venres, abril 17, 2015

Foro: En común, xuntando mans para gañar en benestar e saúde, acto organizado por Anova en apoio á candidatura de Ferrol en Común


Foro Anova sobre Benestar e Saúde


Anova-Ferrol organiza o Foro: En común, xuntando mans para gañar en benestar e saúde, que terá lugar o luns 20 de abril, as 18.00 h, na Sala de exposicións do Ateneo Ferrolán. Un acto en apoio á candidatura de Ferrol en Común.

A este foro foron convidadas entidades e persoas directamente relacionadas co tema.

Animámosvos a acudir!

Anova-Ferrol
http://anova.gal/

Conta no facebook:
https://gl-es.facebook.com/anova.ferrol.7

Conta no twitter:
https://twitter.com/anova_ferrol


Información baseada na enviada por:
Anova Ferrol
-ferrol@anova.gal-
17 de abril de 2015 09:32

_____________

O TTIP e as ameazas máis importantes para a sanidade pública - Porque mobilizar-nos contra o Tratado Transatlántico de Comercio e Investimentos entre a Unións Europea e os EEUU - En Ferrolterra, o 18 de Abril, ás 12:30hs na Praza de Armas


CONTRA DO TRATADO DE LIBRE COMERCIO


Desde xuño de 2013 a Comisión Europea,  e o Departamento de Comercio de EE UU están negociando unha Asociación Transatlántica para o Comercio e o Investimento (TTIP), que non se aprobará antes de 2016. Esta negociación caracterizouse pola opacidade e a falta de transparencia malia que os acordos afectan aos cidadáns.  A crise económica é a xustificación dun proxecto que pretende liberalizar as relacións comerciais USA UE, aínda que en realidade está dirixido a consolidar normas e lexislacións que amparan aos fondos de investimento e ás grandes empresas multinacionais.

Este Tratado e unha continuación dos Acordos da Organización Mundial do Comercio e a Unión Europea sobre Liberalización de Servizos que supuxeron a privatización dos servizos públicos  na UE.  O TTIP pon os intereses das multinacionais  por diante dos dereitos cidadáns.

O proceso de negociación con conta coas organizacións da sociedade civil como sindicatos, organizacións ecoloxistas, veciñais, de consumidores e ata dos gobernos elixidos democraticamente (negóciao a Comisión Europea que non esta sometida ao control do Parlamento Europeo). Sen embargo as multinacionais e os lobbies de presión han tido a  oportunidade de participar e influenciar nas propostas.

Principais claves do acordo:
  • Limitar a soberanía dos gobernos facilitando as demandas das multinacionais para a posta en práctica de políticas que afecten aos seus intereses.
  • Outorgar ás grandes empresas amplas facultades para impugnar novas leis polos gobernos, o que fará irreversibles ás privatizacións dos servizos públicos..
  • Abrir aos mercados sectores crave dos países europeos como a enerxía, as patentes, a sanidade pública, ou a soberanía alimentaria.
  • Desregular os servizos financeiros, coa eliminación das restricións en materia de transaccións financeiras e da comercialización de produtos financeiros derivados (un dos desencadéantes da crise).
  • Desenvolver o chamando Mecanismo de Solución de Diferenzas entre Inversor e Estado (ISDS), con normas para protexer a seguridade xurídica dos inversores que inclúe disposicións contra a expropiación de servizos de interese público ou a libre circulación e transferencia de fondos.
Os obxectivos en materia sanitaria do Tratado están dirixidos a eliminar medidas reguladoras (non arancelarias) que afectan ao comercio:  Condicionar as normas europeas que obrigan á transparencia dos ensaios clínicos dos laboratorios farmacéuticos; reducir as regulacións ambientais e alimentarías que garanten a calidade e seguridade dos mesmos;  incrementar os dereitos de propiedade intelectual das empresas farmacéuticas prolongando os períodos das patentes de medicamentos e innovacións tecnolóxicas; e protexer o investimento das empresas privadas nos sistema sanitarios.

As ameazas máis importantes para a sanidade pública contidas no Tratado son:
1º. - Os gobernos non poderán recuperar os servizos externalizados ou privatizados, aínda que sexan un desastre e os seus gastos exorbitantes (como os hospitais PFI de Madrid ou de Vigo, que multiplican por sete o seu custo real).  As empresas poderán protexer os seus investimentos cun Arbitraxe Inversionista - Estado, que outorga ás corporacións o dereito de demandar a un goberno que tome decisións que danen as súas ganancias, á marxe dos tribunais nacionais de xustiza.  A concesión de indemnizacións dos investimentos das empresas nos sistemas sanitarios públicos supoñerá unha seria ameaza para a capacidade dos gobernos de intervir na defensa do interese público.

2º.- Os gobernos non poderán fixar prezos para os produtos farmacéuticos, promover medicamentos xenéricos, aplicar programas para control do tabaquismo ou da seguridade e calidade dos alimentos:
  • Prolongar o tempo de vixencia das patentes dos medicamentos a máis de 20 anos.
  • Atrasar a entrada dos xenéricos no mercado.
  • Reducir os requisitos para as patentes, para facilitar a comercialización das innovacións biotecnolóxícas.
  • Incrementar o período de protección dos datos dos medicamentos biolóxicos a máis de 12 anos (entre 4 8 na actualidade).
  • Garantir a presenza dos laboratorios nos organismos estatais  que fixan as políticas de prezos (Dirección Xeral de Farmacia e Axencia Española do Medicamento), mediante as chamadas Garantías Procesáis.

3º.- A Converxencia Regulamentaria esta dirixida a suplantar a  OMS no establecemento de normas de rexistro, calidade, seguridade e eficacia dos medicamentos, en función dos intereses das multinacionais.

4º.- Crear un Comité Industria-Gobernos para monitorizar o cumprimento do acordo (patentes, normas de xenéricos, fixación de prezos e reembolsos).
Todas estas medidas incrementarán de xeito brutal os gastos sanitarios, poñerán en risco a sustentabilidade dos sistemas sanitarios públicos, dificultarán o acceso aos medicamentos, aumentarán a irracionalidade do sistema, e afectarán á saúde da poboación xerando maior mortalidade e carga de enfermidade.


Principais consecuencias:
  • Diminución das esixencias de seguridade para os consumidores (comercialización dos alimentos transxénicos ou a desinfección de poios mediante cloro , prohibidos en Europa e aprobados en Estados Unidos).
  • Recortes e perda de control público en educación formación, desenvolvemento científico e dereitos de propiedade intelectual, ao servizo das grandes corporacións privadas.
  • Precarización das condicións laborais e salariais dos traballadores sanitarios, destrucións de emprego nos servizos sanitarios e sometemento da súa actuación aos intereses empresariais.
  • Desaparición das regulacións medio ambientais que garanten a saúde pública como a autorización do fracking para obter gas do subsolo utilizando produtos químicos, que poden contaminar os acuíferos ou as prospeccións petrolíferas sen control.
Por todo  isto esiximos a paralización das negociacións do tratado.

Chamamos a cidadanía galega a apoiar ás mobilizacións  do  18 de abril, na Xornada Global contra el TTIP.

Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública

Enviado pola:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
16 de abril de 2015 23:28

http://www.plataformadspferrol.blogspot.com

_______

FERROLTERRA NA MOBILIZACIÓN GLOBAL DO SÁBADO 18 DE ABRIL

Ás 12:30hs na Praza de Armas, diante do palacio Municipal de Ferrol

Facemos un chamamento á cidadanía de Ferrolterra e a todas as organizacións presentes na cidade a que se mobilicen o 18 de abril contra este tipo de tratados de libre comercio que pretenden facer máis efectivo o trasvase de riqueza cara as elites.

