sábado, maio 28, 2022

Concentración en Ferrol, ás 12:30hs na Praza de Armas, coincidindo coa celebración, este sábado 28 de maio, coa grande manifestación feminista que reivindicará a Lei para a Abolición da Prostitución polas rúas de Madrid - Mercar mulleres para uso sexual: Violencia Patriarcal


CONCENTRACIÓN EN FERROL

Este sábado, 28 de maio, unha grande manifestación feminista reivindicará a Lei para a Abolición da Prostitución polas rúas de Madrid


Esta manifestación convocada pola "Plataforma Estatal de Organizacións de Mulleres pola Abolición da Prostitución" quere mostrar a necesidade de acabar nos nosos territorios coa impunidade do Sistema Prostitucional, que exerce violencia e explotación sexual nas mulleres e nenas prostituidas, e dotalas dos dereitos e recursos necesarios para unha recuperación integral e asegurar a súa integración social e laboral.

A Plataforma Abolicionista de Ferrolterra vai realizar unha concentración de apoio a esta reivindicación, na Praza do concello ás 12:30hs, a mesma hora que arranca a manifestación na capital do estado, recollendo a vontade de todas as abolicionistas da nosa comarca que non poden acudir a Madrid, pero non queren deixar de mostrar a urxencia de rematar cunha das manifestacións mais cruentas da violencia machista contra as mulleres e as nenas.

A Xanela das Fucas convidou-nos ao seu programa en Rádio FilispiM, no 93.9 da FM, por internet e en diferido que presentamos a continuación.

Descripción de A Xanela das Fucas, programa nº 73 (26-5-22). | "A Xanela das Fucas querese acercr a dous feitos que van a suceder nos próximos días: Concentración Abolicion da prostitución , o sábado 28 as 12.30 e o dia 31 as 20 h concentración para pedir o indulto Pintos xa e derogación da Ley Mordaza . Convidamos a Lupes Ces , quen puxo de manifesto a importancia de unha ley para abolir a Prostitución e Pintos para relatar como está o seu tema xudicial". | Convidados: Lupe Ces; Xesús A. López Pintos. | Fucas presentes: Chelo Carballal Balsa, Laura Couto Vilches, Ana B. López Verez; Eva Tizon Bouza. | A música que escoitamos: A sintonía do programa: La Vita E Bella, (Nicola Piova); Que non mo neguen (Tanxugueiras) ; Cedeira ( Gaudi Galego- Ivan Ferreiro); O Baile de Noró (Xavier Díaz e Aduferias de Salitre).


Plataforma Abolicionista Ferrolterra

abolicionistasferrolterra@gmail.com

ENLACE DE INTERESE:

https://leyabolicionista.es/

#LoitaFeminista
#MulleresGalegasAbolicionistas
#AbolicionProstitucion
#leiabolicionista

Enviado por:
Abolicionistas Ferrolterra
-abolicionistasferrolterra@gmail.com-
27 de maio de 2022 11:01

_______

mércores, maio 25, 2022

Sábado 28 de maio en Valón (Doniños - Ferrol): Churrasco, Concerto con 'Refritos Merchi' e Teatro coa obra colectiva 'Serei unha bolboreta?' - Desde ás 13:30hs no local social veciñal


Este sábado 28 de maio en Valón:

✅ Churrasco, desde ás 13:30hs.
Concerto con Refritos Merchi ás 14:00hs.
Teatro coa obra 'Serei unha bolboreta?', ás 20:00hs.

@ambigudevalon.

Lugar da asociación veciñal de Valón (Doniños - Ferrol). | Ir ao mapa.

No facebook.

asociaciondevalon@gmail.com


Dentro do Programa Teatro Veciñal de Ferrol

"Serei unha bolboreta?" de Martabela Teatro (taller de Torrente), baixo a dirección de Helga Méndez.

"Serei unha bolboreta?" de Martabela teatro fala sobre a Educación a través dun espazo escénico creado con columnas de libros, unha loseta e unha lámpada.

O grupo fala neste peza das diferenzas entre a educación pasada e a presente. De como se ensina na escola e na familia, no público e no íntimo. Da importancia da memoria afectiva e sensorial como puntos de partida para compartir experiencias e reflexionar en comunidade. O público reflexionará co elenco sobre como queremos que sexa a educación no futuro.

Esta dramaturxia foi creada a partir de recordos individuais do alumnado do taller, e de entrevistas e encontros con persoas que forman parte da comunidade educativa e artística da cidade.
_______

Mesa redonda sobre a presenza da Igrexa nos acontecementos de 1972 en Ferrol e Vigo - O xoves 26 de maio, ás 19:30 horas, no salón de actos do Ateneo Ferrolán - Intervirán no acto: Antón Pérez Vázquez, Xaquín Campo Freire e Anxo Ferreiro Currás.


Mesa redonda sobre
"A PRESENZA DA IGREXA NOS ACONTECEMENTOS DE 1972 EN FERROL E VIGO".

Xoves 26 de maio, ás 19:30hs, no Ateneo Ferrolán

Intervirán no acto: Antón Pérez Vázquez, Xaquín Campo Freire e Anxo Ferreiro Currás.

A celebración do 50º aniversario das mobilizacións obreiras do ano 1972 nas comarcas de Ferrol e Vigo, supón unha oportunidade para a reflexión sobre o papel que desempeñou a Igrexa nese contexto sociopolítico na defensa e procura dunhas condicións dignas no traballo, así como en que medida esa parte da nosa historia condiciona a nosa realidade actual no mundo das relacións laborais.

Co propósito de afondar nos feitos pasados pero en clave de presente, a iniciativa "Igrexa polo Traballo Decente" (ITD) na Diocese de Mondoñedo-Ferrol, organiza unha mesa redonda para o xoves 26 de maio, ás 19:30 horas, no salón de actos do Ateneo Ferrolán, sendo un acto aberto a toda aquela persoa que teña interese.

--
Un lugar de encontro para a cultura dende 1879 na cidade.

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 - 644.720.055
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza)

Síguenos:
TWITTER: @ateneoferrolan
BLOG: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/
FACEBOOK:
Faite soci@ on line! Colabora con nos!
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/2007/12/faite-soci.html

Enviado por:
Cristina Meizoso (Secretaría)
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-secretaria@ateneoferrolan.org-
25 de maio de 2022 13:10

_______

O Movemento Galego pola Vivenda Pública esixe que as propiedades da Sareb se utilicen para crear vivenda pública


O MOVEMENTO GALEGO POLA VIVENDA PÚBLICA ESIXE QUE AS PROPIEDADES DA SAREB SE UTILICEN PARA CREAR VIVENDA PÚBLICA

DESPOIS DE ASUMIR UNHA DÉBEDA PÚBLICA DE 35.000 MILLÓNS DE EUROS AS VIVENDAS E O SOLO DA SAREB TEÑEN QUE TER UN OBXECTIVO SOCIAL FUNDAMENTAL:GARANTIR O DEREITO Á VIVENDA

O Movemento Galego pola vivenda pública rexeita rotundamente a entrega da xestión das propiedades da SAREB aos fondos voitre Hipoges e Blackstone como recentemente decidiu o goberno español.

Unha vez que con diñeiro público se rescatou aos bancos liberándoos dos activos tóxicos e se asumiu a débeda o obxectivo ten que ser social, utilizando o solo e as vivendas propiedade da SAREB para crear un parque público de vivenda que dea solución ás miles de persoas que demandan vivenda pública e ás moitas desafiuzadas ou en perigo de ser expulsadas dos seus fogares.

Dito parque tamén debería servir como elemento regulador dos prezos do mercado libre, arrefriando as enormes subas dos últimos anos.

O camiño tomado polo goberno español de entregar a xestión das propiedades, con criterios puramente mercantís aos fondos voitre Blackstone e Hipoges, precisamente entidades que se lucran grazas ás políticas de vivenda no Estado español é unha enorme e intolerable estafa.

Esiximos que se rectifique esta decisión e dende as administracións se asuma a necesidade da creación dun parque público de vivenda cunha dimensión significativa para garantir o control do mercado da vivenda.

