Amosando publicacións coa etiqueta EU-IU. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta EU-IU. Amosar todas as publicacións

mércores, novembro 25, 2009

Satisfacción, do Grupo Municipal de EU, pola compra da casa de Ricardo Carvalho Calero


  • ESQUERDA UNIDA   FELICÍTASE POLA COMPRA DA CASA DE CARVALHO CALERO, COMPROMISO INCLUÍDO POLA NOSA ORGANIZACIÓN NO ACORDO ORZAMENTARIO PARA 2009
  • ESQUERDA UNIDA DEMANDA A SÚA  REHABILITACIÓN  NOS PRÓXIMOS 12 MESES, PARA INAUGURALO COINCIDINDO CO CENTENARIO DO SEU NACEMENTO
O Grupo Municipal de Esquerda Unida quere amosar a súa satisfacción  pola anunciada compra  da casa natal de D. Ricardo Carvalho Calero. Esta é unha das esixencias que Esquerda Unida  achegou para acordar o orzamento de 2009. Celebramos, xa que logo, que se dea satisfacción a nosa demanda.

Esquerda Unida presentou ao Pleno do concello de Ferrol unha moción, en xaneiro deste ano, para facer posible a compra da casa deste eximio ferrolán.  Foi aprobada por unanimidade de todos os Grupos Municipais. Esta iniciativa insírese no ronsel de actuacións que dende a concellería de cultura se levaron adiante durante a vixencia do Goberno bipartito da cidade para acadar o seu nomeamento para o Día das Letras  Galegas.

O Grupo Municipal de Esquerda Unida lembra que en outubro de 2010 cúmprese o centenario do nacemento do  autor do Futuro imperfecto. O 30 de outubro de 1910 nacía  Carvalho Calero e a nosa organización  considera necesario poder rematar a rehabilitación do inmoble  á altura de outubro do vindeiro ano. Reclamamos celeridade para proceder a súa rehabilitación. A súa posta en funcionamento como centro cultural para dentro dun ano suporía un sinal importante do compromiso da cidade cun dos seus fillos predilectos e, xa que logo, sería un argumento de peso certo diante da Academia Galega para conquerir que se lle adique o Día das Letras Galegas. 

A biblioteca persoal de D. Ricardo Carvalho Calero se atopa en Compostela e a nosa organización insta ao Goberno Municipal a traballar para acadar un acordo que devolva ese legado para o espazo rehabilitado da súa casa natal.

O enorme atraso que leva o cumprimento do conxunto das actuacións previstas no acordo orzamentario entre o PSOE e o BNG nos leva a urxir ao Goberno Municipal a axilizar  os trámites necesarios para executalo, porque todas actuacións comprendidas no devandito acordo supoñen darlle un pulo importante a morfoloxía urbana e de servizos da nosa cidade.

Ferrol, de 24 de novembro  de 2009 
Grupo Municipal de EU

Enviado por:
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
24 de novembro de 2009 17:05


Prezad@s amig@s:

Vaivos no arquivo un Informacións do Grupo Municipal de EU onde amosamos a nosa satisfacción pola compra da casa de Carvalho Calero, a proposta do noso Grupo  Municipal,  que presentara unha moción ao Pleno en xaneiro deste ano e logo incorporamos no acordo dos orzamentos de abril deste ano.

A nosa organización reclama agora que nos vindeiros 12 meses se proceda a súa rehabilitación para contar con este equipamento en outubro do vindeiro ano, cando se cumpre o centenario do seu nacemento.

Grazas pola vosa atención. Recibide un saúdo, Ramiro Marier ( Grupo Municipal de EU ).
________________

Web de Esquerda Unida:
http://www.esquerdaunida.org/
____________________

xoves, outubro 22, 2009

Iniciativas parlamentarias presentadas por Esquerda Unida no Congreso dos Deputados para demandar a reparación das estradas deterioradas polas obras do vial de acceso ao porto exterior


  • ESQUERDA UNIDA PRESENTA  NO CONGRESO VARIAS PREGUNTAS PARLAMENTARIAS  PARA REPARAR AS ESTRADAS DA ZONA RURAL AFECTADAS POLA CONSTRUCIÓN DO VIAL DE ACCESO AO PORTO EXTERIOR 
  • O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA  ALERTA DOS RISCOS DERIVADOS DE NON CANALIZAR AS AUGAS  CANDO A TEMPADA DE CHOIVAS ESTÁ AO CHEGAR
 O Grupo Municipal de Esquerda Unida quere chamar a atención dos riscos derivados da actual situación de non canalización das augas  unha vez rematado a estrada de acceso ao porto exterior. Semellante abandono supón un grave risco de riadas e inundacións que vai repercutir nos habitantes da Zona Rural afectada e asemade un perigo para a seguridade vial  na zona.

Esquerda Unida denuncia que as reiteradas e constantes demandas veciñais para procurar que se arranxen os danos producidos a causa da construción da estrada ao porto exterior seguen a caer no saco roto da neglixencia e a improvisación do Ministerio. Atopámonos agora coa chegada da estación das augas e co traballo de canalización sen facer cos riscos asociados. Urxe unha resposta e actuación ministerial veloz.

A nosa organización vén de presentar no Congreso dos Deputados unha batería de preguntas parlamentarias ao obxecto de forzar unha toma de postura do Ministerio de Fomento neste caso. Queremos que o Goberno comprometa unha actuación reparadora e rápida para atender  ás demandas veciñais.

Esquerda Unida quere con esta iniciativa  arrincar un compromiso do Ministerio para atender ás canalizacións das augas e asemade para procurar o arranxo das estradas da zona que teñen sufrido graves quebrantos polas obras da estrada ao porto exterior: a saturación do tráfico desviado e o intenso tráfico de camións  teñen orixinado un desgaste que fai imperativo o seu arranxo.

O Grupo Parlamentar de Esquerda Unida no Congreso  rexistrou no día de onte as preguntas acerca de que previsións ten o Goberno  en relación coas canalizacións  e en que prazos e partida orzamentaria se empregarían.

O Grupo Parlamentar de EU pregúntalle tamén  ao Ministerio de Fomento se a reparación das estradas deterioradas  a causa da construción do devandito vial de acceso van ser reparadas, en que prazos e con cargo a que partidas.

O Grupo Municipal de Esquerda Unida entende urxente e necesario dar unha resposta satisfactoria – polo Ministerio de Fomento – ás reivindicacións veciñais.

Ferrol, 21 de outubro  de 2009

Enviado por:
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
21 de outubro de 2009 14:35
Prezad@s amig@s: vanvos en senllos arquivos as iniciativas parlamentarias presentadas por Esquerda Unida no Congreso dos Deputados para demandar a reparación das estradas deterioradas polas obras do vial de acceso ao porto exterior e a demanda das canalizacións para a baixada das augas. Un saúdo, Ramiro Marier
_________________

martes, outubro 20, 2009

Preguntas presentadas no Congreso dos Deputados por Esquerda Unida en relación coa situación do Prestige


  • ESQUERDA UNIDA PRESENTA NO CONGRESO DOS DEPUTADOS DÚAS PREGUNTAS EN RELACIÓN COA IMPUTACIÓN DE LÓPEZ SORS
  • ESQUERDA UNIDA PREGUNTA POLAS CONSECUENCIAS ECONÓMICAS DERIVADAS DUNHA HIPOTÉTICA CONDENA
  • ESQUERDA UNIDA DEMANDA DO GOBERNO DO ESTADO UNHA VALORACIÓN DA IMPUTACIÓN DO EX DIRECTOR XERAL
Esquerda Unida vén de presentar no Congreso dos Deputados dúas preguntas parlamentarias ao obxecto de que o Goberno do Estado clarexe cal é a súa postura diante do xiro producido polo auto da Audiencia Provincial da Coruña, no cal volta a imputar ao que entón era director xeral da mariña mercante, José Luis López – Sors, como presunto autor dun delito medioambiental pola súa actuación na decisión de afastar o Prestige.

