venres, febreiro 07, 2014

Convocatoria Aberta en apoio das Marchas da Dignidade a Madrid #22M2014 - Columna Galiza


CONVOCATORIA ABERTA DE APOIO Á MARCHA DA DIGNIDADE GALEGA

Este chamamento vai dirixido ás asociacións, plataformas de afectados, grupos veciñais, organizacións políticas, intelectuais, artistas, e a todo tecido dos movementos sociais de Galicia, preocupad@s pola conxuntura que estamos a sofrir como cidadáns e como País.

É coñecido de tod@s que o vindeiro 22 de Marzo, van confluir en Madrid diversas columnas de cidadáns dos distintos territorios e nacións do estado español, para decir basta xa!, á política do goberno e da Troica. Esta iniciativa chamada Marchas da Dignidade, está a aglutinar á maioría do movemento sindical alternativo, ás organizacións políticas anticapitalistas e ós movementos sociais, ó longo e ancho do estado español.

Polo dito, as organizacións sindicais: CUT, CGT, CNT, SF-IN, S. Elevación, SLG e STEG, convidámoste a integrar unha gran Plataforma Galega de apoio ás Marchas da Dignidade. Para o cal, o vindeiro martes día 11 de febreiro, ás 17 horas, vai ter lugar unha xuntanza no Centro Social O Pichel, na Rúa Santa Clara en Compostela.

Unha aperta fraternal, esperando o teu apoio e asistencia a esta iniciativa galega, solidaria e internacionalista.

O 22 de Marzo, @s galeg@s, tamén imos a Madrid!!.

NOTA: No caso de que non puideras asistir, podes comunicar o teu apoio á Plataforma ao enderezo: marchasdadignidade@gmail.com


A #Marcha pola Dignidade desde Galiza:

Correo-e:
galiciaenmarcha@gmail.com

Evento no facebook:
https://www.facebook.com/events/214972025353768/?ref=ts&fref=ts


Columna Galega:
https://www.facebook.com/pages/Columna-Galega-marchaamadrid/803867402962384

No twitter:
https://twitter.com/marcha22mGalici

Manifesto:
https://drive.google.com/file/d/0By24jKds2T1PMDZqT25sb3U0Z2M/edit?usp=sharing


______________

O gaseiro 'LNG Bonny', o 162 buque, cargado con miles de toneladas de GNL/LNG para Reganosa, anuncia a entrada na Ría de Ferrol este Sábado 8 de Febreiro - O Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha nova acción de protesta o mesmo Sábado


CONCENTRACIÓN SONORA EN FERROL,
 SÁBADO 8 DE FEBREIRO, ÁS 7 DA TARDE
NA PRAZA AMADA GARCIA
DIANTE EDIFICIO DA XUNTA DE GALICIA

O gaseiro 'LNG Bonny', é un buque de grande porte, 287 m de eslora e 41,8 m de manga e  de calado 11.32 m. Cunha capacidade de 133.000 m³ de GNL. Son miles as toneladas de GNL/LNG, para a ilegal e perigosa Reganosa. Este enorme buque ten anunciado a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Sábado 8 de Febreiro de 2014. Esta entrada, supon xa a 162, desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

OLLO!: NIVEL DE RICO EXTREMO NA COSTA DO NOROESTE DA CORUÑA
Segundo o parte de previsións meteorolóxicas, entre as 09:00hs do Sábado 8 de Febreiro e as 00:00hs do Domingo 9, hai alerta vermella con nivel de riscos extremo na costa.

Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca unha acción de protesta e denuncia, consitente nunha Concentración Sonora, o mesmo Sábado ás 7 da Tarde, en Ferrol, na Praza Amada Garcia diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.

Hai máis dun ano que se dictou a Sentenza polo Tribunal Supremo, onde a planta xa foi declarada ilegal, en sentenza inapelábel.

Tras a Sentenza do Tribunal Supremo, que declara ilegal a localización de Reganosa, temos que esixir o fin desta ameaza e deste malgasto de cartos públicos. Temos que esixir o seu peche definitivo.

  • QUE SE CUMPRA A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO XA! 
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  • PECHE XA!!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA  !!

10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas?


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


Información baseada na enviada polo:

Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
6 de fevereiro de 2014 20:08
_______________

Alén de Ancos e Marta Masafret na Festa Solidaria polo dereito das mulleres a decidir libremente a súa maternidade - Grupo de traballo da Plataforma Galega polo dereito ao aborto en Ferrolterra

O Grupo de traballo da Plataforma Galega polo Dereito ao aborto en Ferrolterra organiza unha FESTA SOLIDARIA para alertar do “grave retroceso” que supón a reforma que pretende facer o Goberno do Partido Popular

As organizacións integrantes da Plataforma de Ferrolterra denuncian que “a drástica reforma” do Goberno está a ocasionar “consecuencias nefastas para a vida e a saúde integral das mulleres" e reclaman o "dereito a decidir".

Ferrol, 7 de febreiro de 2014.- O Grupo de traballo da Plataforma polo Dereito ao Aborto de Ferrolterra está a organizar unha FESTA SOLIDARIA que terá lugar o sábado 8 de febreiro de 2014 no local “MANCHITA COSA” na céntrica rúa Madalena número 138. O obxectivo é, segundo afirma a Plataforma "chamar a atención da cidadanía de Ferrolterra sobre o grave retroceso de dereitos das mulleres que supón a proposta de reforma da lei do aborto do Goberno" ao tempo que organizar un acto festivo e reivindicativo aberto ao público en xeral no que "esixiremos o dereito das mulleres a decidir libremente a súa maternidade"

O Grupo de Traballo da Plataforma polo Dereito ao Aborto de Ferrolterra integrado por representantes de organizacións feministas, políticas, sindicais e cívicas, leva case dous anos traballando a prol do mantemento da lei da interrupción voluntaria do embarazo e contra da reforma da mesma proposta  polo Goberno en voz do ministro Gallardón e nesta volta, tal como afirman as súas representantes,  "pretendemos aglutinar as vontades da cidadanía da comarca para acadar o respaldo cívico que impida a contrarreforma programada polo Goberno".

A festa solidaria contará, entre outras actividades con recitais e música a cargo de diferentes artistas da bisbarra como Alén de AncosMarta Masafret entre outr@s amáis de contar con actividades lúdicas dirixidas ao público infantil.

Esta actividade, decidida na xuntanza mantida o pasado día 3 de febreiro, concorda coa organización de eventos similares en toda Galicia xa que, aseguran as portavoces desta plataforma "tentamos de achegar ao gran público de xeito lúdico e solidario a reivindicación das mulleres do dereito a decidir". A festa terá lugar en horario de 18.00 a 20.00 horas  con entrada libre aínda que se ofertará a posibilidade de apoio ás actividades da Plataforma a través de petos e da venda de bonos solidarios.

O evento no facebook:
https://www.facebook.com/events/414313892036131/

web:
http://feminismo.eu/PlataformaAborto/

facebook:
https://www.facebook.com/p.g.polo.dereitoaoaborto

twitter:
https://twitter.com/feminismogalego

Enviado por:
Polo Dereito ao Aborto Ferrolterra
-dereitoabortoferrolterra@gmail.com-
6 de fevereiro de 2014 20:40

___________________

xoves, febreiro 06, 2014

Adiada sine die a Festa de Aniversario - A Tenda de Troco cumpre un ano - Festa de aniversario o Sábado 8 de Febreiro, desde as 12 do mediodía

NOVO AVISO: Adiada sine die a Festa de Aniversario.
Sentimos comunicar que en previsión de que o sábado se produza unha nova cicloxénese explosiva, queda adiada a festa de aniversario da Tenda de Troco até novo aviso | Grazas.
---
O próximo sábado 8 de Febreiro ás 12.00hrs, celebramos o primeiro Aniversario da Tenda de Troco dArméria Soc. Coop. Galega.

