domingo, outubro 16, 2011

Así foi a mobilización "#15-O unido@s polo cambio global" en Ferrol, na Galiza e no resto do Planeta - Fotos, Vídeos e Enlaces


Ferrol.

Despois duns meses agardando este Día de Mobilización Internacional "Unid@s polo Cambio Global", o 15-O foi todo un suceso en todo o Mundo. Case 1000 cidades en máis de 80 países mobilizando-se e unid@s por un cambio global, democracia verdadeira, participación cidadán, xustiza, igualdade, fraternidade e solidariedade ... e para acabar coa Ditadura dos Mercados, por un outro modelo económico, político e social, onde as persoas e a a defensa da natureza, sexan o primeiro. En Ferrol, o Colectivo xurdido da #acampadaferrol, constituído en Asemblea Local do Movimento 15M, traballou intensamente para que esta xornada fose un éxito como así foi, sen apoio das cúpulas acomodadas das organizacións sindicais e dos partidos políticos que non acaban de entender a relevancia deste movimento global e o papel que vai desempeñar no futuro inmediato, salvo algunhas honrosas excepcións. O 15-O en Ferrol desenvolveu-se con gozo, mais con indignación e compromiso. Coas eivas que se lle queira pór máis o suceso foi. Doce horas de actividades e unha concentración ás 6 da Tarde onde participaron numerosas persoas, onde poideron intervir libremente para expresar o seu compromiso, a súa indignación, as súas ideas, as súas reflexións e mesmo o seu programa. Críticas e propostas, ... Podemos concluír que o contributo de Ferrol á Mobilización Internacional do 15-O foi, e con suceso.

Vídeo:15-O en Ferrol, algunhas intervencións por meigatola cun telefono móvil.


Resto da Galiza.


Perante todo o día sucederon-se mobilizacións por toda a xeografía galega, ademais de Ferrol, en Compostela, A Coruña, Ourense, Lugo, Pontevedra, Vigo, O Morrazo,...

A Coruña en Vídeos:
Compostela:


#O Morrazo indignad@s, comproetid@s e unid@s polo Cambio Global -15 de Outubro de 2011



#Ourense indignad@s, comproetid@s e unid@s polo Cambio Global -15 de Outubro de 2011



#ACoruña indignad@s, comproetid@s e unid@s polo Cambio Global -15 de Outubro de 2011, de Galiza-ContraInfo.



Revista de prensa sobre a mobilización na Galiza:

Galicia Hoxe
MOVEMENTO 15 M - Miles de indignados galegos bótanse ás rúas para esixir unha "auténtica democracia" - As manifestacións máis multitudinarias foron as de Vigo e Santiago, onde a pesar da autorización, uns valos impedían o acceso á metade do Obradoiro [Nova]

Diario de Ferrol
A mobilización mundial do 15-Ou foi secundada en Ferrol por máis de 500 persoas [Nova]

Faro de Vigo
Vigo súmase á protesta mundial dos indignados con 10.000 persoas na rúa - Cidadáns de todas as idades percorren o centro da cidade nunha marcha multitudinaria e pacífica para reclamar un "cambio global" [Nova]

Galiciae-El Progreso -de Lugo-
15-O - Galicia tamén se indigna [Nova]


Francfort, Nova York, Washington, Compostela, Barcelona, Madrid, Tokyo, Hong Kong, Londres, Dublín, Bruselas, Lisboa París, Saraievo, Sydney, Zagreb, Santiago, Los Ángeles, San Francisco, Montreal, ... .

Miles de persoas concéntraron-se na sede do Banco Central Europeo (BCE) en Francfort (Alemaña, capital financeira de Europa) para rexeitar o capitalismo, como parte da marcha mundial de indignados convocada para este sábado en diferentes países do planeta, denominada 15-Ou (15 de outubro). En Estados Unidos as manifestacións concentráronse en Nova York (nordés) e Wáshington (capital), mentres que no Estado Español, a capital (Madrid) está colmada de consignas que piden un "cambio global".

Millóns de persoas identificadas co movimento social Indignados protestaron en máis de 80 estados, apegadas á protesta mundial convocada para este 15 de Outubro (15-O) en esixencia dun cambio global e contra os poderes financeiros.

A xornada mundial sen precedentes realizou-se en máis de mil cidades de países de América Europa e Asia en rexeitamento á mala xestión de políticos e banqueiros que manteñen volátil a economía mundial, con consecuencias perversas para a vida das persoas, o 99%.

Baixo o lema "Unidos por un cambio global", @s indignad@s comezaron as súas manifestacións en países de Asia e Oceanía, con forte presenza nas cidades xaponesas de Hong Kong e Tokio. Seguiron en Europa e logo activáronse en Estados Unidos.

Nas rúas e avenidas de metrópolis do mundo como Atenas, Bruxelas, Madrid, Roma, Zúric, Estocolmo, Francfort, Londres, Dublín, París, Saraievo, Sydney, Zagreb, Santiago, Los Ángeles, San Francisco, Wáshington e Montreal, entre outras, os manifestantes gritaban consignas como ''Nós non somos mercancías en mans dos políticos e banqueiros'' e "É hora de que nos escoiten".

No continente europeo, foron escollidas as capitais de Bélxica e España como epicentro das protestas debido a que nestas cidades atópanse as sedes do Consello Europeo e da Comisión Europea.

En Francfort os Indignados reuníronse no Banco Central Europeo, que se encarga de monitorear as políticas fiscais que impuxo a Unión Europea (UE).

En Tokio centos de manifestantes marcharon cara ás oficinas do goberno nipón para pedir maior equidad.

Sumado a isto, en Seúl, os indignados anunciaron que se manterán mobilizados ata o domingo como mostra de rexeitamento ao sistema financeiro e ao Tratado de Libre Comercio con Estados Unidos.

A protesta global denominada 15-O (15 de Outubro), está inspirada no movemento precursor español 15-M (15 de Maio), data na que miles de persoas reuníron-se en varias ocasións na Porta do Sol, praza de Madrid, para pronunciarse en contra do desemprego e das medidas de austeridade tomadas polo Goberno.

Estas manifestacións estendéronse a outros países do mundo como Estados Unidos, onde as protestas desenvolvéron-se en máis de 90 cidades.

Para esta convocatoria, anunciada polo movimento estadounidense Ocupemos Wall Street, os indignados fixeron un chamado a todos os cidadáns co fin de que se unan ao movimento e poidan acabar coas prácticas desleais do un por cento da poboación.

O movimento está agrupado por desempregados, profesionais, mestres, empregados públicos, sindicalistas, entre outros.

Especial de TeleSur desde LatinoAmérica:


Africa.
Marrocos - En Rabat, a Policia agrede violentamente contra manifestantes

Manifestantes marroquinos, foron violentamente agredidos pola policía neste sábado, que tiñan respondido á chamada mundial de manifestacións, e tamén foron agredidos por grupos de xovens pro-monárquicos.

Os manifestantes marroquinos tentaran-se concentrar inicialmente na fronte de unha mesquita, mais a policía dispersou os participantes do protesto e xornalistas que cubrían o evento, xustificando que a concentración non era autorizada. No mesmo lugar, apareceu um grupo de xovens pro-monarquía, que comezou a agredir aos manifestantes ante a pasividade dos policiais. Estes xovens pro-monárquicos, acostumam interromper as manifestacións que reivindican máis democracia.

Pouco depois, os manifestantes se concentraram em frente do Parlamento, com cartazes contra o FMI (Fundo Monetário Internacional), o G8 (grupo dos países ricos) e o Banco Mundial ... A polcía reaxiu violentamente contra os manifestantes.

Dossier -esquerda.net - 15 de Outubro de 2011 - Protesto Global -
Neste dossier inclúen as novas, artigos e didtintas opinións que esquerda.net foi publicando ao longo dos días sobre o Protesto Global. Inclúen tamén o material variado que foron publicando sobre o movimento “Occupy Wall Street” e as súas accións en Nova York e noutros lugares de USAmérica - Dossier organizado por Carlos Santos.

http://www.esquerda.net/dossier/15-de-outubro-protesto-global



Por Rigor Histórico.

