martes, agosto 18, 2009

A necesidade da comunicación alternativa: Da reflexión á acción

Por Xosé Antón
17.08.2009


Podía poñer como exemplo para este artigo unhas imaxes dun dos artigos anteriores, mais escollo o vídeo de Cubatelevisión ( 3 partes) por ser moi gráfico sobre a terxiversación que os grandes medios fan da realidade. Poder aplicarse na Galiza e noutros países con outros actores, donos de medios de (in)comunicación
.
  • Zoé Valdés: el negocio del fascismo. Parte 1. Apoloxía do dictador Batista.

cubainformacion.tv


A necesidade da comunicación alternativa.
Da reflexión á acción.

Na Galiza e no resto do mundo necesitamos medios de comunicación alternativos eficaces. Estes medios non deben caer no “erro” que caeron os medios de comunicación tradicionais, e particularmente no xogo dos falsimedia da dereita e neoliberais imperialistas.

A ideoloxización de dereita nos medios de comunicación masiva chegou a niveis alarmantes nestes últimos anos. Esta circunstancia visualízase claramente nun dos medios de comunicación escrita máis vendidos do noso país, La Voz de Galicia. Están en mans de empresarios – editores que semellan afastados do interese xornalístico e máis comprometidos con intereses económicos de empresas foráneas, aspecto que tamén afecta o desenvolvemento profesional dos xornalistas deses medios.

Esta ideoloxización, verdadeiro veleno informativo con efectos devastadores para calquera país, permítelle, ás veces, á persoa (lectora, espectadora, oínte) saber a quen se vota, mais impídelle saber que se vota.

O caso das últimas eleccións ao Parlamento Galego foi considerado por moitas persoas un claro exemplo de golpismo mediático. Non só por ser considerada a campaña máis suxa da historia da democracia contra o nacionalismo, senón porque moi poucos supoñían que a dereita accionase inmediatamente o terrible programa de demolición de servizos públicos que está a aplicar agora o PP, a privatización dos Servizos Sociais, a marxinación da Cultura Galega, a aprobación dos ERE, derrogación do concurso eólico, a agresión contra o galego … É dicir, a xente sabía a quen votaba, mais non sabía que votaba!

Chegamos a unha nova e perigosa etapa histórica onde, como lembrou Suso Seixo na homenaxe a Moncho Reboiras, hai unha forte campaña de manipulación, ocultamento e desprestixio do nacionalismo, a través dos medios de comunicación do sistema, controlados polo españolismo, tanto de dereitas como de esquerdas, destacando especialmente nesta laboura La Voz de Galicia.

Iso lévanos comprender a necesidade da existencia e consolidación de medios independentes ou alternativos (algo que sempre se avaliou como necesario polo nacionalismo) como algúns que se publican na internet, que abran o abanico de oportunidades de acceder a información non manipulada, desde a diversidade e a pluralidade, garantindo o equilibrio informativo, a veracidade e a contextualización da información para permitir que o receptor descubra a realidade e non a garde temporalmente como unha simple recepción de noticias.

Non se trataría da imposición da súa verdade, alternativa aos falsimedia, pois chega con publicar unha información veraz que chegue sen distorsións ao receptor e que lle permita descubrir e comprendela criticamente a través da reflexión para crear un novo coñecemento.

O nacionalismo, igual que o movemento bolivariano en Suramérica ou as forzas políticas transformadoras en xeral, necesita de altofalantes en todos os seus ámbitos de actuación que difundan a súa laboura. Dese xeito a sociedade, concienciada, podería ter clarificado, entre as diferentes alternativas políticas existentes, cal é a que traballa en beneficio dos intereses das galegas e galegos, de Galiza.

Tamén é necesario que a militancia nacionalista, cunha boa orientación, traballe na eliminación da pasividade social que propicia a adaptación sumisa a unha situación de opresión social. Ben formada, debe profundar na orientación á acción e a reflexión, sendo impermeable á intensa chuvia ácida da campaña mediática de acoso e derrubo contra o nacionalismo.

Como dicía Paulo Freire, as mulleres e os homes non se fan no silencio, senón na palabra, no traballo, na acción, na reflexión. No noso caso, como dixo Suso Seixo no seu discurso en Ferrol, para transformar a realidade social, económica e política, desta nosa nación que é Galiza.

Publicado o 17/08/2009 por Xosé Antón en subiela.org

Fonte: subiela.org
O Mundo que vexo: Un Blogue de Xosé Antón de la Fuente Subiela
_____________

Enlace de interese:
_________________

luns, agosto 17, 2009

Medio cento de gaseiros, e a voz dos veciños non desfalece na ría ferrolá

Mobilizacións pola planta de gas
O Comité Cidadán de Emerxencia mantén viva a protesta coincidindo coa chegada á ría do gaseiro número 50 con destino a Reganosa.
Vieiros - Redacción - 10:00 16/08/2009

Hai máis de dous anos botámonos á ría en compañía dos mariñeiros ferroláns nunha convocatoria promovida polo Comité Cidadán de Emerxencia. Unha acción cidadá que respondía ao intento de entrada na ría do gaseiro Galicia Spirit, con capacidade para 140.500 metros cúbicos de gas natural licuado. Unha entrada "ilegal", segundo denunciaba o Comité e cuxos problemas poñían ademais de manifesto as propias advertencias realizadas sobre a inaxeitada localización da planta de Reganosa no interior da ría no canto de no porto exterior tal e como esixe a plataforma cidadá.

Mariñeiros e mariscadores despregaban daquela durante varios días arriscadas accións coas súas pequenas embarcacións, bloqueando o acceso do xigante gaseiro. "En defensa das nosas vidas e a nosa ría", podía lerse en cartaces despregados a pé de peirao pola veciñanza mobilizada en protesta pola agresión. Desde aquela, non desfaleceron mariñeiros e veciños en continuar coas accións pacíficas en contra da planta de gas, incluído un longo peche veciñal na Casa do Concello en Mugardos. A concentración deste domingo 16 de agosto responde á protesta concreta pola entrada do gaseiro número 50 na ría ferrolá.

Na altura de 2007, e cando os mariñeiros se mobilizaban fronte ao Galicia Spirit, o agora presidente da Xunta, daquela líder da oposición, insistíalle á Xunta na necesidade de garantir "de forma inmediata" o acceso do buque. Feijoo cualificara de "conflito gravísimo e sen precedentes" a acción dos mariscadores da ría en bloqueo do barco gaseiro. En resposta, desde o Comité acusaban a Feijoo de "pertinaz defensor da trama de intereses e irregularidades" creada durante o goberno de Manuel Fraga. "Núñez Feijoo é un voceiro desta trama", subliñaba o finado Carmelo Teixeiro, naquel momento voceiro do colectivo veciñal.

Agora, coma hai dous anos, os berros e a reclamación da cidadanía seguen coincidindo nun desexo de futuro: Por un mar limpo, por unha ría con futuro!

Fonte: vieiros.com

Enviada por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
17 de agosto de 2009 13:00

________________

Xa son 50 os buques cargados con GNL que entraron na Ría de Ferrol para a perigosa e ilegal Reganosa


O gaseiro "Sestao Knutsen" fixo o buque número 50, cargado con GNL-LNG para a planta regasificadora de Reganosa, que entrou na Ría de Ferrol, este Domingo 16 de Agosto.

Como sucede sempre que un buque entra na Ría, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convocou unha nova acción de protesta e denuncia, consistente nunha CONCENTRACIÓN en Ferrol, o mesmo día, ás 8 da Tarde, na Praza Amada García, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.

