Amosando publicacións coa etiqueta Reganosa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Reganosa. Amosar todas as publicacións

domingo, maio 02, 2021

Os grupos de presión dos combustíbeis fósiles xa están no 'Green New Deal' da UE, ... Por Daniela Passeri - Esta proposta sobre a taxonomía de actividades económicas sostíbeis non ten nada que ver cos obxectivos do Green Deal, non está en consonancia co Acordo de Paris e carece de base científica


Daniela Passeri [*]
02.05.2021


Nunha roda de prensa a semana pasada, Sebastien Godinot, economista e director de WWF (World Wildlife Fund) Europa, e representante de numerosas ONGs e asociacións ambientais, emitiu un xuízo moi severo sobre o borrador do Taxonomy Delegated Act [Regulación Clasificatoria] que se difundiu en Bruxelas. Con el estaban Andreas Hoepner, professor titular de Risco Operativo, Bancario e Financeiro do University College, de Dublín, e Ariel Brunner, Director de Europa e Asia Central de BirdLife International. Os tres son membros da Plataforma de Finanzas Sostíbeis da UE.

"Unha operación de lavado de cara verde ["greenwashing"] pura e simple", afirmou Godinot, "coa que se corre o risco de socavar o liderado da Unión Europea globalmente e desacreditar á presidenta von der Leyen. Esta proposta sobre a taxonomía de actividades económicas sostíbeis non ten nada que ver cos obxectivos do Green Deal, non está en consonancia co Acordo de Paris e carece de base científica. Tal como está formulada, non fai outra cousa que permitir a unhas cantas persoas gañar moito diñeiro".

A taxonomía da Unión Europea converterase no sistema para clasificar que actividades se poden considerar sostíbeis en términos do clima, para que poidan financiarse ou incentivarse como tales e para as que poden emitirse bonos verdes. Cando Europa pídenos gastar o 30% da Next Generation EU en actividades do clima (para Italia hai preto de 80.000 millóns), teremos que remitirnos á taxonomía da UE para calcular que accións entran nesta categoría.

A conmoción de diversas asociacións, expresada nunha carta asinada por 226 científicos e xestores de diversas organizacións, derívase do feito de que na última versión da disposición, apareceron tamén o gas e a enerxía nuclear entre os sectores "sostíbeis". Estes non figuraban na versión presentada fai uns meses, desenvolvida logo de tres anos de consulta entre expertos. Tal como queda formulada, escriben os 226, contén "afirmacións carentes de base que son contrarias á ciencia sobre o clima. A taxonomía da UE para unhas finanzas sostíbeis concibiuse como punto de referencia para evitar o lavado verde. Con esta proposta convértese en instrumento dese lavado verde".

Ao lexitimar o gas, faise tamén aceptábel o hidróxeno producido co gas e o proceso CCS (carbón capture and storage) de captación e almacenamento de carbono, o que se coñece como hidróxeno gris ou azul, que non ten nada que ver co hidróxeno verde producido por electrólises con electricidade renovábel.

"Supón renderse totalmente ao grupo de presión gasista, algo aínda máis perigoso; nun momento no que outros países do mundo están desenvolvendo os seus sistemas en competencia para clasificar investimentos sostíbeis, rebaixar as ambicións europeas significa crear un proceso que corre o risco de botar abaixo todo o demais", conclúe a carta.

De acordo con Andreas Hoepner -o único representante científico na comisión de 32 persoas que contribuíu a redactar o controvertido documento-, realizar unha taxonomía "constitúe un exercicio de etiquetado de certas actividades. Non se trata dunha decisión política que poida ser máis ou menos correcta. Iso é sinxelamente falso".

Polo tanto, ate financiar unha central nuclear se enumera entre as actividades sostíbeis. O apoio a esta declaración contense nun documento preparado polo Centro de Investigación Conxunta (JRC - Joint Research Center), a voz científica que constitúe un das Direccións Xerais (DX) da Comisión Europea. O documento afirma que a enerxía nuclear é comparábel á hidroeléctrica. Si non se toman en conta os efectos radioactivos, iso é inconcibíbel, declarou Godinot. Como sexa que apareza, esta taxonomía non salvará á enerxía nuclear.

Standard & Poor?s declarou xa que non é competitiva; desde un punto de vista económico, non ten sentido. Pero na comisión hai quen, como Thierry Breton, defenden a enerxía nuclear e afirman que están orgullosos diso.

"Creo que Alemaña non aceptará nunca esta postura no sector de xestión de bosques. O labor dos grupos de presión nos países do norte de Europa dá carta branca a quen teñen interese na explotación indiscriminada dos bosques", denuncia Ariel Brunner, de Bird-Life International.

"Acéptase como sostíbel calquera tipo de deforestación; calquera terreo de menos de 25 hectáreas, que é o dobre do tamaño medio das propiedades europeas, queda excluído da análise de custo-beneficio do clima; permítese o uso de fertilizantes; as técnicas de xestión de bosques que se permiten son nacionais, o que significa que non se introducen boas practicas, senón que todo segue tal cal; acéptase calquera sistema de certificación, mentres que nin sequera menciónase ao Consello de Administración de Bosques [Forest Stewardship Council]. Sinxelamente inaceptable".

A Comisión terá tempo para repensar este borrador ate o 21 de abril. Posteriormente, o Parlamento Europeo e o Consello aprobarana ou a devolverán ao remitente.

[*] Daniela Passeri membro do Grupo de Compra Solidaria e a Asociación Decrecimiento. Foi nomeada en "Sinistra per Siena" (2013) e creou o primeiro comité italiano de "L'Altra Europa con Tsipras". Desde fai 20 anos é xornalista, hoxe imparte cursos sobre sostenibilidad ambiental e alimentación. Editou o libro "Viaxe á Italia dos bens comúns" e publica habitualmente no Il Manifesto.

Fonte: Sen Permiso | Daniela Passeri - 15.04.2021 | Il manifesto global, 5 de abril de 2021.

Foto: Gaseiro atracando en Reganosa, de Álvaro Ballesteros, freelance de fotografía e vídeo aéreo en Galicia.

#RepartoXustoFondosEuropeosNextGeneration
_______

xoves, abril 29, 2021

Reganosa estivo incumprindo a Normativa de Seguridade de Navegación dentro da Ría, ao atracar o 'Maria Energy LNG' a menos de 100 metros do petroleiro 'Levantine Sea' - Vídeo



O 'Maria Energy', é un buque gaseiro de 290 metros de eslora por 46 de manga, que navega baixo unha bandeira de conveniencia de Liberia, construído en 2016. O LNG 'Maria Energy' arribou ao peirao de Punta Promontoiro (Mugardos), para cargar 4.600 m3 de LNG de Reganosa (Posta en frío dos tanques), proceso que durou unhas 50 horas, nun dos diferentes negocios da regasificadora, aínda que isto signifique aumentar as probabilidades de risco para a poboación que moramos na contorna da Ría. Para o holding gasista supón negocio e aumentar a baixa porcentaxe de utilización da planta, para xustificar a súa permanencia no sistema. Pois o historial de utilización da planta é moi baixo respecto á súa capacidade e previsións no documento xustificativo para a súa construción.


