martes, setembro 13, 2022

Alerta Amianto: A Pandemia Silenciosa - Mesa redonda en Ferrol, o mércores 14 de setembro ás 7 da tarde, no Centro Cultural Carvalho Calero do Inferniño

 


Alerta Amianto: A Pandemia Silenciosa -  Mesa redonda en Ferrol, o mércores 14 de setembro ás 7 da tarde, no Centro Cultural Carvalho Calero do Inferniño

Nos vindeiros días -20 de setembro- terá lugar o xuízo no que se resolverá a reclamación de Rafael Pillado contra Navantia pola enfermidade derivada da súa exposición durante décadas ao amianto. Pillado é un máis dos milleiros de persoas que, na nosa contorna, están afectadas polo uso indiscriminado deste axente letal que reclama a intervención decidida das autoridades no apoio ás vítimas e ás súas familias, reparacións, solucións para o presente e prevención con vistas ao futuro, tendo en conta a súa dimensión social.

Neste contexto a Asociación Galega de Vítimas do Amianto, AGAVIDA, organiza en colaboración coas Asociacións Culturais Memoria Histórica Democrática e Fuco Buxán, unha mesa redonda informativa que baixo o título ALERTA AMIANTO - A PANDEMIA SILENCIOSA tratará as claves deste debate, imprescindible e inaprazable, e na que intervirán dende perspectivas diversas Antón Losada (profesor da USC e analista político), Carlos Piñeiro (médico social e experto en afeccións provocadas pola exposición ao asbesto), Rafael Pillado (Vicepresidente de AGAVIDA) e tamén os Sindicatos que aceptaron a invitación: CIG, CGT e USTG.

Esta actividade súmase á conmemoración do Cincuentenario do 1OM do 72 xa que a seguridade no traballo era unha reivindicación clara naquel intre e moitas das persoas destacadas naqueles feitos perderon a vida a resultas da súa exposición a este material. Nestes actos que estamos a desenrolar ao longo do ano queremos que todas e todos teñamos protagonismo e polo tanto agardamos contar coa vosa participación. Un cordial saúdo.

E-mail:
10m72.50aniversario@gmail.com

Visita a nosa páxina:
Dez De Marzo Cincuenta Aniversario, no facebook.

Enviado por:
Memoria Histórica Democrática
-memoriahistoricademocratica@gmail.com-
12 de setembro de 2022 18:08

_______

Así foi a concentración en Ferrol, polas pensións presentes e futuras - Quentando motores para a marcha a Madrid do vindeiro 15 de Outubro - Vídeos do acto


O movemento democrático e reivindicativo de pensionistas pretendemos conseguir reverter as contrarreformas de pensións impostas e paralizar as que nos queren impoñer en contra dos intereses da clase traballadora. Recuperar dereitos perdidos e reclamar unha política económica e social que xere un reparto equitativo da riqueza.




💚 Para a mobilización do 15 de outubro, xa se está organizando a marcha a Madrid, para apuntar-se nos buses chamar ao teléfono 616 86 86 02 .

EXIXIMOS O IPC REAL E PENSIÓNS MÍNIMAS DIGNAS.

AUDITORÍA PÚBLICA DAS CONTAS DA SEGURIDADE SOCIAL, SEN DEMORA XA !

REXEITAMOS A PRIVATIZACIÓN
.

https://www.modepen.org/

Polo dereito a envellecer con dignidade...

Todos os cidadáns teñen dereito a unha vida digna!

Plataforma Ferrolterra na Defensa das Pensións Públicas, integrada en MODEPEN (Movemento Galego pola Defensa das Pensión Públicas).

Para contactar coa Plataforma:

Correo-e:
plataf.pensionspublicas.ferrol@gmail.com

Conta no facebook:
https://www.facebook.com/DefensaPensionsFerrolterra/

Web de MODEPEN:
https://www.modepen.org/
_______

venres, setembro 09, 2022

Quentando motores para este outono quente polas pensións presentes e futuras, concentración en Ferrol: sábado 10 de setembro, ás 12 do mediodía no Cantón - Pola recuperación do poder adquisitivo: Aplicación do IPC Real - Auditoría Pública das contas da Seguridade Social


Este sábado, 10 de setembro de 2022, ás 12 do mediodía no Cantón de Ferrol, o movemento de Ferrolterra para defensa do sistema público de pensións concentrase polas pensións presentes e futuras, nun acto reivindicativo, para quentar motores para a marcha do vindeiro 15 de outubro, onde plataformas e colectivos de pensionistas de todas as nacións e pobos do territorio do Estado, pretenden confluír en Madrid na defensa do sistema público de pensións, reclamando a aplicación do IPC real na contía a cobrar, para a recuperación do poder adquisitivo nunha situación de inflación galopante, reivindicación á que se suma a auditoría da Seguridade Social, a eliminación da fenda de xénero, contra a carestía da vida, contra a pobreza enerxética, na defensa da sanidade pública, por un parque público de vivendas, na defensa dos servizos públicos universais e de calidade, por unha banca pública...

O movemento democrático e reivindicativo de pensionistas pretendemos conseguir reverter as contrarreformas de pensións impostas e paralizar as que nos queren impoñer en contra dos intereses da clase traballadora. Recuperar dereitos perdidos e reclamar unha política económica e social que xere un reparto equitativo da riqueza.

💚 Para a mobilización do 15 de outubro, xa se está organizando a marcha a Madrid, para apuntar-se nos buses chamar ao teléfono 616 86 86 02 .

EXIXIMOS O IPC REAL E PENSIÓNS MÍNIMAS DIGNAS.

AUDITORÍA PÚBLICA DAS CONTAS DA SEGURIDADE SOCIAL, SEN DEMORA XA !

REXEITAMOS A PRIVATIZACIÓN
.

https://www.modepen.org/

Polo dereito a envellecer con dignidade...

Todos os cidadáns teñen dereito a unha vida digna!

Plataforma Ferrolterra na Defensa das Pensións Públicas, integrada en MODEPEN (Movemento Galego pola Defensa das Pensión Públicas).

Para contactar coa Plataforma:

Correo-e:
plataf.pensionspublicas.ferrol@gmail.com

Conta no facebook:
https://www.facebook.com/DefensaPensionsFerrolterra/

Web de MODEPEN:
https://www.modepen.org/
_______

Álbum Fotos da inauguración da exposición itinerante 'Rostros da Memoria Ferrol 1972' de Xurxo Lobato, celebrada en San Valentín (Perlio - Fene) e rolda de prensa


Álbum Fotos Exposición "Rostros da Memoria Ferrol 1972" en Fene

Exposición en Fene : “ROSTROS DA MEMORIA FERROL 1972” de Xurxo Lobato.

O pasado 17 de agosto, na Praza 10 de Marzo de San Valentín, Perlío-Fene quedou inaugurada a Exposición Fotográfica “Rostros da Memoria Ferrol 1972” de Xurxo Lobato, realizada grazas ao apoio da Moncomunidade de Concellos de Ferrolterra, coa colaboración das Asociacións Culturais Fuco Buxán e Memoria Histórica Democrática, e outra das actividades que se inscriben na conmemoración do 50º Aniversario dos sucesos de Marzo de 1972 que deron lugar ao “Día da Clase Obreira Galega”.

Foi, esta de Fene, a primeira mostra da exposición, que rotará logo polos restantes Concellos da Mancomunidade e se inaugurou nun acto entrañable, coincidindo co “Día da Galicia Mártir”, rodeados os Rostros da Memoria de moitos rostros coñecidos, de protagonistas dos sucesos, de xentes daquela época e de moita xente máis nova preocupada por coñecer e porque a Memoria e os valores daqueles feitos se manteñan.

Interviron o Autor, o fotógrafo e académico Xurxo Lobato, Sari Alabau en nome das persoas represaliadas, especialmente de tantas mulleres que foron partícipes e sufriron aquel Marzo del 72, O Alcalde de Fene Xuventino Trigo e Rafael Pillado, tamén como protagonista e en representación das Asociacións citadas.

Os retratos de algúns dos protagonistas que aínda están presentes simbolizan a todas e todos os que participaron daqueles sucesos. Os acompaña unha relación de persoas feridas e represaliadas e uns fermosos textos de Ánxela Loureiro, escritora e profesora e de Lourenzo Fernández, catedrático da USC.

ÁLBUM FOTOGRÁFICO | Acceder/Baixar.

Rolda de Prensa

Exposición Fotográfica “OS ROSTROS DA MEMORIA”  de Xurxo Lobato.

Celebrouse pola mañá do mesmo 17 de agosto, a presentación da Exposición coa comparecencia do Alcalde de Fene, o autor o fotógrafo e Académico Xurxo Lobato e Rafael Pillado representando aos retratados e as Asociacións Culturais Fuco Buxán e Memoria Histórica Democrática, promotoras dos actos de conmemoración do 50º Aniversario do Dez de Marzo de 1972.