Unha vez máis a entrada dun grande buque cargado con gas natural licuadao [GNL-LNG], puxo en perigo a miles de persoas que moramos na contorna da nosa Ría.

Video do Acto deste Domingo 16 de Agosto de 2009 en Ferrol



PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !
A RÍA É NOSA E NON DE REGANOSA !
DESMANTELAMENTO DE REGANOSA XA !


Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán
:

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org

__________________________________

Alegación aparcadoiro Praza de Armas Ferrol

Verdegaia presentou, a través do Rexistro Xeral do Concello de Ferrol o día 14 de agosto de 2009, alegación ao Estudo de Viabildade do aparcadoiro soterrado na Praza de Armas. Pídese a paralización e anulación deste proceso de contrución dun aparcadoiro xa que contradí as iniciativas existosas doutras cidades ao desviar o tráfico hacia aparcadoiros fóra dos cascos históricos; tamén contradí as liñas mestras do propio Plan Especial do Concello de Ferrol e desoe o Plan de Mobilidade. Ínstase ao goberno municipal a abandoar o proxecto e contruir unha verdadeira praza pública para o gozo e desfrute da cidadanía.

O Concello de Ferrol está a elaborar un Plan de Mobilidade para o conxunto do Termo Municipal, que inclúe reflexións sobre a ordenación do tráfico e o aparcadoiro de vehículos; sen agardar as conclusións baseadas nunha visión de meirande perspectiva, tomou precipitadamente a decisión de rescatar a concesión sobre o aparcadoiro da Praza de Armas e iniciar o procedimiento para a construción dun aparcadoiro soterrado de maior capacidade.

Supónse na redacción do Plan de Viabilidade que o aparcadoiro da Praza de Armas vai competir con ventaxa con outros parkings en funcionamento, cando vai ser o de máis difícil accesibilidade para os clientes por atoparse no centro do casco histórico, fronte a excelente accesibilidade da Praza de España (aparcadoiro de acollida do barrio da Madalena, como suxire o propio Plan Especial). Este optimismo na estimación de demanda de aparcadoiro confírmase á hora de pedir opinión aos operadores privados. Case todos os que responden á consulta do Concello sobre o interese en facerse cargo deste tipo de infraestructura estiman que a capacidade está sobre-dimensionada.

Estes aspectos contradictorios do Plan de Viabilidade poñen en dúbida mesmo da necesidade do propio aparcadoiro, tendo en conta a escasa utilización dos aparcadoiros existentes, o optimismo da estimación da demanda e a peor accesibilidade rodada da localización proposta. As dúbidas fundadas sobre a viabilidade de ampliar o aparcadoiro da Praza de Armas e, sobre todo, a afección tan negativa que vai ter sobre a peonalización do barrio, fan que a decisión máis acorde coa peonalización do Casco Histórico pase necesariamente por:
  • Pechar o aparcadoiro da Praza de Armas (que non cumprimenta ningunha medida mínima de accesibilidade e que si terían outros aparcadoiros en funcionamento e cun baixo nivel de ocupación situados na Praza de España, Cantón, Mercado Central e Pescadería).
  • Reurbanizar a Praza de Armas.
  • Implementar medidas de ordenación de aparcamento en superficie.
  • Implementar medidas de mellora no control e policía de tráfico que, ao tempo que melloran a accesibilidade peonil, redunden nun meirande grado de ocupación dos aparcadoiros xa en funcionamento que, por situarse no contorno inmediato do barrio da Madalena, prestan o mesmo servicio aos cidadáns ao tempo que non comprometen a peonalización, como sí a compromete o aparcadoiro da Praza de Armas.
  • Apostar polo transporte público e os modos peonís e bicicleta no conxunto da cidade, co fin de reducir a mobilidade no vehículo privado.
Verdegaia
NC de Ferrol, Eume e Ortegal

Enviado por:
ferrol@verdegaia.org 15 de agosto de 2009 12:33
_______

Documento de interese:

________________

Enlaces relacionados:
________________

O pleno aproba o rescate da concesión do párking do mercado por incumprir o contrato

O concelleiro Ramón Veloso destaca a unión política en torno á medida, que non recibiu ningún voto contrario

O pleno de Ferrol aprobou o pasado venres 7 de agosto o rescate da concesión do párking emprazado no mercado da Magdalena. Unha votación sen ningún voto negativo. Na práctica, segundo explicaba o concelleiro de Facenda e portavoz do goberno municipal, Ramón Veloso, a decisión adoptada en sesión plenaria permitirá poñer fin aos reiterados incumplimentos por parte da concesionaria. De feito, o actual goberno local iniciaba hai un ano o expediente para o rescate da concesión tras constatar a grave situación que atravesaba o servizo e a merma que estaba a supor para os placeiros do mercado municipal.

Máis polo miúdo, Ramón Veloso lembraba que o 15 de maio de 2008 se iniciaba o procedemento administrativo para recuperar a xestión das instalacións logo de constatar por un lado a cesión encuberta do contrato á empresa Esppor Ogic S.L. sen autorización do Concello de Ferrol, e pola outra, os incumprimentos respeto dunha serie de melloras recollidas no contrato de concesión. A Administración local solicitaba entón un informe ao Consello Consultivo de Galicia, un documento en todo caso preceptivo e non vinculante, cuxa resolución, emitida o pasado 3 de xullo, determinaba por unanimidade que procedía a resolución. Neste tempo, o Concello tamén encargaba unha auditoria á que a empresa concesionaria, a firma Sofranda, se negaba. Deste xeito e á vista dos informes favorables tanto do secretario como do interventor municipais e finalmente do Consello Consultivo, se aprobaba por unanimidade o rescate da concesión. Primeiro no transcurso dunha Comisión Extraordinaria e Urxente de Facenda e posteriormente na sesión plenaria extraordinaria, ambas celebradas o pasado día 7 pola mañá.

Agora, segundo explicaba Ramón Veloso e logo de notificarlle a decisión á firma, a Administración local ten previsto executar a garantía definitiva depositada pola entidade por importe de 10.000 euros ao tempo que iniciará o proceso de liquidación do contrato resolto. E, ao fío, Ramón Veloso confirmou que o aparcadoiro do mercado da Magdalena continuará aberto mediante a xestión do propio Concello de maneira que praceiros e cidadáns poidan disfrutar deste servizo fundamental para a dinamización destas instalacións municipais.

Fonte: Concello de Ferrol
_____________

Firmas pola restitución democrática en Honduras

Remitido pola nosa compañeira M.C. desde Honduras
15.08.09

Solicitamos o seu apoio e solidariedade co pobo Hondureño, subscribindo coa súa firma á carta que achegamos no enlace, estará esixindo o restablecemento da orde constitucional en Honduras. Esta carta será remitida ao Presidente do Congreso Nacional, á Secretaria de Estado de Seguridade Pública, á Fiscalía dos Dereitos Humanos de Honduras e ao Ministerio de Asuntos Exteriores do Estado Español.

O pasado 28 de xuño produciuse un golpe de estado contra o pobo de Honduras e as súas institucións democráticas. A destitución mediante o uso da forza do presidente elixido democraticamente no 2005, Manuel Zelaya, así como a militarización á que está sometida desde ese día a sociedade civil hondureña, son feitos inaceptables.

Durante estes 45 días de golpe de estado, o goberno de facto alterou drasticamente a orde constitucional do país, estase dando en Honduras unha grave situación de violación sistemática de dereitos humanos e de restricións ás liberdades democráticas. Son evidentes as dificultades e obstáculos para o acceso á xustiza, limítase drasticamente a liberdade de prensa e hase recrudecido o uso da violencia contra as persoas que se manifestan diariamente en contra do golpe de estado.