Desde diferentes sectores ligados ao Movimento 15-M, ven-se difundindo como titulares que esta é "A primeira manifestación global da historia", cousa que non é certa. O Movimento Obreiro, o Movimento Pacifista, o Movimento Feminista, e os movimentos de acción global xurdidos do Foro Social Mundial veñen, en moitos casos ao longo de máis dun século -sen internet nen móbil, mobilizando a nível global. A loita obreira pola xornada das oito horas; as xornadas do 1º de Maio, Día do Internacionalismo Proletario - Día Internacional da Clase Traballadora; o 8 de Marzo, Día internacional da Loita Feminista - Día Internacional da Muller na Loita pola Igualdade; as diferentes xornadas mundiais de loita contra a agresión imperialista a Viêtnam; as Accións Mundiais da Marcha Mundial das Mulleres, e todas a Accións Mundiais contra as Guerras, destacando polo suceso contra a guerra imperialista e de agresión a Irak, ... De aí a importancia do 15-O, pois até agora todos os movementos que conseguirom ter expresión mundial, levaron aparellados grandes cambios e avances para a Humanidade. Vai ser este o caso do 15-O?


Vídeos doutras Mobilizacións no resto do Mundo.


Este 15 de Outubro o Movemento 15M tomou as rúas de Barcelona para pedir un cambio económico, político e social.




Decenas de miles de persoas enchen a Porta do Sol de Madrid mentres soa o 'Himno da Alegría'. 15 de Outubro de 2011:

Co berro: "Estas son as nosas armas !!", "Estas son as nosas armas !!", "Estas son as nosas armas !!" ...




Este era o aspecto que presentaba a Porta do Sol de Madrid ás 20.30 da tarde deste 15 de Outubro. Miles de indignad@s accedían á emblemática praza desde a rúa Alcalá e outras rúas contiguas, cantando cánticos como "Chaman-na democracia e non o é" ou "Que non, que non, que non nos representan". (Miguel Angel Medina)




Manifestación de 15 de Outubro en Lisboa - Fotos de Paulete Matos.




Manifestación de indignad@s de Bilbo - Euskal Herria




Os sucesos de Roma no punto de mira dos medios hostís ao movimento d@s indignad@s polo cambio global.

En Roma todo un cúmulo de conxuncións, entre a  agresión policial, a violencia gratuíta, a provocación programada, detencións, persoas feridas e os medios que queren magnificar os sucesos. Italia xa está ocupando espazos televisivos de excepción en todos os telexornais e prensa escrita. O sucedido en Roma ten lecturas propias da situación que vive o propio Estado Italiano. O Movimento no debe de caer na provocación descualificadora, de quen busca meaculpas, pois non ten porque dar resposta diferente ao que o movimento italiano analiza, simplemente reafirmar-se no carácter pacifico -non violento- das mobilizacións que é o que o caracteriza.

Evento na capital italiana sobre a onda de protesta global.

De América a Asia, de África a Europa, a xente está levantando-se a reivindicar os seus dereitos e pedir unha verdadeira democracia.

Piazza San Giovanni - Roma, 15 ottobre 2011 - Scontri con le forze dell'ordine - Riots



Entrevista con Chiara Franceschini sobre o carácter d@s indignad@s roman@s  e testemuñar o evento en non-violencia.

@s indignad@s non buscan a confrontación coas fozas estatais de represión, senón a participación activa da xente para o cambio real -Roma 15-O.



***************

Para máis información e contactar.

Asemblea Local do 15M >>> #AcampadaFerrol

Toma a Rúa Ferrol:
http://tomaarua.blogspot.com/
http://www.facebook.com/groups/tomalacalleferrol/
https://n-1.cc/pg/profile/acampadaferrol

Directorio de páxinas do 15M:
http://movimientoindignadosspanishrevolution.wordpress.com/

Para contactar en Ferrol:
acampadaferrol@gmail.com

No Twiter con:
http://twitter.com/#!/acampadasol

Enlace moi interesante:
As Crónicas do 15-O - de Xornalismo Humano

Benvido á OCCUPY TOGETHER, un hub non oficial para todos os eventos que se van conformando en USAmérica [Neste momento -15.10.2011- son 1.347 cidades] en solidariedade coa Occupy Wall St. Como temos acompañado as novas sobre facebook, twitter, e as fontes de diversas accións e eventos en directo a través de internet, sentímo-nos na obriga de construír un sitio web que vai axudar a espallar a palabra como organizar máis protestas en todo o mundo. Esperamos ofrecer ás persoas información sobre os eventos que están organizando, ou en curso, e a constitución en toda USAmérica como nós, os 99%, para tomar medidas contra a avaricia e a corrupción do 1%.

http://www.occupytogether.org/

Fontes:
Galería Fotográfica de Sustete'70
Vídeos d'A Coruña de: Filipe Diez
Fotos d'A Coruña de Daniel Candal.
Outrs fontes: propia e TeleSur.
_________________

15 Octubre. Cambio Global. from Leandro Escudero on Vimeo.


______________________

venres, outubro 14, 2011

Ártabra 21 co Movimento 15M e a Mobilización Gobal "Unid@s polo Cambio" deste Sábado 15 de Outubro

O Colectivo Ártabra 21 quere manifestar publicamente o seu apoio á Mobilización Gobal "Unid@s polo Cambio".

En Ferrol, como en case 1000 cidades de máis de 80 países, a xente do común, traballadores, traballadoras, estudantes, xente do mar, xente do campo, pensionistas, profesionais, ... imos-nos mobilizar na Praza do Concello -Praza do 15M, Praza da Liberdade, de 12 do mediodía a 12 da noite, desenvolvendo diferentes actividades e unha concentración cidadán ás 6 da Tarde. Todo@s por outra democracia, unha democracia verdadeira, onde sexa a cidadanía a que poda decidir o seu presente e o seu futuro, onde goberne ese 99%, non que o outro 1% decida que é o que nos convén ou non, sempre en base aos seus intereses cobizosos e egoístas. Imos-nos mobilizar por outro modelo social, político e económico. Outro modelo onde o importante sexan as persoas e a defensa do medio natural. Na convicción de que non só outro mundo é posíbel, senón que tamén é necesario.

O 15 de Outubro persoas de todo o mundo tomarán as rúas e as prazas. Desde América a Asia, desde África a Europa, a xente estase levantando para reclamar os seus dereitos e pedir unha auténtica democracia. Agora chegou o momento de unirnos todos nunha protesta non violenta a escala global.

Os poderes establecidos actúan en beneficio duns poucos, desoíndo a vontade da gran maioría, sen importar-lles os custos humanos ou ecolóxicos que teñamos que pagar. Hai que pór fin a esta intolerable situación.

Unid@s nunha soa voz, faremos saber aos políticos, e ás elites financeiras ás que serven, que agora somos nós, a xente, quen decidiremos o noso futuro. Non somos mercancía en mans de políticos e banqueiros que non nos representan.

O 15 de Outubro atoparémo-nos nas rúas para pór en marcha o cambio global que queremos. Manifestarémo-nos pacificamente, debateremos e organizarémo-nos até logra-lo.

É hora de que nos unamos. É hora de que nos escoiten.
¡Tomemos as rúas do mundo o 15 de Outubro!


Asemblea Local do 15M >>> #AcampadaFerrol


Toma a Rúa Ferrol:
http://tomaarua.blogspot.com/
http://www.facebook.com/groups/tomalacalleferrol/
https://n-1.cc/pg/profile/acampadaferrol

Directorio de páxinas do 15M:
http://movimientoindignadosspanishrevolution.wordpress.com/

Para contactar en Ferrol:
acampadaferrol@gmail.com

Actos en Ferrol:
  • A partir das 12 do mediodía murais e xogos para nen@s e maiores.
  • Ás 12 do mediodía mural de Suso Basterrechea.
  • Ás 2 da tarde Xantar Popular.
  • Ás 5 da tarde charla de Francisco Xavier Galán Pérez sobre os "Orzamentos Participativos".
  • Ás 6 da tarde CONCENTRACIÓN CIDADÁN
  • Ás 8 da tarde Teatro Bucaneros
  • Ás 10 da noite poesía con Karloty e Guillermo
  • Ás 10 e 1/2 da Noite concertos: "La caverna mágica" e "Daniel Royo".
  • Ás 12 da Noite Queimada Popular.

15-O UNID@S POR UN CAMBIO GLOBAL !!

________________

Outra concentración en Ferrol contra a violencia machista, para repudiar o asasinato de Cristina González Sacau, veciña da parroquia viguesa de Coruxo - Fotos - Enlaces


Un importante grupo de persoas acudiron este Xoves, 13 de Outubro de 2011, á concentración convocada pola Marcha Mundial da Mulleres na Praza do Concello de Ferrol -Praza do 15M , Praza da Liberdade- para repudiar o asasinato de Cristina González Sacau, cuxo ex-compañeiro, de quen estaba en trámites de separación, atopa-se en prisión provisional, pois autoinculpouse da súa violenta morte.

Cando unha muller é asasinada todas somos víctimas
A violencia é un problema de todas

Era unha muller de 39 anos "chea de vitalidade e con dous fillos que agora deixa orfos", segundo afirmaron os organizadores no manifesto ao que deron lectura.

