mércores, agosto 27, 2008

Artigos e Post sobre o Plano Acuícola [“Plan Sectorial dos Parques de Tecnoloxía Alimentaria na Costa Galega, Revisado”]:

Artigos e Post sobre o Plano Acuícola [Plan Sectorial dos Parques de Tecnoloxía Alimentaria na Costa Galega, Revisado]:

Artigos sobre o Plano Acuícola da Xunta de ...
Convite para unha manifestación nacional contra o Plano Acuícola convocada polas diversas Plataformas en Corrubedo, o 4 de novembro ...

Manifesto 17 de Febreiro de 2008 da Rede Galiza ...
A esas desfeitas temos que unir un Plano Acuícola devastador que significa a destrución de centos de hectáreas das zonas mellor conservadas do noso litoral ...

Rolda de Prensa colectivos contra Plano ...
Asunto: Roda de Prensa colectivos contra Plano Acuícola Rolda de Prensa colectivos contra ... Contido: PRÓXIMAS ACCIÓNS CONTRA O PLANO ACUÍCOLA Asisten: ...

Malpica e Camelle manifestanse contra o ...
O Plano Acuícola da Xunta pretende asolagar este recanto da Costa da Morte ... Vai Pesca a aprobar un Plano Acuícola insustentábel dende o punto de vista ...

4 de Novembro. marcha nacional contra o ...
4 de Novembro. marcha nacional contra o Plano Acuícola da Xunta de Galicia ... Baixo o lema POLA TUA COSTA, POLO TEU MAR: NON AO PLANO ACUÍCOLA faise un ...

... o convite para unha manifestación nacional ...
Asunto: MANIFESTACIÓN NACIONAL CONTRA O PLANO ACUÍCOLA ... NON AO PLANO ACUÍCOLA! A COSTA É GALEGA, E NON DE NORUEGA! Co patrocinio de: ...

Algúns artigos de opinbión ao redor de ...
Os máis de 50 colectivos cívicos reclamamos á Xunta a retirada dun Plano Acuícola insolidario e insustentábel e máis atención aos nosos recursos naturais. ...

O 15 de Novembro, concentración en Muxia na ...
O 15 de Novembro, concentración en Muxia na Defensa da Costa, contra o Plano Acuícola da Xunta de Galicia, convocada pola Plataforma Veciñal de Merexo ...

Manifestación en Malpica o vindeiro domingo ...
Asunto: 20 de xaneiro, contra o Plano Acuícola da Xunta Seiruga Limpa volve a manifestarse o día 20 de Xaneiro, domingo, contra o Plan Acuicola. ...

Unha grande mobilización na Defensa do ...
Miles de persoas manifiestan-se en Corrubedo en contra do Plano Acuícola ... Artigos sobre o Plano Acuícola da Xunta de Galicia publicados no Blog da PA21 ...

Informacións sobre a Marcha Nacional na ...
2 nov 2007 ... NON AO PLANO ACUÍCOLA VINDE BERRAR A CORRUBEDO, VINDE LOITAR POLO MAR, VINDE DEFENDER A TERRA Facemos un chamamento a todos os colectivos, ...

Valoración da Plataforma Medioambiental de ...
E nós, o pobo soberano, o que vive a pé de rúa, dixemos onte en Corrubedo non só que o Plano Acuícola da Xunta é inaceptábel, indecente e indigno, ...

Presentada a Rede Galiza Non se Vende
... do Courel a Corrubedo, as explotación mineiras, REGANOSA, o Plano Acuícola, ... Moitos despropósitos en pouco tempo, e o PP frotando-se as mans, . ...

Marcha a Corrubedo (Novo horario)
"Non o Plano Acuícola" Corrubedo, 4 de Novembro, ás 12 horas. Desde FERROL Saída de autobuses (Correos - Praza de Galicia) ás 8,45 horas * ...

Crónica: a mobilización social que volve
... xa que van desde o rexeitamento do Plan Acuícola que pretende ... desas augas e volve situar nun primeirísimo plano o papel da autoorganización social e ...

Confirmado lugar, data e hora para a ...
14 nov 2007 ... no seu artigo 11 e seguintes, a elaboración do “Plano da Minaría de ... acuícolas, etc; unicamente “literatura de sostibilidade” para ...


Pola unidade de acción contra o Plano ... [19.08.2008]
A organización ecoloxista ADEGA, tamén ven manifestando publicamente a súa oposición ao Plano Acuícola e agora chama á mobilización. ...


Goberne quen goberne Galiza non se vende ... [08.08.2008]
8 ago 2008 ... O Manifesto que acompañaba a esta grande e histórica mobilización popular dicía: "A esas desfeitas temos que unir un Plano Acuícola ...


Convocatoria urxente da Rede Galicia Non Se Vende: Xoves 28 de Agosto, en Compostela contra o Plano Acuícola da Xunta de Galicia [26.08.2008]

Parece ser que o goberno galego ten intención de aprobar este xoves 28 de agosto, no seu Consello, o “Plan Sectorial dos Parques de Tecnoloxía Alimentaria na Costa Galega, Revisado”, máis coñecido como Plano Acuícola ...
___________________

martes, agosto 26, 2008

Convocatoria urxente da Rede Galicia Non Se Vende: Xoves 28 de Agosto, en Compostela contra o Plano Acuícola da Xunta de Galicia

Convocatoria Urxente: Xoves 28 de Agosto, ás 11 da mañá en San Caetano, Santiago de Compostela

Parece ser que o goberno galego ten intención de aprobar este xoves 28 de agosto, no seu Consello, o “Plan Sectorial dos Parques de Tecnoloxía Alimentaria na Costa Galega, Revisado”, máis coñecido como Plano Acuícola.

Este proxecto, amplamente rexeitado, expropia terreos nalgúns dos máis privilexiados e virxes recantos da costa galega, para poñelos en mans das multinacionais do peixe de granxa. Unha actividade económica antiecolóxica (fan falla tres quilos de peixe bravo para producir un quilo de peixe de granxa), de forte impacto ambiental e pasaxístico e que compite coa actividade pesqueira artesanal.

A rede de colectivos GALIZA NON SE VENDE convoca con urxencia para este xoves, día 28 de agosto, unha concentración en Compostela. Ás 11:00 da mañá en San Caetano. Acude e mostra o teu rexeitamento ás políticas que favorecen aos grandes grupos empresariais perxudicando ao interese xeral.

XOVES 28, ÁS 11 DA MAÑÁ EN SAN CAETANO

AS MELLORES PISCIFACTORÍAS SON AS NOSAS RÍAS

GOBERNE QUEN GOBERNE GALIZA NON SE VENDE


__________

Enlaces Relacionados:

Pola unidade de acción contra o Plano ... [19.08.2008]
A organización ecoloxista ADEGA, tamén ven manifestando publicamente a súa oposición ao Plano Acuícola e agora chama á mobilización. ...


Goberne quen goberne Galiza non se vende ... [08.08.2008]
8 ago 2008 ... O Manifesto que acompañaba a esta grande e histórica mobilización popular dicía: "A esas desfeitas temos que unir un Plano Acuícola ...