Firmar petición:
http://www.petitiononline.com/vsfvsf/petition.html

Moitas grazas pola súa solidariedade co pobo hondureño.
Plataforma Rural
--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es


Enviado por:
Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
16 de agosto de 2009 11:27

__________________________________

O governo municipal presidido por Vicente Irisarri nom quer ferrolanear em galego

Testemunhos críticos de diferentes vizinhos e vizinhas que já participárom no passeio de barco pola ria, que inclui ceia, música e a informaçom fornecida por umha guia turística, confirmam umha nova medida espanholizadora da área municipal de Promoçom Turística, que dirige Ramón Veloso.

A Fundaçom Artábria, que conta com um representante no Conselho Municipal de Língua, organismo presidido polo também integrante do Governo municipal Manuel Santiago, tem que fazer pública, mais umha vez, a queixa pola exclusom do galego da exposiçom da pessoa encarregada de dar informaçons culturais e sobre o meio natural da comarca às pessoas que participam na viagem marítima incluída no programa de actividades 'Ferrolaneando'.

O uso exclusivo do espanhol, mais umha vez, deixa em evidência a falta de vontade do actual governo na hora de recuperar um dos principais sinais de identidade do povo de Ferrol: o idioma galego. O facto é mais grave se tivermos em conta que existe umha Ordenança Municipal de Normalizaçom Língüística aprovada unanimemente há mais de umha década, um Plano de Normalizaçom Lingüística municipal aprovado da mesma maneira, e um organismo de participaçom como é o Conselho Municipal de Língua onde o representante da Fundaçom Artábria está a denunciar, em cada reuniom, os contínuos incumprimentos dos compromissos referentes à extensom dos usos sociais do galego.

A Fundaçom Artábria, como outras entidades e muitas pessoas a nível individual, considera imprescindível umha mudança na política lingüística do actual governo municipal de Ferrol, em maos do PSOE. Caso essa rectificaçom nom se produza, a nossa entidade estudará a pertinência da continuidade do seu representante no Conselho Municipal de Língua, dada a manifesta inoperatividade desse organismo.

Fundaçom Artábria
Ferrol, 15 de Agosto de 2009

Sítio webda Fundaçom Artábria
http://www.artabria.net

Sítio web do festival da Terra e da Língua
http://www.artabria.net/festival


Enviado por:
Fundaçom Artábria -rtabria@artabria.net- 16 de agosto de 2009 18:34

__________________________________

Festas de Ferrol: mediocridade, alienaçom e esbanjamento

O programa de festas de Ferrol volta a ser decepcionante. Parece que todas as forças políticas com representaçom na corporaçom municipal concordam no tipo de festas que há que organizar, e nom existem grandes diferenças de critério nem sequer na hora de contratar actuaçons. O populismo trapalheiro substitui qualquer critério de equanimidade, de tratar de contentar também sectores cujos gostos nom estám representados nos media.

É claro que se o método para confeccionar um programa de festas que sintonize com aquilo que o povo quer é umha consulta na Internet, vai haver amplos sectores que nom vam participar, porque nom sabem utilizar a Internet ou porque nom tenhem acesso, ou porque simplesmente nom conhecem a iniciativa. O programa responde a umha concepçom segundo a qual nom cabem mais gostos do que aqueles que vam associados à cultura do consumo e da trivialidade.

É um verdadeiro desfile de horrores da rádio-fórmula. Como aspectos positivos, poderíamos ressaltar que há duas actuaçons de músicos galegos de certa qualidade (Som do Galpom e Fuxan os Ventos) e que o programa está editado integralmente em galego, o que nom é pouco num concelho onde o seu máximo representante despreza o nosso idioma de maneira permanente na sua actividade institucional. De resto, a incorrência no de sempre deixa quem esperaria algo mais de imaginaçom e diversidade na concepçom de um programa de actos festivos umha sensaçom de aridez e de tédio absolutos.

O pessoal que escuita rock nas suas diferentes variantes, folc, música tradicional, jazz, blues... também tem direito a sentir as festas como suas. Por outra parte, que a Galiza e os artistas galegos, com preferência para quem trabalhar em galego nom sejam o referente central, relega esses artistas e o tecido industrial que os move a um carácter marginal que nom merecem. Som do Galpom ou Fuxan os Ventos nom deveriam ser apenas umha nota exótica no programa. As festas de Ferrol devem ser festas de Ferrol, nom festas de umha cidade madrilena ou manchega.

Para finalizar, voltamos a reclamar umha maior abertura para a verdadeira participaçom popular na elaboraçom dos programas de festas, e umha abertura para o mundo cultural que no mundo se expressa na nossa língua, o ámbito conhecido polo nome de lusófono.

Assembleia Comarcal de Trasancos de NÓS-Unidade Popular

Ferrol, 15 de Agosto de 2009

Enviado por:
nosup-trasancos@nosgaliza.org
16 de agosto de 2009 16:12

__________________________________

sábado, agosto 15, 2009

Ante o anuncio de entrada dun novo gaseiro para Reganosa, o Comité Cidadán convoca unha acción de protesta este Domingo 16 de Agosto

O gaseiro "Sestao Knutsen" que faría o número 50, cargado con GNL-LNG para a planta regasificadora de Reganosa, ten prevista a súa entrada na Ría de Ferrol, este Domingo 16 de Agosto. É por iso polo que o Comité Cidadán de Emerxencia ten convocada unha nova CONCENTRACIÓN en Ferrol, o mesmo día ás 8 da Tarde, na Praza Amada García, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.

Unha vez máis a entrada dun grande buque cargado con gas natural licuadao, poñerá en perigo a miles de persoas que moramos na contorna da nosa Ría.

Se a Planta de Gas que Reganosa instalou en Mugardos, de por si, representa un grande perigo e unha ameaza permanente á nosa seguridade e vida - e os seus verquidos un contributo máis á morte lenta da Ría -, cada vez que un buque gaseiro destas características e cargado com miles de toneladas de gas, entra na Ría, este perigo aumenta o seu potencial e as probabilidades de accidente moi grave.

Sabiades que na Galiza hai 10 empresas consideradas potencialmente moi perigosas e que están obrigadas a ter un Plan de Emerxencia Exterior, "das cales 3 están en Punta Promontorio e ademais, neste caso o risco incrementa-se por un posíbel efecto dominó [Artigo 8 da Directiva Seveso II] xa que as tres empresas son colindantes e están concentradas dentro dun círculo de escasos 500 m de diámetro". O feito da chegada deste buque gaseiro cargado con GNL-LNG, supon unha perigosidade ainda moito maior. E as autoridades das diferentes administracións, non só non cumpren coa súa obriga de impedir este perigo, senon que foron cúmplices de que se instalara dentro da Ría, non só a Planta de Gas, senon que todo o complexo petroquímico. É máis, nen sequera cumpren coa súa obriga de informar a poboación dos plans de emerxencia exterior, como así teñen demandado varias entetidades veciñais da Comarca, o pasado 27 de Febreiro.

A directiva europea "Seveso" coas súa diferentes modificacións e ampliacións, os seus documentos e normas derivadas, ven sendo transgredida unha e outra vez, desde que se decideu construir a planta até hoxe que pretenden a súa ampliación.

