xoves, decembro 17, 2015

“Co acordo da COOP21 os gobernos fracasaron, as multinacionais gañaron e o planeta perdeu”, di a eurodiputada galega Lidia Senra - O texto final adoece dun perfil fondamente “continuista” que segue a fomentar a “mercantilización do clima e da Natureza” - Sitúa os intereses das potencias occidentais por riba dos dereitos humanos


Lídia Senra: “Co acordo da COOP21 os gobernos fracasaron, as multinacionais gañaron e o planeta perdeu”. | A eurodeputada de AGEe cualifica este acordo de “egoísta” ao situar os intereses das potencias occidentais por riba dos dereitos humanos. | O texto final adoece dun perfil fondamente “continuista” que segue a fomentar a “mercantilización do clima e da Natureza”.


Durante a realización da actual sesión plenaria do Parlamento Europeo en Estrasburgo, as conclusións do Cumio Mundial do Clima celebrado en París entre o 30 de novembro e o 11 de decembro -Coop21[1]- están a ser obxecto de valoración por parte da Eurocámara.

Para a eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, o acordo acadado “segue sen dar respostas ao cambio climático”. Efectivamente, custa confiar nun compromiso de redución de emisións de gases de efecto invernadoiro que non é vinculante para os Estados. “É un acordo egoísta”, abondou, xa que sitúa unha vez máis os intereses da gran industria e das potencias occidentais por riba dos dereitos das persoas e dos pobos e, en particular, dos pobos costeiros do Sur, xa que “algúns nos pequenos países do Pacífico xa están tendo que ser realoxados porque a subida das augas xa levou o seu territorio”, lembrou a eurodeputada galega en alusión ás refuxiadas/os climáticos.

O texto aprobado “segue apostando pola mercantilización do clima”, analiza Senra, xa que mantén instrumentos de capitalización de recursos naturais fondamente criticados como, por exemplo, o mercado de bonos de carbono, “que permite que quen ten diñeiro pague para seguir emitindo gases de efecto invernadoiro”.

Aliás, este acordo elude asumir a clara necesidade dunha transformación total dos modelos de consumo, desenvolvemento, industrialización da agricultura e modelo de comercio mundial que están impulsando, é dicir, un conxunto de modelos “despilfarradores de enerxía e de recursos”.

Este pacto é, polo tanto, un consenso internacional “para continuar coa especulación financieira sobre a Natureza, coa industrialización da agricultura, co acaparamento dos recursos naturais e os acordos de libre comercio”, eixos que fan circular cada día toneladas de alimentos e mercadorías, provocando que o actual sistema alimentario industrial a nivel mundial sexa o responsábel do 50% de tódalas emisións de gases de invernadoiro malia a ser un sistema “innecesario” perfectamente prescindíbel, xa que estes produtos “poden conseguirse en circuítos curtos”, reiterou a eurodeputada galega.

Polo tanto, á vista dos resultados da COOP21, “os gobernos fracasaron, as multinacionais gañaron e o planeta perdeu”, valorou Lídia Senra, “pero os pobos seguirán adiante coas súas loitas até conseguir outro desenvolvemento, baseado no consumo responsábel, nas enerxías renovábeis, na soberanía alimentaria, nos circuítos curtos de comercialización, na relocalización da produción, na mobilidade sustentábel e na desinversión en combustíbeis fósiles”.

Estrasburgo, 16 Decembro 2015.

[1] 21ª Conferencia das Partes (COP) da Convención Marco de Nacións Unidas sobre Cambio Climático (CMNUCC) | Ir ao Doc.(5 páxinas en formato pdf).

Máis información:
Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) | lidia.senra@europarl.europa.eu | http://ageuropa.gal/ | https://www.facebook.com/LidiaSenraRodriguez.



Enviado por:
SENRA RODRÍGUEZ Lidia OFFICE

-lidia.senra-office@europarl.europa.eu-
16 de dezembro de 2015 15:07
__________

A música e as cancións nestes interesantes e curiosos vídeos electorais de "En Marea" e "Nós Candidatura Galega"


A música e as cancións nestes interesantes e curiosos vídeos electorais de "En Marea" e "Nós Candidatura Galega"

Vai chegar en marea

https://youtu.be/ahIVt_atQTE

NÓS. Porque este soño é necesario para un soño

https://youtu.be/HY8UrbCLCuk

_____________

Profesionais da sanidade pública andaluza realizan a primeira operación para extirpación dun tumor con mapeo cortical da linguaxe musical e paciente esperto - Un músico tocou o saxofón mentres lle extirpaban un tumor cerebral en Málaga - Vídeo


Un músico tocou o saxofón mentres lle extirpaban un tumor cerebral en Málaga

Foi unha intervención pionera que realizaron no hospital público andaluz, Hospital Rexional Universitario de Málaga. Han extirpado con éxito un tumor cerebral a un mozo, músico de profesión, ao que non só lle mantiveron consciente, senón que lle fixeron tocar o saxofón durante a operación, din que para evitar danos.

Só en California en xuño deste ano realizouse unha intervención similar. Agora foi en Málaga, no Hospital Rexional onde se realizou esta operación de neurocirugía a Carlos Aguilera, músico de profesión, que se someteu fai dous meses a unha intervención onde lle extirpaban un tumor cerebral. Tiña que estar esperto durante a operación e, ademais, tocar o saxofón, sedado pero consciente. Os neurociruxanos indicábanlle cando tiña que tocar o instrumento mentres o equipo médico facía un mapeo do cerebro para non danar as zonas que se dedican á música. Tras doce horas de intervención, varios fragmentos de música interpretados por Carlos, como unha suite de Bach e unha peza de jazz, e logo de 8 semanas de recuperación, este mércores o paciente volveu a tocar as mesmas pezas coa mesma beleza. Carlos só ten que poñerse un pano nun dos seus ollos, porque aínda ve dobre nun deles, pero segundo o equipo médico que o trata é temporal e irá desaparecendo co tempo. A anécdota de Carlos é única: poderá contar que el tocou o saxofón mentres estaba na mesa de operacións.


A nova na web do propio hospital público: Ir á Web.

Fonte: Hospital Rexional Universitario de Malaga, Público, TVE e Axencias.
____________

mércores, decembro 16, 2015

O voto decisivo, ... Por Lupe Ces

Por Lupe Ces [*]
16.12.2015


Nunca foi para mim tam difícil decidir o voto. O veram arrecendia a unidade. O optimismo prendia em muitas vontades. O outono veu murchar essas esperanças e adiantar um inverno que no meteorológico nom se deixou ver ainda. Agora cumpre decidir, arranxar o coraçom partido e situar-se, cada quem como se o seu voto fosse o decisivo.

Aí intentei colocar-me eu para saber que era o que eu devera fazer este domingo. E no impulso comunicativo, coa sua pinga de arriscado exibicionismo, que impulsa todo o que escrivo, quero argumentar o que é que vou fazer nesta cita eleitoral, das mais importantes que levo vivido.

Cumha mistura de medo e vertigem, acolhim as enquisas que asseguram o êxito da candidatura En Marea, e uns moi malos resultados para NÓS Candidatura Galega. Medo a que só umha das partes que estavam chamadas a construir um processo de unidade popular acade representaçom. Vertigem ao nom ter a seguridade de que só sejamos o punto 277 [1] dum programa eleitoral. Vertigem ao nom reconhecer-me no país que querem construir comigo. Medo a desaparecer no médio dumha estratégia, que coa melhor das vontades, quere colocar-mo-nos como povo numha táboa de surf que nom colhe a onda que precisamos. Medo a que essa táboa nom tenha o suficiente contrapeso e acabemos afogando em mares alheios.

