Amosando publicacións coa etiqueta Anova. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Anova. Amosar todas as publicacións

sábado, xullo 23, 2016

Tempo de impasse, ... Por David Rodríguez - "...estívose máis atendo á consolidación dunhas siglas que ao avance do movemento popular..."


Por David Rodríguez [*]
23.07.2016


Atopámonos no impasse que media entre a repetición dunhas eleccións xerais e a celebración dunhas autonómicas galegas. Unha repetición de eleccións que se demostrou nefasta para os intereses globais das esquerdas. Se a orixe desta repetición está na "xogada mestra" mediante a cal, en rolda de prensa, os gurús da complutense comezaron a repartir ministerios e a poñer como condición para botar ao PP das institucións o acceso ao goberno co PSOE, estamos en disposición de concluír que, en realidade, aquela foi máis ben unha "cagada mestra". Ter negociado á portuguesa a investidura do PSOE sen entrar no goberno suporía, hoxe, que o Partido Podre de Rajoy sería historia, que o PSOE e Ciudadanos estarían xestionando os recortes de Bruxelas e que o Bloque Popular estaría facendo unha oposición dura coa vista posta na seguinte, probablemente próxima, crise do réxime. Na miña lectura estívose máis atendo á consolidación dunhas siglas que ao avance do movemento popular e, con todo, é probable que tampouco o primeiro obxectivo vaia ser posible.

En todo caso, isto é pasado. De cara ao futuro, as eleccións do 26 X deixaron, polo menos, dúas cousas claras:

1. O asalto aos ceos, que -na enésima baixada de listón- desta volta pasaba polo sorpasso ao PSOE, fracasou. Os resultados do fenómeno Podemos, se non chega a ir no Estado en coalición con IU, serían aínda máis magros. Neste sentido, o 26X marca o comezo da fin da burbulla podemos. A partir de agora o eventual avance dese partido vaise deber a un traballo máis pedestre e desagradecido que á inercia da política espectáculo.

2. A "operación envolvente" para dar unha patada no cu a Anova (entendida esta non coma as siglas continxentes desta organización -ao fin e ao cabo o menos importante- senón como a expresión do proxecto político que considera que do proceso de Unidade Popular que arrancou con AGE debía nacer un suxeito político galego de esquerdas -polo tanto non necesariamente nacionalista, ollo-), tamén fracasou.

A este respecto, algo de memoria:

O bloqueo interesado da mesa de coordinación de En Marea para que esta se democratizase e territorializase inmediatamente despois das eleccións do 20 de decembro de 2016 permitiu que tomase corpo ese sucedáneo da Marea Atlántica chamado Mareas en Común. Cando, debido a este bloqueo, En Marea concorre de novo coa fórmula de coalición -cometendo o despropósito de pretender falar outravolta de grupo parlamentario propio ao tempo que nada se fixera na fórmula xurídica de concorrencia para que este tivese algunha posibilidade máis de levarse a cabo- Marea Atlántica ponse de perfil e, ao tempo, Mareas en Común comeza a enarborar o discurso democratista e horizontalista que a propia Marea Atlántica contribuíra a bloquear en En Marea.

Antes das xerais, e de cara ás autonómicas, EU, na boca de Yolanda Díaz, expresa a súa aposta por En Marea como fórmula de concorrencia ás xerais e por Mareas en Común como fórmula para as autonómicas. Ao tempo, Garzón, o líder de IU, exprésase en twitter no mesmo sentido: En Marea para as xerais, MeC para as autonómicas. Outro tanto fai Ada Colau, sen dúbida influenciada por Marea Atlántica. A guinda do pastel pona Xulio Ferreiro cando, en lugar de pechar campaña en Compostela con En Marea, decide pechala en Madrid con Unidos Podemos. A envolvente estaba lista. A consecución do sorpasso deixaría ao que representa Anova sen espazo vital. Mareas en Común sería o espazo para as autonómicas, un espazo onde se incluirían EU, Marea Atlántica e Podemos.

O fiasco dos resultados electorais torceu os plans. Agora podíase argüír que a baixada de votos de En Marea tiña que ver co ninguneamento do factor "galego", co desprezo á figura de Beiras etc. Marea Atlántica estaba noqueada despois de que o seu alcalde apostase tan fortemente por Madrid en detrimento de Santiago. Mareas en Común, rápido habería comezar a facer xestos para ofrecerse máis como "pata" que como "espazo central" da confluencia de cara as autonómicas.

Aí chega o escrito dos alcaldes. O manifesto convoca unha asemblea constituínte para o 30 de xullo. Constituínte, suponse que quere dicir, constituínte, porén, dánse xa como elementos de partida os documentos elaborados por Mareas en Común. Confórmase unha xestora da asemblea cuxa composición, polo que se vai coñecendo, é bastante cuestionable e dáse por suposta a existencia dun chamado "candidato de consenso".

A aparición do manifesto dos alcaldes introduce unha contradición extra no espazo Podemos, onde a loita interna de faccións leva a que os deputados de En Marea, que, paradoxalmente, nas negociacións en Madrid para decidir se En Marea irá ao mixto ou quedará no Grupo Confederal se comportan como auténticos patriotas de siglas podemitas, teñan que defender o espazo de confluencia fronte a Carmen Santos, antigamente partidaria da confluencia e hoxe depositaria das esencias do patriotismo de siglas podemitas. Un cúmulo de despropósitos e cambios de parecer que fan pensar máis nunha partida de trileiros do oeste que en xente que non deixa de dar a brasa co fetixe dos "códigos éticos".

O vindeiro 30 de xullo asistiremos ao final dun tempo político partidario en Galicia. O que se ventila -ou, o que para min se debería ventilar nesa data- non ten que ver só coas eleccións autonómicas. Unhas eleccións ás que o PP chega bastante mellor do que se podía aventurar hai uns meses. O que se decidirá nesa asemblea será se o que saia do longo proceso que arrancou con AGE en Galicia dará lugar a un suxeito político galego ou a unha franquicia de Podemos. Quere isto dicir que, á hora da verdade, e ante a profusión de siglas e chiringuitos variados á que asistimos nos últimos tempos, a cousa vaise polarizar arredor desta cuestión. Só agardo que o que se vende como asemblea constituínte, sexa efectivamente unha asemblea constituínte, sen grupos de facilitación e outros "enxeños" para pastorear ovellas. Se esa asemblea é realmente constituínte e non a enésima patada á pelota para que xente con ideas incompatibles concorran xuntas ás eleccións, todo o mundo terá que retratarse. A implosión, logo, deste espazo heteroxéneo e incoherente será inevitable. Se a implosión non se produce nesta asemblea, producirase despois das eleccións, o que se poderá ler coma unha fraude ao electorado.

O resto, trangalladas para, nunca mellor dito, marear ao persoal.

Publicado o 20 de Xullo de 2016 no blogue do autor: O Funambulista Coxo. A foto do cabezallo do artigo foi postada por Ártabra 21, tirada de Tempos Galegos.

[*] David Rodríguez Rodríguez (Vigo, 1975) mantén o blogue http://ofunambulistacoxo.blogspot.com desde o ano 2005. É autor das obras de teatro radiofónico O Bambán e Nunca me esquecerei de ti (gañadora e finalista respectivamente do I e IV Premio de Teatro Radiofónico do Diario Cultural). Escribiu o poemario Lapidarias. Os versos escuros e participou no libro colectivo Non conciliados. Argumentos para a resistencia cultural.

Enviado por:
Alexandre Carrodeguas
-republicadetraballadoras@gmail.com-
21 de julho de 2016 01:38

_______________

martes, marzo 22, 2016

"Bruxelas e a barbarie global", comunicado da organización política ANOVA ante os atentados en Bélxica


Anova-IN, reafirmándose nos seus principios republicanos, laicos e de defensa da igualdade, a liberdade, a fraternidade e a convivencia pacífica entre os pobos e as nacións do mundo, fai constar a súa máis enérxica repulsa polo acontecido hoxe, 22 de Marzo de 2016, en Bruxelas, principal sede das institucións da Unión Europea.

A violencia, o fanatismo e o fascismo de vello e novo cuño, constitúen unha maquinaria abominábel de produción das peores respostas por parte dos seres humanos. Os terríbeis feitos acontecidos hoxe, ao igual que os que se producen acotío en Bagdad, Homs, Raqqa, Ankara, Rojava, Kabul, Trípoli, ou noutros lugares como París, Londres, Nova York e Madrid, non fan máis que constatar que vivimos mergullados en tempos ben duros, inxustos e moi perigosos para os cidadáns e cidadás do común.