Reganosa sempre cobra do tesouro público

Hai que ter en conta que Reganosa sempre cobra do tesouro público (máis de 8 millóns de consumidores de gas domésticos, industriais e comerciais pagan en forma de peaxes, impostos e cargos) só polo feito de ter gas dispoñíbel para abastecer o sistema gasista peninsular, unha rede local de gasodutos, por carga e descarga de gaseiros e cisternas, considerando á planta dentro da rede básica (Lei 34/1998 de 7 de outubro) segundo as planificacións estatais dos sectores da electricidade e gas en diferentes períodos desde 2002. Desde novembro de 2007, Reganosa estivo percibindo, liquidacións económicas do Sistema Gasista, a correspondente retribución polas instalacións e actividade da planta de Mugardos, sen que os permisos de construción e autorizacións de funcionamento foran os adecuados e sempre condicionados a cumprir os requisitos sobre "condicións de seguridade, protección do medio ambiente e adecuación urbanística", precisamente os tres que as sentenzas do supremo cuestionaron, anulando ditos permisos e autorizacións.

Adecuación Urbanística con complicidade institucional e política

O requisito de "adecuación urbanística", resolveron-no, o 20 de xuño de 2012, coa complicidade política e institucional do Concello de Mugardos e a Xunta de Galicia, adecuando -cinco anos despois da posta en funcionamento e case 10 desde que se iniciara a súa construción-  o PAXOM aos intereses de Reganosa.

As condicións de seguridade e protección do medio ambiente imposíbeis de conseguir

Os outros dous requisitos de "condicións de seguridade e protección do medio ambiente", aínda que se lle outorgara a DIA, o pasado 2 de decembro de 2020, en resolución da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental -pola que se formulou Declaración de Impacto Ambienta (DIA) do proxecto de instalación da planta de gas-, son imposíbeis de conseguir, pola localización da planta dentro da Ría a poucos metros de núcleos de poboación, á beira dun complexo pretroquímico (que almacena máis de 300.000 m3 de liquidos inflamábeis), unha fábrica de colas (Imegasa) e unha planta de coxeneración eléctrica (que funciona a base de queimar fuel-oil), unha base naval militar e ter que atravesar os buques gaseiros un sinuoso, estreito, pouco profundo, longo e de fondo rochoso canle de entrada da Ría o que imposibilita ao buque saír polos seus propios medios como require a normativa UNE EN ISO 28460:2011 (Industrias do petróleo e do gas natural. Instalacións e equipamento para gas natural licuado. Interfaz terra-navío e operacións portuarias - ISO 28460:2010).

Unha manobra realizada cun coeficiente de marea moi alto

Por se fose pouco, toda esta manobra, do pasado 26 de abril de 2021, fixo-se, en plena baixa mar, cun dos máis altos coeficientes de marea (110) que se coñecen na Ría de Ferrol desde que hai rexistros. Tomando como referencia o nivel medio do mar (NM), a baixamar de pola mañá foi de -1,9 metros, a baixa mar máxima rexistrada nas táboas de mareas de Ferrol é de -2,1 metros. Os grandes coeficientes levan a grandes e baixas mareas; adoitan producirse grandes correntes e movementos dos fondos mariños. A primeira marea baixa foi ás 10:32 horas, hora na que comezaron as manobras do buque gaseiro 'Mari Energy LNG' entre punta Leiras e a punta do martelo, onde o calado máximo está entre 14 e 15 metros.

O petroleiro 'Levantine Sea' levaba un día atracado en Punta Promontoiro

O petroleiro 'Levantine Sea', tamén é un superbuque que navega baixo bandeira de conveniencia de Liberia, construído en 2018, de 250 metros de eslora e 44 de manga que procedente de Rotterdan (Holanda), arribara a primeira hora da mañá do pasado domingo 25 de abril, no mesmo peirao de Mugardos, para o comercio de fuel-oil con Forestal del Atlántico. A normativa marca unha distancia mínima de 200 metros, nestes casos no que o gaseiro vai cargar GNL en Reganosa, cuestión que reiteradamente se está incumprindo, co consentimento das administracións e a vista gorda (moi gorda) da Autoridade Portuaria, que é a encargada de controlalo. Feitos que este CCE ten denunciado, en numerosas ocasións, e á Dirección Xeral da Mariña Mercante, que pasa tamén do tema.

Irresponsabilidade e lamentacións

Cando ocorra una desgracia, ninguén se sentirá culpábel de estar sempre mirando para outro lado en beneficio dos intereses dunha empresa ilegal, perigosa, deficitaria e innecesaria e dunhas personaxes que levan 20 anos beneficiándose do diñeiro público, e de todas as trampas e ilegalidades, a costa da nosa seguridade.

Planta de Gas: Peche Xa !!
Planta de gas, fora da Ría !!
Gas Non é Solución !!

#GasNoneSolucion
#PlataDeGasForaDaRia



Desde Ártabra 21 seguimos apoiando a loita do Comité Cidadán de Emerxencia.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc

Info baseada na enviada por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
26 de abril de 2021 13:21

_______

Gas: os excesos dun sistema que pagas na factura. Un especial dixital realizado por "Ballena Blanca".

Gas e fracking. | Ecoloxistas en Acción.

_______

martes, abril 27, 2021

A Coordinadora Galega por un Reparto Xusto dos Fondos Europeos (Next Generation) e o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol mobilizaron-se para denunciar que Reganosa non é ningún modelo de sustentabilidade para recibir fondos europeos e menos para presidir ningunha comisión que os xestione - Vídeo da concentración, intervencións e fotos


A Coordinadora Galega por un Reparto Xusto dos Fondos Europeos (Next Generation) e o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol mobilizaron-se para denunciar que Reganosa non é ningún modelo de sustentabilidade para recibir fondos europeos e menos para presidir ningunha comisión que os xestione. No acto demandou-se un reparto xusto e unha saída sostíbel para os fondos europeos. A concentración foi este sábado 24 de abril en Mehá (Mugardos), nas inmediacións da regasificadora. Denunciou-se que o gas natural licuado (LNG) é un combustíbel fósil e un factor importante destrutor da capa de ozono se sae a atmosfera e que a súa combustión como fonte de enerxía produce CO2; denunciou-se a falta de transparencia no proceso elaboración das propostas na Galiza, con a ausencia de participación pública e deixando de lado mesmo ao Parlamento; exixiseu-se un reparto xusto e sustentábel dos fondos europeos e non conceder-llos a quen contamina.


Planta de gas, fora da Ría !!

Gas Non é Solución !!


#GasNoneSolucion

Gas: os excesos dun sistema que pagas na factura. Un especial dixital realizado por "Ballena Blanca".

Gas e fracking. | Ecoloxistas en Acción.

Desde Ártabra 21 seguimos apoiando a loita do Comité Cidadán de Emerxencia.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc
_______

mércores, abril 21, 2021

Un novo buque gaseiro (Catalunya Spirit) está descargando no despropósito gasista de Reganosa - ...un gas extraído por medio da destrutiva técnica do fracking (fracturamento hidráulico) - Este sábado 24 de abril, está convocada unha acción de protesta, ás 12 do mediodía, nas inmediacións da planta regasificadora, pola Coordinadora Galega por un reparto Xusto dos Fondos Europeos (Next Generation)


Un novo buque gaseiro, o "Catalunya Spirit LNG", entrou esta mañá na nosa Ría, cargado con decenas de miles de toneladas de gas natural licuado (GNL), para o despropósito gasista de Reganosa. O buque procede de Port Arthur, Sabine, Lusiana (USA). Está cargado cun gas extraído por medio da destrutiva técnica do fracking (fracturamento hidráulico). O gaseiro está nestes momentos descargando na planta regasificadora de Reganosa, no peirao de Punta Promontoiro (Mugardos). O "Catalunya Spirit", é un LNG Tanker de grande porte con 284 metros de eslora e 43 de manga, con bandeira española, construído en 2003. Este novo buque fai o 296, desde que en maio de 2007 entrara o "Galicia Spirit", o seu xemelgo, nom sen antes ser impedido, por dúas veces, pola xente do mar e o Comité Cidadán de Emerxencia, nunha acción sen precedentes, pola súa magnitude, onde se romperon os muros de silencio que construíra o poder mediático, económico e político, derredor do proxecto gasista promovido polo Grupo Tojeiro.

