domingo, abril 15, 2007

O incendio da refinería da Coruña e a entrada en funcionamento de Reganosa

De: CCE -comitecidadan@iespana.es-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 15 de Abril de 2007 16:18

Asunto: O incendio da refineríada Coruña e a entrada en funcionamento de Reganosa



O último incendio de Repsol-Bens da Coruña, é outro lamentable aviso mais en relación coas industrias nocivas ou perigosas na Coruña ou en Ferrol e para que non sexa autorizada a entrada en funcionamento de Reganosa.

Saúdos cordiais

Carmelo Teixeiro
Coordinador do Comite Cidadán de Eemrxencia para a Ría de Ferrol.


O incendio e explosión na Refinería de Repsol na Coruña, na madrugada do pasado venres 13 de abril de 2007, é outro aviso tráxico de que son falsas as alusions as medidas de seguridade cando un incendio é posible en combustibles e non se apaga ata que se consuma todo o combustible incendiado. Tamen que neste caso houbo sorte en que o incendio non se propagou a outros almacenamientos ou equipos con combustible que os hai na Refinería. Lamentablemente se confirma que para a poboación a única seguridade é que as instalacións con produtos nocivos ou perigosos estean suficientemente afastadas tal e como require a lexislación vigente.

Segundo as noticias só houbo un ferido grave. Anteriormente, o 14 de agosto de 2003 houbo un incendio na Refinería de Repsol en Puertollano e a noticia do día seguinte informaba só de tres traballadores falecidos, pero dous meses despois era nove o total de falecidos e un máis que seguía como ferido grave. En Ferrolterra foi silenciado o sétimo falecido e decatámonos do oitavo porque era de Ferrol. Repsol tardou varias semanas en recoñecer la “causa” dun incendio de sete tanques con 8.000m3 de gasolina, que se consumiu totalmente e non provocou vítimas no pobo porque está a 4 Km. ademais de que non existía vento para levarlle a humareda.

Aquel incendio en Puertollano foi tamén un máis dos últimos avisos tráxicos sobre os riscos en complexos petroquímicos próximos a núcleos de poboación, como Bens (A Coruña) ou en Mugardos onde, na Estación de Deslastres e Desgasificación de buques desde o seu privatización en 1988, de forma temeraria o Grupo Tojeiro vén acumulando un Complexo Petroquímico con grandes tanques de combustibles e produtos químicos que totalizan 290.000m3 de combustibles: metanol:13.000m3, gasolina: 5.200m3, fueloil: 55.500m3, gasóleo: 12.800m3, produtos petrolíferos B e C 190.000m3; ademais de produtos químicos tóxicos ou cancerigenos, formaldehído: 1.250m3, cola de urea: 5.000m3, Fenol: 30 m3, Butilinglicol: 4.000 litros, etc.

No Complexo Petroquímico de Mugardos tamen son posibles os accidentes graves por combustibles ou produtos químicos acumulados. A impresión de quen visitaron esas instalacións é que as condicións de seguridade son peores que as de Repsol. As autoridades competentes deben con urxencia ter en conta que nun radio de 2 Km. ao redor do Complexo Petroquímico residen 4.243 habitantes no municipio de Mugardos e 2.400 no de Ferrol. En caso dun incendio, con vento suroeste habería que desalojar barrios de Ferrol e se fose nordeste habería que desalojar o núcleo urbano de Mugardos a uns 800 metros.

O 21 de agosto de 2003 a A.VV. de Meha en Mugardos, con vivendas están a menos de 300 metros, queixouse por escrito ao Alcalde de Mugardos e á Dirección Xeral de Protección Civil. Non houbo resposta, únicamente cada certo tempo o Alcalde de Mugardos fai o ridículo na prensa dicindo que viaxa a Santiago para reclamar un GRUMIR, un dispositivo para apagar un incendio nun galpón sen combustibles, pero non defende os veciños.

En setembro de 2003 o entón Conselleiro de Industria pola prensa anunciou que o Plan de Urxencia Exterior dese Complexo Petroquímico faríase conxuntamente co da Planta de Gas cuxa construción Reganosa non tivo autorizada ata o 13/2/2004. Pero en abril de 2005, un mes antes das eleccións autonómicas a Xunta de Galicia con D. Manuel Fraga aprobou un falso plan de urxencia exterior, exposto na pagina Web de Protección Civil, onde se pode apreciar que en caso dun incendio grave o devandito plan non serviría para evitar unha catástrofe. Ademais as autoridades da Xunta de Galicia aínda non valoraron o risco de efecto “dominou” polo cal, se Reganosa chegase a entrar en funcionamento, un accidente na Planta de Gas podería provocar un considerable aumento de victimas na población ao indenciarse tamen o Complexo Petroquímico.

Certos poderes mediáticos, económicos e políticos, desde o ano 2000 apoian a Reganosa como un favor ao Grupo Tojeiro, dono de GADIS, quen segundo consta na paxina 43461 do BOE de 13 de decembro de 2000, négase a que o seu Complexo Petroquímico trasládese ao Porto Exterior que será inaugurado este ano 2007. En España o RAMINP require un mínimo de dous quilómetros desde unha industria perigosa ata o núcleo de poboación máis próximo. Na Coruña estanse suscitando un traslado urxente do oleoducto que atravesa a cidade, cunha forte presión social e política co fin de trasladar ao litoral exterior descárga de petroleros e todos os tráficos nocivos ou perigosos, pero están empantanados na trampa do Porto Exterior que constrúen en Punta Langosteira sen garantía de que chegue a estar operativo no 2013 nin despois. En Ferrol rompeuse o consenso de 1994 para situar no Porto Exterior a Planta de Gas. Por todo iso as autoridades competentes deben tomar en serio os condicionados imposibles de cumprir por Reganosa e as últimas ameazas de Alqaeda, a fin de que non sexa autorizada a entrada en funcionamento que Reganosa ten obrigación de solicitar

sábado, abril 14, 2007

Desde Ferrol ao Roteiro por Carnota convocado polos afectados da piscifactoría de Quilmas

De: Verdegaia en Ferrol, Eume e Ortegal -ferrol@verdegaia.org-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 14 de Abril de 2007 17:01
Asunto: ROTEIRO POR CARNOTA CONVOCADO POLOS AFECTADOS DA PISCIFACTORÍA DE QUILMAS


Pregamos difusión

ROTEIRO POR CARNOTA CONVOCADO POLOS AFECTADOS DA PISCIFACTORÍA DE QUILMAS

Verdegaia quere apoiar o roteiro reenvidicativo organizado polos afectados da piscifactoría de quilmas (Carnota) que terá lugar o domingo 22 de abril, por iso fletará un bus, que sairá ás 8.00h da escalinata de correos en Ferrol, parará en Santiago a recoller xente e chegará a Carnota para asistir o citado roteiro.

O proxecto de ampliación da piscifactoría de Quilmas, afectaría LIC Carnota-Monte Pindo, incluído na rede Natura 2000 e declarado Zona de Especial Protección dos Valores Naturais polo decreto 72/2.004, onde existen hábitats naturais prioritarios, vulnerando así o establecido na Directiva 92/43/CEE e no Real Decreto 1997/1995, de 7 de Decembro de Conservación dos espazos naturais e da flora e fauna silvestres.

Entre estes hábitats prioritarios afectados figuran dunas costeiras fixas con vexetación herbácea (“dunas grises”), dunas fixas descalcificadas atlánticas (Calluno-Ulicetea), matorrais arborescentes de Laurus nobilis, zonas subestépicas de gramíneas e anuais do Thero-Brachypodietea, e xa na zona húmida perto da praia de Quilmas, vexetación anual con Salicornia e outras especies de zonas húmidas e areosas.

saída: 8.00h escalinata de correos en Ferrol.

chegada a santiago: aproximadamente 9.30 (parará a recoller xente na estación de autobuses por onde están os taxis e sairá xa para Carnota)

Regreso: entre ás 16.00h e ás 17.00h

Prezo: 7’50 € ida e volta incluído.

Nota: levar comida, bebida e calzado cómodo.

Contacto: 699 897 712 (Mónica) 661 636 946 (Miguel)
--
Núcleo Comarcal de Verdegaia en Ferrol, Eume e Ortegal

Convocatoria dunha reunión para este Luns 16 de Abril no Ateneo Ferrolán

De: Convocantes en defensa dos espazos públicos -defendendo.os.espazos.publicos@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 14 de Abril de 2007 12:25
Asunto: Convocatoria de reunión para este Luns 16 de Abril no Ateneo Ferrolán

Convocatoria dunha reunión de todas as entidades Convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, en contra da construción do macro-edificio na Praza da Porta Nova [Praza de España], para analizar a resolución administrativa da Xunta e emitir unha opinión consensuada ante a nova situación.

As manifestacións públicas dos responsábeis municipais, necesitan urxentemente, desde o noso ponto de vista, unha resposta do movimento cidadán enmarcado nos Convocantes das mobilizacións pola defensa dos espazos públicos, dado a nosa responsabilidade e compromisos na oposición mantida contra actuación do Goberno Municipal e o seu planeamento urbanístico na Praza da Porta Nova.

Por todo isto convocamos a unha reunión urxente nos locais do Ateneo Ferrolán, o vindeiro Luns 16 de abril, ás 19:00 hrs. Esta reunión non se realiza no lugar habitual en Esteiro, porque os locais da A.V. Fontelonga están ocupados.

Ferrol, a 14 de Abril de 2007
Asinado.-
Mel Sanxoan
Inácio M.Orero
_________
Anexo:

Así daba a noticia a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte:


Política Territorial aproba a modificación do PXOM de Ferrol sobre a Praza de España

* Dita modificación ten por finalidade a recalificación dunha superficie de 18.056 m2 de solo urbano que, ata o de agora, o planeamento municipal clasificaba como sistema xeral viario.

* O mesmo PXOM ferrolán establece que as actividades permitidas nesa superficie quedan restrinxidas exclusivamente a usos públicos de servizo directo aos cidadáns.

* A Consellería mantén o requirimento para que o Concello anule os acordos plenarios que amparaban as obras da Praza de España por ser nulos de pleno dereito.

