luns, agosto 11, 2014

O sector naval en declive bipartidista, ... Por Xosé Manuel Galdo-Fonte

Por Xosé Manuel Galdo-Fonte [*]
10.08.2014


A decadencia que no último terzo de século reduciu a mínimos o outrora boiante sector naval da Ria de Ferrol, tivo o seu factor desencadeante na actitude entreguista do bipartidismo político do PP e o PSOE, que mais que apostar pola defensa dos intereses xenuínos, optaron por asumir como propios os ditados da competencia europea, contribuíndo con iso o actual desastre comarcal.

Nun ámbito político onde moito se promete e pouco se cumpre, a ninguén debe sorprender que sexa o engano quen toma carta de protagonismo, e polo tanto, que todo propósito de solución sexa en se mesmo un referente de nula credibilidade.

Complexidade que agrava toda situación, máxime, cando o referente de maquinación máis que atender a unha excepción puntual é a rutina de trinta anos dunha historia interminable que ten por principal protagonista ao conxunto do sector naval, e os peores actores da repartición adxudicados aos estaleiros da Ría de Ferrol, que tras un deseñado proceso de desmantelamento e unha vertixinosa caída de actividade, de non mediar recondución, por mais esperanza que se queira enxergar ao abeiro da inminente extinción do veto que pesa sobre o sector, veranse abocados irremediablemente ao cuarto plan de axuste sectorial cuxa repercusión poñerá en serio perigo a continuidade e o futuro de ambas as dúas factorías.

Iso será así porque a sorte xa está botada, toda vez que tal decisión foi considerada e asumida polos membros do bipartito, en aceptación consensuada por esixencia imposta a esta dualidade política polos mais influentes membros do club europeo, en contrapartida a referendar a nosa integración no marco da Unión.

Admisión, que dito sexa de paso supuxo a destrución de boa parte do tecido produtivo industrial, no contexto dun atrapallado proceso de desindustrialización, cuxa repercusión, levou implícito o cesamento paulatino da actividade de construción naval ata o seu total declive, que como consecuencia daquela desastrosa negociación, despois de mil avatares e un forzado tránsito en dirección contraria, debátese actualmente na conxuntura dunha eclipse total.

É por iso que resulta dunha insolencia sen precedentes que os directos colaboradores das limitacións impostas ao sector, a sabendas das prohibicións aceptadas no seu día, teñan a ousadía de solicitar resolución da Comisión Europea sobre a viabilidade da construción do dique flotante, cando politicamente como parte implícita eran coñecedores de antemán do carácter negativo de toda resolución sobre o particular.
Unha censurable manobra, cuxa finalidade, non foi outra que evadir responsabilidades e poder así proseguir sen consecuencias a asistida repetición do engano electoral ao que nos teñen habituados tras a ambigüidade inculpatoria de despistar a súa perversidade no soporte que propicia a distancia de Bruxelas, ou na conexa práctica das non menos repetidas cerimonias de confusión.

Con todo, no tan levado e traído asunto do dique flotante, sen demérito ningún, hase de deducir que o seu matiz de relevancia non deixa de ser unha simple anécdota en contraste coa enraizada insolvencia política dos distintos gobernos alternantes, que en suma, foron a verdadeira raíz do problema como pon de manifesto toda falta de alternativa na eventualidade de tres longas décadas de incesante deterioración do sector, que desvela así mesmo a falta de eficiencia dunha clase política que contra todo prognóstico dedicouse a validar cos seus actos os prexuízos dunha leonina lexislación comunitaria que favorable aos intereses doutros estados membros, fixeron que as crises continuadas do sector naval na bisbarra fosen causa e efecto da funcionalidade bipartidista, por canto, nese esquema, toda condición de alternancia mais que funcionar como unha oportunidade para o cambio, operou en exclusiva como garantía dun basto intercambio de intereses políticos e partidistas.

Por conseguinte, os que en sucesión de gobernabilidade dispuxeron de sobradas oportunidades para darlle un xiro á situación, e no transcurso da época en vez de proceder en consecuencia optaron por consumar a total deterioración da actividade, empregando medidas que ademais de non garantir a supervivencia das factorías, fixeron inviable toda posibilidade de recuperación; de aí que en correspondencia coa súa manifesta deslealdade, o desafío a formular non ten de consistir en esixirlles o que non queren asumir, senón en promover vía electoral o decaemento da súa primacía política, pois só coa erradicación do bipartidismo daranse as condicións indispensables para que faga efecto un cambio a positivo no contexto deste sector estratéxico. 

Xa que logo, toda solución aos grandes problemas do sector, pasan irremediablemente por un radical cambio de rumbo onde non ten cabida o simulacro, como tampouco, os protagonistas da historia do fracaso poden seguir exercendo como interlocutores do futuro, pois neste novo ciclo alternativo ao bipartidismo, a renovación ten de ser a clave que permita de forma eficaz emendar a actual situación de deterioración como paso previo á apertura de negociacións conducentes a corrixir as arbitrarias restricións impostas por Europa a este sector.

Publicado no seu blogue persoal o 8 de Agosto de 2014.

Pode-se ler un interesante artigo relacionado: "Poñamos que falo de Ferrol", publicado no seu blogue o 4 de Abril 2014.

[*] Xosé Manuel Galdo-Fonte, foi traballador de ASTANO e sindicalista, perante varias lexislaturas foi concelleiro polo BNG en Fene, posteriormente pasou ao mundo empresarial, formando parte da Iniciativa Empresarial del Noroeste que se integrou en 2007 en IEN por Europa, da cal formou parte da súa xunta directiva. É articulista e analista político, os seus artigos están publicados na maioría dos xornais galegos tanto impresos como dixitais.

Blogue:
http://galdo-fonte-xm.blogspot.com.es/
Conta facebook:
https://www.facebook.com/galdofonte
Conta no twitter | @galdofonte:
https://twitter.com/galdofonte
Escritos publicados no no Diario de Ferrol:
http://www.diariodeferrol.com/opinion/autor/000045/xose-manuel-galdo-fonte
____________

domingo, agosto 10, 2014

Guerra económica: Rusia pechará por un ano o seu mercado a países que lle impuxeron sancións, quedará prohibida ou restrinxida a entrada ao territorio ruso de produtos agrícolas, alimentos e materias primas


O presidente de Rusia, Vladímir Putin, asinou un decreto para prohibir ou restrinxir a entrada dos produtos dos países que se uniron ás sancións contra Rusia.


O decreto "sobre a aplicación de determinadas medidas económicas especiais para garantir a seguridade da Federación de Rusia" foi asinado este mércores polo mandatario ruso, segundo informa o sitio web do Kremlin.

Está previsto que as medidas recentemente aprobadas teñan unha vixencia dun ano.

A partir deste mércores queda prohibida ou restrinxida a entrada ao territorio ruso de produtos agrícolas, alimentos e materias primas orixinarios dos países que se uniron á política de sancións de Washington e Bruxelas.

As medidas acordadas polo Kremlin aplícanse concretamente aos Estados que "decidiron impoñer sancións económicas contra as persoas xurídicas e (ou) físicas rusas ou se uniron a esta decisión", consta no documento. Deste xeito, Rusia pecha o seu mercado aos produtos de EE.UU., a UE, Xapón, Australia e Canadá.

O presidente ruso deu instrucións ao Goberno para determinar os produtos que non poden ser importados desde os países que adoptaron sancións contra Moscú. O Goberno ruso xa está elaborando a lista dos produtos agrícolas e alimenticios cuxa entrada ao seu territorio pode quedar prohibida, afirmou a voceira do primeiro ministro ruso, Natalia Timakova.

Este martes, Putin transmitiu instrucións ao Goberno para preparar unha resposta "cautelosa" ás sancións de Occidente. "Hai que actuar con moito coidado co fin de apoiar aos produtores nacionais e non prexudicar aos consumidores", subliñou o presidente.

Coñeceuse até o momento, que quedará prohibida a importación de todos os produtos agrícolas e cárnicos de EE.UU.

O 29 de xullo pasado a Unión Europea acordou impoñer a Rusia sancións económicas que afectan á súa industria petroleira e de defensa, produtos de dobre uso e tecnoloxías sensíbeis. As sancións entraron en vigor o 1 de agosto.

(Con información de RT)

Fonte: http://www.cubadebate.cu/ | 06.08.2014
________________

sábado, agosto 09, 2014

Interesante debate sobre municipalismo, dúas horas intensas onde se abordan a maioría dos temas que nos preocupan, desde a esquerda - Vídeo


Desde Ártabra 21 presentamos un interesante debate sobre municipalismo, producido por Galiza Ano Cero, aínda que centrado na Coruña e a súa situación, aborda aspectos xerais de moito interese para o activismo en Ferrol Terra. Son dúas horas intensas onde se abordan moitos dos temas que nos preocupan, desde a esquerda. A día de hoxe, 8 de Agosto, na Coruña xa é realidade unha proposta de alternativa (Marea Atlántica), para a construción social e a conquista do poder municipal a través da mobilización e o voto. O debate foi gravado o 22 de Xuño de 2014, na Casa Tomada da Coruña.