A Tenda de Troco naceu nun ano difícil para moitas persoas da nosa comarca, durante este ano moitas desas persoas se fixeron usuarias e usuarios da Tenda, vendo no troco unha alternativa de consumo, máis económica, responsable e ecolóxica.

Somos xa 264 usuarias e usuarios da Tenda de Troco.

Queremos convidarvos a vir celebrar o primeiro ano cunha festa onde haberá: bebidas, liscos e música dos Carancereteir@s.

Un saúdo,

Tenda de Troco de Arméria Soc. Coop. Galega

Morada e enderezo Postal:
Avda. Castelao S/N, Traseira do Mercado de Caranza.
CP 15406 Ferrol (GALIZA)

Evento no facebook:
https://www.facebook.com/events/702497143105831/

web:
http://tendadetroco.blogspot.com.es/

Facebook:
http://www.facebook.com/detroco.armeria

Correo-e:
tendadetroco@gmail.com
______________

Non deixes de escoitar e ver estos interesantes vídeos - #22 de Marzo, Marchas da Dignidade a Madrid - Moi interesante vídeo da intervención de Diego Cañamero


Estracto da Presentación das Marchas da Dignidade o 10 de xaneiro do 2014 no Centro Cultural Alcazaba Mérida. Logo da intervención do interior e tras encherse o aforo algúns ponentes repetiron tamén fose o seu relatorio.


http://youtu.be/L66bViEVgG0


As outras moi interesantes intervencións:

Rafael Mayoral. abogado da Plataforma de Afectados pola Hipoteca y STOP Desafiuzamentos.
http://www.youtube.com/watch?v=8bxW0v...

Pablo Iglesias, profesor de ciencias políticas na Universidade Complutense de Madrid e presentador de 'La Tuerka TV' e 'Fort Apache TV'.
http://www.youtube.com/watch?v=7P4HjZ...

José María Carrillo ao cante e Yuyi guitarra de "Gente del Pueblo" http://www.youtube.com/watch?v=ErMx30...

Diego Cañamero, portavoz sindicato andaluz de Traballadoras/es http://www.youtube.com/watch?v=L66bVi...

Rafael Juan Ruiz, Campamento 'Dignidad de Córdoba'.
http://www.youtube.com/watch?v=R6ncyL...

José Coy, membro de plataforma de Personas Afectadas pola Hipoteca de Murcia.
http://www.youtube.com/watch?v=5ktNfh...
Licença de atribuição Creative Commons (reutilização permitida)

Enlaces de interese:

Na wiki15M:
http://wiki.15m.cc/wiki/Madrid_22-M,_Marchas_de_la_Dignidad

Web oficial:
http://marchasdeladignidad.org/

Evento no facebook:
https://www.facebook.com/MarchasdelaDignidadMadrid22M



A #Marcha pola Dignidade desde Galiza:

Correo-e:
galiciaenmarcha@gmail.com

Evento no facebook:
https://www.facebook.com/events/214972025353768/?ref=ts&fref=ts


Columna Galega:
https://www.facebook.com/pages/Columna-Galega-marchaamadrid/803867402962384

No twitter:
https://twitter.com/marcha22mGalici

Manifesto:
https://drive.google.com/file/d/0By24jKds2T1PMDZqT25sb3U0Z2M/edit?usp=sharing

Enviado por:
André M. Ces
-andre.martinez.ces@gmail.com-
6 de fevereiro de 2014 11:33

________________

Acto de lembranza de Vitoria e Carmelo, este Domingo 9 de Febreiro, ás 12 do mediodía en Caranza


Onte Mércores, 5 de Febreiro, cumpría-se seis anos do falecemento do noso ben querido Carmelo Teixeiro, primeiro Coordinador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.

Con este motivo, o Comité convida a toda a cidadanía a participar na ofrenda floral que se celebrará na súa lembranza o vindeiro Domingo 9 de Febreiro de 2014, ás 12 horas, no parque municipal de Caranza que leva o seu nome: "Parque Carmelo Teixeiro" (Entre a Ermida de Caranza, Rúa Cartaxena e Avenida do Mar).

Neste acto colocarase unha placa en lembranza da súa compañeira Victoria Fernández Paredes, falecida o pasado 8 de novembro de 2014, compañeira de vida e de loita a favor de todas as causas sociais e que mantivo unha especial vinculación a este Comité Cidadán de Emerxencia.
  • QUE SE CUMPRA A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO XA! 
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  • PLANTA DE GAS PECHE XA !!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA   !!
10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas ?

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


Información baseada na enviada por:

comitecidadan
-comitecidadan@gmail.com-
5 de fevereiro de 2014 13:50
____________

Enlace relacionado:
Ártabra 21: Apoio económico á loita contra a ameaza da ilegal e perigosa Reganosa contra a vida, a seguridade e a Ría - Planta de gas construída ao amparo da corrupción política e económica
___________________________________

O Secretario Xeral da CIG, Suso Seixo, presenta en Ferrol a ILP polo Emprego en Galiza - Hoxe Xoves 6 de Febreiro, ás 19:30hs no Centro Cultural Carvalho Calero - Video e información sobre a ILP polo emprego en Galiza

Nun acto público, aberto de entrada libre, hoxe Xoves 6 de Febreiro, ás 19:30hs no Centro Cultural Carvalho Calero do Inferniño, a Confederación Intersindical Galega -CIG, coa presencia do seu Secretario Xeral, Suso Seixo, presenta en Ferrol a Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) polo Emprego en Galiza.

A CIG está a desenvolver asembleas de delegad@s, actos informativos en centros educativos e centros sociais e mobilizacións, ao tempo que intensifica a recollida de sinaturas coa instalación de mesas na rúa. Dentro desta campaña, divulgativa e concienciadora é onde entra o acto que está previsto que se celebre hoxe en Ferrol.

Vídeo e información sobre a ILP polo emprego en Galiza

A CIG presenta un resumo en video da campaña de recollida de sinaturas e concienciación social que pretende levar ao Parlamento Galego a citada Iniciativa Lexislativa Popular cunha serie de medidas orientadas a xerar emprego de calidade no noso país fronte á crise capitalista e as políticas anti-sociais, anti-obreiras e anti-galegas dos diferentes gobernos. Ademais do resumo das propostas, o Secretario Xeral, Suso Seixo, enmarca a campaña e explica neste video os motivos que levaron á CIG a deseñar esta iniciativa.


http://youtu.be/rymyOZsZiq0


A CIG vén de iniciar a segunda fase da campaña de presentación da Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) para a creación de emprego, que consiste na explicación pública das medidas que contén a iniciativa e na recollida de sinaturas de apoio.

Fai un chamamento a para que se apoie a súa iniciativa: "... a túa sinatura é necesaria para que a ILP se debata no Parlamento. Precisamos obter un mínimo de 15.000 sinaturas antes do mes de abril, no que remata o prazo. Nos diferentes locais sindicais atoparás as follas para asinar".



Accede toda a información sobre a ILP publicada no xornal sindical Avantar.


Documentos:
  • PROPOSICIÓN DE LEI, POR INICIATIVA LEXISLATIVA POPULAR, DE MEDIDAS PARA A CREACIÓN DE EMPREGO EN GALIZA (Texto) -
  • Tríptico que resume as principais medidas que contén a ILP
    e Cartaz da campaña de recollida de sinaturas de apoio á ILP

Calendario de actos xa programados na comarca de Ferrol:

Dende a Unión Comarcal explicaron que se van presentar mocións tamén nos Concellos das Pontes, Pontedeume, Cedeira, Ortiguieira, San Sadurniño, Mugardos, Fene, Cariño, Neda, Ares e Valdoviño.

