sábado, agosto 08, 2009

Día de Acción Global por Honduras: participa este Martes 11 de Agosto en Ferrol

Ante a situación que o Pobo de Honduras está vivindo desde o pasado 28 de xuño, en mobilización permanente

en defensa da dignidade e da democracia,

varias asociacións desta comarca de Ferrol,

atendendo a petición das organizacións hondureñas, Vía Campesina e Frente Nacional de Resistencia contra el Golpe de Estado, (que achegamos) demandando a solidariedade de todos os pobos do mundo, para celebrar o próximo día 11 o Día de Acción Global por Honduras, en coincidencia coa etapa final da Marcha Nacional que desde todos os puntos do país están realizando cara a Tegucigalpa e San Pedro Sula.

Invitamos a participar, en réxime de AUTOCONVOCATORIA,

a tod@s os cidadáns e cidadás, así como a cantas Entidades, Asociacións, Sindicatos, Partidos, queiran sumarse a unha

CONCENTRACIÓN
martes, 11 de Agosto, ás 12,30 horas
Ante o Edificio Administrativo da Xunta de Galicia
Praza Amada García – Ferrol

Para alí mostrar a súa solidariedade co pobo Hondureño en loita pola recuperación Institucional da Democracia e o retorno do seu Presidente Constitucional Mel Celaya,

a través dunha

ROLDA DE PRENSA

a celebrar no mesmo acto da concentración.

Prégase a máxima difusión e asistencia.

Saúde,

José Ramón Jove

Enviado por:
José Ramón Jove
7 de agosto de 2009 12:30

__________

Enlace relacionado:

Para amosar apoios escribir a Vía Campesina Honduras:

Enlaces de interese
:
________________

Resistencia, ¡Que regrese Mel Zelaya!

_______________________

venres, agosto 07, 2009

Ferrol 12 de Agosto de 2009: Conmemoración do 34 aniversario do asasinato de Moncho Reboiras

No 34 aniversario da morte de Moncho Reboiras, moitas son as organizacións de esquerda nacionalista que convocan actos para reivindicar ao Compañeiro Moncho, ao seu legado e o seu significado. A súa morte tráxica, tiña só 25 anos de idade, morrendo asasinado no nº 27 da Rúa da Terra logo dunha persecución de madrugada por varias rúas de Ferrol, tivo porén unha importante carga de entrega solidária e mesmo heroica, pois posibilitou, deste xeito, que poideran fuxir Elvira Souto Presedo e Lois Rios Paredes militantes da UPG que con el vivian. Mais a figura de Moncho Reboiras non pode ser afastada do seu tempo. Ese 12 de Agosto de 1975, a dictadura amosaba os seus últimos colectazos antes da morte do dictador, que se produciría o 20 de Novembro dese mesmo ano. O dictador, non ía dar o seu último alento sen antes asinar as últimas execución, as do 27 de Setembro 1975: tres membros do FRAP [Xosé Humberto Baena Alonso, José Luis Sánchez Bravo e Ramón García Sanz] e dous da ETA [Juan Paredes Manot e Antonio Otaegui Etxevarría].

O 12 de Agosto do 1975, non aconteceu só a morte de Moncho Reboiras, senón que foi o inicio dunha forte represión sobre o nacionalismo de esquerdas, con detencións masivas, torturas e exilios forzados. Agosto do 75 foi clave porque o nacionalismo soubo resistir a esa represión. Así naceron novas fontes, novas forzas que construiron un tecido nacionalista de esquerdas, tanto político, como social, sindical, ecoloxista, cultural, ... Non se pode negar o papel historico de reorganización das forzas nacionalistas de esquerda que cumpriu a UPG nese momento. Persoas tan significativas como Camilo Nogueira, Xan Carballo, Ramón Muñiz, Mendez Ferrín, Ramón Muncharaz, Elvira Souto,
Manuel Mera, Margarita Ledo, Etelvino Blanco, Fernando Acuña, Lidia Senra, ... e centos de persoas que deixaron e seguen a deixar un legado de significada importancia para o noso país, acolleron-se ao espazo de compromiso e militancia que significaba a UPG. Agosto do 75 sinala unha etapa decisiva onde un sector do pobo galego reinicia o camiño da autodeterminación, a vontade de ser pobo, de ser nación, de ser país, ...


"Que importa que nos matem si deixamos semente de vencer"

XOSÉ RAMÓN REBOIRAS NOIA,
Amigo, camarada, estrela
vermella-azul-branca no mencer
prometedor da nosa patria,
heroe en tempo de traizón,
corrupción/covardía,
martelo, proletario,remo
con saibo a sal e iodo;
fouce labrega/vingadora;
espiral que vén dendes do
fondo do tempo para abrirse
en claridade e futuro.
Ti eresa pedra mestra para
re-edificar a a nosa casa.

Puideron segarche a vida,
¡ouh, Moncho, meu irmao!,
a – se – si – nar – te.
O que eles non puideron,
nin poderán endexamais,
é arrincar/esmagar a
semente que deixache
esparexida no corazón
do pobo, na vixiante
concencia colectiva e que
xa está a agromar en
patria-ceibe/socialista.
Esta é, ¡ouh, camarada,
amigo e irmao
inesquencíbel!
a túa vin-gan-za,
a nosa vinganza i-ne-xo-rá-bel.






MANUEL MARÍA
Poemas para construír unha Patria», 1977)



Na nosa comarca dous actos van ter lugar en Ferrol o vindeiro 12 de Agosto, un organizado pola UPG, partido senlleiro do nacionalismo de esquerdas [1964-2009] que está integrado no BNG e outro dunha organización independentista nova, dos ultimos tempos, Nós-UP.


O da UPG terá lugar a partir das 7 da Tarde:

Moncho Reboiras: 34 aniversario do seu asasinato
Actos conmemorativos: Mércores 12 de Agosto de 2009. Ferrol
  • 19:00 h. Concentración na Praza de Armas [diante da casa do Concello de Ferrol] Saída cara ao portal da rúa da Terra onde foi asasinado Moncho Reboiras e ofrenda floral. canto da Internacional e baixada até o cantón.

  • 19:30 h. Intervencións políticas no Cantón:
    - Nemesio Barxa, Avogado e defensor dos presos da UPG en 1975.
    - Xesús Sixo Fernández. Secretario Xeral da CIG.
    - Francisco Rodŕguez. Secretario Xeral da UPG e membro da executiva Nacional do BNG.
    - Ao remate, canto do himno galego.
Todos os 12 de agosto a Unión do Povo Galego [UPG] conmemora o aniversario do asasinato en 1975 do seu militante Xosé Ramón Reboiras Noia, por disparos da policia franquista, no número 27 do portal situado na rúa da Terra en Ferrol.

Neste ano 2009 Reboiras vai obter a declaración, agora xa de xeito formal e legal, de recoñecemento persoal e reparación por ser vítima do franquismo. este feito está presente no enfoque da homenaxe que a UPG lle tributa ao martir galego.

Unión do Povo Galego - UPG

Co gallo do cabodano do seu asasinato, o 12 de agosto de 1975
A UPG e a Fundación Bautista Álvarez preparan un libro sobre Moncho Reboiras
A Nosa Tera - Redacción . A UPG e mais a Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas traballan na edición dun libro de artigos ao redor da figura de Moncho Reboiras que sairá do prelo o 12 de agosto co gallo do cabodano do seu asasinato.
[+info]


O acto de NÓS-UP terá lugar a partir das 8 e 1/2 da Tarde:

12 de Agosto: XXXIV aniversário do assassinato do Moncho Reboiras

No próximo 12 de Agosto, a Assembleia Comarcal de Trasancos de NÓS-Unidade Popular convoca actos em lembrança do militante comunista e independentista, José Ramom Reboiras Noia, Moncho Reboiras, no XXXIV Aniversário da sua queda em combate sob as balas fascistas da polícia espanhola naquele Verao de 1975 na Rua da Terra.

O jovem revolucionário foi um dos principais impulsionadores da luita pola libertaçom nacional, pioneiro da organizaçom sindical de classe em chave nacional, dirigente comunista e responsável da frente armada da UPG. Moncho Reboiras foi um exemplo de coerência revolucionária e atitude combativa até a sua morte. Em palavras de Bertolt Brecht, Reboiras é um “dos imprescindíveis”.

