venres, novembro 27, 2009

Pascual Serrano, cofundador do portal 'rebelion.org', presenta en Ferrol o seu libro "Desinformación: Cómo os medios ocultan o mundo", da man de Fuco Buxán A.C., este Venres 27 de Novembro


Viernes 27: Presentación libro Pascual Serrano (REBELION.ORG)

Organizado pola A.C. Fuco Buxán
Venres, 27 de Novembro 2009, ás 20 h.
no Campus Universitario de Esteiro – Ferrol

Presentación do libro:
DESINFORMACION : Cómo os medios ocultan o mundo
(Prólogo de Ignacio Ramonet)
Intervirá: o seu autor, Pascual Serrano
Presentado por Manuel Rodríguez Carballeira (Presidente da A.C. Fuco Buxán)

Pascual Serrano é fundador de REBELION.ORG (Diario alternativo, en Internet). Membro fundador da Rede de Intelectuais en Defensa da Humanidade. Colabora no diario “Público”, “Le Monde Diplomatique”, “Mundo Obrero” e na revista cultural cubana “La Jiribilla”.

Nesta obra, “Pascual Serrano, cunha incisiva mirada, desentraña o funcionamento dos grandes medios de masas para facernos comprender que a desinformación é unha constante. O que cremos que está sucedendo no mundo é só unha falsa composición ao servizo duns intereses que van, aos poucos, conformando a opinión pública. A obra, ademais, propón técnicas e hábitos de lectura para fomentar unha nova actitude, independente, ante a información e promover así unha cidadanía resistente á manipulación”.
http://www.pascualserrano.net/mis_libros/desinformacion-como-los-medios-ocultan-el-mundo

....
Visita a nosa web:   www.fucobuxan.com
Escoita o Programa radiofónico "O Recuncho" nº 20:
http://recunchofuco.blogspot.com/2009/11/o-recuncho-n-20. html

--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es

Enviado por:
Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
26 de novembro de 2009 01:18

__________________________

O terceiro gaseiro que se agardaba estes días, ten prevista a súa entrada este Sábado 28 de Novembro: O Comité Cidadán convoca unha acción de denuncia e protesta



[Feito cunha foto de:romarin]


Ante a a pevisión de entrada na Ría de Ferrol do "LNG Lokoja", novo buque gaseiro, que fai o número 56 desde Maio de 2007, cargado con GNL-LNG para a ilegal e perigosa Reganosa, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, chama a concentrarse unha vez máis na Praza Amada García de Ferrol, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, o mesmo Sábado 28 de Novembro de 2009, ás 7 da Tarde, para denunciar e protestar ante tanta irresponsabilidade das autoridades municipais, autonómicas e centrais.




Participa !! 

¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡


Características do buque: Nome "LNG Lokoja" -  Bandeira "Bermudas" - Eslora "288.2 m" Manga "43.44 m" - Calado "12.35 m"

Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org



Enviado por:
Comité Cidadán de Emerxencia
comitecidadan@gmail.com
27 de novembro de 2009 00:43

_________________________

Celebrouse unha reunión do grupo de traballo, relativa á entrada en vigor do novo Regulamento de Participación Cidadá


Comisión provisional de seguimento_Regulamento Participación

Estimados/as veciños/as,

Onte mércores 25 de novembro, no Ateneo Ferrolán, celebrouse unha reunión do grupo de traballo (autoconvocatoria), relativa á entrada en vigor do Regulamento de Participación Cidadá. Tratáronse e acordáronse os seguintes:
  • Acto no Teatro Jofre o sábado 23 de xaneiro, a partir das 19,00 horas. Pendente por concretar contidos, escaleta, etc.

  • Actividades previas de animación de rúa, nos barrios, convocando á cidadanía a esta sesión, na que se entregará a publicación do Regulamento, coa historia do processo e un glosario de termos sobre democracia (achégase borrador do índice)

  • Sobre esta publicación, asinarase un convenio de colaboración co Colexio Profesional de Ciencias Políticas e Socioloxía para a redacción do texto sobre vocablos de democracia (anexo).
A comisión provisional de seguimento e control de participación cidadá estará conformada por todas as persoas do grupo de traballo (GAP), que tivesen participado dende o inicio no proceso (maio de 2008), cun mínimo de continuidade e asistencia ás sesións; ademais que asinen a declaración de adhesión. Este foi un acordo da pasada reunión do 13.11.09 e que se ratifica onte, sumándose xa algúns membros. Ábrese un prazo de 10 días (habiles para o departamento), que finalizará o próximo 11 de decembro para adherirse a este novo grupo de traballo.

Un saúdo,

Área de Participación Cidadá E DEPORTES
Maica Rodríguez Freire, técnica en Participación Cidadá
Praza de Armas, s/n. 1º andar. 15402 Ferrol
Tel.: 981.944.015 / Móbil: 696.112.691
participacion@ferrol.es


Enviado por:
Participación Cidadá
-participacion@ferrol.es-
26 de novembro de 2009 11:44


Baixar dos Arquivos Ártabros os seguintes documentos enviados pola área de participación cidadá:

__________________

Co motivo do o 61 Aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos de 1948


O vindeiro 10 de Decembro celébrase o "Día Internacional dos Dereitos Humanos", nesta ocasión, conmemoramos o 61 Aniversario da Declaración Universal de 1948.

No ano 2009, ademáis, tanto a Convención dos Dereitos de Nenos e Nenas (1989) como a Declaración previa de 1959, cumpren, respectivamente, 20 e 50 anos.

Como ven sendo habitual, o Seminario Galego de Educación para a Paz organiza un Acto Cívico conmemorativo no Consello da Cultura Galega, o propio día 10 de Decembro, a partir das 11:00 horas.

O Acto conta coa colaboración do Colexio de Abogados de Santiago de Compostela, de UNICEF e do propio Consello da Cultura Galega.

Haberá  intervencións institucionais, música, leitura pública da Declaración Universal de 1948 a cargo de distintas personalidades da cultura, da sociedade civil, artistas, escritoras, cidadáns e cidadás, así como nenas e nenos dos colexios e institutos de Santiago que lerán a súa propia Declaración de Dereitos.

Seminario Galego de Educación para a Paz
www.sgep.org
__________________

xoves, novembro 26, 2009

25N2009 en Ferrol Terra: A violencia machista e os medios

As boas e malas práticas xornalísticas a debate e votación

A Marcha Mundial das Mulleres de Ferrol Terra, centralizou o seu acto en Fene cunha concentración na Praza do Ameneiral de Perlio



[Clicar acima da imaxe para entrar no carrusel de diapositivos - Feito por:  Fuco Buxan A.C.]


Unha lembranza imprescindíbel




O Acto abriu-se coa lembranza a "Anita" [Ana Paz Rodríguez], cofundadora e activista da Marcha que finou o pasado mes de Outubro nun fatal accidente. "... hoxe estaría aquí neste acto como sempre con forza e alegría, ..", Anita estivo presente e presidindo o acto, representada por unha "flor do paraiso".

Os medios de comunicación deben comportar-se como unha ferramenta máis na loita contra a violencia machista

Moitas foron as persoas que se achegaron á concentración para participar nun acto singular: cunha cartolina vermella para as malas práticas xornalisticas e unha verde para as boas, votaron-se sobre unha treintena de noticias relacionadas coa violencia de xénero que voluntari@s leian. Nuns paineis penduraban-se as malas prácticas e noutro as boas práticas. Nalguns casos @s participantes non deixaban continuar a leitura da noticia erguendo a cartolina vermella nun acto reflexo para denunciar unha evidente mala práctica. Neste acto, moi participativo, reclamaron-se boas práticas xornalísticas e comportamentos acordes e comprometidos na loita contra a violencia de xénero, sendo esta unha ferreamenta máis para arrincar as raíces da violencia machista.

No acto aludíuse, por varias veces, á "Declaración de Compostela", un decálogo de principios aprobados por iniciativa do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia nunhas Xornadas organizadas no ano 2007.

