martes, abril 30, 2013

O triunfo das revolucións derrotadas, ... Por Antón Dobao

Por Antón Dobao [*]
[30.04.2013]


O TRIUNFO DAS REVOLUCIÓNS DERROTADAS

Comezarei por non facer unha aproximación historicista ao 25 de abril. Prefiro a política e o afecto. Para nós, os galegos de esquerda, así é irremediablemente. Porque levamos a subalternidade cosida ao lombo coma unha cuncha de aceiro. Como homes e mulleres de esquerda utópicos que confiamos na forza do presente, lembramos que foi en Compostela, a capital desta vella nación prohibida e lingüisticamente minorizada, supervivente a pesar de toda adversidade, onde se cantou por primeira vez en público o Grândola Vila Morena. Era maio de 1972, contan as crónicas e os que viviron aquel acontecemento. E entón, coma un milagre, a ligazón foi de formigón e perdurou xa para sempre.

Grândola Vila Morena é unha referencia querida e inexpropiable. Un himno de liberdade, fraternidade e xustiza que condensa nuns poucos versos o ideal político e social de toda unha época. Como fai toda composición xenial. Un dos meus primeiros contactos coa composición do Zeca foi na miña época de estudante universitario, durante un peche na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Lembro unhas mans adultas a manexaren un vinilo, o brazo do tocadiscos, a agulla, todo en primeiro plano; ao fondo, a noite, un silencio reverente e o son compasado e colectivo dunha multitude de pés sobre o chan. Despois a voz irrepetible de José Afonso. Grândola Vila Morena nunca abandona a ningún galego de esquerda.

Cada 25 de abril é para nós unha celebración republicana e, por que non, nacional. Mais tamén é a lembranza de que toda revolución sofre a ameaza do seu Thermidor. E esa é unha das formas posibles da derrota. Sexa como for, as revolucións derrotadas sempre reservan un pequeno alento para conquistar altura mitolóxica como experiencias populares explosivas. Os de abaixo asoman o rostro difuso, fartos xa da escuridade das galerías subterráneas. A Comuna, Chile, París, Roma, a República española, mesmo China ou Outubro... E Portugal. O 25 de abril. Un fermoso sismo que abaneou ameazador a solidez eterna da tectónica de placas da historia. E a pesar das aparencias, algo quedaron fendidos na súa firmeza os territorios do poder. Cada un deles lémbranos en cada episodio as contas pendentes. A historia débenos varias vitorias. Como sostén con vehemencia a literatura dramática de Roberto Vidal Bolaño, a quen lle dedicamos o Día das Letras Galegas de 2013, de nós os derrotados é o futuro. De nós, a tribo dos vencidos. O futuro, non como un punto inmóbil e inalcanzable que, o mesmo que o arco iris, sempre está un palmo máis aló do horizonte. O futuro como o espazo e o tempo que sempre é presente. Porque vivir é converter o futuro en presente.

O 25 de abril foi a creba democrática que os galegos e galegas non tivemos. Porén, algo hai tamén de amarga derrota thermidoriana, a revolución ofrecida en sacrificio no altar do liberalismo e as súas formas de representación. Segue pendente, pois, a transformación da base material que determina as vidas das clases populares. Ou sexa, do pobo en marcha. O pobo é quen máis ordena segue a ser o imprescindible programa político destes tempos. O pobo configurado por todos os individuos das clases subalternas.

En 1974 Galicia pasaba aínda pola Longa Noite de Pedra. E non fomos capaces de organizar a ruptura coa continuidade histórica. Como sublimación do gatopardismo, a transición española non trouxo novas relacións sociais e económicas, nin sequera tivo a decencia de restaurar a legalidade republicana asaltada en 1936 por un golpe de estado fascista. Galicia non puido conquistar un autogoberno erixido desde as bases populares ata as superestruturas xurídico-políticas. Non soubemos organizarmos as nosas cousas, só que fora por protexermos as nosas manifestacións culturais, para facermos da nosa lingua a lingua normal de todos os usos sociais. Como calquera outra lingua do mundo. En Galicia vivimos un interminable Thermidor outonizo, porque a nosa revolución sempre está asexando tras os muros. E fixemos nosa a experiencia dun 25 de abril de 1974, porque viñamos armando revolución demoradamente, a paso de boi, como nós facemos as nosas cousas. Desde o noso 68, que foi anterior ao parisino, cantamos, escribimos, pechamos facultades, levantamos folgas, caemos asasinados, defendemos a terra, somo obreiros de produción material e inmateria, somos mariñeiros e labregos, traballadores de sectores emerxentes, comunicación. Somos a multitude que ás veces se observa a si mesma perplexa, na procura dunha identidade que nos borraron con ácido tóxico. Somos os flaxelados do vento leste. Escribiuno, como se pensase en nós, o Ovídio Martins, e cantouno o Fausto, tan próximo.

De abril de 1974 a hoxe as cousas mudaron. O capitalismo resiste con aparente éxito. As revolucións que asolagaron Europa desde os anos 60 ofreceron a posibilidade dunha transformación radical da vida. A revolución orgánica, total, a biorrevolución, por parafrasearmos a Foucault. A revolución das vidas, que comeza pola destrución da base material do vello réxime e continúa, coa incorporación das loitas sectoriais, desarmando os elos todos dunha cadea de pedra que se mimetiza coa paisaxe e se confunde nas súas dimensións ocultas. O Capital advertiuno e preparou a súa contrarrevolución. Leva executando contrarrevolucións con múltiples formas desde o momento mesmo en que toma conciencia do perigo a que o somete a clase antagonista e comprende que a eternidade é unha quimera relixiosa. O enfermo négase a morrer, aliméntase coas excrecencias da súa propia enfermidade e gaña tempo histórico. Mesmo se sente por veces o animal ferido disposto a matar morrendo.

A contrarrevolución evita que os soños imposibles cristalicen. Tamén ocupando os espazos novos que o pobo albiscou. Ocupación, colonización e sometemento ao lucro privado, á explotación, ao consenso, que é a forma contemporánea de fabricar alienación. Sobre o territorio soñado polas forzas liberadoras do traballo chantou o Capital as súas novas arquitecturas escuras, os decorados do novo simulacro, os novos supermercados en que se compra miseria e se paga con miseria. Mais nin así logrou suprimir a loita de clases, porque non pode suprimir as clases sen morrer. Colocouna, iso si, nunha disxuntiva terminal. Ou o proletariado moderno, moi diverso e inmensamente maioritario, encomenda a produción disciplinada ás máquinas e muda o traballo asalariado por traballo cooperativo, ou o capital segue explotando a forza de traballo ata o paroxismo, ata conquistar unha autonomía especulativa e produtiva que lle permita prescindir para sempre do ser humano. Ollemos para o capital financeiro e comprenderemos como se escribe o futuro sen necesidade de nós. A resposta está aí, por terrorífica que sexa. O proxecto capitalista para nós ten un nome: Ninguén. Mais este proxecto ten o seu reverso: a nós sóbranos o Capital. Suprimámolo.

A Revolução dos Cravos ensinounos que o pobo é quen máis ordena. Ese pobo hoxe subalterno que traspasa fronteiras, que se convoca a si mesmo en todas as prazas de Europa e do mundo, xa non está disposto a que outros gobernen no seu nome. Para que proxecto político tan simple e tan audaz sexa realidade non lle queda máis remedio que ir recuperando, unha a unha, todas as revolucións derrotadas, suspendidas e traizoadas, e todas as que non conseguiron nacer. O 25 de abril é unha boa data de inicio.