Santiago, 12 de abril de 2007.- A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes aprobou definitivamente a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ferrol que ten por finalidade a recalificación dunha superficie de 18.056 m2 de solo urbano no ámbito da praza de España que, ata o de agora, figuraban no planeamento urbanístico municipal como sistema xeral viario.

A Orde relativa á reordenación dos sistemas xerais de equipamentos comunitarios, zonas verdes e de espazos públicos no que atinxe á praza foi asinada pola conselleira María José Caride e remitida ao Concello de Ferrol. Na mesma apróbase a modificación do PXOM nos termos propostos polo Concello de Ferrol, á excepción do epígrafe 1.3 da memoria que fai referencia a que os novos espazos libres sirvan para compensar incrementos de edificabilidade noutras actuacións públicas que requiran maiores reservas dotacionais, cuestión esta que foi rexeitada pola Dirección Xeral de Urbanismo.

A proposta aprobada implica que esta superficie se reparta da seguinte maneira: 12.0521 m2 destinados a sistema local de espazos libres públicos, 2.979 m2 cualificado como sistema xeral viario e os 3.025 m2 restantes para sistema xeral de equipamentos comunitarios públicos que, segundo a modificación puntual, poden albergar dous volumes de 4,5 metros de altura nos que se localizan as saídas do aparcadoiro soterrado e un edificio de planta baixa e seis alturas, que non poderá sobrepasar os 21 metros.

O propio artigo 118 do PXOM de Ferrol especifica de xeito pormenorizado que as actividades e instalacións permitidas nas superficies destinadas a usos públicos ou colectivos para servizo directo dos cidadáns son unicamente as de carácter docente, deportivo, sanitario e asistencial, socio-cultural, relixiosos, público-administrativo, cemiterios, mercados e abastecemento e servizos urbanos. Polo tanto, o edificio que, segundo a modificación do PXOM se pode construír na praza de España, tan só poderá ser destinado en exclusiva aos usos de carácter público anteriormente mencionados.

Non obstante, a Consellería de Política Territorial mantén o requirimento efectuado o pasado 27 de febreiro para que o Concello suspenda as obras de edificación da Praza de España e revise os acordos plenarios adoptados para o cambio de uso dos terreos nese ámbito e de aprobación definitiva do proxecto de urbanización da zona. Política Territorial reitera que ditos acordos (celebrados en sesións plenarias de 24 de novembro de 2004 e de 16 de marzo de 2005) son nulos de pleno dereito ao non estar contemplados no PXOM. Cómpre salientar que a modificación puntual do PXOM aprobada agora e que permite o cambio de uso destes terreos non ten carácter retroactivo, polo que os acordos plenarios adoptados con anterioridade carecen de legalidade e, polo tanto, deben ser revocados.


--
Convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, en contra da construción do macro-edificio na Praza da Porta Nova [Praza de España]:

Asociación Cultural Fuco Buxán,
Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga",
Asociación Veciñal de Ferrol-Vello,
Asociación Veciñal O Cruceiro de Canido,
Asociación Veciñal "O Rosario - Inferniño",
Asociación Veciñal de Santa Mariña,
Asociación Veciñal de San Xoan-Bertón,
Asociación Sociocultural Lopez Bouza
CC.OO Ferrol,
CIG-Ferrol,
Colectivo Veciñal Sartaña,
Esquerda Unida - IU,
Federación de ANPAS de Centros Públicos de Ferrolterra,
Os Verdes - Grupo Verde de Ferrol,
NÓS - Unidade Popular,
Plataforma Ártabra21,
Terra Galega,
UGT-Ferrol,
USTG-Ferrol.

A aprobación da modificación do uso do solo, non legaliza para nada a obra que se está a acometer na Praza da Porta Nova

Nesta cidade estamos gobernados por uns ineptos e ignorantes, fan como se a cousa non fose con eles, "cándidas "persoas, din que non teñen a culpa do seu mal-goberno e intentan desviar a cuestión, como vós alumnos, imitan aos seus de Madrid [chámense Zaplana, Aceves ou Rajoi na mentira do 11-M e outras]. Xa nos teñen acostumados a rodas de prensa de impacto, até o Alcaide falou de que daba por "zanjado" o asunto e de seguido di que as obras van a continuar pese a quen lle pese, mais ben que desoíndo, desafiando, o ditame do organismo competente da Xunta de Galicia.

Lembremos a chulería manifesta, cando a Federación de Asociacións Veciñais "Roi Xordo" fixera público o informe do Servizo e Inspección, sobre a Praza, o coro de Evia e Pita-Romero, ameazaron con levar aos tribunais a dita Federación e aos funcionarios que emitiran o informe por suposta filtración e falta de debida custodia de documento público, cando a propia lexislación vixente obrigaba aos funcionarios autonómicos a entregar dito informe.

Poda que a Xunta non teña mais remedio que acceder ao cambio de uso do solo, pois poda que sexa que non hai argumentos legais para non facelo, mais a manipulación da resolución por parte dalgún medio de comunicación e os propios gobernantes municipais obrigaron a desprazarse até a cidade ao Delegado Provincial da Consellería de Política Territorial, ... para explicar o xa mencionado ditame, non exento de incoherencia, mais si moi claro nos aspectos dos ilegais acordos plenarios e do ilegal da obra que se está facendo na Praza. O ditame da Xunta impide un edificio para usos privados, como tamén os edificios das dúas cafeterías que se están construíndo. Até o propio túnel entre a avenida do Rei e a de Vigo, é ilegal dado que a súa financiación corre baixo a claúsula de concesión do xa mencionado macro-edificio, acordos que agora a Consellería ven de resolver que son ilegais e nulos de pleno dereito. Ou este Goberno Municipal é parvo ou moi irresponsábel, pois non se poden entender as reaccións triunfais de Alcalde e concelleiros do grupo de goberno, nin se queira en clave electoralista, pois este despropósito pode supoñer moito diñeiro para as arcas municipais, é dicir os cartos de toda a cidadanía de Ferrol.

A obra segue sendo ilegal e innecesaria.

O movimento cidadán enmarcado nos Convocantes das mobilizacións pola defensa dos espazos públicos e contra a construción do macro-edificio na Praza da Porta Nova, debería reunir-se en pleno o mais axiña posíbel e analizar a resolución administrativa da Xunta, para emitir unha opinión consensuada ante a nova situación.

O movimento cidadán, antes de coñecerse o informe da de Política Territorial, xa tiña convocada unha mobilización para o xoves, día 26 de Abril, que consistirá nunha concentración cidadán na Praza do Concello, ás 18:30 hrs, para mostrar a súa repulsa a actuación do Goberno Municipal e demandar a paralización das obras xa, rexeitar a construción dun macro-edificio na Praza da Porta Nova e que esta quede limpa e libre, para uso e goce de toda a cidadanía.

Así recollen os medios de información e algún de [des]información convencionais:

Diario de Ferrol

La Opinión de A Coruña
Vieiros
Galicia-Hoxe
O Xornal
El Correo Gallego
La Voz de Galicia

________

Desde a Plataforma Ártabra 21 reafirmamo-nos no dito no Comunicado a toda a cidadanía, leido na manifestación na defensados espazos públicos, do 4 de marzo de 2007 e no Manifesto á Cidadanía consensuado por todas as entidades convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos e contra a construción dun macro-edificio na Praza da Porta Nova.
________________________

Convocatoria da reunión da Xunta Coordenadora da PA21: 17 de Abril de 2007

Convocatoria da reunión da XUNTA COORDINADORA DA PA21

17 de Abril de 2007.



Convocatoria da XUNTA COORDINADORA para o vindeiro martes-17 ás 7, 15 horas da tarde no Ateneo Ferrolán.

Orde do día

1 .- Lectura e aprobación, se procede, da ACTA anterior.

2 .- Estado de contas-

3 .- Información Xeral.
  • RECIMIL
  • SARTAÑA
  • MENANCARO
  • MANIFESTACIÓN EN COMPOSTELA- 6 MAIO –( FUSQUENLLA)
4 .- INFORMES DIRECCION XERAL URBANISMO – Xunta de Galicia.
  • PARALIZACIÓN DE OBRAS EDIFICIOS PRAZA DE PORTA NOVA – PRAZA DE ESPAÑA.
  • CONCENTRACION PRAZA DO CONCELLO para o día 26 de Abril.
5.- Documento dos SEN VOZ DE GALICIA.

6 .- CONVOCATORIA PARA A ASEMBLEA DO DÍA 24 NO ATENEO FERROLÁN.

7 .- Suxestións e preguntas.

Ferrol a 15 de Abril de 2007.

Asdo. - A Xunta Coordinadora.

Amadeo Varela
Ernesto Lopes
Carlos Gª Seoane
Miguel Reimundez
José R. Jove
Xosé M. Sanxoán

A Asociación Veciñal Fontelonga de Esteiro ten programado unha conferencia a política da Xunta para a rehabilitación de vivendas

De: asociacion veciñal -avvorosario@gmail.com-
Para artabra21@gmail.com
Data: 13 de Abril de 2007 23:38
Asunto: A Asociación Veciñal Fontelonga de Esteiro ten programado unha conferencia a política da Xunta para a rehabilitación de vivendas

Para ampliar clicar acima da imaxen

Conferencia-coloquio

A Asociación Veciñal de Esteiro " Fontelonga" imos celebrar o vindeiro martes día 17 de abril ás 20 horas ( no cartel que lles achegamos por erro figura ás 19:30) unha conferencia na que intervirá Dona Encarna Otero Cepeda , Directora Xeral de Fomento e Calidade de Vivenda da Xunta de Galicia e na que falará da política da Xunta sobre rehabilitación de vivendas en xeral e de cascos antigos en particular, así como das axudas, que para a rehabilitación de vivendas, ofrece a Consellería de Vivenda.

Desde a creación desta Asociación vimos reivindicando a creación dunha Area de Rehabilitación Integral ( ARI) para a rúa Carlos III e transversais e ese será un dos temas obxecto de debate na citada conferencia. Tamén cumpre sinalar que no Barrio de Esteiro existe máis dun milleiro de vivendas construídas directamente pola Xunta en Álvaro Cunqueiro, Antelo, Colon, Mendizábal e Fernando VI para as que é posible a condición de axudas para rehabilitación.

