mércores, maio 23, 2012

Festival 97 Aniversario do Real Coro Toxos e Froles

 
O vindeiro Domingo 27 de maio, ás 19:00 horas, no Teatro Jofre, o Real Coro "Toxos e Froles" celebrará o Festival para conmemorar o seu 97 Aniversario.

Queremos convidar a tódolos nosos amigos a que veñan a celebrar con nós neste Festival, no que faremos entrega da Medalla de Ouro do Real Coro "Toxos e Froles" a Miguel Vázquez, abandeirado do Real Coro dende 1970.

Contaremos coa participación dos seguintes grupos:
•Coral De Ruada
•Asociación Cultural Donaire
•Real Coro "Toxos e Froles"


Podedes recoller as invitacións tanto nas taquillas do Teatro Jofre en horario de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00, como no noso Local Social da Rúa Magdalena 220, en horario de oficina.

A entrada é gratuita.

Dexámosvos aquí o programa do Festival:
Programa Festival 97 Aniversario Toxos e Froles.

Podedes descargar o tríptico do Aniversario na nosa web: http://www.toxosefroles.com/
__________________

Lanzamento en Esteiro - Mércores día 23 de Maio ás 11 horas vai producirse un desafiuzamento dunha muller (sen apenas ingresos) e o seu fillo de catro anos - Trata-se de evitar o desafiuzamento e Solicitar a paralización do mesmo por parte do Xulgado


Hoxe Mércores ás 11 da mañá unha cita solidaria e de xustiza en Esteiro, non deixemos que Yolanda e o seu fillo de catro anos fiquen na rúa. Desde Ártabra 21 chamamos a participa na Concentración polo dereito a unha vivenda digna, por xustiza, contra a pobreza.


Lanzamento en Esteiro

O vindeiro mércores día 23 de maio ás 11 horas vai producirse un desafiuzamento dunha muller (Yolanda G. F., sen ingresos e co Risga concedido sen cobrar aínda e como único ingreso a pensión de manutención do fillo) e o seu fillo de catro anos, que está escolarizado polos servizos sociais do Concello de Ferrol, será na Rúa Soto nº 1-3 1º Esquerda .

Se trata de evitar o desafiuzamento e Solicitar a paralización do mesmo por parte do Xulgado para que a súa nova avogada Iolanda Díaz, teña tempo de ver o expediente e poder exercitar a súa defensa.

En todo caso, DEMANDAMOS  do Alcalde de Ferrol e da Concelleira de Benestar Social do Concello de Ferrol que actúen como mediadores impedindo o lanzamento da citada veciña de Esteiro de do seu fillo e, en todo caso buscando unha solución alternativa que impida que un neno e a súa nai queden na rúa.

LEMBRAMOS que o Pleno do Concello de Ferrol acordou a constitución dunha mesa de desafiuzamentos que permita que o Concello de Ferrol medie entre as partes para buscar unha solución con garantías para todos.

Desde a Asociación Veciñal de Esteiro non entramos a facer ningún tipo de valoración de carácter moral ou legal, pero o que si entramos é en defender que se busque unha solución para que unha muller e o seu fillo de catro anos, e en pleno curso escolar, non fiquen na rúa a partir do mércores día 23 de maio e faremos canto poidamos para evitalo.

Xunta Directiva da AV de Esteiro


Local Veciñal:
Rúa Fernando VI,
Bloque I baixo
Ferrol -15403
Telef. 981933223
avesteiro@galicia.com
http://avesteiro.blogspot.com/

Enviado pola:
avesteiro
-avesteiro@galicia.com-
21 de maio de 2012 20:31
______________

domingo, maio 20, 2012

Acto unitario polas Nosas Letras na Praza Rosalía de Castro de Ferrol - Fotos

Este Domingo 20 de Maio de 2012, ás 12 do mediodía tiña lugar na Praza de Rosalía de Castro un acto unitario polas Nosas Letras. Unha parte do movimento asociativo e cultural da cidade quixo render unha homenaxe na figura da nosa Rosalía, a todas as escritoras e escritores que utilizan o galego nas súas obras. Criticou-se as políticas dereitistas do PP que desde o poder institucional lexislan contra o Galego. Na defensa da Lingua houbo música, flores, poesía, intervencións e manifestos.

Fotos de Susete'70.
__________________

Xornada Comunitaria en Caranza: Desde primeira hora do sábado a actividade do Mercado de Caranza, desenvolvíase dun xeito especial



Desde primeira hora do sábado a actividade do mercado de Caranza, desenvolvíase dun xeito especial. Moitas das grises persianas de ferro, que manteñen fechados máis do 80% dos postos, aparecían cubertas de cores, de debuxos infantís co colorido alegre que os caracteriza, e de propostas, moitas propostas para converter unha das zonas máis deterioradas do barrio, nun espazo útil, dinámico e con valor para a comunidade.

Cinco asociacións de Caranza, a ANPA do IES Carvalho Calero, a ANPA do CEIP Manuel Masdias, a Asociación Cultural Fuco Buxán, a Asociación Sociocultural López Bouza e o Colectivo Sociocultural A Revolta de Trasancos, teñen trazado un camiño común para a posta en valor dun barrio que precisa dunha intervención comunitaria para mellorar a calidade de vida das persoas que o habitan.

O mercado de Caranza simboliza esa necesidade do barrio de reconstrución e rehabilitación. O abandono institucional que ven sufrindo este edificio público e o espazo que o circunda, decidiu a este grupo de asociacións a centrar a súa intervención comunitaria nel. Para iso contaron e contan co asesoramento e colaboración da delegación ferrolán do Colexio de Arquitectos de Galicia e da Asociación de Vendedoras e Vendedores do Mercado de Caranza.

Comezouse por realizar enquisas entre a veciñanza para recoller a súa opinión sobre a situación do mercado e coñecer as propostas e solucións que poden aportar.

Desde os centros públicos do barrio realizáronse visitas e traballos escolares sobre o mercado, animando á creación de ideas e solucións para este espazo público.

O sábado 19 foi a primeira cita para, dentro das propias instalacións do mercado, celebrar unha primeira xornada comunitaria para a posta en valor do mercado e comezar a criar colectivamente o proxecto da súa recuperación.

Unha das paredes do mercado proxectou imaxes de informativos onde os operadores e operadoras do mercado denunciaron en repetidas ocasións as condicións nas que teñen que desenvolver o seu traballo. Como contrapunto imaxes doutros mercados galegos, mostraban o que podería chegar a ser o noso.

A continuación, nun improvisado espazo entre dos postos de venda de froitas e verduras, Toni García, arquitecto, explicaba como barrios semellantes ao nosos en Europa, comezaron o camiño da rehabilitación con participación comunitaria hai xa varios anos. Explicou tamén como a arquitectura cambiou o camiño que tiña trazado até o século pasado, un camiño que comezaba por pensar os edificios, para ocupar espazos e posibilitar a vida. Agora o camiño recorrese á inversa, pensamos a vida e os espazos para decidir o tipo de edificio.

O arquitecto Miguel Raimúndez, encargouse da visita guiada polas instalacións do mercado, para ver, tanto os problemas derivados do paso do tempo e da falta de mantemento; aqueles problemas derivados dunha construción onde non se resolveron ben algúns problemas de permeabilidade; ou  aqueles outros que se derivaron de aplicar unha mala solución para os primeiros. Entrada de luz, ventilación, filtracións, evacuación de augas, cubertas... e unha viga exterior que precisa, xunto a esquina leste da cuberta, unha intervención urxente para evitar máis deterioro.

No espazo situado detrás do mercado improvisouse unha pequena asemblea onde se nos explicou as características das dúas parcelas que o conforman. Unha Casa da Mocidade, unha praza pública para celebrar as festas e o feirón, un espazo para o lecer e a convivencia... foron algunhas das ideas que comezaron a encher aquel espazo de soños que están chamados a converterse, na realidade dun barrio que desperta a unha nova etapa de construción comunitaria.