Enlace de interese:
Características do buque:
  • Nome.- Sestao Knutsen - Bandeira .- España - Eslora.-284.4 m - Manga.- 42.5 m - Calado Max..- 12.3 m - Capacidade.- 138.000m3
PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡
A RÍA É NOSA E NON DE REGANOSA ¡
DESMANTELAMENTO DE REGANOSA XA ¡

--

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org


...........
Nova conta do Comité Cidadadán:
Para axudas económicas pode-se ingrear na seguinte conta corrente do Banco Santander. Titular: Luz Marina Torrente e outros
00493315772894017995
Para ingresos realizados desde outros estados
ES 71 00493315772894017995

Baseado na información facilitada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
14 de agosto de 2009 22:01

________________________

venres, agosto 14, 2009

Ferrol aposta polo seu patrimonio cun servizo pioneiro de inspección técnica de edificios

O edil Angel Mato destaca o consenso dos grupos en torno ao proxecto que impulsa o goberno local que lidera Irisarri. Os inmobles de máis de 50 anos estarán obrigados a pasar por inspeccións periódicas e someterse ás obras necesarias

12/08/2009

O concelleiro de Planificación Urbanística, Angel Mato, asegurou que a conservación e posta en valor do extraordinario patrimonio histórico, cultural e arquitectónico de Ferrol constitúe unha prioridade irrenunciable para o goberno local que lidera Vicente Irisarri. Por isto, dende o inicio de mandato, a Concellería de Urbanismo traballa da man do Colexio Oficial de Arquitectos e, desa relación de colaboración, se iniciaban hai un ano as inspeccións a edificios deteriorados dos barrios históricos. Revisións gratuítas para os propietarios nas que se determinan as obras de execución urxente que son necesarias para garantir a súa seguridade. Agora o goberno municipal dá un paso adiante e presenta a ordenanza do Servizo de Inspección Técnica de Edificios (ITE). Unha norma que onte era dictaminada favorablemente, e por unanimidade, no pleno ordinario de fin de mes, e que agora pasará a exposición pública. Nesta liña, Angel Mato explicou que a ordenanza implicará a posta en marcha dun servizo que permitirá culminar ese proceso de recuperación dos cascos históricos de Ferrol e complementar as políticas rehabilitadoras, pero cunha diferencia. Ata o momento, a acción do Concello se centraba no plano da seguridade, namentras que co novo servizo se actuará dende o punto de vista da prevención.

Deste xeito e na práctica, o edil de Urbanismo sinalou que os edificios que superen os 50 anos de antigüidade deberán pasar inspeccións periódicas cada dez anos nas que se comprobará o seu estado. Así, as inspeccións permitirán coñecer se as edificacións están a ser conservadas correctamente e non presentan síntomas aparentes de deterioro, posibilitando unha mellora substancial dos niveis de conservación xeral e que se acometa a tempo a execución de medidas inmediatas que eviten tanto riscos para a seguridade das persoas como a necesidade de afrontar reparacións máis complexas e custosas.

Así mesmo, Mato indicou que, amáis de ofrecer un maior coñecemento e control do estado de conservación, obxectivo principal que se reflectirá na Base de Datos das ITE, o servizo contribuirá a dotar de maior seguridade xurídica e técnica aos usuarios do mercado inmobiliario de vivendas de certa antigüidade ou rehabilitadas.

Segundo o concelleiro, o proceso de revisión de inmobles -a chamada ITV dos edificios- avanzará de forma progresiva e á hora de seleccionar os primeiros inmobles se atenderán diferentes parámetros. Dende a súa catalogación ata o estado estrutural, ubicación en casco histórico e antigüidade do edificio. En todo caso, Angel Mato xa avanzou que calcula que pasarán uns nove anos ata que se completen as revisións do catálogo de vivendas susceptibles de revisión. Tras as inspeccións, os técnicos emitirán informes favorables ou negativos. Os primeiros, vixentes por espazo de dez anos. Os segundos darán paso a un periodo para subsanar deficiencias que, de non acatar, podería chegar en último caso e situación extrema á expropiación. Así mesmo, a ordenanza establece a posibilidade de fixar un réxime de axudas das que só se beneficiarían quenes acreditasen a carencia de medios económicos para afrontar as actuacións precisas.

Nesta liña, Angel Mato tamén indicou que o Concello xa está a traballar co Colexio de Arquitectos na programación dunha serie de cursos preparatorios para formar a profesionais neste tipo de inspeccións, de modo que se axilice, en moito, o proceso.

Por último, o concelleiro lembrou que a ordenanza tamén inclúe unha memoria de necesidades e un programa de implantación da mesma, onde se sinalan os recursos persoais e materiais necesarios para facer efectiva a normativa.

Fonte: Concello de Ferrol
________________

xoves, agosto 13, 2009

Acordo militar Colômbia - Estados Unidos cria tensão na cimeira sul-americana

Cimeira de presidentes da União de Nações Sul-americanas (Unasur) em Quito, no Equador
11-Ago-2009

A decisão da Colômbia de permitir o uso de sete das suas bases militares pelo exército dos Estados Unidos criou profundas tensões na cimeira de presidentes da União de Nações Sul-americanas (Unasur) em Quito, no Equador. Os presidentes do Equador, da Bolívia e da Venezuela fizeram as declarações mais duras contra o acordo entre a Colômbia e os EUA. Na cimeira houve ainda uma condenação unânime do golpe militar nas Honduras.

A polémica promete continuar, pois foi convocada uma nova cimeira a realizar em Buenos Aires, mas desta vez com a presença de Álvaro Uribe, o presidente colombiano que não se dirigiu à capital equatoriana devido às más relações actuais entre os dois países.

A Bolívia propôs uma resolução de repúdio ao acordo militar entre os Estados Unidos e a Colômbia, mas a iniciativa não conseguiu o apoio da maioria – decidiu-se convocar uma reunião de ministros da Defesa do grupo a 24 de Agosto em Quito para voltar a tratar do tema.

Evo Morales disse que os EUA querem usar as bases colombianas “contra os processos revolucionários que estão em gestação na América” e não para combater as FARC ou o narcotráfico.

Hugo Chávez disse por seu lado que o uso de bases colombianas por parte dos Estados Unidos “pode ser o começo de uma tragédia para a região”. O presidente venezuelano sente-se ameaçado pelo acordo e disse que a Venezuela não permitirá que as tropas colombianas entrem no seu território como se passou no Equador. “Ventos de guerra começam a soprar na América Latina. A Venezuela está a preparar-se, porque nos têm na mira. E a razão é só uma... o petróleo”, disse Chávez.

O presidente do Equador, Rafael Correa disse também que o uso pelos americanos de bases militares na Colômbia é “uma provocação para a região”.

Os presidentes do Brasil, da Argentina e do Paraguai tiveram reacções mais prudentes. Lula da Silva disse: “Não concebo a possibilidade de aumentar os conflitos na região num momento em que tudo leva a crer que quanto mais paz tenhamos, mais oportunidade teremos de recuperar o tempo perdido e dar aos nosso povos o que eles precisam”. Lula apelou a “uma relação amistosa” entre os membros da Unasur, para “não sermos um clube de amigos rodeados de inimigos”. O presidente brasileiro propôs uma reunião com Barack Obama para fazer um debate profundo sobre a relação dos EUA com a América do Sul.

A vice-ministra colombiana para os assuntos externos, Clemencia Forero afirmou que “não houve nem haverá bases estrangeiras na Colômbia” e assegurou que o acordo com os Estados Unidos prevê “um acesso limitado para realizar acções coordenadas contra o tráfico de droga e o terrorismo”.

O ministro da Defesa equatoriano contestou aquilo a que chamou a “intenção da Colômbia de aplicar a teoria da extraterritorialidade, isto é, o direito de atacar qualquer outro país sobreano em nome do combate ao terrorismo”.

