República!

O pobo unido xamais será vencido!

____________

venres, xuño 06, 2014

O gaseiro 'LNG Cheikh el Mokrani', o 170 buque, cargado con miles de toneladas de GNL/LNG para Reganosa, anuncia a entrada na Ría de Ferrol este Sábado 7 de Xuño - O Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha nova acción de protesta o mesmo día


CONCENTRACIÓN SONORA EN FERROL,
 SÁBADO 7 DE XUÑO, ÁS 8 DA TARDE (NOVO HORARIO)
NA PRAZA AMADA GARCIA
DIANTE EDIFICIO DA XUNTA DE GALICIA

O gaseiro 'LNG Cheikh el Mokrani', é un buque de 222 m de eslora e 35 m de manga e  de calado 10.75 m. Cunha capacidade de 76.000 m³ de GNL. con bandeira de conveniencia das Bahamas. Son miles as toneladas de GNL/LNG, para a ilegal e perigosa Reganosa. Este buque metaneiro ten anunciado a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Sábado 7 de Xuño de 2014. Esta entrada, supon xa a 170, desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca unha acción de protesta e denuncia, consistente nunha Concentración Sonora, o mesmo Sábado ás 8 da Tarde, en Ferrol, na Praza Amada Garcia diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.

Hai pouco máis dun mes Reganosa anunciaba un novo despropósito contra a poboación que mora na contorna desta Ría. O negocio anunciado consiste un dispositivo que traslade á boca da Ría o GNL como combustíbel. Un negocio de Reganosa, apoiado pola Xunta de Galicia, subsidiado con diñeiro público. Proxectan un HUB de Gas Natural Licuado de Reganosa que fará de Ferrol unha enorme bomba de reloxería colocada dentro da nosa Ría, será  a construción dun surtidor de gas (gasoliñeira) na Ría de Ferrol, para buques que utilicen LNG/GNL como combustíbel.

Hai dous anos (11 de maio de 2012) que se ditou a Sentenza polo Tribunal Supremo, onde a planta xa foi declarada ilegal, en sentenza inapelábel.



Tras a Sentenza do Tribunal Supremo, que declara ilegal a localización de Reganosa, temos que esixir o fin desta ameaza e deste malgasto de cartos públicos. Temos que esixir o seu peche definitivo.
  • QUE SE CUMPRA A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO XA! 
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  • PECHE XA!!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA  !!

10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas?

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


Información baseada na enviada polo:

Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
5 de junho de 2014 15:46
_______________

En Ferrol o 6 e 7 de Xuño, III Xornadas sobre o Maltrato á Infancia e á Adolescencia - AGAMME - Pobreza e violencia estrutural

A Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME) organiza as “III Xornadas sobre o Maltrato á Infancia e á Adolescencia. Pobreza e violencia estrutural”, nas que contrastados investigadores e profesionais analizarán de qué maneira a actual política de recortes en servizos públicos está a afectar aos dereitos básicos da infancia. As charlas terán lugar no Ateneo Ferrolán (Rúa Magdalena 202-204), o venres 6 de xuño de 17.00h a 21.00h e o sábado 7 de xuño de 10.00h a 14.00h.

Como cada ano, a Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME), celebra as súas Xornadas sobre o Maltrato á Infancia e á Adolescencia que, dende unha perspectiva ampla e multidisciplinar, analizan aqueles problemas sociais afectan aos dereitos dos nenos e as nenas no noso país. Estas terceiras xornadas levan por título “Pobreza e violencia estrutural” e nelas profundizarase na perda de dereitos da infancia que o actual panorama socioeconómico está a causar, levando a un terzo dos nenos e nenas do Estado español aos lindes da exclusión social, tal e como recentes informes publicados veñen de constatar.

Deste xeito, a primeira cita das Xornadas, o venres 6 de xuño, componse dunha serie de relatorios que ofrecerán unha radiografía do actual contexto económico, político e social. As palestras darán inicio, ás 17.15h coa intervención de Diego Costoya, do xornal marxista El Militante, que ofrecerá unha análise da actual situación económico-política que nos leve a saber algo máis do que se agocha tras a tan nomeada “crise”. Ás 18.00h. o profesor David Álvarez, da Fundación para a Ciencia e a Tecnoloxía de Portugal, afondará dende un punto de vista da epidemioloxía social as distintas tipoloxías de violencia que se están a dar na sociedade contemporánea. Xa ás 19.15h chegaralle a quenda a Fernando Blanco, membro de Esculca. Observatorio Galego dos Dereitos Humanos, que nos falará dos centros de menores en Galiza, baixo o título “Centros ou cárceres de menores?”. Para rematar esta primeira parte das xornadas, Santiago González Avión, sociólogo e membro da Asociación Diversidades falaranos da transmisión xeracional da pobreza en Galiza.