Previamente ás 19:30 horas a Xunta Directiva de Fontelonga acompañaremos á Dona Encarna Otero nunha visita pola rúa Carlos III e transversais para amosarlle a parte histórica do barrio de Esteiro que demandamos que se rehabilite.

Dámoslles anticipadamente as grazas pola publicación e difusión deste comunicado, así como a asistencia ó mesmo.

Ferrol a 13 de abril de 2007.

Asdo./X. Miguel López Pérez, presidente



--
ASOCIACION VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
CIF-G70006473
correo-e: avvorosario@gmail.com
blog da asociación: ferrolnovo.blogspot.com

Encontros na Terceira Fase

Opinión:
Xosé Miguel López Pérez

Encontros na Terceira Fase.

Esta era unha película de ciencia-ficción é algunhas decisións plenarias do Concello de Ferrol tamén asemellan ser de ciencia-ficción.

Cando miles de cidadáns veñen mobilizándose fronte á privatización dun espazo público para construír un edifico innecesario na Praza de España, no pasado pleno se acorda unha nova privatización dun espazo público e, de novo, de maneira innecesaria.

Estou a referirma á privatización de 600 m2 do Edificio do antigo Hospicio para unha Asociación de Empresarios ( por definición con ánimo de lucro) para facer unha innecesaria Escola Comarcal de Hostalería. Por se non fose suficiente a privatización do espazo, a Deputación e o Concello de Ferrol van a construír a Escola citada poñendo 100 millóns de pts. a Deputación e 25 millóns de pts. o Concello . O acordo plenario o que ven a supoñer é un negocio redondo para a Asociación de Empresarios de Hostalería ( por definición con ánimo de lucro).

Primeira fase: se lles cede un local público, logo se lles habilita con cartos públicos. Eles farán a selección do profesorado, xa veremos con que criterios, esperemos que non sexan o de amiguismo e clielentelismo.

Segunda Fase:Despois virán a subvención para a celebración de cursos, tamén con cartos públicos e as prácticas de alumnos ( man de obra gratuíta) nalgúns locais de hostalería da citada Asociación de Empresarios.

Terceira fase: Por último, se subvencionará a creación de emprego, tamén con cartos públicos, por parte da Asociación de Empresarios de Hostalería. Negocio redondo e sen gastar un peso do seus petos.

Nesta comarca, en Pontedeume, hai unha Escola Pública de Hostalería de moita sona e prestixio que forma profesionais, de valía recoñecida, cada ano. Se é preciso ampliala, dada a demanda dos citados profesionais, que se faga : Unha Escola Pública con ensinanzas regradas.

Tamén nesta comarca o sindicato nacionalista CIG ven formando, desde hai 15 anos persoal de hostalería e non todos atopan traballo.

¿ Para que se fai necesaria unha nova escola de hostalería, feita con cartos públicos, nun espazo público e con xestión privada?.

¿ A quen vai beneficiar ?.

Supoño que agora a Asociación de Empresarios do Comercio, por poñer un exemplo, pedirá ó Concello que lles cedan o inmoble da rúa María, pertencente o Legado Carvajal, e que o Concello vai allear para que , tamén con cartos públicos, lles monten unha Escola de Formación de escaparatistas, vendedores, almaceneiros, etc. ¿Non teñen o mesmo dereito ? e despois outras Asociacións de Empresarios doutros ramos tamén pedirán o mesmo, por que tamén están no mesmo dereito que a Asociación de Empresarios de Hostalería.

Xa se sabe que “a río revolto”.

E nesto soou o espertador, eran as 5:45 e había que erguerse para ir a traballar. Fora todo un soño ¿ ou fora un pesadelo?.

Xosé Miguel López Pérez

Nota.-
Este artigo tamén foi publicado no Diario de Ferrol o mércores día 11 de abril.

A Junta entrega a Porta Nova ao PP e IF para que especulem com os nossos espaços públicos

De: Nosup-trasancos -nosup-trasancos@nosgaliza.org-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 13 de Abril de 2007 19:14
Asunto: A Junta entrega a Porta Nova ao PP e IF para que especulem com os nossos espaços públicos

A Junta entrega a Porta Nova ao PP e IF para que especulem com os nossos espaços públicos

A Assembleia Comarcal de NÓS-Unidade Popular quer fazer pública a sua indignaçom pola decisom da Direcçom Geral do Urbanismo da Junta da Galiza, de permitir a construçom de um prédio de 5 andares e 21 metros de alto em plena Porta Nova, um dos cada vez mais escassos escassos públicos existentes no centro urbano de Ferrol.

A decisom tem a gravidade acrescentada de deixar o povo de Ferrol, que se tem manifestado repetidamente contra semelhante aberraçom urbanística, desprotegido perante os seus governantes locais, empenhados em especular com o solo público, neste caso mediante umha requalificaçom para evitar os impedimentos legais existentes.

A qualificaçom actual de zona viária em que nom podem ser construídos edifícios foi o motivo alegado pola Junta para, com bom critério, ordenar a paralisaçom das obras. No entanto, o governo municipal do PP e IF afirmou com total descaramento que esquivaria a lei com umha requalificaçom à medida dos seus interesses urbanísticos e privatizadores.

Agora comprovamos como, de maneira inaudita, a Direcçom Geral de Urbanismo da Junta, em maos do PSOE, aceita a jogada de Juan Juncal e companhia, e dá via livre à modificaçom do PGOM e legaliza a mutilaçom de umha das praças mais emblemáticas do nosso concelho. Umha decisom que condena à indefensom o povo de Ferrol diante das máfias políticas e da construçom (PP, IF e Abeconsa) que estám em plena ofensiva contra os espaços públicos e zonas verdes do concelho, estabelecendo um perigoso precedente.

NÓS-Unidade Popular, como parte do movimento popular que nos últimos meses se manifestou repetidamente polas ruas de Ferrol contra a política urbanística do PP e IF, e contra a construçom do edifício na Porta Nova, ratifica a sua aposta em continuar a luta vicinal contra a especulaçom e pola paralisaçom definitiva das obras da Porta Nova. Esperamos que a totalidade de entidades populares que nos manifestamos mantenham a necessária firmeza em defesa dos nossos espaços públicos e contra a especulaçom urbanística.

Assembleia Comarcal de NÓS-UP em Trasancos

Ferrol, 13 de Abril de 2007

venres, abril 13, 2007

Urxe a revisión da delimitación do D.P.M.T. na Frouxeira

De: CARLOS OUTEIRO BAAMONDE -couteiro@hotmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 13 de Abril de 2007 14:47
Asunto: Urxe a revisión da delimitación do D.P.M.T. na Frouxeira

Adxunto nota de prensa que enviamos hoxe sobre o asunto.

Un aperta, Carlos Outeiro.

Urxe a revisión da delimitación do D.P.M.T. na Frouxeira

Desde a organización ecoloxista Adega non podemos menos que felicitarnos pola rectificación da Demarcación de Costas en Galiza con respeito ao edificio que pretendía facer en DPMT no concello de Valdoviño. Para acadar esta rectificación foi necesario formalizar dununcia por escrito na propia Demarcación de Costas e nas Consellarías de Política Territorial e Medio Ambiente.

Abalando as causas entre a prevaricación e a incompetencia, deberían derivarse consecuencias para quen utiliza tan inaxeitadamente os cartos públicos.

Reclamamos do Ministerio de MA que, denantes de emprender obra algunha na Frouxeira, revise a delimitación do DPMT en base ao obrigatorio cumprimento da Lei de Costas. Ese entorno ten os marcos de delimitación tan caóticamente ubicados que se poden ollar incluso nas inmediacións da auga da Lagoa da Frouxeira, sendo obrigado protexer a totalidade da zona de influencia das augas e das zonas areosas.

Quen asume a responsabilidade de delimitar este espazo de protección, ten que dar exemplo do seu cumprimento.

Apoiamos a dotación de servizos públicos na praia da Frouxeira, sempre dentro da legalidade vixente, polo que terán que facelo fóra do DPMT e fóra da súa área de protección (100 m) cando isto sexa posíbel ou, con instalacións móbiles en caso contrario.

En Valdoviño a 13 de abril do 2007
Xesús Andrés López Piñeiro
Presidente de ADEGA-Trasancos

A Comunidade Menáncaro reitera a súa petición de que o Concello de Ferrol non aprobe o Plano de Sectorización

Este venres, 13 de abril, o Concelleiro Delegado de Urbanismo, Guillermo Evia, pretende que a Comisión Municipal de Urbanismo, nunha sesión que está previsto que se celebre ás 10:00 hs, aprobe unha resolución para levar ao vindeiro Pleno do 26 deste mes, para que este se pronuncie sobre a aprobación presunta e definitiva do Plano de Sectorización de Menáncaro, por entender que se produzo silencio administrativo.

As persoas que formamos parte da Comunidade Menáncaro, vemos con preocupación esta iniciativa do Sr. Evia, pois non deixa de ser unha irresponsabilidade, dado que o citado Plano non só é rexeitado de forma contundente pola veciñanza e entidades ecoloxistas e sociais do concello, senón que xa se teñen emitido até tres informes da administración autonómica, dous desfavorabeis ao Proxecto, por parte da Dirección Xeral de Urbanismo, e un da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, onde se lle empraza, ao Concello, a someter o Plano de Sectorización ao trámite de Avaliación do Impacto Ambiental, considerando a revisión do Estudo de Impacto Ambiental presentado no seu día, e completar este cunha serie de informes [da D. X. de Conservación da Natureza, da D. X. de Patrimonio Cultural e de Augas de Galicia], outros trámites e actuacións, así como efectuar o trámite de información pública; chegando a cualificar a Fraga como unha zona de importancia ecolóxica e paisaxística. Mais os informes de mais peso son os preceptivos da Dirección Xeral de Urbanismo que por dúas veces veñen a informar desfavorabelmente á intervención urbanística na Fraga, alegando moitas deficiencias no propio Plano. Mais sobre todo cuestiona o conxunto do mesmo a delimitación da área; a conexión de infraestruturas; a súa inserción no territorio; a ordenación; a zonificación ... Todas cuestións que invalidan o proxecto urbanístico cualificando o espazo excesivamente reducido para a actuación que se pretende.

Por outra banda é moi contraditorio, co que agora pretenden, que no seu momento o Goberno Municipal, acordase solicitar que a Fraga de Menáncaro forme parte do Catálogo Galego de Arbores e Formacións Senlleiras, o que levaría parello unha especial protección da zona.