Os desafiuzamentos seguen a ser unha realidade cotiá e masiva nas cidades galegas, xa que a política do goberno español, da Xunta de Galicia e dos concellos galegos de abandonar a promoción de vivenda pública expulsa a miles de persoas das súas vivendas e deixa ao mando das políticas habitacionais aos grandes especuladores.

As propiedades coas que SAREB conta nas principais cidades galegas, un conxunto moi amplo de vivendas e solos, serían un piar fundamental dese parque, e darían solución ás máis de 10.000 persoas inscritas no Rexistro Oficial de Demandantes que agardan unha vivenda pública en alugueiro.

Dende o Movemento Galego pola Vivenda Pública loitaremos porque esta estafa non se consume finalmente mobilizándonos nas rúas e trasladando ás forzas políticas esta demanda.



MOVEMENTO GALEGO POLA VIVENDA PÚBLICA

movgalegopolavivendapublica@gmail.com

https://www.facebook.com/MovGalVivenda/

https://mobile.twitter.com/MovGalVivenda


Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra - Stop Desafiuzamentos
→ Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com
→ Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/
→ No facebook
facebook Stop Desafiuzamentos Ferrol Terra

Todos os luns (Menos festivos), vemo-nos en Caranza, pola tarde entre as 5 e as 7 da tarde, no local da Asociación Fuco Buxán (Local Social Tino Deibe, Rúa Armada Española, 32 Baixo). Estamos xente de Stop Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra. se queres participar achega-te! - No caso de Urxencia chama ao 645158113
_______

Proposta de Moción en defensa da vivenda pública, promovida polo Movemento Galego pola Vivenda Pública


𝗗𝗲𝗻𝗱𝗲 𝗼 𝗠𝗼𝘃𝗲𝗺𝗲𝗻𝘁𝗼 𝗚𝗮𝗹𝗲𝗴𝗼 𝗽𝗼𝗹𝗮 𝗩𝗶𝘃𝗲𝗻𝗱𝗮 𝗣𝘂́𝗯𝗹𝗶𝗰𝗮 𝘁𝗿𝗮𝘀𝗹𝗮𝗱𝗮𝗺𝗼𝘀 𝘂𝗻𝗵𝗮 𝗽𝗿𝗼𝗽𝗼𝘀𝘁𝗮 𝗱𝗲 𝗠𝗼𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗮 𝗱𝗶𝘀𝘁𝗶𝗻𝘁𝗼𝘀 𝗴𝗿𝘂𝗽𝗼𝘀 𝗺𝘂𝗻𝗶𝗰𝗶𝗽𝗮𝗶𝘀 𝗱𝗲 𝗲𝘀𝗾𝘂𝗲𝗿𝗱𝗮𝘀 𝗲𝗻 𝗱𝗲𝗳𝗲𝗻𝘀𝗮 𝗱𝗮 𝘃𝗶𝘃𝗲𝗻𝗱𝗮 𝗽𝘂́𝗯𝗹𝗶𝗰𝗮, 𝘅𝗮 𝗾𝘂𝗲 𝗰𝗼𝗻𝘀𝗶𝗱𝗲𝗿𝗮𝗺𝗼𝘀 𝗾𝘂𝗲 𝗲́ 𝗳𝘂𝗻𝗱𝗮𝗺𝗲𝗻𝘁𝗮𝗹 𝗼 𝗳𝗼𝗺𝗲𝗻𝘁𝗼 𝗱𝗮 𝗺𝗲𝘀𝗺𝗮 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗴𝗮𝗿𝗮𝗻𝘁𝗶𝗿 𝗱𝗲𝗯𝗮𝗻𝗱𝗶𝘁𝗼 𝗱𝗲𝗿𝗲𝗶𝘁𝗼 𝘁𝗮𝗻 𝗳𝘂𝗻𝗱𝗮𝗺𝗲𝗻𝘁𝗮𝗹 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗮 𝗺𝗮𝗶𝗼𝗿𝗶́𝗮 𝘀𝗼𝗰𝗶𝗮𝗹. 𝗔 𝗰𝗼𝗻𝘁𝗶𝗻𝘂𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗿𝗲𝗽𝗿𝗼𝗱𝘂𝗰𝗶𝗺𝗼𝘀 𝗮𝘀 𝗻𝗼𝘀𝗮𝘀 𝗱𝗲𝗺𝗮𝗻𝗱𝗮𝘀:

AO PLENO DO CONCELLO DE ___________________________________________________

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

A vivenda é hoxe, si non o máis importante, un dos máis importantes factores de exclusión social.

Ano tras ano hai en Galiza centos de desafiuzamentos que son centos de dramas persoais que afectan máis aos colectivos máis vulnerables.

É tamén un dos factores, xunto coa precariedade laboral que explican as dificultades da xente moza para emanciparse e iniciar proxectos vitais autónomos.

Si no 2008 o pinchado da burbulla inmobiliaria foi debido ao mercado bancario das hipotecas, a crise da vivenda actual é debida á burbulla dos alugueiros que levan subindo continuamente nos últimos anos, concretamente un 25% nos últimos 5 anos nas principais cidades galegas.

Esta burbulla non é máis que o resultado de medidas concretas que os gobernos tomaron para facer atractivo o investimento no mercado inmobiliario xunto coa ausencia de políticas públicas de vivenda.

Esta espectacular suba dos prezos da vivenda é unha transferencia directa de rendas da clase traballadora a unha clase rentista liderada por bancos e fondos voitre e supón unha enorme perda de poder adquisitivo da xente do común.

Ante a imposibilidade de acceder a unha hipoteca e mesmo a un alugueiro no mercado libre moitas persoas están a demandar vivenda pública con prezos sociais, algo que podería servir, ademais de darlle solución a moita xente, para regular os prezos do mercado libre.

A pesar de ser coñecedora desta realidade, as administracións desoen as peticións das máis de 11.000 solicitudes que están a demandar no Rexistro Oficial unha vivenda pública.

Dende a chegada do PP ao goberno galego a Vivenda de Protección Oficial de Promoción Pública frearon en seco.

Así, pasouse de iniciar 2.965 vivendas en 2010 a unha media anual de 67 vivendas de protección nos últimos 6 anos, unha cantidade a todas luces insuficiente para dar solución ás demandas da cidadanía dun dereito tan básico.

A vivenda pública propiedade da Xunta de Galicia está estancada dende hai moitos anos e non se percibe ningunha intención, a pesar da gravidade da situación, do goberno galego de mudar a tendencia.

Pero os concellos tampouco asumen a súa responsabilidade e brillan pola súa ausencia os concellos nos que se aposte por políticas públicas de vivenda que garantan o dereito constitucional a unha vivenda digna.

Este Concello é un exemplo, a vivenda pública está ausente da xestión do noso municipio.

Temos que soportar ademais que despois de rescatar os activos tóxicos inmobiliarios dos bancos, asumindo unha débeda que pasa a ser pública de 35.000 millóns de euros, estas vivendas non se utilicen para crear ese parque de vivenda pública imprescindible para dar solución a miles de persoas, sobre todo mozas, e para regular os prezos dun mercado desbocado.

Isto é unha estafa para os que demandan vivenda a través do Rexistro Oficial, para os que xa non a demandan por esa canle porque xa non confían en que por esa vía chegue solución, e para a cidadanía que sofre as consecuencias dunhas políticas enfocadas ao negocio e non a defender o dereito á vivenda.

Neste contexto de suba intolerable da inflación o incremento dos prezos da vivenda é unha ameaza que empuxa a moita xente á pobreza e exclusión social.

Urxe tomar medidas que aposten polos dereitos das persoas e se abandonen as que apoian a vivenda como negocio especulativo.

Por iso o Grupo Municipal do _________________________ propón o seguinte acordo plenario:

O Concello de ________________________ :

1) Comprométese a elaborar e aplicar un plan municipal de vivenda pública que estimule o incremento/creación dun parque público de vivenda cos obxectivos de dar solución ás persoas que non teñan garantida unha vivenda digna no mercado libre e tamén como elemento regulador dos prezos no municipio.