Fonte: http://www.incomunidade.com/v10/art.php?art=28

[*] Xosé Antón López Dobao, coñecido como Antón Dobao, nado en Lugo o 16 de xullo de 1963, é un escritor, tradutor e cineasta galego. [Na Galipedia].
_____________

1º de Maio de 2013 - Día do Internacionalismo Proletario !!


1º de Maio de 2013
Día do Internacionalismo Proletario !!
Día Internacional da Loita da Clase Traballadora !!
Día Internacional da Solidariedade Obreira !!

Unha vez máis, este 1º de maio non hai  unidade diante da ofensiva do Capitalismo. Os gobernos dereitistas do PP, o capitalismo transnacional e financeiro seguen lexislando contra os dereitos da Clase Traballadora, ante isto as centrais sindicais non foron capaces de conseguir unha vez máis un Primeiro de Maio unitario.

Actos dos sindicatos de Ferrol:
  • A manifestación da CIG sairá ás 12 do mediodía desde a Avenida de Esteiro, diante dos locais comarcais da propia central sindical até o Cantón.

  • CCOO, UGT e USTG acuden unidas, nunha manifestación que partirá tamén ás 12 do medio día do Inferniño até a Praza do Concello.

  • A CNT de Ferrol e a CUO, participará nunha concentración conxunta no do Cantón ás 6 da tarde,
Enlaces relacionados:
Confederacións Internacionais:
__________________

Unha nova concentración, e van 145, en protesta polo perigo que supón a entrada do gaseiro "LNG Bilbao Knutsen", cargado con gas natural licuado para Reganosa


Hoxe tivo lugar unha nova concentración de protesta e denuncia ante a entrada dun novo buque gaseiro para Reganosa. Tratava-se do "LNG Bilbao Knutsen". Como ven sendo habitual, sempre que anuncian a entrada dun gaseiro, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convoca unha concentración sonora, a modo de alarma social, pois ao perigo da só localización de Reganosa no corazón da nosas Ría, soma-se o potencial perigo do buque gaseiro entrando polo estreito, angosto e de pouco calado canle de entrada. Para pasar máis de 24hs atracado no peirao de Punta Promontorio, descargando o GNL nos enormes tanques. Aumentando o perigo da planta regasificadora de Mugardos dun xeito esponencial.

PASO A PASO, PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA

  • QUE SE CUMPRA A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO XA! 
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA   !!
Fotos: Susete'70.
_____________

luns, abril 29, 2013

Unha vez máis o Colectivo Cidadá 'Acción Directa pola Recuperación dos Espazos Públicos': custodiando o territorio, velando polo patrimonio, reivindicando emprego, denunciando o malgasto, ...


Desta vez a acción, do colectivo cidadá, desenvolveu-se en Serantes coa limpeza da Fonte e Lavadoiro de Xoane. Foi este Sábado 27 de Abril. No traballo comunitario, participaran nove persoas.

Segundo mesmo colectivo, ademais de "limpar de vexetación e sucidade este espazo, realizouse unha pequena roza nos arredores, así como procedeuse á limpeza dos desaugadoiros".

Continúan no seu comunicado, falando do malgasto en "resposta ao goberno municipal, que hai uns días adxudicou a obra da Praza de España por valor de 812.000 euros, comunicámoslles que facendo valer os nosos dereitos como contribuíntes dese diñeiro público que van malgastar, exerceremos unha presión activa para impedir que esa obra se execute. Pedimos a colaboración de toda a cidadanía de Ferrol para que nos axuden a parar este despropósito".

Fan mención á elevada taxa de desemprego que sinala o INE no informe da EPA (Enquisa de Poboación Activa)

"Pois ante a grave situación de emerxencia social que está a pasar toda a bisbarra de Ferrolterra, cunha taxa de desemprego do 32%, una das máis altas do estado, son unas obras innecesarias e de despilfarro".

O Colectivo menciona a creación de 'escolas taller':

"Ese diñeiro podería ser investido na creación de escolas taller de formación, en dar traballo a desempregados contratados directamente polo concello, e que estes realicen traballos de recuperación e posta en valor do noso patrimonio arquitectónico, espazos naturais, recuperación do parque público de vivendas de Recimíl, etc".

O colectivo convidan a toda a cidadanía a participar con eles na recuperación dos espazos públicos.

No blogue do colectivo atopa-se información adicional:
http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/

e-mail: recuperacióndeespazospúblicos@gmail.com

Teléfonos: 620 312 992 - 637 567 497

O seu blogue: http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/   é un Diario que recolle a súa traxectoria, serve de difusión de próximas accións.
_______________

XI Xornadas Libertarias 2013 - Ferrol


As XI Xornadas Libertarias de Ferrol serán entre o 29 de abril e o 3 de maio no espazo Libertario da Av. de Esteiro nº 10, baixo e terán seguinte programa:
  • 29 de abril – luns: 1º de maio, do pasado ao futuro (militantes da CNT de Ferrol)
  • 30 de abril – martes: Represión en tempo de crise (Fran del Buey – PreS.O.S.)
  • 01 de maio – mércores Apoio á manifestación do 1º de maio.
  • 02 de maio – xoves: Autoorganización social e anarquismo (membros de Unión Libertaria)
  • 03 de maio – venres: Cooperativismo: respostas comunitarias ao individualismo capitalista (Xan Martínez-Cooperativa a Xoaninha, Manolo Rivera-Asociación
  • Briante)
Tódalas xornadas serán ás 19:30 e a entrada é libre.

http://unionlibertaria.org/ul/
___________

Posición do BNG ante o Pleno Municipal de Ferrol celebrado hoxe 29 de Abril - Considera que impedir a entrada de público nos plenos só contribúe a aumentar a crispación

COMUNICADO DE PRENSA

O BNG CONSIDERA QUE IMPEDIR A ENTRADA DE PÚBLICO NOS PLENOS SÓ CONTRIBÚE A AUMENTAR A CRISPACIÓN

Ferrol 29 de abril de 2013. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol considera inapropiada a actitude do alcalde de Ferrol, na sesión plenaria desta mañá, e advirte que actitudes como a de impedir a libre entrada dos veciños e veciñas aos plenos van en detrimento da calidade democrática do concello e só contribúen a crispar aínda máis o ambiente social e lembra que cando impediu a entrada a veciños no pleno non existía ningunha situación de excepcionalidade que xustificara esta medida.

O BNG considera que a situación que se esta a dar na cidade de Ferrol coa presencia nos plenos de diversos colectivos sociais ten relación directa coa aplicación, por parte deste goberno municipal das directrices sinaladas desde o goberno do Estado en todos os ámbitos, unhas políticas que están a provocar consecuencias dramáticas para esta cidade como o desmatelamento do sector naval, a destrución dunha das principais riquezas do concello como é a ría, a eliminación  das conexións ferroviarias da cidade ou o aumento da débeda do concello e pago de interesés co obxectivo de rescatar aos bancos, con consecuencias terribeis para os veciños e veciñas da cidade como é unha tasa de paro do 32%.