Outros enlaces relacionados nos Arquivos Ártabros sobre o Plano Acuícola [“Plan Sectorial dos Parques de Tecnoloxía Alimentaria na Costa Galega, Revisado”].

________________

Informe: Arrestaron a catro persoas implicadas en conspiración para asasinar a Obama

Informe: Arrestaron a catro persoas implicadas en conspiración para asasinar a Obama

A canle de televisión de Denver CBS4 está informando que polo menos catro persoas están arrestadas por un posible complot para asasinar a Barack Obama, no que se planeaba dar morte ao candidato durante o discurso de aceptación que deu o xoves pola noite na Convención Nacional Demócrata. Estes homes están detidos por cargos de posesión de drogas ou armas. Un dos sospeitosos díxolle ás autoridades que ían "a dispararlle a Obama desde un lugar estratéxico, cun rifle con mira telescópica, a unha distancia de case 700 metros". Fontes da policía dixéronlle a CBS4 que se lle preguntou directamente a un dos sospeitosos se foran a Denver a asasinar a Obama, e este respondeu que si. O domingo, a policía arrestou a Tharin Gartrell durante un control de tránsito de rutina nun área residencial periférica de Denver. Dentro da camioneta que alugara, a policía atopou dous rifles- un deles con mira telescópica-, un chaleco antibalas, caixas de municións, radios portátiles e supostos narcóticos. Logo as autoridades foron a un hotel local e arrestaron a un cómplice de Gartrell, chamado Shawn Robert Adolph. A policía logrou arrestalo logo de que saltou desde a fiestra dun sexto piso para evitar ser capturado. As fontes dixeron que Adolph tiña unha esvástica, e que se cre que está vinculado a organizacións defensoras da supremacía da raza branca. O FBI e o Servizo Secreto están investigando o presunto complot.

________

Xa está publicado o Boletín de Noticias e os audios "Os titulares de hoxe" correspondentes a hoxe, Martes, 26 de Agosto de 2008, no

Blog para difundir Democracy Now! desde Galiza:

http://democracia-xa.blogspot.com/

__________

Difundindo Democracy Now! desde Galiza
Outra óptica para dar as noticias ou as outras noticias, Democracy Now! (Democracia Xa!) é un programa de difusión diaria en todo o mundo que se transmite a través de máis de 700 emisoras de radio e televisión en Estados Unidos, América Latina e Europa. [+ Info]

_______________

Aponta-se IU ao neoliberalismo? Nom à privatizaçom de serviços municipais em Ferrol

De: nosup-trasancos@nosgaliza.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 26 de agosto de 2008 17:09
Assunto: Aponta-se IU ao neoliberalismo? Nom à privatizaçom de serviços municipais em Ferrol



Aponta-se IU ao neoliberalismo? Nom à privatizaçom de serviços municipais em Ferrol

Nos últimos dias, deparamos com umha desagradável, ainda que relativa, surpresa na política da coligaçom governante na nossa cidade. O edil de Obras, Miguel Reimúndez, anunciou a assinatura de um contrato de privatizaçom do serviço de manutençom de ruas e passeios, de maneira semelhante a como se privatizou, no seu dia, a manutençom dos jardins ferrolanos.

Segundo diversos meios, será um contrato de dous anos em que o concelho se compromete a pagar 1.000.000 de euros e com o qual, segundo Reimúndez, vai "agilizar-se" o procedimento administrativo para a execuçom das obras, que até agora demorava até quatro semanas pola burocracia excessiva e a falta de meios próprios para acometer as obras menores.

É verdade que o serviço de manutençom municipal nom funciona como deveria. É verdade que é um tema de suficiente importáncia, polo que afecta no dia a dia da vizinhança, para que seja afrontado de maneira realista e resolutiva. É necessária umha brigada de obras dependente da administraçom local, com meios e pessoal suficientes para atender as necessidades.

Em lugar disso, a 'soluçom' proposta por IU consiste em aplicar as políticas do Partido Popular, imitadas cada vez mais também polo PSOE e polo BNG. Essas políticas partem da desatençom às necessidades do trabalho público para assim justificar as privatizaçons, que nom resolvem o problema e hipotecam os recursos públicos.

Nom é nada novo, nem sequer em Ferrol. Antes, partidos como o PP, PSOE e BNG assinárom contratos privatizadores de serviços como a água, o lixo ou a manutençom de jardins.

Como sempre nestes casos, parte-se de umha realidade: o mau funcionamento de umha área e, em lugar de fazê-la funcionar, decide-se pô-la em maos de umha empresa privada, favorecendo o lucro dos empresários e a precarizaçom das condiçons de emprego. Quer dizer, o governo renuncia a governar e contrata umha empresa que o faga no seu lugar, enquanto contribui para desacreditar os mesmos serviços públicos que renunciou a fazer funcionar.

De NÓS-Unidade Popular denunciamos a aplicaçom de receitas neoliberais como a que propom agora Izquierda Unida em Ferrol, e reivindicamos umha reforma dos mecanismos e recursos que afectam à área da manutençom de obras, pondo a funcionar umha brigada pública de manutençom e obras menores, para que funcione como deve sem deixar de ser o que sempre foi: um serviço público.

Assembleia Comarcal de NÓS-Unidade Popular

Ferrol, 26 de Agosto de 2008
_________________________

"Biblioteca Móvel': Consideraçons da Fundaçom Artábria à resposta do Gabinete de Comunicaçom do Concelho de Ferrol

De: Fundaçom Artábria -artabria@artabria.net-
Para: artabra21@gmail.com
Data:
26 de agosto de 2008 15:15
Assunto: "Biblioteca Móvel': Consideraçons da Fundaçom Artábria à resposta do Gabinete de Comunicaçom do Concelho de Ferrol

"Biblioteca Móvel': Consideraçons da Fundaçom Artábria à resposta do Gabinete de Comunicaçom do Concelho de Ferrol

A seguir reproduzimos o correio recebido do Gabinete de Comunicaçom do Concelho de Ferrol em relaçom ao nosso comunicado sobre a escassa presença de livros em galego na 'Biblioteca Móvel' de Doninhos:

"Boas tardes, Dende o Gabinete de Comunicación do Concello de Ferrol facilitamos a relación de fondos bibliográficos da biblioteca móbil ubicada en Doniños. Libros ofertados: 342. Dos que: Libros en inglés: 43. Libros en castelán: 145. Libros en galego: 154. Achegamos relación completa cos títulos das obras. Grazas".

A seguir, apresentamos umhas consideraçons finais, encaminadas ao próprio Concelho, sobre o caso e acompanhamo-las de quatro imagens da referida Biblioteca.

Agradecemos a vossa informaçom relativa ao fundo editorial disponível na chamada 'Biblioteca Móvel' de Doninhos. Contodo, e sem afám de fazer deste assunto casus belli, queremos também fazer algumhas consideraçons que consideramos importantes na hora de desenvolver iniciativas como essa:

1. É bom saber que existem mais livros em galego dos que estám à vista do público.

2. Porém, o mais importante nom é isso, e sim o facto, denunciado por nós no comunicado que figemos público, de que o galego é quase 'invisível' no expositor de livros existente em Doninhos. O espanhol é claramente hegemónico e o espanhol, como inglês, é residual nos livros infantis e inexistente nos livros para adultos. Enviamos-vos umhas fotos do expositor para que o comprovedes.