Como sinalamos, este gas que se está descargando en Reganosa, foi extraído pola técnica coñecida como fracking, que é moi daniña para a saúde e o medio ambiente, no proceso libran-se grandes cantidades de metano á atmosfera, contribuíndo deste xeito ao cambio climático, na súa extracción tamén se produce a contaminación das augas subterráneas e o subsolo. De feito, no Estado español está en cuestión. No artigo 8 do proxecto de Lei de Cambio Climático e Transición Enerxética que o Consello de Ministros remitiu ás Cortes, o 19 de maio de 2020, prevé expresamente a denegación de autorizacións de explotacións de hidrocarburos que empreguen a técnica fractura hidráulica de alto volume.

Mentres o "Catalunya Spirit" descarga decenas de miles de toneladas de gas natural licuado, perante 24 horas que dura a mesma, aumentará de xeito exponencial, o xa de por si perigo que ten a planta regasificadora, para todas as miles de persoas que moramos na contorna da Ría de Ferrol, dentro do radio de 2000 ou 3000 metros que no caso de deflagración térmica ou explosión, sería arrasado.

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, segue denunciando a unha planta de gas que non só pon en perigo as nosas vidas, contribúe ao deterioro da Ría e ao cambio climático, senón que foi construída ao amparo da corrupción económica e política. Foi construída e posta en funcionamento, sen avaliación ambiental e a sabendas de que, a súa localización, incumpría a lexislación medio ambiental en vigor. Confirmado por cinco sentenzas do Tribunal Supremo en contra do despropósito gasista de Reganosa. Agora co novo goberno se lle aproba a avaliación ambiental, sen ter en conta a súa localización, alegando que xa é unha infraestrutura construída e en funcionamento (prescisamente a aplicación da política de feitos consumados que buscaban os seus promotores). Reganosa segue funcionando sen permiso de construción, nin acta de autorización para operar, logo de ser anulados polas sentenzas na súa contra. A planta regasificadora tramita por terceira vez, estes permisos e autorizacións.

Acción de protesta este sábado 24 de abril

Este sábado 24 de abril, está convocada unha acción de protesta, ás 12 do mediodía, nas inmediacións da planta regasificadora, no Camiño O Penedo, na parroquía de Mehá, concentrando-se previamente, na Travesía A Pedreira. Acción apoiada polo Comité e convocada pola Coordinadora Galega por un reparto Xusto dos Fondos Europeos (Next Generation).

Planta de gas, fora da Ría !!

Gas Non é Solución !!


#GasNoneSolucion

Gas: os excesos dun sistema que pagas na factura. Un especial dixital realizado por "Ballena Blanca".

Gas e fracking. | Ecoloxistas en Acción.

Desde Ártabra 21 seguimos apoiando a loita do Comité Cidadán de Emerxencia.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc
_______

domingo, abril 18, 2021

Sábado 24 de abril: Concentración en Meá (Mugardos) - Por un reparto xusto do Fondos Europeos (Next Generation) - Reganosa non é o modelo - Non máis diñeiro para quen contamina


Por un reparto xusto e unha saída sostíbel aos fondos europeos Next Generation: Reganosa non é ningún modelo de sustentabilidade

Queda moito por saber como se van repartir os fondos europeos (Next Generation), a que modelo de recuperación post-covid van dirixidos, que proxectos acabarán executándose e cales non, e sobre todo, que contrapartidas en reformas (laborais, fiscais, pensións...) está a esixir a Comisión Europea.

Mais todo apunta a un aumento do control de sectores estratéxicos como o enerxético ou o forestal, que beneficiará exclusivamente a unha elite económica, ao tempo que se debilita a economía real.

Pero, no medio da opacidade, na Galiza hai uns nomes que resoan xunto a Feijóo, liderando a recuperación post-Covid: Abanca, Sogama e Reganosa. Tres modelos que representan a peor cara da colaboración público-privada, o saqueo de patrimonio público, a perda de emprego e a destrución do medio ambiente. Hai proxectos que sen participación, sen transparencia, danse por aprobados: Reganosa e a macroplanta de hidróxeno.

Esta empresa con participación da Xunta, que ten na súa contra 5 sentenzas do Tribunal Supremo; que conseguiu dun goberno en funcións (o de Mariano Rajoy) que se lle librara de facer a Declaración de Impacto Ambiental; que na sua construción o Grupo Tojeiro beneficiouse dun pelotazo urbanístico de mais de 30 millóns de euros; que o seu sistema de regasificación a base de hipoclorito, devolve á Ría millóns de toneladas de auga totalmente esterilizada e arrefriada até 6 grados menos, sendo un dos factores da actual situación da Ría; que supón un perigo para a vida de milleiros de persoas pola súa localización dentro da Ría de Ferrol, a menos de 100m do primeiro núcleo habitado, a menos de 1000 do complexo militar e ao carón dunha planta petroquímica (Forestal do Atlántico) ; que as condicións de navegabilidade da propia ría aumentan o risco de accidente; que nestes momentos está tramitando as terceiras autorizacións administrativas previas, unha vez que as primeiras (ano 2004) e as segundas (ano 2016) foron sucesivamente anuladas por numerosas ilegalidades... esa empresa é o modelo que o goberno Feijóo ten para liderar a recuperación post-covid.

O gas, é un combustíbel fósil, non pode ser incluído na loita contra o cambio climático. Os fondos europeos non deben ir para consolidar a industria dos combustíbeis fósiles e afianzar ou mesmo ampliar a infraestrutura gasística. Iso non ten nada que ver coa transición ecolóxica que os "Next generation EU" tamén teñen que garantir. Se Feijoo precisa proxectos para investir os fondos, na Ría de Ferrol ten un: o saneamento integral. Un saneamento que devolva a riqueza marisqueira a este ecosistema e devolva o medio de vida a máis de 400 familias que antes subsistían dela e agora están reducidas a unhas poucas ducias. O negocio de gas e a ensoñación do hidróxeno son incompatíbeis cun futuro sostíbel.

Transparencia, participación e reparto xusto!

Nin Abanca, nin Sogama, nin Reganosa son modelos para a recuperación!

Coordinadora Galega por un reparto Xusto dos Fondos Europeos
--

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc

_______

sábado, abril 10, 2021

O Vladimir Vize LNG descargando no peirao de Reganosa - Unha vez máis aumenta exponencialmente o perigo para a seguridade e a vida das persoas que viven na contorna da Ría de Ferrol


Na madrugada deste venres, 9 de abril de 2021, entraba na Ría de Ferrol, pola súa estreita e longa canle de fondos rochosos e pouco profundos, o buque gaseiro Vladimir Vize (LNG Tanker), de 299 metros de eslora e 50 de manga, actualmente navegando baixo bandeira de Hong Kong e construído en 2018. Este buque procede do porto ártico ruso de Sabetta. O gaseiro atracou no peirao de Mugardos para descargar decenas de miles de toneladas de gas natural licuado, na terminal de Reganosa. Unha vez máis negocio para a multinacional onde é maioritario o grupo empresarial Tojeiro (Grupo GADISA) e pobreza para a nosa Ría que vai sofrer o arrefriamento de máis de 2.500 millóns de litros das súas augas (entre 4 e 7°C), a esterilización e a contaminación de 2,5 millóns de toneladas de auga mariña (Sopa Química), no proceso de regasificación do LNG, por medio dos vaporizadores con auga do mar. A maiores está o aumento exponencial do perigo para a vida e a seguridade da poboación que mora na contorna da Ría, perante as 24 horas que dura o proceso de descarga do gas licuado, desde o buque ate os tanques en terra.