Noutra orde de cousas, os Planos de Sectorización en xeral, teñen que ter unha xustificación de peso para que os Concellos dean o seu visto bon, e mire por onde se mire a xustificación alegada pola empresa promotora: a falta de oferta de vivenda en Ferrol, o despegue industrial da zona e unha grande demanda deste tipo de vivendas, perde todo o peso do mundo, cando segundo dados do IGE, Ferrol perdeu máis 5.000 habitantes nunha só década [1991-2001], hai máis de 7.500 vivendas baleiras, todos dados tirados de 2001; a poboación de Ferrolsegue baixando se no 2001 eramos 77.930,neste momento con datos do padron de 2006 somos 76.399, dos cais sobre unhas 17.000 son persoas que superan os 65 anos de idade; o índice de envellecemento [relación entre a poboación maior de 64 anos e a poboación menor de 20 anos] na cidade era, en dados do 2005, 144,77, cando a media de Galiza esta en 130,04. Segundo os dados oficiais, Ferrol, segue sendo unha das zonas de Galiza máis deprimidas e cun maior índice de desemprego. Mais aínda se temos en conta as previsións de construción de vivenda que hai para santa Icía, Santa Mariña e o Bertón, onde son mais de 2.000 as vivendas previstas de nova construción, a argumentación da promotora e o Concello aínda perde máis peso.

Chamamos a atención do que consideramos algo moi importante, dado o impopular e cuestionado, tanto administrativa como socialmente, proxecto urbanístico, este non se vai efectuar, mais unha vez aprobado en Pleno, aínda que sexa nulo de pleno dereito, o Concello probabelmente que teña que facer fronte a unha importante indemnización á empresa promotora,cos cartos de toda a cidadanía. Non é de recibo que inmersos xa, os partidos políticos, nun proceso electoral, estexamos a cidadanía baixo estas ameazas à veciñanza e ao medio ambiente.

Mais o verdadeiro argumento realmente fundamental é o innecesario e criminoso sacrificio dunha das escasísimas e reducidísimas mostras de bosque autóctono existentes no Concello de Ferrol, irrecuperábel no caso da súa destrución ou desaparición, para no seu lugar poñer 69 chales e un complexo hosteleiro e o grave do asunto é que un dos grandes beneficiarios da construción deste complexo especulativo non é outro que Juan José Fernández García, actual Teniente Alcalde de Ferrol, líder de Independentes por Ferrol, apoiado polos seus socios do pp no Goberno Municipal, que en vez de protexer o noso patrimonio natural colectivo, fai todo o contrario, pois tirou un beneficio particular, a todas luces eticamente deplorábel, sen entrar noutras valoracións que será o fiscal o que as determine no seu momento.

A Fraga de Menáncaro é un lugar merecedor de normas protectoras específicas, dado o seu interese natural, didáctico, científico, cultural, paisaxístico e ecolóxico do conxunto do habitat e dalgunhas das árbores e espécimes da flora existentes no lugar, xa que constitúe un patrimonio natural e cultural valioso, de interese público.

Desde as organizacións ecoloxistas e veciñais vímonos opoñendo, desde hai tempo, a tal agresión ao medio natural e demandamos para toda a Fraga unha figura de protección especial de todo o Espazo Natural, polo que reiteramos ao Concello de que unha vez por todas rexeite o Plano de Sectorización e chamamos a toda a cidadanía a secundar esta demanda, mesmo agora diante das próximas eleccións municipais, e sobre todo agora que desde a propia ONU estase a facer un chamamento para protexer os espazos naturais e o medio ambiente para desacelerar o cambio climático que pode ser catastrófico para a humanidade e todas as especies do Planeta.


En Ferrol a 12 de Abril de 2007

Asinado no nome da Comunidade Menáncaro por:

Ramón Regueiro Santiago
DNI 32591787-M
Lugar de Quiá, 180
Serantes-Ferrol [15405]

Telefono.: 981327494
Telemóbel: 630287900


A Comunidade Menáncaro é un organismo de participación cidadán integrado por grupos ecoloxistas e veciñais.

correio-e:
menancaro@gmail.com
Blog da Comunidade Menáncaro:
http://menancaro.blogspot.com

A Dirección Xeral de Urbanismo emite un ditame onde resolve autorizar o cambio de uso para a Praza da Porta Nova

A resolución da Dirección Xeral de Urbanismo, ven dar unha de cal e outra de area ao Goberno Local, por unha banda autoriza o cambio de uso do solo da praza e por outro reitera que o Concello ten que parar as obras do macro-edificio por ser ilegais os acordos plenarios onde se tomou a decisión e que hai dúbidas razonabeis sobre o uso que se lle pretende dar. O que si non hai dubida é da incoerencia de tal dictamen administrativo, mais eles saberán porque o fan. Desde o movimento cidadán seguimos manifestando a nosa oposición ao proxecto, aíndaque agora se poida legalizar a construción dun edificio público, mais segue sendo un proxecto innecesario e ilegal no seu uso final dado que só pode ser destinado a equipamentos públicos, polo que a principal razón que esgrimian desde IF-PP que era pagarlle a ABECONSA as obras coa privatización do uso do macro-edificio por dúcias de anos, perde todo valor, por tornarse insevíbel e ilegal tal claúsula da concesión. Desde o movimento cidadán seguimos amosando a nosa oposición ao planeamento municipal da Praza da Porta Nova, reivindicando a paralización das obras e que se abra un dialogo social para consensuar un novo proxecto que respecte o uso público da Praza, limpa e aberta para goce de toda a cidadanía.

A mobilización popular, consistirá nunha concentración cidadán o vindeiro xoves, 26 de abril, ás 18:30 hrs, na Praza do Concello de Ferrol, coincidindo coa celebración do Pleno Municipal Ordinario.

_____________________

Así daba a noticia a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte:

Política Territorial aproba a modificación do PXOM de Ferrol sobre a Praza de España
  • Dita modificación ten por finalidade a recalificación dunha superficie de 18.056 m2 de solo urbano que, ata o de agora, o planeamento municipal clasificaba como sistema xeral viario.
  • O mesmo PXOM ferrolán establece que as actividades permitidas nesa superficie quedan restrinxidas exclusivamente a usos públicos de servizo directo aos cidadáns.
  • A Consellería mantén o requirimento para que o Concello anule os acordos plenarios que amparaban as obras da Praza de España por ser nulos de pleno dereito.

Santiago, 12 de abril de 2007.- A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes aprobou definitivamente a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ferrol que ten por finalidade a recalificación dunha superficie de 18.056 m2 de solo urbano no ámbito da praza de España que, ata o de agora, figuraban no planeamento urbanístico municipal como sistema xeral viario.

A Orde relativa á reordenación dos sistemas xerais de equipamentos comunitarios, zonas verdes e de espazos públicos no que atinxe á praza foi asinada pola conselleira María José Caride e remitida ao Concello de Ferrol. Na mesma apróbase a modificación do PXOM nos termos propostos polo Concello de Ferrol, á excepción do epígrafe 1.3 da memoria que fai referencia a que os novos espazos libres sirvan para compensar incrementos de edificabilidade noutras actuacións públicas que requiran maiores reservas dotacionais, cuestión esta que foi rexeitada pola Dirección Xeral de Urbanismo.

A proposta aprobada implica que esta superficie se reparta da seguinte maneira: 12.0521 m2 destinados a sistema local de espazos libres públicos, 2.979 m2 cualificado como sistema xeral viario e os 3.025 m2 restantes para sistema xeral de equipamentos comunitarios públicos que, segundo a modificación puntual, poden albergar dous volumes de 4,5 metros de altura nos que se localizan as saídas do aparcadoiro soterrado e un edificio de planta baixa e seis alturas, que non poderá sobrepasar os 21 metros.

O propio artigo 118 do PXOM de Ferrol especifica de xeito pormenorizado que as actividades e instalacións permitidas nas superficies destinadas a usos públicos ou colectivos para servizo directo dos cidadáns son unicamente as de carácter docente, deportivo, sanitario e asistencial, socio-cultural, relixiosos, público-administrativo, cemiterios, mercados e abastecemento e servizos urbanos. Polo tanto, o edificio que, segundo a modificación do PXOM se pode construír na praza de España, tan só poderá ser destinado en exclusiva aos usos de carácter público anteriormente mencionados.

Non obstante, a Consellería de Política Territorial mantén o requirimento efectuado o pasado 27 de febreiro para que o Concello suspenda as obras de edificación da Praza de España e revise os acordos plenarios adoptados para o cambio de uso dos terreos nese ámbito e de aprobación definitiva do proxecto de urbanización da zona. Política Territorial reitera que ditos acordos (celebrados en sesións plenarias de 24 de novembro de 2004 e de 16 de marzo de 2005) son nulos de pleno dereito ao non estar contemplados no PXOM. Cómpre salientar que a modificación puntual do PXOM aprobada agora e que permite o cambio de uso destes terreos non ten carácter retroactivo, polo que os acordos plenarios adoptados con anterioridade carecen de legalidade e, polo tanto, deben ser revocados.
_______

Como tratan a noticia nos medios informativos convencionais:

A noticia no Diario de Ferrol -I-

A noticia no Diario de Ferrol -II-

A noticia en Vieiros

A noticia en Galicia-Hoxe

A noticia en La Opinión de A Coruña

A noticia en El Correo Gallego

A noticia en O Xornal

A noticia en La Voz de Galicia

xoves, abril 12, 2007

Van a seguir loitando para que o espazo da Praza de España sexa público e non teña edificio algún

De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 12 de Abril de 2007 19:03
Asunto: Van a seguir loitando para que o espazo da Praza de España sexa público e non teña edificio algún


ESQUERDA UNIDA-IU vai a seguir loitando para que o espazo da Praza de España sexa público e non teña edificio algún


ESQUERDA UNIDA-IU acaba de ter coñecemento de que a Xunta de Galicia ven de aprobar a modificación do Plan Xeral, nunha decisión que facilita ao goberno municipal avanzar nos seus planes de privatizar ao espazo da Praza de España mediante a construcción dun edificio.