3. É verdade que, no interior do expositor, há mais livros em galego, mas os livros ocultos nom contam. É importante pô-los à vista e nom utilizar o galego como simples conta estatística.

4. Poderíamos ainda indicar que o uso do galego por parte das pessoas encarregadas do serviço é, nalgum caso, nulo, inclusive quando as usuárias e usuárias se dirigem a elas em galego. Isso tem também a sua importáncia.

Em definitivo, mantemos a nossa crítica, achamos que fundamentada e construtiva, e esperamos que, sobretodo de cara ao futuro, esta positiva iniciativa tenha mais em conta a necessidade de visualizar a presença de livros em galego.


______________

A Asociación Ferrol Deporte, manifestase sorprendida polas declaracións do Partido Popular, sobre unha piscina de 50 mts no Bertón

De: Ferrol Deporte -ferroldeporte@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 26 de agosto de 2008 07:48
Asunto: sobre piscina de 50 mts no Berton



A Asociación Ferrol Deporte, manifestase sorprendida polas declaracións do Partido Popular, sobre unha piscina de 50 mts no Bertón.

Xa no anterior mandato municipal, con Juan Juncal como Alcalde, como na propia Consellería de Vivenda, como ós actuais gobernantes municipais, está asociación de entidades que engloba a 6 das mais representativas do deporte ferrolan, mostraron a sua disconformidade, co plantexamenteo feito para o Bertón, pois as parcelas adicadas ó espazo deportivo, son "recortes" que foron quedando.

Ningunha con posibilidades, por tamaño e posibilidade de equipamento, de facer unha instalaciòn digna, para un barrio que se supón que vai a ser o espallamento de Ferrol, así como para paliar os deficits deportivos que ten Ultramar.

No deporte, sempre se pensa a posteriori a base de parches, por iso dende FerrolDeporte, se chama a planificación futura, tanto de infraestructuras como de política deportiva en xeral.

Así pois FerrolDeporte, sauda que na actualidad o Partido Popular, pense no futuro, pero quere facer un chamamento para que todos os partidos pensen no futuro, coa participación das propias entidades deportivas.

Ferrol 26/08/08

FERROL DEPORTE
Aptdo.297 - Ferrol
________

Enlaces Relacionados:

Club Natación Ferrol
Club Ria Ferrol
Balonmano Ferrolterra
Club Montaña Ferrol
Club Remo A Cabana
Grupo Bazán

Nos Arquivos Ártabros:
O espazo deportivo no desenvolvemento futuro do novo barrio do Bertón
Carta á Consellería da Vivenda

_____

A ‘Biblioteca Móvel’ municipal de Doninhos só promove a leitura em espanhol

De: Fundaçom Artábria -artabria@artabria.net-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 24 de agosto de 2008 19:05
Asunto: A ‘Biblioteca Móvel’ municipal de Doninhos só promove a leitura em espanhol


A ‘Biblioteca Móvel’ municipal de Doninhos só promove a leitura em espanhol

O que se anunciou como um projecto inovador que levasse a leitura aos areais de Ferrol, a começar polo de Doninhos, está a servir para promover quase exclusivamente a leitura em espanhol, com excepçom de algumha rareza em galego e em inglês.

A iniciativa, fruto da colaboraçom entre as áreas da Educaçom e da Cultura, junto com o Ministério espanhol do Ambiente, contradi a suposta vontade normalizadora expressada por umha parte do governo municipal, e com a própria existência de um Conselho Municipal de Língua em que os representantes institucionais se comprometêrom a assumir o uso normal do galego nas actividades da instituiçom local ferrolana.

Será que Sofía Vasques, responsável do serviço, desconhece que em Doninhos também há banhistas galegofalantes? Ou será que ela e os restantes responsáveis políticos pensam que o espanhol necessita umha promoçom especial frente ao galego?

Da Fundaçom Artábria pedimos ao governo municipal que preside Vicente Irisarri, e em concreto às áreas de Cultura e de Educaçom, que rompam com as inércias antigalegas, rectifiquem e aproveitem a positiva iniciativa da 'Biblioteca Móvel' para promover a leitura em galego.

Comissom de Língua da Fundaçom Artábria

Ferrol, Trasancos, 24 de Agosto de 2008


Sítio webda Fundaçom Artábria
http://www.artabria.net

Sítio web do festival da Terra e da Língua
http://www.artabria.net/festival

__________

luns, agosto 25, 2008

O Comité Cidadán de novo na rúa para denunciar a entrada na Ría dun novo buque cargado con GNL para REGANOSA

[Foto: Xoán Porto - sob uma licença Creative Commons....a saída das tropas invasoras coincidiron coa entrada do gaseiro "LNG "Norman Lady" en Reganosa, á que lle adicaron algún improperio ;-) - Marcha polos Montes de Brión- Clicar acima para ampliar ]

O Comité Cidadán de novo na rúa para denunciar a entrada na Ría dun novo buque cargado con GNL para REGANOSA

A entrada na nosa Ría, dun novo buque gaseiro, o "LNG NORMAN LADY" que fai o nº 27 desde Maio do pasado ano, cargado con GNL para a ilegal e perigosa REGANOSA, fixo que o Comité Cidadán de Emerxencia convocara unha nova concentración na Praza Amada García, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia de Ferrol, este Domingo 24 de Agosto de 2008, ás 8 da Tarde.

Desta vez sorprendeu a forza e ganas coas que as mulleres e homes do Comité Cidadán denunciaron o despropósito gasístico e a corrupción que o acompaña. Consignas denunciadoras e reivindicativas, acompañaron a sirenas, pitos, matracas, ... que se podían escoitar a trescentros metros no contorno da Praza. Para finalizar o acto diante de case un cento de persoas, interveu o compañeiro "Lalán", Coordenador do Comité Cidadán, reiterando a vontade de continuar na loita até acadar os nosos obxectivos. Dixo: "Este vello buque, de máis de 35 anos, xa tivo un accidente importante, ao chocar o 13 de Novembro do 2002 co submarino nuclear norteamericano -Oklahoma City- no Estreito de Gibraltar". Falou do acidente de hai uns dias na cidade canadiana de Toronto, onde extoupou un tanque de gas propano, 2000 veces menos de capacidade que os de REGANOSA, onde tiveron que evacuar a máis de 1000 persoas. Nomeou o innomeábel Plano de Emerxencia para REGANOSA, estabelecido para un radio de 400 metros desde o centro das instalacións gasísticas, un Plano que só pretende cubrir un expediente administrativo, totalmente fora da realidade e tramposo, pois a localización actual da planta de gas, no corazón da Ría, supón un risco potencial enorme para toda a poboación que moramos nesta comarca que atenta contra a nosa seguridade e a nosa vida. Plano de Emerxencia dunha Planta que xa non tiña que estar localizada aí, transgredindo normativas importantes de seguridade e sentido común, só explicábel polos grandes intereses económicos e a corrupción política, unha Planta que só beneficia a uns poucos e perxudica a toda unha comarca.