O êxito de En Marea está assegurado, contam coas camas elásticas das televisons e os lideres mediáticos. Mas eu quero que também todo o capital político, de resistência cultural, social e humano que representa NÓS Candidatura Galega, tenha umha parte no poder político que se reparte o domingo no Estado. Porque quero ajudar a impulsar todo o processo de transformaçom e novos liderados que conseguiu o nacionalismo de esquerdas neste país, o meu, e que nom está completado. Um cámbio na metodologia política, no discurso, nos programas e propostas, que nom esta rematado, e nom se pode frustrar. Um cambio generacional que assegura um jeito de vê-lo mundo que tem no epicentro Galiza, a vontade de ser e exercer como naçom. Umha oportunidade de desembaraçar-se de servidumes a poderes económicos, que souberom, em ocassons, mechar às estruturas e influir em estratégias que os beneficiavam.

Se hai algumha possibilidade de que Galiza conte cum grupo parlamentar próprio nas Cortes, e que exerça essas funçons, vai ser coa palanca da representaçom de NÓS Candidatura Galega. Ademais pensar que a representaçom que pudera acadar NÓS, facendo-lhe caso a algumha das enquisas, pudera ser a costa de sacarlhe diputados ao PP, também é umha morbosa e saudável motivaçom a ter em conta.

Quero ir votar o domingo como se o meu voto fosse o decisivo, o que marque que a candidatura de NÓS tenha representaçom ou nom. Por mim nom vai ser. Eu vou botar NÓS Candidatura Galega.

Ferrol, 15 Dezembro 2015

[1] Programa de Podemos (Punto. 277 das páginas 188 e 189 - Direito a Decidir).
---

[*] Lupe Ces Rioboo -Caranza Ferrol 1958, é mestra, activista social, integrante da Marcha Mundial das Mulleres e da Rede Social de Ferrol Terra. Forma parte do Consello Editorial de Altermundo e do Colectivo Ártabra 21. Participa nas Marchas da Dignidade. Blogue persoal: Caranza free opiniom.

Enviado por:
Lupe Ces
-lupeces@gmail.com-
16 de dezembro de 2015 11:36
____________

Relacionado:
Programa de Podemos (Punto. 277 das páxinas 188 e 189 - Dereito a Decidir, onde nin sequera se nos nomea, só a Catalunya - Galiza aparece nomeada nos puntos 368, 369 370 da páxina 249, onde se tratan tres asuntos: "Paralización de la A-57 para salvar los montes gallegos, Saneamiento de la ría del Burgo y Recuperación de la ría de Pontevedra"; e na páxina 321  para dicir que Breogán Rioboo é o Secretario Xeral Autonómico. Dun total de 322 páxinas que consta o citado Programa).
__________

Escolla cultural, ... Por David Rodríguez


Por David Rodríguez [*]
16.12.2015


As obras completas de Evaristo Páramos, a miña opción para a sección, Mosaicos da cultura, afectos e escollas, do Diario Cultural da Radio Galega. Agradecido pola oportunidade que me ofreceron as amigas-os do Diario Cultural. Aquí pódese escoitar. A seguir, pódese ler:

Agora que todo o mundo fala do Réxime do 78 e que está en voga o da Cultura da Transición, eu decidín escoller un dos mellores representantes da escasa Contracultura da Transición.

Trátase das Obras Completas de Evaristo Páramos, é dicir, de La Polla Records. Unha banda que é algo así coma o espello invertido do escapismo dos grupos da movida madrileña e do seu sucedáneo vigués.

Nas letras de Evaristo un pode atopar todas as feas cicatrices desa cara de cute perfecto que disque foron os últimos 40 anos da historia do estado español.

Algúns temas presentes nas súas cancións?

A heroína a facer estragos nos barrios obreiros en “El mono”: Entra la aguja, te sientes bien, brillo en los ojos, callo en la piel.

A resistencia fronte a cooptación dos movementos xuvenís en “No somos nada”: Quieres identificarme, tienes un problema.

A apelación ao consenso como tapón para os cambios en “Congreso de ratones”: Señores diputados, la situación es extremadamente grave, debemos hacer un consenso para meterlo en un marco… que monada.

O sindicalismo cómplice en épocas de reconversión en “El sindicato”: No debemos dejarnos llevar, por fanatismos sin sentido, lo primero es negociar, lo segundo, quedarnos dormidos.

A moral católica e os seus reversos en “Hipócritas”: Es un escándalo pegar a las mujeres, y los gritos de tu mujer no me dejan dormir.

A monarquía en “Real como la vida misma”: Un rey no es rey por voluntad divina, sino porque sus antepasados se lo montaron divinamente.

A prensa en “Mentiras Post”: Aquí en Mentiras post, diario de la mañana, lo nuestro es desinformar, somos propiedad privada.

A transformación cultural na que a liberalización dos costumes comeza a ser sistémica en “Porno en acción”: Mejor color, mejor sonido, mejor calidad, la estrella del porno, bella mujer a su disposición en números excitantes.

A globalización en “El séptimo de Michigan”: Todo controlado mi petróleo nunca podréis nacionalizar. ¿Va mal el negocio? ¡La caballería!  La bolsa de Nueva York controla este mogollón.

A construcción europea en “Europa”: Vieja y podrida prostituta, tu maquillaje no tapa el olor.

En fin, poderiamos seguir, pero levaría moito tempo.

La polla é unha impugnación total a todo aquilo que os documentais de Victoria Prego dicían que era o mellor dos mundos posibles.

Publicado o 16 de Dezembro de 2015 no blogue ofunambulistacoxo.blogspot.com.

[*] David Rodríguez Rodríguez (Vigo, 1975) mantén o blogue http://ofunambulistacoxo.blogspot.com desde o ano 2005. É autor das obras de teatro radiofónico O Bambán e Nunca me esquecerei de ti (gañadora e finalista respectivamente do I e IV Premio de Teatro Radiofónico do Diario Cultural). Escribiu o poemario Lapidarias. Os versos escuros e participou no libro colectivo Non conciliados. Argumentos para a resistencia cultural.
_____________

Eliximos Narón denuncia o incumprimento da normativa de pasos peonis elevados


Eliximos Narón denuncia o incumprimento da normativa de paso peonís elevados.

O concello de Narón, no pleno extraordinario do 14 de decembro, aprobou (como unha obra do PAS) a elevación dos pasos peonís nas avenidas da Solaina e Souto Vizoso e na estrada de Castelao, coa desculpa da mellora da accesibilidade, e co único voto negativo de Eliximos, xa que no proxecto presentado non se tivo en conta a Orde de Fomento FOM/3053/2008, que é de aplicación ante a falta de normativa galega.

Como consecuencia:
  • A metade dos pasos elevados propostos non cumpren a normativa, por encontrarse en viarios con mais dun 5% de pendente ou localizarse ao comezo da vía.
  • Os pasos non presentan as correctas dimensións segundo a normativa.
  • Non se contempla a necesaria sinalización vertical previa.
  • Non se contemplan os necesarios drenaxes para evitar pozas de auga nas frontes do paso, e que poden dar lugar tanto a perdas de adherencia como a salpicaduras aos peóns.
  • Non se contempla a necesaria iluminación adicional que destaque os pasos peonís por riba do resto da calle.
Temos que recordar que nun paso elevado de Ferrol, que incumpre en moitas cuestións esta normativa xa morreron dúas persoas ao saír despedidas das súas motos. Ante estes riscos, debemos ser conscientes da responsabilidade que temos na instalación destes pasos elevados, e por tanto debemos comezar por respectar a normativa.