Também foi abordada a questão do golpe militar nas Honduras. Aqui sim houve aparente consenso - na condenação do golpe de Estado e o não reconhecimento de quaisquer eleições convocadas pelo actual governo considerado ilegítimo.

Fonte: esquerda.net

Enviado por:
esquerda.net 13 de agosto de 2009 17:56

______________

O Bloque esixirá no Parlamento que se impida a construción do porto do Salgueirón

A proposición non de lei reclama a restitución do medio danado até o de agora e esixe indemnizacións polos danos causados.
Redacción - 17:30 13/08/2009

Os deputados nacionalistas Bieito Lobeira e Teresa Táboas asinan a proposición non de lei coa que o grupo parlamentario do BNG leva a debate do pleno a petición de freo á construción do porto náutico-deportivo do Salgueirón, en Cangas.

O texto da iniciativa solicita da Xunta adoptar todas as medidas precisas, "incluída a reivindicación perante a Autoridade Portuaria de Vigo e o Ministerio de Fomento, para a retirada da concesión á empresa Residencial Marina Atlántica, coa fin de impedir a realización das obras que se están a acometer na zona do Salgueirón". Reclaman ademais que se lle esixa ao goberno español "a restitución á súa situación orixinal" do medio danado polas obras xa iniciadas.

En terceiro lugar, destacan os deputados nacionalistas que é necesario avaliar o impacto económico que as obras realizadas até o de agora supuxeron para o medio mariño e a actividade produtiva da flota pesqueira de baixura e marisqueo. Así, e segundo os resultados dese informe, recordan que será necesario o outorgamento das correspondentes indemnizacións económicas para os afectados polos danos.

Un problema "creado polo PP"

"É un bo exemplo da pintoresca concepción que ten o PP do litoral galego e de cal será a súa aposta política ao respecto, primando a instalación de portos deportivos malia que colidan ou mesmo substitúan unha actividade produtiva que é motor da economía do país", expoñen desde o BNG.

Lembran ao fío que a primeira autorización para construír este peirao xurde do Concello de Cangas en 2004, cando o PP contaba con maioría absoluta no municipio, e conta agora co aval dos permisos da Autoridade Portuaria de Vigo, coa súa presidenta Corina Porro á fronte. "Contra todo criterio de racionalidade e facendo ouvidos xordos ás xustas reivindicacións do sector afectado", láianse.

Con este conxunto de iniciativas, o grupo parlamentario dos nacionalistas quere "evidenciar" a posición "totalmente contraria" a este proxecto. "A súa execución non só significará a perda definitiva para a actividade produtiva dunha extensa área marítima senón tamén unha forte afección derivada da diminución da calidade de auga (alteración de correntes, incremento da turbidez etc), co conseguinte impacto socieconómico nunha zona coas taxas máis altas de dependencia da actividade pesqueira de Galiza e da UE", advirten, ao tempo que subliñan as queixas da Confraría de Pescadores de Cangas ao respecto.

Publicado en Vieiros
[Con interesantes comentarios]
______________

Nom o verás nos meios, mas a esquerda independentista homenageou Moncho Reboiras em Ferrol

Quem limite as suas fontes de informaçom ao panorama mediático do regime, terá comprovado o quase absoluto silêncio que esses meios dedicárom à convocatória pública do tradicional acto independentista em lembrança de José Ramom Reboiras Noia, que NÓS-Unidade Popular vem realizando desde 2001 à porta do edifício ferrolano onde foi cobardemente assassinado pola polícia franquista. Porém, este ano nom foi umha excepçom, e a concentraçom convocada pola nosssa Assembleia Comarcal de Trasancos voltou a reivindicar o legado político e patriótico do jovem comunista e independentista galego.

Como já anunciamos em dias passados, o acto consistiu numha oferta floral na renovada placa comemorativa colocada já no ano passado. Os companheiros Maurício Castro, da Direcçom Nacional de NÓS-UP, e Carlos Garcia Seoane, da organizaçom juvenil independentista BRIGA, colocárom as flores comemorativas do XXIV aniversário da morte do militante da UPG, dirigindo também umhas palavras às pessoas concentradas.

Maurício Castro foi o primeiro a falar, sublinhando como o reconhecimento institucional espanhol à figura do patriota galego assassinado em 1975 converte um militante oficialmente considerado "terrorista" durante mais de três décadas, numha figura digna de um reconhecimento "moral e pessoal", segundo a Delegaçom do Governo de Espanha. Frente ao acto institucional protagonizado polo representante de Espanha na Galiza, Antom Louro, na manhá de ontem, o nosso companheiro lembrou que continua pendente o reconhecimento político de umha instituiçom soberana galega, do mesmo jeito que a Irlanda soberana reconheceu a figura do revolucionário independentista James Connolly, também considerado um "terrorista" polo imperialismo británico.

Sublinhou Castro a contradiçom de que o delegado do Governo espanhol esteja a reconhecer Reboiras em simultáneo com a imposiçom de multas a centenas de trabalhadores e trabalhadoras do metal do sul da Galiza, por participarem na recente greve metalúrgica, ou a repressom lançada contra a vizinhança de Cangas e contra quem defende a nosssa língua.

Carlos Garcia Seoane tomou a palavra para reivindicar o Reboiras jovem, comunista e independentista, espelho da militáncia actual da esquerda independentista. Como militante de BRIGA, negou qualquer identidade entre a luita do jovem combatente da UPG dos primeiros 70 e a actual dirigência do autonomismo, definitivamente integrada no mesmo sistema que Moncho Reboiras combateu até a morte.

O canto colectivo do Hino da Internacional e do Hino Nacional da Galiza, acompanhado dos sons da gaita, pugérom fim ao acto patriótico deste 12 de Agosto em Ferrol.

Enviado por:
nosup-trasancos@nosgaliza.org 13 de agosto de 2009 15:14
_______________

Enlace relacionado:
________

Mais umha vitória da esquerda independentista de Trasancos ante a perseguiçom da polícia espanhola

Como informavamos no nosso site nacional, o passado 1 de Julho celebrava-se no concelho de Narom mais um julgamento político contra três militantes da esquerda independentista da comarca de Trasancos.

Carlos Garcia Seoane, Ivám Durám e Xavier Casal eram julgados após serem denunciados pola polícia espanhola de um delito de “deslucimento de fachadas” por realizar um mural de grandes proporçons na rua Amália Fraguela solicitando o voto para NÓS-Unidade Popular nas passadas eleiçons autonómicas.

Os companheiros que reconhecérom ante o juíz a autoria do mural, argumentarom que se realizou em periodo eleitoral. A defesa dos militantes independentistas acreditou com provas gráficas que no tunel onde se realizou o mural já existiam pintadas polo que nom podia considerar-se um “deslucimento”.

Finalmente o juíz acordou proceder à livre absoluçom de Carlos, Xavier e Ivam.

Reiteramos a firme decissom da esquerda independentista de continuarmos estando presentes nas ruas da nossa comarca e do nosso país por muitas denúncias, acossas ou identificaçons que fagam as forças repressivas espanholas.

A luita é o único caminho!

Enviado por:
nosup-trasancos@nosgaliza.org 13 de agosto de 2009 15:12
________________

mércores, agosto 12, 2009

Así foi o Día de Acción Global por Honduras en Ferrol este Martes 11 de Agosto de 2009


Hoxe, en réxime de Autoconvocatoria, representantes de numerosas Entidades e Asociacións desta comarca de Ferrolterra, concentráronse na Praza Amada García de Ferrol, para amosar a súa solidaridade co pobo hondureño, cando levan 43 días de loita pacífica pola recuperación da Democracia.