A Unión Europea é un espazo xeográfico, político, institucional e económico que vive instalado nunha grave crise civilizatoria, ética e de identidade: o modelo neoliberal e austeritario que non deixa de producir desigualdades e que está a derrubar as democracias que coñecemos até o de agora; o falso modelo de integración de comunidades raciais e relixiosas; a obrigada submisión ás políticas expansionistas e belicistas atlantistas; a infame xestión da crise dos refuxiados que foxen dos países en guerras coadxuvadas por gobernos occidentais; o auxe da estrema dereita en formas variadas ou estas cadeas de atentados indiscriminados e masivos configuran un panorama desolador, unha realidade distópica que non fai máis que medrar na súa forma máis espantosa. E que non se detén.

Todo indica que esta situación de guerra sen fronteiras, de contenda global, non pode, nin por asomo, atallarse con máis control e espionaxe gobernamental, nin co incremento das intervencións militares, nin co xogo falaz das condenas ou das manipulacións mediáticas de diferente signo. A quimera da Europa fortaleza, visualizada coma nunca estes meses ao redor do campo de concentración da illa de Lesbos e o infame acordo UE-Turquía para a expulsión de quen máis sofren os efectos das súas políticas depredadoras e inhumanas, non abonda para illarnos dos atroces efectos do caos humanitario provocado dende hai décadas en Oriente Medio e noutras partes do planeta.

Detestamos o acontecido hoxe no corazón da Unión Europea: o fanatismo e a desesperación que levan á vinganza. O integrismo é unha arma contra todo ensaio de autodeterminación real dos pobos árabes e nomeadamente contra os movementos panárabes socialistas e laicos. É un proxecto opresor, non liberador, que tamén toma diferentes formas tanto en Europa como alén do Cáucaso ou ao sur de Xibraltar.

A extrema dereita e o capitalismo radical, que non habitan só no partido de Le Pen ou noutros que hoxe proliferan, precisan do integrismo e o integrismo precisa destes para impoñeren proxectos non tan distantes, proxectos totalitarios e teocráticos, integristas e opresores. En todos os casos, o pobo e a cidadanía do común son a principal vítima. A construción dun inimigo demoníaco, que pode estar en todos os lados, é para o poder un excelente mecanismo de dominio e control sobre as cidadanías e os súbditos de todo o mundo. A paranoia colectiva como arma de dominio. As chamadas ás expulsións da inmigración e outras derivas xenófobas e fascistas son ferramentas para afianzar un edificio de explotación, de dominio, de opresión e de derrota. Aquí non hai unha guerra entre civilizacións, nin sequera entre relixións; hai proxectos de dominación e de sometemento que se retroalimentan e se esixen mutuamente. Golpean en Bélxica, en Siria, no Chad ou no Iraq. De múltiples maneiras.

Por esas mesmas razóns, e por outras máis de pura humanidade, non esquecemos que no mundo, día a día, minuto a minuto, centos de milleiros de homes, mulleres, nenos e nenas sofren cunha crueldade sen límites as múltiples formas de violencia ás que hoxe nos opoñemos con total rotundidade.

http://www.anova.gal/
_________________

martes, abril 28, 2015

Xosé Manuel Beiras en Ferrol, o 30 de Abril, ás 8 da tarde, no Ateneo Ferrolán - Reanovando - Municipais 2015 e a creba democrática


Xosé Manuel Beiras, portavoz nacional de ANOVA-Irmandade Nacionalista, participará este Xoves, 30 de Abril, ás 8 da tarde no Ateneo Ferrolán. Con el participaran Esther Leira e Álvaro Montes da asemblea local e membros da Coordinadora Nacional de Anova-IN.

Acto organizado por Anova IN-Ferrol co lema "Reanovando. Municipais 2015 e a creba democrática".


Anova Ferrol-Comunicación

Web de Anova-IN:
http://anova.gal/

Conta no facebook:
https://gl-es.facebook.com/anova.ferrol.7

Conta no twitter:
https://twitter.com/anova_ferrol

Enviado por:
Anova Ferrol
-ferrol@anova.gal-
28 de abril de 2015 17:31
___________

venres, abril 17, 2015

Foro: En común, xuntando mans para gañar en benestar e saúde, acto organizado por Anova en apoio á candidatura de Ferrol en Común


Foro Anova sobre Benestar e Saúde


Anova-Ferrol organiza o Foro: En común, xuntando mans para gañar en benestar e saúde, que terá lugar o luns 20 de abril, as 18.00 h, na Sala de exposicións do Ateneo Ferrolán. Un acto en apoio á candidatura de Ferrol en Común.

A este foro foron convidadas entidades e persoas directamente relacionadas co tema.

Animámosvos a acudir!

Anova-Ferrol
http://anova.gal/

Conta no facebook:
https://gl-es.facebook.com/anova.ferrol.7

Conta no twitter:
https://twitter.com/anova_ferrol


Información baseada na enviada por:
Anova Ferrol
-ferrol@anova.gal-
17 de abril de 2015 09:32

_____________

xoves, febreiro 05, 2015

"... na fronte unha estrela, no bico un cantar ...", Anova fai un chamamento a participar o domingo 8 de febreiro na manifestación nacional pola nosa lingua, convocada pola plataforma 'Queremos Galego' - Buses desde Ferrolterra - Anotarse


ANOVA APOIA A MANIFESTACIÓN DE QUEREMOS GALEGO

Unha política lingüística de respecto aparente, de non intervención no conflito lingüístico e nas súas causas, de falsa e perversa equidistancia, aquela construción ideolóxica que recibiu o nome de bilingüismo harmónico, ese foi o modelo que impuxeron os diferentes gobernos do PP de Galicia ata a chegada de Núñez Feijóo á Presidencia. De feito, favoreceuse así a imposibilidade de que a Lei de Normalización Lingüística se materializase nun Plan Integral de Normalización. Este darwinismo lingüístico, en última instancia, naturalizou o proceso de substitución lingüística, non foi capaz de detelo e revertelo. Nin sequera quixo.

En 2004, ante unha difusa necesidade de adoptar algunha medida que frease a perda na transmisión, o Parlamento de Galicia aprobou por unanimidade o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega. Un plan pouco ambicioso pero talvez imprescindible para socializar a conciencia da necesidade e establecer algunhas garantías protectoras. Eran 445 medidas tímidas, pero algún avance significarían se chegasen a ser executadas. No plano político, escenificábase un consenso práctico sobre o idioma, que simbolicamente debería ter certa importancia. Pouco despois, na etapa do goberno bipartito, a política lingüística foi ben intencionada pero insuficiente e ás veces errática. A timidez non superou as barreiras da base material, que é a que determina o conflito. Abonde con lembrar que o decreto do bipartito prevía a posibilidade dun reparto ao 50% de galego e castelán no ensino. Nunca chegou nin a suscitarse a posibilidade de plans de inmersión ou doutras medidas de probada eficacia pedagóxica.

Nese escenario, Feijoo e o Partido Popular gañan as eleccións en marzo de 2009. E arrincan cun discurso que se alicerza no obradoiro conceptual da Fundación FAES, no caldeiro do lixo ideolóxico da ultradereita española. Faino mediante o recurso aos significantes baleiros: liberdade, imposición, dereito a decidir... A perversión da linguaxe para atacar a propia lingua. O Plan Xeral de Normalización, cuxas medidas nin sequera chegaran a implementarse, quedou suprimido de facto, mesmo criminalizado. O discurso uniformizador e ultra do PP e do goberno obrigou ás múltiples sensibilidades normalizadoras a recuar e a acudir ao consenso perdido como horizonte, mesmo sabendo que aquel consenso significaba a perpetuidade dunha política de laissez faire, de deixar facer ao proceso substitutorio. O Presidente Núñez e os seus gobernos pasarán á historia como artífices dunha indisimulada involución en todos os ámbitos, tamén no dos avances legais, que era o único reduto en que as políticas oficiais ofreceran algo nos últimos trinta anos. Adóptanse por primeira vez medidas contra o proceso de normalización e contra a lingua. O Goberno de Galicia é o primeiro, e talvez único, goberno da historia da humanidade que lexisla explicitamente contra a súa lingua. É dicir, lexisla abertamente contra o seu pobo, contra as persoas usuarias desa lingua, contra as falantes. Desas primeiras medidas, salientamos apenas dúas: a eliminación da esixencia dunha proba de galego para acceder a un posto de traballo na administración e o Decreto de Plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, que reduciu a presenza do galego no ensino, eliminouno das materias científicas e enviouno ámarxinalidade. Esta radicalización uniformizadora e totalitaria da política lingüística do Partido Popular, que sempre fora ineficaz pero nunca tan extremadamente agresiva, agudiza o proceso de substitución e afonda con saña nas causas da perda de transmisión e, por tanto, de falantes. A última enquisa do IGE amosa unha perda de falantes de 13 puntos. Non deixa lugar, pois, a interpretacións optimistas.