A Xunta aínda mantendo a nulidade dos acordos plenarios, abre unha fiestra ao ladrillo dos interesese conómicos privados, pois facilita que o goberno da dereita en Ferrol acorde nun novo Pleno a construcción na Praza de España. Mais hoxendía segue a ser ilegal o que o goberno municipal está afacer na Prza de España.

ESQUERDA UNIDA-IU quere facer constar que se revelan certeiras as críticas que fixemos a un prazo tan longo para deter as obras como foron os tres meses, que permítelle agora a dereita ferrolán legalizar esta privatización do espazo público da Praza de España. A resolución da Xunta sobre a legalidade das obras amósase como un papel mollado, habida conta que habilita ao Concello para legalizar o edificio e “aquí no ha pasado nada”.

Bástaríalles con convocar un novo pleno, anular os acordos anteriores, referidos a concesión administrativa e autorización de obrar a Abeconsa, e volver a acordar exactamente o mesmo, para logo proseguir cas obras. A Xunta con este acordo desvirtúa absolutamente o espíritu da LOUGA ao facer unha lectura tolerante e superflexible da mesma.

O aceptar a Xunta o cambio de uso, permite que baixo a noción de servizo urbano pódase colar unha utilización privatizadora da Praza de España. E dado que o PXOM vixente admite que se poida entregar unha concesión para estos servizos urbanos, atopamonos seguro diante da construcción dun centro comercial.

A nosa organización lembra a cidadanía en xeral, e ao pequeño comercio en particular, cal e a sorte desgraciada que lle resta a éste cando chegan as grandes superficies; só hai que botar contas: nos anos noventa do pasado século por cada centro comercial que abriu no país pecharon case 200 establecementos de pequeno comercio. Xa o dicía Saramago na Caverna.

Sinalar tamén que a resolución feita pública pola Xunta de Galicia tamén imposibilita a chapuza urbanística que este Goberno Municipal pretendía perpetrar co convenio de defensa, consistente en relacionar o exceso de edificabilidade do Cuartelillo de Marinería cunha cesión inexistente na praza de España (inexistente por canto antes da modificación puntual hai a mesma cantidade de solo público que despois da modificación, cambiando tan só os usos previsto para este solo público)

ESQUERDA UNIDA-IU vai seguir a traballar coa meirande parte do movemento asociativo e veciñal ferrolán para preservar o espazo da Praza de España como un ámbito público libre de edificacións e que sirva ao noso propósito de reconstruir unha cidade relacional ao servizo da mellora da calidade de vida cidadá.

Denuncian que a urbanización da fraga de Menáncaro hipoteca o futuro dun posible parque ambiental entre Mandiá e A Malata

De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 12 de Abril de 2007 14:39
Asunto: Denuncian que a urbanización da fraga de Menáncaro hipoteca o futuro dun posible parque ambiental entre Mandiá e A Malata


ESQUERDA UNIDA-IU denuncia que a urbanización da fraga de Menáncaro hipoteca o futuro dun posible parque ambiental entre Mandiá e A Malata

ESQUERDA UNIDA-IU quere denunciar que as intencións que o goberno municipal ten de edificar na fraga de Menáncaro comprometería tamén gravísimamente o futuro dun posible parque fluvial para a nosa cidade, parque que discurriría entre Mandiá e A Malata.

O goberno municipal facendo oídos xordos a reiterados informes desfavorables da Xunta de Galicia, obstínase en levar adiante este gravísimo ataque a un espazo único para a nosa bisbarra. Só intereses espúrios poden explicar a teimosía coa que se quere agredir o patrimonio natural de tod@s nós.

Os verquidos que provocaría a urbanización de Menáncaro, o impacto dos movementos de terra previstos e a impermeabilización do solo pola urbanización provocarían un gravísimo impacto ambiental e paisaxístico en Menáncaro, e o agravamanto dos problemas de inundacións en Serantes.

A nosa organización quere denunciar tamén que o plan de sectorización de Menáncaro suporía hipotecar un futuro parque ambiental, que nós poría na liña doutras cidades, caso de Santiago de Compostela, co parque ambiental do Sarela, ou de Vitoria, e o seu cinto verde.

ESQUERDA UNIDA-IU, nas antípodas do que defende este goberno municipal para Menáncaro, propón a creación do parque fluvial do Rego de Aneiros-Río da Sardiña, atopándonos co realce do espazo fluvial máis importante do noso Concello.

O devandito parque permitiría recuperar a continuidade ambiental do río, hoxe ameazada por diversas actuacións infrestruturais e urbanizadoras. O espazo recuperado esta moi preto da cidade o que facilitaría o seu disfrute pola cidadanía, formando un conxunto co paseo marítimo e as instalacións deportivas e de ocio de A Malata.

Esta intervención permitiría ademáis a diversificación da base economica dos espazos rurais do municipio, introducindo usos relacionados co ocio e o turismo, ao tempo que melloraria a calidade de vida das xentes de Mandiá e Serantes e integraría dun xeito natural (e non conflictivo, como acontece cas urbanizacións de chalés) os mundos rurais e urbano.

Este parque parte da Estratexia Territorial Europea, aprobada pola Comisión Europea a finais dos anos 90 do pasado século, e que aínda non se aplica en Ferrol a día de hoxe, empeñados como están os nosos gobernantes en facilitar calquera negocio inmobiliario aínda a costa de estragar todo o noso patrimonio natural.

Este parque conectaría e abranguiría os seguintes elementos naturais e patrimoniais : o humidal de A Malata, a formación senlleira da Fraga de Menáncaro, as fontes do Rego de Aneiros en Mandiá, a Casa Muiño da Ponte Souto, o Pazo de Mandiá, os Castros de Mandiá e Vilela, o Lavadoiro de Bustelo, entre outras pezas valiosas, caso de muíños, pontellas e fontes.

ESQUERDA UNIDA-IU propón, de entrada, unha batería de accións encamiñadas á recuperación deste espazo, que non pode caer nas poutas da economía espúrea do ladrillo:

  • Paralización da operación inmobiliaria en Menáncaro.

  • Ampliación do esteiro do río na súa desembocadura na ensenada de A Malata, coa construcción dunha ponte no paseo de A Malata, que salve completamente o esteiro do río da Sardiña.

  • Restauración ambiental das fontes do Rego de Aneiros en Mandiá, alteradas de xeito gravísimo coa construcción do acceso ao porto exterior.

  • Recuperación do tránsito peonil a traverso do clube de Campo, agora pechado ilegalmente.

  • Restauración, acceso e posta en valor dos elementos patrimoniais máis importantes.

Creación dunha senda peonil, alonxada dos espazos máis fráxiles ambientalmente, que garanta o disfrute de tódolos elementos de interese deste espazo fluvial sen por iso alterar a súa calidade ambiental.

Unión Libertaria de Ferrol organiza en Abril e Maio un ciclo de cinema e documental de interese social, histórico e medioambiental

De: Unión Libertaria -unionlibertaria@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 11 de Abril de 2007 19:57
Asunto: Unión Libertaria de Ferrol organiza en Abril e Maio un ciclo de cinema e documental de interese social, histórico e medioambiental

Clica acima da imaxen para ampliar o cartaz


Unión Libertaria de Ferrol organiza en Abril e Maio un ciclo de cinema e documental de interese social, histórico e medioambiental co seguinte programa:

Domingo 15 de Abril: Fasinpat

Domingo 22 de Abril: Terra encima

Domingo 29 de Abril: Contaminación: O ocaso da luz

Domingo 6 de Maio: Democracia nas rúas

Todas as proxeccións serán ás 19:00 horas no local situado na Avenida de Esteiro nº 10, baixo (Ferrol)

Saúde
____
Enlace relacionado:
http://www.unionlibertaria.org
______

mércores, abril 11, 2007

Convocada unha concentración en Ferrol o 26 de abril, xoves, ás 18:30 hs, na Praza do Concello de Ferrol

De: Convocantes en defensa dos espazos públicos -defendendo.os.espazos.publicos@gmail.com-
Para: artabra212gmail.com
Data: 11 de Abril de 2007 13:22
Asunto: Convocada unha concentración en Ferrol o 26 de abril, Xoves, ás 18:30, na Praza do Concello de Ferrol.

Convocada unha concentración en Ferrol o 26 de abril, Xoves, ás 18:30, na Praza do Concello de Ferrol, para esixir a paralización das obras do macro-edifio na Praza da Porta Nova.


Comunicamos que na Reunión da tarde de onte no local social de Fontelonga, Acordamos facer un CHAMAMENTO SOCIAL para realizar unha CONCENTRACIÓN CIDADÁ para o xoves día 26 de abril ás 6, 30 horas da tarde na Praza do Concello, coincidindo co PLENO ORDINARIO.

Ferrol a 11 de Abril de 2007.
Xosé M. Sanxoán

MOBILIZACION

CONCENTRACIÓN SOCIAL

Os CONVOCANTES en defensa dos espazos e prazas publicas, reunidos este martes á tarde do día 10 de abril no local social da Asociación Veciñal de Fontelonga .

Considerando as circunstancias que rodean a construción do EDIFICIO DA PRAZA DE PORTA NOVA , PRAZA DE ESPAÑA , analizamos :

1º.- Que o Goberno Local continúa e acelera a construción do EDIFICIO DA PRAZA DE ESPAÑA sen que se observe ningunha intención de buscar solucións ou alternativas que satisfaga e convenza a cidadanía.

2º.- Que OS CONVOCANTES seguemos sempre a defender unha PRAZA LIBRE DE EDIFICIOS e de todo IMPACTO VISUAL para goce e uso de toda a cidadanía .

3º.- Que ante o INFORME DESFAVORABLE da DIRECCIÓN XERAL DE URBANISMO DA XUNTA DE GALICIA , recomendando A PARALIZACION DE OBRAS, este Goberno omite este mandato nun claro desafío institucional.

4º.- Solicitar unha entrevista co Fiscal para nos informar se ten constancia de observar unha clara infracción urbanística e denunciar estes feitos solicitando a paralización xudicial das obras con caracter urxente.

5º.- Que ademais do mal gusto e feísmo en xeral desta Praza que toda a cidadanía ven observando :

A C O R D A M O S :

FACER UN CHAMAMENTO A TODA A CIDADANÍA DE FERROL, PARA REALIZAR UNHA CONCENTRACIÓN CIDADÁ DIANTE DO PAZO MUNICIAPAL , PRAZA DE ARMAS, O XOVES, DÍA 26 DE ABRIL A PARTIR DAS 6, 30 HORAS DA TARDE.