Debatemos sobre municipalismo

"Un dos problemas á hora de artellar unha candidatura cidadá será o de traballar cos liderazgos" - Alberto Lema (Escritor e Sindicalista).

"Cada vez vexo máis posíbel un cambio dende a cidadanía en 2015" - Rocío Fraga (Activista Feminista).

"Os movementos da Coruña demostraron que teñen outro proxecto de cidade, o que hai que facer é cohesionalo" - Tone (Activista Social).

"A realidade da Coruña é demoledora: pouco pan e pésimo circo" - César Santiso (Concelleiro na Coruña por EU).

"O déficit cero pensado para o estado acabou xerando desigualdade tamén na cidade" - María Xosé Bravo (Concelleira na Coruña polo BNG).

"Os movementos temos un reto: preguntarlle á xente descontenta que cidade quere" - Santi Lamelo (Activista das Marchas da Dignidade e do Frente Cívico).

"Que a xente saiba que desta vez é posíbel gañar" - Manuel Rivas (Escritor, Activista Social).


Municipalismo na Coruña
  1. Introdución
  2. Cal é a situación política da Coruña?
  3. Que fórmula electoral usamos para o cambio?

Galiza Ano Cero pecha a súa primeira tempada de emisións cun debate aberto á participación do público fóra do seu espazo habitual. Gravouse na Casa Tomada (A Coruña) o pasado domingo 22 de xuño.

No marco dun convulso pero ilusionante tempo, onde o réxime de 1978, erguido sobre a chamada Transición, busca, erosionado, pecharse sobre si mesmo cun novo pacto entre elites, as dinámicas de contestación convértense en elementos centrais na paisaxe, tamén na urbana.

Cos procesos sociais locais como horizonte e cunha cita electoral no calendario, preguntámonos que dinámicas e que alianzas poden ser posíbeis nunha cidade como A Coruña para crebar o continuo ideolóxico dos últimos 30 anos.

Contamos con Manuel Rivas, Alberto Lema, César Santiso, Santiago Lamelo, María Xosé Bravo e dous compañeiros activistas de Galiza Ano Cero, Rocío Fraga e Antón Gómez-Reino, Tone. Modera o xornalista Rodri Suárez.

 
Municipalismo na Coruña from Galiza Ano Cero on Vimeo.

Galiza Ano Cero
http://galizaanocero.tv/

Galiza Ano Cero, un canal de televisión sen ánimo de lucro na internet. Contidos producidos de maneira colectiva e horizontal, en código aberto e con transparencia, da comunidade para a comunidade, e difundidos baixo unha licenza Creative Commons Recoñecemento - Non Comercial - Compartir Igual (CC BY-NC-SA). Dende abaixo á esquerda. Outra televisión. ... +info.
__________________

xoves, agosto 07, 2014

Concentración en Cedeira ante o alarmante deterioro da calidade da auga do río Condomiñas, da praia da Madalena, e en xeral da Ría, este Domingo 10 de Agosto, pola mañá ás 12:30hs na Ponte Nova


Adega, Anova-IN, BNG, Esquerda Unida, Galiza Nova, Asociación Veciñal Piñeiro,  SomosCedeira e todo aquel que sinta que deba facer algo a prol do rio, ria e praia de Cedeira, convocamos a concentración cívica para o vindeiro Domingo 10 de Agosto as 12:30hs na Ponte Nova.


Bolas, merda e graxa rio e praia de Cedeira Xullo'14 from Somos Cedeira on Vimeo.

A xente que ía e viña polas pontes ficaba abraiada. O río Condomiñas color merda, como que merda era a que baixaba e se espaballaba pola ría ata San Isidro. Chamamos ao 112, á Garda Civil etc… dixeron que todo estaba controlado, que era unha avaría (perdimos a conta das supostas avarías) da depuradora que non depura, pero pola que pagamos incluso a “limpeza” da auga que non consumimos. Non é de tolos, non, e de LADRÓNS cobrar por servizos non prestados. As cousas claras.

Algún veraneante achegouse a nós para advertirnos, na beira do mar, que tivéramos coidado con pisar esas bolas de merda e graxa… démoslle as grazas polo aviso e dixémoslle que levamos moito nesta loita. Que mentres un queren agochar a merda até que estoupa, nós queremos amañar os problemas, comezando por investigar dende o principio que pasou con esa depuradora, totalmente insuficiente para as necesidades de Cedeira… e xa nos chegaron comentarios fiábeis, e desacougantes… máis de mesmo, máis merda, neste cazo (si, cazo), posiblemente haxa máis merda que no río. Para sair de dúbidas, investíguese.

Bolas, merda e graxa rio e praia de Cedeira, en pleno comezo do verán de 2014

É tan indignante e sobran os comentarios.

Agardamos que as forzas de seguridade e de control ambiental e sanitario, así como as fiscalías actúen contra este FLAGRANTE DELICTO AMBIENTAL que non pode quedar impune unha vez máis.

Ou é que o desleixo da administración está por riba das leis…?

Máis info en:
somoscedeira.wordpress.com

Información baseada na enviada por:
Antonio Gª
-angaji@yahoo.com-
1 de agosto de 2014 11:33
_______________________

MareAtlántica - Sube a marea - Vídeo - Enlace


Marea Atlántica

O pasado martes 22 de xullo presentamos, na Ribeira do Cómaro, en Riazor, a proposta de proceso de confluencia e protagonismo popular e cidadán que lanza a Marea Atlántica. Seguindo a filosofía das portavocías múltiples e colectivas, Alfonso Mascuñana fixo a presentación do acto, Paula Tomé a introdución e lectura do manifesto e Vanessa Rivas, ademais de explicar os porqués do espazo elixido, sentou as bases do percorrido inicial da marea. Pola súa banda, Xiao Varela anunciou os pasos a dar nas próximas semanas, co lanzamento de mareas sectoriais e territoriais en distintos barrios da cidade. Finalmente, Manuel Rivas lembrounos as redes de solidariedade, xustiza social e pulsión democrática que conforman a memoria e a xenealoxía da cidade da Coruña. Unha cidade que queremos construír en común e que aspiramos a transformar no facer colectivo de “miles de dornas solidarias”.


http://youtu.be/d86pffTk3LM

MareAtlántica - Sube a marea

Unha iniciativa para construír outro modelo de cidade...urxente e necesaria.
Propoñemos acadar 3.000 firmas de apoio ... axudas nos?

http://mareatlantica.org/

Enviado por:
Sabela
-marinha@mundo-r.com-
7 de agosto de 2014 17:55
___________________

mércores, agosto 06, 2014

Comunicado de Alternativa Galega de Esquerda en Europa, en relación ás novas sobre a postura de Bruselas a respecto da construción do dique flotante en Navantia Ferrol


Non podemos sentir máis que un profundo malestar polo comunicado da Comisión Europea (Dirección Xeral de Competencia), que indica que a construción do dique flotante, valorada en 142 millóns de euros, incumpriría a legalidade europea. Consideramos este comunicado como inaceptábel.

En todo caso, o propio Tratado de Funcionamento da UE  establece que serán compatíbeis as axudas públicas destinadas a favorecer o desenvolvemento económico de zonas territoriais nas que existe unha grave situación de desemprego  (artigo 107, punto 3 , do referido Tratado), situación ben coñecida e mesmo “endémica” en Ferrol, dende a aplicación da mal  chamada “reconversión naval”.

Acusamos ao Partido Popular, a través da SEPI, de tomar unha e outra vez iniciativas que se encargan de poñer paus nas rodas do sector naval galego, facendo ouvidos xordos das alternativas que a plantilla de Navantia aprobou en asemblea, como parte da solución á crise dos estaleiros.

Nun momento internacional onde o mercado da construción naval está en alza, non se entende esta nova lesión para uns estaleiros que son un dos pulmóns que tiña que manter a vida da comarca de Ferrolterra. O outro pulmón, a Ría de Ferrol, tamén lle está a custar caro manter a respiración.

O dique flotante é unha ferramenta, enténdese polo tanto que non se lle pode aplicar á mesma política de financiamento que a construción de buques, e así se debería explicar aos organismos europeos caso de que pediran unha explicación despois de construído. Primeiro construír e logo dar explicacións. Eis a política de calquera goberno que defenda os intereses do pobo para o que gobernan. Eis a política de soberanía que cumpre para Galiza para poder defender os nosos sectores produtivos estratéxicos.

Cumpre pois entender que esta consulta de resposta agardada, só traballa nunha dirección: afondar na desaparición da actividade dos estaleiros públicos de Navantia, camiñar cara a súa privatización e desbotar definitivamente a construción civil nos mesmos.