2) Demanda á FEGAMP, e á Xunta de Galicia a que en coordinación con este Concello se sumen a este plan e apoien a aposta pola vivenda pública de tal xeito que se satisfaga cando menos a demanda que consta no Rexistro Oficial de Demandantes e coa conseguinte territorialización.

3) Esixe ao Goberno español que dispoña das vivendas pertencentes á SAREB para incorporalas ao parque público de vivenda en alugueiro social.

4) Comprométese a aplicar políticas fiscais que graven a vivenda baleira de grandes posuidores.

5) Procurará anticiparse ás situacións de desafiuzamento para evitalas, pero en última instancia garantirá alternativa residencial a calquera veciña ou veciño que sufra un desafiuzamento.

𝗦𝗲𝗻 𝗺𝗮́𝗶𝘀, 𝗮𝗴𝗮𝗿𝗱𝗮𝗺𝗼𝘀 𝗮 𝗺𝗮𝗶𝗼𝗿 𝗽𝗮𝗿𝘁𝗶𝗰𝗶𝗽𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗽𝗼𝘀𝗶𝗯𝗹𝗲 𝗻𝗲𝘀𝘁𝗲 𝗲𝘀𝗽𝗮𝘇𝗼 𝗱𝗲 𝗹𝗼𝗶𝘁𝗮! 𝗦𝘂́𝗺𝗮𝘁𝗲 𝗰𝗼𝗻𝗻𝗼𝘀𝗰𝗼!!

Texto da Moción en diferentes formatos: pdf | docx | odt |


MOVEMENTO GALEGO POLA VIVENDA PÚBLICA

movgalegopolavivendapublica@gmail.com

https://www.facebook.com/MovGalVivenda/

https://mobile.twitter.com/MovGalVivenda


Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra - Stop Desafiuzamentos
→ Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com
→ Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/
→ No facebook
facebook Stop Desafiuzamentos Ferrol Terra

Todos os luns (Menos festivos), vemo-nos en Caranza, pola tarde entre as 5 e as 7 da tarde, no local da Asociación Fuco Buxán (Local Social Tino Deibe, Rúa Armada Española, 32 Baixo). Estamos xente de Stop Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra. se queres participar achega-te! - No caso de Urxencia chama ao 645158113
_______

Esquerda Unida Ferrol organiza un acto sobre a importancia da Saúde Mental - Hoxe mércores 25 de maio, ás 8 da tarde no no Ateneo Ferrolán - Coa participación de Antonio Nuñez Pérez e Loreto Taibo


Acto público organizado por Esquerda Unida Ferrol (EU), o mércores 25 de maio, ás 20.00h no Ateneo, baixo o título "A importancia da Saúde Mental".

Na actualidade a saúde mental debe considerarse unha prioridade absoluta. Segundo a previsión da Organización Mundial da Saúde, aproximadamente o 25% da poboación terá un problema de saúde mental na súa vida e, en 2030, os trastornos mentais serán a principal causa de discapacidade do mundo. Situacións de incerteza vital coma a crise xerada pola Covid-19, o paro, a precariedade laboral, o maltrato, o consumo de drogas, o acoso infantil, os retos que deben afrontar as persoas do espectro do autismo... etc, aumentan os factores de risco. Polo tanto, consolidar un modelo racional e efectivo en saúde mental debe ser un dos principais retos e obxectivos do noso sistema público de saúde.

Con este acto EU Ferrol quere trasladar a importancia que ten a saúde mental na vida da xente. Patoloxías coma a ansiedade, a depresión, os trastornos alimentarios, o aumento o estrés... están cada vez máis presentes na nosa vida cotiá e sobre todo están a ter unha gran incidencia na poboación máis nova. Só en Galicia hai máis de 80.000 persoas con certificado de discapacidade por enfermidade mental, segundo o censo do 2020 da Consellería de Política Social. Estes datos veñen a poñer de manifesto que é preciso comezar a abordar a saúde mental con máis intensidade e dende todas as administracións públicas que poidan realizar accións de prevención, detección, normalización e tamén ofrecer os recursos e ferramentas apropiadas a toda a poboación que así o precise en canto ao tratamento da saúde mental.

Neste acto contaremos con Antonio Nuñez Pérez, xefe do servizo de psiquiatría da área sanitaria de Ferrol, o cal poderá contarnos a través da súa experiencia e traballo diario o que está a padecer a cidadanía realizando unha radiografía da nosa sociedade para coñecer as enfermidades mentais, as causas que as poden desencadear e como poden ser tratadas.

Doutra banda, contaremos con Loreto Taibo, avogada e unha das encargadas de redactar a "Proposta Non de Lei sobre Saúde Mental"que foi presentada recentemente no Parlamento Galego, da súa man poderemos coñecer as propostas para reforzar a sanidade pública no campo da saúde mental e os recursos necesarios para mellorar a atención neste ámbito da saúde.

Esquerda Unida Ferrol
Rúa do Sol, 124, Entrechán Esquerda
15402 - Ferrol

https://esquerdaunida.org/
https://www.facebook.com/esquerdaunida.ferrol
https://twitter.com/EUFerrol

Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
23 de maio de 2022 14:10

_______

domingo, maio 22, 2022

Proxección en Ferrol, do documentario 'Migas de pan', de Manane Rodríguez que estará presente no acto - Luns 23 de maio, ás 19:45hs nos cines 'Duplex' de Esteiro


Sesión programada pola Asociación Cultural Fuco Buxán dentro da iniciativa do cinema da nosa comarca “DUPLEX con...”, onde visualizaremos o documental “Migas de pan” e contaremos coa presenza da directora, Manane Rodríguez.

Luns 23 de Maio, ás 19:45hs
Colaboración con DUPLEX
Travesía Moreno, 3, Esteiro (Ferrol).

As entradas poden adquirirse no despacho de billetes ou na páxina web do cine.

Tráiler oficial...


Manane Rodríguez naceu en Uruguai en 1955, e aos vinte anos de idade tivo que exiliarse en Buenos Aires, onde estivo ata finais do 76. Logo do golpe de estado en Arxentina, debeu partir novamente, esta vez con destino a España, onde reside desde entón. Sufriu na súa propia familia a desaparición, a estancia en centros clandestinos de detención e o secuestro que caracterizou ás ditaduras existentes entón no seu país e Arxentina. En España, comezou a traballar como guionista e logo directora de cinema e televisión.

Migas de pan é unha película uruguaio-española de 2016. Dirixida por Manane Rodríguez, é un drama protagonizado por Cecilia Roth e Justina Bustos. Foi seleccionada por Uruguai para competir polo Óscar 2017 á mellor película de fala non inglesa. A moza Liliana Pereira Echevarría, en Montevideo, universitaria e nai dun bebé, participa nas loitas estudantís contra a ditadura cívico-militar no seu país. Xunto a outras mulleres, é secuestrada, encerrada e torturada, e desposuída da patria potestade do seu fillo. O apoio mutuo coas súas compañeiras de reclusión fortalécea e acompáñaa. Tras anos de exilio en España, e ao decatarse de que será avoa, Liliana decide volver a Uruguai para participar coas súas excompañeras na denuncia do inferno sufrido na súa mocidade e para recuperar os vínculos sentimentais co seu fillo.

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
20 de maio de 2022 17:38

_______

Concentración en Narón por un transporte digno para Ferrol e as comarcas


O próximo día 24 de maio, terza feira, ás 8 da tarde na Praza de Galicia de Narón, a plataforma pola defensa de un transporte público de calidade da que ADEGA forma parte, imos a concentra-nos en dita praza, como forma de protesta para esixir un transporte público acorde aos tempos actuais, quer por estrada quer polos camiños de ferro.

Pola restauración da liñas de transporte de viaxeiros por estrada: Que ninguén quede na parada!