SOLICITAREMOS E MESMO ESIXIREMOS A PARALIZACION DAS OBRAS DOS EDIFICIOS DA PRAZA DE ESPAÑA- PORTA NOVA.

Ferrol a 10 Abril de 2007.

Convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, en contra do macro-edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España]:

Asociación Cultural Fuco Buxán,
Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga",
Asociación Veciñal de Ferrol-Vello,
Asociación Veciñal O Cruceiro de Canido,
Asociación Veciñal "O Rosario - Inferniño",
Asociación Veciñal de Santa Mariña,
Asociación Veciñal de San Xoan-Bertón,
Asociación Sociocultural Lopez Bouza
CC.OO Ferrol,
CIG-Ferrol,
Colectivo Veciñal Sartaña,
Esquerda Unida - IU,
Federación de ANPAS de Centros Públicos de Ferrolterra,
Os Verdes - Grupo Verde de Ferrol,
NÓS - Unidade Popular,
Plataforma Ártabra21,
Terra Galega,
UGT-Ferrol,
USTG-Ferrol.

Lamentan a incompetencia municipal e demandan un novo convenio con Defensa

De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 11 de Abril de 2007 11:17
Asunto: Lamentan a incompetencia municipal e demandan un novo convenio con Defensa


ESQUERDA UNIDA-IU LAMENTA A INCOMPETENCIA MUNICIPAL E DEMANDA UN NOVO E AMBICIOSO CONVENIO CON DEFENSA

ESQUERDA UNIDA-IU quere facer constar perante a cidadanía que o paso do tempo veu a darnos a razón. Cando no arranque da lexislatura municipal, se levou por parte do equipo de goberno a Pleno a proposta de convenio co Ministerio de Defensa, a nosa organización fixo toda unha serie de críticas ao proxecto, que hoxe revélanse certeiras.

Cando o Pleno de 23 de outubro de 2003, ESQUERDA UNIDA-IU anotou no debe do proxecto graves carencias que comprometían o porvir urbanístico da nosa cidade. Non só lamentamos presas e denunciamos o secretismo no tramo negociador.

Nós apuntamos que a negociación non se fixo entre iguais, entre dúas administracións públicas interesadas en mellorar aspectos esenciais da vida cidadá como os que relacionan urbanismo, equipamentos e espazos verdes; lonxe de tal perspectiva – que debe ser non só a nosa, senón a de calquer responsable público -, o Ministerio era o que nos dictaba o cómo e o cando para facer as oportunas modificacións no planeamento urbanizador,asemade de marcarnos os prazos de execución.

A nosa organización denunciou entón que o Concello non aproveitaba para achegar unha proposta de convenio realmente ambiciosa para interrelacionar equipamentos, patrimonio, e espazos verdes, conxugados nunha proposta urbanizadora que abrise a cidade ao mar, e que permitira a desmontaxe dunha vella hipoteca, pola cal Defensa condiciona o desenvolvemento urbanísitoco de Ferrol. Nós rexeitamos en solitario un convenio que nos pareceu menor, e que co paso do tempo quedou en nada.

O exemplo do que puido ser o non foi deben estar na memoria de tod@s: a operación no Sánchez Aguilera limitabaa somentes unha parte os usos deste espazo, que para a nosa organización debe ser concebido nunha renegociación como o espazo verde do centro urbano, espazo para o esparcimento e os usos culturais. Outro caso que non podemos deixar de lembrar acerca das non realizacións dun goberno muncipal en bancarrota política, resulta do fracaso de ter deixado morrer catro anos sen dotar a esta cidade dunha residencia universitaria ( equipamento central para poder desenvolver un campus universitario e que aínda por riba só reporta beneficios a cidade en termos poboacionais e de vida cidadá ). Ou a cuestión do paseo dos Irmandiños, onde o único que facía o convenio era consignar unha realidade de hai moitos anos, en canto a o uso como paseo do mesmo. Sen obviar o reparto desequilibrado das plusvalías a xerar polo desenvolvemento do convenio.

Cómpre non esquencer neste somero repaso a un convenio difunto, un punto importantísimo que axudou a bloquear o convenio aínda nas súas posibilidades menores: o goberno municipal concebiu o convenio como uha ferramenta para poder edificar de xeito desmedido, o que conlevou o exceso de edificabilidade; nada novo para este goberno municipal entregado a edificar sin tasa en calquer espazo público relavante, v.gr. Praza de España.

ESQUERDA UNIDA-IU reitera, pois a súa valoración negativa da pésima xestión do goberno municipal, valoración racional – respaldada pola defunción dun convenio que ´so a nosa organización política dixo que non valía.

ESQUERDA UNIDA-IU hai xa cinco meses, en rolda de prensa, defendeu a necesidade dunha renegociación ambiciosa do convenio, que permita a nosa cidade dotarse duns espazos que xenerosamente tiveron noutrora usos militares, e que deben retornar a enriquecer a vida cidadá de Ferrol, nunha trama urbana de espazos públicos, equipamentos de calidade e espazos verdes

Máis sobre a manifestación do 6 de maio en Compostela

De: Fusquenlla -fusquenlla@sospontedeume.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 11 de Abril de 2007 00:17
Asunto: Nota da Plataforma Ártabra 21


Ola compañeir@s - Pronto faremos unha CONVOCATORIA da XUNTA COORDINADORA para debater e abordar estes temas tan importantes que será con toda probabilidade a vindeira semana, martes día 17 ás 7, 30 horas da tarde.

Ir traendo propostas concretas para a Coordinadora e tamén para a vindeira ASEMBLEA do día 24 no salón de actos do edificio administrativo da Xunta de Galiza na praza de españa- porta nova.

Xa vos convocaremos e o lugar onde face-lo.

Saúdos

xosé mel sanxoán

Cremos que urxe unha reunión para decidir o apoio á manifestación do día 6 de maio. Lembrade que o día 22 deste mes terá lugar unha declaración pública en Santiago ante os medios de comunicación para dar conta desta mobilización e das asociacións convocantes.

Queremos saber cales dos grupos integrantes de Ártabra 21 asinan esta convocatoria.

Un saúdo

To (Fusquenlla)

__________________________________
[Fwd: [redelitoralvivo] [Fwd: manifetación día 6 de maio en santiago.]
Fusquenlla -fusquenlla@sospontedeume.com- 10 de Abril de 2007 23:21
Para: artabra21@gmail.com



---------- Mensagem encaminhada ----------
From: Xan Duro
To: redelitoralvivo@verdegaia.org
Date: Tue, 10 Apr 2007 18:42:58 +0200
Subject: [redelitoralvivo] [Fwd: manifetación día 6 de maio en santiago.]


-------- Original Message --------

Dende Cies Artesanais S. Coop. Galega, estase interesado en participar nesta manifestación, que consideramos de gran importancia, dado o estado no que se topan as nosas costas.

E por elo, que a fin de poder informar ós socios da cooperativa e a todos os interesados, necesitaríamos que nos enviedes o mais axiña posible os seguintes datos : lugar, hora, día e si é posible algún cartel da convocatoria.

Moitas grazas por todo, e ánimo.

Cies Artesanais S. Coop. Galega.

correo: c.naseiros@terra.es
teléfonos de contacto: 986228326 653750682 --3

--
Xan Duro
Coordenador Xeral de Verdegaia
www.verdegaia.org
www.bicis.info
www.redelitoralvivo.info
www.plataformaferrocarril.org

martes, abril 10, 2007

Ciclo de conferencias sobre sustentabilidade organizadas pola Sociedade Galega de Historia Natural -SGHN- no Ateneo Ferrolán

De: Antonio Gª -angaji@yahoo.com-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 10 de Abril de 2007 14:58

Asunto: Ciclo de conferencias "SUSTENTABILIDADE, cousas de Valdoviño, día de Arbore, entrevista a Suso en Ferrolhoy,..


ADEGA celebrou este ano o Día da Árbore en Fene, nun acto onde se plantaron 70 alisos no contorno do Río Cádavo

Queridos/as compañeiros/as: Espero que fora ben a s.Santa con Chamorro incluido.

Ainda que seguramente xa o sabedes vos reenvío información de algunhas novas da prensa, e ciclo conferencias,etc.

-Nova no Diario Ferrol, sobre a nota de prensa que enviades sobre a urbanización de Valdoviño: moi ben polo chollo.

-Foto do dia de árbore en Fene (..temos interposta a nós unha demanda por "explotación infantil",....).

-Ciclo de conferencias no Ateneo, sobre Sostenibilidade (algunhas se superpoñen ás que temos previastas nós en Caranza,..pero faremos o que poidamos,..).

-Saíu no último nº da nova revista "Ferrolhoy" unha entrevista có noso presidente, Suso, que está moi ben.(non poide baixarllo da web).

Se non teño novas diferentes,creo que a próxima xuntanza nosa é para o próximo martes día 17 as 20 hs onde sempre

Unha aperta

Antonio García -
______________

---- Forwarded Message ----
From: SGHNFERROL
To: Undisclosed-Recipient@yahoo.com
Sent: Tuesday, April 10, 2007 11:50:16 AM
Subject: Ciclo de conferencias "SUSTENTABILIDADE
ASUNTO: Ciclo de conferencias "SUSTENTABILIDADE"

Con este ciclo de conferencias preténdese profundizar en novas visión sobre problemas como industria, urbanismo, educación etc. Que nos axudan a aportar solución a os problemas que hoxe ameazan o planeta.

Hai que abordar a complexidade da relación ser humano-natureza. As interrelacións entre estes dous factores, son crucias tanto para o desenvolvemento humano como para a protección do medio natural. Neste senso é fundamental dar un novo xiro ós modelo de producción e modo de vida humana.

Pensamos que a labor da SGHN, com o se recollen nos seus estatutos, non só abarca o estudo do medio senon tamén a súa protección, por iso que nos sintamos profundamente implicados no aporten de solución.

