luns, febreiro 25, 2008

Escrito ao Fiscal Xefe do TSXG Fiscalia de Medio Ambiente

SR. FISCAL XEFE DO TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALIZA – FISCALÍA DE MEDIO AMBIENTE

As entidades Fusquenlla, ADEGA-Trasancos, Sociedade Galega de Historia Natural-Ferrol e Verdegaia notifican a situación na que actualmente se atopa o proceso de enchido con auga do oco da mina de As Pontes, que foi obxecto de alegacións e recurso por parte da SGHN-Ferrol, ademais da presentación dunha queixa, actualmente en trámite, diante do Comisario de Medio Ambiente da Unión Europea. Conxuntamente coas demais entidades notificantes fixéronse sendas solicitudes de investigacións á Consellería de Medio Ambiente, dado que os estudos feitos ata o momento correron a cargo da empresa ENDESA. Por parte da Consellería de Medio Ambiente non houbo contestación.

ANTECEDENTES:

1. Na localidade de As Pontes (A Coruña), un xacemento de lignito pardo nas últimas décadas foi obxecto de explotación mineira a ceo aberto co obxectivo de subministrar combustivel á central térmica ubicada nas súas inmediacións. Como consecuencia deste proceso orixinouse un descomunal oco que, no momento actual, cómpre xestionar co obxecto de recuperalo ambientalmente.

A opción proxectada pola empresa ENDESA GENERACIÓN S.A. consiste en rechear ese oco con auga procedente, na súa case totalidade, do río Eume, que descorre preto do lugar. Para tal fin presentou no seu día un proxecto ao que a SGHN – Ferrol alegou debido a que nel non se declaraba o caudal ecolóxico do río Eume, dato fundamental para entrar a valorar os impactos que as detraccións de auga van supor para o río e os sistemas ambientais a el asociados.

Solventado este punto con datos proporcionados pola propia empresa, elabórase un novo proxecto, tamén baseado en encher o oco con auga, e preséntase para a súa aprobación. De novo a SGHN – Ferrol alega e recibe resposta negativa ás súas alegacións. O proxecto é aprobado e o recheo é autorizado nos termos en que foi redactado.

A continuación, a SGHN – Ferrol presentou recurso de alzada diante da Consellería de Medio Ambiente, recurso que non foi respostado en ningún momento. As sucesivas tentativas de acadar unha entrevista co conselleiro de Medio Ambiente tampouco foron atendidas, malia ter transcorrido xa case tres anos dende ese momento. Na actualidade, a poucos meses do fin das actividades mineiras, vaise achegando o comezo do recheo coa auga detraída do Eume, e aumenta a urxencia de dar solución axeitada ao problema. Por estes motivos, e debido ás grandes ameazas que, ao noso xuizo, xenera a execución do proxecto, demandamos unha solución axustada á maior garantía ambiental para a zona afectada pola explotación mineira.

2. Aínda que a actuación descrita no proxecto contempla, basicamente, os procesos de enchido e xestión do lago que se pretende crear, cremos necesario establecer o escenario, coa fin de poder valorar axeitadamente a situación ambiental do espazo físico antes, durante e despois da actuación.

Neste senso, cómpre sinalar que a área afectada pola actividade mineira e industrial conta cunha superficie de 3.200 Ha, das que 700 corresponden á mina e 1.400 á escombreira. Isto ten provocado un impacto social e natural infravalorado, a desaparición de case 60 núcleos de poboación rural, a desestruturación dun territorio, un extremo e vertixinoso condicionamento das posiveis formas de desenvolvemento dun territorio tan radical e irreversivelmente transformado, a desaparición repentina dun modo de vida integrado na cultura do rural, o que significou a perda de identidade das persoas que sufriron a expropiación.

Na zona da explotación produciuse a destrución absoluta, non só dos elementos bióticos, senón tamén do sustrato que os mantiña. Parte dos cursos superficiais de auga foron destruídos, outros desapareceron parcialmente e/ou sufriron perda da calidade das súas augas como resultado das actividades mineiras e industriais. As consecuencias paisaxísticas foron tremendas e doadas de apreciar.

A este panorama hai que engadir que as actividades mineiro-industrais das Pontes, coas desmesuradas necesidades de auga para abastecer o seu complexo, xustificaron tamén a construción do Encoro da Ribeira, coa conseguinte desaparición, por asolagamento, dunha extensa superficie de bosques e matogueiras de alto valor ecolóxico. Tampouco se pode esquecer a problemática que orixina a mesta rede de tendidos eléctricos, orixe de talas de arborado, colisión e electrocución de avifauna e riscos de danos graves á saúde das persoas pola exposición continuada ás ondas electromagnéticas. Por outra banda, os transformadores da rede eléctrica presentan a posibilidade de producir contaminación por fugas de sustancias tóxicas.

No apartado de verquidos, cómpre salientar que a Central Térmica empregou o río Eume para desfacerse das augas resultantes das súas actividades, moi ácidas e con sólidos en suspensión. As medidas paliativas destas agresións non se tomaron ata 1983, ano en que se comezou a tratar as augas residuais con cal, e 1991, ano de construción da Planta de Tratamento de Efluentes Líquidos.

Respecto das emisións de vapor, produce alteracións no microclima local, aumentando a humidade atmosférica e a temperatura, favorecendo o ataque de fungos patóxenos a cultivos e arborado. En relación coa choiva ácida, asociada ás emisións de SO2 e de NOx, provoca danos nos cultivos e na vexetación, corrosión nos materiais, acidificación dos solos e máis da auga. Tamén son importantes as emisións de mercurio á atmosfera, con graves consecuencias para o ambiente e a saúde das persoas.

Todo este escenario xustifica, e en gran maneira, a necesidade de acometer un ambicioso plan de actuacións que restitúan ao territorio un valor natural equiparavel ao que posuía antes de comezar as alteracións, recuperando no posivel as condicións previas. A xustificación e coidado á hora de estavelecer estas medidas está dobremente motivado se temos en conta que durante décadas este espazo transformouse no soporte de actividades mineiro-industrais con graves efectos sobre o medio ambiente. No momento en que a minaría vai deixar de ser unha actividade a desenvolver neste contorno, cómpre considerar detidamente as distintas opcións, pois novamente se está a decidir sobre o futuro de As Pontes para un período de décadas.

Tampouco hai que perder de vista a situación actual, nun mundo no que a sostibilidade das actuacións que se emprendan é peza fundamental no deseño dos proxectos, pois ningunha das decisións que se tomen pode deixar de considerar seriamente os efectos ambientais. Neste contexto cobra singular valor o papel que está chamada a xogar a auga, ben escaso e de consideravel valor, recurso estratéxico máis importante canto máis avance o século.

No proxecto que estamos estudando contemplamos dúas realidades contrapostas, un oco desmesurado, froito dos esforzos humanos, e un volume consideravel de auga (superficial e en acuíferos, tan importantes que xa a Unión Europea estaos inventariando e planificando a protección), creado, non por azar, e inserto nun complicado e delicado ciclo natural. Pois ben, estamos a piques de, en aras de resolver un problema (o noso problema), crear algún máis, para que quizáis dentro de anos haxa que reprantexar a cuestión, analizar e identificar os problemas e buscar novas solucións. A necesidade de rechear un oco só pode xustificar o emprego de auga como material de recheo se a calidade desa auga non sofre merma e o medio do que se detrae pode, realmente, soportar esa detracción.

Xa entrando na análise do proxecto presentado, causa sorpresa que, aínda que o expediente recoñece o consideravel valor ecolóxico do espazo no que se vai realizar a actuación (Parque Natural das Fragas do Eume, LIC Serra do Xistral, LIC Xuvia–Castro-Forgoselo, Encoro da Ribeira, Encoro do Eume, Val Inferior do Eume), ao irense desenvolvendo as distintas partes das actuacións, apréciase unha marcada preponderancia dos intereses produtivistas (pesca deportiva, actividades deportivas acuáticas, turismo, praia fluvial, campo de golf, …) sobre os ambientalistas.

Por outra banda, dadas as características do proxecto presentado (acidez e toxicidade das augas, detracción de caudais da cunca do Eume, alteracións climáticas, infiltracións nos acuíferos e desestabilización do macizo, …), as medidas a adoptar deben ser estritas en canto á conservación e seguridade, para evitar que por imprevistos, omisión ou erros se produza un desencadeamento de prexuizos que case sempre terían a consideración de graves ou moi graves, aínda máis se temos en conta os valores ecolóxicos da zona.

CONSIDERACIÓNS RESPECTO DO DOCUMENTO “RESOLUCIÓN DE DATA 11 DE AGOSTO DE 2005 DO PRESIDENTE DO ORGANISMO AUTÓNOMO AUGAS DE GALICIA RELATIVA AO ANTEPROXECTO DE REFERENCIA”:

a) Segundo figura no apartado de Antecedentes deste documento, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, a Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellería de Innovación, Industria e Comercio informaron favorablemente un proxecto que recibiron e analizaron cando estaba incompleto, xa que, segundo consta no punto 16 do apartado de Antecedentes, o documento “Taludes de la mina de As Pontes. Evaluación de la estabilidad final y durante el llenado con agua” foi presentado con data 21/12/2004, posterior ás datas nas que os organismos informantes recibiron o expediente. Tendo en conta que ese documento resulta imprescindible para poder avaliar a viabilidade do proxecto, non é aceptable un pronunciamento favorable sen o seu estudo completo.

b) En relación á inestabilidade dos taludes e, en xeral, de toda a estrutura, a propia Resolución que estamos a comentar recoñece a necesidade de controlar de forma exhaustiva durante o enchido e na situación posterior as presións intersticiais, para comprobar que se axustan ás presións realizadas no estudo e non se induza ningún tipo de inestabilidades nos taludes. Tamén se recoñece a necesidade de controlar os movementos que se poidan producir nestes durante o enchido e na situación final ata a estabilización das presións intersticiais, con especial atención aos taludes onde se prevexan menores coeficientes de seguridade.

Consideramos que sen ter o 100% de seguridade non se pode levar a cabo esta obra, polos perigos que acarrexa. Hai que ter en conta que, unha vez comezado o enchido, a situación faise irreversible e, no caso que nos ocupa de estabilidade dos taludes, os problemas comezarían non nos primeiros momentos do recheo, senón na metade do proceso, xa que nos niveis máis profundos a maior estabilidade do macizo asegura un resultado favorable. Os problemas aparecerían en cotas máis altas.

CONSIDERACIÓNS RESPECTO DO DOCUMENTO “LLENADO DEL HUECO FINAL DE LA MINA DE AS PONTES - INFORME HIDROGEOLÓGICO”:

Do libro “Mapa Geocientífico del Medio Natural – Provincia de A Coruña, E: 1/100.000”, publicado en 1984 pola Dirección de Aguas Subterráneas del IGME (Instituto Geológico y Minero de España), extráense as seguintes conclusións:
  • A zona na que se ubica a Mina das Pontes está enclavada en Depósitos Cuaternarios (predominio de QE Eluvial e presencia de QAl Aluvial).

  • En canto ás Condicións construtivas, a zona na que se ubica a Mina das Pontes está incluída dentro da Formacións permeables – Zonas desfavorables ao verquido.

  • No Mapa de Interpretación Xeotécnica – Condicións Construtivas, a zona na que se ubica a Mina das Pontes está marcada con fondo azul, que sinala Maiores restricións xeolóxicas á construción.
Dos datos acadados, e contradicindo o exposto en diversas partes do proxecto, extráense varias conclusións:
  • Permeabilidade dos materiais, e, polo tanto, perigo de contaminación dos acuíferos circundantes.

  • Inestabilidade dos taludes, e en xeral de toda a estrutura.

  • Materiais xeolóxicos pouco axeitados para a actuación proxectada.
Abundando máis no tema anterior, compre salientar que na páxina 75 do documento de Estudio de Impacto Ambiental que acompaña o proxecto, consta textualmente, nos seus parágrafos e o seguinte (suliñamos as frases que nos parecen máis significativas) :

Como consecuencia, se observa una serie de fenómenos exógenos de cierta importancia constructiva, al aparecer abundantes áreas con deslizamientos activos o en potencia, sobre todo en zonas de elevada altitud a lo largo de planos de pizarrosidad, así como potentes depósitos de materiales arcillosos procedentes de la alteración química, de potencia variable y una cierta inestabilidad puntual, o de lajas y bloques paralelepípedos de alteración mecánica, muy inestable y que tapizan muchas laderas. En el entorno de la zona de estudio la morfología sigue siendo muy acusada, dándose las mayores irregularidades sobre los montes de Caxado, al Norte de la zona de estudio, lo que condiciona la aparición de abundantes deslizamientos a lo largo de los planos de tectonización, bien al efectuarse el descalce en su base, bien al cargarlas a favor de dichos planos y de las pendientes topográficas.

Esta área se caracteriza por una alta capacidad de carga y por la existencia de asientos que, si aparecen serán de magnitud nula o muy reducida. Los problemas que pueden aparecer y que reducirán la capacidad de carga y aumentar la magnitud de los asentamientos estarán relacionados con zonas de alteración (arcillosas y saturadas) o con posibles deslizamientos de lajas al eliminar su base o cargarlos en la misma dirección que los planos de esquistosidad y a favor de las pendientes naturales, o desmoronamientos y caída de terenos sueltos y bloques”.

En todos estes parágrafos evidénciase a incerteza na que se basean os cálculos obtidos, tendéndose a analizar a situación dende o punto de vista do estado actual do vaso, pero sen facer un prognóstico que teña en conta as características futuras, no momento en que o vaso estea enchido con auga e os sistemas de drenaxe hoxe existentes deixen de actuar.

Deberían entón concentrarse en analizar interrogantes tan fundamentais coma estes:
  1. Resposta do sistema ante as presións causadas pola masa de auga.

  2. Unha vez recuperada e posta en marcha a circulación natural das augas, hoxe freada polo sistema de drenaxe, prever a maneira en que vai actuar todo este complexo xeolóxico nas condicións de extrema inestabilidade na que actualmente se atopa.
Semella evidente que nesas circunstancias o desmoronamento dos taludes será seguro, debido ao elevado risco de fracturación. A análise de experiencias similares avalan estes temores.

No propio Estudo de Impacto Ambiental (páxina 5) advírtese da necesidade de asegurarse de evitar estes riscos:

“O Proxecto debe evitar ou mitigar todos os inconvintes derivados do descontrol dos aportes, con procesos de erosión das ladeiras por escorrentías superficiais, deslizamentos das pizarras do borde da formación e outros procesos de inestabilidade xeomorfolóxica que, xunto á pésima calidade das augas de mina, poideran xerar unha situación ambiental negativa, crítica e irreversible; se esta situación chegase a producirse sería permanente no tempo a escala humana, e sería unha fonte de deterioro para a Cunca do Río Eume”.

