mércores, abril 25, 2018

A revolta das mulleres e a soberanía alimentar, ... Por Iolanda Teixeiro Rei - As crises alimentarias ou de subsistencias, acompañadas das cíclicas pestes, foron unha constante na historia das sociedades clasistas agudizadas co capitalismo e a desposesión dos territorios e a vida comunitaria.


Por Iolanda Teixeiro Rei [*]

25.04.2018

A REVOLTA DAS MULLERES E A SOBERANÍA ALIMENTAR

A iniciativa dos nacionalistas, vimos de comemorar en Trasancos, no pasado marzal, o centenario da coñecida como Revolta das Pedradas ou Revolta das Mulleres, pois elas foron as protagonistas principais dos feitos. Ao que parece, os días 8 e 9 de marzo de 1918 iniciouse a primeira protesta na feira de Xuvia ao proibir o governador a saída de trigo para a bisbarra o que encareceu o pan e fixo que as mulleres iniciasen as protestas perante os negocios e comercios dos acaparadores. A única resposta foi a represión armada. Artéllanse o 10 as comisións de mulleres que, como protesta, coutan o suministro de alimentos e materias a Ferrol mirando a un tempo de negociar co governador mentres arremesan as pedradas contra os comerciantes responsabeis das persoas feridas. Axiña, os días seguintes, únense as mulleres de Ferrol e Serantes que sitian Ferrol cortando todos os accesos polas rúas, o porto e os camiños de ferro. Somando o apoio dos obreiros do estaleiro  e o arsenal que convocan un paro xeral. Pechan os comercios e ao berro de Temos fame! Abaixo os acaparadores! (lema tristemente actual) maniféstanse polas rúas. A represión con disparos fai que morran un neno e un mozo. Como di Francisco Rodríguez, seguen dez días de axitación e de represión sanguenta. En Maniños, as mulleres asaltan un comboio de fariña quitándolle toda a carga e repartíndoa. A escaseza e altos prezos dos alimentos básicos como a fariña, o trigo e o pan, motivada pola especulación dos acaparadores en plena guerra mundial, levaran ao povo de Trasancos a unha situación de desesperación e fame de tal calibre que as mulleres, responsábeis da subsistencia das familias, víranse abocadas a revoltarse contra tamaña inxustiza social. As forzas caciquís foron o albo das súas xustas reclamacións. E unha vez máis, como hoxendía, as pedras do povo erguéronse contra as balas do poder. O que despois aconteceu está a dispor de todos grazas á recuperación da memoria histórica de tales feitos divulgados en palestras, na hemeroteca e na estupenda monografía que nos brindou Sermos Galiza.

Mais tralo louvabel relato do pasado e os diversos actos de homenaxe por todo Trasancos, bótase en falla unha actualización de comparanza do acontecido na Revolta das Mulleres con miras no presente e proxeción de futuro.

Porque a Revolta das Pedradas ten certos paralelismos de ocupación colonial coa Intifada palestina nos territorios ocupados polo Estado de Israel. E non só polo feito de vermos o arrebolamento dunha pedra contra unha bala. Símbolo acaso lucidío do desmedido da inxustiza e da afouteza dun povo desesperado que non se rende.

As crises alimentarias ou de subsistencias, acompañadas das cíclicas pestes, foron unha constante na historia das sociedades clasistas agudizadas co capitalismo e a desposesión dos territorios e a vida comunitaria. A progresiva perda da soberanía alimentar está detrás de todas estas revoltas. Xa en 1892 o comunista libertario Piotr Kropotkin escrevía A conquista do pan amosando cómo o feudalismo e o capitalismo creavan miseria e escaseza no povo para privilexiar o engorde das clases nobre e burguesa, respectivamente. El defendía a necesidade dun sistema económico descentralizado baseado na axuda mutua e a cooperación voluntaria. Algo moi coñecido no sistema minifundiario galego rural se non fora polo acoso do poder e a globalización capitalista dos mercados.

Mais que ocorrería hoxe se, de sócato, por un suceso incontrolavel nun mundo hiperdependente da globalización selvaxe do Capital, pecharan hoxe os portos, as estradas e os camiños de ferro?. E se no canto de as mulleres revoltármonos contra a miseria á que hoxe nos sumeten os actuais acaparadores especulativos (banca e transnacionais) fora un colapso enerxético quen fixera inviabel o tráfico de mercadorías de primeira necesidade. E se ás grandes superficies deixaran de chegar as froitas tropicais, as peras chilenas, as laranxas mexicanas, os polbos marroquinos, os cereais alleos, e un longo etcétera de alimentos que deixamos de producir os galegos por térennos expropiado o territorio para lucro das transnacionais. Porque hoxe perdimos a nosa soberanía alimentar!. E só fica un ermo eucaliptal non comestivel. As hortas botáronse a perder co éxodo rural políticamente programado, coa especulación urbanística e coa política das grandes superficies que son o reino dos Monsanto, dos Novartis, dos DuPont, dos Advata...que nos impoñen selvaxes tratados de livre comercio como o TTIP e dirixen as políticas públicas alimentarias de todo o planeta. Adónanse das sementes e incluso dos recursos hídricos. Secuestrando o suministro mundial de alimentos, como moi ben aponta Vandan Shiva en Colleita roubada. Así que se hoxe fixeramos unha revolta das mulleres, contra quen arremesariamos as pedradas?.

[*] Iolanda Teixeiro Rei -Ferrol, activista ecoloxista e decrecentista, articulista e licenciada en Pedagoxía Social pola USC. Profesora de Tai Chi e Chi Kung en Ferrol. No facebook e no twitter. Artigos no Diario de Ferrol e Sermos Galiza.



Enviado por:
Iolanda Teijeiro
-iolandateixeiro@gmail.com-
20 de abril de 2018 11:16

_______________

O PE recolle a demanda de proporcionar produtos da pesca local e artesanal nos hospitais e escolas - A Comisión de Pesca do Parlamento Europeo incorpora nove emendas a favor da pesca artesanal e local presentadas por Lídia Senra - Etiquetaxe máis clara, favorecer a venda direta, aumentar as cotas e estudar o impacto das importacións, reivindicacións tamén aceptadas

Mariñeiro traballando cunha nasa para polbo - Foto: Fundación Lonxanet para a Pesca Sostíbel
O PE recolle a demanda de proporcionar produtos da pesca local e artesanal nos hospitais e escolas. | A Comisión de Pesca do Parlamento Europeo incorpora nove emendas a favor da pesca artesanal e local presentadas por Lídia Senra. | Etiquetaxe máis clara, favorecer a venda direta, aumentar as cotas e estudar o impacto das importacións, reivindicacións tamén aceptadas.

A Comisión de Pesca do Parlamento Europeo vén de aprobar un informe sobre “Optimización da cadea de valor no sector pesqueiro” incorporando nove emendas a favor da pesca local e artesanal impulsadas pola eurodeputada galega Lídia Senra, quen ademais foi a responsábel do seguimento deste texto para todo o Grupo da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL).

Estamos contentas de que dende a Eurocámara se vaia avanzando no recoñecemento da importancia da pesca artesanal e local, o seguinte paso será a votación na sesión plenaria do Parlamento Europeo, onde este texto debe ser referendado;  logo agardamos que a Comisión Europea plasme estes avances en medidas concretas”, explicou. Con todo, Senra considera que para a valorización dos produtos da pesca local é indispensable asegurarlle ás novas xeracións o futuro do sector, e “iso pasa necesariamente por garantir cotas dignas para os mariñeiros e mariñeiras da frota artesanal e un maior control dos recursos”, tal e como recolleu outra das súas emendas adoptadas.

Froito do traballo de consultas co sector artesanal galego, entre as emendas aprobadas presentadas por Senra atópase o fomento da cooperación entre o sector público e o sector pesqueiro mediante o subministro a establecementos públicos -tales como escolas e hospitais- con produtos procedentes da pesca local, unha das reivindicacións históricas dos traballadores e traballadoras da frota artesanal xunto ca pertinencia de que as estratexias de comercialización adaptadas ás especificidades locais inclúan a posibilidade da venda directa, emenda tamén aceptada.

Outras das engádeas presentadas por Senra e aprobadas pola Comisión de Pesca do PE instan a poñer en marcha unha etiquetaxe do peixe, tanto fresco como transformado, na que se indique claramente a orixe do produto; así como a posta en marcha de programas de formación e concienciación nas escolas e institucións sobre a importancia do sector e do consumo local de peixe. “A mocidade debe coñecer o valor económico, social e cultural do sector artesanal galego nas vilas costeiras e a importancia de consumir os produtos locais para permitir que este sector sobreviva e teña futuro”, recalcou Senra. Para avanzar neste sentido solicitou tamén que a Comisión Europea realice un estudo sobre o impacto das importacións de peixe na pesca local, emenda que tamén foi incorporada ao texto da proposta de informe.