Unha breve crónica

Lupe Ces foi a encargada de facer unha lembranza de Anita e de presentar o acto dando-lle entrada a xornalista María Xesús Arias Rei que nunha intervención chea de contido reivindicativo e denuncia, chamou a asumir a Declaración de Compostela, para unha boa prática xornalística: " ... Os medios de comunicación xogan en todo iso un papel decisivo, non só como garantes do dereito dos cidadáns a recibir unha información veraz, tamén como fornecedores daqueles valores (igualdade, non discriminación por razóns de sexo, solidariedade coas vítimas…) que máis e mellor contribúan a conseguir eses obxectivos. ...". Paula López Brage e Loreto Primo, deron leitura aos compromisos e recomendacións para as boas práticas xornalísticas que se aprobaron nas Xornadas que sobre Medios de comunicación e violencia contra as mulleres que se desenvolveron no Instituto Galego da Información, convocados polo Observatorio Galego dos Medios (OM), creado ao amparo do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG). Bárbara Primo, que agradeceu a inestimábel colaboración da xornalista Belén Puñal, presentou e dirixeu o acto participativo onde se valoraron, coa votación, as noticias que @s voluntar@s ían lendo, onde se visibilizaron as malas e boas práticas dos medios de comunicación. Para rematar o acto Tereixa Pereiro e Anxela Lagoa deron leitura ao comunicado elaborado pola Marcha Mundial das Mulleres na Galiza co motivo do "Día Internacional contra a violencia de xénero".

Anexos de importancia:

Que é a Marcha ?


A Marcha Mundial das Mulleres é un movimento mundial de accións feministas que reúne grupos de mulleres e organizacións que actúan para eliminar as causas que orixinan a pobreza e a violencia contra as mulleres. Loitamos contra todas as formas de desigualdade e de discriminación sufridas polas mulleres. Os nosos valores e as nosas accións orientanse cara un cambio político, económico e social. Os mesmos que se articulan aoredor da mundialización das solidaridades, a igualdade entre mulleres, entre mulleres e homes, e entre os pobos, o respecto e a valoración do liderazgo das mulleres e o fortalecimento das alianzas entre mulleres e cos outros movimentos sociais progresistas.

Enlaces de interese:

Vídeo do Acto: A violencia machista e os medios - 25N2009 - As boas e malas práticas xornalísticas a debate e votación - Edición CA21 33 min. de duración.


Enlace co vídeo:
http://blip.tv/file/2904493

Fonte: http://artabrix.blip.tv/
_________________

mércores, novembro 25, 2009

Multicrise galega


Por Miguel Anxo Fernán Vello
24.11.20090


Galicia ou Galiza -país con dúas denominacións: unha oficial e outra alternativa, para máis enguedello dos cidadáns- vive, na miña opinión, unha multicrise. Padecemos a situación derivada das turbulencias financeiras internacionais orixinadas nos EEUU, vemos como nos dous últimos anos desapareceron ou se declararon insolventes máis de 2.500 empresas (resultaron fulminados ademais 5.000 negocios inmobiliarios) e temos un sector lácteo que perde arredor de 1 millón de euros diarios, ao mesmo tempo que 4.000 explotacións, un terzo do total galego, teñen serias dificultades para seguiren en activo. Mais a crise en Galicia -a multicrise, mellor dito- non é só económica -con ser este segmento, talvez, o máis importante-, pois ofrece moi variadas facianas e ámbitos distintos a partir dunha mesma raíz material -e velaí o económico outravolta. Vexamos. O sistema educativo galego, por exemplo, perde cada ano perto de 5.000 alumnos debido á crise demográfica, dato este que resulta verdadeiramente preocupante. E acabamos de saber, con datos do Instituto Nacional de Estatística, que o noso país, previsibelmente, vai perder 85.000 habitantes no período 2009-2019. Tema grave. Porque se partimos, por outra banda, dun informe feito público polo Instituto Galego de Estatística (IGE), podemos concluír, dadas as circunstancias e no máis factíbel dos escenarios, que Galicia pode perder 300.000 habitantes en menos de 40 anos; non en van temos a taxa de natalidade máis baixa do Estado español, xunto con Asturias, e unha das máis baixas do planeta. Esa é a realidade. Mais tamén existe no noso país unha crise propiamente política e cultural, cuestión lingüística incluída. Temos un Goberno que non goberna, está aínda quecendo motores, e temos unha oposición política que navega, uns e outros, no proceloso mar das interinidades, das indefinicións e da falta de Sturm un Drang, o clásico e romántico paixón e brío que tanta falta fai aquí e agora. Do asunto das Caixas, outra crise, falaremos nun próximo artigo.

Publicado en Galicia Hoxe
___________________

Satisfacción, do Grupo Municipal de EU, pola compra da casa de Ricardo Carvalho Calero


  • ESQUERDA UNIDA   FELICÍTASE POLA COMPRA DA CASA DE CARVALHO CALERO, COMPROMISO INCLUÍDO POLA NOSA ORGANIZACIÓN NO ACORDO ORZAMENTARIO PARA 2009
  • ESQUERDA UNIDA DEMANDA A SÚA  REHABILITACIÓN  NOS PRÓXIMOS 12 MESES, PARA INAUGURALO COINCIDINDO CO CENTENARIO DO SEU NACEMENTO
O Grupo Municipal de Esquerda Unida quere amosar a súa satisfacción  pola anunciada compra  da casa natal de D. Ricardo Carvalho Calero. Esta é unha das esixencias que Esquerda Unida  achegou para acordar o orzamento de 2009. Celebramos, xa que logo, que se dea satisfacción a nosa demanda.

Esquerda Unida presentou ao Pleno do concello de Ferrol unha moción, en xaneiro deste ano, para facer posible a compra da casa deste eximio ferrolán.  Foi aprobada por unanimidade de todos os Grupos Municipais. Esta iniciativa insírese no ronsel de actuacións que dende a concellería de cultura se levaron adiante durante a vixencia do Goberno bipartito da cidade para acadar o seu nomeamento para o Día das Letras  Galegas.

O Grupo Municipal de Esquerda Unida lembra que en outubro de 2010 cúmprese o centenario do nacemento do  autor do Futuro imperfecto. O 30 de outubro de 1910 nacía  Carvalho Calero e a nosa organización  considera necesario poder rematar a rehabilitación do inmoble  á altura de outubro do vindeiro ano. Reclamamos celeridade para proceder a súa rehabilitación. A súa posta en funcionamento como centro cultural para dentro dun ano suporía un sinal importante do compromiso da cidade cun dos seus fillos predilectos e, xa que logo, sería un argumento de peso certo diante da Academia Galega para conquerir que se lle adique o Día das Letras Galegas. 

A biblioteca persoal de D. Ricardo Carvalho Calero se atopa en Compostela e a nosa organización insta ao Goberno Municipal a traballar para acadar un acordo que devolva ese legado para o espazo rehabilitado da súa casa natal.

O enorme atraso que leva o cumprimento do conxunto das actuacións previstas no acordo orzamentario entre o PSOE e o BNG nos leva a urxir ao Goberno Municipal a axilizar  os trámites necesarios para executalo, porque todas actuacións comprendidas no devandito acordo supoñen darlle un pulo importante a morfoloxía urbana e de servizos da nosa cidade.

Ferrol, de 24 de novembro  de 2009 
Grupo Municipal de EU

Enviado por:
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
24 de novembro de 2009 17:05


Prezad@s amig@s:

Vaivos no arquivo un Informacións do Grupo Municipal de EU onde amosamos a nosa satisfacción pola compra da casa de Carvalho Calero, a proposta do noso Grupo  Municipal,  que presentara unha moción ao Pleno en xaneiro deste ano e logo incorporamos no acordo dos orzamentos de abril deste ano.

A nosa organización reclama agora que nos vindeiros 12 meses se proceda a súa rehabilitación para contar con este equipamento en outubro do vindeiro ano, cando se cumpre o centenario do seu nacemento.