O Autor agradeceu á Mancomunidade de Municipios de Ferrolterra que fixera posible esta mostra e ao Alcalde de Fene en particular, por ser este o primeiro Concello que a recibe, coincidindo ademais co “Día da Galicia Mártir”, sendo os protagonistas dos sucesos que esta exposición reflicte, verdadeiramente, mártires do franquismo. Continuará recorrendo a partir do día 31 os outros Concello da Mancomunidade.

O Alcalde Juventino Trigo amosou a súa satisfacción por ser este Concello e primeiro en acoller a mostra que será visible ademais no Barrio de San Valentín, tan vinculado á vida sindical e obreira, na praza Dez de Marzo. Un barrio que acaba de cumprir tamén o 50º aniversario da súa existencia. Agradeceu o fundamental apoio da Mancomunidade e lembrou a vinculación deste Concello á Recuperación da Memoria –onte mesmo celebraban un acto de homenaxe a Ramón Souto, o derradeiro alcalde da Republica no 86º aniversario do seu asasinato polos golpistas, xunto a outros veciños de Fene. Actos que agardan seguir facendo ao amparo da nova Lei da Memoria a punto de publicarse.

Rafael Pillado, en nome das dúas  Asociacións citadas, felicitou ao Autor, á Mancomunidade e ao Alcalde de Fene que se empeñou no proxecto desde o principio e tamén as outras persoas colaboradoras con textos no evento, a escritora e profesora Ánxela Loureiro e o Catedrático da USC Lourenzo Fernández. Relatou que ambas Asociacións promoveron un Manifesto no que se explicaba a intención de facer actividades conmemorativas durante todo o 2022 e así se ven cumprindo e deixar claro que o 10 de Marzo non foi só una reivindicación laboral, senón que tivo una dimensión política, cultural, social de loita por recuperar a democracia, e máis aló dos sucesos locais repercutiu na Universidade, en Vigo, en toda Galicia.

Que los retratados son unha parte dos protagonistas que hoxe están vivos pero que a Exposición representa a todas e todos, cun recordo moi especial a cantas persoas quedaron no camiño, aos asasinados Amador e Daniel, a tantos feridos, a Xulio Aneiros, Paco Filgueira, Paco Balón, Amor, Riobó, a quen sufriron a represión: privación de liberdade, multas, torturas, exilio, despedimentos, problemas familiares… todas e todos conformaban un exército democrático que reivindicaba a loita polas liberdades, o fin da Ditadura e a volta a Democracia.




O día 31 de Agosto a exposición foi ate o Concello de Cedeira.

Visita a nosa páxina:
Dez De Marzo Cincuenta Aniversario, no facebook.

Enviado por:
10M72 50Aniversario
-10m72.50aniversario@gmail.com-
18 de agosto de 2022 21:51

_______

venres, setembro 02, 2022

Auga, ... Por Iolanda Teixeiro Rei


Por Iolanda Teixeiro Rei [*]
02.09.2022


AUGA

Agora que chegaron os meniños saharauhis a pasar o verao con familias galegas para sacalos da calor abafante dos acampamentos, onde os voitres xeopolíticos os teñen acornellados, agora podiamos aprender a economizar a auga. Economizar, isto é, usala racionalmente, que non mercantilizala. Para iso xa están as empresas mixtas.

Imaxino que deve pasar polo caletre destes pequenos cando abren a billa e faise a milagre. Cando ven as mangueiras a toda presión derrochando auga potavel para limpar vehículos, azoteas ou encher piscinas en cada urbanización costeira. Eles si poderíannos aprender a sobriedade porque nos educaron no derroche como amósega de éxito social. O de burro grande, ande ou non ande abranguendoo todo.

Os romeiros a Compostela visitan a cidade asolagada no encoro estiñado de Belesar cal nova Lucenza ou Valverde e nos medios parece un acontecemento trivial para divertimento de turistas. Ninguén relaciona a seca coa política pantanosa da dictadura e o desenrolismo que provocou a España vaciada coa apropiación estatal dos montes comunais, o monocultivo alóctono e a agrogandeiría intensiva. Nesta sociedade de datos combustibeis bradburiáns poucos teñen tempo ou azos para atar cabos. E por iso asistimos sen pestanexar ás imaxes do telexornal onde a xente desfruta en piscinas costeiras de luxosos aloxamentos mentres en Ribadavia o concello reparte botellas para beber, noutros concellos restrinxen o consumo ou curtan o suministro polas noites a salto de mato como se non houver responsabilidade política perante esta previsible seca e a falla de planificación ou da máis mínima política hídrica.

A mesma falla de prevención que cos incendios forestais. Lume e auga, as dúas caras da mesma moeda, a moneda da mercantilización dos recursos territoriais. Hai décadas, non lembro cantas, que saía do prelo un inquietante livro de Joaquín Araújo que era toda unha advertencia, España hacia la desertización. Mais decidimos darlle as costas a un grave problema e seguir coas abraiantes políticas de trasvases onde a agricultura do norde tiña que ceder auga á economía do boom turístico e dos campos de invernadoiros da España máis seca. Enfrontando povos acusándoos de insolidarios e esquecendo que os ecosistemas distintos necesitan distintos recursos hídricos e que a agricultura sempre ten de primar sobre o turismo. Aínda há moita xente que pensa que en Galiza chove dabondo, ignorando que o clima atlántico non é igual co mediterráneo e non precisan do mesmo rexime de chuvias.

Os concellos seguen desentendéndose da boa saúde dos ríos e da conservación das fontes. Non parece ir con niguén que os puríns rematen eutrofizando ríos ao punto de que as plantas non deixen ver a auga. Cando se abre outra pista, tantas veces innecesaria, desaparecen as fontes sen que ninguén reclame.

Na terra da auga daquel spot onde unha ra brincava detrás do camión da auga embotellada, quen ousa beber nas poucas fontes que quedan? Na fonte do santoandré de Teixido hoxe a auga da fecundidade só serve para saber se a miga aboia e a parella casa. Na fonte da Moura da miña parroquia, Santa Mariña do Vilar, o acceso norde ao porto, deixounos sen unha auga que tantos veciños iamos procurar. Montes e fontes sobrevivirán somentes na acordanza daquel fermoso livro. E na terra da auga, teremos de mercala ás corporacións que se apropiaron dos nosos mananciais como fixeron as hidroeléctricas co consentimiento dos nosos políticos.

Mais isto non é máis que o principio comparado co que as nosas empresas están a facer cos acuíferos arxentinos, coas terras dos aimara ou dos mapuches chilenos. Aquí aínda non matan Bertas Cáceres ou contaminan acuíferos a mantenta para saquear os recursos como fan na África.

No mundo pospetróleo, co derretemento dos polos e os glaciares e a suba dos océanos, a auga será o ouro dos mercados bursátiles.

Cando nenos, no tempo das fresqueiras, cando case que ninguén vira unha neveira e pasava o camión que vendía o xelo cunha pedra tamaña un iceberg, quen nos ía dicir, mentres cazavamos ras na pucharca do barrio, que aquel iceberg algún día sería un enorme lingote de ouro.

[*] Iolanda Teixeiro Rei. Secretaria de organización de LiGanDo-LGD. Activista ecoloxista e decrecentista. Unha das organizadoras do primeiro Congreso Galego de Decrecemento que tivo lugar en Ferrol, no mes de outubro deste ano 2018. Articulista e licenciada en Pedagoxía Social pola USC. Profesora de Tai Chi e Chi Kung en Ferrol. No facebook e no twitter. Artigos no Diario de Ferrol e Diario Nós.

Enviado por:
Iolanda Teijeiro
-iolandateixeiro@gmail.com-
15 de agosto de 2022 03:28

_______

Imaxe: Concello de Valdoviño - Encoro d'As Forcadas.
_______

Turistización: sinos, campas e campás, ... Por Iolanda Teixeiro Rei


Por Iolanda Teixeiro Rei [*]
02.09.2022


TURISTIZACIÓN: SINOS, CAMPAS E CAMPÁS.

O grande escritor e viaxeiro Alberto Moravia, nos seus engaiolantes Paseos por África, alertava xa en recuados tempos contra o que hoxe definimos como turistización.