Segundo o exposto no seu escrito de acusación, Esquerda Unida – única organización política persoada na causa – reclamaba a imputación de López – Sors e a Audiencia vén de darnos a razón, cando no auto cualifica a decisión de afastar o buque como erro clamoroso, e cando afirma que as probas reunidas na fase de instrución do sumario amosan o seu desacerto na xestión da crise, até facer constar que as súas actuacións foron peor imposible.

No auto a Audiencia critica a compracencia cun rumbo suicida, estimando que non se valorou de maneira adecuada a situación real do buque e a decisión de afastalo non proporcionaba unha solución de intervención co obxectivo de salvar a nave.

O deputado de Esquerda Unida, Gaspar Llamazares, presenta, xa que logo, estas dúas preguntas para as que solicita resposta por escrito do Goberno central:

¿ Cal é a valoración que fai o Goberno da imputación do ex director xeral da Mariña Mercante polas súas responsabilidades na orde de alonxar o Prestige e o
conseguinte delito medioambiental cometido ?

¿ Cales poderían ser as consecuencias económicas para o Estado, no caso de condea do imputado ?

A nosa organización reclama a maior celeridade para avanzar nunha causa que arrástrase dende o ano 2003.

Compostela,20 de outubro de 2009

Envio por:
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
20 de outubro de 2009 17:31


Estimad@s amig@s:  vaivos unha información de Esquerda Unida nacional en relación coas preguntas presentadas no Congreso dos Deputados por Esquerda Unida en relación coa situación do Prestige. Grazas pola vosa atención. Saúdos, Ramiro Marier

______________________

Esquerda Unida comeza unha campaña contra a crise


  • ESQUERDA UNIDA PRESENTA HOXE A CAMPAÑA LOCAL CONTRA A CRISE CUN ACTO PÚBLICO NO TORRENTE
  • UN PLAN DE EMPREGO ALTERNATIVO, A ESTENSIÓN DA PROTECCIÓN SOCIAL E UNHA REFORMA FISCAL XUSTA E PROGRESIVA, EIXOS DA PROPOSTA ALTERNATIVA DE ESQUERDA UNIDA
  • ESQUERDA UNIDA DESENVOLVERÁ  ESTE TRIMESTE  UNHA SERIE DE INICIATIVAS  PARA  COADXUVAR A ARTELLAR O TECIDO SOCIAL CRÍTICO E ACUMULAR FORZAS PARA ORGANIZAR A MOBILIZACIÓN SOCIAL
O Consello Local de  Esquerda Unida quere trasladar á cidadanía unha mensaxe propositiva de rebeldía e esperanza diante da situación de crise económica que padecemos a causa das políticas neoliberais, mediante a presentación das nosas propostas alternativas.

Rebeldía e esperanza baseadas na posibilidade de desenvolver outra política económica, de emprego e fiscal, confrontada coas política neoliberais que nos conduciron a meirande crise dende os anos trinta.

A nosa organización vai presentar un conxunto de medidas para atender os aspectos económicos, de emprego e de fiscalidade necesarios para acadar unha saída social e democrática á crise, para que no la paguen, como sempre, as e os traballadores.

A nosa organización tamén vai traballar neste trimestre para coadxuvar a artellar o   tecido social crítico da nosa localidade para, de xeito colectivo, xerar rebeldía e esperanza   para facer realidade  as  demandas e arelas  da maioría social traballadora do noso país.

A mobilización semella indispensable para  – na ecuación necesaria que vai da man da proposta alternativa -   fornecer á clase traballadora e, xa que logo, acadar un novo modelo produtivo que deixe de xirar sobre os baixos salarios, a precariedade e a produción de baixo valor engadido. Esquerda Unida ten unha proposta global e alternativa para producir un cambio de modelo produtivo e , xa que logo, un cambio na realidade social favorable, neste caso, as clases traballadoras e populares.

Ferrol, 20 de outubro  de 2009
Consello Local de Esquerda Unida

Enviado por:
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
20 de outubro de 2009 19:53


Boa tarde amig@s: no arquivo vaivos a información do comezo da campaña contra a crise que vai desenvolver o Consello Local de Esquerda Unida no vindeiro trimestre. Grazas polo voso interese. Recibide unha aperta.


Asdo. Ricardo Ledo
Secretario de Organización
_____________________

luns, outubro 19, 2009

Esquerda Unida diante da situación no CEIP Manuel Masdías de Caranza


  • O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA AMOSA A SÚA SOLIDARIEDADE COAS DEMANDAS DO PROFESORADO E DAS NAIS E PAIS DO CEIP MANUEL MASDÍAS
  • ESQUERDA UNIDA ESIXE DA CONSELLARÍA DE EDUCACIÓN QUE SE ATENDAN PRONTA E AFIRMATIVAMENTE AS DEMANDAS ACHEGADAS POLO CENTRO ESCOLAR DE CARANZA
O Grupo Municipal de Esquerda Unida quere manifestar a súa solidariedade e o seu respaldo as demandas presentadas polo profesorado e as nais e pais do CEIP Manuel Masdías, en orde a acadar o profesorado de apoio necesario para garantir a adecuada integración do alumnado con necesidades educativas especiais, que estuda no centro de Caranza.

No día de hoxe unha delegación do centro achegou ao Delegado Territorial da Xunta, José Manuel Vilariño, trala marcha que levou ao alumnado do centro dende as súas instalacións ao edificio da Xunta. O Concelleiro Javier Galán, membro do Consello Escolar, en representación do concello de Ferrol, participou tanto na marcha canto na delegación que lle entregou a petición ao Delegado Territorial da Xunta.

Javier Galán incidiu na necesidade de que o Delegado acollera con atención as demandas do centro, sendo como é bon coñecedor da súa xusteza e do moito tempo longo que levan sendo reclamadas. Pedíulle tamén que fixera todo o posible diante da Xunta para que a resposta sexa pronta e afirmativa as necesidades educativas do centro.

As necesidades que corearon os manifestantes son as que melloran a calidade do ensino facendo que sexa efectiva e real a integración ou quede en papel mollado. A composición do alumnado require que lonxe de reducirlle en medio profesor o apoio educativo, se proceda a incrementalo de inmediato para garantir a integración.

O noso Grupo Municipal esíxelle, xa que logo, á Consellaría de Educación da Xunta que se comprometa a atender as demandas educativas reclamadas con insistencia e tesón polo centro, demandas que somentes serven para mellorar a calidade do ensino público.

Javier Galán anunciou a determinación de Esquerda Unida de facer un seguimento da actuación da Xunta e no entanto a súa asistencia á xuntanza que terá mañá pola tarde a comunidade educativa do CEIP para avaliar a situación.