Grazas pola vosa atención. Recibide un saúdo, Ramiro Marier ( Grupo Municipal de EU ).
________________

Web de Esquerda Unida:
http://www.esquerdaunida.org/
____________________

Proxeción de "Tempos Modernos", este Xoves 26 de Novembro, dentro do III Ciclo de Cine en Esteiro


[Para ampliar clicar acima da imaxe]

III Ciclo de Cine en Esteiro

Asociación Veciñal de Esteiro.

III Ciclo de Cine

O vindeiro xoves día 26 de novembro ás 20 horas nos cines Duplex de Esteiro.

Esta película será presentada por: D. Alfonso Tellado Sande. Ex-Director do Gabinete de Saúde Laboral da CIG

ENTRADA DE BALDE.

Enviado por:
Asociacion Veciñal Fontelonga
-avvfontelonga@mundo-r.com-
24 de novembro de 2009 17:29

____________________

Para presentar as observacións oportunas para a elaboración do documento de referencia, ao documento de inicio das Directrices de Ordenación do Territorio de Galicia


Na FEG recebemos o seguinte correio hoje:

Na páxina http://aae.medioambiente.xunta.es/, está á súa disposición, para presentar as observacións oportunas para a elaboración do documento de referencia, o documento de inicio das Directrices de Ordenación do Territorio de Galicia, promovido pola Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe  o cal se lles consulta segundo se establece na lei 9/2006.

O prazo para esta consulta está aberto dende o día 23 de novembro ao 23 de decembro  de 2009

Enviado por:
Tino Quintela
-campanho@gmail.com-
24 de novembro de 2009 10:30

_____________

Enlace relacionado:

As Directrices de Ordenación do Territorio son un instrumento de carácter global e marco xeral de referencia da política territorial galega que plasma unha vontade política de converter a ordenación do territorio nunha liña estratéxica da acción de goberno. ... [+info]
_______________________

A perla da Ría era falsa

O ex-presidente da Xunta, Manuel Fraga, referíase á planta de gas de Mugardos (ría de Ferrol) como "a perla da ría". Tamén algúns medios de comunicación, animados pola euforia do momento, anunciaban que a construción da planta e a súa posta en servizo ía supor o "fin da secuela do paro" en Ferrolterra. (ver hemerotecas, 2 agosto 2001).

Pasaron dous anos desde a súa posta en funcionamento e a regasificadora non satisfixo aquelas expectativas. Todo o contrario, pois segundo os últimos datos publicados por Enagas, xestor do sistema gasista, a regasificadora da ría de Ferrol produce menos gas cada mes que trascurre e está lonxe de alcanzar a cifra da súa produción nominal (nestes momentos regasifica o 29% da súa capacidade). Pódese dicir que "a perla era falsa".

[Clicar acima da imaxe para ampliar]

Para o colmo, outra contrariedade vaille a xurdir á regasificadora de Mugardos, xa que o novo gasoduto MEDGAZ (1) tendido entre Orán (Alxeria) e Almería está a piques de comezar a fornecer gas natural (2) cunha capacidade de 8.000 Mill. m3/ ano, o que reducirá nun 30% a regasificación das plantas de gas licuado (GNL) existentes en España. Este gas natural ademais de ser máis barato que o licuado o seu consumo é prioritario pois ao estar suxeito á típica cláusula comercial "take or pay" o gas deberá ser consumido pois pola contra habería que pagalo igual.

Vexamos uns números:
  • Capacidade Nominal de regasificación (INICIAL) 2.500 Mill. m3/ano
    (85 GWh/día)
  • Produción en outubro 2008
    61 GWh/día
    (o 51 % de 120 GW.h/día -actual)
    (o 25% de 240 GW.h/día- futuro)
  • Capacidade Nominal de regasificación (ACTUAL) 3.600 Mill. m3/ano
    (120 GW.h/día)
  • Produción en outubro 2009 37 GWh/día (3)
    (o 29 % de 120 GW.h/día- actual)
    (o 14% de 240 GW.h/día- futuro)
  • Capacidade Nominal de regasificación (FUTURA - solicitada) 7.200 Mill. m3/ano 240 GWh/día
  • Produción reducida polo gasoduto MEDGAZ (estimada) 26 GWh/día (3)
    (o 20% de 120 GW.h/día- actual)
    (o 10% de 240 GW.h/día - futuro)
Este novo escenario situaría á regasificadora cunha produción de gas igual a un 20 % da capacidade nominal actual e do 10% si amplíase ao dobre a instalación de regasificación.

Esta análise mostra unha vez máis que a planta regasificadora da ría non era necesaria. Ademais debemos ter en conta que o gasoduto de Tui está pechado desde o inicio da operación da planta polo que o gas procedente de Alxeria, vía Marrocos (e máis barato) non chega a Galicia.

Malos ventos pois para a regasificadora da ría. Esta circunstancia unida á baixa operatividade dos ciclos combinados e á inexistencia das programadas industrias químicas nas Pontes (ver informe do CNE) augura un custoso sistema de subministración de gas natural en Galicia. Espérase tamén con impaciencia a sentenza do Tribunal Supremo sobre a súa ilegal localización.

Ferrolterra - Cidadáns Aliados para Protexer a súa Contorna
f-cape.org


1) http://www.cepsa.com/medgaz/pages/index.htm
2) O impulsor deste gasoduto foi D. Carlos Pérez de Bricio, presidente de CEPSA (sempre se mostrou contrario ao negocio do gas natural LICUADO polo seu carácter especulador). O gasoduto ía atender inicialmente o mercado francés e español e construíuse con fondos europeos. Segundo a noticia do xornal "Expansión" (
4) de data 29 de outubro pasado, Francia négase a ampliar os gasodutos de conexión (1) coa rede española polo que os 8.000 millóns de m3 antes citados vainos ter que consumir soamente España. Unha boa noticia para os consumidores ao non depender tanto do gas natural (GNL) licuado.
3) Estes valores están por baixo do "mínimo técnico de produción" da planta o que a situaría en "situación de operación excepcional" requirindo un fluxo suplementario de GNL para o funcionamento normal do relicuador. Ver páxina 22 - Nota de operación 19, do informe de Enagas de Outubro 2009. http://www.enagas.es/
4) http://www.expansion.com


Enviado por:
Ferrol CAPE -ferrol.cape@gmail.com-
24 de novembro de 2009 09:08
www.f-cape.org
Colectivo universitario opositor a Planta de gas (GNL) da ría de Ferrol (GALICIA)

______________________________

martes, novembro 24, 2009

25 de Novembro, Dia contra a Violência Machista


De NÓS-Unidade Popular consideramos que todos os dias do ano deveriam ser dias contra a violência machista. No que vai de ano, cinco som as mulheres assassinadas: Maria Teresa Troncoso, Maria Socorro da Silva, Maria Luz Tápia, Ubaldina Pazos e Laura Alonso. Estes nomes som a prova mais clara e contundente de que o problema está longe de solucionar-se.

O 25 de Novembro é um dia de lembrança para todas elas, mas também um dia de denúncia e combate contra todos os mecanismos, instituiçons e pessoas que permitem que dia sim, dia também, as mulheres morramos um pouco mais. A morte física é o ponto final, a realidade mais crua e descarnada, mas há pequenas mortes no dia a dia de todas as mulheres: agressons, insultos, invisibilidade, assédio laboral, humilhaçons, faltas de respeito, e um longo et cetera. A imensa maioria destas realidades nom só nom se denunciam, como continuam a produzir-se na mais absoluta cumplicidade social. É aí que está a origem do problema, na sociedade actual baseada nos valores patriarcais e capitalistas. Precisamos com urgência um outro modelo social, no qual a realidade nom se construa com base na exploraçom e dominaçom de um sexo sobre outro, nem de umha classe sobre a outra, nem de umha naçom sobre outra.

Todas e cada umha das medidas a tomar e implementar contra a violência machista devem ir encaminhadas face esta necessidade de mudar radicalmente a sociedade actual. Somos conscientes de que estas medidas som parches e que nom som a soluçom, mas consideramos necessário e urgente dar alternativas concretas e factíveis às realidades mais duras da violência contra as mulheres.