Trinta e quatro anos depois, a mesma polícia fascista que assassinou Moncho espanca operários do metal em Vigo e reprime a juventude independentista no nosso Dia nacional. Porque trinta e quatro anos depois, muitas cousas nom mudárom, falar de Moncho é falar de presente e o seu projecto revolucionário continua mais vigente do que nunca.

Por isso, a esquerda independentista organizada em NÓS-Unidade Popular convoca para a próxima quarta-feira, 12 de Agosto, às 20.30, umha concentraçom na Rua da Terra de Ferrol, em frente da porta onde caia o patriota galego. Além da tradicional oferta floral, intervirám o Porta-Voz Nacional de NÓS-UP Maurício Castro e Carlos Garcia, Responsável do Grupo de Base de Trasancos da organizaçom juvenil BRIGA.

Ferrol, 6 de Agosto de 2009

Assembleia Comarcal de NÓS-UP em Trasancos


Outras forzas políticas conmemoran o 34 aniversario da morte Moncho Reboiras con actos noutros lugares da Galiza:
________________

O mes de xuño pode considerarse como o punto de partida dunha nova situación para as Casas baratas de Recimil

A loita da veciñanza de Recimil polo seu barrio é unha das loitas senlleiras que asumiu Ártabra 21 no seu nacemento o 29 de maio de 2006, defeito membros do Colectivo Veciñal de Recimil foron os promotores da nosa organización, é por iso polo que nos aledamos de que as súas reivindicaccións vaian tomando corpo e o barrio saía beneficiado dunha merecida e importante intervención municipal.

[Recimil: dignidade, rúas anchas, mercado, centros escolares, arborado, un trazado considerado patrimonio histórico, ... só falta a súa rehabilitación]

Resumo do mes de Xuño do 2009: a actualidade das Casas Baratas de Recimil
O mes de xuño pode considerarse como o punto de partida dunha nova situación para as Casas baratas de Recimil.

O día 5, o Alcalde Sr. Irisarri presentou na Praza de Sevilla o proxecto de pintado da barriada.

Os días 6, 7, 9, 12 e 13, a prensa fíxose eco desta noticia, con comentarios para todos os gustos. Hai quen considera que isto é un lavado de face e que -durará dous ou tres anos-. En xeral as opinións coinciden que iso non é suficiente. Como de costume, os "demoledores" levan a voz cantante na exposición negativa.

Nós tratamos de ver as cousas desde o lado positivo, é dicir:

Por primeira vez en sesenta anos, vaise a facer algo importante no mantemento dos edificios da barriada.

O que algúns chaman "lavado de face", consiste en reparación de beirados, cambio de situación das canaletas de recollida de augas cara a fóra dos tellados, substitución de baixantes e acometida de auga potable, e reparación e pintado de fachadas, o que permitirá eliminar boa parte das causas de humidades nas vivendas. Lavado de face si, pero con "desinfección".

Aínda que entendemos que é un bo comezo, nós non podemos darnos por satisfeitos, porque é evidente que non é esa a solución definitiva. Con todo, mantemos a esperanza de que o próximo paso sexan os tellados, que ao noso xuízo deberían ser o primeiro, tal como pediramos ao Concello. E despois, os elementos comúns do interior, portais, escaleiras, etc.

O goberno municipal anunciou o comezo das xestións para elaborar un censo actual da barriada, que será realizado por unha empresa privada. Esa é outra das boas noticias que permitirá afrontar mellor o problema da rehabilitación total.

Por fin logo de moitos anos de abandono e marxinación comezamos a ver un débil punto de luz á saída do túnel. E algo nos di que estamos no bo camiño, porque os "demoledores" están que morden.

Estes e outros temas tratáronse o día 29 na nosa asemblea mensual.

A continuación presentamos o proxecto de pintado das Casas Baratas, no que se pode observar o contraste entre o aspecto actual e o que presentará unha vez pintados os edificios.

[Clicar acima da imaxe para ampliar]


Fonte: Colectivo Veciñal de Recimil
  • Información completa e moi interesante sobre o Barrio de Recemil e a loita veciñal, na Web da Asociación San Fernando para a Conservación do Patrimonio Histórico de Recimil Ferrol.
____________________

Enlace relacionado:
Irisarri asegura que o goberno local afrontará unha regularización seria e rigurosa do censo do barrio de Recimil
Luns, 15 de xuño de 2009
O alcalde afirma que nin mirará para outro lado, nin deixará caer o barrio nin elaborará informes para olvidalos no caixón. Anuncia a contratación dun censo de inquilinos para poder afrontar unha política de vivenda pública exemplar. Avanza que o Concello levará a pleno un baremo cos criterios de adxudicación de vivenda pública en Recimil [+info].

Carrusel de imaxes comparando o estado actual das vivendas e como quedaría despois do seu pintado

Imaxe da nova

_________________________

O BNG Censura ao Goberno Local por primar o español na campaña “Ferroleneando"

O grupo municipal do BNG no concello de Ferrol censurou esta mañá ao Goberno de Irisarri por primar o uso do español na campaña “Ferrolaneando” e inserir anuncios publicitarios, en medios locais, nesta lingua, vulnerando e atacando o espírito da Ordenanza Municipal de Normalización e incumprindo os criterios reflectidos no regulamento de utilización da marca turística de Ferrol.

Elia Rico, concelleira nacionalista, advertiu que a campaña turística “Ferrolaneando” naceu viciada, e na mesma o goberno local primou desde sempre a lingua española fronte a oficial do Concello, que é o Galego. A presentación pública fíxose cos folletos e cartaces en español mentres que os editados noutras linguas tiveron que demorar a súa publicación máis de quince días. Tívose que advertir aos responsábeis da páxina web municipal para que a información desta campaña que figuraba só en español figurase en galego e agora continuan inserindo anuncios publicitarios en español, en medios destinados ao público local ou comarcal.

Elia Rico indicou que se a xustificación destas prácticas lingüísticas, ao noso entender erróneas, é chegar ao turista de fora do noso país o que non ten sentido é inserir eses anuncios en medios destinados principalmente ao público galego. Hai que lembrar que o regulamento da marca turística de Ferrol recolle que as iniciativas promocionais dirixidas a súa difusión no territorio galego iran en galego e que só as que teñan difusión fora do noso país irían en español.

O BNG esíxelle ao goberno municipal unha inmediata rectificación desta praxe lingüística co obxectivo de poñer en valor o noso patrimonio lingüístico e respectar a lingua oficial do Concello de Ferrol que é o galego.

Grupo Municipal do BNG no Concello de Ferrol 29.07.2009

bng-galiza.org/ferrolterra

Enviado por:
BNG Comarca Ferrolterra
-sedenacional@bng-galiza.org-
7 de agosto de 2009 03:18

_______________

xoves, agosto 06, 2009

Correo de Xosé Álvarez pola Paz e a Non Violencia no 64 aniversario do lanzamento da bomba atómica sobre Hirosima

Por fin !!!... (o Parlamento español APROBARÁ NO OUTONO o protocolo nº 13 ao convenio para a Protección dos Dereitos Humanos e as Liberdades Fundamentais do Consello de Europa que declara A ABOLICIÓN DA PENA DE MORTE "EN TODAS AS CIRCUNSTANCIAS")... O "pasiño" significa que -¡por fin!- a partires dese momento QUEDARÁN PROHIBIDAS LEGALMENTE AS EXECUCIONS "ATE EN TEMPO DE GUERRA"... !!!

E, xa pola claridade que o tratamento destas serias cuestións merece, paréceme bo que circule ampliamente algo tan nítido como o adxunto que acompaña a leste e-mail. Outra cousa é o link http://profile.to/josealvarez/ que vai xa que podería servir, se non hai reparos para abrir a fiestra de Facebook, para ir reforzando os enlaces entre nos e seguir interconectando cada vez máis ampliamente.

Desexando que todo nos vaia saíndo moi ben, despídome ata a próxima cunha moi cordial aperta.