Na mesma liña de significar a inestabilidade e permeabilidade da zona na que se vai realizar a actuación, e basándonos na lectura do texto do propio documento “LLENADO DEL HUECO FINAL DE LA MINA DE AS PONTES - INFORME HIDROGEOLÓGICO”, podemos entresacar textualmente frases que argumentan a favor das nosas alegacións (o suliñado dalgunhas partes é noso) :

Parágrafo da páxina 16: “En la actualidad, la auscultación de los distintos sistemas está motivada por la necesidad de determinar con la mayor precisión posible las presiones intersticiales presentes en la base del macizo, ya que dicha zona es potencialmene débil ante las solicitaciones producidas por la excavación”.

Parágrafo da páxina 17: “El complejo comportamiento hidrogeológico de las rocas metamórficas en general dificulta la evaluación de características tales como: la infiltración eficaz, la profundidad de la franja fracturada y/o meteorizada, el volumen de huecos intercomunicados, las reservas hídricas, etc”.

Parágrafo da páxina 17: “El flujo de agua en estos casos se produce a través de fisuras, fracturas y fallas, y es difícil de estimar sus características hidráulicas; como consecuencia del desconocimiento de la interconexión entre las distintas discontinuidades y la naturaleza y características de sus rellenos”.

Parágrafo da páxina 17: “En el caso que se presenta en la Mina de As Pontes, el reducido espesor de recubrimiento y la intensa tectonización permiten definir una banda de entre 80 m y 100 m de profundidad de fracturación superficial, consecuencia de la descompresión superficial producida por el avance de la explotación”.

Parágrafo da páxina 19: “ACUÍFERO PALEOZOICO LIBRE: Comprende los materiales paleozoicos aflorantes en los bordes de la cuenca. La circulación del agua se produce preferentemente a través de fracturas abiertas a causa de la distensión por motivos tectónicos, la descompresión producida por la excavación y por la reactivación de las fallas situadas en la zona del cabalgamiento”.

Parágrafo da páxina 20: “Debido a la complejidad geológica del borde Norte de la cuenca (presencia de cabalgamientos, fallas directas e inversas, diques de cuarzo e intercalaciones de milonitas) se presentan, dentro de estos subsistemas, multitud de barreras hidráulicas que complican enormemente su estudio”.

Parágrafo da páxina 26: “La permeabilidad y porosidad del sistema hidrogeológico de la Escombrera Interior no pueden deducirse de datos analíticos de muestras y es necesario repasar la experiencia previa adquirida durante la construcción, rehabilitación y mantenimiento de la Escombrera exterior”.

As condicións hidrolóxicas que presentan as dúas escombreiras son totalmente diferentes, o que non permite facer un balance axeitado da comparación entre elas.

Parágrafo da páxina 27: “En las pizarras existentes se pueden considerar acuíferos en los que la circulación se produce preferentemente a través de fracturas abiertas a causa de la distensión por motivos tectónicos, la descompresión producida por la excavación y por la reactivación de las fallas situadas en la zona del cabalgamiento”.

Da lectura destas notas pódese deducir a indefinición e a falta de previsión que conleva o proxecto, e que reviste maior gravidade toda vez que quen o propón ten coñecemento dos riscos a que se somete, pasando por alto o cumprimento do Real Decreto 116/1984:

Artigo 2.2.

Impacto ambiental. - El titular de la explotación presentará un estudio del impacto ambiental de la actividad sobre los recursos naturales de la zona y el medio en general, evaluándose los efectos transitorios y definitivos, con el fin de planificar la restauración y protección ambiental necesaria.

No proxecto non se avalían os efectos definitivos.

CONSIDERACIÓNS RESPECTO DO DOCUMENTO “PRONÓSTICO SOBRE LA CALIDAD DE AGUA DEL LAGO FINAL DE AS PONTES DURANTE LA FASE DE LLENADO:

Consideramos que, según consta na páxina 49 do documento “Pronóstico sobre la calidad del agua del lago final de As Pontes durante la fase de llenado”:

Las aguas naturales, no afectadas por la minería están caracterizadas por una mineralización muy baja y una capacidad neutralizante comparativamente exigua. Los cálculos correspondientes al apartado b.) que incluyen una “maximalización” de los caudales de llenado aprovechables del río Eume (>2,5 metros cúbicos por segundo), revelan claramente que incluso grandes caudales de aporte, no realistas, no controbuyen a un apreciable incremento del pH”.

Con respecto das augas do río Maciñeira, do Canal Norte-Illade e do río Peleteiro, parte das augas que van quedar como aporte do lago cando xa non se detraia máis auga do río Eume, na páxina 39 do documento antes citado indícase:

Llama la atención la extremadamente escasa capacidad neutralizante (efecto tampón) de todas estas mencionadas aguas, lo cual es atribuíble a las circustancias geológicas del lugar (rocas ricas en silicatos)”.

En relación coa evolución das concentracións de sulfatos, no mesmo estudo, páxinas 65 e 66, indícase que no período de enchido esas concentracións baixan, pero:

Después se vuelca la tendencia decreciente y las concentraciones vuelven a subir una vez finalizado el proceso de llenado.

Esta evolución podría deberse a los menores aportes de entrada de aguas pobres en sulfatos y con ello a la ausencia del efecto de dilución...

...a la finalización del llenado, entonces los aportes de las aguas de la escombrera exterior y de los taludes residuales de mina, especialmente caraterizados por elevadas cargas de sulfatos, se hacen dominantes.

Con respecto das medidas correctoras tomadas para neutralizar a calidade das augas do lago dise na páxina 66 do mesmo documento:

Debido a los aportes continuos de ácido y cargas de los taludes y de las subcuencas de aportación colindantes afectadas por la minería, una neutralización única de esta índole no sería duradera. Para asegurar su eficacia se deberá llevar a cabo una neutralización posterior en intervalos progresivos de tiempo...”

Estas referencias parecen indicar que o proceso de aumento do pH cesará pouco despois de que se deteñan os aportes de auga do Eume e o proceso se invertirá a favor da acidificación do medio e do aumento de concentración de sulfatos, ferro e manganeso. Polo tanto, ao finalizar o proceso non se acadará o equilibrio desexado, nestas condicións é imposible que se manteña en condicións viables o ecosistema por medio de continuadas enmendas correctoras.

Por outra parte, os desequilibrios que esta situación pode acarrear non se contemplan nin siquera como hipótese de traballo e investigación. Os resultados negativos sobre as augas do río Eume, unha vez tratadas na pranta TEL fainos dubidar da eficacia dos sistemas depurativos existentes.

Dos datos anteriormente expostos sacamos de conclusión que non é posible conseguir a neutralización das augas e a aparición de metais pesados. Co que non se podería levar adiante as prescripcións da Directiva 2000/CE, de Política de Augas :

1. Prólogo, punto 11/:

Tal como se establece en el artículo 174 del Tratado, la política de la Comunidad en el ámbito del medio ambiente debe contribuir a alcanzar los siguientes objetivos: la conservación, la protección y la mejora de la calidad del medio ambiente, y la utilización prudente y racional de los recursos naturales; asimismo, debe basarse en el principio de cautela y en los principios de acción preventiva, de corrección de los atentados al medio ambiente preferentemente en la fuente misma, y de quien contamina paga.”

2. Artigo 1. Obxecto: apartados b, d/:

El objeto de la presente Directiva es establecer un marco para la protección de las aguas superficiales continentales, las aguas de transición, las aguas costeras y las aguas subterráneas que:

b) promueva un uso sostenible del agua basado en la protección a largo plazo de los recursos hídricos disponibles;

d) garantice la reducción progresiva de la contaminación del agua subterránea y evite nuevas contaminaciones

3. Artigo 4. Obxectivos medioambientais: apartado 1.a) (i.i.i.).:

Al poner en práctica los programas de medidas especificados en los planes hidrológicos de cuenca:

a) para las aguas superficiales

(iii) los Estados miembros protegerán y mejorarán todas las masas de agua artificiales y muy modificadas, con objeto de lograr un buen potencial ecológico y un buen estado químico de las aguas superficiales a más tardar quince años después de la entrada en vigor de la presente Directiva, de conformidad con lo dispuesto en el anexo V, sin perjuicio de la aplicación de las prórrogas establecidas de conformidad con el apartado 4 y de la aplicación de los apartados 5, 6 y 7 y no obstante lo dispuesto en el apartado 8.

4. Artigo 4. Obxectivos medioambientais: apartados b) (i) e (ii):

b) para las aguas subterráneas

(i) los Estados miembros habrán de aplicar las medidas necesarias para evitar o limitar la entrada de contaminantes en las aguas subterráneas y evitar el deterioro del estado de todas las masas de agua subterránea, sin perjuicio de los apartados 6 y 7 y no obstante lo dispuesto en el apartado 8, y sin perjuicio de la letra j) del apartado 3 del artículo 11;

(ii) los Estados miembros habrán de proteger, mejorar y regenerar todas las masas de agua subterránea y garantizarán un equilibrio entre la extracción y la alimentación de dichas aguas con objeto de alcanzar un buen estado de las aguas subterráneas a más tardar quince años después de la entrada en vigor de la presente Directiva, de conformidad con lo dispuesto en el anexo V, sin perjuicio de la aplicación de las prórrogas determinadas de conformidad con el apartado 4 y de la aplicación de los apartados 5, 6 y 7 y no obstante lo dispuesto en el apartado 8, y sin perjuicio de la letra j) del apartado 3 del artículo 11.

Con respecto destes artigos é preciso remarcar a irreversibilidade do proceso e o posible crecemento exponencial das consecuencias adversas que xeraría: contaminación do Río Eume e dos sistemas a el asociados, contaminación dos acuíferos, imposibilidade de utilizar estas augas para uso humano, etc..


CONSIDERACIÓNS RESPECTO DO DOCUMENTO “EVALUACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL DEL PROCESO DE LLENADO DEL HUECO DE MINA DE AS PONTES:

* A oxidación das piritas (FeS2) provoca unha acidificación das augas, algo especialmente grave no caso das augas da mina, escombreira e subcunca Norte. Ademais, os compostos ferrosos pasan a férrico e estes á súa vez forman hidróxido férrico incrementándose a acidez. Os pHs que se manexan no proxecto son ácidos ou moi ácidos acadando niveis letais para certas especies de vertebrados como peixes e anfibios, polo que non é esperable unha recolonización desta masa de auga por parte destes e outros grupos zoolóxicos (invertebrados).

* Os niveis de Manganeso tras o proceso de enchido da mina mantéñense en niveis practicamente idénticos aos do escenario inicial, incluso aumentando lixeiramente nalgún dos escenarios de enchido propostos, cando no propio proxecto recoñécese que estes niveis poden resultar tóxicos.

* Á hora de valorar a pertinencia de establecer no oco da Mina un recheo a base de auga que, no mellor dos casos, orixinaría (¿ao cabo de canto tempo?) un lago de maior ou menor calidade biolóxica e, según indicios máis pesimistas, unha balsa de augas ácidas e tóxicas de difícil ou case imposible xestión, pódense ter en conta moitas consideracións. É precisamente no documento que estamos a analizar no que atopamos, na páxina 93, algúns aspectos que nos parecen fundamentais e que salientamos a continuación:

… los afloramientos de las pizarras, ricas en sulfuros y que en conjunto, afloran a lo largo de unos 2.500 m de longitud aproximadamente en el borde de la lámina de agua. En estos casos la oxidación de los sulfuros piríticos puede originar suelos puntuales, y sobre todo, disoluciones del suelo, extremadamente ácidas con pH inferior a 3,5 y altas concentraciones de Al, Fe y sulfatos, es decir condiciones propias de suelos sulfato-ácidos con horizontes sulfúricos en condiciones oxidantes”.

Procesos de Alteración y Generación de Acidez.

En relación a la calidad final de las aguas del futuro lago, la zona de actuación presenta un inconveniente principal que deriva de la litología del vaso y de los procesos de alteración mineral y edafogénesis (acidolisis a acidolisis fuerte) que están teniendo lugar. Concretamente, la exposición a la intemperie de algunos minerales sulfurosos (pirita fundamentalmente) variables entre 0 y >3% en las pizarras negras (Monterroso, 1995) que afloran en el extremo NW del hueco de mina, constituye una fuente de acidez para las aguas del futuro lago. Los efectos del proceso de oxidación de las piritas de la acidolisis son patentes por el color rojizo de los óxidos de hierro en los regueros de los taludes y en las canalizaciones que conducen las aguas de lixiviado (fotos 3 y 4) y son descritos a continuación debido al interés que presentan en relación con la calidad final de las aguas del futuro lago”.

Con todas estas eivas non se poderían levar adiante as esixencias lexislativas en materia de residuos e máis a Lei de Augas, que obrigan a unha rexeneración das augas contaminadas, á prevención para non contaminar novas masas de auga, e prohíben expresamente as actividades contaminantes. A este respecto, cómpre citar, da Lei de Augas modificada 29/85:

1. Artigo 84:

Son objetivos de la protección del dominio público hidráulico:

a) Prevenir el deterioro del estado ecológico y la contaminación de las aguas para alcanzar un buen estado general.

b) Establecer programas de control de calidad en cada cuenca hidrográfica.

c) Impedir la acumulación de compuestos tóxicos o peligrosos en el subsuelo capaces de contaminar las aguas subterráneas.

d) Evitar cualquier otra acumulación que pueda ser causa de degradación del dominio público hidráulico.

e) Recuperar los sistemas acuáticos asociados al dominio público hidráulico.

Reglamentariamente se establecerán los niveles de calidad correspondientes a los estados indicados en el apartado a) y los plazos para alcanzarlos.

2. Artigo 89:

Queda prohibida, con carácter general, y sin perjuicio de lo dispuesto en el artículo 92, toda actividad susceptible de provocar la contaminación o degradación del dominio público hidráulico, y, en particular:

a) Acumular residuos sólidos, escombros o sustancias, cualquiera que sea su naturaleza y el lugar en que se depositen, que constituyan o puedan constituir un peligro de contaminación de las aguas o de degradación de su entorno.

b) Efectuar acciones sobre el medio físico o biológico afecto al agua, que constituyan o puedan constituir una degradación del mismo.

c) El ejercicio de actividades dentro de los perímetros de protección, fijados en los Planes Hidrológicos, cuando pudieran constituir un peligro de contaminación o degradación del dominio público hidráulico.

3. Artigo 94:

Cuando el vertido pueda dar lugar a la infiltración o almacenamiento de sustancias susceptibles de contaminar los acuíferos o las aguas subterráneas, sólo podrá autorizarse si el estudio hidrogeológico previo demostrase su inocuidad.”