As grandes expedicións marítimas e o espertar das arelas exóticas acrescentadas polo romantismo á par que o petróleo barato, converteron aqueles elitistas Grand Tour da aristocracia europea nun turismo burgués que, xa nos navíos a vapor, xa polos camiños de ferro e máis tarde nos automóbiles, reduciron as distancias e o misterio. O boom turístico que sucedeu á Segunda Gran Masacre Mundial, co crescemento das grandes urbes e as grandes vías de comunicación, masificou o turismo de evasión e homoxenizou culturas e paisaxes nun xeito de colonialismo tremendamente deturpador. Os grandes tour operadores venden o lecer enlatado e os paraísos artificiais garantindo o imposibel, comodidades, aventura e seguridade. O mesmo ten que se trate do remedo dun romeiro medieval a Compostela, unha ruta por África dende 247 euros ou turismo de aventura na montaña, tan lonxe de A montaña máxica daquel Thomas Mann como poden estalo unha excursión de xubilados a Benidorm daqueles baños de barro no exquisito Bath.

A masificación turística aguilloada pola publicidade muda as cidades, vilas e aldeas en parques temáticos a demanda do turista que se cre con dereito a impor os seus costumes e vértolas, sen respectar espazos, tempos nen linguas.

Os turistas dun turismo rural séntense amolados pola bosta, os lameiros, o canto do galo que os esperta,as pitas ceivas e agora tambén polo son das campás na noite. En Herrero de Ibio, en Cantabria, -aínda ben que non foi na Campania- o párroco decide apagar os sinos polas protestas dos turistas. Seica o son metálico do bronce estrésaos máis que o bruído enxordecedor das cidades das que fuxen. Porén, a comunidade rural e os hóspedes viaxeiros reclaman o toque das campás como sinal de identidade.

Eu lembro o son bicudo da Berenguela furando a brétema polas rúas de Compostela. Ese son petava tan forte nos adentros que definía a personalidade da cidade e inclinava á introspeción nestes tempos tan dispersos. Como unha sorte de Adrián Solovio no Arredor de sí de Pedrayo, o son broncíneo daquela paisaxe sonora transportávanos á revolta contra Berenguel de Landoira e as luitas pontificias do s.XIV.

Rosalía ou Pondal versificaron todo o abano de emocións que as campás espertan, quer as de Bastavales quer as de Anllóns. E os escasos sineiros saben da habelencia de veciños que fan toques de muiñeira ou de xota anunciando festa. O antropólogo Lisón Tolosana dicía que as campás expresavan a harmonía comunitaria da parroquia chamando polos fregueses en momentos críticos. Por iso tocavan a morto, a parto ou avisavan de incendios e treboadas. Parece que o son metálico escorrentava aos nubeiros ou tronantes. Eses seres míticos altos e muros que fan as tronadas e saraivas subindo ás nubes nunha polvoriña ou remuíño de ar que fan mexando nunha morea de terra. Hai fermosas lendas e contos onde as colleitas de pan son salvadas dos trebóns polas badaladas axeitadas. Disque hai campás macho de son grave, como as que levan os volantes no antroido da Riveira Sacra e femia, cun son máis agudo. Nas noites de brétema os sinos das igrexas guiavan aos veciños para non se perderen.

Os turistas, fuxidos do estrés das súas vidas baleiras e de costas á morte, sentirán a anguria do destino en cada toque. Crenza houvo de que certo toque de campás agoirava a morte dalgún veciño. E hai unha cantiga que di que os sinos tocan polos vivos para que se lembren que son mortais. O que fai ciscar se o turista non andará a fuxir da morte mentres o viaxeiro vai ao seu encontro.

Teremos que orientar o turismo dos aloxamentos rurais cara o ecocultural e alén de ofertar cursiños de sineiro para aprender a tanxer como fan en Ouzande ou visitar obradoiros de sineiros como o de Caldas de Reis, organizar lecturas e forums encol dos sinos. Comezar polo livro Trece badaladas de Suso de Toro ou o de Xabier Do Campo, O misterio das badaladas, onde se espella como a campá partilla o tempo e orienta as horas de labor e lecer.

Anque ao boticario, don Anxo, que adoitava ler até moi tarde, as badaladas non lle permitían concentrar na lectura, e ía contando mentalmente: tann, oito. Tann, nove...Tann, TRECE…!!.


[*] Iolanda Teixeiro Rei. Secretaria de organización de LiGanDo-LGD. Activista ecoloxista e decrecentista. Unha das organizadoras do primeiro Congreso Galego de Decrecemento que tivo lugar en Ferrol, no mes de outubro deste ano 2018. Articulista e licenciada en Pedagoxía Social pola USC. Profesora de Tai Chi e Chi Kung en Ferrol. No facebook e no twitter. Artigos no Diario de Ferrol e Diario Nós.

Enviado por:
Iolanda Teijeiro
-iolandateixeiro@gmail.com-
12 de agosto de 2022 14:20

_______

sábado, agosto 27, 2022

A Plataforma no Pleno do 25 de agosto onde se pretendian aprobar 6 anos das contas irregulares de Emafesa e eximir a Emafesa da súa respondabilidade polo incumprimento das súas obrigas respecto ao saneamento do rural - O Pleno visto polos medios locais


Intervención de Lupe Ces no nome da Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización, no Pleno Municipal do Concello de Ferrol

Sr Alcalde, concelleiras e concelleiros:

O goberno municipal trae a pleno a aprobación das contas de EMAFESA dos anos 2016, 2017, 2018, 2019, 2020 e 2021, sen explicar por que non se tiñan aprobado, e que foi o que cambiou para que agora haxa que aprobalas. Cando a propia auditoría que acompaña esas contas di que non se realizaron as Xuntas de Accionistas correspondentes para aprobalas e a Interventora xeral do Concello, anima á aprobación das mesmas dicindo aos concelleiros e concelleiras que “non xera ningún tipo de responsabilidade, e que tampouco significa estar de acordo coa xestión da empresa”, como se as cantidades e partidas reflectidas nas mesmas, non responderan a actuacións concretas tantas veces denunciadas neste pleno por, cando menos, irregulares. Isto ben reflectir, non só unha mala xestión dos diferentes gobernos municipais, senón que tamén toda unha mala xestión da parte privada Socamex que controla Emafesa, sen apenas fiscalización. Parte privada que impón ao Concello de Ferrol un xerente, Alejandro Pisa Jaraba, que amosa incompetencia na xestión de Emafesa, e ao noso entender só responde aos intereses de Socamex, sen importarlle a calidade do servizo, nin os intereses da veciñanza de Ferrol.

Tamén leva a aprobación unha Addenda 1ª ao Protocolo de Execución Concertada entre o Concello de Ferrol e EMAFESA para a xestión, explotación, mantemento e conservación do sistema de saneamento e depuración. Proposta acompañada por un informe de motivación asinado polo alcalde Ángel Mato, e o xerente de EMAFESA, Alejandro Pisa. Un informe que intenta xustificar a mala xestión da empresa, ao abeiro das distintas sentencias xudiciais que lle foron favorábeis ao longo destes anos, e que chega ao delirio cando asegura que o saneamento da zona rural non se puido realizar pola suspensión da taxa ou os problemas derivados da pandemia, cando este compromiso estaba recollido no Protocolo de Execución Concertada desde o ano 2014, ou como se EMAFESA non facturara mais de 7 millóns 129 mil euros cobrando unha taxa, á veciñanza, cando non se prestaba o servizo, polo tanto tampouco se realizou o gasto previsto. Agora pretenden eximir a EMAFESA e aos tres gobernos municipais de non ter acometido o saneamento do rural. Coa aprobación desta addenda pretenden fuxir de calquera responsabilidade e condicionar a súa aprobación coa execución do saneamento do rural, que tamén vai estar xestionado por EMAFESA. Temos que dicir á veciñanza do rural, que este goberno vai poñer ao raposo a coidar do galiñeiro do saneamento no rural, e aí nos van ter á Plataforma para apoiar, denunciar e mobilizar, pero hoxe non podemos máis que mostrar o noso desacordo con esta addenda e con esta aprobación de contas.

Neste informe, o Sr Mato e o Sr Pisa, botan balóns fora, que se Narón porque non acepta a cantidade do que se lle pide, que se a suspensión da taxa, que se o COVID19... todo menos asumir que houbo e hai unha mala xestión por parte de EMAFESA e os distintos gobernos municipais que manteñen abertas moitas vías por onde se desangra unha e outra vez a esta cidade. E non falamos só da xestión da depuración, tamén falamos dos contadores, das facturación de caño libre, das lecturas estimadas irregulares e avultadas, da non retirada de tramos de tubaxe de fibrocemento, da non retirada dos emisarios sumarinos como o que emerxe na praia de Caranza, do impago do Canon Concesionario ao Concello, do cobro por duplicado de parte da xestión da rede de saneamento que agora xestiona Acuaes e Viaqua, de financiar-se co diñeiro que se lle cobra ás veciñas e veciños pola recollida e transporte do lixo e do Canon da Auga, ...

