Amosando publicacións coa etiqueta BNG. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta BNG. Amosar todas as publicacións

luns, xaneiro 21, 2019

Pacto de silencio, ... Por Iván Rivas Rico


Por Iván Rivas [*]
21.01.2019


Imaxinen a Trump pronunciando o paternalista discurso de Acción de Gracias cargando contra os negros cunha foto de Malcon X morto ás costas. Como cren que o interpretarían os negros?

Agora pregúntense como deben interpretar os nacionalistas cataláns e galegos o discurso de fin de ano do presidente da Xunta, que decidiu cargar contra eles coa imaxe dun nacionalista asasinado ás costas. Que deben intuír do discurso de Feijoó con Bóveda morto de fondo? Quizais o mesmo que suxeriu o Master do universo e actual presidente do PP cando lles lembrou aos cataláns como rematou Companys?

Porque en Galiza a represión se construíu sobre pactos de silencio con mensaxes mudos que demostran que o problema xa non reside na hipocrisía das palabras ou no uso torticero de símbolos como o cadro de Castelao. O problema son as mensaxes explícitas e implícitas de sectarismo, intolerancia e matonismo. O problema é gardar silencio, porque hoxe xa non lles chega con que os débiles permanezamos calados. E senón que llo pregunten ao mimo de A Coruña.[1]

[1] Pep Bou, mimo catalán que actuou no Teatro Colón o 3 de xaneiro de 2019. La Voz..


Publicado no xornal comarcal 'Diario de Ferrol - 08.01.2019. | Artigos.

[*] Iván Rivas Rico, -A Pontenova 1976, é arquitecto de profesión, concelleiro e portavoz do grupo municipal do BNG en Ferrol desde xaneiro de 2012, na anterior etapa e na actualidade. Foi elixido cabeza de lista polo BNG, para as eleccións locais de maio deste 2019. No buscador libre DuckDuckGo.



Enviado por:
Inácio GZ
-inaciog@gmail.com-

9 de janeiro de 2019 00:28
_____________

luns, decembro 17, 2018

Concentración nos xulgados de Ferrol en apoio a Mariela Aguilar, concelleira do BNG en Fene, ante a denuncia do actual alcalde, do Partido Popular, Gumersindo Galego, por mor do pacto cos dous edis de Somos Fene, a través dunha moción de censura



Hoxe, luns 17 de decembro de 2018, estaba citada nos xulgados de Ferrol en calidade de investigada, Mariela Aguilar, concelleira do BNG de Fene. Que no seu momento paralizou co seu voto de calidade o Pleno extraordinario onde se ia abordar a moción de censura presentada polo Partido Popular, co apoio dos tránsfugas de Somos Fene (Rodríguez Bastida e César Castro) que foran expulsados do seu partido, precisamente por pactar co PP. Por ese transfuguismo foi polo que se suspendera o Pleno, mais posteriormente o xulgado do Contencioso-Administrativo de Ferrol, acordou a celebración do mesmo, que cos votos dos dous tránsfugas e os do PP,  facilitou-lle o acceso á alcaldía a Gumersindo Galego, actual alcalde de Fene quen foi o que puxo a denuncia contra a concelleira, a titulo persoal.

Con motivo desta comparecencia nos xulgados de Ferrol, Mariela foi arroupada por unha concentración de solidariedade, na que participou o grupo municipal do BNG de Fene, os edís de Ferrol Iván Rivas Rico e Roberto Montero Castrillón, e compañeiras e compañeiros do resto da comarca, así como o deputado no Parlamento Galego, Xosé Luis Rivas "Mini".

. #ForzaMariela #NonAoTransfuguismo #SomosPP

https://bngdefene.blogspot.com/

https://www.facebook.com/BngFene/
____________

venres, outubro 26, 2018

Este venres 26 de outubro, o BNG presenta ao candidato á Alcaldia de Ferrol, Iván Rivas Rico, coa presencia da portavoz nacional e parlamentaria Ana Pontón, no Centro Cultural Torrente Ballester


O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol celebra este venres 26 de outubro às 8 da tarde no patio central do Centro Cultural Torrente Ballester o acto de presentación de Iván Rivas Rico como candidato á alcaldía de Ferrol.

Iván Rivas, actual portavoz municipal, volverá a ser o candidato do BNG en Ferrol nas eleccións municipais de maio de 2019 tras a proposta da asemblea local e a súa ratificación polo Consello Nacional do BNG.

Antonio Iván Rivas Rico nace na Pontenova (Lugo) en 1976. é arquitecto de profesión. Ten experiencia como concelleiro en Ferrol, desde novembro de 2011, que entrou na corporación municipal asumindo a portavocía do grupo municipal en xaneiro de 2012. Foi candidato nas elección locais de maio de 2015 e agora foi elixido como candidato para encabezar alista do BNG, para as vindeiras eleccións municipais de maio de 2019.

Inácio GZ 14 de novembro de 2018 08:15
Info baseada na enviada polo:
BNG
-bng@ferrol.es-
19 de outubro de 2018 13:54

__________________

xoves, outubro 25, 2018

Aprobada a Resolución da #Eurocámara que insta a prohibir a Fundación Franco e que apoia ao @19deMeiras, quitar simboloxia franquista e quitar a Franco do Val dos Caidos- A iniciativa da eurodeputada galega Ana Miranda - Vai por todas as víctimas do franquismo e todas as persoas que sofren ataques fascistas e neonazis


A Eurocámara pronúnciase a prol da ilegalización da Fundación Francisco Franco


Aprobada a Resolución da #Eurocámara que insta a prohibir a Fundación Franco e que apoia ao @19deMeiras, quitar simboloxia franquista e quitar a Franco do Val dos Caidos. Vai por todas as víctimas do franquismo e todas as persoas que sofren ataques fascistas e neonazis pic.twitter.com/Wg1gwPljkW — Ana Miranda - @anamirandapaz.

O mesmo día en que 14 dos 19 de Meirás prestaban declaración perante un xuíz após seren denunciados pola familia do ditador, a Eurocámara aprobaba unha resolución contra o avanzo do neofascismo en Europa. A iniciativa -da que foi relatora a eurodeputada do BNG Ana Miranda- foi aprobada con 355 votos a favor, 90 en contra e 39 abstencións.

O Parlamento europeu asumiu esta quinta feira un texto impulsado pola esquerda da cámara en que se alertaba sobre o avanzo do neofascismo non só como ideoloxía, senón como ameaza violenta.

"Vai por todas as vítimas do franquismo e todas as persoas que sofren ataques facistas e neonazis", escribiu en Twitter unha exultante Ana Miranda aos poucos minutos do relatorio —do que era co-autora canda a italiana Eleonera Forenza e a sueca Soraya Post— ter sido aprobado.

Forenza, canda un dos seus asesores, é unha desas vítimas de ataques violentos recentes aos que se refería a iniciativa, da que foi principal impulsora.

A resolución foi votada favorabelmente polo PP e os seus aliados europeos, e rexeitada pola extrema-dereita.



@BNG_ParlEuropa

25 de outubro de 2018

Fonte: Sermos Galiza.
_______________

xoves, maio 10, 2018

O Pleno Extraordinario de Ferrol aproba os Orzamentos para o 2018, proposto polo goberno municipal co apoio dos grupos do BNG e PSOE que contribuíron con propostas concretas que foron negociadas con antelación, mais fixo falta o voto de calidade do Alcalde ante a abstención de Esther Leira, e o voto en contra do PP e Ciudadanos - Vídeo do Pleno


O Pleno Extraordinario de Ferrol aproba os Orzamentos para o 2018, proposto polo goberno municipal co apoio dos Grupos Municipais de 'Ferrol en Común', BNG e PSOE, contribuíndo estes últimos con propostas concretas que foron negociadas con antelación, mais fixo falta o voto de calidade do Alcalde ante a abstención de Esther Leira. Posicionamento que a Concelleira explica no Pleno que se pode escoitar no vídeo do Pleno que achegamos. E os votos en contra de Ciudadanos e Partido Popular.

