sábado, xaneiro 10, 2009

Manifesto Por Palestina, para a Manifestación Nacional do Domingo 18 de Xaneiro de 2009

MANIFESTACION NACIONAL UNITARIA
ALAMEDA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
DOMINGO, DÍA 18 DE XANEIRO, ÁS 12:00 HORAS
CON PALESTINA
CONTRA DO MASACRE SIONISTA EN GAZA
POR UNHA PAZ XUSTA, DIGNA E DURADEIRA
PARA QUE REMATE ESTA MATANZA
VIVA O POBO PALESTINO


O chamado conflito palestino non é novo. Son xa moitos anos de violencia, de ocupación ilegal dos territorios, de morte, de sufrimento e destrución. A actual intervención do exército israelí na faixa de Gaza ven de moi atrás. Estamos, unha vez máis, diante dun episodio de violencia indiscriminada e desproporcionada, unha auténtica matanza, especialmente contra dunha poboación civil á que se lle nega mesmo a posibilidade de fuxir.

Esta non é unha guerra, non existen exércitos enfrontados, nin igualdade de forzas, nin de recursos. Non existe simetría nin equilibrio entre partes por moito que algúns se empeñen en negar a evidencia. Non é posible a equidistancia. Os verdugos teñen nome coñecido, o Estado de Israel e o seu aliado fundamental, os gobernos dos EE.UU, principal potencia imperialista para quen os sionistas fan o “traballo suxo” na zona. E as vítimas tamén, cóntanse por millares, entre persoas mortas e feridas. A vulneración dos dereitos humanos, a violación sistemática da legalidade internacional, dos acordos de paz e das resolucións das Nacións Unidas teñen un nome inequívoco, o Estado Sionista de Israel.

Trátase, xa que logo, dun auténtico masacre, sen escrúpulo moral algún, sen respecto pola poboación máis indefensa, as persoas anciáns, nenos e nenas, mesmo cooperantes internacionais, nin tampouco polas mesquitas, hospitais ou mesmo escolas, as escolas das Nacións Unidas, con identificación oficial, con coordenadas coñecidas e transmitidas, onde estaban refuxiados do horror centos de cativos e cativas palestinas. O sionismo non coñece límites.

O exército e o goberno israelíta, sabémolo ben, son expertos tamén na ocultación da verdade, contan con axentes moi poderosos. Resulta escandaloso que manifesten que as accións militares actuais son en resposta ó lanzamento de foguetes caseiros desde Gaza, ¿acaso non coñecemos a política de asasinatos selectivos de dirixentes palestinos practicada por Israel nos últimos anos? ¿Ou a de destrución das vivendas das súas familias? ¿Acaso un exército como o israelíta non ten capacidade para detectar e localizar eses lanzamentos?

E en todo caso, ¿onde está a proporcionalidade da resposta?. Xa a coñecemos, balas contra pedras, tanques e mises contra a poboación civil, ocupación militar dos territorios palestinos, muros da vergoña, máis colonizacións fronte dos acordos de paz.

Son centos e millares as persoas palestinas asasinadas, as torturadas nas cadeas israelítas, as mortas como consecuencia do bloqueo, as inspeccionadas e humilladas a diario.

En ningún caso a morte de civís está xustificada, nin a violación sistemática dos dereitos humanos, nin a ocupación militar dos territorios palestinos, nin a vulneración permanente das resolucións das Nacións Unidas. O Estado de Israel non ten credibilidade algunha. Perdeuna. É probablemente o Estado do mundo que máis ten violentado a legalidade internacional, negado unha solución política a un conflito que se dilata inxustificadamente no tempo. Cada vez quedan menos persoas que podan crer as mentiras israelítas. Indigna pensar que a brutal ofensiva militar actual teña que ver coa súa propia axenda electoral. Traficar mortos por votos fai que abominemos do sionismo e das súas prácticas.

Pero non é posible unha solución militar na rexión. A comunidade internacional, e sobre todo a UE e o Estado español, deben mudar a actitude de submisión ós intereses dos EE.UU. e o Estado de Israel, para poder propiciar -dunha vez por todas- unha solución política que pasa, inevitablemente, polo remate da ocupación militar, pola retirada israelíta, por un alto o fogo inmediato, polo diálogo sincero para acadar unha paz xusta, digna e duradeira sobre a base dos acordos internacionais.

A cidadanía galega, a sociedade civil global está con Palestina, está co pobo palestino, apoia e recoñece o seu dereito á existencia e a ter un estado propio. Como recoñece o dereito do pobo israelíta á súa propia existencia e á súa seguridade. O que non se pode admitir é a violencia indiscriminada, a crueldade, o horror, as solucións bélicas para conflitos que son políticos. Por iso demandamos unha solución política definitiva, xusta, digna e duradeira. Neste contexto queremos facer un recoñecimento explícito do traballo de obxectores, antimilitaristas e pacifistas israelítas, en condicións durísimas, a quen queremos desde aquí manifestarlles a nosa solidariedade e apoio.

O Estado español debería ter un papel moito máis activo na procura desa solución política. A UE, a comunidade internacional no seu conxunto, teñen a obriga moral e política de impoñer a Israel o respecto escrupuloso polas resolucións de Nacións Unidas, con toda firmeza, con medidas de boicote, como se fai con outros estados, como se fixo con Sudáfrica no seu momento, para rematar co réxime do Apartheid. Desde logo, como non se fai é tolerando que Israel ocupe territorios ilegalmente, masacre á poboación civil palestina, ou coa política de seguir vendendo armas a países en conflito, como segue a facer España, lamentablemente, e outros Estados que se sentan no Consello de Seguridade da ONU.

Galicia enteira reclama unha paz xusta, digna e duradeira na rexión, a resolución pacífica do conflito por medio do diálogo e do acordo, a fin da ocupación militar, a retirada de tódolos territorios palestinos ocupados, así como a perseguición xurídica dos responsables desta matanza indiscriminada, un auténtico crime contra da humanidade.

En consecuencia exiximos que:

  • Se impulsen políticas activas de solidariedade en favor de Palestina
  • Se deteñan tódolos ataques e bombardeos
  • Se abran as fronteiras para as axudas humanitarias, especialmente en Rafah, xa que dende o 2006 nin o 10% das axudas enviadas á faixa de Gaza puideron pasar.
  • A ONU lle outorgue a toda a representación lexítima palestina, incluíndo a Hamás, a oportunidade de sentarse á mesa do diálogo ao igual que Israel.
  • O goberno español rompa as relacións diplomáticas e comerciais con Israel
  • O goberno español promova diante da UE que o Estado de Israel deixe de ser “país preferente” nas súas relacións coa Europa dos ’27..
  • A Xunta de Galicia se pronuncie contra o goberno de Israel e a favor do pobo palestino.
  • Se denuncie a venda de armas.
  • Se promova o boicot aos produtos israelís e daquelas empresas que manteñan relacións comerciais con eles.
  • Os medios de comunicación e a prensa internacional sexan neutrais.
  • Que a Comunidade Internacional esixa ó Estado de Israel o pago de indemnizacións polos danos en vidas humanas e materiais, producidos na faixa de Gaza.
¡VIVA PALESTINA!
¡PAZ AGORA E PARA SEMPRE!
¡VIVA O POBO PALESTINO!

Organizacións Convocantes:
A Ghentahla do Pichel, Acsur Galiza, Adiante, Arraianos, Asemblea Republicana de Vigo, Asociación Francisco Villamil, Asociación Galaico Arabe Jenin, Aturuxo, BNG, BRIGA, CC.OO de Galicia, Ciberirmandade, CIG, CNT, Colectivo dos Mozos Comunistas, Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica de A Coruña, Comité de Defensa das Rías, Coordinadora de Crentes Galegos, Corrente Vermella, Cosal, CUT, DSI, Encontro Irmandiño, Esculca, Esquerda Unida, FPG, Fuco Buxán, Fundación Araguaney, Fundación Galiza Sempre, Galiza Nova, Isca, Marcha Mundial das Mulheres, Médicos do Mundo, Movemento pola Base, Mundo Sen Guerras, Nós Unidade Popular, Partido Comunista dos Pobos de España, Partido Humanista de Galicia, PCPG, Pen Club de Galicia, Plataforma Alternativa, Pola Esquerda, Seminario Galego de Educación para a Paz, Sindicato de Estudantes, Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza (STEG),Socialismo Libertario, Solidariedade Internacional, UGT Galicia, Verdegaia, Viraventos, Xustiza e Sociedade,

Apoian as seguintes Plataformas:
Coordinadora Galega de ONGDs
Coordinadora Galega pola Paz
Foro de Inmigración
Galiza por Palestina
Iniciativa polos Dereitos Humanos
______________

Nota.-

SOBRE O MANIFESTO FINAL MANIFESTACION DOMINGO
(INCLUÍDAS AS SUXESTIÓNS REMITIDAS e novas adesións)

13 de janeiro de 2009 20:26

Benqueridas amigas e amigos:

Veño de recibir, agora mesmo, un correo asinado por Xan COSALC, a piques de rematar o prazo que acordamos das 20:00 horas de hoxe, Martes, para incorporar suxestións ó borrador que condideramos, todas e todos, na reunión do pasado día 7, nos locais do Seminario Galego de Educación para a Paz, como base do Manifesto para ler no remate da Manifestación do Domingo.