Nesta declaración, recordaron que o autor confeso da morte era "un carpinteiro" que levaba "unha vida normal" e que "non era percibido pola veciñanza, e poida que nin sequera por Cristina, como unha ameaza", xa que seguía pasando por casa e vendo aos dous fillos que tiñan en común.

Mentalidade machista

Tamén sinalaron que a muller "nunca denunciara malos tratos, aínda que el se erixiu como titular do dereito de propiedade" sobre ela e "como propietario decidiu arrebatarlle a vida". Ademais, o colectivo denunciou a existencia dunha "mentalidade machista" na realidade cotiá que chega a "inmunizar" ás persoas.

"Un día tras outro, o machismo mata e a sociedade ten que asumir a súa complicidade nestes crimes", salientou a Marcha Mundial das Mulleres, que advirte de que "non vale encollerse de ombreiros e pensar que non se puido facer nada porque a vítima non o denunciou, culpabilizándola en certa medida".

Por iso, reclamou á sociedade que teña "intolerancia total ante as desigualdades". "Debémosllo a Cristina e a todas as mulleres mortas por causa da violencia de xénero", proclamou o colectivo, que engadiu "hoxe só quedan queixumes, pero tamén é un día para a esperanza de que Cristina González sexa a última".

Nese sentido, sostivo que é "traballo de tod@s que así sexa", condenando as "condutas machistas e esixindo ás administracións a súa responsabilidade social e xurídica para garantir a cobertura necesaria das vítimas de malos tratos e, así, entre todos asegurar o fin dos asasinatos".

Fonte das Fotos: Susete'70
Fonte: propia e de 20minutos.es

Enlaces relacionados:

Diante do asasinato de Cristina González Sacau, a Marcha Mundial das Mulleres convoca actos en Galiza para repudiar a vilolencia machista - En Ferrol terá lugar ás 8 da tarde de hoxe Xoves, 13 de Outubro, na Praza do Concello


A hora de Cristina, ... Por Lupe Ces

Que é a Marcha ?

A Marcha Mundial das Mulleres é un movimento mundial de accións feministas que reúne grupos de mulleres e organizacións que actúan para eliminar as causas que orixinan a pobreza e a violencia contra as mulleres. Loitamos contra todas as formas de desigualdade e de discriminación sufridas polas mulleres. Os nosos valores e as nosas accións orientanse cara un cambio político, económico e social. Os mesmos que se articulan aoredor da mundialización das solidaridades, a igualdade entre mulleres, entre mulleres e homes, e entre os pobos, o respecto e a valoración do liderazgo das mulleres e o fortalecimento das alianzas entre mulleres e cos outros movimentos sociais progresistas.

Enlaces de interese:
___________________________

A Mobilización polo Cambio Global do 15 de Outubro, tamén en Ferrol

15-O UNID@S POR UN CAMBIO GLOBAL

Sábado 15 de Outubro de 2011, "15-O UNID@S POR UN CAMBIO GLOBAL", en Ferrol desde as 12 do mediodía até as 9 da noite, mobilización intensa con multitude de actividades e concentración popular ás 6 da Tarde. Todo na Praza do Concello, Praza do 15-M, Praza da Liberdade.

Protesta, debate, música, teatro, festa...ven, participa, difunde!!!

Iremos informando das actividades, TODO o mundo está convidado a participar, e a axudarnos na organización, TOMA A RÚA! TOMA A PALABRA!

Mesmo este Venres, 14 de Outubro, ás 11 da mañá, terá lugar unha rolda de prensa nas escaleiras principais do Pazo do Concello de Ferrol, onde as compañeiras Nuria Fernández Brage e Merce Indig Nada estarán a disposición dos medios, para informar das actividades do 15O en Ferrol.

CONVOCATORIA:

O 15 de outubro persoas de todo o mundo tomarán as rúas e as prazas. Dende América a Asia, dende África a Europa, a xente estase levantando para reclamar os seus dereitos e pedir unha auténtica democracia. Chegou o momento de ...unirnos tod@s nunha protesta non violenta a escala global.

Os poderes establecidos actúan en beneficio duns poucos, desoíndo a vontade da gran maioría, sen importarlles os custes humanos ou ecolóxicos que teñamos que pagar. Hai que poñer fin a esta intolerable situación.

Unid@s nunha soa voz, faremos saber aos políticos, e ás elites financeiras ás que serven, que agora somos NÓS, a xente, quen decidimos o noso futuro. Non somos mercadoría en mans de políticos e banqueiros que NON NOS REPRESENTAN.

O 15 de outubro atoparémonos nas rúas para poñer en marcha o cambio global que queremos. Manifestarémonos pacificamente, debateremos e nos organizaremos ata logralo.

É hora de que nos unamos. É hora de que nos escoiten.

¡Tomemos as rúas do mundo o 15 de Outubro!







Algunhas actividades extra
:

O Sábado 15 de Outubro dentro dos nosos actos de protesta contaremos de novo cunha actuación de bucaneiros non vola perdades pasade pola praza estaremos todo o día un saúdo a tod@s ACUDE E DIFUNDIDE

Bucaneros Konfungdidos



Fonte: Bucaneroteatro


Enlaces de Interese:

#AcampadaObradoiro:
http://www.acampadascq.info/

Rede de Asembleas de Barrios e Vilas da Coruña:
http://www.15m-acoruna.com/

#AcampadaSol:
http://madrid.tomalaplaza.net/

#AcampadaBarcelona:
http://acampadabcn.wordpress.com/

Toma a Rúa Ferrol:
http://tomaarua.blogspot.com/
http://www.facebook.com/groups/tomalacalleferrol/
https://n-1.cc/pg/profile/acampadaferrol

Directorio de páxinas do 15M:
http://movimientoindignadosspanishrevolution.wordpress.com/

Para contactar en Ferrol:
acampadaferrol@gmail.com
_____________________

xoves, outubro 13, 2011

Reflexións sobre a convocatoria polo cambio global do 15 de Outubro - Vídeos

A continuación publicamos dous vídeos que consideramos de interese. Un é "Palabras desde Atenas - Words from Athens", unha refelexión de Pedro Olalla desde Atenas sobre a situación que vive Grecia entendida nun contexto global, a do 15 de Outubro, onde unha parte moi importante e consciente da humanidade, indignada e comprometida, e que aínda temos un chisco desa liberdade que día a día nos están roubando para converternos en súbditos ou escravos dos chamados "Mercados", temos un compromiso coa liberdade e a democracia. Estamos chamados a mobilizarnos polos nosos dereitos, polo noso benestar, pola vida.

O outro vídeo, "#15O Indignad@s con causa - O 15 de Outubro sae á Rúa", é un proxecto audiovisual que mostra a evolución de movimento dos indignados iniciado no Estado Español e que foi multiplicándose en diferentes países do mundo até cristalizar nunha manifestación mundial o 15 de Outubro de 2011 cuxa particularidade é que acaba en Wall Street, o corazón do sistema financeiro e orixe da crise global.

Palabras desde Atenas - Words from Athens


Fonte: http://youtu.be/jX7Kqb21b44

#15O Indignad@s con causa - O 15 de Outubro sae á Rúa


Fonte: http://youtu.be/a_8FEwTNSgk

O Blogue de Pedro Olalla:
http://blogs.lne.es/pedro-olalla/
________________

Movimento mundial prodemocracia, ... Por Vicenç Navarro


Artigo publicado por Vicenç Navarro no diario Público, 13 de Outubro de 2011

Este artigo analiza as causas e as consecuencias do xurdimento dos movimentos prodemocracia en moitas partes do mundo. Estes movimentos iniciáronse nos países árabes pero se expandiron a outras partes do mundo incluíndo Europa e Estados Unidos. Tal movimento en Europa, que se iniciou co movimento 15-M no Estado, está forzando unha reflexión moi profunda sobre o significado de democracia. En Estados Unidos forzou unha reformulación das estratexias dos partidos políticos. Un elemento en común que todos eles teñen é unha demanda de que se elimine a influencia dos poderes financeiros e económicos no proceso político.

Por Vicenç Navarro [*]
13.10.2011

Estase establecendo un movemento a nivel mundial, que se manifestará este sábado 15 de Outubro en moitos países, que ameaza ás estruturas do poder financeiro, económico e político dos estados, non só árabes, senón tamén de Europa e agora de EEUU. A súa demanda é a democracia, é dicir, esixir que existan sociedades democráticas nas que sexa a cidadanía a que goberne o seu quefacer colectivo. Onde primeiro apareceron estes movementos foi en países árabes. Eran movementos antiditatoriais que apareceron como consecuencia da aplicación por parte dos seus gobernos de medidas neoliberais (promovidas polos gobernos estadounidenses e europeos) que determinaran unha enorme concentración de poder económico e financeiro que había coaptado ao poder político. Resultado diso era unha percepción xeneralizada entre as clases populares de que os seus estados eran insensibles ás súas necesidades, ata as máis básicas e elementais como a mera subsistencia.