Desde Ártabra 21 seguimos apoiando a loita do Comité Cidadán de Emerxencia.

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


______

xoves, abril 01, 2021

A sopa química de Reganosa no proceso de regasificación do GNL dun só gaseiro - Vídeos - ...2,5 millóns de toneladas de auga do mar devoltas á Ría esterilizadas, o que supón a morte das larvas, ovos, especies, placton, ... todo ser vivo


Hoxe un novo buque gaseiro (Arctic Discoverer LNG Tanker) está atracado no peirao de Mugardos. O está para arrefriar os seus tanques, logo de pasar unha tempada para reparar en carenas de Navantia Ferrol -lembrarede-o porque o ruído infernal, soltando vapor polas válvulas de seguridade, co que nos agasallou perante dous días e moitas horas, non pasou desapercibido- e saír en probas a poucas millas do golfo Ártabro, para entrar de novo na Ría. O arrefriado de tanques é un dos ganchos como estratexia de comunicación, co que os medios ben pagados, fan ligar a Reganosa coa industria naval asentada na Ría, cando a realidade é que se poden contar cos dedos dunha man os buques que arrefriaron os seus tanques logo de reparar en Navantia. Arrefriar os tanques tamén supón un aumento exponencial do perigo -que xa de por si ten a localización da planta de gas- a poucos metros dos núcleos de poboación, para a pobación da contorna da Ría.

Onte pola tarde o gaseiro "LNG Boris Vilkitsky" remataba a descarga das decenas de miles de toneladas de gas natural licuado na regasificadora de Mugardos. O GNL descargado polo buque -chega e se almacena en estado líquido nos tanques a uns -160° C e unha presión algo superior á atmosférica- hai que regasificalo para introducilo no sistema de gasodutos distribuídos pola península, para o que se vai a utilizar un sistema de vaporizadores.

Aínda que Reganosa ten tamén un sistema auxiliar de vaporización de combustión mergullada (SCV), que utiliza un queimador de gas natural, esta realiza a regasificación con dous vaporizadores que utilizan auga do mar (Vaporizador de Taboleiro Aberto - Open Rack Vaporizer - ORV) que se obtén a través dun sistema de captación da auga da Ría. No proceso de regasificación do GNL descargado polo gaseiro, van-se esterilizar, a base de hipoclorito sódico -producido coa propia auga do mar por electrocloración- uns 2,5 millóns de toneladas de auga da Ría de Ferrol que logo será devolta á Ría, na enseada de Santa Lucia, despois de engadir-lle un redutor de cloro (bisulfito sódico). No proceso, a auga do mar captada cede calor, polo que se devolve ao mar a unha temperatura moi inferior, próxima aos 6°C, moi inferior á que hai no medio mariño (entre 12° e 20°C dependendo da época do ano). Eses 2,5 millóns de toneladas de auga do mar que se van a utilizar no proceso de regasificación da carga que trouxo o gaseiro "Boris Vilkitsky", serán devoltas á Ría esterilizadas, o que supón a morte das larvas, ovos, especies, placton, micro organismos ... todo ser vivo, e cos restos da reacción (Auga do mar + Hipoclorito Sódico + Bisulfito Sódico + outros posíbeis compostos químicos das reaccións), vamos unha auténtica sopa química que se lle engade á xa depauperada Ría.



Desde Ártabra 21 seguimos apoiando a loita do Comité Cidadán de Emerxencia.

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


Nota.-

Vídeo cedido pola Delegación Comarcal de ADEGA | Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza. |
http://adega.gal/.

Fonte: Comité Cidadán de Emerxencia e o BOE núm. 332, de 22 de decembro de 2020, páxinas 118214 a 118245.
_______

martes, marzo 30, 2021

A descarga dun novo buque gaseiro (LNG Boris Vilkitsky) no peirao de Reganosa, aumenta exponencialmente o perigo que xa de por si ten a planta de gas localizada no corazón da Ría de Ferrol


Na tarde de onte, 29 de marzo de 2021, arribaba ao porto de Mugardos o gaseiro "LNG Boris Vilkitsky" con miles de toneladas de gas natural licuado para a perigosa Reganosa. Un buque de 299 metros de eslora e 50 de manga, actualmente navegando baixo bandeira de Cyprus, construído en 2017.

Esa mesma tarde comezaba a descarga que durará ao menos unhas 24 horas. Perante ese tempo aumentará exponencialmente o xa de por si perigo que representa a planta regasificadora, localizada no corazón da nosa Ría. Ameazando a vida e seguridade das miles de persoas que moramos na súa contorna. Unha planta regasificadora construída a sabendas de que non se podía construír nesa localización de Punta Promontoiro. Localización que respondía só aos intereses económicos do Grupo Tojeiro que realizou un verdadeiro pelotazo económico [1] coas parcelas onde se asenta a planta de gas, parte da súa propiedade, e outros dos que é titular dunha concesión da Autoridade Portuaria, renovada por ducias de anos.

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol denuncia que:

<<Reganosa é un produto continuado de corrupción político-financeira. A relocalización da Planta de Gas no interior da Ría, cando estaba prevista situala no litoral exterior, supuxo para o Grupo Empesarial Tojeiro un beneficio fraudulento duns 30 millóns de euros a través das transferencias da parcela e a cesión de concesión portuaria entre empresas do mesmo propietario. Esta operación foi posíbel pola implicación do Goberno da Xunta de Galicia (PP) e do seu anterior presidente Fraga Iribarne. Resaltamos a firma dun convenio con cláusulas confidenciais, onde o seu muxidor José Orza que era, ademais de Conselleiro de Economía e Facenda, un socio das empresas do grupo Tojeiro. O citado grupo empresarial aparece nos papeis de Barcenas y Crespo, como financiador do partido popular (PP). Logo de moitos anos do comezo da nosa loita contra a Planta de gas o Tribunal Supremo ditamina a ilegalidade da localización da planta pero, malia as catro sentenzas do T.S., o Goberno de España, en consello de ministros presidido por Mariano Rajoy, decide en maio do 2016 non acatar estas sentenzas do alto Tribunal eximindo a REGANOSA da esixencia de levar a cabo a preceptiva Avaliación de Impacto Ambiental (EIA nas súa siglas en español) para obter a correspondente DIA, que a faculta para poder continuar co proxecto e construción da planta de gas. En datas posteriores ao consello de ministros outorga-lle de novo e pola vía de urxencia, unha nova autorización (as segundas) para poder funcionar "dentro da legalidade".>>

Todo unha estafa.

Mais ante o recurso do Comité Cidadán de Emerxencia contra esa resolución do goberno de Mariano Rajoy, dita-se a sentenza núm. 1075/2019 do Tribunal Supremo, de 16 de xullo de 2019, que anulou o Acordo dese Consello de Ministros de 27 de maio de 2016 polo que se declaraban excluídos do trámite de avaliación de impacto ambiental aos proxectos da planta de recepción, almacenamento e regasificación de gas natural licuado en Mugardos. Un logro xudicial confirmando a ilegalidade de Reganosa. Non só, senón que tamén quedaba ao descuberto a mentira á que nos estiveron sometendo por moitos anos a maioría de políticos, institucións e medios de comunicación. Xustificando en todo momento a unha planta de gas que non só pon en perigo as nosas vidas e contribúe ao deterioro da Ría, senón que foi construída ao amparo da corrupción económica e política. Confirmado por cinco sentenzas do Tribunal Supremo en contra do despropósito gasista de Reganosa.