O acto nos medios:
Defenden a rehabilitación fronte á derriba nunha xornada sobre o mercado de Caranza [Ir ao xornal: Diario de Ferrol - 20.05.2012]

Rehabilitación [Ir ao xornal: Diario de Ferrol - 20.05.2012]

Saíu na Portada do Diario de Ferrol na edición impresa do Domingo 20 de Maio de 2012 [Acceder]

Cinco entidades de Caranza organizan unha xornada en torno ao mercado do barrio [Ir ao xornal: Diario de Ferrol - 17.05.2012]

Ferrol | Cinco asociacións de Caranza organizan unha xornada sobre o mercado do barrio | A cita é o sábado na propia praza de abastos [Ir ao xornal: La Voz de Galicia - 16.05.2012]

Enlaces de interese:

Blogues con información das actividades conxuntas das Asociacións do Barrio de Caranza - Ferrol.
http://barriodecaranza.blogspot.com.es/

http://caranza-ferrol.blogspot.com.es/


Fotos de Susete'70.
_ __________________

sábado, maio 19, 2012

Este Domingo 20 de Maio, ás 12 do mediodía Acto Unitario polas Nosas Letras na Praza Rosalía de Castro


DOMINGO 20 DE MAIO
ACTO UNITARIO
NA PRAZA ROSALÍA DE CASTRO
EN FERROL
ÁS 12 DO MEDIODÍA


Este Domingo 20 de Maio de 2012, ás 12 do mediodía celebrara-se a homenaxe a Rosalía de Castro que todos os anos ten lugar na Praza que leva o nome da escritora galega. O Colectivo Ártabra 21 soma-se á convocatoria aberta, á que polo de agora se somaron a asociación Fuco Buxán, o Toxos e Froles, a Fundaçom Ártabria, o Ateneo Ferrolán, o Colectivo Sociocultural A Revolta de Trasancos, e a Asociación Sociocultural López Bouza, ... agardando que outras entidades participen nesta autoconvocatoria pola Lingua.

Todas as asociacións convocantes facemos un chamamento a toda a cidadanía para participar no Acto Unitario da Praza Rosalía de Castro, no barrio de San Xoán, para celebrarmos a nosa Lingua e as Nosas Letras. Un acto no que se escoitarán, desde distintas sensibilidades, valoracións e reivindicacións referentes á situación da Lingua e Cultura galegas, e unha expresión artística e popular que tamén vai reivindicar a todas as escritoras e escritores que utilizan o Galego.

O acto consistirá nunha ofrenda floral, música, lectura de poemas, manifestos, proclamas, ... este acto está aberto a toda a cidadanía.

A convocatoria unitaria desenvolvera-se a partir das 12 do mediodía, ao redor da pequena figura de Rosalía de Castro, que preside a praza no barrio de San Xoán de Ferrol, este Domingo 20 de Maio, polas Nosas Letras, nun momento moi crítico para a nosa lingua, onde a propia administración lexisla contra a súa normalización.

Clicar acima da imaxe para ampliar

__________________

mércores, maio 16, 2012

Pode a Xustiza investigar os recortes?


O Defensor do Paciente pediulle ao Fiscalía Superior de Xustiza de Galicia que investigue sobre os "recortes brutais" no SERGAS porque "atentan contra a saúde e a vida" dos cidadáns. Por exemplo, denuncia "infeccións cirúrxicas" nun hospital ferrolá, cuxo xerente o acusa de alarmista.

Nun comunicado de prensa, a asociación inclúe neses "recortes" o peche de hospitais e de centros de saúde e demoras na asistencia por falta de persoal médico-sanitario. Unha situación que provoca, "que a asistencia está a ser deficitaria" no que se refire a listas de espera. "O 100% dos cidadáns cunha espera prolongada chega cun agravamento que en moitos casos é irreversible", denuncia, ao que suma "urxencias colapsadas, atentando á intimidade" e "pacientes revoltos".

Neste sentido, o Defensor do Paciente lembra que os pacientes "non teñen como obrigación soportar a mala xestión dos que gobernan" ou a "incoherencia dos copagos que tamén atentan contra aqueles que non poden sufrilos".

Hospital Juan Cardona de Ferrol

Esta institución pon coma exemplo o que acontece no Hospital Juan Cardona de Ferrol. "Realizan certas actuacións que preocupan enormemente porque, ao parecer, estanse producindo numerosas infeccións cirúrxicas, sendo especialmente graves as que afectan os implantes de PTC e PTR".

"Hai uns días o xerente reuniu aos traumatólogos por este motivo e comentoulles que tivesen mais coidado. Un deles, que hai dous anos denunciara na Inspección Médica que o hospital lles obrigaba a reutilizar material desbotable despois de esterilizarlo e negouse a iso, comentou que podía ser debido a que se realizaban obras no bloque cirúrxico sen deter a actividade, a que o ritmo de intervencións era alto e que non había nin material suficiente nin tempo para esterilizarlo correctamente".

"Crear alarma"

Ante esta denuncia, o xerente deste hospital respondeulle ao Defensor do Paciente que "como sempre o seu interese era crear alarma e que o que tiñan que facer era ser máis coidadosos". "Entenderá esta preocupación como lexítima", dille esta institución no escrito ao fiscal superior de Galicia, ao que piden unha entrevista persoal para exporlle estes feitos.

Finalmente, pide unha investigación "e depuración de responsabilidades" por entender que "pode haber un presunto delito por pór en risco a unha poboación tal delicada como son os enfermos". "A enfermidade non é un xogo e isto parece ser o que cren os mandatarios de sanidade cos recortes que están a realizar", finaliza.

Fonte: Galicia Confidencial | A Coruña | 16/05/2012

Enviado por:
avesteiro
-avesteiro@galicia.com-
16 de maio de 2012 17:32
__________________

Xoves 17 de Maio de 2012, Programa de RNE sobre Reganosa



Este Xoves día 17 de Maio de 2012, en Radio Nacional de España (RNE1) - 100.4 FM - a partires das 5 da tarde, no programa  "Asuntos Propios".

Tratara-se o tema de Reganosa a través de unha entrevista a Patricia Gabeiras. Avogada do Comité Cidadán de Emerxencia.

Prégase difusión.

--
Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org


Enviado por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
15 de maio de 2012 16:41
______________

Terceira Acción Obreira "Pola readmisión de Alberto, en defensa do Dereito a Folga e da Liberdade Sindical", tivo lugar en Mercadona d'A Gándara, en Narón - Vídeos e Fotos


Aínda non eran as 7 da tarde e xa ondeaban as bandeiras e autocolantes sindicais, USTG, UGT, CNT, CCOO, CIG... unha mostra de unidade, de solidariedade obreira deixando atrás convocatorias, protagonismos, sectarismos, que ás veces tinxen as burocracias sindicais. Porque esta mobilización merecía antepor as diferencias de política sindical, de siglas ou representatividade, para fortalecer a solidariedade co compañeiro represaliado por exercer o dereito á folga. Nun exercicio de comprensión colectiva da conxuntura política e sindical na que estamos, a manifestación obreira de solidariedade foi unha vez máis, e van tres, todo un éxito.

Eran as 7 da Tarde cando entramos polas portas do hipermercado do todo poderoso e dereitoso ultraliberal Juan Roig. Perante unha hora os berros de denuncia e protestas non cesaron, alguén quedou afónico ante tanta rabia contida, pola desvergonza do encargado, executor do despido, e fiel servidor do seu amo.

Desde Ártabra 21 achegamos unhas fotos e uns vídeos moi esclarecedores do que foi esta terceira mobilización obreira de unidade e loita contra o Capital.

A empresa ofreceulle a Alberto unha indemnización de 15.000 €, se aceptaba o seu despedimento, case 10.000€ máis do que lle correspondería por un despido improcedente. Mais o compañeiro, segue manifestando que o seu despedimento é un atentado contra a liberdade sindical, un despido radicalmente nulo, polo que se mantén firme en que só aceptará a readmisión. Mañá, 16 de Maio, terá lugar o acto de conciliación no SMAC, a próxima cita coa Empresa será no xuízo. Mais as mobilizacións continuarán.

Unidade Sindical contra o Capital !

Non permitamos que a burocracia sindical se instale nos nosos sindicatos !