Máis información:
sghnferrol.blogspot.com/2007/03/ciclo-de-conferencias-sobre.html

SGHN Ferrol
sghnferrol@teleline.es
www.sghn.org
_________________

Denuncian o desinterese do equipo de goberno para pór en funcionamento a escola infantil de Caranza

De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para: artabra21@gmail
Data: 10 de Abril de 2007 14:45
Asunto: Denuncian o desinterese do equipo de goberno para pór en funcionamento a escola infantil de Caranza


ESQUERDA UNIDA-IU quere denunciar o desinterese do equipo de goberno para pór en funcionamento a escola infantil de Caranza

ESQUERDA UNIDA-IU considera inaceptable que o goberno municipal deixe pasar os días sen resolver as cuestións pendentes para garantir que a escola infantil de Caranza poida botar a andar o curso vindeiro. Como xa denunciabamos hai varias semanas, o goberno municipal carece de máis mínimo interese en dar resposta a unha demanda social e educativa de grande importancia para Caranza e para o conxunto da cidade.

O equipo de goberno non pode enganar todo o tempo a tod@s, á oposición, ao barrio de Caranza a e o conxunto da cidadanía,que lle temos reclamado reiteradamente dilixencia e compromiso con este servizo educativo e social.

Un día comprometen unha partida orzamentaria para arranxos urxentes, outro nos din que eles xa fixeron os deberes e que agora resta esperar a sinatura da vicepresidencia, cando a realidade teimuda é que están a deixar morrer os días sen incorporar as modificacións pormenorizadas ao anteproxecto de mínimos, modificacións que lle foron reclamadas pola consellería.

Nós temos que sfirmar que non hai interese en dotar a Caranza e en xeral a Ferrol dunha escola infantil pública e de calidade; que cicáis a dereita política prefire que as nais e pais teñamos que enviar a escolas privadas aos nosos fill@s, para que algúns fagan negocio co que é un dereito; que cicáis a dereita política que malgoberna esta cidade prefire que as mulleres queden na casa a coidar os nenos, e poñer así atrancos a incorporación da muller a vida s social en igualdade de condicións cos homes, para manter roles sexistas e discriminatorios pola vía dos feitos, de negar os equipamentos sociais que propicien a plena incorporación da muller á vida laboral; cicáis a dereita política non entende a importancia da educación nas edades tempranas como factor que coadxuva á correción das desigualdades sociais coas que os nen@s chegan á escola.

ESQUERDA UNIDA-IU fai un chamamento as administracións implicadas , concello e Xunta, para que con traballo e non só con declaracións electoralistas fagan o necesario para que a escola infantil de Caranza entre en funcionamento este vindeiro curso. Non en van, levamos medio ano perdido dende ao acordo do Pleno do concello onde acordáronse unha serie de demandas que suporían a incorporación de Ferrol ao Consorcio Galego de Servizos Sociais. Dende entón, hai menos traballo feito que palabras pronunciadas e ningún resultado. Por elo a nosa denuncia e a nosa esixencia de que o goberno municipal se poña mans á obra para que no que depende del a escola infantil sexa unha realidade educativa e social pública e de calidade.

luns, abril 09, 2007

Sei o que fixestes na última lexislatura

Opinión: Xan do Couto
De: Xan do Couto -xandocouto@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 2 de abril de 2007 9:59

Asunto: Sei o que fixestes na última lexislatura






Hai motivos para estar preocupado ?

Sei o que fixestes na última lexislatura

O asunto do saneamento do rural de Narón ven de vello. O partido do grupo que goberna no Concello, leva desde hai anos, como principal promesa eleitoral o saneamento do rural, e ainda está sen se cumprir. Nos últimos meses comezaron as obras, non sen protestas veciñais pola falta de planificación, información, diálogo ... e o que fixo saltar a alarma veciñal foron as abusivas taxas que cobra o goberno municipal do Sr. Gato, aínda máis se as comparamos coas que cobran nos concellos veciños.

O Alcalde Gato e a súa equipa de goberno,leva anos potenciando o urbanismo e a construcción en superficie, gastando grande parte dos cartos municipais en obras de difícil xustificación [vesaxe o que chaman Pazo da Cultura]; potenciando centros comerciais onde xa hai outros; deixando construir naves industriais nunha zona residencial [A Faisca]; construindo unha "Cidade Fidalga" sen zonas verdes; un edificio onde vai a biblioteca municipal de suposta innobadora estética de vanguardia e posteriormente permitindo a construción de novos edificios que a ocultan; o abandono do rural en sustitución do que noutrora foi a política de descentralización dos servicios, a potenciación dos servizos sociocomunitarios, a dotación ao movimento veciñal de infraestruturas e o apoio e promoción da iniciativa cultural.

O medre do polígono industrial de Río do Pozo non está indo á par coas infraestruturas de saneamento necesarias. Onde están vertendo as augas residuais ? Onde vai o controlo dos resíduos tóxicos [pinturas, aceites, productos químicos, ...] ? Non hai quen depure nada, todo vai á Ría sen negún tipo de tratamento nen controlo.

Cousas ben feitas como as Escolas Infantís, van e se privatizan na súa xestión. Formúlase un novo equipamento municipal de saúde centralizado mais sen ter en conta a opinión cidadán e as súas demandas. Non se pratica, a excepción do Consello Municipal da Muller, a tan manipulada participación cidadán, o que se fai é chamar polo cemento, que obsesión ! A verdade é que o cemento é a especialidade deste goberno municipal. Non é de estrañar que sexa un dos concellos da Galiza onde mais se construi, xa non falemos da segunda cementeira e os escapes de clinker, xa non falemos do Talium altamente cancerixeno.

Está ademais a mole da zona da antigua Arzúa que se construiu vertendo lodos sen controlo ao río. Por certo moitas das vivendas que se van a ofertar nese edificio non chegan aos 40 m2, casualidade que a nova lexislación ao respeito da vivenda os proiba. E que pasa no Ponto? A chatarra de MEGASA vai chegar ao ceo. O recheo foi unha das maiores agresións á Ría, hoxe podese ver a montaña de chatarra desde a estrada de Castela. Mais importante é o que non se ve cando a auga da chuvia lava a chatarra de incontrolada procedencia e todo vai parar ao mar, sen negún tipo de depuración; xa non digamos o que se verte no Ponto a escasos metros da Casa de Guarda Ríos, o que hai pouco era un río, hoxe é un sumidoiro de cheire fedento que impregna todo o contorno. Mais sigamos con MEGASA e o seus verquidos no lugar das Barreiras, en Pedroso, onde a empresa deposita os residuos de escoria que pruduce bombeando ao río Xubia auga filtrada desa escombreira.E falemos tamén as racalificacións gratuitas aos Freire en Xubia, o diñeiro chama a diñeiro, o que mais ten mais quere... A quen lle sae o diñeiro polas orellas ?, outra vez MEGASA de fondo. Terá que ver algo MEGASA con Terra Galega?, tanta permisividade xa cheira que fede. E o das obras da Autopista polo Couto non ten nome, a falta de controlo fixo que AUDASA non respectara o contorno, poñendo en perigo un dos patrimonios culturais mais importantes que temos no concello, o Mosteiro do Couto, e tamén pon en perigo as vivendas do contorno. E poderiamos serguir e seguir... Mais o goberno municipal, controlado polo partido do Alcade Gato, agora chamado Terra Galega, valora a súa xestión municipal como modélica e pretende exportala a outros concellos da comarca. Como nos podemos librar disto? Penso que só o MOVIMENTO SOCIAL E VECIÑAL, comprometido e organizado, será quen de poñer freo ás políticas de receitas neoliberais, do que foi Alcalde e se converteu en promotor urbanístico de centro, e defensor do "todo vale" con tal de que enchan as arcas municipais de diñeiro para a súa vez encher Narón de cemento e máis cemento.

Quen traduce todo en diñeiro, non pode agardar un desenvolvemento soltíbel no seu concello. En Naron a realidade nin se lle asoma. Ainda habendo un punto limpo que non hai noutros concellos, non hai a suficiente depuración de residuos, nen de reciclaxe, nen reutilización... e co agrabante de haber dúas industrias altamente contaminantes como son a siderurxia con base na chatarra e as cementeiras. O desenvolvemento urbanístico é desordenado e especulativo, vamos, a Axenda Local 21 está nas antípodas do que se potencia e apoia desde o goberno municipal deste concello.

Fóra do espellismo do boom inmobiliario naronense, está a realidade do mal estado ou falta de infraestruturas comunitarias: sen parques e xardíns na zona urbana; sen beira-rúas nas estradas, con camiños e pistas intransitábeis, pendentes insostíbeis no Couto, falta de planificación para o tránsito rodado e señalización deficiente; falta de depuradoras e de controlo de resíduos industriais e urbanos; falta da rede de saneamento e de auga potábel a estas alturas do século XXI nunha sociedade que se considera avanzada como é a nosa; os centros de ensino públicos abandoados; non hai política de vivendas sociais e protexidas no concello; vexamos o mal estado dos pavillóns polideportivos; non hai unha rede de transporte público axeitada, potenciandose o uso do transporte privado, mais centralízanse os servizos ao redor da Casa do Concello, sen que haxa estacionamento, a non ser que pages outra taxa nun privado; ...].

Que pasa en Narón? Resulta que imputan ao arquitecto municipal por suposto tráfico de influencias, parace ser tamén que o patrimonio deste técnico é algo elevado. Será casualidade ou estamos a ver unha pequena punta do iceberg da burbulla inmobiliaria naronense? Parece ser que, un reducido grupo de empresas se repartíron os proxectos máis relevantes de obras executadas no municipio nos últimos anos. Non decimos máis, xa se saberá o que está a pasar. Mais é significativo que fora a constancia dun veciño cabreado pola desidia, desplante e incompresión dos gobernantes municipais, o que lle levara a destapar as supostas irregularidades. E onde estaba a oposición municipal ? Pois durante anos gobernando xunto con Gato e participando das súas políticas neoliberais, antes o BNG e ultimamente o PSOE. E o PP ?, pois o PP forma parte dese partido tan servil esa burguesía que se beneficia da política municipal do Alcalde Sr. Gato. A oposición non exerceu como tal , estaba cautiva da política de adormidera do goberno municipal, mais a proximidade de eleicións municipais parece ser que é o antídoto que os fai reaccionar, despertar e tomar posicións.