A responsabilidade histórica destes gobernantes é inmensa. A súa acción de goberno, as súas medidas lexislativas e o seu repugnante discurso, que contou e conta co apoio de intelectuais orgánicos e de medios de produción simbólica e de comunicación, todos colaboradores necesarios, é equiparable ao peor dos delitos de traizón É un crime de lesa patria.

Mais, a pesar da gravidade da situación, non caeremos na trampa de espallar a mala nova da morte do idioma. Non é así. Nós sabemos que a lingua galega está viva, é rendible e opera con extraordinaria riqueza en todos os ámbitos en que lle é dado situarse, a pesar de todos os obstáculos. Somos moi conscientes de que o futuro nos pertence. Por unha razón sobre moitas outras: o galego é a lingua común de toda a cidadanía de Galicia, independentemente do uso activo que cadaquén faga dela. Todas e cada unha das persoas que vivimos en Galicia usuarias, activas ou pasivas, a todas nos pertence esta lingua de usos vivos en igual medida. Iso quere dicir que esta nosa construción colectiva superará a indecencia e a vileza dos personaxes que aínda ostentan o goberno desta vella nación. Non en van, as clases populares designamos, proxectamos e construímos o futuro co valor creativo da nosa lingua.

A lingua galega vive, e vivirá máis de mil primaveras. Farao conquistando os espazos que quere ocultarlle un poder ilexítimo. Farao esixindo e conquistando o dereito sen restricións a vivirmos a totalidade das nosas vidas usándoa en todas as situacións comunicativas posibles. Como calquera falante de calquera lingua do mundo. Por todas as razóns expostas, e máis, Anova fai un chamamento a todo o Pobo Galego para que apoie a manifestación do próximo 8 de febreiro en Compostela, convocada por Queremos Galego, para que participe nesta mobilización e para que, alén de resignacións catastrofistas, exprese en común o orgullo de posuír unha lingua de uso para todos os ámbitos da vida. É unha conquista material coa que Anova se compromete, inseparable do proceso de rebelión cívica e creba democrática que dea lugar a un novo espazo de socialización e convivencia.

Por iso levamos na frente unha estrela, e esa estrela é a lingua de nós.

Galiza, febreiro de 2015

#PorRosalía #PorCurros #PorNós #NaFronteUnhaEstrela #NoBicoUnCantar

http://anova.gal/


BUSES DESDE FERROLTERRA

O prazo máximo para anotarse mañá venres, 6 de febreiro,  ás 12hs.

MAIS INFO. EN:
http://www.queremosgalego.org/2015/01/27/autobuses-para-o-8-de-febreiro/

Saída perante a Casa do Concello de Narón (Pza de Galiza s/n) ás 9:45 h.

Paradas:
Ferrol – Avenida de Esteiro, diante do local comarcal da CIG, ás 10h.
Caranza, Fene e Vilar do Colo.
Prezo: Colaboración voluntaria coa plataforma Queremos Galego de 3€ por persoa.

Apuntarse en: local da CIG 981358750 / 981352676 / 663075074 (até as 12 do mediodía do venres día 6 de febreiro).

Enviado por:
Anova-IN
-anova@anova.gal-
4 de fevereiro de 2015 17:33
_______________

martes, outubro 14, 2014

Tres notas sobre a II Asemblea Nacional de Anova, ... Por David Rodríguez Rodríguez


Por David Rodríguez Rodríguez [*]
14.10.2014


1. Como calquera forza de creación recente Anova viviu durante estes dous últimos anos un proceso de decantación inevitable. Calquera proxecto novo encara un primeiro tempo de aluvión, confrontación e eslarecemento ideolóxico. Quen non entendeu que isto é o que se estaba a producir durante os convulsos dous primeiros anos de Anova (e xa veremos se isto rematou ou non) ten en Podemos unha moviola na que poderá asistir á repetición da película: aluvión, confrontación e esclarecemento. Por outra banda, nada hai máis absurdo que comparar a unha forza nova con outras totalmente constituídas e asentadas. Ambas teñen problemas -pois só os mortos non teñen problemas- pero trátanse de problemas diferentes; unha adoece de hiperactividade interna e contradicións agudas; as outras, de esclerose e medo, moito medo.

2. O sector que queda cunha representación residual nos órganos de dirección estaba, de facto, fóra da organización dende hai tempo. Non se identificaba co proxecto de Anova (non en van repetían, un tras outro, todos os tics propios da “cultura BNG” da que procedían) e, cando o facía, facíao dende posturas cínicas e liquidadoras de Anova como a defendida nesta AN para que Anova renunciase a presentarse ás municipais en aras dun pretendido apoio ás candidaturas cidadás; como se en todos os pequenos concellos deste país fose haber candidaturas cidadás semellantes ás das cidades. Anova é un proxecto creado para activar e ensanchar no posible a rebelión cívica contra o réxime do 78 no Estado Español e contra a ditadura económica de estruturas supranacionais tipo UE ou FMI e non para resucitar o PSG nin estúpidas dialécticas de guerra fría que hai tempo que non rexen. Unha das conclusións que cabe tirar da II AN é que Anova non vai ser o Partido Socialista polo devecía o sector hoxe nucleado por Cerna. Tampouco, obviamente, vai ser un Partido Comunista. Se Anova quere ser fiel a si mesma debería ser unha ferramenta útil para a Unidade Popular nun tempo no que a derrota de TODA a esquerda a TODOS os niveis é absoluta, e útil, tamén, para enfrontar os novos retos que a realidade empírica e material nos impón: a crise climática e os recursos limitados que fan caducar as vellas concepcións socialdemócratas e comunistas do progreso, a organización e o desenvolvemento das sociedades. A eventual reprodución fractal das leas imbéciles entre menxeviques e bolxeviques no amplo e variado espectro que hoxe ocupa a CN de Anova significará un paso seguro cara a destrución do proxecto. E unha nova proba a favor da propensión do ser humano á estulticia.

3. Xosé Manuel Beiras tardou en percibir o que sucedía en Anova. Pero finalmente percibiu. A Beiras debémoslle o impulso inicial para crear unha ferramenta que puidese vogar nun fin de ciclo multinivel. Leu con grande lucidez e celeridade os cambios que estaban acontecendo na sociedade galega e española dende o estoupido do 15M, leu tamén o carácter sistémico e a gravidade real da crise económica que padecemos e leu o estancamento no que se atopaba o nacionalismo galego (ese que nega tal estancamento e ridiculiza os cambios ao tempo que convoca, tarde e a rebufo, “asembleas abertas” á última moda). A alguén tan dotado para a lectura non se lle pode escapar que un capítulo con entidade propia na crise da esquerda galega (e estatal) durante os últimos lustros ten que ver coa reprodución no seu seo da mecánica imperante a nivel xeral tendente a reducir á mocidade ben ao “peterpanismo” durante os tempos de vacas gordas, ben á precariedade -é dicir, á non emancipación- nos tempos de vacas fracas. Un quere pensar que o paso dado a prol da coportavocía é indicativo de que se é consciente de que compre rachar canto antes o tapón que freaba o acceso das novas xeracións aos postos de mando e non que se trata dunha manobra de dilación que, por outra banda, é bioloxicamente inviable.


O Funambulista Coxo
Publicado o 14 de Outubro de 2014 no blogue:
ofunambulistacoxo.blogspot.com.

[*] David Rodríguez Rodríguez (Vigo, 1975) mantén o blogue http://ofunambulistacoxo.blogspot.com desde o ano 2005. É autor das obras de teatro radiofónico O Bambán e Nunca me esquecerei de ti (gañadora e finalista respectivamente do I e IV Premio de Teatro Radiofónico do Diario Cultural). Escribiu o poemario Lapidarias. Os versos escuros e participou no libro colectivo Non conciliados. Argumentos para a resistencia cultural.