A loita continua: "Pola readmisión de Alberto, en defensa do Dereito a Folga e da Liberdade Sindical".


http://youtu.be/MyPg_A0Gxec


Fotos: Susete'70 e Ártabra 21.
Vídeo: Ártabra 21 .
_____________________

Esquerda Unida demanda a readmisión das traballadoras e traballadores despedidos na FIMO e a dimisión do seu Presidente Xoan Gato

INFORMACIÓNS do Grupo Municipal de EU Ferrol

Ferrol, mércores 16 de maio de 2012

ESQUERDA UNIDA DEMANDA A READMISIÓN  DAS PERSOAS DESPEDIDAS EN FIMO E A CONVOCATORIA URXENTE DUNHA XUNTA DE VOCEIROS PARA TRATAR A INXUSTIZA
EU RECLAMA A DEMISIÓN DO PRESIDENTE DE FIMO
O NOSO GRUPO MUNICIPAL PRESENTARÁ UNHA MOCIÓN RECLAMANDO A READMISIÓN DAS PERSOAS DESPEDIDAS

O Grupo Municipal de  Esquerda Unida vén de manter un encontro de traballo coas persoas despedidas manu militari en FIMO, cunha aplicación desa lei de excepción laboral que ditou o obediente Rajoy para satisfacer aos mercados. Despedimentos producidos con erros na tramitación e sen que ás persoas despedidas coñezan a motivación aducida para botalas fóra.

A nosa organización vén de rexistrar a petición dunha Xunta urxente de Voceiros para abordar a inxusta problemática creada pola mala xestión comercial de FIMO, que agora se carga unilateralmente sobre as costas da plantilla. Dada a posición de socio do concello, a alcaldía ten que tomar decisión e partido nesta problemática, ou coa autoritaria presidencia ou cos traballadores e traballadoras despedidas.

Esquerda Unida en congruencia coa análise antedita realiza a demanda formal de demisión do presidente de FIMO, que coa súa xestión non vén senón a agravar a situación de FIMO e que semella ao noso xuízo merecente de deixar a presidencia do organismo canto antes.

Yolanda Díaz e Javier Galán acordaron a presentación dunha moción para o vindeiro Pleno na que se afronte de xeito público a situación de inxustiza creada e que se lle fai pagar a plantilla de traballadoras e traballadores.


Esquerda Unida - Ferrol
Rúa do Sol 124 entrechán esquerda, Ferrol

eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
eu-ferrolcomarca@esquerdaunida.org

facebook
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html
http://www.esquerdaunida.org/



Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
16 de maio de 2012 14:54

Prezadas/os amigas/os: remitimos un INFORMACIÓNS onde reclamamos a demisión do presidente de FIMO, Xoán Gato, e maila readmisión das traballadoras e traballadores despedidos, para o que imos presentar unha moción ao Pleno, xunto a petición urxente dunha Xunta de Voceiros para que se pronuncie o Goberno. Saúdos, Ramiro Marier.

_______________

Resumo, en 40 puntos, do programa da 'Esquerad Radical Grega'. [Syriza]

Na foto: Alexis Tsipras.



A Coalizón da Esquerda Radical (SYRIZA) é unha coalizón de partidos de esquerda na Grécia.
Liderado por Alexis Tsipras, defende o aumento dos impostos para os contribuintes con mais rendimentos, o adiamento ou anulazón dos pagamentos da dívida e cortes nos gastos da defesa. Tsipras, un dos mais novos políticos gregos, defende unha frente de esquerda anti-austeridade.
Nas eleizóns parlamentares de 6 de Maio de 2012, o SYRIZA conquistou 16% dos votos e 50 deputados, tornandose o segundo maior partido. O crescimento do SYRIZA - e, por outro lado, a entrada no parlamento de dous partidos de extrema direita - é considerada como unha manifestazón de protesto contra a política de austeridade seguida nos últimos anos.

Un resumo, en 40 puntos, do programa electoral do partido Syriza, favorito nas enquisas agora que se van a repetir as eleccións en Grecia. 
  • 1. Realizar unha auditoría sobre a débeda pública. Renegociar a súa devolución e suspender os pagos ata que se recupere a economía e volva o crecemento e o emprego.
  • 2. Esixir á UE un cambio no papel do BCE para que financie directamente aos Estados e aos programas de investimento público.
  • 3. Subir o imposto da renda ao 75% para todos os ingresos por encima do medio millón de euros anuais.
  • 4. Cambiar a lei electoral para que a representación parlamentaria sexa verdadeiramente proporcional.
  • 5. Subir o imposto de sociedades para as grandes empresas polo menos até a media europea.
  • 6. Adoptar un imposto ás transaccións financeiras e tamén un imposto especial para os produtos de luxo.
  • 7. Prohibir os derivados financeiros especulativos, como os swaps e os CDS.
  • 8. Abolir os privilexios fiscais dos que goza a igrexa e os armadores de barcos.
  • 9. Combater o segredo bancario e a evasión de capitais ao estranxeiro.
  • 10. Rebaixar drasticamente o gasto militar.
  • 11. Subir o salario minimo até o seu nivel previo aos recortes (751 euros brutos mensuais).
  • 12. Utilizar os edificios do Goberno, a banca e a igrexa para aloxar ás persoas sen fogar.
  • 13. Pór en marcha comedores nos colexios públicos para ofrecer almorzo e xantar gratuíto aos nenos.
  • 14. Ofrecer sanidade pública gratuíta para as persoas desempregadas, sen fogar ou sen ingresos suficientes.
  • 15. Axudas de até o 30% dos seus ingresos para as familias que non poden afrontar as súas hipotecas.
  • 16. Subir as prestacións de desemprego para os parados. Aumentar a protección social para as familias monoparentais, os anciáns, os discapacitados e os fogares sen ingresos.
  • 17. Rebaixas fiscais para os produtos de primeira necesidade.
  • 18. Nacionalización dos bancos.
  • 19. Nacionalizar as antigas empresas públicas de sectores estratéxicos para o crecemento do país (ferrocarrís, aeroportos, correos, auga…).
  • 20. Apostar polas enerxías renovables e pola protección do medio ambiente.
  • 21. Igualdade salarial para homes e mulleres.
  • 22. Limitar o encadeamento de contratos temporais e apostar polos contratos indefinidos.
  • 23. Ampliar a protección laboral e salarial dos traballadores a tempo parcial.
  • 24. Recuperar os convenios colectivos.
  • 25. Aumentar as inspeccións de traballo e os requisitos laborais para empresas que accedan a concursos públicos.
  • 26. Reformar a constitución para garantir a separación Igrexa-Estado e a protección do dereito á educación, a saúde e a protección do medio ambiente.
  • 27. Someter a referendo vinculante os tratados europeos e outros acordos de importancia.
  • 28. Abolición de todos os privilexios dos parlamentarios. Eliminar a especial protección legal dos ministros e permitir aos tribunais ordinarios procesar aos membros do Goberno.
  • 29. Desmilitarizar a garda costeira e disolver as forzas especiais antidisturbios. Prohibir a presenza de policías encubertos ou con armas de fogo nas manifestacións e mitins. Cambiar os plans de estudo dos policías para pór énfases nos temas sociais, como a inmigración, as drogas ou a exclusión social.
  • 30. Garantir os dereitos humanos nos centros de detención de inmigrantes.
  • 31. Facilitar aos inmigrantes a reagrupación familiar. Permitir que os inmigrantes, incluso os indocumentados, teñan acceso pleno á sanidade e a educación.
  • 32. Despenalizar o consumo de drogas, combatendo só o tráfico. Aumentar os fondos para os centros de desintoxicación.
  • 33. Regular o dereito á obxección de conciencia no servizo militar.
  • 34. Aumentar os fondos para a sanidade pública até os niveis do resto da UE (a media europea é do 6% do PIB e Grecia gasta o 3%).
  • 35. Eliminar o copago nos servizos sanitarios.
  • 36. Nacionalizar os hospitais privatizados. Eliminar toda participación privada no sistema público de saúde.
  • 37. Retirada das tropas gregas de Afganistán e os balcanes: ningún soldado fóra das fronteiras de Grecia.
  • 38. Romper os acordos de cooperación militar con Israel. Apoiar a creación dun estado Palestino dentro das fronteiras de 1967.
  • 39. Negociar un acordo estable con Turquía.
  • 40. Pechar todas as bases estranxeiras en Grecia e saír da OTAN.
Tirado de: www.escolar.net

Documental VENCEREMOS NÓS | a represión ao metal e o proceso a Antolín Alcántara


Breve documental que recolle esceas de arquivo da represión policial e gobernamental á folga do metal da provincia de Pontevedra en 2009, así como a situación actual do proceso xudicial contra Antolín Alcántara, secretario confederal de negociación colectiva da CIG, ao que a fiscalía prentende enviar ao cárcere en base aos sucesos de 2009.