Durante estes días recibimos aquí suxestións de moi distintas entidades que fun incorporando, de Verdegaia, de Esculca, de CC.OO, do P.H. de Coruña, de Olalla Barro, de Carlos Dafonte (da Asamblea celebrada en Lugo), da UGT, da Marcha Mundial das Mulheres (que quedaron en dar unha lectura final para evitar a linguaxe sexista que pudera quedar no texto, de Pola Esquerda, do STEG, e tamén fun incorporando a novas entidades que comunicaron a súa adhesión.

Sinceramente, revisei con todo interese o borrador remitido por Xan Cosalc por si había ideas novas respecto do acordado e penso que están ben recollidas no texto adxunto.

Quero agradecervos o voso esforzo.

Compre facer unha lectura final por si houbera aínda algunha cuestión que eu obviara sen intencionalidade. Tamén a revisión da linguaxe que a MMM quedou en facer.

En calquera caso penso que o manifesto redactado pode acollernos a todas e todos con comodidade.

As cuestións técnicas da Manifestación abordarémolas o xoves, ás 18:00 horas.

Sen máis, recibide un saudo cordial.

Manuel Dios Diz
Educación e Paz -paz@sgep.org-
Seminario Galego de Educación para a Paz
___________

venres, xaneiro 09, 2009

Importante mobilización Por Palestina en Ferrol

Galería de Fotos da Mobilización de Ferrol -09.01.2009-


Enlace coa Galería de Diapositivos en alta resolución, da concentración Por Palestina de Ferrol, do 9 de Xaneiro de 2009

Hoxe, 9 de Xaneiro de 2009, tivo lugar a segunda mobilización Por Palestina en Ferrol, desde que comezou a agresión o pasado 27 de Decembro. Un número importante de persoas congregaronse na Praza Amada García, nunha acción de apoio a Palestina e para protestar contra a agresión sionista. En diferentes cidades e vilas da Galiza están tendo lugar mobilizacións e asembleas, para preparar e coordenar as accións de Solidariedade con Palestina diante da agresión israelí. Esta semana tiveron lugar varias reunións nas que se decideu unificar as mobilizacións e convocar unha só Manifestación Nacional o Domingo 18 de Xaneiro, ás 12 do mediodía na Alameda de Santiago de Compostela. Desde Ferrol vaise contratar autobuses para desprazarse até Compostela. Para preparar esta mobilización vai ter lugar unha reunión, o vindeiro Martes, 13 de Xaneiro, ás 8 da Tarde, no local da Fundaçom Artábria en Esteiro.
___________________

De: Educación e Paz -paz@sgep.org-
Para: artabra21@gmail.com
Data:
9 de janeiro de 2009 18:39
Asunto: ACORDOS REUNION PRO PALESTINA


Benqueridas amigas e amigos:

Con satisfacción debemos anunciar que hoxe chegamos a un acordo tódalas plataformas e organizacións convocantes de accións en solidariedade co pobo palestino en Galicia. Así, tanto as mobilizacións deste Sábado, día 10, nas distintas cidades e vilas de Galicia, como a Manifestación Nacional do Domingo, día 18, ás 12:00 horas, desde a Alameda de Compostela e ata a Quintana, contan co respaldo das organizacións que figuran en baixo, así como a de tódalas organizacións que asinan o Manifesto anexo.

Achégase o borrador do Manifesto que será leído no remate da Manifestación do Domingo en Compostela para que cada quen faga as aportacións oportunas antes do Martes, día 13 ás 20:00 horas.

Na reunión estiveron presentes: Esculca, Fundación Araguaney, Seminario Galego de Educación para a Paz, CNT, Marcha Mundial das Mulheres, Sindicato de Traballadores e Traballadoras do Ensino de Galiza, Foro de Inmigración, Coordinadora de Crentes Galegos, Fundación Galiza Sempre, BNG, CC:OO de Galicia, UGT de Galicia, e Galiza por Palestina.

O lema da Manifestación será "Galiza con Palestina. Non ao masacre", en galego e árabe, e será portada exclusivamente por palestinas e palestinos. O resto das organizacións e entidades irán á continuación coas súas propias pancartas si así o desexan.

O xoves, día 15, ás 18:00 horas, haberá unha nova reunión nos locais do Seminario Galego de Educación para a Paz, para concretar e ultimar os aspectos técnicos.

Confiando en que podades dar a máxima difusión ós acordos, recibide un saúdo cordial.

Atentamente,

Manuel Dios Diz
Seminario Galego de Educación para a Paz

Enlace co Manifesto Unitario nos Arquivos Ártabros


Galería fotográfica "Agresión Sionista contra o Pobo Palestino"



______________

mércores, xaneiro 07, 2009

Convocada unha Manifestación Nacional por Palestina, o Sábado 17 de Xaneiro, en Compostela

NOTA IMPORTANTE.-

A manifestación Nacional en Compostela queda adiada para o Domingo 18 de Xaneiro, despois de celebrada unha segunda reunión en Compostela.


De: Educación e Paz -paz@sgep.org-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 7 de janeiro de 2009 21:07
Asunto: ACORDOS REUNION PRO PALESTINA



ACORDOS REUNIÓN PRO PALESTINA


Benqueridas amigas e amigos:

A reunión autoconvocada empezou coa explicación do Seminario Galego de Educación para a Paz do obxecto da convocatoria, das entidades convocadas (as que formaban ou forman parte da Coordinarora Galega pola Paz, da Iniciativa polos Dereitos Humanos, da Coordinadora Galega de ONGDs, do Foro de Inmigración e da Fundación Araguaney, así como ás entidades do Foro Social Galego). E da necesidade de dar unha resposta unitaria e nacional á matanza palestina en Gaza e de garantir a máxima participación posible da cidadanía.

Asistiron representantes das seguintes organizacións:

Esculca, Marcha Mundial das Mulheres, Ciberirmandade, CNT, Fundación Araguaney, Seminario Galego de Educación para a Paz, Fundación Galiza Sempre, Foro Galego de Inmnigración, Coordinadora de Crentes Galegos, Médicos do Mundo, Solidariedade Internacional, ACSUR Galiza, Mundo sen Guerras, Partido Humanista e Dina 3.

Non puderon asistir pero se adhiren:

Altermundo e CC.OO.

Tomáronse os seguintes ACORDOS:

1º.- Realizar unha MANIFESTACION NACIONAL en Santiago de Compostela, ás 12:00 horas da mañán, o vindeiro Sábado, día 17 de Xaneiro, saíndo da Alameda e rematando na Quintana.
2º.- Establecer un lema común, asumible polas organizacións, de inequívoco apoio ó pobo palestino e de condea pola masacre do sionismo en Gaza.
3º.- Encomendar ó Seminario Galego de Educación para a Paz para que faga unha proposta de lema e de Manifesto que será remitido mañán a tódalas organizacións.
4º.- Facer a comunicación á delegación do goberno (Esculca)
5º.- Lerán o Manifesto no remate da Manifestación María Bouzas ou Mabel Rivera (xestiona a Fundación Araguaney)
6º.- Faranse cuñas de radio na cadea SER e na Radio Galega (Fundación Araguaney)
7.- Contactarase cos medios, con periodistas concretos (AGARESO) para que animen a convocatoria.
8º.- A pancarta de cabeza levarana representantes de organizacións palestinas en Galicia. A continuación irán representantes das entidades convocantes.

En relación con outra convocatoria de reunión promovida polo COSAL en Sargadelos acórdase tentar facer unha única Manifestación e levarlle os acordos e as entidades que estiveron nesta para evitar duplicidades (encárgase Solidaridade Internacional).