Enviado por:
Inácio GZ

-inaciogz@gmail.com
14 de outubro de 2014 23:20
______________

martes, setembro 30, 2014

A diputada de AGE no Parlamento Galego, Chelo Martínez, da man da organización local de Anova-IN, visita Ferrolterra, este mércores 1 de Outubro: O Naval, Recimil, O Saneamento, Cabanas, ... estarán presentes na axenda


Acto sobre o naval e visita da deputada de AGE Consuelo Martínez García a Ferrolterra


O responsábel de organización da Coordenadora de ANOVA - Ferrol, Adrián Acción, informa do acto que vai celebrar o mércores ás 19:30hs en Sargadelos sobre o sector naval. Nel intervirán a deputada Chelo Martínez e o profesor e economista Ramón Yañez. Mais tamén achega a axenda de Chelo para ese mesmo día con importantes citas:
1.- Ás 11:00hs - En Cabanas encontro con asociacións locais para dialogar sobre asuntos locais .

2.- Ás 12:00hs - Encontro co Comité de Empresa de Navantia Ferrol para intercambiar opinións e informacións sobre a situación na que se encontra o asteleiro e outros temas relacionados co naval.

3.- Ás 14:00hs - Entrevista en Radio Fene- Radiofusión.

4.- Ás 16:30hs - Reunión con " cidadáns versus tanques de tormentas". O tema seria rede de saneamento. A xunta celebraría-se no local social da asociacion veciñal de Recimil, sito na Rua Euzkadi, fronte ao nº6..

5.- Ás 17:45hs - Reunión coa directiva da AAVV  de Recimil e vecinh@s do barrio. Informarán sobre a problemática do barrio.  A xunta celebraría-se tamén, no local social da asociacion veciñal de Recimil.

6.- Ás 19:30hs - Acto en Sargadelos: Fin do veto ao naval. Principio de algo?
--
Enlaces de interese:

Sitio-e:
http://anovaferrol.blogspot.com.es/

no facebook:
https://gl-es.facebook.com/anova.ferrol.7

Sitio-e de Anova-IN (Nacional):
http://anova.gal/

Sitio-e de AGE (Oficial):
http://alternativagalega.com/

Información baseada na enviada por:
Anova Ferrol
-ferrolanova@gmail.com-
30 de setembro de 2014 18:17

____________________

sábado, setembro 27, 2014

Aulas abertas. 2015 Fin do veto ao naval. Principio de algo?, coa diputada de AGE no Parlamento Galego, Consuelo Martínez García e o economista e antigo traballador de ASTANO, Ramón Yañez Brage


Aulas abertas. 2015 Fin do veto ao naval. Principio de algo?

O vindeiro mércores dia 1 ás 19:30 horas na galeria Sargadelos terán lugar unhas aulas abertas tituladas 2015 Fin do veto ao naval. Principio de algo? Onde contaremos coa presenza da diputada de AGE no parlamento galego Consuelo Martínez García e o economista Ramón Yañez Brage.
--
O responsábel de organización de
A nova Ferrol
Adrián Acción
ferrolanova@gmail.com
___________

Enlaces de interese:

Sitio-e:
http://anovaferrol.blogspot.com.es/

no facebook:
https://gl-es.facebook.com/anova.ferrol.7

Sitio-e de Anova-IN (Nacional):
http://anova.gal/

Sitio-e de AGE (Oficial):
http://alternativagalega.com/
_____________________

luns, febreiro 10, 2014

Asemblea Aberta, en Ferrol, en prol das Letras Galegas 2015 para o profesor Carvalho Calero, a celebrar o mércores 12 de febreiro, ás 7 da tarde no IES Concepción Arenal


LETRAS GALEGAS 2015 PARA O PROFESOR  CARVALHO CALERO (1910-1990)


Por obra da Sociedade Cultural Medúlio don Ricardo recibiu en Ferrol a súa primeira homenaxe pública en 1981, na que quedou manifesta a súa fidelidade á causa de recuperar para o seu país a súa propia cultura. Seguiron outras homenaxes, foi obxecto de simposios e congresos. .. Nomeado fillo predilecto de Ferrol en 1990; unha rúa, un centro de ensino e outro cultural desa cidade levan o seu nome  e alí se celebrou no ano 2010 o último congreso sobre el.

Don Ricardo Carvalho Calero, o primeiro profesor de galego na Universidade galega, pai lingüístico de varias xeracións,  foi vítima dun interesado esquecemento por manter a súa dignidade persoal e por entender que o noso idioma forma parte do sistema lingüístico do galego-portugués, opción diferente, pois, á oficial. Usando das súas palabras (1985) certas elites entenden que non deben realzar a personalidade dun disidente ... Que nen como estudoso nen como pensador sobre os problemas culturais da nosa terra atinxo a altura.

Como sinalaba a prensa do pasado día 29, mantívose ata hoxe, andados 24 anos do seu pasamento,  unha das ausencias máis clamorosas no eido das conmemoracións e homenaxes ás grandes figuras da cultura do país. Van tres ocasións nas que non prosperou a proposta de que a RAG dedicara as Letras Galegas a D. Ricardo Carvalho Calero, esgrevio galeguista que ao longo de seis décadas e un pouco desenvolveu un inmenso  labor poético, narrativo, ensaístico, académico, lingüístico, xornalístico, docente, ..., a prol de Galiza e da lingua e cultura galegas. Sen desmerecer a ninguén, entendemos que é tempo de que os grandes méritos do profesor Carvalho Calero sexan recoñecidos por una academia na que ingresara o 17 de maio do 1958.

Matinando no que vai exposto, o día 28 de xaneiro ousamos dar un primeiro paso, un chamamento na prensa a entidades culturais e veciñais, centros docentes, equipas de normalización lingüística, ..., de Ferrolterra, ás que hoxe convocamos a unha:

ASEMBLEA ABERTA
LETRAS GALEGAS 2015 PARA O PROFESOR CARVALHO CALERO
IES CONCEPCIÓN ARENAL DE FERROL
19 HORAS DO  MÉRCORES 12 DE FEBREIRO DO 2014



RICARDO CARVALHO CALERO
(Ferrol, 30 de outubro de 1910. Santiago, 25 de marzo de 1990)
-Membro do Seminario de Estudos Galegos (SEG) dende 1927.
-Primeiro presidente da Federación Universitario Escolar (FUE) en Compostela, 1931.
-Publica “Vieiros”, poesía, A Coruña, 1931.
-Licenciado en Dereito pola universidade de  Santiago, 1931.
-Membro da Xunta de Goberno da Universidade de Santiago no curso 1931-1932.
-Asinante de varios manifestos a prol dun galeguismo de esquerdas, 1931, 1932, 1933, 1936.
-No Partido Galeguista dende a súa fundación en 1931.
-Coredactor do Anteproxecto de Estatuto de Autonomía de Galiza, 1931.
-Cofundador do Grupo Galeguista de Ferrol, 1932.
-Funcionario do concello de Ferrol, 1933.
-Voda con Mª Ignacia Ramos Díez, outubro do 1933.
-Publica “O silenzo axionllado”, poesía, Santiago, 1934.
-Licenciado en Filosofía e Letras pola universidade de Santiago, 1936.
-Mitins a prol da Fronte Popular cara as eleccións de febreiro do 1936.
-Compromisario na elección do Presidente da República, maio do 1936.
-Mitins a prol do SI no referendum estatutario galego do 28 de xuño do 1936.
-Opositor en Madrid a cátedra de instituto, xullo do 1936.
-Miliciano na defensa da república no 6º Batallón da 36 Brigada Mixta, agosto do 1936.
-Ingreso na Escuela Popular de Guerra (Paterna, Valencia), xaneiro do 1937.
-Tenente  do exército republicano destinado no exercito de Andalucia, abril do 1937.
-Confirmado polo goberno republicano como profesor de instituto, xullo do 1937.
-Prisioneiro dos franquistas, abril do 1939.
-Consello de Guerra: 12 anos e un día de condena por galeguista e oficial republicano.
-Liberdade condicional en maio do 1941.
-Depurado como funcionario municipal de Ferrol e prohibición de exercer no ensino público.
-Clases en academias de Ferrol (Cervantes, Dafonte, Jorge Juan, ...), 1942-1949.
-Director do colexío Fingoi de Lugo, 1950-1964.
-Publica “Anxo da terra”, poesía, Pontevedra, 1950.
-Cofundador da editorial Galaxia, 1950.
- Publica “A xente da barreira”, novela, Santiago, 1951.
-Publica “poemas pendurados dun cabelo”, Lugo, 1952.
-Doutor en filoloxía románica, Madrid, 1954.
-Membro de número da Real Academia Galega (RAG), 1958.
-Publica “Salterio de Fingoi”, Vigo, poesía, 1961.
-Publica a “Historia da Literatura Galega Contemporánea. I”, ensaio, Vigo, 1963.
-Primeiro profesor de galego (encargado de curso) na universidade de Santiago, 1965.
-Anulada a prohibición política profesor de español nun instituto de Santiago, 1965.
-Primeira edición (acadou sete) da “Gramática elemental del gallego común”, Vigo, 1966.
-Publica “Sobre lingua e literatura galega”, ensaio, Vigo, 1971.
-Publica “Catro pezas”, teatro, Vigo, 1971.
-Por encargo da RAG elabora as “Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego”, 1971.
-Catedrático de Lingüística e Literatura Galegas da universidade de Santiago, 1972.
- Publica a “Historia da literatura galega contemporánea (1808-1936)”, ensaio, Vigo, 1975.
-Publica “Estudos rosalianos”, ensaio, Vigo, 1979.
-publica “Libros e autores galegos-I”, ensaio, A Coruña, 1979.
-Presidente da comisión redactora das “Normas ortográficas do idioma galego”, 1980.
- Dimite por desacordo coa redacción definitiva das “Normas ...”, 1980.
- Xubilación como catedrático en 1980.
-Publica “Pretérito imperfecto (1927-1961)”, poesía, Sada, 1980.
-Membro de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), 1980.
-Membro fundados da Associaçom galega da lingua (AGAL), 1981.
-Publica “Problemas da lingua galega”, ensaio, Lisboa, 1981.
-A A. C. Medúlio de Ferrol ofrécelle a primeira homenaxe pública, 1981.
-Publica “Futuro condicional (1961-1980)”, poesía, Sada, 1982.
-Publica “Libros e autores galegos-II”, ensaio, A Coruña, 1982.
-Publica “Teatro completo”, Sada, 1982.
-Publica “da fala e da escrita”, ensaio, Ourense, 1983.
-Medalla Castelao, 1984.
-Rexeita formar parte do Consello da Cultura Galega, 1984.
-Presidente do “Congreso Internacional de Estudos sobre Rosalía de Castro”, Santiago, 1985.
-Publica “Cantigas de amigo e outros poemas”, A Coruña, 1986.
-Publica a novela autobiográfica “Scorpio”, Premio da Crítica, 1987.
-Publica “Escritos sobre Castelao”, ensaio, Santiago, 1989.
Publica “Estudos sobre literatura galega”, ensaio, Sada, 1989.
-Publica “Do galego e da Galiza”, ensaio, Santiago, 1990.
-Publica “Reticencias ... (1986-1989)”, poesía, Santiago, 1990.
-Nomeado Fillo Predilecto de Ferrol, xaneiro do 1990.
-En 1992, despois da súa morte foi editado “Unha voz na Galiza. Artigos de xornal (1933-1989)”.
-Nomeado Fillo Ilustre de Galicia polo Parlamento galego, 1996.