Manteñen petición de cadea para Alcántara ao remate do xuízo pola folga do metal de 2009 malia non probarse a autoría dos feitos

O secretario confederal de Negociación Colectiva da CIG recibiu o apoio e a solidariedade dos seus compañeiros/as ás portas dos xulgados de Vigo.
A Fiscalía decidiu manter a petición de prisión para o secretario confederal de Negociación Colectiva e Saúde Laboral da CIG ao remate do xuízo celebrado este martes en Vigo a pesar de que non quedou acreditada a autoría dos feitos polos que se lle acusa, xunto a outras dúas persoas, de desordes públicos e danos durante a ocupación da estación marítima na folga do metal de 2009. Antolín Alcántara recibiu o apoio e a solidariedade dun nutrido grupo de compañeiros/as da central nacionalista, que se concentraron ás portas dos xulgados para reclamar a súa absolución.

Aínda que rebaixou a proposta inicial case á metade, o fiscal decidiu manter as petición de prisión para o dirixente da CIG e para o secretario comarcal do Metal de CCOO, Ramón Sarmiento, mentres que optou por retirar a acusación contra a ex responsábel de prensa do sindicato nacionalista na cidade, a quen a propia xuíza lle comunicou a súa absolución.

Pola contra, para Alcántara o Ministerio Fiscal pediu dous anos e medio -un e medio por desordes públicos e un por danos- e unha sanción económica duns 5.500 euros (12 meses a razón de 15 euros diarios, mentres que a petición inicial elevábase até os 18 meses). No caso de Sarmiento a petición de cadea quedou en dous anos, un por desordes e outro por danos, e unha multa do mesmo importe.

Un nutrido grupo de responsábeis e delegados/as da CIG concentráronse dende media hora antes do inicio da sesión -prevista para as 9.00 horas- ás portas dun edificio xudicial custodiado no seu acceso principal por máis de 20 axentes da Policía española. O secretario xeral da CIG, Suso Seixo, e o responsábel do sindicato na comarca, Serafín Otero, acompañaron a Alcántara ao interior dos xulgados mentres era despedido con berros de ánimo e aplausos.

Durante a sesión reproducíronse as imaxes captadas polas cámaras de seguridade da Autoridade Portuaria, nas que en ningún momento se observa a rotura da porta de acceso á estación marítima, e compareceron máis dunha ducia de testemuñas, entre gardas civís, policías e xornalistas.

Refuxiarse na estación marítima

Tampouco quedou probado que a intención dos folguistas fose ocupar a estación marítima e mesmo acceder a un cruceiro que se atopaba neses momentos atracando, tal e como sostivo o fiscal no seu alegato. Ben ao contrario, xa que o seu plan pasaba por realizar unha asemblea no acceso ao centro comercial que hai na zona para visibilizar o conflito diante dos turistas, “pero unha carga policial partiu o grupo en dous e unha parte correu a refuxiarse onde primeiro atopou”, tal e como explicaron os acusados no xuízo.

Ao remate da sesión, o secretario xeral da CIG dirixiuse ás persoas que agardaban á saída cinco horas despois para agradecerlles a súa solidariedade co compañeiro procesado e denunciar a actitude da Fiscalía e da propia xuíza. Suso Seixo criticou a dureza con que se persegue ás persoas que salientan polo seu compromiso cos dereitos da maioría social, “mentres se fai a vista gorda cos especuladores que causaron a crise ou cos empresarios que vulneran cada día dereitos fundamentais dos traballadores/as”.

Fonte: Avantar

Enlace relacionado:
http://www.galizacig.com/avantar/novas/15-5-2012/mantenen-peticion-de-cadea-para-alcantara-ao-remate-do-xuizo-pola-folga-do-metal-de-
___________________

O PP vota en contra de orzamentos para o dique flotante e o saneamento da Ría, presentados polo BNG no Parlamento Español


Ferrol, 15 de maio de 2012. A maioría do PP no Congreso dos Deputados rexeitou, nos debates producidos en comisión a pasada semana, as emendas presentadas polo BNG aos orzamentos xerais do estado para o presente ano. Entre estas enmendas votadas negativamente polo PP figuran o dique flotante, o saneamento da ría ou a mellora da liña ferroviaria Ferrol-A Coruña.

As emendas presentadas polo BNG, referentes primordialmente á nosa comarca, foron as seguintes:
  • SEPI-NAVANTIA: Construción dique frotante en Ferrol. 125 millóns.
  • MEDIO AMBIENTE: Colector Xeral de Ferrol. 26 millóns.
  • FACENDA E ADM. PÚBLICA: Compensación ao concello de Ferrol polas instalacións de defensa. 1,5 millóns.
  • FOMENTO-FERROCARRIL: Conexión ferroviaria co porto exterior. 1 millón.
  • FOMENTO-FERROCARRIL: Eixo atlántico, tramo Ferrol-A Coruña. 10 millóns.
  • EDUCACIÓN, CULTURA E DEPORTE: Convenio concello de S. Sadurniño para equipamento do Pazo da Marquesa. 500.000 euros.
  • Emenda 2708: Reactivación económica comarcas mineiras do carbón. 50 millóns de euros.
  • Emenda 2710: a Galicia para Programa especial de reactivación económica das comarcas mineiras do carbón. 40 millóns de euros.

A actitude do PP é reveladora dun dobre xogo –criticado desde hai moito tempo polo BNG– no que este partido fica instalado a respecto das necesidades urxentes da comarca, asumindo un discurso de defensa dalgunhas delas no ámbito comarcal; e rexeitandoas logo desde os ámbitos dos gobernos –central e galego– nos que exercen as súas responsabilidades.

Especialmente grave –polo que ten de auténtico fraude ao conxunto da sociedade comarcal– resulta o rexeitamento da emenda na que se demandaba un orzamento de 125 millóns de euros para a construción do dique frotante para Navantia; rexeitamento que o PP non ten rubor en certificar mesmo cando aínda está pendente a reunión pendente de celebrar coa SEPI por parte dos axentes sociais, sindicais, empresarias, políticos e institucionais da nosa comarca.

Outro tanto habería que comentar ao respecto do colector xeral do saneamento da ria, que non dispón no proxecto de OXE de cantidade algunha para o presente exercicio (sí previsións para 2013 e 2014 ); mentras que se inclúen previsións de investimento para o presente ano nunha cantidade moi pequena – 2,7 millóns de euros – a desenvolver por AQUANORTE (sociedade en fase de liquidación); nun proceso fraudulento ao que agora se pretende vincular aos concellos de Ferrol e Narón para que aporten fondos das arcas municipais a un proxecto que non é da súa competencia.



Web BNG Ferrolterra:
http://www.bng-galiza.org/opencms/opencms/BNG/ferrolterra/seccions/portada


Enviado por:

Novas BNG Comarca Ferrolterra
-sedenacional@bng-galiza.org-
16 de maio de 2012 03:07
______________

Os dereitista do PP que gobernan no Concello de Santiago tenta evitar a manifestación "En defensa da nosa Lingua" do 17 de Maio


O Concello de Santiago tenta evitar que haxa manifestación polo Día das Letras
Nunha resolución sorprendente, comunicada 48 horas antes da manifestación, o Concello nega os permisos para colocar palco e megafonía.

Queremos Galego recorreu hoxe mesmo nos tribunais e mantén a convocatoria "con máis razóns que nunca".

Carlos Callón: "Se nos denegan o palco e a megafonía, usaremos as gorxas para exclamar moi alto polos nosos dereitos".

A plataforma Queremos Galego, impulsada e coordinada pola Mesa pola Normalización Lingüística, e que aglutina máis de 700 entidades, encontrouse esta mañá cunha comunicación "sorprendente" do Concello de Santiago de Compostela.

Cando faltan 48 horas para a manifestación cidadá en defensa da lingua, o goberno municipal resolve negativamente unha petición "que sempre foi de trámite" para poder colocar un palco, para usar o punto de luz necesario para a megafonía do acto final e para poder colocar unha faixa informativa na Alameda de Santiago de Compostela.

Carlos Callón, como presidente da Mesa e portavoz nacional de Queremos Galego, asevera que "desde que A Mesa existe, hai 26 anos, nunca nos encontramos cunha resolución tan disparatada para unha mobilización en defensa do noso idioma". "Quérennos deixar sen voz: temos máis razóns que nunca para erguela e para acudir a Compostela o Día das Letras", aseverou Callón, quen considera que, "o actual goberno de Santiago ten un problema moi serio coa tolerancia lingüística e cultural e coa liberdade de expresión, como puidemos ver primeiro co Correlingua e agora coa manifestación do 17 de maio".