A convocatoria está aberta a tódalas organizacións, entidades, partidos, sindicatos... que queiran incorporarse.

Prégase a maior difusión e comunicar a este correo electrónico as novas organizacións convocantes.

Sen máis, recibide unha aperta cordial.

Atentamente,

Manuel Dios Diz
Seminario Galego de Educación para a Paz.
_______________________

Video: Masacre nun mercado de Gaza - Sábado, 3 de Xaneiro de 2009

De: Jose Alvarez -josealvarezcster@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 7 de janeiro de 2009 00:04
Asunto: Masacre en Gaza


ESTE VÍDEO ESTA SENDO DIFUNDIDO POLOS MEDIOS ALTERNATIVOS DE PRENSA E MOSTRA CON CRUEZA A REALIDADE DA GUERRA EN PALESTINA E A CRUELDADE CON QUE SE ATACA Á POBLACIÓN CIVIL

Este vídeo clip foi tomado cunha cámara móbil inmediatamente despois que un ataque terrorista aéreo israelí alcanzara a un mercado ocupado onde as crianzas coas súas nais e pais estaban en busca de alimentos para comer dun dos principais dos mercados locais o sábado 3 de Xaneiro de 2009.
____________

martes, xaneiro 06, 2009

Venres, 9 Xaneiro, ás 20 horas.

NOVA CONCENTRACIÓN EN SOLIDARIDADE CO POBO PALESTINO


"DETEÑAMOS O TERRORISMO SIONISTA"

Venres, 9 Xaneiro, ás 8 da Tarde

Concentración diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol, na Praza Amada García

Acude e difunde !!

Alto á masacre e ao xenocidio en Gaza !!

Convocatoria aberta, até agora participan: ADEGA, Asociación Cultural Fuco Buxa, Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga", Asociación Veciñal "O Rosario - Inferniño", Acsur-Las Segovias, Briga, Comité de Empresa de MEGASA, Confederación Sindical Galega - CIG, Confederación Nacional do Traballo - CNT, Colectivo Ártabra 21, Esquerda Unida, Fervesteiro, Fundaçom Artábria, Galiza Nova, Marcha Mundial das Mulleres, Nós - Unidade Popular, OSPAAL Galicia, Partido comunista de Galicia (PCG), Siareir@s Galeg@s, Sindicato Comarcal das CCOO, Unión Libertaria, Verdegaia


Sumate á convocatoria !!



Galería fotográfica "Agresión Sionista contra o Pobo Palestino"


_________

Venres, 9, ás 20 h.: Concentración en solidaridade con Palestina

De: Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol -fucobuxan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 6 de janeiro de 2009 23:12
Asunto: Venres, 9, ás 20 h.: Concentración solidaridade con Palestina



Venres, 9, ás 20 h.: Concentración solidaridade con Palestina

Cando o terrorismo sionista leva causado 600 mortos e 3000 feridos entre a poboación civil indefensa na Franxa de Gaza.

As organización convocantes da mobilización do pasado día 2, en réxime de auto-convocatoria, anuncian:

NOVA CONCENTRACIÓN EN SOLIDARIDADE CO POBO PALESTINO

Venres, 9 Xaneiro, ás 20 horas.

diante do Edificio da Xunta de Galicia - Praza Amada García - Ferrol.

Acude e difunde

Alto a masacre e ao xenocidio en Gaza !!

--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es

Israel lanza bombas de fósforo sobre Gaza

Por: Sheera Frenkel e Michael Evans
Foto: Patrick Baz/AFP/Getty Images


Crese que Israel utilizou bombas de fósforo branco para cubrir o seu ataque de onte á densamente poboada Franxa de Gaza. O arma, que foi utilizada polas forzas británicas e usamericanas en Iraq, pode ocasionar terribles queimaduras, pero non é ilegal se se usa para crear pantallas de fume.

Mentres as forzas israelís tomaban por asalto as aforas da cidade de Gaza e o número de palestinos mortos chegaba a 500, podía verse como estas bombas esparcían grosos tentáculos de fume branco para cubrir o avance dos soldados.

"Estas explosións son espectaculares e producen unha gran cantidade de fume que cega ao inimigo para que as nosas forzas poidan avanzar," dixo un experto en seguridade israelí.

As partículas incandescentes de fósforo branco poden causar queimaduras moi graves a quen se atopen ao seu alcance, o que impide que posibles francotiradores e operadores de explosivos a control remoto poidan actuar. Israel admitiu utilizar fósforo branco na guerra contra Líbano en 2006.

O uso desta arma na Franxa de Gaza, unha das zonas máis densamente poboadas do mundo, pode aumentar a controversia respecto ao ataque israelí, durante o cal máis de 2.300 palestinos resultaron feridos.

Aínda que a Convención de Xenebra de 1980 establece que o fósforo branco non pode usarse como arma de guerra en contra de poboacións civís, o Dereito Internacional non prohibe de xeito expresa o seu uso como pantalla de fume ou para iluminación.

No entanto, Charles Heyman, experto militar e ex maior do exército británico, declarou que "quen lancen fósforo branco deliberadamente contra civís poden terminar sendo xulgados polo Tribunal da Haia. O fósforo branco tamén é un arma utilizada para infundir terror, pois as partículas de fósforo que caen, arden cando entran en contacto coa pel."

Aínda que o exército israelí negou onte utilizar fósforo, tamén se negou a revelar o tipo de armas que utilizou. Segundo o capitán Ishai David, portavoz do exército, "Israel usa municións permitidas polo Dereito Internacional." "Seguimos adiante coa segunda etapa das operacións, as nosas forzas avanzan na Franxa de Gaza para tomar as áreas desde onde se lanzan foguetes a Israel."

A cantidade de civís mortos nas primeiras 24 horas do ataque terrestre -lanzado logo dunha semana de bombardeos por aire, mar e terra- pasa de 64. Entre os asasinados están os cinco membros dunha familia que morreron cando o proxectil lanzado por un tanque deu no seu automóbil, e un paramédico que morreu cando un tanque fixo voar a súa ambulancia. Os médicos do principal hospital a cidade de Gaza declararon que entre os mortos e feridos atópanse moitas mulleres e nenos.

O exército israelí tivo a súa primeira baixa da ofensiva cando un dos seus soldados foi morto por fogo de morteiro. Máis de 30 soldados foron feridos por morteiros, minas e francotiradores.

Israel ignorou as chamadas de cesamento do fogo, para permitir que a axuda humanitaria entre a Gaza, onde as subministracións médicas estanse acabando.

En vista de que as protestas en contra de Israel crecen en todo o mundo, Gordon Brown describiu a violencia en Gaza como "un momento perigoso."

Fósforo branco:
- Produto químico utilizado para crear pantallas de fume que produce unha queimadura que pode chegar ata o óso.
- Cando entra en contacto co osíxeno, o fósforo branco estala nunha chama amarela que produce un denso fume branco.
- Úsase como pantalla de fume e como arma incendiaria, pero tamén pode utilizarse como compoñente flamígero antipersoal capaz de producir queimaduras que poden ser fatais.
- Xeralmente, o fósforo branco produce queimaduras de segundo ou de terceiro grao, porque as partículas seguen ardendo ao entrar en contacto coa pel ata que desaparecen por completo e poden chegar ata o óso.
- As Convencións de Xenebra prohiben o uso de fósforo como arma ofensiva contra civís, pero o Dereito Internacional non prohibe o seu uso como pantalla de fume.
- Israel usou fósforo branco na guerra contra Líbano en 2006.
- As forzas británicas e usamericanas usárono en guerras recentes, especialmente durante a invasión a Iraq en 2003. O seu uso foi amplamente criticado.
- Na xerga militar o fósforo branco (white phosporus en ínguas) recibe o nome de "Willie Pete", que data da Primeira Guerra Mundial. Usouse amplamente durante a Guerra de Vietnam.


TeleSUR
Creative Commons License
A Nova Televisión do Sur C.A.
(TVSUR) RIF: G-20004500-0
_________________

Anuncian a entrada na Ría, dun novo buque, o nº 38, cargado con GNL, para REGANOSA, polo que convocan unha acción de protesta este Xoves, 8 de Xaneiro


De: Comité Cidadán de Emerxencia -comitecidadan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 6 de janeiro de 2009 13:08
Asunto: Concentración 8.01.09 Gaseiro nº 38


Concentracion 8.01.09 Gaseiro nº 38

Prevista a entrada na Ría de Ferrol do gaseiro nº 38, "LNG Cadiz Knutsen" o Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha

CONCENTRACIÓN

O Xoves, 8 de Xaneiro de 2009, ás 19 horas diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, na Praza Amada García.