Video do acto:


Actuando como portavoz Eliseo Zaera, Presidente do Ateneo Ferolán, deuse lectura o seguinte comunicado de apoio:

CONCENTRACION POLA DEMOCRACIA EN HONDURAS

1.- Esta concentración está promovida por un grupo de Asociacións, Entidades, Sindicatos e Partidos Políticos, con carácter de autoconvocatoria. É, por tanto, unha acción apartidaria, democrática e solidaria.

2.- O seu obxectivo é mostrar simbólicamente a solidariedade con cantos en Honduras se mobilizan hoxe nunha “Marcha pola Dignidade” que desde distintos puntos do país diríxense cara á capital, Tegucigalpa e a San Pedro Sula. Sumámonos asemade á “Acción Global por Honduras” que a nivel internacional celébrase hoxe mesmo.

3.- Unimos a nosa voz a todos os organismos internacionais, estados e movementos sociais que denuncian o golpe de estado e reclaman o retorno á institucionalidade democrática e a volta a Honduras do seu lexítimo Presidente, Manuel Zelaya.

4.-Denunciamos a represión desatada polos golpistas, a través da acción policial, das forzas armadas e ata de “escuadróns da morte”. Esiximos o respecto ás liberdades políticas e á propia vida.

5.-Rexeitamos a manobra de certos medios de comunicación que pretenden pór nun mesmo plano de igualdade aos golpistas e ao Goberno lexítimo da nación irmá, facendo un dubidoso servizo aos principios democráticos.

6.-Manifestamos a nosa determinación de proseguir esta solidariedade ata que Honduras retorne á Democracia.

Ferrol, 11 agosto 2009

Contra golpe militar, resistencia popular
Honduras no se rinde, o pobo no se cala
Adiante, adiante, que a luita é constante
¡ Viva Honduras libre e democrática ¡
___________________

Enlaces relacionados:
Para amosar apoios escribir a Vía Campesina Honduras:
Enlaces de interese:
_____________________

[Clicar acima da imaxe para entrar na Galería - Fotos de Fuco Buxán A.C.]
________________________

Denuncian o peche de servizos de atención ó cidadá no Edificio Administrativo da Xunta en Ferrol

Comunicado de denuncia ós medios
[Revisado coa nova redacción]

A Asociación Veciñal de Esteiro " Fontelonga", queremos denunciar o peche de servizos de atención ó cidadá no Edificio Administrativo da Xunta en Ferrol, o que reflicte unha falta de compromiso da Xunta de Galicia con Ferrolterra e coa cidadanía.

Cando se fala de facilitar os trámites burocráticos e de acercar á Administración Pública á cidadanía en Ferrol e no mes de agosto pechánse as oficinas de Vivenda e na de Pesca se reduce a atención unha hora diaria, obrigando a usuarios e usuarias, no caso de VIVENDA, a ter que desprazarse A Coruña para resolver temas que en materia de tramitación de axudas a vivenda e dado o amplo parque de vivendas públicas que existen en Ferrol, sobre todo en Esteiro e en Caranza, son moitos.

Se o que se pretende e reducir custos na Administración da Xunta de Galicia a conta de que os cidadáns e cidadás teñamos que pagar máis e perder máis horas de traballo, esa política supon unha moi mala xestión.

Nos próximos días , é posible, que tamén a oficina de Xuventude peche ás súas portas. En Dependencia a falla de persoal para facer os pagos motiva un retrasos no pagamento das axudas da Lei de Dependencia.

Hai que recordar que Ferrol é a única cidade de Galicia, segundo publica o DOG do 1 de Maio, que non conta con Delegado Territorial a pesar de ser a terceira comarca de Galicia en número de habitantes e priva de autonomía ó Edificio Administrativo de Ferrol que e un centro dependente da Coruña, a pesar de que máis de 1000 persoas acuden tódolos días a dito Edificio a realizar xestións administrativas

Demandamos que de xeito inmediato se contrate ó persoal necesario, para eso a Xunta de Galicia ten unhas bolsas de contratación, para abrir as oficinas de Vivenda e Pesca en horario completo e garantir que non se peche ningunha outra. A Administración da Xunta tamén ten que favorecer a creación de emprego.

Facemos un chamamento á cidadanía e a tódalas entidades veciñais, confrarías, etc a que presenten reclamacións por rexistro, por este feito discriminatorio con Ferrolterra, e esta Asociación tamén imos formular a oportuna reclamación en defensa dos veciños e veciñas do Barrio de Esteiro.

Demandamos do Alcalde de Ferrol e de tódolos grupos municipais que reclamen da Xunta un trato igualitario e non discriminatorio como o que se está a producir con toda a cidadanía de Ferrolterra a quen a Xunta de Galicia está tratando como cidadáns de segunda clase.

Tamén queremos recordar que temos solicitada, en tempo e forma, no mes de maio unha entrevista do Delegado da Xunta na Provincia da Coruña, D. Diego Calvo, para falar da Escola Infantil Pública de Esteiro, sen ningún resultado polo momento, case catro meses despois.

Ferrol a 11 de agosto de 2009.

Xunta Directiva da Asociación Veciñal de Esteiro " Fontelonga"

Enviado por:
Asociacion Veciñal Fontelonga
-avvfontelonga@mundo-r.com-
11 de agosto de 2009 17:32

_________________

ESTEIRO-FERROL
ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-
Web veciñal
Blog veciñal

_____________________

martes, agosto 11, 2009

"Massó", os desalmados e a resistencia

Por Xosé Manuel Beiras 09.08.2009

Foi este primeiro sábado de agosto, á tardiña. Descéramos en auto polo mapa da Galiza abaixo, dende o Brión da Maía ao Cangas do Morrazo, o Cangas tamén da "María Soliña" que cantaran os mozos das "Voces Ceibes" hai ben anos xa, no tempo das loitas contra o fascismo opusdeísta español imperante no tardo-franquismo. Foramos agora convocados polos mariñeiros e aqueloutras xentes de ben do común que non aturan pasivamente falcatruadas do poder nen renuncian á resistencia. Sí, á resistencia cívica, ou sexa, a exerceren activamente como cidadáns a cotío e mobilizárense en defensa dos dereitos fronte ao poder cada vez que o poder esmaga os seus dereitos, en defensa da xustiza fronte á lei cada vez que a lei prostitue á xustiza. Porque nésas estamos, infelizmente. Un sistema depredador insaciábel que devora seres humáns e natureza para alimentarse, medrar e reproducirse a sí mesmo, como unha enorme planta carnívora que só ten vida vexetativa, mais nútrese de sustancia humán. Que cousifica tódolos valores enxendrados polas culturas dos povos para reducilos a un só, aquil que se cotiza nos desalmados mercados financeiros. Que instrumentaliza a lei e o dereito para pólos ao servizo da sua voracidade no canto de serviren para regular a vida social conforme a principios de xustiza e ben do común. Que, dende a sombra de despachos inaccesíbeis a ese común, dicta as suas ordes aos inquilinos das institucións dun irrisorio poder político, e os chantaxea e defenestra sen escrúpulo ningún no caso infrecuente de non obedecérenas. Que narcotiza todo canto pode as conciencias con toda caste de estupefacientes químicos e ideolóxicos para alienalas e escravizalas, para reducir aos seres humáns á condición de servos non-pensantes, de canciños-de-paulov movidos por instintos primarios e reflexos condicionados sempre ás ordes do seu amo, mesmo para que, chegado o caso -e adoita chegar a miudo- se devoren uns aos outros no canto de unírense para aniquilalo e liberárense desa tiranía. Mais, no entanto, hainos aínda que din non -"diguem no", cantaba o valencián Raimon ao unísono coas Voces Ceibes galegas- hainos aínda que se alistan na resistencia, hainos agora no Morrazo que aínda non esqueceron a María Soliña. Onda eses resistentes con memoria e dignidade fomos este primeiro sábado de agosto, na tardiña, pra defendermos o patrimonio natural fronte aos depredadores, os dereitos e a xustiza populares contra os ocultos xerarcas desalmados dun desalmado poder.