O Concello denega case todos os puntos solicitados por Queremos Galego baseándose en que "a manifestación coincide coa Ascensión", excepto a petición do punto de luz preciso para a amplificación do son, na cal non utiliza a escusa das festas, senón que non ofrece ningún motivo. Porén, desde a plataforma sinalan que "parece unha burla querer denegar esa licenza baseándose na Ascensión, xa que non é a primeira nin será a última vez que o día 17 de maio coincide con eses festexos". O presidente da Mesa di ironicamente que "a culpa é de Rosalía de Castro por asinar a dedicatoria do primeiro libro contemporáneo en galego nun 17 de maio".

O Concello coloca todos os obstáculos que pode para esta manifestación, "dentro do seu ámbito de competencias", mais non pode prohibir o acto, xa que este foi solicitado "en tempo e forma" na Delegación do Goberno. "O que nos deixa estupefactos é que todas estas xestións, que todos os anos son de trámite, se queiran converter agora en impedimento para exercer o noso dereito democrático a manifestarnos", sinala o presidente da Mesa e portavoz de Queremos Galego.

Enviado por:
FranciscoXavier.Iglesias.Mouriz@sergas.es
-FranciscoXavier.Iglesias.Mouriz@sergas.es-
15 de maio de 2012 23:14

_____________

martes, maio 15, 2012

Citas para hoxe na Comarca: Peche no IES Concepción Arenal contra os recortes no Ensino Público, Mesa redonda e Concentración do 15M na Praza do Concello, Mobilización en Mercadona pola Readmisión de Alberto en defensa do Dereito a Folga

Este Martes 15 de Maio de 2012, temos importantes citas hoxe en Ferrol, MOBILICEMO-NOS!

- A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público fai un chamamento á comunidade educativa, pra que secunde o peche que vai ter lugar no IES Concepción Arenal, desde hoxe, ás 4 da Tarde até as 8 da mañá do día seguinte. Esta é unha acción que se ven realizando alternativamente nos centros de ensino. de xeito rotativo, para denunciar e protestar contra as medidas e recortes do goberno dereitista do PP.

- Ás 6 da Tarde, Mesa redonda do 15M na Praza do Concello: “Sustentabilidade e alternativas ao desenrolo”.


- Ás 7 da Tarde, Concentración de Denuncia e Protesta, frente ao Hipermercado de Mercadona na Gándara: "Pola readmisión de Alberto, en defensa do Dereito a Folga e da Liberdade Sindical".

Esta vai ser a terceira mobilización pola readmisión de Alberto frente a Mercadona.

A empresa ofreceulle a Alberto unha indemnización de 15.000 €, se aceptaba o seu despedimento, case 10.000€ máis do que lle correspondería por un despido improcedente, mais o compañeiro, segue manifestando que o seu despedimento é un atentado contra a liberdade sindical, polo que se mantén firme en que só aceptará a readmisión.

- Ás 81/2 da Tarde, Concentración na Praza do Concello: "Non á represión do 15M", pola Democracia, pola Liberdade e a Xustiza, non á Ditadura dos "Mercados" - Primeiro Aniversario do 15M.
_______________

domingo, maio 13, 2012

12 de Maio a #PrimaveraGlobal en Ferrol Terra - Galería de Fotos



Fotos de Susete'70.

Enviado por:
suso
-susopazos@yahoo.es-
13 de maio de 2012 01:52
______________

Nova acción obreira contra Mercadona "pola liberdade sindical - non aos despidos" - 12 de Maio de 2012


Este sábado 12 de Maio de 2012, coincidindo coa #PrimaveraGlobal, tivo lugar unha nova acción obreira no hipermercado de Mercadona n'A Gándara no concello de Narón, contra as medidas antisindicais de Mercadona, pola readmisión de Alberto, traballador despedido por participar na Folga Xeral do 29M. Apoiando a concentración estiveron activistas das catro centrais sindicais (CCOO, CIG, CNT, UGT e USTG). Conseguiu-se a unha unidade sindical e de clase contra o Capital que demandamos a maioría das traballadores e traballadoras e que multiplica a nosa forza.

A gravidade das causas do despido do traballador de Mercadona de A Gándara, reuniu nesta segunda convocatoria a un maior número de traballadoras e traballadores de diferentes sindicatos da comarca, mas cunha idea común: defender o dereito á folga. Son moitos os despidos e feches de empresa que se veñen sucedendo na comarca, que pasa xa das 20.000 persoas desempregadas. A reforma laboral veu a acelerar a situación de indefensión e precariedade  que viven as persoas que manteñen o seu posto de traballo, as que o perderon, e aquelas que aínda non puideron acceder a ningún. A protesta masiva contra a reforma, que se viviu na nosa comarca non pode utilizarse para escarmentar a quen a protagonizaron. Aínda que a actitude de Mercadona ven a dar a razón ás organizacións sindicais, que nos días anteriores á folga falaban de ameazas, coaccións, e máis ilegalidades que se estaban a utilizar para recortar o dereito á folga, se non enfrentamos este despedimento desde a unidade sindical e social, será a constatación de que a perda do dereito á folga é irreversible. Alberto readmisión!

Fotos de Susete'70 e Artabra21.

Vídeo feito con telefone móbil dun detalle da concentración.


http://youtu.be/OK5yD_lFEJg


Enlace relacionado:

Ártabra 21: A #PrimaveraGlobal en Ferrol e a Loita polos Dereitos Fundamentais en Mercadona

Centrais Sindicais:

____________________

sábado, maio 12, 2012

Entidades veciñais e sociais denuncian a falta de participación cidadá e o despilfarro no enésimo proxecto para remodelar a Praza de España, onde o goberno local do dereitista PP, teima en facer un "Pulmon Park", que xa leva consumido máis de 17 millóns de euros



A. Veciñal de S. Xurxo; Asociación S.C. López Bouza; A.Veciñal de Esteiro; A. Veciñal S. Pablo-Catabois; A.Veciñal O Rosario- Inferniño;  A.Veciñal Prioriño; A. Veciñal S.Xoán- O Bertón; A.Veciñal Stª. Mariña; A.C. Fuco Buxán; Colectivo Ártabra21, varias persoas a título individuais, expresamos o  noso malestar e rexeitamento co Goberno local por non nos convidar a debater a presentación sobre a actuación de 700.000 € para a Praza de España a pesar de ter rexistrada a solicitude de entrevista dende o pasado día 2 de abril.

Pensamos se deberíase deixar a superficie tal e como está na actualidade polo que non entendemos este empezoñamento dos diferentes gobernos en obrar onde a cidadanía esta moi cansa de que se experimente como un  auténtico campo de probas

Doutra banda, parécenos que nesta cidade temos outras necesidades máis importantes e outras prioridades para facer un gasto na superficie que estamos vendo como apuran RECORTES en dereitos sociais e se pechan comedores sociais e outros que estaba previsto abrir non se fala deles.

Estanse a pechar comedores sociais, se reducen as axudas a entidades sociosanitarias, se privatiza a xestión das instalacións culturais, se elimina o Padroado de Deportes e de Cultura, se fala de eliminar o INFACOFE. Sempre co argumento de aforrar cartos e se queren enterrar máis de 700.000 euros nun espazo onde se levan gastado máis de 16 millóns de euros.

O movemento asociativo tivemos que paralizar o proxecto do Goberno Municipal do Partido Popular e Independentes de Ferrol de constuir un edificio comercial de 21 mts de altura. Rescatar ese espazo público custounos aos contribuíntes máis de 7 millóns de euros.

Cando está todo Ferrol sen tapar unha focha desde hai un ano, cando a Rúa do Sol o tunel da Praza de España, Irmandiños, a Avenida da Paz, a Praza do Callao, o Cantón o Parque Raíña Sofía están totalmente degradados e cando a cidade de Ferrol ten moitas outras prioridades e necesidades se pretenden enterrar máis de 700.000 euros de novo.

Queremos lembrar  que  houbo un acordo de participación cidadá para destinar un dos edificios a ser un FORO CIDADÁ con contidos de caracter social e cultural como charlas, asembleas, sala de exposicións, lectura e lugar de encontro cidadá.