O pasado mes de xullo, deixabamos unha pregunta feita no parlamento europeo a respecto desta cuestión:
Que vai pasar o 1 de xaneiro de 2015? Poderá o estaleiro público galego sentirse libre do veto que o castigou a abandonar a construción naval civil da que era una referencia mundial?
Con esta nova, que pretende impedir que Navantia poda ter aceso ao mercado de reparación de buques de maior tonelaxe, seguimos constatando a complicidade que se está a dar entre a Xunta de Galicia, que se tiña comprometido publicamente co financiamento deste dique, o Goberno español,  a SEPI, e a Comisión Europea.

Galiza, 6 de agosto de 2014

Lidia Senra, eurodiputada, da Alternativa Galega de Esquerda en Europa, no Grupo Confederal da Esquerda Unitária Europeia/Esquerda Nórdica Verde.

Lidia Senra Rodríguez, nada na Pobra do Brollón o 14 de xuño de 1958, é unha destacada sindicalista do agro galego. E cotitular, xunto ao seu compañeiro, dunha explotación agraria no concello de Vedra (A Coruña), que fai venda directa e na que se utiliza  o método labrego tradicional de produción. Estudou o bacharelato en Monforte, e despois comezou a colaborar cos Comités de Axuda á Loita Labrega a mediados dos anos setenta. En 1984, durante o segundo congreso de Comisións Labregas, foi elixida responsable de organización e finanzas. Cinco anos máis tarde, en 1989, accede á secretaría xeral do Sindicato Labrego Galego durante o transcurso do terceiro congreso. Lidia Senra participou en diversos encontros internacionais representando a Vía Campesiña, movemento labrego mundial que agrupa organizacións de América, Asia, África e Europa. Foi membro da Executiva da Coordinadora Labrega Europea (CPE) durante catro anos. En outubro do ano 2000 participou en Roma representando á Vía Campesiña 2 nun coloquio sobre “Seguridade alimentaria e explotación agraria familiar” organizado pola Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO) con ocasión do Día Mundial da Alimentación. Ademais, interveu activamente nos tres foros sociais europeos celebrados en Florencia, París e Londres. O padroado da Fundación Pedrón de Ouro escolleu a Lidia Senra como Pedrón de Ouro 2011, na súa 48ª edición. No 2014 presentouse coma candidata a deputada ás eleccións europeas do 25 de maio por Alternativa Galega de Esquerda en Europa: A esquerda plural e foi elixida deputada (Fonte: Galipedia).
__________________

O BNG ante a resposta da Comisión Europea ao Dique Flotante de Navantia, di que “a resposta da U.E non é definitiva" e que "a cuestión é si existe vontade para construír o dique”


Xavier Vence culpa ao Goberno central de facer unha “consulta informal” a U.E trufada de debilidades, sen rigor e de mala gana. | O BNG pide que Feijóo compareza na Cámara galega para dar explicacións.

O portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, acompañado da portavoz nacionalista en Europa, Ana Miranda compareceron hoxe ante os medios de comunicación co fin e valorar a resposta da Dirección xeral da Competencia da Comisión Europea sobre a consulta realizada polo Goberno central acerca da construción do dique flotante na ría de Ferrol.

Vence afirmou que a resposta da U.E sobre esta cuestión “non é definitiva” e culpou ao Goberno central de ter formulado unha proposta, por presión social e política, pero “de mala gana” e a Unión Europea, pola súa parte, xa puxo de manifestou “as debilidades” da consulta.

Por outra parte, o Grupo parlamentario do BNG pide a comparecencia de Feijóo na Cámara galega e unha reunión urxente da Deputación permanente.
Dique flotante, nicho de mercado fundamental para Navantia-Ferrol
O nacionalista recalcou que o dique flotante é unha saída e requisito necesario para xerar carga de traballo nun estaleiro que permanece pechado e explicou que a construción e reparación de grandes buques converteríase “nun nicho de mercado” que Navantia Ferrol necesita para o futuro, sobre todo atendendo a posta en funcionamento do novo canal de Panamá.
Galiza precisa Soberanía para decidir e negociar en Bruxelas estratexias diferentes ás de Madrid
Asemade, para Vence, o dique é unha realidade que se pode cumprir si existe “ unha vontade política firme” por parte do Goberno central. “Queremos que Feijóo se comprometa diante da cidadanía de Ferrol e de Galiza a traballar para conseguir a construción do dique”.

Para o portavoz nacionalista, resulta fundamental que Galiza conte con capacidade para construír e promover un sector estratéxico e clave da súa economía, para isto, dixo, é necesario que contemos con soberanía: “Galiza ganaría se negociara outras estratexias en Bruxelas porque o que está claro é que Madrid non negocia atendendo aos nosos intereses”, denunciou.

O BNG desminte limitacións de cartos públicos para o dique

Non existen razóns que limiten as subvencións públicas ao dique”, aseverou Vence. As axudas do Estado, en contías superiores ao 15%, son viábeis sempre que o territorio ás que son destinadas cumpran determinados requisitos e “Ferrol- Terra cúmpreos de xeito clamoroso”. Entre as condición destacou: un déficit de desenvolvemento do territorio e unha situación de paro estrutural elevado. Na comarca de Ferrol existe un 32% de desemprego e un declive económico permanente polo tanto, cumpre perfectamente os criterios de Competencia a nivel europeo e no caso de Ferrol, “non hai razóns que limiten subvencionar con cartos públicos o dique flotante”.
O dique flotante non fica “varado” por unha decisión formal, a decisión é política
Pola súa parte, a portavoz do BNG na Unión Europea, Ana Miranda reiterou que a decisión da U.E “non é definitiva” e criticou ao Goberno central por “facer mal o seu traballo”.

A nacionalista afirmou que o dique “non fica varado por unha decisión formal, fica varado por falta de vontade política” e criticou que ante o anuncio da U.E, o Goberno central e a Xunta non se pronunciaran publicamente contra unha decisión trascendental para a comarca de Ferrol-Terrra.

O BNG empraza ao Goberno do Estado e a Xunta a actuar con responsabilidade e explicar o acontecido

A portavoz do BNG en Europa recalcou que a resposta de Competencia responde a unha “solicitude informal” do Goberno central, como xa afirmou o Comisario Almunia o pasado mes de abril deste ano e cuestionou os termos da consulta dos que dixo, “non queremos sospeitar” pero resulta chamativo que se formulara con “pouco rigor e seriedade”.

O BNG empraza ao Goberno estatal e a Xunta a actuar con axilidade e de maneira responsábel neste asunto e abandone “as falsas promesas” como as formuladas por Feijóo nas pasadas eleccións europeas sobre a construción do dique e o impulso ao sector naval.

Neste sentido, abondou en que o sector está indefenso ante as múltiples promesas do Partido popular incumpridas. A parálise para o levantamento do veto, o plan de Industrialización ou o plan Ferrol fan que perde competitividade e sumando agora un “dossier tímido, pouco rigoroso e falto de seriedade” para solicitar a construción do dique flotante.
Non hai agosto, verán ou vacacións para deixar tirado o sector naval e o BNG vai estar aí para defendelo
O Grupo parlamentario do BNG pide unha reunión urxente da Deputación permanente e a comparecencia de Feijóo na Cámara galega para explicar o acontecido.

Ademais, a nacionalista avanzou que o BNG presentou diversas iniciativas no Parlamento galego interpelando á Xunta sobre as actuacións do Goberno galego tras o ditame da Comisión europea, iniciativas que estenderá ao Congreso e Parlamento europeo coa petición de investimentos financeiros e crediticios necesario para presentar ante Bruxelas outra consulta de axudas públicas compatíbeis. Non imos permitir que outra vez máis “a comarca de Ferrol quede varada”.

Fonte: http://bng.gal/
_____________________

Ante resposta da Dirección Xeral da Competencia da Comisión Europea sobre o Dique Flotante, a CIG-Navantia di que “non hai futuro se non hai dique para reparacións na ría de Ferrol” - Entenden que a actitude do Goberno do PP lastra o porvir dos estaleiros e revela que o seu Plan para o naval “é unha falacia”


Para a Sección Sindical da CIG en Navantia Ferrol, a resposta da Dirección Xeral da Competencia da Unión Europea ante a pregunta presentada pola SEPI arredor da construción do novo dique flotante “pon en dúbida as xestión realizadas polo Goberno para conseguir o parabén de Bruxelas ao financiamento” da construción desta infraestrutura, fundamental para garantir o futuro do sector naval na ría.
RecursoNavantia4

Sen afondar nos tecnicismos legais, a Sección Sindical da CIG lembra que no invocado artigo 107 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea tamén se dispón que poderán considerarse compatíbeis co mercado interior as axudas destinadas a favorecer o desenvolvemento económico de rexións nas que o nivel de vida sexa anormalmente baixo ou nas que exista unha grave situación de subemprego.

Sempre fomos conscientes de que dende a Unión europea nunca chegou ningunha medida que favorecera algún dos nosos sectores produtivos, e esta non ía ser a excepción. Mais dende a CIG negamos a maior”, sinalan.