Ademais, realizaranse actos de presentación pública da ILP nos concellos de:
•    Narón, día 4 de febreiro, 19:30h, nos Baixos da Biblioteca Municipal
•    Ferrol, día 6 de febreiro, 19:30h, no centro municipal Carvalho Calero
•    Pontedeume, día 13 de febreiro, 20,00 na Biblioteca Municipal
•    Cedeira, día 18 de febreiro, 19:30h, no Auditorio municipal
•    Ortigueira, día 20 de febreiro, 19:30h.
•    San Sadurniño, día 21 de febreiro, 20:00h, na Casa da cultura
•    Mugardos, día 25 de febreiro, 19:30h, no Centro cívico
•    Fene, día 26 de febreiro, 19:30h, no Museo do humor
•    Cariño, día 6 de marzo, 19:30h.
•    As Pontes, día 6 de marzo, 19:30h, na Casa Dopeso


Información baseada na enviada por:
Confederación Intersindical Galega
-cig-informa@galizacig.com-
31 de janeiro de 2014 10:14
________________

martes, febreiro 04, 2014

Manifestación en Vigo, para exixir o indulto dos compañeiros Serafín (CIG) e Carlos (UGT), condenados a 3 anos de prisión por participaren nun piquete na folga do transporte de Pontevedra no 2008


Represión contra o sindicalismo de clase

Máis unha vez asistimos un novo episodio de represión contra o sindicalismo de clase. Un tribunal vén de condenar a 3 anos de prisións aos compañeiros Carlos (UGT) e Serafín (CIG), por teren participado nun piquete informativo na folga do sector transporte na provincia de Pontevedra o ano 2008, a pesar de resultar absoltos a todos os efectos de ter producido ningún dano. Ademais o Goberno español do Partido Popular denegoulles o indulto, que non ten reparos en concederlle a corruptos e banqueiros,

Tres anos de cadea por participar nun piquete, logo de demostrarse que eran inocentes de ter producido ningún dano

Unha sentenza abusiva que só pretende escarmentar e amedentrarnos para debilitar a nosa capacidade de resposta como clase. Unha vez máis, un tribunal ditando unha sentenza inxusta acaba exercendo a máis brutal represión sindical, malia que defender os dereitos da clase traballadora non é un delito. Mentres os verdadeiros delincuentes gozan da maior das impunidades e de todas as medidas de graza das altas esferas do poder, dous sindicalistas poden acabar en prisión.

Recollida de sinaturas

É por iso que a CIG, UGT e CCOO iniciamos unha campaña de sinaturas exixindo o indulto para ambos os dous compañeiros, desde a certeza de que defender os dereitos da clase traballadora non é delito.

Manifestación: Domingo, 9 de Febreiro de 2014, ás 11:30hs, na Praza dos Cabalos, Vigo

Asemade, as tres organizacións sindicais convocamos unha MANIFESTACIÓN para este DOMINGO 9 de febreiro que sairá ás 11:30h, facendo un chamamento á clase traballadora e ao conxunto do pobo da nosa comarca a secundala masivamente, para impedirmos o ingreso na cadea de dous sindicalistas. Animámosvos tamén a difundirdes esta convocatoria no voso centro de traballo e na vosa contorna.

Evento no facebook:
https://www.facebook.com/events/798620093497989/
___________

Esquerda Unida denuncia o desleixo das distintas administacións coa asociación Aspaneps así como o contexto de ruína no que está inmerso parte do patrimonio inmobiliario público na cidade


Esquerda Unida considera inaceptable a situación do local onde ASPANEPS desenvolve as súas actividades
| Goteiras e humidades dentro dun edificio cedido polo Ministerio de Defensa pero agora forma parte do paquete especulativo | O grupo municipal de EU denuncia a actitude de desleixo da Xunta e Concello que se suma á indiferenza habitual diante da problemática sociosanitaria e anuncia que impulsará iniciativas tanto no Parlamento Galego como no Congreso dos Deputados.

Javier Galán denuncia que esta actitude de desleixo é a mesma que conduce á situación do Sánchez Aguilera, precintado despois dunha inspección da Consellería de Traballo.

Preocupados como están por conseguir unha foto, coa que disimular tantas cousas mediocres, que retrate a sinatura dun supostamente óptimo convenio con Defensa previa pase por caixa por parte do  Concello, as administracións do PP no ámbito local e autonómico móstranse absolutamente indiferentes ao deterioro físico dos inmobles nos que se prestan servizos esenciais. Aspaneps, é case vergoñento recordalo, é unha asociación de pais e nais que é o único soporte de atención  específica  para nenos e nenas con sofren problemáticas de perfil psicosocial.

O grupo municipal de EU cre que unha asociación deste tipo e que ven prestando servizos á comunidade merece unha atención preferente por parte do concello e non é de recibo que non só teñan que sufrir os recortes, ao igual que o resto do asociacionismo asistencial, senón que xa haxa que convivir con goteiras e humidades como cutre pegada da crise  nos centros asistenciais do mesmo xeito que  xa convivimos todos coa proliferación de fochas nas estradas urbanas ou non.

Como xa non hai prima de risco como espada de Damocles e o vinteoito deste mes viñeron os reis a Ferrol, seica, o Alcalde debe estar contento e agora o importante debe estar noutros lares e  Lazos ou Aspaneps, entidades que non teñen homólogos na sanidade pública e, aínda que para EU deberían estar integradas na rede pública, existen como entidades que prestan servizos de atención sociosanitaria pero parece que nin existan nin presten servizos. Desde a Alcaldía se continúa coa faraónica pretensión de centrar en obra ornamental o fundamental do investimento: onte a praza de España mañá o elevador do millón de euros para a costa de Mella. De malgasto en malgasto. Mentres, a  goteira de Aspaneps agarda.

En contexto con isto Esquerda Unida quere lembrar as xa numerosas iniciativas consistentes en dotar de instalacións axeitadas ás varias entidades que prestan servizos de tipo sociosanitario na comarca e que hoxe ou ben deambulan de local en local ou ben están a sufrir o abandono dos locais nos que desenvolven  as súas actividades por desleixo das diferentes administracións.

De desleixo en desleixo até chegar ao estado de ruína no que xa se atopa até o cuartel Sanchez de Aguilera, unha das grandes promesas dos distintos gobernos para vendernos un convenio de defensa polo que estamos a agardar desde hai décadas.

O grupo municipal de Esquerda Unida reitera a súa valoración negativa da pésima xestión do goberno municipal neste asunto e que vai camiño de superar esperpentos anteriores xa que poida esteamos á porta dun convenio defunto antes de nacer. Hoxe igual que hai dez anos, ou hai sete, Esquerda Unida pide unha renegociación para a consecución dun convenio ambicioso que permita á nosa cidade dotarse duns espazos que tiveron noutra hora usos militares pero que deben hoxe, sen coste, enriquecer a vida da cidade e o seu desenvolvemento económico.

Ferrol 4 de febreiro de 2014

Consello Político Local- Esquerda Unida de Ferrol

Esquerda Unida de Ferrol
R/ do Sol 124 Entrechán Esquerda
981944035
www.euferrol.org
https://www.facebook.com/esquerdaunida.ferrol
https://twitter.com/EUFerrol
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html

Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
4 de fevereiro de 2014 14:00

Bo día. Enviámosvos nota de prensa pola que denunciamos o desleixo das distintas administacións coa asociación Aspaneps así como o contexto de ruína no que está inmerso parte do patrimonio inmobiliario público na cidade, agardando por un convenio non nato pero xa, polo que se ve, defunto. Grazas e un saúdo, Secretaría de Comunicación. Consello Político Local- Esquerda Unida de Ferrol.