En principio, tales movementos prodemocráticos contaron con notable simpatía nos centros mediáticos dos países autodefinidos como democráticos. Pronto se deron conta, con todo, de que non era unha demanda limitada ao mundo árabe. Era unha demanda que estaba tamén aparecendo no seu mundo, e que sinalaba a contradición clara entre a narrativa oficial, supostamente democrática, dos seus establishments políticos, por unha banda, e a experiencia real na que as maiores decisións que se estaban tomando por parte das súas institucións chamadas representativas (e que afectaban e continúan afectando negativamente o benestar da maioría das poboacións) facíanse sen a participación ou mandato da cidadanía. Tales movementos prodemocracia denunciaron a obvia falsidade do discurso oficial supostamente "democrático". O caso máis recente son as medidas de austeridade, altamente impopulares, que se están impondo á poboación destes países por parte de gobernos, sen que a cidadanía teña a oportunidade de decidir sobre tales medidas.

Non é casualidade que as primeiras mobilizacións prodemocracia nos países supostamente democráticos xurdisen en España, o país da UE-15 onde o sistema democrático é máis limitado (resultado dunha Transición dunha ditadura a unha democracia que, consecuencia do domino das forzas conservadoras no aparello do Estado en tal proceso, deu pé a unha democracia moi limitada e insuficiente) e onde as consecuencias das políticas de austeridade foron máis dramáticas. En España, o 42% da mocidade está sen traballo. Tal movemento, coñecido como o movemento dos indignados, ou 15-M, inspirou moitos outros. Todos eles teñen en común o obxectivo de eliminar a enorme influencia que o poder financeiro e económico ten nas súas sociedades, incluíndo as súas institucións representativas.

O último caso é o movemento "Nós somos o 99% da poboación" de EEUU, que denuncia que as institucións políticas estadounidenses, así como a vida financeira e económica do país, están controladas só por un 1% da poboación. Como sinalou recentemente Joseph Stiglitz, "o que vemos en EEUU é o goberno do 1% da poboación, para o 1% da poboación e polo 1% da poboación". O poder deste 1% (o poder financeiro, económico e político en EEUU) é enorme. Este 1% ten o 40% de toda a riqueza do país. Este 1% adquiriu un enorme poder político durante a época neoliberal. Amentas que nos anos sesenta pagaban o 51% das súas rendas en impostos, agora pagan só un 17%. Como consecuencia, tales ingresos, que representaban o 33% dos ingresos ao Estado naquela época, agora representan só un 7%. Grandes corporacións como Exxon Mobil, que en 2009 conseguiron 45.200 millóns de euros en beneficios, non pagaron nin un centavo ao Estado.

Mentres tanto, o 22% dos nenos en EEUU vive en situación de pobreza, o número de persoas que desexaría traballar e non atopa traballo representa, segundo o seu Ministerio Federal de Traballo, o 17% da poboación adulta, e 48 millóns de cidadáns non teñen cobertura sanitaria. As políticas seguidas polo Congreso de EEUU, cuxas figuras claves están financiadas en gran parte por este 1% da poboación, está seguindo políticas fiscais que acentúan aínda máis a enorme concentración de poder económico e político. Por iso é polo que o 82% da poboación non considere que o Congreso de EEUU representa os seus intereses.

Estas son as consecuencias políticas do neoliberalismo. Pero é parte da condición humana a capacidade de rebelión. E isto é estao ocorrendo en gran número de países. Tales movementos están sendo tratados con gran hostilidade por parte dos establishments mediáticos próximos ao capital financeiro. Así, o correspondente en EEUU dun dos rotativos de maior difusión de España (que se autodefine de centro liberal) definiu ao movemento dos indignados estadounidenses como un movemento que reflicte "as vellas aspiracións hippies de solidariedade" (asumindo que a solidariedade fose un obxectivo só dos hippies), ignorando, por certo, ao movemento obreiro, cuxos sindicatos son definidos por aquel correspondente "como as institucións máis corruptas de EEUU".

Tal movemento estendeuse a gran número de cidades en EEUU (Philadelphia, Boston, Baltimore, Wáshington, Chicago, Os Angeles, Detroit, e moitas outras) e inclúe a todos os grupos etarios, a moitos grupos e clases sociais, e foron apoiados polos sindicatos estadounidenses, cuxo nivel de corrupción é moito menor que o existente nas institucións empresariais, políticas e mediáticas daquel país. En realidade, estes movementos de indignados son continuadores daqueloutros que lles precederon na súa loita por un mundo mellor.

Fonte: http://www.vnavarro.org/

[*] Vicenç Navarro, naceu en Barcelona o 1937 e licenciouse en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Barcelona en 1962. Exiliouse de España no mesmo ano pola súa loita anti-franquista, pasando por universidades de Suecia (Uppsala e Estocolmo), onde estudou Economía Política; Gran Bretaña (London School of Economics, Oxford e Edimburgo), onde estudou Políticas Públicas e Sociais; e EEUU (Johns Hopkins University), onde se doctoró en Políticas Públicas e Sociais o 1967. Alí tamén foi nomeado profesor e posteriormente catedrático de Políticas Sanitarias e Sociais, Políticas Públicas e Estudos Políticos desde o ano 1977 [Máis información na wikipedia].
_________________

Diante do asasinato de Cristina González Sacau, a Marcha Mundial das Mulleres convoca actos en Galiza para repudiar a vilolencia machista - En Ferrol terá lugar ás 8 da tarde de hoxe Xoves, 13 de Outubro, na Praza do Concello



CONCENTRACIÓN EN FERROL TERRA
DIANTE DOUTRO ASASINATO MACHISTA
XOVES 13 de OUTUBRO, ÁS 8 DA TARDE

Convocatoria da Marcha Mundial das Mulleres ante un novo asasinato machista.

Con motivo do asasinato de Cristina González Sacau, veciña da parroquia de Coruxo en Vigo, a mans da súa parella; a Marcha Mundial das Mulleres de Ferrolterra convoca unha concentración este Xoves día 13 de Outubro, as 20:00 horas, na Praza do Concello de Ferrol, co fin de mostrar, unha vez máis, a nosa repulsa e loita contra a violencia machista.

Pregamos a súa difusión e asistencia

En solidariedade feminista,

Marcha Mundial das Mulleres
Teléfono de contacto:
Coord. Ferrol: 696732735
http://www.feminismo.info

Coordinadora Comarcal de Ferrolterra

Que é a Marcha ?

A Marcha Mundial das Mulleres é un movimento mundial de accións feministas que reúne grupos de mulleres e organizacións que actúan para eliminar as causas que orixinan a pobreza e a violencia contra as mulleres. Loitamos contra todas as formas de desigualdade e de discriminación sufridas polas mulleres. Os nosos valores e as nosas accións orientanse cara un cambio político, económico e social. Os mesmos que se articulan aoredor da mundialización das solidaridades, a igualdade entre mulleres, entre mulleres e homes, e entre os pobos, o respecto e a valoración do liderazgo das mulleres e o fortalecimento das alianzas entre mulleres e cos outros movimentos sociais progresistas.

Enlaces de interese:

Enviado por:
Lupe Ces Rioboo
-lupeces@gmail.com-
12 de outubro de 2011 23:05
http://lupeces.blogspot.com/
_________________________

PODEMOS ACABAR COA VIOLENCIA MACHISTA CADA QUEN DESDE A SÚA RESPONSABILIDADE

Son moitos os cambios nos últimos anos: novas leis, programas específicos nas administracións, visibilización nos meios de comunicación, distinta valoración na opinión pública, novos valores nas relacións persoais... aínda así, o número de mulleres asasinadas, as denuncias de mulleres agredidas e as condenas por agresións, seguen aumentando. E o que é aínda máis preocupante, a violencia machista perpetúase na xente máis nova.

