mércores, febreiro 15, 2012

Máis mentiras ... é a guerra (laboral) , ... Por Xavier Vence Deza

Por Xavier Vence Deza [*]
15.02.2012

Ou como xustificar un golpe de man no réxime laboral

Nesta crise, coma nas guerras, a primeira que perde é a verdade. Levamos escoitado moitas nos últimos anos e calquera pode percatarse que o uso e abuso da mentira reiterada é un dos elementos clave da estratexia intoxicadora e dominadora da dereita neoliberal e conservadora, que redescubriu as técnicas máis agresivas do adoutrinamento de masas. Goebels e Orwell en estado puro. Pero as que se están a suceder para dar cobertura á radical reforma laboral impulsada polo PP son de antoloxía. Basten como botón de mostra estas da Ministra de Traballo cando o 13 de febreiro afirma que “teniamos una regulación laboral que produjo 2,7 millones de parados y había que hacer algo”. Outros igual de ousadas e abusando da ignorancia propia e allea afirman que a reforma laboral vai crear emprego e, desde logo, frear o aumento do paro. O presidente Feijóo, tan audaz como temerario no uso –e abuso- das palabras, atreveuse a dicir que era a reforma feita e pensada para favorecer aos parados, aínda que puidera requirir algún sacrificio dos que tiñan o privilexio de ter emprego (porque nesas estamos, chegamos a un portentoso modelo socioeconómico neoliberal no que ter un emprego, mesmo precario, é un privilexio case abusivo!).

A golpe de horas e horas de pauliñas radiofónicas e televisivas imos ter que acabar crendo que a causo do escandaloso aumento do paro en Galiza ou no Estado Español non deriva da burbulla inmobiliaria e a crise da construción ou da crise financeira senón que deriva da férrea e inflexible lexislación laboral existente. Tamén imos ter que acabar pensando que nestes últimos anos todos os traballadores desfrutaban de suculentos contratos indefinidos, altos salarios e obscenas indemnizacións de despedimento. Nada de recordar que no Estado Español se veñen celebraban todos os anos máis de 16 millóns de contratos (en Galiza 680 mil), é dicir contratos temporais de meses e mesmo de días; iso non é flexibilidade suficiente e, ademais, unha indemnización de 6 días por ano traballado é excesiva. Nada de recordar que un terzo das mulleres asalariadas teñen empregos a tempo parcial (metade ou terzo de xornada); iso non é suficiente. Nada de recordar que o 45% dos traballadores cobran menos do duplo do salario mínimo, é dicir, por debaixo dos mil euros; iso non é suficientemente baixo.

Para que seguir ... despois de catro anos de crise, recesión, estancamento, paro galopante e políticas equivocadas (ou deliberadamente pensadas para satisfacer á banca e só a ela), despois de anos en que non lles quedaba outra que admitir que o problema estivera na especulación financeira e inmobiliaria e un modelo produtivo centrado no ladrillo e nas actividades de baixo valor engadido, van ter agora o valor para darlle a volta aos argumentos e aos feitos para acabar afirmando con total descaro que o problema está no modelo laboral, na rixidez laboral, nos dereitos laborais, nos salarios excesivos e nas indemnizacións por despedimento.
Realmente, pola desmesura e o burdas que resultan os argumentos da propaganda gobernamental e da banca/patronal que acompañan esta reforma laboral, merecen figurar como exemplo nos manuais da manipulación das conciencias e do adoutrinamento de masas. Pero así é e deben facelo bastante ben porque, de momento, parece que surte efecto.

Vendo a capacidade de atordamento da poboación, un estaría tentado a pensar que se a presión mediática aterradora e culpabilizadora continua coa intensidade destes meses non tardaremos en ver a traballadores con contrato indefinido e salarios medios acudir aos xulgados a autoinculparse por privilexio e inmoralidade.

O certo é que o paquete completo da reforma laboral integral aprobada polo Goberno como Decreto-Lei e que se tramitará de inmediato no Congreso, supón un cambio total de base do modelo de relacións laborais no estado español. Compre dicir con total claridade que non se trata dunha simple reforma laboral, pola contra é unha inversión total do modelo. É unha ruptura das bases do modelo instaurado despois da transición democrática e asentado na constitución, que á súa vez se situaba na lóxica dos modelos de relacións laborais da Europa da posguerra. E iso é así porque non se trata só de reducir as indemnización por despedimento ou a flexibilización interna dos cadros de persoal etc, senón que se fai unha voadura do sistema da negociación colectiva como elemento central das relacións laborais. Permite a fixación unilateral de salarios e instaura o despedimento libre e sen indemnización para a maior parte do tecido empresarial. Facilita o despedimento individual e colectivo por causas económicas en todos os casos, cuns requisitos para acreditar esas causas económicas (tres meses de perdas ou seis meses de caídas de facturación) que son facilmente “pintábeis” co sistema contábel a mercede dos intereses da dirección da empresa. Rompe a unidade da negociación colectiva supraempresarial (sectorial, provincial, autonómica ou estatal). Pon aos sindicatos fóra de xogo á hora de negociar condicións xerais para os diferentes colectivos de traballo. Os ámbitos de negociación e consenso con acordos de obrigado cumprimento parta as empresas redúcense á mínima expresión.

En definitiva, é a voadura dun modelo laboral que, mal que ben e cunha prolongada perda de poder da parte sindical/traballadora, estaba asentado na idea dun certo equilibrio entre o poder discrecional da empresa e os dereitos individuais e colectivos do traballador. Desmonta ese modelo no que os sindicatos e a negociación colectiva eran a peza base das relacións laborais. A idea da negociación e o acordo entre partes cun poder e capacidade negociadora recoñecida, aínda que desigual, abre paso a un mundo no que as empresas teñen marxes de discrecionalidade case absoluta en materia de horarios, asignación de postos, mobilidade entre centros de traballo, fixación de salarios, decisión de despedimento, etc.

É dicir, radicalizando a tendencia dos últimos tempos, consagra un poder absoluto nas mans do empresario e desprové aos traballadores de case todos os seus dereitos colectivos (e, en consecuencia, desarbora tamén os seus dereitos individuais ao facelos inefectivos na práctica).

A cuestión é: e todo iso para que?, cal é o obxecto?

O discurso orquestrado é que se trata dunha reforma necesaria para crear emprego e reducir o paro. Non é preciso, recordar aquí o que desde Keynes todos os economistas saben: que o nivel de emprego ven determinado, non polo mercado laboral, senón pola demanda efectiva e polas oportunidades de investimento, produción e vendas que esta xera. Polo tanto, non é pola reforma laboral que se vai crear emprego. De feito, cando no estado español se crearon varios millóns de postos de traballo foi con ese lexislación e réxime laboral –abondo precario- que agora se quere desmantelar –para precarizalo até o extremo-. Do mesmo xeito que o País Vasco ten unha taxa de paro que é un terzo da media española a pesares de ter un mesmo marco laboral e os salarios máis altos do estado español. A verdadeira diferenza é que o País Vasco tiña e foi consolidando a cada paso un modelo produtivo diferente, con industria, tecnoloxía e coñecemento.

Argúese tamén por parte dos defensores desta reforma que é o que as empresas demandan para saír da crise. O certo é que cando un fala cos directivos das empresas sempre din que ese non é o seu problema neste momento, nin é iso o que lles vai resolver os verdadeiros problemas de viabilidade. Máis aínda, como evidencian os resultados da enquisa de Eurostat en vinte países da UE, as empresas produtivas españolas non ven os salarios e a lexislación laboral como unha limitación para crecer no período 2011-2013. O 87% consideran os seus problemas para crecer derivan da marcha xeral da economía e o 70% consideran que é especificamente a falta de demanda interna e externa a principal limitación.

Non é difícil concluír que, dado que o mercado para o 98% das empresas é o mercado interno, a evolución da súa demanda e as vendas van depender en boa medida da capacidade de compra dos consumidores do país. E a inmensa maioría dos compradores finais son as familias (e o sector público), de xeito que a demanda depende do nivel de ingreso desas familias, é dicir, depende dos salarios, pensións e outros subsidios. Polo tanto, os empresarios da economía produtiva saben –que estúpidos non son- que o seu mercado e o seu futuro depende do nivel de ingresos dos traballadores. Por iso saben que unha estratexia de depresión salarial, como a posta en marcha pola UE e o estado español, conduce á ruína e peche a miles e miles de empresas. Non por culpa de salarios demasiado altos senón por culpa de salarios insuficientes.