Enviado por:
Anova Ferrol
-ferrolanova@gmail.com-
10 de fevereiro de 2014 15:28

http://anovaferrol.blogspot.com.es/
_____________

Foto: Vieiros - Unha pintada, demandando as Letras para Carvalho Calero, feita en Lugo polo CS Mádia Leva
__________________________

xoves, xaneiro 30, 2014

Flotel: Un alivio


ANOVA, ante a noticia de que NAVANTIA conseguiu o contrato da construción do flotel, expresa as seguintes consideracións:

1.- O contrato supón apenas un alivio para a situación extrema naque nos atopamos:
  • Taxa de actividade de Ferrol 44,2 % a máis baixa das 7 cidades galegas.
  • Taxa de ocupación de Ferrol 30,1 % a máis baixa das 7 cidades galegas.
  • Taxa de paro de Ferrol 31,9 % a máis alta das 7 cidades galegas.
Porén calificamos o feito como unha boa noticia para a comarca e para os traballadores : 450 evitarán engrosar as listas de desemprego.

2.- A consecución do dique flotante segue a ser a ferramenta imprescindíbel de garantía de traballo no curto prazo ( segunda pata da mesa xunto co flotel) que permita manter aberta a esperanza de futuro para o naval.

3.- O vindeiro 31 de decembro remata o veto para NAVANTIA Fene e a limitación do 20% á construcción civil Navantia Ferrol polo que apelamos aos axentes económicos e sociais a procurar unha estratexia común que impida prorrogar esta situación e abra as portas a unha nova política económica e industrial que teña como eixo a construcción civil no naval e que se marque como obxectivo rematar co monocultivo industrial.

Correo-e:
anova.ferrol@galicia.com
Blogue:
http://anovaferrol.blogspot.com.es/
Anova Ferrol nas redes sociais:
https://www.facebook.com/anova.ferrol.7
https://plus.google.com/100696055681127845117
Web oficial de Anova:
http://anova-galiza.org/
Web oficial de AGE:
http://alternativagalega.com/

Enviado por:
anova.ferrol
-anova.ferrol@galicia.com-
29 de janeiro de 2014 18:55

_______________
Detalle da Foto de Galega de Comunicación e Información, S.L.U. (O portavoz nacional de Anova, Xosé Manuel Beiras, acompañado dos membros da permanente Martiño Noriega e Mónica Fernández e outros integrantes da coordinadora da formación en Ferrolterra visitaron este luns aos comités de Navantia encerrados no Concello de Ferrol para mostrales o seu apoio.)
_____________

luns, xaneiro 20, 2014

PODEMOS, a ANOVA articuladora dunha AGE/SYRIZA de ámbito estatal, ... Por Javier Caso Iglesias


Por Javier Caso Iglesias [*]
20.01.2014

Creo que se están facendo moi ben as cousas por parte de PODEMOS. En dous días, desde que foi presentada a súa iniciativa, conseguiron máis de 63.000 apoios; para mostra as reaccións que está tendo noutras forzas políticas este avultado respaldo cidadán a PODEMOS, por exemplo en Izquierda Unida (IU) estanse dando conta, a pasos axigantados, que teñen que mover ficha e cambiar de paradigma; pois xa non vale facer as cousas desde o "aparato" e á marxe da cidadanía.

Desde fai moito tempo veño dicindo que para que sexa posible unha AGE a nivel estatal necesitabamos unha ANOVA do mesmo ámbito que a impulsase, os da "operación coleta" ou "operación coleteiro" xurdiron por ser necesarios, pois había que dar resposta ao que a xente pide na rúa; e a rúa pedía conformar unha AGE a nivel estatal para non quedarse no pataleo permanente; e sinxelamente iso é o que se vai a facer, unha AGE Estatal cunha ANOVA do mesmo ámbito. A ANOVA chámase PODEMOS e o seu obxectivo, como así o manifestou, é crear unha candidatura única e non excluínte para as eleccións europeas moi participada pola cidadanía. Varios sectores de IU xa responderon favorablemente á iniciativa, o mesmo ocorre en relación a EQUO, coas CUP, con COMPROMÍS, con CHA, con MÉS e con ANOVA como se pode apreciar nas redes sociais.

Algúns levamos tempo intentando conformar esa ANOVA de ámbito estatal: Intentámolo en Construyendo La Izquierda (CLI), intentámolo con SUMA, coa Asamblea 14D e, ao final, conseguímolo a través de PODEMOS.

Os intentos anteriores a PODEMOS, con ser moi loables e eu ser moi respectuoso con eles, quedáronse nun quero e non podo; e o apoio cidadán solicitado por PODEMOS é o algodón que mostra esta evidencia.

Como diría o meu admirado Carlos Marx: "As ideas só xorden cando xa se dan as condicións materiais para a súa realización". E a idea agora debe de ser esa AGE, esa Syriza non excluínte de ámbito estatal na que esteamos todos: IU, ANOVA, PODEMOS, COMPROMÍS, CUP, CHA, MÉS, EQUO, ICV,  ... Unha Syriza sen hexemonismos nin patrimonialismos.

Creo que a iniciativa SUMA, impulsada por IU, tamén debe de reflexionar con sinceridade e tranquilidade consigo mesma para descubrir por que, estando chamada a selo, non puido transformarse nese PODEMOS que agora puxa con forza por articular esa fronte ampla non excluínte de forzas rupturistas.

Como dicía fai uns días, no momento actual non podemos aferrarnos a posturas excluentes ou patrimonialistas, pois estas pódense volver en contra; en especial en contra de IU. Imaxinemos, para abundar nisto que digo no seguinte: Si IU rexeitase a xenerosa proposta de PODEMOS e esta fose sensible de ser apoiada por EQUO, COMPROMÍS, CHA, MÉS e ANOVA; é probable que PODEMOS, de ter que competir electoralmente con IU (aínda que non fóra, como non o é, o seu desexo), obtería máis votos que IU.