Así, apuntan, Navantia é unha sociedade mercantil dedicada á construción naval, e como tal, pode tomar o acordo de construír un dique para a realización da súa actividade, decisión non tomada a día de hoxe. “A realidade é que a SEPI nunca quixo realizar este investimento e, ante a presión social, decidiu crear unha comisión a fin de poñer todos os atrancos posíbeis”, denuncia a Sección Sindical.

Primeiro, enfrontándose ao estudio técnico e de viabilidade presentado polo Colexio de Enxeñeiros. Logo, póndolle trabas ao estudio da viabilidade, e finalmente argumentou a necesidade dunha avaliación xurídica diante da UE. Hai manifestacións abondo, tanto dende a SEPI, como dalgún sindicato, en contra da construción do dique en Ferrol xustificándose en que Navantia xa dispón dun dique na baía de Cádiz.

Entrementres, en marzo de 2011, Alberto Núñez Feijoo anunciaba, logo da celebración do Consello da Xunta, o seu compromiso de presentar un plan para o naval antes do verán. Porén, despois de transcorrer máis de tres anos “o único Plan presentado foi o de usar os estaleiros como itinerario turístico”.

Para a CIG-Navantia estamos ante unha manobra máis do Partido Popular para non afrontar as súa promesas electorais. “Un Partido popular que goberna na cidade, na Xunta, no Estado e tamén na Unión Europea e que lle vai botar a culpa a un Comisario da Competencia do PSOE que está en funcións á espera de ser relevado”. Matizando, non obstante, que este feito impida denunciar “que o PSOE tampouco fixo nada para facer efectivo a construción do dique na súa etapa de goberno”.

Ferramenta fundamental

Por iso, atopan necesario reiterar que o dique non é un capricho. Senón que é “unha ferramenta fundamental” para poder seguir no mercado tanto de reparacións como para poder afrontar a construción dun barcos de maiores dimensións que están a ser demandados e cuxos contratos son adxudicados a estaleiros europeos, competidores directos nosos.

Para a CIG a contestación da UE pon en evidencia tanto ao Goberno do Estado como ao da Xunta. “Nunca tiveron unha defensa real do sector naval galego, e moito menos na ría de Ferrol. Sempre foron a remolque da presión social, vendendo fume en cada campaña electoral e agora queren buscar un chibo expiatorio en Bruxelas que lles sirva de coartada para non cumprir coas súas promesas electorais”.

Dende a central nacionalista, diante desta catastrófica noticia que empeora a xa dramática situación económica e laboral da comarca, seguirase a facer un chamado á mobilización na defensa do futuro de Navantia, que pasa irremediabelmente, pola demanda da construción dun dique, cunhas dimensións acorde ás esixencias actuais do mercado.

Públicado en Avantar.
_________________

Diálogos com Sara, ... Por Lupe Ces


Por Lupe Ces [*]
06.08.2014


Sara [1], desculpa, mas nom te estranhe que se apagaram já as novas sobre a tua morte. Todas vós sodes flor dum dia para os médios de comunicaçom. Ademais, no teu caso, case passas desapercebida. Falou-se mais del. O teu assassino puxo-se-che diante até o dia depois, coma querendo tapar o último sol que puideira descobrir o teu próprio brilho. A experiencia di-nos às feministas, que deveu ser assim toda a vida. O patriarcado cria-os assim, e a nós nos educa para atura-los. Umha vida enteira de trabalhos e panos quentes. Entender, compreender, aguantar, suportar... E quando eles se cansam da vida, molesta-lhes ver que nós a coidamos, a mantemos, a alentamos... Hai quem prepara o seu suicídio rompendo cartas, queimando livros, mesmo queimando a casa, como querendo borrar, sacar de diante todo o que é e o que foi. Um xeito de matar-se nas cousas que lhe derom vida. Estes machistas, incluem-nos a nós entre as suas pertenças, como um objecto mais, somos parte da sua vida, cumpre logo que nos suicidem com eles.

Agora irás sabendo a historia de muitas, de centos, de miles coma ti... e também saberás da nossa rebeldia, das nossas alternativas, da nossa resistência. Agora Sara, irás para sempre colhida da mam de todas nós, as feministas de onte, de hoje e de manhá. Som malos tempos Sara, tempos de sombras. Tempos de Gallardon-s, Netanyahu-s, Juncker-s, Obama-s, Poroshenko-s... Tempos nos que hai que, se cadra com mais força, entrelaçar as nossas mans.

[1] Sara Fernández Camiña foi assassinada polo seu home em Pazos de Borbén o 29 de Julho de 2014 | +info.

Foto: Beatriz | "Flor de un día" | Mar del Tuyu, Argentina | Baixo licença Creative Commons.

[*] Lupe Ces Rioboo -Caranza Ferrol 1958, é mestra, activista social, integrante da Marcha Mundial das Mulleres e da Rede Social de Ferrol Terra. Forma parte do Consello Editorial de Altermundo e do Colectivo Ártabra 21.
Blogue persoal: Caranza free opiniom

_________

Esquerda Unida pronuncia-se sobre a anulación da poxa especulativa dos terreos de Defensa en Esteiro e sobre o rexeitamento de Bruselas para que Navantia constrúa o dique flotante

Esquerda Unida pide a anulación da poxa especulativa dos terreos de Defensa en Esteiro. | A obtención de plusvalías por medio da venda de terreos públicos, por nada menos que un mínimo 1,5 millóns de euros é un roubo á veciñanza de Ferrol, ante o silencio cómplice do goberno municipal. | Esquerda Unida de Ferrol dirixirase ao Ministro a través de Izquierda Plural no Congreso dos Deputados para tal fin.

A publicación no Boletín Oficial do Estado da poxa das parcelas 8C e 18.1 do Polígono de Esteiro, de máis de 1.500 metros cadrados, constitúe unha operación especulativa de envergadura do Ministerio de Defensa, unha institución que durante anos desprezou a lexislación fiscal negándose a pagar o Imposto sobre Bens Inmobles ao Concello de Ferrol, malia a ocupar un vinte por cento dos terreos municipais, e que, agora, sen ningún tipo de negociación ou procura de convenio, saca á venda pública os terreos que lexitimamente corresponderían ao Concello de Ferrol, unha vez desafectados de usos militares.

Cabe lembrar que mesmo a parcela 8C, confluencia entre a Avenida de Vigo e a Avenida de Esteiro foi  embargada polo impago do IBI no ano 2007 por un concelleiro de facenda, un tal Rey Varela, quen argumentaba ese embargo en defensa dos intereses da cidade. Semella que eses intereses da cidade xa non concordan cos do goberno municipal, polo silencio clamoroso que mantén ante este roubo a man armada para a veciñanza de Ferrol destes terreos, que ben poderían ter usos dotacionais e de servizos para a cidadanía.

A área de urbanismo de Esquerda Unida quere incidir que unha desas parcelas está afecta ao antigo INVIFAS (Instituto de Vivenda das Forzas Armadas) co que o seu uso non era militar estritamente, razón de máis para cualificar esta operación como un pelotazo en toda regra, unha especulación infame que usurpa dos dereitos a espazos públicos á cidade de Ferrol.

A actitude entreguista e sumisa do alcalde de Ferrol respecto ao Ministerio de defensa comeza a ser clamorosa:
  • Hai un convenio metido nun caixón, polo que se ían ceder terreos (previo pago da abusiva cantidade de medio millón de euros das arcas municipais) do que nada se sabe e pendente “duns flecos” dende hai meses
  • Hai unha residencia universitaria con unha demanda que triplica á paupérrima oferta e que ben podería ser suplida coa cesión destes terreos para a construcción dunha nova residencia que dea impulso ao Campus de Ferrol, ou para a unificar todas as titulacións nun mesmo espazo físico: o barrio de Esteiro.
  • Apláudese con entusiasmo a decisión de Defensa de construír un BAM, cando son coñecidas as necesidades dunha Fragata, tanto para o propio ministerio como para que a carga de traballo dos nosos estaleiros palíe a sangría dos máis de 4000 postos de traballo perdidos na industria auxiliar.
Esquerda Unida insta ao goberno municipal que en lugar de vender o mantemento ordinario de rúas, reparación de fochas e viais como un gran Plan do goberno municipal, actúe ante o Ministerio de Defensa e solicite convenios de cesión de terreos para o uso público destas parcelas, ben sexa ligadas ao Campus ou ben para usos sociais, pero en ningún caso que se consinta a especulación e o enriquecemento inxusto coas propiedades que están no solo urbano do concello de Ferrol.  Pola nosa banda, a organización local de Ferrol dirixirase aos grupos de Alternativa Galega e da Izquierda Plural a pedir explicacións a este goberno metido a especulador inmobiliario co que é de todos e de todas.

Esquerda Unida de Ferrol nega que o dique sexa unha axuda estatal e demanda a súa dotación económica inmediata nos orzamentos da Xunta e do Estado. | O dique flotante, reivindicación história de EU, non é produción en si mesma, senón unha ferramenta de traballo necesaria para adaptarse a circunstancias excepcionais, que si permite o mencionado artigo 107 do TFUE. | A falta desa infraestrutura supón a renuncia a unha cota de mercado que outros países, como Francia co sector da automoción, si corrixiron  con fondos públicos sen que a UE puxera reparos.