Características do buque :
Bandeira .-España, Eslora.- 284.84 m, Manga.- 42.53 m, Capacidade.- 138.000 m3.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org
_______

luns, xaneiro 05, 2009

Propostas por Palestina

<
PROPOSTAS DE CONVOCATORIAS


POR PALESTINA





Unha Local:

Poucas horas despois de ter lugar a concentración por Palestina en Ferrol, o pasado venres, 2 de Xaneiro, a Fundaçom Artábria propuña unha nova mobilización en rexime de auto-convocatoria, para o vindeiro 9 deste mes de Xaneiro, para o cal propon facer unha reunión no seu local social de Esteiro Ferrol o vindeiro Xoves, día 8 de Xaneiro, ás 8 da Tarde [+ Info]





Outra Nacional:

A entidade Galiza por Palestina convocou a todos os colectivos e persoas interesadas na realización dunha manifestación nacional galega, en rexime de auto-convocatoria, a unha reunión o vindeiro mércores, día 7 de xaneiro, ás 7 da Tarde na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela (Rúa Nova). [+Info]




____________________

¡Xa basta! miles de israelís saíron ás rúas de Tel Aviv o sábado pola noite para protestar contra a guerra en Gaza

Por Rachel Shabi en Tel Aviv

Membros da esquerda israelí manifestanse para engadir a súa voz contra o asalto a Gaza [AFP]

No medio de berros de "Xudeos e árabes néganse a ser inimigos!" pancartas e a lectura, "Xa Basta!" miles de israelís saíron ás rúas de Tel Aviv o sábado pola noite para protestar contra a guerra en Gaza.

Os manifestantes pediron que se poña fin de inmediato aos ataques israelís, na que máis de 450 palestinos foron asasinados e ao redor de 2.100 feridos desde que comezaron os ataques aéreos en Gaza o pasado sábado.

Os organizadores, unha coalición de grupos tales como Gush Shalom, o partido Hadash e a Coalición de Mulleres pola Paz, foron alentados polos votantes.

"Temos a experiencia da última guerra, no Líbano, e esta vez o clamor público é moito máis rápido e moito máis grande", dixo o veterano activista de Gush Shalom de Uri Avnery.

"É unha guerra cínica, por motivos políticos e a xente é moi consciente diso".

Palestino-israelís que se manifestaron xunto a xudeus co-nacionalistas ondearon a bandeira palestina, como a policía intentou prohibir esa práctica antes da protesta, foi revogada polo Tribunal Superior de Israel.

Anteriormente o sábado, ao redor de 10.000 manifestantes, na súa maioría palestinos-israelís, protestaron no norte de Galilea, pobo de Sakhnin.

Moitos dos manifestantes expresaron o desexo de mostrar outro lado da ecuación de Israel no medio de gran apoio público para os actuais ataques.

"Hai persoas que pensan diferente", dixo de 24 anos de idade Iya Michlin, desde Tel Aviv.

"É importante que o mundo, e especialmente o mundo árabe, que ve".

Outros foron claros nas súas esixencias de que o goberno israelí.

"Quero comezar a falar", dixo Raquel Mendelson, 65, da central cidade israelí, Rehovot.

"Non se pode seguir crendo que se pode loitar contra os ataques con máis ataques. É hora de falar, non para morrer - non aquí e non alí".

Equilibrio buscado

Algúns manifestantes foron críticos do goberno de Hamás en Gaza, pero avogou por un sentido de equilibrio.

"É patéticodicer que Hamas provocou a Israel", dixo Ada Bilu, 46, de Xerusalén.

"Pero non hai proporción e non hai igualdade nas relacións de poder, do que poden facer os israelís e o que pode facer os palestinos . Gaza é un lugar terrible para vivir e Israel ten moita máis responsabilidade da que lle gustaría ter".

Un grupo de contra-manifestantes tamén asistiron ao evento e acordoouse despegou das principais manifestacións pola policía en numerosas ocasións.

O evento de forma esporádica converteuse nun concurso de lemas, como contra-manifestantes gritaban "¡Vergoña a vostede!" e "Que o exército israelí gañará!" mentres que a guerra contra os manifestantes que responderon co "exército é unha organización terrorista!" e "Os nenos en Gaza e en Sderot quere vivir!"

Nestas manifestacións dos israelís de esquerda adoitan ser descalificados como non representativo na sociedade israelí. Segundo unha sondaxe encargada polo xornal Haaretz Days, o 53 por cento dos israelís cren que a forza aérea debe continuar os seus ataques sobre Gaza, e só o 19 por cento pensaba que o goberno debe negociar un cesamento do fogo axiña que como sexa posible.

A policía israelí de detención un manifestante [AFP]
A enquisa tamén mostrou pouco apoio - 19 por cento - para unha invasión terrestre de Gaza.

Os analistas suxiren que esta cifra reflexa o sentimento público sobre as forzas de defensa, que están máis en risco de ataques en terra.

"O valor dun soldado da vida percíbese como un valor de máis dun civil", di o profesor Hermann Tamara, co-autor dunha enquisa mensual da paz de vixilancia a opinión pública israelí.

"Hai un entendemento no discurso público que os soldados israelís son todos os nosos fillos - que é a razón pola que son tan queridos para nós".

Con todo, é preocupación polos residentes no sur de Israel, dos cales 700.000 están agora dentro do alcance dos ataques con foguetes desde Gaza, que mantivo algúns grupos de esquerda en silencio durante o actual ataques israelís na franxa.

"Hai unha chea de solidariedade e empatía co pobo en Gaza e en todos fálase da acción israelí sexan desproporcionados", di Yael Patir, Israel coordinador do foro de ONG de Paz, un palestino-israelí afiliación a grupo de loita contra a a guerra actual.

"Pero houbo argumentos internos dentro do noso campamento, porque algúns din que, se Qassams [foguetes] están caendo aos residentes no sur do país, non podemos afirmar que Israel non debe atacar a Hamas a calquera prezo.

Os israelís non queren ver outros israelís bombardearon por Hamas e isto está causando un grave dilema".

http://english.aljazeera.net/ _______________

domingo, xaneiro 04, 2009

Palestina: Crónica da agresión sionista a Gaza [4 de Xaneiro de 2009]

GAZA: segundo fontes médicas dos 512 mort@s pelestinianas, desde o inicio da agresiva e criminal ofensiva israeliana, 87 son crianzas







_________

Desastrosa situación humanitaria en Gaza por ofensiva israelí

Desastrosa situación humanitaria en Gaza por ofensiva israelí

Gaza, Domingo, 4 de xaneiro 2009 (PL) Autoridades sanitarias, socorristas e funcionarios de axencias de axuda internacionais que laboran en Gaza describiron hoxe de desastrosa e catastrófica a situación humanitaria neste enclave palestino por mor da ofensiva terrestre de Israel.

Ataques de Israel contra o Pobo Palestino en Gaza

A invasión por terra, xunto cos continuados bombardeos desde o aire e o mar, permitiu o avance de tanques e soldados hebreos cara á parte oriental desta cidade, aínda que chocaron cunha forte resistencia de milicias islamitas que combaten unidas.

O mando militar israelí asegurou que a ofensiva marcha “de acordo cos plans”, pero admitiu que un soldado foi abatido e outros 30 sufriron lesións nos enfrontamentos cos palestinos na periferia e zonas densamente poboadas da urbe.

As baixas israelís ascendían ata agora a catro mortos, un deles militar, e a decenas de feridos como consecuencia dos foguetes lanzados polos palestinos, 25 dos cales impactaron hoxe en chan xudeu, a pesar da envergadura da ofensiva por terra.

De acordo con fontes médicas, ao final da tarde do domingo a cifra de palestinos mortos elevouse a 510 e a de feridos a máis de dous mil 400, a maioría destes últimos civís indefensos.

Estimados oficiais indican que só desde este sábado na noite ata hoxe houbo uns 40 decesos e 150 feridos, a maioría palestinos.

As Brigadas Ezzedine ao-Qassam, brazo armado do Movemento da Resistencia Islámica (Hamas), así como outras de grupos palestinos afíns advertiron que, a pesar da inferioridade en armamento e técnica, Gaza converterase nun gran cemiterio para os ocupantes.