A nivel de articulación do sector pesqueiro, a comisión de Pesca tamén deu o visto bo á proposta de Senra de que se rebaixen os mínimos de produción esixidos para entrar nas Organizacións de Produtores, favorecendo deste xeito a entrada de pequenos/as produtores/as, así como e que as axudas concedidas para mellorar a seguridade e a hixiene a bordo non entren en concorrencia competitiva e se doten dun maior orzamento dedicado ao sector artesanal.

A eurodeputada galega conseguiu tamén introducir unha crítica explícita á falta de execución do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, ao terse aprobado a emenda na que solicitou a aplicación dun maior nivel de control e transparencia ás administracións pertinentes, así como unha mellor xestión das partidas.

Bruxelas, 25 de Abril de 2018. 

*Xuntamos arquivo de audio con valoracións da eurodeputada Lídia Senra. | Acceder/Baixar.

Máis información:

Lídia Senra
Oficina de Lídia Senra. | Eurodeputada Galega | Grupo da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL). | Comisión de Agricultura. | Comisión de Pesca. | Asamblea Paritaria África, Caribe, Pacífico-UE. | 0034 609 845 861 | lidia.senra@europarl.europa.eu | http://ageuropa.gal/ | Twitter  Facebook


Enviado por:
SENRA RODRÍGUEZ Maria Lidia OFFICE
-lidia.senra-office@europarl.europa.eu-
25 de abril de 2018 11:29

_______________

Morreu o noso compañeiro Mel, activista e gaiteiro... un home bo, un bo Galego - Mel era un activista e gaiteiro, así quería que se lle recoñecera, a súa paixón pola música tradicional, a súa paixón polo social, a súa paixón polo seu traballo veciñal, a súa paixón por un Ferrol participativo... - Queremos-te compañeiro, sempre estarás con nós.

Mel Sanxoán Caamaño

Morreu o noso compañeiro Mel (Xosé Manuel Sanxoán Caamaño), este 5 de maio ía cumprir 63 anos. Nacera en Barallobre en 1955. Ante todo queremos expresar a nosa dor porque nos deixa, queremos deixar caer as nosas bágoas, non só por nós, senón porque deixa aos seus dous fillos (un menor) e a súa compañeira que os amaba con toda a súa alma e que para el era o primeiro. Non sabemos como expresar a nosa dor, mais até sempre compañeiro.

Mel era un activista e gaiteiro, así quería que se lle recoñecera, a súa paixón pola música tradicional, a súa paixón polo social, a súa paixón polo seu traballo veciñal, a súa paixón por un Ferrol participativo. Loitaba para que a Participación Cidadán fora un feito real e efectivo, non mera propaganda. Participou na elaboración do Regulamento de Participación Cidadán de Ferrol, nos primeiros Orzamentos Participativos e promoveu os seus foros cívicos, formando parte da comisión de seguimento. Colaborou na confección da Axenda 21 Local de Ferrol, tan nomeada polos políticos e tan esquecida á hora de aplica-la. Así naceu Ártabra 21, na súa mente e na súa práctica. Mel da asociación veciñal 'O rosario' do Inferniño e Amadeo Varela do Colectivo Recimil pola Reahabilitación (Da asociación San Fernando), tiñan-no claro, había que unir forzas para gañar, e promoveron a súa constitución, xunto ao Colectivo de Sartaña Sempre Pública e a Comunidade Menáncaro, xuntaron a máis dunha ducia de colectivos na Plataforma Ártabra 21 e logo o Colectivo Ártabra 21. Foi membro da Federación de ANPAS e desfensor do ensino público. Promoveu a Escola Deportiva do Inferniño. Promoveu a Plataforma Contra o Malgasto. Participou na realización do Foro Social de Ferrol Terra e na loita contra a Planta de Gas. Participou na constitución da Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Área de Ferrol (SOS-Sanidade Pública) e agora era o coordinador da súa Permanente. Tamén na Plataforma que loitou pola recuperación da ribeira de Barallobre. Incansábel activista e boa persoa. Na Plataforma contra a Taxa do PP. E ultimamente na coordinadora da Plataforma de Ferrolterra na Defensa das Pensión Públicas e colaborando coa Plataforma na Defensa dos servizos Públicos, pola Remunicipalización.

Mel era un optimista por natureza, incansábel... observador...e un moi bo compañeiro.

Queremos-te compañeiro, sempre estarás con nós.

Ferrol a 25 de abril, de 2018.

Amadeo, Juan 'O Bon', Lupe, Ana, Tono, Rubén, Jove, Ramón, Santiago e Inácio

---
Nota.- Está no Tanatorio San Lorenzo (Catabois) Túmulo nº2.
_________

Ferrol de fondo: Consulta, democracia e remunicipalización para o debate, ... Por Raquel Carsó - A mantenta do proceso de remunicipalización da auga na Área Metropolitana de Barcelona


Por Raquel Carsó [*]
25.04.2018

Ultimamente vivimos tempos nos que invocamos a democracia moi a miúdo. E é normal, a presión sobre os dereitos democráticos é atroz. Tamén desde fai uns anos, somos conscientes de que vivimos nun estado de debilidade democrática e institucional, onde o sistema representativo electoral tanto parece que pende dun fío, como se fortalece. É dicir, vivimos tempos convulsos na contorna da democracia e dos dereitos.

Neste marco, a xente de Barcelona en 2015 votou para dar paso a novas concepcións da política, cedendo un voto de confianza á formación Barcelona en Común (BEC). Este grupo tiña dous puntos fortes vinculados á democracia: un promover formas de goberno máis participadas e o outro, a remunicipalización do auga.

Hai pouco puidemos observar como ambos se atoparon no marco da posta en práctica da "MultiConsulta" que se creou como ferramenta para facilitar á cidadanía a elevación ao Pleno Municipal de temas de cidade. Esta proposta debe entenderse acompañada da ferramenta que foi a creación da plataforma dixital "Decidimos Barcelona".

Como ferramenta a "MultiConsulta" ofrece máis garantías á cidadanía, pero tanto a "MultiConsulta" como "Decidimos Barcelona", son ferramentas, interesantes e mellores respecto das do escenario anterior, pero ferramentas simplemente. Por iso, debemos ter coidado en poñer en risco o concepto e a idea de democracia, reducindo a súa expresividade en sociedade a consultar sexa de forma dixital ou vía referendo.

Por outra banda, a remunicipalización comporta de forma inherente aspectos asociados á democracia, en parte, porque xorde como un reclamo de máis democracia nalgúns lugares do mundo, até no famoso caso catalán de Terrassa. E si miramos coidadosamente, aqueles lugares onde a remunicipalización da auga foi máis profunda en términos democráticos, é alí onde o espírito de loita pola transformación social era máis presente.

A "MultiConsulta" non fai a democracia

As consultas ou referendos en si mesmas non son sinónimo de democracia. Nin sequera son garantes nin expresión desta. Unha consulta pode ser un acto de democracia cando por exemplo é un acto de apoderamento, cando realmente dáse voz a quen non a ten. O nivel de relación cunha expresión democrática vén dado polo contexto, isto inclúe aos actores, a conxuntura, os intereses, o momento político, ...

En moitos casos realizáronse referendos e consultas en materia de remunicipalización. Son un icono, como Nápoles ou Uruguay. Pero as consultas finalmente poden ser un dos actos máis tramposos, que encaixan cos patróns de proceso participativo. O debate é moi complexo, sen dúbida, e aquí non temos espazo para todo. A realidade é que se poden consultar moitas cousas como mecanismo incorporado nunha estrutura ou marco emancipado, a fin de incorporar, en aspectos cotiáns, á cidadanía. Pero ao mesmo tempo pode ser un xeito de manter a cidadanía pugnando por unha consulta, nun espazo que en realidade é periférico, e máis aínda cando, como no caso de Barcelona, non podía ser vinculante. Tamén é bo ter presente que a consulta é un dos chanzos máis básicos e baixos dentro dos grados de participación cidadá en términos de profundidade democrática.

Un caso como o referendo do día 1-O foi un acto de expresión democrática e case insurreccional, pero non polo feito do voto. Senón polo contexto, os diferentes elementos que constituían o escenario, a negación a algo tan baixa e tan pouco valiosa, en moitos casos, como depositar un voto nunha urna. E que se me entenda onde está facendo fincapé é no feito de que o acto en si mesmo non é constitutivo de democracia.

Votar non é democracia. Ás veces é-o, a veces non o é. E preocupa-me como os votos son empregados de calquera xeito -e perdemos todo o control sobre eles- tanto como me preocupa a deriva na que estamos entrando, ao centrarse o acto da consulta case no nivel de sinónimo de democracia. Nada máis lonxe diso!

Certamente certos actores están mostrando ser demofóbicos, e xa que logo, só a palabra consulta faios entrar en pánico, pero non caiamos na súa escala de valores, para que novamente estariamos reducindo a democracia a unha consulta. Que haxa sectores demofóbicos non fai a consulta máis democrática, aínda que certamente confírelle un carácter máis potente e combativo. Con todo, quen sabe sobre democracia e participación, sabe que as consultas son as migas e perfectamente, controlábeis, vistosas e aparatosas, pero de pouca profundidade. Relacións unidireccionais. Poden levar e abrir a consultar moitos aspectos sobre os que non senten ameaza e dificultar a consulta dos temas complicados. De feito, centrar tanto a atención no feito consultivo,

E xustamente en auga, hai moitos exemplos de procura de máis democracia en espazos de toma de decisións, en construción participada de modelo de xestión. Certamente non é unha cuestión estendida aínda en Catalunya, pero si contamos con experiencias moi interesantes en América Latina, por exemplo. Xa que logo, en remunicipalización, o tema da democracia, forma parte, tanto en referendos como en propostas de maior calidade e profundidade democrática.