Xosé Alvarez

Enviado por:
José Álvarez -josealvarezcster@gmail.com- 5 de agosto de 2009 22:35


O compañeiro Xosé achega-nos un un folleto de 24 páxinas -formato pdf- sobre HIROSHIMA e NAGASAKI, ademais de convocar a Marcha Mundial Pola Paz e Non Violencia que dará comezo o 2 Outubro deste ano 2009 desde Nova Zelanda.
___________________

Fantasía española nun "couso" galego


Por Fran P. Lorenzo
06.08.2009

Hai quen leva moi mal esa integración disfuncional da vella Gallaecia no esceario panhispánico

O verán é, sen dubidalo, a leira máis produtiva de tópicos informativos. Con iso hai que vivir. Coas regatas, co desembarco en Palma da Casa Real, cos estilismos náuticos dun presidente da Deputación, coas soirées brancas de Eivisa, cos partes meteorolóxicos, cos festexos vilegos, cos eventos gastronómicos de a fartar e con ese horror anual das confrarías e ordes de capa e espada: un cutre resaibo decimonónico que converte os togados en émulos do ku kux klan ou dalgunha facción secreta, como a dos cabaleiros da Rosacruz; unha tediosa cerimonia do mal gusto que, misteriosamente, se vén dotando dunha aureola histórica e iniciática que aínda hoxe, despois de tantos anos como observador neutral, me resulta inexplicábel.

Pero falaba do ferragosto e dos seus lugares comúns. Advirto, e ao mellor ocórreme só a min, que a realidade deglutida e envasada que estes días presentan os telexornais bota fóra do seu simplista cálculo ao noso maltreito país, aka. (also known as) Galiza.

A ausencia de calor no aquén Miño, a inexistencia de chiringuitos ateigados, a constante ameaza da chuvia e a escaseza de fogos forestais de consideración dificilmente logran que nos vexamos reflectidos en titulares ou avances informativos do tipo "España se asa de calor", "España se quema", "Alerta por las altas temperaturas en media España"... Xa nunca é sinxelo recoñecerse na foto fixa que da Pel de Touro, nunca de vaca, publican decote as cadeas e os rotativos madrileños. Pero ese gap –ese escalonet que diría o agora xa moi honorábel Francisco Camps– vólvese un abismo de profundidade parella á da Foxa Atlántica neste tempo no que a realidade fica espida, sen máis adubíos nin teas, exposta na súa precariedade, en pelota picada.

Hai quen leva moi mal esa integración disfuncional da vella Gallaecia no escenario panhispánico (de dúbidas). O Partido Popular, por exemplo. Advírtoo con claridade nesa imaxe que, polas boas ou polas malas, é xa un clásico do estío galaico. A cúpula conservadora toma a Praza de Touros de Pontevedra, o couso galego por excelencia. Nese couso, –dobremente couso polo estraña que resulta a súa presenza no medio dunha trama urbana de noso– o foco está algo máis no tendido e algo menos na area. De feito, á tourada tamén asiste o ministro Pepe Blanco, amparado pola súa cuadrilla, que, de pé nas bancadas, sauda ao respectábel como se fora un matador: El Niño de Palas, o Blanquito de la Cruz, poño por caso.

Na bancada popular Rajoy, Alberto Núñez Feijóo (aka. Derrogator), Louzán, Figueroa, Ana Pastor, Alfonso Rueda ... Parece unha reunión da Executiva do PPdeG pero os seus rostros exhiben unha serenidade imprecisa, que nada ten que ver co desempeño das súas obrigas: anular concursos eólicos, tumbar a normalización da lingua galega ou defenestrar as Normas do Hábitat. Cando fan cousas desa caste o seu rostro é máis grave, máis técnico, cun aquel de responsábel autoridade.

Quen os mira neste couso do Lérez, no entanto, decátase axiña de que asisten a un ensoñamento. Moi probabelmente os seus ollos non reparan na faena de Castella ou de José Tomás. Falan entre eles, fuman puros, acomodan a súa blazer azul mentres respiran o aire cálido da tarde pontevedresa, transida polos clamores dun pasodobre e o berro agudo do toque de corneta. Galiza é inoportuna e arrecende máis á maré baixa que á flor da laranxeira, pero tanto ten. Aínda non sentiron unha palabra de galego en todo o día e os pendóns rojigualda acaban por confirmar a súa fantasía: "Chicos, chicas, ¿lo sentís como yo..? Estamos en España..!"

franpl@galicia-hoxe.com

Publicado en Galicia Hoxe
__________________

Hirosima: 6 de Agosto de 1945


Ás 5 e 32 minutos da madrugada do 6 de agosto de 1945 un bombardeiro B-29 partía dunha pequena illa do Pacífico Sur no curso dunha operación secreta. A súa misión era arroxar sobre unha ciudade xaponesa a primeira bomba atómica da historia.

Unha millonésima de segundo logo da explosión, Hiroshima deixaba de existir como cidade. A onda expansiva matou no acto a máis de 100.000 persoas e destruíu máis de 47.000 edificios, mentres que o efecto alargo prazo daquela explosión sófrese aínda hoxe.

Vídeo orixinal do bombardeo



Detalle dun filme sobre o bombardeo


_______________

A praça do concelho de Ferrol para as pessoas, nom para os veículos: praça pública sim, estacionamento nom!

As necessárias obras pendentes na praça do concelho som umha boa oportunidade para que o governo municipal ferrolano avance no caminho de converter Ferrol numha cidade urbanisticamente sustentável e ao serviço das pessoas, nom do tránsito rodado.

A caótica situaçom do tránsito no bairro da Madalena precisa de soluçons, na linha da pedonalizaçom parcialmente aplicada no passado recente em ruas como a Real, a Maria ou a Madalena, e nom de novos estacionamentos que, como o construído no Cantom nos anos 90, demonstrárom nom servir para aliviar o tránsito, e sim como pólos de atracçom para mais e mais carros.

A todo o anterior devemos acrescentar a recente construçom de um estacionamento subterráneo na Porta Nova (mal chamada 'plaza de España'), que está ainda infra-utilizado. Se a isso acrescentarmos o estacionamento subterráneo existente no Mercado, confirmaremos que nom é de um novo estacionamento numha praça pública que precisa o centro de Ferrol, e sim de um novo modelo de urbanismo baseado no transporte público e na pedonalizaçom da cidade.

Por todo o anterior, NÓS-Unidade Popular quer reclamar um planeamento urbanístico que evite criar novos pólos de atracçom de veículos e que humanize o acesso e a mobilidade no centro da nossa cidade. Para isso, é necessário apostar seriamente no transporte público colectivo, incluída a recuperaçom dos tradicionais eléctricos, sinal de identidade de Ferrol, a habilitaçom de umha rede de ciclo-vias e o aumento de espaços verdes e abertos à presença e desfrute das pessoas.

A praça do concelho, representativa até hoje do pior dos urbanismos aplicados contra as cidades galegas em tempos do franquismo, é um lugar ideal para que o governo municipal dê mostras de umha vontade regeneradora dos espaços públicos. Por isso é necessária umha rectificaçom, a suspensom definitiva do projecto de construçom de um estacionamento e a recuperaçom desse espaço para a vizinhança de Ferrol.

Assembleia Comarcal de Trasancos de NÓS-Unidade Popular

Ferrol, 31 de Julho de 2009

Enviado por:
nosup-trasancos@nosgaliza.org
31 de julho de 2009 09:57

_________________

mércores, agosto 05, 2009

Comarcalización do servizo de bombeiros

INFORMACIÓNS DO GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA
Ferrol, 5 de agosto de 2009


  • O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA RECLAMA A CONSTITUCIÓN DO GRUPO DE ESTUDO PARA CONQUERIR NO SEU SEO O COMPROMISO DE COMARCALIZACIÓN DO SERVIZO DE BOMBEIROS

  • SARI ALABAU LAMENTA A PRECIPITACIÓN E PRESAS DO GOBERNO MUNICIPAL QUE TEIMA EN MANTER UN MAL ACORDO, QUE ADÍA SINE DIE E SEN COMPROMISO ALGÚN A COMARCALIZACIÓN
  • ESQUERDA UNIDA CHAMA A ACADAR UN ACORDO NA COMISIÓN DE ESTUDO PARA A COMARCALIZACIÓN DO SERVIZO

O Grupo Municipal de Esquerda Unida reclama ao Goberno Municipal que cumpra o acordado no Pleno da pasada semana, na que o punto se retirou da orde do día co compromiso de abordalo entre todos os Grupos Municipais cunha Comisión de Estudo. Esquerda Unida aposta pola constitución desa Comisión como ámbito para a negociación e sinatura dun compromiso antes de fin de ano coa Xunta de Galicia e incluso da Deputación que permita acadar a comarcalización do servizo de bombeiros.