O BNG censura a actitude colaboracionista do alcalde da cidade fronte estas situacións e lamenta que a única solución que aporte sexa aumentar a represión sobre os veciños e veciñas da cidade.

Así mesmo cremos que resulta intransixente de máis non querer aceptar os rogos formulados polo BNG pedindo que a entrada ao salón de plenos fora libre e contradí as súas propias declaracións da semana pasada nas que afirmaba que non ían a modificar as condicións de entrada as sesións plenarias.

Web BNG Ferrol:
http://www.bng-galiza.org/ferrol/

Web BNG Ferrolterra:
http://www.bng-galiza.org/ferrolterra/

Tamén estamos no facebook https://www.facebook.com/bng.ferrol ou no https://twitter.com/bngferrol

BNG-Comarcal
Rúa Naturista López Seoane, nº 13 baixo

15403 Ferrol
ferrol@bng-galiza.org
Telf.: 981 364 058
Fax: 981356 700


Enviado por:
BNG
-bng@ferrol.es-
29 de abril de 2013 17:08

___________

Posición de Esquerda Unida ante o Pleno Municipal de Ferrol celebrado hoxe 29 de Abril - Chamamento á participación no 1º de Maio

O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA  CONSIDERA  UN DESPROPÓSITO A XESTIÓN DO ALCALDE A RESPECTO DO PLENO DE HOXE.

O grupo municipal de Esquerda Unida considera que o pleno de hoxe convocado polo Alcalde en sustitución do suspendido do 25 de abril foi celebrado en condicións non habituais e con indicacións restrictivas por parte da Presidencia para o acceso ao salón de plenos.

Non habendo causas obxectivas que así o aconsellaran e sendo de absoluta normalidade democrática o acontecido dentro e fóra do salón de plenos no momento do seu inicio Esquerda Unida se ratifica na súa decisión de abandono da sesión. Se a situación é de absoluta normalidade non pode haber lugar para ningún tipo de sobreactuación en canto á  seguridade, control de acceso ao salón de plenos e demáis. O único que se consegue é que abandonen non só os grupos da oposición senón tamén os colectivos sociais e institucións sindicais (comité de empresa) presentes por mor dunha medida, control de acceso con identificación  no acceso ao salón de plenos, totalmente inxustificada no momento en que o Alcalde -presidente decide continuar a sesión.

Esquerda Unida ten convocada unha rolda de prensa para mañá ás 11:00 horas onde explicará a súa postura diante o acontecido hoxe.

Noutro orde cousas o Grupo municipal e o Consello Local queren facer un chamamento conxunto aos traballadores e traballadoras da comarca á participación activa nas manifestacións e actos convocados polas organizacións sindicais de clase para o mércores. Hoxe é maís necesaria que nunca a presenza da clase traballadora na rúa, a recuperación do carácter combativo e reivindicativo da xornada festiva do primeiro de Maio e a súa impronta internacionalista. Contra o capital internacional e o seu aumento d escala en canto poder e acción, aumento de escal na conciencia e no saber facer da clase.

Esquerda Unida  convida a todo o pobo traballador a acudir aos seus actos festivos, formativos e reivindicativos no primeiro de maio; invitamos a toda á cidadanía a sumarse para formar parte da rebelión cívica contra o sistema actual de connivencia financieira e política que afunde a maioría social. Mañá martes na sede da rúa do Sol pase do documental “Os mártires de Chicago” e conferencia coloquio a cargo de Bernardo Máiz. O mércores, 1º de maio, saída en grupo con bandeiras e parafernalia republicana cara as manifestacións.

Grupo Municipal de Esquerda Unida.
Consello Local de EU.

Ferrol a 29 de abril de 2013

Esquerda Unida - Ferrol
Rúa do Sol 124 entrechán esquerda, Ferrol
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
eu-ferrolcomarca@esquerdaunida.org

facebook
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html
http://www.esquerdaunida.org/


Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
29 de abril de 2013 14:18
______________

De novo outro buque gaseiro, o LNG "Bilbao Knutsen", cargado con LNG/GNL para a ilegal e perigosa Reganosa, anuncia a súa entrada na Ría de Ferrol para este Luns 29 de Abril - Diante deste anuncio o Comité Cidadán de Emerxencia convoca, o mesmo día, unha concentración sonora en Ferrol


CONCENTRACIÓN SONORA EN FERROL,
NA PRAZA AMADA GARCIA
DIANTE DO EDIFICIO DA XUNTA
ÁS 8 DA TARDE, DO LUNS 29 DE ABRIL

O gaseiro "LNG Bilbao Knutsen", é un buque de grande porte, de 284,4 metros de eslora por 42.53 de manga, 25,40 de puntal e un calado de 12,30 m; cargado con miles de toneladas de GNL/LNG, para a ilegal e perigosa Reganosa; ten anunciado a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Luns 29 de Abril de 2013. Esta entrada dun buque cargado con gas natural licuado para Reganosa, supon xa a 145, desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca unha acción de protesta e denuncia, consitente nunha Concentración Sonora, o mesmo Luns, ás 8 da Tarde, en Ferrol, na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.

Esta é a vinte e dúas entrada que se produce despois de ditada a Sentenza polo Tribunal Supremo, onde a planta xa foi declarada ilegal, en sentenza inapelábel.

Tras a sentenza do Tribunal Supremo, que declara ilegal a localización de Reganosa, temos que esixir o fin desta ameaza e deste malgasto de cartos públicos. Temos que esixir o seu peche definitivo.

PASO A PASO, PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA
  • QUE SE CUMPRA A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO XA! 
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA   !!

10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas ?


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


Información baseada na enviada polo:

Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
28 de abril de 2013 11:33
_______________

sábado, abril 27, 2013

Grandolando en defensa do ensino público - O Grândola en Vigo, no IES de Chapela - Vídeo


O 25 de abril de 2013 a comunidade educativa do IES de Chapela pechouse desde as 18:00h até as 10:00h do día seguinte na defensa do ensino público e en contra do proxecto de LOMCE, unha lei antieducativa, elitista, centralista e segregadora. Fronte a todo isto grandolamos.


http://youtu.be/rEOvlf0x1hs


____________

Presentación en Redes de 'Betula' Asociación para a Custodia do Bosque Atántico - Hoxe Sábado 27 Presentación e mañá Domingo 28 de Abril Roteiro

A asociación BETULA de custodia do bosque atlántico inicia a súa actividade.

Hoxe  sábado 27 de abril, ás 7 da tarde, esta asociación organiza unha xornada de presentación n'A Tenencia de Redes e o domingo 28, ás 10 da mañá, un roteiro polos termos municipais de Mugardos e Fene.

Ven de constituírse nas comarcas de Ferrol e Eume a asociación BETULA para a Custodia do Bosque Atlántico, unha asociación que procura o coñecemento, a conservación e valorización do Bosque Atlántico en Galicia.

Nela xúntanse xentes preocupadas pola perda dos valores naturais do territorio galego que, primeiro, consideran insuficiente o desempeño que as diferentes administracións públicas fan das políticas medio ambientais, forestais, territoriais e urbanísticas no eido da conservación do bosque atlántico.

Ademais, son plenamente conscientes de que só dende unha ampla concienciación cidadá en torno ao coñecemento dos seus valores poderase nun futuro abordar unha xestión sustentable destes espazos de grande interese natural e paisaxístico, e mesmo patrimonial.