Por outro lado, visitados os pasos propostos a adaptar, xa que na documentación aportada non se incorpora a obrigatoria información co estado actual dos mesmos, vemos que moitos xa son accesibles, ou sinxelamente requiren un pequeno retoque para suavizar os resaltes dos bordos, e isto demostra que o fin das obras é a elevación dos pasos, coa desculpa da accesibilidade.

Eliximos Narón Electores (ENE)
Grupo Mixto do Concello de Narón
Praza de Galicia s/n – Entrechán 15570 Narón (A Coruña)
Telf.: 981337700 - Ext.: 1066 - Móbil: 673141822 / E-mail: grupomixto_ene@naron.es
Grupo no facebook:
https://www.facebook.com/groups/Eleximos.Naron/

Web:
http://eliximos.esy.es/



Enviado por:
ENE Eliximos Narón Electores
-eliximos@gmail.com-
15 de dezembro de 2015 16:34
______________

Estudo sobre a forza de traballo na Galiza e os salarios desde diferentes perspectivas, feito polo IGE - Enlace a outro Informe de interese sobre as variacións nos Índices de Prezos ao Consumo


Introdución


O Estudo sobre salarios é unha actividade estatística incluída nos Programas Estatísticos Anuais da Comunidade Autónoma desde o ano 2013 cuxo obxectivo é facer un estudo coa información existente sobre os salarios. A dita información está moi dispersa no sistema estatístico, xa que son diferentes as perspectivas desde as que se estudan os salarios e son varios os organismos que realizan estatísticas salariais. O IGE pretende con esta actividade achegar a información sobre os salarios dunha forma estruturada destacando os principais resultados de cada unha das fontes estatísticas.

Este estudo estrutúrase en 6 apartados, o primeiro relativo ao mercado de traballo en Galicia, e os cinco restantes utilizan fontes estatísticas relativas aos salarios, polo que teremos cinco aproximacións complementarias co obxectivo de dar unha visión completa sobre as rendas do traballo en Galicia.

En cada apartado realízanse comparacións temporais e espaciais. Trátase de coñecer a evolución recente dos salarios e realizar comparacións con outros territorios, como España e a Unión Europea. Tamén terán cabida, na medida en que as fontes o permitan, as comparativas dentro de Galicia e teremos desagregacións provinciais ou mesmo por grandes concellos. A perspectiva de xénero é outro factor fundamental nos resultados deste estudo, no que tamén poñen a disposición dos usuarios datos dos salarios en función da idade, ocupación, nivel de estudos ou actividade económica.

1.- O mercado traballo en Galicia
A estrutura do mercado de traballo en Galicia achega o punto inicial deste traballo. Trátase de coñecer como se estrutura a poboación en relación coa actividade económica, co obxectivo de caracterizar o volume de traballadores por conta allea desde unha perspectiva socioeconómica. Trataríase de describir a poboación asalariada en Galicia segundo o sexo, idade, tipo de xornada, rama de actividade, nivel de estudos e ocupación. Neste apartado a fonte de información é a Enquisa de Poboación Activa (IGE-INE). | Ir a Web.

2.- A remuneración do factor traballo na economía galega
A continuación ofrécese unha visión agregada dos salarios na economía galega. A fonte de información é o Sistema de Contas Económicas de Galicia (IGE), que ofrece información da participación dos salarios na distribución do valor engadido xerado no sistema produtivo galego.
| Ir a Web.

3.-Salarios desde a perspectiva do fogar
A remuneración dos asalariados son os pagamentos realizados polas empresas. Unha parte vai destinado ás cotizacións obrigatorias á seguridade social e outra, tras deducir cotizacións do empregado e impostos sobre a renda, é a que reciben os fogares galegos pola súa contribución ao proceso produtivo achegando forza de traballo. As rendas salariais son a principal fonte de renda nos ingresos totais dos fogares galegos como se analizará no bloque 3. Neste apartado utilízase información da Enquisa de Condicións de Vida das Familias (IGE).| Ir a Web.

4.- Salarios desde o punto de vista do pagador
O cuarto bloque pon o foco nos salarios dende o punto de vista do pagador, isto é, das empresas da nosa comunidade. A competitividade das nosas empresas está condicionada polo custo laboral, xunto con outros factores máis amplos. Estes custos forman parte dos custos de produción total das empresas. Neste apartado analizaranse os custos laborais coa Encuesta anual de coste laboral (INE). | Ir a Web.

5.- Salarios desde o punto de vista do perceptor
A perspectiva do traballador será abordada no quinto apartado. Nel, a través da Encuesta de Estructura Salarial do INE, analizarase a distribución salarial en Galicia e nas súas provincias, o alario bruto anual e a ganancia por hora desde múltiples perspectivas: segundo sexo e idade, ocupación, actividade económica, nivel de estudos, tipo de xornada e contrato. A virtude deste punto de vista é establecer relacións entre o salario e algunhas variables que poden contribuír ao seu nivel, así como poñer os niveis salariais en relación a variables como a propiedade da empresa ou a actividade que desenvolve. | Ir a Web.

6.- Salarios nos grandes concellos
Neste Estudo sobre salarios analízanse os salarios nos grandes concellos de Galicia a través da Mostra continua de vidas laborais facilitada pola Seguridade Social. Neste caso publícanse datos sobre os salarios en función do sexo, idade, tipo de contrato e tipo de xornada, para os sete grandes concellos de Galicia.| Ir a Web.

7.- Salarios nas fontes tributarias
Por último, en febreiro de 2015, introduciuse neste estudo un resumo da estatística "Mercado de trabajo y Pensiones en las fuentes tributarias" realizada pola Axencia Tributaria. O obxectivo é facer unha análise dos salarios dende a óptica do perceptor, utilizando como variables de clasificación a provincia e a Comunidade Autónoma, o sexo, a idade, a rama de actividade e os tramos de salario.| Ir a Web.

Fonte: Servizo de Difusión e Información Estatística Complexo Administrativo San Lázaro s/n Instituto Galego de Estatística 15703 Santiago de Compostela Telf: 981 541589 de 9 a 14 horas, Fax: 981 541323 | web: http://www.ige.eu

---

OUTRO INFORME DE INTERESE ANEXO, PUBLICADO POLO IGE.-

INFORME SOBRE AS VARIACIÓNS NOS ÍNDICES DE PREZOS DE CONSUMO
Novembro 2015 | 13 Páxinas en formato PDF | Acceder/Baixar.


Enviado por:

ige.novidades@ige.eu
-ige.novidades@ige.eu-
15 de dezembro de 2015 13:34
__________________

martes, decembro 15, 2015

Lídia Senra insta á Unión Europea a recoñecer que o euro “foi unha estafa para os pobos do sur da UE”, na sesión Plenaria do 15 de Decembro


Lídia Senra insta á Unión Europea a recoñecer que o euro “foi unha estafa para os pobos do sur da UE”. | Hoxe tivo lugar na sesión plenaria do Parlamento un debate conxunto co Eurogrupo e a Comisión sobre a unión económica e monetaria. | Demandamos ás institucións europeas que asuman a responsabilidade das consecuencias sociais provocadas polo actual modelo económico.