En Ferrolterra sumámonos cunha Concentración - Acción - Asemblea Popular Aberta, na Praza de Armas.

Á diversidade de tácticas e accións solidarias que se preparan a redor de todo o planeta para contribuir a informar buscando a participación e mobilización da xente, rumbo a un novo modelo económico e de comercio que funcione para o beneficio de todas as persoas e o planeta, agora e no futuro.

Non ao TTIP !!

________________________

Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública denuncia o rocambolesco despedimento do Xerente da EOXI de Vigo, sen ningunha explicación máis ou menos racional - Este cese é un paso máis no caos de xestión do proceso de construción do Novo Hospital co financiamento privado

Diante da información aparecida na prensa de que Mario González foi cesado como Xerente da EOXI de Vigo, de xeito precipitado, sen esperar sequera á recepción da obra do Novo Hospital polo SERGAS, desde a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública queremos comunicar que:

1.- Este cese é un paso máis no caos de xestión do proceso de construción do Novo Hospital co financiamento privado. Este cese/dimisión imprevisto reflexa perfectamente a incapacidade da Consellería para xestionar con criterios de racionalidade a nova infraestrutura, tan necesaria para corrixir os déficit sanitarios da área de Vigo.

2.- Aos problemas de financiamento, aos atrasos de máis de 3 anos na entrega do proxecto por falta de fondos da Concesionaria; aos recortes de camas, módulos, superficie e equipamento; ao traslado do laboratorio; á perda de servizos de referencia en favor do Complexo Hospitalario de Santiago e de POVISA; ao mantemento da empresa de xestión privada GALARIA; e ao falseamento e ocultación dunhas listas de espera desproporcionadas, engádese agora o rocambolesco despedimento do Xerente, sen ningunha explicación máis ou menos racional.

3.- Esta decisión envolta de opacidade, rumoroloxía e sospeitas supón unha nova burla aos profesionais e traballadores do CHUVI e do conxunto da área, (que soportan todo tipo de decisións que lesionan os seus dereitos e a súa dignidade laboral) e sobre todo á cidadanía da área que leva anos padecendo uns servizos insuficientes para as súas necesidades, sen que desde a Administración do PP se lles proporcione a máis mínima explicación, pese a pagar estes recursos cos seus impostos.

4.- Desde a Asociación esiximos da Conselleira de Sanidade que, de xeito inmediato, ofreza unha información transparente, que explique que está pasando no Hospital, cales son os motivos do cese do xerente, e as causas do atraso na entrada en funcionamento do Novo Centro.

Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública

16 de abril, de 2015

Enviado pola:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
16 de abril de 2015 23:23

http://www.plataformadspferrol.blogspot.com

_______

Presentada unha batería de iniciativas no Parlamento Galego, a través da Alternativa Galega de Esquerda (AGE), contrarias á ampliación de Reganosa


O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, informa que foron presentada unha batería de iniciativas no Parlamento Galego contrarias á ampliación de Reganosa a través da Alternativa Galega de Esquerda (AGE).


Polo referido, o grupo parlamentar da AGE presenta a seguinte interpelación:
- Apoia o goberno galego a construción dun novo tanque e a ampliación das capacidades gasísticas da planta de gas de Reganosa malia ser unha instalación ilegal, perigosa e innecesaria?

- Como apoia a Xunta unha ampliación da capacidade de regasificación cando a demanda de gas está a caer e a ráteo de utilización da planta de Reganosa cae cada ano?

- Que previsión de investimento manexa a Xunta para a totalidade do proxecto de amplaición da planta de gas radicada no interior da ría de Ferrol?

- Que previsión de axudas públicas tería ese proxecto de ampliación das capacidades de regasificación nas diversas formas de axudas, exencións e bonificacións?

- Non contempla a Xunta realizar os trámites oportunos para conquerir o deamantelamento da planta de gas de Reganosa no interior da ría de Ferrol?
Polo referido, o grupo parlamentar da AGE presenta a seguinte proposición non de lei:
- O Parlamento Galego insta á Xunta a que denegue os permisos oportunos para ampliar as capacidades de almacenamento e regasificación da planta de gas de Reganosa.

- O Parlamento Galego insta ao goberno da Xunta a realizar as accións oportunas para desmantelar a planta de gas de Reganosa do seu emprazamento no interior da ría de Ferrol.

Comité Cidadán de Emerxencia: Iniciativa contraria á ampliación de Reganosa

Engadimos documento da iniciativa do Grupo AGE no Parlamento de Galicia, contra a ampliación da Planta de Gas de Reganosa (e restantes documentos ampliatorios desta iniciativa, para maior información).

Documentos

Achegamos o enlace, aos Arquivos Ártabros, para Acceder/Baixar, cinco documentos -en formato pdf- coas iniciativas de AGE presentadas no rexistro do Parlamento o 16 de Abril de 2015:
Prescrita Reganosa C VI 090036342, 3 páxinas. | Pregunta para a súa resposta escrita, relativa a pretensión de ampliar as instalacións da planta de gas de Reganosa. | Acceder/Baixar.

PC Reganosa C VI 090036343, 3 páxinas. | Pregunta para a súa resposta oral en Comisión, relativa a pretensión de ampliar as instalacións da planta de gas de Reganosa. | Acceder/Baixar.

PNC Reganosa C VI 090036341, 3 páxinas. | Proposición non de lei para o seu debate na Comisión VI, relativa a pretensión de ampliar as instalacións da planta de gas de Reganosa (Para o seu debate en Comisión). | Acceder/Baixar.

PNC Reganosa C VI 090036340, 3 páxinas. | Proposición non de lei para o seu debate na Comisión VI, relativa a pretensión de ampliar as instalacións da planta de gas de Reganosa (Para o seu debate no Pleno). | Acceder/Baixar.

INT Reganosa C VI 090036339, 3 páxinas | Interpelación, relativa a pretensión de ampliar as instalacións da planta de gas de Reganosa. | Acceder/Baixar.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.

Información baseada na enviada polo:

Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
16 de abril de 2015 20:36
_______________

Socialismo Democrático de Ferrol apoia o acto unitario da Plataforma Cidadá contra o TTIP que se celebrará o sábado 18 de Abril e denuncia "a vergoñenta, infame, clasista e ideolóxica Amnistía Fiscal os ricos"

Socialismo Democrático de Ferrol Apoia e Participará na Concentración do Vindeiro Sábado 18 de Abril as 12:30 na Praza de Armas convocada pola Plataforma Cidada de Ferrolterra contra o Tratado de Libre Comercio( TTIP) pra rexeitar este Tratado.

Socialismo Democrático de Ferrol apoia, sumase e participara na Concentración do Vindeiro Sábado 18 de Abril as 12:30 horas na Praza de Armas de Ferrol convocada pola Plataforma Cidadá de Ferrolterra contra o Tratado de Libre Comercio (TTIP) pra rexeitar e opoñerse a este Tratado. O portavoz de Socialismo Democrático de Ferrol Celso Posada fai un chamamento a toda a cidadanía de Ferrolterra a que acuda, participe e apoie esta Concentración contra un Tratado de Libre Comercio Neoliberal, antisocial, antidemocrático e lesivo, un tratado en palabras de Posada escurantista que e un golpe de estado das multinacionais e grandes corporacións americanas contra a democracia, contra a clase traballadora, contra a Soberanía Nacional dos estados, contra os servizos públicos (Sanidade, Ensino) e contra o medio ambiente e que unicamente traerá recortes salvaxes nos dereitos sociais e laborais, privatización dos servizos públicos, precariedade laboral, paro, pobreza e desigualdades sociais. Socialismo Democrático de Ferrol participa na Plataforma Cidadá de Ferrolterra Contra o Tratado de Libre Comercio e rexeita e oponse rotundamente o Tratado de Libre Comercio (TTIP).