A RÍA É NOSA E NON DE REGANOSA!!
PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
A LOITA CONTINUA !!
_________
Boletín nº 14 do Comité Cidadán de Emerxencia [2008]
Boletín nº 13 do comité Cidadán de Emerxencia [2007]
Boletín nº 12 do Comité Cidadán de Emerxencia [2005]
___________________

PARTICIPA !!
Ponte en contacto co Comité Cidadán:
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org

COLABORA !!
O Comité Cidadán de Emerxencia, necesita apoio económico, para que poida desenvolver a súa actividade
NOVA CONTA DO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA
C/C en BBVA, titular:
Ángeles Cuadrado e outros.
Para ingresar desde unha oficina bancaria desde dentro do Estado:
0182-0232-77-0201521046

Para ingresar desde unha oficina bancaria desde fóra do Estado:
Codigo BIC: BBVAESMMXXX
IBAN
ES80 0182 0232 7702 0152 1046

Blog solidario coa veciñanza de Meá
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org
___________________

Resumo Semanal de Democracy Now!, 18 ao 22 de agosto de 2008

Resumo Semanal de Democracy Now!, 18 ao 22 de agosto de 2008
Sábado 23 de agosto de 2008

Duración aproximada : 00:13:37 e 00:13:24

Producción: URCM , Radio Pacífica


O audio do Resumo Semanal atopa-se nos siguientes enlaces:

dn18-22agos2008parte1.MP3
6.2 MB

-Converter a outros formatos-

dn18-22agos2008parte2.MP3
6.1 MB

-Converter a outros formatos-


Enlace orixinal en URCM:
http://audio.urcm.net/spip.php?article2854

________________________

Difundindo Democracy Now! desde Galiza
Outra óptica para dar as noticias ou as outras noticias, Democracy Now! (Democracia Xa!) é un programa de difusión diaria en Estados Unidos e o resto do mundo que se transmite a través de máis de 700 emisoras de radio e televisión en Estados Unidos, América Latina e Europa.[+ Info]

Blog para difundir Democracy Now!desde Galiza:
http://democracia-xa.blogspot.com/

____________

sábado, agosto 23, 2008

XIX Marcha polos Montes de Brión, Domingo 24 de Agosto de 2008

XIX Marcha polos Montes de Brión, Domingo 24 de Agosto de 2008

Un ano máis unha andaina de lecer e reivindicación histórica, percorrerá un dos espazos máis fermosos doa nosa contorna, pola mañá ás 10:30 hrs, sairá a lancha que cruzará a nosa degradada Ría até o Castelo de San Felipe, durante o percorrido poderemos ver o despropósito gasístico que a empresa REGANOSA instalóu ilegalmente en Punta Promontorio, coa complicidade das administracións e a maioría dos partidos políticos, e desde alí iremos por S.Cristobal e Cariño, onde poderemos observar a fermosa paisaxe, mais tamén podemos darnos conta do angosto da canle da Ría, duns 4.000 metros de longo, mais moi estreita e de pouco calado, cunha canle sumerxida de apenas 11,30 m de profundidade e 160 m de largo e en zig-zag, cun fondo de cascallo e rocha que teñen que surcar os buques metaneiros cargados con GNL que entran na Ría con destino a REGANOSA, poñendo en perigo a vida de miles de persoas. Mesmo ese día está prevista a entrada do "LNG Norman Lady" que terá que entrar en pleamar diurna, con práctico a bordo e catro remolcadores que auxiliarán ao buque desde “Prioriño Chico- Punta Coitelada” até o Peirao de Mugardos que construíu "Forestal do Atlántico" alegalmente, e do que o Sr. Tojeiro tirou euromillonarias plusvalias coa súa venda a REGANOSA. Logo hai que subir até Monteventoso, onde a a paisaxe brilla pola súa fermosura e desde alí , baixada até Confurco e subida até os Montes de Brión. Aquí xa a paisaxe é total, nada se escapa á vista, mais hai que ter coidado pois a veciñanza de Brión estanos agardando para darnos unha malleira, pois as persoas que disfrutamos da andaina somos os "ingleses invasores". Mais hoxe non é como hai 208 anos, onde eran días de violencia, morte e sangue, pois todo remata en Liñares, pouco antes das dúas da tarde, cun bon xantar e música.

Pola tarde non estaría de mais achegarse á Praza Amada García, frente ao Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, onde o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol ten convocada unha concentración, ás 8 da Tarde, en protesta pola entrada na nossa Ría do citado buque metaneiro.


Para información sobre a Marcha de Brión, visitar a interesante web do Clube de Montaña de Ferrol:
http://www.clubmontanaferrol.com/brion.html

venres, agosto 22, 2008

Domingo 24 de Agosto, concentración cidadá en protesta pola entrada na Ría dun novo buque gaseiro, o vello metanero de 35 anos "LNG Norman Lady"

De: Comité Cidadán de Emerxencia
Para: artabra21@gmail.com
Data: 22 de agosto de 2008 16:19
Asunto: Domingo, 24 de agosto: CONCENTRACION (Entrada 27º Gaseiro)



Domingo, 24 de agosto: CONCENTRACION (Entrada 27º Gaseiro)

Anunciada a chegada a nosa ría do gaseiro nº 27
coa súa carga de GNL para Reganosa,
o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
convoca unha
CONCENTRACIÓN
DOMINGO, 24 de Agosto, ás 8 da tarde

Ante o Edificio da Xunta de Galicia
Praza Amada García (xunto á Praza de España)

Acode e difunde

Buque esperado: "LNG NORMAN LADY" Bandeira: Noruega
Eslora: 249,5 m. manga: 40,08
Antiguedade: 35 anos (Construído o 11.05.1973)
Capacidade : 87.600 m3

Este vello buque xa tivo un accidente importante,
ao chocar o 13 de Novembro do 2002
co submarino nuclear norteamericano "Oklahoma City"
no Estreito de Gibraltar.

¡¡PLANTA DE GAS FORA DA RÍA!!


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org

______________

xoves, agosto 21, 2008

Medindo a Felicidade

Interesante artigo postado por Ortigueira Sostible na web da Rede Galiza Non Se Vende:



Medindo a Felicidade

Onde vivimos importa: Non é só un tópico nin se pode reducir a slogan dunha Consellería. Á marxe das circunstancias persoais e da nosa propia capacidade para atopar felicidade, o benestar depende incuestionablemente da posibilidade de levar unha vida digna e saudable, e isto é estadísticamente mais probable nuns lugares que en outros. Dende fai moito se tenta facer unha distribución xeográfica da felicidade cuantificando o nivel de benestar dos estados: Ata fai pouco se facía cun único parámetro, o crecemento económico, que reflectía a riqueza destes e se concretaba nas cifras do PIB e a renta per cápita. Actualmente este indicador está sendo moi cuestionado porque non expresa moitas das variables das que depende o nivel de satisfaccións dos cidadáns. De feito, o PIB pode aumentar, e nomeadamente o fai, en situacións de guerras e catástrofes naturais, e pode tamén ser moi elevado en estados onde non se respectan os dereitos civís ou onde existen diferencias económicas extremas. Ademais, as cifras do PIB se nutren de actividades económicas positivas tanto como da industria armamentísta e outras de moi dubidoso beneficio social.