Dende onte e até o vindeiro xoves 17 o Parlamento Europeo está reunido en sesión plenaria [1] en Estrasburgo (Francia). A última hora da mañá de hoxe tivo lugar un debate conxunto do Parlamento, Comisión e Eurogrupo ao respeito da realización da unión económica e monetaria en Europa, unha proposta baseada no informe Realizar a Unión Económica e Monetaria Europea, publicado polos denominados “cinco presidentes[2] -presentes tamén hoxe no debate-, o pasado 22 de xuño.

Diante dos argumentos pro-neoliberais expostos no debate, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, encetou a súa intervención no hemiciclo recordando que “o euro foi unha estafa para os pobos do sur da Unión Europea”. Se dende a UE non se realiza unha autocrítica analizando e avaliando as consecuencias do propio euro, “a Unión Económica e Monetaria que vostedes proxectan seguirá agrandando as desigualdades e seguirá aumentando a pobreza e a exclusión social”.

Diante das caducas propostas do Presidente do Eurogrupo, Jeroen Dijsselbloem, reiterando seguir cas reformas económicas estruturais, reformas das pensións e reformas laborais... “Isto non é nada novo”, retrucou a eurodeputada galega, “isto xa o coñecemos e por iso sabemos que son medidas para seguir extorsionando ás clases populares, para eliminar as conquistas sociais de séculos de loitas das clases traballadoras e para beneficiar a especulación”.

Senra tamén visibilizou a súa decepción diante da intervención do presidente da Comisión Europea, Jean-Claude Juncker, criticando que non contemplara “propostas para acabar cas políticas de austeridade, medidas políticas para rescatar ás persoas da pobreza e da exclusión social, para recuperar e xerar emprego digno, garantir prezos remuneradores para o campesiñado, medidas para manter o pequeno comercio e ás pequenas e medianas empresas...”.

A deputada de AGEe instou na Eurocámara a garantir “unha ensinanza e unha sanidade públicas, gratuítas, de calidade e de acceso universal”, así como a “liberar aos pobos da obriga de priorizar o pago da débeda”.

De todo isto esperabamos falar hoxe”, concluíu con contundencia Lídia Senra, “sen embargo, vostedes seguen falando de propostas para as corporacións transnacionais e a Banca e en contra das persoas”.

Bruxelas, a 15 Decembro, de 2015.

Sesión Plenaria [15.12.2015]

TEMA DA INTERVENCIÓN - ENLACE Á INTERVENCIÓN - ENLACE AO DEBATE COMPLETO
Notas.-
[1] Orde do día de toda a semana: http://www.europarl.europa.eu/sides/getDoc.do?pubRef=-//EP//TEXT+AGENDA+20151214+SYN+DOC+XML+V0//PT
[2] Os “cinco presidentes” son o Presidente da Comisión Europea -Jean-Claude Juncker-, o do Cumio do Euro -Donald Tusk-, o do Eurogrupo -Jeroen Dijsselbloem-, o do Banco Central Europeo -Mario Draghi- e o do Parlamento Europeo -Martin Schulz-. O pasado 22 de xuño estes cinco presidentes fixeron público o informe “Realizar a Unión Económica e Monetaria europea”, folla de ruta da proposta neoliberal explicitada hoxe durante o debate conxunto. Posición de Alternativa Galega de Esquerda en Europa ao respeito deste informe, na [NdP250615AGEe] Senra: “O informe dos cinco presidentes significa afondar na axenda neoliberal”.

Máis información:
Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) | lidia.senra@europarl.europa.eu | http://ageuropa.gal/ | https://www.facebook.com/LidiaSenraRodriguez.


Enviado por:
SENRA RODRÍGUEZ Lidia OFFICE

-lidia.senra-office@europarl.europa.eu-
15 de dezembro de 2015 17:33
__________

Lídia Senra expón as reivindicacións do sector do cerco na sesión plenaria do Parlamento Europeo do pasado 12 de Decembro


Lídia Senra expón as reivindicacións do sector do cerco na sesión plenaria do Parlamento Europeo. | A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda subliñou a importancia de establecer a cota en base ao número de tripulantes. | Senra esixiu que a UE garantan que o Estado español realice un reparto de cotas respectando o Art.17 da Política Pesqueira Común.


A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, empregou onte pola noite a quenda de intervención libre dun minuto de duración para expor na sesión plenaria do Parlamento Europeo en Estrasburgo as reivindicacións principais do sector do cerco.

Senra subliñou que dende fai dous meses 120 barcos barcos desta arte de pesca fican amarrados nos portos galegos, e deu conta da acampada reivindicativa fronte ao Goberno galego levada adiante pola Asociación de Armadores do Cerco de Galiza (ACERGA).

Denuncian que o reparto da cota por históricos ameaza a supervivencia das 1.200 familias que dependen destes barcos, provocando ademais a destrución de milleiros de postos de traballo indirectos e poñendo en risco o futuro das comarcas costeiras galegas”, trasladou Senra, “reclaman xustiza, un reparto non discriminatorio das cotas, e que este se faga en función dos tripulantes de cada barco”.

Os homes e as mulleres do cerco -recalcou a eurodeputada galega- esixen que dende as institucións europeas se garanta que o Goberno español teña en conta criterios socioeconómicos á hora do reparto das cotas, tal e como establece o Artigo 17 da Política Pesqueira Común, cousa que non está a facer”.

A eurodeputada de AGEe Lídia Senra estivo acompañando en Bruxelas a unha delegación de ACERGA o pasado 10 de novembro na súa entrevista con Alain Cadec, presidente da Comisión de Pesca do Parlamento Europeo, a quen trasladaron directamente as súas reivindicacións. AGE ten amosado o seu apoio á acampada reivindicativa que o sector mantén en Santiago de Compostela dende o pasado 22 de outubro e, mais recentemente, Senra e o deputado de AGE Juan Fajardo, trasladaron o respaldo de Alternativa Galega de Esquerda á proposta de reparto de cotas vinculado ao número de tripulantes e día [1] defendida polo sector.

Bruxelas, 15 Decembro 2015.

Sesión Plenaria do Parlamento Europeo [14.12.2014]

TEMA DA INTERVENCIÓN - ENLACE Á INTERVENCIÓN
[1] NdP de ACERGA, 2 de decembro 2016: https://docs.google.com/viewerng/viewer?url=http://www.acerga.com/images/docs/RP_NOTA_PRENSA_RP_Santiago.pdf

Máis información:
Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) | lidia.senra@europarl.europa.eu | http://ageuropa.gal/ | https://www.facebook.com/LidiaSenraRodriguez.


Enviado por:
SENRA RODRÍGUEZ Lidia OFFICE

-lidia.senra-office@europarl.europa.eu-
15 de dezembro de 2015 10:32
__________

luns, decembro 14, 2015

Ferrol Resiste - Miles de persoas saíron á rúa para reivindicar un futuro para as traballadoras e traballadores do Naval e Ferrolterra - Traballadores do campo en loita, por un prezo xusto para o leite, somaron-se á protesta en solidariedade e na defensa das súas reivindicación reclamando tamén un futuro para o agro galego

"Ferrol Resiste", le-se nun cartaz das Marchas da Dignidade, berro que reclama á vez que solucións, unha acción colectiva deste pobo sacrificado, pouco a pouco, nos altares do Deus Mercado.  Miles de persoas, mais tiñan que ser moitas máis, saíron á rúa para reivindicar un futuro para as traballadoras e traballadores do Naval e Ferrolterra - Traballadores do campo en loita, por un prezo xusto para o leite, somaron-se á protesta en solidariedade e na defensa das súas reivindicación reclamando tamén un futuro para o agro galego Desde Ártabra 21, polo seu interese, transcribimos a reportaxe de Raúl Salgado [*] publicada no xornal dixital de Ferrolterra "Ferrol 360".