Delegación de Adega
Ferrolterra-Trasancos
adegatrasancos@adega.gal
Apartado 481
15480 Ferrol
http://adega.gal/

Enviado por:
adegatrasancos@adega.gal
-adegatrasancos@adega.gal-
22 de maio de 2022 12:37

_______

sábado, maio 21, 2022

Preséntase o libro póstumo de Pitusa Arias: 'María Casares. Eu son do océano' - Este sábado 21 de maio, ás 19:30hs, no Círculo Mercantil e Industrial Unidade de Fene


O libro póstumo de Pitusa Arias preséntase este sábado 21 de maio en Fene. Trátase da novela gráfica “María Casares. Eu son do océano”, un volume que conta coas ilustracións de Carlos Sardiña. É unha obra divulgativa da vida de quen foi número un de teatro en Francia e Europa durante boa parte do século vinte. Paula Carballeira conducirá o acto de presentación este sábado ás sete e media da tarde no Círculo Mercantil e Industrial Unidade de Fene. Pitusa Arias, escritora e xornalista de Radio Fene faleceu o pasado 8 de abril.

Pitusa Arias, escritora e xornalista de Radio Fene

María Casares

Neste exercicio cúmprense os cen anos do nacemento de María Casares. No acto do Círculo de Fene tamén se presentará o podcast do mesmo nome con guión de Puri Seixido e música orixinal de Sofía Oriana Infante. Foron os intérpretes Vicky Sas, Eugenia Sanmartín, Helga Mëndez, Cristina Mariño, Rogelio Arias e Cristina Moreira. Como técnico de son Xabier Fernández e na dirección Eugenia Sanmartín. Unha produción de Son Radiofusión que contou coa colaboración da Deputación da Coruña. María Casares, nacida na Coruña en 1922, exiliada en Francia ao rematar a guerra, ao ser filla do republicano Santiago Casares Quiroga. Nunca esqueceu as súas orixes galegas. María Casares foi unha primeira figura no mundo do teatro en Francia e no mundo.

19 de Maio, 2022 - 11:14 h. | Publicada por Radio Fene.
RADIOFUSIÓN
Praza Alcalde Ramón Souto s/n,
15500 Fene (A Coruña) Galicia
981 492 773
direccion@radiofusion.eu
_______

venres, maio 20, 2022

Éxito da cuarta xornada de folga no metal da provincia da Coruña, que xa adianta novas mobilizacións - Malia a rotunda resposta dos traballadores e traballadoras do sector, a patronal mantén o seu inmobilismo


O metal da provincia da Coruña está desenvolvendo este xoves o cuarto día de folga en demanda dun convenio digno para o sector. Esta xornada pon final ao actual calendario acordado, mais diante do inmobilismo da patronal, as centrais sindicais xa avanzaron que a folga continuará e mesmo se intensificarán as mobilizacións para esixir un convenio con dereitos e que garanta o mantemento do poder adquisitivo dos salarios.

Nesta cuarta xornada de folga, que rexistra un seguimento similar ao dos días anteriores, na comarca da Coruña os piquetes informativos estiveron no polígono de Alvedro e diante das instalacións de Kimak e posteriormente a CIG-Industria celebrou unha asemblea de traballadores e traballadoras no edificio sindical para avaliar a folga e que camiño seguir.

Mentres en Ferrol, os piquetes desenvolvían a súa actividade dende ás 5:30 diante dos estaleiros e nos polígonos e por volta do mediodía, o persoal en folga saía en manifestación dende a porta principal de Navantia no Esteiro até a sede da Confederación de Empresarios de Ferrolterra. A este mobilización tamén se sumaron traballadores e traballadoras da empresa pública naval, que previamente tiveran unha asemblea no interior do estaleiro.

En Compostela, os piquetes informativos reuníanse sobre as 8:00 horas no Polígono do Tambre para saír até as portas do concesionario de Pérez Rumbao. Contra do mediodía, os traballadores e traballadoras en folga fixeron unha manifestación polas rúas do parque empresarial reclamando un convenio digno.

Malia o rotundo éxito desta primeiro calendario de folgas, a patronal mantén o seu inmobilismo e non retomou contactos coa representación social. Ante esta falta de movementos, a CIG-Industria xa avanza que nos próximos días se reunirán os sindicatos para trazar un novo calendario de mobilizacións máis intenso, que se levará as asembleas do persoal para a súa aprobación.

Neste senso, os secretarios da CIG-Industria da Coruña, Ferrol e Compostela, Eduardo Caamaño, Vicente Vidal e Benedicto Blanco, reclamáronlle novamente á patronal que retire a súa última proposta e se aveña a negociar nos termos da plataforma sindical, “porque o sector xa deixou ben claro co seguimento masivo da folga e das mobilizacións que non vai asumir un convenio que non garanta o mantemento do poder adquisitivo dos salarios e que recorte dereitos consolidados”.

De igual xeito, a federación de Industria da CIG advirte que hai puntos irrenunciábeis para este convenio como son a revalorización anual dos salarios referida no IPC real, ampliar o dereito de subrogación para todo o persoal sen distinción ou limitar a contratación a través de ETT, demandas estas últimas que teñen por obxectivo frear a precarización laboral do sector.

Non queda outro camiño que a loita

A CIG-Industria chama a todos os traballadores e traballadoras do siderometal da provincia da Coruña a loitar e incrementar a participación nas folgas e mobilizacións que se acorde convocar “porque só dando unha resposta contundente contra as pretensións da patronal, poderemos acadar un convenio colectivo digno e con dereitos. Non queda outro camiño que loitar”.

A Coruña/Ferrol/Compostela - 19 Maio 2022

Fonte: Avanta. | Baixo licenza Creative Commons by-nc-sa/2.5.
_______

martes, maio 17, 2022

Músicas de Galiza e Portugal con Manolo Bacalhau, este xoves 19 de maio, ás 8 da tarde en Ferrol, no salón de actos da Escola Oficialde Idiomas (EOI)

Músicas de Galiza e Portugal con Manolo Bacalhau, este xoves 19 de maio, ás 8 da tarde en Ferrol, no salón de Actos da Escola Oficial de Idiomas (EOI), rúa Real, Nº 29.

Manolo Bacalhau é un dos representantes vivos da canción tabernaria ferrolá, alias autente e coñecedor da vida e obras dos bares de sempre de Ferrol.

Nace en Ferrol, na barriada d'A Ponte de Caranza, ao pe do río do Tronco... Medra o calor da familia da súa nai Clementina, (traballadora da PYSBE), composta de avós e irmáns (mulleres e homes), que tódolos domingos xuntábanse a xantar na casa materna e logo do café con chicoria, dábanse a facer a mellor dixestión do mundo..., cantar.

No 76 forma parte do Grupo Xarabal.

Alá polos 80, entra en contacto co grupo Saraivas, cos cales grava o LP , “Xa non podemos calar”.

En 1995 grava con Os Cempés o volume 2 de Le Printemps de la Cornemuse, Morvan, (Francia).

No ano 97 colabora no disco, Mas que un Oficio de Paco Diez,(La Bazanca).

El sempre participou cando se lle pediu en actos, homenaxes, actuacións nas folgas xerais, actos de solidariedade... é pois de xustiza que a colectividade lle axude a el tamén.

Logo dunha exitosa campaña de crowdfunding, promovida por amizades da contorna da Fundaçom Artábria, o seu primeiro traballo como protagonista foi Sondobar (2017) unha pequena mostra para comezar a recoller a súa obra, patrimonio cultural de Ferrolterra e da Galiza. Sondobar recolle 10 temas, e un DVD no 25 de abril nunha taberna, Cazadores, que pechou o día a seguir.

1.- O Cavaleiro e o Anjo, Zeca Afonso,  adaptación.
2.- As da boca, popular.
3.- Tango de Ferrol Vello, popular.
4.- Cantiga, Curros, versión con guitarra de Lisboa.
5.- Ya se va mi amor, versión habanera de tradición familiar.
6.- Fui colher uma Roma, popular alentejana.
7.- En Vuelo, música e letra propia.
8.- Foliada do Cadaval, popular, derradeira tocada de Antón Varela.
9.- A Emigración, Curros, música Xan Rubia.
10.- Mágoa no Corazón,  Rosalía de Castro, música propia.

A ilustración da capa do CD/DVD foi cousa de  Leandro Lamas.

O traballo audiovisual realizouno Juanpa Ameneiros.