Os hebreos bombardearon a sede da emisora televisiva Ao-Aqsa, vinculada a Hamas e, aínda que aseguraron que prevén destruír só a infraestrutura de Hamas, reduciron a cascallos 11 mesquitas desde que estalou a beligerancia en pasado 27 de decembro.

Familias con vultos e nenos en brazos abandonan a pé ou en carros as zonas ás que chega a infantería israelí, deixando en cálelas cadáveres que non foron recollidos debido aos intensos tiroteos.

Namentres, nos hospitais sucédense escenas de dor e desesperación pola afluencia de mortos e feridos, un elevado número deles civís, mentres resultan cada vez máis escasos materiais curativos e cirúrxico, reservas de sangue e auga potable.

O representante da axencia da ONU que asiches aos refuxiados palestinos (UNRWA), Christopher Gunness, considerou absurda a aseveración de Tel Aviv –repetida en París pola chanceler Tzipi Livni- de que non hai crise humanitaria en Gaza.

Tras descartar que fixese calquera propaganda a favor dos grupos islamitas, Gunness asegurou que os preto de 10 mil traballadores da UNRWA lidan a cada momento cun panorama desolador que ameaza con empeorar, se non se detén a agresión.

Mentres o director do hospital Ao-Shifa, Hassan Khalaf, cualificou de masacre a morte de pacientes pola falta de medicamentos e vendas, a directora rexional de Save the Children, Sanna Johnson, dixo á canle Ao Jazeera que moitos nenos morrerán se persiste a agresión.

Khalaf relatou que moitos feridos son atendidos no chan e os hospitais non dan abasto con insumos e medicamentos, mentres os médicos curan co que está ao seu alcance, sen poder evitar a morte dalgúns aos que non se lles pode dar a atención requirida.

Outras axencias de axuda piden ábrase un corredor humanitario para permitir a entrada de medicamentos, alimentos e auga potable, e facilitar a evacuación dos feridos requiridos de tratamento especializado.

Prensa Latina

Outras informacións en Prensa Latina:

  • Israelís e palestinos libran combates en periferia de Gaza
  • Representante palestino empraza a comunidade internacional
  • Esquerda Portugal critica posición europea sobre invasión Gaza
  • Convocan en Bolivia marcha contra agresión israelí a Gaza
  • Esixe México terminar hostilidades en Franxa de Gaza
  • Exipto esixe cese agresión e islamitas denuncian represión

  • O Bloqueo israelí á Franxa de Gaza

    ___________

    Convocatoria manifestación nacional

    A petición de varias persoas, grupos políticos, sociais, sindicais e culturais asistentes ás mobilizacións contra a agresión sionista ao pobo palestino de Gaza, Galiza por Palestina convoca a todos os colectivos e persoas interesadas na realización dunha manifestación nacional galega en repudio dos crimes sionistas e da ocupación de Palestina a unha xunta o vindeiro mércores, día 7 de xaneiro, ás 19:00 hrs na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela (Rúa Nova).

    En réxime de autoconvocatoria, pedimos que acudades e difundades esta xunta entre todas as persoas interesades e nos confirmedes a vosa asistencia aos nosos correos electrónicos:

    Pallasos en Rebeldía no Primeiro Festival Mundial da Digna Rabia

    De: comunicacion@coperactiva.org
    Para: artabra21@gmail.com
    Data: 3 de janeiro de 2009 01:48
    Asunto: Primeiras crónicas de Iván Prado dende Chiapas - Pallasos en Rebeldía


    Primeiras crónicas de Iván Prado dende Chiapas - Pallasos en Rebeldía
    Sábado, 3 de Xaneiro de 2009

    Pallasos en Rebeldía no Primeiro Festival Mundial da Digna Rabia

    O colectivo galego Pallasos en Rebeldía participa no Primeiro Festival Mundial da Digna Rabia convocado polo EZLN, evento que se está a celebrar en México dende o 26 de decembro ata o 5 de xaneiro. Despois de celebrar os 15 anos de resistencia zapatista, a dita asociación impartirá formación durante dez días a novos equipos de pallasos zapatistas dos municipios do V Caracol, Roberto Barrios e iniciará unha nova xira de actuacións por comunidades zapatistas.

    Clica aquí para ler as crónicas enviadas por Iván Prado

    www.culturactiva.org
    ___________________

    sábado, xaneiro 03, 2009

    Este Venres, 2 de Xaneiro de 2009, Ferrol participou, como outras cidades e vilas de Galiza, na Acción Mundial por Palestina

    Fotos de Susete70 e CA21

    A Solidariedade e o Internacionalismo, moveron a máis de 400 persoas que participaron en Ferrol na convocatoria por Palestina que tivo lugar este venres, na Praza Amada García, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.

    "Solidariedade con Palestina !!", "Os Sionistas son os terroristas !!" e "Palestina Vencerá !!", foron berros de solidariedade, denuncia e reivindicación que se escoitaron, nesa noite que, apesar da chuvia, logrou mobilizar a un importante número de persoas.

    As organizacións e colectivos que decidiron que a nosa cidade poarticipara no día de Acción Mundial por Palestina, fixero-no para denunciar a criminal agresión que o Goberno Israelí está a perpetrar contra a indefensa poboación palestina na Franxa de Gaza; para condenar a violencia do terrorismo sionista que leva causados máis de catrocentos cincoenta persoas mortas e ao redor de dous milleiros de feridas, nos ataques dos últimos días e que ameaza con desencadear unha invasión terrestre; para expresar a súa máis profunda solidariedade co Pobo Palestino, que segue a sufrir unha brutal violencia nestes días, como hai xa máis de corenta anos, a crueldade dunha ocupación, que se agrava co correr dos días e dos anos; para facer constar o seu apoio e solidariedade co millón e medio de persoas que habitan en condicións infrahumanas a Franxa de Gaza e ao conxunto do Pobo Palestino; para esixir dos poderes públicos da Xunta de Galicia e do Goberno do Estado un pronunciamento nidio e acompañado de feitos certos que coadxuven o cesamento do terrorismo sionista e a prol dos dereitos do Pobo Palestino; para demandar que se deteñan os bombardeos sobre Gaza e que se levante o bloqueo da franxa; ...

    As organizacións e colectivos que convocaron o acto foron: ADEGA, Asociación Cultural Fuco Buxán, Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga", Asociación Veciñal "o Rosario - Inferniño", Acsur-Las Segovias, Briga, Comité de Empresa de MEGASA, Confederación Sindical Galega - CIG, Confederación Nacional do Traballo - CNT, Colectivo Ártabra 21, Esquerda Unida, Fervesteiro, Fundaçom Artábria, Marcha Mundial das Mulleres, Nós - Unidade Popular, Siareir@s Galeg@s, Sindicato Comarcal das CCOO, Unión Libertaria e Verdegaia.

    Desde unha megafonía leuse un comunicado consensuado polas organizacións convocantes. Unha vez rematada a concentración, fixose un chamado a estar atentos ante a necesidade de novas mobilizacións.

    Galería fotográfica "Agresión Sionista contra o Pobo Palestino"


    _______________

    Enlaces relacionados:
    ___________

    Proposta Palestina

     Fundaçom ArtábriaDe: Fundaçom Artábria -artabria@artabria.net-
    Para: artabra21@gmail.com
    Data: 2 de janeiro de 2009 23:18
    Asunto: Proposta Palestina


    Proposta Palestina

    Car@s companheir@s,

    Dado o relativo sucesso da convocatória de hoje, tendo em conta que praticamente foi convocada pola rede e por sms, propomos marcar já umha nova mobilizaçom para a próxima sexta-feira, 9 de Janeiro, às 20h.

    Se cumprisse reunir-nos para fechar algumhas questons ou fazer umha valorizaçom propomos reunir-nos a próxima quinta-feira, 8 de Janeiro às 20h, no nosso Local Social, se vos parece bem.

    Rogamos que respondades com a maior brevidade a esta proposta, para começar a publicar a convocatória, no correio-e correiodeartabria@gmail.com ou no telefone 659 306 973 (Rebeca)

    Atentamente
    A Junta directiva

    PS: Faltam os correios-e de algumhas das organizaçons.

    --
    A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.