Vémonos na obriga de vir de novo ante este pleno para asegurar que este intento de legalizar e branquear a mala xestión de EMAFESA e o mal goberno de Rey Varela, Jorge Suárez e Ángel Mato, non queda sen  oposición por parte da veciñanza que levamos anos intentando defendermo-nos de todos estes abusos, aos que haberá que somar, tal e como informa a Interventora Xeral no seu “Informe de control financeiro”, o aumento exponencial dos custes eléctricos do sistema que superaron para o ano 2021 o millón de euros. As perdas deste exercicio de 2021, pretende a empresa, como así o expón no informe de xestión, que sexan compensadas mediante subvención ou o mesmo canon concesional. Un sistema de saneamento insostíbel, e a mala xestión outra vez a costa da veciñanza de Ferrol. Un canon concesional que debera ser usado para a mellora do sistema ou para abaratar o servizo e investir en eficiencia enerxética, até agora usado para financiar á empresa mediante a falta de pago do mesmo, e agora xa abertamente se solicita o seu uso para tapar a mala xestión.

A outra grande desculpa en canto á situación das contas de EMAFESA, o conflito veciño concello de Narón, volve a situarnos nunha situación produto do electoralismo e da incompetencia dos gobernos desta cidade, que non admitiron a posibilidade de colaboración e unha xestión conxunta do que é unha infraestructura supramunicipal, por máis que estea localizada na sua maior parte en territorio do Concello de Ferrol. EMAFESA non pode admitila polo que implica de control e rendición de contas a outras instancias que non sexan gobernos ben atados a través dos seus representantes nos consellos de administración.

Queremos que a depuradora volva a mans de Augas de Galicia, mentres non haxa unha xestión mancomunada; queremos a apertura dun expediente administrativo a EMAFESA; queremos unha auditoria integral, tantas veces anunciada; queremos a apertura dunha oficina municipal para recoller directamente as queixas da cidadanía polo mal servizo, abusos e incumprimentos; queremos a recuperación da xestión 100% pública destes servizos básicos.

 Sabemos que hoxe se pretende pechar a posibilidade de que todo iso aconteza, mais esta Plataforma vai seguir pelexando, porque como di a frase que se atribúe a Abraham Lincoln, “Podes enganar a todo o mundo algún tempo. Podes enganar a algúns todo o tempo. Pero non podes enganar a todo o mundo todo o tempo”.

Aproveitamos tamén para amosar a nosa solidariedade cos traballadores de parques e xardín, dicindo que hai servizos públicos que hai que remunicipalizar de maneira urxente.

Ferrol, a 25 de agosto, de 2022


O Pleno nos Médios:

💧 La Voz de Galicia. | O pleno de Ferrol tomba as contas de Emafesa e apraza a votación do saneamento rural. | Rocío Pita Parada - Ferrol - La Voz - 25 ago 2022 . Actualizado ás 23:15 h. | O goberno retirou o punto da orde do día para evitar que fose rexeitado. | O alcalde, Ángel Mato, aceptou retirar o punto. Pero antes tivo que escoitar á representante da Plataforma pola Remunicipalización, Lupe Ces, que o advertiu de que «vai poñer ao raposo a coidar do galiñeiro do saneamento no rural», en alusión ao socio privado de Emafesa, Socamex. | Ir á Web.

💧 Diario de Ferrol. | El pleno rechaza las cuentas de Emafesa y el rural debe postergar el saneamiento. |   Redacción 26 de agosto de 2022, 00:03 | La gestión de la empresa mixta de aguas –Emafesa–, las cuentas, el saneamiento o los cobros a ciudadanos y Concellos vecinos volvieron a centrar un pleno que, pese a celebrarse en el mes de agosto, fue tan o más denso que los de los meses más laborables por execelencia. | Como en todo debate relativo a la gestión del servicio del agua, la Plataforma pola Remunicpalización, con Lupe Ces como representante, intervino en el pleno reclamando una auditoría integral, una oficina para recoger demandas cidadanas, una gestión 100% pública del servicio, la apertura de un expediente administrativo a Emafesa y que la depuradora vuelva a manos de Augas de Galicia, entre otras cuestiones. | Ir á Web.

💧 Enfoques. | El pleno de Ferrol aprueba reclamar a Narón 3,5 millones por el saneamiento. | PP y BNG rechazaron aprobar las cuentas de Emafesa de los ejercicios 2016, 2017, 2018, 2019, 2020 y 2021. |  Autor Redacción
25 agosto, 2022. | El pleno ordinario de Ferrol, correspondiente al mes de agosto y celebrado esta mañana, dio luz verde esta mañana a varios asuntos relacionados con el sistema de saneamiento de la ría. Uno de los puntos más importantes se retiró del orden del día. Se trata de la propuesta de aprobación de la adenda 1ª al Protocolo de Ejecución Concertada (PEC), de 2014, entre el Ayuntamiento de Ferrol y Emafesa para la gestión, explotación, mantenimiento y conservación del sistema de saneamiento y depuración, se retiró de la orden del día. | Ir á Web.

💧 Radio Cope. | La oposición “acorrala” al gobierno de Mato. | El PSOE no logró aprobar las cuentas de seis años de Emafesa, retiró del orden del día el proyecto para el saneamiento de la zona rural y pierde la votación de las zonas verdes. | Ir á Web.

💧 Ferrol 360. | PP y BNG tumban en el pleno de Ferrol las cuentas de Emafesa de los últimos seis años. | Viernes 26 agosto 2022 | 11:31 | Nuevo pleno tensionado este jueves en el Concello de Ferrol. Casi cinco horas de debate ―que puede visualizarse en este enlace de nuevo― en las que se ha abarcado la gestión de la empresa mixta de aguas Emafesa y una vez más el pliego al que están esperando los trabajadores de Parques y Jardines. Con instantes de nerviosismo y faltas de respecto, lo cierto es que ha sido nuevamente una sesión especialmente complicada para la edil de Servizos, Ana Lamas. | Tomó la palabra Lupe Ces como representante de la Plataforma pola Remunicipalización, acompañada de un nutrido grupo que sujetaba pancartas en las que se pedía que Emafesa fuera un servicio público al 100 %. El colectivo también solicitó una auditoria a las cuentas de la empresa mixta y la apertura de un expediente administrativo, además la apertura de una oficina que atienda a las demandas de la ciudadanía y que la depuradora vuelva a ser gestionada por Augas de Galicia, entre otras. | Ir á Web.


✅ Enlace ao Texto da intervención da Plataforma no Pleno | Acceder/Baixar.

✅ Vídeo da Intervención de Lupe Ces no Pleno. | Ir á Canle da Plataforma.

✅ Vídeo do Pleno que comeza no minuto 17. | Ir á Canle do Concello de Ferrol.

PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN

Abonda de saqueo! Hai outras alternativas!
Pódese, débese e precísase!

remunicipalizacion.plataforma@gmail.com

https://plataformaferrol.blogspot.com

_______

venres, agosto 26, 2022

Intervención da compañeira Lupe Ces, no Pleno celebrado o 25 de agosto, onde o Goberno Municipal quixo dar carpetazo á xestión do saneamento, sen que ninguén asuma responsabilidades e ocultar o mal goberno e a mala xestión en todo o referente ao sistema de saneamento e depuración - Vídeo da intervención e enlace ao texto - Enlace ao vídeo completo do Pleno


Intervención da compañeira Lupe Ces, portavoz da Plataforma, no Pleno Ordinario celebrado o 25 de agosto de 2022, onde o Goberno Municipal quixo aprobar, entre outros asuntos, tres de suma importancia, para deste xeito dar carpetazo á xestión do saneamento, sen que ninguén asuma responsabilidades e ocultar o mal goberno e a mala xestión en todo o referente ao sistema de saneamento e depuración que vimos padecendo, durante mais dunha década, confiando en que a veciñanza, nos esquezamos do mal que xestionaron todo este asunto, tanto os diferentes gobernos municipais, como Socamex que é a parte privada que leva o temón e controla a xestión da Empresa Mixta de Augas de Ferrol e como Augas de Galicia (que a responsábel é a Xunta de Galicia).

Chama a atención que coa aprobación da 1ª Addenda ao Protocolo de Execución Concertada queiran eximir a EMAFESA de toda responsabilidade por non ter investido nin un só euro no saneamento do rural, investimento ao que estaba comprometido desde xuño de 2014, fai xa oito anos.

Estes asuntos que se trataron no Pleno foron:

 ✔ En primeiro lugar o goberno municipal do alcalde Ángel Mato, leva ao Pleno a proposta de aprobación das contas de EMAFESA dos exercicios 2016, 2017, 2018, 2019, 2020 e 2021. | Este punto foi rexeitado polo Pleno, cos votos do PP e o BNG.

  ✔ En segundo lugar leva a proposta de aprobación da addenda 1ª ao Protocolo de Execución Concertada entre o Concello de Ferrol e EMAFESA para a xestión, explotación, mantemento e conservación do sistema de saneamento e depuración. | Este punto foi retirado polo Alcalde, a petición do PP para chegar a un acordo co goberno Municipal.