Pero e entón, insistimos, cal é o motivo desta reforma precarizadora e depresiva?. Pois o verdadeiro motivo é satisfacer as necesidades da banca. Si, de novo, a banca. E ademais reclama a reforma con urxencia porque quere acelerar o proceso de concentración e reestruturación bancaria. Calcúlase que ao final dese proceso de concentración bancaria van sobrar entre 20-30.000 empregados no sector financeiro. Dado que a vía das xubilacións e pre-xubilacións como mecanismo de axuste xa está practicamente esgotado, a partir de agora “non quedará máis remedio” que recorrer aos despedimentos. Para iso compre que isto sexa máis fácil e máis barato. Os cálculos que se fan no sector é que coa nova norma o sector financeiro reduce os custes, como mínimo, nun 50% con respecto á vía das prexubilacións ou os despedimentos coa lexislación actual. No canto de uns 6.000 millóns para o conxunto do sector financeiro o custe pode quedar nos 3.000 millóns de euros. Ademais, os bancos poderán reorganizar funcional e territorialmente os seus cadros de persoal con total liberdade e, sobre todo, aplicar unha drástica redución salarial para reducir os custes.

Ese é o motivo de curto prazo para a banca. De aí, ademais, a urxencia. Pero a banca busca a deflación salarial a longo prazo no conxunto da economía por outras razóns adicionais. Por un lado, a redución de custes salariais é unha vía de que eles e as demais empresas –sobre todo as cotizadas- poidan repartir dividendos máis substanciosos no futuro, que irán aos bancos e fondos inversionistas; tamén interesa que sexan quen de soportar custes financeiros –xuros- máis elevados. Por outro lado, tamén interesa esa deflación salarial para reducir os custes do sector público e liberar a presión sobre o orzamento a fin de que os gobernos poidan facer fronte con maior soltura e solvencia aos pagos da débeda pública.

Dado que a banca non queda atada á marcha do mercado interior habida conta da súa fluidez e mobilidade a través dos mercados financeiros globais, non se senten especialmente comprometidos coa marcha da economía produtiva do país. Si for ben perfecto pero si non vai a banca pode orientar o seu negocio cara os mercados globais máis rendíbeis en cada momento.

Con estas claves posibelmente podemos entender mellor todo o paquete de reformas que o PP ten en marcha neste momento: a “reforma” financeira, os recortes do gastos público, a “reforma” fiscal e a propia “reforma”/golpe laboral. Todas elas confirman os paquetes centrais da radicalización neoliberal que campa polos seus repetos por toda a Unión Europea desde que se asinou o Pacto polo Euro en 2010 e que o Estado Español aplica como alumno avantaxado ou, mellor dito, castigado. É o gran proxecto da radicalización neoliberal que tenta dar a “puntilla” definitiva ao chamado modelo social europeo, unha guerra social de alcance cuxa primeira batalla empezara coa aprobación do Tratado de Maastricht e o Pacto de Estabilidade e que agora aproveita a crise para dar un paso non definitivo pero si de envergadura.

A grande incógnita –ben incómoda, por certo- é onde están os sindicatos europeos, onde está metida a esquerda europea. É unha auténtica guerra social pero parece non haber ninguén enfronte. Obviamente, a mesma incógnita compre poñela no estado español ou noso país. Afortunadamente, a CIG ten a audacia de lanzar a convocatoria dunha folga xeral en Galiza cara fins de marzo. É unha decisión que demostra clareza de visión da fondura do desafío que están a plantexar as forzas conservadores aquí e no continente. Pero tamén é certo que a envergadura do embate obriga a pensar na necesidade doutra escala á hora de encarar ese batalla. Pero, ao igual que os gregos e portugueses non puideron agardar por ninguén tampouco nós deberiamos facelo.

Nota.-
Artigo publicado o 15 de Febreiro de 2012 no blogue persoal do autor ao que recomendamos acceder e difundir:
http://xaviervence.blogspot.com/

[*] Xavier Vence Deza (Rodeiro en 1961) é Catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela, escritor, comentarista político, ... Foi director do Idega no período 1991-95. Profesor invitado en diferentes universidades estranxeiras, formou parte de diversos comités de expertos de organismos internacionais. É coordinador do grupo de investigación ICEDE e da área de Economía do Seminario de Estudos Galegos. Publicou máis dun centenar de artigos e libros en revistas profesionais de ámbito galego e internacional sobre economía da innovación e políticas tecnolóxicas, sistema galego de innovación, disparidades rexionais na UE, industria, servizos, mercado de traballo, sistemas produtivos e planificación estratéxica, desenvolvemento local ...
____________________

luns, febreiro 13, 2012

Unha imaxe significativa - Mentras o Parlamento Grego aprobaba o último capítulo da Farsa, Grecia ardía polos catros costados - Vídeo

O diputado Giorgos Mayrikos, do Partido Comunista de Grecia -KKE, lanza o proxecto de lei para a austeridade ao Ministro de Economía

O Parlamento Grego está consumando a farsa elaborada polo actual Goberno ao ditado do Fondo Monetario Internacional, o Banco Central Europeo e a Unión Europea. Unha grande farsa en forma de medidas criminais contra a Clase Traballadora de Grecia. Medidas que recortan salarios, precarizan a sanidade pública, afunden a educación pública, producen despidos masivos, e un enorme aumento da pobreza, en suma, máis precariedade e desemprego para o Pobo Traballador grego.

Arde Grecia -Fotogalería en Público.

Juan Torres López fala das políticas de recortes da Unión Europea


http://actualidad.rt.com/economia/global/issue_36011.html

__________________

Programa 83 d'O Recuncho en Rádio Filispim, no 93.9 da FM e a través de internet, este Martes 14 de Febreiro


Este Martes 14 de Febreiro de 2012, de 18:30 a 19:30 horas, no 93.9 da FM: "O Recuncho" nº 83, o programa semanal da A. C. Fuco Buxán en Rádio Filispim.

No 93.9 da FM Ràdio FilispiM, ou en internet no Blogue do Colectivo Opaii!  [ou neste mesmo sitio de Ártabra 21].

Cos seguintes contidos:
  • O “Espertar da Razón” de José Torregrosa: a poesía salvaxe
  • “Os libros recomendados” de Víctor G. Novás.
  • Na “Sección Poética” : Wislawa Szymborska
  • No estudoa acompañarános Karlotti
  • Como sempre comentaremos as novas da semana
Audición en directo, en Internet: http://giss.tv:8000/radiofilispim.ogg

Todos os programas en : http://recunchofuco.blogspot.com

Teléfono para participar en directo: 981371040

E-mail: opafuco@gmail.com
--
"O recuncho", o programa da asociación cultural Fuco Buxán
en Radio FilispiM, 93.9 FM

http://www.recunchofuco.blogspot.com

fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es


Enviado por:
Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
12 de fevereiro de 2012 16:13
__________________

Enlace co Colectivo Opaii promotor de Rádio Filispim:
http://opaii.blogspot.com/
_______________________________

Declaración da Asociación "Fuco Buxán" tras a condena ao xuíz Garzón por prevaricación polo Tribunal Supremo



Declaración da Asociación "Fuco Buxán" tras a condena ao xuíz Garzón por prevaricación polo Tribunal Supremo.

Mentres que os ollos e oídos do mundo enteiro asómbranse e se escandalizan cunha sentenza - ditada, case en paralelo, con aquela que absolve ao cidadán Camps por delitos relacionados tamén coa Gürtell, condenando ao xuíz Garzón polo "delito" de buscar o triunfo da xustiza, dende a Asociación Fuco Buxán, desexamos falar alto e claro sobre o que parécenos unha "caza do home", no contexto dunhas inadmisibles premisas nun Estado de Dereito.

Son tres as frontes abertas, orquestradas desde foros recoñecibles da dereita máis reaccionaria e ultramontana que busca silenciar unha voz cuxa pretensión non é outra que curar as feridas causadas polos crimes do réxime franquista e acabar cunha corrupción mafiosa instalada no sistema.

Todos os demócratas sentímonos hoxe condenados neste xuízo polo Tribunal Supremo. O xuíz Garzón non está so: o noso respecto e admiración por el e coa súa traxectoria.

Supoñemos que non será desacato preguntarnos neste momento lamentable e grotesco que distorsiona a realidade e mergulla a lei, quen podería garantir a supervivencia do Estado de Dereito neste "mundo do revés", onde castígase aos inocentes e os culpábeis son recompensados?

Pechando o círculo infernal desta condena, uns versos de Brecht ("Loa á dialéctica") que advirten: "Cun paso firme camiña a inxustiza hoxe. Os opresores disponse a dominar dez mil anos máis”, para rematar cunha mensaxe de esperanza: de nós depende que o xamais convértase en hoxe mesmo.

España, aos ollos do mundo faise, unha vez máis e para mal, "diferente". O Ministro de Xustiza ten que poñerse ao fronte do problema e resolvelo.