A existencia da escombreira exterior, de 1.400 Ha de superficie, supón unha fonte continua de contaminación das augas, considerándose no proxecto a de maior repercusión sobre o conxunto das augas, xunto coas augas da mina

Para xustificar a non afección do Río Eume arguméntase, na páxina 292 do Estudo de Impacto Ambiental:

“O tramo entre a mina e o Embalse do Eume foi fortemente afectado nos inicios da explotación mineira (1979-1990) sen que ata hoxe se lograra unha recuperación completa.

Por elo unha afección a esta zona ten un menor impacto e incluso o descenso do caudal permitiría a realización de actuacións de limpeza e acondicionamento do fondo … e a retirada dos lodos con alto contido en manganeso susceptible de ser solubilizado ou suspendido coa conseguinte afección á calidade da auga para usos potables …”

Este parágrafo está cheo de despropósitos: remover os lodos pode dar lugar a unha catástrofe ambiental sen precedentes na zona, hai que ter en conta que o espazo comprendido entre a Central Térmica e o Embalse do Eume está convertido actualmente nunha balsa de lodos con elevadas concentracións de metais pesados de enorme perigosidade.

Por outra banda, déixase constancia dos niveis de caudais que se van rexistrar confirmando os nosos temores de que non se respetarán os caudais ecolóxicos.

A lexislación ambiental é ben clara ao respecto, a Lei 10/98 de Residuos establece no seu artigo 12.1.:

Las operaciones de gestión de residuos se llevarán a cabo sin poner en peligro la salud humana y sin utilizar procedimientos ni métodos que puedan perjudicar al medio ambiente y, en particular, sin crear riesgos para el agua, el aire o el suelo, ni para la fauna o flora, sin provocar incomodidades por el ruido o los olores y sin atentar contra los paisajes y lugares de especial interés.”

O risco que podería supor a remoción destes lodos para a saúde humna e os ecosistemas existentes obrigaría a planificar calquera das medidas que se tomasen ao respecto. Polo que se deduce do que se indica no proxecto, estas actuacións faránse sen a debida planificación e sen a presentación do proxecto específico, tratándose dunha masa de auga tan afectada haberá que programala en prazos que fagan viable calquera proposta, como así o propón a Directiva 2000/CE de Política de augas:

1. Prólogo – 31):

En los casos en que una masa de agua esté tan afectada por la actividad humana o su condición natural sea tal que pueda resultar imposible o desproporcionadamente costoso mejorar su estado, podrán establecerse objetivos medioambientales menos rigurosos con arreglo a criterios adecuados, evidentes y transparentes, debiendo adoptarse todas las medidas viables para evitar el empeoramiento de su estado.

2. Artigo 1. Obxecto a/, b/, d/:

El objeto de la presente Directiva es establecer un marco para la protección de las aguas superficiales continentales, las aguas de transición, las aguas costeras y las aguas subterráneas que:

a) prevenga todo deterioro adicional y proteja y mejore el estado de los ecosistemas acuáticos y, con respecto a sus necesidades de agua, de los ecosistemas terrestres y humedales directamente dependientes de los ecosistemas acuáticos;

b) promueva un uso sostenible del agua basado en la protección a largo plazo de los recursos hídricos disponibles;

d) garantice la reducción progresiva de la contaminación del agua subterránea y evite nuevas contaminaciones.

Co proxecto de rexeneración do oco da mina das Pontes non se cumprirán ningún destes requisitos, pois suporá un deterioro adicional con respecto das condicióbns existentes, podendo causar graves consecuencias, mesmo para a saúde humana. Os efectos serían moi graves no momento da detracción da auga do Eume e tributarios, incluso co perigo de mobilización de metais pesados existentes nos sumidoiros, e ademais serían permanentes no tempo e de consecuencias imprevisibles.

Non hai que esquecer que nos atopamos diante dun espazo natural de altísimo interese medioambiental, por representar un dos poucos sistemas de bosque atlántico existente hoxe en Europa.

Dende hai décadas, e dende diferentes entidades medioambientalistas e distintas personalidades do ámbito universitario vense demandando a restauración dos espazos danados pola actividade de minaría e máis da central térmica na Cunca do Río Eume. Este proxecto daría ao traste coas esixencias de restauración a longo prazo esixibles pola lexislación, agravándose cada vez máis a situación.

No documento de Estudo de Impacto Ambiental conclúese que o proxecto non afecta outras áreas de interese recoñecido (nomeadamente, o tramo do río Eume comprendido entre As Pontes e Pontedeume, no que podemos atopar figuras tan singulares e importantes como unha parte significativa do Parque Natural das Fragas do Eume, o Encoro do Eume, o Val Inferior do Eume e o ecosistema resultante do encontro das augas fluviais coas augas mariñas na ría de Ares). Aínda que se recoñece que o Encoro do Eume vai ver reducidas as súas entradas de forma temporal mentres dure o proceso de enchido, considérase que volverá á situación inicial unha vez colmado o oco da mina.

Só se nos ocorre un comentario e é moi sinxelo, de pura cuestión aritmética: os aproximadamente 470 hm cúbicos de auga que van encher o oco da mina, que dito sexa presenta unhas dimensións certamente considerables, van saír integramente dun río, o Eume, e non lenta e mesuradamente, senón nun período que semella moi curto, tres anos e medio. Auga detraída nun río é auga que non chega a ese río, concebido necesariamente non como corrente de auga que se encamiña ao mar, senón, e esta é a súa riqueza, como sucesión case inesgotable de hábitats, escenarios e refuxio para unha salientable e valiosa diversidade biolóxica, recoñecida pola comunidade científica mundial e as administracións públicas (aí están as diversas figuras de protección: Parque Natural, Lugar de Importancia Comunitaria, etc.). Quitarlle auga a un río (que existe en tanto que a reciba), aínda que se lle “conceda” un 30% en concepto de caudal ecolóxico, poida que non signifique a súa desaparición, máis é, cando menos un impacto serio para o río (e todo o que o acompaña); impacto que comeza no punto no que se realiza a detracción e remata onde remata o río, no mar. En consecuencia, estariase conculcando o apartado 2 do artigo 6 do R.D. 1997/1995, do 7 de decembro, polo que se establecen medidas para contribuir a garantizar a biodiversidade mediante a conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres, entre outra lexislación concordante, dado que, tanto os hábitats naturais como as especies que motivaron a inclusión das Fragas do Eume como Lugar de Interese Comunitario veríanse afectados.

A Lei 9/2001 de Conservación da Natureza de Galiza indica:

Artículo 29.Aprovechamiento y uso de los bienes y recursos incluidos en espacios naturales protegidos.

1. El aprovechamiento y uso de los bienes y recursos incluidos en el ámbito de un espacio natural protegido se realizará de manera que resulte compatible con la conservación de los valores que motivaron su declaración, tal y como se dispone en los instrumentos de planeamiento.”

Artículo 64.Infracciones graves.

Serán infracciones graves:

2) La destrucción o degradación severa del hábitat de especies vulnerables o de interés especial, en especial de los lugares de reproducción, invernada, reposo o alimentación incluidos en los espacios naturales protegidos.

Artículo 66.Circunstancias para la graduación de las sanciones.

1. Serán circunstancias a tener en cuenta para la graduación de las sanciones que puedan imponerse por las distintas clases de infracciones:

a) La existencia de intencionalidad.

b) La naturaleza e irreversibilidad de los perjuicios".

Consideramos que estes tres agravantes interveñen nesta actuación: Intencionalidade, pois coñecéndose as graves repercusións que sobre o medio pode conlevar, as dificultades que entraña levalas a bo fin, sabendo que posiblemente ese fin non sexa acadable polas pésimas condicións que concorren (masa de auga con escaso poder neutralizante, sistema xeolóxico moi inestable e fonte de acidez continua, verticalidade dos taludes, imposibilidade de fixar con vexetación, etc.) preténdese continuar con esta actuación sen outro interese que acadar o maior beneficio económico posible; irreversibilidade: sen que para nada importe a destrución deste medio tan valioso dun xeito irreversible.

Posible escenario no caso de que as previsións non se cumpriran:

1. se a calidade das augas non acada un nivel mínimo, contaminaríase o río Eume dende a Central Térmica ata a súa desembocadura coas augas de rebouse do lago, cos danos ecolóxicos que isto acarrearía, durante un período de tempo indeterminado ata que se evite o rebose ou a calidade das augas mellore.

2. creación dun lago coas augas envelenadas, que sería un serio perigo para as formas de vida xa existentes e impediría a aparición doutras moitas.

3. imposibilidade de utilización do lago para as actividades previstas no proxecto.

4. posible envelenamento, por filtración das augas do lago, dos acuíferos circundantes, o que ocasionaría a propagación dos riscos antes enumerados a zonas máis alonxadas.

5. graves consecuencias para a saúde humana.


CONSIDERACIÓNS RESPECTO DO DOCUMENTO “DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL FORMULADA POLA DIRECCIÓN XERAL DE CALIDADE E AVALIACIÓN AMBIENTAL EN DATA 8 DE XULLO DE 2005”:

No punto 6 da páxina 3 preséntanse unha serie de medidas para garantir ás augas do lago un valor medio do pH das augas do río Eume, incluíndo o seu procesamento nas instalacións de tratamento de efluentes líquidos (TEL) da Central Térmica.

Consideramos que calquera pequeno erro de cálculo no proceso de enmenda con cal podería derivar en graves problemas de toxicidade para a fauna e a flora.

No mesmo punto 6 da páxina 3 considérase a posibilidade de utilizar no proceso de enchido as augas provintes da Central Térmica (dado o seu carácter claramente neutro) como as súas instalacións de tratamento de efluentes líquidos (TEL) para efectuar un tratamento adicional das augas de rebouse do lago antes do seu vertido ao río Carracedo.

Dende o noso punto de vista, trátase aquí de realizar unha actuación arriscada e non totalmente xustificada, ao menos se tomamos en consideración as conclusións que aparecen reflectidas na páxina 146 do documento de Estudo de Impacto Ambiental que acompaña o proxecto. Nesta páxina podemos atopar, textualmente, o que segue:

Conclusiones.

La calidad biológica de las aguas del Río Eume se reduce notablemente aguas abajo del núcleo de As Pontes, coincidiendo con el descenso del pH y de la concentración de oxígeno disuelto, factor limitante de primer orden para la fauna en general y los macroinvertebrados en particular. En esta zona se produce la reducción tanto en el número como en la calidad bioindicadora de las familias de macroinvertebrados acuáticos: Así, aguas arriba se determinó una calidad biológica aceptable, denotándose únicamente ciertos indicios de contaminación probablemente ocasionados por vertidos derivados del núcleo urbano de As Pontes. Por el contrario, la calidad biológica de las aguas del río por debajo de la central térmica disminuye considerablemente, y según el Índice B.M.W.P. se trata de aguas contaminadas, pudiéndose imputar la ausencia de muchas familias de macroinvertebrados acuáticos en esta zona a la inestabilidad de los parámetros físico químicos (pH) que limitan la productividad primaria. …

O mesmo ocorre se se pensa na hipotética situación que aparecería unha vez enchido o oco da mina. Con independencia do pH rexistrado nese momento, semella que a tendencia máis probable é un incremento da acidez das augas, se temos en conta que os tributarios do lago creado (segundo indica o mencionado “Pronóstico sobre la calidad del agua del lago final de As Pontes durante la fase de llenado” na páxina 39) teñen escasa capacidade neutralizante (efecto tampón), atribuíble ás ciscunstancias xeolóxicas do lugar (rochas ricas en silicatos).

Na páxina 4 tómanse en consideración os riscos existentes para a fauna piscícola debido ás condicións presentes na auga do lago durante os primeiros anos.

Esta consideración debe extenderse á totalidade dos organismos, acuáticos ou non, que están sometidos ao mesmo tipo de risco.

Ao longo do punto 5 da páxina 4 explicítase o réxime de caudais ecolóxicos mínimos a manter no río, así como a implantación dun módulo limitador das detraccións de caudais.

Implicitamente recoñécese neste punto que os estudos sobre os caudais do río Eume deben ser máis detallados. En consecuencia, semella pouco lóxico e carente de senso científico continuar cun proxecto que presenta unha eiva tan considerable. Por outra banda, as aportacións de augas limpas calcúlanse a partir de datos anteriores ao ano 2002, sendo os anos 2003 e 2004 os que menor caudal rexistraron, debido á seca que aínda hoxe continúa. Sobre os datos manexados no Proxecto estáblecense unha serie de valoracións que non son reais, senón tan só hipotéticas. Os caudais de estiaxe rexistrados nos últimos anos provocarían unha ralentización da neutralización, con respecto aos datos manexados no proxecto.

No apartado 1 da páxina 13 inclúese como medida correctora do pH a instalación de humidais ou balsas reductoras como sistemas pasivos, segundo se describe no "Proyecto descriptivo de instalaciones de depuración de las aguas del lago antes de su descarga" instalaríanse vexetación lacustre sobre un sustrato non especificado. Finalmente quedaría recuberto por unha lámina de auga duns 45 cm como máximo. Esta medida correctora parécenos insignificante, debido á pouca superficie da cuberta vexetal para neutralizar a auga que entra e a limitada capacidade do sistema de balsas, o que reduce considerablemente a súa eficacia.

Na páxina 292 do Estudo de Impacto Ambiental, na que se fala do sistema límnico como paliativo dos efectos negativos da actuación indica:

“O sistema límnico producido exercerá un control importante, tanto sobre os episodios de augas ácidas que poden producirse nas ladeiras, como sobre os contidos de metais pesados en disolución e partículas en suspensión que serán inmobilizadas maioritariamente nas capas profundas do sistema lacustre”

Sen embargo, esta información contradise coa existente na páxina 146, na que se expresa a profundidade do futuro lago, a saber, 200m na cunca oeste e 60m na cunca leste e se indica:

“Nos lagos de rexións temperadas as temperaturs das distintas capas poden chegar a igualarse, no inverno, orixinando a mestura das súas masas, situación esperable para o campo leste”.

De tal maneira, o futuro lago non pode ser clasificado como meromíctico, onde non se produce recirculación completa. Polo tanto, en inverno, coa mestura das augas, os problemas de acidez e afloramento de metais pesados empeoraría, posibilidade que non se prevé no proxecto, e rompendo cos cálculos de proxección da neutralización.

Nestes cálculos tampouco se contempla o feito de que no verán pode haber anos nos que non haxa rebouse ao Eume, chegando a baixar a lámina de auga ata 50 cm con respecto do nivel de rebouse, segundo se indica no proxecto. Tamén será unha causa de aceleración dos procesos de acidificación unha vez que os efectos da dilución, unha vez rematado o trasvase, desaparezan.

No primeiro parágrafo da páxina 14 apreciamos unha contradición cando se recoñece a validación da estabilidade dos noiros, e, acto seguido se recomenda como medida preventiva a instalación de sismógrafos. Tampouco semella razonable sinxelamente “recomendar” unha serie de precaucións que se xulgan necesarias.