O caso é Massó. Si, desta vez, o caso chámase Massó. A factoría que fora buque insignia da industria conserveira galega, deserta agora, alí está aínda. Millor debera dicir que alí xacen os seus restos, no Salgueirón, pasado o porto de Cangas pola beiramar cara a fóra.. Alí xacen os despoxos, o esquelete da fábrica -inconfundíbel alzado de arquiteitura industrial modernista- os peiraos de atraque da frota que en tempos fora propria, os galpóns de reparación dos pesqueiros, o edificio da administración, as casas dos empregados principais, até unha colección de enormes e enferruxadas "portas" dos aparellos de arrastre arrimadas aos muros de contención como dislocadas instalacións de "arte póvera". E a natureza tamén, ao pé do malecón da fábrica, os rochedos e coídos que se prolongan alén dela deica a restinga da Punta Balea e son viveiro natural de marisco e peixes das pedras, e da banda de terra firme, a enorme e ramallosa finca do Salgueirón que debera xa ser parque público natural da vila de Cangas para disfroite dos seus cidadáns.

Esa fábrica de Massó en Cangas, o mesmo cá de Bueu, morreu vítima, conxunta e combinadamente, da incuria empresarial, a inepcia política e... o Mercado Común Europeo -"ruina do povo galego", lembrádesvos?. Ás dinastías das grandes familias conserveiras do XIX- XX galego pasoulles como á dos Austrias do XVI-XVII español: un proceso dexenerativo que rematou na sua extinción. Só que extinción biolóxica no segundo caso, e extinción só empresarial no primeiro. Massó, como Curbera, Alfageme e tantos outros, son apelidos en orixe cataláns afincados na Galiza dende hai ben tempo. Uns xa coa primeira fornada, a dos famosos "fomentadores" no salgado, no XVIII, os que chegaran cando a economía catalá estaba en crise e a galega frolecía, cando Galiza tiña unha densidade de poboación dobre que a de Catalunya. Viñeran e mudaran as técnicas do salgado. E as artes de pesca: o noso ilustrado Cornide pleiteara con iles en defensa dos mariñeiros indíxenas, por introduciren os cataláns a xábega, máis depredadora, en detrimento do xeito, máis ecolóxica -diríase hoxe. Mais non só polo "xeito" de pescar: tamén polo xeito en que os esplotaban. Outros, cando o salto do salgado á conserva, ben andado o XIX. En Vigo, instaláranse maiormente no Areal da Barxa, que por iso foi alcumado popularmente como Areal dos Cataláns. Industria tecnolóxicamente punteira no seu tempo, fosen cataláns ou galegos os empresarios, a conserva foi un dos tres pés da trepia do noso complexo mar-industrial. Mais, no período do franquismo, mudou a sua traxectoria, os máis clásicos adurmiñaronse, afixéronse ao gasto suntuario desmedido, deixaron de innovar, pasaron empresarialmente de conserveiros a conservadores, deviñeron obsoletos. As condicións da adesión española ao MCE deulles a puntilla: unha "reconversión" forzosa remudou o empresariado conserveiro. Nela sucumbíu Massó.

Entramentras, os homes e mulleres da Galiza mariñeira foran os protagonistas sufridores desa historia, dende a época do salgado á da conserva. En tódalas fases de proceso, tanto as de ascenso e apoxeo canto as de crise e depresión, foron iles e máis elas a quen lles tocou estar sempre ás duras e cáseque nunca ás maduras. Aos mariñeiros, como fornecedores da materia prima, estaren a expensas das condicións e prezos xeralmente controlados polas industrias transformadoras. A elas, como traballadoras en condicións sociais, laborais e salariais xeralmente precarias e a miudo infames, en ocasións con "dereito de pernada" incluído, e até tempos ben recentes: non esquezo, sendo eu xa deputado, aquil enxendro de figura laboral das chamadas "fixas discontínuas", nen tampouco o correlativo rexime de seguridade social -que até resulta escandaloso denominalo dese xeito. E logo, uns e outras, cando comeza a crise definitiva do sector, por riba simultáneamente coa crise e progresiva mutilación da pesca de altura, da de baixura e máis do marisqueo, foron as auténticas vítimas do desastre: os donos das empresas tiñan o patrimonio inmobiliario, que nunca, que eu saiba, lles foi expropriado; en troques, mariñeiros, traballadoras e mariscadoras non tiñan outro patrimonio que a sua forza de traballo, ésa sí "expropiada" por despidos, peches de factorías, perda de caladoiros e, para remate, invasión de franxas costeiras sucesivas con recheos, portos deportivos e misereredómines. Así ocurríu con Massó en Cangas -faltaba máis.

Nos últimos decenios, coa prolongada recesión e intermitente crise da economía produtiva, a resurreición do "rentista" ao que Keynes tentara facerlle a sua famosa "eutanasia", e o ascenso do capital financeiro á hexemonía sobre o capital industrial, as operacións especulativas desprazaron progresivamente aos investimentos produtivos, a economía das "burbullas" sustituíu á economía real: a "burbulla" da promoción e a construción, ou sexa, en prata, a especulación co solo, coa edificación e coa "urbanización" (?) convirtiuse no primordial e mesmo cáse único motor da irracional dinámica do "capitalismo do desastre" -así bautismado por Naomi Klein- nas nosas latitudes. Unha irracionalidade delirante que rebentou na actual crise. Nese contexto, a fábrica de Massó no centro de Bueu convirtiuse nun solar "produtor" de multimillonarias plusvalías especulativas, e a de Cangas, coa imensa finca do Salgueirón, encetou o mesmo roteiro. Só a activa determinación dos cidadáns exercentes como tais impedíu até agora o expólio dese ben común da cidadanía, a agresión aos ecosistemas do litoral que implica, e a desposesión de máis outro espazo natural de traballo e meios de vida de mariñeiros e mariscador@s que esa aduanada especulativa leva aparellada. Mais a cobiza depredadora e especuladora dun poder desalmado non atende a razóns nen respeita valores ningúns, nen naturais nen sociais, nen ambientais nen culturais. Pouco importa que fose precisamente esa pauta de conduta a que provocou a actual crise: a ese poder tanto lle ten, sabe que os governos que il controla ou chantaxea volverán botarlle a il o salvavidas mentras os cidadáns afogan no naufraxio. Un poder que anda a destruir os ecosistemas do planeta enteiro, e a diezmar con fame, guerra e pestes a humanidade, un poder que non quer saber de dereitos humáns nen da natureza, un poder que non vacila en praticar o xenocidio e o etnocidio cando lle compre, non vai reparar mentes nun minúsculo destrago nunha minúscula ría para un minúsculo ecosistema que, a maior abondamento, só vai padecelo un minúsculo fato de minúsculos cidadáns reducidos a inda máis minúsculos súbditos da liliputiense autonomía galega, hoxe racista, xenófoba e ecocida.

Só a rebelión dos cidadáns unidos pode impedilo, dos cidadáns exercentes que dicimos non a esa nova metamorfose da tiranía legalizada, que praticamos a resistencia a tódolos seus desmáns. Ou sexa, que exercemos a democracia: "en cada esquina un amigo, en cada rostro a igualdade" -que cantara o Zeca Afonso. Xa.