__________

Foto: STGO-Fotos - STGO-Web.
___________________

Descenden en 13.249, as afiliacións á Seguridade Social nun so mes na Galiza, segundo o Informe sobre as afiliacións á Seguridade Social correspondente ao mes de Xaneiro de 2014

Hoxe publícase na web do IGE o Informe sobre as afiliacións á Seguridade Social correspondente ao mes de xaneiro de 2014.

O número medio de afiliacións ao Sistema da Seguridade Social en Galicia durante o primeiro mes deste ano 2014 acadou a cifra de 901.377 para o total do sistema, o que supón un descenso respecto ao mes de decembro de 2013 de 13.249 afiliacións (un -1,45%). Para o conxunto estatal a cifra de afiliacións sitúase en 16.173.610, rexistrando un descenso do 1,1% con respecto ao pasado mes de decembro.

Para máis información consulte a seguinte ligazón:

http://www.ige.eu/estatico/pdfs/s3/publicaciones/Afiss_Informe_01_14.pdf

---
Servizo de Difusión e Información Estatística
Complexo Administrativo San Lázaro s/n
Instituto Galego de Estatística
15703 Santiago de Compostela
Telf: 981 541589 de 9 a 14 horas, Fax: 981 541323
contacto: http://www.ige.eu/web/peticioninfo.jsp?paxina=005006001&idioma=gl
Síguenos en Twitter: https://twitter.com/#IGE_Estatistica
Síguenos en Facebook: http://www.facebook.com/INSTITUTOGALEGOESTATISTICA
web: http://www.ige.eu

Enviado por:
IGE Novidades
-ige.novidades@ige.eu-
4 de fevereiro de 2014 10:44
____________________

luns, febreiro 03, 2014

Proclama de América Latina e o Caribe como Zona de Paz - II Cúmio da CELAC - A Habana - Cuba, 28 e 29 de Xaneiro de 2014 - Declaración Final


PROCLAMA DE AMÉRICA LATINA E O CARIBE COMO ZONA DE PAZ

As Xefas e Xefes de Estado e de Goberno da Comunidade de Estados Latinoamericanos e Caribeños (CELAC), reunidos na Habana, Cuba, os días 28 e 29 de xaneiro de 2014 na II Cume, en nome dos seus pobos e interpretando fielmente os seus anhelos e aspiracións,

Ratificando o compromiso dos seus países cos Propósitos e Principios consagrados na Carta das Nacións Unidas e o Dereito Internacional, e conscientes de que a prosperidade e estabilidade da rexión contribúen á paz e seguridade internacionais,

Conscientes de que a paz é un ben supremo e anhelo lexítimo de todos os pobos e que o seu preservación é un elemento substancial da integración de América Latina e o Caribe e un principio e valor común da Comunidade de Estados Latinoamericanos e Caribeños (CELAC),

Reafirmando que a integración fortalece a visión dunha orde internacional xusto, afirmado no dereito e nunha cultura de paz que exclúe o uso da forza e os medios non-lexítimos de defensa, entre eles as armas de destrución masiva e, en particular, as armas nucleares,

Destacando a relevancia do Tratado de Tlatelolco para a Proscrición das Armas Nucleares na América Latina e o Caribe que estableceu a primeira zona libre de armas nucleares, nun área densamente poboada, sendo leste unha contribución á paz e a seguridade rexional e internacional,

Reiterando a urxente necesidade do Desarme Nuclear Xeneral e Completo, así como o compromiso coa Axenda Estratéxica do Organismo para a Proscrición das Armas Nucleares na América Latina e o Caribe (OPANAL), adoptada polos 33 Estados membros do Organismo, na Conferencia Xeral de Bos Aires en agosto de 2013.

Recordando os principios de paz, democracia, desenvolvemento e liberdade que inspiran as actuacións dos países membros do SICA,

Recordando a decisión das Xefas e Xefes de Estado de UNASUR de fortalecer a Suramérica como Zona de Paz e Cooperación,

Recordando o establecemento, en 1986, da Zona de Paz e Cooperación do Atlántico Sur,

Recordando tamén o noso compromiso, acordado na Declaración do Cume da Unidade da América Latina e o Caribe, o 23 de febreiro de 2010, de promover a implementación de mecanismos propios de solución pacífica de controversias,

Reiterando o noso compromiso de que en América Latina e o Caribe consolídese unha Zona de Paz, na cal as diferenzas entre as nacións resólvanse de forma pacífica, pola vía do diálogo e a negociación ou outras formas de solución, e en plena consonancia co Dereito Internacional,

Conscientes tamén do catastrófico impacto global humanitario e a longo prazo do uso das armas nucleares e outras armas de destrución masiva, e das discusións en curso sobre este tema,

Declaramos:

1. América Latina e o Caribe como Zona de Paz baseada no respecto dos principios e normas do Dereito Internacional, incluíndo os instrumentos internacionais dos que os Estados membros son parte, e os Principios e Propósitos da Carta das Nacións Unidas;

2. O noso compromiso permanente coa solución pacífica de controversias a fin de desterrar para sempre o uso e a ameaza do uso da forza da nosa rexión;

3. O compromiso dos Estados da rexión co estrito cumprimento da súa obrigación de non intervir, directa ou indirectamente, nos asuntos internos de calquera outro Estado e observar os principios de soberanía nacional, a igualdade de dereitos e a libre determinación dos pobos;

4. O compromiso dos pobos de América Latina e o Caribe de fomentar as relacións de amizade e de cooperación entre si e con outras nacións, independentemente das diferenzas existentes entre os seus sistemas políticos, económicos e sociais ou os seus niveis de desenvolvemento; de practicar a tolerancia e convivir en paz como bos veciños;

5. O compromiso dos Estados da América Latina e o Caribe de respectar plenamente o dereito inalienable de todo Estado a elixir o seu sistema político, económico, social e cultural, como condición esencial para asegurar a convivencia pacífica entre as nacións;

6. A promoción na rexión dunha cultura de paz baseada, entre outros, nos principios da Declaración sobre Cultura de Paz das Nacións Unidas.

7. O compromiso dos Estados da rexión de guiarse pola presente Declaración no seu comportamento internacional;

8. O compromiso dos Estados da rexión de continuar promovendo o desarme nuclear como obxectivo prioritario e contribuír co desarme xeral e completo, para propiciar o fortalecemento da confianza entre as nacións.

Instamos a todos os Estados membros da Comunidade Internacional a respectar plenamente esta Declaración nas súas relacións cos Estados membros da CELAC.


ORIXINAL ASINADO POLAS XEFAS E XEFES DE ESTADO E DE GOBERNO DA COMUNIDADE DE ESTADOS LATINOAMERICANOS E CARIBEÑOS

Fonte:
http://celac.cubaminrex.cu/es

Tamén podes acceder ou baixar a Declaración Final (16 páxinas en formato pdf)
__________

A banca privada multiplica os seus beneficios tras o "rescate" público, ... por Xabier P. Igrexas

Por Xabier P. Igrexas [*]
03.02.14


Malia que no discurso oficial se teña incorporado o termo recuperación, a economía real fica moi afastada desa perspectiva. Quen si ten vigorosos e zumentos brotes verdes é o grande capital financeiro. De feito en 2013 as principais entidades bancarias do Estado español multiplicaron por catro os seus beneficios en relación ao ano anterior. O Banco Santander, BBVA, Caixa Bank, Banco Popular e Sabadell, sumaron lucros por importe de 7.674 millóns de euros.