De ocorrer isto, o máis probable é que nas próximas eleccións xerais até ICV abandonaría a compañía de IU como socio electoral. Moitas voces dentro de ICV xa están suscitándose este escenario, pois, de feito ICV forma parte do Grupo de los Verdes / Alianza Libre Europea e non do PIE (Partido de la Izquierda Europea) como IU.

Penso que esta realidade xa se está tendo en conta no seo de IU, é por iso que a vemos ir cambiando de opinión e ir aceptando o evidente.

[*] Por Javier Caso Iglesias -Cáceres 1964, é analista político e activista social e sindical.

Pasión pola Dialéctica, o Blogue persoal de Javier Caso Iglesias
http://javiercasoiglesias.blogspot.com.es/

Correo-e
javier.caso.iglesias@gmail.com

Twitter
https://twitter.com/JavierCaso

Facebook
https://www.facebook.com/pages/Javier-Caso-Iglesias/254211981316744

Google +
https://plus.google.com/111202472718546293699
________________

venres, decembro 27, 2013

Que passa em ANOVA?, ... Por Lupe Ces


Por Lupe Ces [*]
27.12.2013


Numha conferencia de Jurjo Torres Santomé, o nosso especialista internacional em temas educativos, e cuidadosamente oculto e silenciado nos médios de comunicaçom nos debates sobre reformas educativas, explicava entre outras cousas, que um dos objectivos da LOMCE é formar seres humanos que acolham como naturais as políticas neoliberais e para elo precisam ter um pensamento conservador. Nesse discurso podemos atopar também umha nova leitura sobre o que está acontecendo em ANOVA.

As renuncias, individuais e colectivas, as expulsons, a intervençom de cargos nacionais para torcer o curso de assembleias soberanas... som os efeitos que saem a luz dumhas causas profundas que tenhem leituras muito mais complexas que a concorrência eleitoral, ou as relaçons coas outras organizaçons na coaliçom AGE.

Em ANOVA esta-se a dar umha batalha ideológica entre duas correntes de pensamento que defendem modelos organizativos e projetos políticos diferentes. Em ANOVA esta-se em trabalho de parto, com contraçons dorosas que acurtam o seu tempo de repetiçom e mantenhem a incognita de como será a criatura que finalmente verá a luz entre tanto feito convulso.

Em ANOVA, onde se nom?, pois foi em ANOVA onde confluírom um número significativo de activistas que vivírom os processo do Foro Social Mundial e do 15M. Em ANOVA, onde se nom?, pois foi onde atoparom acobilho sectores organizados que fuxiam dos controis sectários e de dirigismos anacrónicos. Em ANOVA, onde se nom?, pois foi em ANOVA onde se fundírom a urgência e a indignaçom vivida por centos em primeira pessoa, pola perda de direitos, os abusos, a injustiça e a desafecçom aos partidos políticos e às instituiçons, convertida no pam nosso de cada dia.

Mas também em ANOVA, estam presentes sectores que aspiram a desenvolver um proxecto político que tem como obxectivo colocar-se como força nos postos de gestióm das instituiçons para aplicar velhas políticas socialdemócratas, de orientaçom produtivista e crecentista. Acreditam que a cidadania só lhes pide soluçons para o “que hai do meu?”. Mostram umha incapacidade manifesta para analisar corretamente o momento de crise sistémica que estamos a viver, e a incompetência para apresentar-se socialmente como umha alternativa segura para supera-la. Precisam logo, que o modelo organizativo seja “o de toda a vida”, “o que se fixo sempre”, “eu já fixem mais dumha duzia de campanhas eleitorais!”, “a gente nova nom sabe como montar umha organizaçom”.

Escoitando a Jurjo Torres podíamos perguntar-nos que foi antes o ovo ou a galinha? A LOMCE pretende formar pessoas neoliberais de pensamento conservador ou a hegemonia do pensamento conservador e neoliberal é o que permite a aprovaçom da LOMCE? O pensamento conservador aplicado ao espaço político-organizativo de ANOVA esta a impedir a consolidaçom do proxecto ou é o enunciado do proxecto de ANOVA o que nom se adapta ao pensamento conservador e neoliberal hoje socialmente hegemónico?

Segundo Torres, para o ser humano neoliberal, triunfar na vida consiste em acabar cos rivais e utilizar ao resto das pessoas como mercadorias para os seus fins. É um ser competitivo, guiado por ideas mercantis, de racionalidade positiva, cumha concepçom despolitizada da racionalidade económica, empresarial, e das dimensons tecnocráticas dos processos e da sua eficacia. Asume a lógica coercitiva e violenta dos processos burocráticos neoliberais. Som personalidades autoritárias porque carecem de contidos, procedimentos e valores sociais que contemplem o bem comúm.

Segundo J. Torres, o ser humano neoliberal precisa também do ser conservador. É um sócio necessário para fortalecer o neoliberalismo. Caracteríza-se pola ausência de empatia, rege-se polo presentismo, carecendo dumha cultura relevante e crítica para situar-se no curso da história. Tem um sentido comúm limitante e medo a arriscar. Carece de imaginaçom para criar possibilidades e alternativas distintas ao sistema neoliberal.

Só desde a atividade do ser neoliberal e conservador, pode entender-se a esclerose aplicada ao nascimento de muitas assembleias, dos modelos de eleiçom, direcçom, comunicaçom, imagem pública e finanzaçom de ANOVA.

Só desde a presença deste pensamento neoliberal e conservador também no resto das organizaçons que conformam a coaliçom, pode entender-se a planificada parálise das assembleias populares de apoio a AGE, ou a obstruçom dos vasos comunicantes que permitiriam converter em organizaçom popular, a energia liberada ante a unidade conseguida no processo desencadeado ao redor das eleiçons ao parlamento galego.

Só desde a presença deste pensamento neoliberal e conservador também no resto das organizaçons da esquerda nacional, pode-se entender o reumatismo que ataca qualquer processo de achegamento, pactos, estrategias conjuntas, que apontem a processos de acumulaçom de forças rupturistas.

Fronte a este conservadorismo neoliberal instalado dentro das nossas organizaçons políticas e sociais, cumpre construir e encher de contido o pensamento democrático e o ser socialista que está chamado a protagonizar a ruptura democrática que permita um processo constituinte, onde se expresse umha nova hegemonia: a do bem comum, a da cooperaçom, a da complementariedade, a da solidariedade, com nós, cos outros povos, coas outras especies, co planeta...

Esta construçom só pode ser umha criaçom colectiva, onde xurdam novas formas de liderado. Cumpre afortalar um modelo organizativo que libere as forças atrapadas nas aranheiras conservadoras e neoliberais, um modelo de horizontalidade e transparência que faga albiscar esse novo modelo social que aspiramos e precisamos construir. Se o parto se malogra e a realidade actual de ANOVA nom o permite, outros agromos faram a encomenda por nós, porque como di o Zeca “o povo é quem mais ordena”.

[*] Lupe Ces Rioboo -Caranza Ferrol 1953, é mestra, activista social, integrante da Marcha Mundial das Mulleres e da Rede Social de Ferrol Terra. Forma parte do Consello Editorial de Altermundo e do Colectivo Ártabra 21.

Blogue persoal: Caranza free opiniom
---

sábado, decembro 21, 2013

A coordinadora local de Anova Ferrol constitúese e reparte as súas áreas de traballo

A coordinadora local de Anova Ferrol constitúese e reparte as súas áreas de traballo.

Ferrol.- A recen electa coordinadora de Anova Ferrol reuniuse o pasado xoves 19 de decembro co gallo de constituírse e facer o reparto de responsabilidades:
  • Xosé Manuel Pazo será o portavoz e coordinador.
  • César Manso será o responsábel de organización.
  • A responsabilidade de Acción Institucional recaerá sobre Xosé Diego Martinez.
  • Aurora Rivas será a encargada da área de Acción Social.
  • Jennifer Prieto será a responsábel de Acción Feminista.
  • Adrián Acción farase cargo da responsabilidade de redes e comunicación, mocidade e ecoloxía.
A Coordinadora de Anova Ferrol comeza esta andaina chea de ilusión por traballar en contra das agresións que día a día estamos a recibir, especialmente na nosa cidade.