  ✔ E en terceiro lugar, a proposta de aprobación das reclamacións ao Concello de Narón por débedas contraídas co Concello de Ferrol, en concepto de saneamento. | Este punto foi aprobado polo Pleno, cos votos do PP e o PSOE.


✅ Enlace ao Texto da intervención da Plataforma no Pleno | Acceder/Baixar.

✅ Vídeo do Pleno que comeza no minuto 17. | Ir á Canle do Concello de Ferrol.

PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas!
Pódese, débese e precísase!

remunicipalizacion.plataforma@gmail.com

https://plataformaferrol.blogspot.com

_______

mércores, agosto 17, 2022

Hoxe en Fene, mércores 17 de agosto, no Día da Galiza Martir, inauguración da exposición fotográfica de Xurxo Lobato: 'Rostros da Memoria Ferrol 1972'


Inauguración Exposición fotográfica, de Xurxo Lobato:
Rostros da Memoria Ferrol 1972.


Día: Mércores 17 de Agosto.
Hora: ás 20:30 hs.
Lugar: Praza do 10 de Marzo. San Valentín - Fene.

Este proxecto fotográfico artístico é unha homenaxe as persoas que sufriron a represión do franquismo polas loitas obreiras en Ferrol e comarca, do ano 1972, que aínda están vivas e son merecentes dun recoñecemento público no ano do 50 aniversario dos asasinatos de Amador e Daniel.

Organiza: Mancomunidade de Concellos da comarca de Ferrol.

Colaboran: A.C. Fuco Buxán e A.C. Memoria Histórica Democrática.

https://es.wikipedia.org/wiki/Xurxo_Lobato

Visita o noso Facebook.
Dez De Marzo Cincuenta Aniversario
 
Enviado por:
10M72 50Aniversario
-10m72.50aniversario@gmail.com-
7 de agosto de 2022 16:48

_______

xoves, agosto 11, 2022

Tributo a Moncho Reboiras 2022 - Actos en Dodro, Fene e Ferrol


A Unión do Povo Galego vai desenvolver como todos os anos, desde fai xa 47, os actos de tributo ao camarada Xosé Ramón Reboiras Noia asasinado pola policía española no ano 1975. Os actos de tributo desenvolveranse a vindeira sexta feira 12 de agosto baixo o programa que se anexa.

ACTOS CONMEMORATIVOS


DODRO

Cemiterio de Imo.

Ás 12:00h. Ofrenda floral.

FENE.

SCDR O Pote, Maniños.

Ás 14:30h. Xantar popular.

Ás 16:30h. Conferencia de Duarte Correa: “Novos desafíos no marco internacional”

FERROL.

Ás 19:00h. Concentración da Praza de Armas. Saída cara á rúa da Terra onde foi asasinado Moncho Reboiras. Ofrenda floral e canto da Internacional.

Ás 19:30h. Intervencións Políticas na Praza de Armas.

- Manuel Polo (Secretario de Zona e concelleiro do BNG en Fene).

- Iria Carreira (Secretaria Xeral da UMG e deputada no Parlamento Galego).

- Néstor Rego (Secretario Xeral da UPG e deputado no Congreso).

Ao remate, canto do himno galego.

O lugar do xantar ás 14:30 será nas instalacións da SCDR O Pote de Maniños. O enderezo é: O Pombal, Estrada da Palma 217 Maniños, Fene. Anexamos ligazón coa localización: Google-Maps

O prezo do xantar é de 20 € (empanada, arroz con polo, postres, café, viño ou auga) existindo tamén a posibilidade de asistir levando o tu propio xantar. Tanto nun caso coma noutro será preciso anotarse no correo electrónico upg@upg.gal, indicando o nome das persoas e a opción pola que optas. A data límite para se anotar será cuarta feira 10 de agosto.

Recollendo o exemplo do camarada Moncho Reboiras no traballo de autoorganización do povo galego, proclamamos a nosa fidelidade á causa da independencia nacional da Galiza, á que o noso camarada entregou a súa vida, e convidámoste a participar nesta homenaxe.

Fonte: UPG | 04/08/2022/

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
9 de agosto de 2022 23:47

_______

Cume pola Paz contra as guerra alternativo ao cume da OTAN en Madrid - Vídeos dos diferentes actos realizados


RELACIÓN DE VÍDEOS DA CONTRACUME POLA PAZ CONTRA AS GUERRAS OTAN NON 18 XUÑO BARCELONA

COMUNICADO

Enviamos enlaces para acceder e difundir as gravacións das conferencias da Contracume do 18 de Xuño organizada pola Plataforma per a Pau contra lles guerres, OTAN NON de Catalunya.

"CONTRACUMBRE POLA PAZ, OTAN NON (I)"
https://youtu.be/FIIAHnWLeBQ

Cume pola Paz alternativa ao cume da OTAN en Madrid. Estas son os 3 primeiros relatorios co título "Balance das guerras e agresións da OTAN e EEUU".
Anxo Tubau, Ernesto Gómez da Hera, Toni Barbará.

"CONTRACUMBRE POLA PAZ, OTAN NON (II) - VISIÓNS FEMINISTAS"
https://youtu.be/xYCWthpoHw4

"Visións do movemento feminista sobre as causas e consecuencias das guerras, o imperialismo e a OTAN. Propostas para avanzar nun mundo de paz".

Cristina Simó, Montse Cervera, Encarna López, Betty Porto.

"CONTRACUME POLA PAZ (III) - CANVIS GEOESTRATÈGICS" 1ª Part
https://youtu.be/VI2aZ-4CwGM

Esta primeiro parte contén os relatorios de Manolo Monereo, Iñaki Gil de San Vicente, José Luís Gordillo e Ramon Franquesa. Os cambios xeoestratéxicos nos últimos tempos: dun mundo unipolar a outro multipolar. O papel de China, o continente asiático e a alianza AUKUS. Os obxectivos do cume da OTAN en Madrid.

"CONTRACUME POLA PAZ (IV) - CAMBIOS GEOESTRATÉGICOS" 2ºParte
https://youtu.be/yhssyRxenEo

A segunda parte da Mesa sobre "Cambios geoestratégicos nos últimos tempos. dun mundo unipolar a outro multipolar" contén o coloquio entre os relatores e unha breve entrevista de Pablo Moschini a Manolo Monereo.

"CONTRACUME POLA PAZ (V) - A DESPESA MILITAR"
https://youtu.be/S80K--6brXM

A despesa militar a Espanya i lles seves conseqüêncies. A militarització de Uniuna Europea. A indústria d'armes i o Capitalisme. Ponents: Xavier Bohigas, Teresa Fortuny, Enric Prat.

"CONTRACUME POLA PAZ (VIN) - CONSECUENCIAS DAS GUERRAS"
https://youtu.be/Sy-yr5A_JS0

As consecuencias das guerras, o papel da OTAN i o sistema neoliberal sobre o equilibrio socio-ecolóxico no planeta. Que facer?

Relatores: Fernando "Topo" Saz, Chloé Meulewaeter, Carolina Pérez.

"CONTRACUME POLA PAZ (VII) - AMÉRICA LATINA I As AGRESIÓNS DE EEUU" 1ª Parte
https://youtu.be/ixE9Isc141E

América Latina e as agresións de Estados Unidos. Resistencias antiimperialistas. Extensión da OTAN a Colombia.

Relatores: Carlos Rossetti, Victor Rios, Manuel Giraldo Magín.

"CONTRACUME POLA PAZ (VIII) - AMÉRICA LATINA E As AGRESIÓNS DE EEUU" 2ªParte
https://youtu.be/pu2Up8_3dDI

América Latina e as agresións de EEUU. Resistencias antiimperialistas. Extensión da OTAN a Colombia.

Intervencións de Claudio Martini (Brasil), Liseth Mosteiros (Bolivia), Lorie Endara (Ecuador) e Claudia González (Cuba).

Coloquio e entrevistas de Pablo Moschini a Manuel Giraldo-Magil e a Victor Rios.

"CONTRACUME POLA PAZ (IX) - CONSECUENCIAS DA GUERRA DE SANCIÓNS CONTRA RUSIA"
https://youtu.be/gcNMSWp_oDI

As consecuencias sociais e económicas da guerra de sancións contra Rusia no marco da guerra de Ucraína: que facer para detela. A visión da mocidade.

Mirar Etxezarreta (economista), Pol Mena (CCOO), Isaac Salinas (IAC), José Domingo (CO.BAS), Conchita Ribeira (COESPE), Sara Leyva, Jordi Trujillo (Coord. Parados).