Para acadar estes obxectivos esta asociación usará a custodia do territorio como medio, entendida esta como o conxunto de estratexias ou  técnicas xurídicas a través das cales se implican as persoas propietarias e usuarias do territorio na conservación e uso dos valores e os recursos naturais, culturais e paisaxísticos.

Para marcar o inicio da súa actividade, o vindeiro sábado 27 de abril, a partir das 19:00hs, celebrarase un acto acto de presentación n'A Tenencia de Redes, no que se presentará a Asociación cunha disertación sobre o que é a custodia do territorio e a proxección de tres curtas documentais.

Ao día seguinte, domingo 28 de abril, desenvolverase un roteiro que discorrerá, a partir das 10 da mañá, pola marxe sur da ría de Ferrol, entre a Enseada da Barca e a Ribeira de Maniños, e pola tarde polo curso baixo do río Baa, ata a súa desembocadura no Seixo.


PRESENTACIÓN E PROXECCIÓNS


Día: Sábado 27 de abril do 2013.
Hora: ás 19:00hs.
Lugar: A Tenencia (Redes, Ares).
  • Presentación.
  • Ponencia sobre a custodia do territorio.
  • Proxeccións:
    • O monte é noso (Llorenç Soler, 1978, 33´),
    • En todas as mans (Diana Toucedo, 2012, 7´)
    • Los nuevos custodios del territorio (EFEverde, 2013, 4´)
  • Coloquio.

ROTEIRO

Día: Domingo 28 de abril do 2013.
Saída: ás 10:00 da enseada de A Barca (Mugardos).
Distancia: 9 Km. (faráse unha parada para comer).


Par contactar e máis información:

Correo-e:
custodia.betula@gmail.com

No facebook:
https://www.facebook.com/pages/Asociaci%C3%B3n-para-a-custodia-do-bosque-atlantico-Betula/455456324544942

Evento no facebook
:
https://www.facebook.com/events/289827247818227/

Anexo de interese:
Ver ou baixar un Cartaz en formato -jpg
(Con mapas da situación do local de presentación en Redes e do percorrido do Roteiro, con explicacións detalladas).

_______________

Este Sábado 27 de Abril, Acción Directa no Lavadoiro de Xoane - Participa

Acción Directa no Lavadoiro de Xoane.

As compañeiras e compañeiros do Colectivo Cidadán 'Acción Directa de Recuperación dos Espazos Públicos', continuan coas súas accións reivindicativas. Desta vez van desenvolver o traballo comunitario no Lavadoiro de Xoane.

Quen queira participar, a concentración terá lugar ás 09:30hs n'A Malata, cafetería de FIMO. Café e Coordenación. Para logo desprazar-se até o Lavadoiro de Xoane.

Convidan a toda a cidadanía a participar con eles na recuperación dos espazos públicos.

No blogue do colectivo atopa-se información adicional:
http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/

e-mail: recuperacióndeespazospúblicos@gmail.com

Teléfonos: 620 312 992 - 637 567 497

O seu blogue: http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/   é un Diario que recolle a súa traxectoria, serve de difusión de próximas accións.
_____________

Na véspera de 1º de Maio, 300 traballadores de Blanglades morren no derrumbe dunha fábrica.

Mais de 300 mort@s, miles de ferid@s e máis de 1000 aínda baixo os cascallos, é o balanzo do derrubamento "anunciado" dunha fábrica textil de Banglades de oito andares.

A reacción de ira popular, con centos de miles de traballadoras e traballadores que está mostrándose nas rúas, está sendo esmagada por intervencións da  policía con balas de goma e gases lacrimóxenos.

As organizacións dos traballadores e traballadoras desta fábrica, tiñan denunciado as gretas que presentaba o edificio, desde o pasado martes dezaseis de abril. As súas denuncias non foron escoitadas.

A traxedia mostra a cara oculta das multinacionais textis que son producto de explotación e inseguridade laboral. A marca MANGO, é unha das vinculadas a esta fábrica.


actualidad.rt.com




___________________

xoves, abril 25, 2013

O pobo indignado de Ferrol, paraliza o pleno do concello - Vídeos


Traballadores e traballadoras de Navantia; afectad@s polas preferentes; trabalhador@s de FIMO, Dependencia e CAMF; Rede de Apoio Mutuo e STOP Desafiuzamentos e afectadas pola non entrega  das vivendas de Recimil; Marcha Mundial das Mulleres ... coincidiron no Pazo Municipal do Concello para mostrar a súa desafección co goberno municipal do Partido popular. Estaba previsto que no pleno intervirá unha representante do colectivo de persoas afectadas en espera de vivenda de Recimil. Ao irrumpir o alcalde e concelleiros e concelleiras do Partido Popular, a indignación rebordou e impediu que se puidera celebrar o pleno.





_______________

Grândola no Concello de Ferrol - Vídeo - 25 de Abril de 2013



O Alcalde e os concelleiros do Partido Popular abandonan o pleno do concello de Ferrol pola protestas dunha multitude de STOP Desafiuzamentos, Afectados polas preferentes e traballadores da FIMO e Navantia. Os cidadáns cheos de lexitimidade, empodéranse e cantan o "Grandola Vila Morena".


http://youtu.be/AO6XrGg9U8w


Canle de: Carlos Vidal.
_________________

sábado, abril 20, 2013

Día Mundial da bicicleta e Día Internacional da Terra -


Dia 19 de abril día Mundial da bicicleta e 22 de abril día Internacional da Terra


O 19 de abril celébrase o Día Mundial da Bicicleta co obxectivo de promover este medio de transporte e chamar a atención sobre os dereitos dos ciclistas.

As cidades de todo o mundo están cheas de coches. O seu uso indiscriminado xera contaminación, crea desigualdade e individualiza.

A bicicleta preséntase como un medio de locomoción alternativo económico e ecolóxico: é beneficioso para a nosa saúde en todas as idades e respectuoso co medio.

Tanto dentro da cidade coma en ámbitos rurais o uso da bicicleta é o catalizador dunha vida máis saudable nunha sociedade responsable.

Adega (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza)  na bisbarra de Ferrol anima aos cidadáns de Ferrolterra a sumarse á iniciativa de promover o uso da bicicleta, e a sumarse ás iniciativas que se levan a cabo en relación con este evento. En concreto o próximo día 21 de abril celébrase unha marcha ciclista en Caranza, promovida pola A.VV. de Caranza barrio e polo Club Ciclista Ferrol a que animamos á cidadanía a participar.

Tamén dende Adega se solicita aos concellos da bisbarra, o incremento nos puntos de uso de préstamo de bicicletas ou instalar, no seu caso, os devanditos puntos, así como facilitar a interconectividade entre os puntos de préstamo de bicicletas de diferentes concellos.

Ademáis dende Adega anímase á cidadanía a apoiar todas as iniciativas que diferentes colectivos e asociacións levan adiante estes días en conmemoración do Dia Internacional de la Terra o próximo dia 22 de abril.