O naval reúne en Ferrol a máis de 5.000 persoas para rexeitar as promesas electorais

Máis de 5.000 persoas percorreron este domingo parte do casco urbano de Ferrol con motivo da protesta comarcal convocada polos sindicatos en defensa do sector naval da Ría. A marcha partiu da praza d'O Inferniño e culminou na de Galicia tras atravesar a zona histórica.

Co sol como aliado e sen necesidade de drásticos cortes de tráfico, os participantes foron a máis desde o propio nacemento da protesta e no seu camiño cara á primeira gran parada, a Praza de España. Alí viuse unha das imaxes máis simbólicas da cita, coa saída de sete tractores do túnel dese céntrico espazo.

Traballadores do campo, en pleno calendario reivindicativo, mostraron a súa solidariedade cos operarios. Os congregados accedían á Madalena pola rúa do Sol, desembocando no Jofre tras baixar por Arce e Real de forma previa. O xornalista Nicolás Vidal, até datas recentes redactor de Diario de Ferrol, leu o manifesto do evento.

Non foi, pese ao éxito popular, unha mobilización que reúna a moitas caras coñecidas da política galega. Máis aló de dirixentes locais, unicamente asomou Francisco Jorquera (BNG). O PSOE estivo representado por Beatriz Sestayo e Pomba Rodríguez e as candidaturas de confluencia polo propio alcalde de Ferrol, por citar exemplos.

Tamén acudiron rexedores como os de San Sadurniño, Cedeira ou Valdoviño ou os máximos responsábeis comarcais de UGT, CCOO e CIG. Javier Galán, presidente do comité de empresa de Navantia Ferrol, dixo que os traballadores están "fartos de que campaña tras campaña" os partidos repitan diversas promesas electorais que acaban quedando relegadas.

"Xa estamos fartos de fume en campaña», remarcou ante a prensa, censurando a ausencia de alternativas para os «milleiros de compañeiros" que han ter que abandonar os estaleiros nos últimos anos. Afea, igualmente, que Navantia sosteña que "acabou a crise" e demanda carga de traballo efectiva.

O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, indicou aos xornalistas que "ou sector está a esmorecer", criticando que o Goberno estea "vendendo que hai carga de traballo". Subliña que apenas "mil persoas" subsisten nas plantas públicas, queixadas dunha incipiente subactividade. Ao seu xuízo, volver "á rúa" é a única opción.

solicitou carga de traballo, dique flotante e o rexuvenecemento da plantilla. Afirma que a comarca está "esmorecendo", algo palpable en "comercio", datos de "desemprego" ou o seu paulatino despoboamento. O nacionalista Jorquera aseverou que non é un "problema de Ferrolterra, senón galego". Ve "básico" que a cidadanía actúe contra a "inacción" en relación co naval.

Reportaxe e Fotos de Raúl Salgado | @raulsalgado | Publicado en Ferrol 360 | Domingo 13 decembro 2015 | 13:33

[*] Raúl Salgado Rodríguez, nado en Ferrol en 1982, xornalista. Foi redactor en  Localia Televisión, RadioVoz, V Televisión, La Voz de Galicia, El Mundo e elmundo.es, desde Ferrol. | Tamén colaborou con Europa Press, Cadea SER, Cadea Dial, Cuatro e Ferrol Hoxe. | En Santiago de Compostela foi correspondente para Vaia Troula, de Televisión de Galicia. | Na actualidade forma parte de Ferrol360, o novo diario dixital de Ferrolterra, Eume e Ortegal.  raulsalgadorodriguez@gmail.com. | https://www.facebook.com/raulsalgadorodriguez | https://twitter.com/raulsalgado.

Baixo licenza Creative Commons by-nc-nd 4.0.
___________

Outras fotos, de Jorge Suárez, Karlotti e André.


___________

A modernización do municipalismo galego pasa necesariamente pola integración das TI, ... Por Raúl Fernández Iglesias


Por Raúl Fernández Iglesias [*]
14.12.2015

As Tecnoloxías da Información (TI) supoñen unha oportunidade á vez que unha obriga e un compromiso para os nosos concellos. | A modernización do municipalismo galego pasa necesariamente pola integración das TI.

Son moitas as ferramentas das que nos dotan as TI para acadar unha administración eficaz e eficiente. As páxinas web institucionais, as redes sociais e todas as novas ferramentas que vaian aparecendo son elementos poderosos para espallar a nosa cultura, lingua e as posibilidades turísticas dos nosos concellos á vez que proporcionan información precisa da labor de goberno e actividades. Máis tamén hai outras moitas caras: os trámites e a propia xestión administrativa que xa non se entende sen as computadoras, a relación de todas e todas coa administración na realización de todo tipo de trámites dende o propio domicilio mediante a sede electrónica e os portais de transparencia onde publicar todo aquelo que da propia administración queren e deben saber todas e todos. Ademais son elemento ideal para levar a cabo unha verdadeira democracia participativa, un goberno compartido con toda a veciñanza.

A única nova competencia que establece a Lei 27/2013 para os concellos é a especificada no seu artigo 25.ñ, que determina como competencia municipal a promoción da participación de todas e todos no uso eficiente e sostible das Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC). Lémbranos isto que as TI teñen dúas caras, a da administración poñendo os medios de transmisión e comunicación pero tamén a das propias persoas que precisan estar capacitadas para a recepción de información e a comunicación coa administración, sendo responsabilidade desta procurar a eliminación da fenda dixital.

As TIC facilitan unha administración transparente, organizada e áxil na súa resposta. A estas alturas nin se pode nin se debe obrigar á presenza física para a realización de xestións e as propias leis dotan de dereitos á veciñanza neste senso. Un dos perigos nos que habitualmente cae a administración é obrigar a que un tramite só se poida facer de xeito telemático, obviando que hai moitos sectores da poboación que nin teñen coñecementos tecnolóxicos nin dispoñen de medios materiais para facelo, co consecuente custo económico dun tramite administrativo que ten que ser gratuíto, aumentando a fenda dixital e a desigualdade no acceso á administración. Compre pois poñer a disposición por unha banda de posibilidades formativas as que acollerse e por outra servizos de asistencia onde poder facer eses trámites. Non se pode negar que si a información chega electronicamente, será moito mais doado, barato, eficaz e eficiente o seu procesamento, permitíndolle ademais aos concellos aforrar recursos humanos e materiais que se poden asignar a outras tarefas nas que o trato humano e directo sexa máis necesario.

Non se nos escapa que a día de hoxe moitos concellos non reúnen nin as capacidades técnicas nin as económicas para afrontar todos estes retos. É por elo indispensable a intervención do Goberno de Galiza, non solo como coordinador de procedementos senón tamén como base de apoio para aquelas entidades que non dispoñan dos medios nin dos coñecementos precisos para levalos a cabo.