O dato deuse a coñecer apenas uns días despois de que o pasado 22 de xaneiro finalizara o "rescate" da banca española, financiado entre outros a cargo dun préstamo europeo por importe de 41.300 millóns de euros. Préstamo asegurado polo Estado e que provocou, condicionado polo memorando de entendemento subscrito polo Goberno español, a vaga de duros recortes en servizos públicos esenciais como sanidade e educación. Mais ese préstamo é unha pequena parte das axudas públicas destinadas ao reflote e saneamento da banca privada. O economista Juan Torres cifra o alcance real do rescate en como mínimo 275.000 millóns de euros, sumando as axudas á capitalización, avais e protección de activos, axudas á liquidez e a compra directa de activos bancarios. Cantidade que o propio Torres eleva a 1,3 billóns de euros, de se contabilizar tamén os préstamos do Banco Central Europeo e máis os avais derivados de garantir todos os depósitos de até 100.000€.

Os datos verifican na práctica a denuncia de que o rescate da banca tan só pretendía asegurar as contas de resultados das entidades, a cargo de fondos públicos, apuntalando o circuíto financeiro no que o grande capital se reproduce con enormes lucros. De feito a regulación bancaria acometida, grosso modo, apenas supuxo un estímulo para a maior concentración e centralización de riqueza nun cada vez menor número de entidades. Así, a ofensiva contra as caixas de aforro para alén de forzar a desaparición práctica das únicas entidades financeiras de carácter semipúblico, favoreceu a súa absorción pola banca privada, endóxena ou exóxena. Tanto do mesmo sucedeu con aqueles bancos de menores dimensións e que mantiñan unha operativa máis sensíbel e apegada ao territorio no que estaban asentados. Precisamente os grandes beneficiados deste proceso, como se deduce do dato co que encetabamos, son as grandes entidades que articulan o oligopolio bancario español.

Logo da inxección de inxentes cantidades de recursos públicos, e a pesar dos seus beneficios en plena crise, non se percibe ningún efecto concreto desa intervención en beneficio da economía real. O tecido produtivo continúa esmorecendo, entre outros factores pola falta de crédito bancario. Outro tanto sucede coas economías domésticas, co agravante de que entidades rescatadas ou apuntaladas con recursos públicos continúan a practicar, día si e día tamén, desafiuzamentos contra familias traballadoras no que xa constitúe un xenocidio hipotecario. Entrementres cebamos a banca privada con cartos públicos, as persoas estafadas polo calote das participacións preferentes continúan a esperar recuperar os seus aforros, ou no mellor dos casos víronse forzadas a renunciar a parte deles nos procesos de arbitraxe. Traballadoras e traballadores financiando bancos con quitas sobre os seus propios aforros!

Os 7.674 millóns de euros que tiveron por beneficio os grandes bancos, veñen a ilustrar que a crise non o é para todos. E que ao cabo, esta provocou unha radicalización da loita de clases, na que polo momento o capital vai gañando, alargando a fenda social e empobrecendo a amplas capas do pobo. Outro conto sería se en lugar de "rescatar" a banca, financiándoa a fondo perdido á nosa costa, apostaramos decididamente pola súa nacionalización. De telo feito hoxe estaríamos a socializar eses importantes beneficios.

[*] Xabier Pérez Igrexas, -Vigo 1984, é articulista colaborador de opinión en diferentes medios de comunicación, leva unha interesante web: www.contradiscurso.net . En twitter:  https://twitter.com/contradiscurso | Activista político e social. ☭ Comunista. ★ Nacionalista. Implicado en @SermosGaliza. Membro do Consello Nacional da Federación de Banca, Aforro, Seguros, Oficinas e Telemárketing da CIG e  da Dirección Comarcal da @CIGVigo. Responsábel de Acción Social do @BNGVigo . Conta en facebook: https://www.facebook.com/contradiscurso.

Artigo publicado en: noticiasgalicia.com.

Enviado por:
Xabier P. Igrexas
-xabiergz@gmail.com-
3 de fevereiro de 2014 10:38

____________

Ofrécense escanos, ... Por Ángeles García Portela - Unha trama de corruptos e hipócritas


Tras ser soprendido ebrio ao volante Angel Espadas, Conde Roa, pediulle que lle dixese "que quería ser e nomeábao" unha oferta que incluía un escano no Parlamento Galego. Espadas tras ser "pillado" podía elixir o cargo que quixese.

Esta frase é moito mais reveladora do que parece:
1) Si alguén pode ofrecer un escano, as eleccións son un apaño, xa se saben os futuros "electos" de antemán.

2) O que ofrece un escano, Conde Roa, ex alcalde de Santiago, casualmente, posteriormente foi condenado, o que pode? levar a pensar que os que máis poder teñen nos partidos son os máis corruptos.

3) O que recibe a oferta do escano, Angel Espadas, que era concelleiro recentemente dimitido por dar positivo na alcoholemia, preséntaselle a posibilidade de ser deputado logo de cometer unha infracción, do que se pode deducir que as malas condutas en política prémianse.

Sempre se di que a corrupción non se castiga nas eleccións, puidese parecer que entre honestos e corruptos o pobo opta polos corruptos, o que ocorre é que en realidade, o aparello dos partidos opta por situar aos corruptos ben situados nas súas listas. Habería que preguntarse por que.

O Estado está implosionando e o funcionamento dos partidos non é alleo a iso.

Os protagonistas da historia

Gerardo Conde Roa ex alcalde de Santiago de Compostela

Foi concelleiro do Concello de Santiago de Compostela de 1983 a 1991, deputado no Parlamento de Galicia de 1985 a 1997 así como membro do Consello de Administración de RTVE. No 2008 conseguiu escano en Madrid e a presidencia do PP en Santiago.

En 1987 e no 2007 fora candidato á alcaldía de Santiago e no 2011, alzouse con ela con 11.644 votos (30,78%), 10 concelleiros. Renunciou á súa acta de deputado.

É pai de oito fillos e está casado en segundas nupcias coa alemá Benita Carlowitz. Foi un membro activo da organización católica Opus Dei.

No 2012, foi acusado de haber defraudado a Facenda uns 300.000 euros por impago de IVA, trala súa imputación dimitiu como alcalde sucedéndolle Angel Currás. A día de hoxe tamén imputado.

O 16 de abril do 2012, tras facerse oficial o auto xudicial de imputación, presentou a súa dimisión como alcalde de Santiago de Compostela. Por decisión dos seus doce concelleiros de Goberno, sucedeulle no cargo Angel Currás.

No 2013 Conde Roa foi condenado a dous anos de prisión e a unha multa de 580.000 euros por fraude fiscal. Presentou a súa renuncia como militante do Partido Popular.

Angel Espadas Díez ex concelleiro de santiago de Compostela

Nunha páxina web do PP, pouco actualizada, figura aínda como concelleira de Santiago e consta o seguinte:

Angel Espadas Díez, Concelleiro responsable do seguimento das áreas de Deportes, Réxime Interior, Persoal e Reforma Administrativa.

Licenciado en Física pola Universidade de Santiago de Compostela, traballou no Servizo de Defensa contra Incendios Forestales da Xunta de Galicia. É presidente da Asociación Cidadanía Atlántica, secretario de Organización do Partido Popular de Santiago e coordinador da Campaña das Eleccións Municipais 2007. Foi socio fundador da Asociación Liberal de Estudantes (ALES). Veciño de San Lázaro, naceu no ano 1972.

Foi responsable tamén da campaña das eleccións que levaron á alcaldia Conde Roa.

Sendo concelleiro, en marzo do 2011 Espadas que fora "o azoute antibotellón" foi sorprendido pola Garda Civil durmido ao volante do seu vehículo, ante un semáforo cunha taxa de 0,79 miligramos de alcohol. Presentou a súa renuncia como concelleiro.

Conde Roa declarou que "un erro humano non desmerece toda unha traxectoria política".

Nas eleccións de maio do 2011 Conde Roa consegue a alcaldía e recupera a Angel Espadas, como home de máxima confianza á fronte do seu gabinete.