Sari Alabau afirma o compromiso de Esquerda Unida para coadxuvar coas nosas propostas e traballo á comarcalización do servizo, mediante a sinatura dun acordo coas institucións concernidas, acordo que recolla nun cronograma os compromisos de investimento e plantilla necesarios para ofrecer un servizo con todas as garantías.

O Grupo Municipal de EU ten que lamentar de novo a precipitación do Goberno Municipal que con presas e sen atender os compromisos derivados do Pleno pecha a posibilidade da Comisión e opta pola devolución ao Pleno do mesmo mal acordo retirado a semana pasada. Esquerda Unida entende que un mal e insuficiente acordo e que pode pechar na práctica para outros vinte anos o necesario proceso de comarcalización, que é a fórmula máis racional. O que necesita Ferrolterra -e o que vai defender Esquerda Unida- é acadar un acordo para unha comarcalización en condicións económicas axeitadas e con emprego público estable, involucrando nel á Xunta de Galicia.

A posición política do noso Grupo Municipal basease na teimuda realidade dos feitos: os números do convenio non cadran –como xa denunciara Esquerda Unida no Pleno- e supoñen agora que xa non serán 10 bombeiros senón 7 as persoas a contratar mediante interinaxes cubertas cos fondos do convenio co concello Narón. Interinaxes que non van ser realidade alomenos antes de tres meses ou máis, que non van estar operativos durante o verán.

A nosa organización quere salientar a existencia dun escrito do departamento de Persoal do concello no que se recoñece que os cartos dispoñibles tras descontar as partidas do convenio correspondentes a investimentos e infraestruturas (55.784,32 euros) e o pago da gratificación de 200 euros os bombeiros (166.446 euros) só permiten a contratación como persoal interino de 7 bombeiros e dun oitavo durante seis meses. Toda contratación a maiores vai saír do peto do noso concello.

En resumo, nós entendemos que falla na contía e no eido de garantir a estabilidade no emprego, en particular, nas administracións públicas, as cales acumulan unha taxa de temporalidade crecente e preocupante. Ferrol cumpre hoxendía e quen se atopa na irregularidade é o concello de Narón, que non dotou un servizo que pola súa demografía vén obrigado a prestar. Razóns dabondo para voltar a proposta de EU de comarcalizar o servizo.

Enviado por:
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
5 de agosto de 2009 12:16


Prezad@s amig@s: achegamos a proposta de Esquerda Unida encol da comracalización do servizo de bombeiros.
Recibide unha aperta, Ramiro Marier
_________________

O Movimento internacional Via campesiña convoca a unha acción global por Honduras para o Martes 11 de Agosto

11 de Agosto de 2009: DÍA DE ACCIÓN GLOBAL POR HONDURAS
05-08-2009

Ás irmás e irmáns de todas as rexións da Vía Campesiña,
ás irmás e irmáns de todos os movementos sociais,
a todos os pobos do mundo:

A máis dun mes do golpe militar en Honduras e a 38 días dunha incansábel loita de milleiros de campesiñ@s, mulleres, indíxenas, mestres, estudantes, sindicalistas, profesionionais e xente sinxela das cidades e do campo, para revertelo e restaurar a democracia e a dignidade, a represión dos golpistas non fixo mella no espírito de loita do heroico pobo hondureño.

Esta loita entrou agora nunha fase crucial polo que o movimento campesiño hondureño e a Frente Nacional de Resistencia Contra el Golpe de Estado, convocaron aos movimentos sociais, sindicais e democráticos, a unha Marcha Nacional que se inicia este día 5 de agosto e culminará o 11 de agosto en Tegucigalpa e San Pedro Sula.

En apoio a esta Marcha Nacional e ás nosas irmás e irmáns campesiñ@s e a todo o pobo hondureño, A Vía Campesiña fai un chamado a un Día de Acción Global por Honduras, o 11 de agosto deste ano, para despregar a solidariedade máis ampla levando a cabo mobilizacións, actos políticos e culturais, accións de presión e cabildeo e calquera actividade posíbel que axude ao avance da loita popular hondureña na derrota do golpe militar.

Pregamos que as plataformas e organizacións que decidan realizar algumha acción, informen á menor brevidade posíbel dos seus plans de acción e traballo do Día de Acción Global de Honduras.

¡GLOBALICEMOS A LOITA, GLOBALICEMOS A ESPERANZA!

Henry Saragih, coordinador xeral da Vía Campesiña

Fonte: viacampesina.org
________________

Este Sábado 8 de Agosto "Feira Rural" en San Sadurniño: Unha aposta pola sustentabilidade

[Clicar acima da imaxe para ampliar - Mapa da localización da Feira - AGFA]

A Feira Rural de San Sadurniño inclúe un concurso de froita autóctona
En Pontedeume celébrase un concurso de froita autóctona en setembro

REDACCIÓN > FERROL
A Feira Rural nace coa intención de fomentar o desenvolvemento sostible, ó tempo que se potencian os recursos turísticos e de lecer na zona. O Concello, en colaboración coa Asociación Galega da Froita Autóctona do Eume (AGFA), organizou unha completa xornada de actividades.

A feira celebrarase este sábado na finca da Cortiña -entre a estrada Ferrol-Ortigueira e o río Xuvia, preto dos Xardíns do Pazo-. Xa o venres comezará a haber actividades na Casa da Cultura, cunha charla sobre a horta tradicional e outra sobre a compostaxe caseira. Comezarán ás 18.45 e ás 20.45 horas, respectivamente.

O programa do sábado inaugúrase ás dez da mañá coa apertura das exposicións permanentes e dos postos de entidades, empresas e particulares vencellados co medio rural e os produtos da horta. Ademais de mostras sobre as abellas ou sobre a froita autóctona, poderanse ver fotografías sobre a música tradicional na zona (resultado dun proxecto de investigación da asociación Berros do Castro), así como a construción do convento do Rosario.

Ás once da mañá celebrarase unha pequena representación teatral na que o persanxe da marquesa de San Sadurniño e un veciño escenificarán a inauguración dos xardíns do Pazo e farán un percorrido pola zona da feira. O Concello, no proceso de busca dunha carruaxe apropiada para o evento, atopou a que pertencía á propia marquesa e que garda en perfecto estado un veciño, logo de que os bens da finca fosen vendidos. Será esta precisamente a empregada para unha “visita” que comezará ás once da mañá.

Certame > Tamén pola mañá está prevista a celebración dun concurso de froita autóctona, para o que haberá que achegar variedades das hortas tradicionais das comarcas do Eume, Ferrol, Ortegal ou Betanzos. Desde onte está aberto o prazo para participar neste concurso (no Concello de San Sadurniño ou na web da AGFA, www.agfadoeume.org). Poderase cumplimentar a inscrición ata o propio sábado, ás once da mañá. Será entón cando o xurado percorra os postos para comprobar a calidade e a presentación dos lotes. A lectura do fallo e a entrega de premios farase á unha. Ademais da recompensa á participación (de vinte euros), recoñecerase o mellor conxunto de lotes, a mellor variedade e tamén a variedade en perigo de extinción. Outorgaranse 200 euros ó primeiro clasificado en cada categoría.

Os lotes premiados sortearanse pola tarde e os demais poderanse vender ós visitantes no propio recinto feiral.

Logo dun xantar a base de churrasco, pan e viño (por dez euros), poderase gozar coas actividades deportivas e de exhibición que se programan na feira e que, no caso da baixada libre en kayak polo río Xuvia, funcionarán xa desde as once da mañá. Para a tarde resérvase a demostración de doma de cabalo (ás catro), a de adestramento deportivo de cans (ás cinco) e a de coches e avionetas por radio-control (ás seis).

A música acompañará durante toda a xornada coa presenza da charanga Os Jalochos, os Festicultores e o grupo folclórico Berros do Castro.

Na primeira Feira Rural de San Sadurniño participan 41 organismos, incluíndos empresas produtoras, administracións públicas e asociacións culturais e de defensa do medio ambiente galego. (Adega, ..)

Enviado por:
Antonio Gª
-angaji@yahoo.com-
4 de agosto de 2009 21:58

_______________

Publicado no xornal comarcal "Diario de Ferrol" o Martes 4 de Agosto de 2009
______________

Primeira Feira Rural 8 de Agosto de 2009
Un día antes o Venres 7 de Agosto na Casa da Cultura:
  • Ás 18:45 hrs - Charla: horta tradicional e fruticultura
  • Ás 20:45 hrs - Charla: compostaxe caseira
Fonte: agfadoeume.org
________________

martes, agosto 04, 2009

O IGE informa das afiliacións medias á Seguridade Social correspondentes a Xullo 2009

O IGE [Instituto Galego de Estatística]publica hoxe na súa páxina web os datos de Afiliacións medias á Seguridade Social correspondentes ao mes de xullo de 2009. Os datos proporciónaos o Ministerio de Trabajo e Inmigración.