Independentemente das precisións antes sinaladas, detectamos unha serie de omisións sobre aspectos de gran importancia:

* Non se valoran nin describen os posibles efectos destas actuacións sobre o río Eume, incluído o Parque Natural / Lugar de Importancia Comunitaria (L.I.C.), o encoro de Goente, nas marismas do curso baixo, na desembocadura na Ría de Ares... Quedan sen fixar as posibles medidas para rectificar eses posibles efectos, que ao noso entender serían:

1. consecuencias da modificación considerable dos caudais, xa que na fase de enchido non se acadarían os niveis de caudais invernais.

2. erosión das marxes do río, unha vez restablecidos os caudais normais, dado que parte da vexetación que fixa as marxes desaparecerá durante os anos de enchido do lago, isto acarrea o arrastre e deposición de lodos na desembocadura.

3. descenso da masa de auga, con repercusións na flora liquénica, briofítica e pteridofítica, tres dos principais valores que conlevaron a declaración do Parque Natural das Fragas do Eume/Lugar de Importancia Comunitaria, existindo unha clara e estreita relación entre o microclima e a conservación destas especies.

4. repercusións sobre a fauna acuática, sobre todo no grupo dos invertebrados, afectando ás comunidades animais e, en xeral, á cadea trófica.

5. o descenso de aportes de auga doce afectará a dinámica do ecosistema marismeño na zona da desembocadura do río Eume na ría de Ares, afectando igualmente os bancos marisqueiros.

* Non aparece un proxecto alternativo para o caso de que as previsións non se cumpran e xurdan problemas sobre a marcha (que as augas que rebousen do lago enchido sexan dañinas para o medio, que os noiros non resistan as novas presións, que aparezan filtracións aos acuíferos, ...). Nun proxecto desta envergadura, e coa magnitude dos danos que poderían xurdir dende o punto de vista ambiental, económico e de saúde pública, parécenos imprescindible ter previstas unha serie de medidas paliativas dos efectos máis prexudiciais.
* Botamos en falta, a valoración das consecuencias que na saúde humana van supor as modificacións climatolóxicas que con seguridade terán lugar.
* A evaluación de impacto e o plano de seguimento do enchido non recollen aspectos hidrobiolóxicos, e cando se fala do seguimento da fauna e flora do futuro lago os parágrafos están baleiros de contido. Só se inclúen frases feitas e recomendacións excesivamente vagas. Isto ponse de manifesto no feito de que en ningún momento se contempla a posibilidade de que, no lago ou nos humedais que se crearán para reducir a acidez das augas, aparezan especies de insectos vectores de enfermidades, como por exemplo psicódidos e culícidos, ou especies que provoquen reaccións alérxicas, como os quironómidos (todos eles son dípteros). De feito, as balsas con vexetación proxectadas serán "balsas en las que el flujo de agua está ralentizado sobre una capa de residuos orgánicos en descomposición...", condicións ideais para que se desenvolvan estes dípteros.


CONCLUSIÓNS:

* As características xeolóxicas, dende o punto de vista tectónico e litolóxico, as abondosas fallas activas e as fracturas, ademáis dun terreo fundamentalmente formado por rochas metamórficas fan aparecer significativos riscos de deslizamentos, así como de posibles filtracións aos acuíferos. Son perigos tan grandes como difíciles de evitar.

* A calidade final das augas do lago non está en absoluto garantida, existindo pola contra grandes posibilidades de que o lago non acade uns niveis mínimos de habitabilidade, o que por rebouse extendería os problemas cara o río Eume.

* As detraccións de auga ao Rio Eume son excesivas e causarían un grave prexuizo ambiental.

* Trátase dun proceso irreversible. Unha vez comezado non ten volta atrás.

* En ningún caso as pésimas actuacións levadas a cabo dende o comezo da explotación deben repercutir máis do que xa o fixeron ata a actualidade sobre as augas do río Eume. Por iso cremos que a única solución factible para asegurar esta condición é encher o oco con áridos. O custe económico desta operación non pode representar un obstáculo a ter en conta.

* Como consecuencia dos previsibeis impactos ambientais que afectarían aos habitats naturais e ás especies de interese comunitario que motivaron a inclusión do Parque Natural das Fragas do Eume como Lugar de Importancia Comunitaria (L.I.C.), estariase conculcando o apartado 2 do artigo 6 do R.D. 1997/1995 do 7 de decembro, entre outra lexislación ambiental concordante.

Non corresponde a estas entidades dar alternativas ou solucións a este problema, que era previsible en todo o seu alcance, dende o momento no que comezou a explotación de lignito pardo, fonte inesgotable de problemas para o noso territorio, aparellando tremendas perdas económicas no sector agrícola, gandeiro e forestal, demais doutras para as que nos se chegou a facer estudos, e polo tanto non foron detectadas, non sen querer, como son as repercusións na saúde humana, a día de hoxe, e aínda coa agravante de ser a Central Térmica de As Pontes o segundo foco europeo de emisións de CO2 e máis de SO2, non existen estudos epidemiolóxicos que amosen os efectos sobre a saúde humana . Como cuestión de fondo cómpre salientar o feito de presentar Galiza un dos PIB máis baixos de Europa.

Despois de expoñer estas razóns, e aínda sabendo que existen outras solucións máis satisfactorias e menos dañinas para o medio que o recheo do oco mediante un transvase con auga, non se pode aceptar que esta sexa a solución elixida, en base a posibles criterios económicos. Se a esta empresa se lle aplicaran as sancións implícitas nas diferentes lexislacións (locais, autonómica, estatais e europeas), por delitos medioambientais excedería con moito o custe que supón unha boa restauración.

SITUACIÓN ACTUAL

Este panorama mantíñase ata finais do ano 2007. A principios de xaneiro, ENDESA anunciou o comezo do transvase para mediados dese mesmo mes. As presentes entidades solicitaron á Consellería de Medio Ambiente unha moratoria para o transvase, debido á seca deste outono, que motivara unha baixada de caudal considerable con respecto a outros anos. Como en anteriores ocasións, non se recibiu notificación algunha por parte da Consellería, pero o certo é que a moratoria se levou adiante, e a día de hoxe ENDESA non puido comezar o transvase do Eume, o que non foiu óbice para que, en contra das prescripcións do Estudo de Impacto Ambiental do Proxecto do Enchido do oco da mina de As Pontes, o recheo do oco comezase co Enchido Pasivo a base das augas procedentes da chuvia e máis dos regos que rodean o oco da mina.

O Enchido Pasivo foi desestimado no seu momento pola propia empresa, por considerar que esta opción acarrexaba graves prexuízos para o conxunto das zonas afectadas, incluídas as augas do río Eume, que terían que soportar a afluencia das augas contaminadas do futuro lago, unha vez enchido este, e por rebouse, considerándose que sería maior a afección que no suposto dun enchido forzado a base do transvase do Eume.

Así, na páxina 341 do Estudo de Impacto Ambiental sinálase o seguinte:

Para la alternativa del llenado pasivo se han obtenido valores de calidad negativos en el 47,69% de los indicadores ambientales analizados, lo que supone una afección negativa en casi la mitad de los parámetros estudiados.(…) La calidad ambiental alcanzada estaría por debajo de los niveles de restauración que requiere el hueco de mina…

Na páxina 343 indícase:

En la evaluación ambiental obtenida para la alternativa del llenado pasivo… todos los indicadores ambientales analizados sufrirían impactos ambientales negativos, directos, acumulativos y/o sinérgicos, a corto plazo, permanentes, irreversibles, continuos y críticos, porque supondrían el desarrollo de un proyecto aleatorio sin ningún tipo de control ni habría posibilidad de aplicar las medidas correctoras adecuadas para lograr un mínimo de calidad ambiental exigido.”

Atopámonos, pois, cun empeoramento da situación, xa que se opta agora polo peor dos escenarios e, visto o que se dixo enriba, cun considerable incremento dos riscos que este proxecto conleva. ENDESA non é descoñecedora dos cambios climatolóxicos actuais, que, de repetirse en anos posteriores, impedirían o Enchido Forzado a base dun transvase. Así e todo, non desiste do seu empeño a pesar das nefastas repercusións que tería. Pouco importa que isto afecte ao Parque Natural das Fragas do Eume, a mellor representación de bosque atlántico europeo, nin o perigo de contaminación de acuíferos, nin os cambios atmosféricos que afectarían á poboación de As Pontes, con repercusións inluso sobre a saúde das persoas. Agora si, queda claro que o seu único obxectivo é acadar a máxima rendibilidade na empresa.

No proxecto optouse polo escenario de enchido número tres, descartando os outros tres, por producir graves afeccións ao medio. Polo tanto, e non sendo seguro, debido aos cambios climatolóxicos, que se poida facer o transvase nas condicións expresadas no proxecto, e respectando o caudal ecolóxico, este ano non se podería comezar o enchido. Iniciar co Enchido Pasivo é unha temeridade que as administracións, atendendo ás súas obrigas de vixilancia e coidado do medio ambiente, non deben permitir. Na nosa opinión, estase incurrindo nunha infracción medioambiental grave ao non levar adiante a opción escollida. A autorización deuse en base a esa elección.

Por estas razóns, as entidades citadas novamente denuncian este asunto ante a Consellería de Medio Ambiente e con notificación á Fiscalía de Medio Ambiente do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, solicitando que cese o enchido e se realice o inmediato desaloxo, por medio de bombeo, das augas acumuladas no fondo da mina. Malia que isto supón unha contaminación suplementaria á xa existente para o río Eume, aínda non tería un carácter irreversivel, cousa que si ocurriría unha vez que o volume de auga fixese imposibel o bombeo.

En Ferrol, a 20 de febreiro de 2008

_________________

Contra a regasificadora de Xixón: a planta de gas de "El Musel", cuestionada por un amplio sector do movimento social e ecoloxista asturiano

Contra a regasificadora de Xixón

Asturies 23 de febreiro

Contra o actual modelo enerxético, español e asturiano, totalmente ineficiente e contaminador, que favorece aos intereses do sector enerxético, e que trata de converter a Península Ibérica nun dos centros de distribución máis grandes de Europa, onde se concentrará unha gran número de plantas regasifidadoras.

A instalación en Xixón dunha planta regasificadora de gas natural licuado; cos correspondentes depósitos de almacenamento, de 150.000 metros cúbicos cada un, ademais dos dano ambientais e os indiscutibles riscos inherentes á súa instalación. Riscos que aparecen recollidos claramente na Directiva Seveso e na lexislación que a desenvolve, e que non faría máis que agravar a situación existente, ante a coincidencia na mesma zonas con outras instalacións afectadas por esta normativa, como Repsol Butano e a Térmica de Aboño.

É unha aposta máis por continuar cunha visión do sistema enerxético totalmente envorcado sobre a oferta e sen ter en conta ningún condicionante ambiental, que fomentará o incremento do consumo e o malgasto, con tal de recuperar os investimentos e cuns efectos totalmente perversos, xa que, este incremento na demanda, suporá que, todas as vantaxes que as plantas de gas teñen sobre outro tipo de instalacións quedarán talmente anuladas polo aumento da produción.

Que, en lugar de favorecer un debate sobre o actual modelo enerxético, español e asturiano, totalmente ineficiente e contaminador, favorécese aos intereses do sector enerxético, que tratan de converter a Península Ibérica nun dos centros de distribución máis grandes de Europa, onde se concentrará unha gran número de plantas regasifidadoras.

_________
Quen queira colaborar na loita contra o despropósito gasístico de "El Musel" en Xixon, pode entra na páxina de Ecoloxistes n’Aición d’Asturies e asinar un manifesto de apoio á campaña contra a súa instalación e por un outro plano enexético: formulario.
_____________

domingo, febreiro 24, 2008

O camiño do pobo

O camiño do pobo

VOTO EN BRANCO MANOEL SANTOS 24.02.2008

Malia que aínda é cedo para avaliar que efectos pode ter a Rede Galiza Non Se Vende -RGNSV- na sociedade e na política galegas, pois é un movemento recente e non dabondo instaurado no maxín popular, a exitosa manifestación do domingo 17 pode marcar un antes e un despois, quer no papel e influencia dos movementos sociais independentes, quer no xeito de exercer presión sobre a política, que esquece moi a miúdo de onde vén. Hai uns tres apuntamentos que, sempre coas reservas que supón a noviza rede, fan pensar que estamos nun momento histórico. En primeiro lugar, parece que a RGNSV deu no albo na súa demanda central e isto entrou en sintonía con boa parte da poboación, pois o movemento medra exponencialmente. A defensa do territorio é cada vez menos demanda e máis necesidade para as galegas e os galegos. Porén, "terra viva e vida digna para tod@s" non é unha reivindicación exclusivamente verde, como as que agromaron no mundo logo de maio do 68, senón que a rede a enmarca no sistema economicista global que pon o interese duns poucos por diante dos da maioría. É pois, por riba de todo, unha loita antiglobalización.

En segundo lugar está o xeito de traballar, a rede en si. Decenas de colectivos, sen apoio político, nin mediático, nin económico -todo o contrario-, aprenderon a conectarse e confluír nunha loita común ben significativa. A miúda pero xeneralizada cobertura dos medios de comunicación á mobilización do 17 é un éxito do traballo en rede e non unha consecuencia da responsabilidade deses medios, cuxa tendencia é sempre a de ocultar a realidade social e enxalzar a virtualidade política. Non quedou máis remedio que contalo, pois había moita xente. A RGNSV nace na conxuntura planetaria da formación de redes horizontais de acción e presión como resposta á ofensiva do capital sobre a política e o agachar de orellas desta última.

E en terceiro lugar está a independencia do movemento. Se cadra é a primeira vez na historia de Galiza que tantas persoas saen á rúa sen ningún pai político detrás. Foi a manifestación da emancipación popular respecto do poder político. A Quintana encheuse como calquera Día da Patria -e sen escenario-, cantou o himno e berrou ese "Galiza ceibe, poder popular" que, desta vez, foi máis popular ca nunca. Velaí un novo camiño para o pobo, un camiño necesario.
_______________

A esquerda social toma as rúas

A esquerda social toma as rúas

Ao berro de "Galiza non se vende", o activismo do país "deulles un toque de atención" ás peores políticas urbanísticas e ambientais da Xunta


XABIER CORDAL 21.02.2008


Chegaron de todos os puntos de Galicia, desde Folgoso até Corrubedo. Ben antes das doce, a tranquila mañá deste estraño e reseco inverno foi vendo chegar á Alameda compostelá centos e centos de persoas, algunhas vestidas con xeitos de entroido, outras de rigoroso uniforme reivindicativo que distinguía a xente de Corrubedo da de Quilmas, e esta da do Morrazo. As bandeiras rubias viñan de Ferrolterra, o verde claro de Camelle. As rechamantes cores complementábanse con enxeñosos artefactos paródico-reivindicativos que lembraban as mobilizacións da plataforma Nunca Máis. O ano pasado, coa denominación Rede Litoral vivo, o lema "Galiza non se vende" xa convocara 4.000 persoas.