Mentres tanto, Baltasar Garzón sabe que estamos con el e para el, esixindo xustiza para todos.

fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es


Enviado por:
Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
10 de fevereiro de 2012 12:36
____________________________

Posicionamento conxunto de Forxa e Comunistas da Galiza -PCPE, diante do Pacto sobre contención salarial e negociación colectiva, acordo asinado polas organizacións patronais e as centrais sindicais CCOO e UGT


NIN REFORMAS DE OLIGARCAS, NIN PACTOS DE TRAIDORES

Unha vez máis, os dirixentes sindicais de CCOO e UGT, veñen de consumar unha nova traizón contra a clase obreira plasmada no acordo sobre a negociación colectiva, ao cal teñen chegado coas organizacións da patronal. Asumindo e someténdose ás directrices do gran capital, asinan retrocesos e recortes nas condicións laborais e salariais que benefician única e exclusivamente ás clases dominantes e só ofrecen para a clase obreira máis explotación e sometemento.

As consecuencias desta crise, que os grandes oligarcas xeraron coas súas políticas económicas criminais, está a sufrilas a clase obreira día tras día con índices alarmantes de desemprego, con case 6 millóns de desempregados, cos milleiros de familias que viven ao borde da pobreza, familias cuxas vivendas son embargadas polos bancos, familias ás que lles son retiradas as prestacións económicas e sanitarias, traballadores que se ven empuxados ao abismo e á absoluta indefensión diaria e continuada ante os abusos da patronal. Ese é o camiño que nos ofrecen os capitalistas para saír da súa crise. Con acordos e rendición (baixando os pantalóns) responden os líderes sindicais traidores comprados pola oligarquía. Queren que nos apertemos o cinto en aras da estabilidade capitalista; pretenden que nos resignemos e asumamos como inevitábeis as políticas antiobreiras impulsadas pola UE do capital.

Nós dicimos NON! Os nosos dereitos non se negocian, deféndense, como os defenden os traballadores gregos con máis de 15 folgas xerais ás súas costas, coa súa oposición frontal ás medidas antiobreiras, ou coa clase obreira de Bélxica que vén de demostrar que cando esta está unida é capaz de paralizar todo un país. Ese é o camiño que debemos seguir, erguernos e pelexar polo que por dereito é noso, para demostrarlles que non estamos dispostos a entregarlles tan facilmente as nosas conquistas sociais e os nosos dereitos, para que comprendan que non estamos dispostos a vivir axeonllados e sometidos ante a cobiza dos explotadores .

Esta claudicación por parte das centrais sindicais debe servir para borrar e desterrar dunha vez as políticas de pacto social e de negociación, que só teñen conducido á perda progresiva de dereitos e ao empeoramento continuado das nosas condicións de vida. A clase obreira non pode agardar ningunha concesión por parte da oligarquía nin das clases dominantes, e moito menos, cando estas despregan unha ofensiva para arrebatarnos as poucas concesións e melloras conseguidas durante décadas de loitas e de combates. A submisión dos dirixentes obreiros traidores e o seu paso ás filas do inimigo de clase suscitan nos traballadores a necesidade da ruptura coas políticas de colaboración de clase e a preparación para un período de choques abertos entre o proletariado e os sectores populares e a burguesía e as clases dominantes. Debemos prepararnos dende xa: reorganizando as nosas forzas dende a base, dende o núcleo mesmo das entrañas das fábricas e centros de traballo, dende o corazón mesmo onde teñen lugar as relacións de produción, organizándonos e mobilizándonos por cada conflito, ligando as demandas inmediatas e puramente económicas aos obxectivos de emancipación e de loita política do proletariado. A historia do movemento obreiro ten demostrado que, no marco capitalista, a clase obreira só pode conseguir melloras mediante a forza, mediante o combate franco e resolto, mediante a rebelión e a oposición ao sistema de explotación, mediante a loita por demandas inmediatas que reforcen o poder obreiro e popular, mediante loitas que debiliten as posicións do inimigo e reforcen e amplíen as nosas propias forzas.

Compre o artellamento de estruturas que permitan e posibiliten a confluencia de todos os sectores obreiros de oposición as medidas do capital co fin de fortalecer e ampliar a mobilización obreira,coordinar e unificar as loitas,desenrolar unha plataforma e unha táboa reivindicativa común ao conxunto da clase obreira e ofrecer unha resposta organizada e contundente fronteás políticas e ás reformas criminais emprendidas pola oligarquía.Nesa dirección os comunistas galegos organizados en FORXA! e máis no PCPE-comunistas da Galiza, facemos un chamamento ao conxunto da militancia sindical,delegados e comités de empresa, participación e a construción de organismos unitarios dentro e fora das fabricas, comités de folga,asembleas obreiras de carácter intersindical etc., organizadas de acordo a os principios da democracia obreira e da defensa inquebrantábel dos intereses xerais de clase como ferramenta destinada a incrementar a mobilización e a rebelión obreira xeneralizada na dirección da folga xeral e da loita continuada contra os plans capitalistas.

Só podemos responder á traizón con unidade e organización. Esa é e debe ser a nosa mellor arma, o camiño que debemos seguir se queremos reverter a orde de cousas existente. Unidos seremos capaces de plantarlle cara ao inimigo, de dicirlle que as súas reformas e recortes, as súas políticas e toda a súa maquinaria de dominación, serán inútiles fronte ao poder organizado da clase obreira e do pobo, e por iso, Comunistas de Galiza-PCPE e o colectivo marxista-leninista FORXA! fan un chamado ao conxunto da clase obreira, independentemente da súa filiación sindical, a sumarse á folga xeral que terá lugar a finais de marzo; a facer desta folga xeral unha vitoria unitaria do conxunto do movemento obreiro galego; unha vitoria sobre as políticas claudicadoras e pactistas; un paso na dirección da reorientación clasista do movemento sindical e un paso firme na loita organizada da clase obreira contra as políticas capitalistas.

Todos e todas a folga xeral!
Hai que paralos!

FORXA! COLECTIVO MARXISTA LENINISTA
PCPE-COMUNISTAS DA GALIZA

http://aforxa.blogspot.com

http://revistaforxa.blogspot.com

Enviado por:
Forxa!! Construír o partido, preparar a revolución!!
-forxagz@gmail.com-
12 de fevereiro de 2012 22:30
_______________

domingo, febreiro 12, 2012

Mobilizacións en Grecia e Portugal contra os recortes impostos pola Unión Europea, Fondo Monetario Internacional e Banco Central Europeo, e aceptados por gobernos ao servizo das políticas neoliberais - Vídeos da manifestación en Lisboa e da intervención completa de Arménio Carlos, Secretário-Xeral da CGTP-IN - Enlaces

Os gobernos portugués e grego acatan as medidas esixidas pola Unión Europea, Fondo Monetario Internacional e Banco Central, a cambio de "PRESTAMOS" PARA SEGUIR CAMIÑANDO POLA SENDA DA DESTRUCIÓN DE EMPREGO, DO TECIDO PRODUTIVO, DOS SERVIZOS PÚBLICOS, DAS PRESTACIÓNS SOCIAIS E DE EMPEORAMENTO DA CALIDADE DE VIDA. En resposta as centrais sindicais de ambos países mobilízanse contra os recortes impostos POLO CAPITAL FINANCEIRO E TRANSNACIONAL.

Terreiro do Pazo transformouse no Terreiro do Pobo
Manifestación en Lisboa, Sábado 11 de Febreiro de 2012


http://youtu.be/wOayNoWm6a8



Portugal

A Clase Traballadora Portuguesa indignada ante as medidas neoliberais e as imposicións contra o estado de benestar, quenta motores para xeneralizar as protestas e o combate contra as políticas de recortes, empobrecemento e desemprego.

En Portugal, miles de persoas saíron este sábado ás rúas de Lisboa para protestar contra as novas medidas que pretende implantar o Goberno baixo presión da chamada “Troika” (Unión Europea, Fondo Monetario Internacional e Banco Central Europeo).

A mobilización foi convocada polo maior sindicato luso, a Confederación Xeral de Traballadores Portugueses (CGTP), que estimou que a manifestación reuniu a preto de 300.000 persoas e considerouna a maior protesta celebrada na capital dos últimos 32 anos.

A marcha culminou na lisboeta praza do Comercio e nos discursos houbo referencias á próxima visita dunha misión de inspectores europeos. “Aproveitamos esta oportunidade para facer aquí nosa propia avaliación, a avaliación de quen sofren a diario”, afirmou o secretario xeral do CGTP, Armenio Carlos.

Temos que reforzar a loita”, proclamou Carlos, á vez que se convocaron novas mobilizacións para o próximo 29 de febreiro. “O país necesita desfacerse da soga que ten ao pescozo”, engadiu, nun claro apoio á renegociación da débeda.

O rescate é bo para os prestamistas, que conseguen miles de millóns en intereses e comisións, bo para os bancos (…), pero as medidas son moi malas para as traballadoras e traballadores, para os moz@s, para os 2,7 millóns de portugueses e potuguesas que están ao bordo da pobreza e para quen viven por baixo da fronteira da pobreza”, argumentou.