O ditame da UE, con meses de retraso, en gran parte por neglixencia do goberno do Partido Popular, debe ser rexeitado unanimemente polas organizacións políticas, sindicais e a sociedade civil,  xa que é un golpe máis a un sector naval público noqueado, que tan só a unidade na loita e a firme determinación na resposta pode mudar en carga de traballo, ante a absoluta desidia do alcalde de Ferrol, a pouca forza de Feijoo e a intención clara de Montoro e Rajoy de deixar caer as gadoupas especuladoras das multinacionais sobre os terreos de Navantia Fene e Navantia Ferrol, botando o peche á única industria que nos queda.

Esquerda Unida de Ferrol, aínda que insiste en que non é axuda pública prohibida por ser o dique nada máis que unha ferramenta de traballo, considera que existen no propio tratado excepcións á regra xeral que non foron contempladas, nin esixida a súa contemplación polos gobernos da Xunta e o Estado. Así, no artigo 107  do Tratado de Funcionamento da Unión Europea (TFUE) no apartado 2 b) menciónase a posibilidade destas axudas cando sexan destinadas a reparar prexuízos causados por acontecementos de carácter excepcional. Obviamente a ampliación no ancho do Canal de Panamá, que provocou a inmediata ampliación dos gaseiros para ter máis capacidade, deixou sen posibilidade de reparar estes buques a Navantia Ferrol, xa que logo non están adaptados os diques existentes aos novos tamaños, o que imposibilita a concurrencia competitiva con estaleiros franceses.

Por outra banda, o punto 3 do artigo 107 do TFUE prevé que poidan ser compatibles estas axudas cando estean destinadas a favorecer o desenvolvemento económico de rexións nas que o nivel de vida sexa anormalmente baixo ou nas que exista unha grave situación de subemprego.

Non fai falta moita reflexión e basta con analizar uns cantos datos, para decatarse de que Ferrolterra está nestas circunstancias: co 30% de taxa de desemprego, onde so un de cada tres traballan, 5000 persoas non perciben ningún tipo de prestación, o descenso demográfico é brutal retrocedendo en décadas, cunha alta taxa de pobreza, envellecemento e emigración

Dende Esquerda Unida instamos ao Presidente do Goberno a que na vindeira xuntanza que vai manter con Angela Merkel en Compostela, en lugar de detallar o Plan de axuste que teñen previsto de 45.000 millóns e que traerá máis recortes de dereitos sociais e sufrimento para as persoas, faga fronte a un problema que ameaza con facer tambalear o sector naval público e esixa a inmediata rectificación na decisión da Unión Europea, que permita dotar de partidas orzamentarias suficientes tanto na Xunta como no Estado esta ferramenta de traballo vital e estratéxica para os estaleiros da ría a poucos meses do fin do veto á construción civil, para unha Ferrolterra que xa está cansa de que os partidos da dereita se preguen aos ditados da Troika (a Comisión Europea é piar deste sistema) e asuman as súas decisións como lóxicas do mercado, quizais vai sendo hora de que impoñamos a lóxica da xente do común.

Ferrol, 5 de agosto de 2014
--
Esquerda Unida de Ferrol
R/ do Sol 124 Entrechán Esquerda
981944035

www.euferrol.org
https://www.facebook.com/esquerdaunida.ferrol
https://twitter.com/EUFerrol
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html

Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
5 de agosto de 2014 14:27
5 de agosto de 2014 16:04

Bo día, achégase nota de prensa relativa á poxa especulativa que o Ministerio de Defensa pretende facer con parcelas públicas de Esteiro e nota de prensa relativa ao rexeitamento de Bruselas para que Navantia constrúa o dique flotante. Un saúdo. Jorge Suárez Secretiario de comunicación

___________________

martes, agosto 05, 2014

Neoliberalismo e fundos abutre, ... Por Emir Sader

Os fundos abutre são o exemplo mais radical do caráter parasitário do capital especulativo, típico da era neoliberal.Os Brics começaram a apontar a alternativa.

Por  Emir Sader [*]
05.08.2014


Quando se esgotava o ciclo longo expansivo do capitalismo, se impôs o debate sobre as razões desse esgotamento e as formas de retomada do desenvolvimento econômico. Triunfou a renascida versão do liberalismo, vocalizada, em particular, por Ronald Reagan, que disse que haveria que suspender os limites à livre circulação do capital, haveria que desregulamentar a economia. O capital voltaria a circular haveria investimentos, as economias voltariam a crescer e todos ganhariam.

Promoveu-se a livre circulação do capital em escala global, mediante a abertura dos mercados nacionais, a privatização de patrimônios públicos, a mercantilização do que antes eram direitos, a precarização das relações de trabalho, a retração do Estado, a centralidade do mercado. Mas o que aconteceu foi diferente do previsto.

Acontece que, como recordava sempre Marx, o capital não está feito para produzir, mas para acumular. Liberado das travas do período anterior, o capital se dirigiu, maciçamente, para a esfera financeira, onde ganha mais, tem liquidez total, paga menos impostos e exerce forte pressão sobre os governos. (Uma agência de apoio aos especuladores, uma vez concluiu suas sugestões, dizendo, lilteralmente: Aproveitem a festa, mas fiquem perto da porta.) Em escala mundial se deu uma gigantesca fuga de capitais do setor produtivo ao especulativo, com o capital financeiro assumindo o papel hegemônico na era neoliberal do capitalismo.

O baixo crescimento ou a estagnação ou até mesmo a retração das economias se deve justamente ao fato de que o setor hegemônico na economia é um setor parasitário, que não produz nem bens, nem empregos. É o capital financeiro sob sua forma especulativa, que não financia o consumo, nem a produção, nem a pesquisa. Vive da compra e venda de papéis.

Os fundos abutre são o exemplo mais radical desse caráter parasitário do capital especulativo, típico da era neoliberal. Nesse caso, se valeram da crise da dívida dos países latino-americanos nos anos 1980 para impor normas draconianas a governos subalternos, parte fundamental da herança maldita recebida pelos governos antineoliberais. Empréstimos a juros brutais em troca da renuncia à soberania nacional.

Assim, mesmo os governos que reagiram contra o neoliberalismo, começando a construir alternativas a esse modelo esgotado, tem que enfrentar ainda essa herança. Para a direita seria sinal de fracasso dos governos progressistas, quando na realidade são ainda restos dos governos da própria direita.

Os Brics começaram a apontar a alternativa: um Banco de Desenvolvimento para o Sul do mundo, um fundo de apoio frente a problemas que possam enfrentar esses países. O conflito atual da Argentina com os fundos abutre representa os estertores do modelo contra o qual foram eleitos e reeleitos os governos progressistas, que constroem um modelo alternativo ao neoliberal.

Publicado no Blog do Emir em Carta Maior, por Emir Sader em 03/08/2014 às 12:19.

[*] Emir Sader, (São Paulo, 13 de julho de 1943) é um sociólogo e cientista político brasileiro de orientação marxista e fortemente ligando à esquerda brasileira 1 e internacional 2 (Wikipedia) .
______________

Exposición Fotográfica Itinerante: "Voyage 2014. Marruecos" de Igor Gonzalo - Do 5 ao 26 de agosto nas salas de exposicións do Ateneo - Inauguración día 5 de agosto ás 20,30 h. Entrada libre


O fotógrafo Igor Gonzalo mostra no Ateneo Ferrolan a 6ª edición do proxecto VOYAGE, dedicado ao Marrocos máis oculto e descoñecido.
  • Exposición Fotográfica Itinerante: "Voyage 2014. Marruecos" de Igor Gonzalo.
  • Do 5 ao 26 de agosto nas salas de exposicións do Ateneo.
  • Inauguración día 5 de agosto ás 20,30 h. Entrada libre.
O artista castelán elixe a cidade de Ferrol para abrir a súa 6ª exposición itinerante baixo o selo 'Voyage', que este ano ten como protagonista única a Marrocos. Nesta exposición recóllense 39 fotografías a gran formato que explican graficamente e baixo unha mirada fotoperiodística a realidade dos que habitan en Marrocos. Conservando a mirada natural e a falta de pousados ou fotografías buscadas, Igor Gonzalo ofrécenos no seu 'Voyage' máis de autor, pinceladas sobre a vida neste país, a súa forma de trasladarse dunhas cidades a outras, a súa alimentación e a súa economía máis social. Deixando atrás a típica mirada turística ou a que estamos máis afeitos a ver, Igor Gonzalo destácanos imaxes da vida cotiá, fóra das rutas máis transitadas.

O autor, con 31 de anos de idade, está licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Burgos e postgraduado en Fotoxornalismo pola Universidade Autónoma de Barcelona. As súas imaxes son publicadas a nivel internacional en guías de viaxe como Repsol, Fodor's... e revistas especializadas como National Geographic, deViajes, Sky (do grupo de aeroliñas Delta Airlines)...