Esta vez eran dez mil mulleres, homes e moito neno andando sen présa ningunha polo ensanche, entrando na parte vella a ritmo de escola de samba. E a pesar do bo xorne, un substrato flamíxero de reivindicación abrolla cada pouco. Cámaras e móbiles tirando fotos son o obxecto máis repetido. Todo o mundo se fotografa e se filma entre si.

A web de "Galiza non se vende" continúa rebordando entusiasmo e as ducias de colectivos -cuxas forzas son o traballo en rede e a canto menos aparente ausencia de dirixismo plataformista- non deixan de administrar parabéns. Meses de activismo foron amecendo unha sigla tras outra até confluíren o 17 no obxectivo común de "darlles un toque de atención" (ese foi o diagnóstico que usaron moitos medios) ás peores políticas urbanísticas e ambientais da Xunta.

No longo texto que foi lido por varias voces ao remate da mani-festa-acción enténdese a conservación do medio natural e da estrutura económica que del emana como un dereito que non antagoniza, antes ao contrario, co desenvolvemento sostible do país. O texto está dispoñible en galizanonsevende.org. Terras, mares e ríos fican á xibela dos estragos que o poderoso capital non dubida en acometer baixo o nome do progreso, aproveitando a falta de vertebración en moitas comarcas. Cando esta existe, as operacións de asalto deben frear o seu ímpeto. Galicia parece ir tomando conciencia de que a organización social produce beneficios moi axiña perceptibles.

Aquela marea de carraxe chamada Nunca Máis conseguira maior investimento do Estado en tres meses ca en tres décadas de espírito mendicante desde as franquías dos grandes partidos españois.

O domingo, a esquerda social de Galicia deixou en evidencia todos os profetas do pasado que definiran a plataforma que seguiu ao afundimento do Prestige coma un conciliábulo a medio carreiro entre o psicodrama nacional e o electoralismo.

Con cifras obviamente máis modestas polo de agora, pero usando procedementos de mobilización ben próximos, "Galiza non se vende" demostrou que hai miles de persoas dispostas a non dar un paso atrás na defensa do máis elemental (a economía, que no noso país é tamén cultura e natureza).

Moitas e moitos artistas e intelectuais continúan apoiando a quen ten menos soporte para se facer oír, empeñados na denuncia contra o atropelo "goberne quen goberne", sen dúbida o berro máis repetido o domingo 17 de febreiro pola mañá.

A valentía pública de Mabel Rivera, avalada no sempre difícil e escuro compromiso cotián, sérvelles de proa a outras personalidades do espectáculo. Mónica García, Pepa Yáñez e un longo etcétera achegaron á protesta compostelá talento abondo para que nada semellase produto da rutina. A reinterpretación en falsete dun éxito da música comercial -coa letra oportunamente intervida- por parte de Carlos Meixide conseguiu que botase a rir a todo o mundo na Quintana. Tamén Xosé Manuel Beiras. Nota fúnebre, ao son das gaitas, foi a homenaxe a Carmelo Teixeira, o recentemente falecido fundador do Comité de Emerxencia contra a planta de gas na ría de Ferrol.

A pesar do éxito, Emilio Pérez Touriño afirmaba despois da manifestación que os organizadores de "Galicia non se vende" "están sendo incapaces de entender" que, segundo el, o novo Goberno "protexe o territorio e o medio natural como nunca se fixo neste país".

Engadía o máximo responsable de Medio Ambiente, o carballiñés Manuel Vázquez, que a mobilización fora "inxusta e electoralmente oportunista". O reproche é máis correcto nas formas ca a comparación que no seu día establecera Aznar entre os cans resentidos e as miles de persoas que fervían contra o piche do Prestige por todo Galicia.

Nas horas previas ao malestar do conselleiro, ríos limpos de xente ían ateigando o punto de encontro da reivindicación. Xa acuguladas as escaleiras da praza, o mestre de cerimonias, tareco na man, foi recitando os concellos galegos por orde alfabética.

Xusto na metade da toponimia, e dado o mar de oeste que comezaba a tupir o acceso á Quintana dos Mortos, óese con claridade pola megafonía: "ocupemos o espazo da esquerda, por favor". Era o espazo que seguía baleiro, a pesar da afluencia imparable de manifestantes.

________________

O noso compromiso é co medio e coa cidadanía, non cos políticos

"O noso compromiso é co medio e coa cidadanía, non cos políticos"

Adega, Verdegaia e a FEG chámanlle "demagogo" ó nacionalista Francisco Rodríguez, quen cualificou de "desleal" a actitude dos "manifestantes afíns" que protestaron o domingo contra a destrución da terra.

"Non nos damos por aludidos porque non somos correas de transmisión de ninguén", din.

R. FERNÁNDEZ . SANTIAGO 21.02.2008


Goberne quen goberne, Galiza non se vende. Un dos lemas máis repetidos durante a manifestación convocada este domingo en Compostela para berrar contra a destrución do territorio é a contestación do ecoloxismo galego ás críticas do nacionalista Francisco Rodríguez contra este movemento. Na edición galega do xornal El País de onte, Rodríguez cualificou de "desleal" a conduta dos manifestantes "afíns" por "clavarlles puñaladas polas costas" ás consellerías do PSdeG "cando se está con eles no Goberno".

Discurso decepcionante, demagóxico e enmarcado nunha época preelectoral. Así definiron onte os grupos ecoloxistas Adega, Verdegaia e FEG as declaracións de Rodríguez, ó que lle recordaron que o domingo máis de sete mil persoas berraron pola pasividade de todos os partidos políticos, independente da súa cor, ante a destrución que está a sufrir o territorio. "Non nos sentimos aludidos porque non somos correas de transmisión de ninguén. O noso compromiso é co medio e cos cidadáns deste país, non cos partidos políticos", asegurou onte o secretario executivo de Adega, Fins Eirexas, visión compartida polas demais asociacións, que dixeron sentirse decepcionados porque o nacionalista se sinta "molesto ou nervioso cando a cidadanía amosa a súa preocupación polo medio". O coordenador xeral de Verdegaia, Xan Duro, advertiu de que os políticos non son os únicos con potestade para pasar a acción e acusou a Rodríguez de facer "demagoxia da máis burda" ó acusar de traizón a cidadanía por manifestarse e defender o seu dereito de protexer a sustentabilidade do territorio.

O comportamento de Rodríguez tampouco é ben entendido dende a FEG, cuxo coordenador, Celestino Quintela, recordoulle a Rodríguez a súa participación en manifestacións cando se apoiaban consignas denfendidas polo Bloque. "Non podemos aspirar a que non se faga nada na costa". Esta frase de Rodríguez foi tamén o branco das críticas ecoloxistas. "Non se trata de non facer nada, senón de todo o contrario. O que nós esiximos é un plano de protección do litoral que permita o seu desenvolvemento sustentable e evitar volver ós erros do pasado", aseguraron. Tras a contestación do ecoloxismo, este xornal púxose en contacto con Francisco Rodríguez, quen declinou facer valoracións.

Beiras critica a desunión co pobo

O nacionalista Xosé Manuel Beiras, participante na marcha, achacoulles ós seus compañeiros "falta de coraxe política para facer cambios rotundos". "É evidente que a cidadanía activa volve agromar e o erro está en non manter a conexión con estes sectores que foron os que acabaron con fraguismo", dixo o domingo.

Eirexas: "Volvemos ós erros do pasado"

Francisco Rodríguez cualificou a concentración de "totum revolutum" e unha "melé de intereses variados". Unha afirmación cualificada por Adega de triste e decepcionante. "Claro que eramos unha morea de intereses e de reivindicacións diferentes. Pero todas confluían nunha soa cousa: a necesidade de ordenar o territorio e salvagardar o medio en lugar de volver ós erros do pasado: ó produtivismo, ó colonialismo e ó urbanismo desaforado".

Duro: "Protestan, non dan solucións"

O coordenador xeral de Verdegaia, Xan Duro, enmarcou onte as declaracións de Francisco Rodríguez na liña doutras manifestacións como as do conselleiro Vázquez, quen cualificou de "inxusta e oportunista" a manifestación. "Só critican, non dan solucións ás nosas reclamacións", afirmou Duro quen volveu destacar a potencialidade do litoral a través de proxectos de sustentabilidade ecolóxica e xustiza social.

Quintela: "Queren desacreditarnos"

"As nosas protestas son contra as piscifactorías, as urbanizacións no litoral... Nós cremos que na costa se poden facer moitas cousas pero non a través das multinacionais", replica Celestino Quintela, coordenador da FEG, ó que "non podemos aspirar a que non se faga nada na costa" de Rodríguez. Para Quintela, este tipo de afirmacións só pretenden "desacreditarnos. Quitarlle mérito ou rigurosidade ó que dicimos, cando non é así".
_______________

Aclaracións sobre a derrogación do RAMINP e as súas consecuencias na loita contra a localización de REGANOSA dentro da Ría de Ferrol

De: CAPE ferrol.cape@gmail.com
Para: artabra21@gmail.com
Data: 21 de fevereiro de 2008 23:49
Asunto: En relación co Regulamento RAMINP e debido a comentarios dispares sobre a súa derrogación, facemos as seguintes aclaracións



Estimados amig@s:

En relación co Regulamento RAMINP e debido a comentarios dispares sobre a súa derrogación, facemos as seguintes aclaracións:

1º) Este regulamento afecta e afectará aos procesos xudiciais presentados contra a planta de gas por estar en vigor na data de solicitude do proxecto. Xa que logo, aínda que foi derrogado (con condicións) pola LEI 34/2007 de data 15 de novembro, a planta de gas de Mugardos deberá cumprir co mesmo. É dicir: ESTÁ VIXENTE.

2º) A lei anterior 34/2007, di na súa Disposición derogatoria única. Derrogación normativa.

  • 1. Queda derrogado o Regulamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas e Perigosas, (RAMINP) aprobado por Decreto 2414/1961, de 30 de novembro. No entanto, o citado Regulamento manterá a súa vixencia naquelas comunidades e cidades autónomas que non teñan normativa aprobada na materia, en tanto non se dite dita normativa.

3º) Como a Comunidade Autónoma de Galicia non ten unha lei específica e integral que substitúa ao Raminp, este Regulamento ESTÁ EN VIGOR na nosa comunidade. (Segundo fontes da judicatutra galega esta lei integral, que o substitúe, xa está elaborada pero aínda sen aprobar).

4º) De acordo con diversas sentenzas do Tribunal Supremo sobre este Regulamento, informamos do seguinte:
  • a) Sobre os plans urbanísticos dos MUNICIPIOS: " . . . as ordenanzas municipais e os plans urbanísticos do municipio non poden desoír a regra xeral (2.000 metros) establecida . . . . ".

  • b) Sobre a dispénsa para reducir esta distancia: "dispénsaa da regra xeral sobre distancias mínimas, en canto prevista só en casos excepcionais, non debe ser obxecto de interpretacións extensivas . . . . . . . e dado que nela esíxese o previo informe favorable da Comisión Provincial de Servizos Técnicos, este informe ha de referirse, especificamente, ao tema da distancia, razoando cales son as circunstancias do caso concreto que xustifican dispensar a regra xeral . . . debe permitir apreciar que as medidas correctoras impostas non son só as que demanda o tipo de actividade de que se trate, senón, ademais, singularmente, as exixibles pola concreta circunstancia da redución da distancia"

  • c) Sobre as comunidades Autónomas: " . . .o apartamiento daquela norma (RAMINP) no territorio dunha Comunidade Autónoma esixirá que a normativa propia desta (Comunidade Autónoma) substituír, sen ningunha dúbida, por outra cuxa potencialidade protectora non sexa menor".
Xa que logo, non debemos renunciar aos nosos dereitos que recolle o RAMINP e ter a confianza de que o Tribunal Supremos non vai cambiar de criterio sobre o mesmo por moi poderosos que sexan os que apoian a este disparate de planta de gas (GNL) no medio da nosa Ría.

Saúdos,

www.f-cape.org

como sempre

PLANTA DE GAS FORA DÁ RIA!

Envía www.f-cape.org Colectivo universitario opositor á planta de gas (GNL) da Ría de Ferrol

Nota:
En Vermello aclaración de f-cape
____________

sábado, febreiro 23, 2008

ADEGA, Fusquenlla, SGHN e Verdegaia denuncian que Endesa comezou a cubrir a explotación mineira coas augas de choiva acumuladas nas súas inmediacións

Pola importancia da noticia , transcribimos a mesma que foi publicada no xornal "La Opinión de A Coruña", o pasado 21 de de febreiro de 2008


Visualizar o mapa ampliado

EUME
Os ecoloxistas denuncian o inicio do recheo da mina das Pontes
As asociacións ambientais consideran que Endesa comezou a cubrir a explotación mineira coas augas de choiva acumuladas nas súas inmediacións.
[MARCOS OTERO. AS PONTES 21.02.2008]

As asociacións ecoloxistas Fusquenlla, Adega-Trasancos, Verdegaia denunciaron de forma conxunta o recheo do oco da mina das Pontes que comezou a compañía eléctrica Endesa. As organizacións de defensa do medio ambiente argumentan que a empresa comezou a cubrir o espazo deixado pola explotación coas augas procedentes das choivas que se acumularon no exterior. A eléctrica, segundo os ecoloxistas, tomou esta decisión debido á imposibilidade de efectuar o transvasamento do Eume proxectado para esconder a fonte de carbón baixo as augas.

No mes de xaneiro, as mesmas asociacións que agora lamentan o inicio dos traballos de inundación solicitaron á Xunta de Galicia unha moratoria para impedir o transvasamento do Eume ideado por Endesa. Fusquenlla, Adega-Trasancos, Verdegaia e consideraban que o proxecto, unido á seca experimentada durante a estación otoñal, provocaría un descenso acentuado do caudal do río. A pesar de que non recibiron contestación da Consellería de Medio Ambiente, o organismo decidiu paralizar o transvasamento.

As asociacións ecoloxistas lamentan que, ante esta situación, Endesa opte por "a opción máis perigosa de todas as posibles". Todas as agrupacións subliñan que o proceso iniciado para alagar a antiga mina mediante a auga próxima, coñecido como "enchido pasivo", entraña riscos ambientais e foi descartado anteriormente polo estudo de impacto ambiental redactado para analizar as repercusións do proxecto. O texto reflectía que o recheo efectuado mediante o procedemento pasivo ocasionaría maiores prexuízos para o propio río Eume que os xurdidos mediante un transvasamento. O informe arroxaba que a canle do Eume podería entrar en contacto coas augas contaminadas do futuro lago emprazado na mina das Pontes.