Socialismo Democrático de Ferrol Exise a Dimisión Inmediata do Ministro de Facenda Cristóbal Montoro pola sua vergoñenta, infame, clasista e ideolóxica Amnistía Fiscal os ricos

Socialismo Democrático de Ferrol a través do seu Portavoz Celso Posada esixe a Dimisión Inmediata do Ministro de Facenda Cristóbal Montoro pola súa vergoñenta, infame, clasista Amnistía Fiscal os ricos, as grandes fortunas e grandes empresas. Celso Posada Portavoz de Socialismo Democrático de Ferrol di que o Ministro de Facenda Cristóbal Montoro coa súa clasista, infame ideolóxica e vergoñenta Amnistía Fiscal permitiu o fraude fiscal das grandes fortunas e grandes empresas, permitiu que personaxes corruptos como Bárcenas, Pujol e Rodrigo Rato evadiran impostos, tiveran o seu diñeiro en paraísos fiscais ou branquearan o seu capital. Posada denuncia que a Amnistía Fiscal do Ministro de Facenda Cristóbal Montoro o que buscaba unicamente era incrementar os privilexios e as ganancias das elites económicas e financeiras e que estas cada día incrementaran mais e mais os seus beneficios mentres que as clases traballadoras o Ministro Montoro súbelles infamemente os impostos, báixalles salvaxemente os seus salarios e condénaas coa reforma laboral do PP á precariedade laboral, ao paro e a traballar en traballos precarios, temporais e con soldos de miseria.

Socialismo Democrático de Ferrol é unha corrente política conformada por militantes de base do PSdeG PSOE.

Web oficial da corriente a nivel estatal:
http://socialismodemocratico.org/

Enviado por:
celso posada
-celsoposada2006@hotmail.com-
16 de abril de 2015 23:01
_________________

Convocada unha nova concentración ante o anuncio da entrada do LNG 'Castillo de Villalba', cargado con gas para a ilegal e perigosa Reganosa - Na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, este Lúns 20 de abril 2015, ás 7 da Tarde

CONCENTRACIÓN SONORA EN FERROL,
 LUNS 20 DE ABRIL, ÁS 7 DA TARDE
DIANTE DO EDIFICIO ADMINISTRATIVO DA XUNTA
NA PRAZA AMADA GARCIA

O "LNG Castillo de Villalba" (Posición Actual), ten prevista a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Luns 20 de Abril de 2015. Un buque gaseiro, de GRANDE PORTE máis de 284 metros de eslora, 42,50 de manga, un puntal de 57,70 e un calado de 11,4m, que pode cargar sobre uns 138.000 de m³ de gas natural licuado (LNG / GLN). O "LNG Castillo de Villalba" vai enfilar a súa proa para entrar pola bocana da Ría e cruzar o angosto, estreito, de pouco calado e de fondo rochoso canle de máis de 4.000 metros (con miles de toneladas de GNL abordo), até chegar ao pantalán de descarga do peirao de punta Promontorio, situado no termo municipal de Mugardos, onde Reganosa coa complicidade de políticos sen escrúpulos construíu unha planta de gas que nos ameaza todo-los día, aumentando exponencialmente esta ameaza sempre que entra na Ría un buque destas características cargado para a perigosa e ilegal planta regasificadora de Mugardos (Punta Promontorio). De entrar este buque, será o número 192 que descarga, desde que o fixera o "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca unha acción de protesta e denuncia, consistente nunha Concentración Sonora, o mesmo Luns ás 7 da Tarde, en Ferrol, na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.


Foto de Romarin, tirada do blogue de Juan Carlos Díaz Lorenzo, | O LNG Castillo de Villalba no Porto de Mugardos, con O Seixo no fondo.

Xa van facer tres anos desde que o 11 de Maio de 2012 se ditou a Sentenza polo Tribunal Supremo, onde a planta xa foi declarada ilegal, en sentenza inapelábel. O 15 de Setembro de 2014, foi admitido a trámite, polo Tribunal Supremo, o Recurso de Casación contra a decisión da Xunta de Galicia e o Concello de Mugardos que denegan a nulidade do novo PXOM en execución da mencionada Sentencia.

Tras a Sentenza do Tribunal Supremo, que declara ilegal a localización de Reganosa, temos que esixir o fin desta ameaza e deste malgasto de cartos públicos. Temos que esixir o seu peche definitivo.
  • QUE SE CUMPRA A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO XA! 
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  • MÓVETE CONTRA A IMPUNIDADE !!
  • PECHE XA!!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA  !!
10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas?

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


Información baseada na enviada polo:

Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
16 de abril de 2015 20:31
_______________

xoves, abril 16, 2015

Piñeiros: Pepe Grandal, ... Por Xaquín Campo Freire

Por Xaquín Campo Freire [*]
16.04.2015


PIÑEIROS: PEPE GRANDAL

Unha comunidade humana que se aprecie, teña sentido de si mesma e queira sobrevivir, ten de mirar sobre si, volver ao pasado e recoñecerse nas figuras máis senlleiras da súa veciñanza.

Coñecín a Pepe Grandal a pouco de chegar a Piñeiros no ano 1968. Presentoumo Emilio Gómez, do Estanco, e ben que llo agradecín.

Tardei aínda un tempo en ir collendo confianza con el pois Pepe Grandal non era un botado para adiante, nin un “falabarato”. Grandal, así o coñeciamos todos na veciñanza, era un home calado, moi observador, sempre de traxe e garabata, elegante sen afectación, culto e de formas cultivadas. Honrado a carta cabal. Un amigo excelente que nunca che faría unha traizón e que con educación che manifestaba se as cousas as vía torcidas ou ían ás avesas. Non casaba coas inxustizas, nin coas mentiras, nin coas calumnias. En resumo, era un home de peso.

Fora moi deportista nos seus anos novos e aínda conservaba a súa debilidade polo ciclismo. Nada que ver a bicicleta que el posuía coas sofisticadas de hoxe. Pero el sempre tivo, para aqueles tempos, unha boa “máquina” e percorreu boa parte da Galiza dando pedal. Coñecía perfectamente todas as estradas de daquela e sabía moi ben dos puntos duros, deses chamados “rompe pernas”, incluídas as fochas, que máis dunha vez lle deron desgustos. Por iso, xa maior, viámolo aínda achegarse a Ferrol, Xuvia, Neda ou outras paraxes das contornas. E, de volta, viña tan “pichi”, coma se tivese quince anos.

Sabía ir en compaña pero principalmente era un lobo solitario e pasábao moi ben, pois a onde chegase alí lle esperaban sempre amigos que moito se alegraban cos seus saúdos e visitas.

Eu sei que a Pepe Grandal, naqueles tempos da república, guerra e ditadura franquista, fixérono sufrir abondo xentes pouco de fiar, precisamente por ser calado e non “chivatear”. Quixérono utilizar de todos os lados pero el mantívose sempre no seu ser de home de peso. Por iso o perseguiron.

Iso non quere dicir que cando houbo que arrimar o lombo non se comprometese a fondo e con palabras ben meditadas e pensadas.