    Código de Identificaçom Fiscal (CIF): G15645518.
    Morada: Travessa de Batalhons nº7 Esteiro
    15403 Ferrol - GALIZA
    Telefone do Centro Social: +34 981369099
    Fax do Centro Social: +34 981369920
    Telefone do café-bar: +34 981369921

    Sítio webda Fundaçom Artábria
    http://www.artabria.net

    Sítio web do festival da Terra e da Língua
    http://www.artabria.net/festival

    ___________________

    venres, xaneiro 02, 2009

    Alberto Arce desde Gaza: para que teñades o meu telefono e reenviedes a todo o mundo

    De: Educación e Paz -paz@sgep.org-
    Para: artabra21@gmail.com

    Data: 29 de Dezembro de 2008 11:39

    Asunto: Alberto Arce DESDE GAZA: para que teñades o meu telefono e reenviedes a todo o mundo



    Alberto Arce DESDE GAZA: para que teñades o meu telefono e reenviedes a todo o mundo

    Benqueridas amigas,
    Benqueridos amigos:

    Replicamos esta información dramática desde a convicción de que o pobo palestino non merece esta parálise da comunidade internacional.

    Tódolos esforzos solidarios, de sensibilización e de acción pacífica son necesarios.

    Non podemos tolerar esta barbarie.

    Agradecemos a máxima difusión.

    Manuel Dios Diz
    Seminario Galego de Educación para a Paz.
    FUNDACION CULTURA DE PAZ

    ----- Original Message -----
    From: Augusto Serrano
    To: Undisclosed-Recipient:;
    Sent: Sunday, December 28, 2008 7:14 PM
    Subject:[Palestina] Alberto Arce DESDE GAZA: para que teñades o meu telefono e reenviedes a todo o mundo


    AQUÍ VAI O CORREO QUE NOS MANDA ALBERTO DESDE GAZA. ABAIXO, TRAS AS SÚAS PALABRAS, ESTÁ O COMUNICADO CON TESTEMUÑOS D@S COOPERANTES QUE ESTÁN ALÍ NESTES MOMENTOS.

    ¡DÁDELLE DIFUSIÓN!

    O que contan é moi dramático, pero o mundo ten que sabelo...

    Laura

    --- On Sun, 12/28/08, nonviolence project -nonviolenceproject@gmail.com- wrote:
    From: nonviolence project -nonviolenceproject@gmail.com-
    Subject: [causapalestina] de alberto desde Gaza, para que tenñades o meu telefono e reenviedes a todo o mundo
    To: causapalestina_lista@listas.nodo50.org, chai_pcd@yahoo.es, "ejverdu@sodepaz.net" -ejverdu@sodepaz.net-, areainternacional@uso.es
    Date: Sunday, December 28, 2008, 2:47 AM


    Un abrazo desde Gaza para todos e todas.

    Onde queda agora o silencio do noso goberno, os sorrisos e as palabras vacias de quen consente.

    Trátase dun autentico golpe de estado desde o aire, indiscriminado, contra un goberno democraticamente elixido, e o mundo apóiao.

    Os palestinos ensinaron-me onte a palabra "malauia": O espiritu de quen é optimista con firmeza.

    Aquí estamos, como testemuñas, para pór os nosos ollos e nosas a voces ao servizo da verdade. Non hai xornalistas occidentais.

    Quen queira saber o que pasa na cidade que nos chame.

    Abrazos a todos e todas !

    ---------- Mensagem reenviado ----------
    De: alberto arce -albarce@gmail.com-
    Para: alberto arce -nonviolenceproject@gmail.com-
    Data: 28 de Decembro de 2008 11:37

    Asunto: TESTIMUÑOS EN GAZA


    PARA DIFUSIÓN INMEDIATA:

    Cooperantes Internacionais que traballan en defensa dos Dereitos Humanos na Franxa de Gaza testifican sobre os acontecementos das últimas horas: 27 de decembro de 2008, Cidade de Gaza.

    Cooperantes e activistas do Movemento Internacional de Solidariedade están sendo testemuños dos ataques do exército israelí sobre a poboación da Franxa de Gaza. Estes testemuños teñen unha especial relevancia, dado que durante os últimos meses o exército israelí denegou a entrada a numerosos medios de comunicación e axencias internacionais de cooperación.

    Hai poucos testemuños da masacre que se está vivindo.

    Algúns deles son os integrantes do proxecto: "Free Gaza", (www.freegaza.org) un grupo de observadores internacionais de dereitos humanos, políticos, membros de diversas ONGs e xornalistas que abriron, co apoio de centos de doazóns de todo o mundo, unha vía humanitaria por mar para conectar Chipre co porto de Cidade de Gaza. A través desta vía entregan medicamentos aos hospitais da franxa e pretenden sensibilizar á comunidade internacional sobre as consecuencias humanas do bloqueo de Gaza:
    • "Durante os ataques, estaba na rúa Omar Mukhtar e fun testemuño de como un lanzagranadas caía a 150 metros de min. Había xente intentando socorrer ás vítimas doutro ataque, e o lanzagranadas atacou aos voluntarios que socorrían aos feridos. A situación nos hospitais é dramática. Ambulancias, camións e coches están traballando ao tempo no traslado dos feridos aos hospitais e en liberar camas nos hospitais trasladando aos enfermos ás súas casas. No depósito de cadáveres non hai espazo. Faltou sangue para facer transfusións. Acabo de darme conta de que entre tod@s os civís asasinad@s hoxe estaba a nai dun bo amigo do campo de Jabalya." Eva Barlett (Canadá) do Movemento Internacional de Solidariedade.
    • "Todos os hospitais da franxa de Gaza están saturados de feridos, e non hai nin medicamentos nin capacidade para tratalos. Hoxe estamos asistindo a crimes contra a humanidade e a unha violación sistemática dos Dereitos Humanos. O mundo debe actuar agora e intensificar as chamadas ao boicot, á desinversión e as sancións contra Israel; os gobernos deben pasar da condena destes ataques a obrigar a Israel a acabar co bloqueo de Gaza". Alberto Arce (España) do Movemento de Solidariedade Internacional
    • "O depósito de cadáveres do Hospital de Shifa non ten espazo para os cadáveres que van chegando. Hai partes de corpos distribuídos por todo o hospital"- Dr. Haidar Eid, (Palestino, de Sudáfrica) Profesor de Estudos culturais e sociais da Universidade Al Aqsa de Gaza.
    • "As bombas empezaron a caer cando @s nen@s estaban volvendo da escola. Saín fóra e atopeime un nena aterrorizada de apenas 5 anos que saltou aos meus brazos". Sharon Lock (Australia) do Movemento de Solidariedade Internacional
    • "É terriblemente triste. Esta masacre non traerá seguridade nin permitirá formar parte ao Estado de Israel de Medio Oriente. As chamadas á vinganza xa se escoitan por todas partes" Dr Eyad Sarraj- Presidente do Centro de Saúde Mental da franxa de Gaza.
    • "Mentres falo, eles derrubaron un edificio a 200 metros de aquí. Hai fume por todas partes. Esta mañá fun ao edificio á beira de onde vivo en Rafah que foi destruído. Dúas escavadoras estaban limpando a zona. Pensaban que xa atoparan todos os corpos, mais cando chegamos, atoparon un máis". Jenny Linnet (Reino Unido) Movemento de Solidariedade Internacional.

    Cooperantes Internacionais que poden ser contactados na Franxa de Gaza:
    • Alberto Arce, (Español, Inglés): 972 59 8786094
    • Dr. Eyad Sarraj (Árabe e Inglés) 00972599400424
    • Ewa Jasiewicz, Coordinador de Free Gaza (Pólaco, Árabe e Inglés) 00972598700497
    • Dr. Haider Eid, Sudafricano (Inglés y árabe) - + 972 59 9441766
    • Sharon Lock- Australiano (English) - +972 59 8378945
    • Vittorio Arrigoni- Italian (Italian) - +972 59 8378945
    • Fida Qishta- Palestinian (English and Arabic) +972 59 9681669
    • Jenny Linnel- British (English) - +972 59 87653777
    • Natalie Abu Shakra- Lebanese(Arabic and English) 0598336328
    • Eva Bartlett, Canada (English) 0598-836308

    Luca Gervasoni
    NOVA - Social Innovation Centre Peace Building and Active Nonviolence Co-director
    Office: +34 934 049 085
    Cell Phone: +34 699 48 48 09
    Skype: lucanonviolence
    luca@novacis.org
    www.nova.cat

    ____________
    alberto arce
    www.freegaza.org
    www.palsolidarity.org
    www.thebilbaoinitiative.org
    http://www.iecah.org/cvautor_equipo.php?id=41
    __________________

    xoves, xaneiro 01, 2009

    Israel

    Non é o mellor agoiro que o futuro presidente de Estados Unidos repita unha e outra vez, sen que lle trema a voz, que manterá con Israel a "relación especial" que une aos dous países, en particular o apoio incondicional que a Casa Branca dispensa á política represiva (represiva é dicir pouco) con que os gobernantes (e porqué non tamén os gobernados?) israelís viñeron martirizando por todos os modos e medios ao pobo palestino. Se a Barack Obama non lle repugna tomar o seu té con verdugos e criminais de guerra, bo proveito lle fága, mais que non conte coa aprobación da xente honesta. Outros presidentes colegas seus fixérono antes sen necesitar outra xustificación que a tal "relación especial" coa que se dá cobertura a cantas ignominias foron tramadas polos dous países contra os dereitos nacionais dos palestinos.