O Índice de Desenvolvemento Humano (IDH) elaborado pola ONU introduce na medición, ademais do PIB, outros dous importantes indicadores do benestar social: A esperanza de vida e a educación (taxa de alfabetización de adultos, taxa de matriculación nos distintos niveis de ensinanza e anos de duración da educación obrigatoria). Este medidor revela xa (informe IDH 2008) que os índices elevados de PIB non se corresponden sempre coas outras variables do IDH, mesmo en EEUU. ...

...

Acceder ao artigo completo na Web da Rede Galiza Non Se Vende
ou de Ortigueira Sostible. [Con comentarios de interese]
__________________

Difundindo Democracy Now! desde Galiza

Difundindo desde Galiza o Boletín de Noticias, do 21 de Agosto de 2008, de Democracy Now!
http://democracia-xa.blogspot.com/

Outra óptica para dar as noticias ou as outras noticias, Democracy Now! (Democracia Xa!) é un programa de difusión diaria en Estados Unidos e o resto do mundo que se transmite a través de máis de 700 emisoras de radio e televisión en Estados Unidos, América Latina e Europa. Democracy Now! emítese en Pacifica, NPR (Radio Pública Nacional), estacións de radio comunitarias e universitarias; en canles comunitarias por cable, PBS (televisión pública), televisión por satélite (DISH network: Free Speech TV canle 9415 e Link TV canle 9410; DIRECTV: Link TV canle 375), como un "podcast" por internet, todo desde un proxecto que nasce en Downtown Community Television Center (Centro Comunitario de Televisión da Cidade), un centro de medios de comunicación comunitarios no barrio de Chinatown en Nova York.

O "Informe de Guerra e Paz " de Democracy Now! proporcionanos acceso, a persoas e puntos de vista raramente escoitados nos grandes medios convencionais, incluíndo xornalistas independentes e internacionais, xente corrente de todas partes do mundo que resulta afectada directamente pola política exterior de EEUU, dirixentes de organizacións de base e activistas pola paz, artistas, académicos e analistas independentes. Ademais diso, o Informe de Guerra e Paz mantén debates reais ... debates entre persoas que están substancialmente en desacordo, por exemplo entre o portavoz da Casa Branca ou o Pentágono por unha banda e activistas prol paz polo outro.

Que é Democracy Now ?
Democracy Now! , a voz da esquerda.
Artigo de Le Monde Diplomatique(.pdf)


A hora completa do programa de radio e televisión Democracy Now! -- "O Informe de Guerra e Paz" -- sae en inglés (texto, audio, e vídeo) en www.democracynow.org. A continuación o noticiero "Os titulares de hoxe" e a síntese en español da hora completa do programa. O audio e o texto atópanse en www.democracynow.org/es

Blog para difundir Democracy Now!desde Galiza:
http://democracia-xa.blogspot.com/

Estes son "Os titulares de hoxe" [21.08.2008]:

* Informe: 79 millóns de estadounidenses teñen problemas para pagar as súas contas médicas
* Axentes do FBI poderían obter máis facultades para investigar a calquera persoa
* Morren preto de corenta persoas en atentado con bomba en fábrica de armas de Paquistán
* Negociadores iraquís e estadounidenses conclúen proxecto de acordo de seguridade
* Enquisa indica que McCain ten unha vantaxe de cinco puntos porcentuais sobre Obama
* Anuncio de Obama critica vínculos de McCain con colega de Abramoff
* McCain dixo sobre restituír o servizo militar obrigatorio: ?Non estou en desacordo?
* Libby é interrogado sobre carta falsificada pola CIA
* Informe: Lume amigo da OTAN matou tropas francesas en Afganistán
* Dúas anciás chinesas enfrontan posibilidade de ser obrigadas a ir a campo de traballo por presentar permiso para protestar
* Funcionario de ONU advirte sobre sistema de alimentación neocolonial
* Tribunal ditamina que pasaxeiros poden impugnar a súa inclusión en lista de quen non poden viaxar en avión
* 150 mortos en accidente aéreo en España
* Grupos indíxenas peruanos pon fin a protestas despois de que lei de terras é rexeitada
* Ex oficial indonesio de intelixencia acusado de asasinar a activista
* Morre congresista de Ohio Stephanie Tubbs Jones, de 58 anos
* Falece ex líder chinés Hua Guofeng, de 87 anos

____

Boletíns Informativos
Democracy Now!
Democracia Xa!
Difundindo Democracy Now! desde Galiza
http://democracia-xa.blogspot.com/
____________

Moi urxente 7 gatiñ@s para adoptar xa!

De: Asociación Cometa -correo@asociacioncometa.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 21 de agosto de 2008 11:54
Asunto: Gatos urgente




Ola a tod@s:

Bos días, temos un caso moi urxente de 7 gatiños de entre mes e medio e dous meses que ou se dan pronto ou vanse sacrificar. Se sabedes de alguén que queira un gatiño por favor que se poña en contacto con nosotros chamando ao 617 040 992 ou escribindo ao correo@asociacioncometa.com
Un saúdo e grazas.
__________

Para mais información:

Asociación para un Comportamento Ético cos Animais COMETA

r/Manoel Antonio, 4-1º Narón

Tlfno. 617 040 992

correo@asociacioncometa.com

www.asociacioncometa.com
____________

O Ateneo Ferrolán acorda concedela Mención de Gaita de Ouro “Constantino Bellón” correspondente ao ano 2008 ó programa da CRTVG “ALALÁ”

De: Ateneo Ferrolán -bettinakorten@freenet.de-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 20 de agosto de 2008 12:45
Asunto: [Ateneo Ferrolán] Gaita de Ouro “Constantino Bellón” 2008







Témolo pracer de comunicar o acordo tomado en Xunta Directiva, referente á Institución da Mención Honorífica do Ateneo Ferrolán Gaita de Ouro “Constantino Bellón” e a súa concesión.

A imposición da citada Mención terá lugar no ACTO que se celebrará o próximo domingo día 31 de agosto, as 20:30 horas, no Teatro JOFRE de Ferrol coincidindo coa Final do XVIII Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón”.

O Ateneo Ferrolán acorda concedela Mención de Gaita de Ouro “Constantino Bellón” correspondente ao ano 2008 ó programa da CRTVG “ALALÁ” pola súa laboura de difusión e defensa da música tradicional galega.

Asinado:
ELISEO ZAERA RÍOS
Presidente do Ateneo Ferrolán.
VICTOR FERNÁNDEZ GABEIRAS
Presidente do Xurado do Constantino Bellón.
_______

Ateneo Ferrolán
Un lugar de encontro para a cultura desde 1879
e-mail:
a_ferrol@teleline.es Telf.: +34 981 357 970 Fax: 981 354 098
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204, 1º.CP.15402 - FERROL (A Coruña)
Apdo. Correos: 303

____________

mércores, agosto 20, 2008

Para Ver

martes, agosto 19, 2008

Pola unidade de acción contra o Plano Acuícola da Xunta de Galicia

Pola unidade de acción contra o Plano Acuícola da Xunta de Galicia
A Rede Galiza Non Se Vende, ven debatindo, durante todo este mes con propostas concretas, a necesidade de mobilizar-se, para o 28 de Agosto, data na que se preve que o Consello Xeral da Xunta de Galicia aprobe o Plano Acuícola. A organización ecoloxista ADEGA, tamén ven manifestando publicamente a súa oposición ao Plano Acuícola e agora chama á mobilización. Non debemos desaprobeitar a situación e clamar pola unidade para rexeitar na rúa este Plano Industrial que legalizaría e permitiría a construción e ampliación de grandes piscifactorias no noso litoral que empobrecen e contaminan as nosas costas.