A aprobación dos Orzamentos 2018 e o cadro de persoal, no Pleno, veu precedido dun acordo pactado entre o grupo de goberno e o BNG por unha banda e por outra un acordo entre 'Ferrol en Común' e o grupo do PSOE. E emendas presentadas no Pleno que foron aceptadas.

Ao final o orzamento pasou de 67.182.261,29 euros iniciais a 69.172.261,29 finais, 1.990.000 euros a maiores, por mor de ter aceptado as emendas propostas.

O Pleno tiña lugar hoxe 10 de maio de 2018, ás 10 da mañá de tres horas de duración.


https://youtu.be/sK7HTMTGvPY


Enlaces relacionado.-

A nova na Web oficial do Concello de Ferrol. | xoves, 10 de maio de 2018. |
APROBADOS OS ORZAMENTOS MUNICIPAIS PARA O 2018  | O documento económico foi aprobado inicialmente esta mañá en pleno extraordinario logo de tres horas de debate co apoio de BNG e PSOE A cifra global ascende a 69.172.261,29 euros coa prioridade na inversión, no gasto social e na creación de emprego público O superávit da liquidación de 2017 deixa un amplo marxe para axilizar as inversións prioritarias “É un día de orgullo. Son os orzamentos mais elevados i expansivos da historia de Ferrol e suporán un salto cualitativo para a nosa cidade”, di Suárez. | E o ANEXO ENMENDA IN VOCE ORZAMENTOS 2018 GRUPOS PSOE E BNG. | Ir á Web.


En Ártabra 21. | A necesidade de aprobar os Orzamentos Municiapis de 2018 - Agardemos que se hai cordura e acordo, este serva, para abordar os asuntos urxentes de Ferrol, como son o sistema de saneamento, Emafesa e o prezo da auga. Así como todos os servizos que están sen contrato e en especial o da recollida de lixo. Axilizar os investimentos que se aproben. E poñer as bases da remunicipalizacion, do parque público de vivendas, da rehabilitación, do plano de emprego.... | ir á Web.
______________

xoves, abril 19, 2018

Hoxe, despois de moitas emocións, é un día de agradecementos, ... Carta de despedida de Juventino Trigo como Alcalde de Fene,


Hoxe, despois de moitas emocións, é un día de agradecementos.

Moitos sentimentos encontrados. Vergoña allea por algúns personaxes que non merecen ser mencionados, e ao mesmo tempo unha enorme satisfacción polo apoio de moita xente e mostras de cariño recibidas.

Para as persoas que poidan ter interese, aquí transcribo o meu discurso de hoxe na moción de censura. Moitas grazas.

Quero aproveitar estes minutos para agradecer, en primeiro lugar, a todos os membros que compoñen este goberno o seu esforzo e dedicación. Podo dicirvos que non é fácil gobernar en minoría, e moito menos cando a oposición se dedica constantemente a entorpecer e a paralizar a boa marcha do traballo municipal, presentando mocións de censura e xudicializando a política. Facer que Fene funcione ben, con transparencia, con calidade democrática e coa atención aos veciños como prioridade supón moitas horas de dedicación e moitas horas roubadas á vida persoal e familiar de cada quen. Así que, moitas grazas compañeiras e compañeiros, foi un pracer traballar con vós.

Tamén quero agradecer o traballo de todo o persoal municipal, de todas as áreas e departamentos, dado que un goberno en minoría non podería funcionar sen o esforzo de todas as persoas que cada día levan adiante o traballo municipal. Foi tamén un pracer compartir xornada con todos e todas elas.

Hoxe é un día triste para Fene. É un día triste para Fene porque hoxe, por primeira vez na historia deste pobo, vaise materializar unha moción de censura na que conflúen os factores máis noxentos da vida política: compra de vontades, traizón á veciñanza e corrupción lexitimada por un auto xudicial sen precedentes que xudicializa a vida política para favorecer unha volta atrás na senda de boas prácticas, transparencia, traballo e atención ás necesidades sociais que entre todos acadamos nestes últimos anos.

O noso traballo a partir de agora, desde a oposición, será o de facer o que sempre facemos no BNG: defender os intereses das maiorías sociais, dos máis desfavorecidos e da veciñanza en xeral, tratando de impedir e denunciando publicamente calquera movemento que se pretenda realizar en beneficio de outros intereses.

Deixamos unha institución municipal saneada, eficaz, e que paga puntualmente os seus provedores. Centos de miles de euros investidos en obras e infraestruturas moi necesarias para Fene, e outros tantos preparados para novos investimentos. Deixamos o goberno municipal coa cabeza BEN ALTA, coa sensación do deber cumprido, e coa perspectiva posta nas vindeiras eleccións municipais, nas que o pobo terá de novo a palabra e estou ben seguro de que porá a cada quen no lugar que lle corresponde.

Foi un pracer e un orgullo ser o alcalde do meu pobo.

Nada máis e moitas grazas.

Fene, a 6 de abril, de 2018

Juventino Trigo

https://www.facebook.com/juventino.trigo

Foto: Pleno de moción de censura en Fene. | De Mero Barral para Ferrol360.

Máis info. | Ir Buscador.
________________

luns, xaneiro 29, 2018

O BNG de Ferrol valora, nun comunicado, a proposta de novo Convenio entre Augas de Galiza, o Concello de Ferrol e o Concello de Narón para a regularización dos gastos de explotación do sistema de saneamento e depuración, que será abordado mañá martes 30 de xaneiro, na xunta de portavoces, convocada para o efecto, considera que este documento significa perpetuar a liña iniciada por Rey Varela e o Partido Popular no anterior mandato

 A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, o director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez,
e o alcalde de Ferrol, Jorge Suárez,o 13 de decembro n'A Coruña
O pasado 13 de decembro, A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, o director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez, e o alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, mantiñan unha xuntanza n'A Coruña, para buscar puntos de encontro na elaboración dun novo Convenio a tres bandas. Daquela Augas de Galicia emitira un comunicado da xuntanza que ao pouco corrixiu na súa web oficial, o que provocou unha respostas dos dous Concellos. Mais o acordo que se anunciaba daquela, non era tal. O Concello de Narón anunciara un recurso de reposición contra o Convenio asinado o 1 de Agosto de 2017 a dúas bandas entre Augas de Galicia e o Concello de Ferrol. A Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización, emitira un comunicado público denunciando que o "responsábel máximo da situación desolada da xestión do sistema de saneamento de Ferrol e Narón, Augas de Galicia, pon-se por arriba do ben e do mal e considera-se mediador nun conflito entre dúas administracións, os concellos de Ferrol e Narón", denunciando que se pasaba "dun requirimento de Narón moi ben elaborado e argumentado, centrando o asunto no seu punto real a unha suposta mediación impresentábel". Despois dun mes e medio de diferentes contactos agora vai-se presentar, mañá en Ferrol, antes a reunión de portavoces dos grupos municipais, un principio de acordo na redacción dun novo Convenio a tres bandas que sempre tería que pasar por un Pleno, para ser acordado e validado. O BNG, fixo público un comunicado hoxe, valorando o texto do Convenio que se vai presentar mañá martes 30 de xaneiro de 2018.

O mércores 7 de febreiro a Plataforma ten convocada unha concentración para denunciar o inminente cobro da Taxa de Depuración, co recibo que emite Emafesa, unha taxa inxusta que fai que sexa o Concello de Ferrol, o que teña as taxas de sumidoiros, saneamento e depuración máis altas da Galiza. Co lema a Estafa Continúa, ás 6 da tarde, na praza do Concello, está chamada a veciñanza de Ferrol, a amosar a súa disconformidade con esta Taxa.