Explicara nunha ocasión que se complementaban : "Como físico que é, Angel Espadas conta con algo que eu non teño, e é unha mente ben estruturada e moi apta para a organización. Eu como avogado estou máis dotado para o debate, o diálogo e a discusión. A presenza de Espadas é moi importante para o grupo".

Agora ambos están imputados xunto con outros políticos tanto do PP como do PSOE debido á investigación dunha trama de corupción que recibiu o nome de Operación Pokemon- Manga (o nome de Pokemon vén do costume dos membros da trama de poñerse motes como os Pokemon). Supostamente un grupo empresarial con sé en Madrid, Vendex, recibiu contratos de distintas administracións públicas en Galicia a cambio de pagos e sobornos Vendex dedícase a traballos para as administracións públicas, como a limpeza, a asistencia social ou o cobro de aparcamientos públicos.

A outra empresa Aquagest, filial de Agbar empresa que gestiona a auga.

Cada vez comprendemos mellor, o afán de privatizar, dinlle externalizar, certos servizos.

Enlaces relacionados:

http://www.ppdesantiago.es/index.php?idMenu=7&idIdioma=1
http://www.publico.es/espana/366005/dimite-el-concejal-antibotellon-que-fue-cazado-conduciendo-ebrio
http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2011/07/10/0003_201107S10C19911.htm  
http://es.wikipedia.org/wiki/Gerardo_Conde_Roa
http://www.eldiario.es/politica/Angel-Espadas-archivase-Conde-Roa_0_224677645.html 
http://gl.wikipedia.org/wiki/Operaci%C3%B3n_Pok%C3%A9mon
http://plataformaaiguaesvida.wordpress.com/2013/03/13/la-corrupcion-contamina-el-mercado-de-concesiones-espanolas/
http://www.lavozdegalicia.es/temas/operacion-manga


Publicado no Blogue da profesora de Historia Ángeles García Portela 'El otro Pais (la sociedad civil)': http://www.angelesgarciaportela.com/

Escoita a Ángeles Garcia Portela, todos os Mércores no programa A contracorrente en Radio Oleiros.
______________

Presentación do libro -e posterior coloquio- que leva por título 'ENTREMENTR3S, ensaios para uno nova cultura política', este Martes 4 de Febreiro na Galería Sargadelos

Este Martes 4 de Febreiro, en Ferrol, ás 19:30 hs presentación do libro: "ENTREMENTR3S, ensaios para uno nova cultura política" na Galería Sargadelos (Esquina Rúa María e Rubalcava, 30-32).

A A.C. Fuco Buxán organiza a presentación do citado libro -e posterior coloquio-  na que intervirán:
  • Pepe Arias (editor).
  • Antón Gómez-Reino “Tone” (activista social).
  • Rafa do Pico (historiador)
  • Presentará o membro da directiva de Fuco Buxán: Victor García Novas.
Este traballo colectivo está ó servizo do urxente debate sobre unha nova cultura política e a necesaria cooperación entre organizacións de esquerdas para estimular a configuración dunha alternativa “a orde de inxustiza que goberna os nosos días e as nosas vidas”, e todo elo tendo en conta movementos sociais e novas propostas sobre a estrutura do Estado.

Subverter a orde neoliberal construíndo un modelo alternativo é cuestión de pura supervivencia e un reto histórico para a nova esquerda. As iniciativas políticas e propostas organizativas do libro invitan a actuar.

No libro tamén colaboran Mar Blanco Casais, Xavier Carriba, Antón Dobao, Brais Fernández, Xurxo Martínez González, Martiño Noriega, David Rodríguez, Manoel Santos, Xaime Subiela e Raimundo Viejo Viñas. Os editores foron Daniel Salgado e Manuel M. Barreiro.

"Entrementres o vello non fina e o novo aínda non dá nacido vaise rozando –como adiantou Antonio Gramsci– un terreo no que se verifican os fenómenos morbosos máis diversos. Porén, tamén é o intre en que se abren espazos para o ensaio de iniciativas políticas e propostas organizativas que discuten e intentan subverter a orde de cousas (aínda) existente. E fano cunha radicalidade e unha urxencia noutrora impensable, impracticable. Na discordancia de tempos da crise actuamos. A factoría das ideas emancipadoras teima por dar forma ao novo mentres no campo material prolifera a mestizaxe entre innovadores e caducos dispositivos de organización e relación política, a dacabalo entre a ruptura e a acomodación. Manuel Sacristán advertíao con dureza e lucidez extrema, xa contra o final da súa vida militante: o novo constrúese a partir do vello. Nese campo de batalla, onde a dialéctica non se estabelece a partir de idades biolóxicas senón a forza de atención ao real, xógase a viabilidade dunha esquerda política radical capaz de se enfrontar ao seu propio tempo". Do limiar de Manuel M. Barreiro & Dani Salgado.

"A esquerda ten unha responsabilidade histórica. No corazón da treboada perfecta, establecer dinámicas de cooperación entre organizacións rupturistas e de esquerda das nacións periféricas do Estado español e de esquerda federal e confederal que respecta o dereito de autodeterminación dos pobos é unha cuestión de supervivencia. Abrir esa cooperación á construcción de vasos comunicantes cos movementos sociais, algo indispensable. Esta acumulación de forzas pode resultar determinante nun futuro próximo. Non debemos equivocar o inimigo, porque o inimigo non se equivoca connosco" Dun dos textos do libro


facebook do evento en Ferrol:
https://www.facebook.com/events/1403329166583515/

Corsárias Livros em Facebook:
https://www.facebook.com/corsarias.projectoeditorialgalego

---

A nosa web:
www.fucobuxan.net

Os nosos blogues:
Escolma das Razóns
http://escolmadasrazons.blogspot.com.es/
Pensamento Crítico
http://opinionsfuco.blogspot.com.es/

Nas redes sociais:
Facebook
http://www.facebook.com/pages/Fuco-Bux%C3%A1n/118931821452749
Twitter
http://twitter.com/FucoBuxan
Google+
https://plus.google.com/u/0/108716477794009532670/
Picasa
https://picasaweb.google.com/106726281086842107689
Youtube
http://www.youtube.com/user/fucobuxan
Vimeo
http://vimeo.com/user18058474

Fuco Buxán, A. C.
Rúa Armada Española, 32 baixo- 15406 - Ferrol
Apartado Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telefono. 981325492
www.fucobuxan.net
fucobuxan@yahoo.es



Información baseada na enviada por:
Manuel Anxo Cendán Dopico
-mcendan@gmail.com-
2 de fevereiro de 2014 22:27
http://manuelcendan.com
______________________

A única forma de erradicar o virus da corrupçom é transformando o regime

A única forma de erradicar o virus da corrupçom é transformando o regime

As novas revelaçons mediáticas do sumário da Operaçom Pokémon e a sentença que prova a asignaçom a dedo do marido da Conselheira de Sanidade Rocio Mosqueira como chefe de cirugia do CHUS, constatam umha evidência: a corrupçom geralizada da casta política deste regime.

A podredume carateriza a imensa maioria dos cargos públicos dos dous principais partidos sistémicos -PP e PSOE, mas também salpica as outras forças com representaçom institucional.

A lógica do modelo da “democracia” espanhola imposta na Transiçom, como susbtituiçom e prolongamento do franquismo, gera umhas dinámicas que só podem ser combatidas e desmontadas com umha estratégia político-social tendente a sua substituiçom.

Estas operaçons judiciais nom pretendem nem podem erradicar a corrupçom que vincula interesses empresariais com gestiom política. Som simples remendos parciais que procuram fundamentalmente divulgar mensagens tendentes a reduzir o cada vez maior descrédito do regime entre umha imensa maioria do povo galego, mas paradoxalmente a difusom polos grandes meios de (des)informaçom de massas dos detalhes que involucram a alcaides do PP e do PSOE de Compostela, Ourense ou Lugo, também estám perfeitamente calculadas para contribuir ao descrédito do compromisso com a política, reforçando assim o desencanto entre o povo trabalhador para desmobilizá-lo e perpetuar o decrépito regime da II restauraçom bourbónica.