O número medio de afiliacións1 ao Sistema da Seguridade Social en Galicia durante o mes de xullo de 2009 acadou a cifra de 1.047.292 para o total do sistema o que supón un aumento respecto ao mes de xuño de 13.226 afiliacións (un 1,28%). Para o conxunto estatal a cifra de afiliacións sitúase en 18.143.554, rexistrando un aumento do 0,25% con respecto ao mes anterior.

Na comparativa interanual (xullo de 2008 a xullo de 2009) obsérvase un descenso de 47.607 afiliacións no total do sistema en Galiza (un 4,35%), inferior á diminución do 6,39% (-1.238.669) no conxunto estatal. Estes datos indican que o 3,8% da diminución da afiliación estatal rexistrada no último ano ten lugar en Galiza.

No que vai de ano, o número medio mensual de afiliacións en Galiza foi de 1.034.724, un 4,3% inferior á cifra rexistrada no mesmo período do ano anterior. En España o descenso no que vai de ano foi do 6,3%.

Pode-se atopar máis información en:

http://www.ige.eu/web/mostrar_actividade_estatistica.jsp?idioma=gl&codigo=0204001004

http://www.ige.eu/web/Controlador?operacion=mostrarficha&id=G10&tipo=3&orden=6&idioma=gl


Enviado por:
IGE ige.novidades@ige.eu- 4 de agosto de 2009 14:50

--------------------------------------------------
Servizo de Difusión e Información Estatística
Complexo Administrativo San Lázaro s/n
Instituto Galego de Estatística
15703 Santiago de Compostela
Telf: 981 541589 de 9 a 14 horas, Fax: 981 541323
contacto: http://www.ige.eu/catalogo/peticioninfo.jsp
web: http://www.ige.eu

__________________________

Peotanización e pacificación do tráfico na Magdalena

[Estacionamento da Praza do Concello de Ferrol - Foto: Jorge Meis]

Os problemas de tráfico da Magdalena e as novas sobre a reforma do aparcamento da Praza de Armas -a recente aprobación do plan de viabilidade- fannos avaliar, con certa urxencia, o concepto de peonalización e algunhas experiencias coñecidas.

A peonalización implántase con normalidade e evoluciona, pero aínda permanece un concepto ríxido e negativo en moitos cidadáns, en particular comerciantes e residentes. Peonalizar é priorizar ao peón, non supón converter pezas de cidade en inaccesibles; o obxectivo máis completo e á vez ambicioso é a pacificación do tráfico. A pacificación estendida desde as áreas históricas ao conxunto da cidade por unha razón simple: as vantaxes dunha relación de calidade peatón-vehículo non se deben restrinxir a determinadas zonas.

A peonalización está dentro dunha política global ao redor da mobilidade e o transporte público. Por iso as medidas realmente eficaces combinan políticas de transporte público, aparcamento, información, vixilancia e reurbanización dos espazos, que repercuten no fomento do comercio, da rehabilitación residencial e do turismo.

As vantaxes para levar adiante a peonalización/pacificación da cidade son evidentes, pero o conflito de intereses e a tensión que alcanza o problema cando por fin se acomete, dificultan o proceso. Nos cascos históricos as contradicións e as vantaxes son máis claras, debido a que fisicamente non foron concibidos para o tráfico masivo de coches e a que son un foco de atracción comercial, administrativo, turístico etc. Pero a cuestión non é de natureza distinta nos demais barrios.

A peonalización ofrece vantaxes medio ambientais (diminución do ruído e a contaminación), de seguridade (mellora a accesibilidade para todos, non só para as persoas con mobilidade reducida), de calidade urbana (disfrute dos espazos), de conservación (aforro no mantemento do espazo público, maltratado polo vehículo). Todos os cidadáns benefícianse, pero en particular tres grupos: turistas (sensibles á percepción da calidade urbana), comerciantes (as rúas peonís dan pulo ao comercio, o conxunto funciona de verdade como centro comercial aberto) e residentes. Estes merecen unha aclaración extra: aínda que en principio poidan temer unha maior incomodidade, converterse en tráfico preferente nun barrio significa dispor de facilidade de estacionamento e maior fluidez de circulación.

Queremos destacar a vizosa experiencia acumulada ao redor da regulación do tráfico e da peonalización nas cidades históricas europeas, tamén nas galegas. Neste tempo -en Galicia, case trinta anos de experiencias- abordáronse políticas de tráfico e peonalización en conxuntos históricos de moi distintas características, desde pequenas vilas a ensanches. A Magdalena é un barrio histórico singular, pero non extraño, igual que o resto da cidade e os seus habitantes. Para abordar a pacificación do tráfico Ferrol it is not diferent.

Á hora de acometer este proceso é común certa urxencia, a percepción de que o tráfico está descontrolado. A incomodidade e a saturación que sufrimos non deben distorsionar as necesidades reais e a cuantificación do problema. Non é inabordable e existen fórmulas probadas como é o caso de Compostela que iniciou este camiño nos anos oitenta.

Respecto ao estacionamento, existen dúas necesidades ben diferenciadas: os residentes e todos os demais. A demanda de residentes é tan baixa en comparación, que unha vez se restrinxe o tráfico, este problema redúcese, case esvaécese... Os residentes poden aparcar dentro; todos os demais fóra. O estacionamento disuasorio e externo pode localizarse a curta distancia -curta distancia significa 300-500 metros (4-6 minutos camiñando)- e a media distancia, pero isto último require un serio esforzo en transporte público, é dicir, medidas de transporte intermodais coas infraestruturas adecuadas.

A necesidade de aparcamento para non residentes depende directamente da restrición do tráfico. Canto máis feble sexa maior será o problema de aparcamento. De modo que non é unha cuestión estanca, depende tanto do espazo -cantos aparcamentos se poden ou queren construír- como da demanda permitida.

A peonalización/pacificación da Magdalena, cando se aborde, determinará que tráfico se restrinxe, como se logra isto, e que demanda de aparcamento externo e interno se establece.

O éxito finalmente dependerá de que as medidas sexan combinadas e globais. A reurbanización das rúas da Magdalena por si soa non traerá a peonalización; a proba é que as xa arranxadas non son peonís, pese o seu acabado en pedra e a sinalización que o acompaña. A construción de aparcamentos soterrados tampouco resolverá o problema de estacionamento se estes se localizan e dimensionan inadecuadamente, se o tráfico non se logra reducir e se non hai suficiente vixilancia.

A localización de novos aparcamentos soterrados ou a súa consolidación é unha das decisións máis delicadas da política de mobilidade. De feito, é un tema que se presta a discursos falaces, unidos aos intereses que sempre concertan as grandes obras. Un aparcamento soterrado é unha infraestrutura custosa e de gran impacto ambiental que transforma radicalmente o espazo urbano no que se inxire. En Ferrol non precisamos máis que mirar para a Praza de España; desa obra aínda inacabada todos aprendemos a medir con coidado as vantaxes e inconvenientes destas actuacións.

No contorno da Magdalena hai ata tres aparcamentos soterrados: Praza de España (625), Cantón (386), Mercado e Pescadería (295). A Praza de España funcionará como gran aparcamento de acollida, os demais... fóronse facendo.

Non existe unha explicación pública, motivada, da necesidade de 300 novas prazas de aparcamento na Praza de Armas, ou en que medida esta dotación suporía un gran avance, tendo en conta a infrautilización dos existentes, e que tampouco está nidiamente establecida nin cuantificada a demanda de aparcamento, xa que dependerá da política de peonalización. ¿Que resolve este aparcamento? ¿É a localización adecuada? ¿Obedece a que está aí?

Os aparcamentos soterrados non se planean no interior dos conxuntos peonís. A razón é clara: xeran tráfico de seu ao provocar a expectativa de aparcamento. O obxectivo é reducir o tráfico, e o que se produza, diluílo. Non ten sentido xerar focos de atracción. Desde este punto de vista consolidar o aparcamento na Praza de Armas non é a decisión correcta, por ende, aumentar a súa capacidade tampouco. Pola contra, pode comprometer a peonalización dun dos espazos máis senlleiros do barrio.