A rede "Rede Dixital da Sociedade da Información" creada polo nacionalismo no seu paso polo goberno do país era ferramenta indispensábel para a formación e alfabetización dixital de persoas e empresas locais, ademais da dinamización de todos estes axentes sociais. A volta do partido popular á Xunta trouxo como consecuencia unha labor sistemática de deconstrucción da que non se librou esta Rede e, despois de dous anos pechada con moita presión social para a súa reapertura, creouse a Rede CeMIT na que de unha cobertura prácticamente de toda Galiza pasamos a menos de cen centros e solo a metade subvencionados. É urxente pois que estas aulas cubran todo o territorio e que se faga unha labor de dinamización indispensábel para que haxa unha implicación efectiva de todos os axentes sociais.

Por outra banda, a implantación de software libre e de código aberto na administración local implica beneficios tales como un aforro importante de medios económicos, aínda que cómpre lembrar que libre non significa gratuíto. Como efectos complementarios, e quizais aínda máis importantes, imos ter ferramentas informáticas na nosa lingua, sen depender de multinacionais que funcionan a golpe de talonario, e ademais as empresas locais do sector serán beneficiadas e poderán traballar nas aplicacións para adaptalas as novas normativas e posibles melloras na xestión. Os formatos de datos abertos eliminarán a dependencia de aplicacións pechadas e propietarias.

As TIC van ser importantes na labor de apoio a economía local xa que abrirán novos mercados de negocio para a produción e empresas locais, á vez que serán parte importante na definición de nichos de negocio non existentes até o de agora. O coñecemento é a baza máis importante para competir con outros mercados nos que é imposible facelo nos produtos comúns.

[*] Raúl Fernández Iglesias, Lugo, 1955. Enxeñeiro en Informática pola Universidade da Coruña onde reside. Cursou tamén estudos de Enxeñería Industrial na Universidade Politécnica de Madrid.

 Traballa na Fegamp onde é Coordinador de actas e informes ademais de responsábel das Tecnoloxías da Información e Comunicación.

 Participou do movemento veciñal no que ostentou o cargo de Presidente da Asociación de Veciñas/os de Monte Alto.

 Na actualidade é o Responsábel Local do BNG da Coruña e forma parte, entre outras, da Comisión de Análise Local do Parlamento de Galiza.

Fonte: Terra e Tempo | 14.12.2015
__________

Enlaces relacionados:

Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia - OSIMGA:
http://www.osimga.gal/

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia - AMTEGA:
http://amtega.xunta.gal/

Enlaces de interese:
Software Libre:

GNU Operating Sistem:
http://www.gnu.org/philosophy/free-sw.gl.html

Galipedia:
https://gl.wikipedia.org/wiki/Software_libre

Distribucións Linux:
https://es.wikipedia.org/wiki/Anexo:Distribuciones_Linux

O sitio web DistroWatch:
http://distrowatch.com/
__________________

domingo, decembro 13, 2015

As Marchas da Dignidade de Ferrolterra van participar hoxe na Manifestación Comarcal polo Emprego en apoio do Naval - Ferrolterra Esixe Solucións


As Marchas da Dignidade de Ferrolterra imos participar hoxe domingo 13 de decembro, na Manifestación Comarcal polo Emprego en apoio do Naval, que convocan os comités de empresa de Navantia-Fene e Navania-Ferrol, así como os delegad@s de persoal e membros de comités das compañias auxiliares.

Unha grande Manifestación Comarcal en Defensa do Naval. Ferrolterra Esixe Solucións. Que saírá sobre ás 12 do mediodía desde o Inferniño de Ferrol.

As Marchas da Dignidade de Ferrolterra imos para demandar emprego, un plan comarcal de choque contra o paro, nuhas comarcas que están cun elevado índice de desemprego, moi por encima da media estatal e galega.

Á RÚA QUE XA É HORA - PAN , TRABALLO E TEITO !!

MARCHAS DA DIGNIDADE FERROLTERRA

Telefono e Correo-e de Contacto:

602 587 531

marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com

Sitios na Rede:
Ferrolterra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/
Galiza: http://marchasdadignidade.blogspot.com/
Estado: http://marchasdeladignidad.org/

Redes da Columna Galega:
https://twitter.com/galizaMarcha22M
https://www.facebook.com/MarchasDignidade
https://www.facebook.com/groups/265451853621237/
https://www.youtube.com/channel/UCBGNk1PF297Qdm33jbX_esg

Perfil de facebook das Marchas da Dignidade de Ferrolterra
:
https://www.facebook.com/marchasdadignidade.ferrolterra
_________

Enlace relacionado: Manifestación Comarcal en defensa do Naval - Ferrolterra Esixe Solucións - Domingo 13 de Decembro, ás 12 do mediodía desde o Inferniño | Acceder.

_______________

sábado, decembro 12, 2015

No Natal chega O Apalpador a Ferrol - 4ª edición do concurso escolar 'Coñecendo ao Apalpador' - Ruada de Artábria - Cantiga sobre o Apalpador, interpretada por Malvela - Vídeo, Letra e Enlaces


O 20 de Decembro, ás 16:30hs, comezará a Ruada do Apalpador, desde o Centro Social de Artábria de Esteiro, na Travesa de Batalhons, nº7, pasando polas rúas do próprio Esteiro e do bairro da Madalena.

A Concellería de Cultura colabora coa Fundaçom Artábria nun concurso de debuxo escolar sobre a figura do Apalpador. | Dirixido a todos os centros educativos do municipio en tres categorías de 3 a 12 anos para a difusión dunha personaxe mítica do Nadal galego.



O concelleiro de Cultura, Suso Basterrechea, presentou hoxe a 4 edición do concurso escolar 'Coñecendo ao Apalpador', en colaboración coa Fundación Artabria, para a difusión e o coñecemento entre a comunidade educativa da figura do xigante carboeiro do Courel, enraizado na tradición galega como unha personaxe mítica do Nadal.

Será a través dun concurso de debuxo entre os centros educativos do municipio con tres categorías en función da idade dos alumnos, de 3 a 5 anos, de 6 a 8 e de 9 a 12. Para participar, deberán remitir os seus traballos a sede da Fundación (Travesía de Batallóns, 7, baixo en Ferrol) en tamaño A4 antes do 23 de decembro.

O concelleiro de Cultura, Suso Basterrecha, manifestou que este certame escolar responde ao interese, cada vez maior, por coñecer o que rodea a unha figura do Nadal netamente galega, e que irá visitando aos nenos dos colexios que o soliciten en contacto coa Fundación.

Un xurado formado por dous membros da directiva da Fundaçom Artábria, explicou hoxe en rolda de prensa Bruno Lopes, de Artabria, elixirá o traballo gañador en cada categoría e se anunciará o día 26 de Decembro a través da páxina web da entidade que organiza este certame de debuxo coa colaboración da concellería de Cultura.

A entrega do galardón aos nenos será o 2 de xaneiro no local de Batallóns. O premio consistirá nun lote de produtos relacionados coa figura desta mítica personaxe que encarna o Nadal galego. O nome do gañador publicarase na web de Artabria.

O Apalpador, a quen tamén se lle coñece polo nome de Pandigueiro, provén da comarca de Trives, en Ourense. Encarna a figura mítica dun carboeiro que, de acordo a tradición galega, baixa a noite do 24 ou 31 de decembro a tocar o ventre dos pequenos para ver se comeron suficientemente durante o ano, deixando unha chea de castañas e mesmo algún agasallo para desexarlles que teñan un bo ano.