De NÓS-Unidade Popular consideramos imprescindível dotar de suficientes recursos económicos e humanos a todas as áreas encarregadas das políticas dirigidas às mulheres, tanto a nível municipal como nacional. A política de restriçons orçamentárias nas verbas sociais aplicada polo Partido Popular ataca directamente os direitos das mulheres, que seremos, mais umha vez, um dos sectores sociais que mais soframos as nefastas conseqüências.

Ao mesmo tempo, reclamamos a fim do financiamento com dinheiro público daqueles sectores inimigos manifestos da liberdade das mulheres, concretamente da Igreja Católica, em cujas maus está, para desgraça de todas, a educaçom de milhares de nenas e nenos galegos.

Este 25 de Novembro voltaremos a sair à rua para denunciar a violência machista, por isso de NÓS-Unidade Popular fazemos um apelo à participaçom nos diferentes actos organizados polo movimento feminista galego com motivo do Dia contra a Violência Machista. Vemo-nos na rua.

Avante a luita feminista!

Independência, Socialismo e Antipatriarcado!

Galiza, Novembro de 2009

NÓS-Unidade Popular
nosgaliza@nosgaliza.org

Enviado por:

nosup-trasancos@nosgaliza.org
24 de Novembro de 2009 03:12 ___________________

Xornadas de Promoción do Cooperativismo: 23, 25 e 27 de Novembro no Ateneo Ferrolán



A Cooperativa de Consumo Responsable "Xoaniña", organiza os vindeiros días 23, 25 e 27 de Novembro, unhas xornadas de Promoción do Cooperativismo no Ateneo Ferrolán.

PROGRAMA:

23 de novembro [Luns]: Proxectos cooperativos socio-culturais
  • Cooperativa Armeria. Cooperativa de usuarias/os, intercultural, , sen ánimo de lucro pensada como un espazo de convivencia , cultura e traballo.
  • Proxeción: “Fasinpat: Fábricas sen patrón”
25 de novembro [Mércores]: Proxectos sociais e cooperativos agro-ecolóxicos
  • Fundación Galicia Verde. Entidad sen ánimo de lucro, que ten como principal obxectivo promover un desenvolvemento rural máis xusto e sostible.
  • Proxecto Amorodo / Asociación LENTURA. Asociación que traballa nos concellos de Ames, Rois e Dodro para o fomento dunha agricultura sustentable de calidade máis próxima ao consumidor.
  • Cooperativa Rainha Lupa. Proxecto de producción ecolóxica que traballa en Quilmas, Carnota.
27 de novembro [Venres]: Proxectos cooperativos financieiros. Banca ética en Galicia.
  • Coop-57. Proxecto de banca ética cooperativa que opera a nivel estatal, cunha sección galega constituída por 16 entidades cooperativas galegas.
  • Fiare. Proxecto de banca ética que está a nacer en Galicia.

A Xoaninha:
cooperativaxoaninha.org


________________

Non lles preocupa a fame


Por Juan Torres López
23.11.2009

Nos últimos meses, cando se ían tomando as medidas para facer fronte á crise, púidose comprobar de modo moi evidente a dobre vara de medir que as autoridades teñen cando se trata de resolver os problemas da xente. Puxéronse en marcha todo tipo de solucións para salvar as contas dos banqueiros e o negocio dunhas entidades financeiras cuxo comportamento irresponsable e demencial provocou unha crise descomunal. E nin sequera pedir responsabilidades. Con rapidez e xenerosidade inauditas, gobernos e bancos centrais dispuxéronse a ofrecer os fondos necesarios para facer fronte ás súas quebras e, sen que mediase consulta de ningún tipo non debate social algún, asumiuse que somos os cidadáns quen cos nosos impostos haberemos de financiar as medidas que resolvan os problemas dos bancos que eles mesmos crearon.

Con diñeiro cidadán intervíñase e salvaba ás entidades pero, salvo casos que xa son excepcionais, nin sequera substituíanse os seus dirixentes, nin se establecían novas normas de xestión, nin prevencións para que non volva ocorrer no futuro o desastre destes últimos anos.

E as cantidades postas sobre a mesa son sinxelamente colosais. Tan inxentes que é verdadeiramente difícil que nos deamos conta da súa magnitude. E, por suposto, do tempo que tardarán as economías en metabolizar ese esforzo financeiro e o incremento de liquidez que levan consigo. A base de sufrir as súas consecuencias nos próximos tempos irémonos dando conta.

Son cifras que contrastan con calquera outra e precisamente por iso nestes últimos meses a diferenza entre esa xenerosidade cos ricos e a estreiteza coa que se actúa cos débiles foi máis evidente que nunca.

É certo que iso non é algo novo. Desde hai anos comprobamos como se destinan billóns de dólares a armamento, a subvencións e subsidios a empresas e como se eliminan ou reducen os impostos aos ricos exactamente ao mesmo tempo que minguan os ingresos dos grupos de menos rendas e renúnciase a gastos sociais e a financiar a provisión de bens e servizos públicos destinados principalmente a aumentar o benestar destes últimos.

Pero o que está a ocorrer nestes momentos é xa algo realmente impresionante e incalificable. Non é só que se incumpran constantemente os compromisos de gasto dedicado a paliar os problemas sociais máis graves, non é unicamente que todo estes, como os Obxectivos do Milenio, queden postergados para afrontar con inaudita dilixencia as demandas de banqueiros e grandes empresarios. É que os gobernantes xa nin sequera disimulan o seu desinterese nin tratan de facer como que están dispostos a facer fronte ao que mata de verdade ás persoas.

O recente cume da FAO en Roma é a manifestación máis tremenda da desvergoña colosal con que eles, "os líderes", como se autodenominan nas pomposas cumes financeiras, gobernan o mundo. A crise dos dous últimos anos fixo aumentar en case 200 millóns de persoas o número de famentos en todo o mundo, alcánzase a cifra colosal de 1.020 millóns pasando fame, a morte de case 30.000 persoas diarias por fame e de 17.000 nenos. E os líderes dos países máis ricos nin sequera acoden á cita para darse por decatados ou para tranquilizar ao mundo.

É verdade que é un adianto que polo menos Obama sexa o primeiro presidente de Estados Unidos que se comprometeu a erradicar a fame dos nenos no seu país, onde 17 millóns de nenos e 49 millóns de adultos padecían "inseguridade alimentaria" en 2008, é dicir, que non tiveron acceso seguro a alimentos en todo momento do ano. Pero como se pode confiar na sinceridade do seu compromiso si nin sequera visualiza a súa presenza nos lugares onde se están expondo eses problemas. E cando o seu país, como case todos os máis ricos, incumpren logo os compromisos materiais aos que chegan.

A ineficacia dos gobernantes, o seu case nulo compromiso á hora de cumprir os acordos é xa de seu vergoñoso, pero que ao cume na que se debate a cuestión máis grave de todas as que ten a humanidade ten por diante nin sequera asistan non ten nome.

Están a dar lugar a que cando falemos destas cousas, como polo menos a min pásame, fagámolo xa simplemente con rabia e co único desexo de facer que sáeche polo aire este colosal desatino. Como é posible tanto cinismo e, sobre todo, que todos sigamos impasibles ante un drama como o que están a vivir unha de cada seis persoas no noso planeta? Como é posible que gobernos que non tiveron dificultade para pór ao servizo dos banqueiros centos de miles de millóns de dólares non estean dispostos a pór o 1% desa cantidade, que é o que está a reclamar a FAO, para empezar a paliar de forma efectiva o sufrimento inxusto e evitable de millóns de seres humanos? Como é posible que lles de igual todo iso, e até cando admitiremos que todo iso siga así?

Cando eles quítanse desaparecen e nin sequera dan a cara non queda máis remedio que actuar como reclamaba hai poucos días Federico Maior Zaragoza cando dicía que "os cidadáns non podemos seguir nin persoal nin institucionalmente en silencio; non podemos seguir sendo súbditos calados, temos que pedir democracias reais, baseadas na xustiza social e non nas leis do mercado".