A configuración da praza actual é desastrosa, pero non se avalía o impacto que suporía dúas entradas e dúas saídas para coches e o modo en que condicionaría o uso e aparencia da praza. A intervención non reconduciría a praza ao que debía ser: unha segunda Amboaxe. Un espazo de lecer, non unha infraestrutura fóra de lugar. Esta cuestión -a calidade urbana dos nosos espazos de referencia- non podemos deixala aparte da peonalización nin dos medios para conquerila.

Texto: Olga Fra e Alexandre Carrodeguas

Enviado por:
Alexandre Carrodeguas -republicadetraballadoras@gmail.com- 2 de agosto de 2009 13:51

____________

Nota.-

Publicado o 2 de Agosto de 2009 na sección de Verdegaia no semanario "Nordesía", separata dominical do xornal comarcal "Diario de Ferrol"

Enlace co artigo orixinal na páxina 6 da revista Nordesía en formato -jpg- nos Arquivos Ártabros:
______________

Impresionante video: Todo un modelo de autosuficiencia e respecto polo planeta

Na páxina da Cooperativa Zocamiñoca [Cooperativa de Consumo Consciente e Responsábel na Coruña] podemos ver isto:

Un espectacular exemplo de horta-xardín urbano. En plena cidade, no medio de autoestradas, coches, cemento e urbanismo sen freno, a familia Dervae e quen de producir, con so 400 metros de terra, 2700 kgs de froitas e verduras o ano.

Impresionante video

Todo un modelo de autosuficiencia e respecto polo planeta



Enviado por:
Xacobe Abel Fernández García -xakobino@gmail.com- 3 de agosto de 2009 17:08

___________

Enlace relacionado:

http://zocaminhoca.org/

____________

Faleceu o noso compañeiro Nicasio González

A Asociación Cultural Fuco Buxán, lamenta o falecemento do noso amigo e compañeiro Nicasio Alfonso González Lopez.

Nicasio, entrañable amigo, socio desta Asociación e persoa comprometida de sempre no eido social, sindical e político, a través da súa militancia de sempre na UGT e no PS de G – PSOE.

Tranmitimos a súa esposa Mª Teresa, fillas, familiares, compañeiros e amigos o noso sentimento e afecto.

O enterro terá lugar mañá martes 4 de agosto ás 12 da mañá no Cimeterio de Catabois.

Enviado por:
Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
3 de agosto de 2009 21:37


--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es

_______________

1 de Agosto de 2009: Cangas ergueuse en contra do Porto Deportivo

Erguéndose sobre os ombreiros dos seus mariñeiros, Cangas falou alto e claro: Porto deportivo non!

Máis de cinco mil persoas amosaron onte a súa firme oposición á construción do porto deportivo en Massó nunha das manifestacións máis numerosas da historia da vila do Morrazo. A inmensa maioría dos comercios e bares permaneceron pechados desde as 19:30 ás 21 horas, colgando nas súas portas un cartaz de apoio á mobilización.

Esta resposta masiva revela a inconsciencia e a indignidade das recentes declaracións do Delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, que aseguraba que os opositores ao porto deportivo eran “unha minoría moi minoritaria que non se presenta ás eleccións”.

De Louro e do Subdelegado en Pontevedra, Delfín Fernández, acordáronse onte @s manifestantes que abarrotaron as rúas de Cangas cando pediron en varias ocasións as súas dimisións así como a de Clara Millán, alcaldesa da vila (BNG).

A manifestación arrancou pasadas as oito da tarde, tras a intervención do patrón maior da confraría de Cangas, Evaristo Fernández: «Con respecto, con humildade, representando á confraría, ao mar, a este pobo. Queremos unir, sumar, ganar. Queremos que non nos emporquen a ría. Saímos á rúa polas nosas familias, para que teñan a seguridade de que imos loitar polo seu prato de sopa diario».

Entre as consignas máis repetidas escoitouse o “goberne quen goberne Massó non se vende”, “defender a ría non é delito” e “menos recheos e máis marisqueo”.

Despois de percorrer o centro da vila a manifestación dirixiuse a Massó. Cando a cabeceira chegaba á explanada da antiga factoría a cola aínda estaba máis alá da entrada do camiño de acceso, en Pedra Alta.

No ambiente notábase a indignación provocada polas accións policiais do pasado 20 de xullo, coa detención de 16 persoas, tres delas feridas, todas esposadas, maltratadas co seu traslado contundente, humilladas co trato recibido, obrigadas a permanecer como delincuentes nas deplorables dependencias da Garda Civil, seis delas separadas dos seus e da súa vida cotián máis de 24 horas, nunha actuación inxustificable.

A indignación alcanzou o seu límite ao chegar á zona das obras, onde debía concluír a manifestación. Catro axentes da Garda Civil foron incomprensiblemente obrigados polos seus mandos a permanecer no lugar, nun acto de provocación ridícula e irresponsable. Os axentes quedaron totalmente rodeados por miles de manifestantes entre abucheos e insultos, sometidos a unha humillación innecesaria e creando unha situación perigosa para todos, que afortunadamente non tivo consecuencias debido á responsabilidade dos presentes.

O primeiro en tomar a palabra foi Fernando Broullón, representante da asociación de navalleiros. Fernando foi un dos detidos e agredidos o pasado día 20. Na súa voz vibraba a indignación e unha fonda dignidade que foi quen de transmitir a tódolos presentes. Con sinxela elocuencia foi relatando a experiencia de quen vive do mar e vai vendo como, dende o poder político e económico, vaise desmantelando o sector pesqueiro galego, recurso básico e fundamento da identidade de Galicia, substituíndo todas as especies do país polas catro especies criadas en piscifactorías, ou importadas desde o outro extremo do mundo, roubando e destruíndo os bancos pesqueiros e marisqueiros tradicionais para poñelos en mans privadas, en beneficio do disfrute banal duns poucos privilexiados.

«Que lle quede claro á empresa e ao señor Delfín Fernández que aínda que mande a 500 guardias civiles imos impedir que fagan este porto deportivo». Os berros de “policía asesina” e “garda civil fora de Massó” atronaron o ar mentres algúns ovos voaban cara ao lugar que ocupaban os policías visiblemente alarmados. Rematou a súa intervención citando a tódolos mariñeiros o luns a primeira hora nese mesmo lugar para paralizar as obras.

Falou despois o patrón maior da confraría de pescadores. Empezou pedindo un aplauso para o Foro Social pola súa firme traxectoria de loita contra o porto deportivo. «Imos tratar de facer unha bola de neve tan grande que os arrolle a todos. Emprázovos a todos, mariñeiros, cidadás e cidadáns. Conto con vós para loitar contra toda esta xente. Coa vosa dignidade espero que poidamos impedir que nos emporquen esta preciosa ría que temos». Evaristo Fernández asegurou que non aceptarán ningunha indemnización, “pois esta desfeita rematará co traballo de moitas xeracións, polo tanto é algo non indemnizable”. Comprometeuse a mobilizar a todas as confrarías da ría, da provincia e de toda Galicia para defender o Salgueirón. Aludiu tamén á brutalidade policial dos pasados días e as súas palabras acenderon novos berros: “son mariñeiros, non terroristas”.

En representación de Galiza Non se Vende falou a continuación a actriz Mabel Rivera quen destacou a “gran afluencia de xente”, e agradeceu aos cangueses “a loita que desempeñan para defender os recursos mariños e unha explotación razoable do medio”. Rematou renovando o compromiso desta rede de colectivos no seu apoio ao pobo de Cangas na súa loita pola defensa do Salgueirón.

Os membros do Foro Social Antonio Cordeiro e Tiago Pérez encargáronse de ler o manifesto, que insistiu nas liñas que veñen defendendo desde que arrincaron as obras do porto deportivo. Acusaron aos tres partidos maioritarios de Cangas (PP, BNG e PSOE) e á Autoridade Portuaria de Vigo de estar detrás deste proxecto, para despois esixir do Concello que “pare as obras inmediatamente, pois son ilegais”.

Cando un pobo posto en pé se manifesta coa contundencia coa que o fixo Cangas este sábado sobran valoracións e comentarios. Os seus “democráticos dirixentes” deben tomar boa nota. Se, como a eles sempre lles gusta dicir, están ao servizo da vontade popular non lles queda máis que unha opción.