Contra a explotación e o empobrecemento! Outra política é posible e necesaria!”, rezaba unha das pancartas. “Están roubando os soldos e os dereitos que temos. Están roubando aos pobres para darllo aos ricos. Son pobre e teño que protestar. Canto máis nos calemos, máis roubarán”, afirmou Jorge, un dos participantes.


Grecia

Grecia quedou paralizada por dous días de Folga Xeral, a indignación popular saíu ás rúas de todas as cidades e vilas do país heleno.

Grecia viviu este sábado a segunda xornada de folga xeral e manifestacións contra a iniciativa de lei que contempla drásticos recortes ao gasto público, a cal será votada no Parlamento este domingo.

Os manifestantes rexeitan o “paquetazo” de medidas neoliberales aprobado este venres polo gabinete, esixido pola zona euro para recibir a cambio un novo préstamo.

A folga paralizou todo o servizo de transporte público en Atenas, incluídos autobuses urbanos, taxis, tranvías e metro, trens suburbanos e barcos e o ferrocarril eléctrico operou durante tan só algunhas horas.

Os hospitais públicos funcionaron só co persoal indispensable, porque os médicos tamén se sumaron á folga.

Dúas manifestacións rexistráronse en Atenas, unha delas organizada pola Confederación Xeral do Traballo de Grecia e a Unión de Funcionarios Públicos na praza Syntagma, e a outra foi convocada pola Unión Comunista na Praza Omonia.

Para a noite deste domingo, os maiores sindicatos gregos convocaron a un mitin fronte á sé do Parlamento, durante a sesión na que os deputados debaterán e votarán o acordo alcanzado polo gabinete grego.

O paquete de recortes contempla reducir nun 20 por cento o salario mínimo, abolir os convenios colectivos e despedir a 15.000 funcionarios en 2012.

A chamada “Troika” esíxelle a Grecia drásticas medidas que están alimentando unha crise política e social sen precedentes no país.

Contra a explotación e o empobrecemento!

Outra política é posible e necesaria!

Portugal

Não à exploração, às desigualdades e ao empobrecimento Outra política é possível e necessária - Intervenção de Arménio Carlos, Secretário-Geral da CGTP-IN - Manifestação Nacional - 11 Fevereiro 2012


http://youtu.be/d0DkPoLLvbc


Fontes: Artigo baseado en noticias de axencias e das centrais sindicais.

Enlaces coas webs das Centrais Sindicais con presencia na Galiza,  coa confederacións internacionais e con outras centrais sindicais de interese:
_________________

Acto conmemorativo da declaración do Barrio de Ferrol Vello como Casco Histórico: Domingo 12 de Febreiro, ás 12 do mediodía na Praza Vella


Mañá domingo 12 de Febreiro de 2012, ás 12 do mediodía, na Praza Vella, desenvolverase un pequeno acto conmemorativo do primeiro aniversario da declaración do Barrio de Ferrol Vello como Casco Histórico que consistirá na lectura dun texto onde se fai balance das medidas tomadas polas administracións públicas para a recuperación do barrio no último ano.

A sesión estará amenizada polo cantautor Roger de Flor, que tocará unhas pezas da súa produción.

Comisión Veciñal pola recuperación de Ferrol Vello

Nota.-
Litográfia de Julio Ferrín

_________________

Moi interesante entrevista con Guennadi Ziugánov, líder do Partido Comunista da Federación de Rusia e candidato a presidente en 2012 - Vídeo - Artigo da entrevistadora, a xornalista Elena Rostova

Guennadi Ziugánov, líder do Partido Comunista de Rusia e candidato a presidente en 2012, conversa con Elena Rostova da crise económica, de dereitos e valores de xustiza, democracia e paz, da crise medioambiental e do cambio climático, do decrecimento, da situación en que se atopa o mundo e destaca que a única solución para saír é o socialismo renovado, adaptado á realidade do século XXI.

Elena Rostova, é a xornalista que dirixe o programa "A soas", que é unha serie que presenta entrevistas exclusivas de Rusia Today TV.  Nesta ocasión é o dirixente da segunda forza política da Federación Rusa, dunha grande potencia mundial, membro permanente do Consello de Seguridade da ONU.

Despois da entrevista, Elena Rostova, escrive, "Detrás das cámaras", as súas impresións nun artigo que tamén reproducimos neste post, así como unha pequena información da Rusopedia sobre o Partido Comunista da Federación de Rusia.

Facebook de Elena Rostova.

A entrevista dura pouco máis de 25 minutos.



Fonte: http://actualidad.rt.com/programas/a_solas/1438


O gran perdedor?

Por Elena Rostova

11.02. 2012

Filósofo, historiador, Doutor en Ciencias, líder do partido comunista en Rusia e candidato a presidente. E, con todo, perdedor por definición.

Genadyi Ziuganov non só representa á xeración que perdeu a Guerra Fría, senón que carga coa derrota dese gran proxecto que foi a URSS, e coa desilusión de todos aqueles que creron que a utopía do socialismo podería volverse unha realidade.

El non se dedica á política, no seu caso sería máis apropiado dicir que a vive. Máis que unha vocación ou unha ambición, é a súa forma de defender o que constitúe a súa mentalidade, os seus principios, a súa fe, a esencia da súa ser.

Por iso estaba segura de que ía atoparme cunha persoa cos atributos de todo aquel que personifica unha época que xa morreu e foi reemprazada por outra: nostalxia, frustración, dogmatismo, desconfianza cara a todo o innovador. Esperaba constantes comparacións co pasado, explicacións, xustificacións, protestas; esa actitude que involuntariamente presiona no seu intento de convencer aos demais do que considera correcto e inxustamente malinterpretado pola sociedade.

O lóxico era que así fóra. Pero, evidentemente, había nel algo máis, algo que cambiaba completamente o panorama.

Tiven a sensación de estar conversando con alguén que está nun lugar que lle permite ver 500 km máis aló do que para min é o horizonte. Cun campión de axedrez que mira cun sorriso os erros inxenuos que comete o seu opositor inexperto. A súa seguridade non era a dun fanático, senón que a de quen sabe o que vai pasar.

En lugar de nerviosas manifestacións referentes ao pasado, as súas palabras limitábanse a contar, con absoluta tranquilidade, o que vai pasar no futuro. E no seu relato non había expresións nin no modo subxuntivo nin no condicional, ese futuro soaba como unha consecuencia natural e inevitable do presente, como un feito que xa existe.

Non mencionou a Marx nin a Lenin, falou da crise que está sufrindo o planeta logo de ser maltratado pola humanidade, e a imperiosidade dun uso máis racional dos recursos. Falou da crise financeira da que tanto se escoita, como dun síntoma de que ao sistema económico mundial quédalle pouco tempo de vida. Non me explicou “cales son os riscos do imperialismo”, nin sequera usou ese término, simplemente falou do dereito á individualidade, de que o mundo está cansado de que lle impoñan unha forma de ser, das ansias de liberdade que ten a humanidade estancada na garganta, e das ganas de poder aceptar e respectar ao Ser nas súas distintas manifestacións.

O que máis me sorprendeu foi que non falou nin de revolucións nin de guerras: falou dun mundo multipolar máis xusto, máis humano que está xurdindo naturalmente, por si mesmo. Algo suave, pacífico, e ao mesmo tempo inevitable. Que se está dando porque chegou o momento de que se dea. Ventos de cambio, que non é necesario provocar.

Como bo coñecedor da historia, deume un exemplo moi ilustrativo: as principais relixións, coas súas profetas e as súas doutrinas, xurdiron independentemente en distintos lugares do planeta máis ou menos ao mesmo tempo, malia que as diferentes culturas estivesen incomunicadas entre si. Simplemente porque, en determinado momento, a súa aparición fíxose necesaria, como unha mensaxe que veu do ceo e, así como o sol, iluminou a todos por igual.

As palabras de Zyuganov deixáronme a sensación, e case diría que a certeza, de que ese mesmo sol está transmitindo unha mensaxe de paz, de xustiza, de amor e respecto ao próximo, que hoxe a humanidade, fronte ao abismo, simplemente vese obrigada a escoitar.

Fonte: http://actualidad.rt.com/mas/blogs/detras_de_las_camaras/blog_36049.html

Articulo completo en: http://actualidad.rt.com/programas/a_solas

O Partido Comunista da Federación de Rusia

Fundación e base de apoio

O Partido Comunista da Federación de Rusia (PCFR) a partir do 14 de febreiro de 1993 agrupa a ex militantes do Partido Comunista da Unión Soviética (prohibido polo presidente de Rusia Borís Yeltsin en novembro de 1991) e a antigos membros do Partido Comunista da República Soviética Federativa Socialista de Rusia (fundado en xuño de 1990). Os comunistas teñen organizacións de base en 81 provincias rusas e máis de 150 000 afiliados. No PCFR predominan as persoas de avanzada idade, que á súa vez son votantes exemplares.