Neste sentido, talvez desde o partido do goberno estase contribuíndo ao espírito do liberalismo abrindo á consulta, sen ir máis aló nas reflexións en torno ao acto de consultar, pecando desta simplificación do que é a democracia ou do que debería ser un municipalismo que se tende a unhas propostas de democracia máis profunda. Barcelona permíte-o, xa que conta cunha sólida rede de actores. A acción da consulta, en si mesma, non é nin sinónimo nin expresión de democracia ou exercicio democrático, por máis que non se poida negar que o novo Regulamento de Participación Cidadá (Cat.) conteña avances interesantes, tamén contén blindaxes polos aspectos incómodos, como o veto explícito ao regulamento de participación para asuntos que afecten obras en curso (como as Glòries) ou as taxas municipais.

Entre os valores éticos institucionais e a consulta

Entramos no outro elemento en discordia, a CUP. Máis aló de toda a batería de insultos sobre a súa decisión no Pleno Municipal, que podemos compartir que foi errónea e con certa de falta de lectura ampla. Había tres iniciativas enmarcadas en realidades diferentes e a da auga viña con máis de 26.000 firmas que o avalaban. Resumindo, non tocaba dicir "non".

Agora ben, convén pero que nos detemos un momento no seu argumentario, porque nos alerta dos límites do compromiso institucional sobre a responsabilidade fronte á garantía dos dereitos básicos e o acceso aos bens básicos e esenciais.

Existe un risco real en consultar todo. O risco dos límites éticos e os valores. Consultar todo, sen algúns criterios básicos, abre a porta a unha especie de liberalismo consultivo, unha extrapolación da lóxica do mercado no campo dos dereitos e os bens básicos e esenciais. E si poñemos a consulta pública a educación? E si saíse si todo privado? Entón debería asumir como mandato democrático e xa que logo proceder a desmantelar toda a rede pública de ensino? Estariamos favorecendo un uso demagóxico de certas ferramentas que poden ser tan útiles para a democracia, como para atacala.

Neste sentido a CUP alerta-nos sobre os límites do que entendemos por democracia e que non. E cales son os valores sobre os que fundamentamos as nosas institucións, os nosos dereitos, os nosos bens básicos e os nosos servizos básicos.

Tratamos de facer ciencia ficción, novamente, e imaxinamos que a pregunta á remunicipalización entrase na "MultiConsulta" e saíse favorábel á recuperación do servizo. Cal sería o seguinte paso? En que afecta o que pasou no Pleno Municipal aos obxectivos sobre a remunicipalización da auga na cidade?

Próximos pasos na remunicipalización

No caso de Barcelona, cometéronse erros, por parte de todos os actores implicados -concello, Auga é Vida, CUP e secretario do Pleno- caendo-se en concentrar o espírito democrático no espazo da "MultiConsulta", cando en realidade, gañar a consulta non era tan trascendental. Hai cousas importantes que se deben facer máis aló da consulta.

Mais unha vez que se estaba nun escenario de traballo para facer posíbel a pregunta sobre a xestión da auga en Barcelona, era necesario unir esforzos e ir todos a un tempo. Sen entrar na polémica en torno si podíase votar e blindar ou non, que segundo parece indicar o regulamento, tal acción non era procedente, en tanto que este é un dos puntos garantistas da ferramenta da "MultiConsulta". Neste sentido, a "Barcelona en Común (BeC)" mostrouse apática de non defender a continuidade do proceso facendo uso do artigo 74 do regulamento segundo o cal "só pode-se denegar, por maioría simple, a súa realización si non se adecúa ao ordenamento xurídico" coa que se protexe ás preguntas propostas no marco das Consultas Cidadás.

Pero como dicía, as cousas fanse mal por parte de todos. AGBAR é un actor moi importante, e non se pode ir a confrontar só con consultas e presión mediática. É básico e fundamental ter todo, proxecto, proposta firme de modelo de goberno e xestión da auga para Barcelona que sexa un modelo máis democrático en si mesmo, cunha estratexia clara e unha fronte unitaria que peche filas. Só con proxecto sólido pódese facer fronte a un actor como AGBAR.

As preguntas correctas serían, o proceso das firmas até agora serviu para abrir o debate sobre a auga na cidade? E unha vez saíse unha resposta favorábel á recuperación do servizo de auga, cal fose o seguinte paso a seguir? Na miña opinión poñerse ao choio en dous sentidos.

Por unha banda fiscalizar, pedir rendición de contas e exercer control dos avances e compromisos por parte do concello sobre a remunicipalización do auga, independentemente da complexidade do proceso. Que calendarios nos dá o concello? Que fases e que obxectivos se poden levar a cabo de forma paralela á sentenza?

Por outra banda, traballar en construír unha proposta de modelo de xestión para a cidade que emanara dos veciños e veciñas articuladas, de forma completamente autónoma, nun acto cheo de apoderamento e emancipación social, que mostra que hai capacidade para facer algo máis democrático de forma substancial.

Levar a cabo o proceso de remunicipalización en Barcelona, require moito esforzo e será un camiño longo e cheo de obstáculos. Hai sobre a mesa dúas mocións aprobadas no Pleno do mes de novembro de 2016 nas que, o Concello se comprometía en avanzar cara á remunicipalización. É dicir, o Concello xa aceptou desde fai case un ano e pico o compromiso político de recuperar este servizo.

Neste sentido, AGBAR mostrou demofobia porque sendo unha ameaza na consulta en torno á remunicipalización para que a legalidade da empresa mixta que agora xestiona o servizo a 23 vilas da AMB está pendente dunha sentenza que pode saír favorábel á administración pública. Pero é certo que BeC ten interese político no que a pregunta sobre remunicipalización entre na "MultiConsulta" de face ás eleccións 2019, por iso non lle dá medo. E neste sentido, unha parte do debate vén contaminado de partida, e é por iso que canto antes escapamos de alimenta-lo, porque mentres non o facemos, deixamos de facer algo de gran potencial democrático e transformador:

Con tantos espaventos por parte de todos os actores, tamén AGBAR, en quenda a consulta estamos contribuíndo a un retroceso na comprensión do que é a democracia. Estamos contribuíndo a reduci-la a un acto sen carácter vinculante como o é unha consulta, cando en realidade, hai máis revolución e máis expresividade democrática nun traballo que proveña desde as bases sociais. Unha proposta que poida subir ao Pleno Municipal para que sexa aprobada e entón impulsar de forma conxunta, cidadanía e goberno municipal.

A remunicipalización como acto de apoderamento é a expresión da autoorganización na creación dunha proposta de goberno do servizo máis inclusiva e que traballe con aquelas formacións políticas que sexan afines, pero nunca perder de vista que os partidos e as organizacións políticas da area electoral, sexa nova ou vella política, teñen outro talante e non son movemento social nin poden selo, polo simple feito do lugar que ocupan na estrutura. Isto non impide establecer formas de traballo colaborativo. Pero poder alcanzar a realidade do traballo colaborativo só é posible cando se produciu un proceso de emancipación popular que permita este traballo do teu ao teu.

Neste sentido, a remunicipalización, cando aposta por introducir propostas máis democráticas, está introducindo unha ampliación da estrutura e cambios nos métodos de traballo, o que leva parello un cambio na organización dos roles e tamén na estrutura do control. Isto é, un control máis diversificado e menos concentrado, que implica polo tanto, máis actores con acceso á información -e control-, pero á vez con menos control por parte de cada un deles. Polo tanto, o importante é traballar na procura de xeitos de goberno que rompan unha estrutura xerárquica de "dentro" e "fóra" onde a participación é un elemento accesorio.

Centrámonos no caso do auga, pero non podemos terminar sen destacar que o agravio en quenda a "MultiConsulta" nin sequera recae na iniciativa da remunicipalización, senón na de praza Idrissa Diallo. Desde o primeiro momento, os contextos, a orixe, o alcance e a voz das tres iniciativas era demasiado diferente e niso que acabou perdendo foron dúas iniciativas de base moi popular como Habitamos o San Pablo e Praza Idrissa Diallo.

Publicado en Directa o día 13 de abril do 2018.

[*] Raquel Carsó, membro do grupo de traballo sobre remunicipalización de Embat Barcelonès, profundiza neste artigo na importancia democrática de procesos como recuperar a xestión pública da auga.

Foto: Sílvia Blanco.

#aiguapublica

PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Alexandre Carrodeguas | Fernando Ramos | Pablo Portero |  Bernardo Rego | Lupe Ces |
remunicipalizacion.plataforma@gmail.com | https://plataformaferrol.blogspot.com.es
__________

25 de abril sempre!