"CONTRACUME POLA PAZ (X) - CLAUSURA E VALORACIÓN".
https://youtu.be/1u2Wa1R6X0A

Acto de clausura da Contracumbre pola Paz do 18 de Xuño en Barcelona, alternativa ao cume da OTAN. Intervención de Carmenza de Sindillar-Sindihogar e valoración da Xornada a cargo de Diosdado Toledano e Luís Blanco.

Por problemas técnicos non puido gravarse e editarse o acto de apertura e o relatorio sobre “África: tras a liberación anticolonial e do apartheid continúan as agresións imperialistas. Os fluxos migratorios consecuencia das guerras. Oriente Medio. Palestina. Sahara”.

Agradecemos o traballo realizado por Marea TV nos traballos de gravación e edición.

Plataforma pola Paz, contra as guerras, OTAN NON de Cataluña

Enviado por:
Plataforma Saír Euro
-salireuro3@gmail.com-
10 de agosto de 2022 16:04

_______

LiGanDo contra a aplicación da Lei mordaza contra a protesta da veciñanza d'A Graña na reivindicación dun estacionamento para o barrio


COMUNICADO DE LIGANDO

Desde Ligando queremos facer público o noso apoio á veciñanza do barrio de A Graña, en Ferrol, diante da multa de 601 euros enviada pola Subdelegación do Goberno a un veciño, identificado pola policía local sen información das razóns, durante un acto de protesta veciñal reclamando aparcadoiros en superficie no barrio.

Este non é un caso puntual do goberno Mato senón que vimos asistindo, durante toda a lexislatura, a unha bunkerización do concello, pechado a cal e canto á cidadanía.

Non só o concelleiro de Seguridade, Julián Reina, non responde á solicitude de xuntanza coa veciñanza senón que reprime o dereito de manifestación enviando á policía local como medida coercitiva. O mesmo que aconteceu nos actos de inauguración da derradeira Poesía Salvaxe. E, por riba, desvincúlase da actuación policial como se a concellalía de seguridade non fora da súa responsabilidade.

Denunciamos que o goberno Psoe, tanto desde o goberno local de Ferrol como desde a Subdelegación do Goberno adícase a aplicar, sistemáticamente, medidas coercitivas que coartan os dereitos fundamentais da cidadanía, aplicando esa Lei Mordaza do PP que o propio Psoe ía derogar axiña chegara ao goberno central.

Asimesmo, criticamos a FeC e ao BNG por seren cómplices da situación e apoiar agora un acto diferenciador preeleitoral pretendendo marcar as diferencias nun último momento cando, por inacción ou omisión, eles tamén foron responsabeis de que en toda a lexislatura o goberno Mato poidera amosar unha gobernanza tan déspota coa cidadanía.

Iolanda Teixeiro Rei
Portavoz de Ligando Ferrol


LiGanDo-LGD

http://www.ligando.org/

Facebook | Twitter


Enviado por:
LiGanDo Ferrol
-ligando.ferrol@gmail.com-
10 de agosto de 2022 11:50


_______

domingo, agosto 07, 2022

Vergoña de Praia de Oza Adaptada, ... Por Xaquín Campo Freire


Por Xaquín Campo Freire [*]
17.08.2022


CARTA ABERTA E SOLIDARIA PARA O AMIGO IAGO SANTALLA

Hai días, 03-08-2022, recibín no facebook esta denuncia social do noso benquerido amigo Iago Santalla e interpeloume persoalmente. Algo así como: non fiques calado! Únete ao seu grito de dor e de rebeldía absolutamente xusta. Se fico calado eu tamén son responsábel do abandono e dos desprezos aos débiles.

O texto dicía así:

Iago Santalla.- “Vergoña de Praia de Oza Adaptada. Dous anos levan unhas pasarelas adaptadas, compradas polo Concello da Coruña, metidas nunha caseta e sen usar. Pasarelas que facilitan o acceso a auga polo areal coa silla de rodas. Sufrimolo tod@s os que imos en silla e os que pagamos impostos”. Facebook, 03-08-2022.

Antes de nada, todo o afecto e solidariedade contigo, querido Iago. E, en ti, tamén con todas as máis diversas persoas dos máis variados casos nos que se ven afectados ou teñen dificultade en todos os tipos de discapacidades: visuais, mentais, auditivas, afectivas, soidades, desprezos, depresións, inmobilidades diversas, etc.

E aquí estamos todos implicados. Non vale apuntar co dedo cara ao outro ou pórme da parte dos bonitos, “dos que todo o facemos ben”. Todos, eu tamén, somos responsábeis. Que ninguén se bote da parte de fóra. É un problema persoal e colectivo. De todos os sitios: campo e cidade. Non estamos a facer as cidades ou as aldeas para as persoas.

Non damos a preferencia debida a quen menos pode, tiramos lixo onde logo hai un perigo serio para a saúde pública ou para a mobilidade de nenos e maiores, derrubamos os contedores comúns, escachamos vidro ou espallamos moreas de porcalladas. Os restos máis diversos dos botellóns fican a cotío estrados perigosamente para todos polas rúas, nos bancos, no campo ou nos portais.

Pensemos nos incendios, na eucaliptización salvaxe ou na explotación irracional do mundo que nos toca vivir. Na destrución da sanidade pública ou da axuda social ou na degradación sistemática do sistema xeral educativo, etc.

No ben común e na “res pública” estamos toda a cidadanía: Estruturas e sistemas; familia, escola, autoridades e os individuos. E aí estamos todos. No dano e no mal que facemos as cousas, tamén. Non vale dicir: “A mi nadie me tiene que venir a indicar cómo o con quién tengo que beber o comportarme en la calle a la hora que a mi me convenga y como me plazca”. Suavicei a cita do señor que a proferiu xa que na súa literalidade era moito máis desprezativa, chulesca e irreverente.
Semella que unha educación cívica, en novos e maiores, está en regresión e é deficiente. Mesmo cando facemos unha obra calquera miramos máis para a nosa idea e comodidade. Porén, como queda todo ou onde o imos tirar os refugallos? É un problema de cidadanía.

Parecía como que tiñamos moito adiantado. Pero volven a xeneralizarse os malos hábitos e medra o descenso da conciencia común de respecto ao outro e ao de todos.

Con actitudes e soflamas coma as da Señora Ayuso, invitando a unha liberdade de facer o que mellor me pete e me veña en ganas en cada momento non se axuda en nada. E cito a esa señora por ser unha autoridade moi significativa dunha gran comunidade. Dáme igual do lado que sexa. É unha autoridade, que manda e goberna, e debe cumprir unha función de exemplaridade social. Como que o faga Putin ou os negacionistas da vacinas anti Covid, ou os que gobernan os Xeriátricos onde apodrecen anciáns e escravizan aos traballadores e tratan aos familiares daquela maneira. Parece que o importante é só o máximo lucro.

Xa sei que a pandemia fixo moito dano psicolóxico e alterou moito as formas de vivir e aumentou os desesperos ante a vida. Estannos avisando da grande necesidade da axuda de psicólogos e psiquiatras que nos axuden a reestruturar de novo as persoas e as comunidades. Incluso medran os riscos de suicidio desde idades moi temperás. Estamos todos moi necesitados dunha grande sanazón persoal e colectiva. E cómpre tomar conciencia. Vainos niso a vida.

Pero estou profundamente contigo, Iago. Porque, logo, a vida dáse na realidade concreta de cada intre. E ademais do quefacer institucional, hai que baixar á realidade e denunciar publicamente os casos concretos. Porque é aí, no concreto, onde sofren as persoas e tamén onde se dan solucións. Porque os que non sufrimos esa necesidade miramos para o outro lado. E non sempre por malicia. Simplemente porque “non me apreta o zapato” ou porque vivo máis cómodo así, ou ...  E o que non se di non se sabe. Pero o problema segue aí para todos e segue sendo esencialmente estrutural e iso xa é político, de todos os partidos e ideas. A casa común é unha causa común.

Unha aperta, meu benquerido amigo, noso estimado Iago. A túa denuncia xa deu algo de froito. Non desesperes. Mira cantos e cantas nos solidarizamos contigo e con todo o que estás a denunciar.

Dicía Castelao: Petar na i-alma do povo ata conquerir un estado de conciencia colectiva revolucionaria e de necesidade cambio. Ti xa o fixeches, amigo. E fixéchelo para beneficio de todos. Aí está o teu gran valor.
 
GRAZAS, IAGO. Ti sempre tan positivo e colaborador. Sempre fuches un grandísimo e eficaz educador. GRAZAS.

Con todo afecto e respecto de  Xaquín de Roca.