Poñerei dous casos ben significativos: O apeadeiro de Piñeiros. Só el sabe canto traballou, visitou, falou, conversou para convencer do interese  comunitario deste novo servizo comunal. Tal vez sexa agora cando de verdade nos damos conta da súa utilidade. Incluso alguén pode pensar que se lle debe a FEVE e ao seu proxecto inicial. Nada máis lonxe da realidade. Iso si. Cando a inauguración, os que se puxeron para a foto e se atribuíron os méritos pouco tiñan que ver co asunto, salvo algúns que traballaron para impedir que se fixera. Aquel día Pepe Grandal estivo, coma sempre, discreto, calado, silencioso, entre a xente. Dábase por pagado coa consecución da súa teima. Ben merece Pepe Grandal unha placa de recoñecemento ou algo mellor que non se poida destruír e garde a súa memoria imperecedoira para cantos vindes detrás ou chegades doutras latitudes. Incluso podería ser o nome oficial: “Apeadoiro Pepe GrandaL. PIÑEIROS” . A ver se non se queda en palabras e entre todos o facemos posíbel. Merecido o ten. Eu apúntome.

O segundo feito foi o compromiso contra do abuso a Marujita Novo cando a viron o suficientemente soa e desamparada para “chaparlle” as súas terras. Asunto ben feo foi aquel. Pepe Grandal, xunto con outros veciños honrados, estivo á fronte da defensa do débil. Aí están aínda Ofelia, a titora,  Emilio, Tolín e moitos outros, para testificaren canto se fixo para que o peixe grande non abusase e comese á vítima indefensa. Grazas a eles todos, tamén a D. Pedro Roca Alcalde, Marujita tivo unha vida máis pacifica e volveu a ter un sorriso na cara. Que Deus llelo pague a todos. Eu tamén lles estou agradecido.

XAQUÍN CAMPO FREIRE. MANDIÁ, 15-04-2015.

[*] Xaquín Campo Freire [Xaquín da Roca],  Narón 1937, é un relixioso galeguista. Graduado social, ATS pola Universidade de Santiago de Compostela, a diplomatura en Xerontoloxía Social pola Universidade Complutense de Madrid e é licenciado en Teoloxía Pastoral Sanitaria, pola Universidade Camillianum de Roma dende 2005. É membro do consello de redacción da revista Encrucillada así como membro ordinario da AELG. Traballou de enfermeiro no PAC de Fene e de capelán de Residencia de Anciáns. Na actualidade é director do Centro de Acompañamento e Relación de Axuda e da Escola de Saúde e Centro de Escoita Activa Mons. Araúxo.

Enviado por:
Xaquin Campo Freire
-xaquinderoca@mundo-r.com-
15 de abril de 2015 17:47

Como vai a vida? Saudiños. Hai figuras na nosa bisbarra perdidas na historia da memoria ou na memoria da historia. Xa nos sei ben en cal delas ou nas dúas tal vez. Pero un día xorden con forzan  e non deixan acougar. Velaí unha delas que xa finou hai tempo. Pero a súa obra segue aí, por máis que moitos xa non o saiban. Por iso quero facer memoria de Pepe Grandal, de Piñeiros, Narón. Moitos han de agradecerlle ao noso xornal que se fale del. Meréceo. Unha aperta e a seguir. Xaquín Campo Freire.

_________________

mércores, abril 15, 2015

Lídia Senra Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe): "Queremos un proceso constituínte que garanta o dereito dos pobos a decidir"


"Queremos un proceso constituínte que garanta o dereito dos pobos a decidir"
. | Sigue estando vixente a realización dun referendo para que a cidadanía e os pobos podamos decidir. | Lídia Senra sinala que é "un completo anacronismo" que en pleno século XXI a xefatura dun Estado se transmita por herdanza.

A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, rexeitou entrevistarse mañá co monarca español Felipe VI durante a visita que este realizará ao Parlamento Europeo, xuntanza solicitada dende a Representación Permanente de España ante la Unión Europea. Esta mesma decisión foi tomada pola totalidade das deputadas/os que integran a delegación europarlamentaria da Esquerda Plural, onde AGEe está integrada, así como por outras organizacións políticas estatais como Bildu.

Para Senra, "é fundamental que se impulse a celebración dun referendo no Estado Español arredor da existencia da monarquía, que permita á cidadanía elixir libremente a forma de Estado que prefire", ao mesmo tempo que abra un proceso constituínte "que recoñeza o dereito a decidir dos pobos que conforman a súa realidade plurinacional".

Dende AGEe consideramos que é necesario que dende a sociedade europea loitemos con contundencia para definir e traballar por unha democracia plena, real, que a día de hoxe fica diluída baixo unha ditadura financeira que antepón os intereses do Capital por diante dos dereitos das persoas.

Unha estrutura de goberno que realmente resposte ás necesidades e demandas da cidadanía "ten que permitir someter a debate e a sufraxio os elementos esenciais do propio sistema de goberno, en Europa e nos Estados membros", recalcou Lídia Senra, "e para iso é imprescindíbel que garanta o dereito dos pobos a decidir sobre o seu futuro e sobre a maneira en que desexan relacionarse cos Estados dos que hoxe fan parte".

"O actual xefe do Estado non foi elixido por ninguén. En pleno século XXI non ten ningunha xustificación que a xefatura do Estado sexa transmitida por herdanza. É un completo anacronismo", valorou a eurodeputada de AGEe.

"Como nacionalista galega", proseguiu, "dende o Parlamento Europeo teño a responsabilidade de loitar para que a nosa nación poda decidir en pé de igualdade con outros pobos o modelo de Europa que queremos, un modelo que ten que garantir os dereitos da sociedade en xeral e das clases populares en particular, recoñecendo e garantindo tamén especificamente os dereitos das mulleres e resolvendo a actual situación de desigualdade; un modelo dende logo moi afastado do que actualmente representa Felipe VI".

Bruxelas, 14 Abril 2015.

Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL)


[*] Lidia Senra, eurodiputada, da Alternativa Galega de Esquerda en Europa, no Grupo Confederal da Esquerda Unitária Europeia/Esquerda Nórdica Verde (AGEe - GUE/NGL).
|
Tlf: 609 845 861
|
lidia.senra@europarl.europa.eu



Máis información en
:
Información baseada na enviada por:
AGEe Europa
ageeneuropa@gmail.com
14 de abril de 2015 18:19

________________

martes, abril 14, 2015

A Marea Ártabra facendo camiño, construíndo o poder popular

Perante estes últimos días a @MareaArtabra desenvolveu intensa actividade, para o grupo innovador que aspira a ser Marea, convertir-se en movemento socio-político e entrar con forza na institución municipal nas vindeiras eleccións locais do 24 de Maio.


No @ateneoferrolan falando da sua problematica e do programa cultural de @MareaArtabra | 09.04.2015

O venres pasado, 9 de abril, un nutrido grupo de compañeiras e compañeiros da #MareaArtabra reuniron-se no Ateneo Ferrolán con parte da Xunta Directiva da entidade cultural. Para escoitar en viva voz os problemas que afronta a entidade con respecto ao conflito que trae co goberno municipal do Partido Popular, centrado no usufruto do local social e o patrimonio da entidade, pechado en catro contedores, porque o goberno de José Manuel Rey Varela, non se quere facer cargo da recuperación do mesmo, unha vez que remataran as obras de rehabilitación do edificio da entidade. A @MareaArtabra, antes de ter lugar a referida xuntanza, emitiu un comunicado público fixando a súa posición.


A #MareaArtabra amosa o seu apoio aos traballadores das contratas de Movistar/Telefónica. | 10.04.2015

Na tarde do 10 de abril, membros da @MareaArtabra escoitaron a problemática das traballadoras e traballadores das empresas contratas, subcontratas, e autonom@s que pretan servizo aos clientes de Movistar/Telefónica, logo amosarón o seu apoio e solidariedade. Compromentendo-se a incidir en difundir a loita e facer propias as súas xustas reivindicacións.