Corina Porro, Clara Millán, Delfín Fernández, Antón Louro e outros cantos parecidos non poderán disimular máis. A vontade popular quedou moi clara. Agora terán que explicarllo a Caixanova, non si?

A manifestación nos medios:

FARO DE VIGO
La manifestación contra el puerto deportivo de Massó moviliza a 5.000 personas en Cangas http://www.salvemosmonteferro.org/prensa/recorte1482.html

La cofradía se muestra "eufórica" con la "alta asistencia" a la manifestación http://www.salvemosmonteferro.org/prensa/recorte1487.html

LA VOZ DE GALICIA
Cinco mil personas salen a la calle contra el puerto deportivo de Massóhttp://www.salvemosmonteferro.org/prensa/recorte1485.html


Fonte:

http://www.salvemosmonteferro.org/

_________________________

Video da Manifestación, deste Sábado 1 de Agosto de 2009 en Cangas, contra a construción do Porto Deportivo do Salgueirón

Máis de cinco mil persoas amosaron onte a súa firme oposición á construción do porto deportivo en Massó nunha das manifestacións máis numerosas da historia da vila do Morrazo. A inmensa maioría dos comercios e bares permaneceron pechados desde as 19:30 ás 21 horas, colgando nas súas portas un cartaz de apoio á mobilización.



___________

Enlaces relacionados:

Foro Social de Cangas

A Ría Non Se Vende
____________

domingo, agosto 02, 2009

Máis de 4.000 persoas se mobilizan en Cangas para pedir a "paralización" das obras do porto

[Foto de Carmen Giménez]

Máis de 4.000 persoas percorreron hoxe as rúas de Cangas (Pontevedra) para manifestar o seu rexeitamento á construción do porto deportivo na antiga conservera de Massó e "sensibilizar" a poboación das consecuencias "negativas" que suporía a execución destas instalacións.

Os manifestantes, que partiron con atraso, despois das 20.00 horas da Alameda Vella en dirección á zona de O Salgueirón, criticaron durante a marcha a todas as organizacións apoian o proxecto, incluído o PSOE e o BNG municipais e membros do Goberno cangués.

Así, na concentración, a pancarta principal da cal dicía 'Os peixes e mariscos non viven de recheos e contaminación. Por un proxecto responsable e transparente para Massó', oíronse berros de 'Son mariñeiros e non terroristas', 'Goberne quen goberne, Massó non se vende' ou 'Caixanova Terroristas', así como críticas á presidenta da Autoridade Portuaria de Vigo, Corina Porro.

Europa Press
01/08/2009

Fonte: Vieiros
__________

sábado, agosto 01, 2009

Chamamento da Frente Nacional contra el Golpe de Estado en Honduras á Clase Obreira Mundial


Tod@s a organizar o boicot contra a ditadura militar-empresarial de Roberto Micheletti

O 28 de xuño do presente ano, cando a poboación hondureña preparábase a participar na Enquisa Popular sobre a instalación dunha Cuarta Urna, na cal decidiríase se se convoca ou non a unha Asemblea Constituínte, miles de efectivos militares secuestraron ao Presidente Constitucional da República, Manuel Zelaya Rosales e expulsárono cara á veciña Costa Rica; ocuparon a Casa Presidencial, clausuraron violentamente todas as estacións de radio e televisión independentes, perseguiron aos funcionarios do goberno e implantaron un Estado de Sitio en todo o país.

Desa forma, fíxose efectivo un Golpe de estado, que horas máis tarde foi "legalizado" polo Congreso Nacional (asemblea lexislativa), colocando na Presidencia a Roberto Micheletti Bain, dirixente do mesmo Partido político do Presidente Zelaya, mediante ridículos argumentos de que o gobernante deposto había "renunciado". Esa versión foi desmentida polo mesmo Presidente Zelaya, ademais de que o Congreso Nacional non ten atribucións constitucionais para separalo do seu cargo. Así mesmo, argumentouse a existencia dunha orde de captura sen que o Presidente fose sometido a un xuízo no cal puidese defenderse das acusacións que se lle facían.

Detrás do golpe atópanse a cúpula empresarial, os catro partidos políticos da burguesía (Partido Liberal, Partido Nacional, Partido Demócrata Cristián e Partido Innovacion e Unidade socialdemócrata), as cúpulas das igrexas católica e evangélica, asi como os donos dos principais medios de comunicación. Todos eles fixeron unha alianza contrarrevolucionaria temendo que a consulta popular do 28 de xuño dese poder ao pobo e, en especial, á clase obreira e ao campesinado pobre, para iniciar a construción dunha nova sociedade, onde os privilexios de clase da burguesía e dos terratenientes fosen eliminados.

Tamén é necesario dicir que detrás dese golpe de estado, esta a man do Imperialismo norteamericano e da ultraderecha latinoamericana, quen o ven como unha oportunidade de frear os avances da esquerda na rexión centroamericana e a influencia da revolución venezolana, tras os recentes triunfos electorais da Fronte Farabundo Marti para a Liberacion Nacional (FMLN) no Salvador e da Fronte Sandinista en Nicaragua.

Con todo, a resposta do Pobo hondureño non se fixo esperar desde a primeira hora do golpe. As masas populares lanzáronse ás rúas, a conquistar as prazas públicas e a protestar na Casa Presidencial (edificio sede do goberno) en contra de miles de efectivos militares, armados con tanquetas, helicópteros, avións e artillería pesada. Desde entón, as masas populares saen TODOS OS DIAS á rúa desde fai un mes, a protestar, a executar medidas de presión para derrocar ao goberno usurpador, realizando masivas mobilizacións, cortes de estradas, toma de edificios públicos, etc. facendo uso do Articulo 3 da nosa Constitución Política que dá dereito á Insurrección Popular en caso da imposición dun goberno pola forza das armas. Aínda que esta loita custou a vida de varios hondureños, asasinados polos militares, grazas á mesma o goberno usurpador non logrou controlar a situación, nin derrotar ás masas e xa que logo non logrou consolidarse como goberno.

A máxima expresión organizativa da resistencia popular é o "Frente Nacional contra El Golpe de Estado" que unifica a todas as expresións sociais e políticas do movemento popular e conduce o movemento nacional cara ao derrocamento da ditadura. Esta fronte está constituído por organizacións obreiras, campesiñas e populares en xeral, así como polos partidos e movementos políticos de esquerda e centro que se declararon en contra do golpe de estado.

A reacción internacional foi contundente desde o punto de vista diplomático: Salvo o réxime sionista de Israel, ningún outro país do mundo atreveuse a recoñecer á ditadura militar-empresarial imposta en Honduras. Tanto a Organización de Estados Americanos (OEA), a Asemblea Xeral das Nacións Unidas (ONU), o Grupo de Río, os países asociados ao ALBA, entre outros, condenaron o golpe de estado, porque correctamente interpretan que se trata dun primeiro golpe ás de seu limitadas democracias burguesas existentes en Latinoamerica, e que, de consolidarse, sentaría un precedente funesto para facer retroceder as conquistas sociais e as liberdades democráticas dos pobos e traballadores, proclive a ser imitado polas forzas máis reaccionarias noutros países da rexión e do mundo.

Con todo, esta reacción non pasou aínda de declaracións diplomáticas que, aínda que son útiles, non son suficientes para golpear á ditadura nin no económico, nin no militar.

O único goberno que tivo sempre unha política ambigua respecto ao goberno usurpador, foi o goberno norteamericano liderado por Barack Obama. Mentres declaraba recoñecer ao Goberno do Presidente Manuel Zelaya como único presidente, deu visa aos emisarios dos golpistas para que estes ingresen a territorio norteamericano a facer lobby a favor do golpe; non suspendeu os principais programas de apoio económico e militar en Honduras; non aplica o boicot comercial como en cambio se fixo contra Cuba, e négase a declarar que se trata dun "Golpe de Estado". Máis ben promoveu unha negociación entre o lexítimo Presidente dos hondureños, Manuel Zelaya, co ditador Micheletti, a través dun mediador: o Presidente de Costa Rica, Oscar Arias.

Para a Fronte Nacional contra o Golpe de estado, a mediación do Presidente Arias é unha estratexia do Departamento de Estado dos Estados Unidos para lograr certo recoñecemento internacional ao ditador Micheletti, dilatar no tempo a saída ao conflito para que o movemento de resistencia desgástese e someter ao Presidente Zelaya a condicionamentos inaceptables ante o seu eventual reinstalación no poder, a fin de que abandone as reivindicacións políticas que motivaron a mobilización popular, como son a loita por unha Asemblea Constituínte e polo castigo aos culpables do golpe. Por conseguinte, a Fronte Nacional contra o Golpe de estado, só acepta unha reinstalación inmediata, segura e incondicional do Presidente Zelaya ao seu cargo.