O BNG VALORA O CONVENIO ENTRE AUGAS DE GALIZA EOS CONCELLOS DE FERROL E NARON QUE SE ANALIZA MAÑÁ NA XUNTA DE PORTAVOCES

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol logo de que se nos achegara o convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galiza, o Concello de Ferrol e o Concello de Narón para a regularización dos gastos de explotación do sistema de saneamento e depuración da marxe norte da ría de Ferrol, que será abordado mañá na xunta de portavoces, convocada para o efecto, considera que este documento significa perpetuar a liña iniciada por Rey Varela e o Partido Popular no anterior mandato.

O convenio que se nos propón é un paso máis na deriva política compartida por FeC e PP respecto do sistema de depuración na Cidade e que ten 2 obxectivos claros: incrementar o volume de negocio de EMAFESA, coa entrega a esta empresa da depuradora e a súa xestión e un segundo obxectivo que non é máis que o intento de lavarlle a cara e eximir de responsabilidade, á Xunta de Galiza, ao Estado e ao Partido Popular de todas as decisións adoptadas sobre o sistema de depuración na nosa cidade. Por este motivo queremos facer as seguintes consideracións:

1. Este convenio non anula o anterior asinado entre Augas de Galicia e o concello de Ferrol en abril de 2017 no que Ferrol se fixo cargo da EDAR. O concello de Ferrol segue a ser o responsable único da xestión dunha infraestrutura que non é da súa propiedade e que presta un servizo de carácter supramunicipal.

2. O concello de Ferrol é responsable subsidiario de calquera impago ou perxuizo ou controversia  que poida xurdir respecto do pago por parte do concello de Narón e deberá aboar integramente os custes de xestión mantemento e reparación da depuradora mais os posibles xuros derivados de impagos que non teñen porque ser imputables ao concello de Ferrol.

3. Augas de Galicia, que entregou a EDAR nunhas condicións que impedían o seu funcionamento se asegura mediante unha cláusula que non asumirá ningunha obriga económica derivada da xestión dunha infraestrutura da súa propiedade.

4. O convenio deixa as claras e literalmente que Augas de Galicia responsable da xestión da depuración actuará exclusivamente como intermediario entre os dous concellos.

5. Todos os custes que por parte da empresa EMAFESA se están a reclamar desde que en 2014 se lle entregou a EDAR serán asumidos polos ferroláns e Narón unicamente asumira o 30% dos importes xerados a partir do 1 de abril de 2017. Augas de Galicia se exime de toda responsabilidade en todo este proceso e sorprendentemente o goberno de Ferrol asinte e permanece en silencio.

Por tanto, serán os ferroláns os que teñan que asumir  o mantemento e a posta en funcionamento dunha infraestrutura que non é nosa e que superan os 2M de euros tal e como se reflexa no estudo económico que acompañaba a taxa do PP en 2014 e á que este goberno lle levantou a suspensión a finais de 2017.
Serán os ferroláns os que paguen a reparación dunha EDAR, construída polo Estado e sen acta de recepción que se nos entregou en condicións que impedían o seu funcionamento grazas ao convenio asinado entre o Sr. Rey Varela e Augas de Galicia en 2014 e que o PP e FeC validaron en 2017 mediante a ratificación dun novo convenio con Augas de Galicia.

O certo é que con este convenio certificase a vontade de eximir de toda responsabilidade a Xunta de Galiza, propietaria da infraestrutura e ao Estado, que a pesar de ser o responsable da construción da EDAR co diñeiro dos galegos e galegas máis os fondos FEDER nin se lle menciona neste novo convenio nin no anterior asinado entre o concello de Ferrol e Augas de Galicia.

En resumo, este convenio ven exclusivamente a determinar que o concello de Narón pagará o 30% dos custes a partir do 1 de abril de 2017. Nin o Estado nin a Xunta nin o concello de Narón se farán responsables en modo algún de ningunha das cargas económicas e de xestión que supón a reparación, xestión, posta en funcionamento e mantemento da depuradora. Estes custes serán exclusivamente soportados polos veciños e veciñas desta Cidade sen que tivesen ningún tipo de responsabilidade no despropósito que supón o deseño do sistema de depuración na ría de Ferrol.

Ferrol 29 de xaneiro de 2018.
BNG-Ferrolterra | ferrolterra@bng.gal
Grupo Municipal | bng@ferrol.es


BNG Ferrol
http://unpasoadiante.gal/
#UnPasoAdiante
http://ferrol.bng.gal/




_____________

venres, novembro 24, 2017

Hai 35 anos: expulsos do Parlamento galego 3 deputados nacionalistas por se negar a xurar a constitución española - A representatividade popular que lles outorgaran os votos de milleiros de galegos e galegas foilles roubada por unha aplicación retroactiva dunha normativa que obrigaba a xurar a 'carta magna', buscando provocar a expulsión dos tres parlamentares electos polo Bloque-PSG (Bautista Álvarez, Lois Dieguez e Claudio López Garrido)

O 24 de novembro de 1982, aos tres deputados -Bautista Álvarez, Lois Dieguez
e Claudio López Garrido, electos nas listas do Bloque-PSG, se lles impide
a entrada no Parlamento Galego (Daquela estaba no Pazo de Fonseca)

"Parlamento sin oposición, Parlamento de cartón"

Hai 35 anos: expulsos do Parlamento galego 3 deputados nacionalistas por se negar a xurar a constitución

O BNG apresenta o avanzo dun documental sobre un feito sen precedentes no Estado español. A aplicación retroactiva dunha normativa que obrigaba a xurar a 'carta magna', buscando provocar a expulsión dos tres parlamentares electos polo Bloque-PSG.

O 24 de novembro de 1982 tres deputados -Bautista Álvarez, Lois Dieguez e Claudio López Garrido-, eleitos pola candidatura Bloque Nacional-Popular Galego-PSG, eran expulsados do Parlamento de Galiza por se negar a xurar a Constitución española e defender os dereitos nacionais de Galiza. 35 anos despois, o BNG presenta o avanzo dun documentario no que se fai memoria dun feito político sen precedentes do Estado español.

O vídeo está concibido como un acto de denuncia e de recoñecemento político aos seus protagonistas, “precisamente nun momento de involución democrática no conxunto do Estado, marcado polo recorte de dereitos e liberdades, -tanto individuais como dos pobos-, e de criminalización das ideas políticas que non encaixan no status quo do actual marco institucional”, indican desde o BNG.


https://youtu.be/YanKkEnSWcQ

Publicado en 23 de nov de 2017 na Canle do BNG - Bloque Nacionalista Galego

O 24 de novembro de 1982 os tres deputados nacionalistas da coalición Bloque-PSG foron expulsados do Parlamento Galego por se negaren a xurar a Constitución Española. A representatividade popular que lles outorgaran os votos de milleiros de galegos e galegas foilles roubada por unha aplicación ideolóxica da lei ao servizo das forzas españolistas. Foi un caso único na historia da "democracia" española. Trinta e cinco anos despois, desde o BNG estamos a elaborar un documental que recupera e trae á actualidade o acontecido, porque hoxe volvemos vivir un claro proceso de criminalización das ideas e de involución nos dereitos democráticos. Os poderes do Estado e o españolismo político, mediático e económico, novamente, perseguen as ideas das e dos que defendemos liberdade, democracia e dereitos para os nosos pobos. Este pequeno teaser é simple adianto do video que vos presentaremos en poucas semanas. Onte, hoxe e mañá, no BNG estamos polo dereito a decidir e as liberdades democráticas. E hoxe toca dar #UnPasoAdiante para as conseguir.

http://www.bng.gal/
| Facebook | Twitter | Youtube |

Fontes: Sermos Galiza e BNG.