Publicado polo xornal Galicia Hoxe
_________________

Quedada na Praia de Esmelle este 12 de Agosto, para observar As Perseidas, a choiva de estrelas máis famosa do ano

Chuvia de Estrelas
PERSEIDAS 2009

A SGHN convoca a todos os interesados neste fenómeno, para o día 12 de agosto ás 22:00 na praia de Esmelle.

Para unha cómoda e boa observación é moi importante seguir estes consellos: non nos deixemos enganar porque sexa agosto, xa que durante a noite na praia de Esmelle pode facer bastante frío, polo que recomendamos levar unha chaqueta, chaquetón ou similar, así como un gorro, en espacial os nenos. Non levar lanternas, xa que cegan aos demais e non nos permiten gozar da beleza da noite. Non se recomenda levar telescópios, xa que as choivas de estrelas como mellor vense é a primeira ollada.

Para calquera información chamar a SGHN Ferrol 981352820 ou achegarse o Museo da Natureza en horario de 10 a 14 horas de luns a venres.

No entanto a SGHN achegará á praia algún telescópio, presmáticos, planisférios, etc., para poder facer algunha outra observación.

As Perseidas, coñecidas popularmente como “Bágoas de San Lourenzo”, son a choiva de estrelas máis famosa do ano, son visibles ante observadores de case todo o mundo, aínda que moito mellor no hemisferio norte. Desde o día 13 de xullo estan connosco ata o 26 de agosto.

A orixe das Perseidas é o cometa Swift-Tuttle. Aínda que o cometa atópase afastado da Terra, actualmente máis aló da órbita de Urano, os restos das colas do cometa, cruzanse no camiño de paso da Terra no seu movemento de translación, chocando coa atmosfera a 60 quilómetros por segundo, e a esa velocidade, ata o máis pequeno fragmento de po produce ao desintegrarse, unha estrela fugaz.

Debido a que os meteoros do cometa Swift-Tuttle aparentemente saen dun punto da constelación de Perseo (radiante), é polo que as chamamos Perseidas.

A primeira vez que se rexistraron as Perseidas, foi en China no ano 36 de nosa era; con posteriores rexistros ao longo dos séculos posteriores. Pero é no século XIX cando se realiza a primeira observación científica das Perseidas, en 1835 por parte de Quetelet, observador belga quen descobre que os meteoros das Perseidas xorden da constelación de Perseo.

En 1866, o astrónomo italiano Virgilio Schiapa realizou observacións das Perseidas que as relacionaba coa aparición do cometa Swift Tuttle, descubrindo a relación que existe entre outras choivas de estrelas cos cométas.

O cometa Swift-Tuttle ten un período orbital de entre 120 e 135 anos, o seu último paso tivo lugar en 1992. Así, en 1993, durante a choiva de agosto dese ano, observadores europeos reportaron ata 500 meteoros por hora.

Este ano o máximo terá lugar o día 12 de agosto ás 15:00 TU, é dicir ás 17:00 hora local. Como a esa hora estamos en pleno día, considérase boa hora de observación entre doce horas antes e doce despois do máximo. Espéranse ata unhas 100 estrelas fugaces por hora (ZHR).

A Lúa ocultaráse preto da media noite polo que non bloqueará o brillo dos meteoros máis débiles, o que incrementará a espectacularidade do fenómeno.

Para obter mellores resultados de observación, aléjarse das luces da cidade. As Perseidas máis brillantes pódense ver desde as cidades, pero as máis espectaculares, compostas por meteoros tenues e delicados, só se poderán observar nas zonas sen contaminación lumínica. Durante un intre, a Lúa en fase crecente interferirá coa Perseidas e o resplandor da a só permitirá ver os meteoros máis brillantes. Pero cando a Lúa ocúltese e deixe detrás un ceo escuro, as Perseidas salpicarán o ceo cos seus escintileos.

SGHN Astronomía

Enviado por:
SGHNFERROL
-sghnferrol@sghndeferrol.e.telefonica.net-
11 de agosto de 2009 09:46

__________________

Sociedade Galega de Historia Natural
Dende1973 estudiando, divulgando e defendendo o medio natural galego
Delegación de Ferrol
Apartado de Correos n1 356 ; 15480 FERROL (A Coruña)
Tfno. (24 horas) e fax 981 35 28 20
mobil 616 388 935
web: http://www.sghn.org
correo-e: sghnferrol@terra.es
Blog da Delegación de Ferrol:
http://sghnferrol.blogspot.com

________________________

Enlaces relacionados:
_________________

sábado, agosto 08, 2009

A violencia machista golpeou de novo e matou a Ubaldina Pazos: Este Luns 10 de Agosto, concentración en Ferrol

A Marcha Mundial das Mulleres convoca unha concentración ante o asesinato de Ubaldina Pazos López

Nin a idade, nin a confesión relixiosa, nin os condicionantes xeográficos, nin a estración económica ou social, son freos para que o machismo exprese o seu ódio e as súas ansias de dominación.

Ubaldina, despois de parir 11 fill@s e estar imigrada en Francia, aos seus 74 anos estava soa ante o inimigo, un inimigo ao que temían todos, mais ao que ela parecía encadeada sin escapatoria posíbel. E asi encontrou a morte, unha morte cargada de simbolismo, para que non esquecera nin no último momento, a quen se debía, de quen era a escrava. Unhas chaves da casa metidas na boca e a cabeza reventada. Porque os machistas non soportan que as mulleres opinen, decidan, critiquen, mesmo falen. Os machistas mandan calar, "e ti que vas saber!", "calada estas mais guapa". Porque os machistas non soportan que as mulleres teñan o control, teñan poder, teñan as chaves.

Para os machistas a palabra das mulleres non vale nada. Para os machistas, as mulleres somos impuras, por iso non podemos ser ministras de Deus. Para os machistas, se non hai máis mulleres nos gobernos ou nas institucións é porque non valemos. Para os machistas, as mulleres podemos ser nais aos 16 anos, mesmo aos 14 ou aos 15. Para os machistas as mulleres vimos ao mundo para parir con dolor. Para os machistas, hai que separar aos nenos das nenas nas escolas, porque as nenas son un obstáculo para o seu desenvolvemento. Para os machistas, as mulleres non dan espectáculo no deporte. Para os machistas, as lesbianas o son porque non probaron do seu. Para os machistas unha muller na fábrica, no asteleiro ou no taller é unha usurpadora. Para os machistas, as mulleres non somos iguais, somos superiores para o amor, o sacrificio, a tenrura, a comprensión e a abnegación. Para os machistas, un home sen machismo non é un home.

Combatamos o machismo, todas e todos! Fora os machistas da nosa sociedade, das nosas institucións, das nosas crencias, do noso deporte e da nosa cultura ... Fora o machismo das nosas vidas! Nin unha morta máis!

Concentración:

Luns 10 de agosto, ás 8 da Tarde, na Praza do Concello de Ferrol


Enviado por:
MMM Marcha galiza -marchagaliza@gmail.com- 8 de agosto de 2009 13:23


--
Coordenadora Nacional Galega
Marcha Mundial das Mulheres
Marcha Mundial das Mulleres
Rúa Romil, 20, baixo
36202 Vigo-Galiza
CIF G-15773013
Teléfonos de contacto:
Coord. Nacional: 671695968/637817745
Coord. Ferrol: 658432609/652201003
Coord. Pontevedra: 669794462
Coord. Vigo: 657825556/667531529
http://www.feminismo.info

_________________________