Ferrol 18-4-2013. .
ADEGA-Ferrol
adegatrasancos@adega.info
angaji@yahoo.com
Fdo. Antonio García Jiménez
Vogal de Adega

Nota. Información adicional:

http://www.ite.educacion.es/es/inicio/noticias-de-interes/786-22-de-abril-dia-internacional-de-la-tierra

http://www.ite.educacion.es/es/inicio/noticias-de-interes/784-19-de-abril-dia-mundial-de-la-bicicleta

www.adega.info

Enviado por:
Antonio Gª
-angaji@yahoo.com-
18 de abril de 2013 18:15

_________________

A dez días do primeiro de maio, a loita obreira do naval ferrolán comeza a quentar-se, as rúas de Ferrol entoaron un canto de rebelión, fronte a tanta agresión


Mentiras, manipulacións, falsas promesas, recortes, ... están-se acumulando moitas agresións contra o sector obreiro do naval ferrolán. Máis de dous mil douscentos despidos nos últimos meses. O empobrecemento da clase traballadora de Ferrol Terra esta-se acelerando. Un desemprego galopante e un futuro desolador.  A loita obreira e popular é fundamental. Hoxe, 19 de Abril de 2013, as rúas de Ferrol entoaron un canto de rebelión, fronte a tanta agresión.

Fotos Susete'70.
_____________

venres, abril 19, 2013

Unha nova concentración co accidente de Texas ao fondo - Vídeo

O accidente coa explosión da fábrica de fertilizantes en Texas, estivo presente no discurso que Manuel A. Rodríguez Carballeira "Lalán", realizaba onte ao remate dunha nova concentración en protesta por unha nova entrada ilegal de gaseiro.

Lembrou tamén a orixe da localización da planta, que non foi outro que un "pelotazo urbanístico" do Grupo Tojeiro, ao abeiro dos Gobernos de Fraga. Tamén se sinalou os novos intentos de legalizar a planta após cinco anos de funcionamento, por parte do goberno municipal de Mugardos e a propia Xunta.



________________

xoves, abril 18, 2013

De fondo Reganosa: Os accidentes ocurren, e non son por casualidade - Traxedia nuna fábrica de fertilizantes de Texas - Explosión en Texas: "Foi como unha bomba nuclear"


Comezamos esta noticia co titular "De fondo reganosa ...". É unha chamada de atención, sobre a localización de Reganosa dentro da Ría de Ferrol, encostelada a un complexo petroquímico (Forestal del Atlántico e Imegasa) e unha planta de coxeneración eléctrica, todo un despropósito instalado a poucos metros de núcleos de poboación. De dez empresas que na Galiza necesitan, pola súa perigosidade, un plano de emerxencias exterior, tres atopan-se no concello de Mugardos, en Punta Promontorio. Desde 1999 o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, ven protestando e denunciando ante esta situación de perigo potencial que aumenta exponencialmente, sempre que entra un buque gaseiro cargado con gas natural licuado (GNL/LNG), polo estreito, sinuoso e de pouco calado canle da Ría de Ferrol. Para posteriormente pasar máis de 24hs descargando, o gas liquido aos enormes tanques entronados na ribeira da marxe sur da Ría. Hoxe mesmo un deses buques gaseiros, o "LNG Akwa Ibom", vai entrar na marea da tarde na nosa Ría.


Unha gran explosión nunha planta de fertilizantes preto de Waco, no estado de Texas (USAmérica).

Houbo varias persoas mortas e centos resultaron feridas.

Segundo as axencias de noticias, confirmouse que hai 172 persoas hospitalizadas: 24 delas en estado crítico, de 38 a 40 graves, e outras 23 están de camiño aos hospitais locais.

A explosión ocorreu en West, un pobo de case 3.000 habitantes situado a uns 130 quilómetros ao sur de Dallas e 32 ao norte de Waco. As autoridades de Texas instan á veciñanza de West a abandonar a localidade inmediatamente.

De acordo coas primeiras informacións dispoñibles, varias das persoas feridas atópanse en estado crítico trala explosión, que foi descrita por algúns medios como "unha enorme bóla de lume de case 100 metros de altura", á que lle seguiu un enorme apagón.

Segundo medios locais, a explosión produciuse ás 19:50, hora local, e algunhas persoas quedaron atrapadas nunha residencia de anciáns situada preto da planta que quedou totalmente destruída. Así mesmo, informan de que algúns residentes atópanse na mesma situación noutro edificio.

Un incendio e varias potentes explosións arruinaron a planta de fertilizantes. "Foi como unha bomba nuclear", declarou o alcalde do veciño municipio de West, Tommy Muska, quen sobrevoou en helicóptero a zona da catástrofe.


Amplo reportaxe na cadea de TV RT (crónica, testemuños, fotos, vídeos):
http://actualidad.rt.com/actualidad/view/92094-explosion-fertilizantes-texas-eeuu-heridos

Vista aérea de Punta Promontorio


___________

Vivir dignamente é un dereito! é unha campaña de denuncia social para esixir aos concellos e á Xunta que cumpran coa súa obriga de garantir este dereito

Desde o barrio de Coia, en Vigo, ás nosas compañeiras e compañeiros da Oficina Dereitos Sociais, que estiveron varias veces por Ferrol, para difundir a iniciativa da Renda Básica das Iguais, remiten-nos un interesante material, co que están realizando a campaña: "Vivir dignamente é un dereito! -  Asina a folla de denuncia social para esixir ao Concello e á Xunta que cumpran coa súa obriga de garantir este dereito".

Trata-se dunha iniciativa que ten coma obxectivo denunciar o crecente empobrecemento que están a padecer un gran número de persoas, neste caso dirixida aos veciños e veciñas do barrio vigués de Coia, extensivo a toda a cidade. Por outra banda pretende-se esixir ás administracións públicas que cumpran coa súa obriga de garantir que todas as persoas vivamos con dignidade sen que sexan vulnerados os nosos dereitos fundamentais.

O instrumento ideado para levar a cabo esta denuncia é a presentación masiva dun escrito exercendo o dereito de petición perante as administracións públicas con competencia en materia de servizos sociais (Xunta e Concello); escrito onde o asinante expón as súas circunstancias económicas e sociais e solicita unha Renda Básica que permita satisfacer con dignidade as súas necesidades básicas.

"Nestes momentos nos que a brutal dinámica que impón o sistema capitalista dominante, preocupado por salvagardar intereses mercantilistas e financeiros, fai que, quizais máis que nunca, a riqueza de todas se acumule en mans dunha minoría mentres a maioría carece do indispensable para vivir dignamente, é de xustiza esixir ás institucións públicas que se fagan responsables do benestar da cidadanía e que garantan, con políticas activas de integración e asistencia, e co reparto equitativo dos recursos, que todas as persoas vivan en condicións de igualdade e dignidade. Por todo isto esiximos unha Renda Básica que permita cubrir as necesidades básicas, cunha contía non inferior ao limiar da pobreza (863€/mes) e que ademais de percibirse de xeito individual sexa universal e incondicional".

Achegamos a documentación anexa:
Escrito de_peticion ao_Concello, en formato pdf
Escrito de_peticion_á Xunta, en formato pdf
Nota de Denuncia e Instrucción para cubrir as Peticións, en formato pdf
Volantina da Campaña, en formato jpg

Máis información en:

OFICINA DEREITOS SOCIAIS - COIA (ODS-Coia)
Atendemos os luns de 17h00 a 19h00 nos locais da parroquia do Cristo da Victoria en Coia (rúa Baiona 9, Vigo)
___________

Un novo buque, o "LNG Akwa Ibom", cargado con miles de toneladas de GNL/LNG, anuncia a súa entrada na Ría de Ferrol, con destino a Reganosa, para este Xoves 18 de Abril - O Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha acción de protesta e denuncia, na Praza Amada Garcia diante do Edificio da Xunta


NOVO HORARIO PARA A CONCENTRACIÓN: ÁS 8 DA TARDE.