Grupo Municipal

Enviado por:
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
19 de outubro de 2009 15:24


Estimad@s amig@s: vaivos un segundo Informacións en relación coa situación no CEIP Manuel Masdías de Caranza e as reclamacións formuladas polo noso Grupo Municipal encol de conquerir o profesorado necesario para atender ás necesidades educativas especiais do seu alumnado. Grazas pola vosa atención. Saúdos,Ramiro Marier
_____________________

venres, outubro 16, 2009

Esquerda Unida pide a exención do IBI para as e os desempregad@s con cargas familiares



  • O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA   RECLAMA   A EXENCIÓN TOTAL DO IBI PARA OS E AS DESEMPREGADAS CON CARGAS FAMILIARES
  • ESQUERDA UNIDA RECLAMA DO GOBERNO MUNICIPAL  UNHA POLÍTICA IMPOSITIVA ATENTA  ÁS NECESIDADES DOS SECTORES MÁIS GOLPEADOS POLA CRISE  

O Consello local de Esquerda Unida reclama do Goberno Municipal que desenvolva unha política impositiva favorable e atenta as situacións de necesidade derivadas da actual crise económica.

Esquerda Unida considera necesario e achega a demanda ao Goberno Municipal que diante da situación de crise, as e os desempregados da nosa cidade  con cargas familiares e cuns ingresos por unha  prestación ou polo subsidio inferiores ao salario mínimo interprofesional sexan eximidos de aboar o imposto de bens inmobles. 

A proposta da nosa organización pretende aliviar a situación económica das e dos desempregados da nosa cidade e, xa que logo,  instrumentar unha política tributaria máis xusta socialmente, por amosarse atenta as situacións derivadas da crise económica.

A merma dos ingresos  que se produza pola implementación desta medida vai recaer nunha  administración que ten uns recursos e  unha capacidade de endebedamento moi superior á dos particulares.

A nosa organización non pode compartir que as exencións recaian nas fundacións das entidades financeiras, nos poderosos da nosa comunidade, que seguen a obter grosos beneficios tras recibir as axudas públicas sen contrapartidas de ningún tipo, e que non haxa os reflexos e o sentido de xustiza para bonificar a un colectivo tan numeroso como necesitado como é o dos traballadores no desemprego.

Ferrol, 15 de outubro  de 2009
Consello local de Esquerda Unida

Web de Esquerda Unida:
http://www.esquerdaunida.org/

Enviado por:
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
15 de outubro de 2009 17:54


Boa tarde:
No arquivo enviámosvos  unha nota de prensa en relación coa demanda de exención do IBI para as e os desempregados con cargas familiares.
Recibide un saúdo.
Asdo. Ricardo Ledo
Secretario de Organización

__________________

Esquerda Unida respalda o peche do Consello Escolar do CEIP Manuel Masdías en Caranza, diante da hostilidade da consellaría de educación do PP respecto ao ensino público negándolle ao profesorado de apoio necesario



  • O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA   SOLIDARÍZASE  COAS DEMANDAS QUE LEVAN AO PECHE NO  CEIP MANUEL MASDÍAS
  • ESQUERDA UNIDA RECLAMA DO GOBERNO MUNICIPAL   QUE LIDERE UNHA INICIATIVA DIANTE DA CONSELLARÍA DE EDUCACIÓN PARA SOLVENTAR O PROBLEMA DE FALLA DE PROFESORADO DE APOIO

O Grupo Municipal de Esquerda Unida   quere expresar a súa solidariedade e respaldo coas demandas que o CEIP Manuel Masdías de Caranza vén achegando xa dende o pasado curso, e que diante do agravamento da situación o leva a adoptar a decisión de iniciar un peche do seu Consello Escolar.

Esquerda Unida entende  que dende a consellaría de educación hai unha actitude belixerante co ensino público, tentando en todo momento minimizar os recursos e plantillas para deste xeito continuar os ataques o ensino público. Queremos, xa que logo, denunciar esta actitude hostil ao ensino público que amosa a Xunta do PP.

As demandas achegadas polo Consello Escolar do Madías semellan indispensables para garantir unha educación  que poida atender a un centro que conta cun numeroso alumnado  con necesidades educativas especiais, que esixen de maneira indispensable un reforzo na plantilla de profesorado de apoio, reforzo que como denuncia o centro lonxe de se  producir mérmase co novo curso, onde o CEIP Manuel Masdías ten que compartir  un dos tres profesores.

O Grupo Municipal de EU reclama do Goberno Municipal que lidere unha iniciativa  diante da consellaría que modifique esta intolerable situación de abandono do ensino público.

Ferrol, 15 de outubro  de 2009
Consello local de Esquerda Unida

Web de Esquerda Unida:
http://www.esquerdaunida.org/

Enviado por:
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
15 de outubro de 2009 17:46


Prezad@s amig@s: vaivos no arquivo unha nota de respaldo ao peche do Consello Escolar do CEIP Manuel Masdías en Caranza, diante da hostilidade
da consellaría de educación do PP respecto ao ensino público negándolle ao profesorado de apoio necesario, asemade da reclamación ao Goberno
Municipal para que lidere unha iniciativa diante do conselleiro. Grazas pola vosa atención. Saúdos, Ramiro Marier
__________________

mércores, outubro 14, 2009

Esquerda Unida e o Mercado Municipal de Caranza


  • O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA   RECLAMA   A REMODELACIÓN   DO MERCADO DE CARANZA 
  • ESQUERDA UNIDA  CONSIDERA QUE NON SE PODE ADIAR MÁIS NO TEMPO O ARRANXO DAS DEFICIENCIAS DO CENTRO

O Grupo Municipal de Esquerda Unida  demanda do Goberno Municipal que  acometa a remodelación inmediata do mercado de Caranza, que presenta  un crecente e inaceptable  deterioro.

A nosa organización vén mantendo un seguimento da situación do centro que nos levou a incorporar no documento de acordo orzamentario co Goberno Municipal unha cláusula que recollía en particular a necesidade de acometer a remodelación e arranxo das deficiencias do devandito espazo. 

Yolanda Díaz, Voceira do Grupo Municipal, expresou a necesidade e urxencia de acometer a devandita remodelación, adiada unha e outra vez, para adecuar o centro as necesidades e esixencias da veciñanza de Caranza.

Urximos outra vez máis ao Goberno Municipal  a que poña en execución os acordos  asinados entre o Goberno e Esquerda Unida. En concreto, a nosa organización achegou nese acordo orzamentario  que se financiaría a operación da remodelación do mercado con cargo aos cretos non utilizados do préstamos subscrito polo concello polo importe de 4,8 millóns de euros.

Esquerda Unida está certa que sera ben para a veciñanza de Caranza contar neste ano coa remodelación do mercado que poña fin a anos de deterioro e proxectos nunca realizados.


Enviado por:
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
14 de outubro de 2009 14:13

Prezad@s amig@s: achegamos un Informacións do Grupo Municipal de Esquerda
Unida demandando a remodelación do mercado de Caranza
__________________

Esquerda Unida e a semana de mobilizacións contra a pobreza


  • O CONSELLO LOCAL DE ESQUERDA UNIDA  MANIFESTA A SÚA ADHESIÓN  Á SEMANA GALEGA  DE MOBILIZACIÓN CONTRA A POBREZA 
  • ESQUERDA UNIDA VAI PARTICIPAR NA MOBILIZACIÓN  ORGANIZADA POLA REDE SOCIAL  FERROLTERRA E ANIMA Á CIDADANÍA A PARTICIPAR NESTA ACTIVIDADE
  • A NOSA ORGANIZACIÓN SUBLIÑA A INCOMPATIBILIDADE DA POBREZA  CO EXERCICIO DOS DEREITOS DEMOCRÁTICOS
O Consello Local de Esquerda Unida  quere manifestar o seu apoio  á Semana  Galega de Mobilización contra a Pobreza, que vai ter na nosa cidade unha actividade mobilizadora e de concienciación organizada pola Rede Social Ferrolterra, este xoves, consistente nunha concentración e votación popular no Inferniño, a partires das 18:00 horas.