Con Sondobar, Manolo Bacalhau debutou no mercado discográfico. Sintetiza a súa traxectoria de colaboracións no campo da música da raíz, Manolo aposta pola reivindicación dos cantos de taberna para o seu primeiro traballo. Temas populares galegos e portugueses, poemas musicados de Rosalía ou Curros ou unha versión de Zeca Afonso danse cita nos dez cortes que achega este traballo. Ademais do CD, o proxecto comprende un DVD cun documental sobre o músico e varios temas gravados ao vivo. O Teatro Jofre de Ferrol acolleu o 13 de xaneiro de 2018, o multitudinario recital de presentación, do que achegamos un vídeo co resumo deste importante acto sociocultural.




Canle Sondebar.

Manolo Bacalhau en Facebook. |

Sondobar en Facebook.

Sondobar en Twitter. |

correo-e: m.bacalhao@gmail.com

Manolo Bacalhau na rede. | Ir ao Buscador.

Fontes: propia, do Consello da Cultura Galega, Música en Galego e Colectivo do proxecto Sondobar.

Enviado por:
Inacio GZ
inaciogz@gmail.com
17 de maio de 2022 16:01

_______

Presentación do libro de Alberto Lema: 'Pazo de Inverno', acompañando ao autor estarán: Francisco Sampedro e Celia Fernández Alvariño - Este xoves 19 de maio, ás 8 da tarde no centro Cívico de Canido (Ferrol)


Presentación do libro de Alberto Lema: "Pazo de Inverno", acompañando ao autor, estarán: o doutor en filosofía, Francisco Sampedro e a socióloga, Celia Fernández Alvariño.

O acto terá lugar, en Ferrol, este xoves 19 de maio, ás 8 da tarde, no centro Cívico de Canido.

Organizado pol asociación sociocultural Muiño do Vento, coa colaboración da asociación veciñal de Canido, a editorial Galaxia e o Concello de Ferrol.

Pazo de inverno
Alberto Lema

PREMIO GARCÍA BARROS 2021

Que sucedería se un grupo político novo chegase ao goberno coa intención de cambiar a orde das cousas? Que relación establecerían con eles os poderes fácticos locais? Como se conciliarían os proxectos e a realidade? Serían quen de dominar a complexa maquinaria burocrática do concello dunha cidade do norte de Galicia?

Nesa cidade, chamada Faro, as cousas non son tan sinxelas como parece. A Helena, a nova alcaldesa, a quen lle abonda un aceno para transmitir a vontade toda da transformación social, non lle chega con obter a maioría nunhas eleccións. Cómpre introducirse nas engrenaxes da administración; tratar con xornalistas coma Miranda, tan escéptico como para ser cínico, e manter a raia empresarios que levan toda a vida mandando, como Cosme Durán. Tampouco é suficiente inverter o protocolo patriarcal nin manter os compañeiros afastados da doenza infantil do esquerdismo. Cómpre gorentar o fracaso para ter a certeza de que a grandeza das ilusións nunca se perde.

Mapa dunha paisaxe social, das arelas, conflitos e intereses dunha cidade, a novela de Alberto Lema consegue personificar vicios e virtudes, dúbidas e certezas, crenzas e valores cun xeito de contar que sorprende e fascina ao tempo que desvela e ilumina a realidade.

https://muinhodovento.gal/

Enviado por:
Inacio GZ
inaciogz@gmail.com-
17 de maio de 2022 14:10

_______

No Día das Letras Galegas non podemos esquecer que falar galego fainos galegos, ... Por André Abeledo Fernández


O Día das Letras Galegas debe de ter un significado especial, debémoslle dar unha importancia que vai máis ala do día festivo e dos actos culturais, neste día debemos lembrar a situación actual do idioma galego, e tamén a súa historia como ferramenta de comunicación do pobo galego.

O galego foi atacado e aldraxado durante séculos. E hoxe en día en moitos ámbitos da vida diaria da Galiza, o noso idioma segue a ser un estranxeiro na súa propia terra.

Non fai tanto tempo, practicamente nada no reloxo da historia, durante a ditadura franquista, nos xornais galegos podíase ler en perfecto castelán “no sea animal hable castellano”.

En moitos ámbitos da vida diaria da Galiza, o noso idioma segue a ser un estranxeiro na súa propia terra.

Miña nai contábame como a súa profesora na escola rural non falaba máis que castelán, e como os nenos e nenas que falaban en galego eran ridiculizados, e non falo dunha gran cidade, falo da parroquia de “Anca”, unha pequena aldea, entón labrega, onde en todas as casas falábase en galego.

O galego foi sempre a lingua da clase traballadora galega, o idioma da resistencia dun pobo que quería seguir falando o seu idioma para non deixar de ser.

Hoxe en día falar galego na Galiza continúa sendo un acto de reivindicación e rebeldía fronte o nacionalismo español casposo herdado do franquismo.

O galego continua precisando dunha discriminación positiva, ten que ser coidado, mimado, e reforzado para recuperarse das feridas de tantos anos de oprobio.

O galego continua precisando dunha discriminación positiva, ten que ser coidado, mimado, e reforzado

O galego é o noso tesouro, e Galiza é unha nación, un pobo cunha identidade de seu, temos unha cultura, unha historia e un idioma propios, estas características fannos galegos.

Todas as linguas, todos os idiomas, son igual de importantes, naceron despois dun longo proceso e a súa perdida é sempre irreparable.

É importante ter sempre presente, como ben dixo Castelao, que “Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma”.

Falar galego na Galiza continua a ser un acto necesario, atrévome a dicir que ata revolucionario, para seguir sendo.

O noso idioma continua a estar en perigo por acción e por omisión dun goberno da Xunta de Galicia que o menospreza, en vez de defendelo como un tesouro, como parte da identidade do pobo galego, unha parte imprescindible para seguir sendo galegos.

O galego na Galiza foi sempre o idioma da clase traballadora, o idioma do campesiñado, da casa do humilde, o idioma do pobo que non dos señoritos.

O goberno do PP tanto na Galiza como en Madrid veu sempre o feito identidario de ter un idioma propio na Galiza, como en Catalunya, ou Euskadi, como un perigo para a sacrosanta unidade do Estado español, como unha agresión ao españolismo rancio que eles representaban.

Non hai idiomas de primeira e de segunda categoría, todos os idiomas do mundo deberían ser declarados patrimonio da humanidade, porque son moito máis que un xeito de comunicarse, son o froito da evolución dos pobos, son séculos de construción dunha comunidade lingüística.

O feito de que no Estado español convivan catro idiomas como son o castelán, o catalán, o éuscara e o galego debería ser visto como un tesouro, como unha posibilidade de enriquecemento mutuo.

Por desgracia no Estado español non é así, segue a ter xente que pensa que falamos galego para molestar, que o facemos por ignorancia, ou que falar galego é un atraso, é xente que non entende nada, e vai dar igual que lle o expliques en galego, en castelán ou en chino mandarín, porque non queren entender, os move o odio e o medo ao diferente, os mantén na ignorancia a herdanza do nacional catolicismo e o franquismo da "España una, grande y libre" que nunca foi ningunha das tres cousas nesa escura etapa.

Por ese motivo debemos continuar a loita porque no Estado español se entenda que non existen idiomas de primeira e de segunda categoría, que o idioma da Galiza é o galego e iso non é unha agresión é unha realidade a longo de séculos de historia, que os idiomas non separan, senón que abren fronteiras na terra e na mente. Debemos esforzarnos en que entendan que cando usamos o galego na nosa vida diaria non o facemos por amolar, nin sequera como unha opción política, facémolo porque estamos na Galiza, porque o galego e o noso idioma, porque nos peta e danos a gana de falalo, e sobre todo porque é unha necesidade defender un patrimonio do noso pobo tan importante como o galego. A nosa obriga é recuperar e salvagardar o noso idioma para as futuras xeracións.

[*] André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xullo de 1974, militante comunista e sindicalista. Delegado de persoal da CIG no comité de empresa de Mercadona na Provincia d'A Coruña. | Facebook e Twitter.



Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
17 de maio de 2022 13:49

_______

Foto: Nós Diario.
_______

En galego agora e sempre, ... Por Celso Posada Fernández


Neste 17 de Maio Día das Letras Galegas volvemos de novo a saír as rúas moitas cidades, vilas e pobos do noso país Galiza e por enriba de todo as rúas de Santiago de Compostela, pra participar nunha grande Manifestación convocada pola plataforma social Queremos Galego  con saída as 12:00 da Alameda.