Publicado na Revista Sistema Dixital

Web de Juan Torres:
http://juantorreslopez.com

Enviado por:
Juan Torres López
-juantorres@uma.es-
23 de Novembro de 2009 14:07


__________________

domingo, novembro 22, 2009

Concentración Comarcal en Fene no "Día Internacional da loita contra a violencia machista": Mércores, 25 de Novembro de 2009


"Todas as ferramentas contra as raíces da violencia"
25 Novembro de 2009 - Día Internacional contra a violencia de xénero

Cinco son as mulleres que perderon a vida até o momento na Galiza no que vai de ano 2009. No mes de xaneiro, María Teresa Troncoso en Nigrán (43 anos); no mes de febreiro, María Socorro da Silva, en Ourense (26 anos); no mes de xullo, María Luz Tapia, na Coruña (38 anos); no mes de agosto, Ubaldina Pazos, en Coristanco (70 anos); no mes de setembro, Laura Alonso, en Toén (19 anos). Repetimos e lembramos os seus nomes porque, xunto a elas, existen os nomes de miles de mulleres que cada ano presentan denuncias por agresión nos xulgados, constatando que a violencia contra as mulleres segue a ser unha realidade que non recúa.

Nos últimos tres anos, máis de 53.000 homes foron condeados a penas de prisión por violencia de xénero. O 60% deles recoñece o delicto, pero o minimiza e o xustifica, demostrando que existen crenzas moi enraizadas na sociedade de que a violencia contra as mulleres forma parte natural da masculinidade.

Diante desta realidade, moitos sectores sociais e institucións fan un esforzo constante para protexer ás vítimas, condear aos agresores e previr a violencia machista. Mentres, outra parte da sociedade fai dos asasinatos de mulleres un espectáculo mediático. Segue primando no tratamento informativo o espectáculo, o morbo, o simplismo, e mesmo os mitos e crenzas que rodean e alimentan a violencia machista, en vez de fomentar a análise e a reflexión que fagan avanzar á sociedade cara ao fin da violencia.

Asistimos, paralelamente a este espectáculo informativo, a unha ofensiva desde os poderes máis conservadores, quen solicitan aumentar as penas para os agresores, reformar a lei do menor para que poidan ir ao cárcere por estes delictos, ou mesmo, algúns sectores máis extremistas, piden a pena de morte.

Todo isto sen estar dispostos a remover nin un anaco as raíces que sustentan a violencia machista, e que tan ben están representados no seu modelo social, económico e relixioso. Antes ben, esas voces conservadoras, van reivindicando nos parlamentos, nos governos e medios de comunicación que dirixen, ou mesmo manifestándose na rúa, un retroceso nos dereitos das mulleres, como é no caso do dereito ao aborto, ou o recurso contra a Lei de Igualdade, sen esquecer os ataques aos servizos públicos e prestacións sociais, que son unha das bases nas que se sustenta a plena integración social das mulleres.

Desenmascarar ese modelo conservador, que pretende limitar dereitos, liberdades e recursos, debe ser unha prioridade para todas nós. Existen xa algunhas ferramentas para axudar ás mulleres a saír da situación de violencia na que viven: medidas de protección, ordes de alonxamento, xulgados específicos, recursos asistenciais e económicos, etc. Aínda así, estas ferramentas non foron útiles ou suficientes para salvar a vida das mulleres que foron asasinadas.

Por iso, desde a MMM, este 25 de Novembro, reivindicamos a posta en marcha de todas as ferramentas necesarias nos ámbitos da educación, a cultura, o ensino, a sanidade, a xustiza, as institucións políticas, as relixiosas, os medios de comunicación, a sociedade, etc... así como a optimización e a utilización de todas as ferramentas xa existentes, que faciliten que toda a sociedade sexa quen de arrincar as raíces que sustentan a violencia machista e parar xa e dunha vez por todas as agresións de todo tipo que sofren as mulleres e as nenas. Non podemos seguir asistindo aos asasinatos de mulleres como algo que pertence á rutina informativa ou ao espectáculo mediático.

Acto na comarca de Ferrol Terra da Marcha Mundial das Mulleres

Ferrolterra
Mércores, 25 de Novembro
Concentración ás 20:00 hrs.
Praza do Ameneiral (Praza Verde) de Perlío-Fene


Outros actos da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza

Ourense
Martes, 24 de Novembro
Concentración ás 20:30 hrs.
Praza do Ferro

A Coruña
Mércores, 25 de Novembro
Roteiro reivindicativo ás 18:00 hrs
Saída desde a Praza Pontevedra con lectura de comunicado no Obelisco

Vigo
Mércores, 25 de Novembro
Manifestación ás 20:00 hrs.
Desde a rúa do Príncipe (Diante do MARCO)

Compostela
Mércores, 25 de Novembro
Concentración ás 20:30 hrs.
Praza do Toural

Pontevedra
Mércores, 25 de Novembro
Concentración ás 20:30 hrs.
Praza 8 de Marzo


Entrevista con Charo Fernández Velho


A integrante da Coordenadora Local de Compostela da Marcha Mundial das Mulleres, Charo Fernández Velho, foi entrevistada no programa "A Tarde" da Radio Pública Galega, co motivo do 25 de Novembro de 2009, Día Internacional da loita contra a vilolencia machista.

Descargar o arquivo


Escoita online:



Coordenadora Nacional Galega
Marcha Mundial das Mulheres
Marcha Mundial das Mulleres
Rúa Romil, 20, baixo
36202 Vigo-Galiza
Teléfonos de contacto:
Coord. Nacional: 671695968/637817745
Coord. Ferrol: 696732735/652201003
Coord. Pontevedra: 669794462
Coord. Vigo: 657825556/667531529
http://www.feminismo.info

Enviado por:
lupe ces
-lupeces@gmail.com-
21 de novembro de 2009 00:45
http://lupeces.blogspot.com/
_______________________

xoves, novembro 12, 2009

Importante concentración este venres, 13 de Novembro, convocada polo Comité Cidadán ante o anuncio de chegada dun novo buque gaseiro para Reganosa



[Clicar acima da imaxe para ampliar]

O anuncio de chegada dun novo buque gaseiro cargado con GNL-LNG para Reganosa, produce-se despois de que se soubera que "nunha nota de operacións datada o pasado 29 de outubro, o xestor gasístico [ENAGAS] chamou a atención sobre os baixos niveis de GLN en Mugardos, -insuficiente para atender a produción diaria mínima-", e decidiu desviar a Ferrol o Sestao Knutsen, con 125.000 metros cúbicos de gas natural licuado [GNL-LNG], buque que se dirixía a Barcelona mais que decidiron que puxera rumbo a Reganosa para poder inxectar gas na rede desde Galiza. "Desde o Comité de Emerxencia dá Ría, sosteñen que a regasificadora -carece de demanda- e que a razón do seu emprazamento na ría é -cobrar as retribucións do sistema gasístico que saen do peto de todos os cidadáns-". Argumentan que a planta é unha -risco innecesario- para a poboación. O Sestao Knutsen entrou na mañá do pasado martes 10 de Novembro, día no que a Plataforma Veciñal de Meá foi obxecto dun atentado onde "alguén" provocou un incendio nos arquivos da entidade veciñal, onde se atopa a documentación relacionada coa loita contra a Planta de Gas. Por último o pasado día 11 deste mes de Novembro, os medios de comunicación facian-se eco dunha noticia relacionada coa Sentenza do Tribunal Supremo de ilegalizar a expansión do porto de Marín o que senta un precedente para a anulación das resolucións que acordaron os recheios ilegais sobre os que se asenta Reganosa.