O "LNG Akwa Ibom", un vello coñecido, pois foi un dos buques que o Comité Cidadán xunto a xente do mar conseguiu abortar a súa entrada no verán de 2007. O "LNG Akwa Ibom", é un buque gaseiro, de grande porte, cargado con miles de toneladas de GNL/LNG para a ilegal e perigosa Reganosa. Anuncian a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Xoves 18 de Abril de 2013. De entrar, serían 143 os buques cargados que cruzaron a canle, para atracar no peirao mugardés de Punta Promontorio, desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha acción de protesta e denuncia, consistente nunha Concentración Sonora, o mesmo Xoves, máis desta vez  ás 8 da Tarde, a Concentración terá lugar, en Ferrol,  na Praza Amada García, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.

10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas ?.

CONCENTRACIÓN EN FERROL,
PRAZA AMADA GARCIA
DIANTE DO EDIFICIO ADMINISTRATIVO DA XUNTA DE GALICIA,
ÁS 8 DA TARDE, DO XOVES 18 DE ABRIL.


Características do buque:
Ano Construción.- 2004. Bandeira.- Bermudas. Eslora.- 288 m. Manga.- 48 m. Puntal.- 62.75 m. Calado.- 12.32 m. Capacidade.- 141.000 m³ de GNL.

  • QUE SE CUMPRA A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO XA!
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
Tamén en Twitter :  @ComitCEmerxenc


Información baseada na enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
16 de abril de 2013 13:25

---

APOIO ECONÓMICO
O Comité Cidadán de Emerxencia, necesita apoio económico, para que poida desenvolver a súa actividade
CONTA DO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA
Para axudas económicas pode-se ingresar na conta corrente aberta no Banco Santander ao nome de:
Luz Marina Torrente e outros
Para ingresar desde unha oficina bancaria desde dentro do Estado:
00493315772894017995
Para ingresar desde unha oficina bancaria desde fóra do Estado:
ES 71 00493315772894017995
______________________

mércores, abril 17, 2013

A nosa loita labrega, ... Por Antón Sánchez e Manoel Santos

O 17 de abril celebramos o Día Internacional da Loita Campesiña. Facémolo dende que a Vía Campesina, unha organización que amorea máis de 200 millóns de labregos e labregas do mundo –na que tamén está integrado o Sindicato Labrego Galego–, establecera este día en lembranza dos 18 camponeses asasinados durante unha marcha do MST en Eldorado dos Carajás (Brasil) en 1996. Mais sobre todo facémolo porque acreditamos nesa vía, a campesiña, a do amor pola terra, pola comunidade e pola sustentabilidade, como a imprescindíbel para camiñarmos cara un mundo máis xusto, máis harmónico, máis solidario, máis noso. Un mundo que, como ben sabemos, leva xa décadas en guerra contra o mundo labrego, exercendo unha dominación sen paranza, afogándoo coa agroindustria, coa mercantilización de todo o humano, coa destrución do territorio, coa desertización inducida do rural, cos cultivos enerxéticos, coas multinacionais distribuidoras de alimentos de plástico, cos transxénicos, coa xeoenxeñería, coa opresión cultural. É, xa o dixemos moitas veces, un verdadeiro etnocidio, un holocausto provocado á mantenta por un sistema que nos leva á destrución. No contexto da Galiza nosa a situación é, coma en gran parte do planeta, desesperada. O noso rural ben podería describirse como a radiografía dun deserto. E, no entanto, a vía campesiña ben podería constituír unha alternativa, se cadra a mellor alternativa para, entre outras cousas, combater con efectividade esa condena dos nosos tempos que supón o desemprego. Case 300.000 galegos e galegas sen futuro visíbel. Un 55 por cento de mozos e mozas que só ollan como saída a emigración, e non só ao estranxeiro. A enorme emigración aos ámbitos urbanos está a producir, por una banda, unha gravísima desertización do espazo rural, que pode provocar, e de feito xa provoca, graves problemas ambientais, culturais e por suposto sociais, especialmente nas capas de poboación máis indefensas. Pola outra, os procesos de masificación nas ciudades crean poboacións moito máis dependentes, indefensas en períodos de crise, e un problema case irresolúbel no eido laboral, por canto as estruturas económicas dificilmente poderán xerar emprego para tales concentracións de persoas, o que pode derivar na xeración, aos poucos, de cintos de miseria urbana. Xa está a acontecer. Fronte a isto, a incorporación ao rural, á agricultura sustentábel, ben podería ser unha solución, ou cando menos parte dela. O goberno galego debería de ter como un dos seus obxectivos primordiais a creación de instrumentos que garantan o éxito da incorporación de persoas á actividade agrícola sustentábel e ao ámbito rural en xeral. Un mundo rural vivo sería o mellor futuro que lle poderiamos deixar neste país ás xeracións vindeiras. Porén, as axudas e instrumentos para a incorporación actuais amosan eivas que derivan nun alto índice de fracaso na implantación de novos proxectos, especialmente nos primeiros anos de vida. Falta de financiamento, falta de asesoramento, titorización e seguimento dos proxectos, falta de apostas pola investigación, falta de axudas aos gastos correntes no inicio da actividade, falta de políticas eficaces para o acceso á terra e falta de propostas audaces no acceso á vivenda no rural. Ao cabo, desleixo absoluto e falta de interese. Con algo de vontade política e un pouco de confianza no país non sería difícil pular polo que propomos. Poderiamos dotar de recursos técnicos e humanos ás oficinas agrarias comarcais para que estas asesoraran, axudaran e titorizaran a quen se incorporan á vida agraria. Tamén establecer plans de prácticas en explotacións agrarias, crear boas liñas de axuda ao circulante para o inicio da actividade, impulsar a colaboración entre concellos e o Bantegal para facilitar o acceso á terra, establecer medidas de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e os concellos para crear bolsas de vivendas no rural, crear medidas de potenciación dos mercados locais e estimular a creación de circuítos curtos de comercialización, ou potenciar de verdade sectores innovadores como a agricultura e gandería ecolóxicas, a fruticultura, a micoloxía. Que non hai alternativa ás políticas de austeridade? E un último apuntamento. Toda esta insoportábel situación agrávase máis aínda pola irreparábel perda da transmisión de coñecementos interxeracional, sen que exista nin un só plan efectivo para aproveitar eses saberes seculares, que ben poderían hoxe axudar a atenuar o etnocidio do que estamos a falar. Nisto agroma tamén o desprezo gobernativo polo que somos como pobo. Conectar os poucos que están cos que se incorporan de novo, as máis das veces sen experiencia algunha, non só revitalizaría o tecido económico do rural, senón que redundaría nun rexurdir do social, do comunitario, do cultural, de moito do que nunca debemos perder.

Artigo escrito por Antón Sánchez e Manoel Santos
Fonte: praza.com
______________

luns, abril 15, 2013

Concentración ante a entrada na Ría de Ferrol do LNG Madrid Spirit, cargado para Reganosa - Vídeo


E van 142 desde que o fixera o "LNG Galicia Spirit" en Maio de 2007. Unha nova concentración de denuncia e protesta tivo lugar en Ferrol, ante o aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, "LNG Madrid Spirit", xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, no corazón da nosa Ría.