[Para ampliar clicaracima da foto]

Noticia de Interese publicada no xornal dixital Anosa Terra Diario

CACELORADA O 28 DE AGOSTO EN SANTIAGO
ADEGA dille ao BNG que o culpará do Plan Acuícola

Redacción. A asociación ecoloxista, próxima aos nacionalistas, asegura que se o Consello da Xunta aproba o Plan Acuícola 'deixará de ser responsabilidade de Pesca [controlada polo PSdeG] e converterase nun proxecto de todo o goberno'.
Reloxo 18.08.2008 | 07:00

ADEGA, a principal asociación ecoloxista do país, responsabilizará tamén ao BNG se finalmente a Xunta aproba o polémico Plan de Acuicultura de Galicia. "Se o aproba o Consello deixará de ser responsabilidade de Pesca [controlada polo PSdeG] e converterase nun proxecto de todo o goberno", advirte o secretario executivo Fins Eirexas.
O BNG non aclarou a súa posición

O ecoloxista, en declaracións a ANT, quere "lanzar unha mensaxe moi clara ao BNG: se o apoian vai haber críticas para todos". Dende ADEGA, organización moi próxima ao nacionalismo, explícase que xa se reuniron con parlamentarios do PSOE e do Bloque para advertirlles das consecuencias de aprobaren o documento en época prelectoral.

Foi a oposición do Bloque a varias granxas o principal factor que impediu a Pesca aprobar o Plan antes do verán, como comprometera no Parlamento o presidente Touriño. Con todo, o BNG non aclarou se as súas reticencias son fortes abondo como para votar en contra do proxecto dos seus socios de goberno no Consello da Xunta.

Manifestación o 28 de agosto

Malia os rumores de adianto electoral, Eirexas está convencido de que o Executivo tentará darlle luz verde ao Plan Acuícola o 28 de agosto, na primeira reunión do Consello. De feito, ADEGA comezou a organizar unha cacelorada de protesta para esa data en San Caetano.

A organización conta con que acudan moitos colectivos veciñais coordenados na plataforma Galiza non se Vende. Eirexas insiste en que se os conselleiros aproban o proxecto de Pesca "vailles chover críticas de todos os lados".

Agricultura ecolóxica como alternativa

O ecoloxista pensa que, malia que a Xunta aprobe o Plan, moitas granxas non se porán en marcha por problemas legais e pola oposición veciñal. En particular, sinala o proxecto de Quilmas, no que unha cooperativa, a Raíña Lupa, lanzou un proxecto de agricultura ecolóxica co apoio da consellaría de Medio Rural.

Noticia orixinal no xornal "A Nosa Terra Diario"
____________

Un camión cisterna con GNL ten un accidente en Reolid - Albacete

De: Comité Cidadán de Emerxencia -comitecidadan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 19 de agosto de 2008 00:20
Asunto: ACCIDENTE DE GAS EN ALBACETE




ACCIDENTE DE GAS EN ALBACETE


Hoxe 18 de agosto, na provincia de Albacete, á altura do km 265 da N-322, un camión cisterna cargado de Gas Natural Licuado sufriu un accidente, ao saírse da vía por causas non coñecidas, no que hai que lamentar a morte do condutor.

Desde primeiras horas da mañá, dotacións de bombeiros de catro concellos, con sete camións, veñen traballando para controlar a fuga de gas e neutralizar o risco de incendio e explosión.

Durante todo o día a Nacional 322 permanece cortada nese punto.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org

____________

A noticia en Europa Press
__________

luns, agosto 18, 2008

Concentración contra a violencia machista, hoxe, 18 de Agosto na Praza do Concello de Ferrol, en repulsa polo asasinato de Aelica Da Costa

LUNS, 18 DE AGOSTO, ÁS 8 DA TARDE, NA PRAZA DO CONCELLO DE FERROL, CONCENTRACIÓN CONTRA A VILOLENCIA MACHISTA, EN REPULSA POLO ASASINATO, ONTE EN VIGO, DE AELICA DA COSTA

[Para ampliar clicar acima da foto]

De: lupe ces -lupeces@gmail.com-

Para: artabra21@gmail.com

Data: 18 de agosto de 2008 10:48

Asunto:asasinato de AELICA em Vigo



A MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES CONVOCA PARA HOXE CONCENTRACIÓNS DE REPULSA POLO ASESINATO DE AELICA
Luns, 18 Agosto 2008 09:08 Marcha Mundial das Mulleres na Galiza

Aelica Dacosta tiña só 25 anos, ainda asi, a súa vida estaba chea de responsabilidades, dous nenos de 4 e 3 anos e unha vida laboral como empregada doméstica, que apunta un dia a dia cargado de dificultades. O machismo sesgou a súa vida e deixa unha ferida incurábel nas súas crianzas e na súa familia. Nen as leis, nen a acción da Xustiza, nen os servizos sociais de apoio foron útiles nesta ocasión, para salvar a súa vida, porque a violéncia machista, que se cobra vidas de mulleres en todo o planeta, xustificada polas leis en moitos estados e até hai pouco, non penalizada no noso país, necesita moito máis para ser erradicada. Precisa de profundizar no modelo social inspirado nos valores da igualdade e o respeto, que faga desaparecer das estruturas políticas, económicas, relixiosas e culturais todo o que signifique discriminación, desigualdade e opresión. Pode soar a utopía mais, para as feministas, é o camiño irrenunciábel. O sangue das 45 mulleres asesinadas no que vai de ano no estado español, e o sangue de Aelica, unha nova vítima mortal da violencia machista en Galiza,nos están indicando que non é suficiente coas políticas que se están aplicando, que non é suficiente a conciencia e o compromiso que está tendo a sociedade na loita contra o machismo, por máis que hai uns días tivesemos un exemplo notábel, ainda que con tráxico resultado, na persoa de Jesús Neira, o ferrolán que se debate agora entre a vida e a morte por intervir para parar unha agresión. Mais que nunca, a violencia machista é un problema de TODAS e de TODOS, por iso, apoiar políticas, expresións relixiosas ou culturais que impliquen discriminacións, ou deixar de actuar, de denunciar, de rechazar ou intervir contra as expresións e actos machistas, pode significar alimentar a espiral da violencia e máis vidas de mulheres tráxicamente interrumpidas.

A Marcha Mundial das Mulleres, convoca concentracións de repulsa ante esta nova morte, expresando asi o noso rechazo a esta acción criminal e reclamando á sociedade galega un compromiso máis firme e sen tregua na loita contra o machismo.

Concentracións:

Ás 20hs na Praza do Concello de Ferrol.
Ás 20hs diante do MARCO en Vigo.
Ás 20hs no Obelisco en A Coruña.