Éxitos políticos

Nos comicios de decembro de 2011 o PCFR obtivo o segundo lugar, só despois do partido Rusia Unida, co 19,2 % dos votos. Na composición actual da Duma (Cámara Baixa) o grupo comunista ocupa 92 escanos.

Líderes

Segundo os estatutos do Partido Comunista, o seu máximo organismo dirixente é o Congreso, que elixe ao Comité Central e ao presidente. Desde o ano 1993 este posto ocúpao Guennadi Ziugánov, que ao mesmo tempo é líder do grupo comunista da Cámara Baixa do Parlamento. Ziugánov foi candidato presidencial en varias ocasións.

Metas

Nos documentos do Partido Comunista da Federación de Rusia proclámase como misión estratéxica a implantación no país do socialismo renovado, “socialismo do século XXI”. Afírmase que a disputa fundamental entre o capitalismo e o socialismo que marcou o século pasado aínda non está concluída: “malia os retrocesos temporais do movemento revolucionario, a época moderna é un período transitorio do capitalismo ao socialismo”.

Os comunistas definen a súa misión táctica inmediata como a toma do poder, que estará en mans de “os traballadores e as forzas patrióticas e populares”. Despois procederán ás reformas económicas e sociais, entre estas figuran:

a nacionalización dos recursos naturais e das industrias básicas, en especial, as do petróleo e gas, creación de condicións favorables para a pequena e mediana empresa,
o restablecemento dos subsidios para as familias con varios fillos, a entrega de vivendas ás familias novas, o mantemento da idade de xubilación existente (55 anos para mulleres e 60 para homes), o programa de loita contra a pobreza, o control dos prezos para artigos de primeira necesidade, a educación secundaria e superior gratuíta , a ampliación dos dereitos sindicais, o acceso de todas as forzas políticas legais aos medios de información, o fortalecimento da defensa do país, ampliación das garantías sociais para os membros das Forzas Armadas e da Policía.

En política exterior os comunistas queren “o restablecimiento voluntario do Estado da Unión” e prometen aplicar a política “a base dos principios do respecto mutuo dos países e pobos”.

Fonte: Rusopedia
______________

sábado, febreiro 11, 2012

A CIG considera que a reforma laboral é profundamente antiobreira e confirma a necesidade dunha contundente resposta social


Denuncia que o PP “prégase ás demandas da banca e da grande patronal”

A Confederación Intersindical Galega considera que todas as medidas recollidas na reforma laboral van dirixidas a flexibilizar e abaratar o despedimento e as condicións laborais e proporcionar man de obra barata á patronal. A reforma pretende ademais debilitar a negociación colectiva, dividir aos traballadores e individualizar as relacións laborais. O secretario xeral, Suso Seixo, afirma que “vai provocar unha caída xeneralizada dos salarios, o empobrecemento da clase traballadora, máis desigualdades sociais e a exclusión social dos máis desfavorecidos”. Ante isto, a CIG considera que con todas as medidas que se veñen aplicando e agora con esta reforma laboral, a única resposta posíbel é a folga xeral.


Para Seixo esta reforma fixa unhas relacións laborais á carta para os empresarios. “Está promovida pola burguesía española en favor dos intereses da súa clase”, afirma e engade que “é clasista e elitista, para satisfacer unicamente as demandas da banca e da grande patronal”.

Entre outras medidas, redúcese de 45 a 33 días por ano traballado a indemnización polo despedimento improcedente, afectando en parte, mesmo aos contratos subscritos con anterioridade á reforma.

No caso de despedimentos por causas obxectivas (EREs) elimínase o control previo por parte da administración das causas alegadas polas empresas. Ábrese ademais a posibilidade de recorrer a ERES no ámbito do sector público.

Baixo o eufemismo de “Impulso do contrato para a formación e aprendizaxe”, amplíase a idade máxima para ter acceso a este tipo de contrato até os 30 anos, cando menos até que a taxa de desemprego baixe do 15%. Permítese ademais que logo de ter este tipo de contrato nun sector de actividade, o traballador volva ter esta modalidade de contrato noutros sectores. Podes ser un eterno aprendiz até os 30 anos, pasando por diferentes sectores.

Unha vez máis insístese en bonificar ás empresas con fondos públicos, coa desculpa de facilitar o emprego de carácter estábel fomentando mesma competitividade entre os propios traballadores, segundo teñan ou non prestación por desemprego.

Legalízase a fraude que xa existe na actualidade de que haxa traballadores contratados a tempo parcial pero con xornadas superiores e a libre disposición da empresa.

Na negociación colectiva dáselle prioridade absoluta aos convenios de empresa o que suporá dividir moito máis aos traballadores/as, rebaixar salarios e condicións laborais xeneralizando así o dumping social. Alén diso, facilítase que as empresas deixen de aplicar os salarios pactados en convenio colectivo (descolgue).

Créase un novo tipo de contrato indefinido para empresas de até 50 traballadores/as, que terán un período de proba dun ano. Isto implica que o traballador pode ser despedido libre e gratuitamente, sen ningunha indemnización, durante todo este tempo. Isto vai fomentar a maiores, maior rotación no posto de traballo e o incremento da temporalidade.

Hai unha desregulación absoluta das condicións de traballo dentro da empresa, tanto no relativo ás funcións que pode desempeñar o traballador, como na xornada, o horario ou o sistema de rendemento, dándolle prioridade absoluta ás necesidades da empresa sobre os dereitos dos traballadores.

Inútil para crear emprego

Ante este durísimo paquete de medidas, dos que estas son apenas un exemplo, Seixo asegura que, tal e como se demostrou coas reformas laborais anteriores, esta tampouco vai favorecer a creación de emprego. “O problema está no modelo económico e nas políticas que se fan”.

Fronte a isto, aposta por atacar a crise a través doutras políticas fiscais que xeren ingresos ao estado, incrementar o investimento público para reactivar a economía e crear unha banca pública que garanta crédito e liquidez á pequena e mediana empresa. “O propio Banco de España, cando fala de que entramos de novo en recesión di que as causas fundamentais están na falta de crédito e na caída da demanda interna”, lembra o secretario xeral da CIG quen insite en que “a caída da demanda ten que ver é coa caída dos salarios. E esta reforma o que vai provocar é unha caída aínda maior dos salarios e precarizar de forma xeralizada as condicións da clase traballadora”.

Mobilización social

Para Suso Seixo, ante estas medidas só cabe respostar coa mobilización social. “A sociedade ten que asumir que con este tipo de políticas non só non saímos da crise senón que se agudiza aínda máis a recesión económica. Estas políticas fanse desde unha vertente ideolóxica determinada, a da dereita e do neoliberalismo”.

Por iso, fai un chamamento a que todas as organizacións sindicais se sumen á convocatoria de folga xeral e defendan outro tipo de políticas. “Entendemos que está máis que nunca xustificada e que as políticas antisociais e antiobreiras do PP non quedan aquí. Nos orzamentos que se van aprobar no mes de marzo estamos convencidos de que van vir medidas aínda moito máis duras”.

Fonte: Avantar

No BOE:
Boletín Oficial do Estado: 11 de febreiro de 2012, Núm. 36
I. Disposicións xerais - Xefatura do Estado
Rango: DECRETO LEI - Código de Verificación Electrónica (CVE): BOE-A-2012-2076 - Páxinas: 12483 a 12546 ? 64 páxs. - Contido, oficial e auténtico, da disposición - Real Decreto-lei 3/2012, de 10 de febreiro, de medidas urxentes para a reforma do mercado laboral.
________________

NÓS-Unidade Popular propom umha resposta massiva de luita nas ruas em resposta à brutal reforma laboral e à crise

Aproveitando a crise, o Governo espanhol aprovou nesta sexta-feira dia 10 de fevereiro mais um brutal ataque aos direitos laborais da maioria.

Um ataque com forma de reforma laboral que, como todas e cada umha das anteriores, se revelará inútil para quebrar a profunda crise atual, mas servirá para acabar com todos os direitos obtidos durante um século e meio de luitas da classe obreira a nível internacional.

De facto, curando-se em saúde, alguns membros do Governo do PP, incluído o presidente Rajoi, já reconhecêrom que essa reforma nom vai ter conseqüências positivas no combate ao desemprego e à crise, que neste ano continuará o seu ritmo galopante. Porém, tanto o presidente como a sua ministra de Emprego, Fátima Báñez, acrescentárom, sem apresentar nengum motivo convincente, que “havia que fazê-la”.