[*] Xaquín Campo Freire [Xaquín da Roca], Narón 1937, é un relixioso galeguista. Graduado social, ATS pola Universidade de Santiago de Compostela, a diplomatura en Xerontoloxía Social pola Universidade Complutense de Madrid e é licenciado en Teoloxía Pastoral Sanitaria, pola Universidade Camillianum de Roma dende 2005. É membro do consello de redacción da revista Encrucillada así como membro ordinario da AELG. Traballou de enfermeiro no PAC de Fene e de capelán de Residencia de Anciáns. Na actualidade é director do Centro de Acompañamento e Relación de Axuda e da Escola de Saúde e Centro de Escoita Activa Mons. Araúxo.

Enviado por:
Xaquin Campo Freire
-xaquinderoca@mundo-r.com-
4 de agosto de 2022 20:05

_______

sábado, agosto 06, 2022

LiGanDo ante as restricións de auga potábel en Miño


Restricións de auga potable en Miño

Diante do bando da Alcaldía de Miño, emitido no día de hoxe, no que anuncia medidas de restrición no uso da auga da traída municipal desde LiGanDo Miño temos que manifestar que o mesmo chega tarde. Desde LGD-Miño levámos desde o mes de Maio alertando sobre a situación de baixo caudal no que se atopa o Río Lambre así como do informe da empresa de Espina & Delfin sobre a situación de estres na que se atopa todos os anos a traída municipal de auga. Este informe esta incluído no proceso de consultas para a construción de máis de 300 vivendas en Monte Piñeiro e está sendo sistematicamente ocultado a veciñanza de Miño.

Aledamos que Faraldo teña entrado en razón e anuncie medidas para intentar garantir o subministro de auga para as vindeiras semanas e meses. Entendemos que as mesmas van tardar un tempo en ser asumidas polo conxunto da veciñanza, debido as inercias no comportamento e que por iso chegan tarde.

Aproveitamos para RECLAMAR ao concello explicacións claras e detalladas dos planos que ten para que nos vindeiros anos sexa compatible a construción das macrourbanizacións promovidas polo goberno local como as de Monte Piñeiro a vez que garante o subministro da auga potable para o conxunto da veciñanza.

Miguel Anxo Abraira.

LiGanDo-LGD

http://www.ligando.org/

Facebook | Twitter


Enviado por:
LiGanDo Lgd
-ligando.lgd@gmail.com-
5 de agosto de 2022 17:56

_______

A 77 anos do magno-crime contra a humanidade do governo USAméricano en Hiroxima e Nagasáqui: Não à guerra! Sim à paz! Por um mundo livre de armas nucleares - Construír a Paz, abolir a Guerra....


Hoje, 6 de agosto  de 2022, é o 77 aniversário do horror nuclear de 6 Agosto de 1945, quando o governo USAméricano deixou caer a bomba atómica sobre Hiroxima e tres días máis tarde em Nagasáqui. Mais de 100 mil pessoas morreram ao momento e sobre umhas 250 mil com posterioridade como conseqüência dos efectos da radiaçom. Um magno-crime contra a humanidade que nunca foi julgado. A impugnidade do império continúa a día de hoje. Este aniversário deveria fazer-nos reflexionar da importáncia da loita contra o militarismo e o crecente armamentismo dos estados: Construír a Paz, abolir a Guerra....

DECLARAÇÃO DE RUI FERNANDES, MEMBRO DA COMISSÃO POLÍTICA DO PCP

"Não à guerra! Sim à paz! Por um mundo livre de armas nucleares"

5 Agosto 2022

Lembrar o horror nuclear de 6 e 9 de Agosto de 1945, em Hiroxima e Nagasáqui, é para o Partido Comunista Português um dever de memória e um momento de reafirmação, ano após ano, do firme empenho dos comunistas portugueses na luta por um mundo de paz e amizade entre os povos, liberto da ameaça das armas nucleares, onde os imensos recursos desperdiçados em armamento sejam canalizados para a promoção do progresso social e o combate à fome, à doença, ao subdesenvolvimento e a outros graves problemas que afectam a grande maioria da Humanidade.

No momento em que o imperialismo fomenta a tensão nas relações internacionais, com expressão na escalada de guerra e de confrontação na Europa e noutras regiões do mundo, como na Ásia-Pacífico, com os sérios perigos que uma tal escalada comporta para o mundo, e na qual se insere a provocatória visita de Nancy Pelosi a Taiwan, mais necessário se torna recordar o que foi e o que significou o criminoso lançamento pelos EUA da bomba atómica sobre as cidades japonesas de Hiroxima e Nagasáqui, que provocou mais de 200 mil vítimas.

Para o sucesso da luta para que o horror nuclear jamais se repita é necessário não deixar cair no esquecimento o lançamento da bomba atómica sobre Hiroxima e Nagasáqui, nem permitir a falsificação das circunstâncias e objectivos que o rodearam.

Falsamente apresentada como indispensável para derrotar o Japão e pôr fim à Segunda Guerra Mundial no Pacífico, pois na verdade o militarismo japonês já se encontrava derrotado, a utilização da arma atómica pelos EUA, único país que então a possuía, constituiu uma afirmação de força do imperialismo norte-americano e da sua desmedida ambição de hegemonia mundial, visando particularmente a URSS e o ímpeto de luta libertador que então despontava no mundo.

Tratou-se na realidade de uma expressão extrema da natureza militarista e agressiva do imperialismo que, limitada pela luta dos trabalhadores e dos povos e pela existência da URSS e do campo socialista, se tornou ainda mais violento com o desaparecimento do poderoso contrapeso que estes países e a sua política em defesa da paz e do desarmamento representavam. O constante aumento das despesas militares, a produção de armas cada vez mais sofisticadas, o constante reforço e alargamento da NATO, o abandono de importantes acordos de desarmamento, nomeadamente quanto ao armamento nuclear, o sistemático desrespeito dos princípios da Carta da ONU e do direito internacional, a multiplicação dos actos de ingerência e agressão contra povos e países por parte do imperialismo, encerra perigos gravíssimos para o próprio destino da Humanidade.

Fonte: PCP - Avante.

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
5 de agosto de 2022 21:41

_______

xoves, agosto 04, 2022

Camarada Moncho a loita continúa, ... Por Celso Posada Fernández


Por Celso Posada Fernández [*]
04.08.2022

CAMARADA MONCHO REBOIRAS A LOITA CONTINÚA

O vindeiro 12 de Agosto cúmprense 47 anos do infame e abxecto asasinato pola policía franquista española en Ferrol do camarada Xosé Ramón Reboiras Noia (Moncho Reboiras)  comunista e nacionalista galego, militante da UPG e grande loitador antifranquista, pola democracia, polos dereitos nacionais da Galiza e pola defensa dos dereitos da clase traballadora galega.

Dende Ferrol quero  mandarlles unha forte aperta e todo o meu apoio a familia do camarada Moncho Reboiras, as súas amizades e camaradas da Unión do Povo Galego (UPG) organización comunista patriótica galega na que síntome orgulloso de militar e compartir loitas.

A mellor homenaxe que podemos facerlle o camarada Moncho Reboiras é continuar na loita por unha Galiza Ceibe, Soberana e Socialista, na defensa dos dereitos das clases populares galegas, da nosa lingua e cultura galega, polo Socialismo e fronte ao fascismo e o imperialismo.

Camarada Moncho Reboiras: a loita continúa!

Por unha Galiza Ceibe, Soberana e Socialista.

Viva a clase traballadora galega e Adiante coa UPG

[*] Celso Posada Fernández, nado en Ferrol o 16 de Xullo de 1980. É un activista en diferentes movementos sociais de Ferrolterra e membro da plataforma SOS Sanidade Pública. Militante do BNG e da UPG. Diplomado en Maxisterio de Educación Primaria pola Universidade da Coruña e Monitor de Tempo Libre.| No Facebook. | En Twitter. | Artigos en: Nós Diario, Diario de Ferrol, Galicia Confidencial, Ferrol 360, GalizaLivre, Praza Pública, El Comunista e Ártabra 21.

Enviado por:
celso posada
-celsoposada2006@hotmail.com-
3 de agosto de 2022 23:47

_______

xoves, xullo 28, 2022

Ningunha persoa é ilegal, ... Por Celso Posada Fernández


Por Celso Posada Fernández [*]
28.07.2022


NINGUNHA PERSOA É ILEGAL

Dende Ferrol quero amosar a miña máis enérxica repulsa ao salvaxe asasinato de 37 persoas migrantes na fronteira sur das vallas de Melilla o pasado mes de Xuño persoas que estaban buscando un futuro mellor, unha vida digna e escapando da guerra dos seus países entre eles Sudán. Esta masacre non pode nin debe quedar impune, deben investigarse todas estas mortes e levar ante a xustiza e condenar aos culpábeis destas mortes.