25 de abril sempre!


https://youtu.be/umatsLVKggw


Zeca Afonso (1929-1987)

Grândola, Vila Morena
Grândola, vila morena
Terra da fraternidade
O povo é quem mais ordena
Dentro de ti, ó cidade
Dentro de ti, ó cidade
O povo é quem mais ordena
Terra da fraternidade
Grândola, vila morena
Em cada esquina, um amigo
Em cada rosto, igualdade
Grândola, vila morena
Terra da fraternidade
Terra da fraternidade
Grândola, vila morena
Em cada rosto, igualdade
O povo é quem mais ordena
À sombra duma azinheira
Que já não sabia a idade
Jurei ter por companheira
Grândola, a tua vontade
Grândola a tua vontade
Jurei ter por companheira
À sombra duma azinheira
Que já não sabia a idade

Na comemoração dos 40 anos da Revolução de 25 de Abril de 1974.

A canção foi originalmente gravada no álbum Baladas de Coimbra (EP II), em 1963, de José Afonso.[ É o tema fundador do canto político em Portugal, assumido como instrumento de combate cultural e cívico em tempo de censura e um símbolo da resistência contra o fascismo. Estava lá tudo dito e, por isso, não podia ser dito. Foi uma das canções-senha do Movimento das Forças Armadas (MFA).

José Afonso tentou comunicar valores e ideais, utopias e mensagens libertadoras, ansiou por um Portugal sem tabus, sem ter de calar o valor da liberdade, pelo que se tornou num vulto histórico, num modelo de afronta na luta contra o regime. As suas canções premeiam uma veia criadora, intensamente preocupada com causas humanas e sociais e são exemplo de ação e de luta constante, objetivando provocar a agitação e a mudança, contra o marasmo fomentado por um regime que necessitava de ser questionado e, por fim, substituído.

A letra de "Os Vampiros” recuperou, ao fim de cinquenta anos, total atualidade perante desmandos cometidos, com obediência e prazer, por ordem de fortes poderes externos. A canção é uma poderosa chamada de atenção para que nos recordemos que seremos sempre capazes de vencer os vampiros de hoje, os governantes que nos exauriram com austeridade ilegítima e forçada, e que ficam escandalosamente impunes às ilegalidades praticadas. "Eles comem tudo, eles comem tudo e não deixam nada", assim relata o refrão. É uma canção intemporal. José Afonso foi o principal músico, compositor e cantor de intervenção em Portugal. Tornou-se um símbolo da resistência democrática contra a ditadura que dominou o país entre 1933 e 1974. Algumas das suas canções foram proibidas pela censura e os discos aprisionados.[9] Os grandes criadores, é sabido, costumam ter a capacidade de antecipar em décadas ou mesmo em séculos aquilo que depois passará a fazer parte da vida e da História. Os UHF lembram que foi a canção-política que uniu as vozes e as vontades com o quotidiano dos civis e militares que fizeram a mudança em 1974 apesar de me faltar conhecimento adoro esta balada portuguesa.

__________

Desenhar estratégias para um futuro,... Por Xam Tavia - Nom desenhar estratégias para o passado senom para um futuro, que vai ser duro


Por Xam Tavia [*]
25.04.2018


Imos ter guerra no ensino, guerra linguística, guerra na administraçom, guerra religiosa e guerra nos comércios. Sempre som os mesmos os que fam de ariete. E falam de madrasas, como nom lho dixerom aos amigos do seu rei, há uns dias?. Eu volto a alertar que cumpre ir-nos preparando, a nós também nos vai tocar. De financiar séries para quedar bem na galega vam passar a ser polícia linguística, como já o som em todo o demais. Há que mudar o chip, senhores e senhoras políticos nacionalistas da Galiza. Nom desenhar estratégias para o passado senom para um futuro, que vai ser duro. E de verdade que quisera estar a exagerar.

[*] Xam Tavia (Xoán López Pérez - Narom, 1962). Activista e sindicalista. | jtavia@gmail.com |  Facebook . | Licenciado em História e cofundador da Fundaçom Artábria. | correio-e: jtavia@gmail.com.
____________

Debuxo de Fer Ocampo. | 22 de abril de 2018.

Lídia Senra pide á CE que inclúa os eucaliptos na lista de invasoras, baseándose no ditame do Comité Científico - Chama á Comisión Europea a tomar como análise de risco das especies o documento unánime aprobado pola vintena de científicos do Estado español - A eurodeputada rexistra unha pregunta parlamentaria por escrito para saber se o ente comunitario estaría agora en disposición de iniciar esta tramitación


Lídia Senra pide á CE que inclúa os eucaliptos na lista de invasoras, baseándose no ditame do Comité Científico. | Chama á Comisión Europea a tomar como análise de risco das especies o documento unánime aprobado pola vintena de científicos do Estado español. | A eurodeputada rexistra unha pregunta parlamentaria por escrito para saber se o ente comunitario estaría agora en disposición de iniciar esta tramitación.


Lídia Senra, eurodeputada galega no Parlamento Europeo, reclama á Comisión Europea (CE) que, tomando como base o ditame[1] aprobado de forma unánime polo Comité Científico de Flora e Faunas Silvestres do Estado español, inclúa os eucaliptos na lista de especies exóticas invasoras preocupantes para a Unión.
Senra rexistrou hoxe unha pregunta parlamentaria por escrito na que informa ao ente comunitario de que o Comité Científico do Estado español, órgano consultivo formado por unha vintena de científicos independentes, emitiu recentemente un ditame unánime no que conclúe que “constatados cos datos cienfíticos dispoñibles o carácter invasor das especies Eucalyptus naturalizadas no Estado, se deberían incluír no Catálogo de Especies Exóticas Invasoras todas estas especies: Eucalyptus camaldulensis, Eucalyptus globulus, Eucalyptus gomphocephala, Eucalyptus gunnii, Eucalyptus nitens e Eucalyptus sideroxylon, así como calquera outra especie deste xénero cuxo destino sexa a explotación forestal, debido ao alto risco de invasión a consecuencia das súas caracterísitcas biolóxicas, fisiolóxicas e ecolóxicas”.

Na contestación en maio do 2017 do anterior escrito[2] de Lídia Senra á CE para pedirlle que incluíra os eucaliptos na lista de invasoras europeas, a Comisión respondera que as solicitudes de inclusión de especies exóticas invasoras nesa lista podían proceder dos Estados membros ou da propia CE e que un requisito previo a unha solicitude deste tipo é que se teña efectuada unha análise de riscos. Explicaba daquela a CE que non se recibira ningunha solicitude para a inclusión das especies de eucaliptos na lista da Unión e que a CE tampouco era coñecedora de ningunha análise de risco pertinente, motivos polos cales consideraba improbables que se foran incluír os eucaliptos nesta lista. Agora, tendo en conta que hai un ditame emitido polo Comité Científico estatal, Senra considera que a CE debería volver valorar a situación. Así, a eurodeputada galega pregúntalle á Comisión se “podería estudar con detalle o citado ditame e, guiándose polas súas amplas análises e recomendacións, iniciar o procedemento para solicitar a inclusión destas especies na lista de especies exóticas invasoras preocupantes para a Unión, conforme ao disposto no artigo 4, apartado 2, do Regulamento (UE) nº 1143/2014”.

A europarlamentaria defende que é fundamental que se leve a cabo esta inclusión para poder frear os graves problemas socioambientais que xeran os eucaliptos na Galiza, onde ocupan máis de 400.000 hectáreas (a cuarta parte da superficie forestal galega). E é que os eucaliptos, ao ser un monocultivo, convirten os terreos en áreas con escasa biodiversidade; as súas raíces absorben grandes cantidades de auga impedindo la filtración de augas cara aos acuíferos, e secando pequenos regatos, fontes, etc.; ademais, ao ser prantas pirófitas favorecen os incendios forestais; traen consigo pragas e enfermidades que provocan a aplicación de insecticidas e fungicidas; e tamén é frecuente a aplicación de glifosato para diminuír a carga do sotobosque. A súa expansión provoca a desaparición de masas boscosas de elevado valor tanto ambiental como sociocultural ou patrimonial e estas problemáticas teñen sido denunciadas pola FAO (Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultural) en varias ocasións.

Os motivos para que os eucaliptos sexan incluídos na lista sobran e ademais agora todas estas evidencias están refrendadas polo que é o maior organismo consultivo do Estado español para estas cuestións”, defende Senra. O Real Decreto 139/2011 de 4 de Febreiro, para o desenvolvemento do Listado de Especies Silvestres en Réximen de Protección Especial e do Catálogo Español de Especies Amenazadas, no seu Artigo 7, crea o Comité Científico como órgano consultivo para asistir ao Comité de Flora e Fauna Silvestres, as Comunidades Autónomas e ao Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente. E no 2013, cando se regulou o Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, ampliáronse as funcións deste Comité Científico a este aspecto tamén. Así, en setembro do 2017, o Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, tras a recepción dunha moción do Concello de Teo pedindo a inclusión dos eucaliptos no catálogo de invasoras, solicitou un informe do seu Comité Científico ao respecto e o Comité Científico emitiu o ditame ao que se alude. Fronte á actitude do Ministerio, que despois pedir a elaboración deste ditame e de ver o resultado decidiu obvialo totalmente e desautorizalo, omitindo todas as opinións científicas, Senra chama á CE a valoralo e tomalo como base para iniciar o proceso para a declaración dos eucaliptos como especies exóticas invasoras preocupantes na Unión.