    Ao longo da campaña electoral Barack Obama, xa fose por vivencia persoal ou por estratexia política, soubo dar de si mesmo a imaxe dun pai dedicado. Iso permíteme suxerirlle que lle conte esta noite unha historia ás súas fillas antes de que se durman, a historia dun barco que transportaba catro toneladas de medicamentos para socorrer á poboación de Gaza na terrible situación sanitaria en que se atopa, e que ese barco, Dignidade era o seu nome, foi destruído por un ataque de forzas navais israeliés co pretexto de que non tiña autorización para atracar nas súas costas (cría eu, ignorante redomado, que as costas de Gaza eran palestinas?) E que non se sorprenda se unha das fillas, ou as dúas a un tempo, dinlle: "Non che canses, papá, xa sabemos que é unha relación especial, chámase complicidade no crime".

    Israel, de José Saramago
    [31 de Dezembro de 2008]
    Fonte: O Caderno de Saramago
    _____________

    Gaza

    A sigla ONU, todo o mundo sábeo, significa Organización de Nacións Unidas, é dicir, á luz da realidade, nada ou moi pouco. Que o digan os palestinos de Gaza a quen se lles están esgotando os alimentos, ou se lles esgotaron xa, porque así o impuxo o bloqueo israelí, decidido, polo visto, a condenar ao fame ás 750 mil persoas rexistradas alí como refuxiados. Nin pan ten xa, a fariña acabouse, e o aceite, as lentellas e o azucre van polo mesmo camiño. Desde o día 9 de decembro os camións da axencia de Nacións Unidas, cargados de alimentos, agardan a que o exército israelí lles permita a entrada na franxa de Gaza, unha autorización unha vez máis negada ou que será posposta até a última desesperación e a última exasperación dos palestinos famentos. Nacións Unidas? Unidas? Contando coa complicidade ou a covardía internacional, Israel rise de recomendacións, decisións e protestas, fai o que vén en gana, cando lle vén en gana e como lle vén en gana. Chegou até o punto de impedir a entrada de libros e instrumentos musicais coma si se tratáse de produtos que ían pór en risco a seguridade de Israel. Se o ridículo matase non quedaría de pé nin un só político ou un só soldado israelí, eses especialistas en crueldade, eses doutoramentos en desprezo que miran o mundo desde o alto da insolencia que é a base da súa educación. Comprendemos mellor ao seu deus bíblico cando coñecemos aos seus seguidores. Jehová, ou Yahvé, ou como se lle diga, é un deus rencoroso e feroz que os israelís manteñen permanentemente actualizado.

    Gaza, de José Saramago
    [22 de Dezembro de 2008]
    Fonte: O Caderno de Saramago
    _____________

    "Democracy Now!": Os Titulares do Mércores, 31 de Decembro de 2008

    Boletín Informativo de "Democracy Now!"

    O audio atópase dispoñible ao redor das 5:00 pm (17:00), hora de NY

    Os Titulares do Mércores, 31 de Decembro de 2008

    Israel rexeita proposta de tregua e continúa o bombardeo contra Gaza

    Israel rexeitou unha proposta de Francia de implementar un cesamento urxente do fogo de 48 horas, para permitir que ingrese a axuda humanitaria á Franxa de Gaza. Por un momento houbo esperanzas de que se detivesen os bombardeos logo de que as autoridades israelís dixeron que estaban considerando seriamente a medida. No entanto, hoxe temperán avións de combate israelís seguiron atacando áreas de Gaza.

    [Información completa no Blog Difundindo Democracy Now! desde Galiza]

    Democracy Now!
    http://www.democracynow.org/
    Democracia Xa!
    Difundindo Democracy Now! desde Galiza
    http://democracia-xa.blogspot.com/

    _____________________

    Um ano mais perto da independência e o socialismo!

    De:NÓS-UP -imprensa@nosgaliza.org-
    Para: artabra21@gmail.com
    Data: 1 de janeiro de 2009 10:33
    Assunto:Um ano mais perto da independência e o socialismo!




    Um ano mais perto da independência e o socialismo!
    31 de Dezembro de 2008

    Os anos que restam para que a Galiza se afirme como naçom soberana som umha contagem decrescente que pesa sobre os ombros da metrópole que durante o último século nom fijo outra cousa que encolher: depois da perda de Cuba em 1898, umha sucessom de “províncias” do imperialismo espanhol conseguírom, ao longo do século XX, independendizar-se da sanguinária metrópole, como ao longo deste século o faremos a Galiza, Euskal Herria e os Països Cataláns.

    NÓS-Unidade Popular, umha das ferramentas do povo trabalhador galego ao serviço desse objectivo, quer aproveitar esta despedida do ano 2008, coincidente com o meio século de Revoluçom Cubana, para reafirmar a sua vontade de luita política pola plena emancipaçom nacional e social de género da nossa única pátria: a Galiza.

    Saudamos fraternalmente a base social do soberanismo galego de esquerda, e ao conjunto do povo trabalhador galego, e fazemos pública a nossa plena disposiçom para o avanço das posiçons soberanistas da única maneira possível: com a unidade de todos os sectores, sem exclusons, e o serviço de todas as energias ao objectivo que nos une, que nom é outro que a independência nacional e o socialismo.

    Com essa perspectiva de luita e disposiçom para a unidade, a Galiza estará, neste 1º de Janeiro de 2009, mais perto da independência nacional e o socialismo.

    Viva Galiza independente, socialista e nom patriarcal!

    Galiza, 31 de Dezembro de 2008

    NÓS-Unidade Popular
    nosgaliza@nosgaliza.org
    ______________

    Enlazando entre nós

    De:Jose Alvarez -josealvarezcster@gmail.com-
    Para: artabra21@gmail.com
    Data: 31 de dezembro de 2008 06:00
    Assunto: Enlazando entre nos



    Enlazando entre nós
    2009 - Ano da Marcha Mundial pola Paz e a Non-violencia

    ¡¡¡ VALE A PENA INTENTALO !!!

    Apenas comece o 2009, o país mais poderoso da terra despedirá oito anos de traxedia. As invasións a Afganistán, a Irak, e a actual mega crise financeira quedarán como os puntos mais salintes e irreparables desa xestión. En poucos días, Barak Obama tomará a posta e ninguén pode predecir que é o que virá. Desde aquí queremos crer que lentamente unha nova etapa pode asomar. O tempo dirá.

    O 2008 deixa no seu haber a loita dos humanistas checos, que a través da súa folga de fame, lograron concientizar ós seus concidadans e parlamentarios sobre a instalación dun escudo de misiles de bandeira estadounidense.

    Ecuador votou a súa nova Constitución, Venezuela ratificou o seu rumbo político, Arxentina quixo comezar a redistribuir a riqueza e os patróns do campo opuxéronse ferreamente, Brasil consolidouse como potencia económica na rexión.

    Na columna do debe, a masacre de Pando por parte de grupos da dereita máis reaccionaria contra partidarios de Evo Morais, nesa zona de Bolivia, O final do ano deixa tamén a morte de centos de persoas nun conflito territorial que leva decadas entre Israel e Palestina e a incerteza de cantas vidas máis se cobrará, só por nomear dous feitos aberrantes.

    A comezos do 2009, o pobo de Bolivia votará pola súa Nova Constitución: unha constitución de avanzada para América Latina, na que se resaltan os valores humanistas e renúnciase á guerra, como modo de solución de conflitos..