O Comité Cidadán de Emerxencia convocou esta acción sonora a pesar do mal tempo e forte chuvia, o mesmo día que entrou o buque, o domingo 14 de Abril de 2013. A concentración comezou, pasadas ás 7 da tarde, na Praza Amada García, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia. O compañeiro Lalán, coordenador do Comité, pronunciou unhas palabras, para denunciar este despropósito gasista e anunciou novas accións do movemento opositor á planta regasificadora.


POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
Fotos:
Enlace coa Galería de Fotográfica de Susete'70.

Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
Twitter :  @ComitCEmerxenc


_________

sábado, abril 13, 2013

De novo, o "Madrid Spirit", buque gaseiro cargado con miles de toneladas de GNL/LNG, anuncia a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Domingo 14 de Abril - O Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha acción de protesta e denuncia


CONCENTRACIÓN SONORA
DOMINGO 14 DE ABRIL, ÁS 7 DA TARDE
NA PRAZA AMADA GARCIA
DIANTE DO EDIFICIO DA XUNTA

O LNG "Madrid Spirit", buque gaseiro de grande porte, cargado con miles de toneladas de GNL/LNG para a ilegal e perigosa Reganosa, ten anunciado a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Domingo 14 de Abril de 2013. Esta entrada dun buque cargado con gas natural licuado para Reganosa, supon xa a 142, desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha acción de protesta e denuncia, consitente nunha Concentración Sonora, o mesmo Domingo, ás 7 da Tarde, na Praza Amada García, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia


Características do buque gaseiro:
Nome: Madrid Spirit – Bandeira: España – Ano Construcción: 2004 – Eslora: 284,4 m – Manga: 42.5 m – Calado: 12.20 m – Puntal: 25.04 m – Capacidade.- 138.000 m³
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
Twitter :  @ComitCEmerxenc


Enviado por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
12 de abril de 2013 13:55
________________

Afetad@s pola desidia do goberno do PP, na adxudicación de vivendas protexidas de Recimil, reclaman unha solución: Adxudicación e entrega das vivendas Xa!


O que xurdiu como unha proposta da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, e acordada na pasada Asemblea de persoas que figuran na listaxe definitiva para acceder a unha vivenda protexida de propiedade municipal do barrio de Recimil, concretouse hoxe en Ferrol.

Esta Acción consistiu nunha concentración diante do Pazo Municipal, para dirixir-se posteriormente ao rexistro, onde un grupo de persoas afectadas fixeron entrega da reclamación para que se lles adxudique e entreguen xa, algunha das vivendas municipais liberadas.

No mesmo rexistro entregou-se un escrito, onde se solicitou unha reunión de urxencia co Sr. Alcalde, José Manuel Rey Varela e co concelleiro e concelleira, responsábeis de patrimonio e benestar social. O obxectivo da reunión, sería para trasladar-lles as queixas e demandas da Rede. Á xuntanza asistiría unha Comisión de persoas afectadas, xurdida da Asemblea do pasado 10 de Abril de 2013, composta por Laura Luz, Rosa, Ada Luz e Estefanía que estarían acompañadas por membros da Rede de Apoio Mutuo, Elena e Francisco que foron elixidos hoxe, en Esteiro, na asemblea semanal ordinaria de Stop-Desafiuzamentos.

Para finalizar tivo lugar unha Asemblea onde  veciñas afectadas falaron da súa situación persoal e familiar, reclamando unha vivenda digna. Os medios de comunicación local están recollendo con interese esta loita social [*]. O drama persoal que están sufrindo moitas destas familias, converten esta loita no centro de preocupación e entrega dentro da Rede, o que require de moito compromiso e paciencia, por tod@s @s activistas e afectad@s.

Fotos: Susete'70.


[*] Noticias:
Os solicitantes dunha vivenda municipal en Ferrol colapsan o rexistro do Concello | O alcalde anuncia a entrega de pisos en Recimil «nos próximos días» | ROCÍO PITA PARADA FERROL 12/4/2013 19:20 h  [Ir á web]

As persoas en lista de espera para unha vivenda de Recimil esixen que se axilice a súa entrega | REDACCIÓN FERROL | Actualizado 12 Abril 2013 - 13:09 h. [Ir á web]

Os rostros da espera por Recimil | As familias que agardan por un piso reclamarán hoxe ao Concello a súa entrega | Rocío Pita Parada ferrol / a voz 12/4/2013 [Ir á web]

Solicitantes de pisos en Recimil levarán a súa protesta ao Concello | Presentarán escritos para forzar a súa entrega e acudirán ao pleno | Rocío Pita Parada / Ferrol / La voz 11/4/2013  [Ir á web]

Os solicitantes de pisos de Recimil presentarán reclamacións no Concello
REDACCIÓN FERROL | Actualizado 11 Abril 2013 - 01:40 h. [Ir á web]

Aumenta a presión para que se entreguen pisos baleiros en Recimil | O Concello asegura que non hai ningún en condicións de habitabilidade | Rocío Pita Parada / Ferrol / La voz 9/4/2013  [Ir á web]


Stop-Desafiuzamentos (Adherida ás PAHs) - Comisión Dereito a unha Vivenda Digna, da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra.

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

No facebook:
http://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosFerrolTerra/
________________

venres, abril 12, 2013

Achégase a data de lanzamento de "Galiza Ano Cero" mais... Que é "Galiza Ano Cero"?

Galiza Ano Cero é un canal de televisión sen ánimo de lucro na internet. Contidos producidos de maneira colectiva e horizontal, en código aberto e con transparencia, da comunidade para a comunidade, e difundidos baixo unha licenza Creative Commons Recoñecemento - Non Comercial - Compartir Igual (CC BY-NC-SA). Dende abaixo á esquerda. Outra televisión.

Galiza Ano Cero é unha comunidade aberta. Unha rede de grupos de traballo que poñen en común ideas, afectos e man de obra para construír unha ferramenta, non unha mercadoría. Calquera pode entrar e saír de Galiza Ano Cero. Calquera pode facerse oír e traballar. Será o que todas queiramos que sexa.

Galiza Ano Cero é un banco de tempo administrado colectivamente pola comunidade. Unha ferramenta que permite afrontar todas as tarefas derivadas da produción de contidos de maneira democrática e sustentábel, optimizando esforzos e recursos e permitindo a implicación de calquera.

Galiza Ano Cero é unha asociación cultural que dá soporte á comunidade e ao canal de televisión. Unha asociación autofinanciada mediante as cotas das socias e as doazóns de calquera que se constitúe ao mesmo tempo que nacen o canal e a comunidade e que será, tamén, o que todas queiramos que sexa.

Galiza Ano Cero é un portal web, www.galizaanocero.tv, e unha constelación de redes sociais. Un obradoiro coas paredes de cristal no que a comunidade e o canal se expresan, traballan e escoitan, á vista de calquera. Nada que ocultar.

Galiza Ano Cero está a piques de comezar a emitir dous programas quincenais, un de debate político e outro de entrevistas. Contidos plurais, pero non equidistantes.

E isto é só o principio. O resto decidímolo entre todas.