Son infames as imaxes que saíron nalgún medio de comunicación onde se ve a policía marroquí coa colaboración da española golpeando brutalmente a estas persoas, deixándoas inconscientes, amontoadas no chan e atentando salvaxemente contra as vidas e os dereitos humanos destas persoas e non podemos nin debemos mirar pra outro lado, igual que son infames as palabras de Pedro Sánchez Presidente do goberno do Estado Español dicindo que esta salvaxada cometida contra os dereitos humanos pola policía da ditadura marroquí estaba ben feita. Son miserábeis esas palabras de Pedro Sánchez e infames e máis de alguén que se di de esquerdas, socialista e o secretario xeral do PSOE que parecía o portavoz da ultradereita así como é unha vergoña que o goberno que se di o máis progresista da historia apoie a ditadura de Marrocos de Mohamed VI abandonando de xeito vergoñento ao pobo saharauí e o seu lexitimo dereito de autodeterminación.

Quero tamén amosar todo o meu apoio e solidariedade coas familias e amizades destes 37 compañeiros asasinados porque non son mortes son asasinatos.

Hoxe é máis necesario que nunca loitar contra as políticas de odio, racistas tanto como da extrema dereita como do fascismo que enfronta o último como penúltimo, ao servizo das elites e que criminalizan ás persoas migrantes, defender os dereitos humanos de todas as persoas, fechar as infames cárceres onde se vulneran flagrantemente os dereitos humanos chamadas CIES, acabar cos voos de deportación, coas devolucións en quente, retirar as concertinas das vallas de Ceuta e de Melilla e coas políticas racistas, colonialistas e xenófobas dunha Europa Fortaleza que espolian os recursos de moitos países de orixe destes compañeir@s migrantes así como coa política migratoria de esta Unión Europea que en vez de garantir vías legais e seguras pras persoas migrantes e refuxiadas, aposta pola externalización de fronteiras a países terceiros.

Como activista antirracista sempre loitarei fronte ao racismo e a xenofobia e na defensa das liberdades e dos dereitos humanos, xa que todas as persoas temos dereito a unha vida e un futuro dignos, a que se vexan cubertas as nosas necesidades básicas e a unha Sanidade Pública de calidade así como a un traballo digno independentemente da nosa cor de pel, do noso país de orixe, da nosa condición sexual.

Ningunha persoa é ilegal
Non son Mortes son Asasinatos
Migrar é un dereito
Nunca Máis ao racismo e a xenofobia.


[*] Celso Posada Fernández, nado en Ferrol o 16 de Xullo de 1980. É un activista en diferentes movementos sociais de Ferrolterra e membro da plataforma SOS Sanidade Pública. Militante do BNG e da UPG. Diplomado en Maxisterio de Educación Primaria pola Universidade da Coruña e Monitor de Tempo Libre.| No Facebook. | En Twitter. | Artigos en: Nós Diario, Diario de Ferrol, Galicia Confidencial, Ferrol 360, GalizaLivre, Praza Pública, El Comunista e Ártabra 21.

Enviado por:
celso posada
-celsoposada2006@hotmail.com-
28 de julho de 2022 14:49
_______

luns, xullo 25, 2022

No día da Patria Galega, ... Por Iolanda Teixeiro Rei


Por Iolanda Teixeiro Rei [*]
25.07.2022


NO DIA DA PATRIA GALEGA

Galiza é unha nazón fanada, esguía, mutilada. Un territorio circuncidado nun rito de iniciación que nos apresa nunha eterna adolescencia emocional. Un territorio ocupado como pode ser o povo irmao saharaui. Mais a ocupación galega é solermiña, doutra fasquía.

A nazón galega finou en 1073 e foi soterrada en 1090 no sochán do reino leonés co rei García. Por volta de 1140 aventáronse as nosas cinzas coa fundación de Portugal.

Dende eses recuados tempos apenas somos unha pantasma nacional. Unha pantasma que peregrina a Compostela cada ano como á Meca.

Fumos expropiados dos tres requisitos que marca o dereito internacional para sermos Estado: territorio, povoación e governo autónomo.

A povoación galega vense exiliando masivamente dende o século XIX por motivos coloniais forzados pola política imperialista española que nos condenou a un arrabaldo do que seguir chuchando a nosa riqueza económica. A nosa dependencia colonial é máis forte quizais pola nosa semellanza linguístico-cultural co seu principal nemigo peninsular, Portugal. Lembrámoslles demais ao único territorio peninsular ceivo das gadoupas castelás.

Ficamos tan poucos galegos e tan avellentados na Galiza -tendo sido no pasado unha das terras amplamente povoadas-, que se non fora polos inmigrantes, a estas alturas as cidades e vilas galegas non serían máis ca xeriátricos e mestos cemiterios.

Que dizer do noso territorio alén de non ser noso? Podemos ternos por tan propietarios como o son os africanos. Malia que aquí non verán ninguén os cascos azuis. Aos señores da terra sucedéronlle os señores do livre mercado sen solución de continuidade. Os camiños da vida oterianos. A fidalguía alleada, señores de forma e coitelo, foron subrogados ás multinacionais do mundo Global mudados nunha caste de burgueses ananos. Tan ananos como os daquel burdel aclimatado de Ferreiro. Eles son donos de vida e morte do noso territorio. O mesmo ten o tipo de propiedade, privada, estatal ou ese roubo sen volta que é a propiedade comunal. Os ananos mercadean coas vías de transporte que betumescurean o mapa enteiro en redes de autoestradas, viaductos, rotondas e pistas locais dunha vergoñenta parcelaria que rematou por retallar o territorio para facilitar a viaxe das elites, larpar as nosas riquezas e facilitar os incendios e a deturpación do atrasado territorio senlleiro. A especulación do tixolo e o formigón elevada a industria autóctona xunto co xacobeo de Santiago matamoros e pecha España.

Unha vez vaciado o rural das xentes veu o saqueo da minería e das repovoacións forestais. A plantación de patacas nos humidais. A destrución programada da agricultura localizada tradicional e da gandeiría extensiva. Nas costas, a pesca e o marisqueo tradicional, afogado pola industria contaminante e os lobbies do mar disfrazados de acuicultura.

Ficamos sen territorio porque os galegos urbanizámonos a medida que nos fumos alleando cun concepto errado de progreso. A medida que modernizamos os caciques. A medida que mudamos a lingua e o sotaque. Que deixamos talar as fragas nas lapas do progreso. A medida que o carro vale máis que a terra e asilamos aos devanceiros. Perdemos o territorio colonizados pola moda allea, vendidos ás letrinas sen outro afán nin fin que o merco-vendo. Alugamos a identidade.

Hoxe o 40% do territorio témolo a eucalito e matogueira. A metade da Galiza é un palleiro presto a arder pasto da cinzas das Pasteiras. A gandeiría intensiva presta a se afundir á sombra especulativa dos mercados europeos e do devalo enerxético. Os montes ameazados de centos de proxectos de saqueo da minería e das mal chamadas enerxías limpas. Enerxía colonial deslocalizada. Unha bomba de gas, tambén nacionalista e agora verde, ameazando voar polos aires a povoación de Ferrolterra. Gas licuado como os nosos miolos de galegos en barbecho. Falsas promesas descarbonizadoras pontesas. Promesas por unha emerxencia climática que un nacionalismo miope e curtopracista nunca defendeu.

Galiza, aquela terra minifundiaria alcumada de autárquica, é hoxe unha terra sen resiliencia. Só o 3,9% do noso territorio adicámolo á produción alimentar. Deixamos pechar cooperativas alimentarias namentras desbotamos fondos europeos en absurdas dixitalizacións e biomasas multinacionais nun mundo en devalo enerxético. Acosamos as feiras e mercados tradicionais sometidos á dictadura dos supermercados. Afiuzamos as nosas vidas aos ventos dos Mercados da gran distribución. Expostos á fame negra coa posibel creba das cadeas globais de suministración.

En tempos de colapso temos un territorio en destrución acelerada cunha poboación sen alfabetizar na supervivencia, sen ruralizar que só mira o rural para chantar eucalitos ou facer rutas guiadas.

Nin territorio, nin povoación nin governo autónomo. (Non confundir con Comunidade Autónoma). Non, non somos un Estado.

No Día da Patria, Galiza segue a ser unha nazón fanada a escoitar uns rumorosos de repovoación que nada din.

[*] Iolanda Teixeiro Rei. Secretaria de organización de LiGanDo-LGD. Activista ecoloxista e decrecentista. Unha das organizadoras do primeiro Congreso Galego de Decrecemento que tivo lugar en Ferrol, no mes de outubro deste ano 2018. Articulista e licenciada en Pedagoxía Social pola USC. Profesora de Tai Chi e Chi Kung en Ferrol. No facebook e no twitter. Artigos no Diario de Ferrol e Diario Nós.

Enviado por:
Iolanda Teijeiro
-iolandateixeiro@gmail.com-
24 de julho de 2022 22:15

_______