    O 2009 será un ano de moita acción para todos aqueles que aspiramos a unha nova sociedade baseada na solidariedade, a reciprocidad e a non violencia: Desde Outubro deste ano miles de persoas marcharán desde Nova Zelanda, ata Arxentina, percorrendo máis de cen países dos cinco continentes, na Marcha Mundial pola Paz e a Non Violencia. Unha iniciativa da Fundación Mundo sen Guerras, que xa hoxe é unha causa de todos quen rexeitan o armamentismo crecente e a violencia en todas as súas formas.

    Durante o próximo ano, este proxecto comunicacional que é Nación Humana, enfrontará tamén novos desafíos: a produción audiovisual, os micros radiales, a nova versión da páxina, son só algúns dos obxectivos que nos propuxemos para este período.

    Nestes días de balances, queremos agradecer a todos os nosos suscriptores, corresponsales e a quen desenvolven diversas funcións neste proxecto, por compartir connosco a tarefa de xerar conciencia para avanzar cara a unha cultura da non-violencia.

    Desexamos un gran ano para todos, o ano da Marcha Mundial pola Paz e a Non-violencia... ¡¡¡ VALE A PENA INTENTALO !!!

    Equipo Nación Humana

    Jose Alvarez escribió:

    Querid@s amig@s:

    Aínda cando estes días a maioría nos atopámos por aquí algo máis recolleitos, entre os nosos familiares, non por iso imos negar o bo gusto do significado de que -nestes comezos do novo ano- dediquémosnos un momentito querido para recordarnos, un por un, todos. Considerándonos xa conscientes de que AS POSIBILIDADES DE MELLORAMENTO DA VIDA (posibilidades que, só entre nós e con tanta boa xente que nos rodea, podemos abrir) SON INMENSAS E ILIMITADAS, SE NOS RECOÑECEMOS -pese ás dificultades, que non serán poucas... e deixando de lado o vello que nos separa por iso novo que nos une- COMO UN VERDADEIRO CONXUNTO HUMANO DISPOSTO A AXUDARSE REALMENTE A MEDRAR en fortaleza, sabedoría e bondade.

    Querendo manter moi viva a voso co-presenza, escríbovos isto (case coma se estivésemos conversando uns minutos, compartindo unha bebida, cálida e reconfortante) co gran desexo de que se vaian aclarando as nosas MIRADAS ata que sexamos capaces de dar lugar, entre nós, ao belísimo PAISAXE de paz e alegría que todos necesitamos recoñecer (ese en o que, aceptados, sentímosnos ás nosas anchas) internamente e co noso medio de seres queridos. Para iso déixovos, entón, estes comentarios particulares que quixen compartir con todos vós, pra non acabar este ano (no que algúns de nós coñecémosnos) sen facervos chegar, con eles, una aperta moi cariñosa, de corazón a corazón.

    http://josealvarez.wordpress.com/2008/12/15/as-protestas-contra-o-escudo-estelar-son-invisibles/#comments

    Que esteamos todos moi ben.

    José.
    ________
    PD.1: Neste e-mail quero engadir algún
    correo máis á liña de amigos de Artabra21, en agradecida atención as respostas recibidas, que son as que reforzan a fe nun mesmo e en nós: as da verdadeira soliedariadade.
    PD.2: Do comentario pode ser recomendable para os militares (ou relacionados) a lectura da carta oitava. Para os máis abertos ó proceso da situación global, a lectura de "unha carta do futuro" é xa aconsellable en grao sumo. Abofé que unha cousa non quita a outra.
    PD.3: Sabemos que están aumentando as inversions na industria militar, e que van a máis...
    http://pazesfuerza.wordpress.com/2008/12/30/%C2%BFcomo-llegamos-al-eterno-conflicto-entre-israel-y-palestina/
    http://caminodelanoviolencia.com/2008/12/29/comunicado-a-la-embajada-de-israel-y-asociacio-hispano-palestina/
    http://pazesfuerza.wordpress.com/2008/12/29/franja-de-gaza-la-irracional-logica-de-la-guerra/
    http://caminodelanoviolencia.com/2008/12/30/comunicado-con-sentido-ante-los-conflictos-franja-de-gaza/
    ... Non perdamos de vista, por favor, a preparación da Marcha Mundial aquí -entre nos- que é o unico xeito (xuntos) de contrapesar esta barbaridade.

    ______________

    O Apalpador passeou por Esteiro e ofereceu castanhas às crianças

    De:Bruno Lopes Teixeiro -brunotrasancos@gmail.com-
    Para: artabra21@gmail.com
    Data: 31 de dezembro de 2008 10:09
    Assunto: Video Apalpador em Ferrol



    Video Apalpador em Ferrol
    O Apalpador passeou por Esteiro e ofereceu castanhas às crianças

    Finalmente, o Apalpador arranjou um tempinho para dedicar às crianças do bairro de Esteiro, em Ferrol. Acompanhado por um grupo de ajudantes e da música das gaitas, repartiu castanhas e conversou com meninhos e meninhas, assegurando-se de que estám bem mantidas e pedindo-lhes que comam muito e de maneira variada.
    ___________

    2 de Xaneiro de 2009, Concentración en Ferrol en Solidariedade co Pobo Palestino

    Ferrol, 2 de Xaneiro de 2009
    CONCENTRACIÓN EN SOLIDARIEDADE CO POBO PALESTINO
    "DETEÑAMOS O TERRORISMO SIONISTA"


    Concentración o Venres, 2 de Xaneiro, ás 20:30 hrs na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol.

    Diante da criminal agresión que o Goberno israelí está a perpetrar contra a indefensa poboación palestina ao través do seu exército, un dos máis poderosos do planeta, queremos condenar a violencia do terrorismo sionista que leva causados ao redor de trescentos mortos e preto dun milleiro de feridos na franxa de Gaza nos ataques dos últimos días e que ameaza con desencadear unha invasión terrestre sobre ela.

    Queremos expresar a nosa máis profunda solidariedade co pobo palestino, que segue a sufrir nestes días, como hai xa máis de corenta anos, a crueldade dunha ocupación, que se agrava co correr dos días e dos anos e que arroxa datos pavorosos (65% de desemprego en Gaza, a desnutrición en máis do 60% dos nenos e nenas, o colapso da case totalidade das fábricas instaladas no territorio, en suma, unha situación onde o 80% da poboación malvive por debaixo do umbral da pobreza).

    Queremos facer constar a noso respaldo ao millón e medio de persoas que habitan en condicións infrahumanas a franxa de Gaza e ao conxunto do pobo palestino, que sostén na terra de Palestina coa súa vida e traballo a arela dunha vida en paz e liberdade cun Estado propio e libre.

    Son a solidariedade e o internacionalismo os móbiles que nos botan á rúa a esixir das poderes públicos da Xunta de Galicia e do Goberno do Estado un pronunciamento nidio e acompañado de feitos certos que coadxuven o cesamento do terrorismo sionista e a prol dos dereitos do pobo palestino. Demandamos, pois, que se deteñan os bombardeos sobre Gaza e que se levante o bloqueo da franxa. Consonte elo reclamamos:

    • A chamada a consultas do embaixador español en Israel.
    • Que a Xunta de Galicia faga un pronunciamento institucional de condena coas agresións e solidariedade co pobo palestino.
    • Que o Goberno do Estado reclame na a suspensión do acordo de asociación con Israel vixente, acolléndose o artigo segundo do devandito acordo, que contempla esta posibilidade diante de vulneración dos dereitos humanos.
    • Que a Xunta de Galicia e o Goberno do Estado demanden da ONU o cumprimento das resolucións (194 e 242) emanadas da súa Asemblea Xeral no senso de conquerir a devolución dos territorios ocupados e a creación dun Estado palestino libre e viable.

    Convocatoria aberta, até agora participan: ADEGA, Asociación Cultural Fuco Buxa, Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga", Acsur-Las Segovias, Briga, Comité de Empresa de MEGASA, Confederación Sindical Galega - CIG, Confederación Nacional do Traballo - CNT, Colectivo Ártabra 21, Esquerda Unida, Fervesteiro, Fundaçom Artábria, Nós - Unidade Popular, OSPAAL Galicia, Partido comunista de Galicia (PCG), Siareir@s Galeg@s, Sindicato Comarcal das CCOO, Unión Libertaria, Verdegaia

    Sumate á convocatoria !!

    Galería fotográfica "Agresión Sionista contra o Pobo Palestino"