Por todo isto reclamamos ao actual Alcalde que faga unha auténtica presentación formal de Participación Cidadá ante a cidadanía e movemento social co obxecto de explicar a necesidade de obrar nesta Praza de todas as ferrolás e ferroláns.


Ferrol, a 11 de maio de 2012.

Enviado por:
_______

A #PrimaveraGlobal en Ferrol e a Loita polos Dereitos Fundamentais en Mercadona


HOXE, SÁBADO 12 DE MAIO, ÁS 7 DA TARDE
CONCENTRACIÓN EN MERCADONA DA GANDARA
POLA READMISIÓN DE ALBERTO
EN DEFENSA DA LIBERDADE SINDICAL
NON Á REPRESIÓN SINDICAL

O pasado 4 de Maio, unha importante, diversa, numerosa e participativa acción obreira contra a represión da liberdade sindical e en defensa dos dereitos fundamentais, tiña lugar dentro das instalacións de Mercadona n'A Gandara, no termo municipal do concello de Narón. O motivo era denunciar o despido de Alberto, traballador de Mercadona, un despedimento que, malia o que xustifica a empresa, en realidade debe-se única e exclusivamente a que o compañeiro exerceu o seu dereito á folga, participando na Folga Xeral do pasado 29M.

A política desta empresa cos traballadores e traballadoras, basea-se na filosofía expresada en numerosas ocasións polo seu presidente, o dereitista ultraliberal Juan Roig: máis traballo, máis dedicación á empresa, total sumisión e máis esforzo para ter contento ao Patrón. Se temos que personalizar o Capitalismo, o Sr. Roig é un dos mellores exemplos. Só hai que velo nas súas intervencións públicas de cal é o seu modelo social, supera o narrado por Eric Arthur Blair (George Orwell), na súa novela "1984", onde fai unha descrición estarrecedora da vida baixo a vixilancia constante do "Grande Irmán". O Sr. Roig (Mercadona) ten ao seu servizo unha lexión de encargados fieis que aplican a súa política e pregoan a súa filosofía nas máis de 70.000 persoas empregadas pola empresa modelo de submisión e terror. Facer que as traballadoras e traballadores se sintan controlados e atemorizados, baixo unha aureola de empresa modelo en todo e sobre todo no que respecta a súa política de persoal, submisión acompañada de primas e pequenas concesións, para evitar a organización do persoal empregado para a defensa dos seus intereses laborais, económicos e sociais.

Denunciar a actitude atemorizadora e represiva das grandes superficies comerciais e da alimentación

Despois da pasada Folga xeral do 29M, as centrais sindicais, acordaron unha campaña para denunciar a actitude atemorizadora e represiva das grandes superficies comerciais e da alimentación, contra os seus traballadores e traballadoras, sobre todo centrada en Alcampo, con reparto de follas de denuncia. O caso de Mercadona é un máis. Seis despidos nos últimos meses. O despido de Alberto, supón un ataque á liberdade sindical e un recorte de  dereitos fundamentais. Mesmo ao delegado sindical no mesmo centro de traballo se lle ataca polo lado económico negando-lle o abono da "prima anual" que recibe o resto do persoal.

Unha vez máis, o Movimento #15M, dan mostra da súa elevada conciencia social e sentido da solidariedade

Hoxe é un día importante, na loita contra o Sistema Capitalista, por un outro mundo xusto, democrático, fraternal, diverso, solidario e igualitario, millóns de persoas están chamadas a mobilizar-se na chamada #PrimaveraGlobal, en máis de 2.000 cidades de 65 países sobre todo do chamado mundo occidental. En Ferrol está convocada unha mobilización xeral, na Praza do Concello, desde as 12 do mediodía. Ás 6 comezará a Asemblea Aberta, un cuarto de hora antes das 7, paralizaran a Asemblea para participar na concentración pola readmisión de Alberto, para máis tarde continuar a mesma. As compañeiras e compañeiros da Asemblea Local do Movimento #15M - #AcampadaFerrol, foron unha importante e numerosa parte da concentración realizada o pasado 4 de maio. Unha vez máis dan mostra da súa elevada conciencia social e sentido da solidariedade, en contraste coa actitude dalgúns dirixentes sindicais que non tiveron en conta a existencia desta importante mobilización global, á hora de convocar a concentración en Mercadona.

Desde Ártabra 21, cando denunciamos este atropelo ás liberdades sindicais, faciamos un chamamento á Unidade Sindical, contra o Capital. Hoxe volvemos apelar á conciencia de clase, para que os dirixentes sindicais sexan consecuentes e combatan unidos este despedimento que atenta contra os dereitos da Clase Obreira. O Movimento Obreiro desta Comarca ten-se que mobilizar como unha piña e conseguir a readmisión de Alberto.

Facemos un chamamento para participar, como o fixemos o pasado día 4 de Maio, membros de todas as centrais sindicais, para asistir á concentración convocada polas Centrais Sindicais e o Comité de Empresa de Mercadona, este Sábado 12 de Maio ás 7 da tarde frente o hipermercado d'A Gandara.
_________________

Enlaces relacionados:
Condenan a Mercadona por vulnerar a liberdade sindical dunha traballadora que se presentou na candidatura da CIG A sentenza declara a “nulidade radical da conduta da empresa” e ordena o pagamento da prima de 3.000 euros que denegou a empregada como represalia |Entrar|

Piquete no Mercadona de Freixeiro (Narón) o 31/01/09. Enmarcado na xornada de loita pola readmisión d@s compañeir@s despedid@s no Mercadona de Compostela. www.cntgaliza.org - Vídeo |Entrar|
  _________________

mércores, maio 09, 2012

O "Hispania Spirit", cargado con LNG/GNL para a ilegal e perigosa Reganosa, anuncia a súa entrada na Ría de Ferrol para este Xoves 10 de Maio - Diante deste anuncio o Comité Cidadán de Emerxencia convoca, o mesmo día, unha concentración sonora en Ferrol, ás 8 da Tarde na Praza do Himno Galego de Esteiro


CONCENTRACIÓN NA PRAZA DO HIMNO GALEGO,
NO BARRIO DE ESTEIRO
ÁS 8 DA TARDE, DO XOVES 10 DE MAIO

O LNG "Hispania Spirit", un buque gaseiro de 279,8 metros de eslora por 43.4 de manga e un calado de 12,12; cargado con miles de toneladas de GNL/LNG, para a ilegal e perigosa Reganosa; ten anunciado a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Xoves 10 de Maio de 2012. Esta entrada dun buque cargado con gas natural licuado para Reganosa, supon xa o 119, desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca unha acción de protesta e denuncia, consitente nunha Concentración Sonora, o mesmo Xoves, ás 8 da Tarde, mais desta volta a Concentración terá lugar na Praza do Himno Galego, no bairro ferrolá de Esteiro. Nunha nova forma de acción, rotando as mobilizacións por diferentes lugares e barrios, dun xeito itinerante, co obxectivo de chegar coa protesta a un número maior de persoas. Ademais de difundir entre a poboación, en sintese, 10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas ?.

O LNG 'Hispania Spirit' achegando-se ao peirao de Punta Promontorio en Mugardos -28.02.2010 - Foto de Susete'70

  •  POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  •  CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  •  PLANTA DE GAS FORA DA RÍA   !!

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org


Información baseada na enviada polo:

Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
8 de maio de 2012 19:22
_______________

Un compendio imprescindible para saber o que está ocorrendo no mundo e por que: “O Casino que nos goberna. Trampas e xogos financeiros ao claro”. Novo libro de Juan Hdez. Vigueras, ... Por Juan Torres López

O casino non financia a economía real senón que especula cos produtos que crea. E imponse aos países porque consegue que os gobernantes fagan o que queren os xogadores (a banca, os fondos especulativos...) en lugar de atender as demandas dos seus cidadáns. Como? Pois, mediante trampas e xogos financeiros que crean riscos enormes e incontrolados, como se revela neste novo libro ao claro, analizando noticias e datos reais e descifrando o argot propio do sector.

Por Juan Torres López [*]
09.05.2012


O Casino que nos goberna. Trampas e xogos financeiros ao claro”. Novo libro de Juan Hdez. Vigueras [**].