A clase obreira hondureña, que desde o principio respondeu activamente á resistencia popular, organizou para a terceira semana unha mobilización unificada cos seus propios métodos de loita: a Folga xeral e a toma dos centros de traballo, comezando cun paro xeral de 48 horas das tres centrais sindicais do país (CUTH, CXT e CTH) os pasados días 23 e 24 de xullo, que se repetiu o 30 e 31 do mesmo mes. En solidariedade os compañeiros de organizacións populares do Salvador e Nicaragua fixeron cortes nas aduanas para impedir o ingreso e saída de mercadería a Honduras. Inmediatamente as asociacións empresariais de Honduras e Centroamérica, que son solidarias cos usurpadores, puxeron o berro no ceo porque devandito boicot implica perdas millonarias para as súas empresas. Iso significa que a folga e o boicot comercial son armas efectivas para desgastar as bases económicas dos golpistas, máis que as declaracións formais.

Por todo o anterior, a Frente Nacional contra el Golpe de Estado en Honduras fai un chamamento ás organizacións representativas da clase obreira mundial para que organicen e executen unha solidariedade militante coa clase obreira e co pobo de Honduras, realizando accións de boicot a todos os produtos que entran e saen a portos hondureños, a fin de asfixiar economicamente á ditadura; a facer manifestacións de repudio á ditadura enfronte das embaixadas de Honduras e dos Estados Unidos; a facer actos político culturais en solidariedade coa loita do pobo hondureño; e en xeral a executar canta acción fortaleza a loita do pobo hondureño e a súa clase obreira para sacudirnos este réxime opresor e alcanzar unha nova sociedade.

SÓ A UNIDADE MUNDIAL DA CLASE OBREIRA DERROTASE O EXPERIMENTO FASCISTA EN HONDURAS

Frente Nacional contra el Golpe de Estado en Honduras

Tegucigalpa M.D.C. 31 de xullo de 2009

_______

Enlace de interese relacionado:

Frente Nacional Contra el Golpe de Estado
____________________

Morre mestre ferido por represión policial en Honduras

Roger Abraham Vallejo, un cidadán hondureño que saíu a manifestar polo respecto á Constitución do seu país, pasou a ser outra das vítimas mortais do réxime de facto de Roberto Micheletti, mentres continúa a resistencia do pobo que esixe o retorno do presidente lexítimo Manuel Zelaya, derrocado o pasado 28 de xuño por forzas militares golpistas.

O mestre hondureño que foi ferido de bala na cabeza o pasado xoves, cando funcionarios militares e policiais, baixo as ordes das autoridades de facto, arremeteron contra unha protesta en favor do lexítimo presidente, Manuel Zelaya, morreu este sábado tras permanecer en coma durante tres días, segundo informou a familia e o sindicato de docentes. Esta é a cuarta vítima desde o golpe de estado do pasado 28 de xuño.

Ás 00H30 hora local (06H30 GMT) do sábado, Roger Abraham Vallejo "deixou de respirar", segundo confirmou o dirixente do sindicato magisterial, Sergio Rivera.

A enviada especial de teleSUR a Tegucigalpa Madeline García detallou vía telefónica que os preparativos para o funeral e enterro do mestre xa se están adiantando, e que se prevé sepultalo este mesmo sábado.

A reporteira explicou ademais, que o proxectil que feriu a Vallejo, quen se dedicaba a impartir clases de inglés, era "de alta potencia", información que obtivo da irmá do agora occiso, a enfermeira Leonor Vallejo, quen foi parte do equipo de urxencia que o atendeu.

O ciudado hondureño, vítima da represión militar que impera na nación, entrou en coma o pasado xoves tras ser operado logo dos incidentes nunha estrada de acceso á capital hondureña desde o norte.

A morte de Vallejo representa a cuarta desde o golpe de estado do pasado 28 de xuño, como consecuencia das persistentes agresións das forzas de seguridade contra o pobo.

O primeiro caído foi Isis Obed Murillo quen perdeu a vida o 5 de xullo, logo de recibir un impacto de bala no craneo. O suceso rexistrouse no aeroporto de Tegucigalpa despois que as forzas militares abriron fogo contra un grupo de civís que esperaba o regreso do presidente Manuel Zelaya.

A segunda vítima foi o dirixente social e militante de esquerda Roger Bados, de 54 anos, asasinado o 11 de xullo por descoñecidos á saída da súa casa na norteña cidade de San Pedro Sula. Bados participaba activamente nas manifestacións contra o goberno de facto de micheletti.

Á lista fatal uniuse o 25 de xullo Pedro Magdiel Muñoz un mozo simpatizante do presidente Manuel Zelaya cuxo corpo foi atopado sen vida na rexión fronteiriza entre Nicaragua e Honduras con aparentes signos de tortura. Os seus compañeiros aseguraron que o raparigo foi detido o día anterior polos grupos de seguridade versión que foi negada polas autoridades.
Vallejo, de 38 anos de idade, deixa unha esposa e un fillo de 10 meses, segundo Rivera, quen asegurou que o sentimento entre os seus compañeiros do sindicato de mestres é de "indignación, moita indignación".

O cidadán hondureño foi alcanzado por unha bala disparada pola Policía, cando, mediante o uso da forza, militares e axentes policiais desaloxaban un bloqueo carretero da saída norte da capital, que se mantiña en rexeitamento ao goberno de facto, presidido por Roberto Michelleti.

Neses feitos houbo seis feridos e 88 detidos, segundo a policía, mentres que a Fronte de Resistencia Contra o Golpe manexa a existencia de 72 lesionados e máis dun centenar de arrestados.

O sector de mestres hondureños, un dos gremios máis fortes do país, constitúe, xunto cos campesiños, un dos alicerces do movemento que reclaman o retorno da institucionalidad democrática no país centroamericano.

Este sábado, o pobo continuará na súa loita polo retorno de Zelaya. Para este día, artistas de Honduras unirán esforzos para acompañar á prolongada resistencia popular contra o golpe de estado, que cumpre a súa trixésima quinta xornada consecutiva.

O coordinador xeral da Fronte Nacional contra o golpe de estado, Juan Barahona, anunciou o venres un acto político-cultural como a actividade en defensa da restitución da orde constitucional este sábado.

No entanto, a correspondente de teleSUR, os actos que ten pautado para este sábado a fronte de resistencia en Parque Cerntral, próximo ao Congreso, no centro da capital Honduras, poden reestruturarse en función da morte do profesor.

Fonte: TeleSUR

__________________

Enlace de interese relacionado:

Frente Nacional Contra el Golpe de Estado
_____________

Feira Mediaval en Ferrol Vello, os días 7, 8 e 9 de Agosto

TRAXES FEIRA MEDIEVAL

Como saberedes, os próximos días 7, 8 e 9 de agosto de 2009, vaise celebrar no noso barrio a feira medieval da cidade.

Nela trátase de recrear, dentro do posible, o ambiente da idade media. e para iso, intentaremos que os veciños, comerciantes e hosteleiros do Barrio colaboren vestíndose durante esos dias con traxes de época.

Con esa intención, o concello vai alugar traxes axeitados para prestalos gratuitamente a todos os que os soliciten.

Por ese motivo facemos público un chamamento a todos os veciños, comerciantes e hosteleiros que estean dispostos a colaborar, vestíndose de medievais mentres dure a feira, que poderán facelo poñendose en contacto con calquera vogal da asociación de veciños ou chamando ao número 638176108 (MÓVIL DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS). De 7:30 a 11:00 da mañá, e de 17:00 a 20:00 en horario de tarde. Haberá que saber se son homes, mulleres ou nenos (que tamén poden participar).

Un saúdo desde o "CONXUNTO HISTÓRICO DE FERROL VELLO"

A. VV. FERROL VELLO
Xunta Directiva

Calexón do Curro, 1. 15401 - FERROL
Tlf./fax: 981.356842
Móvil: 638176108
avvferrolvello@yahoo.es


Enviada por:
AVV FERROL VELLO
-avvferrolvello@yahoo.es-
1 de agosto de 2009 19:48

_________________