A segunda parte das xornadas, desenvolverase na mañá do sábado 7 de xuño, e analizará os efectos que a actual política de austeridade e recortes en servizos públicos está a provocar en nenos, nenas e adolescentes. Para comezar, ás 10h, celebrarase unha mesa redonda sobre educación, na que participarán Guillermo Díaz, do Sindicato de Estudantes, Xabier Sánchez, da Federación ANPAs de Ferrolterra, e Lupe Ces do CEIP M. Masdías de Ferrol. A seguir, ás 11h, analizaranse os principais problemas que deben afrontar os nenos e nenas discapacitados, nun relatorio que correrá a cargo de Lidia Martín, traballadora da Asociación Sociocultural “ASCM” de Persoas con Discapacidade. Ás 11.20h tócalle a quenda a Beatriz Dorrío, psicóloga do Patronato Concepción Arenal, que nos falará dos nenos inmigrantes, da perda de dereitos legais e das afeccións psicolóxicas que experimentan as crianzas que teñen que deixar o seu país de orixe. Xa ás 11.40h, da man de Inacio Martínez, de STOP-Desafiuzamentos afondaremos na perda do fundamental dereito á vivenda.

Logo dunha pausa para o café, afrontaremos a recta final das III Xornadas sobre o Maltrato á Infancia e á Adolescencia. Pobreza e violencia estrutural. Ás 12.30h Raúl Asegurado, educador nun centro de menores, falaranos de protección de menores. Ás 12.50h, Inés Fernández, da ONG Médicos del Mundo, analizará as dificultades para o acceso á cobertura sanitaria dos máis pequenos no Estado español. Por último, ás 13.10h, Cristina Martínez, de Mulleres Xuristas Themis, afondará en cómo a actual política de recortes afecta á defensa legal das crianzas. Ao remate desta última intervención, abrirase un debate co público asistente, no que participarán todos os profesionais e especialistas que interveñen nesta xornada do sábado.

Dende a Asociación Galega contra o Maltrato a Menores agradecemos a asistencia e difusión das Xornadas. Enviamos adxunto o cartel das mesmas e o díptico coa información puntual de cada intervención. Se desexan máis información poden solicitala nos teléfonos 636142012 / 616035193 ou no enderezo electrónico agammeferrol@gmail.com.

Web da asociación:
http://www.agamme.org/




Enviado por:
Foro Social de Ferrol Terra
-forosocialdeferrolterra@gmail.com-
5 de junho de 2014 11:25
_______________

venres, maio 30, 2014

Presentación en Ferrol do libro 'Guía para o desecenso enerxético", da asociación Véspera de Nada', por unha Galiza sen petróleo - No Ateneo Ferrolán, o mércores 4 de Xuño, ás 8 da tarde


PRESENTACIÓN DO LIBRO: “GUIA PARA O DESCENSO ENERXÉTICO”


Todo o que nos rodea está impregnado de petróleo: desde os alimentos que comemos ata os medicamentos que nos sanan. Mais o consumo inxente que practicamos desde hai décadas levounos a alcanzar o teito do petróleo, estancar a súa extracción e alcanzar unha máxima inevitable: cada vez temos menos cru e o pagamos máis caro.
As consecuencias son palpables: vivimos un colapso financeiro e dos mercados, conflitos políticos e sociais, colapso do sistema sanitario e crise cultural e de valores. A rebelión preséntase como única vía para transformación a realidade, apostando polo decremento e o consumo sustentable. Así o cree o colectivo Véspera de nada, que vén de publicar esta Guía para o descenso enerxético, con consellos para que as galegas e galegos comecemos a construír unha Galiza sen petróleo.
Pero, estamos preparados para dispoñer de menos enerxía? Son as renovables un substituto real do petróleo? Está a sociedade industrial e de consumo actual condenada á desaparición? Estamos listos para liderar unha transformación socieconómica e cultural? É posible unha Galiza post-petróleo?

PRESENTACIÓN DA GUÍA EN FERROL.

DATA: MÉRCORES 4 DE XUÑO DE 2014.
HORA: 20:00hs
LUGAR: ATENEO FERROLAN (Rúa Magdalena 202-204 Ferrol)

PRESENTA: Bernardo Maiz (Historiador)

INTERVEÑEN:
  • Manuel Rei (Mecenas da guia).
  • Begoña de Bernardo (Enxeñeira Agrónoma e membro de Vespera de Nada)
  • Xoan Doldan (Economista e Presidente de Vespera de Nada)
---

Máis información:

http://galiza.pospetroleo.com/

Asociación Véspera de Nada, por unha Galiza sen petróleo:
http://www.vesperadenada.org/

Evento no facebook:
https://www.facebook.com/events/286630841513316/?ref_dashboard_filter=upcoming&source=1

Enviado por:
miguelanxo@sapo.pt
-miguelanxo@sapo.pt-
25 de maio de 2014 17:32
___________