A Plataforma Queremos Galego é unha plataforma cidadá, conformada por máis de 500 entidades sociais e culturais do país así como por persoas a título individual, que nace da vontade de articular unha ampla resposta colectiva a prol da lingua propia do noso pobo, o galego; de defensa e afirmación dos usos públicos e dereitos lingüísticos xa garantidos pola actual lexislación; de progresiva normalización naqueles espazos onde o idioma de noso non goza aínda da presenza desexada.

Volvemos de novo a saír as rúas de Galiza pra dicir que queremos vivir os 365 días do ano en galego, pra denunciar o ataque e agresión constante do goberno da Xunta de Galicia do PP a nosa lingua e porque cremos que un novo futuro é posíbel e necesario pra nosa lingua. 

A lingua galega une e  é o principal elemento de cohesión, identidade e progreso de Galiza.

Un futuro novo para o noso idioma é posíbel, como demostran os centos de colectivos que actúan día a día para garantir o futuro de Galiza e do seu idioma; as miles de persoas que reclaman atención en galego ou respecto pola legalidade na toponimia e que vencen as dificultades e se propoñen falar galego sempre; as familias que se esforzan en transmitir a lingua malia non poderen contar con espazos fundamentais como o ensino, os xoguetes, deseños animados e toda a oferta imprescindíbel que lle é negada ao galego; ou como tamén demostran os concellos de todas as cores que se organizan para promoveren conxuntamente a normalización lingüística a nivel local.

Porén, toda esta mobilización colectiva precisa do acompañamento e do esforzo das institucións e poderes públicos, que ademais da obriga moral de defenderen os nosos intereses colectivos teñen a obriga legal de promoveren e garantiren a posibilidade de uso do galego en todo e para todo: garantindo o galego como lingua vehicular no ensino en todas as materias e etapas e nas actividades extraescolares, o seu uso en toda a administración, na xustiza, nas empresas; a súa dispoñibilidade no audiovisual tanto con producións galegas como a través da dobraxe e lendaxe. Precisamos xa un goberno que actúe en todos os ámbitos e contribúa xunto á sociedade a darlle un novo futuro á lingua, para podermos vivir en galego agora e sempre.

Como dicía o escritor, intelectual galego Castelao: Se aínda somos galeg@s é por obra e gracia do idioma.

[*] Celso Posada Fernández, nado en Ferrol o 16 de Xullo de 1980. É un activista en diferentes movementos sociais de Ferrolterra. Militante do BNG e a UPG. Diplomado en Maxisterio de Educación Primaria pola Universidade da Coruña e Monitor de Tempo Libre.| No Facebook. | En Twitter. | Artigos en: Nós Diario, Diario de Ferrol, Galicia Confidencial, Ferrol 360, GalizaLivre, Praza Pública, El Comunista e Ártabra 21.

Enviado por:
celso posada
-celsoposada2006@hotmail.com-
16 de maio de 2022 10:5

_______

Eurovisión un concurso decadente, hipócrita e politizado, ... Por André Abeledo Fernández

Por André Abeledo Fernández [*]
17.05.2022


O Estado español amosa seguir sendo mediocre e de mediocres, celébrase un terceiro posto nun concurso tan mediocre e tramposo, como o é o de Eurovisión.

Celébrase un terceiro posto como unha victoria, no concurso do tongo continuo.

O tongazo deulle primeiro a vitoria a Chanel no Benidorm Fest, e agora deulle a vitoria a canción da Ucraína en Turín.

Unha Ucraína que gaña Eurovisión despois de boicotear a súa propia candidata por 'prorrusa'.

Alina Pash, foi a vencedora da preselección na Ucraína, pero tivo que renunciar por críticas de prorrusa despois de viaxar a Crimea e aparecer imaxes súas vestida cos colores da bandeira rusa.

Antes Rusia tiña sido expulsada de Eurovisión pola guerra na Ucraína, pero non a Israel polo xenocidio en Palestina, hipócrita Europa.

Un festival politizado, dirixido e completamente manipulado, onde nunca gaña o mellor, onde nin sequera se manda aos mellores artistas.

Eurovisión é un festival político económico que nada ten que ver coa cultura, coa música o con o arte.

[*] André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xullo de 1974, militante comunista e sindicalista. Delegado de persoal da CIG no comité de empresa de Mercadona na Provincia d'A Coruña. | Facebook e Twitter.



Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
15 de maio de 2022 22:27

_______

Letras galegas 2022: é reptiliña Galiza?, ... Por Iolanda Teixeiro Rei


Por Iolanda Teixeiro Rei [*]
17.05.2022


LETRAS GALEGAS 2022: É REPTILIÑA GALIZA?


En Córgomo é este maio a Rag habitual. O Córgomo do kormófilo homenaxeado, Florencio Delgado Gurriarán, aquel exiliado republicán en México, de vontade reintegracionista como o noso Carvalho Calero ou o tan esquecido pedagogo de Vixoi. Aquel guerrilleiro da palavra dese Cancioneiro da loita galega que revoltava contra a inercia da castelanización e morría fidel ao compromiso cultural e político con Galiza. Aquel que trousaría ao escuitar no Pazo do Hórreo ao Sr. Rueda, tan reptiliño el, malversando ao tambén reintegracionista Paz Andrade e animando a un galeguismo conciliador e inconformista. Ao escuitar ao fuxido Sr. Feijóo, tan bípedo viperino, barballando sobor da cordialidade política e lingüística e avanzando xuntos pola senda do progreso tranquilo cara o autoexterminio.

É reptiliña Galiza? A Galiza das espirais e labirintos petroglíficos. A dos réptis Saefes e Oestrymnios, a das serpes de auga, a do Córgomo, ese unicum toponímico prerromano que en Cambre ou na Capela soa en Corgo. O Corrugus de Plinio o Vello, os cursos de auga nos ruina montium do saqueo mineiro doutro imperio nas Médulas e Montefurado. O Córgomo, o Corgo superlativo de Gurriarán, a réptil-serpe do río Farelos, vizosa lingua de augas vivecendo entre os montes cara o Sil, serpe esguellada que leva a auga mais non a fama por bandeira.

É reptiliña Galiza? É cordialidade lingüística arrincarlle do peito os nomes ancestrais á nosa Terra? Que diría o Florencio da lingua bífida da nosa actual toponimia, quen escreveu a Louvanza dos nomes enxebres? Que antergo e nobre alamio evocaría para o noso homenaxeado La Coruña coa que batemos cada día?.
Dicía Edward Carpenter que entre amantes non há deveres nen dereitos, mais entre os galegos colonizados, convencidos de lle aprender aos pequenos o anglotrapo ou ianquitrapo xunto ao castrapo, que traza de cordialidade lingüística pode haver? Sabido é de todos que en Reptilandia, os dereitos lingüísticos escrévense sempre en papel mollado.

Namentres a lingua esmorece en rituais e liturxias de postureo, na incomunicación coa lusofonía, o uniformismo lingüístico castelán torra a nosa lingua enxoita coma un córgomo maniño, camiño estreito e fundo convertido polas institucións coloniais nunha poeira  entre vales e cómaros de soina e estulticia.

Agora Gurriarán, (rexo fillo da Xeración Nós, como o arredista Manoel Antonio, ao dicir de Ferrín) saberá con esa sabiduría dos mortos do poeta Yeats que pol-a mala fada, inda hai feixes imbéciles e escuros que nos negan a fala, o espello da faciana colectiva, o único xeito audible dos nosos devanceiros?

Na Galiza reptiliña, cantos Doutor Nuevo Campito, parodia do desertor lingüístico, celebrarán só un día as nosas Letras? (Doutor Novo Campelo, aquel belixerante contra a nosa lingua, eis o Gabi dos tempos de Florencio Delgado). Cantos don Celidonios abaixarán a súa identidade a ese cosmopolitismo de progreso asimilador, prestos a esborrelar toda a memoria do seu clan?.