Pola mañá do sábado, no feirón do Inferniño repartindo volantinas da @MareaArtabra | 11.04.2015

Un grupo de compañeiras e compañeiros da @MareaArtabra estiverom polo Feiron do Inferniño, na praza que lle puxeron o nome de "Porta Nova", deslocalizando este nome que pertence orixinariamente ao que corresponde ao lugar que agora leva o nome de Praza de España. Vamos que pola mañá no feirón do Inferniño repartindo volantinas da @MareaArtabra.


As 6 da tarde do mesmo sábado, tiña lugar unha importante charla-debate co titulo 'Que pasa coa Ría de Ferrol?', onde participaron a artista e activista Meli Criado e o activista social, ecoloxista e biólogo Joam Ferreiro. O acto desenvolveu-se no local da @MareaArtabra. | 11.04.2015

Falamos do estado da Ría (algúns tweets do acto).

A quenda de @melicriado.
"estam fazendo barbaridades co nosso territorio" ... "estam destrozando todo e nom hai nada que nos beneficie colectivamente" ... "a terminal de contenedores é impossível tecnicamente no porto exterior" ... "ninguém para isto porque os fondos europeios som cuantiosos" ... "nem o carbom, nem os contenedores, nem o papel e a madeira de Perez Torres, justifica a destruçom do territorio" ...

A quenda agora do biólogo da Confraria de Barallobre, Joam Ferreiro.
"o sistema de saneamento que se está construindo nom vai conseguir um saneamento integral" ... "o sistema de saneamento só vai conseguir parar as sancions da UE, pero nom sanear a ria" ... "Navantia, Forestal do Atlantico e Reganosa som outros actores do dano medioambiental da nossa ria" ... "somos a ria mais contaminada de Galiza" ... "o 95% das augas catalogadas como zonaC de todo o estado estam na Galiza" ... "as bateas de depuraçom do marisco das zonas C som umha irresponsabilidade" ... "estamo—nos cargando a ria, origem e razom de ser desta comarca" ... "entre os verquidos e os recheios estam acabando coa ria, hoje é possivel cruza—la a pé na altura das Pias" ... "os recheios de Megasa, ou os de Reganosa desfigerom os bancos marisqueiros mais ricos" ... "a ria de Ferrol tem tanta capacidade que nom fai falha sementar o marisco" ... "ainda coas agressons medioambientais a Ria de Ferrol segue a ter um alto indice de produtividade marisqueira" ... "Antigamente os barcos chegaban a Neda hacia a fabrica de velas. Hoxe en día cruzase a ria do O couto a Neda a pe".

Nos proximos días o debate completo sobre a Ría en Vídeo no @CanleTVdaMareaArtabra.


Falase na @MareaArtabra para últimar a lista electoral para presentar-se ás eleccións locais do 24M. | 12.04.2015

O domingo, 12 de abril, pola mañá tiña lugar a Asemblea Xeral Extraordinaria para últimar a lista electoral, no local da #MareaÁrtabra, na Rúa Rochel nº14 e rúa Madalena, Nº 5. Elaborau-se a lista electoral para as municipais de Ferrol e se debatoiu sobre os postos a partires do 13, pois os trece primeiros xa foran resoltos cunhas primarias en Marzo. Así foi como a @MareaArtabra consigueu a súa candidatura. Rematou a Asemblea cunha presentación pública de cada unha das persoas que naquel momento estaban presentes na sala. quen era cada quen, a que se dedicaba, cal era o seu compromiso e o porque estaba construíndo  #MareaÁrtabra.

Última xuntanza da Coordinadora da @MareaArtabra, preparando as municipais, construíndo futuro. | 13.04.2015

Este Luns, 13 de Abril, tiña lugar a Coordinadora da #MareaArtabra. Cuestións previas sobre comunicación, precederon á elaboración do orzamento para as eleccións municipais. Un austero orzamento que se pretende financiar con contribucións pequenas das persoas achegadas e un abondoso lote de voluntariado disposto a deixar-se a pel, na construción do proxecto de unidade popular. Continuou a xuntanza da @MareaArtabra coa positiva valoración da pasada Asemblea Xeral Extraordinaria e rematando coa morea de actos e actividades previstas para os vindeiros días.

Mareaartabra.gal
| #MareaArtabra | @mareaartabra | info@mareaartabra.gal | Facebook


A Marea Ártabra é un proceso asambleario para acadar unha maioría social ferrolá, unha candidatura de unidade popular para as eleccións municipais.


Como asinar o manifesto e unirse á 'Marea Ártabra'
Pode-se asinar o manifesto de apoio cubrindo un formulario no seu sitio na rede: Acceder.

WEB: Mareaartabra.gal
TWITTER: @mareaartabra | #MareaArtabra
E-MAIL: info@mareaartabra.gal
FACEBOOK: Marea Ártabra
YOUTUBE: Marea-Ártabra

Local electoral:

Rúa Rochel, nº5 e Magdalena nº14.
Teléfono: 633 352 131


Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
13 de abril de 2015 23:45
_____________

luns, abril 13, 2015

Morreu o escritor e jornalista uruguaio Eduardo Galeano - Vídeo: Emir Sader entrevista Eduardo Galeano para o Repórter Brasil


O escritor e jornalista uruguaio Eduardo Galeano morreu hoje (13 de Abril de 2015) aos 74 anos, informaram os diários uruguaios 'El País' e 'Subrayado'. Galeano é considerado um dos maiores autores da literatura latino-americana. Ele estava internado em um hospital em Montevidéu e morreu devido a complicações de um câncer de pulmão, que já havia sido tratado em 2007.

Entre suas obras mais famosas estão 'As Veias Abertas da América Latina', 'Memórias do Fogo', 'Os Dias Seguintes', 'Crônicas Latino-Americanas'. Em suas obras, ele misturou os gêneros de ficção, jornalismo, análise política e histórica.

Galeano nasceu em 3 de setembro de 1940 em Montevidéu e começou a escrever aos 14 anos no jornal 'El Sol'. Em 1958, passou também a escrever crônicas de arte. Nos anos 1960, trabalhou como editor do jornal semanal 'Marcha' e no diário Época.

Após o golpe de estado em 1973, Galeano teve de deixar o Uruguai e foi viver na Argentina. Quando voltou ao seu país em 1985, ele fundou o semanário 'Brecha'.

Emir Sader entrevista Eduardo Galeano para o Repórter Brasil


https://youtu.be/2VG0Zxi1HO8


Publicado em 3 de ago de 2013

O jornalista e escritor uruguaio, Eduardo Galeano, acha que estamos vivendo uma ditadura do medo e que ela pode ser constatada nas revelações de Edward Snowden, ex-agente da CIA. Galeano afirma também que o episódio ocorrido com o avião do presidente boliviano, Evo Morales, mostra que o mundo está dividido entre indignos e indignados.

Obra de Eduardo Galeano foi referência para intelectuais latino-americanos

O escritor uruguaio Eduardo Galeano nasceu em 1940, em Montevidéu, no berço de uma família de classe média. Começou no jornalismo na década de 60, como chefe de redação e diretor dos jornais 'Marcha' e 'Época', ambos em sua cidade natal. Em 1971, Galeano publica sua obra mais conhecida, 'As Veias Abertas da América Latina', que se torna referência para compreensão das mazelas  do Continente.

Clássico entre os intelectuais da esquerda latino-americana, o livro analisa a América Latina desde sua origem. Na obra, Eduardo Galeano explica como a riqueza e fartura de toda uma região tornou-se sua ruína.

Nossa derrota esteve sempre implícita na vitória alheia. Nossa riqueza gerou sempre nossa pobreza para alimentar a prosperidade dos outros: os impérios e seus agentes nativos. […] o bem-estar de nossas classes dominantes – dominantes para dentro, dominados para fora – é a maldição de nossas multidões, condenadas a uma vida de bestas de carga”.