Somos conscientes de que muitas estruturas económicas (Banco Mundial, Fondo Monetario Internacional, multinacionais...) , estruturas políticas (G-8, gobernos, exércitos...), e estruturas relixiosas (Vaticano, conferencia episcopal española, aiatolas, imáns, consellos relixiosos...) están mantendo e perpetuando unha organización patriarcal da sociedade onde se encontra enraizada a violencia machista. Unha realidade implantada en todo o planeta, e que mostra a súa face máis descarnada en situacións de guerra, tráfico de persoas e explotación sexual. Aínda así, desde a Marcha Mundial das Mulleres temos o convencemento de que para rematar coa violencia, non chega coa denuncia e loita contra todas estas institucións e estruturas. Partindo da nosa realidade máis inmediata, fai falta que confluamos nunha mesma dirección todos os sectores sociais que aspiramos a transformala, porque cada quen debe analisar e asumir a responsabilidade que lle corresponde para rematar con esta lacra social.

Marcha Mundial das Mulleres

O 24 de novembro de 2007, a Marcha Mundial das Mulleres recibirá o Premio da Secretaria de Igualdade de Loita contra a Violencia de Xénero "Eu tamén navegar"
________________________

A hora de Cristina, ... Por Lupe Ces


Por Lupe Ces [*]
12.10.2011


A chamada ao 112 [**], nom salvou a vida de Cristina González Sacau... Pode ser que a privatizaçom e merma deste serviço, tivesse algo a ver... Mas nom é nesses minutos de urgência na única hora na que as mulheres vítimas de violência machista se jogam a vida. Os dados do infortúnio para Cristina já foram lançados antes, na sua vida e na de centos de mulheres que moi perto de nós tenhem marcada a sua hora e o seu dia, no calendário da violência machista.

A hora de Cristina estava marcada, quando os seus gritos fixerom eco no baleiro da consciência dumha vizinhança que assegura ter ouvido o que parecia umha rifa entre ela e a sua ex-parelha.

A hora de Cristina estava marcada, quando os serviços comunitários e especializados, antes já escassos, começarom a ser recortados e inabilitados para a prevençom de situaçons de risco.

A hora de Cristina estava marcada, cando a sanidade pública, que já antes carecia de recursos suficientes para formar profissionais, desenvolver protocolos ou mesmo ampliar a abordagem de áreas fundamentais como a saúde mental, começou o seu desmantelamento.

A hora de Cristina estava marcada, cando na escola dos seus filhos, ninguém capacitou ao professorado para detectar situaçons de risco em menores.

A hora de Cristina estava marcada, cando de pequena aprendeu a renunciar aos seus direitos sonhando cum amor de filme "tua para sempre".

A hora de Cristina estava marcada, cando a sua ex-parelha aprendeu a confundir desejos com direitos, e aprendeu a amar co filme "ou minha ou de ninguém".

É hora de desprogramar os relógios da violência machista. É hora de tomar definitivamente consciência dos engranaxes que fam que a maquinária sanguenta siga funcionando. É hora do compromisso coas transformaçons que necessitam as nossas sociedades para deixar de cobrar-se miles de vidas de mulheres cada ano. É hora de abandoar um modelo de vida que gira só ao redor do valor do máximo benefício e da lei do mais forte. É hora de construirmos um outro modelo social que valorize os cuidados e teça os afetos com fios de liberdade e igualdade. O 15 de outubro, em todo o planeta, mobilizaremo-nos por um cambio no modelo econômico, social e político. Metamos também nas praças de todo o mundo, este 15 de outubro, a vontade de parar este macabro relógio.

[*] Por Lupe Ces Rioboo -Caranza Ferrol 1953, é mestra, activista social, integrante da Marcha Mundial das Mulleres. Forma parte do Colectivo Ártabra 21.

Blogue pessoal:
http://lupeces.blogspot.com/

[**] El País

Foto: LALO R. VILLAR | 12-10-2011 Levantamento do cadáver de Cristina González Sacau assassinada em Vigo
_____________________

mércores, outubro 12, 2011

Mexan por nós, ... Por Henrique Dacosta

Por Henrique Dacosta [*]
12.10.2011

Imaxinen unha persoa que acredite cabalmente nas bondades ou vantaxes que o Estado poida reportar ao seu benestar. Imaxinen que crea con absoluta firmeza no sistema sanitario e educativo públicos. Imaxinen que confíe en que o servizo de telefonía, de transporte neurálxico (camiño de ferro e aéreo), de correos, de abastecemento de combustíbel, así como de banca, poidan ser públicos para si e para os seus. É obvio que os fillos da persoa suposta, cando teñan uns anos máis, até se rían ao lles falaren de tal posibilidade. Porque o que onte mesmo era factíbel, e até do máis normal, pois tratábase dunha realidade que viviamos, mañá poida que sexa motivo de riso para eles.

Poñamos que esa persoa puxo a súa nómina na Caixa Postal, dígase claramente, entidade pertencente ao estado, logo convertida en Argentaria, despois en BBVA, xa plenamente bancarizada e privatizada. Poñamos que esa mesma persoa tivese outra conta máis, para outros mesteres, na Caixa Galicia, dígase claramente, unha entidade pública. Prodúcese unha fusión con Caixanova, seica por imperativo legal que, se non, a abocaría á catástrofe, logo bancarizada e privatizada en NCG Banco. Poñamos que esa persoa tivese o seu teléfono en Telefónica, que se abastecese nas gasolineiras públicas CAMPSA, etc. Esa persoa, nin dúbida cabe, podería tratarse de calquera de nós.

Mudan os tempos e até é posíbel que todo o dito soe a caduco nos tempos que corren, aseverarán os máis. Os máis, no entanto, xulgámolos mediatizados por uns medios de comunicación viciados. Ben deles repiten consignas, ás veces falaces, basedas na inmediatez, no eslogan simplista, de modo que a verdade se ten por única aínda sen ser contrastada. Hai que fiar moi fino para estar ben informado, ler na letra pequena para facer unha análise veraz. Afortunadamente, o 15-M veu significar un balón de oxíxeno á idiocia xeneralizada a que se nos aboca, e igual impresión nos está a causar a corrente de indignados do Ocupemos Wall Street que podemos ver estes días nos EEUU.

O medo á perda dos nosos postos de traballo. O medo a ficarmos sen seguro de desemprego. O medo a perdermos as nosas pensións. O medo a que nos secuestren os nosos aforros en calquera sorte de “corralito”. Maniféstase a flor de pel. Mais este medo, puidémolo verificar, está na cerna mesma dos tiburóns depredadores que o alentan, dos especuladores que se nutren desta espantada. Compran (co engano de que nos están a facer un grandísimo favor) o que se encontra pouco menos que na total ruína, aquilo que se presume carece de ningún valor co fin de salvarnos. Mais detrás, realmente, o que si existe é a maior das cobizas. Velaí o temos nese Xoán-sen-Nome entrevistado para a BBC, causando conmoción o que dixo: que, como corredor de bolsa, desexa que a crise sexa cada vez máis profunda porque así máis se beneficia e enriquece.

Non é de estrañar, pois, que se calquera fantoche impostado é capaz de cambalear á sociedade mundial con estas declaracións, catro próceres desa nova entidade bancaria xurdida de NCG, nos metan o pavor no corpo, ao recibiren de todos nós indemnizacións que atinxen algo máis do 20% do valor a prezos de mercado da caixa reconvertida en banco. Aquel Xoán transfórmase aquí nos señores Pego, Gorriarán, Rodríguez Estrada e García de Paredes. Aos que deberiamos engadir a ilustre figura desoutro personaxe non menos fuxidío, Fernández Gayoso, que acumula dous cargos (logo dunha suculentísima pensión), incompatíbeis eles, o de conselleiro do Banco Gallego e o de copresidente de Novacaixagalicia. Iso si é medo, e do verdadeiro.

Estes que se prexubilan con indemnizacións millonarias son, paradoxalmente, os mesmos que critican esoutras prexubilacións noutras empresas, queixándose da insolvencia en que deixarán ao Estado. Política ordinaria de balóns fóra, mais que ten repercusión, como viamos, por ausencia dunha conciencia crítica que difunda a verdade de forma clara. Encírrase á xente desde arriba (léase clase política e banqueiros) para atacar, por exemplo, a funcionarios ou médicos por se presumir pertenceren a unha casta de privilexiados. Culpábeis? Sempre os outros. O noso veciño, por cobrar máis ca min aínda que estea máis cualificado e estudase para conseguir o que agora ten, cousa que eu nunca fixen. A envexa, mais sobre todo a terxiversación da realidade das cousas que está a minar demasiadas conciencias, cada vez máis volátiles perante a desfeita do Estado.

Que a impudicia, que a impunidade e o latrocinio de luva branca que se está a cometer coa “res publica” non nos faga perder o norte. Os culpábeis son, efectivamente, os outros. A estes culpábeis prémianos xubilándoos con sumas millonarias que non pertencen aos seus accionistas, senón a todos nós. Os culpábeis son o ladrillazo coa connivencia dos bancos. Os culpábeis son Moddy’s e adláteres. Non nos confundamos, non. Así que fagamos, pois, todo o posíbel por conseguir que non mexen por nós e nos digan logo que o que sucede é que chove.