Sermos Galiza, é un outro semanario impreso, comprometido co Pobo, a Terra e a Fala que está nos quioscos os xoves, mais tamén pública-se todos os días en formato dixital: http://www.sermosgaliza.gal/. Baixo Licenza Creative Commons. Podes-te facer subscritor/a e/ou Participa. | Ir á Web
__________________

xoves, novembro 16, 2017

Hoxe xoves, 16 de novembro, presentación en Ferrol,das Bases Democráticas para unha nova Galiza, coa presencia de Ana Pontón, portavoz nacional do BNG, e do concelleiro Iván Rivas, ás 8 da tarde no salón de Actos do antigo Hopicio, nas inmediacións da Praza de Amboaxe


Presentación, en Ferrol, da Bases Democráticas para unha nova Galiza


Día: xoves 16 de novembro de 2017.
Hora: 20:00 horas (8 da tarde).
Lugar: Salón de Actos, do Antigo Hospicio de Ferrol (Rúa Méndez Núñez, 11, nas inmediacións da Praza de Amboaxe).
Maps: Localización no Mapa.

Participará Ana Pontón, portavoz nacional do BNG, e Iván Rivas, portavoz municipal.

As Bases Democráticas para unha Nova Galiza son unha proposta do BNG pensada para o contraste e o debate social con todos os axentes políticos, sociais e económicos do país.

A Galiza que queremos é necesario definila colectivamente, desde a suma de ideas e a unidade de vontades para construír un país mellor. Con elas queremos propoñer á sociedade galega un novo horizonte para o noso país.

Temos que avanzar cara un deseño político e institucional que nos garanta capacidade real para poñer en marcha unha Galiza próspera, xusta e igualitaria, capaz de crear riqueza e emprego e de garantir os servizos públicos e os dereitos sociais.

http://unpasoadiante.gal/

#UnPasoAdiante

http://ferrol.bng.gal/








Enviado por:
BNG
-bng@ferrol.es-
10 de novembro de 2017 12:27

_________________

venres, xuño 30, 2017

E dous ... Porta Nova versus plaza de España, ... Por Joam Tavia - A luita segue, há muito que transformar e mesmo subverter em Ferrol, na Galiza, no reino de Espanha e no mundo.


Por Joam Tavia [*]
30.06.2017

Hoje por motivos laborais, nom pudem estar na proposta sobre a restituiçom do topónimo original à Porta Nova. Todas as informaçons que me chegaram falavam da boíssima intervençom de Bruno (Fundaçom Artábria) do bom fazer de Ivan (BNG) e de que FeC depois dum início com dúvidas se somava ao si, como nom? também o das duas concelheiras que procedentes da lista do PSOE, formam parte do governo municipal e também agradeço o si de Esther Leira, companheira da CIG Admon, filóloga e concelheira agora nom adscrita. Foi umha derrota, (a favor 9, 11 contra e três abstençons) mas umha derrota com honor, como diriam os clássicos, e trabalho valente, responsável e sério.

Já está bem de tabús ferrolanos e deixar que os de sempre fachendeem de ferrolanismo barato. Nós nom somos ferrolanistas, somos galegos e galegas e por suposto que queremos muito a Ferrol, temos levado muitos paus e sofrido por esta comarca e o seu futuro. Cremos na sua gente, galegos e galegas de bem, gente trabalhadora que só aspira a ser dona se si, do seu pais e solidária com o mundo.

Quando cheguei do choio ainda pudem acompanhar ao irmao Pintos e escuitar com ele as intervençons na moçom de apoio e solidariedade com ele. Foi aprovada polo conjunto das forças de esquerda e nacionalistas. Lamento que para PP e C's, prime a vingança, como dixo Iván e solicitou com veemência, podiam ter votado a favor. Isso também ajudaria para vermo-nos  uns aos outros como rivais e nom como inimigos. O alcaide na sua interveçom mencionou-me dizendo que ele estava ali, junto a Xam e Pintos, é verdade. Há momentos de irmandade de classe nos que estamos juntos como os dedos arredor do punho. Para mim sempre foi um privilégio estar com os oprimidos e oprimidas frente aos poderosos. E agora que vou para velho nom vou mudar.

A luita segue, há muito que transformar e mesmo subverter em Ferrol, na Galiza, no reino de Espanha e no mundo. Recuperar  serviços para o público, dignificar, repartir e bem pagar o trabalho, distribuir a riqueza, fomentar a igualdade predicada polo feminismo, acobilhar aos e as desamparados, acolher à gente de outras culturas e países como irmaos, nom de religiom ou étnia  senom de pura humanidade. E nom esquecer nunca a busca da felicidade!

Há tanto que fazer e é tam curta a vida de um! Dixo Chaplin.

Verdade Moncho, hoje de cabodano, verdade Elena, Xan Quinhoá, Begonha , Martinho, John. Aqui estades na nossa memória, a eternidade dos ateus.

[*] Joam Tavia, Narón. Licenciado em História e membro da Fundaçom Artábria.

Enviado por:
Joam Tavia
-jtavia@gmail.com-
30 de junho de 2017 10:33

___________________

xoves, maio 04, 2017

Acto Público do BNG, na antiga Casa Hospicio, coa presencia de Ana Pontón: A prol da necesidade de dispor dun concerto económico-financeiro galego - O Concerto Galego: Un sistema de financiamento xusto para Galiza


Acto do BNG, na antiga Casa Hospicio, coa presencia de Ana Pontón: A prol da necesidade de dispor dun concerto económico-financeiro galego

O BNG está desenvolver por toda a nación unha serie de actos explicativos a prol da necesidade de dispor dun concerto económico-financeiro galego. O concerto é unha alternativa que garante que todos os ingresos pola carga tributaria que soportan as galegas e galegos sexan de xestión do Goberno de Galiza.

O verdadeiro autogoberno só é posíbel si se cobran todos os impostos na Galiza polo Goberno galego, posibilitando a suficiencia financeira necesaria para cubrir os gastos nos servizos fundamentais (sanidade, educación e protección social) e promover o desenvolvemento económico, social e cultural que o país necesita.

Así pois, este xoves 4 de maio ás 20:00 h terá lugar en Ferrol no salón de actos do antigo hospicio (r/ Mendéz Núñez,11 - a carón da praza de Amboaxe) un acto público no que intervirá a nosa Portavoz Nacional, Ana Pontón, e no que se abordará polo miúdo esta cuestión fundamental para o futuro de Galiza como nación.


Bloque Nacionalista Galego de Ferrol
bngferrol@gmail.com | bng@ferrol.es (Grupo Municipal)
O BNG de Ferrol no facebook  ou no twitter.
http://bng.gal/ferrol/ | http://adiante.gal/ | #Adiante.




Enviado por:
BNG
-bng@ferrol.es-
3 de maio de 2017 17:56

_____________

domingo, xaneiro 22, 2017

O BNG organiza un Acto público Informativo sobre o saneamento en Ferrol - Martes 24 de xaneiro às 8 da tarde, no Salón de actos do antigo Hospicio


O vindeiro martes 24 de xaneiro às 20 horas no Salón de actos do antigo Hospicio (r/ Méndez Núñez) o Bloque Nacionalista Galego vai desenvolver un acto público informativo para explicar cal é o estado actual na que se atopa a situación da rede de Saneamento na cidade e cales son as repercusións que vai ter nos veciños e veciñas.

Quen vai pagar as obras?
Quen vai xestionar a rede?
É un modelo sustentábel?
Que vai pasar coa Taxa?

Neste acto público repasaran o que se ten feito desde o Concello sobre este tema lembrando entre outras cuestións:
Que o o saneamento da ría de Ferrol foi declarado de interese xeral polo Estado en 1997, debendo ser obriga deste a súa execución e financiamento.

O Modelo eleito de rede de saneamento é obsoleto por tratarse dunha rede unitaria, contraria a todos os criterios actuais de xestión de augas residuais e contrario as propias determinacións da Lei de Augas de Galiza e das directrices do propio PXOM.

O PP impuxo unha taxa para pagar as obras e a posta en funcionamento do saneamento asumindo o modelo de rede unitaria imposto polo Estado e o custe das obras.