As entidades ecoloxistas acusan a Endesa de actuar co "obxectivo de conseguir a máxima rendibilidade para a empresa", sen pensar nas repercusións na zona do seu proxecto. As asociacións alertan sobre os efectos que terá o recheo da mina no Parque Natural das Fragas do Eume, "a maior representación de bosque atlántico europeo", segundo eles. Tamén advirten das implicacións que terá o "enchido pasivo" nos acuíferos da área e ata na saúde dos habitantes do municipio das Pontes.

Enlace orixinal coa noticia

_______

Enlaces relacionados:

O colectivo ecoloxista Erva considera que a lagoa artificial que ha asolagar a mina das Pontes responde á "vontade do bipartito" de levar a papeleira para este concello. Por Antía Rodríguez
[25.01.2008]

O lago artificial das Pontes, para os vertidos da nova Ence? Por Esther Rodríguez
[25.01.2008]

Erva denuncia o proxecto do lago das Pontes como tapadeira dos verquidos da futura ENCE
Polo Grupo Ecoloxista Erva
[24.01.2008]

Adega-Trasancos, Fusquenlla, SGHN e Verdegaia denuncian o enchido pasivo do oco da mina que Endesa ten en As Pontes
[22.02.2008]

A Sociedade Galega de Historia Natural, Verdegaia e Fusquenlla contra o lago da mina de As Pontes
[09.10.2007]

O lago das Pontes, por Marcelino Fernández Mallo
[19.10.2007]

Xornadas: Restauracion Mina das Pontes, 2 de decembro
[30.11.2006]

Recuperación da Mina das Pontes: A FGG lamenta que se conciba a solución de restauración dun complexo problema ambiental orixinando outro

[14.02.2007]

Recuperación ambiental da Mina das Pontes: A FEG quere saír o paso das declaracións realizadas hoxe polo Conselleiro de Medio Ambiente
[15.02.2007]

Guerrilleiros das Fragas rexeita o modelo de recuperación de Endesa

[09.12.2006]
______________

En EE.UU. as plantas de GNL non se situarán a menos dunha milla de zonas residenciais

De: Ferrol CAPE -ferrol.cape@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 23 de fevereiro de 2008 14:13
Asunto: En EE.UU. as plantas de GNL non se situarán a menos dunha milla de zonas residenciais


[O buque gaseiro Port Harcourt no peirao de REGANOSA, en Mugardos dentro da Ría de Ferrol
Foto: Suso - Ferrol]

En EE.UU. as plantas de GNL non se situarán a menos dunha milla de zonas residenciais


ATENCION: LER CON DETEMENTO ESTE ARTICULO E RECORDADE Á VECIÑANZA DE MEÁ (MUGARDOS)

QUE VIVEN A 100 m DOS INMENSOS TANQUES DE GAS NATURAL LICUADO (GNL).

OBSERVATORIO DE PLANTAS REGASIFICADORAS DE GNL.

FORBES.com, por KEN MAGUIRE 01.31.08

CASO: Planta de GNL de FALL RIVER [Massachusetts]

Os lexisladores esfórzanse para deter a planta de GNL de Fall River

[Nota.-En azul o máis destacado]

Por KEN MAGUIRE

O alcalde de Fall River, Robert Correia, di que o concello gastará o diñeiro que sexa necesario para evitar a construción dunha terminal de gas natural licuado [GNL] na súa zona. Pola súa banda a promotora di que en última instancia irá aos tribunais.

Ambas as partes estiveron presentes o mércores no Capitolio de Massachusetts nunha audiencia sobre a lexislación que obriga a que unha nova terminal de GNL non se construirá a menos dunha milla de distancia [1´65 km] das zonas residenciais, coa esperanza de poñerlle fin á proposta de Weaver's Cove Energy de situar unha terminal en Fall River.

"A proposta pon á miña comunidade e a xente da miña comunidade nun indebido e inxusto risco", dixo Correia, que recentemente dimitiu como representante do estado. Fall River gastou 1,4 millóns de dólares na loita contra o proxecto, segundo manifestou na audiencia. "O diñeiro é escaso", dixo ao Departamento de Seguridade [Homeland Security Department] de EE.UU. "Pero se teño que buscar máis diñeiro para deter este proxecto, teño a intención de facelo."

Diversos estudos concluíron que o lume resultante por un ataque terrorista contra un gasero podería causar a ignición e morte de xeito feroz ás persoas situadas ata unha milla de distancia.

O portavoz de Weaver's Cove, James Grasso, dixo nunha entrevista antes do seu testemuño na audiencia do mércores que as instalacións de GNL nos Estados Unidos demostraron ser seguras. Grasso dixo que o proxecto de 250 $ millóns creará ata 500 postos de traballo durante a construción de polo menos tres anos de duración.

Weaver's Cove Enerxía xa se enfronta a unha dura batalla. A Garda Costeira de EE.UU. [USCG] xa declarou que as zonas da bahía e desembocadura do río Taunton non son emprazamentos seguros para terminais de GNL e para a navegación de buques metaneiros.

No entanto Grasso dixo que a compañía está apelando ao seguinte nivel na organización da Garda Costeira, engadindo que os tribunais poden, en última instancia, ser a súa elección "baseada na cláusula de comercio interestatal e sobre a base da competencia dos distintos organismos".

A residente Margaret Charkowski de Fall River asistiu á audiencia levando unha camiseta de cor laranxa dicindo "Boicot Hess" (*). Dixo Charkowski, "Fall River é a miña identidade. Encántame Fall River, porque é unha gran cidade", "Se iso constrúese nas nosas costas, afúndese Fall River. Ninguén vai querer construír ou vivir aí abaixo, eu desde logo, non. É o mal "In situ".

A seguridade dos gaseros tamén se converteu nunha preocupación na zona de Boston, en parte, por mor dunha terminal de gas natural licuado en Everett, na bahía de Boston. A terminal é unha das cinco instalacións deste tipo que operan nos EE.UU., e a única nunha zona densamente poboada.

(*) Hess LNG é unha empresa conxunta de Amerada Hess Corp e unha filial de Poten

http://www.forbes.com

http://www.southcoasttoday.com

Envía www.f-cape.org Colectivo universitario opositor á planta de gas (GNL) da ría de Ferrol

PLANTA DE GAS FORA DA RIA! XA!
________________

Enlaces relacionados:

En Fall River, en Massachusetts [EEUU], unha nova planta de gas rechazada por non ser o lugar apto para a entrada de buques gaseiros

[24.10.2007]

Paralelismos entre Ferrol [Galiza] e Fall River [Massachusetts -EE.UU]
___________

A A.V. Fontelonga de Esteiro, diante do conflito no servizo de limpeza e recollida de lixo da cidade

De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 23 de fevereiro de 2008 10:30
Asunto: Xuntanza co Comité de Empresa de Urbaser S. A.



Xuntanza co Comité de Empresa de Urbaser S. A.

A Asociación Veciñal de Esteiro " Fontelonga", mantivemos no día de hoxe unha xuntanza con representantes do Comité de Empresa de Urbaser S.A. quen nos informaron da difícil situación da negociación colectiva, que están a manter coa citada Empresa.

Manifestannos que as posturas son moi distantes e que se verán na necesidade de , exercendo os seus dereitos, tomar medidas de presión, que poderían chegar a ter que convocar unha folga. Neste momento non existe a convocatoria de dita folga, pero non a descartan a pesar de que, segundo nos manifestan, non a desexan.

As condicións salariais dos traballadores e traballadoras de Urbaser están moi por debaixo da media das empresas que desenvolven estes servizos noutras cidades, como por exemplo Lugo que os supera nun 29% e Santiago que os supera nun 23% e mesmo están por debaixo do Concello de Narón.

Desde esta Asociación consideramos que de producirse unha folga nese sector, aínda sendo un dereito, resulta prexudicial para a cidadanía en xeral e para o sector de hostalería en particular, polo que DEMANDAMOS que se estableza un diálogo e unha verdadeira negociación colectiva entre o Comité de Empresa e a Empresa Urbaser S. A. que esgote tódalas vías e que evite unha posible folga.

A empresa Urbaser supera con moito o 8% de beneficios que ten garantidos polo Concello de Ferrol e mesmo hai sentenzas xudiciais que lle obrigan a devolver parte deses beneficios ó Concello de Ferrol , con que ten unha concesión ata o 2014

Recordamos que a responsabilidade en canto a recollida do lixo é do Concello de Ferrol, aínda que estea realizado , a través dunha concesión, por Urbaser. ESIXIMOS dos responsables municipais e do Alcalde de Ferrol como responsable máximo, que medien coa empresa e demanden que se produza unha negociación real e que se garanta unhas condicións laborais dignas para os traballadores e traballadoras que prestan un servizo fundamental para a colectividade.

Esta Xunta Directiva agradece a iniciativa tomada polo Comité de Empresa de Urbaser, de informar e facer partícipe ó movemento veciñal da situación en que se atopan e das consecuencias negativas que se poden derivar no caso de non haber un acordo.

Ferrol a 21 de febreiro de 2008.

Xunta Directiva da Asociación Veciñal de Esteiro " Fontelonga".

Asdo../ Xosé Miguel López Pérez, presidente
______________

Estou de acordo, ¡cambio!, pero en Estados Unidos

REFLEXIÓNS DO COMPAÑEIRO FIDEL
O que escribín o martes 19

Ese martes non houbo noticia internacional fresca. A miña modesta mensaxe ao pobo, do luns 18 de febreiro, non tivo dificultade para divulgarse con amplitude. Desde as 11 da mañá comecei a recibir noticias concretas. A noite anterior durmira como nunca. Tiña a conciencia tranquila e prometeume unhas vacacións. Os días de tensión, esperando a proximidade do 24 de febreiro, deixáronme exhausto.

Non direi hoxe unha palabra de persoas entrañables en Cuba e no mundo que de mil formas diferentes expresaron as súas emocións. Recibín igualmente un elevado número de opinións recollidas na rúa con métodos confiables, as que case sen excepción, e de forma espontánea, vertieron as súas máis profundos sentimentos de solidariedade. Algún día abordarei o tema.

Neste instante dedícome ao adversario. Gocei observando a posición embarazosa de todos os candidatos a Presidente de Estados Unidos. Víronse obrigados un por un a proclamar as súas inmediatas esixencias a Cuba para non arriscar un só elector. Nin que eu fose Premio Pulitzer interrogándoos na CNN sobre os máis delicados asuntos políticos e ata persoais, desde As Veigas, onde reina a lóxica do azar das ruletas de xogo e onde hai que asistir humildemente se alguén aspira a Presidente.

Medio século de bloqueo parecíalles pouco aos predilectos. ¡Cambio, cambio, cambio!, gritaban ao unísono.

Estou de acordo, ¡cambio!, pero en Estados Unidos. Cuba cambiou fai intre e seguirá o seu rumbo dialéctico. ¡Non regresar xamais ao pasado!, exclama o noso pobo.

¡Anexión, anexión, anexión!, responde o adversario; é o que no fondo pensa cando fala de cambio.

Martí, rompendo o segredo da súa loita silenciosa, denunciou o imperio voraz e expansionista xa descuberto e descrito pola súa xenial intelixencia, máis dun século logo da declaración revolucionaria de independencia das 13 colonias.

Non é o mesmo o fin dunha etapa que o inicio do fin dun sistema insostible.

De inmediato as minguadas potencias europeas aliadas a ese sistema proclaman as mesmas esixencias. Ao seu xuízo chegara a hora de danzar coa música da democracia e a liberdade que, desde os tempos de Torquemada, xamais realmente coñeceron. O coloniaje e o neocoloniaje de continentes enteiros, de onde extraen enerxía, materias primas e man de obra baratas, descualifícanos moralmente.

Un ilustrísimo personaxe español, outrora ministro de Cultura e impecable socialista, hoxe e desde hai pouco voceiro das armas e a guerra, é a síntese do despropósito puro. Kósovo e a declaración unilateral de independencia golpéaos neste instante como impertinente pesadelo.

En Iraq e Afganistán seguen morrendo homes de carne e óso con uniformes de Estados Unidos e a OTAN. O recordo da URSS, desintegrada en parte pola aventura intervencionista no segundo dos dous países, persegue aos europeos como unha sombra.
Bush pai postula a McCain como o seu candidato, mentres Bush fillo, nun país de África -orixe do home onte e continente mártir hoxe- onde ninguén coñece o que fai alí, dixo que a miña mensaxe era o inicio do camiño da liberdade de Cuba, é dicir, a anexión decretada polo seu goberno en voluminoso e enorme texto.

O día antes, pola televisión internacional, mostrábase un grupo de bombardeiros de última xeración realizando manobras espectaculares, con garantía total de que, bombas de calquera tipo, poden ser lanzadas sen que os radares detecten as naves portadoras e nin se considere crime de guerra.

Unha protesta de importantes países relacionábase coa idea imperial de probar un arma, co pretexto de evitar a posible caída sobre o territorio doutro país dun satélite espía, dos moitos artefactos que con fins militares Estados Unidos situou na órbita do planeta.

Pensaba deixar de escribir unha reflexión polo menos en 10 días, pero non tiña dereito a gardar silencio tanto tempo. Hai que abrir fogo ideolóxico sobre eles.

Escribín isto ás 3 e 35 p.m. do martes. Onte reviseino e hoxe xoves pola tarde entregareino. roguei encarecidamente que as miñas reflexións sexan publicadas na páxina 2 ou calquera outra dos nosos xornais, nunca en primeira plana, e facer sínteses sinxelas nos demais medios se son extensas.

Estou enfrascado agora no esforzo por facer constar o meu voto unido en favor da Presidencia da Asemblea Nacional e do novo Consello de Estado, e como facelo.

Dou as grazas aos lectores pola súa paciente espera.

Fidel Castro Ruz
Febreiro 21 de 2008
6 e 34 p.m.
_______________

Orixinal no Gramma do 22.02.2008
___________

A andrómena da nova farsa

A andrómena da nova farsa

Onte á noite empezou a campaña electoral. Rectifico: onte á noite iniciáronse as dúas semanas legalmente asignadas aos partidos políticos para que fagan campaña electoral. Porque todos sabemos por abafadora experiencia que fai xa meses que a campaña electoral está en marcha.

A maioría fala desa evidencia con hastío: "Mira que son aborrecidos!". A min a charanga electoreira tamén me aburre, por suposto. Atafégame o seu inacabable ritual monocorde, tan propicio ás caricaturas, ás simplificacions demagóxicas e ás referencias persoais burdamente faltonas.

Pero o que me preocupa máis desta larguísima campaña de meses e máis meses de mitins por toda España, de espectáculos cheos de gorras, banderiñas, faixas e pins, de taboleiros de rúa, de publicidade descarada ou implícita en prensa, radio e televisión (de omnipresencia diaria, en suma), non é o seu carácter soporífero senón, moi en especial, o feito de que converteu máis que nunca as eleccións, formalidades aparte, nunha pugna só accesible para os dous partidos que xa teñen nas súas mans un moi importante poder decisorio, o que fai que as súas arcas poidan afrontar tamaño dispendio, sexa porque están xa ben abastecidas, sexa porque poden estalo aínda máis e mellor grazas ao apoio de quen dan por feito que seguirán tendo un peso decisivo no porvir inmediato.