A nosa organización  considera necesario e inaprazable acadar un pacto galego  que permita que a nosa sociedade sexa quen de cumprir os obxectivos de mínimos recollidos e ampliamente incumpridos  da chamada Ronda do Milenio.

Esquerda Unida considera inaceptable  que nas nosas sociedades se manteñan bolsas de pobreza e exclusión social  que ameazan a preto do 20% da nosa cidadanía sen que os poderes público fagan nada para coutar o déficit social de 7 puntos do PIB que temos co gasto social coa Unión Europea.

A nosa organización subliña o carácter de incompatibilidade que supón a pobreza para o exercicio dos dereitos democráticos recollidos na Constitución e o Estatuto. Todos os esforzos sociais e políticos dirixidos a rematar coa pobreza semellan  valiosos de seu e merecentes de que a nosa organización traballe arreo e en colectivo coas entidades da Rede para acadar ese obxectivo.

Ferrol, 14 de outubro  de 2009
Consello Local de EU Ferrol

Enviado por:
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
14 de outubro de 2009 14:27


Estimad@s amig@s: vai no arquivo unha nota do Consello Local de EU Ferrol en relación coa semana de mobilizacións contra a pobreza.
Recibide un saúdo.

Asdo. Ricardo Ledo
Secretario de Organización
__________________

martes, outubro 06, 2009

Esquerda Unida sobre decisión Audiencia no caso Prestige


  • ESQUERDA UNIDA FELICÍTASE POLA DECISIÓN DA AUDIENCIA PROVINCIAL DA CORUÑA QUE DA A RAZÓN A EU AO  IMPUTAR DE NOVO A LÓPEZ – SORS NO CASO PRESTIGE 
  • YOLANDA DÍAZ, COORDINADORA NACIONAL DE EU, ANUNCIA UNHA BATERÍA DE INICIATIVAS PARLAMENTARIAS NO CONGRESO DOS DEPUTADOS
Esquerda Unida quere manifestar a súa satisfacción pola decisión da Audiencia Provincial da Coruña, que da a razón ao recurso de apelación presentado,  entre outras, pola nosa organización en relación co que fora director xeral da mariña mercante, José Luís López – Sors

Esquerda Unida vén mantendo ao longo destes anos a relevancia das decisións de López – sors en orden a alonxar ao buque da costa e, xa que logo, o posterior naufraxio do navío. No auto ditado pola Audiencia Provincial da Coruña apóntanse que coexisten cumulativamente todas as condicións para depurar en xuízo oral a presunta responsabilidade criminal ... a título de imprudencia grave.

Tiñamos razón en perseverar como acusación porque non pode ser que a desgraza do Prestige reste impune. Esquerda Unida está a estudar coa nosa representación legal as implicacións e pasos a seguir de agora en diante.

Yolanda Díaz, Coordinadora Nacional de Esquerda Unida, adianta que vaise levar ao Congreso dos Deputados un conxunto de iniciativas en relación co Prestige. Sendo a primeira delas unha pregunta parlamentar ao Goberno en relación coa responsabilidade dun cargo público agora de novo imputado.

Esquerda Unida agarda que o auto da Audiencia abra o camiño para a depuración plena das responsabilidades pola catástrofe do Prestige. Depuracións que ten que servir como exemplo do que nunca máis  teñen que facer as autoridades públicas nun caso semellante: antepor  criterios de oportunismo no canto de adoptar as medidas  de protección máis garantistas e racionais.

Compostela, 6 de outubro  de 2009

Enviado por:
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
6 de outubro de 2009 18:08


Prezad@s compañeir@s: achegamos nota de prensa en relación co auto ditado pola Audiencia Provincial da Coruña imputando de novo - dándolle a razón a Esquerda Unida - a López - Sors e as inicitivas a seguir no Parlamento.

Gabinete de prensa de EU

___________________________

xoves, setembro 17, 2009

  • O GRUPO MUNICIPAL DE  ESQUERDA UNIDA DENUNCIA A IMPROVISACIÓN E O AUTORITARISMO DA ALCALDÍA
  • EU  CONSIDERA INACEPTABLE QUE OS PLENOS SE IMPOÑAN CON 24 HORAS DE ANTELACIÓN E SEN TER EN CONTA OS HORARIOS DE TRABALLO DAS E DOS CONCELLEIROS DA OPOSICIÓN
  • ESQUERDA UNIDA RECLAMA PLANIFICACIÓN E DIÁLOGO PARA SALVAGARDAR A BOA MARCHA DAS INSTITUCIÓNS MUNICIPAIS
O  Grupo Municipal de Esquerda Unida  non asistiu hoxe o Pleno da Corporación do concello de Ferrol, Pleno convocado e do que fomos informados con menos de 24 horas de antelación. Pleno cuxo horario resulta imposible para que poidan asistir as e os concelleiros  dos Grupos Municipais da oposición.  

As actitudes do Goberno Municipal, en particular de Alcaldía, semellan vir tinguidas de improvisación e autoritarismo, todo o contrario do que necesita a nosa cidadanía e unha política democrática e propiciadora da meirande participación.

A  Voceira do Grupo Municipal de Esquerda Unida, Yolanda Díaz, reclama planificación e diálogo para salvagardar o bo funcionamento, o funcionamento democrático e participativo, das institucións municipais.

Quizabes o Goberno Municipal ignora a realidade  das e dos concelleiros da oposición, que teñen que compatibilizar os horarios de traballo e os adicados ao traballo municipal. Quizabes quere practicar un xogo pouco transparente e respectuoso cos representantes lexítimos da cidadanía de Ferrol, da maioría deles alomenos. Semella indignante que se queiran soster trágalas de cote, sen outro rédito que enfrontar inutilmente as forzas políticas da nosa cidade en detrimento dos intereses da nosa cidadanía.

Esquerda Unida fai un chamamento ao Goberno Municipal para que rectifique a xeira de imposicións, autoritarismo e improvisación. A nosa cidade e a súa cidadanía  é merecente  doutra actitude por parte de que exerce a responsabilidade de goberno.

Enviado por:
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
16 de setembro de 2009 16:25


Prezad@s amig@s: vaivos no arquivo un Informacións de EU en relación coa imprevisión e autoritariasmo de alcaldía.
Grazas pola vosa atención.
Saúdos, Ramiro Marier

________________________

xoves, setembro 10, 2009

Posición de Esquerda Unida en relación cos atrasos no que afecta á solución dos Corrais e sobre a rehabilitación do Ateneo Ferrolán


INFORMACIÓNS DO GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA

Ferrol, 9 de setembro  de 2009
  • O GRUPO MUNICIPAL DE  ESQUERDA UNIDA   CELEBRA   OS AVANCES PARA FACER REALIDADE A   REHABILITACIÓN DO ATENEO EN CUMPRIMENTO DO ACORDADO ENTRE O PSOE E EU
  • ESQUERDA UNIDA INSTA AO GOBERNO MUNICIPAL A  FACER EFECTIVOS OS DEMÁIS COMPROMISOS  RECOLLIDOS NO ACORDO ORZAMENTARIO
O Grupo Municipal de Esquerda Unida felicítase dos avances conqueridos para facer realidade a rehabilitación dun espazo social e cultural senlleiro da nosa cidade, o Ateneo. Na Comisión Informativa de Urbanismo de hoxe  achegouse a información polo Goberno da licitación das obras de rehabilitación do Ateneo neste 2009 por un importe superior ao millón de euros.