[Para ampliar clicar acima da imaxe]

O novo buque gaseiro, “LNG Finima”, cargado con GNL-LNG, que faría o 55 desde que que entrou o primeiro en Maio de 2007, está previsto que chegue a Ría de Ferrol, coa súa perigosa carga para Reganosa, este Venres, 13 de Novembro de 2009. Ante este feito o Comité Cidadán convoca unha nova acción de protesta e denuncia, con unha CONCENTRACIÓN CIDADÁ ás 7 da Tarde na Praza Amada García, de Ferrol, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.
  • PARTICIPA !!
Características do buque: “LNG FINIMA” – eslora: 286,85 m. manga: 41,83 m. puntal: 11,22 m - Bandeira de Bermudas, antigüidade: 26 anos (1983)
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡
  • A ría é nosa e non de Reganosa !
  • Desmantelamento de Reganosa xa !
--

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org




Nota baseada na información enviada polo:

Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
11 de novembro de 2009 22:04
_____________

mércores, novembro 11, 2009

Un novo alento ás reivindicacións do "Masdias" cun peche no Concello de Ferrol


Representantes da comunidade educativa do Colexio Público "Masdias" de Caranza pechan-se no Pazo Municipal do Concello de Ferrol



A Comunidade educativa do Manuel Masdias sigue intentando que a Consellaría de Educación dé solución aos problemas que impiden que o curso 2009-2010, se estexa desenvolvendo coa normalidade necesaria.

Son moitas as iniciativas que esta comunidade leva desenvolvendo para solicitar unha saída para as súas reivindicacións. As características do alumnado, sobre todo a incorporación de alumnado que ven doutros centros, impide unha mínima atención educativa dado que non se conta co profesorado necesario para atender as necesidades educativas especiais que prantexa o claustro, a dirección e a ANPA.




Até o momento a delegación territorial só concedeu unha mestra interina ao 50% da xornada lectiva. Os encerros  no centro, as marchas a pé das familias até a delegación de Ferrol, ou a viaxe á delegación territorial d'A Coruña, non conseguiron alertar da urxencia de dotar convenientemente este centro por parte do Conselleiro Jesús Vázquez. Esto motivou unha nova mobilización por parte das familias e profesorado, nesta ocasión cun encerro na casa consistorial de Ferrol. A alcaldia anunciou o apoio às reivindicacións desta comunidade educativa. Apoio, ao que se agarda se sumen distintas organizacións políticas e sociais da comarca, coñecedoras do labor educativo que se ven realizando no barrio, sendo o único centro público que imparte educación infantil e primaria, sobrevivindo a unha importante competencia por parte dos centros privados concertados, de confesión católica.

Mentras se fai ver a través dos medios de comunicación, que o alumnado dos centros educativos perde interese e respeto polo traballo do profesorado, os sectores sociais máis desfavorecidos ven vulnerado o dereito básico a unha educación de calidade, que no centro Manuel Masdias pasa por conseguir o profesorado de apoio que se precisa. A figura do mestre ou mestra, queda así vinculada unha vez máis ás necesidades básicas da infancia. Que esta reivindicación básica non sexa atendida, só pode vincularse con un retroceso social en canto á escolarización universal de todos os nenos e nenas, independentemente da súa orixe económica, etnia, relixión ou condicións de saúde física ou mental.

Nota.- Fotos da web de RadioFusión
________________________

Enlaces relacionados:
______________________

luns, novembro 09, 2009

O "Sestao Knutsen", buque gaseiro cargado con GNL-LNG, está previsto que volte a entrar na Ría de Ferrol, coa súa perigosa carga para Reganosa, ante este feito o Comité Cidadán convoca unha nova acción de protesta e denuncia


[Feito cunha foto de:romarin]


Este martes 10 de Novembro de 2009, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca unha nova concentración cidadán, ante a previsión de que o buque gaseiro, que faría o 54 desde Maio de 2007, entre na nosa Ría coa súa perigosa carga para Reganosa, aumentando exponencialmente o perigo que de por si mesma representa esta.

CONCENTRACIÓN EN FERROL

A Concentración vai ter lugar este Martes 10 de Novembro ás 7 da Tarde, na Praza Amada García, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.

Participa !!

PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡!

Características do gaseiro: Nome: Sestao Knutsen  - Bandeira: España - Eslora: 284,4 m - Manga: 42,50 m - Calado: 12,3 m - Capacidade:138.000 m3

--

Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org


Información baseada na enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
8 de novembro de 2009 19:12

____________________

luns, novembro 02, 2009

Magosto Popular contra a Planta de Gas, este Sábado 7 de Novembro


[Para ampliar clicar acima do cartaz]

Organizado polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, este Sábado 7 de Novembro 2009, ás 6 da tarde, na Praza do Inferniño de Ferrol. Terá lugar o 1º Concurso de Cabazas: “A Ría e nosa e non de Reganosa”, Con premios ás categorias infantil e adulto, dentro do Magosto Popular contra a planta regasificadora de REGANOSA, instalada no corazón da Ría, no concello de Mugardos.

Ven e participa ! Haberá castañas, viño, liscos e música.

¡PLANTA DE GAS FORA DA RÍA!

--
Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org



Enviado por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
31 de outubro de 2009 00:05

_____________________

Democracy Now!: Escoitar os titulares de hoxe - 03.11.2009 e un especial, permanentemente actualizado, sobre a situación en Honduras


Democracy Now! (Democracia Xa!) é un programa diario de noticias de radio e TV presentado por Amy Goodman e Juan Gonzalez e transmitido en case de 800 emisoras, conformando así a rede máis ampla de medios comunitarios do mundo[*].
  • Karzai declarado triunfador en eleccións afgás logo de cancelación de segunda volta
  • CIT Group declárase en quebra
  • Estados Unidos deixa sen efecto política sobre asentamentos israelís
  • Israel detén a colono que asasinou a dous palestinos
  • Informe de CBO estima que serán poucos os estadounidenses que recorran á opción pública
  • Senadores republicanos boicotearán sesión de traballo sobre cambio climático
  • Republicana apoia a demócrata tras abandonar contenda cara ao Congreso de NY
  • Zelaya espera retornar á presidencia para o xoves
  • Estados Unidos e Colombia asinan acordo sobre bases militares
  • Departamento de Xustiza invoca secreto de estado en caso de intervención electrónica
  • FBI: 1.600 nomes por día suxeridos para lista negra terrorista
  • Fotografías clasificadas suxiren que Omar Khadr podería ser inocente
  • Casa Branca fai público rexistro de visitas
  • Frigorífico de Vermont clausurado tras investigación encuberta
  • Investigación pon ao descuberto traballo infantil en granxa de arándanos de Michigan
Escoita os titulares de hoxe, en español, clicando acima da imaxe:






Especial Honduras
:
  • Interesante  informe cronolóxico e permanentemente actualizado con entrevistas, noticias, audios, videos, artigos: democracynow.org
______________

luns, outubro 26, 2009

Unha pegada inesquecíbel




Un accidente na casa, roubou a vida de Ana Paz Rodríguez (Anita), o pasado sábado 24 de outubro. A pesar da súa prematura morte, con tan só 38 anos, deixa unha pegada inesquecíbel en moitos sectores da nosa comarca, como así o testemuña as numerosas persoas que se achegaron até o tanatorio entre o sábado e o domingo. A súa excepcionalidade queda patente non só entre a súa familia e amizades, senon tamén como profesional e activista social.

Vinculada ao barrio de Caranza, de moi nova participa na creación do grupo xuvenil "Arceibe", que chegou a aglutinar a case un cento de nenos e nenas do barrio ao redor duns monitores e monitoras que en moitos casos non superaban a maioria de idade. Os valores da paz, a solidaridade, a xustiza social e a defensa do medio ambiente, metéronse para acompañala para sempre na maleta da súa vida, e orientala cara o que sería a súa profesión de educadora social.

No concello de Valdoviño ou no de Ferrol, levou adiante iniciativas orientadas a integración social que en todos os casos daban axiña froitos. A ludoteca e a coordinación co CPI de Atios para as familias que máis necesitaban a súa labor de educadora social, no caso de Valdoviño; ou todo o traballo realizado para o empoderamento das mulleres no concello de Ferrol, son mostras delo.

Nos últimos anos a empresa xeriátrica Abrente beneficiouse do seu traballo, que significou unha loita constante para dignificar o último tramo da vida d@s usuarios. Ela defendia abrir ás ventás para que a vida entrara nos xeriátricos, así era habitual que pola sua xestión, moitos colectivos sociais e culturais participaran coas súas reivindicacións, loitas ou festas, na vida dos centros.