En agosto de 2015 o Goberno da cidade confirmou que a depuradora da cidade, despois de décadas de abandono, non depuraba. Esto non impediu que se nos cobrase por este servizo máis de 800.000 euros no remate do ano 2014.
Manifesta que "na actualidade o goberno FeC pretende dar continuidade ao modelo unitario imposto polo PP, asume os custes de reparación da EDAR, os da construción da obra e a posta en funcionamento da infraestrura e entrega a xestión do sistema á empresa ACUAES, responsable da execución dunhas obras que acumulan máis dun ano de retraso que suporán maiores custes para a Cidade".

Desde o BNG proponen
:
A transformación do sistema de depuración.

Modificando e complementando a infraestrutura para que as augas fecais non sexan tartadas conxuntamente coas augas pluviais reducindo os custes medioambientais e económicos.

A xestión directa dos servizos básicos para a cidade.

Recuperando a xestión pública da auga, tanto no servizo de abastecemento como no de saneamento e depuración. A primeira compensación sería inmediata ao eliminar o beneficio económico da empresa concesionaria.

Que o Estado asuma a súa responsabilidade e pague as obras.
E seguen dicindo que "a pesar de non poder decidir a ubicación da EDAR e ter que bombear máis de 40 m. os volumes a tratar, de impoñernos un modelo de rede unitaria con excesivos tanques de tormentas insostible económica e medioambientalmente e de non poder decidir sobre o trazado dos colectores o Estado e o actual goberno pretenden que asumamos nós o custe da obra".

Rematan a convocatoria , facendo un chamamento a participar no acto se se quere  afondar nos coñecimentos sobre a situación respecto da rede de saneamento na cidade, a taxa vinculada a esta rede e cal é a súaa proposta respecto destas cuestións.

Bloque Nacionalista Galego de Ferrol
Rúa Naturalista López Seoane, 13 Baixo - 15402 - Ferrol
bngferrol@gmail.com | bng@ferrol.es (Grupo Municipal)
O BNG de Ferrol no facebook  ou no twitter.
http://bng.gal/ferrol/ | http://adiante.gal/ | #Adiante.

Enviado por:
BNG
-bng@ferrol.es-
20 de janeiro de 2017 14:33


Foto: O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, co seu antecesor no cargo, José Manuel Rei Varela. De Miguel Muñiz. | 2017.08.28
________

sábado, xullo 23, 2016

Avante a República Galega! é o lema do acto que vai ter lugar esta tarde do sábado 23 de Xullo, en Ferrol, co motivo do Día da Patria Galega, convocado polo BNG, Cerna, a CIG e a Fundaçom Artábria


Avante a República Galega!

Con este lema, vai ter lugar esta tarde do sábado 23 de Xullo, ás 20:30hs un acto en Ferrol, co motivo do Día da Patria Galega, convocado polo BNG, Cerna, a CIG e a Fundaçom Artábria.

Umha Ruada Patriótica que partirá desde a Praza das Angustias, para finalizar no Cantón de Ferrol, con bandeiras e música.

Desde as organizacións que convocan a Ruada Patriótica, animan a participar neste acto festivo coa bandeira Galega.
_________________

venres, xullo 08, 2016

A iniciativa "Chamamento de Vidán" cobra impulso nas redes - Unha iniciativa a prol da unidade da esquerda nacional, proposta desde un sector das filas do BNG, cun programa transformador que sexa capaz de desaloxar ao Partido Popular da institución autonómica e transcenda máis alá do proceso electoral deste Outono


Lanzada unha iniciativa política, onde se encontran nomes como Carmén Adán, Ana Miranda, Tereixa Paz, Olaia Fernández Davila ou Xavier Vence, que pula pola unidade e reformulación do nacionalismo e as forzas de esquerda, e sinalan a celebración do 25 de Xullo, como unha data fraternal para referendar esa construción da que consideran única oportunidade para sacar ao PP das institucións e parar a sangría que en todos os eidos está a sofrer Galiza.

Chamamento de Vidán

O nacionalismo encóntrase nunha encrucillada como non ocorría dende hai décadas. O devalo socio-electoral do BNG chegou a límites insoportábeis para calquera organización política con vocación de transformar a sociedade. A continuidade, frecuencia e profundidade da prolongada desafección de votantes e simpatizantes é concluínte e permite emitir un diagnóstico, onde resulta inescusábel admitir o fin de ciclo da organización nacionalista.

Fronte a esta fatal realidade asistimos á emerxencia dunha alternativa política, con orixe na indignación social orixinada polo grave deterioro do benestar público, no seu significado máis amplo. Formada por nacionalistas e forzas de esquerda esta alternativa foi quen de focalizar o interese social dunha parte maioritaria do electorado nacionalista. Sen embargo, esa alianza construída para defender os intereses de Galiza, especialmente no Parlamento Español, amosa unha incapacidade crecente para cumprir ese obxectivo derivando nunha debilidade, cada vez máis evidente, do seu polo nacionalista. As contradicións, propias de calquera alianza electoral, e a menor visualización da compoñente galeguista están, ao noso xuízo, na causa máis probábel do devalo acusado por esta nova alternativa nas últimas eleccións xerais.

Esta complicada situación ameaza as expectativas de desaloxo do PP nas eleccións galegas do próximo outono. Sería imperdoábel que diferenzas menores malograsen a posibilidade dun grande acordo que trouxese ilusión aos galegos e galegas e impulsase unha vitoria contundente fronte á insostíbel situación económica que está desangrando o país, expulsando da súa terra ao mellor da mocidade galega.

Neste crítico contexto todas e todos deben contribuír a un gran acordo electoral, procurando o fortalecemento do nacionalismo e da alternativa ao PP en 2016.

Na actual situación e de cara a un futuro que transcende ao vindeiro proceso electoral correspóndenos a responsabilidade de remover as estruturas actuais do nacionalismo para sentar as bases para unha organización nacionalista de nova planta, sólida, con vocación maioritaria, transversal e que xunte a todas as persoas que teñen Galiza como nación. Por tal motivo, instamos a todas as forzas políticas galegas a actuar coa máxima xenerosidade e altura de miras para superar a actual situación de impotencia política dando os pasos precisos para levantar unha nova alternativa que aglutine a dispersión e devolva a esperanza de cambio á maioría social, sen apriorismos máis alá de que Galiza sexa o verdadeiro suxeito político.

Por último, dende este recuncho de Compostela e con toda a humildade, convocamos a galegas e galegos, a todos e todas as galeguistas e nacionalistas, a celebrar en fraternidade o próximo 25 de xullo, Día da Patria Galega.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2016.

PODE-SE APOIAR E ASINAR O CHAMAMENTO EN
:
https://chamamentodevidan.wordpress.com/

A nova nalgúns medios:
Manifesto liderado por Xavier Vence decreta fin de ciclo do BNG e pide unha alianza coa Marea. | D.ARES - SERMOS GALIZA 08 Xullo 2016 13:34 h. | Baixo o lema 'Chamamento de Vidán' reclaman "un gran acordo electoral" como "alternativa ao PP" en 2016. | Sesenta e tres sinaturas entre as que se atopa a do ex-portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, a portavoz en Bruxelas, Ana Miranda e as deputadas Carme Adán e Tereixa Paz, veñen de lanzar o 'Chamamento de Vidán'. | Ir á Web.

"Chamamento de Vidán" para crear as bases dunha "organización nacionalista de nova planta". | Persoeiros do nacionalismo como Ana Miranda, Carme Adán, Xavier Vence, Tereixa Paz ou Alba Nogueira reclaman un xiro na estratexia do BNG e das mareas. Como primeiro paso propoñen unha manifestación o 25 de Xullo común con "todos os galegos, galeguistas e nacionalistas". | Lores defende a "capacidade e forza abonda" do BNG sen necesidade de confluír con outras formacións. | Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 08/07/2016 | Actualizada ás 23:15 | GALICIA CONFIDENCIAL | Ir á Web.