Bilingüistas harmónicos, como diría Florencio:

Cantarenas de castrapos, Galiza é soio Galiza/ inda que o non queira ser.

[*] Iolanda Teixeiro Rei. Secretaria de organización de LiGanDo-LGD. Activista ecoloxista e decrecentista. Unha das organizadoras do primeiro Congreso Galego de Decrecemento que tivo lugar en Ferrol, no mes de outubro deste ano 2018. Articulista e licenciada en Pedagoxía Social pola USC. Profesora de Tai Chi e Chi Kung en Ferrol. No facebook e no twitter. Artigos no Diario de Ferrol e Diario Nós.

Enviado por:
Iolanda Teijeiro
-iolandateixeiro@gmail.com-
15 de maio de 2022 22:37

_______

luns, maio 16, 2022

Carlos Taibo: 'Decrescimento e colapso' - Vídeo da palestra dentro das Xornadas Acción e Terra, celebradas en Lugo entre o 22 e 29 de abril deste ano 2022


Carlos Taibo: "Decrescimento e colapso", dentro das "Xornadas Acción Terra: Xornadas de medio ambiente e sustentabilidade", celebradas en Lugo, os 22, 25, 26, 27, 28 e 29 de abril de 2022.

Palestra dada por Carlos Taibo, Escritor e Editor. Profesor xubilado de Ciencia Política e da Administración (Universidade Autónoma de Madrid), no que se fala da raíz do problema medio ambiental no que esta sumida a Terra e das posíbeis solucións.


Delegación de Adega
Ferrolterra-Trasancos
adegatrasancos@adega.gal
Apartado 481
15480 Ferrol
http://adega.gal/

Enviado por:
adegatrasancos@adega.gal
-adegatrasancos@adega.gal-
13 de maio de 2022 13:58

_______

Presentación do libro: 'Vivo penso e declaro', de autoría colectiva, con Rafa Aguirrebengoa e Cesar Pita, este venres 20 de maio, ás 8 da tarde, no Centro Cívico de Canido (Ferrol)



Presentación do libro: "Vivo penso e declaro", de autoría colectiva, con Rafa Aguirrebengoa e Cesar Pita, este venres 20 de maio, ás 8 da tarde, no Centro Cívico de Canido (Ferrol),organizado pola asociación sociocultural Muiño do Vento e coa colaboración da asociación veciñal de Canido e o Concello de Ferrol.

https://muinhodovento.gal/

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
13 de maio de 2022 11:47

_______

xoves, maio 12, 2022

Ante o inminente peche de PanNosco en Ferrol


PECHE DE PANNOSCO EN FERROL

Ante o inminente peche de PanNosco en Ferrol, a emblemática cooperativa de traballadores do pan, cunha forte implantación tanto na distribución a supermercados como a pequenas tendas de barrio, deberían estar saltando todas as alarmas políticas.

Desde a organización política Ligando non entendemos como as institucións non están apoiando esta cooperativa alimentaria. Botando man, por exemplo, das axudas dos fondos Next Generation, creados precisamente para fortalecer a resiliencia e a transición ecolóxica nun escenario de suba de prezos dos cereais, da enerxía e do transporte. Situación que pode pór en risco a seguridade alimentaria.

Desde Ligando, reclamamos da Xunta e do goberno local de Ferrol que senten a falar cos cooperativistas así como cos traballadores asalariados para buscar unha saída economicamente viábel para o futuro de Pannosco.

LIGANDO-LGD

http://www.ligando.org/

Facebook | Twitter


Enviado por:
LiGanDo Ferrol
-ligando.ferrol@gmail.com-
11 de maio de 2022 21:46


_______

Pannosco e os fondos Next Gerenation, ... Por Iolanda Teixeiro Rei


Por Iolanda Teixeiro Rei [*]
12.05.2022


PANNOSCO E OS FONDOS NEXT GENERATION
O próximo peche de Pannosco en Ferrol, desta emblemática cooperativa de traballadores do pan no cerne dunha bisbarra historicamente panadeira, devería estar saltando todas as alarmas políticas. Cando máis tratándose do pan, un produto fundamental na alimentación e tratándose dunha empresa cunha forte implantación tanto na distribución a supermercados como a pequenas tendas de barrio. Á perda de emprego local (12 asalariados e 4 cooperativistas) engádese a perda dun réxime de traballo cooperativo, tan necesario nun mundo de competitividade atroz sen conciencia comunitaria.

Chama a atención que os Fondos europeos de Recuperación Next Generation non se empreguen para manter viva unha empresa cooperativa do sector alimentario tan importante no imaxinario colectivo da sociedade ferrolana. Mentres as grandes empresas adicadas a productos de menos resiliencia en propiedade de grandes fortunas, si son receptoras destas subvencións.

Por que non hai reunións cos traballadores asalariados de Pannosco para lles informar do dereito a solicitar os fondos Next Generation como unha vía para lle dar continuidade a esta empresa emblemática que fixa emprego local?.

Onde está o alcalde, o conselleiro de Industria e a oposición institucional que tanto falan de onde investir os fondos de industrialización cando unha empresa como Pannosco presenta un ERE de extinción?. Será un triunfo da mentalidade patriarcal que nos leva a pensar que os postos de traballo netamente masculinos, como os industriais, son máis importantes que os que proceden do mundo cooperativista, das mulleres e dos autónomos como é o caso que nos ocupa?. Porque quizais se falaramos dunha empresa do mundo dixital e non de alimentación, o Sr. Mato -adicto a todo o posmoderno- mollábase por un futuro para Pannosco. Magoa que o pan sexa tan rústico e tan pouco fashion.

O novo reparto destes fondos europeos, tan teimudos nas axudas á dixitalización, tan proclives a axudar aos que se lucran xa sen axuda, esquecéndose das cooperativas e de tantas pymes, lévanos a desacreditar neles como pasou con outros da Política Agraria Comunitaria (PAC) que só beneficiaron aos latifundios e ás grandes fortunas ligadas á agricultura a gran escala (cazaprimas ou agricultores de sofá) e á alimentación da agroindustria, un modelo obsoleto e inviabel no mundo da transición enerxética e a resiliencia.

Os fondos Next Generation foron creados, presuntamente, para promover a cohesión económica, social e territorial, fortalecer a resiliencia e a capacidade de axuste dos Estados membros, mitigar o impacto social e económico da crise da covid-19 e apoiar a dobre transición, ecolóxica e dixital.

Desde as propias institucións políticas falan deles como unha estratexia para a transformación de Galiza. Pero que clase de transformación? Empregar os fondos europeos para facermonos máis dependentes aínda e en sectores fundamentais para a supervivencia da cidadanía? Que plan de recuperación é ese que non subvenciona o mantemento dunha cooperativa alimentaria básica na nosa cidade, como é Pannosco?.

Encamiñámonos cara conflictos de subsistencias como os de 1847 ao disparase o prezo dos cereais, cando as mulleres impedían embarcar o gran dos especuladores para a exportación mentres o povo esfameava? Encamiñámonos a novas revoltas populares polo encarecemento criminoso dos alimentos como aconteceu en 1918 coa revolta das mulleres de Ferrolterra? Será a represión policial a resposta deste PSOE local desclasado que devece polo mundo dixital afondando nun progresismo excluínte contrario á vida?

O pan é un alimento de consumo básico. Hai toda unha cultura do pan arraigada que devería ser obxecto de programas políticos e educativos nas comarcas históricas panadeiras como Ferrolterra.

Como di a física Vandana Shiva, a medida que se incrementan os cultivos comerciais descende a produción de alimentos básicos, o que fai aumentar o seu prezo.

Cando Ucraína, o graneiro de Europa, arde nunha guerra xeopolítica polos últimos recursos enerxéticos e materiais do planeta, co conseguinte encarecemento dos cereais e o combustibel nun mundo pospetróleo en devalo, urxen políticas de relocalización en sectores básicos que nos dean unha seguridade alimentaria para evitar desabastecemento. O que se vén chamando desde o decrecemento, a soberanía alimentar. A solidariedade norde-sur tamén o reclama. Pois os monocultivos cerealísticos son tan nefastos para as economías do sur global como o monocultivo de eucalito que empobrece terras e xentes na nosa contorna. Máis aínda nun mundo de cambio climático, saqueo e graves "hambrunas" que cada vez empurran a máis millóns de persoas ás migracións.