Anita era unha defensora dos servizos públicos. A súa aposta como nai pola escola pública e a súa participación na comunidade educativa dos centros foi sempre constante no curto tempo de escolaridade da sua filla e do seu fillo, que lle foi permitido disfrutar. Esa mesma coerencia, levouna a loitar por unha praza no que ela consideraba tiña que ser o seu lugar. Así chegou ao posto de Coordenadora do CAMF de Catabois, en Ferrol. Foron só trece meses que pola intensidade do seu traballo, a relación entre o persoal e resitentes, convertiron en perda irreparábel para este centro a súa morte.

Foi responsábel por un tempo da comisión da muller do BNG en Ferrol. Participou da secretaria da muller da CIG. Activista da Marcha Mundial das Mulleres, sendo nomeada delegada da Coordenadora galega para a mobilización mundial que tivo lugar en Burquina Fasso.

O seu paso curto por esta comarca foi intenso e produtivo, un modelo de compromiso persoal e cidadá para unha mocidade que está chamada a rescatar a esta comarca do pesimismo e a resignación, e inxectar a alegria, creatividade, e solidariedade que definian a Anita.

Mentres as cinzas de Anita (Ana Paz Rodríguez) eran incineradas no tanatorio, un grupo de persoas con distintos vínculos con ela, realizaron un itinerario por distintos lugares da cidade que dan mostra da intensidade do amor que nos brindou, na certeza de que, como dizia o poeta, "a forza do seu amor non pode ser inútil".

Galería Fotográfica do Acto:

Fonte: http://picasaweb.google.com/lupeces/LembrandoAAnita?feat=directlink


Diapositivos
:

Enlace coa galería de diapositivos en alta resolución

En lembranza de "Anita"
[24 de Outubro de 2009]

Estarás sempre con nós
Os teus amigos e amigas de Arceibe
.......

Compañeira, irmá, amiga:
Chegaches ao noso centro e entraches nas nosas vidas como un sopro de aire fresco, para encher de forza e ledicia os nosos días.
A túa forza como muller e como loitadora facíate un exemplo a seguir.
"Non te alonxará de nós a néboa dos días"
As túas compañeiras, compañeiros e residentes do CAMF de Ferrol [*]
.......


[*] Nota.- Ana María Paz Rodríguez era a Responsábel da Área Asistencial Residencial do CAMF - Ferrol
___________________

domingo, outubro 25, 2009

Video: Entrevista a Malalai Joya, activista da luta pela democracia e direitos das mulheres no Afeganistão


esquerda.net entrevistou Malalai Joya, activista da luta pela democracia e direitos das mulheres no Afeganistão e das poucas vozes que o mundo conhece da intransigência da oposição aos talibãs e aos senhores da guerra e da droga que hoje ocupam os lugares de topo no poder político, protegidos pelas tropas de ocupação. Eleita deputada no parlamento afegão, foi expulsa desse órgão por dizer que "isto não é um parlamento, é um jardim zoológico" e que "a bancada da maioria é composta por criminosos e corruptos".




________________

Carlos Luís Rodríguez entrevista a Carlos Luís Rodríguez

xoves, outubro 22, 2009

Vídeo: "Interrogatorio" ao presidente da Mesa pola Normalización Lingüística na Televisión de Galicia

Consecuencias do éxito da manifestación pola lingua II

Carlos Callón ''entrevistado'' por Carlos Luís Rodríguez





A Manipulación dunha televisión facha (Intereconomía)
En que mundo vivirá esta xente?

"El masón Francisco Caamaño ha participado esta misma tarde en una manifestación junto a independentistas gallegos en la que ha reclamado la supresión del castellano en el sistema educativo de Galicia"




Fonte: malmequer

Enviado por:
Damch GZ
-damchgz@gmail.com-
21 de outubro de 2009 11:29
_____________

Acto Pacifista en Compostela con motivo do paso por Galiza da Marcha Mundial pola Paz e a Non Violencia


  • ACTO PACIFISTA EN COMPOSTELA
  • DOMINGO, 25 DE OUTUBRO, 12:30 HORAS
  • TEATRO PRINCIPAL

PROGRAMA

Presentación
  • Begoña Fontenla (TVG)
  • Entrega da gaita galega que percorrerá o mundo coa Marcha Mundial pola Paz e a Non Violencia
Actuación de:
  • Pepe Ferreirós (Milladoiro)
Intervencións institucionais:
  • Leitura do Manifesto de Compostela pola Paz Mundial e a Xustiza, por Manuel Dios Diz (Seminario Galego de Educación para a Paz)
Intervencións poéticas:
  • Luis González Tosar
  • Marilar Alexandre
  • Concha Rousia
Contacontos:
  • Anxo Moure (Bicis pola Paz)
Intervencións Musicais:
  • Pepe Costenla
  • Xoán Curiel
  • No title (Loli e Leo)
  • Emilio Rúa
Clasura:
  • Pepe Ferreirós: Himno Galego
_______________________

Manifesto de Compostela pola paz mundial e a xustiza
25 de Outubro de 2009
Con motivo da Marcha Mundial pola Paz e a Non Violencia

Cada día morren 35,000 nenos de fame no mundo segundo a FAO. É un xenocidio de proporcións impresionantes, ao que asistimos impasibles, moitas veces sen inmutarnos. Ao mesmo tempo, calcúlase que o gasto diario en armamento é de 3.000 millóns de dólares e os subsidios agrícolas dos Estados Unidos e da Unión Europea roldan os 800 millóns diarios. Afirman que non hai fondos para o tratamento da SIDA, para acadar os Obxectivos do Milenio, para rematar coa pobreza e a miseria ... pero os Estados veñen de sair ó rescate das institucións financieiras e dos cobizosos que provocaron, coa súa ambición desmedida, o desplome da economía capitalista internacional.

Os enormes beneficios do complexo industrial bélico e militar dirixen en boa medida a economía mundial. Porque seguimos a vivir nunha economía de guerra. De feito, persisten máis de 35 conflitos armados no mundo, algúns especialmente longos e xeradores de enorme inestabilidade internacional, como é a ocupación israelíta dos territorios palestinos, a guerra de Afganistán e Iraq, ou Chechenia, por citar tan só algúns dos máis relevantes.

Derogar a guerra segue a ser un imperativo moral do século XXI.

É urxente compartir xustamente. Non hai mellor caldo de cultivo da radicalización, a animadversión e a agresividade que a humillación e a exclusión. A violencia non se xustifica, nin pode lexitimarse, pero as súas orixes deben de examinarse atentamente. 

Cómpre fortalecer o multilateralismo e dotar ás Nacións Unidas dos medios e autoridade necesarios para emprender un gran plan global de desenvolvemento en beneficio de todos.

O Norte, primordialmente, séguese a enriquecer cos recursos naturais de países aos que empobrece progresivamente e cuxa cidadanía se ve forzada a emigrar en circunstancias que con frecuencia constitúen un agravio á súa dignidade e atopando na dura viaxe a hostilidade e a restrición das leis dos Estados que, curiosamente, os explotan (Directiva da Vergoña).

Non é con votos cautivos, con obediencia cega e con temor e medo como se constrúe e consolida a democracia xenuína. Non é con guerras de cobiza, con demostracións de forza, accións bélicas e invasións dirixidas por intereses económicos e enerxéticos -que xeran unha espiral de violencia, de acción e reacción, de intervención e represalia- como podemos facer fronte aos grandes desafíos e asimetrías de todo orde que presenta a situación mundial. 

Os gobernantes abdicaron das súas responsabilidades políticas, substituíndo valores universais polas leis do mercado. O resultado foi a concentración da riqueza nunhas cantas mans e a ampliación das fendas sociais e económicas. 

¡NON Á POBREZA!

Hai que esixir aos gobernantes, a través dun auténtico clamor a escala mundial, que dean prioridade ao cumprimento dos Obxectivos do Milenio e o remate da carreira armamentística. Chegou o momento da non resignación, da implicación persoal. 