Após o golpe no Uruguai, em 1973, Galeano foi preso. Ao sair da cadeia, exilou-se na Argentina, onde dirigiu a revista 'Crisis', de viés político e cultural. Em 1976, mudou-se para a Espanha, com medo da repressão do regime militar do general argentino Jorge Videla.

Na Europa, começou a escrever a trilogia 'Memória do fogo', com os livros 'Os nascimentos', 'As caras e as máscaras' e 'O século do vento''. Com o fim da ditadura uruguaia, em 1985, ele retornou à Montevidéu.

Poucos são aqueles que décadas depois de entregar ao mundo uma grande criação, lembram dela e simplesmente dizem que “foi uma etapa que está superada”. Eduardo Galeano é um desses. E nem isso faz com que sua obra-prima, “As veias abertas da América Latina”, seja menos reverenciada.

O escritor lançou mais de 40 obras. Além das já citadas, algumas de suas principais publicações são 'De pernas pro ar', 'Dias e noites de amor e de guerra', 'Futebol ao sol e à sombra', 'O livro dos abraços', 'As palavras andantes' e 'Vagamundo'.

Em 1975 e 1978, Eduardo Galeano recebeu o prêmio Casa de Las Américas. A trilogia 'Memória do fogo' foi premiada pelo Ministério da Cultura do Uruguai em 1982, 1984 e 1986, anos de lançamento de cada um dos três livros. Nos Estados Unidos, o escritor e jornalista foi homenageado com o American Book Award, em 1989, e com o prêmio à Liberdade Cultural, da Lannan Foundation, em 1999. Em 2001, recebeu o título de Doutor Honoris Causa, concedido pela Universidade de Havana, de Cuba.

Galeano esteve no Brasil em 2014, quando abriu a 2ª Bienal do Livro de Brasília. Na ocasião, ele surpreendeu todos ao informar que não leria novamente “As veias abertas...”. “Para mim, a prosa da esquerda tradicional é pesadíssima. Meu físico [atual] não aguentaria. Eu cairia desmaiado”, brincou.

Eduardo Galeano morreu nesta segunda-feira (13.04.2015), em Montevidéu, aos 74 anos. Ele estava internado em um hospital na capital uruguaia e morreu devido a complicações de um câncer de pulmão, que já havia sido tratado em 2007.

Por Marcelo Brandão – Repórter da Agência Brasil. | 13.04.2015

Fontes: Agência Brasil e Canle do Jornal Reporter Brasil.

Vídeos de interese: #EduardoGaleano.

O jornalista e escritor uruguaio no buscador libre DuckDuckGo.
________

Mañá martes, día 14 de abril ás 19 h, Esquerda Unida sae á rúa para apoiar a candidatura de Ferrol en Común - Visitarán o Centro Cultural Torrente Ballester e falaran sobre creación e políticas culturais na nosa cidade


ACTO DE APOIO  A FERROL EN COMÚN

Mañá martes, día 14 de abril ás 19 h, Esquerda Unida sae á rúa para apoiar a candidatura de 'Ferrol en Común'. Visitaremos o C. Torrente Ballester e charlaremos sobre creación e políticas culturais na nosa cidade.

Fronte á desidia mostrada polo actual goberno son necesarias accións tendentes á formación e ao apoio dos creadores locais. Bolsas, cursos, escolas municipais, espazos de produción e participación activa de todos os axentes implicados (asociacións, pequenas empresas, artistas, centros educativos, etc) son aspectos básicos para xerar unha rede que se complemente cunha programación de calidade e específica para Ferrol.

A defensa e exposición seria do noso patrimonio xunto co achegamento da cultura á rúa como parte inseparable de calquera política de rexeneración urbanística son tamén piares fundamentais no ideario de Ferrol en común. Modernidade e entusiasmo polo tanto a debate nun encontro que pretende ser o máis vivo e rico posible para o cal contaremos con persoas de recoñecida traxectoria profesional así como o candidato de Ferrol en común, Jorge Suárez e o actual concelleiro de Esquerda Unida, Suso Basterrechea.

Esquerda Unida de Ferrol
R/ do Sol 124 Entrechán Esquerda
981944035

www.euferrol.org
https://www.facebook.com/esquerdaunida.ferrol
https://twitter.com/EUFerrol
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html

Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida

-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
13 de abril de 2015 12:50
Bo día: Achegamos convocatoria para acto de apoio a Ferrol en Común, mañá martes, coa participación do concelleiro de Esquerda Unida Suso Basterrechea e o candidato de FeC Jorge Suárez. Grazas e un saúdo.
______________

Matar ao mensaxeiro - Médico do Centro de Saúde de Narón denuncia publicamente graves irregularidades na atención aos pacientes, e sanciónano por iso - A Asociación Agacamt fai pública a situación do Dr Couce


 ...
todo empezou fai uns dez anos, cando unha nena de dous anos morreu nos seus brazos, vítima de malos tratos, mentres un pediatra que a atendeu unha semana antes non fixo un parte de lesións, aínda que o médico forense apreciou no seu informe máis de trinta hematomas.

Caso Centro de Saúde de Narón

GRAVES PROBLEMAS NO CENTRO DE SAÚDE DE NARÓN

Un médico do Centro de Saúde de Narón denuncia publicamente graves irregularidades na atención aos pacientes, e é sancionado por iso. As denuncias dos propios pacientes están provocando que se abra unha investigación por parte da Inspección Médica. Esperamos que todo se aclare coa celeridade e eficiencia que un asunto tan grave esixe.

MATAR AO MENSAXEIRO

Quen coñecen á nosa asociación saben que nunca publicamos información sobre ningún caso que nos chega, sen a previa conformidade da persoa afectada. E isto recordámolo á mantenta do problema que desde fai anos vén sufrindo o doutor Juan Ramón Couce e Gómez da Tía no Centro de Saúde de Narón, un caso especialmente grave non só polas serias consecuencias que lle trouxo a el tanto na súa vida profesional como persoal, senón polas que recaen sobre os usuarios dun servizo público tan esencial como é a sanidade.

Durante os longos anos que o doutor Couce mantense en contacto coa nosa asociación comentamos reiteradamente as circunstancias da súa situación, e discrepamos amistosamente sobre a forma de afrontalas. Con todo agora os acontecementos precipitáronse e xa non caben discrepancias. Só hai unha forma posíbel de actuar, e é solicitar á administración sanitaria galega que actúe rápida e eficazmente a partir das denuncias que suscitaron varios pacientes do mesmo Dr. Couce.

Segundo o relato do propio doutor Couce todo empezou fai uns dez anos, cando unha nena de dous anos morreu nos seus brazos, vítima de malos tratos, mentres un pediatra que a atendeu unha semana antes non fixo un parte de lesións, aínda que o médico forense apreciou no seu informe máis de trinta hematomas. Este feito afectoulle profundamente e a partir de aí comezou a denunciar as continuas irregularidades que apreciaba na súa contorna laboral, tales como que un xefe se ausentara da súa garda de presenza física a pasar a súa consulta privada, ou de compañeiros que se ían das gardas e volvían en estado de embriaguez, ou até con aparencia de haber inxerido substancias alucinóxenas, omisións de socorro, negativas a atender chamadas de urxencias do 061, etc.