Santiago, 19 de abril de 2018.

[1] O ditame completo pode consultarse aquí:
http://www.mapama.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies/dictamencc302017eucalyptusvariasspp_tcm30-445705.pdf

[2] Esta foi a pregunta rexistrada por Lídia Senra o ano pasado á Comisión sobre este tema:

http://www.europarl.europa.eu/sides/getAllAnswers.do?reference=E-2017-002717&language=ES

Moitas grazas pola vosa atención

Adxuntamos copia da pregunta rexistrada na Comisión Europea.


Máis información:

Oficina de Lídia Senra, Eurodeputada Galega integrada no Grupo da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL). | Comisión de Agricultura. | Comisión de Pesca. | Asamblea Paritaria África, Caribe, Pacífico-UE. | 0034 609 845 861 .| lidia.senra@europarl.europa.eu | http://ageuropa.gal/

twitter | facebook

Enviado por:
AGEe Europa
-ageeneuropa@gmail.com-
19 de abril de 2018 13:11
________________

martes, abril 24, 2018

Catro anos perdidos,... Por Iolanda Teixeiro - O alcalde de Ferrol pasará á historia da cidade por unha versión mareante do principio taoísta do wu wei, deixar que actúe o tempo, mais sen facer ren


Por Iolanda Teixeiro [*]
24.04.2018


Levamos tres longos anos cun governo en inanición. Nese estado de vazío. Inane. Un governo local de fraqueza extrema por falta de alimentación. Tres longos anos nos que todos os movementos para axir, para facer política, non foron máis que un pedalear no baleiro. Á incapacidade de Jorge Suárez para manter un pacto co seu socio de governo do Psoe, hai que engadir o seu desleixo para aprobar un só orzamento en toda a lexislatura. Daí a inanición municipal.

O alcalde de Ferrol pasará á historia da cidade por unha versión mareante do principio taoísta do wu wei, deixar que actúe o tempo, mais sen facer ren. Un alcalde que entrou con poucos apoios e que rematará con aínda menos. El mesmo confesa que cada concelleiro leva seis ou sete áreas e que iso dificulta a acción de governo. Como se o governo en mínimos non tivera sido responsabilidade súa e da súa equipa e fora o designio de algunha escura divindade. Como se non fora responsabilidade dun governo que non soubo negociar nen abrirse á participación cidadá. Un alcalde tan semellante ao anterior popular Rey Varela que ate lle serveron os orzamentos aprobados por el. Cantos investimentos teremos perdido?.

Gostaría de preguntar a Jorge Suárez, que amais de alcalde é tamén concelleiro de Facenda, que proxecto de cidade pode ter alguén que non é quen de aprobar nengún orzamento nun trienio?.

Cando remate a súa lexislatura a única análise posíbel serán estes catro anos perdidos.

[*] Iolanda Teixeiro Rei -Ferrol, activista ecoloxista e decrecentista, articulista e licenciada en Pedagoxía Social pola USC. Profesora de Tai Chi e Chi Kung en Ferrol. No facebook e no twitter. Artigos no Diario de Ferrol e Sermos Galiza.

Enviado por:
Iolanda Teijeiro
-iolandateixeiro@gmail.com-
20 de abril de 2018 11:16

_______________

André Abeledo o concelleiro da esquerda de Narón, defende a necesidade de ter un servizo de transporte público de calidade que cubra realmente as necesidades da veciñanza


ABELEDO DEFENDERÁ MOCIÓN PARA INSTAR O GOBERNO GALEGO PARA QUE IMPULSE UNHA 'MESA DE DIÁLOGO PARA O TRANSPORTE PÚBLICO'

André Abeledo defendeu hoxe luns día 23 de Abril, na Xunta de Portavoces, a necesidade de ter un servizo de transporte público de calidade que cubra realmente as necesidades da veciñanza.

Na reunión Abeledo defendeu a Moción do Grupo Municipal de EU Narón, e garantizou o apoio de TEGA, BNG, e PSOE.

Entendemos o transporte público como un dereito e non como un simple negocio, por este motivo o mantemento ou fortalecemento das liñas de autobuses non pode medirse pola rentabilidade senón pola necesidade da veciñanza de ter un servizo”. 

A administración, neste caso a Xunta de Galicia, ten a obriga de garantir o dereito ao transporte público a cidadanía”.

"Galiza necesita outra política de Transporte. Unha política integral que teña como obxectivo prioritario a articulación territorial do país. Articulación que debe estar vertebrada por unha interconexión de calidade entre áreas metropolitanas, núcleos vilegos, zonas periurbanas e rurais, capaz de dar resposta ás demandas de mobilidade presentes e futuras da nosa poboación".

Resulta pois, fundamental, transcender a dimensión espacial do termo transporte (centrado no acto físico de portar mercadorías e persoas) e introducir a dimensión social que leva consigo implícita a mobilidade, centrada na capacidade das persoas para exercer un desprazamento. Dimensión social transversalizada en todo momento por un elemento clave: a accesibilidade.

Atopámonos nun momento transcendental para que as galegas e galegos poidamos contar cun Plan de Transporte Público de Galiza que dea respostas concretas e efectivas a problemáticas históricas do noso territorio. O límite temporal fixado pola Lei 10/2016 de Medidas Urxentes para a Actualización do Transporte Público,  obriga á aprobación do Plan de Transporte 22 meses despois da súa entrada en vigor, polo que se conta cun horizonte duns meses por diante para a súa aprobación.

Temos por tanto, a OPORTUNIDADE E A RESPONSABILIDADE  de acometer coa máxima premura os traballos que sexan necesarios para que a elaboración do Plan de Transporte de Galiza conte coa máxima participación e diálogo social, garante de que se fixe como eixo fundamental a optimización do servizo en base a criterios de rendibilidade social, sostibilidade, transparencia e necesidade. Temos a oportunidade e a responsabilidade de que o Pan de Transporte sexa froito dunha planificación integral da mobilidade do país artellada baixo os principios de solvencia técnica, rigor técnico e máxima seguridade xurídica.

A Sentenza de marzo de 2016 do Tribunal Supremo , que anulou 129 concesións de transporte público por estrada, prorrogadas pola Xunta apelando a criterios contrarios á lei, dan boa conta do desleixo e irresponsabilidade co que foi tratado un sector estratéxico para o noso país. Un sector no que o Partido Popular leva décadas favorecendo a creación dun mercado do transporte en beneficio das grandes compañías, poñendo por riba dos dereitos das persoas, criterios mercantís e de redución de custos.

É unha obriga para o futuro do noso país mudar o rumbo. Galiza non entrará no SXXI ata non ter unha rede de transporte público de calidade, cómpre poñer todos os esforzos en acadala.

Con ese obxetivo é fundamental a defensa dos seguintes principios básicos:

1. Garantir o dereito á mobilidade: Toda planificación da mobilidade no noso país debe estar fundamentada no beneficio social e na búsqueda de mellora de calidade de vida da poboación, reducindo os tempos empregados nos desprazamentos e garantindo que se poidan exercer dentro de parámetros de equidade e xustiza social, con independencia de renda e lugar de residencia.

2. Garantir un transporte público de calidade, capaz de dar alternativa real ao vehículo privado, con independencia dos factores socioeconómicos das persoas usuarias. Un transporte público de calidade será aquel que polas súas características sexa percibido como atractivo e útil pola poboación de forma transversal, cunha tipoloxía de usuario que abranga todas as franxas de idade, renda ou lugar de residencia.

3. Mellorar a calidade ambiental e impulsar a soberanía enerxética. Dispoñer dun transporte público efectivo incidirá nun uso racional do vehículo privado, este feito leva aparellada indubidablemente unha redución de emisións de CO2 e de gases contaminantes, así como unha diminución do consumo enerxético global.

4. Garantir a Accesibilidade en todo o Transporte Público.

5. Apostar polo equilibrio territorial e pola proximidade: A rede de transporte público debe ser vector de equilibrio entre os diversos territorios, garantindo o acceso a servizos a toda a poboación con independencia do seu lugar de residencia. Debe requirir especial atención o fomento dun transporte de proximidade.

6. Impulsar o dinamismo económico: A mobilidade debe permitir favorecer o atractivo das actividades terciarias, converténdose nun instrumento para  desenvolvemento económico do país, contribuíndo en definitiva á dinamización económica do mesmo.

7. Integrar a todos os colectivos e administracións implicados. Deben estar integrados todos os colectivos e axentes con implicación na materia dentro dun marco de colaboración activa. Ao mesmo tempo que se debe contar con todas as administracións con facultade e competencia na materia para traballar en prol dun dereito que afecta á vida cotiá da poboación.