Cantiga sobre o Apalpador, interpretada por Malvela

Interpretación por parte do grupo Malvela da cantiga que os pais e as nais cantaban antigamente ás crianzas ante a inqueda que lles provocaba a chegada do Apalpador, unha figura aínda descoñecida por moita xente que cómpre coñecermos. Fronte ás figuras ficticias consumistas figuras de tradición popular!


https://youtu.be/SqmiPznStgE


Letra

Vaite logo, meu meniño (miña meniña)
marcha agora para a
que vai vir o Apalpador
a apalparche a barriguiña

Xa chegou o día grande
día do noso Señor.
Xa chegou o día grande
e virá o Apalpador.

Mañá é dia de cachela,
que haberá gran nevarada
e há vir o Apalpador
cunha mega de castañas.

Por aquela cemba
xa ven relumbrando
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo.

---

Para saberdes máis sobre o Apalpador:
http://www.apalpador.com/

Canle Cancións en Galego:
https://www.facebook.com/cancionsen.galego

Fontes: Fundaçom Artábria, Concellaría de Cultura do Concello de Ferrol e Propia.
____________

ADEGA cuestiona o novo baleirado artificial do humidal protexido da Frouxeira, no concello de Valdoviño


ADEGA cuestiona o novo baleirado artificial do humidal protexido da Frouxeira. | Alterar a dinámica natural a golpe de escavadora, para salvagardar un paseo marítimo mal deseñado. | Ferrolterra - Valdoviño.


No outono recárganse os humidais e chegan as aves invernantes. Mais na lagoa Frouxeira o que retornan son as palas mecánicas á praia para a abrir a lagoa e evitar a inundación dun paseo marítimo que nunca debeu ser construído e menos aínda autorizado. Como consecuencia altérase cando non se destrúe a barreira litoral, provocando o desaugadoiro da lagoa, e o inicio dun longo período de aridez no humidal xusto cando máis auga debería conter. Este comportamento contrario ás tendencias naturais provoca unha grave afección sobre o estado de conservación dos hábitats e as poboacións de flora e fauna acuática, así como sobre a estrutura e o funcionamento ecolóxico deste humidal.

Para lexitimar este proceder, a Xunta aprobou un Plano de Conservación (Decreto 30/2015), con ben pouco rigor científico e técnico, e cuxas determinacións resultan, na nosa opinión, contrarias aos acordos internacionais que amparan a protección dos humidais (Convenio Ramsar), así como á normativa europea (Directiva Hábitats), estatal (Lei 42/2007) e galega (Decreto 127/2008; Decreto 37/2014). A aprobación deste Plano realizouse ademais sen o apoio das organizacións ambientalistas e sen o aval das universidades e centros de investigación galegos.

Nada máis aprobado, o Plano de conservación do humidal foi xa incumprido pola Xunta de Galiza: as plantas exóticas invasoras seguiron medrando sen control, mentres que superficies ocupadas por hábitats prioritarios foron rozadas. Os usos públicos tampouco melloraron: séguese permitindo a circulación e aparcadoiro de vehículos sobre hábitats moi sensibles e tolerando a presenza de cans soltos sobre o sistema dunar e o humidal en época de cría de especies protexidas.

Porén, a actuación máis agresiva consiste no baleirado artificial con maquinaria pesada dunha lagoa con 5 figuras de protección ambiental, xestionada pola Xunta como un estanque urbano. O espectáculo deste ano foi ademais bastante chafalleiro: os técnicos da Xunta iniciaron a apertura este pasado día 4, contravindo os criterios fixados no Decreto 30/2015. Alterouse a barreira litoral e tratouse de emendar o erro abrindo unha nova canle ao día seguinte (e van dúas), que tampouco se axusta ás especificacións establecidas no Plano de Conservación!

Todas estas “actuacións”, cun custo de milleiros de euros, por non falar dos impactos ambientais, serían innecesarias se as administracións remodelaran un paseo marítimo mal executado, asumindo as súas responsabilidades (a repartir entre o concello de Valdoviño, a Xunta e a Dirección Xeral de Costas) na nefasta planificación urbanística na Frouxeira. Facer que os usos urbanos (un paseo mal construído e unhas vivendas que nunca deberon ser autorizadas) prevalezan sobre a conservación dun espazo natural multiprotexido, e non reverter os erros cometidos amosa o escaso compromiso das administracións coa nosa biodiversidade, precisamente agora que no Cumio do Clima de París estase a destacar a importancia de conservar as zonas húmidas para loitar contra o cambio climático.

Novas relacionadas:
  • A Xunta mete outra vez as escavadoras na Frouxeira, pasando por riba de seis figuras de protección. | Ir á Web.
  • Plano de conservación da lagoa e humidal de Valdoviño: outra oportunidade perdida. | Ir á Web.
  • O plano de conservación da Frouxeira confirma a nefasta xestión da Xunta: Primeiro o urbanismo e despois a natureza. | Ir á Web.
Enlaces relacionados:
Fonte: ADEGA - Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza | Travesa dos Basquiños, 9 - baixo - 15704 Santiago de Compostela | Teléfono: 981 57 00 99 // Fax: 981 57 00 99 // E-mail: adega@adega.gal. |  http://adega.gal/.

Delegación de Ferrolterra-Trasancos. | Apartado 481 - 15480 Ferrol | adegatrasancos@adega.gal | Local de Xuntanzas, no Centro Cívico de Caranza - Segundo Andar.

Enviado por:
Antonio Gª
-angaji@yahoo.com-
11 de dezembro de 2015 17:57

____________________

venres, decembro 11, 2015

Hoje fum ver a um velho e bom amigo, ... Por Inácio Martínez


Por Inácio Martínez [*]