Pero pouco mais tarde veu-se implicado nun delito de omisión de socorro. Un compañeiro negouse a ir a un aviso urxente do 061, pero cando a familia do afectado pediu o seu nome para denuncialo, el negouse a dalo e o seu xefe e amigo protexeulle. Desta forma o doutor Couce, que interveu como testemuña, se veu ameazado ("cuidadito co que lle dis á xuíza"). Cando os avogados das partes implicadas ausentáronse, el dirixiuse á xuíza para informarlle das ameazas, e ela díxolle que debería denuncialo xa que se trataba dun delito de ameazas a unha testemuña. E el fíxoo, pero ampliou a denuncia coas presuntas irregularidades, delitos, etc. similares aos xa expostos, e a partir de aí comezou o seu calvario.

Sucederon cousas como que un celador non lle chamaba si viñan pacientes urxentes, administrativas que facían o mesmo, enfermer@s que non acataban ordes por escrito, ou que se negaban a atender a pacientes seus ou a ir co doutor Couce en ambulancia, médicos que lle facían a vida imposible, etc. Precisamente once deles asinaron un escrito ante o Inspector médico para, segundo parece, botarlle da profesión.

Pero el continuou facendo o seu traballo o mellor posíbel e poñendo en coñecemento dos seus superiores e das autoridades competentes todos aqueles feitos que consideraba irregulares, tales como desaparición de morfina, abandonos de garda, omisións de socorro, e os feitos que calquera persoa obxectiva podería considerar como dunha situación de acoso laboral.

Malia que ten documentación suficiente para demostrar a maior parte do que se expón neste escrito, o doutor Couce preferiu esperar que sexan os seus propios pacientes os que presenten denuncias polas presuntas irregularidades, e neste momento atopámonos. A nosa impresión é que a Inspección Médica está investigando estes feitos, o que supón que ao fin (¡ao fin!) alguén na administración pública parece tomarse en serio este asunto. Esperemos que sexa así xa que, en caso contrario, todo isto terminará nos xulgados e con máxima publicidade, o que non creo que lle agrade a ningún dos implicados neste lamentable problema.

Durante todo este proceso o Dr. Couce comentou na rede social Facebook moitas das irregularidades que detectaba, o cal ocasionoulle a apertura dun expediente polo que se lle sancionou con dous meses de suspensión de emprego e soldo. Esperamos que a dilixencia que demostrou a administración sanitaria para sancionar ao mensaxeiro aplíquea agora para castigar as infraccións e/ou delitos de quen parece que poñen os seus intereses persoais por encima dos dereitos dos enfermos.

O pasado dia 21 de marzo o 'Diario de Ferrol' publicou unha información [1] segundo a cal diversos pacientes do Dr. Couce denuncian graves irregularidades, confirmando así a versión do seu médico. Uns días despois a Xerencia Integrada de Ferrol manifesta no mesmo Diario [2] o seu apoio aos profesionais sanitarios de Narón, así, de forma xenérica, como por outra banda era de esperar, xa que sería impensable que recoñecesen a súa ineptitude para detectar e controlar estas irregularidades. Ou talvez non é ineptitude, senón algo peor? No que si demostraron eficacia é en matar ao mensaxeiro.

A nosa asociación é apolítica, o que significa que non estamos implicados na loita polo poder de ningún partido, pero non podemos esquecer que neste tenebroso asunto hai unha forte carga política, xa que algúns dos principais implicados son personaxes relevantes do partido no goberno autonómico, e temos á vista as próximas eleccións municipais. A nós non nos gusta vernos implicados neste tipo de cuestións e por iso gústanos recordar que, como asociación, toda a nosa ideoloxía está contida na Declaración Universal de Dereitos Humanos de Nacións Unidas, que damos por suposto que tamén inclúe aos pacientes da sanidade pública de Narón. Esperemos que a administración autonómica interveña de forma fulminante e acabe con esta inexcusábel situación sen perda de tempo. Os usuarios da sanidade pública de Narón agradecerano sinceramente.

Abril de 2015
Asociación Agacamt
Asociación Galega Contra o Acoso Moral no Traballo
Rúa Sol 210, 3o B. Esquerda, 15401 Ferrol. Teléfono : 630 387 360 .
agacamt@agacamt.com
www.agacamt.es
www.facebook.com/agacamt
Inscrita no Rexistro central de Asociacións co número 2001/000705-1-SC

Escrito publicado na nosa web:
http://www.agacamt.es/casos-de-mobbing/centro-de-salud-de-narón/

[1] Pacientes do Centro de Saúde de Narón denuncian irregularidades
CARMELA LÓPEZ FERROL | Actualizado 21 Marzo 2015 - 01:00 h. | Ir á Web.

[2] A Xerencia defende o labor de todos os profesionais do Centro de Saúde naronés. | REDACCIÓN FERROL | Actualizado 25 Marzo 2015 - 01:30 h. | Ir á Web.

Enviado por:
Rubén Dopico
-ruben.dopico@gmail.com-
Agacamt
-agacamt@agacamt.com
13 de abril de 2015 13:46
Ola amig@s: Infórmovos do caso do noso compañeiro Juan Couce, médico do Sergas, que está sufrindo unha grave persecución por denunciar as irregularidades que se producen no seu Centro de Saúde. Esperamos que todo se aclare e tómense as medidas oportunas en beneficio dos pacientes e do propio Dr. Couce. Esta información está na nosa web
________________

O BNG amosouse activo esta fin de semana: o venres cos comités de empresa de Navantia de Fene e Ferrol, para abordar a problemática dos estaleiros e o domingo mobilizándose coa veciñanza de Xoane para pedir que se poña fin aos verquidos de augas residuais sen canalizar


Esta maña nova xuntanza cos veciños e veciñas da estrada de Xoane para pedir que se poña fin aos verquidos de augas residuais sen canalizar. | Máis Info no Diario de Ferrol. | Ir á Web.


O pasado Venres tivo lugar unha xuntanza entre membros do BNG e os comités de empresa de Navantia Ferrol e Fene para abordar a situación do sector. Este encontro enmárcase dentro da rolda de entrevistas que os traballadores e traballadoras están mantendo cos grupos políticos co obxectivo de "arrincar compromisos que nos axuden a mudar ou goberno actual" ou forzar ao PP a que cambie as súas políticas sobre Navantia, explicou o presidente do Comité de Empresa de Navantia Fene, Jorge Prieto. O candidato á Alcaldía do BNG - Asembleas Abertas, Iván Rivas, sinalou que é fundamental que se aclare cal vai ser o futuro dos estaleiros da Ría de Ferrol, así como "definir un un proxecto a curto e medio prazo para que Navantia volva a construír barcos". | Máis Info en Ferrol 360. | Ir á Web.


Proceso Asembleas Abertas 'Construíndo Futuro':
http://www.construindofuturo.info/

Web oficial do BNG:
http://bng.gal/

O BNG de Ferrol no facebook:
https://gl-es.facebook.com/bng.ferrol

O BNG de Ferrol no twitter:
https://twitter.com/bngferrol

Local Social do Bloque Nacionalista Galego en Ferrol
Rúa Naturalista López Seoane, 13 Baixo - 15402 Ferrol (A Coruña)
Telef.: 981 364 058

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
13 de abril de 2015 11:45
_____________

Socialismo Democrático de Ferrol denuncia a profunda desidia, o total desinteres nos catro anos de goberno do Alcalde de Ferrol e do goberno municipal do PP por solucionar o problema principal da cidade: o paro