O compromiso para dotar orzamentariamente unha partida para atender a rehabilitación do Ateneo  foi un dos puntos do acordo que Esquerda Unida achegou   á negociación co Goberno. A nosa organización saúda que neste punto se produzan pasos adiante que garantan o cumprimento do acordado e supoñan unha realidade para unha entidade chave na vida social e cultural da nosa cidade.

As necesidades do Ateneo son ben coñecidas, arrástranse dende hai demasiado tempo e son merecentes dunha acción da importancia da prevista nesta acción rehabilitadora.  Esquerda Unida demanda do Goberno Municipal que asuma cun especial coidado o seguimento e execución desta obra, dada a relevancia e significación que o Ateneo ten para Ferrol.  

A nosa organización aproveita para facer notar a importancia do cumprimento dos acordos, porque istes van supor un paso adiante decisivo para mellorar a nosa cidade, para conquerir unha cidade máis nosa e amable.
  • O GRUPO MUNICIPAL DE  ESQUERDA UNIDA  RECLAMA NA COMISIÓN DE URBANISMO DE HOXE QUE SE ACOMETA CON   URXENCIA OS TRABALLOS PENDENTES PARA EVITAR NOVAS  INUNDACIÓNS NOS CORRAIS
  • ESQUERDA UNIDA ALERTA DOS RISCOS DE  QUE SE REPITAN AS  INUNDACIÓNS AO ACHEGARSE O PERÍODO OUTONAL
  • JAVIER GALÁN INSTA AO GOBERNO A ACELERAR OS RITMOS E GARANTIR A SEGURIDADE DAS E DOS VECIÑOS
O Grupo Municipal de Esquerda Unida achegou na Comisión Informativa de Urbanismo celebrada hoxe, mércores, 9 de setembro, a urxencia de acometer os traballos previos que fagan posible  evitar novas inundacións nos Corrais. Javier Galán, representantes de EU na Comisión, manifestou o risco   - diante do atraso nos traballos previos  - de que neste período de outono-inverno se poidan reproducir as inundacións na zona dos Corrais.

Esquerda Unida lamenta a falla de ritmo, a falla de dilixencia, para  avanzar no proceso das expropiacións necesario para cometer o proxecto de obra. Esquerda Unida reclama que fronte os traballos de papel e os anuncios de fume, o Goberno Municipal faga certa a tan famosa velocidade de cruceiro para arranxar os problemas reais da veciñanza, neste caso unha tan castigada como a dos Corrais.

Van dous anos de mandato municipal, tempo máis que suficiente para ter rematado o proceso expropiatorio. O noso Grupo Municipal demanda que o Goberno aplique toda a súa efectividade e algunha máis  para rematar coas expropiacións e desenvolver entón a obra, única garantía certa para evitar  que se poidan  repetir as inundacións e deste xeito se salvagarde a vida e propiedades das e dos veciños dos Corrais.


Enviado por:
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
9 de setembro de 2009 15:04


Prezad@s amig@s: vanvos dous Informacións do Grupo Municipal de EU en relación cos atrasos no que afecta a solución dos Corrais e sobre os progresos, en cumprimento do acordo PSOE-EU, para rehabilitar o Ateneo.
Grazas pola atención. Saúdos, Ramiro Marier

___________________

mércores, setembro 09, 2009

Proposta de elaboración dun regulamento de adxudicación de vivendas en Recimil,


INFORMACIÓNS DO GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA
Ferrol, 8 de setembro  de 2009
  • O  GRUPO MUNICIPAL DE  ESQUERDA UNIDA  RECLAMA A  ELABORACIÓN DUN REGULAMENTO PARA A ADXUDICACIÓN DAS VIVENDAS BALEIRAS DE RECIMIL
  • NO ENTANTO, ESQUERDA UNIDA ESIXE TRANSPARENCIA E OBXECTIVIDADE,  E QUE SE CUMPRA  O ACORDO DE LEVAR Á COMISIÓN AS  POSIBLES ADXUDICACIÓNS
O  Grupo Municipal de Esquerda Unida  entende que unha das tarefas imprescindibles   e urxentes para acometer o proceso de rehabilitación do barrio de Recimil é o da elaboración  dun novo e depurado  censo, porque o vello feito en tempos do PP necesita dunha actualización certa. O noso Grupo Municipal demanda do Goberno Municipal celeridade na elaboración do mesmo para non demorar máis do debido  outras actuacións rehabilitadoras que precisan desta actuación previa.

A tardanza en acometer esta acción compromete tamén a transparencia e obxectividade que debe rexer na adxudicación de vivendas no barrio.  Con data de 2 de  setembro, apróbase un decreto polo Negociado de Patrimonio no que se adxudica por contrato menor o Estudo da situación  legal e xurídica das vivendas e locais protexidos en Recimil. O anterior estudo data do verán de 2004 e nel recollíase un radiografía provisional do barrio pola cal unhas 236 vivendas ou locais carecían de título algún sobre istes, 156 vivendas estarían a utilizarse sen título en vigor, pero susceptibles de formalizar a situación, restando 731 locais ou vivendas  con título para habitalas.

Hai xa meses que na Comisión Informativa de Benestar  acordárase  que as adxudicacións que se fagan  nos casos de emerxencia social pasaran pola  Comisión para seren vistas polos  Grupos Municipais. Acordo que está sendo incumprido con pertinacia pola concellería de Benestar, que lonxe de traer os casos ao seo da Comisión os despacha – sen luz e transparencia algunha – como resolucións da  Alcaldía das que se da conta no Pleno.

Yolanda Díaz, Voceira do Grupo Municipal, reclama a  urxente elaboración dun Regulamento de adxudicación de vivendas en Recimil, que permita  fixar con obxectividade e transparencia as vivendas do barrio de Recimil.  Asemade e de xeito transitorio, o noso Grupo Municipal  esixe que sexan estudadas na Comisión as adxudicacións que se fagan neste ínterim. A transparencia e a obxectividade son esixencia dunha administración pública ao servizo real da cidadanía, salienta Yolanda Díaz.

O barrio de Recimil conta cuns acreditados valores urbanísticos e culturais, que fan deste conxunto un ben a preservar, máis cando se atopa nun dos supostos que contempla o ministerio para emprender nel accións rehabilitadoras, ao atoparse nun proceso de degradación. Recimil constitúe, para o noso Grupo Muncipal, unha oportunidade para desenvolver unha ambiciosa política social de vivenda pública en aluguer.

A  oportunidade e xusteza dun uso racional e social de Recimil revélase con particular forza cando vivimos intres dunha dureza social enorme, provocada pola  máis fonda crise económica dende a depresión dos anos trinta. Recimil é tanto un investimento de futuro polo que a nosa cidade ten que preservar e pular, canto unha ferramenta de redistribución social no eido do dereito á vivenda que a nosa sociedade  non pode desperdiciar.