Publicado no xornal comarcal "Diario de Ferrol"

[*] Henrique Dacosta -1964, ferrolán de Canido, é escritor e profespor, foi proclamado gañador da XVI Edición do Premio Carvalho Calero de Creación Literaria-Narración Curta pola súa obra "Unha nada de doce relatos", certame que organizan de forma conxunta o Concello de Ferrol e a Asociación Cultural Medulio.

Henrique Dacosta, ademais de colaboracións lingüísticas e literarias en periódicos e revistas (Diario de Ferrol, Agdlia, Ferrolandlisis, A Nosa Terra...), foi gañador do II Certame Carvalho Calero (1992) coa novela "Mar para todo o sempre", e do IV (1994) co conxunto de relatos "Sobre comboios, janelas e outras pequenas histórias". Foi finalista no I Certame de Relato Curto da Asociación Cultural Cidade Vella (1989) con "Ruiva mulher de esperança". Inédito aínda, posúe un estudio sobre a toponimia do Concello de Fene, elaborado durante o período 1989-1990. En Émbora ten publicado "Os desherdados" e "Ferroláns na historia da literatura galega". - [Fonte: propia e de Fervenzas Literarias - Xullo de 2008]

Para máis información:

Autobiografia, libros, axenda, ... no centro de documentación da AELG

________________________

martes, outubro 11, 2011

Continua a #Acampada-Xente-do-Mar na Praza Amada Garcia, fronte ao Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol


A #Acampada-Xente-do-Mar na Praza Amada Garcia, fronte ao Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol, continua unha semana máis, se cadra con máis participación, pois a Consellería volveu incumprir a súa palabra e non fixo efectiva as cantidades endebedadas. Pois tanto a cofraría de Barallobre como a de Ferrol aínda non teñen confirmación de que se efectuaran os correspondentes ingresos, de Agosto, nen os de Setembro, pendentes da reunión do Consello da Xunta.

A #acampada vai-se manter e nos vindeiros días faranse novas accións en demanda dos pagos endebedados e para concienciar sobre o grave deterioro ambiental da Ría e do estado de emerxencia no que se atopa, necesitando urxentemente que entren en funcionamento os sistemas de depuración que levan moita demora e demandar a execución dos proxectos de rexeneración das zonas máis degradadas pola contaminación.



Fotos: Susete'70

Enlace relacionado:

#Acampada-Xente-do-Mar


Enlace de Referencia:

As confrarías de Ferrol, Barallobre e A Coruña fan a presentación dun "Manifesto pola recuperación das rías galegas": Mércores 16 de Marzo en Ferrol


Novas no Diario de Ferrol:

Os mariscadores inician outra semana de acampada sen cobrar os seus salarios
Martes, 11 de Outubro de 2011

O atraso ambiental de Galicia

Domingo, 9 de Outubro de 2011
____________

A Liberdade de Expresión Secuestrada - O rapero, indignado e comprometido, Pablo Hasél en liberdade provisional con medidas cautelares, por un suposto delito de enaltecimiento do terrorismo - O mundo "está farto de estar patas para arriba" - Carta do propio Pablo Hasél despois de saír en Liberdade - Vídeos e enlaces

Quen é Pablo Hasél?

Pablo Hasél, [Pablo Rivadulla Duró], é un mozo catalán, nacido en Lleida hai tan só 23 anos [1989], máis ten compostas máis de 286 cancións-versos, publicados co seu correspondente vídeo.  Pablo Hasél, é un rapero indignado e comprometido. Poñendo "Pablo Hasél" no buscador de Google, dá uns 408.000 resultados. Ten un blogue persoal que deixou de actualizar en Decembro de 2008 [http://haselpablo.blogspot.com/] e un canle no youtube onde colga as súas fabulosas cancións.

O pasado Martes 4 de Outubro foi detido na rúa, ao redor das 10 da mañá, pola Policía Nacional, por un suposto delito de enaltecimiento do terrorismo. Posteriormente meteron-no nun coche e xa esposado levaron-no a súa casa, onde a policia practicou un rexistro "buscando material informático" levan un computador portátil, algún pendrive con música e poemas e unha cámara de fotos.

Pablo Hasél foi posto en liberdade en apenas 24 horas tras a súa detención, aínda que queda como imputado e deberá comparecer os días 1 e 15 de cada mes no xulgado de Lleida. O xuíz da Audiencia Nacional fixo referencia a varios vídeos colgados en Youtube onde se supón que Pablo eloxiaba actos dos GRAPO, ETA, Al Qaeda ou Terra Lliure.

Durante a súa detención, foron numerosos os comentarios e movementos que se xeraron polas redes sociais, Twitters, Facebooks e recollidas de firmas, sacaron fume, até nunha charla con Willy Toledo no diario público, Willy apoia a Pablo claramente con frases como "... Quizais o propio presidente do Goberno, debería ser detido tamén por enviar unha carta de felicitación ao señor Obama polo atentado terrorista que presuntamente acabou coa vida de Osama Bin Laden ...".

Foron moitas  as mostras de solidariedade con Pablo, concentracións, cartas, denuncias, ... pola Liberdade de Expresión, pola Xustiza, ... Son ignificativas as declaracións de Pablo a súa saída da Audiencia Nacional, cando foi posto en liberdade.


Coas cousas un pouco máis acougadas, Pablo Hasél decidiu emitir un comunicado sobre o acontecido o pasado 4 de Outubro, tras a súa detención, acusación, mobilizacións ao seu favor e finalmente a súa posta en liberdade:

Tratarei de resumir ao máximo aforrando anécdotas aínda que as haxa para un libro e intentando mostrarme lúcido e claro a pesar dos días que fai que non pego ollo en condicións. Esta declaración asínoa única e exclusivamente eu, sen presenza de avogado nin presión algunha por parte de alguén.

O Martes 4 de outubro fun detido na rúa pola Policía Nacional ao redor das 10 da mañá. Coméntanme que é por un suposto delito de enaltecimento do terrorismo, acto seguido métenme nun coche e xa esposado lévanme ao meu domicilio a practicar un rexistro "buscando material informático". Por cousas que me din se que me estiveron seguindo tempo e que non é a primeira vez que pisan a miña rúa. En total hai uns dez policías dentro do piso e se se suman os de abaixo xa nin se. Esposado na miña habitación contemplo como buscan por todos os recunchos ese "material informático" do que pouco van atopar máis aló dun computador portátil, algún pendrive con música e poemas ou unha cámara de fotos. Estou tranquilo porque se que non teño nada escondido nin que ocultar, á vez é tremenda a impotencia de ver como levan diarios persoais, fotos de recordo coas miñas parellas, letras, poemas, etc. Tamén levan libros coma se da época de Hitler se tratase. Que democracia é esta en a que libros son secuestrados? A mesma que golpeaba a estudantes armados con libros e a xornalistas que cubrían a noticia das protestas contra a lei Bolonia, por exemplo. O que máis me enerva é que leven os dous computadores cos que a miña familia traballaba pero aínda que os medios de manipulación traten de intoxicalos saben de sobras que teño de mala persoa o que a OTAN de pacifista. Prometen que os devolverán pronto pero iso aínda está por ver, outros a quen lles practicaron similares rexistros non contan o mesmo. Percibo nas caras dalgúns axentes que senten vergoña de ter que acatar as ordes que lles levan a realizar semellante operativo contra un rapaz que non posúe máis arma que a voz e que non ten ningunha intención de practicar a loita armada aínda que ás veces o cabreo ante tanta inxustiza fágalle escribir desde a rabia sen autocensura, pero sobre a miña teima de dicir o primeiro que penso xa comentarei algo logo. A avogada de oficio tamén alucina, non lle pode cadrar que alguén así sexa rexistrado cal talibán.

Tras máis de tres horas efectuando devandito rexistro, lévanme a urxencias a que me efectúen unha revisión. Esperamos máis de dúas horas para cinco minutos de atención, que oficialmente as urxencias de Lleida sexan as peores de Catalunya non é broma. A min nese momento non me importa esperar, pois estexa onde estexa estarei esposado, pero imaxino que os enfermos acordaranse da nai desta sanidade cada vez máis recortada. Unha vez finalizada a revisión lévanme a Madrid e aforrándome detalles pasarei ás dez da noite, hora aproximada de chegada e á que me levan ao hospital a por outra revisión. Esta vez esperamos tres horas e pico. Posteriormente lévanme a comisaría e alí espero a que chegue o meu avogado de oficio. En honra á verdade hei de dicir que non me torturaron nin trataron mal, puntualizo que xa era bastante tortura o rexistro que me fixeron e estar detido por escribir sen andrómenas. Non hei de dar as grazas por que non me golpeasen, o normal debe ser que un policía respecte a túa integridade pero vivimos nun Estado con demasiadas denuncias de Amnistía Internacional, entre outros organismos, por torturas.