MarchaMundialdasMulleresnaGaliza

http://www.feminismo.info
--
Lupe Ces Rioboo
981946412/652201003
http://lupeces.blogspot.com/
_____________

O Goberno acelerará as declaracións de impacto ambiental

O Goberno acelerará as declaracións de impacto ambiental
Os ecoloxistas rexeitan a medida porque temen que baixo o termo "axilizar" se reduza o valor destes documentos

AXENCIAS - Madrid/Burgos - 13/08/2008

O Goberno pretende axilizar as declaracións de impacto ambiental para non frear os investimentos en infraestruturas. A ministra de Medio Ambiente, Elena Espiñenta, anunciou que se fará sen que supoña unha rebaixa dos criterios ambientais, que levará mañá esta proposta ao Consello de Ministros. Os ecoloxistas, pola súa banda, tacharon hoxe de "erróneas" as medidas económicas que expón o Executivo para paliar a crise.

A titular do ministerio asegurou que a súa proposta terá unha repercusión económica "tremenda", xa que afecta a practicamente a todas as infraestruturas do país e investimentos industriais importantes. "Non se rebaixan os estándares" ambientais, salientou. Pero engadiu que o obxectivo principal é acelerar a tramitación o máximo posible para non frear os investimentos, xa que hoxe en día levan "moito tempo".

Espiñenta explicou que un dos grandes problemas que ten o procedemento actual é a carencia duns prazos delimitados na o presentación de documentos por parte do promotor. Para a titular de Medio Ambiente isto supón un "inconveniente". A proposta do Goberno establece, por primeira vez, prazos das infraestruturas ou obras para a presentación da documentación e, ademais, promove a tramitación vía electrónica da maior parte do procedemento.
Unha medida "perversa"

Greenpeace asegurou que esta medida converterá ao medio ambiente nunha nova vítima das crises. Engade que este trámite é esencial para salvagardar os valores naturais de España e a súa redución "poría en grave perigo numerosos hábitats, moitos vitais para a supervivencia de especies en perigo".

A organización considera que o mes de agosto é o máis inadecuado para unha proposta deste calibre e mostra que o Goberno ten un escaso respecto e interese na protección do medio ambiente. A xuízo do director de Greenpeace, Juan López Uralde, o medio ambiente "non pode ser o pagán da crise económica. A economía baseada na investigación e innovación que di fomentar Zapatero está moi afastada de seguir promovendo o cemento e o formigón a calquera prezo".

"O Goberno demostra a súa clara aposta pola insostenibilidad ao aprobar un plan de medidas que promociona o crecemento en detrimento da contorna", explicou a organización Ecoloxistas en Acción nun comunicado. As declaracións de impacto ambiental, que se aplican en España desde finais dos anos noventa, son xa un "mero trámite". Por iso a organización ecoloxista critica a medida que cualifican de "perversa". Temen que baixo o termo "axilizar" redúzase aínda máis o valor deste documento. E asegura que de aprobarse aumentará a fragmentación do territorio e provocará un crecemento importante das emisións de CO2 que afastará aínda máis a España do cumprimento do Protocolo de Kioto.
_____________

Enlaces relacionados:

Relación de integrantes da Federación Ecoloxista Galega

Relación de colectivos da Rede Galiza Non Se Vende
_____________

xoves, agosto 14, 2008

Estoupa unha planta de gas en Canadá [10.08.2008]

De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
Para: artabra21@gmail.com
Data: 14 de agosto de 2008 18:32

Asunto: Estoupa unha planta de gas en Canadá





A Nosa Terra Dixital
Xoves, 14 de agosto de 2008

MILES DE EVACUADOS

Estoupa unha planta de gas en Canadá

Redacción . ADEGA apunta que a gaseira de Toronto era 2.000 veces menor que a de Reganosa en Mugardos e advirte que o Plan de Emerxencia é inútil.
Reloxo 12.08.2008 | 18:48

Explosión da planta de gas en Toronto

O pasado día 10 de agosto na cidade canadiana de Toronto produciuse unha explosión de 220.000 litros de gas propano. Milleiros de pesoas tiveron que ser evacuadas nun radio de 1,6 quilómeteros, afirma a asociación ecoloxista ADEGA.

A organización alerta que “REGANOSA posúe en Ferrol unha planta de gas licuado cunha capacidade 2000 veces maior que os depósitos que estouparon en Toronto. Si esta mesma emerxencia acontecera en REGANOSA, habería que evacuar á totalidade da poboación de Ferrol, de Mugardos e á maioría de Fene”.

De “ridículo" cualifica ADEGA o Plan de Emerxencia Exterior de REGANOSA pois “só contempla como máxima area de afectación 400 metros!!!”.

Cinta illante

Os ecoloxistas aseguran que este Plan non é valido. De feito, indican que estes días se está a informar á poboación de Mugardos das medidas que deben adoitar en caso de accidente na planta. “Collan cinta illante e selen portas e fiestras. Non saian á rúa!. Non utilicen os interruptores das luces!. Escoiten a Radio Galega, serán informados!”, cita con retranca ADEGA nun comunicado.
____________

ESTEIRO
Web veciñal
Blog veciñal
Artigos PA21

____________


_________

Difundindo o Foro de Soberanía Alimentaria que se celebrará en Vigo dentro do VII Encontro Internacional da MMM en Outubro deste ano 2008

Difundindo o Foro de Soberanía Alimentaria, organizado pola Marcha Mundial das Mulleres dentro do seu VII Encontro Internacional, que se celebrará en Vigo do 14 a 19 de Outubro deste ano 2008


De:lupe ces -lupeces@gmail.com-
Para:artabra21@gmail.com
Data:13 de agosto de 2008 23:45
Assunto:Foro de Soberania Alimentaria


Foro de Soberania Alimentaria

A Marcha Mundial das Mulheres celebra em Outubro, do 14 ao 21, o VII Encontro Internacional em Vigo. Vam vir delegadas dos cinco continentes. Paralelamente ao encontro, a Marcha organiza actividades ás que está convidando a participar a todas as mulheres e todos os homes que queiram acompanhar nestas datas às nossas delegadas e mostrar a solidariedade coa loita das mulheres em todo o mundo. Estas actividades abertas desenvolveram-se em Vigo, e som:
  • Sábado 18 de Outubro, FORO DE SOBERANIA ALIMENTARIA.

  • Domingo 19 de Outubro, manifestaçom baixo o lema "CAMBIAR A VIDA DAS MULHERES PARA CAMBIAR O MUNDO, CAMBIAR O MUNDO PARA CAMBIAR A VIDA DAS MULHERES".
  • O sábado 18 e domingo 19 na praça da Estrela FEIRA DE SOBERANIA ALIMENTARIA (debates, postos de produtos e coleitivos, actuaçons e jantar). Agardamos a vossa participaçom, é por isso que como estou fazendo eu, agradeceriamos enviases esta informaçom a todas as pessoas da tua lista de correios que poidam estar interessadas.
Graças


PROGRAMA DO FORO INTERNACIONAL DE SOBERANIA ALIMENTARIA
Sábado 18 de Outubro (Auditorio Caixa Nova, Vigo,)

(17 / 19hs)

SOBERANÍA ALIMENTARIA, UN DEREITO DOS POVOS, UNHA FERRAMENTA PARA AS MULLERES.