Anteriormente, as súas exposicións centráronse en lugares como Túnez, Portugal, Nova York, España e a capital dos últimos Xogos Olímpicos, Londres. En España puidéronse ver as súas imaxes en Cuenca, Burgos, Soria, Barcelona, La Rioja, Santiago de Compostela... e tamén fóra das nosas fronteiras, en Polonia, onde ademais impartiu varias charlas e talleres fotográficos; e lugar onde coordina xunto á fotoxornalista Cristina Pérez Parapar unha Viaxe Fotográfica para os que desexan aprender fotografía de viaxes dunha forma diferente (máis información en www.viajayfotografia.com).

Esta mostra, verase no Ateneo Ferrolan do 5 de Agosto (inauguración ás 20:30 h.) ata o 26 de Agosto. Tras iso, expoñerase no Castelo de Santa Cruz (Oleiros); logo na Universidade da Coruña e tras iso, viaxará cara a Castela e León.

MÁIS INFORMACIÓN E ENTREVISTAS: press@igorfotografia.com
NOTA: Se algún o desexa, pode concertar unha entrevista ou acceso á sala para fotografar a montaxe da exposición, que terá lugar na mañá do luns 4 de agosto. t. 661 929 854.

Un lugar de encontro para a cultura.
Ateneo Ferrolán, fundado en 1879.
www.ateneoferrolan.org
e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.:  +34 981 357 970 |
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | FERROL (A Coruña)
BLOG: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/
Tamén no Facebook: http://www.facebook.com/pages/Ateneo-Ferrolan/134569549934117
Séguenos en Twitter: @ateneoferrolan
Campaña de APOIO e DEFENSA do Ateneo. Patrimonio da cidade
APOIA e DIFUNDE!
https://www.facebook.com/pages/Salvemos-o-Ateneo/1430118530577463?ref=hl
http://salvemosoateneo.blogspot.com.es/p/o-ateneo.html
Faite soci@! Colabora con nos!
Para axudas e aportacións económicas:
CC en Cajamar-Cajarural Cooperativa. Titular Ateneo Ferrolán.
ES72-3058-6402-9527-2000-5350


Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-secretaria@ateneoferrolan.org-
4 de agosto de 2014 12:26

______

luns, agosto 04, 2014

Xornadas Informativas sobre o Plan Especial de Ferrol Vello - 5, 12 e 19 de Agosto, na Praza Vella


Xornadas Informativas sobre o Plan Especial de Ferrol Vello

Perante os martes 5, 12 e 19 de Agosto de 2014, na Praza Vella, terán lugar as Xornadas Informativas sobre o Plan Especial de Ferrol Vello, organizadas pola Comisión Cidadá pola Recuperación de Ferrol Vello

A ordenación do espazo público. O estacionamento.
martes, 5 de agosto, 20.00 horas.

Os aspectos económicos do Plan.
martes, 12 de agosto, 20.00 horas.

A normativa do Plan.
martes, 19 de agosto, 20.00 horas.

Enviado por:
Alexandre Carrodeguas
-republicadetraballadoras@gmail.com-
4 de agosto de 2014 18:40

__________

Documentación:

Anuncio da aprobación inicial do Plan especial de protección e rehabilitación do barrio de Ferrol Vello, publicado no DOG  DOG Núm. 142 Martes, 29 de xullo de 2014 Páx. 32807 | Ir a web.

____________________

sábado, agosto 02, 2014

A área de Urbanismo e Vivenda do Consello Político Local de Esquerda Unida valora a proposta de 'Plan especial de protección e rehabilitación de Ferrol Vello'

Esquerda Unida considera globalmente positiva a reordenación do espazo público formulada polo Pepri de Ferrol Vello, mesmo entende que debería ser máis ambicioso, e insta ao PP a tomar boa nota.

A area de elaboración de Urbanismo e Vivenda defende a remodelación do adro da Igrexa de San Francisco e propón que se faga extensiva á fronte portuaria. | A supresión do aparcadoiro previsto na Costa de Mella, substituído por un baixo rasante na praza Eduardo Pondal, debe ser exhaustivamente explicado e analizado.


A área de Urbanismo e Vivenda do Consello Político Local de Esquerda Unida considera globalmente positiva a proposta de reordenación do espazo público formulada pola empresa redactora  no Plan especial de protección e rehabilitación de Ferrol Vello. A rexeneración do barrio pasa, necesariamente, pola racionalización de espazos e unha aposta pola mobilidade peonil. Esta materialización que se propón claramente para a o adro da Igrexa de San Francisco, e progresivamente para a rúa do mesmo nome, debería materializarse para a fronte portuaria, suprimindo as prazas de aparcadoiro en superficie e mellorando a habitabilidade do espazo público do conxunto da fachada marítima da cidade.

Con respecto a dotación de aparcadoiro que se propón, baixo rasante na praza de Eduardo Pondal, Esquerda Unida propón a apertura dun debate público con información rigorosa por parte da empresa redactora así como o careo público do goberno municipal coa veciñanza do barrio. A veciñanza e a cidadanía en xeral ten que estar exhaustivamente informada do por que da modificación do previsto polo plan de mobilidade (plan de mobilidade que os redactores do plan especial toman, polo demais, como referencia) das súas vantaxes e das garantías que  se están a ofrecer para a dotación pública de aparcadoiros de vehículos unha vez revitalizado o barrio. Por que non contemplar tamén a parcela de Hispania? Falamos do seu conxunto. A maiores da obrigada reserva que a propiedade ten que facer e que no plan se denomina “xardíns de Hispania”, 746 dun total de 3450 metros cadrados. Aquí a posibilidade  de compatibilizar praza verde con aparcadoiro público verde é a proba de algodón para calquera goberno municipal que se tome en serio os plans que publica no DOG.

Queda por último unha cuestión non menor para un plan especial que toma como referencia o mencionado de mobilidade: cómpre incorporar ao plan as formulacións do plan de mobilidade para transporte público terrestre: o silencio ao respecto doutros modos que transporte alternativos ao vehículo privado é clamoroso. Incomprensible no caso do autobús e do carril bici, aspectos clave para a nosa organización, na procura dunha cidade compacta e sostible medioambientalmente debe promoverse o uso do transporte público e de medios alternativos non contaminantes, claro que se o propio concelleiro responsable da área, Pablo Cal, recoñece “non ter nin idea de transportes” cabe na pura lóxica deste goberno que non estea contemplado. Será motivo de  alegacións por parte de Esquerda Unida.

Ferrol, 2 de agosto de 2014
--
Esquerda Unida de Ferrol
R/ do Sol 124 Entrechán Esquerda
981944035

www.euferrol.org
https://www.facebook.com/esquerdaunida.ferrol
https://twitter.com/EUFerrol
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html

Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
2 de agosto de 2014 11:35

Achégase nota de prensa sobre o Pepri de Ferrol Vello, ao que esta organización fará alegacións na procura dunha reordenación do espazo público máis ambiciosa e sostible. Un saúdo. Secretaría de comunicación.

___________________

De fondo Reganosa - Dous accidentes moi graves tiveron lugar onte: unha explosión nos gaseodutos dunha planta de gas de Taiwán e outra explosión en Córdoba (Arxentina) nos gaseodutos dunha central de produción electrica - Vídeo

Ás poucas horas da entrada do buque gaseiro LNG Port Harcourt, na Ría de Ferrol, cargado de gas natural licuado (GNL/LNG), para Reganosa, produciron-se dous accidentes moi graves en dous extremos do mundo: unha explosión nos gasodutos dunha planta de gas en Taiwán e outra explosión en Córdoba (Arxentina) nos gasodutos dunha central de produción eléctrica.

Persoas mortas e feridas, miles de desprazadas, destrución e inseguridade. Os accidentes producen-se. Están-nos avisando que a Planta de Gas, que coa complicidade de autoridades e partidos políticos sistémicos, instalouse en Mugardos, no corazón da nosa Ría, nunca se debeu construír aí. Só a corrupción, a cobiza, os salarios do silencio e os espurios intereses económicos, permitiron semellante despropósito.

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, leva desde 1999, loitando contra a impunidade de Reganosa en todos os campos: no xurídico-administrativo, na concienciación da cidadanía, na mobilización, denuncia e protesta, ... e a Loita Continua ... Lembrar que hoxe mesmo (Sábado 2 de Agosto), está convocada unha nova Concentración Sonora, ás 8 da Tarde no Peirao de Curuxeiras, no Porto, barrio de Ferrol Vello, non faltes, participa na loita contra a impunidade, a corrupción e en defensa da Ría, na defensa da nosa seguridade e da vida.


Explosión en planta de gas de Taiwán

Varias explosións por fugas subterráneas de gas sacudiron a segunda cidade máis grande de Taiwán, deixando polo menos 24 mortos e 271 feridos.