Proclamamos, unha vez máis, que non xustificamos os atentados e a violencia, veña de onde veña. Condenamos todo tipo de terrorismo: o dos grupos ocultos nas sombras e o terrorismo de Estado. Utilizouse a tortura, o trato cruel e degradante, violando reiteradamente o dereito internacional e humanitario. 

É necesario que a Comunidade Internacional poña fin á barbarie, ás masacres. Como se establece na Carta das Nacións Unidas son os pobos os que deben decidir sobre o seu destino. Debemos sumar con rapidez voces de todos os pobos do mundo para dicir:

¡BASTA! Á GUERRA E Á VIOLENCIA

Calamos en exceso. Agora acabouse o silencio. Os pobos elevarán a súa voz. A guerra é unha traxedia para todos. É urxente desarmar a razón armada. Hoxe máis que nunca son necesarios a capacidade de diálogo e de alianza, o compromiso de intentar a resolución pacífica de conflictos, fomentando actitudes de encontro e respecto aos demais, mediante a aplicación cotiá dos DereitosHumanos sustituíndo a violencia, a forza e a imposición pola Cultura da Paz

É necesario cambiar o curso dos acontecementos a través de accións colectivas, desenvolvendo a solidariedade entre os pobos. É urxente que os intelectuais, artistas, educadores, científicos .... abandonen a súa pasividade e pasen á acción. Só así os seus escritos e as súas palabras será cribles e poderán contribuír a sumar os seus esforzos aos de moitos outros para deter a tolemia da guerra, da confrontación e da violencia. 

Chegou o momento da xente. E, sobre todo, dos mozos, dos homes e mulleres que reclaman outro mundo posible. As institucións e medios de comunicación deben axudar á cidadanía mundial para que, por fin, deixen de ser espectadores e desempeñen a súa función de protagonistas no deseño do futuro. Os gobernantes, parlamentarios, membros dos Consellos Municipais ... teñen unha especial responsabilidade neste cambio histórico. 

Chegou tamén o momento das culturas e das relixións máis diversas para que, unidas pola solidariedade e o amor ao próximo que lles é inherente, se poñan a vangarda do rescate da dignidade humana. 

É necesario que os pobos asuman a resistencia social, cultural, política e espiritual a través de mobilizacións, da non cooperación á violencia e inxustiza, de sumar esforzos con outros pobos e denunciar aos responsables de dominacións e da dor que afecta a humanidade. 

Hai que poñerse en pé, en pé de paz e camiñar cara a novos horizontes de vida e non de morte. Malia todo, esa é a esperanza.

E a Marcha Mundial pola Paz e a non violencia é unha ocasión máis de poñernos en pé de paz e de camiñar xuntos pola xustiza, a paz e a solidariedade. E aquí estamos en Compostela organizacións moi diversas unidas polo noso compromiso inequívoco coa cultura da paz e a non violencia, para sustituír a forza pola palabra, a imposición polo diálogo, a confrontación pola negociación.

Por canto antecede, coa mirada posta nas xeracións vindeiras, facemos un chamamento a todos quen se sentan igualmente concernidos para que manifesten pacificamente, a través de todos os medios ao seu alcance, presenciais e virtuais, a súa adhesión á paz:

Neste sentido reivindicamos:

1º.- O desarmamento nuclear a nivel mundial

2º.- O retiro inmediato das tropas invasoras de tódolos territorios ocupados.

3º.- A reducción progresiva do armamento convencional.

4º.- A sinatura de tratados de non agresión entre países.

5º.- A renuncia dos gobernos a utilizar as guerras como medio para resolver os conflictos.

5º.- O rexeitamento de toda forma de violencia.

Reafirmamos hoxe o noso compromiso coa paz e a non violencia e dicimos, de novo,

NON Á GUERRA E Á VIOLENCIA!

SI Á PAZ E Á XUSTIZA!


 ASINAN A PRESENTE DECLARACIÓN:
  • AIS O PETO
  • ASOCIACION CULTURAL WIPALA
  • CC.OO DE GALICIA
  • COLEXIO DE EDUCACION SOCIAL
  • COLEXIO DE PSICOLOXÍA SOCIAL
  • COORDINADORA GALEGA POLA PAZ
  • FORO GALEGO DA INMIGRACION
  • FUNDACION CULTURA DE PAZ
  • INICIATIVA POLOS DEREITOS HUMANOS
  • IRIMIA
  • MEDICOS DO MUNDO
  • MUNDO SEN GUERRAS
  • OSPAAAL GALICIA
  • SEMINARIO GALEGO DE EDUCACION PARA A PAZ
  • UGT GALICIA
  • XENEME INTERVENCION SOCIAL
Información elaborada coa enviada por:
Educación e Paz
-paz@sgep.org-
www.sgep.org
21 de outubro de 2009 13:30
________________________

Iniciativas parlamentarias presentadas por Esquerda Unida no Congreso dos Deputados para demandar a reparación das estradas deterioradas polas obras do vial de acceso ao porto exterior


  • ESQUERDA UNIDA PRESENTA  NO CONGRESO VARIAS PREGUNTAS PARLAMENTARIAS  PARA REPARAR AS ESTRADAS DA ZONA RURAL AFECTADAS POLA CONSTRUCIÓN DO VIAL DE ACCESO AO PORTO EXTERIOR 
  • O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA  ALERTA DOS RISCOS DERIVADOS DE NON CANALIZAR AS AUGAS  CANDO A TEMPADA DE CHOIVAS ESTÁ AO CHEGAR
 O Grupo Municipal de Esquerda Unida quere chamar a atención dos riscos derivados da actual situación de non canalización das augas  unha vez rematado a estrada de acceso ao porto exterior. Semellante abandono supón un grave risco de riadas e inundacións que vai repercutir nos habitantes da Zona Rural afectada e asemade un perigo para a seguridade vial  na zona.

Esquerda Unida denuncia que as reiteradas e constantes demandas veciñais para procurar que se arranxen os danos producidos a causa da construción da estrada ao porto exterior seguen a caer no saco roto da neglixencia e a improvisación do Ministerio. Atopámonos agora coa chegada da estación das augas e co traballo de canalización sen facer cos riscos asociados. Urxe unha resposta e actuación ministerial veloz.

A nosa organización vén de presentar no Congreso dos Deputados unha batería de preguntas parlamentarias ao obxecto de forzar unha toma de postura do Ministerio de Fomento neste caso. Queremos que o Goberno comprometa unha actuación reparadora e rápida para atender  ás demandas veciñais.

Esquerda Unida quere con esta iniciativa  arrincar un compromiso do Ministerio para atender ás canalizacións das augas e asemade para procurar o arranxo das estradas da zona que teñen sufrido graves quebrantos polas obras da estrada ao porto exterior: a saturación do tráfico desviado e o intenso tráfico de camións  teñen orixinado un desgaste que fai imperativo o seu arranxo.

O Grupo Parlamentar de Esquerda Unida no Congreso  rexistrou no día de onte as preguntas acerca de que previsións ten o Goberno  en relación coas canalizacións  e en que prazos e partida orzamentaria se empregarían.

O Grupo Parlamentar de EU pregúntalle tamén  ao Ministerio de Fomento se a reparación das estradas deterioradas  a causa da construción do devandito vial de acceso van ser reparadas, en que prazos e con cargo a que partidas.

O Grupo Municipal de Esquerda Unida entende urxente e necesario dar unha resposta satisfactoria – polo Ministerio de Fomento – ás reivindicacións veciñais.

Ferrol, 21 de outubro  de 2009

Enviado por:
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
21 de outubro de 2009 14:35
Prezad@s amig@s: vanvos en senllos arquivos as iniciativas parlamentarias presentadas por Esquerda Unida no Congreso dos Deputados para demandar a reparación das estradas deterioradas polas obras do vial de acceso ao porto exterior e a demanda das canalizacións para a baixada das augas. Un saúdo, Ramiro Marier
_________________