Serán estas últimos movimentos que Narón desperta ou simplemente que se aveciñan as elecións municipais? É esperanzador que a veciñanza do rural despertara dos efectos da política de adormidera que se inxectava desde a Casa do Concello e decidira pasar á mobilización popular na defensa dos seus intereses. A veciñanza deféndese das taxas abusivas da rede de saneamento e auga potábel xudicialmente [mais de 100 veciñ@s apresentaron demanda] e a través da mobilización popular. O 25 de marzo tivo lugar unha importantisima e histórica manifestación contra a política do goberno municipal. Máis de mil persoas reivindicaron, dun xeito moi activo e participativo, outra política municipal, organizadas pola Agrupación das Asociacións Veciñais da Zona Rural de Narón. O xulgado dá parcialmente a razón á veciñanza nas primeiras sentenzas polo asunto das Taxas. O Goberno Municipal ten que recuar nas súas pretensións abusivas. O Alcalde tivo que suspender o Pleno Municipal do pasado venres, 30 de marzo, pois as protestas veciñais chegaron até o mesmo, respondendo con unidade e firmeza na defensa dos seus intereses veciñais, ante a chulería e prepotencia de certos concelleiros, non acostumados a ter oposición na Casa do Concello. O arquitecto municipal imputado por tráfico de influencias, e o Alcalde con moitos visos de ter que declarar. Algo se move no Concello de Narón. Hora é de que o Movimento Social e Veciñal tome a palabra e a rúa, ten que facerse oir e reivindicar que outro Narón é posíbel.

Narón, 1 de Abril de 2007

Xan do Couto


_____________________

Manifestación do 25 de Marzo de 2007, contra as abusivas taxas de saneamento e enganche coa rede de auga potábel, convocada pola Agrupación de Asociacións Veciñais da Zona Ruralde Narón, así recolleron os medios convencionais a noticia:

Enlace coa noticia no Diario de Ferrol

Enlace coa noticia en La Voz de Galicia

Enlace coa noticia en La Opinión de A Coruña

_____________________________
La Voz de Galicia
Luns, 26 de Marzo de 2007
URBANISMO - Narón
Francisco Varela

O arquitecto municipal de Narón, imputado por tráfico de influencias
O xuíz investiga se participa en firmas que executan obras no concello
A denuncia partiu dun veciño que pleiteó durante 15 anos contra a alcaldía por ruídos

O xuíz imputou un delito de tráfico de influencias ao arquitecto municipal de Narón. O maxistrado Alejandro Morán citou a Manuel Villar para que compareza como imputado, acompañado de avogado se o desexa, e declare sobre as supostas irregularidades.

As dilixencias incoadas polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 7 tiveron a súa orixe na denuncia do particular José Luis do Río Bastida, veciño de Narón, na que facía constar que apreciaba irregularidades en importantes proxectos que se están executando no municipio como Leira Arzúa, anexos de Odeón, un edificio no paseo marítimo de Xuvia e outras na Gándara.

+ Info e noticia completa orixinal en La voz de Galicia


_________________
Ferrol Diario
Sábado, 31 de Marzo de 2007
Narón

Gato suspende o pleno do Concello de Narón por "falta de respecto" dos asistentes
Un centenar de veciños da zona rural presentáronse onte no Concello de Narón para presenciar o pleno ordinario de fin de mes. Logo de tratar os oito primeiros puntos da orde do día, o final víase vir, ante os continuos apupos e algúns insultos pronunciados por parte do colectivo que aumentaron ao tratar o tema do saneamiento rural. Transcorrida unha hora, o alcalde, Xoán Gato, suspendeu a sesión.

+ Info e noticia completa orixinal no Diario de Ferrol

_____________
La Voz de Galicia
Naron Pleno
Sábado, 31 de Marzo de 2007

A polémica pola rede de sumidoiros rural obriga a suspender o pleno municipal
A sesión paralizouse cando a corporación se dispuña a votar unha moción do BNG
O alcalde apelou a un acto «consensuado dende ou principio entre oposición e veciños»

+ Info e noticia completa orixinal en La voz de Galicia


La Voz de Galicia
Narón
Sábado, 31 de Marzo de 2007

Os afectados fixan a súa esperanza no recurso ante o TSXG

+ Info e noticia completa orixinal en La voz de Galicia

_____________________
El Correo Gallego
Sábado, 31 de Marzo de 2007
Narón. Taxas do auga

Gato suspende o pleno de Narón ante as protestas vecinales da zona rural
31.03.2007 Cen persoas interrompen a sesión contra o cobro do imposto de saneamiento
P.H.

Pese á sentenza que lles dá a razón nas taxas de saneamiento do auga, os veciños de Narón seguen o seu programa de manifestacións. O alcalde Xoán Gato interrompeu a sesión plenaria de onte, na que cen persoas expresaron vivamente o seu malestar por estes impostos.

Fai unha semana que a Asociación Vecinal da Zona Rural solicitaba a intervención no pleno. Quería demostrar o seu enfado "porque a nova taxa do auga aplícase ata entre veciños que non están enganchados na rede". O Concello respondeulle o xoves que a petición rexeitábase, xa que o tema atopábase en xulgados sen maiores novidades.

+ Info e noticia completa orixinal en El Correo Gallego

_______________________
La Opinió de A Coruña
María Luaces García.
NARÓN

OS ASISTENTES PEDIRON POR ESCRITO INTERVIR NA SESIÓN PERO O ALCALDE IMPEDIULLO

As protestas contra o saneamiento obrigan a Gato a suspender o pleno
Preto de cen veciños de zonas rurales encheron as gradas do público durante o pleno que, tras unha hora de gritos e insultos, terminou aprazado sen nova data.

Non ocorría nada igual desde fai moitos anos en Narón. Os concelleiros máis novos nin sequera recordaban un clima de crispación parecido ao do último pleno deste mes, que onte terminou como o rosario da aurora. O alcalde viuse obrigado a suspender a sesión tras unha hora de gritos e acusacións por parte dos veciños das zonas rurales que asistiron e que reclaman ao Concello que rebaixe o prezo do servizo de saneamiento, establecido en 1.100 euros por vivenda.

+ Info e noticia completa orixinal en La Opinión de A Coruña


______
Enlaces relacionados:

Impacto ambiental de la industria del cemento -I-

Impacto ambiental de la industria del cemento -II-


____________________

domingo, abril 08, 2007

Cremos que é preciso empezar a organizar a mobilización de maio: propostas

De: Fusquenlla -fusquenlla@sospontedeume.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 7 de Abril de 2007 02:00
Asunto: Cremos que é preciso empezar a organizar a mobilización de maio.

Cremos que é preciso empezar a organizar a mobilización de maio.

Propoñémosvos que todas as páxinas web dos colectivos a favor da manifestación do día 6, inclúan nun lugar visible o anuncio de tal convocatoria. Podería ser unha mensaxe común como "*O DÍA 6 EN COMPOSTELA*" e a continuación unha mensaxe a decidir por cada un dos colectivos. Desde "*CONTRA A DEGRADACIÓN DO TERRITORIO*" ata " *POLA DEFENSA DO LITORAL*" pasando por "*POR UN URBANISMO SOSTÍBEL*", "*NON AO CEMENTO*" ou "*CONTRA AS PISCIFACTORIAS". *En fin, calquera idea que enlace con esta problemática que nos une.

Un saúdo.

______________________
De: Fusquenlla -fusquenlla@sospontedeume.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 8 de Abril de 2007 00:10
Asunto: Cremos que é preciso empezar a organizar a mobilización de maio.

---------- Mensagem encaminhada ----------
From:
To: "Fusquenlla"
Date: Sat, 7 Apr 2007 19:12:25 +0200
Subject: Re: Proposta

O movemento veciñal RondaNon de Sanxenxo, estaremos presentes na
manifestación do día 6 de maio. (Neste intres estamos completamente
desmovilizados, pero inda así intentaremos estar o maior número de persoas
posibles).

Co voso permiso pasamos a convocatoria a outros colectivos da zona.

Un Saúdo

RondaNon.

__________________
De: Fusquenlla -fusquenlla@sospontedeume.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 8 de Abril de 2007 00:12
Asunto: Cremos que é preciso empezar a organizar a mobilización de maio.

---------- Mensagem encaminhada ----------
From: "gonalo blanco vazquez" -gonza_bla@hotmail.com-
To: fusquenlla@sospontedeume.com, adega@adega.info, coordinacion@amigosdaterra.net, adencotea@yahoo.es, feg@jet.es, colectivoherpi@hotmail.com, asembleadosuido@yahoo.es, prensa@jovenesverdes.org, cesalnes@eresmas.com, info@amigosdaterra.net, osverdesgalicia@yahoo.es, feg@federacionecoloxista.org, ortigueirasos@yahoo.es
Date: Sat, 07 Apr 2007 13:55:38 +0000
Subject: FW: Proposta urbanismo

Referente os lemas da manifa eu optaria polo seguiente

POLA DEFENSA DO PATRIMONIO NATURAL E CULTURAL GALEGO, POR UN URBANISMO SOCIALMENTE XUSTO!!!

Englobando polo tanto o noso interese por manter o patrimonio natural e cultural-historico de Galiza, como tamén o as inquedanzas que temos no eido do acceso das clases sociais mais desfavorecidas como a mocidade do acceso a vivenda.

Porque non me gustan os outros lemas?

Contra a degradación do territorio--- no fai referencia o urbanismo, degradación do territoiro e por exemplo a contaminación dos rios, ou as muiños de vento mal postos nos montes, etc...

Pola defensa do litoral--- esquece a problematica do urbanismo no interior, a corrupción das grandes cidades, o feismo no rural, etc...

Non o cemento--- conviritiranos nos do non, desde logo que hai moito cemento que sobra e non so no urbanismo, autovias e asi..., pero tamén temos que saber medirnos e que moita xente non esta adecuadamente informada e polo tanto temos que causar interese polos valores que estamos a promover e cun lema como ese....., como que iamos estar marxinados polos medios.

Contra as piscifactorias--- é tamén un pouco fora de lugar e non engloba nin o 90 por cento da problematica que temos. E a verdade que ia despistar bastante.

Ben é a miña opinión...., e supoño que este ten que ser un tema a desenvolver entre todos.

gonzalo blanco.

saude e terra.
_____________________