Cando chega o meu avogado procedo a declarar sempre esposado e a cousa alárgase ata as catro e media da mañá cando tras contestar a numerosas preguntas trasládanme ao calabozo. Comprobo na declaración que saben máis da miña que moitos amigos: os sitios onde estiven ao longo dun ano e pico, as miñas contas de internet de fai anos, blogues que xa non están activos, etc. Xa na cela non se me facilita un colchón e "durmo" no chan ata que xa cando a noite terminou un policía con mellor fondo que o que me trasladou percibe que non teño e ofréceme un como é costume con todos os reclusos. Tras media hora de soño espértanme e lévanme directamente sen posibilidade de aseo ou almorzo á Audiencia Nacional.

Tras esperar un intre tomo declaración ante o xuíz e en resumidas contas cítame varios versos nos que se me acusa de enaltecimiento do terrorismo. Como comentara na declaración anterior, que é terrorismo e que non, levaría a un debate de horas e de reproches ao sistema capitalista tan experto en cometer un xenocidio diario ao redor do planeta ou de practicar, por exemplo, o terrorismo laboral entre incontables máis. Hai moitos tipos de terrorismos dos que non interesa falar ao poder e que suceden a diario. Como non dispoño de tanto tempo nin creo que o señor xuíz estivese disposto a escoitarme, coméntolle a realidade evidente de que eses versos máis explícitos escribinos nunha época na que a miña filosofía era outra e non facía máis que dar pretextos ao sistema para determe ou facerme quedar como un terrorista desfasado. Fai xa tempo que dou unha mensaxe máis intelixente e elaborado pero non me detiveron naquela época porque talvez non estaban cerca as eleccións ou a falsa democracia non se deixaba tanto en evidencia, pero deténdome volveu a espir á súa ditadura do capital. Aos que aspiramos a un mundo máis xusto impídennos con violencia que podamos exercer multitude de dereitos democráticos como non imos estalar ás veces?

Póñolle o exemplo de que se a súa señoría discute con alguén e ten ganas de partirlle a cara seguramente a súa racionalidade levaralle a non facelo. Dígolle que se escribise seguro que comentaría ao folio as ganas que tiña de partirlle a cara ao devandito e no caso de que gravase para desafogarse faría unha canción, iso fago eu cando estou farto e non quero coller as armas. Seica se tan "terrorista" fose non iniciase xa a loita armada? Pero lle volvo a comentar que ese non é o meu camiño e que si, hai cousas que podían dicirse doutro xeito pero as miñas ideas non as poden cambiar. Deben deter a miles de escritores ou guionistas por apoloxía á violencia nos seus libros ou películas? Eu non fago apoloxía á violencia porque non a practico nin teño antecedente algún derivado desta. Moitas das miñas cancións narran feitos que pasaron e que cada un saque as súas propias conclusións. Non lles vou a dar máis pretextos fáciles para que poidan volver a por o meu, iso é o que quixesen moitos dos que enxalzan ao franquismo non só sen ser detidos, senón con libros nas seccións principais das librerías ou aqueles que gozan vendo aumentar os ceros das súas contas ante unha nova guerra por petróleo ou diamantes. Xa se sabe que neste Estado hai liberdade de expresión para dicir o que queren escoitar ou para ser de dereitas, pola contra siléncianche, criminalizanche ou perseguenche. Déixolle claro ao xuíz iso do que xa me deu conta fai tempo: non farei máis letras desfasadas pero si seguirei sendo un comunista consecuente dando a mensaxe intelixente e traballado que os poderosos máis temen porque quedan sen argumentos. A fiscal pide a miña liberdade con cargos e ando á espera de coñecer a sentenza final mentres teño que ir asinar cada dúas semanas ao xulgado sen poder abandonar o país, vixiado ata as trancas por quen me detiveron por ordes evidentes.

Ao saír á rúa sorpréndeme a cantidade de prensa que hai. Se o chego a saber e prepárome un discurso pero nin mo esperaba e habendo durmido só media hora coa cabeza a piques de estalar só se me ocorre responder a dúas preguntas: á de se seguirei cantando respondo que claro e á de se fago enaltecimento do terrorismo respóndolle que son o PP e o P$OE quen o fan apoiando guerras no terceiro mundo e vendendo mísiles aos xenocidas de Israel. Podería dicir moitísimo máis pero só teño ganas de respirar e falar cos meus amigos. Son só os medios minoritarios os que logo reproducirán as miñas palabras, as grandes cadeas censúranas porque só lles convén sacar frases fóra de contexto e criminalizarme inventándose graves falacias como a de que apoio a Al Qaeda e isto é serio.

Se algo fixen sempre foi condenar a Al Qaeda. O 11 M foi unha barbaridade a cuxas vítimas inocentes dediquei unha canción, pero claro, nin a porán nos seus telexornais nin comentarán nada os xornais como da miña solidariedade cos esquecidos e oprimidos que nin sequera teñen algo que levar á boca mentres os occidentais que lles saquean habitan en mansións. Pablo Hasél céntrase abrigo niso pero agora só convén deixalo como un diaño sanguinario prol Al Qaeda. Se eu son un vilán non se que serán os que fan videoxogos disparando a inmigrantes e seguramente ocupen o goberno en breve. Me repatea que manipulen ata tales extremos, exercendo unha clase de terrorismo mediático (cando serán detidos?) cuxo único fin é desprestixiarme e facerme dano. Hoxe chamei á Sexta, un desas canles que verteron semellante acusación esixíndolles que pedisen desculpas e dixéronme que me chamaban os responsables en breve pero pasou case un día e aínda espero a chamada. Penso denunciarlles aínda que imaxino que sairán airosos, coma se me acusaran de comer chipirons con maionesa. Non teñen vergoña e o peor é que logo se fan chamar xornalistas. Tamén me acusan de chegar aquí por fama, claro, paguei aos máis de 10 policías que había na miña casa para que levasen as miñas únicas posesións, as miñas cancións que andaban por saír, o meu libro de poemas que ía ser editado en breve, os meus recordos, os meus diarios persoais... Tamén me puxen eu as esposas para que non parecese unha montaxe, ah, e estiven tirado no chan do calabozo sen colchón para facerme o duro. Pero en fin, non perderei máis o tempo coas súas especulacións propias de prográmalos lixo que tanto critican para logo facer cousas ata peores. A manipulación é o motor deste sistema insostible a todos os niveis. Por certo, tamén se dixo que dediquei unha canción ao camarada Areas "líder dos GRAPO" e non, en todo caso dediqueina ao secretario do PCE (r) posto que xamais realizou unha acción armada e os GRAPO eran unha guerrilla armada. Se queren guerra verbal polo menos que xoguen limpo. O delirio de certos medios chega a puntos tan enfermizos en que collen versos meus ditos en broma e tómanos ao pé da letra. Como teñan que facer o mesmo con todo a arte xa poden deter a medio planeta, como teñan que encerrarme por odiar aos gobernantes xa poden meter a máis de media España.

Independentemente de diferenzas ideolóxicas, o que é evidente é que coa miña detención cometeuse unha violación da liberdade de expresión intolerable e de que como dixo alguén de cuxo nome non me acordo: "quen lle pecha o camiño á revolución pacífica ábrello á violenta" Si, dixen cousas duras e só se quedaron con elas dándolles o sentido que queren obviar a maioría do meu contido lírico pero aínda así, a min ninguén pode obrigarme a quen admirar ou por quen sentir pena se morre. Por esa regra de tres que deteñan aos meus inimigos cando eu faleza e sorrían. Se tanto lles molesto que deixen de darme a razón oprimíndome, pero imos, a razón dánnola a diario a quen non nos conformamos cun sistema que comete o seu xenocidio diario impunemente. Só faltaría que encima non puidésemos cabrearnos cando nos recortan os dereitos e pretenden que unicamente sexamos os seus robots, as súas máquinas sen espírito crítico nin solidariedade, que non é o mesmo que a caridade. Os mass media fixéronme o protagonista de algo no que non me deixan nin participar, tremendo paradoxo. Poden verter todo tipo de especulacións pero non me outorgan a opción de defenderme, outra vez a ditadura decorada retratándose. Non, se no fondo van ser eles quen volvan revolucionaria a xente allea a coñecer que da política depende case absolutamente todo, as súas vidas aínda por riba.