O Foro Galego debaterá o vindeiro sábado o impulso da candidatura de confluencia. | Redacción | @prazapublica | 08.07.2016 PRAZA PÚBLICA | Fóra de titular, dentro do texto da nova: "...Mentres, tamén este venres se fixo público o denominado Chamamento de Vidán, un documento asinado por un grupo de destacados e destacadas militantes do BNG (entre os que destacan Xavier Vence, Tereixa Paz, Olaia Fernández Davila, Carme Adán ou Ana Miranda)...fan un chamamento para superar as 'diferenzas menores” de forma que sexa posible acadar un “grande acordo que trouxese ilusión aos galegos e galegas'..." | Ir á Web.
A nova nalgúns medios convencionais galegos:
La Voz de Galicia: Los críticos del BNG llaman a construir otra organización. | Ir á Web.

El Correo Gallego: Militantes e cargos do BNG intentan unha nova visión para as autonómicas ante a "ameaza" de "non desaloxar" ao PP. |  Ir á Web.

Faro de Vigo: El exlíder del BNG y cargos locales urgen unirse a la Marea ante su crisis electoral. | Ir á Web.

El Progreso: Lores no perderá "nin dous minutos" con el manifiesto crítico del BNG. | Ir á Web.

CRTVG - A Galega: Máis de 50 militantes do BNG critican a dirección de inmobilista e avogan pola confluencia coas Mareas. | Ir á Web.

CRTVG - Radio: Militantes do BNG apoian a confluencia con outras forzas de esquerda. | Ir á Web.

Información baseada na enviada por:
Lupe Ces
-lupeces@gmail.com-
8 de julho de 2016 15:35
http://lupeces.blogspot.com/
_________________

martes, maio 31, 2016

Vontade de poder, ... Por Iván Rivas - A mantenta do que pasa no Palacio Municipal de Ferrol

Por Ivan Rivas [*]
31.05.2016


Hai tempo alguén afirmou que o impulso fundamental no ser humano non era a vontade de vivir senón o impulso por acadar os seus obxectivos argumentando que calquera que arrisca a súa vida por calquera razón, amosa un instinto superior ao de vivir. A isto deulle en chamar vontade de poder.

Na nosa Cidade o Goberno argumenta que actúa en contra da súa vontade cando adopta decisión que prolongan á política do PP e das que o PE de Ferrol Vello foi a primeira delas e non a peor. Asumir os convenios con Defensa, con Acuaes, o morto dunha EDAR que non funciona ou poñerse de perfil ante a proposta de xestión directa da electricidade permítelle ao PP continuar coas súas propostas sen despeitearse.

Que un goberno renuncie a desenvolver a súa vontade non só vai en contra deste principio de dignidade humana, senón que vai en contra da esencia do que é un goberno. E se o actual así o fai é unha fraude porque, ou ben, realmente non é quen goberna, ou ben, di o contrario do que pensa.

[*] Iván Rivas Rico, -A Pontenova 1976, é arquitecto de profesión, concelleiro e portavoz do grupo municipal do BNG en Ferrol desde xaneiro de 2012, na anterior etapa e na actualidade. Foi candidato á Alcaldía polo BNG - Asembleas Abertas, para as eleccións locais do 24 de maio deste 2015. Ten conta no facebook: https://www.facebook.com/ivan.rivasrico .

Artigos de Ivan Rivas no Diario de Ferrol.

Enviado por:
Inácio GZ
inaciogz@gmail.com
31 de maio de 2016 09:10

___________

sábado, maio 28, 2016

O contrato eléctrico, ... por Lupe Ces - Vídeo: o debate sobre a remunicipalizaçom do serviço eléctrico em Ferrol no Pleno Municipal


Por Lupe Ces [*]
28.05.2016


Onte o BNG apresentou umha moçom para a renúncia do contrato eléctrico de subministro e mantimento. Um contrato começado a tramitar no anterior governo do PP. Um contrato a15 anos de mais de 41milhos de euros. A fórmula está muito extendida: umha multinacional (FCC) e umha empresa local SEFCON. O administrador de SEFCON, Borja Silveira Rey, pertence também a um bufete transnacional de advogados (LAMAS Y Asociados) [1] que tenhem oficinas em Ciudad de Panamá, Shangai, Republica Dominicana, Madrid, A Corunha e Ferrol. Este mesmo bufete de advogados, tem um contrato de serviço de defensa judicial e assistência jurídica co Concelho de Ferrol, assinado polo antigo alcalde. Esse bufete redactou um informe externo, solicitado polo alcalde Jorge Suárez, conforme nom se podia desestimar nem renunciar ao contrato, que está a piques de rematar o seu procedemento num pleno municipal. A assembleia de Ferrol en Común, inexplicavelmente, aprovou seguir adiante co contrato. No pleno da quinta-feira, a moçom do BNG que propóm a renuncia tivo os votos a favor do BNG e do PSOE, Ciudadanos e Ferrol en Común abstiverom-se e o PP votou em contra. A continuaçom pode-se escoitar e ver como se desenvolveu o debate no pleno. A remunicipalizaçom é possivel. Si se pode!


https://youtu.be/IqL_mRsu-ws

Debate no pleno municipal do dia 26 de Maio de 2016 da moçom do BNG relativa à renúncia ao contrato de subministro e mantimento eléctrico para a sua remunicipalizaçom.Publicado em 27 de Maio de 2016, na Canle do BNG Ferrol.

[1] Nota.- Por outra banda, o alcalde de Ferrol (José Manuel Rey Varela) tamén informou doutros dous asuntos que viron luz verde na Xunta de Goberno celebrada esta mañá. Un deles foi a contratación do servizo de auditoria externa e verificación do programa Urban da que se ocupará “Auditores de Empresas Asociados S.L” por un montante de 17.157,80 euros (21% de IVE incluído) e un prazo de execución dun ano. O outro tema abordado na reunión ordinaria do executivo municipal foi a contratación do servizo de defensa xudicial e asistencia xurídica do Concello de Ferrol á “UTE Bufete Pieltain-Fuertes y Asociados S.L.P y Lama Abogados S.L.P” por un montante de 171.820 euros ao ano (21% de IVE incluído). Este contrato terá un tempo de duración de catro anos (Fonte: Web do Concello - 09.03.2015).

[*] Lupe Ces Rioboo, é umha das pessoas da coordenadora promotora dumha "Plataforma pola Remunicipalización dos Servizos Públicos", iniciativa cidadá que em primeiro lugar pretende parar o Contrato Eléctrico que tramita o Concelho de Ferrol.

Artigos de Lupe Ces en Ártabra 21.

Enviado por:
Lupe Ces
-lupeces@gmail.com-
28 de maio de 2016 01:15
http://lupeces.blogspot.com/
___________

xoves, maio 26, 2016

Moción do BNG ao Pleno do Concello de Ferrol, onde se insta ao mesmo para que interpoña un requirimento de derrogación e presente un recurso xudicial para paralizar a licitación e a construción do acceso ferroviario ao porto exterior


O BNG propón ao pleno a interposición dun requirimento de derrogación que paralice a licitación do acceso ferroviario ao Porto Exterior.

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol presentou unha moción que será debatida no pleno municipal de fin de mes na que propón que o concello interpoña un requirimento de derrogación e presente un recurso xudicial para paralizar a licitación e a construción do acceso ferroviario ao porto exterior.

O BNG considera que o Partido Popular despois de desenvolver un procedemento irregular, baseándose en motivacións de carácter, exclusivamente, económico, desde a administración central e cun goberno en funcións licitou as obras do acceso ferroviario ao porto exterior sen ter en conta todas aquelas reivindicacións feitas por organizacións políticas e innumerábeis colectivos desta cidade que reclamaban unha solución diferente á proposta que contemplaba un viaduto que cruza a enseada da Malata. Así mesmo censuramos que o Goberno Municipal non tivera interposto ningún tipo de recurso cando tivo oportunidade de facelo como ten feito o BNG.