Este último libro de Juan Hdez. Vigueras, membro do Consello Científico de ATTAC España e posiblemente o autor español que mellor coñece o mundo financeiro na sombra, é un libro “maior”, no sentido de que supón un compendio imprescindible para saber o que está ocorrendo no mundo e por que. E até para poder aventurar con acerto o que vai ocorrer si non se lle pon remedio pronto a todo o que Vigueras ensina no seu libro.

Toda a obra está escrita cunha gran información e con extraordinaria claridade, de modo que calquera persoa, por pouco que sexa o que saiba de economía, pode decatarse perfectamente con ela de como se levan a cabo os investimentos máis sofisticados, cales son as trampas máis escuras dos financeiros e dos procedementos que se utilizan para gañar diñeiro a velocidade extraordinaria no casino, como di o autor, que nos goberna. E, por suposto, para entender as claves que permiten tamén deducir por que as autoridades son tan remisas a poñer trabas a todo este tinglado, malia que conleva unha extraordinaria inseguridade e un perigo que puidemos comprobar moi claramente nos últimos anos de crise económica.

O libro está dividido en tres grandes partes. A primeira (Casino, xogadores e xogos) está dedicado, como o seu título indica, a presentar aos protagonistas do xogo e os principais instrumentos que utilizan para poñer as ruletas en movimento. É moi interesante porque se trillan os conceptos e os procesos con detalle pero sen necesidade de recorrer a explicacións retóricas nin tan confusas como as que adoitan utilizarse nos libros de finanzas convencionais. E, sobre todo, porque descobre o que estes non se atreven a desvelar.

A segunda parte (A ampliación do casino) lévanos a coñecer como os xogadores estenderon o xogo a campos que calquera podería pensar que, pola súa enorme transcendencia para a vida humana ou a subsistencia do planeta, quedarían á marxe do furor especulativo da nosa época. Con igual precisión que na primeira parte analízase a especulación cos alimentos básicos, co petróleo, coas armas, co cambio climático ou coa débeda pública, mostrando non só as claves dos métodos que se utilizan senón as consecuencias que teñen sobre o sistema social e o risco que acumulan sobre a economía, así como o custo de oportunidade que leva consigo que os recursos se dediquen a estas actividades improdutivas e tan perigosas.

A última parte (Os reguladores do casino na sombra) é tamén fundamental para coñecer o entramado das finanzas da nosa época. Vigueras analiza como e por que os gobernos renunciaron a exercer a súa autoridade no mundo das finanzas, ou mellor dito, como as puxeron ao servizo dos xogadores e demostra que logo de tantas declaracións grandilocuentes hai unha asunción plena do credo neoliberal que dá plena liberdade aos especuladores.

A análise das axencias de cualificación mostra como se converteron de fato nas verdadeiras reguladoras do sistema sen renunciar para iso a cometer todo tipo de malas prácticas e enganos. E os dous capítulos finais dedícanse a comentar as normas contables ad hoc que se van establecendo para que os xogadores poidan actuar sen problemas e con todo tipo de facilidades, e á deficiente regulación bancaria internacional mediante os acordos de Basilea que en realidade non fan senón someterse ao que reclaman os grandes bancos privados.

Xa terminando a obra (p. 426) o autor cita a famosa frase que Mayer Armschel Rothschild dixera en 1791: “Deixádeme que emita e controle a moeda dunha nación e non me importará quen faga as leis”. O que se comproba ao terminar de ler o libro é que o soño do fundador da dinastía fíxose realidade.

[*] Juan Torres López, Granada -1954, Doutor en CC. Económicas e Empresariais, exerce na Universidade de Sevilla como catedrático de Economía Aplicada do Departamento de Teoría Económica e Economía Política. Escritor, investigador, analista de política económica e activista social. Manten unha páxina web "Ganas de Escribir" -www.juantorreslopez.com- e coordena a páxina web dedicada a información económica -www.altereconomia.org-


Enviado por:
Juan Torres López
-envios@juantorreslopez.com-
9 de maio de 2012 10:05
http://juantorreslopez.com/
_____________


 [**] Juan Hdez. Vigueras, é doutor en dereito e membro do Consello científico de Attac-España e da rede mundial de ONGs, asociacións e expertos Tax Justice Network. traballou como directivo de gran empresa e profesor universitario de posgrado. No seu faceta de escritor especializouse na crítica política da desregulación dos mercados financeiros globalizados.

É autor, entre outros libros, dos paraísos fiscais. Como os centros offshore socavan as democracias (2005); O trasfondo dos paraísos fiscais (2006); A Europa opaca das finanzas. E os seus paraísos fiscais offshore (2008) e Ao rescate dos paraísos fiscais. A cortina de fume do G-20 (2009).  colaborou durante anos, como analista de asuntos político-financeiros, nas revistas Cambio 16 e Cadernos para o Diálogo; e actualmente colabora regularmente no diario Público, a revista mensual Temas para o debate e en diversas revistas digitales. Mantén tres blogs dedicados á análise crítica da actualidade europea e do G-20:



http://youtu.be/EO5YzXGZ1M0


O casino que nos goberna é o traballo de Juan Hernández Vigueras que intenta analizar o tema do por que mandan os mercados logo de catro anos desde o inicio da crise e tralo fracaso dos gobernantes, que pasaron da resolución política ao sometimiento a "os mercados" aplicando políticas que os propios cidadáns rexeitan. Os mercados financeiros, segundo cóntanos o seu autor, van moi por diante da capacidade dos líderes políticos para entendelos, para supervisalos e moito menos para controlalos. De modo que para a maioría de nós as cousas están así: baixou o nivel de vida e afiánzanse quen intentan convencernos de que non hai alternativa.
___________________________

Posibelmente a mellor viñeta do século


- “Papá, estou pensándome o de facer carreira no crime organizado”.

- “No goberno ou no sector privado?”

- Persoalmente suxeriría no goberno. Nunca acaban no cárcere.

Enviado por:
Juan Torres López
-envios@juantorreslopez.com-
9 de maio de 2012 10:05
http://juantorreslopez.com/
_____________

Así foi a concentración da Plataforma en Defensa do Ensino Público en Ferrol - Fotos


Como noutros lugares da Galiza, en Ferrol tivo lugar unha concentración para rexeitar as medidas do goberno dereitista do PP contra o ensino público.

http://plataformagalegadefensaensinopublico.blogspot.com.es/ .

Galería de Fotos de Susete'70


Información baseada na enviada por:
suso
-susopazos@yahoo.es-
8 de maio de 2012 22:06
______________

Enlace relacionado:

Ártabra 21: Como en toda Galiza, en Ferrol está convocada unha mobilización pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público co obxectivo de evitar a aplicación no noso país das medidas do goberno dereitista do PP contra o ensino público
____________________

A falsa redución da taxa da auga feita polo PP hai 12 anos cústalle ao vecindario de Ares máis de 400.000 €, segundo denuncia o BNG


Mentres PSOE e NAL soben o recibo, manteñen unha débeda de 828.672 €

Ares, 8 de Maio de 2012. As actas das Xuntas de Goberno do pasado mes de Abril veñen de evidenciar – como xá tiña denunciado o BNG hai unha década – que a operación de baixada do prezo do recibo da auga levada a cabo polo goberno do PP no ano 2000 era totalmente fraudulenta. A aparente baixada do recibo que se producía nalgúns tramos habería de ter repercusións para o conxunto dos contribuíntes. Así é que, a día de hoxe, o concello ten asumida unha débeda coa empresa AQUAGEST para a compensación das cantidades que foron acumulándose por ese concepto entre os anos 2000 e 2012, que ascende a 434.185 euros.

Dáse a circunstancia de que o proceso fora deseñado polo daquela concelleiro de facenda, Luis Cendán, que agora está a formar parte da “nova maioría municipal” conxuntamente co PSOE, e que tamén lle vén de dar o seu voto favorábel á suba das taxas e plan de axuste aprobado recentemente polo pleno do concello, que levou á institución municipal á solicitude dun crédito de 2,8 millóns de euros.

Ademáis, noutra Xunta de Goberno do concello deuse conta da existencia de outra débeda 394.486 euros coa mesma empresa – concesionaria da xestión do servizo de abastecimento e saneamento municipal – por varias certificacións de obra realizadas para o concello que, sumada á cantidade antedita, deixa unha débeda total da institución municipal por un total 828.672 euros.