A privatizaçom geralizada do transporte, da água, da luz, dos estacionamentos, da prática totalidade dos espaços de gestom e competência municipal estám intrinsecamente vencelhados com a corrupçom dos que tenhem que decidir a que empresas ajudicam a gestom do que nunca deveu ter sido privatizado.

Por meio de comissons, de salários, de presentes, viagens, convites a jantares e ceias de cargos públicos e funcionários, de postos de trabalho para familiares e amizades, as empresas concessionárias logram estas ajudicaçons.

Portanto sem mudarmos de modelo nom é posível combater a lacra da corrupçom geralizada que como umha metástase se extende entre os “servidores públicos”, à margem da cor política.

José López Orozco, Francisco Rodríguez, Carlos Negreira, Ángel Currás, Paula Prado ou Rocio Mosquera som tam só a ponta do icebergue de umha prática que só se resolve aplicando bisturi.

NÓS-UP coincide com a solicitude das necessárias demissons e cessamentos destes delinquentes de luva branca, de exemplares julgamentos e condenas judiciais e políticas de todos os implicados. Som umha exigência política e um clamor social, mas estas medidas som completamente insuficientes.

Nom chega só com reclamar novas eleiçons, é necessário tombar o regime, construir umha nova Galiza fundada sobre outra ética política derivada de um modelo económico superador do capitalismo e do fetichismo do lucro e o dinheiro.

As coincidências discursivas do PP e do PSOE apelando à presunçom de inocência, mas também a morneza do BNG e de AGE combinando a reproduçom dos tópicos que exigem solicitudes de demissons com a boca pequena e o “restabelecimento da dignidade institucional”, reforçam a posiçom da esquerda independentista e socialista galega da urgente necessidade de avançarmos face umha Pátria nova, libertada das causas e das conseqüências desta abomináveis práticas.

Nom só há que enterrar esta partitocracia, é imprescindível denunciá-la na rua pois sabemos que nom se vam ir voluntariamente, polo que a única alternativa é botá-los.

Direçom Nacional de NÓS-UP

Galiza, 2 de fevereiro de 2014

NÓS-Unidade Popular | Correio-e: nacional@nosgaliza.org | nosup.imprensa@gmail.com | Telefones: Porta-Vozes: 659 306 973 (Rebeca Bravo), Responsável Nacional de Imprensa: 616 868 589 (Carlos Morais),
Responsável Nacional de Organizaçom: 669 778 474 (Bruno Lopes Teixeiro) | Sede Nacional: Rua Costa do Vedor 47, rés-do-chao. Compostela. Galiza | web: www.nosgaliza.org | twitter: @nosgaliza .

Enviado por:
NÓS-Unidade Popular NÓS-UP
-nosup.imprensa@gmail.com-
2 de fevereiro de 2014 20:41
_________________

domingo, febreiro 02, 2014

Mocion de Esquerda Unida ao Pleno do Concello de Ferrol sobre a Pobreza Enerxética


AO PLENO DO CONCELLO DE FERROL

Javier Galán Peréz, voceiro do Grupo Municipal de Esquerda Unida no concello e  ao amparo do disposto no Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, presenta para a súa aprobación a seguinte moción e que leva por título:

MEDIDAS PARA PREVIR A POBREZA ENERXÉTICA

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A pobreza enerxética pódese definir como aquela situación que sofre un fogar incapaz de pagar unha cantidade de servizos da enerxía suficiente para a satisfacción das súas necesidades domésticas e/ou cando se ve obrigado a destinar unha parte excesiva dos seus ingresos a pagar a factura enerxética da súa vivenda.

A pobreza enerxética depende fundamentalmente de tres compoñentes: os ingresos familiares, os custos da enerxía e a calidade da vivenda en canto á súa eficiencia.
Segundo a Enquisa de Orzamentos Familiares -EPF- e a Enquisa de Condicións de Vida -ECV-, arredor do 10% da poboación española sófrea (4 millóns de persoas), e trátase dun fenómeno in crescendo, mentres o desemprego e a crise económica minguan o poder adquisitivo da cidadanía, os servizos básicos como a electricidade, o gas ou a auga, cuxos prezos se encareceron sen tregua, están a acaparar cada vez maior proporción no orzamento familiar.

A ECV de 2011 destaca que o 6% da poboación non pode manter a súa vivenda a unha temperatura adecuada, porcentaxe que se sitúa no 8% o caso de mulleres que habitan soas. Trátase aínda dun fenómeno invisible tanto polo seu carácter doméstico como pola súa interrelación con outras manifestacións da pobreza e exclusión social. E a pesar da dificultade de cuantificar este fenómeno xa existen estudos que reflicten como a pobreza enerxética se incrementa no noso país. 

O último informe do Observatorio de Vulnerabilidade de Cruz Vermella sinala que preto do 58% das persoas atendidas por Cruz Vermella durante o 2013 tiña problemas para manter a súa casa a unha temperatura óptima, un 16% máis que no 2011. Outro dato é que unha de cada tres persoas atendidas por Cruz Vermella non pode pagar as subministracións básicas, como a auga, a luz ou o gas.

A pobreza enerxética ten un impacto profundo na vida das persoas e pode influenciar na súa esperanza de vida e no agravamento de enfermidades crónicas. Estímase que a pobreza enerxética pode ser responsable de máis de 2.300 mortes prematuras anuais fronte ás 1.480 provocadas por accidentes de tráfico. As consecuencias da pobreza enerxética son múltiples: a falta de calefacción afecta á hixiene, a saúde (dilema «heat or eat», afeccións respiratorias, etc.) e, a miúdo, xera sobre mortalidade e sobreendeudamiento, así como illamento social e xeográfico.

A UE tamén comparte este diagnóstico e xa nas Directivas 2009/72/CE e 2009/73/CE do mercado interior de electricidade e gas, respectivamente, expoñen esixencias que obrigan aos Estados Membros a adoptar medidas para abordar o fenómeno da pobreza enerxética.

O Ditame do CESE -Comité Económico e Social Europeo- de 2011 sobre «A Pobreza Enerxética no contexto da liberalización da crise económica» sinala que a pobreza enerxética é unha nova prioridade social que necesita apoio a todos os niveis e propón que a pobreza enerxética se teña en conta á hora de elaborar calquera política enerxética.

E nun posterior ditame de 2013 «Por unha acción europea coordinada para previr e combater a pobreza enerxética», o mesmo CESE -Comité Económico e Social Europeo-­,  manifesta que a enerxía é un ben común esencial, debido ao seu papel indispensable en todas as actividades cotiás, que permite a cada cidadán ter unha vida digna, mentres que carecer del provoca dramas. Engade que a pobreza enerxética mata física e socialmente.

O Estado español é o país da UE27 cos prezos da electricidade máis caros, despois de Malta e Chipre (FACUA 2012). Segundo datos de Cruz Vermella de 2012, en dous anos o gas incrementouse o 22%, a luz o 34%, a auga o 8,5% e a bombona de butano o 23%. Segundo Eurostat, desde 2001 a 2012, a factura de electricidade en España custa de media un 105,1% máis. Entre 2007 e 2012, un 49% máis. Se se conta desde 2006 até os últimos incrementos, no caso do pequeno consumidor a subida é do 88%, o que, unido á crise económica, agrava a dificultade de afrontar a factura enerxética das persoas máis vulnerables, facendo crecer con forza a pobreza enerxética e os cortes de subministración.