A serie de explosións entre a media noite do xoves e a madrugada do venres golpearon un distrito densamente poboado no que varias plantas petroquímicas operan con gasodutos ao longo do sistema de sumidoiros.

Bombeiros chamados ao lugar para investigar unha fuga de gas estaban entre as vítimas cando se desataron as explosións varias horas despois. Polo menos cinco camións vermellos de bombeiros estaban envorcados entre os escombros.

Catro bombeiros figuran entre as 24 vítimas fatais e 271 persoas resultaron feridas, dixo a entidade nacional de bombeiros. A cifra de mortos podería aumentar, pois moitos dos que sufriron as feridas máis graves aínda eran atendidos, dixeron funcionarios.

"Onte á noite cara á media noite, a casa comezou a tremer e pensei que era un enorme terremoto, pero cando abrín a porta vin fume branco por todo o lugar e cheirei gas", dixo Chen Qing-tao, de 38 anos, quen vive a 10 edificios do principal lugar das explosións.

Crese que os incendios foron provocados por unha fuga de propano, un material petroquímico que non está destinado ao uso público, pero a causa e a fonte da fuga non estaban claros de inmediato, dixeron funcionarios.

O primeiro ministro de Taiwán, Jiang Yi-huah, sinalou que polo menos cinco explosións sacudiron as rúas da cidade portuaria de Kaohsiung, de 2,8 millóns de habitantes, no sur occidente da illa.

A canle taiwanés ETTV difundiu imaxes nas que se ven varios incendios mentres fume elévase ao ceo no medio dunha rúa na cidade. Unha motocicleta e outros escombros quedaron diseminados no medio da rúa.

A interrupción da enerxía eléctrica na zona dificultou aos bombeiros á procura de vítimas que puidesen estar sepultadas baixo os escombros.

O alcalde de Kaohsiung, Chen Chu, dixo que varias empresas petroquímicas instalaron gaseoductos en forma paralela á rede de saneamento no distrito de Chian-Chen, onde hai fábricas e edificios de apartamentos.

"A nosa prioridade agora é salvar vidas. Solicitamos aos civís que desaloxen as súas casas si viven preto de gasodutos", declarou Chen á televisora TVBS.

En imaxes tomadas con teléfonos móbiles advírtese o son dunha explosión mentres as chamas alcanzaban polo menos nove metros de altura.

A forza da explosión inicial derribou árbores nas rúas. A TVBS mostrou vehículos envorcados e fiestras crebadas.

O departamento de bombeiros dixo que residentes avisaron sobre unha fuga de gas ao redor das 8:46 da noite e que as explosións comezaron ao redor da media noite, segundo a Axencia Noticias Central.

Publicación: 01.08.2014 Por: Carlos Fredo - Fonte: AP | Foto: Varias explosións sacudiron a segunda cidade máis grande de Taiwán. Foto: AP. | Chamas iluminan a noite tras varios estoupidos en rúas por mor de fugas subterráneas de gas na cidade de Kaohsiung, Taiwán, a primeiras horas do venres 1 de agosto de 2014. Foto: AP. | Fonte: Starmedia


Taiwan gas explosion kills 24, injures 271 por itnnews

Confirman a morte dunha persoa trala explosión en Córdoba

O fiscal de Río Segundo, Cristian Griffi, informou que se trataría dun home duns 50 anos. O estoupido provocou ademais 7 feridos, cortes de abastecemento eléctrico e evacuacións

"Atopáronse restos óseos dunha persoa. Sería un produtor agropecuario da zona, duns 50 anos", informou en conferencia de prensa o fiscal de Río Segundo, Cristian Griffi.

Segundo a prensa local, sería o dono dunha camioneta Toyota Hilux que terminou desintegrada ao costado da Ruta 13, a poucos metros do cráter que provocou a explosión. Era o propietario dun campo en Capela de Sitón e pai de tres fillos, domiciliado en Vila Allende. No momento da explosión, volvía de Oncativo, a onde fora comprar unha correa para unha colleitadora.

"A Policía está facendo un exame exhaustivo dese vehículo. As persoas que ían nos outros autos apareceron", confirmou o intendente Bechis.

O titular de Defensa Civil de Córdoba, Diego Concha, informou que xa se identificou o número de chasis e de motor da camioneta. E aínda que a temperatura superou os 1.000 ºC e desintegrou até o asfalto, anunciou que se atoparon restos dun celular.

"Non quedou nada", sintetizou o irmán do falecido.

'La Voz' identificou á vítima como Daniel Ruiz Luque (h), que encabeza unha empresa familiar que integra o movemento Crea (Asociación Arxentina de Consorcios Rexionais de Experimentación Agrícola). O seu pai, que ten o seu mesmo nome, foi o fundador do Crea Jesús María.


01.08.2014 | Foto: Explosión en planta de gas de Córdoba (foto Twitter @SPFaffen). Imaxe da central de gas en Córdoba (foto La Voz del Interior). Fonte: El Tribuno.
________

venres, agosto 01, 2014

Convocada unha nova concentración ante o anuncio da entrada do LNG 'Port Harcourt', cargado con gas para a ilegal e perigosa Reganosa - No peirao de Curuxeiras este Sábado 2 de Agosto, ás 8 da Tarde


CONCENTRACIÓN SONORA EN FERROL,
 SÁBADO 2 DE AGOSTO, ÁS 8 DA TARDE
NO PEIRAO DE CURUXEIRAS
FERROL VELLO

O vello gaseiro (37 anos de antiguedade) LNG 'Port Harcourt', con bandeira de conveniencia das Bermudas, é un buque de grande porte, de 275m de eslora e 42,07m de manga e de calado 11,80m. Cunha capacidade de 122.000 m³ de GNL. Son miles as toneladas de gas natural licuado, para a ilegal e perigosa Reganosa. Este buque metaneiro ten anunciado a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Sábado 2 de Agosto de 2014. Esta entrada, supón xa a 174, desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca unha acción de protesta e denuncia, consistente nunha Concentración Sonora, o mesmo Sábado ás 8 da Tarde, en Ferrol, no Peirao de Curuxeiras, no Porto, barrio de Ferrol Vello.

Hai máis de dous anos (11 de maio de 2012) que se ditou a Sentenza polo Tribunal Supremo, onde a planta xa foi declarada ilegal, en sentenza inapelábel.


Tras a Sentenza do Tribunal Supremo, que declara ilegal a localización de Reganosa, temos que esixir o fin desta ameaza e deste malgasto de cartos públicos. Temos que esixir o seu peche definitivo.
  • QUE SE CUMPRA A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO XA! 
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  • MÓVETE CONTRA A IMPUNIDADE !!
  • PECHE XA!!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA  !!
10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas?

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE ERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


Información baseada na enviada polo:

Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
30 de julho de 2014 11:12
_______________

xoves, xullo 31, 2014

A Sección Sindical da CNT do Ateneo Ferrolán denuncia irregularidades do goberno municipal

Dende a Sección Sindical da CNT queremos facer públicas as diversas irregularidades que esta a cometer o Concello de Ferrol contra o Ateneo Ferrolán e os seus traballadores e traballadoras.

Logo de ter reducido o espazo dispoñible usado polo Ateneo dende hai máis de 30 anos, despois das obras de rehabilitación de máis de 2 anos, que estivemos traballando dentro do edificio, un proxecto aprobado para albergar a esta entidade, o goberno do PP limita a súa capacidade en favor de outras asociacións “fantasma” ideoloxicamente mais afíns ó goberno municipal.

Tras dous anos de obras de rehabilitación, o edificio histórico cedido á entidade, tivo que volver a soportar máis obras a maiores para facer espazos pechados e acomodar así dentro do edificio aos seus amigos “fantasma” sen solucionar nen ter en conta que o edificio, como xa denunciamos en reiteradas ocasións, presenta grandes deficiencias de obra e de materiais utilizados na súa rehabilitación: segue a entrar a auga polo tellado, ventás que non pechan, portas rotas, wateres rotos e atascados, paredes cheas de humidade, o chan coa calefacción radiante cheo de filtracións de auga, chove dentro dos aseos .....

Escoitamos e lemos, con estupor, nos medios de comunicación cómo se legalizan edificios públicos, ata o momento de uso ilegal e concédense “licencias exprés” para empresas hosteleras que nin pagan impostos nin de consumo de auga e de electricidade dentro destos edificios supostamente para usos culturais, firmas de convenios e subvencións con asociacións que nada aportan á cidade, tan solo por “amiguismo”.

Dende a Sección Sindical da CNT no Ateneo, denunciamos as diferentes varas de medir que ten o grupo de goberno do PP no Concello de Ferrol para con esta entidade e o importantísimo patrimonio almacenado por orden do Concello dende hai máis de 3 anos nunha empresa de mudanzas. O Concello de Ferrol non pode buscar evadir a súa responsabilidade nunhas actuacións, traslado e almacenamento do patrimonio do Ateneo, que se realizaron como consecuencia dunhas obras contratadas pola devandita administración.