Como era de agardar, o novo goberno agora progresista, non suspendeu a actividade da planta e deixou que funcionara sen os necesarios permisos legais, -na actualidade están en trámite- mesmo o de construción, tumbado por sentenza firme. Reganosa cos seus apoios políticos e económicos apurou-se en presentar a avaliación ambiental -que ate o de agora non a presentara porque sabía que a súa localización non pasaría a Avaliación de Impacto Ambiental, nin tan sequera o disposto no Rapinp (en vigor na Galiza ate 2008)- [2, 3 e 4] mais algo xa tiñan negociado coa nova administración que o novo goberno non tardou en dar o visto bon, mediante resolución o 20 de decembro do pasado ano 2020, estando neste momento tramitando as novas autorizacións administrativas (as terceiras).

Un dos aspectos máis significativos da resolución ministerial [5] coa que se lle facilita a concesión de permisos de construción e funcionamento a Reganosa co trámite de formulación de Declaración de Impacto Ambiental (DIA), é pasar como se nada houbera acontecido, sobre o fundamental da discusión, en sedes administrativas e xudiciais, a localización da regasificadora, a súa clasificación como actividade perigosa e o necesario de ser sometida esta, á propia avaliación de impacto ambiental. Dan por imposíbel unha nova localización, alegado como feito consumado a existencia da propia planta xa en funcionamento, aínda que fora transgredindo toda a lexislación medioambiental, en referencia a súa perigosidade e localización, próxima a núcleos de poboación consolidados. Foron  e son responsábeis desta situación,  políticos, funcionarios, tribunais, xornalistas e medios, ... con nomes e apelidos, que se implicaron na fraude, para "legalizar" o despropósito gasista. Ate, como xa mencionamos, existe un documento confidencial, onde a Xunta de Galicia, presidida por Manuel Fraga, compromete-se a dar e axilizar todos os "permisos" necesarios para que a planta regasificadora se puidera construír e poñer a funcionar, sen cumprir a legalidade medioambiental vixente. 

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, coñecía desde un principio a ilegalidade de situar a planta regasificadora no corazón da nosa Ría, a poucos metros de núcleos de poboación, a 80 metros de Meá e a Pedreira, a 500 do parque dos carneiros (antigo poboado das vivendas sindicais), a 800 da vila de Mugardos a 1000 metros de Navantia e o Arsenal Militar, a 1200 de Ferrol Vello, a menos de 2000 metros, das oficinas de 'La Voz de Galicia', e actuou en consecuencia.

O Comité Cidadán de Emerxencia, consciente da fatal coincidencia co ano de pandemia de todo este último proceso -por mor do COVID-19- está a elaborar novas estratexias na actual conxuntura política, social e económica, para seguir a loita contra o despropósito gasista de Reganosa, cada vez máis poderoso, convertido na actualidade nunha corporación multinacional.

Desde Ártabra 21 seguimos apoiando a loita do Comité Cidadán de Emerxencia.

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc

Notas.-

[1]  27.10.2007 - CCE. | O “Pelotazo” de Reganosa : A especulación no valor dos terreos. | Continúan descubríndose datos e informacións evidenciando que non foron nin o emprego nin a xeración de riqueza as verdadeiras motivacións do Sr. Tojeiro e os seus apoios, para situar a Planta de Gas en Punta Promontorio (Mugardos). | Agora descóbrese que o principal motivo é o pelotazo económico-urbanístico. | A empresa “Forestal do Atlántico”, propiedade do Grupo Tojeiro, do chan rústico que comprara a particulares, segregou, en Febreiro de 2001, unha leira de 75.000 m2 rexistrándoa cun valor de 47.500.000 pesetas. Menos de dous meses despois, Forestal do Atlántico S.A vendeuna a Reganosa en 737.000.000 de pesetas. En menos de dous meses xerou unha plusvalía do 1.552 %. | Coa participación de José Antonio Orza, entón Conselleiro de Economía, este “pelotazo” inscríbese no marco do Convenio con cláusulas confidenciais asinado en xullo do ano 2000 polo Sr. Fraga, entón presidente da Xunta de Galicia, co Sr. Tojeiro e outros socios de Reganosa. José Antonio Orza era socio do Sr. Tojeiro na empresa Forestal do Atlántico S.A., encostada á Planta de Gas de Reganosa. | Comunicación do Comité Cidadán de Emerxencia. | Plano das instalacións.  | Denuncia ante a Fiscalía do TSXG. | Certificación do Rexistro da Propiedade de Pontedeume.

[2] RAMINP - Decreto 2414/1961, de 30 de novembro, polo que se aproba o Reglamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas e Perigosas. | Ir ao BOE.

[3] Disposición derogatoria única, da Lei 34/2007, de 15 de novembro, de calidade do aire e protección da atmosfera. | Derrogación normativa. | 1. Queda derrogado o Regulamento de actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas, aprobado por Decreto 2414/1961, de 30 de novembro. | No entanto, o citado Regulamento manterá a súa vixencia naquelas comunidades e cidades autónomas que non teñan normativa aprobada na materia, en tanto non se dicte dita normativa. | Sen prexuízo do anterior, a regulación contida nos artigos 4, 11, 15 e 20 sobre emprazamentos e distancias que no Regulamento de actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas establécese, non será de aplicación ás instalacións de tratamento de augas, instalacións de depuración de augas residuais, instalacións desalobradoras e desalinizadoras, sempre que tal cuestión fose obxecto de análise e corrección, no seu caso, mediante as medidas procedentes con arranxo ás mellores técnicas dispoñibles ou que se axusten ao que respecto diso determine a avaliación ambiental ou, no seu caso, a autorización ambiental integrada correspondente ou título administrativo equivalente. | Ir ao BOE.

[4]  Galicia. Incidencia ambiental (actividades clasificadas). 03.07.2008 | Derrogación do RAMINP en Galicia polo Decreto 133/2008, de 12 de Xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental (DOGA nº 126, de 1 de Xullo de 2.008) | Ir á web.

[5] Resolución de 2 de decembro de 2020, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se formula declaración de impacto ambiental do proxecto "Planta de Regasificación de GNL de Reganosa en Mugardos (A Coruña)". | Ir ao BOE.
_______

domingo, marzo 28, 2021

A conta da descarga de GNL do último gaseiro (LNG Schneeweisschen) - No proceso de regasificación do gas que descargou o buque en Reganosa, vanse esterilizar, a base hipoclorito sódico, 2.636.920 Tons de auga da Ría de Ferrol



Na madrugada deste último venres 26 de marzo,atracaba no peirao de Reganosa o gaseiro "LNG Schneeweisschen", para descargar miles de toneladas de gas natural licuado na planta regasificadora de Mugardos.

A conta da descarga de GNL do último gaseiro

A conta da descarga de GNL do gaseiro de onte, na Planta de Gas de Reganosa, no seu proceso de regasificación, vanse esterilizar, a base hipoclorito sódico -que supón a morte das larvas, ovos, especies, placton- 2.636.920 Tons de auga da Ría que logo será devolta á mesma cunha redución de 6º C na súa temperatura.

Ademais hai que lembrar que o Complexo Petroquímico de Forestal del Atlántico, tamén do grupo Tojeiro, ten autorizado, pola Xunta de Galicia, verter á Ría máis de 27 millóns de Tons /ano, que non só afectan directamente aos bancos marisqueiros de Santa Lucia, A Barca e Noville senón ao conxunto do ecosistema, de feito que a ameixa babosa dáse por desaparecida.