Correo-e:
ferrolanova@gmail.com

Blogue:
http://anovaferrol.blogspot.com.es/

Anova Ferrol nas redes sociais:
https://www.facebook.com/anova.ferrol.7
https://plus.google.com/100696055681127845117

Web oficial de Anova:
http://anova-galiza.org/

Web oficial de AGE:
http://alternativagalega.com/

Foto: Na ofrenda no Monumento 10 de Marzo | Ferrol | 10.03.2013

Enviado por:
anova.ferrol
-anova.ferrol@galicia.com-
21 de dezembro de 2013 13:57

___________

"Hoxe percibimos que a realidade organizativa e política de Anova se afasta dunha maneira progresiva do proxecto orixinario e camiña cara a un partido de corte clásico dominado por unha elite na que reside toda capacidade de decisión e de control" - Mar Blanco Casais, Xiana López Penedo, Xurxo Martínez González e Antón Dobao deixan a Comisión Permanente da Coordinadora Nacional de Anova-IN


CARTA DE DIMISIÓN DA COMISIÓN PERMANENTE DE ANOVA-IN

Onte ao mediodía, as compañeiras Mar Blanco Casais e Xiana López Penedo e mais o compañeiro Xurxo Martínez González e Antón Dobao, enviámoslle á Responsable de Organización de Anova - Irmandade Nacionalista unha carta coa nosa renuncia ás nosas responsabilidades na Comisión Permanente da organización para que fose trasladada con carácter inmediato a todas as compañeiras e compañeiros da Coordinadora Nacional. Por algunha razón que descoñecemos e non queremos avaliar, a nosa carta de renuncia segue sen ser comunicada á militancia de Anova, e iso obríganos a facela pública nas redes sociais para evitar interpretacións incorrectas produto de filtracións á prensa.

Pedimos desculpas ás nosas compañeiras e compañeiros da Coordinadora Nacional e tamén a toda a militancia de Anova por este bloqueo de información que, por suposto, queda moi fóra das nosas intencións

A carta é a que reproducimos a seguir:

Compañeir@s da Coordinadora Nacional de Anova-Irmandade Nacionalista:

Con este escrito comunicámosvos a nosa renuncia a continuar coas nosas responsabilidades como membros da Comisión Permanente desta Coordinadora Nacional.

O nacemento de Anova foi a conclusión dun proceso previo de intercambios, recoñecementos e encontros en espazos comúns dunha militancia diversa, organizada ou non en siglas partidistas. Foi unha chamada á cidadanía máis lúcida para impulsar un partido-movemento que asumise unha ética republicana, dende principios independentistas, disposta a abrir un novo escenario político que rachase coas vellas formas de comprender e practicar a política, unha organización que apostase por ser a ponte entre a cidadanía e as institucións, que puxese cabo á visión do partido como fin e non como ferramenta. Hoxe percibimos que a realidade organizativa e política de Anova se afasta dunha maneira progresiva do proxecto orixinario e camiña cara a un partido de corte clásico dominado por unha elite na que reside toda capacidade de decisión e de control.

Non podemos tampouco permanecer impasibles ante os graves acontecementos que están inxectando unha dose letal nunha organización que, conforme aos seus principios éticos e políticos, está obrigada a resolver as súas inevitables e necesarias contradicións mediante o diálogo e a práctica do consenso e nunca mediante a imposición de exiguas maiorías nin a práctica punitiva. Porque unha organización é tamén no seu modo de actuar un reflexo da sociedade que desexa e proxecta. E Anova proxecta unha sociedade xusta, libre, democrática e plural. A lóxica de maiorías sobre as minorías impúxose sobre os espazos de debate político e de consenso.

O noso compromiso coa idea orixinaria de Anova non mingua con esta renuncia. Continuamos comprometidos con Anova e con AGE. Seguiremos a traballar por esta organización desde as nosas asembleas de base e desde a responsabilidade que asumimos perante a Asemblea Nacional como membros da Coordinadora Nacional. E tamén nos espazos sociais nos que Anova ten que se converter en instrumento de transformación para a cidadanía do común.
Apertas.

Asinado,
Mar Blanco, responsábel nacional de lingua.
Antón Dobao, responsábel nacional de cultura.
Xiana López, responsábel nacional de igualdade
Xurxo Martínez, responsábel nacional de formación.

Galicia, Mes de Nadal de 2013

Os comentarios na carta publicada no facebook:
https://www.facebook.com/anton.dobao/posts/10202924480541744

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
21 de dezembro de 2013 11:26

http://espazoartabro.blogspot.com/

________________

"Abrir novos camiños, para pasar en ocasións polos mesmos lugares, non deixa de ser consecuencia do período histórico que nos tocou vivir" - Martiño Noriega renuncia a seguir exercendo como Coordinador Nacional de Anova-IN

No día de hoxe comuniqueille aos compañeirxs a miña renuncia a seguir exercendo como Coordinador Nacional de Anova. Renunciar a responsabilidades partidarias de primeira liña non significa renunciar a pelexar por mudar a realidade abafante que nós rodea. Hoxe máis ca nunca o meu compromiso está con Anova-IN, con AGE, co Concello de Teo e coa loita social por una Galiza máis xusta e dona de si mesma. Entre todxs, con novas maneiras e as mesmas razóns de sempre, podemos.

Estas son as verbas que lle enviei hoxe á CN:

Abrir novos camiños, para pasar en ocasións polos mesmos lugares, non deixa de ser consecuencia do período histórico que nos tocou vivir. Aquel no que cohabitamos co ruído que deixan os monstros que emerxen cando o novo non acaba de nacer e o vello se resiste a morrer, aquel no que nós mesmos ás veces somos os nosos peores inimigos. Os tempos veñen inzados de urxencias que sinalan como metáfora que Roma arde. A crise de representación é unha realidade. O bipartidismo no Estado como síntoma dunha partitocracia acubillada nunha financiocracia esmorece. O vieiro dos tristes de sempre están a levarnos a lugares menos cálidos. Tecnócratas, recentralización, maioría silenciada e recorte de dereitos socio-laborais semellan o menú do día. A situación de urxencia social é máxima. A necesidade dos máis debe marcar os tempos de traballo e a concentración parcelaria das nosas enerxías. O noso país (Galiza), mergúllase no faiado dos libros de historia.

Despois dunha militancia de 18 anos no BNG comecei hai dous anos unha travesía en mar aberto con milleiros de homes e mulleres que entendiamos que cumprían novas maneiras na representación e no traballo político nun contexto dunha maioría social agredida, orfa de ferramentas políticas. O retorno cidadán durante este tempo veu a darnos a razón e deu por bos todos os esforzos. O nacemento de Anova-IN e o chamamento de Xosé Manuel Beiras a unha fronte ampla nas autonómicas do ano 2012, que configurou neste primeiro chanzo a coalición AGE, demostrou que o camiño encetado era partillado por moitos e moitas. Programa de mínimos de ruptura no social, reivindicación dos nosos dereitos identitarios, posicións partidarias postas ao servizo dun común denominador, esvaecemento de fronteiras mentais enferruxadas e vasos comunicantes cos movementos sociais máis dinámicos marcaron un camiño de non retorno que cómpre seguir explorando baixo o convencemento de que se non somos nós capaces de facelo outros o farán. Hoxe máis ca nunca continúo a acreditar niso.

Baixo esa responsabilidade partillada, hai seis meses decidín asumir o traballo da área de Coordinación de Anova-IN, despois dun proceso asemblear exemplar onde os compañeiros e compañeiras me deron a súa confianza nun proceso de listas abertas, converténdome no candidato máis votado. Esa confianza foi un mandato para aceptar a encomenda. Fíxeno consciente dos custos persoais e da miña alerxia ao traballo partidario clásico e á imposición das vellas maneiras, apremado pola necesidade dun proxecto colectivo por construír. Esa mesma responsabilidade lévame hoxe a anunciar que renuncio a seguir exercendo ese traballo como coordinador, renunciando polo tanto a formar parte da Permanente de Anova. As enerxías cómpre economizalas, son limitadas. No meu caso, entendo que deben estar encamiñadas cara un traballo colectivo directo en defensa da maioría social agredida alí onde se me precise e tamén para poder rematar con garantías un ciclo persoal ilusionante no Concello de Teo. Colateralmente a iso, continuarei traballando como militante de base e como membro da CN de Anova en fórmulas de partido-movemento inclusivas con vocación de fronte ampla nunha nova cultura política que, nestes intres, é unha necesidade, non unha estratexia.

Ao remate da CN do pasado 14 de decembro comuniqueille aos compañeiros e compañeiras esta posibilidade e xa nestes días fixen o mesmo co meu irmán e portavoz de Anova e de AGE, Xosé Manuel Beiras. A el tan só me queda agradecerlle o seu apoio e confianza de sempre e a vós a vosa colaboración.

Teo, 21 de decembro do 2013
Martiño Noriega.