Dado que un novo modelo de mobilidade que vertebre un novo modelo de país, só responderá ás necesidades reais da poboación se é froito do diálogo social dentro dun marco de colaboración activa e só responderá a criterios de beneficio social sobre os beneficios monetarios se é elaborado nun marco de participación social e transparencia.

Por isto consideramos imprescindible constituír unha Mesa para o Diálogo do Transporte Público con representantes da Xunta, sindicatos e empresas do sector, concellos e Deputacións, direccións de colexios e ANPAS, ademais de asociacións da sociedade civil que sumen representatividade, coñecementos e capacidade propositiva para podermos, así, articular un espazo de información, deliberación, debate e deseño participativo do novo Plan de Transporte Público de Galiza.

E propón o seguinte ACORDO para o seu debate e aprobación en Pleno:

O Concello de Narón insta ao Goberno galego a impulsar unha Mesa para o Diálogo do Transporte Público coa fin de dotarnos dun Plan de Transporte Público en base aos seguintes obxectivos:

-Deseñar unha rede de transporte colectivo atractivo polo número de frecuencias e rutas, baixo as premisas de fiabilidade, puntualidade, accesibilidade e competitividade en tempos.

-Artellar o país coa lóxica metropolitana e comarcal, impulsando medidas como a conexión coas cabeceiras de comarca, implantación de aparcamentos disuasorios nas contornas das áreas urbanas e introdución do transporte urbano onde non exista.

-Impulsar a intermodalidade con outros medios de transporte , implementando  “sistemas de xestión e tarifarios unificados para para incluír, ademáis dos autobuses urbanos e metropolitanos, novas opcións coma os ferrocarrís de proximidade, tranvías e metros lixeiros, transporte marítimo metropolitano etc.

-Deseñar unha rede de transporte colectivo tendo en contas as diferentes áreas funcionais, dando cobertura e conexión aos principais nodos atractores de mobilidade como hospitais, universidades, centros comerciais, polígonos industriais, estacións etc.

-”Fomento doutras formas de mobilidade sostible”, tanto ciclista como peonil

-Garantir a mobilidade en espazos rurais e zonas de baixa densidade de poboación mediante “ a implantación progresiva de concesións zonais, uso de vehículos de transporte colectivo de menor tamaño e outras iniciativas como programas de transporte a demanda ou transporte escolar compartida

-”Desenvolver sistemas integrados de transporte colectivo nos espazos de maior densidade litoral como as Rías Baixas e a Mariña de Lugo, Incluíndo o transporte marítimo metropolitano dentro da oferta do transporte público.

-Sincronizar a oferta de transporte público cos incrementos de demanda estacionais relacionados co turismo, garantindo a calidade do servizo e dando resposta ás demandas específicas derivadas de dita actividade, mediante aumento de frecuencias e rutas.

-Adaptar a oferta de transporte público aos incrementos de demanda relacionados cos calendarios escolares e universitarios e relación desta cos fluxos de mobilidade específicos da comunidade educativa e universitaria. Supresión da estacionalidade relacionada cos calendarios escolares e universitarios cando isto supoña unha redución de oferta e unha diminución da calidade do servizo.

-Incluír a perspectiva de xénero no deseño das redes de transporte público, horarios, rutas, paradas e equipamentos. Así como impulsar medidas que resolvan as carencias do transporte público colectivo no referente á percepción de seguridade."

*Citas extraídas das Directrices de Ordenación do Territorio de Galiza sobre sistemas de transporte.

En Narón a 12/04/2018

Asdo.: André Abeledo Fernández

Voceiro do Grupo Municipal de Esquerda Unida

Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
23 de abril de 2018 14:03

______________

Na próxima sexta-feira, 27 de abril, na Fundaçom Artábria com a estreia mundial do projeto de Lara Soto “Maruxa Poppins” - Em Ferrol, na Travessa de Batalhons nº7 de Esteiro


Apresentaçom do conta-contos "Maruxa Poppins" esta sexta-feira na Fundaçom Artábria


Na próxima sexta-feira, 27 de abril, contaremos na Fundaçom Artábria com a estreia mundial do projeto de Lara SotoMaruxa Poppins”.

Maruxa umha “nena-grande” que com a sua gigante mala e a ajuda e sabiduria das nenas e nenos entenderá que o mundo pore ser melhor e mais igual para todas e todos.

Umha série de contos que farám reflectir às e os mais pequenos  sobre a igualdade, a integraçom e a cooperaçom, inter-atuando com eles e fazendo-os participes das histórias.

Lara Soto é monitora e educadora com mais de 10 anos de experiência no sector e desde fai 3 anos trabalhadora de A Guagua.

O espetáculo está dirigido a crianças a partir de 3 anos e a entrada é livre até cubrir aforo, polo que é precisso fazer reserva prévia, escrevendo para correiodeartabria@gmail.com ou ligando para o telefone 671 200 160 (Lara)

--
Travessa de Batalhons nº7 Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone:  +34 981 35 29 86
www.artabria.net

Segue-nos em twitter @fartabria e em facebook!

A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.

Enviado por:
Fundaçom Artábria
-artabria@artabria.net-
22 de abril de 2018 13:26

____________

A exposición 'Galegos en Mauthausen', que rematou a súa estadía no Centro social de Mugardos, recibíu a visita do alumnado do IES, nunha visita organizada pola A.C. Apelón Educación e A.C. Memoria Histórica Democrática, visita guiada polo historiador Enrique Barrera Beitia





Visita do IES Mugardos a Exposición "Galegos en Mauthausen"


Hoxe, 24 de abril de 2018, a Exposición "Galegos en Mauthausen", que rematou a súa estadía no Centro social de Mugardos, recibíu a visita dos alumnos do Instituto, o 4º Curso da Eso, nunha visita organizada pola A.C. APELÓN EDUCACIÓN e A.C. Memoria Histórica Democrática, e que foi guiada polo Historiador e Segredario da nosa Asociación, Enrique Barrera Beitia. Tal como se explicou na conferencia celebrada recentemente e na visita de hoxe, cinco veciños de Mugardos foron vítimas do nazismo nos campos de exterminio.
Quedamos moi agradecidos das atenciones recibidas de APELÓN EDUCACIÓN e co desexo de novas iniciativas en común.

--
Visita as nosas páxinas web:
www.memoriahistoricademocratica.org
http://memoriahistoricademocratica.wordpress.com
en facebook: Memoria Historica Democratica
en twitter: Memoria Ferrol  @memoriaferrol

Enviado por:
Memoria Histórica Democrática
-memoriahistoricademocratica@gmail.com-
24 de abril de 2018 00:08

__________________

XI Semán de Poesía Salvaxe 'A palavra encarnada' - Xoves 26 de abril ás 6 da tarde, no Ateneo Ferrolán - Rosalía Fernández Rial e Lois Pérez



XI Semán de Poesía Salvaxe "A palavra encarnada"

En Ferrol os días 25, 26, 27 e 28 de abril

Acto do xoves 26 de abril ás 18.00 hs.

No Ateneo Ferrolán escoitaremos a:

Rosalía Fernández Rial (1988) concibiuse a través da palabra, ideando unha xénese inicial desde a literatura escrita e a linguaxe escénico.

Lois Pérez (Lugo, 1979) é mestre, poeta, dramaturgo, contador de historias e humorista, e o centro da súa actividade artística é a narración oral e a escrita.


Máis info e evento no facebook:
https://www.facebook.com/events/196151291002257/

Mais info no facebook

--

Un lugar de encontro para a cultura dende 1879 na cidade.

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 - 644.720.055 Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza)

Síguenos:
TWITTER: @ateneoferrolan
BLOG: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/
FACEBOOK: https://www.facebook.com/Ateneo-Ferrol%C3%A1n-1430118530577463/
Faite soci@ on line! Colabora con nos!
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/2007/12/faite-soci.html

Para axudas e aportacións económicas:
CC en Cajamar Cooperativa. Titular Ateneo Ferrolán.
ES72-3058-6402-9527-2000-5350

Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-ateneoferrolan@gmail.com-
24 de abril de 2018 12:34

___________

Lídia Senra esixe á CE a retirada inmediata do Produto Panaeuropeo de Pensións Individuais - A eurodeputada galega presentou dezaseis emendas en contra dun informe ao servizo dos intereses dos sistemas privados de pensións - Demanda á Comisión Europea que recúe na súa proposta e asuma a responsabilidade de fortalecer os sistemas públicos de pensións

Concentración en Ferrol,17 de marzo de 2018, na defensa do sistema público de pensións

Lídia Senra esixe á CE a retirada inmediata do Produto Panaeuropeo de Pensións Individuais. | A eurodeputada galega presentou dezaseis emendas en contra dun informe ao servizo dos intereses dos sistemas privados de pensións. | Demanda á Comisión Europea que recúe na súa proposta e asuma a responsabilidade de fortalecer os sistemas públicos de pensións.