Socialismo Democrático denuncia a profunda desidia e o profundo desinterese nos catro anos de goberno do Alcalde de Ferrol José Manuel Rey Varela e do goberno municipal do PP en solucionar o problema do paro na nosa cidade Ferrol. Unha cidade en grave situación de Emerxencia Social onde mais da mitade das persoas paradas carecen de algún tipo de prestación ou de subsidio. Celso Posada Portavoz de Socialismo Democrático denuncia que o goberno municipal do PP e o Alcalde de Ferrol Rey Varela, nos seus catro anos de goberno, non se han preocupado por solucionar o problema principal da nosa cidade que e o problema do paro, polo contrario ao único que se dedicaron e a desmantelar salvaxemente os servizos sociais e públicos da nosa cidade para entregalos a empresas privadas amigas do PP, a malgastar diñeiro publico das arcas municipais en obras totalmente propagandísticas, electorais e innecesarias como o Ascensor Panorámico da Cuesta de Mella, a Cidade do Deporte e o capuchonciño da rúa real en vez de adicar ese diñeiro público, dos presupostos municipais, para contratar persoas en paro sen ningun tipo de prestación ou para crear un plan de emprego municipal e público  para contratar as persoas que se atopan no paro e sen prestación social. Posada denuncia que os catro anos de goberno municipal do PP e do Alcalde de Rey Varela só trouxeron á nosa cidade paro, desigualdade social,  pobreza, recortes , precariedade laboral, impostos e taxas inxustas e menos dereitos. Socialismo Democrático esixe ao goberno municipal do PP unha partida de diñeiro publico dos presupostos municipais para crear un Plan de Choque Urxente contra o paro para contratar a persoas paradas sen ningún tipo de prestación social e unha Renda Básica para todas as persoas paradas sen ningún tipo de prestación social.

Socialismo Democrático de Ferrol é unha corrente política conformada por militantes de base do PSdeG PSOE.

Web oficial da corriente a nivel estatal:
http://socialismodemocratico.org/

Enviado por:
celso posada
-celsoposada2006@hotmail.com-
12 de abril de 2015 12:42
_________________

A Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto convoca unha concentración, para o martes 14 de Abril na Praza do Concello de Ferrol ás 20h


No seu momento, o dimitido exministro de xustiza Alberto Ruiz-Gallardón,  intentou a reforma do actual marco lexislativo do dereito ao aborto, pretendía-se unha reforma total co obxectivo de mudar o actual modelo de lei de prazos por unha lei de supostos restritivos (é dicir que o interrupción volun¡taria do embarazo, non fose un dereito da muller). Máis tarde a través dunha lei de axuda á familia, e agora, o pasado o 27 de febreiro, o grupo parlamentario do Partido Popular, presentou unha proposición de Lei Orgánica no Congreso, para suprimir o artigo que recoñece en exclusividade o poder de decidir ás mozas entre 16 e 18 anos, de  someterse á interrupción que contempla a Lei.

Mañá martes día 14 de abril, no Pleno do Congreso, pretende-se aprobar a Proposición de Lei Orgánica que suprime o artigo referido á potestade das mozas para decidir interromper o seu embarazo, obrigándoas a ter o consentimento paterno/materno ou do titor/a legal.

Por este motivo están convocadas mobilizacións, en todo o Estado. Na Galiza terán lugar en diferentes cidades e vilas, convocadas pola Plataforma Galega polo dereito ao Aborto.


CONCENTRACIÓN DA PLATAFORMA GALEGA POLO DEREITO AO ABORTO DE FERROLTERRA

A MMM de Ferrolterra estaremos na concentración que a Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto convoca para o martes 14 de Abril na Praza do Concello de Ferrol ás 20h

Non podemos consentir que dende este Goberno do PP digan que o aborto non é un dereito, non podemos consentir que pretendan privar dese dereito ás mulleres de 16 e 17 anos.

Por iso facemos un chamamento á cidadanía da comarca para que se sume á concentración da PGDA.

Mulleres en marcha ata que todas sexamos libres

--
"As mulleres decidimos"

Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
www.feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
twitter.com/MMMGaliza

Enviado por:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
10 de abril de 2015 19:42
_______________

Esquerda Unida de Narón presenta a súa candidatura ás municipais do 24M

ESQUERDA UNIDA NARÓN PRESENTA A SÚA CANDIDATURA PARA AS MUNICIPAIS

Dende Esquerda Unida de Narón informamos as naronesas e os naroneses que o venres dez de abril foi ratificado en asemblea o compañeiro André Abeledo Fernández [*] como cabeza de lista as eleccións municipais.

André Abeledo cunha  traxectoria como activista sindical, social e político indubidable é o actual coordinador local de Esquerda Unida en Narón.

Así mesmo tamén decidiuse convocar unha asemblea aberta para o próximo xoves día 16 de abril as 20:30 no local social de A Gándara co obxectivo de levar a cabo unha votación para configurar a orde da lista.

Esquerda Unida de Narón presentarase a estas eleccións municipais cun equipo de mulleres e homes de honestidade contrastada, unha candidatura que mistura mocidade e veteranía , un grupo humano disposto a traballar para que estas eleccións municipais sexan o punto de partida para construír entre todas e todos unha cidade o servizo da cidadanía.

Temos un programa e un proxecto serio e ilusuionante para Narón ó que convidamos a sumarse a canta máis xente mellor.

CPL EU NARÓN

Contas de Esquerda Unida Narón no facebook e no twitter.
Achegate xunta Nós, fagamos un novo Concello mais social, mais democrático, participativo e de Tod@s.

[*] André Abeledo Fernández, é un activista sindical, social e político de Ferrolterra; traballador e membro do Comité de Empresa de Mercadona; e coordinador de Esquerda Unida de Narón. Contas de André no facebook e no twitter.

Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
12 de abril de 2015 20:50

________________

domingo, abril 12, 2015

Pola liberdade de Khalida Jarrar, ... Antón Gómez-Reino Varela


Por Antón Gómez-Reino Varela [*]
12.04.2015

Esta mulher, hoje seqüestrada, é Khalida Jarrar. Avogada, militante polos direitos humanos e a democracia. E Diputada palestina (polo FPLP). Khalida, umha histórica luitadora polos direitos das mulheres palestinas, foi seqüestrada por decenas de militares armados e levada violentamente da súa casa. Conhecim a Khalida no ano 2005 no inhumano chek point de Qalandia. Falamos, ela sem complexos, da situaçom das mulheres na Palestina ocupada, dxs refugiadxs, da posiçom das forças transformadoras palestinas, pessie a todo, pola via da Unidade Popular. Volvim a atopa-la em 2011 em Ramallah. Desmelhorada fisicamente pero igual de animosa e enérgica. Sempre pensando o contexto, actuando em positivo. Liberada e livre. Impactou-me sempre atopá-la, falar com ela. Umha imprescindível a base de inteligencia, compromisso e tesóm. Por todo isto Israel decidiu saltar-se -de novo- todos os acordos internacionais e deter a umha parlamentaria democraticamente eligida. Por todo isto o Shin Bet decidiu hai meses tentar obrigá-la a abandonar Ramallah e refugiar-se em Jerico. Por todo isto decenas de homes armados entrarom na vivenda de Khalida. E agora está detida, desaparecida, seqüestrada. E por todo isto devemos, ao meu ver, difundir e apoiar a luita pola sua liberdade, que é a luita polos direitos humanos, pola igualdade e pola democracia. Ao cabo, a luita por um futuro humano para um povo que leva demasiado tempo sem poder respirar em paz.

[*] Antón Gómez-Reino Varela - Toné, um que trata de caminhar. Que gosta de passar a primavera e o verao entre vacas. O inverno entre montanhas.  E com o mar sempre de fronte. O Atlántico, claro. Ando em Hábitat Social. E habito -em franca intermitencia nómada- a Casa da Farinha. Diletante social. Gosto ainda de pensar que é melhor cooperar que competir. Ainda que, a dizer verdade, penso que vai chegando a hora de ganhar. Contas em facebook e twitter.

Blogue pessoal 'caminhar Preguntando':
https://caminharpreguntando.wordpress.com/

No buscador libre DuckDuckGo.
________________