Estes nocivos vertidos industriais, se non contaran co consentimento e complicidade das Administracións para efectualos directamente á Ría, deberían pasar polo proceso de depuración e pago do canon correspondente, como sucede cos que orixinamos a cidadanía do entorno.

Nunha Ría semipechada, das características da nosa, que non soporta xa máis contaminación e máis alteracións do ecosistema, non se pode tolerar un só vertido que non vaia ao colector xeneral e ao sistema de depuración integral no que tanto presuposto se invertíu.

Fotos de Gabriel Tizón. | Sopa Química de Reganosa despois do proceso de regasificación con auga do mar e hipoclorito sódico.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc

Enviado por:
Comite Cidadan de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
28 de março de 2021 12:18

_______

venres, marzo 26, 2021

Gas extraído por medio do destrutivo fracking descargando-se en Reganosa - O LNG Schneeweisschen cargado con miles de toneladas de gas natural licuado, arrivou esta madrugada ao peirao de Punta Promontoiro, na Ría de Ferrol


Miles de toneladas de gas natural licuado extraído por medio da destrutiva técnica do fracking (fracturamento hidráulico) está neste momentos sendo descargado na planta regasificadora de Reganosa, no peirao de Punta Promontoiro, na Ría de Ferrol, polo buque "LNG Schneeweisschen", de grande porte con 298 metros de eslora e 48 de manga, con bandeira de conveniencia de Panama, construído en 2018.

A técnica de extracción coñecida como fracking, é moi daniña para a saúde e o medio ambiente, onde se libran grandes cantidades de metano á atmosfera, contribuíndo deste xeito ao cambio climático, e a contaminación das augas subterráneas e o subsolo. De feito no artigo 8 do proxecto de Lei de Cambio Climático e Transición Enerxética que o Consello de Ministros remitiu ás Cortes, o 19 de maio de 2020, prevé expresamente a denegación de autorizacións de explotacións de hidrocarburos que empreguen a técnica fractura hidráulica de alto volume.

Mentres o "LNG Schneeweisschen" descarga o GNL no despropósito gasista de Reganosa, planta de gas localizada no interior da Ría de Ferrol. Son decenas de miles de toneladas de gas natural licuado, as que se están descargando para a perigosa regasificadora. Mentres se produza a descarga, perante 24 horas, aumentará de xeito exponencial, o xa de por si perigo que ten a Planta de Gas, instalada no corazón da nosa Ría. Un potencial perigo, para todas as miles de persoas que moramos na súa contorna.

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, segue denunciando a unha planta de gas que non só pon en perigo as nosas vidas, contribúe ao deterioro da Ría e ao cambio climático, senón que foi construída ao amparo da corrupción económica e política. Foi construída e posta e funcionamento, sen avaliación ambiental e a sabendas de que, a súa localización, incumpría a lexislación medio ambiental en vigor. Confirmado por cinco sentenzas do Tribunal Supremo en contra do despropósito gasista de Reganosa. Agora co novo goberno se lle aproba a avaliación ambiental, sen ter en conta a súa localización, alegando que xa é unha infraestrutura construída e en funcionamento. Planta de gas fora da Ría.

#GasNoneSolucion

Gas: os excesos dun sistema que pagas na factura. Un especial dixital realizado por "Ballena Blanca".

Gas e fracking. | Ecoloxistas en Acción.

Desde Ártabra 21 seguimos apoiando a loita do Comité Cidadán de Emerxencia.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc
_______

mércores, marzo 03, 2021

Esta noite comezou a descargar o gaseiro LNG Borno e o fará ao menos perante 24 horas no peirao de Reganosa, aumentando de xeito exponencial o perigo para a pobación da contorna da Ría de Ferrol, e a regasificación contribuirá a empobrecer as súas xa depauperadas augas


Esta noite, 3 de marzo, comezou a descargar o gaseiro "LNG Borno" e o fará ao menos perante 24 horas no peirao de Punta Promontoiro. Descargará miles de toneladas de gas natural licuado para Reganosa, aumentando de xeito exponencial o xa de por si perigo que supón a localización da planta regasificadora en Mugardos, para a poboación que vive e traballa na contorna da Ría de Ferrol.

O "LNG Borno", é un buque de 285 metros de eslora e 44 de manga, construído en 2007 que navega baixo bandeira de conveniencia da Bermuda, procede de Bonny un porto nixeriano situado no delta do Niger, unha zona en conflito e das máis contaminadas do mundo, precisamente pola produción e tránsito de petroleiros e gaseiros das diferentes terminais. Conflitos que derivan no empobrecemento e mesmo asasinato da poboación local. Este gas procede dunha das zonas que máis contaminan o Planeta contribuindo ao cambio climático. Un conflito rodeado de corrupción e sangue, que nunca termina, polos intereses económicos das grandes multinacionais como Shell que xa foi condenada en varias ocasións.

A Ría de Ferrol segue deteriorando-se

A descarga produce-se despois de dous anuncios moi interesantes para o negocio do gas da transnacional "local" (Reganosa) que durante case dúas décadas recibiu grandes cantidades de diñeiro público, convertida nun holding multinacional (Reganosa Holdco), participada, con capital público, pola Xunta de Galicia que foi no seu auxilio, despois de ser abandonada polas antigas socias maioritarias (Endesa e Gas Natural), sen necesidade de mobilización sindical, nin institucional. "La Voz de Galicia", foi a que deu en primicia as novas, xornal implicado ate a medula na defensa de Reganosa desde o inicio do proxecto, chegando a mentir en innumerábeis ocasións, sen doer-lle prenda, mentiras que destaparon as 5 sentenzas do Tribunal Supremo declarando todas as irregularidades e ilegalidades que rodearon, perante anos, ao proxecto da Planta de Gas. As novas para o bon negocio da mencionada, son dúas, unha que Reganosa amplía a rede empresarial facendo-se coa xestión dunha pequena planta de gas en Cerdeña e a outra é que o pasado ano a actividade da regasificadora na Ría aumento un 60%. A tradución real é que o Grupo Tojeiro é un pouco máis rico, a costa de que aumente nun 60% o perigo (e as probabilidades dun accidente) para as persoas que moramos na contorna de Reganosa, dentro dun círculo que debuxa un radio de 3.000 metros, tomando como centro o Complexo Petroquímico de Punta Promontorio. Por outra banda, tamén quere dicir que Reganosa aumentou a súa contribución ao deterioro da Ría, ao aumentar un 60% a súa actividade, e con isto tamén aumenta un 60% a sopa química que produce a base de restos de hipocloritos, ademais de esterilizar máis de cen mil millóns de litros de auga da Ría (provocando a morte de larvas, ovas, especies, plancton, rompendo a cadea trófica).

Desde Ártabra 21 seguimos apoiando a loita do Comité Cidadán de Emerxencia.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc
_______

luns, febreiro 15, 2021

E a Conselleira do Mar e mariscadores preguntan-se que pasa na Ría de Ferrol para que esta minguara a súa produción marisqueira a cifras tan alarmantes?


Esta mañá partía desde o peirao de Punta Promontorio, o buque gaseiro "Yakov Gakkel", onde arribara o pasado sábado 13 de febreiro, para descargar miles de toneladas de gas natural licuado (LNG), na regasificadora de Reganosa, situada no corazón da Ría de Ferrol, aumentando exponencialmente o perigo de que por si mesma, xa ten a planta de gas que ameaza noite e día, ás miles de persoas que moran na contorna da Ría.