Efetivamente, o PP tinha que fazer esta reforma. Tinha que obedecer os ditados dos setores económicos e das empresas que financiam as suas atividades e campanhas, que untam com sobressoldos e comissons os seus deputados, deputadas e dirigentes, para que cuidem dos seus interesses de classe.

Porque, se bem as medidas adotadas nesta sexta-feira som totalmente alheias a um verdadeiro ataque às raízes da crise, carregando ainda mais o seu peso sobre os ombros dos setores mais desfavorecidos e empobrecidos, elas serám de grande utilidade para o objetivo realmente marcado: garantir que os lucrativos negócios dos patrons lhes permitam manter o seu elevado e privilegiado nível de vida, desmantelando os direitos laborais da maioria social.

Por parte de NÓS-Unidade Popular, vamos lembrar só alguns dos pontos fortes desta nova reforma:
  • reduçom das indemnizaçons empresariais por despedimento (até um máximo de 33 dias e 24 mensalidades);
  • financiamento público das contrataçons privadas com até 3.600€ por contrato de umha pessoa menor de 30 anos e 4.500€ de umha desempregada de longa duraçom;
  • privatizaçom dos serviços de emprego, cedendo às ETTs funçons antes atribuídas em exclusiva aos serviços públicos de emprego;
  • maior liberdade para que o patrom mude a jornada, o salário e as funçons das pessoas ao seu serviço;
  • ataque aos convénios coletivos em favor dos de empresa, debilitando a uniom dos trabalhadores e trabalhadoras e a sua autodefesa;
  • maior poder às mútuas, no seu papel já desenvolvido na atualidade de reduzir ao máximo as baixas por doenças e outros motivos objetivos, convertendo quem estiver de baixa em “suspeito” de fraude;
  • maior flexibilidade para justificar os despedimentos, junto à procedência “automática” dos mesmos, a nom ser que o trabalhador ou trabalhadora consiga demonstrar o contrário;
  • alargamento a um ano do período de provas, tornando o despedimento nesse período em gratuito;
  • obrigaçom de as pessoas desempregadas trabalharem “voluntariamente” para poderem receber o correspondente subsídio.

O anterior é só um resumo de algumhas das medidas “estrela” desta enésima reforma, que qualquer sistema minimamente garantista para os direitos laborais da maioria deveria considerar ilegais e proibidas. No entanto, o PP, seguindo o trabalho anterior das também neoliberais reformas do PSOE, consagra as draconianas propostas dos clubes e lobbies empresariais como nova estrutura legal, com a escusa de umha crise profunda que nom vai ver-se afetada positivamente por este tipo de reforma.

Todo o anterior confirma o que a esquerda independentista galega e, concretamente, NÓS-Unidade Popular, vem dizendo nos últimos anos, desde que a crise entrou de forma brutal nas nossas vidas: o regime monárquico e capitalista espanhol e o seu sistema de partidos burgueses está ao serviço da classe dominante e em nengum caso tomará medidas que questionem os privilégios da oligarquia que detém o verdadeiro poder do Estado.

Hoje mais que nunca, Espanha e o capitalismo som a nossa ruína.

Só a luita conseqüente e consciente dos diferentes povos submetidos polo capitalismo espanhol poderá pôr em questom o roteiro previsto polo grande capital. Um roteiro que corresponde com o que, um passo mais adiante, podemos ver desenvolvido em países como Grécia e Portugal, com um desastroso resultado também visível.

No caso da Galiza, é necessário continuarmos o trabalho de conscientizaçom e organizaçom pola base do povo trabalhador para enfrentar com toda a força da nossa classe umha crise que só está a começar e que continuará a golpear-nos e a empobrecer cada vez mais setores populares.

A greve geral é umha ferramenta fundamental nesse trabalho de pedagogia e organizaçom. É necessário garantir o êxito da anunciada pola CIG para o próximo mês e dar-lhe continuidade com umha estratégia de luita de massas nas ruas, ligando-a com a única soluçom política que nos libertará do capitalismo e das suas crises: a independência nacional e o socialismo.

Abaixo as reformas laborais do capital!

Construir a unidade e fortalecer as luitas contra o capitalismo e a crise!

Avante a Greve Geral!

Luita popular pola independência nacional e o socialismo!

Direçom Nacional de NÓS-Unidade Popular

Galiza, 10 de fevereiro de 2012


NÓS-Unidade Popular

Telefone: 669 778 474 (Bruno Lopes Teixeiro) 616 868 589 (Carlos Morais) 651 089 971 (Alberte Moço)
Sede Nacional: Rua Quiroga Palácios, 42 rés-do-chao. Compostela. Galiza
web: www.nosgaliza.org | tweeter: @nosgaliza



Enviado por:
NÓS-Unidade Popular NÓS-UP
-nosup.imprensa@gmail.com-
11 de fevereiro de 2012 13:04

_____________________

Demandan o acondicionamento das vivendas baleiras de Recimil para que poidan ser adxudicadas ao máis dun cento de familias que agardan a poder facer uso delas - Esquerda Unida

INFORMACIÓNS DO GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA

Ferrol, venres 10 de febreiro de 2012

ESQUERDA UNIDA PÍDELLE AO GOBERNO MUNICIPAL QUE REMATE A ADAPTACIÓN E ADXUDIQUE CON URXENCIA AS VIVENDAS BALEIRAS DE RECIMIL

“SEMELLA QUE A ÚNICA INICIATIVA QUE TEN O GOBERNO PARA RECIMIL É DERRIBAR O BAMBÚ E APURAR A DEGRADACIÓN MATERIAL DO BARRIO, EN TROQUES DE REHABILITAR E FACER DO BARRIO UN EXEMPLO”, SALIENTA YOLANDA DÍAZ

O Grupo Municipal de Esquerda Unida pregúntalle ao Goberno Municipal que iniciativas concretas está a desenvolver no barrio de Recimil, nas vivendas baleiras, en orde a acondicionalas para que poidan ser adxudicadas ao máis dun cento de familias que agardan a poder facer uso delas. EU tense interesado en numerosas ocasións en comisións informativas por un tema, o do acceso á vivenda social pública, da meirande importancia na actual situación de carestía social e a vaga de desafiuzamentos en curso.

Adiar un día máis a situación de impasse desta cuestión semella inaceptable. Esquerda Unida pregúntalle á concelleira de Benestar que vivendas están a ser acondicionadas e que previsión manexa para proceder a súa entrega. Demandamos un prazo firme comprometido por parte do Goberno Municipal para concluír un proceso que levantou expectación na cidadanía e que non deixa de sementar cada día que pasa máis e máis frustración. Un prazo para concluír os arranxos nas vievndas e poder proceder a súa adxudicación.

Esquerda Unida coñece da situación de falla de vivenda que golpea a nosa cidadanía e demándalle ao Goberno un esforzo por axilizar a resolución desta adxudicación que cubrirá unha parte desa demanda social que non atopa acceso a un ben fundamental, protexido pola Constitución.

Os datos dos desafiuzamentos na cidade non deixan dúbidas acerca da perentoriedade de artellar unha política de vivenda atenta ás persoas que necesitan deste ben fundamental e non poden acceder a el no chamado mercado de vivenda libre. Se no ano 2010 o total de desafiuzamentos acadou a cifra de 189, para este ano vai afectar a uns 350 familias ( ían 286 no terceito trimestre do ano).

Semella que a única iniciativa que ten o Goberno Municipal para Recimil é a do derribo do Bambú e apurar a degradación material do barrio, en troques de darlle un pulo con esas adxudicacións e acometendo o proceso de rehabilitación do barrio. Proceso rehabilitador que supón un estimable aforro económico e de sustentabilidade respeito a axenda oculta do PP de demolelo todo, e que permitiría desenvolver unha ambiciosa política pública de vivenda.


Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
10 de fevereiro de 2012 13:34
Prezadas/os amigas/os: achegamos INFORMACIÓNS demandando que se remate a adaptación das vivendas baleiras de Recimil e se adxudiquen. Saúdos, Ramiro Marier
_________________

Númerosa participación na concentración en demanda do novo Centro de Saúde para Ares e en apoio da Iniciativa Lexislativa Popular para a defensa e promoción da Sanidade Pública

Un importante número de veciños e veciñas de Ares déronse cita hoxe diante do Centro de Saúde de Ares na concentración convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol en demanda da construción do novo Centro de Saúde de Ares. Construción que ten paralizada a Xunta de Galicia, como ben explicou Xosé Miguel López, portavoz da Plataforma, durante a lectura dun comunicado en nome da Plataforma. Aproveitouse a ocasión para dar a coñecer a Iniciativa Lexislativa Popular en defensa da Sanidade Pública que leva adiante a Plataforma S.O.S. Sanidade Pública da que forma parte a nosa Plataforma e que agora mesmo atópase na etapa de recollida de sinaturas. Así é que un bó número de veciños e veciñas de Ares aproveitaron para asinar nos pliegos.









Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol
www.plataformadspferrol.com
plataformadspferrol@gmail.com

Enviado por:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
plataformadspferrol@gmail.com-
11 de fevereiro de 2012 15:13
________________

xoves, febreiro 09, 2012

A Marcha do Naval de Ferrol Terra chega a Coruña, onde a reciben miles de traballadoras e traballadores - Vídeo

Traballadoras e traballadores da Administración Pública mobilizan-se contra a reforma das condicións laborais presentada pola Xunta de Galicia, o pasado 7 de Febreiro, en forma de Anteproxecto de Lei

As organizacións sindicais convocan mobilizacións en contra dos novos recortes da Xunta para os empregad@s da administración pública.

07.02.2012

CIG, CCOO, UGT e CSI-F non descartan convocar folga en todas as administracións se o Goberno Galego continúa adiante co Anteproxecto de Lei

Representantes de CIG, CCOO, UGT e CSI-F nas diferentes administracións públicas galegas compareceron este martes en rolda de prensa conxunta para anunciar a convocatoria de mobilizacións en contra do Anteproxecto de Lei de Medidas no Emprego Público que prepara a Xunta. As organizacións sindicais realizarán concentracións todos os xoves de febreiro para amosar o seu rexeitamento a estes novos recortes nas condicións laborais e salariais e non descartan convocar folga en todas as administracións se o Goberno galego non retira este decreto.

De “agresivo e lesivo” cualificaba a voceira da Área Pública da CIG (Ensino, Saúde e Administración Pública), Maricarme López Santamariña, o contido do Anteproxecto que está a preparar a Xunta de Galiza e que suporá un novo recorte nos dereitos laborais e económicos do conxunto do persoal que presta servizos na Administración Pública. As novas medidas anunciadas a pasada semana pola Consellaría de Facenda, advertiu, suporán afondar no deterioro das condicións laborais para o persoal eventual e interino (ao que a Xunta quere obrigar a reducir un terzo da súa xornada laboral) e unha maior carga de traballo para os empregados/as fixos, xa que non se garante a cobertura das baixas e mantén a taxa de reposición do 0% (agás no ensino, saúde e servizos básicos cunha taxa fixada no 10%).

Alén disto, a Xunta pretende rebaixar os salarios en caso de Incapacidade Temporal (enfermidade común), eliminando o complemento que garantía a remuneración do 100% do salario e só ofrecendo a posibilidade de cobralo a partir do día 21 da IT. Así como reducir tres días de asuntos propios dos nove actuais, mantendo a mesma masa salarial malia incrementarse o número de horas, o que supón unha rebaixa implícita do salario.

Para a voceira da Área Pública da CIG estas medidas só contribuirán a deteriorar a calidade dos servizos públicos básicos e a xerar máis desemprego, ao tempo que afondan na perda de poder adquisitivo das asalariadas e asalariados públicos. Unha vez máis, denunciou, a Xunta de Galiza pretende que “sexan as súas traballadoras e traballadores quen paguen os recortes que a administración vai realizar, segundo a conselleira de Facenda, para cumprir as esixencias de Bruxelas e do estado español”.

Concentracións todos os xoves de febreiro

Fronte a estas medidas, as organizacións sindicais acordaron convocar un calendario de mobilizacións conxunto que se estenderá durante todo o mes de febreiro. A primeira destas protestas terá lugar o vindeiro xoves 9 de febreiro, cunha concentración diante dos edificios da Xunta en San Caetano ás 12:00 horas. Alí, a representación sindical entregará un solicitude conxunta de retirada do Anteproxecto.
  • O 16 de febreiro haberá concentracións por todo o País, diante dos centros de traballo, ás 11:30 horas
  • Mentres que para o xoves 23 de febreiro está previsto realizar concentracións nas sete cidades ás 19:00 horas.
Ademais, dende as organizacións sindicais non desbotan a posibilidade de convocar unha xornada de folga en toda a área pública se a Consellaría non muda nas súas intencións e procede á retirada do anteproxecto.

Fonte: Portal Dixital

Documento:

Anteproxecto de Lei de Medidas no Emprego Público.
______________________________

Esquerda Unida denuncia irregularidades na retirada do fibrocemento na Fábrica de Lápis - Esquerda Unida chama á mobilización social a prol das reivindicacións das tarballadoras e traballadores de Navantia

INFORMACIÓNS DO GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA

Ferrol, martes 7 de febreiro de 2012

ESQUERDA UNIDA RECLAMARÁ NA COMPARECENCIA DO RESPONSABLE DA SEPI UN COMPROMISO FIRME NESTE ORZAMENTO PARA FINANCIAR O DIQUE FLOTANTE

ESQUERDA UNIDA AMOSA O SEU APOIO ÁS MOBILIZACIÓNS CONVOCADAS POLOS TRABALLADORES E TRABALLADORES DOS ESTALEIROS PÚBLICOS DA COMARCA

O Grupo Municipal de Esquerda Unida quere manifestar públicamente o seu apoio ás mobilizacións convocadas pola plantilla de traballadoras e traballadores dos estaleiros públicos en defensa da carga de traballo e dos investimentos produtivos necesarios. A marcha a pé a A Coruña é outra chamada de atención aos poderes públicos para que defendan os postos de traballo e a cohesión social da nosa comarca, vencellada de xeito certo ao futuro dos estaleiros públicos. Contemplamos con preocupación a secuencia de xuntanzas nas que os responsables do PP evitan comprometer o seu apoio ás demandas da plantilla.

O Grupo Parlamentar de Esquerda Unida reclamará na Comisión de Industria, Enerxía e Turismo do Congreso dos Deputados un compromiso cos investimentos produtivos do estaleiro, en concreto coa construción do dique flotante, ao presidente da SEPI, que vai comparecer a petición deste Grupo político. Cómpre clarexar xa que vai facer o PP nos vindeiros orzamentos do Estado e a posición de EU é nidia: non vale outra que non sexa xa o financiamento do dique flotante. Todo o demáis supón atacar a liña de flotacións dos estaleiros e da nosa comarca, cando suma xa máis de vinte mil persoas no paro.

Esquerda Unida entende que a urxencia da situación do estaleiro esixe do máximo responsable da SEPI o compromiso de que neste orzamento se acordará a partida económica para construír o dique flotante.


O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA DENUNCIA O INCUMPRIMENTO DAS PRESCRICIÓNS TÉCNICAS ESIXIBLES PARA A DESMONTAXE DOS COMPOSTOS CON AMIANTO

“NON QUEREMOS PRESAS, QUEREMOS CAUTELAS E SEGURIDADE “ SINALA JAVIER GALÁN, “PORQUE SE XOGA COA SAÚDE DAS PERSOAS”

O Grupo Municipal de Esquerda Unida quere denunciar a pasividade da concellería de urbanismo que non está a supervisar a retirada dos elementos da Fábrica de Lápis que conteñen amianto. As fotografías da prensa deixan en claro que non se realiza de xeito correcto a retirada do fibrocemento pola empresa responsable sen que o Goberno Municipal reaccione. Semella que o seu é santificar o que faga o propietario do inmoble, nunha versión perigosa, en termos de saúde laboral, do laissez faire,laissez passer.

Queremos lembrarlle ao Goberno que o artigo 8 do RD 7731997 de 30 de maio, indica con claridade que equipos de protección individual das vías respiratorias hai que empregar nestes casos e os tempos, pausas e tempos totais de traballo diarios que os traballadores poden acometer. As imaxes de prensa publicadas hoxe son elocuentes ao respeito da falla de protección específica en relación ao amianto e incluso da falla de seguridade cando un traballador se atopa nun tellado. Supoñemos que estas situacións deben interesar ao Goberno Municipal, tan interesado el na demolición da Fábrica de Lápis.

Esquerda Unida quere denunciar esta situación e demandar das autoridades municipais un control efectivo deste procedemento. Esiximos que a mesma dilixencia que se tivo para conceder licenza de derribo se teña agora para facer cumprir a legalidade nunha cuestión que ten derivacións e riscos para a saúde pública, en particular para os operarios que traballan na obra. A nosa organización pregúntase cal está a ser o procedemento de retirada do fibrocemento, porque se cadra non é o axeitado. Demandamos información sobre o plan de traballo para coñecer se a retirada se fai de acordo aos protocolos de actuación en vigor. “Non queremos presas, queremos cautelas e seguridade” demanda Javier Galán. O noso Grupo reclama por último que os restos do fibrocemento sexan retirados de xeito hermético para non se espallar no ar, conforme se recolle na normativa en vigor.