Enviado por:
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
8 de setembro de 2009 15:20


Prezad@s amig@s: vaivos no arquivo un Informacións do Grupo Municipal de EU, que achega a proposta de elaboración dun regulamento de adxudicación de vivendas en Recimil, que garanta transparencia e obxectividade, asemade de urxir a reelaboración dun censo de vivendas e locais, prerrequisito que permita abordar as tarefas rehabilitadoras do barrio. Un saúdo, Ramiro Marier

_______________________________

mércores, setembro 02, 2009

Unha opinón de EU sobre a falla de mantemento e de adapatación a normativa europea dos parques e dos espazos públicos en Caranza e sobre a suspensión do "Constantino Bellón"

  • O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA URXE AO GOBERNO MUNICIPAL  A ARRANXAR OS PARQUES E ESPAZOS PÚBLICOS  DE CARANZA
  • AS E OS CONCELLEIROS DE EU XIRARON UNHA PERCORRIDO POLO BARRIO ONDE DETECTARON A EVIDENTE FALLA DE COIDADO NO MANTEMENTO E O ABANDONO  NOS ESPAZOS PÚBLICOS DO BARRIO
  • ESQUERDA UNIDA  RECLAMA UNHA ACCIÓN PLANIFICADA  DO GOBERNO PARA GARANTIR A ADAPTACIÓN A NORMATIVA EUROPEA E O MANTEMENTO DOS PARQUES INFANTÍS E ESPAZOS PÚBLICOS DO BARRIO
O Grupo Municipal de Esquerda Unida efectuou na mañá de hoxe unha visita polo barrio de Caranza, o máis populoso da cidade. A visita evidenciou a falla de mantemento e mesmo certo abandono no que fai  o caso dos  parques infantís e espazos públicos do barrio.

Esquerda Unida demanda do Goberno Municipal unha acción rápida e sostida no tempo no que fai o mantemento dos parques e espazos públicos do barrio.

O parque infantil na rúa Pedro Carbajal ou espazos públicos como o situado na rúa Cádiz ou na  Praza Guillermo Feal deixan o descuberto unha falla certa de mantemento e de adaptación á normativa europea no que fai referencia os parques infantís.  

Benvida sexan as inauguracións de novos parques infantís (caso do situado ao carón do Centro Cívico), pero semella necesario tamén garantir a adaptación dos vellos parques  e o mantemento en xeral dos espazos públicos, que no caso dun barrio como Caranza –o maior da cidade– esixe un tratamento planificado e sostido polo Goberno Municipal.  A aposta por unha cidade para as persoas, para os peóns, para a vida social no espazos públicos  esixe do Goberno Municipal investir no mantemento e equipamento destes ámbitos.

  • O GRUPO MUNICIPAL LAMENTA A FALLA DA IMPLICACIÓN DA XUNTA DE GALICIA NO INTERNACIONAL DE GAITA CONSTANTINO BELLÓ
  • YOLANDA DÍAZ, VOCEIRA DO GRUPO, RECLAMA DO CONCELLO QUE LIDERE UNHA INICIATIVA PARA GARANTIR O MANTEMENTO DO PREMIO
O grupo Municipal de Esquerda Unida lamenta a non celebración do Premio Internacional de Gaita, Constantino Bellón, de resultas da negativa da Xunta de Galicia –en mans do PP- a contribuír ao seu financiamento.

Para a nosa organización esta medida inxírese na serie de ataques á cultura galega que a ofensiva españolista do PP desencadeou contra a cultura galega hai tempo, rachando incluso os espazos de colaboración que en tempos de Fraga houbo no que atinxe ao pulo da nosa cultura.

Yolanda Díaz, Voceira do Grupo Municipal, subliñou a necesidade de que o concello de Ferrol, lidere unha iniciativa política que permita o mantemento do Premio Internacional de Gaita –dun recoñecido prestixio- , unha das plataformas culturais da nosa cultura que se espalla cada ano polo mundo adiante. Neste senso reclamou do alcalde e da concelleira de cultura unha acción pronta para salvagardar a vixencia deste premio de carácter internacional e vencellado a unha expresión musical de tanta raigame para nós.

A cultura galega, Ferrol e o Ateneo Ferrolán non merecen esta falla de consideración polo novo Goberno autonómico.  A nosa cultura e a nosa cidade merecen unha acción decidida do Goberno Municipal para recuperar o financiamento necesario para este Premio. Esquerda Unida compromete o seu traballo e apoio a iniciativa que vaia neste senso.


Enviado por:
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
1 de setembro de 2009 16:55


Prezad@s amig@s: vanvos úns Informacións sobre a falla de mantemento e de adapatación a normativa europea dos paruqes e dos espazos públicos en Caranza, máis unha nota sobre a suspensión sine die do Constantino Bellón. Grazas pola vosa atención. Saúdos, Ramiro Marier

_____________________

sábado, agosto 29, 2009

Instan ao Goberno Municipal para que proceda, consonte os compromisos recollidos no acordo orzamentario para este exercicio, a facer realidade a reurbanización da Praza de Sartaña


O Grupo Municipal de Esquerda Unida quere chamar a atención do Goberno Municipal para que proceda, consonte os compromisos recollidos no acordo orzamentario para este exercicio, a facer realidade a reurbanización da Praza de Sartaña.

Informacións do Grupo Municipal de Esquerda Unida

  • O GRUPO MUNICIPAL DE  ESQUERDA UNIDA   URXE    AO GOBERNO MUNICIPAL A  DESENVOLVER A REURBANIZACIÓN DA PRAZA DE SARTAÑA
  • A VOCEIRA DO GRUPO MUNICIPAL APOSTA  POLA MELLORA  DUN ESPAZO PÚBLICO AO SERVIZO DA CIDADANÍA
  • ESQUERDA UNIDA INCORPOROU A REURBANIZACIÓN DA PRAZA NO ACORDO ORZAMENTARIO  PARA ESTE ANO
O Grupo Municipal de Esquerda Unida quere chamar a atención do Goberno Municipal para que proceda, consonte os compromisos recollidos no acordo orzamentario para este exercicio, a facer realidade a reurbanización da Praza de Sartaña.

Para Esquerda Unida a Praza de Sartaña foi un dos exemplos  de loita e reivindicación cidadá que aconteceron no mandato anterior e  que a nosa organización fixo seu. De feito no noso paso polo Goberno   anulamos as actuacións emprendidas polo anterior goberno da dereita, como primeiro paso cara a reurbanización da devandita praza.

A Voceira do Grupo Municipal, Yolanda Díaz, considera  que vai tempo dabondo para dar ese paso adiante, necesario, consistente na reurbanización da Praza de Sartaña, para facer dela un espazo público  mellorado ao servizo da nosa veciñanza.

A demanda do movemento veciñal da zona é firme na necesariedade e urxencia de acometer esta obra para achegar mellorado un espazo de relación social e vida comunitaria nunha zona  que  adoece deles.

A nosa organización quere insistir na falla de ritmo coa que o Goberno Municipal acomete ou incluso adía  os compromisos adquiridos co noso Grupo Municipal e coa cidadanía en xeral.

Enviado por:
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
28 de agosto de 2009 15:34


Prezad@s amig@s: vaivos no arquivo un Informacións referente a demanda de reurbanización da Praza de Sartaña. Grazas pola vosa atención.
Saúdos, Ramiro Marier

______________________

mércores, agosto 19, 2009

Esquerda Unida e a proteción efectiva da Fraga de Menáncaro

INFORMACIÓNS DO GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA

Ferrol, 19 de agosto de 2009
  • O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA AMOSA A SÚA PREOCUPACIÓN POLO RETRASO E DESINTERESE QUE MANIFESTA O GOBERNO MUNICIPAL PARA PROTEXER MENÁNCARO
  • YOLANDA DÍAZ INSTA AO GOBERNO MUNICIPAL A FACER EFECTIVA A MODIFICACIÓN PUNTUAL PARA GARANTIR A MÁXIMA PROTECCIÓN Á FRAGA DE MENÁNCARO
Esquerda Unida lamenta a tardanza do Goberno Municipal para facer efectiva a clásula recollida no acordo sobre os orzamentos do concello de Ferrol para 2009, que contén a condición de acadar a protección efectiva da fraga de Menáncaro, mediante a modificación puntual, proposta incorporada a instancia do Grupo Municipal de Esquerda Unida.