Considerando o obxectivo da Moncloa como o crucial, o que vivimos desde onte á noite é o tramo final dunha poxa que xa foi deixando fora de xogo aos que non estaban en condicións de puxar tan alto.

É un círculo vicioso: só pode aspirar a ser importante mañá quen xa o é hoxe. A maquinaria supostamente democrática perfecciónase cada vez máis para favorecer o bipartidismo a todos os niveis. Do bipartidismo do noso tempo, cuxo modelo máis acabado é o dos Estados Unidos de América.

Estamos ante a expansión incontida da moderna plutocracia, na que, como sucede coas grandes corporacións empresariais, non fai falta que o propio executivo sexa moi rico. Abonda con que represente ben o papel que lle corresponde na andrómena da nova farsa.

2008/02/22
Javier Ortiz
http://www.javierortiz.net
______________

Enlace orixinal no Blog de Javier Ortiz con comentarios ao artigo

[Publicado no xornal estatal Público o 22 de febreiro de 2008]
____________________

Este martes 26 de febreiro unha nova Asemblea Xeral da Plataforma Ártabra 21

venres, febreiro 22, 2008

Exposición “ART NATURA”, que se inaugurará o 27 de febreiro ás 20 h na Casa da Cultura do Concello de Fene



Exposición “ART NATURA”, que se inaugurará o 27 de febreiro ás 20 h na Casa da Cultura do Concello de Fene
.

Esta exposición poderá visitarse dende o 27 de febreiro até o 14 de marzo e durante este período terán lugar 3 encontros:

12 de marzo ás 20 h : Encontro con fotógrafos

13 de marzo ás 20 h: Encontro con pintores

14 de marzo ás 20 h: Encontro con escritores


Concelleiro de Cultura e Ensino
Edgar Vigo López

Presidente ADEGA TRASANCOS
Xesús Andrés López Piñeiro

xoves, febreiro 21, 2008

NÓS-Unidade Popular, pola retirada da falsa “Ordenança de Convivência”

De: Nosup-trasancos
-nosup-trasancos@nosgaliza.org-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 21 de fevereiro de 2008 16:02
Asunto: NÓS-Unidade Popular, pola retirada da falsa “Ordenança de Convivência”



NÓS-Unidade Popular, pola retirada da falsa “Ordenança de Convivência”

Diante da polémica aberta em relaçom à proposta de Ordenança de Convivência apresentada polo PSOE e IU, de NÓS-Unidade Popular queremos começar por congratular-se pola boa resposta que obtivo a nossa voz de alarme sobre a orientaçom repressiva e inapropriada de umha ordenança que, de aprovar-se crispará a convivência em lugar de favorecê-la.

Foi depois de apresentarmos a nossa avaliaçom de urgência sobre a proposta apresentada pola vereadora Sandra Rios (PSOE) e Javier Galán (IU), que outros grupos políticos aos quais a figemos chegar, como o BNG ou a própria IU, decidírom questionar também as evidentes carências e excessos da proposta.

Carências, porque nom enumera direitos, limitando-se a estabelecer desproporcionados regimes sancionadores, como se nom existissem já leis com que fazer frente a determinados excessos e actos vandálicos contra o património público.

Excessos, porque esse afám sancionador converte essa proposta de Ordenança numha iniciativa ultra-repressiva contra os movimentos sociais, punindo acçons tam legítimas como o reparto de folhetos ou a colagem de cartazes informativos com multas de até 750 euros.

Os próprios grupos municipais referidos figérom públicos outros pontos negros da proposta, e também no seio dos movimentos sociais do nosso concelho começa a estender-se a consciência do que implicaria a aprovaçom de umha Ordenança inspirada na política mais reaccionária e repressiva do PP.

Por todo o dito, de NÓS-Unidade Popular reclamamos a retirada da proposta de Ordenança e a renúncia a aprovar qualquer normativa coarte a livre expressom dos movimentos sociais. Ao contrário, os poderes públicos e, neste caso, a instituiçom municipal ferrolana, devem garantir o exercício desses direitos, com políticas de fomento da participaçom social na vida pública através de umha verdadeira democracia participativa.

Esperamos que os partidos que governam em Ferrol assumam essa necessidade e evitem entrar numha dinámica repressiva que traria conseqüências contrárias à pretensa convivência que figura no título de tam desafortunada Ordenança.

Assembleia Comarcal de NÓS-Unidade Popular em Trasancos

Ferrol, 21 de Fevereiro de 2008
______

Esquerda Unida de Ferrol, ante as descargas de clínker no Porto Exterior e o seu transporte polas estradas do Concello de Ferrol

De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 21 de fevereiro de 2008 17:47
Asunto: Ante as descargas de clínker no Porto Exterior e o seu transporte polas estradas do Concello de Ferrol



COMUNICADO DE PRENSA

Ante as descargas de clínker no Porto Exterior e o seu transporte polas estradas do Concello de Ferrol

O Consello Local de Esquerda Unida de Ferrol, ante as descargas de clínker no Porto Exterior e o seu transporte polas estradas do Concello de Ferrol, quere manifestar o seguinte:

Este Consello Local presentou un escrito dirixido ao Alcalde en decembro de 2007 para que dera as ordes oportunas para vixiar o continuo trasiego de camións de gran tonelaxe polas estradas de Ferrol, así como copia escrita das condicións que dende o Goberno Central se impuxeron para realizar os transportes.

Temos que lembrar a limitación existente na tonelaxe para este tipo de transportes está sendo vulnerada pois os vehículos que realizan estas labores sobrepasan este peso xa que só en vacío acadan as 25 Tn., o límite son 16 Tn., co conseguinte deterioro das estradas do Concello. A isto, debémoslle engadir que estes vehículos unicamente protexen a mercancía cunha lona e calquera ráfaga de vento espalla o clínker, incluso entre núcleos poboados, co conseguinte risco para a saúde.

Doutra banda a Tenente de Alcalde e membros deste Consello Local mantiveron un encontro co máximo responsable da Autoridade da Autoridade Portuaria co fin de tratar este tema e poñer no seu coñecemento que se estána incumprir as condicións na descarga deste perigoso material, principalmente a carencia dunha tolva ecolóxica que permita a descarga sen riscos, posto que as descargas, na actualidade, se están a facer libremente e as partículas de clínker están a caer na Ría e esparcidas a través do ar polos arredores.

Non obténdose resultado positivo nin do escrito nin do encontro, este Consello Local entende que nin a Autoridade Porturia nin o Goberno municipal poden permitir por máis tempo esta situación e deben tomar as medidas necesarias para poñer fin á mesmas.

Dende o Consello Local de Esquerda Unida entendemos que non se está a dicir a verdade aos órganos de representación autonómica e estatal; consideramos unha falta de respecto cara a cidadanía que ante as pretensións exclusivamente económicas dun empresario, que antepón o lucro á seguridade e á saúde da veciñanza, se caia no seu xogo e se mire a outro lado deixando á cidadanía indefensa ante un ataque continuo á súa saúde. É por iso polo que o Consello Local de Esquerda Unida de Ferrol, e ao seu pesar, veráse na obriga de convocar accións de protesta no caso de que ante unha nova descarga deste material non se adopten as medidas necesarias para garantir a seguridade e paliar os efectos perniciosos da descarga e transporte deste material.

Ferrol, 21 de febreiro de 2008
___________________

O Comité de Empresa de URBASER, concesionaria da limpeza e recollida de lixo de Ferrol, informa á veciñanza do Inferniño sobre a súa situación laboral

De: asociacion Veciñal O Rosario-Inferniño
-avvorosario@gmail.com-

Para: artabra21@gmail.com
Data: 20 de fevereiro de 2008 12:05

Asunto: REIVINDICACIÓN URBASER


A Asociación Veciñal O ROSARIO- INFERNIÑO , mantivemos unha reunión co COMITÉ DE EMPRESA da empresa URBASER co fin de nos explicar as súas demandas laborais.

Apuntamos que contra a crenza popular de poder ter salarios recoñecidos ou soldos altos, os traballadores confirman que traballan con salarios baixos non chegando a ser "mileuristas" en varios casos.

XUNTANZA COS REPRESENTANTES DO COMITE DE EMPRESA DE URBASER S.A.

Ferrol, a 20 de febreiro de 2008.

A Xunta Directiva da Asociación Veciñal O Rosario – Inferniño quer informar que o día de onte mantivo unha entrevista con representantes do Comité de Empresa de URBASER S.A.

Os representantes dos traballadores da nomeada empresa convocaron dita entrevista coa finalidade de informar a esta Xunta Directiva, dentro da rolda de entrevistas que ten previsto realizar con representantes de todas as asociacións veciñais da cidade, da situación na que se atopa a negociación do Convenio Colectivo da empresa.

Os representantes sindicais expresaron a súa preocupación ante a FALTA DE DIALOGO que, ate o momento, amosou a Dirección de Urbaser, xa que non parece disposta a sentarse a negociar o novo Convenio coa PLATAFORMA DE REPRESENTACIÓN formada por tres das catro Centrais Sindicais presentes no Comité, que contan co apoio maioritario da Asemblea de Traballadores e da maioría dos membros do Comité.

Os traballadores quixeron manifestarnos, de xeito resumido, cales son as reivindicacións básicas deste novo Convenio, coa finalidade de que a veciñanza teña información clara e non sexa intoxicada con falsas especulacións. Así informaron que reclaman, entre outras medidas: no ámbito salarial a EQUIPARACIÓN COA MEDIA SALARIAL DOS TRABALLADORES DAS EMPRESAS DE LIMPEZA DAS SETE CIDADES MAIS IMPORTANTES DE GALIZA (segundo manifestan son os que perciben o salario menor de todas, sendo incluso un 30% inferior aso traballadores de Urbaser en Lugo), no ámbito laboral solicitan A PROMOCIÓN INTERNA DOS TRABALLADORES COMO FORMA DE OCUPAR TODAS AS CATEGORIAS LABORAIS, e non a contratación externa a dedo para ocupar os postos superiores. Solicitan tamén QUE NON SE PERDAN CERTOS DEREITOS XA CONSEGUIDOS NO CONVENIO COLECTIVO APROBADO NO ANO 2005 e que a empresa de xeito unilateral pretende recortar.

A Xunta Directiva desta Asociación considera que un conflito colectivo neste sector é sempre moi prexudicial para a veciñanza, polo que APOIA AS DEMANDAS DE DIALOGO DOS REPRESENTANTES DOS TRABALLADORES E SOLICITA DA DIRECCIÓN DA EMPRESA URBASER S.A. que ESGOTE TODAS AS VÍAS DE DIALOGO POSIBLE COS REPRESENTANTES DOS TRABALLADORES EN EVITACIÓN DUN POSIBLE CONFLITO COLECTIVO.

Así mesmo e, como queira que a citada empresa realiza un servizo público en réxime de concerto para o Concello de Ferrol, EISIXIMOS dos responsables municipais que, si fose necesario, medien na negociación que se propón e garanta unhas condición laborais dignas para uns traballadores que prestan un servizo esencial para a cidadanía, evitando as graves consecuencias que sempre comporta un conflito laboral neste sector.

Esta Xunta Directiva tamén quer facer público o seu total apoio e aplauso a esta iniciativa do Comité de Empresa de Urbaser, na que fai partícipe ao movemento veciñal, e por extensión a toda a veciñanza, dunha situación que pode desembocar nun problema que padeceriamos todas e todos e o fai antes de que o mesmo se produza.

O SECRETARIO.-
Pedro CACHAZA PEREIRO

O PRESIDENTE.-
Xosé Manuel SANXOAN CAAMAÑO

--
ASOCIACION VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
CIF-G70006473
correo-e: avvorosario@gmail.com
blog da asociación: ferrolnovo.blogspot.com

mércores, febreiro 20, 2008

Crónica: a mobilización social que volve

De: Alexandre -mpoulo@teleline.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 20 de fevereiro de 2008 22:35
Asunto: Crónica: a mobilización social que volve



Crónica: a mobilización social que volve
19-02-2008

O pasado domingo 17 de febreiro medio cento de colectivos de ámbito fundamentalmente local e comarcal (a excepción das organizacións de carácter ambientalista) lograron axuntar, nunha manifestación na capital galega, a preto de 10.000 persoas, baixo o rotundo lema de “Galiza non se vende”. Esta mobilización é se cadra, e até o día de hoxe, o maior toque de atención que sectores sociais que propiciaron o cambio político-institucional en Galiza lle dan ao actual goberno bipartito da Xunta. Así, o lema máis coreado da marcha foi “Galiza non se vende, goberne quen goberne”, toda unha declaración de principios para esta iniciativa mobilizadora.


Mensaxe de esquerdas e nacionalista

Aínda que as reivindicacións destes colectivos sexan en si moi heteroxéneas, xa que van desde o rexeitamento do Plan Acuícola que pretende desenvolver o Goberno galego até a defensa de enclaves como o Courel, pasando pola oposición á instalación de Reganosa na ría de Ferrol ou aos proxectos urbanísticos na costa do Morrazo, na mobilización víase un fío condutor común: a defensa da Terra, do territorio, fronte aos abusos que se veñen cometendo desde as esferas do mundo empresarial ou do propio poder político. Un discurso non excesivamente articulado, mais que si se pode situar nos parámetros da esquerda transformadora (denuncia do papel das multinacionais, cuestionamento das políticas neoliberais, etc.) e mais no nacionalismo emancipador (defensa da identidade propia...).

Nese sentido, rastréxase perfectamente o pouso que deixou na sociedade galega a experiencia da plataforma Nunca Máis e e do seu pulo mobilizador tras a marea negra do Prestige de finais do ano 2002. A mobilización do día 17 bebe desas augas e volve situar nun primeirísimo plano o papel da autoorganización social e dun sentimento de país como o que no seu día fora quen de xerar a devandita plataforma.


O PSOE incapaz de encaixar a mobilización

O PSOE, por boca do propio Pérez Touriño e mais de Pachi Vázquez, conselleiro de Medio de Ambiente, non tardou en responder as demandas cidadás, acusando de “oportunistas” aos promotores da mobilización. Unha resposta que é obvio que non agocha o malestar nas fileiras socialistas ante as críticas á súa xestión de Goberno, sobre todo en áreas como Pesca, Medio Ambiente e Política Territorial. Son conscientes, ademais, e de aí a súa actitude chulesca nas súas declaracións, de que boa parte da xente que se mobilizou son persoas e colectivos da base social do nacionalismo e, polo tanto, pouco se poden ver afectadas as súas posibilidades electorais no noso país nos vindeiros comicios de marzo.