Curiosamente, estas cantidades foron trasladadas á Xunta de Goberno do concello – que rexeitou o abono das mesmas - polo que agora ábrense moitas dúbidas a respecto da resolución desta importante débeda da institución municipal, que vén a engadirse á recoñecida no plan de axuste aprobado no seu día polo pleno - que levará á institución municipal a pagar 30.000 euros ao mes durante dez anos - supondo a prática hipoteca da institución municipal a curto e medio prazo.

Desde o BNG consideramos verdadeiramente indecente e escandaloso que, mentras que ao conxunto da cidadanía se lle cobren relixiosamente – para esta ano, cunha enorme suba – os impostos de abastecimento e saneamento,  manténse unha desorbitada débeda coa empresa adxudicataria dos servizos.

Nese sentido , o BNG solicitará na vindeira Comisión de Facenda que, por parte do goberno municipal, se aclaren os pormenores desta situación e das razóns que motivan a débeda acumulada; reiterando a nosa rotunda oposición a unha política económica amparada nun escuro pacto entre o PSOE e o ex portavoz do PP, Luis Cendán, que ten agora que pagar o conxunto da cidadanía.

Web BNG Ferrolterra:
http://www.bng-galiza.org/opencms/opencms/BNG/ferrolterra/seccions/portada

Enviado por:
Novas BNG Comarca Ferrolterra
-sedenacional@bng-galiza.org-
9 de maio de 2012 03:04
______________

Eleccións en Grecia, ... Por Eric Toussaint

Por Eric Toussaint [*]
09.05.2012


Análise post electoral

Resultados definitivos das eleccións en Grecia

1.- Produciuse un terremoto electoral en Grecia:
-Syriza, unha coalición da esquerda radical converteuse no segundo “partido” en importancia pasando do 4% en eleccións precedentes (2009) ao 16,6% dos votos, co que pasa de 13 deputados a 52.

-O Partido Socialista (PASOK) perdeu 2/3 dos votos obtidos en 2009 porque desde o goberno implemento todas a medidas de austeridade recomendadas pola Troïka (o FMI, o BCE, a Comisión europea), así que pasou de ter o 44% ao 13,9% dos votos e de 160 a 41 deputados, habendo perdido 119.

-Nova Democracia, o partido principal da dereita, é o primeiro nestas eleccións pero tamén perdeu unha cantidade enorme de votos xa que pasou do 33,5% ao 19,20%. Con todo en canto a número de deputados progresou porque segundo a lei o primeiro partido recibe unha prima de 50 deputados!

-Alba Dourada, un partido neo nazi entrou no parlamento por primeira vez. Partindo case da nada obtivo o 7 % dos votos e 21 deputados.

-O Partido Comunista KKE progresa lixeiramente, pasando do 7,5% ao 8,4% e pasa de 21 a 26 deputados.

-Esquerda Democrática -DIMAR- (unha escisión de Syriza producida en 2010-2011) obtivo o 6 % dos votos e 19 deputados.

- Os Verdes non alcanzan o limiar necesario do 3 % para poder entrar no Parlamento, do mesmo xeito que o partido da extrema dereita Laos que, deste xeito, paga moi cara a súa participación no goberno, tendo en conta que conseguira 17 deputados nas últimas eleccións.
-Antarsya (coalición de extrema esquerda) quédase cun 1,1 %.
Á esquerda do PASOK teriamos Syriza + PC (KKE) + DIMAR + Antarsya con 97 escanos (cantidade provisoria) en lugar dos 34 escanos de 2009.

Na extrema dereita Alba Dourada ten 21 escanos en lugar dos 17 que Laos perdio.

2.- Comentarios totalmente parciais: o resultado dos neo nazis é moi preocupante (véxase a análise do contexto, que evoluciona rápidamente, por Yorgos Mitralias).

O resultado de Syriza é moi positivo xa que esta coalición anunciou como propostas/reivindicacións: a suspensión inmediata do pago da débeda grega durante 3 a 5 anos, a anulación das medidas de austeridade impostas desde 2010, a ruptura dos acordos coa Troica, a nacionalización de varios grandes bancos privados… Moitos deputados de Syriza apoian activamente a auditoría cidadá da débeda grega (dos cales Sofia Sakorafa). Syriza é o primeiro partido en todas as grandes cidades e na xeración dos 18-35 anos. Veremos si Syriza mantén esta orientación logo de ter este gran éxito electoral. O que é moi alentador é que unha parte importante do electorado (nas grandes cidades Syriza está á cabeza) apoiou propostas radicais. O futuro diranos si Syriza manterase á altura deste formidable sostén popular.

Véxase aquí o resultado das eleccións:

http://www.guardian.co.uk/news/datablog/interactive/2012/may/06/greece-elections-results-map

Publicado o 8 Maio 2012 por Eric Toussaint en Cuba Debate .

Máis artigos do autor en Cuba Debate

[*] Eric Toussaint, Historiador e analista político belga. É presidente do CADTM-Bélgica (Comité pola Anulación da Débeda do Terceiro Mundo). O seu último libro publicado é “Banque mondiale: lle coup d’État permanent”.
__________________

martes, maio 08, 2012

Como en toda Galiza, en Ferrol está convocada unha mobilización pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público co obxectivo de evitar a aplicación no noso país das medidas do goberno dereitista do PP contra o ensino público


En Ferrol na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta, ás 19:30 horas


A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público celebra hoxe Martes, 8 de Maio de 2012, concentracións en toda Galiza en contra dos recortes

As mobilizacións están convocadas nas cidades e nas localidades de A Guarda, Verín, Vilagarcía e Foz (19:30h) e en Ribeira e no Barco de Valdeorras (20:00h)
As diferentes comarcas do país acollerán, este martes, día 8 de maio, a celebración de concentracións simultáneas para demandar do Goberno galego o cese dos recortes no ensino público galego. Con estas mobilizacións, a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público Galego, inicia o calendario de accións que teñen como obxectivo evitar a aplicación no noso país do Real Decreto-Lei 14/2012 das medidas do goberno dereitista do PP contra o ensino público, chamado por eles eufemisticamente "de medidas urxentes de racionalización do gasto público no ámbito educativo"
.

As concentracións celebraranse ás 19:30 horas en Santiago (Praza do Toural), Ferrol (diante do edificio administrativo da Xunta de Galiza), Ourense (Rúa do Concello,11), Vigo (Príncipe, diante do MARCO), A Coruña (Praza de Pontevedra), Pontevedra (Praza da Peregrina), Lugo (Edificio Administrativo da Xunta de Galiza, na Ronda da Muralla), A Guarda (Praza do Reloxo), Verín (Praza do Concello), Vilagarcía (Praza de Galiza), Foz (Praza de Galiza) e ás 20:00 horas en Ribeira (Diante do Concello) e no Barco de Valdeorras (Praza do Concello).

A Plataforma  Galega en Defensa do Ensino Público Galego, constituída en autoconvocatoria o pasado 25 de abril, está integrada por representantes da  comunidade educativa galega, pais e nais, profesorado e alumnado, a través de diferentes entidades (organización sindicais do ensino, ANPAS, movementos de renovación pedagóxica, organización estudantís, partidos políticos …) e permanece aberta a novas adhesións individuais e colectivas que poden formalizarse no enderezo electrónico.

http://plataformagalegadefensaensinopublico.blogspot.com.es/ .

Calendario de mobilizacións

Dentro do calendario de accións aprobado pola Plataforma  Galega en Defensa do Ensino Público inclúese o apoio a folga de estudantes e a manifestación convocada o xoves 10 de maio. Catro días despois, o luns 14 de maio, iniciaranse peches rotativos nos centros educativos en toda Galiza e o día 3 de xuño celebrarase unha manifestación en Santiago. A Plataforma tamén insta aos Consellos Escolares e Claustros a que aproben resolucións de apoio ao ensino público.

No seu manifesto, a Plataforma  Galega en Defensa do Ensino Público denuncia que as medidas aprobadas polo Goberno central -que se veñen sumar aos recortes a aplicados pola Consellaría de Educación nos últimos anos no ensino galego- buscan reducir o profesorado dos centros (despedindo miles de docentes), incrementar o número de alumnado por aula (masificando as aulas), reagrupar alumnado de diferentes niveis educativos nunha mesma aula e reducir a oferta educativa. Todas estas medidas dificultan o acceso á educación das clases sociais máis desfavorecidas, van contra a calidade do ensino e significan maior fracaso escolar.

Fonte: Avantar
_______________________