Mediado o mandato municipal, a nosa organización non entende a falla de ritmo e de vontade política que trasluce o Goberno para impulsar os trámites necesarios para facer realidade a protección de Menáncaro. Desleixo e desinterese semellan presidir o non facer do Goberno Municipal no que atinxe a Menáncaro.

A Voceira do Grupo Municipal de Esquerda Unida, Yolanda Díaz, subliñou que non pode ser que unha modificación puntual que debe realizarse en tres meses acumule un retraso de case dous anos. A masa forestal situada no val de Aneiros ou da Sardiña, coñecida como fraga de Menáncaro, ten unha singularidade certa para o noso concello polo valor das carballeiras que acubilla, o seren unha especie pouco presente no noso termo municipal. A nosa organización entende que hai que acelerar os traballos que lle corresponden o concello para achegar a tan esperada protección.

Aínda no Pleno de novembro do ano pasado, o Goberno Municipal voltou a esquivar a cuestión e trouxo a elaboración dun estudo e a suspensión de licenzas de urbanización nun área que xa deixaba fóra a zona das Regueiras. Esquerda Unida subliñou entón que a fórmula boa, a que garante que a fraga de Menáncaro quede a salvo de calquera ataque urbanístico é a da aprobación da modificación puntual, a cal o Goberno demora sine die.

Esquerda Unida considera que o reforzamento da protección de Menáncaro cobra unha particular urxencia diante do cambio de Goberno na Xunta, cun Goberno que defende unha política marcada pola flexibilización ou aceptación do todo vale en materia de urbanización, como xa están a evidenciar as primeiras medidas adoptadas nese eido.

Enviado por:
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
19 de agosto de 2009 13:53

Prezad@s amig@s: vaivos no arquivo un informacións de EU demandando a modificación puntual para a fraga de Menáncaro. Grazas pola vosa atención.
Saúdos, Ramiro Marier

_____________

Blogs da Comunidade Menáncaro:
http://menancaro.blogspot.com/
http://fragademenancaro.blogspot.com/
http://menancaroexpress.blogspot.com/

Correio-e da Comunidade Menáncaro:

menancaro@gmail.com

_________________

mércores, agosto 05, 2009

Comarcalización do servizo de bombeiros

INFORMACIÓNS DO GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA
Ferrol, 5 de agosto de 2009


  • O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA RECLAMA A CONSTITUCIÓN DO GRUPO DE ESTUDO PARA CONQUERIR NO SEU SEO O COMPROMISO DE COMARCALIZACIÓN DO SERVIZO DE BOMBEIROS

  • SARI ALABAU LAMENTA A PRECIPITACIÓN E PRESAS DO GOBERNO MUNICIPAL QUE TEIMA EN MANTER UN MAL ACORDO, QUE ADÍA SINE DIE E SEN COMPROMISO ALGÚN A COMARCALIZACIÓN
  • ESQUERDA UNIDA CHAMA A ACADAR UN ACORDO NA COMISIÓN DE ESTUDO PARA A COMARCALIZACIÓN DO SERVIZO

O Grupo Municipal de Esquerda Unida reclama ao Goberno Municipal que cumpra o acordado no Pleno da pasada semana, na que o punto se retirou da orde do día co compromiso de abordalo entre todos os Grupos Municipais cunha Comisión de Estudo. Esquerda Unida aposta pola constitución desa Comisión como ámbito para a negociación e sinatura dun compromiso antes de fin de ano coa Xunta de Galicia e incluso da Deputación que permita acadar a comarcalización do servizo de bombeiros.

Sari Alabau afirma o compromiso de Esquerda Unida para coadxuvar coas nosas propostas e traballo á comarcalización do servizo, mediante a sinatura dun acordo coas institucións concernidas, acordo que recolla nun cronograma os compromisos de investimento e plantilla necesarios para ofrecer un servizo con todas as garantías.

O Grupo Municipal de EU ten que lamentar de novo a precipitación do Goberno Municipal que con presas e sen atender os compromisos derivados do Pleno pecha a posibilidade da Comisión e opta pola devolución ao Pleno do mesmo mal acordo retirado a semana pasada. Esquerda Unida entende que un mal e insuficiente acordo e que pode pechar na práctica para outros vinte anos o necesario proceso de comarcalización, que é a fórmula máis racional. O que necesita Ferrolterra -e o que vai defender Esquerda Unida- é acadar un acordo para unha comarcalización en condicións económicas axeitadas e con emprego público estable, involucrando nel á Xunta de Galicia.

A posición política do noso Grupo Municipal basease na teimuda realidade dos feitos: os números do convenio non cadran –como xa denunciara Esquerda Unida no Pleno- e supoñen agora que xa non serán 10 bombeiros senón 7 as persoas a contratar mediante interinaxes cubertas cos fondos do convenio co concello Narón. Interinaxes que non van ser realidade alomenos antes de tres meses ou máis, que non van estar operativos durante o verán.

A nosa organización quere salientar a existencia dun escrito do departamento de Persoal do concello no que se recoñece que os cartos dispoñibles tras descontar as partidas do convenio correspondentes a investimentos e infraestruturas (55.784,32 euros) e o pago da gratificación de 200 euros os bombeiros (166.446 euros) só permiten a contratación como persoal interino de 7 bombeiros e dun oitavo durante seis meses. Toda contratación a maiores vai saír do peto do noso concello.

En resumo, nós entendemos que falla na contía e no eido de garantir a estabilidade no emprego, en particular, nas administracións públicas, as cales acumulan unha taxa de temporalidade crecente e preocupante. Ferrol cumpre hoxendía e quen se atopa na irregularidade é o concello de Narón, que non dotou un servizo que pola súa demografía vén obrigado a prestar. Razóns dabondo para voltar a proposta de EU de comarcalizar o servizo.

Enviado por:
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
5 de agosto de 2009 12:16


Prezad@s amig@s: achegamos a proposta de Esquerda Unida encol da comracalización do servizo de bombeiros.
Recibide unha aperta, Ramiro Marier
_________________

mércores, xullo 22, 2009

Unha bomba na Ría

Por Yolanda Díaz [*]
18.07.2009


Pódense pechar os ollos e confiar en que non vaia pasar nada ao modo en que os nenos deixan de mirar cando semella haber perigo, pódese deixar especular a grupos económicos privados coa seguridade das persoas que vivimos ao carón da ría, pódese tolerar en nome de intereses bastardos o constante tráfico ilegal de buques cargados con cincuenta ou sesenta mil toneladas de gas natural ( 24 mortos no accidente ferroviario que transportaba gas natural, apenas 36 tm., na localidade italiana de Viareggio ), pódese un render as sereas que cantan a tiranía dos feitos consumados, mais unha racionalidade crítica á hora de defender a seguridade e o benestar das persoas ten que teimar na denuncia e o traballo para derrotar a bomba que seguimos a ter na ría, a planta de gas de Reganosa. Esta loita non é unha causa perdida. Esquerda Unida estivo, está e estará até que se peche a planta de gas que nos ameaza co seu emprazamento. EU está ao carón de máis de 60 colectivos, de milleiros de persoas críticas, lúcidas. En Vilagarcía os tribunais veñen de dar a razón as organizacións que defendiamos que había que desmantelar os depósitos de hidrocarburos de ferrazo. En Ferrol se continuamos na loita o conseguiremos tamén. Cadea nesta loita a III Marcha a Mugardos que terá lugar o vindeiro xoves, día 23, con saída dende Caranza, do parque do noso querido Carmelo Teixeiro, ás cinco da tarde. E en Mugardos, as nove da noite xuntarémonos no Parque dos Carneiros, nunha celebración lúdica e reivindicativa. Planta de gas fóra da ría !