As compañías non ofrecen datos para cuantificar o número de clientes que non pagan e, por tanto, ven afectados por cortes de subministración. O certo, no entanto, é que aos servizos sociais chegan cada vez máis casos deste tipo. Así, mentres concellos e entidades sociais incrementan as axudas destinadas á urxencia social, e concretamente ás referidas ao pago de facturas de gas, luz e auga, as grandes compañías de subministración continúan obtendo beneficios millonarios, que chegan a ser da 6,78% fronte ao 2,62% das europeas, e ordenando o corte de subministracións por débedas irrisorias.

O Estado español carece dunha política específica dirixida a previr o fenómeno da pobreza enerxética que sofren cada vez máis familias e fogares para garantir uns consumos mínimos vitais a todas as familias en función do número de membros e de períodos estacionales. Todas as compañías subministradoras aseguran dispor de bonos sociais para as familias máis desfavorecidas, pero non tan só son insuficientes senón que a miúdo provocan que quen máis os necesite quede fóra.

O Estado debería mellorar o actual bono social, para ter en conta tamén as condicións da vivenda e o nivel de ingresos familiares e non só a potencia contratada ou a situación familiar/laboral. Tamén habería que valorar a posibilidade de establecer un bono social para o gas butano, como xa fan outros países.

O Real Decreto-lei 13/2012, de 30 de marzo, polo que se traspoñen directivas en materia de mercados interiores de electricidade e gas e en materia de comunicacións electrónicas, e polo que se adoptan medidas para a corrección das desviacións por desaxustes entre os custos e ingresos dos sectores eléctrico e gasista, fai referencia no seu redactado á pobreza enerxética, anuncia o establecemento de medidas de protección para o consumidor vulnerable e reverte transitoriamente ao bono social eléctrico regulado no Real Decreto-lei 6/2009, de 30 de abril, polo que se adoptan determinadas medidas no sector enerxético e se aproba o bono social.

A reforma do mercado enerxético emprendida polo Goberno até agora tampouco establece solución algunha ao fenómeno de pobreza enerxética e o déficit tarifario ameaza con incrementar aínda máis a factura. Os prezos soben debido á falta dunha auténtica reforma eléctrica, e a consecuencia diso está a recaer sobre os consumidores/as e as renovables, sen un diagnóstico previo.

Ademais, os cambios regulatorios no sector eléctrico, especialmente os máis recentes, suporán un encarecemento dos custos que afectarán fundamentalmente aos consumidores/as coa revisión automática das peaxes. O cambio do sistema de facturación que aumentará os custos fixos da factura supón unha penalización engadida a quen menos consome, xa sexa por menor renda ou por ser eficiente, empeorando o problema da pobreza enerxética e aumentando a exclusión.

A teórica liberalización do sector eléctrico non serviu para abaratar o prezo da subministración. A cuestión non resolta do déficit tarifario está a converterse na causa principal do incremento das taxas de pobreza enerxética en tanto que se resolve mediante un incremento dos prezos fixados ao consumidor, mentres o Goberno mira para outro lado.

Existen experiencias a nivel europeo onde ademais de axudas puntuais a colectivos vulnerables para o pago de facturas ou dirixidas ao aforro e eficiencia enerxética, aseguran a subministración en momentos críticos, trátase de impedir a desconexión durante os meses de máis frío ou a consumidores/as vulnerables, é dicir aquelas persoas que por razóns de idade, saúde, discapacidade ou inseguridade financeira grave non están en condicións de garantir o seu benestar persoal e o do resto de membros da súa familia.

Esta falta de recursos para manter o fogar en condicións térmicas axeitadas durante os meses de inverno afecta a un 20% da poboación galega segundo fontes de organismos como Cáritas ou a Rede Galega contra a pobreza pero a pesar de todos isto a insensibilidade da Xunta de Galicia está á altura o grupo parlamentar do PP no Congreso dos deputados onde  grupo e Goberno vetaron unha iniciativa do grupo parlamentar de  Izquierda Plural e non quixeron admitir en consideración a proposición . A Xunta de Galicia e os Concellos non poden permanecer impasibles diante desta situación. Hai razóns máis que suficientes para a que as distintas administracións públicas acheguen unha resposta eficaz e solidaria do conxunto dos elementos que fan habitable un fogar en primeirísimo lugar a enerxía eléctrica, a calefacción e a auga.

Por todo o exposto o Grupo Municipal de Esquerda Unida

PROPÓN AO PLENO MUNICIPAL DO CONCELLO DE FERROL A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES ACORDOS:

1. Esixir ao Goberno de España a aprobación dunha Lei de medidas para previr a pobreza enerxética que regule o sistema de subministracións básicas do fogar e inclúa mecanismos que prime o aforro e penalice o consumo ineficiente, garantindo que as tarifas non sexan obxecto de mercado, establecendo prezos sociais e elementos de fiscalidade enerxética favorables para as familias con baixos ingresos económicos.

Igualmente, na citada Lei estableceranse medidas para que todos os fogares poidan manter unhas condicións adecuadas de temperatura como dispor doutros servizos enerxéticos esenciais a un prezo xusto. Crearase o bono social para aqueles fogares con poder adquisitivo reducido ou en risco de exclusión social, establecéndose unha tregua invernal e impedindo o corte de subministración a estas familias.

2. Instar ao goberno central a:
a) presentar unha proposta de reforma da Lei de rehabilitación, rexeneración e renovación urbanas de 2013 para que as empresas subministradoras non poidan suspender o abastecemento de auga a unha familia por razóns económicas cando os recursos familiares non permitan cubrir o seu pago.
b) presentar unha proposta de modificación da Lei 3//1992, de 28 de decembro, do Imposto sobre o Valor Engadido establecendo un IVE reducido para o prezo de gas e a electricidade a nivel doméstico.
3. Instar á Xunta de Galicia.
a) a desenvolver un programa de fogares habitables en forma de axudas inmediatas á cidadanía galega para garantir o subministro dos elementos enerxéticos básicos (luz, auga e calefacción)  de xeito que ningún fogar perda eses subministros polo impago dos mesmos.
b) a acometer con urxencia un programa de rehabilitación  para acadar a eficiencia enerxética do parque de viviendas galegas.
4. O Concello de Ferrol elaborará un plan contra a pobreza enerxética, co obxectivo de garantir o dereito da cidadanía ás subministracións básicas do fogar que permita identificar, previr e corrixir as situacións detectadas.

5. Desta moción darase traslado a:
  • Presidencia do Goberno de España.
  • Grupos con representación parlamentaria no Congreso de Deputados.
  • Presidencia da Xunta de Galicia.
  • Parlamento de Galicia.
  • Federación Española de Municipios e Provincias  (FEMP).
  • Federación Galega de Municipios de Provincias. (FEGAMP)
  • Confederación Galega de  Asociacións de Veciños (COGAVE)
  • Asociacións de Veciños e Consumidores de Ferrol.
En Ferrol , a 27 de xaneiro de 2014

Asdo.:
Concelleiro Portavoz do Grupo Municipal de Esquerda Unida

Esquerda Unida de Ferrol
R/ do Sol 124 Entrechán Esquerda
981944035
www.euferrol.org
https://www.facebook.com/esquerdaunida.ferrol
https://twitter.com/EUFerrol
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html

Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
31 de janeiro de 2014 14:17

Bo día. Enviámosvos a moción que onte defendimos no pleno do Concello. Esquerda Unida considera que a incapacidade de moitos fogares para facer frente ao gasto enerxético é un problema socio-político de primeira magnitude e que interpela ao conxunto das administracións públicas, concello incluídos. Evidentemente o PP votou en contra apelando á necesidade de facerlle frente ao"déficit" tarifario, esa estafa sen parangón en Europa. Grazas e un saúdo, Secretaría de Comunicación. Consello Político Local- EU Ferrol

__________

Foto libre e CA21.
___________________