Dende a Sección Sindical da CNT no Ateneo queremos salientar a labor desta nova Xunta Directiva que hai escasamente 6 meses asumiron a xestión desta entidade e que, non sin atrancos, foron capaces de poñerse ao día no pago da Seguridade Social, Facenda e acadaron un acordo con nós os traballadores polas débedas contraídas polo anterior equipo de Ramón Veloso. O Ateneo Ferrolán é unha entidade de carácter cultural, cun modelo de xestión económica que ocasiona un custo mínimo ó Concello, xa que hai anos que non recibe ningún tipo de axuda ou subvención.

Non é admisible xogar de xeito interesado cun patrimonio de enorme valor para o conxunto da cidadanía e que presenta, como corresponde á súa natureza, un enorme risco de sufrir deterioracións que poden resultar en moitos casos irreversibles. O goberno de Rey Varela trata de presentar de portas fóra un compromiso con determinados valores, mesmo di apoiar actuacións encamiñadas a converter a nosa cidade en Patrimonio da Humanidade, pero o certo é que movido por resentimentos partidistas non dubida en comprometer un conxunto patrimonial, Biblioteca-Hemeroteca única en Ferrolterra, que mereceu múltiples recoñecementos a nivel internacional e que se ve sometido por problemas de conservación, cuestión que evidentemente se agrava tras un período tan prolongado de almacenamento dentro duns contenedores nun polígono industrial.

A CNT sinala como culpable da situación á persecución política que dende o goberno do PP se vén sometendo a unha entidade incómoda como é o Ateneo

Dende a CNT, comunicamos que calquera tipo de medida ou iniciativa que supoña un prexuízo aos intereses dos traballadores e traballadoras do Ateneo, atoparán unha resposta decidida por parte deste sindicato.

Sección Sindical da C.N.T. no Ateneo Ferrolán

http://www.cntgaliza.org/
_______________

Auga, saneamento, abastecemento, taxas, ... entrevista a Alexandre Carrodeguas membro da Iniciativa cidadá pola xestión pública e social do ciclo da auga e do saneamento en Ferrol e da Comisión Social de Seguimento ... - Vídeo


Entrevista a Alexandre Carrodeguas membro da 'Iniciativa cidadá pola xestión pública e social do ciclo da auga e do saneamento en Ferrol' e da 'Comisión Social de Seguimento do proxecto e obras de saneamento da marxe norte da Ría de Ferrol'.

O pasado 29 de Xullo, o programa Espazo Aberto da TV local 'Televisión Ferrol', dirixido por Fernando Rodríguez, entrevistaba ao compañeiro Alexandre Carrodeguas, perante 20 minutos sobre o saneamento e o abastecemento de auga en Ferrolterra.


http://youtu.be/FKs94VRy1zU?list=UUCpDj5w-nOj3zBL4RzWlt5Q
---
Sitio na rede da Iniciativa cidadá pola xestión pública e social do ciclo da auga e do saneamento en Ferrol:
http://augaesaneamentodeferrol.blogspot.com.es/

[*] Alexandre Carrodeguas, activista social de Ferrol Terra, promotor de plataformas cidadáns en defensa do patrimonio urbanístico e cultural; defensor dos espazos públicos e da rehabilitación dos cascos históricos; membro de Verdegaia e do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.
__________

Concentración en Ferrol como en toda Galiza, de repulsa polo asasinato por violencia machista de Sara Fernández Camiña - Praza do Concello, ás 8 da Tarde, deste xoves 31 de Xullo


CONCENTRACIÓN DA MMM POR ASESINATO MACHISTA

A COORDENADORA COMARCAL DE FERROLTERRA DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES CONVOCA: CONCENTRACIÓN EN FERROL, ESTE XOVES 31 DE XULLO, DE REPULSA POLO ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA DE SARA FERNÁNDEZ CAMIÑA EN PAZOS DE BORBÉN.

Sara foi asasinada este mércores. Con ela sumamos outra muller máis na Galiza no que vai de ano, vítima da violencia machista que paga coa súa vida a discriminación e a desigualdade que padecemos todas.

Que a indignación de toda a sociedade saia á rua para rexeitar o cruel asasinato de Sara e denunciar a violencia machista padecida polas mulleres e exercida contra elas polo feito de selo..

O XOVES DÍA 31 ÁS 20H. NA PRAZA DIANTE DO CONCELLO DE FERROL

"As mulleres decidimos"
Coordenadora Local da Marcha Mundial das Mulleres
www.feminismo.info
nacional@feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
twitter.com/MMMGaliza

Que é a Marcha ?
A Marcha Mundial das Mulleres é un movimento mundial de accións feministas que reúne grupos de mulleres e organizacións que actúan para eliminar as causas que orixinan a pobreza e a violencia contra as mulleres. Loitamos contra todas as formas de desigualdade e de discriminación sufridas polas mulleres. Os nosos valores e as nosas accións orientanse cara un cambio político, económico e social. Os mesmos que se articulan aoredor da mundialización das solidaridades, a igualdade entre mulleres, entre mulleres e homes, e entre os pobos, o respecto e a valoración do liderazgo das mulleres e o fortalecimento das alianzas entre mulleres e cos outros movimentos sociais progresistas.

Web internacional:
http://www.marchamundialdelasmujeres.org/

Enviado por:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
30 de julho de 2014 14:30

_______________

mércores, xullo 30, 2014

O movimento veciñal rexeitar a proposta de modificación do convenio que regula o transporte público metropolitano da comarcal de Ferrol e convoca mobilizacións


Nos locais da Asociación Veciñal de Ferrol Vello, no Porto de Ferrol, nova sede temporal da Federación de Asociacións Veciñais de Ferrol 'Roi Xordo', onte 29 de xullo de 2014, reuníronse partidos, sindicatos e asociacións, para abordar o novo plano de reestruturación das liñas de autobuses urbanos que se pretende implantar en Ferrol que tamén afecta aos concellos de Narón e Neda (concellos que xa anunciaron o seu desacordo co mesmo), plano que reduce considerabelmente os servizos de autobuses que na actualidade se lle prestan á cidadanía.

Á xuntanza achegaron-se representantes da AVV Caranza, AVV Zona Centro, AVV Ferrol Vello (federada e con representacio propia), AVV A Graña (federada e con representación propia), AVV de Esteiro (federada e con representación propia), AVV Canido (federada e con representación propia), Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO, grupo municipal do PSde G - PSOE, PODEMOS, BNG, Esquerda Unida e Espazo Ecosocialista Galego.

As entidades participantes na xuntanza acordaron:
  • Rexeitar a proposta de modificación do convenio que regula o transporte público metropolitano da comarcal de Ferrol así como os acordos acadados entre a Xunta de Galicia e a empresa Tranvías de Ferrol, concesionaria do servizo.
  • Denunciar a actitude  pasiva do goberno municipal de Ferrol así como a falta de información e o escurantismo do conxunto do proceso chamado de "reestruturación" e que non é outra cousa que un pacto entre empresa concesionaria e administración para asegurar unha progresión na rendibilidade da empresa a costa de cargar  sobre  as usuarias a viabilidade da concesión do servizo.
  • Reiterar a defensa dun transporte terrestre metropolitano como servizo público e rexeitar a posibilidade de introducir categorías alleas a unha concepción da rendibilidade social como criterio reitor a efectos de xestión do público: o goberno municipal de Ferrol debe defender o transporte metropolitano como servizo á cidadanía e, en ningún caso, debe subsumirse esta defensa a intereses empresariais. O transporte de Ferrolterra é una concesión e está suxeita a unhas condicións fóra do interese mercantil.
  • Instar ao goberno municipal a proceder a presentar alegacións á modificación do convenio  que regula a xestión do transporte metropolitano e, especificamente, esixir a anulación dos acordos que reducen as liñas que xestiona Tranvías de Ferrol SA a unha mera concesión de interese empresarial.
  • Intervir no pleno municipal do día 31 do presente actuando como voceira a presidenta da Federación Veciñal Maite Fernández.
  • Participar  e apoiar a mobilización convocada polo movemento asociativo de Narón o xoves 31 ás 20:00 h diante da praza do Concello de Narón na procura da máxima unidade de acción do movemento veciña e asociativo da comarca, extensible á zona rural de Ferrol e asociacionismo veciñal da Ría.
  • Convocar á cidadanía da Comarca a unha xornada de defensa do transporte público metropolitano a desenvolver a mañá do venres 1 de agosto ás 12:30hs e na rotonda do Diapasón como acto en defensa do transporte público en Ferrolterra.
Federación de Asociacións Veciñais de Ferrol 'Roi Xordo'.

Foto de Nemigo (creativecommons).

Enlace relacionado:

Ártabra 21: Autoconvocatoria de Asemblea Cidadá ante a proposta de restruturación de liñas e frecuencias da rede de transporte público de Tranvías de Ferrol

Información baseada na enviada por:
Federación Veciñal 'Roi Xordo'
-roixordo@galicia.com-
29 de julho de 2014 23:14

_________________