[*] Yolanda Díaz , portavoz do Grupo Municipal de Esquerda Unida no Concello de Ferrol

Publicado no “Diario de Ferrol
_____________

O Consello Local de EU quere expresar o seu apoio á III Marcha a Pé a Mugardos

  • O CONSELLO LOCAL DE ESQUERDA UNIDA AMOSA O SEU RESPALDO A III MARCHA A PÉ A MUGARDOS E ANIMA Á CIDADANÍA A PARTICIPAR NELA
  • ESQUERDA UNIDA AMOSA A SÚA CONFIANZA EN CONQUERIR UNHA RESOLUCIÓN SEMELLANTE A DOS DEPÓSITOS DE FERRAZO DE VILAGARCÍA
O Consello Local de EU quere expresar o seu apoio á III Marcha a Pé a Mugardos, convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia para reclamar o desmantelamento da planta de gas de Reganosa. A Marcha vai en relación co segundo aniversario do peche da veciñanza de Mehá no concello de Mugardos o 23 de xullo de 2007, peche que se prolongou durante 111 días, e que proporcionou un excepcional exemplo de loita e constancia dunha veciñanza que ten que suplir co seu traballo social o desleixo co que as autoridades públicas aceptan de cote a facticidade que tentan impoñer os poderosos señores dos cartos.

A teimuda realidade dos feitos: un emprazamento que convirte a planta de gas de Reganosa nunha instalación perigosa e ilegal; esa realidade é a que convoca a máis de sesenta organizacións e entidades a manter unha loita de anos para restaurar unha legalidade que garanta a nosa seguridade.

As sentenzas xudiciais falan o noso favor e xa temos diante o precedente exemplo acaecido na ría de Arousa, onde fallouse en firme sobre os depósitos de hidrocarburos de ferrazo que se instalaran hai ano no porto de Vilagarcía obrigando o seu desmantelamento. A nosa organización está certa que máis pronto que tarde esta vai ser a resolución que se impoña – coa forza da razón crítica e da legalidade – en relación coa planta de gas que intereses espúreos situaron no interior da nosa ría.

Esquerda Unida fai un chamamento público a participar na III Marcha a Mugardos, que sairá do parque Carmelo Teixeiro en Caranza mañá xoves, ás 17:00 horas, para rematar nunha celebración lúdica e reivindicativa no parque dos Carneiros en Mugardos contra as nove da noite.

¡PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA !
Ferrol, 22 de xullo de 2009


Enviado por:
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
22 de julho de 2009 12:11


Prezad@s amig@s: achegamos nota aos medios co pronunciamento público do Consello Local de EU apoiando a III Marcha a Mugardos convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia. Recibide unha aperta.

Asdo. Ricardo Ledo
Secretario Organización Consello Local EU Ferrol
__________________

venres, xullo 03, 2009

Momento actual da participación cidadá no Concello de Ferrol

Prezad@s amig@s: vaivos no correo un Informacións sobre a parálise e indefinición acerca da liña de subvencións para actividades culturais en Participación e a implicación do GAP na norma que regulamentará os orzamentos participativos. Saúdos, Ramiro Marier


INFORMACIÓNS DO GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA

Ferrol, 3 de xullo de 2009
  • O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA DEMANDA A CONTINUIDADE DAS SUBVENCIÓNS DO DEPARTAMENTO DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ PARA ACTIVIDADES CULTURAIS COMEZADA O ANO PASADO
  • JAVIER GALÁN RECLAMA AO GOBERNO MUNICIPAL QUE IMPLIQUE AO GAP NA ELABORACIÓN DA NORMA DOS ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS
  • ESQUERDA UNIDA ESIXE OUTRO RITMO E MANEIRAS DO GOBERNO MUNICIPAL PARA PULAR E XERAR SINERXIAS ENTRE A APROBACIÓN DO REGULAMENTO E O LANZAMENTO DOS OP,S
O Grupo Municipal de Esquerda Unida quere manifestar a súa fonda preocupación pola situación que atravesa o departamento de participación cidadá, que mediado o ano aínda non clarexou que vai facer coa liña de subvencións iniciada o exercicio pasado polo anterior concelleiro para actividades de carácter cultural. Entendemos que non é aceptable deixar morrer unha iniciativa que é susceptible de ampliar tanto no eido económico como no campo das posibles actividades, e que xa permitiu o ano pasado un traballo participado das diferentes entidades para acordar uns criterios de reparto.

En 2008, adicouse unha partida de 30.000 euros e o compromiso de incrementar a partida para o 2009. Neste ano aínda nada se sabe e logo vai sendo tempo de comprometer alomenos un esforzo semellante pola concellería para este exercicio orzamentario. Os tempos son esixentes e de non facerse con celeridade as entidades non poderán apenas programar e logo xustificar as actividades a desenvolver. Dende Esquerda Unida - consonte co expresado xa o ano pasado, apostamos polo incremento até acadar os 60.000 euros – reclamamos do concelleiro de participación cidadá que exprese con rotundidade o compromiso con esta liña de subvencións e a poña en marcha de xeito inmediato.

O Grupo Municipal de Esquerda Unida ao través de Javier Galán manifesta que diante da inmediata elaboración dunha norma que ordene o proceso de orzamentos participativos nesta experiencia piloto, o Goberno Municipal ten que recabar a colaboración do GAP, conformado polas persoas que máis traballo e implicación desenvolveron para configurar o Regulamento de Participación Cidadá , para que se impliquen e colaboren na elaboración desta norma. Non se pode desperdiciar o coñecemento e experiencia acumulados neste ano polas persoas que adicaron xenerosamente horas e compromiso para facer de Ferrol a cidade bandeira da democracia participativa en Galicia deixándoas de lado, o Goberno Municipal ten que contar con elas para a elaboración da norma de funcionamento dos OP,s. subliñou Javier Galán.

Esquerda Unida non quere deixar de manifestar o seu desacougo pola lenta marcha que arrostra todo o proceso de participación cidadá: 7 meses perdidos entre a indecisión e a parálise para aprobar o Regulamento de Participación Cidadá aprobado no Foro Cívico, ou a presentación – aínda agora – do proceso piloto hoxe pola tarde, cando estamos no verán e vai perdido medio ano. O Goberno Municipal non conduce o proceso coa vontade política e a dilixencia precisas, actúa case como un lastre do que teñen que estar a tirar o movemento asociativo máis consciente.

Esquerda Unida esixe un cambio nos ritmos e nas maneiras de actuar para que a actuación do Goberno Municipal produza un efecto positivo e que a conxunción da aprobación do Regulamento de Participación Cidadá o vindeiro xoves e o lanzamento da experiencia piloto dos OP,s xeren unha sinerxia que contamine toda a vida municipal e se estenda polo conxunto da cidade.

Enviado por:
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
3 de julho de 2009 13:34

_____________________