O LNG "Yakov Gakkel" é un buque de grande porte, con 299 metros de eslora e 50 de manga que navega baixo bandeira de conveniencia das Bahamas, construído en 2019, procedente do porto ruso de Sabetta, a onde volveu a poñer rumbo. Sabetta é un porto onde está localizada unha planta liquaficadora de gas natural, na Península de Iamal, no Ártico siberiano, inaugurada en decembro de 2017 e que xestiona un consorcio transnacional privado -participado pola rusa a Novatek (50,1%), a francesa Total (20%) e as chinesas CNPC (20%) e Silk Road Fund (9,9%)-.

As miles de toneladas de gas natural licuado descargado polo "Yakov Gakkel", terán que regasificarse na planta de Reganosa, utilizando os vaporizadores que, ao ano, recollen máis de cen mil millóns de litros de auga da Ría (11.000 m3/h, aprox. 300.0000 m3/día) [1] que son logo devoltas á mesma, en forma de sopa química, a uns 4 ou 6⁰ C máis frías e esterilizadas, para o que se utilizaron toneladas de hipoclorito sódico que acabaron coa vida da auga (provocando a morte de larvas, ovas, especies, plancton, rompendo a cadea trófica) contribuíndo a un maior deterioro da xa de por si depauperada Ría de Ferrol. A cantidade de auga da Ría que vai ser clorada (esterilizada) tras a descarga deste último gaseiro van ser 2.442.625 toneladas, máis de 2.442 millóns de litros de auga do mar.  E a Conselleira do Mar e as cofradías de pescadores preguntan-se que pasa na Ría de Ferrol, para que esta minguara a súa produción marisqueira a cifras tan alarmantes?

Unha parte importante da resposta a esta cuestión está aquí, na medida que se intensifica a regasificación, aumenta a esterilización das augas mariñas. Cantos máis gaseiros decarguen en Reganosa, máis se empobrece a Ría e máis metano se libera á atmosfera, perxudicando o medio ambiente, ao favorecer o cambio climático. A resposta tamén está nos residuos industriais que verte [2] o conxunto do complexo petroquímico de punta Promontoiro á nosa Ría (Forestal del Atlántico ten unha autorización de vertedura ao mar, de máis de 27.400 millóns de litros/ano de augas residuais industriais).

Desde Ártabra 21 seguimos apoiando a loita do Comité Cidadán de Emerxencia.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


Notas.-

[1] Consumo de auga do mar dos vaporizadores. | Doc. Técnico de Reganosa. | Xullo de 2019. | Acceder/Baixar.

[2] Verquidos do complexo petroquímico de Forestal (e Imegasa) e uso de auga do mar pola planta de Reganosa. | Acceder/Baixar.

_______

domingo, febreiro 07, 2021

Hoxe domingo 7 de febreiro, un novo buque gaseiro arribaba ao porto de Mugardos - O pasado venres 5 de febreiro, cumpría-se o trece cavodano da morte de Carmelo Teixeiro, ao redor desta data é cando o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, rende homenaxe a todas as persoas que como Carmelo participaban na loita contra o despropósito gasista de Reganosa


Este domingo 7 de febreiro de 2021, procedente do Caribe, do porto de Point Fortin (Trinidad y Tobago), arribou a Ferrol o buque gaseiro LNG Tanker "Clean Vision". Atracou pasadas as 12 do mediodía na regasificadora de Mugardos, en Punta Promontoiro, para descargar o GNL no despropósito gasista de Reganosa, aumentando de xeito exponencial a xa de por si perigosidade da Planta de Gas, localizada no interior da Ría de Ferrol. Un  buque gaseiro construído en 2016 e navegando baixo a bandeira de Malta, con case 90 mil toneladas de gas natural licuado, para a perigosa e ilegal Reganosa. Un buque de grande porte con 289 metros de eslora, por 46 de manga e un calado de 11 metros. Mentres se produza a descarga, perante 24 horas, aumentará de xeito exponencial, o xa de por si perigo que ten a Planta de Gas, instalada no corazón da nosa Ría. Un potencial perigo, para todas as miles de persoas que moramos na súa contorna. Unha planta de gas que Reganosa construíu na ribeira sur da nosa Ría, a poucos metros dos núcleos de poboación, empobrecendo-a aínda máis do que estaba e poñendo en perigo a seguridade e a vida das miles de persoas que moramos na súa contorna.

O pasado venres, 5 de Febreiro, cumpría-se trece anos (2008) do falecemento do noso ben querido Carmelo Teixeiro, primeiro Coordinador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol. Desde entón ao redor desta data, todos os anos, é cando o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, rende homenaxe a todas as persoas que como Carmelo participaban na loita contra o despropósito gasista. Este ano, esta lembranza, ten un significado especial, estamos no cumio da terceira onda dunha pandemia por mor do Covid-19 que trae morte, enfermidade, desasosego e profunda crise social e económica; esta situación ten diminuída a actividade dos movementos sociais e coincide despois de que o goberno cedera ante Reganosa, formulando a Declaración de Impacto ambiental en resolución de primcipios de decembro do pasado 2020. Un dos aspectos máis significativos da citada resolución, onde se lle facilita o seguinte paso de acadar a concesión de permisos de construción e funcionamento a Reganosa, co trámite de formulación da DIA e pasar do fundamental da discusión, en sedes administrativas e xudiciais, a actual localización da regasificadora, a súa clasificación como actividade perigosa e o necesario de ser sometida esta á propia DIA. Dan por imposíbel unha nova localización, alegado feitos consumados a existencia da propia planta xa en funcionamento, aínda que fora transgredindo toda a lexislación medioambiental en referencia a súa localización próxima a núcleos de poboación consolidados. Foron responsábeis políticos, funcionarios, tribunais, xornalistas e medios, ... os que se implicaron na fraude, para "legalizar" o despropósito gasista. Abrindo unha nova etapa na loita, despois de cinco sentenzas do Tribunal Supremo en contra da regasificadora de Mugardos.

A petición veciñal, un parque en Caranza leva o nome de "Carmelo Teixeiro" (Entre a Ermida, a Rúa Cartaxena e Avenida do Mar). Polo seu significado, este é o lugar elixido polo Comité, para a realización da homenaxe anual, onde hai unha placa en lembranza de Carmelo e da súa muller Victoria Fernández Paredes, falecida o 8 de novembro de 2014, compañeira de vida e de loita a favor de todas as causas sociais e que mantivo unha especial vinculación a este Comité Cidadán de Emerxencia.

Reganosa é unha ameaza para a vida humana e o medio ambiente e pode chegar a converterse nunha enorme traxedia, no caso dun accidente na Planta ou no gaseiro. Nesta localización, dentro da Ría, con 40.000 habitantes ao redor, non hai Plan de Emerxencia capaz de facer fronte a catástrofe que provocaría, contiguo como está ademais ao Complexo Petroquímico de “Forestal del Atlántico” con unha planta de coxeneración eléctrica (24,8 MW) e Imegasa.

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol dende o ano 1999, en ausencia e sen amparo das administracións, veuse na obriga de defender a Vida, a Ría e a Legalidade ameazadas pola construción da Planta de Gas de Reganosa. Foron cinco ás sentenzas do Tribunal Supremo que confirmaron que Reganosa está baseada nunha flagrante ilegalidade e non cumpre coa normativa esixida para a construción deste tipo de instalacións. Sentenzas que anulaban a falsa tramitación ambiental que fixo Reganosa ou mesmo o cambio de usos dos terreos nos que se construíu a Planta; a modificación do Plan Xeral de Ordenación de Mugardos, feita polo Concello, que serviu para que se instalara a Planta; ou a resolución do goberno de Mariano Rajoy que eximía a Reganosa de ter que someter-se a avaliación de declaración ambiental (DIA)...  Mais agora a administración, baixo o goberno Sánchez-Iglesias formaliza a DIA excluíndo da avaliación ambiental a localización da mesma...