Hoxendía, en España, a produción cerealística non chega ao 60% do noso consumo. Un escenario de dependencia alimentaria moi perigoso. Que mellor que aproveitar os Next Generation para evitar a dependencia das panaderías galegas a respeito do trigo ucraíno, francés e español, vía fariña de Castela, sabendo dos xa grandes custes de transporte que seguirán a medrar, nun mundo forzosamente abocado á descarbonización?. Que mellor que investir eses fondos europeos na recuperación deste sector produtivo, incluso dentro da propia cidade?. Por que non liberar terras e aumentar a superficie de trigo autóctono ecolóxico (sen fitosanitarios nin agrotóxicos) para sortir á panadería galega e ir orientando o proceso cara a produción local das variedades de cereal autóctono?.

Se os fondos Next Generation queren sentar as bases dunha Europa máis sostibel, integradora e resiliente, por que non usar os fondos de transición enerxética para cambiar este modelo produtivo inviabel pola relocalización do proceso de produción-distribución-venda dun alimento básico como o pan apoiando desde as institucións políticas as redes cooperativas de produción, distribución e venda?. Son as políticas institucionais, que nos fixeron cada vez máis dependentes dos insumos foráneos de pensos e cereais, quen teñen que compensar as políticas de resiliencia local.

Que maior urxencia económica que dotar á poboación rural dunha soberanía produtiva e enerxética de cara a unha verdadeira transición ecoxusta?.

Por outra banda, e non menor, fixar emprego local, é preservar a saúde das persoas e dos territorios. Son necesarias as políticas de apoio ao pan artesanal fronte ao industrial co que é tan difícil competir nos mercados especulativos. A potenciación da investigación e recuperación de variedades de trigo autóctono (Callobre, Caaveiro) cos ecotipos Miño, Paderne, Arzúa permitiría ser máis resilientes e abaratar custes de deslocalización así como mellorar a saúde dos consumidores.

A cidadanía ferrolana, como consumidora responsabel, devería reclamar dos governos municipal e autonómico unha política alimentar segura. E as cooperativas de alimentación son un piar indispensavel. O apoio a Pannosco sería un primeiro paso.

[*] Iolanda Teixeiro Rei. Secretaria de organización de LiGanDo-LGD. Activista ecoloxista e decrecentista. Unha das organizadoras do primeiro Congreso Galego de Decrecemento que tivo lugar en Ferrol, no mes de outubro deste ano 2018. Articulista e licenciada en Pedagoxía Social pola USC. Profesora de Tai Chi e Chi Kung en Ferrol. No facebook e no twitter. Artigos no Diario de Ferrol e Diario Nós.

Enviado:
Iolanda Teijeiro
-iolandateixeiro@gmail.com-
12 de maio de 2022 12:59

_______

mércores, maio 11, 2022

Exposición das Fotografías do XV Premio de creación fotográfica Luís Ksado de Creación Fotográfica, no Ateneo Ferrolán, do 12 ao 31 de maio


Chega ao Ateneo Ferrolán a Exposición das Fotografías presentadas ao XV Premio Luís Ksado de Creación Fotográfica da Deputación da Coruña.

Sala de Exposición do Ateneo: do 12 ao 31 de maio.

Do 12 ao 31 de maio de 2022 nas Salas de Exposicións do Ateneo

Un lugar de encontro para a cultura dende 1879 na cidade.

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 - 644.720.055
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza)

Síguenos:
TWITTER: @ateneoferrolan
BLOG: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/
FACEBOOK:
Faite soci@ on line! Colabora con nos!
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/2007/12/faite-soci.html

Enviado por:
Cristina Meizoso (Secretaría)
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-secretaria@ateneoferrolan.org-
11 de maio de 2022 13:03

_______

A Plataforma S.O.S Sanidade Pública de Ferrolterra en apoio da manifestación que se celebrfará en Vigo, en defensa da Atención Primaria e Recuperar a Sanidade Pública desmantelada polo goberno da Xunta do PP


COMUNICADO DE S.O. S SANIDADE PÚBLICA DE FERROLTERRA DE APOIO A MANIFESTACIÓN DE ESTE XOVES 12 DE MAIO AS 20:00 EN VIGO CONVOCADAS POLAS PLATAFORMAS NA DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA DA ÁREA SANITARIA DE VIGO

A Plataforma S.O.S Sanidade Pública de Ferrolterra manifesta o seu apoio e fai un chamamento a toda a cidadanía a participar na manifestación que vai ter lugar este xoves 12 de maio ás 20 horas en Vigo convocada por todas as Plataformas para a Defensa da Sanidade Pública – SOS  Sanidade da Área Sanitaria de Vigo para Salvar a Atención Primaria e Recuperar a Sanidade Pública desmantelada polo goberno da Xunta do PP.

Reivindicamos unha:


1.- Atención Primaria digna, con profesionais suficientes para atender con tempo ás persoas enfermas.

2.- Atención Hospitalaria con capacidade para atender ao 10% da cidadanía e acabar coas listas de espera que están a danar gravemente a saúde da poboación.

3.- Contratación digna do persoal que permita unha atención de calidade.

Todas estas reivindicacións son compartidas por tódalas Plataformas que integran SOS Sanidade Pública de Galicia.

En decenas de pobos, vilas e cidades de toda Galicia levamos tempo  mobilizándonos para acabar con esta situación que ten responsábeis políticos,

A política sanitaria da Xunta e do PP están desmantelando salvaxemente a  Atención Primaria e recortando a Sanidade Pública pra favorecer a Sanidade Privada demostrando a súa profunda ideoloxía neoliberal de ataque constante o público e os dereitos das maioría sociais

Se non loitamos todxs, perderemos o dereito a ter unha sanidade publica, de calidade, universal, accesible e equitativa.

Manifestación en Vigo, este xoves 12 de maio as 20 horas.

VÉMONOS NA GRAN MANIFESTACIÓN ... SALVEMOS A ATENCIÓN PRIMARIA ... A SANIDADE PÚBLICA NON SE VENDE ... DEFÉNDESE.

PLATAFORMA S.O.S. SANIDADE PÚBLICA DE FERROLTERRA

plataformasosanidadepublica@gmail.com

Enviado por:
PLATAFORMA FERROLTERRA
-plataformasosanidadepublica@gmail.com-
10 de maio de 2022 20:11

_______

Yolanda Díaz e a nova aposta polo espazo do descafeinado, ... Por André Abeledo Fernández


Por André Abeledo Fernández [*]
11.05.2022


A aposta de Pedro Sánchez, do PSOE, da patronal, dos medios de comunicación, e das elites sindicais vendidas de CCOO e UXT por Yolanda Díaz ten unha razón.

Yolanda é a liquidadora do que puidera quedar de esquerda organizada no Estado español, é a encargada de artellar outro novo espazo que acabe de diluír a esquerda na nada da inconsistencia.

A dereita mediática amósase preocupada polo dano que lle esta facendo a esquerda o non pechar filas detrás de Yolanda Díaz. O PSOE esta preocupado porque o "período de escoita", que non de negociación ou confrontación de ideas, proxectos, programas, etc, non chegue a bo porto.

A dereita mediática, a patronal, as cúpulas sindicais vendidas, todos con Yolanda Díaz e o seu pragmatismo.

Porque en tempos de crise as oligarquías prefiren unha esquerda descafeinada, aínda que iso poida reforzar as filas da ultradereita e do fascismo.

Frases baleiras que deixan claro que o proxecto esta tamén baleiro:

"Período de escoita".
"O nome é o de menos (e a ideoloxía tamén)".
"Ampliar o espazo (cando o universo xa é infinito)".
"Fuxir do personalismo (para unirse a un proxecto persoal e personalista)".

Estamos como queremos.

[*] André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xullo de 1974, militante comunista e sindicalista. Delegado de persoal da CIG no comité de empresa de Mercadona na Provincia d'A Coruña. | Facebook e Twitter.



Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
10 de maio de 2022 16:53

_______