WEB:
http://www.galizaanocero.tv,

Facebook:
https://gl-es.facebook.com/galizaanocero

Todos somos negros, ... Por David Rodríguez

Por David Rodríguez [*]
12.04.2013


Hai tempo escoitelle ao cómico Javier Cansado algo así como que el non lía ningún libro ao que non lle tivesen pasado por riba algúns aniños. Un xeito de garantir que só se perderá enerxía lendo aquilo con capacidade de trascender o meigallo da novidade e de sobrevivir á conxuntura do presente. 

Como un fai algo semellante cos produtos televisivos, aínda estiven vendo estes días a primeira temporada de The Wire, a trama policial ambientada na cidade de Baltimore que, a dicir do seu director David Simon, tenta mostrar como "o capitalismo salvaxe e sen freos despreza aos seres humanos". 

Asistindo como espectador ao día a día da barriada afroamericana que só atopa no tráfico de drogas un xeito de integración e de ascensor social, veume á cabeza, aínda que pareza paradoxal, aquel artigo 14 da Constitución de Haiti de 1805 que proclamaba: "Todos os cidadáns, de aquí diante, serán coñecidos pola denominación xenérica de negros". 

A máxima haitiana recoñecía a cidadanía universal a base obviar os mil matices de pel e de identificar ao todo coa parte máis excluída. Na nosa época de contrarrevolución, imitar o xesto haitiano non redundará nun maior recoñecemento de dereitos pero polo menos axudará a tomar consciencia de cal é o lugar do que partimos. A ver se me explico.

Cando un ve The Wire, ten a impresión de que o modelo Baltimore, que o xeógrafo marxista David Harvey, concidadán tamén dese lugar, ten analizado nalgún dos seus libros, pode estar máis preto de nós do que pensamos. Baltimore, di Harvey, ten unhas "corenta mil casas baleiras" pero "as concentracións de persoas sen fogar, a existencia de desemprego e de pobres empregados é evidente en todas partes. As fileiras nas cociñas económicas fanse cada vez máis longas e os centros de beneficencia de moitas igrexas están sobresaturados.As desigualdades medran a pasos axigantados. Os masivos recursos educativos da cidade están vetados para os nenos que viven alí. Os colexios públicos están nun estado lamentable. A pobreza crónica e todo tipo de signos de dificultades sociais reinan á sombra dalgunhas das mellores institucións médicas e de saúde pública do mundo, que son inaccesibles para as poboacións locais." Acaso non comezan a ser todas estas cousas familiares nesta nosa Europa do sur que pouco a pouco se vai desenganchando da utopía de benestar e capitalismo domésticado que quería ser a Unión Europea? 

Pero, ademais destas condicións materiais, temos algo máis en común co Baltimore de David Harvey e de The Wire que tamén traballa a favor da consigna "Todos somos negros": hoxe que en Europa o movemento obreiro é unha caricatura do que foi, as maiorías sociais nosas teñen tan extirpadas como as clases populares norteamericanas a cultura de esquerda e as ferramentas ideolóxicas e organizativas propias daquela. Tamén neste aspecto estamos xa igualados co centro do imperio. 

En coherencia con isto, se cadra, non estaría mal revisitar, como recordou Rebeca Baceiredo recentemente, as maneiras dun movemento que tratou de ofrecer unha estratexia viable nese contexto: os Black Panthers. Se un procura na rede o nome de Emery Douglas, o seu Ministro de Cultura, vai atopar unha obra gráfica que o introducirá de xeito rápido e ameno nas cuestións a que dedicaban os seus esforzos os Panteiras Negras dentro das comunidades negras estadounidenses: crear programas de educación, de alimentación e de saúde accesibles ás clases populares. Isto é, programas encamiñados a articular unha sociedade completamente alienada e a dotarlle do Estado do Benestar que as institucións lle negaban. 

Esta é unha estratexia lóxica para quen queira crear conciencia política onde non a hai. É a estratexia seguida tanto polo chavismo como pola estrema dereita grega, dous movementos antagónicos mais con igual vontade de seren masivos. Se o tempo verifica que ese "capitalismo salvaxe e sen freos no que se despreza aos seres humanos", do que falaba David Simon, chegou aquí para ficar, a nosa esquerda patria mellor faría en ir considerando a posibilidade de aplicala.

O Funambulista Coxo

Publicado o 2 de Abril de 2013 no blogue ofunambulistacoxo.blogspot.com.

[*] David Rodríguez Rodríguez (Vigo, 1975) mantén o blogue http://ofunambulistacoxo.blogspot.com desde o ano 2005. É autor das obras de teatro radiofónico O Bambán e Nunca me esquecerei de ti (gañadora e finalista respectivamente do I e IV Premio de Teatro Radiofónico do Diario Cultural). Escribiu o poemario Lapidarias. Os versos escuros e participou no libro colectivo Non conciliados. Argumentos para a resistencia cultural.

Ártabra 21: David Rodríguez: Palabras para a guerra en curso - Retomando a Palabra (Libro) - Descarga:
______________

Outros interesantes artigos relacionados:

Ártabra 21: Esquerda partidaria en Galiza. Un escenario aberto , ... Por David Rodríguez
Ártabra 21: As falsas polarizacións, ... Por David Rodríguez
__________________

En Ferrol, este Venres, 12 de Abril ás 20 hs. : Conferencia Carlos Jiménez Villarejo ExFiscal Anticorrupción, no Centro Cultural Carvallo Calero do Inferniño

A Asociación Cultural Fuco Buxán comprácese en convidalo á Conferencia 'Xuíces: A presencia do franquismo', que servirá de marco para a presentación do libro titulado: 'Xuíces, pero parciais. A pervivencia do franquismo no Poder Xudicial', de Carlos Jiménez Villarejo e Antonio Doñate Martín. No acto intervirá o propio autor, ExFiscal Anticorrupción.

Carlos Jiménez Villarejo, Fiscal desde 1962, militóu na oposición antifranquista. Foi cofundador en 1972 da Asociación Justicia Democrática, membro da Unión Progresista de Fiscales, por eses anos tamén militóu no PSUC. Foi Fiscal-Xefe da Audiencia Territorial de Barcelona ate 1995, data na que asume a Jefatura da Fiscalía Especial Anticorrupción. No ano 2003, gobernando o PP, foi cesado deste posto por razóns estritamente políticas. Na actualidade mantén actividades civís no eido da defensa dos dereitos humanos, se ten identificado coa defensa da Lei de Memoria Histórica, tamén de Baltasar Garzón. Villarejo é membro fundador da Plataforma contra la impunidade e colabora con artigos peridísticos e académicos.

O franquismo e os seus fundamentos autoritarios e antidemocráticos continúa estando presente entre nós (...) A dereita que goberna España ten fixado un horizonte de autoritarismo que irá facendo efectivo e patente si a reacción social e política non teñen a realidade e a forza necesaria para impedirlo (...) A actual deriva autoritaria necesitará, e contará sen dúbida, da colaboración do Poder Xudicial” (do epílogo do libro)


Venres, 12 de abril 2013, ás 20,00 hs, Salón de Actos do C.C. Carvalho Calero do Inferniño - Ferrol

Rúa Armada Española, 32 baixo- 15406 - Ferrol
Apartado Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telefono. 981325492
www.fucobuxan.net
fucobuxan@yahoo.es

Enviado por:
fucobuxan
-fucobuxan@gmail.com-
12 de abril de 2013 00:15

_____________