A eurodeputada galega Lídia Senra e o eurodeputado portugués Miguel Viegas -integradas no Grupo da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL)-, veñen de rexistrar un total de dezaseis emendas ao informe co que a Comisión Europea pretende avanzar no favorecemento dos sistemas privados de pensións a través do impulso do Produto Panaeuropeo de Pensións Individuais (PEPPP, polas súas siglas en inglés[1]). “A Comisión Europea está a sentar as bases para relativizar a responsabilidade pública dos Estados de fornecer pensións dignas de xubilación. O argumento de que quen teña pensións baixas pode completalas aforrando a través deste produto financeiro é tremendamente inxusto e discriminatorio. Os salarios son cada vez máis baixos, e tamén as prestacións sociais, como pretenden que a xente aforre?”, criticou.

Xa o pasado mes de febreiro Senra denunciou publicamente en rolda de prensa esta proposta da CE, acompañada de Victoria Portas Mariño -voceira da Coordinadora Estatal pola Defensa do Sistema Público de Pensións e membro do Movemento Galego en Defensa das Pensións Públicas (MODEPEN)-, e polo economista, sindicalista e docente Xabier Pérez Davila, avanzando que se oporía a esta proposta de regulamento ideada para beneficio de entidades financeiras, compañías de seguros e de xestión de activos.

De feito, unha das emendas rexistradas hoxe esixe especificamente a retirada desta proposta demandando no seu lugar a elaboración de medidas para fortalecer os sistemas públicos de pensións co obxectivo último de garantir pensións públicas a todas as persoas na Unión Europea. “Unha vez máis tentan librar de responsabilidades aos Estados e ter argumentos para culpabilizar ás persoas da situación de vulnerabilidade social creada polas propias políticas impulsadas por estas institucións e Gobernos”, criticou.

Aliás, a propia política fiscal ca que a CE pretende acompañar esta proposta apostando por deducións moi regresivas favorece a quen teñan altos salarios, xa que son as persoas que poderían facer grandes contribucións a este plan de pensións privado. “Ademais, se o analizamos dende a perspectiva de xénero, unha vez máis este produto incidiría concretamente na situación de discriminación das mulleres, xa que temos menores salarios, máis traballos a tempo parcial e máis precarización, polo que as posibilidades de aforrar pola vía privada son inda máis limitadas”.

Por outra banda, sinala Senra noutra das súas emendas, dado que os promotores do PEPPP son os bancos, compañías de seguros, xestores de activos, fondos de pensións de emprego e sociedades de inversión, con esta proposta produciríase un desvío de posíbeis contribucións sociais, que suporían un transvase de ingresos ás empresas privadas, que á súa vez obterían importantes beneficios aproveitándose dos sistemas públicos de pensións.

A proposta do Produto Panaeuropeo de Pensións Individuais por parte dunha institución pública como é a Comisión Europea é totalmente intolerábel, xa que implica que está a renunciar ao obxectivo de que as pensións públicas sexan suficientes e dignas para cubrir as necesidades das persoas e vivir cun mínimo de tranquilidade logo de ter adicado toda a súa vida a traballar” .

Co rexistro das emendas ao informe sobre o PEPPP, Senra chama de novo a atención sobre a batalla que se está a librar no espazo europeo polo futuro das pensións públicas. O deterioro intencionado das mesmas baixo a desculpa das denominadas “políticas de austeridade” impulsadas pola Troika, así como unha reflexión colectiva de análise e propostas para loitar polo dereito a pensións dignas, foron postas de manifesto tamén o pasado 30 de xaneiro a través da xornada “Xubilación en tempos de austeridade. Cal será o futuro do noso sistema de pensións?”, que achegou ao Parlamento Europeo os aportes de trinta activistas galegas/os.

Bruxelas, 24 de Abril de 2018.

Máis información:

Oficina de Lídia Senra, Eurodeputada Galega integrada no Grupo da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL). | Comisión de Agricultura. | Comisión de Pesca. | Asamblea Paritaria África, Caribe, Pacífico-UE. | 0034 609 845 861 .| lidia.senra@europarl.europa.eu | http://ageuropa.gal/

twitter | facebook

[1] Pan-European Personal Pension Product  (PEPPP)

Enviado por:
SENRA RODRÍGUEZ Maria Lidia OFFICE
-lidia.senra-office@europarl.europa.eu-
24 de abril de 2018 13:05

_________

luns, abril 23, 2018

41 persoas, activistas achegadas á Plataforma, instan ao Alcalde a que faga unha rectificación pública, por utilizar a descualificación persoal e levar ao termo privado, o que é o exercicio da acción pública, a participación cidadá e veciñal, da sociedade civil, no exercicio da defensa dos seus dereitos e intereses, como persoas, veciñanza e cidadáns


Cando o pasado 19 de marzo, presentamos unha denuncia no Xulgado de Ferrol, contra o Alcalde e o responsábel da xestión de Emafesa, a reacción do Alcalde arroupado por membros do seu goberno municipal, estiveron infestadas de descualificacións persoais irracionais e inxustas cara ás persoas que forman parte desta Plataforma e a representan colexiadamente. No seu momento esta Plataforma acordou emitir unha "Breve nota de Urxencia", onde cualificabamos estas palabras de "intentos de descualificacións persoais lamentábeis e inxustas". Sen querer entrar, mais neste asunto que podería desviar o importante do circunstancial, mais un número importante e maioritario da Plataforma, pensaba que o asunto non podía quedar así que o Alcalde tiña que desculpar-se, polo que se promoveu unha carta dirixida a Jorge Suárez instando-lle a unha rectificación pública das súas palabras. Son 41 persoas as que asinan o escrito que transcribimos que se entregou polo rexistro do Concello de Ferrol, o pasado venres 20 de abril.

As persoas que asinan a carta son: Ramón Castiñeira, Manuel Vázquez, Inácio Martínez, Lucia Vizoso, Rafael Pillado, Iolanda Teixeiro, Olga Fernández, José Carballo, Manuel Dopico, Alejandro Toimil, Carmen Serantes, Fernando Docampo, Gloria Cruz, Pablo P. Serantes, Esther Malde, Manuel Afonso, Francisco Montero, Manuel Bellón, Angeles Rivera, Esperanza Vidal, Helga Méndez, Manuela López, Belén Aneiros, José Vilela, Chelo Carballal, Xosé María Fontao, Anxo Fernandez, Amadeo Varela, Luís Gómez, Victor L. Casal, Xoán F. Lópes, José Martín, Victor G. Novas, Susana Alaniz, Manuela Rodríguez, Nicasio Malde, Lupe Ces, Alexandre Carrodeguas, Bernardo Rego, Pablo Portero e Fernando Ramos.

AO ALCALDE PRESIDENTE DO CONCELLO DE FERROL

As persoas abaixo asinantes en apoio da Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización, con enderezo a efectos de notificación en Ferrol (15406), na rúa Armada Española, nº32 baixo, e correo-e: remunicipalizacion.plataforma@gmail.com, ante esa alcaldía expoñen:

Que o pasado 19 de marzo, esta Plataforma presentou unha denuncia no Xulgado de Ferrol,[1] diante de todas as irregularidades rexistradas na xestión do sistema de saneamento e depuración de augas residuais por parte de Emafesa e desa Alcaldía, para que no caso de corresponder, se diriman as responsabilidades que houber lugar, asín como potenciais actos fraudulentos, enganos e inaccións. Este camiño de apelar á vía da denuncia xudicial, tomabámolo despois de ver como unha tras outra tiñamos pechadas as portas do diálogo, a falta de resposta aos innumerábeis escritos e peticións de documentación dirixidos a esa Alcaldía, os recursos non contestados, mobilizacións... 

Que esa Alcaldía coñece que os feitos que se describen no texto da denuncia son certos e, en repetidas ocasións, vostede mesmo así os comunicou á opinión pública ou en plenos da corporación municipal. Na nosa denuncia non hai ningún ataque ao honor, nin falsidades, calquera que a lea poderá-se dar conta de que o que se transluce nela é a defensa dos intereses veciñais e medio ambientais.

Que a reacción desa Alcaldía, e do seu goberno municipal, transmitida en rolda de prensa e a través das redes sociais, ao coñecer a nosa denuncia xudicial, foi pouco afortunada e impropia dun representante público polas descualificacións persoais irracionais e inxustas cara ás  persoas que forman parte desta Plataforma.

Polo anterior, instamos-lle a esa Alcaldía a que faga unha rectificación pública, por utilizar a descualificación persoal e levar ao termo privado, o que é o exercicio da acción pública, a participación cidadá e veciñal, da sociedade civil, no exercicio da defensa dos seus dereitos e intereses, como persoas, veciñanza e cidadáns. Non podemos deixar de manifestar o noso malestar polas actitudes dun representante público, que utiliza a difamación e o menoscabo da integridade moral e persoal de quen conformamos os movementos sociais e veciñais, independentemente de quen estea no goberno municipal.

Polo que instamos a esa Alcaldía, A que faga unha rectificación pública das súas palabras, no momento máis oportuno que considere.