Poden pintarme como un diaño que a xente non é boba e quen me coñecen saben como son: non son eu quen apoia bombardeos a hospitais e colexios, non son eu quen impide referendos democráticos, non son eu quen ten cochazos de luxo e mansións á conta da explotación e da miseria allea, non son eu quen mira cara a outro lado ante a inxustiza, non son eu quen quere acabar cos servizos públicos, non son eu quen abre brechas a xente sentada pacificamente, non son eu quen usa as armas para perpetuar as abismais desigualdades sociais, non son eu quen non respecta as liberdades da muller, non son eu quen recibe diñeiro do Estado para esconder a pedófilos e expandir a homofobia, non son eu quen quere financiar mísiles para que nenos non poidan ter unha infancia, non son eu quen quere un sistema escravista, non son eu quen ten canles de TV e xornais para bendicir ao fascismo, non son eu quen permanece impasible ante unha historia que en demasiadas cousas parece anquilosada na idade media, non son eu quen inventa armas de destrución masiva para masacrar pobos, non son eu quen impide unha sociedade onde o ser humano sexa moitísimo máis que unha cifra ao servizo dunha minoría elitista, non son eu quen pecha os ollos e non loita polo futuro da humanidade e do planeta á fin e ao cabo cuxos "amos" arrasan sen contemplacións por uns trillóns máis, non son eu quen se nutre do racismo para gañar votos...sigo? Como dixen antes o tema do terrorismo daría para tantísimo ... Seguramente me acusarán de facer demagoxia pero é o único que saben dicir cando andan faltos de argumentos ante a insultante evidencia. Non son eu quen detén a alguén que aperta forte o bolígrafo cansado de que importe máis se a duquesa de Alba casa que arranxar dunha maldita vez un mundo que citando ao gran Galeano "está farto de estar patas para arriba"

O mundo ao revés detívome o martes e non a quen si practican unha ampla gama de terrorismos. Que citen rimas miñas como estas:

Poden pór ao Che nunha camisa mentres lle chaman asasino
e facerme quedar cal psicópata cando só rimo
os versos que non deixaron acabar a Xara e a tantos,
pero a historia dispara máis claro do que canto,
gritando que a avarícia crónica é o terrorismo
que nos leva aos humanos a autodestruirnos.
Poden encerrar á liberdade e enchela de merda
Que as feces son efémeras pero a liberdade eterna.

Instrumental de Frank Brown. Os recortes en educación.



Fonte do vídeo: Canle de Pablo Hasél

Enviado por:
Damch GZ
-damchgz@gmail.com-
11 de outubro de 2011 16:47
___________
__________________

Asemblea da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol, este venres 14 de Outubro ás 6 da tarde no local da Asociación Veciñal de Esteiro


CONVOCATORIA:

Pleno da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol o venres 14 de outubro ás 18 horas no local da AV de Esteiro.

As máis de corenta entidades que conforman a Pdspf (Sindicatos, Asociacións Veciñais, de Doentes, etc) están convocadas a dita xuntanza que terá a seguinte orde do día:

  1. Análise da situación da Sanidade Pública en Ferrol, diante dos anuncios de novas privatizacións de servizos.
  2. Preparación da mobilización que, en defensa da sanidade pública, se celebrará en tódalas cidades de Galicia o xoves día 27 de Outubro.
  3. Organización da recollida de sinaturas para a Iniciativa Lexislativa Popular en contra do modelo de xestión privada que se vai implantar nos novos hospitais, centros de saúde e determinados servizos sanitarios.
  4. Preguntas e suxestións.

É moi importante a asistencia de tódalas organizacións que conforman a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública.

Xogámonos moito !

Asdo/
Salustiano Gómez
e Xosé Miguel López,
portavoces da Pdspf





Enviado por:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
11 de outubro de 2011 12:34
______________

"Si existen alternativas", documentario da CIG sobre a Crise, o Sistema e a Soberanía - Vídeo

A CRISE, O SISTEMA E A SOBERANÍA
SI existen alternativas! (documentario)

A CIG repasa neste documentario o actual proceso de reorganización do capitalismo, baixo a coartada da "crise" económica, as nefastas consecuencias que está a ter para a clase traballadora en todo o mundo e as alternativas posíbeis, que pasan por un modelo económico onde traballadoras e traballadores teñamos o poder real. Recolle, así mesmo, a dupla dimensión da crise sistémica, que reviste un carácter de clase mais tamén territorial, agravando a situación no caso das nacións sen soberanía política como é Galiza. Finalmente, formula a necesidade de acumularmos forzas xunto á esquerda nacionalista para facer fronte ao contexto actual.



Fonte: Canle Avantar

Confederación Intersindical Galega - CIG

Enviado por:
Damch GZ
-damchgz@gmail.com-
11 de outubro de 2011 11:58
___________________

Chegada ao porto d'A Coruña dun dos barcos de Greenpeace, o Artic Sunrise que se pode visitar os días 14 e 15 de Outubro


Queremos convidarche a visitar o barco de Greenpeace Arctic Sunrise, que atracará no Peirao de Transatlánticos d'A Coruña.

Abriremos as portas ao público para realizar visitas guiadas polo rompexeos, antigo pesqueiro de focas ao que Greenpeace realizou unha acción (antes de compralo, claro!). É un dos tres barcos cos que facemos campañas en alta mar.

Tamén poderás coñecer a nosa campaña "SOS Océanos" sobre o absurdo modelo de pesca de arrastre de fondo en alta mar, e o fracaso da PPC (Política pesqueira común da UE) para manter os recursos pesqueiros a un nivel sostible.

Horario de visitas:
  • Venres 14 de 17,00 a 21,00 horas.
  • Sábado 15 de 11,00 a 14,00 e de 17,00 a 21,00 horas.
Por se houbese cambios de última hora, comproba a axenda antes de ir.

consultar axenda

Sitios online:

Enviado por:
Antonio Gª
-angaji@yahoo.com-
11 de outubro de 2011 14:36
________________

Novo programa d'O Recuncho en Rádio Filispim, no 93.9 da FM e a través de internet, este Martes 11 de Outubro


Este Martes 11 de Outubro de 2011, de 18:30 a 19:30 horas, no 93.9 da FM: "O Recuncho" nº 67, o programa semanal da A. C. Fuco Buxán en Rádio Filispim.

No 93.9 da FM Ràdio FilispiM, ou en internet no Blogue do Colectivo Opaii!  [ou neste mesmo sitio de Ártabra 21]. 

Cos seguintes contidos:
  • Invitado no estudio: Xosé Miguel López Pérez. Portavoz da Plataforma Defensa Sanidade Pública Ferrolterra, que falará sobre a situación e perspectivas da Sanidade Pública en Galicia.
  • O Espertar da Razón, por José Torregrosa: Escudos antimisiles.
  • Os libros recomendados, por Víctor G. Novás.
  • Sección poética, por Lorena Calaza: Lois Pimentel.
  • Novas e comunicados, por Fernando Ocampo.

Audición en directo, en Internet: http://giss.tv:8000/radiofilispim.ogg

Todos os programas en : http://recunchofuco.blogspot.com

Teléfono para participar en directo: 981371040

E-mail: opafuco@gmail.com
--
"O recuncho", o programa da asociación cultural Fuco Buxán
en Radio FilispiM, 93.9 FM

http://www.recunchofuco.blogspot.com

fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es


Enviado por:
Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
9 de outubro de 2011 23:32
__________________

Enlace co Colectivo Opaii promotor de Rádio Filispim:
http://opaii.blogspot.com/
____________________

José Luís San Pedro e Olga Lucas na asemblea de Chamberi presentando o seu libro "Cuarteto para un solista" - Vídeos

José Luís San Pedro e Olga Lucas na asemblea de Chamberi presentando o seu libro "Cuarteto para un solista"

José Luís Sampedro, acompañado da súa muller, a escritora Olga Lucas, coautora da nova novela, "Cuarteto para un solista", presentou o libro, que fala do seu sentir e a súa reflexión sobre a vida.

"Cuarteto para un solista" narra a historia dun vello profesor (personaxe creado por Olga Lucas, como recoñeceu Sampedro) que recibe a visita dos catro elementos: Terra, Auga, Aire e Lume, despois de que estes fagan unha viaxe por catro cidades, Tombuctú, Xenebra, Venecia e Knosos, en Creta.

Unha viaxe a través da Historia que chega ata hoxe, no que saen Europa, a economía de mercado, a sociedade de consumo, ou debates como progreso, ciencia e fe.






Fonte: http://www.youtube.com/user/FaceComunicator
________________