11.12.2015

Hoje fum ver a um velho e bom amigo. Chama-se Tono. Já hai anos que está jubilado. Vexo-o a miudo polo hospital, por urgências e ingressado. Os anos e a vida nom perdoam. Mas a sua vitalidade está na consciência de classe, mas também é um galego de prol. Todas as manháns para por "Toñito" o café-bar do Mercado de Caranza. Tem a funçom, nom assalariada, de levar os jornais e abrir o local para acender a cafeteira. É um costume de hai muitos anos e da-lhe acolho, pois por circunstáncias da vida passou muitos anos fazendo vida num pequeno local próximo que antes foi sede da cooperativa onde trabalhava. Cousa que eu ignorava, senom nom tivera deixado que isso passa-se. Sempre que nos vemos falamos do passado, pois muitas luitas e acçons compartilhamos. O sindicalismo e a política é o seu forte. Mas a luita ideológica cos clientes do café-bar é umha constante na sua vida, todo o mundo sabe que com el nom hai trégua que valha. Toda manifestaçom antigalega, antiobreira, homófoba, machista, xenófoba, ... vai ter umha contestaçom pola sua parte, é um reto incansável cheio de argumentos e exemplos. Todas as manháns devora os xornais e quita as suas análises e conclussons. Sabe todas as merdalhadas do PP e conhece bem quem é Ciudadanos. Falamos das últimas noticias e destaca a entrevista que sae publicada hoxe na Voz de Galicia ao poeta e candidato por "En Marea" por Lugo Miguel Anxo Fernán Vello, onde di que "Nós non é unha forza inimiga, eu ás veces digo que é unha candidatura irmá", simpatiza coa  frase e a pessoa. Onte mesmo leia que Yolanda Díaz, manifestava que iam constituir grupo parlamentário próprio com "Nós Candidatura Galega". Boa táctica eleitoral. As companheiras e Companheiros de "Nós" deveriam fazer o mesmo, nom dar pé a que os titulares de prensa recolham, em muitas ocassons, os desencontros ou as críticas à xente de "En Marea". Isso resta votos e credibilidade. Colaborar e compartilhar para construir a unidade popular é algo que demanda a maioria da gente de esquerdas neste país, sexa nacionalista ou só galega. O meu amigo, sem que eu lhe dixera nada, dixo-me "já sei que ti apoias a 'Nós' ainda despois de todas as que nos figerom, eu também som de 'Nós', mas nom tenho mais remédio que votar, a voto útil, a maioria que quere o cambio e botar ao PP do poder, vai votar a Pablo Iglesias", segue dizindo, "... mesmo a minha sobrinha comparte por todas partes, e polo WhatsApp, o último minuto do debate a quatro, que é o que entende e quere a gente. Por isso vou votar por 'En Marea e Podemos', sinto-o". Era no momento de despedir-nos. E isto fixo-me reflexionar. A el nom lhe chega a mensagem de "Nós", o apagom informativo é umha realidade, agás algumhas entrevistas e debates em horas de pouca audiência, polo demais as novas que falam algo de "Nós" som coa mensagem sesgada ou descontextualizada. Ou polo que dim outros, que nom soe ser moi positivo. A "Nós" só lhe queda activar á militáncia no boca a boca, mas bem armada de argumentos, nom de despeito contra Beiras ou contra "os outros" co nefasto argumento de "que som moi espanhois". Tenho uns dias para convencer a Tono do útil do Voto a "Nós Candidatura Galega". Mas como nom redobremos esforços o assunto está moi complicado. E o Povo Trabalhador Galego e Galiza, necessitam que "Nós" estexa presente no Parlamento Espanhol. Trabalhemos para isso, com conviçom, com força, com vontade, mas sobre tudo com argumentos. O trabalho boca a boca torna-se indispensável. Saúde e Liberdade !

---
[*] Inácio Martínez Orero, Ferrol 1955, membro do Colectivo Ártabra 21, participa em Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra e nas Marchas da Dignidade.

Enviado:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
9 de dezembro de 2015 01:43
___________

Desmontando a Sanidade pública: todo atado e ben atado, ... Por Pablo Vaamonde

Por Pablo Vaamonde [*]
11.12.2015


Nesta campaña electoral os candidatos non falan da saúde. E deberían. O PP para informar do que fixo cos servizos sanitarios e os demais para pedir explicacións. A sanidade pública é un elemento básico do Estado de benestar; desde que o PP accedeu ao poder sufriu o maior ataque da súa historia. Nestes catro anos aplicaron con rigor unha estratexia destinada a desmantelar o sistema sanitario público para crear espazos de negocio ás empresas afins e ás grandes multinacionais do sector.

A primeira medida nesa dirección adoptouna o PP nada máis chegar ao poder central. En abril de 2012 (tres meses despois da toma de posesión) publicou no BOE o funesto RDL 16/2012 -o que fai sospeitar que ese texto xa estaba escrito cando Rajoy prometía nos mitins que non tocaría a sanidade nin as pensións-. Esa norma introduciu copagos en sanidade, excluíu medicamentos do financiamento e excluíu persoas da sanidade pública: aos inmigrantes e ás persoas que teñen estancias no estranxeiro superiores a 90 días. Este apartheid sanitario é unha decisión inxusta, inhumana, perigosa e inútil: non produce ningún aforro económico e provoca un enorme sufrimento persoal e colectivo -ademais de significar un risco para a saúde pública-. Esta lei atopouse, desde o principio, coa oposición de moitos profesionais -que fixemos obxeción de conciencia-, e de todos os grupos políticos (excepto Cidadáns). O goberno central aplicouse con rigor neste retorno ao pasado. Levounos a un tempo preconstitucional: as persoas xa non temos dereito á atención sanitaria pola nosa condición de cidadáns senón en canto esteamos asegurados. O dereito á sanidade volve estar condicionado pola cotización previa.

Mentres tanto as CCAA no seu poder continuaron coas políticas xa iniciadas anos atrás: recortes e privatizacións. A disminución do gasto sanitario nas CCAA chegou ao 21% e pasou do 6.8% do PIB en 2008 a representar o 5.9% en 2013. En 2015 o sistema sanitario público ten 55.000 traballadores menos (con menos salario, peores condicións laborais e maior precariedade -10.300 médicos/as e 6.500 enfermeiros/as fuxiron ao extrenjero-) mentres as empresas sanitarias conseguiron manter e ata aumentar os seus beneficios a costa dos orzamentos públicos. Numerosas áreas relacionadas coa sanidade (limpeza, cociña, mantemento, loxística, tecnoloxía, etc) pasaron a mans privadas (en concesións para anos, o que fai máis difícil o seu rescate) e, ademais, xa sabemos -por un informe da FADSP- que a construción de novos hospitais mediante a colaboración público-privada incrementou o custo, o nivel de endeudamento e favoreceu a corrupción; moitos deses centros teñen problemas legais e os novos gobernos das CCAA estudan fórmulas para rescatalos.

Todas estas medidas non son consecuencia da crise, non son equivocacións nin decisións tomadas en contra da súa vontade: obedecen a unha estratexia deseñada polo PP (en connivencia cos grandes lobbys sanitarios) durante os anos de oposición e aplicada agora con todo rigor en busca dun obxectivo: conseguir que a saúde sexa un negocio e non un dereito dos cidadáns. Por iso, no seu último mes de mandato, o goberno de Rajoy aprobou (procurando pasar desapercibido) tres iniciativas de gran importancia na política sanitaria e que poden condicionar o futuro do sistema público. Aprobaron a desgravación fiscal para os seguros privados (unha medida moi demandada polo sector), asinaron un acordo con Farmaindustria para garantir o gasto farmacéutico ligándoo ao incremento do PIB e recorreron e paralizaron a decisión do novo goberno valenciano de devolver o dereito á atención sanitaria aos inmigrantes sen papeis. O que pretenden con estas decisións é deixar o futuro atado e ben atado -tal como fixo Franco-, para que os próximos gobernantes non teñan máis remedio que seguir o camiño trazado. Haberá que buscar fórmulas para evitar ese destino. A saúde dos nosos fillos e dos nosos netos depende diso.

Blogue persoal de Pablo Vaamonde:

Pavillón de Repouso

http://pablovaamonde.blogspot.com.es/

[*] Pablo Vaamonde Garcia, nado na Baña en 1956. É médico de familia no Centro de Saúde de Labañou (A Coruña). Foi fundador e director da revista médica Cadernos de Atención Primaria (1994-2005), presidente da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC) de 1996 a 2005 e vicepresidente do Colexio Oficial de Médicos de A Coruña e responsable do Programa de Formación Continuada de 1998 a 2005. Foi director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas entre 2005 e 2006. Tamén foi membro da Comisión Sectorial de Sanidade que elaborou o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, colaborador habitual dos medios e autor de tres libros de narrativa: O fillo do emigrante (2002), O mes de abril (2004), Luz Divina e outros retratos (2006). Recibiu o Premio Lois Peña Novo en 2005, polo seu compromiso na promoción e defensa da língua de Galicia e é colexiado de Honra con Emblema de Prata (2007) do Colexio Oficial de Médicos da provincia de A Coruña.

Publicado no seu Blogue persoal | 10.12.2015.
______________