En Ferrol, a 17 de abril, de 2018

Asinado.-

[1] Con posterioridade o día 23 un escrito de correccións e o 27 do mesmo mes de marzo, o texto refundido da denuncia que recae no Xulgado de Instrución nº2  co procedemento PR 0000759/18.
______________

domingo, abril 22, 2018

A Marcha Mundial das Mulleres participa este domingo 22 de abril, en Compostela, na manifestación nacional na defensa do monte comunal, convocada pola Organización Galega de Comunidades de Montes


Manifestación en defensa do monte comunal hoxe domingo 22 de abril


EN DEFENSA DO MONTE COMUNAL  

Dende a Marcha Mundial das Mulleres queremos reivindicar a importancia que teñen para as mulleres e toda a poboación galega os nosos montes e natureza. Este domingo, 22 de abril está convocada unha manifestación pola defensa do monte veciñal e da súa titularidade comuneira, en Santiago de Compostela, pola Organización Galega de Comunidades de Montes.

O goberno do PP introduciu, sen apoio de ningún outro grupo parlamentario, modificacións na Lei de Montes en man común. Estas modificacións facilitan o proceso para debilitar unha figura democrática e pertencente á veciñanza como son as comunidades de montes, favorecendo a cesión dos montes a empresas privadas. Isto supón un grande perigo, xa que aparte de privatizar espazos dos que pode desfrutar toda a veciñanza, entrega os nosos montes a intereses privados, que, polos proxectos apoiados por este goberno, podemos imaxinar destinados á explotación de madeira de crecemento rápido, actividades extractivas e proxectos de forte impacto medioambiental.

Queremos un modelo de monte vivo e multifuncional. Queremos fragas cheas de vida e non eucaliptais que empobrecen a nosa terra. O modelo forestal que a Xunta propón para cambiar o Plan Forestal de Galicia para o futuro do monte galego nos vindeiros 20 anos é un aumento de 25.000 hectáreas para o eucalipto, cando un ditame da Comisión Científica do Ministerio de Agricultura e Medio Ambiente o cualifica como especie invasora e recomenda dar pasos para o seu control e erradicación. O sector da madeira producida na Galiza, lonxe de representar a riqueza para o país que proclama o PP, non supón grandes ingresos para as/os pequenas/os propietarias/os senón para a real beneficiada: Ence.

Imos consentir que continúen depredando o noso país con estas políticas de visión curtopracista e primando os intereses duns poucos? Dende a Marcha Mundial das Mulleres da Galiza apoiamos esta manifestación e animámoste a participar.

Un saúdo feminista

Marcha Mundial das Mulleres Galiza

'As mulleres decidimos'
Coordenadora Nacional Galega
Marcha Mundial das Mulheres
Marcha Mundial das Mulleres
Rúa Romil, 20, baixo
36202 Vigo-Galiza
CIF G-15773013
Teléfonos de contacto:
Coord. A Coruña 639 78 76 26
Coord. Compostela:  647735737
Coord. Vigo: 630486886
Coord. Ourense: 652140217
Coord. Ferrolterra: 636 87 86 06
Comunicación:
http://www.feminismo.info
@MMMGaliza


Enviado por:
Marcha Mundial das Mulleres - Galiza
-marchagaliza@gmail.com-
20 de abril de 2018 10:03

________

Nova acción de protesta da Plataforma polas facturas avultadas e entrega de cartas para lembrar-lle a Emafesa que a devolución do recibo non implica recargos e cobros adicionais, mentres no se resolva o recurso interposto - Por unha taxa xusta e participada


O 20 de abril, na Praza da Ilustración de Ferrol, diante da sede de Emafesa, desde as 11 da mañá, tivo lugar unha nova acción de protesta da Plataforma. Presentou unha queixa-reclamación ante a persistencia da empresa mixta de augas, de seguir xirando facturas avultadas. Tamén se presentou unha carta dirixida á Emafesa, como resposta a unha carta intimidatoria que está a enviar esta empresa a persoas abonadas que devolveron a factura, para lembrar-lle que a devolución desta non implica recargos e cobros adicionais, mentres non se resolva o recurso interposto.

A Plataforma non vai deixar de protestar ante o cobro dos recibos estafa, clamando por unha taxa xusta, participada e explicada e reivindicando a revisión da factura da auga no seu conxunto. Agora, Emafesa, deixou de ter o mantemento de parte do saneamento en alta (Interceptores, colectores e aliviadoiros). Este contrato de mantemento ten-no a empresa Viaqua, que hai un ano se fixo coa contrata licitada por ACUAES, contrato dun ano, prorrogábel por dous períodos de seis meses cada un. Neste momento estamos na primeira prorroga.

O pasado 26 de marzo, remataba o prazo de tres meses, que segundo o Alcalde de Ferrol, tiña Eudita Fair Value Auditores, S.L., para presentar o estudo de custos, para a modificación da taxa de depuración. O pasado 11 de abril, entraba polo rexistro a notificación da entrega do Estudo de Eudita no Concello.

Esta Plataforma non puido acceder a ese estudo, mais tampouco os grupos da oposición. Algún, como no caso do BNG, mesmo o ten solicitado por escrito e non se lle facilitou. O 19 de abril o Alcalde enviaba a convocatoria da Comisión de Economía e Facenda, para xuntar-se o martes 24 de abril, co obxectivo de "Dar conta do estudo elaborado pola entidade Eudita relativo aos custos do servizo de depuración", co engadido de "Actuacións posteriores". Haberá que agardar a esa reunión para coñecer o devandito estudo.

O Alcalde, ante a pregunta dun xornalista sobre o Estudo de Eudita, nunha rolda de prensa convocada para dar conta da resolución de patrimonio sobre o proxecto da Praza de Armas, declaraba que era un informe en "termos moi similares" á proposta de taxa que fixera o goberno municipal o pasado ano baseada no Informe de Emafesa de novembro de 2016.

A Plataforma analisará o Informe de Eudita cando o poda coñecer, mais as palabras do Alcalde son preocupantes, segue a dar máis fiabilidade aos datos e informes de EMAFESA (parte interesada SOCAMEX), que a outros estudos mais independentes. A Plataforma seguiremos demandando unha revisión da Taxa que provoca recibos avultados, que segundo os nosos estudos superan o 40% do custe do servizo. Mesmo os estudos xa feitos polo Concello de Narón a través da empresa consultora OTIMA, afirman que os custes están avultados nun 31%. Mentres, Emafesa segue pasando facturas avultadas e enviando cartas intimidatorias ás persoas que as devolveron...

A Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización, seguiremos informando á veciñanza e accionando até conseguir unha taxa xusta e unha Emafesa 100% pública...

Documentos relacionados:

Auga - 2018.04.20 | Modelo de escrito para contestar ao que Emafesa está enviando a todas as persoas que devolveron a factura, ameazando con cobrar os custes da xestión de devolución e recargo. | Acceder/Baixar.

Auga - 2018.02.15 | Estudo de Custes de explotación sistema saneamento que o Concello de Narón encargou á empresa OTIMA. O Estudo está asinado o 15 de febreiro deste ano 2018. Vai unha pequena introdución a modo e explicación e o obxecto e alcance do Estudo, centrado principalmente nos custes eléctricos e caudais a depurar. Pode-se acceder ao mesmo, nun ficheiro de 196 páxinas formato pdf. | Acceder.

Auga - 2017.02.28 | Anuncio de adxudicación. | Número de Expediente ACE/802.01-02-03-04-05/ 16/EXPL/01. | Publicado na Plataforma de Contratación do Sector Público o 28.02.2017 | Obxecto do Contrato: "Servizos de explotación dos "Interceptores xerais da marxe dereita da Ría de Ferrol". | O Consello de Administración de ACUAES acorda a adjudicación do adxudicación do contrato. | Data do Acordo 27.02.2017| Ir á Web.

Auga - 2016.11.01 | Informe de Emafesa novembro 2016. "Estudios de Custes Xustificativos e tarifas de saneamento en Alta e Depuración do concello de Ferrol". Informe de base para o cálculo da nova taxa que propón Emafesa e asumida polo Alcalde e o grupo de goberno de ferrol en Común e non Adscritas (Ex-PSOE) | Acceder/Baixar.

Info nos medios:

2018.04.21 - Auga. | Concentración contra a abultada taxa. | Varias decenas de ferrolanos concentráronse onte ante a sé de Emafesa atendendo a convocatoria da Plataforma na Defensa dúas Servizos. O motivo da protesta era poñer de manifesto, unha vez máis, o rexeitamento á taxa de saneamiento e presentar nas oficinas da sociedade mixta un escrito en resposta ás cartas que están recibindo os veciños que devolveron o primeiro recibo da taxa posta ao cobro por Emafesa. | Ir á Web.

2018.04.21 - Auga. | Afectados pola taxa de saneamiento presentan reclamaciones en Emafesa. | O Concello xa dispón de datos sobre custos reais que permitirán axustar o prezo que se está cobrando.| Redacción Diario de Ferrol 21 de Abril de 2018 00:30 h. | Ir á Web.

2018.04.21 - Auga. | A preocupación aprópiase de Emafesa. | O comité de empresa da sociedade mixta de augas censura a xestión do alcalde e os traballadores comezan a temer polas súas condicións laborais e de futuro. | La Voz de Galicia. | Ir á Web.
_______