Silencio na dirección do BNG

Pola súa vez, o BNG garda un estraño mutismo(*) a respecto da devandita mobilización. A súa dirección política semella sorprendida polo evidente éxito da convocatoria e é sabedora de que ese éxito mobilizador está motivado polo traballo social –en plataformas veciñais- de persoas estreitamente vinculadas á organización frontista. De feito, máis alá das caras públicas do BNG das que se facían eco os medios, como as dos agora “críticos” X. M. Beiras ou Camilo Nogueira, tamén se advertía a importante presenza de militantes desta organización de menor relevancia pública, mais que desenvolven traballo militante en diversas localidades ou comarcas do país.

Fronte a esta realidade, foi clamorosa a ausencia dos pesos pesados do BNG na mobilización, a diferenza do que acontecía antes da súa chegada ao goberno coas convocadas, por exemplo, por Nunca Máis. E este é un factor que tampouco non pasou desapercibido para os manifestantes, que mesmo expresaban o seu desamparo ante este feito, xa non tanto coas consignas (que tiñan como destino preferente a Pérez Touriño e á súa conselleira de Pesca, Carmen Gallego) senón cos comentarios que se deixaban sentir tanto na propia mobilización como nos foros de internet.


Custos, a curto prazo, ao nacionalismo político

Polo tanto, seguramente sexa o BNG a forza máis damnificada a curto prazo polos ánimos concitados tras a mobilización promovida pola plataforma ‘Galiza non se vende’, co risco que isto supón para as expectativas políticas da devandita forza nacionalista, que depende máis que ningunha outra do esforzo dos seus militantes e achegados.

A tradución política disto sería unha perda, aínda relativa, nos apoios electorais ao BNG nas vindeiras eleccións a Cortes Xerais e máis posibelmente nos comicios autonómicos do ano 2009 (se finalmente o PSOE non decide unilateralmente un adianto electoral, tras as eleccións de xuño). Esta posíbel perda de votos do BNG iría ao saco da abstención, xa que nin Izquierda Unida –cun importante despregue de cadros políticos na manifestación- nin as opcións existentes hoxe no independentismo organizado (FPG e NÓS-UP, que nin sequera foron quen de presentar listas aos devandito comicios) parecen estar en disposición de recoller o descontento que se está a xerar nun sector importante do nacionalismo que tradicionalmente viña apoiando ao BNG.


Reflexión da dirección nacionalista

Porén, a día de hoxe, é impredicíbel a lectura que a dirección da organización nacionalista vai facer desta mobilización, aínda que resultaría inexplicábel que non xerase ningún tipo de reflexión nos cadros políticos que conforman o actual equipo dirixente do BNG, con Anxo Quintana á cabeza.

De non o facer, e de non actuar en consecuencia, a dirección do BNG cometería unha grave irresponsabilidade que contribuiría a afondar no que algúns sectores e colectivos denominan como a ‘deriva’ na que se vén sumindo esta forza política, acentuada se callar aínda máis polo seu acceso a responsabilidades de goberno na Xunta de Galiza.

Galiza, 19 de febreiro de 2008

(*) A prensa escrita do día 20 de febreiro recolle as delirantes palabras de Francisco Rodríguez, membro da Executiva do BNG e que viña desenvolvendo o seu traballo político como deputado no Congreso dos Deputados, descualificando por completo os obxectivos da mobilización e as persoas e colectivos que se manifestaron, chegando mesmo a utilizar o adxectivo "desleal" para definir o seu proceder.

martes, febreiro 19, 2008

O Valedor amoesta aos alcaldes polas antenas de telefonía ilegais

De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 19 de fevereiro de 2008 17:21
Asunto: Brona do Valedor do Pobo


PREOCUPACIÓN CIDADÁ

O Valedor amoesta aos alcaldes polas antenas de telefonía ilegais

A institución que dirixe Benigno López denuncia que os concellos confírmanlle que estas estacións non contan con licenza, pero non fan nada para que deixen de funcionar ·· Segundo o seu último informe, só en 2006 tivo constancia de nove municipios nos que se daba esta situación

NATALIA SEQUEIRO - SANTIAGO
18.02.2008


Unha reacción moi morna ou condescendiente. Así cualifica o Valedor do Pobo a resposta da maior parte de concellos galegos cando lles traslada a preocupación dos cidadáns pola instalación de antenas de telefonía móbil próximas ás súas vivendas. Na memoria anual de 2006, remitida recentemente ao Parlamento, Benigno López recórdalles aos alcaldes que todas as instalacións deben contar cunha licenza para o seu funcionamento. A pesar diso, subliña o Valedor, "é frecuente atopar concellos que confirman os motivos da queixa dos cidadáns, isto é, que a antena non conta con permiso municipal".

Desde finais dos 90, numerosos colectivos veciñais de toda Galicia dirixíronse ao Valedor do Pobo preocupados pola proximidade das antenas aos seus domicilios ou ás escolas dos seus fillos. Os cidadáns consideran molestas estas instalacións e temen que poidan causar enfermidades no barrio. "Un dos exemplos máis claros de preocupación social polas repercusións das infraestruturas na saúde e na calidade de vida atopámolo no considerable número de queixas recibidas pola proximidade de antenas de telefonía móbil a vivendas", sinala o informe.

A institución que dirixe Benigno López sinala que "os riscos asociados ao progreso social deben vir acompañados das suficientes garantías e controis que permitan minimizar o perigo". Segundo o Valedor, é necesario aplicar o principio de precaución ou prevención, no caso de que non se estea seguro de que os avances técnicos sexan inocuos.

Só en 2006 -o ano do último informe publicado pola institución encargada de supervisar a actividade das administracións públicas galegas- o Valedor tivo constancia de que en nove municipios funcionaban antenas sen licenza municipal. Estes, segundo recóllese no informe, foron Culleredo, Ferrol, Santiago, Tui, Chantada, Ares, Vigo, Porto do Son e Redondela.

O Valedor pon de manifesto que os concellos adoitan escudar a súa responsabilidade e pasarlle a pelota a outras administracións. Foi o caso de Santiago ou Chantada. Nas súas comunicacións á oficina que dirixe Benigno López, os responsables municipais xustificaron o seu permisividad alegando que nas antenas situadas en chan rústico, a competencia recae na Consellería de Política Territorial. No informe, o Valedor recórdalles aos alcaldes que segundo a Lei 9/2002 de ordenación urbanística de Galicia e segundo o Regulamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas e Perigosas, (Raminp) son os concellos os que deben evitar os funcionamentos irregulares. "Pero o certo é que as antenas continúan funcionando", conclúe o Valedor.

O CASO

Culleredo

No informe, do ano 2006, o Valedor do Pobo explica o caso de Culleredo. Tras recibir unha queixa dirixíronse ao Concello para comunicarlle o funcionamento irregular de antenas. Este resolveu paralizalas, pero, con todo, non executaba a orde e seguían funcionando.
_____________

ANTENAS-PERIGO-MOVIL
RADIACIÓNS ELECTROMAGNÉTICAS FÓRA DE FERROL.
"ANTENAS DE TELEFONÍA NON"



http://www.espacioblog.com/antenas-peligro-movil/blog

_________________

Algo pasa na Quintana ..., por Antón Xil

De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 19 de fevereiro de 2008 17:39
Asunto: ALGO PASA NA QUINTANA.../ POR Antón XIL



ALGO PASA NA QUINTANA.../ POR Antón XIL

A multitudinaria manifestación do domingo en Santiago deixa un pouso de consecuencias impredecibles para os vindeiros comicios xerais. Desde logo o éxito da participación debe provocar entre os máximos responsables do goberno bipartito certo exercicio de reflexión e, incluso, autocrítica posto que moitos dos que se concentraron na Praza da Quintana axudaron a que PSOE e BNG compartan hoxe tarefas de goberno.

Unha boa parte da masa social que sustenta o respaldo electoral da esquerda e dos nacionalistas decidiron darlle un toque de atención, en forma de manifestación, aos membros do goberno bipartito para esixirlles que asuman (non na teoría, senón na práctica) moitos dos postulados das plataformas cívicas que promulgaron o cambio nos despachos oficiais de San Caetano.

O corpo reivindicativo dos manifestantes xirou ao redor dos tradicionais postulados que identificaron, ata o de agora ao BNG, en maior medida, e ao PSOE. De feito, líderes históricos do nacionalismo galego, como Xosé Manuel Beiras e Camilo Nogueira, non só se deixaron ver na mobilización senón que participaron de xeito moi activo, o cal da bo exemplo de que algo está a pasar no seo da esquerda.

Desde logo os milleiros de persoas que se deron cita na Praza da Quintana pouco tiñan que ver, nas súas querenzas ideolóxicas, con Núñez Feijóo e o Partido Popular; máis ben ao contrario, o que lle dá un valor especial a esta convocatoria que pouco, ou máis ben nada, gustou entre os estrategas electorais das dúas forzas políticas do bipartito; sobre todo polas consecuencias impredecibles que isto pode traer de cara aos comicios do 9 de marzo: Desde o abstencionismo do sector "máis concienciado" do nacionalismo ata un voto de castigo cara a opcións minoritarias e sen tradución práctica en escanos, o cal evidenciaría que as cousas en Galicia non se estarían a facer de maneira satisfactoria para os sectores sociais tradicionalmente máis combativos.

Se a esquerda real, a que se mobiliza, comeza a ter dúbidas serias sobre o grao de transformación que está a liderar o goberno bipartito, parecería ser este un motivo importante para que Quintana e Touriño se poñan as pilas se queren seguir gobernando o país...
_________________

luns, febreiro 18, 2008

Oposición ao proxecto de enlace entre a AP9 en Neda e a Autoestrada Ferrol-Vilalba (AG64)

De: SGHNFERROL -sghnferrol@teleline.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 18 de fevereiro de 2008 19:03
Asunto: Nota de Prensa


Prégase a súa difusión

Oposición ao proxecto de enlace entre a AP9 en Neda e a Autoestrada Ferrol-Vilalba (AG64)

O pasado venres 1 de febreiro tivo lugar no local da Fundaçom Artábria, en Ferrol, unha reunión entre os grupos ecoloxistas da comarca (Adega-Trasancos, SGHN-Ferrol e Verdegaia) e veciños/as de Neda, para tratar sobre o proxecto de construción dunha vía de alta capacidade de conexión da AP-9 (enlace Neda) coa AG-64 (enlace S. Sadurniño).

Os/as reunidos/as en dita mesa coincidimos en rexeitar este proxecto, por entender que actualmente carece de sentido, xa que o concello de Neda, coas infraestruturas que existen na actualidade, está perfectamente conectado coa autoestrada AG64 (Ferrol-Vilalba) por medio de alomenos estas tres opcións:

o Usando a AP9 dirección Ferrol e desviándose cara ao Polígono do Río do Pozo.
o A estrada AC-641 e a súa continuación na estrada AC-642.
o A través do enlace entre Vilar do Colo e a estrada Cabanas - As Pontes.

A vía rápida proxectada causaría consideraveis prexuízos no Concello, fraccionando pola metade o seu territorio, e atravesando ao seu paso zonas de interese ambiental, paisaxístico, agrario e forestal. Por unha parte está a afectación ás Fragas do Río Belelle, que forman parte da proposta de ampliación da Rede Natura 2000 presentada pola Xunta de Galicia (non hai que esquecer que se trata dunha das fragas máis importantes da provincia). Por outro lado, afecta tamén ao Lugar de Importancia Comunitaria “Río Castro”, que xa forma parte desta rede de espazos protexidos.

Á variedade de ecosistemas existentes no concello debemos engadir unha interesante zona de marismas de fondo de ría na franxa litoral.

Estes argumentos son os que decidiron a algunhas entidades ecoloxistas a demandar figuras de protección para os puntos de maior interese ambiental, e ao concello de Neda que axustase as súas previsións de desenvolvemento a estas circunstancias, primando por riba doutras opcións as actividades relacionadas co sector turístico e hosteleiro, así como o mantemento das actividades xa existentes. Este proxecto daría ao traste con estas pretensións.

O interese económico que puidera servir de argumento para levar adiante o proxecto esvaécese totalmente ante os danos económicos que produciría no concello, ao quedar afectadas propiedades de gran valor. Estes efectos negativos veríanse agravados pola alta densidade poboacional dalgunhas zonas atravesadas polo trazado.

Ante estas ameazas, entendemos que non se pode realizar este proxecto sen a máis mínima consideración nin previsión das afeccións que pode causar ao patrimonio do concello.

A execución do Plan Xeral de Ordenación Municipal obrigaría a unha axeitada orientación de territorio acorde coa Lei do Solo. Entre tanto é absurdo concebir unha obra de tal envergadura e consecuencias tan nefastas, máxime cando estamos a falar dun dos concello ambientalmente mellor conservados da comarca. Non vemos a razón de anteceder esta obra ao PXOM.

Non podemos deixar de lado tampouco os prexuízos que esta obra causará a propiedades privadas, directamente por expropiacións de predios e, indirectamente, por contaminación acústica, modificación dos cursos de augas superficiais e freáticas, o que inclúe cegado de fontes, desvío de regos, etc. Sen esquecer que unha elevada porcentaxe da poboación residente hoxe en día elixiu esta magnífica paraxe como un modelo de vida alternativo á vida urbana.
______________

Proxeción do filme "Vajont: Presa Mortal", no Centro Cultural Carvalho Calero do Inferniño en Ferrol, este mércores 20 de febreiro

De:Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 18 de fevereiro de 2008 17:07

Asunto: Proxección Película




Organiza:
fuco buxán, Asociación Cultural
Colabora:
A. VV. Ensanche "A"
Mércores, 20 de Febreiro, ás 20 h.
Centro Cultural Carvalho Calero
(Praza do Inferniño – Ferrol)
Entrada libre
Proxección da película de Renzo Martinelli
(Italia-Francia, 2001)
VAJONT: PRESA MORTAL

A COMPAÑÍA prometíalles prosperidade e o Estado precisaba dunha enerxia abondosa e barata, mais…. ¿Qué está a suceder cando seguridade e vida nunha comarca quedan subordinadas a intereses espúreos de empresarios sen escrúpulos, cando unha administración corrupta cede e cando unha parte importante da poboación non escoita a quenes alertan sobre a sinrazón?.

PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
___________

Ficha Técnica:
Título orixinal: Vajont - La diga del disonore
Xénero: Drama
País: Italia, Francia
Duración: 116 minutos
Dirección:
Renzo Martinelli
Interpretación:
Michel Serrault
Daniel Auteuil
Laura Morante
Jorge Perugorría
Anita Caprioli
Leo Gullotta
Philippe Leroy
Jean-Christophe Brétigniere
Nicola Di Pinto
Federica Martinelli
Eleonora Martinelli
_____