Desde o BNG, así mesmo, consideramos inaudito que por parte do goberno local se continúe sen facer nada e sen tomar ningún tipo de decisión para evitar que a alternativa adoptada pola Autoridade Portuaria sexa a definitiva para levar o acceso ferroviario ao porto exterior atravesando A Malata.

O BNG considera que debe terse en conta que este proxecto se licitou sen terse publicado a Declaración de Impacto ambiental e sen ter resolto as alegacións e por último que ao Concello de Ferrol non se lle informou sobre o proxecto definitivo, como queda evidenciado e se recolle nos informes do enxeñeiro municipal. O Concello non ten informado sobre o proxecto construtivo nin sobre a modificación substancial que se produce na delimitación de espazos portuarios que se produce no porto de Ferrol produto da elección da alternativa sur.

Para o BNG a elección desta alternativa non só supón agravar o deterioro da ría de Ferrol senón que ademais ten afectacións de carácter patrimonial no barrio da Graña, en elementos que debían estar protexidos como o dique da Cabana, vai supoñer impactos que están sen resolver acústicos para o ámbito urbano desta cidade e desde o BNG queremos insistir no feito de que parece que tanto o PP como o actual goberno municipal, que forma parte do Consello de Administración da Autoridade Portuaria, parece que están cómodos no ámbito, exclusivamente, das recriminacións verbais pero que máis aló destes reproches duns aos outros non se toma ningún tipo de decisión para resolver un dos grandes problemas que ten esta cidade.

É por isto que dado a pasividade e indolencia coa que este goberno esta a enfrontar este problema desde o BNG instámolo a adoptar algún tipo de decisión ao respecto. É por isto que lle propoñemos ao Pleno a interposición dun requirimento de derrogación e presente un recurso xudicial para paralizar a licitación e a construción do acceso ferroviario ao porto exterior.

Ferrol, a 25 de Maio de 2016.

Bloque Nacionalista Galego de Ferrol
Rúa Naturalista López Seoane, 13 Baixo - 15402 - Ferrol
bngferrol@gmail.com | bng@ferrol.es (Grupo Municipal)
O BNG de Ferrol no facebook  ou no twitter.
http://bng.gal/ferrol/ | http://adiante.gal/ | #Adiante.



Moción do BNG ao Pleno do concello de Ferrol, de hoxe 26 de Maio de 2016, onde se insta ao Concello a que interpoña un requirimento de derrogación e presente un recurso xudicial para paralizar a licitación e a construción do acceso ferroviario ao porto exterior. | Acceder/Baixar.

Enviado por:
BNG Ferrol
-bngferrol@gmail.com-
25 de maio de 2016 21:54
______________

Referencias de interese:

O non ao tren a Caneliñas polo trazado sur en Ártabra 21 | Ir á Web.

Imaxen de GeoTren e Google. | Clicar acima da imaxe do cabezallo para ampliar.

Enlaces relacionados de interese:

GeoTren - O acceso ferroviario ao Porto exterior de Ferrol. | 16.Xaneiro.2014 | Ir á Web.

A Autoridade Portuaria licita as obras do acceso ferroviario ao Porto Exterior de Ferrol. | Ministerio de Fomento | 16.Abril.2016 | Ir á Web.

Fomento adxudica a redacción do proxecto constructivo do acceso ferroviario ao Porto exterior de Ferrol. | Ministerio de Fomento | 03.Xaneiro.2014. | Ir á Web.
______________

martes, maio 24, 2016

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol presentou unha moción que será debatida no pleno municipal de fin de mes, na que propón a renuncia ao contrato eléctrico, co obxectivo do rescate para a xestión pública de dito servizo - Texto da Moción anexo


Para o BNG de continuar adiante con este concurso..., o que vai facer é hipotecar ós veciños e veciñas desta cidade e continuar avanzando..., nun camiño desaforado cara á privatización... de servizos...

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol presentou unha moción que será debatida no pleno municipal de fin de mes na que propón a renuncia ao contrato eléctrico, co obxectivo do rescate para a xestión pública de dito servizo.

O BNG PROPÓN AO PLENO À RENUNCIA AO CONTRATO ELÉCTRICO


O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol presentou unha moción que será debatida no pleno municipal de fin de mes na que propón a renuncia ao contrato do subministro, servizos enerxéticos e mantemento das instalacións de alumeado público exterior e dependencias municipais xustificando o interese público e carácter prioritario de dito servizo.

O BNG considera que é preciso que o goberno local asuma a importancia deste servizo e encare decididamente o obxectivo da xestión pública do subministro e do mantemento eléctrico mediante a renuncia ao procedimento iniciado polo PP.

O BNG propón, así mesmo, que se elabore a declaración de servizo público esencial do servizo de subministración e mantemento eléctrico e a determinación do persoal necesario para o desenvolvemento desta actividade e a forma de integralo na administración local co fin de cubrir necesidades urxentes e inaprazábeis.

Para o BNG de continuar adiante con este concurso, que a día de hoxe continúa sen resolver e que polo tanto pode ser revocado, o que vai facer é hipotecar ós veciños e veciñas desta cidade e continuar avanzando nunha política que consiste na redución e no adelgazamento da prestación de servizos por parte da Administración Pública, nun camiño desaforado cara á privatización mediante a externalización de servizos que deberían e poderían ser prestados por parte desta Administración Local.

O BNG lembra que finalmente se o Goberno Local decide asumir este concurso, promovido polo Partido Popular, vai hipotecar aos veciños e veciñas desta cidade. En primeiro lugar porque vincula o subministro eléctrico co servizo de mantemento, de modo que o subministro que supón o 60% dos custes do contrato condiciona o mantemento para grande beneficio da empresa concesionaria, por dúas razóns evidentes: por que o concello deixa de exercer un control directo sobre o prezo da enerxía que contrata e ademais fai-no por un período de quince anos; o que nun mercado coma o enerxético, sometido a constantes cambios na regulación e na súa lexislación, é cando menos unha temeridade porque, nun contexto coma o actual, o da enerxía é unha das variables económicas máis importantes nun contexto en permanente cambio coma o actual pero ademais privatizan o servizo de mantemento, un servizo que perfectamente podería ser asumible polo propio Concello.

Ferrol, a 23 de Maio, de 2016.

Bloque Nacionalista Galego de Ferrol
Rúa Naturalista López Seoane, 13 Baixo - 15402 - Ferrol
bngferrol@gmail.com
O BNG de Ferrol no facebook  ou no twitter.
http://bng.gal/ferrol/ | http://adiante.gal/ | #Adiante.



Moción do BNG ao Pleno do concello de Ferrol, do vindeiro 26 de Maio de 2016, onde se insta ao Concello á renuncia do Contrato Eléctrico, para iniciar o proceso do rescate da xestión pública do servizo. | Acceder/Baixar.

Enviado por:
BNG Ferrol
-bngferrol@gmail.com-
23 de maio de 2016 20:40
______________

martes, maio 03, 2016

O Bloque Nacionalista Galego interpón recurso contra a decisión do Consello de Administración da Autoridade Portuaria, de licitar as obras de acceso ferroviario ao porto exterior de Ferrol, optando pola alternativa sur que vai supor a morte da enseada da Malata e un moito maior deterioro da Ría


O BNG PRESENTA UN RECURSO CONTRA A LICITACIÓN DAS OBRAS DO ACCESO FERROVIARIO AO PORTO EXTERIOR

O Bloque Nacionalista Galego deu a coñecer, esta mañá, a interposición dun recurso potestativo de reposición contra a decisión do Consello de Administración da Autoridade Portuaria, de licitar as obras de acceso ferroviario ao porto exterior de Ferrol, optando pola alternativa sur e censurou que máis aló das recriminacións verbais entre o Partido Popular e o Goberno Municipal desta cidade, non existe ningún tipo de decisión que permita vislumbrar algún tipo de cambio ou modificación con respecto desta decisión que vai supor a morte da enseada da Malata e vai afondar no deterioro medio ambiental e económico da ría de Ferrol.