Pediamos en xaneiro garantías sobre as medidas adoptadas para a retirada dos elementos de fibrocemento. A contestación a temos hoxe: deixar facer na procura de que se derrube canto antes a Fábrica. Antes que Patrimonio Cultural resolva o recurso de alzada. Pois ben, esa carreira non se pode facer violando a legalidade e poñendo en risco a saúde laboral das persoas. Esquerda Unida esíxelle ao concelleiro de urbanismo que se supervise de xeito estrito o procedemento da retirada do fibrocemento. Xa está ben de compracencias co poderoso, sinala a formación política de esquerdas e ecoloxista.

Esquerda Unida entende que a Inspección de Traballo ten que ocuparse destes incumprimentos da normativa nun tema – o do amianto - de tanto risco e dano na nosa comarca. Pedimos unha intervención que faga respectar á legalidade.

Preguntámoslle ao Goberno Municipal se ten constancia que a empresa encargada desa retirada conste como homologada no RERA e está a cumprir a integridade do preceptuado no RD 396/2006 de 31 de marzo. Queremos que se faga público o estudo que avalía e controla o ambiente no traballo derivado da existencia de amianto. Dese estudo séguese a elaboración dun plan de traballo específico e a implementación dunha vixiancia continua sobre o estado de saúde das e dos traballadores encargados de manipular o fibrocemento. Queremos que se fagan públicos estes documentos, que serven para garantir a seguridade dos traballadores da obra. “Non queremos outro caso Sánchez Aguilera” , sinala Yolanda Díaz.

Grupo Municipal de EU Ferrol


Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
8 de fevereiro de 2012 13:56
Prezadas/os amigas/os: achegamos dúas INFORMACIÓNS do Grupo nas que denunciamos as irregularidades na retirada do fibrocemento na Fábrica de Lápis e pedimos a intervención do Goberno Municipal e a da Inspección de Traballo, e unha segunda na que chamamos á mobilización social a prol das reivindicacións da plantilla de Navantia. Saúdos, Ramiro Marier
_______________________

mércores, febreiro 08, 2012

Mais retrocessos no direito das mulheres a decidirmos

O governo ultraconservador do Partido Popular na Galiza acaba de anunciar a aprovaçom do denominado Plano Integral de Apoio à mulher grávida 2012-2014.

Com o falso pretexto de favorecer a natalidade na Comunidade Autónoma da Galiza (CAG), esta medida nom é mais do que um instrumento de controlo para nos relegar ao rol tradicional reprodutor e impedir que avancemos na nossa luita por decidir sobre algo tam básico como o nosso próprio corpo. Para garantir o seu sucesso e perpetuar os estereótipos machistas mais rançosos e tradicionais, oferecerá ainda mais benefícios económicos a organizaçons antiabortistas.

Para além disso, confirma-se, por parte do Ministério de Justiça do Estado espanhol, a intençom de modificar a Lei orgánica de saúde sexual e reprodutiva, que se traduz numha imposiçom da maternidade e, entre outras cousas, quer obrigar as jovens a contarem com o consentimento materno e paterno para interromperem a gravidez.

As mulheres organizadas em NÓS-Unidade Popular, conscientes da delicada situaçom que já padecíamos, consideramos inadmisível que este tipo de medidas avancem e exigimos a retirada imediata de qualquer tipo de subsídio económico a instituiçons e organizaçons que, longe de contribuírem com a igualdade, vaiam contra os nossos interesses como mulheres.

Perante estas duas novas ameaças, queremos manifestar mais umha vez o nosso rejeitamento a qualquer forma de retrocesso nos nossos direitos e aproveitamos para fazer um apelo a todas as mulheres a participar nas mobilizaçons que vinherem a ser convocadas polo movimento feminista galego nos próximos dias.

Avante a luita feminista!

Direçom Nacional de NÓS-Unidade Popular

Enviado:
7 de fevereiro de 2012
NÓS-Unidade Popular NÓS-UP
-nosup.imprensa@gmail.com-
8 de fevereiro de 2012 12:41
___________________

O que o BOE esconde, ... Por Rosa María Artal - Vídeo e interesantísismo artigo cos enlaces de referencia

Desde Ártabra 21 queremos compartillar este bon artigo da xornalista Rosa María Artal que nos chegou a través do xornal "Rojo y Negro". O artigo foi publicado no último número da mencionada revista, mais foi escrito a principios de Xaneiro deste ano 2012. É un artigo de total actualidade. Antes do artigo hai que visionar o vídeo que dura tan só 28 segundos que é un detalle do debate entre Rubalcaba e Rajoi antes das eleccións xerais do 20N.


http://youtu.be/NrRGNXe0fJ8



Non sería máis que a mentira diaria do PP, si non fóra tan grave. A vicepresidenta e portavoz non o contou, naturalmente, pero no Consello de Ministros do venres -30.12.2011- o goberno aprobou unha axuda de 103.000 millóns de euros ás entidades financeiras. “Estes avales non supoñen unha saída inmediata de fondos, pero si un aumento astronómico do capítulo correspondente a pasivos financeiros (endebedamento)”, asegura a Plataforma por unha vivenda digna que ha expurgado a fondo o BOE onde se apuntan os acordos do venres.

Esta relevante partida aparece nada menos que na disposición final decimo­sétima, case ás ocultas (como tamén revela o silencio respecto diso de Soraya Sáenz de Santamaría).

Manteñen, ademais, os 92.543.560.000 de euros que aprobou o goberno do PSOE para garantir as obrigacións económicas exixibles á sociedade denominada ‘‘Facilidade Europea de Estabilización Financeira''.

Engaden outra partida de 3.000.000.000 de euros para os avales destinados a garantir valores de renda fixa emitidos por fondos de titulización de activos.

En total, poñen a disposición das entidades financeiras 196.043.560.000 euros para 2012.

A causa do abultado déficit público (debido á débeda das Comunidades Autónomas fundamentalmente e recordemos que pese á sorpresa manifestada polo PP dese “país en ruína”, este desmemoriado partido rexéntaas actualmente case todas), practicáronse tamén durísimos axustes á poboación.

A subida do IRPF decretada polo PP sitúanos xa como o terceiro país cos impostos ás rendas do traballo máis altos, cando os nosos soldos son os penúltimos da UE15, só por encima de Portugal. As rendas altas seguirán sen pagar dado que apenas declaran os seus ingresos reais e non se persegue apenas a fraude fiscal, nin falou nada o PP de que esa política vaia a cambiar. O expresidente de Lehman Brothers España e hoxe ministro de Economía e Competitividad, Luís De Guindos, declaraba esta mañá na SER que polo imposto de sociedades “se recauda moi pouco”, así que non o van a tocar, e que “falar de SICAVs é demagoxia barata”, ou sexa que tampouco. Pois son unha chea delas e tributan só ao 1%. Máis aínda, De Guindos anuncia “unha axenda reformista moi agresiva”, sen “chorar polo leite derramado”.

As axudas á Igrexa Católica tampouco se tocan. Reciben medio millón de euros diarios. O jugoso BOE do 31/12/2011 di tamén que "o Estado entregará, mensualmente, á Igrexa católica 13.266.216,12 euros”.

Para pagar aos bancos e manter os privilexios das clases adiñeiradas xa que logo, prodúcense graves recortes sociais e alzas de impostos. E mérmase en capítulos fundamentais como a dependencia, a investigación, ou a televisión pública, que parece ter os seus días contados.

O BOE escondía algún acordo máis, que igualmente esqueceron mencionar os catro ministros: a compra de gases e artificios lacrimóxenos por valor dun millón de euros. O anuncio de licitación apareceu o 15 de Xuño, un mes despois do 15M, a iniciativa do PSOE segundo vese claramente. O PP mantívoo. Parece máis imprescindible este gasto que subvencionar o transporte público aos xubilados, tamén suprimido nalgunhas comunidades autónomas. A “axendas reformistas moi agresivas” é o que teñen, que igual non gustan e quen manda, manda, aínda que non sexa senón representante da soberanía popular. Representante.

Como en “Farenheit 451”, atrapade na vosa memoria datos, declaracións e imaxes. A UE disponse a borrar a memoria de Internet. Que o futuro sexa como o planean ou como demanda a xustiza e a equidade, depende só de nós.

[*] Rosa María Artal. Xornalista e escritora. En 2008 terminou unha longa carreira en TVE. O traballou en Informe Semanal onde foi reporteira. Publicou seis libros, de literatura e periodísticos. Entre estes últimos, "11M-14M, onda expansiva", "España, embigo do mundo" -2008-, "A enerxía liberada" e xunto a VV.AA. "Reacciona" -2011. .... [+ en google]

Sitio na Rede:
http://rosamariaartal.com/

Fontes:
http://www.rojoynegro.info/
http://rosamariaartal.com/

Enviado por:
Lefre de Caldereta - Asociación Cultural
-lefre@lefredecaldereta.com-
7 de fevereiro de 2012 22:20
_______________________