A regasificadora entrou ilegalmente en funcionamento o 4 de maio de 2007; como ilegais tamén foron as entradas na Ría dos gaseiros que abasteceron, durante anos á planta; irregulares os permisos concedidos tanto de construción e funcionamento; todo o mundo sabía que non cumpría a Lei no asunto fundamental da localización ao non respectar-se a distancia de 2000 metros que marcaba a Lei, ate que en 2013 a Xunta de Galicia elaborou unha Lei á medida de Reganosa...

Estamos diante do maior fraude cometido no noso país coa escusa de que o gas é estratéxico para Galiza.

INMEMORIAM

Ademais de Victoria e Carmelo, lembramos a: José Gabeiras - presidente de honra do Comité Cidadán in aeternum (Xaneiro de 2005), Xaime Quessada autor do mural contra a imposición de Reganosa, mural que agora se expón no Auditorio de Ferrol (Decembro de 2007), Santiago Torrente 'Tito' (Marzo de 2009), Tino Deibe autor do logotipo do Comité (Maio de 2010), José Luís Estévez Barros 'Seli' (Decembro de 2011), Regino Varela (Xullo de 2014), Ramón Capotillo (Febreiro de 2015), Luís Matalobos (Outubro de 2015), Julio Videira (Xuño de 2016), Joaquín Cupeiro (Decembro de 2016), Julio Pico (Xuño de 2017), Bernardo Bastida, (Xaneiro de 2018), Mel Sanxoán (Abril de 2018) e Helena Sánchez (Novembro de 2018).

Desde Ártabra 21 seguimos apoiando a loita do Comité Cidadán de Emerxencia.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


_______

domingo, xaneiro 10, 2021

De fodo Reganosa - Unha breve análise da eficiencia do ciclo completo da economía do hidróxeno verde, ... Por Pedro Prieto


Unha breve análise da eficiencia do ciclo completo da economía do hidróxeno verde

Por Pedro Prieto [*]
10.01.2021


Denomínase hidróxeno verde ao que se xera mediante a electrólise da auga con electricidade que provén nun 100% das chamadas enerxías renovábeis.

Asumamos a seguinte secuencia:

  1. Unha planta solar FV de 1 MWp no solleiro sur de Europa pode xerar uns 1.400 MWh ao ano.

  2. Construír esa planta FV esixe enerxía (en xeral fósil). Asumindo que a planta vai xerar 10 veces máis enerxía que a que custa poñela en marcha, teriamos unha Taxa de Retorno Enerxético (ou TRE) de 10 a 1.
Espérase xa que logo que esa planta xere: 1.400 MWh x 25 anos de vida útil da planta = 35.000 MWh.

É dicir, podemos supoñer que dispoñeremos dun crédito enerxético de 35.000 MWh ao longo dos próximos 25 anos, pero hai que empezar cun débito enerxético (en xeral nos dous primeiros anos de vida da planta), duns 3.500 MWh.

Partimos de:

Débito enerxético inicial: -3.500 MWh.
Crédito enerxético (25 anos): 35.000 MWh.

Observemos agora o proceso desde a xeración do hidróxeno ate o seu uso final, estudando como vai variando este balance:

  1. Prodúcese hidróxeno por electrólise cunhas perdas por termo medio de enerxía do 20-25%. As perdas de enerxía por desalación (si é auga salgada) ou por depuración son aínda maiores.

    ✔ Débito enerxético inicial: -3.500 MWh.
    ✔ Crédito enerxético restante: entre 26.250 e 28.000 MWh.

  2. Despois necesítase ou ben comprimir o gas (750 atmosferas) ou ben licualo (-253 ºC), cunhas perdas por termo medio de enerxía do 30-40%.

    Débito enerxético inicial: -3.500 MWh.
    Crédito enerxético restante: entre 17.750 e 19.600 MWh.

  3. Despois, hai que transportar e almacenar masivamente o hidróxeno (p.ex. as reservas estratéxicas e loxísticas), tamén de forma moi comprimida -750 At.- ou licuada (-253 ºC) con perdas por termo medio moi variábeis, pero que oscilarán entre o 15 e o 100%, debido á rápida fuga do gas e á súa tendencia a formar hidruros cos recipientes que o conteñen (embrittlement), deixándoos moi pronto quebradizos e inestábeis.

    Débito enerxético inicial: -3.500 MWh.
    Crédito enerxético restante: entre 0 e 16.660 MWh.

  4. Uso final: Para usos térmicos do hidróxeno nos que a electricidade non é de aplicación: Perdas entre o 40 e 60%.

    Débito enerxético inicial: -3.500 MWh.
    Crédito enerxético restante: entre 0 e 6.664 MWh.

  5. Para usos eléctricos do hidróxeno (p.ej. para células de combustible para coches): Perdas entre o 30 e 50%.

  6. Débito enerxético inicial: -3.500 MWh.
    Crédito enerxético restante: entre 0 e 11.662 MWh.

Nótese que neste balance enerxético de ciclo completo, non se incluíron os enormes custos enerxéticos de fabricar, instalar e manter todas as infraestruturas existentes.

No entanto, sérvenos perfectamente para explicar a cantidade de enerxía que se perde ao intentar a economía do hidróxeno verde, ate o punto de que si non hai unha case perfecta xestión da loxística, do transporte e do almacenamento (algo practicamente imposible), isto tradúcese en que o hidróxeno virtualmente desaparece.

Con todo, recentemente liamos: "O Goberno destinará máis de 1.500 millóns ao impulso do hidróxeno renovábel ate 2023 a través do Fondo Europeo de Recuperación". O que non puidemos saber é quen exactamente neste goberno impulsou a medida de destinar tal cantidade de diñeiro en apenas dous ou tres anos, nin por que o fixeron nin en que criterios e asesores científicos se basearon ou, na súa falta, a que vontades e presións alleas á lóxica e á ciencia se someteron.

Fonte: Crise Enerxética. | 2020-12-07

[*] Pedro Prieto. Creador e coeditor de CrisisEnergetica.org desde 2003. Membro do panel de ASPO International desde 2006 e vicepresidente de AEREN (Asociación para o Estudo dos Recursos Energéticos). Algúns dos seus ensaios máis coñecidos son: Kioto ou Upsala (Club de Amigos da UNESCO, 2005), Un conto de terrorismo enerxético (Club de Amigos da UNESCO, 2003), O libro da selva. AEREN, 2004. É coautor xunto ao profesor Charles A. S. Hall de Spain's Photovoltaic Revolution: The Energy Return on Investment (Springer, 2013), o primeiro estudo en profundidade da taxa de retorno energético en sistemas fotovoltaicos de gran escala nun país desenvolvido.

Foto: Gaseiro descargando GNL, na perigosa Reganosa, encostada a Forestal del Atlántico, todo localizado no corazón da Ría de Ferrol, no Complexo Pertroquímico, en Punta Promontorio, a poucos metros dos núcleos de poboación (A 80 de Meá, a 600 das antigas vivendas sindicais no parque dos Carneiros, a 800 da vila de Mugardos, a 1200 de Navantia, a 1500 do Arsenal Militar, a 2000 da sede de 'La Voz de Galicia' no Cantón de Ferrol).

Relacionado:

O Goberno bendice o proxecto de hidróxeno verde de Reganosa. | Transición Ecolóxica destaca o proxecto de hidróxeno de Reganosa, xa avalado pola Xunta e que podería optar a fondos europeos. | Ir á Web.

---
Desde Ártabra 21 seguimos apoiando a loita do Comité Cidadán de Emerxencia.

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc
_______