O BNG criticou que o PP despois de desenvolver un procedimento irregular, baseándose en motivacións de carácter, exclusivamente, económico, desde a administración central e cun goberno en funcións licitara as obras do acceso ferroviario ao porto exterior sen ter en conta todas aquelas reivindicacións feitas por organizacións políticas e innumerábeis colectivos desta cidade que reclamaban unha solución diferente á proposta que contemplaba un viaduto que cruza a enseada da Malata. Así mesmo o BNG afirmou que non sabemos o que se ten feito por parte do Goberno Municipal para impedir que esto poida acontecer ou cando menos facer que isto se poida modificar, e criticou que non ten interpuxeran ningún tipo de recurso para evitar que esto aconteza como acabamos de facer por parte do BNG.

O BNG indicou en que tampouco temos coñecimento de que se teña iniciado, por parte do Goberno local, ningún tipo de denuncia nin valoración na que teñan en conta as irregularidades do procedimento que desde o BNG temos expresado de maneira repetitiva. Desde o BNG, así mesmo, nos preguntamos como é posíbel que por parte do goberno local se continúe sen facer nada, nen sen tomar ningún tipo de decisión para evitar que a alternativa adoptada pola Autoridade Portuaria sexa a definitiva para levar o acceso ferroviario ao porto exterior atravesando A Malata.

O BNG decidiu desenvolver e apresentar o seu recurso, cando se cumpre un mes de aprobada esta licitación, por varias cuestións. O BNG cre que existe a necesidade de ampliar a información recollida no estudo informativo, tal e como se recollía na Declaración de Impacto ambiental e polo feito de que estas ampliacións de información supoñían de fato un novo estudo e que por tanto debería remitirse a todos aqueles colectivos que se consideraban afectados por esta decisión.

O BNG considera que debe terse en conta que este proxecto se licitou sen terse publicado a Declaración de Impacto ambiental e sen ter resolto as alegacións e por último que ao Concello de Ferrol non se lle informou sobre o proxecto definitivo, como queda evidenciado e se recolle nos informes do enxeñeiro municipal. O Concello non ten informado sobre o proxecto construtivo nin sobre a modificación substancial que se produce na delimitación de espazos portuarios que se produce no porto de Ferrol produto da elección da alternativa sur.

Para o BNG a elección da alternativa non só supón agravar o deterioro da ría de Ferrol senón que ademais ten afectacións de carácter patrimonial no barrio da Graña, en elementos que debían estar protexidos como o dique da Cabana, vai supoñer impactos que están sin resolver acústicos para o ámbito urbano desta cidade e desde o BNG queremos insistir no feito de que parece que tanto o PP como o actual goberno municipal, que forma parte do Consello de Administración da Autoridade Portuaria, parece que están cómodos no ámbito, exclusivamente, das recriminacións verbais pero que máis aló destes reproches duns aos outros non se toma ningún tipo de decisión para resolver un dos grandes problemas que ten esta cidade.

Ferrol, a 2 de Maio, de 2016.

Bloque Nacionalista Galego de Ferrol
Rúa Naturalista López Seoane, 13 Baixo - 15402 - Ferrol
bngferrol@gmail.com
O BNG de Ferrol no facebook  ou no twitter.

http://bng.gal/ferrol/
http://adiante.gal/


Enviado por:
BNG Ferrol
-bngferrol@gmail.com-
2 de maio de 2016 17:41
_____________

Imaxen de GeoTren e Google. | Clicar acima da imaxe para ampliar.

Enlaces relacionados de interese:

GeoTren - O acceso ferroviario ao Porto exterior de Ferrol. | 16.Xaneiro.2014 | Ir á Web.

A Autoridade Portuaria licita as obras do acceso ferroviario ao Porto Exterior de Ferrol. | Ministerio de Fomento | 16.Abril.2016 | Ir á Web.

Fomento adxudica a redacción do proxecto constructivo do acceso ferroviario ao Porto exterior de Ferrol. | Ministerio de Fomento | 03.Xaneiro.2014. | Ir á Web.
___________

xoves, abril 28, 2016

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol presentou unha moción, que será debatida no pleno ordinario, na que pide que se esixa á Xunta de Galiza a titularidade das concesión de transporte público, e que desde o goberno se impulse a creación dunha empresa municipal de transporte


O BNG LEVA AO PLENO A CREACIÓN DUNHA EMPRESA MUNICIPAL DE TRANSPORTE


O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol presentou unha moción, que será debatida no pleno ordinario de mañá (28.04.2016), na que pide que se esixa à Xunta de Galiza a titularidade das concesión de transporte público na nosa cidade, co fin de poder prestalo nas condicións adecuadas desde a propia administración local e que desde o goberno se impulse a creación dunha empresa municipal de transporte.

O BNG lembra que a actual situación na que non existen limitacións concesionarias nen planificación de servizos máis aló deste ano 2016 estabelece un marco totalmente aberto e sen condicionantes para que o goberno local decida libremente unha proposta de transporte público que se adecúe ás necesidades dos veciños e veciñas.

A sentenza do tribunal supremo que anula a prórrogas concedidas no ano 2010 ás concesións de transporte metropolitano definen un escenario totalmente aberto. É nese contexto, co horizonte do vindeiro ano 2017, desde o BNG esiximos ao goberno municipal que redefina o servizo co obxectivo de que este preste un adecuado servizo, en horarios e frecuencias que cubra as necesidades sociais dos veciños e veciñas de Ferrol tanto da súa zona urbana como da rural.

O Plan de Transporte Metropolitano desenvólvese pola Xunta de Galiza en base a concesión das liñas de transporte a día de hoxe anuladas por sentenza do Tribunal Supremo. Polo tanto, é decisión do Concello de Ferrol de asumilo ou non nos termos nos que está redactado, e que o alcalde da cidade así o faga demostra a actitude cómplice do goberno municipal fronte á posibilidade de prorrogar a concesións ás mesmas empresas que desenvolvían o servizo na actualidade e fronte a renovación dun Plan de Transporte Metropolitano que se algo ten demostrado é a falla de adecuación as necesidade reais e económicas da cidade.

O actual contexto permite que o Concello poida asumir a xestión das liñas urbanas coa constitución dunha empresa pública de transporte que en colaboración coa Xunta de Galiza dea servizo a unha cidade cunha poboación confinada ao uso do transporte privado e que está a sufrir ao mesmo tempo o desmantelamento dos precarios servizos ferroviarios actuais.

Na proposta do BNG tamén se pide que sexa o Concello de Ferrol, a través da empresa municipal de transporte, quen planificará de maneira conxunta cos concellos da comarca as liñas e frecuencias do transporte urbano.

Ferrol 27 de abril de 2016

Documentación anexa:
  • Texto da Moción do BNG relativa á creación dunha empresa municipal de transporte público presentada no rexistro | Acceder/Baixar.

  • Texto da convocatoria para o Pleno Ordinario do 28 de Abril de 2016 | Acceder/Baixar.


Bloque Nacionalista Galego de Ferrol
Rúa Naturalista López Seoane, 13 Baixo - 15402 - Ferrol
bngferrol@gmail.com
O BNG de Ferrol no facebook  ou no twitter.

http://bng.gal/ferrol/
http://adiante.gal/


Enviado por:
BNG Ferrol
-bngferrol@gmail.com-
27 de abril de 2016 17:33
______________

Fotos 1 de Jorge Meis publicada no Diario de Ferrol. Xuño 2014.
Fotos 2 Parte do persoal de Trnaviasconcentrouse ás portas do Concello de Ferrol (foto: R.C.), publicada en Ferrol360. Marzo2016.

____________________