Sitio no facebook:
https://www.facebook.com/martino.noriegasanchez

Nota.- No sítio no facebook de Martinho, podem-se ler os numerosos comentários que complementam esta nova.

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
21 de dezembro de 2013 10:07
http://espazoartabro.blogspot.com/

___________

martes, novembro 19, 2013

Anova Ferrolterra convoca un acto pola Fronte Ampla cara as eleccións ao parlamento europeo e chama a participar na mobilización comarcal "Ferrolterra esixe solucións" o 29 de Novembro

Acto da Fronte Ampla para o venres 29 de novembro en Ferrol

Anova Irmandade Nacionalista de Ferrolterra organiza un acto político para o venres 29 de novembro para falar da Fronte Ampla cara as próximas eleccións ao parlamento europeo.

o acto político, consistirá nunha asemblea aberta que contará coas intervencións de Luis Eyré, responsábel de Relacións Políticas, e de Consuelo Martínez, deputada no Parlamento Galego.

O acto celebrara-se no salón de actos do Ateneo Ferrolán (Rúa Magdalena, 202),  ás 19:00 horas.

Mobilización comarcal :"Ferrolterra esixe solucións"

Por outra banda fan un chamamento  á toda a cidadanía para que participe activamente na xornada de vixilia o vindeiro día 29 de novembro ás 21:00 horas na Praza de Armas, mobilización contra a agonía que vive la comarca.

Un saúdo,
Anova Irmandade Nacionalista de Ferrolterra



Información baseada na enviada por:
Xosé Manuel Pazo Blanco
-manolopazo@gmail.com-
18 de novembro de 2013 23:16
_____________

domingo, outubro 27, 2013

Xornada sobre língua, hoxe domingo día 27 de Outubro organizada pola Mocidade e a Asemblea local de Anova-Ferrol - Palestras, música, Homenaxes, Xantar, ...

Hoxe domingo día 27 de outubro a Mocidade de Anova-Ferrol vai levar a cabo  unha xornada sobre a lingua.

Un dos aspectos que consideramos importante coñecer son aquelas experiencias que, desde unha perspectiva positiva a prol da lingua, se esteñan levando a cabo na nosa comarca para podermos avalialas e socializalas no resto do noso país.

12:00-12:15 - Presentación. Realizará a presentación, moi probablemente Antía Comesaña (como comisionada de mocidade) acompañada de Faustino Seco Diretor do IES Concepción Arenal

12:15-13:45 - Charla sobre sociolingüística.

13:45-16:00 - Xantar

16:00-17:00 - Homenaxe a Carvalho Calero | Será diante da súa casa natal.

Homenaxe á Editorial Nós, xa que o 30 de outubro coinciden o nacemento do escritor ferrolán e a primeira publicación da editorial.

Desenvolvimento do acto:
Para rematar, realizaremos unha ofrenda floral con caraveis e mentras, de fondo, soará o himno galego, a man da gaita de Bieito Barreira (LGG).

17:00-18:30 - A prensa en galego (mesa redonda): Miguel Rodríguez (La Opinión), David Lombao (Praza Pública) e Mª Xesús Árias (RadioFene).

18:30-20:00 - A normativa AGAL. 

20:00-20:15
- Clausura.

Conta no facebook de Anova-Ferrolterra:
https://www.facebook.com/asemblea.nacionalistadeferrolterra

Web:
http://anova-galiza.org/

Enviado por:
ANOVA FERROLTERA
-anferrolterra@gmail.com-
26 de outubro de 2013 19:04
_________________

sábado, marzo 09, 2013

Hoxé Sábado, 9 de marzo, Xosé Manuel Beiras estará en Ferrol

Hoxe en vésperas do 10 de Marzo de 2013, "Día da Clase Obreira Galega", 41 Aniversario dos acontecementos históricos de marzo do 72, onde caían abatidos polas balas da policía da ditadura fascista 'Daniel Niebla e Amador Rey' e case un cento de persoas feridas e ducias de traballadores e traballadoras detid@s, a Coordenadora Comarcal de Anova Irmandade Nacionalista organiza unha visita do Portavoz Nacional da Coordenadora Nacional de Anova, Xosé Manuel Beiras Torrado.

Ás 12 do mediodía está previsto que comece unha  Charla coloquio sobre a situación política de Galicia na Galería Sargadelos. Sobre ás 13:30hs realizara-se unha Ofrenda floral no monumento adicado ó 10 de Marzo e ás 14.30 hs haberá un Xantar con militantes e simpatizantes na sala de de festas A Concha.

______________

xoves, xaneiro 24, 2013

Nova Asemblea Local Constituinte de Anova-Ferrol


O pasado venres 18 de Xaneiro de 2013, celebrou-se unha nova asemblea constituínte de Anova Ferrol. Esta asemblea estaba convocada pola Permanente da organización política de esquerda nacionalista, dado que as tres celebradas con anterioridade, na práctica non foron aceptadas pola Permanente da Coordinadora Nacional, até que esta decideu tutelar a celebración desta última Asemblea. Asistiron a esta asemblea 36 persoas con dereito a voto, dun censo de 45, segundo informou Luis Eyré Diéguez - "Palleiro", responsábel nacional da organización.

As diferenzas dentro da organización debuxan dous proxectos políticos e organizativos diferentes. Por un lado a construción de Anova como unha organización para unha nova cultura política, frente as formas e estruturas dun partido tradicional; e a unidade da esquerda, consolidada en AGE, e que debería ampliar-se, fronte a o rexeitamento a ampliar e consolidar ás alianzas alcanzadas na coalición electoral.

O resultado da asemblea do venres 18 celebrada no Centro Cívico “Carvalho Calero”,  foi a elección, por 22 votos a favor, dunha Coordinadora Local, onde quedou representada a parte de Anova, vinculada ao núcleo que está liderando o proceso constituínte desde prácticas de maquinaria partidista tradicional, e que se mostran contrarios a consolidar as alianzas de AGE. As outras posicións recusaron participar na coordinadora electa.

As persoas que compoñen a actual Coordinadora Local de Anova Ferrol, resultante desta nova asemblea son: Xosé Manuel Pazo Blanco, César Xosé Manso, Xosé Lois Lois Navaza, Sabela Sánchez Trigo, Lois Rico Castro, Xosé Manuel Fontao PitaAine Lois Manso.

Foto: Asemblea Constituinte en Compostela do 14 de Xullo de 2012


Enviado por:
Inácio M. Orero

-inaciogz@gmail.com-
24 de janeiro de 2013 12:32
_________________

Constitución da Asemblea Local de Anova Irmandade Nacionalista de Fene

CONSTITUCIÓN DA ASEMBLEA DE ANOVA FENE

COMUNICADO DE PRENSA

Anova Irmandade Nacionalista de Fene se constituíu como asemblea local, seguindo o mesmo proceso que outras asembleas desta comarca como Ferrol, Cabanas, Pontedeume, etc., e continuando cos acordos da Asemblea Nacional Constituinte do 14 de xullo de 2012 sobre a implantación/organización no noso país a través das asembleas locais e comarcais.

Nós, xente de diversa procedencia, somos unha asemblea soberana no noso ámbito local e que nos confederamos con vocación de permanencia para ser un actor político nacional, e concretamente traballando a prol dos veciñ@s deste concello e comarca.

Coincidimos na necesidade de recuperar a dignidade dunha acción política baseada na radicalidade democrática; nos principios republicanos de igualdade, liberdade, fraternidade e laicidade; na conciencia sobre os límites ecolóxicos do planeta; na loita contra calquera caste de discriminación; na permanente fiscalización por parte da cidadanía dos elixidos e elixidas e en que a orientación das políticas, en todos os ámbitos, deberá sempre estar presidida pola defensa do benestar das maiorías sociais e a defensa das minorías oprimidas, en definitiva, na procura do ben común Para sermos suxeitos dunha democracia viva, directa e participativa, actores comprometidos nos asuntos da res publica, traballadores/as en rede plural e diversa das organizacións e movementos que laboran en toda a parte por un mundo e unha sociedade máis xustos e mellores, galegos e galegas que queremos vivir nunha Terra definitivamente libre, soberana, próspera e en paz.

A continuación indicamos o noso mail para aquelas persoas interesadas en recibir información e afiliarse: anovafene@gmail.com.

Un saúdo, Anova Irmandade Nacionalista de Fene

No facebook:
https://www.facebook.com/anovairmandadenacionalista.fene

No  twitter:
https://twitter.com/AnovaFene

Enviado por:
anovafene
-anovafene@gmail.com-
24 de janeiro de 2013 11:50

__________