•GLADYS ALFARO (México),

* Representante do CIAM (Centro de Investigación e Acción da Muller Latinoamericana). Comité Internacional da Marcha Mundial das Mulleres.

•LIDIA SENRA (Galiza),

* Labrega, da Secretaria das Mulleres do SLG. e de Via Campesina.

•IRENE LEÓN (Ecuador),

* Socióloga e directora da área de muller de ALAI (Axencia Latinoamericana de Información). Colaboradora Via Campesina.

(19 / 19:30) Descanso.

(19:30 / 19hs)

CONSTRUINDO SOBERANÍA ALIMENTARIA, REALIDADES E PROXECTOS.

•CARIDAD YNARES (Jing) (Filipinas)

* Avogada de Sarilaya-Kasarian Kalayaan.

•NANA AICHA CISSÉ (Mali),

* Colaboradora da Coordenadora de Organizacións Campesinas de Mali.

•DENISA VUILLON (Francia),

* AMAP "Association pour le Maintien de l´Agriculture Paysanne en France"

•ROSARIO SÁNCHEZ (Galiza)

* Labrega, Proxecto "O Grelo Verde"

•ESTHER VIVAS (Catalunya),

* "Xarxa de Consum Solidari".


Inscripción gratuita.Tradución simultánea.
Pódese facer a inscripción directamente en www.feminismo.info ou enviar a folla que encontrarás na web, cos datos ao fax [+34] 986 442 195
(imprescindíbel DNI ou pasaporte para retirar cascos)
Aforo limitado, admisión por orden de inscripción.
+info [+34] 986 442 194
Modificado o ( Mércores, 13 Agosto 2008 11:49 )

--
Lupe Ces Rioboo
981946412/652201003
http://lupeces.blogspot.com/

martes, agosto 12, 2008

Osetia do Sur: sen asideros

Osetia do Sur: sen asideros
Publico 11 Ago 2008 06:36

CARLOS TAIBO [*]

O conflito que acosa a Osetia do Sur, e no seu caso a rexións lindeiras, é deses que a duras penas ofrece algún asidero sólido do que agarrarse. Nin os axentes locais nin os seus patróns internacionais merecen -formulemos a cuestión nestes termos- maior adhesión. E iso é así aínda que, pese ao silencio xeral respecto diso, nos últimos días despunte, por encima de todo, a responsabilidade que EEUU ten na reconversión bélica do reñidero surosetio: resulta difícil imaxinar que a inicial ofensiva militar xeorxiana -non foi Rusia, como parecen subliñar a maioría dos nosos medios, a que rompeu un tan precario como prolongado cesamento do fogo- non contaba co beneplácito, e no seu caso co franco apoio loxístico, de Wáshington. Non se esqueza que dun tempo para acó a Casa Branca áchase firmemente decidida a mover peza nunha rexión tan sensible como o Cáucaso coa vista posta, claro, en manter a presión sobre Rusia e en disputar a esta, en paralelo, o negocio da explotación e o transporte das materias primas enerxéticas extraídas na veciña conca do Caspio.

Á marxe do anterior, o ocorrido os últimos días é un exemplo de libro do obsceno vigor contemporáneo das dobres rapadoiras. Os de Wáshington saltan á vista: se fai uns meses a Casa Branca contestou abertamente a integridade territorial de Serbia, agora, en cambio, acóllese o principio correspondente cando polo medio se acha a do afillado xeorxiano. Mentres, as acusacións vertidas contra Rusia por intervir militarmente fose das súas fronteiras non poden producir senón estupor tendo en conta do rexistro que Estados Unidos arrastra nese terreo.

Claro que Moscova non sae mellor parado: se se opuxo con enerxía á independencia de Kósovo, agora parece coquetear cunha secesión de Osetia do Sur, mentres, e como é sabido, nega drasticamente calquera horizonte deste cariz na case veciña Chechenia. Se as opinións de Putin sobre os xenocidios alleos teñen, claro, unha credibilidade menor, por non faltar nin sequera falta o emprego instrumental dos continxentes de pacificación: desde fai tres lustros é evidente que os soldados rusos despregados en Osetia do Sur e en Abjazia están aliñados cun dos bandos enfrontados, sobre a base dun modelo que Wáshington tivo a ben patentar, con lamentable éxito, en Haití. Así as cousas, a conclusión parece servida: a integridade territorial e o dereito de secesión se blanden, por tirios e por troyanos, conforme aos intereses respectivos.

Se nada particularmente sólido hai que achegar en proveito das causas que blanden Estados Unidos e Rusia -non nos enganemos no que fai ao sentido da política de Moscova, imbuída, como a da Casa Branca, de espasmos imperiais e, a pesar das aparencias, a duras penas interesada no destino de surosetios ou abjazios-, fariamos mal en esquecer que ao conflito que nos ocupa non lle faltan raíces locais. É inevitable respecto diso invocar, unha vez máis, as secuelas das fórmulas de enxeñería ética que cobraron corpo tanto ao amparo do zarismo como na etapa soviética.

Entre os seus efectos, palpables, na rexión cóntase a existencia de dúas Osetias, unha emprazada ao norte, en Rusia, e a outra situada ao sur, en Xeorxia. Se iso por si só achega un caudal inxente de problemas, o seu é agregar que a conduta dos dirixentes xeorxianos e surosetios ao longo dos últimos 15 anos, por propio impulso ou de resultas de presións alleas, non fixo senón agregar leña ao lume.

Se os primeiros abrazaron con rotundidade, nos anos inmediatamente posteriores á desintegración da URSS, políticas abrasivas no terreo nacional, que xeraron un inevitable descontento en Osetia do Sur -e en Abjazia-, os segundos, alentados neste caso por unha Rusia que entregou tan xenerosa como interesadamente pasaportes á poboación local, non dubidaron en buscar unha permanente vía de confrontación que lle dea ás a un proxecto de secesión (tal e como o fixo entre 1999 e 2007, se así quere, e salvando todas as diferenzas que procedan, o groso das forzas políticas albanokosovares). En semellante escenario, e devandito sexa de paso, un está obrigado a coller con pinzas as informacións que, dun lado como do outro, acusan ao rival de violencias extremas e limpezas étnicas.

É verdade, aínda así, que quen creemos no dereito de autodeterminación estamos medio invitados a deixar constancia dun feito insorteable: aínda que o seu é examinar con detalle o ocorrido cos xeorxianos étnicos outrora residentes en Osetia do Sur, sobran os motivos para concluír que a maioría da poboación local non desexa pertencer ao Estado xeorxiano. Se así se quere, este é o único dato que invita a mirar con ollos concesivos algunha das causas que se revelan sobre o terreo. Non faltará quen aduza, ben é verdade, que se detrás de moitas das políticas que abrazan hoxe os gobernantes xeorxianos apréciase o alento pestilente de Estados Unidos, a xeito de liviá compensación a maioría dos pobos do Cáucaso setentrional miran con receo aos osetios, historicamente entregados, pola súa banda, a unha franca colaboración con Moscova.

[*] Carlos Taibo é profesor de Ciencia Política e experto en Europa central e oriental

Enlace co artigo orixinal con moitos comentarios
_____________